1 00:00:24,400 --> 00:00:27,445 - Xa o sabemos. Non queremos a das 22:55! - Vale. 2 00:00:27,445 --> 00:00:30,615 - Queremos a das 21:50! - Podemos falar cun superior? 3 00:00:30,615 --> 00:00:33,117 - Señor, díxenlle que pechamos. - Si. 4 00:00:33,117 --> 00:00:36,120 Xa o dixeches. Pero pedín máis viño. 5 00:00:50,259 --> 00:00:52,095 Hostia, non hai ninguén. 6 00:01:54,574 --> 00:01:58,119 Non o sei. Cheguei a casa e atopeinos así. 7 00:02:00,163 --> 00:02:02,123 Miña nai e meu pai. 8 00:02:10,423 --> 00:02:13,676 Ao chan! Hai alguén máis aí dentro? 9 00:02:13,676 --> 00:02:15,720 Somos os que chamamos. 10 00:02:16,220 --> 00:02:18,097 - Alguén máis? - Chamamos nós. 11 00:02:18,097 --> 00:02:20,057 Ben. Veña, vamos. 12 00:02:21,184 --> 00:02:23,144 Policía! Entramos! 13 00:02:23,144 --> 00:02:25,271 Mírame. Son o detective Zoeller. 14 00:02:25,271 --> 00:02:27,607 Este é o detective Linehan. De acordo? 15 00:02:28,107 --> 00:02:29,775 - Viches a alguén? - Non. 16 00:02:29,775 --> 00:02:32,236 Entramos e había fume en todas partes. 17 00:02:32,236 --> 00:02:35,448 - Escena asegurada! Dous corpos. - Quen o puido facer? 18 00:02:35,448 --> 00:02:38,326 Meu pai era un empresario moi importante. 19 00:02:38,326 --> 00:02:40,912 Tratou con xente turbia ao longo dos anos. 20 00:02:40,912 --> 00:02:42,371 Foi a mafia! 21 00:02:42,371 --> 00:02:43,331 Si! 22 00:02:44,332 --> 00:02:45,249 Si, quizais... 23 00:02:45,249 --> 00:02:46,167 Angel! 24 00:02:46,167 --> 00:02:49,128 O axente Angel levaravos a declarar á comisaría. 25 00:02:49,128 --> 00:02:50,129 Vale? 26 00:02:51,380 --> 00:02:52,215 Angel... 27 00:03:00,932 --> 00:03:03,309 Que pasa? Que sucedeu? 28 00:03:03,309 --> 00:03:05,519 - Mataron os nosos pais. - Que? 29 00:03:07,146 --> 00:03:08,356 Meu Deus. 30 00:03:22,912 --> 00:03:26,916 - Queres ir primeiro? Xa que eu empecei... - Non. Vas ti primeiro. 31 00:03:39,512 --> 00:03:42,473 - Rexistramos o volume da tele? - Si. 32 00:03:43,891 --> 00:03:45,101 Podemos apagala? 33 00:04:07,123 --> 00:04:09,125 O primeiro que notei 34 00:04:10,543 --> 00:04:12,628 foi que había fume en todas partes. 35 00:04:15,339 --> 00:04:18,926 E empecei a berrar. 36 00:04:20,594 --> 00:04:21,595 Parecían... 37 00:04:23,848 --> 00:04:27,059 Non parecían reais. 38 00:04:30,271 --> 00:04:35,276 Corrín escaleiras arriba e chamei o meu adestrador. Non sei por que. 39 00:04:35,943 --> 00:04:37,778 Pero Lyle chamou a policía. 40 00:04:38,487 --> 00:04:39,822 Temperatura do fígado? 41 00:04:39,822 --> 00:04:41,115 Trinta e dous graos. 42 00:04:41,991 --> 00:04:45,786 - Iso significa que morreu sobre as 21:30? - Ás 22:00. 43 00:04:47,788 --> 00:04:49,415 A que hora chamaron ao 911? 44 00:04:51,000 --> 00:04:52,209 Ás 23:47. 45 00:04:52,835 --> 00:04:54,253 Dúas horas despois. 46 00:05:16,484 --> 00:05:21,030 Meu pai non tiña moitos amigos no traballo. 47 00:05:23,532 --> 00:05:27,203 Sempre dicía que a mafia ía tras del. 48 00:05:28,371 --> 00:05:30,164 Recolleron todas as balas. 49 00:05:31,165 --> 00:05:34,335 Así que non podemos saber a orde dos tiros. 50 00:05:34,919 --> 00:05:37,713 É un pouco trapalleiro para ser a mafia, non? 51 00:05:37,713 --> 00:05:38,839 Escopetas? 52 00:05:40,883 --> 00:05:42,510 A mafia non a tería tocado. 53 00:05:49,934 --> 00:05:51,977 Espera, están mortos? 54 00:05:54,188 --> 00:05:55,689 Meu Deus. Están mortos? 55 00:06:25,177 --> 00:06:29,640 Se non descubrides que faltan obxectos da casa, 56 00:06:29,640 --> 00:06:32,768 entón meu pai é o motivo 57 00:06:32,768 --> 00:06:34,645 de que sucedese algo así. 58 00:06:36,439 --> 00:06:37,940 Que queres dicir? 59 00:06:38,441 --> 00:06:43,070 Traballaba para RCA Records e era un home moi importante. 60 00:06:44,155 --> 00:06:46,115 Foi de verdade un gran pai, pero... 61 00:06:47,241 --> 00:06:50,244 Foi traballar a unha empresa máis pequena 62 00:06:51,078 --> 00:06:53,414 e bateu cun... 63 00:06:54,999 --> 00:06:56,667 cun grupo moi sórdido. 64 00:07:01,464 --> 00:07:03,340 Meu pai era un gran negociador 65 00:07:04,216 --> 00:07:07,761 e sempre quería máis e máis de ti. 66 00:07:09,930 --> 00:07:12,391 Era un home que cría nos números. 67 00:07:24,069 --> 00:07:26,447 O axente Angel vaivos levar á casa. 68 00:07:44,256 --> 00:07:46,592 Un deles dixo que estaba cheo de fume 69 00:07:46,592 --> 00:07:50,054 cando entraron dúas horas despois dos disparos. 70 00:07:51,430 --> 00:07:53,098 Con esa ventá rebentada? 71 00:08:28,842 --> 00:08:30,052 Eu acabo con mamá. 72 00:08:47,903 --> 00:08:51,865 - Desculpe, non pode andar aí. - Só quero coller a miña raqueta. 73 00:08:51,865 --> 00:08:55,661 - Apartade de aí, por favor. - Ten aulas de tenis máis tarde. 74 00:08:55,661 --> 00:08:58,330 Quero que entredes comigo. 75 00:08:58,330 --> 00:09:00,416 Só para ver se falta algo. 76 00:09:04,420 --> 00:09:05,296 Vale. 77 00:09:10,301 --> 00:09:12,344 Están todas as xoias de miña nai. 78 00:09:43,167 --> 00:09:45,794 Veño agora. Teño que ir ao baño. 79 00:10:01,310 --> 00:10:04,438 O detective dixo que podo coller a bolsa de tenis. 80 00:10:30,214 --> 00:10:31,215 Grazas, axente. 81 00:10:48,649 --> 00:10:52,945 Reservamos o auditorio do sindicato para o memorial do venres 82 00:10:53,445 --> 00:10:57,950 para destacar o grande que era o voso pai para LIVE Entertainment. 83 00:10:57,950 --> 00:11:00,285 Erik e eu queremos falar, se pode ser. 84 00:11:00,285 --> 00:11:02,746 Teño algunhas ideas para facelo emotivo, 85 00:11:02,746 --> 00:11:04,289 con música e cousas así. 86 00:11:04,289 --> 00:11:05,332 Por suposto. 87 00:11:06,041 --> 00:11:09,628 Agora, rapaces, deberiamos falar un pouco sobre cartos. 88 00:11:09,628 --> 00:11:12,089 Está a chegarvos un seguro de vida, 89 00:11:12,089 --> 00:11:16,510 e aínda que descoñezo o contido do testamento de Jose, 90 00:11:17,428 --> 00:11:21,181 imaxino que vos deixaría algún tipo de herdanza. 91 00:11:21,181 --> 00:11:26,437 Démosvos todo o que quixestes sempre. 92 00:11:26,437 --> 00:11:27,938 Literalmente todo. 93 00:11:27,938 --> 00:11:28,856 Aquí tes. 94 00:11:28,856 --> 00:11:33,068 E ides roubando as casas da xente. 95 00:11:33,068 --> 00:11:34,111 Podo explicalo... 96 00:11:34,111 --> 00:11:39,199 Hai liñas que non se poden cruzar e, se o fas, hai consecuencias. 97 00:11:39,199 --> 00:11:40,576 Marchas da casa. 98 00:11:40,576 --> 00:11:42,286 Sabedes cal é o problema? 99 00:11:42,786 --> 00:11:45,748 Que vos intentamos dar todo, pero agora... 100 00:11:46,957 --> 00:11:48,375 agora non ides ter nada. 101 00:11:50,753 --> 00:11:53,547 Porque volos dous... Escoitádesme? 102 00:11:53,547 --> 00:11:56,884 Estades fóra do puto testamento, verdade? 103 00:11:56,884 --> 00:11:59,094 E xa está feito. Boa sorte, rapaces. 104 00:11:59,636 --> 00:12:00,846 Estades sós. 105 00:12:06,477 --> 00:12:09,855 Estamos aflixidos. Non tivemos tempo para pensar niso. 106 00:12:09,855 --> 00:12:12,524 O que quero dicir é que pode levar un tempo. 107 00:12:12,524 --> 00:12:16,487 Sei que tedes as tarxetas. Agora preocúpanos a vosa seguridade. 108 00:12:16,487 --> 00:12:18,363 E iso pode poñerse caro. 109 00:12:18,989 --> 00:12:21,325 Por aquí, poñámonos neste lado. 110 00:12:21,325 --> 00:12:22,493 {\an8}DIRECTOR EXECUTIVO 111 00:12:22,493 --> 00:12:25,370 Se foi a mafia, poderían ir por vós. 112 00:12:25,370 --> 00:12:29,750 Así que dende LIVE ímosvos protexer os dous as 24 horas. 113 00:12:29,750 --> 00:12:31,084 Gardacostas? 114 00:12:31,084 --> 00:12:34,046 Si, parece apropiado tendo en conta a situación. 115 00:12:34,046 --> 00:12:37,841 - E no que se refire ao transporte? - Tedes a limusina. 116 00:12:38,342 --> 00:12:39,927 Si, pero é para os dous. 117 00:12:41,470 --> 00:12:45,182 - Estades a pedir unha segunda limusina? - Si, estaría xenial. 118 00:12:45,182 --> 00:12:47,768 E o gardacostas poderá facer recados? 119 00:12:47,768 --> 00:12:49,937 Ir buscar comida a Pink Dot, ou... 120 00:12:49,937 --> 00:12:52,397 Non, iso sería máis ben un asistente. 121 00:12:52,397 --> 00:12:54,399 Si, tamén queremos un par deses. 122 00:12:56,902 --> 00:13:00,197 E teño curiosidade. 123 00:13:01,532 --> 00:13:04,910 Contactou a policía contigo con algunha pista, ou... 124 00:13:04,910 --> 00:13:07,913 Si. Hai teorías sobre quen o puido facer? 125 00:13:09,748 --> 00:13:12,626 Parece que teñen unha pista. 126 00:13:15,671 --> 00:13:19,800 Había un coche branco na vosa casa a noite dos asasinatos 127 00:13:19,800 --> 00:13:24,972 que coincide cun que atoparon na casa dun produtor porno no Val. 128 00:13:24,972 --> 00:13:27,516 O tipo recibiu nove tiros. 129 00:13:32,813 --> 00:13:37,276 - Entón caso pechado, non? - Non creo que sexa unha coincidencia. 130 00:13:37,276 --> 00:13:40,988 Peter, se iso é así, non podemos quedar na casa. Non é seguro. 131 00:13:40,988 --> 00:13:44,575 - Precisamos un lugar seguro. - Por suposto. Estamos... 132 00:13:44,575 --> 00:13:45,909 Hotel Bel-Air. 133 00:14:01,550 --> 00:14:04,344 Ola. Servizo de habitacións, por favor. 134 00:14:04,845 --> 00:14:08,098 Quería un sándwich de queixo e... 135 00:14:10,183 --> 00:14:12,394 Non, a auga da billa está ben. 136 00:14:12,394 --> 00:14:13,812 Queres algo? 137 00:14:16,231 --> 00:14:17,232 Dáme iso. 138 00:14:18,066 --> 00:14:19,109 Espera un minuto. 139 00:14:19,109 --> 00:14:21,486 Pediches un sándwich e auga da billa? 140 00:14:22,070 --> 00:14:23,071 Si. 141 00:14:24,698 --> 00:14:28,118 Cantas gambas tedes? Dicídeme un número. 142 00:14:30,078 --> 00:14:32,831 Para cantos cócteis de gambas chegan? 143 00:14:33,874 --> 00:14:36,793 Quero dúas ducias de cócteis de gambas, sen colas, 144 00:14:36,793 --> 00:14:40,213 e quero unha caixa, non unha botella, de Perrier. 145 00:14:40,213 --> 00:14:41,506 Tedes Perrier? 146 00:14:42,382 --> 00:14:43,759 Tédela! Estupendo. 147 00:14:43,759 --> 00:14:46,303 Apurade, e cargádeo á habitación. Grazas. 148 00:14:46,887 --> 00:14:50,390 Lyle, temos que ter un pouco máis de coidado cos cartos. 149 00:14:50,390 --> 00:14:53,101 - Que pasa coa herdanza? - Non o entendes! 150 00:14:53,101 --> 00:14:55,646 Fixémolo. 151 00:14:57,189 --> 00:14:58,023 Vale? 152 00:14:58,523 --> 00:14:59,983 Tiñamos unha vida 153 00:15:00,651 --> 00:15:03,362 que decidimos non seguir aturando. 154 00:15:03,362 --> 00:15:05,572 Queriamos máis e fixemos o necesario. 155 00:15:05,572 --> 00:15:09,201 Tomamos unha decisión, e agora témola. Temos esa vida. 156 00:15:09,201 --> 00:15:13,163 Si. E non imos mirar atrás nunca. 157 00:15:13,163 --> 00:15:15,958 Así que, empezando agora mesmo, 158 00:15:17,584 --> 00:15:20,963 imos pedirlle máis á vida. Iso significa un par de cousas. 159 00:15:20,963 --> 00:15:24,883 Significa, sobre todo, que non vas beber da billa nunca máis! 160 00:15:26,051 --> 00:15:28,053 Estamos no testamento? Talvez non. 161 00:15:28,053 --> 00:15:30,097 Así que o imos atopar e destruír. 162 00:15:30,097 --> 00:15:32,891 Ata entón imos vivir as nosas mellores vidas. 163 00:15:34,184 --> 00:15:35,060 Vale? 164 00:15:35,644 --> 00:15:37,980 E nunca imos volver atrás. 165 00:15:38,772 --> 00:15:39,773 Nunca! 166 00:16:14,641 --> 00:16:15,642 Este, 167 00:16:16,601 --> 00:16:19,062 este e este. 168 00:16:22,065 --> 00:16:23,400 E eu levo estes tres. 169 00:16:32,325 --> 00:16:34,536 Dez desas, dez desas, e dez destas. 170 00:16:36,413 --> 00:16:37,372 Máis. 171 00:16:39,750 --> 00:16:40,584 Máis. 172 00:16:44,588 --> 00:16:46,590 Si, fillo da puta, si! 173 00:16:46,590 --> 00:16:48,759 Valos levar en todas as cores. 174 00:16:48,759 --> 00:16:50,218 Estás vendo iso? 175 00:16:50,218 --> 00:16:51,344 Ola! 176 00:16:51,928 --> 00:16:54,931 - Mark Heffernan. Encantado. - Igualmente. 177 00:16:57,434 --> 00:16:58,435 Si! 178 00:17:07,444 --> 00:17:09,362 Veña! 179 00:17:09,362 --> 00:17:10,405 Vamos! 180 00:17:11,198 --> 00:17:12,157 Si! 181 00:17:34,471 --> 00:17:37,516 En que punto estamos no caso Menendez? 182 00:17:37,516 --> 00:17:39,684 Temos máis entrevistas programadas. 183 00:17:39,684 --> 00:17:41,770 Familiares, amigos da familia, 184 00:17:41,770 --> 00:17:44,564 socios de Jose Menendez... 185 00:17:44,564 --> 00:17:46,858 E temos un par de pistas novas. 186 00:17:46,858 --> 00:17:49,444 Pero estamos preto de facer algún arresto? 187 00:17:49,444 --> 00:17:52,072 Non. Non neste momento, xefe. 188 00:17:53,031 --> 00:17:54,908 Iso ten que cambiar 189 00:17:55,659 --> 00:17:57,911 Sabedes o que está a pasar na cidade? 190 00:17:57,911 --> 00:18:01,164 Voaron as cabezas dun matrimonio na súa propia casa 191 00:18:01,164 --> 00:18:03,208 nunha tranquila tarde de domingo. 192 00:18:03,875 --> 00:18:06,628 Esas cousas non pasan en Beverly Hills. 193 00:18:06,628 --> 00:18:08,046 Isto non é Compton. 194 00:18:08,922 --> 00:18:12,717 A xente está entrando en pánico tras os asasinatos dos Menendez. 195 00:18:12,717 --> 00:18:16,847 Están paranoicos. Non se senten seguros, temen ser os seguintes. 196 00:18:17,514 --> 00:18:19,641 Están a contratar seguridade privada 197 00:18:19,641 --> 00:18:22,602 porque temen que a policía non poida protexelos. 198 00:18:22,602 --> 00:18:25,438 Ademais, os medios acósannos buscando respostas. 199 00:18:25,438 --> 00:18:26,898 Sei que o sabedes. 200 00:18:27,566 --> 00:18:31,069 Noticias locais, nacionais, Hard Copy, Inside Edition... 201 00:18:31,069 --> 00:18:33,780 E cada día que o caso segue sen resolverse 202 00:18:33,780 --> 00:18:38,160 aumenta a presión, o caso faise máis grande, 203 00:18:38,160 --> 00:18:41,371 e nós quedamos cada vez peor. 204 00:18:42,205 --> 00:18:45,584 De feito, chamoume o xefe Gates o outro día. 205 00:18:46,710 --> 00:18:50,088 Dixo que parecemos putos idiotas. 206 00:18:51,381 --> 00:18:55,260 Preguntoume por que non somos quen de resolver o caso Menendez, 207 00:18:55,260 --> 00:18:59,598 pero temos tempo para molestar a Zsa Zsa Gabor. 208 00:18:59,598 --> 00:19:01,558 {\an8}POLICÍA 209 00:19:02,767 --> 00:19:04,519 Baixe, señorita Gabor. 210 00:19:05,729 --> 00:19:08,356 Ten a matrícula e o permiso caducados. Baixe. 211 00:19:08,356 --> 00:19:11,109 Isto é absurdo. Chego tarde a comer. 212 00:19:11,860 --> 00:19:13,111 Á merda. Eu marcho. 213 00:19:13,945 --> 00:19:15,572 Non pode marchar. 214 00:19:15,572 --> 00:19:18,742 Sabedes que a prensa internacional está a cubrilo? 215 00:19:19,701 --> 00:19:22,537 Chámano "o sopapo que escoitou o mundo enteiro". 216 00:19:23,496 --> 00:19:27,500 Entre Zsa Zsa e os asasinatos dos Menendez parecemos incompetentes. 217 00:19:28,543 --> 00:19:32,130 Se isto continúa así non só seremos uns pallasos. 218 00:19:32,130 --> 00:19:33,798 Vannos despedir a todos. 219 00:19:35,217 --> 00:19:39,512 Necesitamos resultados no caso Menendez. 220 00:19:40,263 --> 00:19:41,181 Agora. 221 00:19:43,433 --> 00:19:44,309 Entendido? 222 00:19:45,143 --> 00:19:46,061 Entendido. 223 00:19:47,437 --> 00:19:48,355 Ben. 224 00:19:48,355 --> 00:19:49,272 Marchade. 225 00:19:54,694 --> 00:19:57,447 - Os gastos están descontrolados. - Son necesidades. 226 00:19:57,447 --> 00:20:00,116 Podes definir "descontrolados"? É impreciso. 227 00:20:00,116 --> 00:20:02,744 Meus pais, xa sabes, os que están mortos, 228 00:20:02,744 --> 00:20:06,456 criáronnos para levar certo estilo de vida. 229 00:20:06,456 --> 00:20:09,417 Si, pero de onde se supón que vai saír o diñeiro? 230 00:20:10,001 --> 00:20:11,419 Estás de broma? 231 00:20:12,170 --> 00:20:14,339 Da nosa herdanza, de onde sae agora. 232 00:20:14,339 --> 00:20:18,009 Meus pais deixaron claro que todo o que tiñan sería para nós. 233 00:20:19,177 --> 00:20:20,011 Que? 234 00:20:20,679 --> 00:20:21,763 Estás seguro? 235 00:20:21,763 --> 00:20:24,224 - Si, por suposto. - Ti non estás seguro? 236 00:20:24,224 --> 00:20:26,893 Temos que esperar a ler o testamento. 237 00:20:26,893 --> 00:20:29,938 E non tes o testamento aquí nas túas mans? 238 00:20:29,938 --> 00:20:32,065 Non. Jose tíñao noutro sitio. 239 00:20:32,065 --> 00:20:34,359 Onde está? 240 00:20:34,359 --> 00:20:36,820 Estamos a buscalo. 241 00:20:36,820 --> 00:20:39,447 Temos que esperar polo voso tío, o executor... 242 00:20:39,447 --> 00:20:41,783 Non sei se o lembras... 243 00:20:43,660 --> 00:20:45,453 pero asasinaron os nosos pais. 244 00:20:48,373 --> 00:20:53,461 Estamos a intentar comprar felicidade? 245 00:20:55,088 --> 00:20:56,047 Si. 246 00:20:56,840 --> 00:20:57,841 Si, quizais. 247 00:20:59,718 --> 00:21:03,013 Pódesnos culpar? Disparáronlles na cara. 248 00:21:03,013 --> 00:21:07,225 Síntoo. Non quero ser insensible. 249 00:21:08,184 --> 00:21:11,938 Imos tomar os gastos con calma. 250 00:21:11,938 --> 00:21:16,443 Cando chegue o voso tío e atopemos e leamos o testamento 251 00:21:16,443 --> 00:21:18,069 saberemos máis. 252 00:21:18,570 --> 00:21:20,989 As roupas e os reloxos están ben. 253 00:21:22,032 --> 00:21:23,825 Moverei algúns fíos. 254 00:21:32,334 --> 00:21:33,293 Que? 255 00:21:33,293 --> 00:21:35,045 Papá falaba en serio, Lyle. 256 00:21:35,045 --> 00:21:37,964 Cando atopen o testamento imos quedar sen nada. 257 00:21:37,964 --> 00:21:42,135 - Xa o dixeches antes. Tiñas razón. - Pararás, por favor? 258 00:21:43,553 --> 00:21:46,306 Escoita, non temos nada de que preocuparnos. 259 00:21:47,098 --> 00:21:49,267 Isto non vai ser un problema. 260 00:21:49,267 --> 00:21:54,105 Como podemos estar seguros, Lyle? Non sabemos nin onde está. 261 00:21:56,358 --> 00:21:57,359 Claro que si. 262 00:22:00,236 --> 00:22:02,572 Un, dous, tres, catro. 263 00:22:05,784 --> 00:22:06,785 Catro... 264 00:22:07,410 --> 00:22:08,661 Non, para! 265 00:22:08,661 --> 00:22:10,705 Como que non? Temos que abrila. 266 00:22:10,705 --> 00:22:13,166 Si, claro, porque non é nada sospeitoso. 267 00:22:13,166 --> 00:22:14,751 Abrir a caixa coa radial? 268 00:22:14,751 --> 00:22:17,420 - Temos que ser listos nisto. - Vale, Erik. 269 00:22:17,420 --> 00:22:19,464 Entón que outra opción hai? 270 00:22:26,471 --> 00:22:27,347 Ola? 271 00:22:27,347 --> 00:22:29,265 Billy, son Erik Menendez. 272 00:22:30,016 --> 00:22:30,975 Erik? 273 00:22:31,935 --> 00:22:34,521 Meu Deus, como estás? Escoitei o de... 274 00:22:34,521 --> 00:22:37,273 Teu pai é aínda avogado de sucesións? 275 00:22:38,608 --> 00:22:39,818 Si. 276 00:22:39,818 --> 00:22:42,946 Por que? Queres que cho pase? 277 00:22:42,946 --> 00:22:45,448 Non. Imos cear no Chin Chin. Pasamos logo. 278 00:22:50,203 --> 00:22:51,579 Non o facías a miúdo? 279 00:22:51,579 --> 00:22:54,207 Chamar para que chas abran sen ter o código. 280 00:22:54,207 --> 00:22:57,335 Pero algún de vós é o executor da herdanza? 281 00:22:57,335 --> 00:23:00,922 - Son o home da casa. - O executor é o noso tío. 282 00:23:00,922 --> 00:23:03,633 Chega mañá en avión co resto da familia. 283 00:23:03,633 --> 00:23:05,051 Segundo entendemos, 284 00:23:05,051 --> 00:23:08,346 necesitamos un avogado para abrila de forma legal. 285 00:23:08,346 --> 00:23:10,181 - Vinculante. - Por iso te chamamos. 286 00:23:10,181 --> 00:23:14,185 Pois imos chamalo e pedirlle permiso para contratar quen a abra. 287 00:23:14,185 --> 00:23:15,103 Que? 288 00:23:18,148 --> 00:23:21,151 Non o podo facer se o executor non está presente. 289 00:23:21,151 --> 00:23:22,652 Poderían inhabilitarme. 290 00:23:22,652 --> 00:23:26,322 Pois chamamos un cerralleiro. Eu quería, pero negácheste. 291 00:23:26,322 --> 00:23:29,075 Si, porque se a forzan involucramos a policía. 292 00:23:29,075 --> 00:23:32,162 - Xa a abrimos nós. Grazas. - Non o podo permitir. 293 00:23:33,830 --> 00:23:37,750 Se iso sucedese, estaría obrigado a contarllo ao executor. 294 00:23:37,750 --> 00:23:41,171 De feito, a caixa forte debería quedar aquí esta noite. 295 00:23:50,013 --> 00:23:52,974 Non a perdas de vista. Entendido? 296 00:23:54,434 --> 00:23:58,146 - Por que teño que quedar eu? - Foi a túa idea. É o teu amigo. 297 00:23:58,146 --> 00:24:00,523 Espera, para onde vas? 298 00:24:00,523 --> 00:24:02,859 Á Cheesecake Factory con Jamie. 299 00:24:08,698 --> 00:24:10,700 Seguro que vas estar cómodo aquí? 300 00:24:10,700 --> 00:24:13,077 Estou ben. Boa noite, señora Wright. 301 00:24:42,607 --> 00:24:44,692 - A caixa está no garaxe? - Si. 302 00:24:47,278 --> 00:24:50,073 - Grazas por vir, Carlos. - Síntoo, amigo. 303 00:24:51,741 --> 00:24:53,076 Síntoo moito. 304 00:24:58,915 --> 00:25:00,375 Boteivos en falta. 305 00:25:01,167 --> 00:25:02,001 Quérote. 306 00:25:10,134 --> 00:25:10,969 Aberta. 307 00:25:12,011 --> 00:25:12,887 Ben. 308 00:25:14,055 --> 00:25:14,931 Preparados? 309 00:25:15,682 --> 00:25:16,516 Fagámolo. 310 00:25:18,601 --> 00:25:20,728 Non, primeiro quero entrar eu só. 311 00:25:21,563 --> 00:25:23,898 Lyle, todos temos que estar presentes. 312 00:25:23,898 --> 00:25:26,234 Si, son o executor da herdanza... 313 00:25:26,234 --> 00:25:28,820 Non o quería, pero é o que hai. 314 00:25:29,404 --> 00:25:31,906 Todos sabemos que meu pai tiña mozas. 315 00:25:32,657 --> 00:25:35,368 E só quero asegurarme de que non haxa... 316 00:25:37,328 --> 00:25:38,955 fotos porcas nin nada. 317 00:25:38,955 --> 00:25:42,292 Non quero que humillen máis a miña nai, tío Brian. 318 00:25:43,585 --> 00:25:47,130 Así que vou entrar aí e vou mirar. 319 00:25:47,130 --> 00:25:49,757 E vou volver xusto despois. Vale? 320 00:25:49,757 --> 00:25:51,467 - Vai. - Vale, si. 321 00:26:17,201 --> 00:26:18,953 Non vin testamento ningún. 322 00:26:18,953 --> 00:26:20,038 - Que? - Que? 323 00:26:21,372 --> 00:26:22,915 - Estás seguro? - Si. 324 00:26:22,915 --> 00:26:26,252 Podes mirar ti mesmo, pero non o vin. 325 00:26:50,109 --> 00:26:51,194 - Ola! - Lyle! 326 00:26:51,194 --> 00:26:53,237 - Jamie deixou un xersei... - Atopei isto! 327 00:26:59,118 --> 00:26:59,994 Erik! 328 00:27:00,620 --> 00:27:02,372 - Que? - Mira o que atopou Flor. 329 00:27:02,372 --> 00:27:03,915 - Que é? - Nun armario. 330 00:27:11,881 --> 00:27:12,965 Quedamos con todo. 331 00:27:14,300 --> 00:27:15,718 Déronnolo todo. 332 00:27:32,026 --> 00:27:38,324 "Nomeo herdeira a miña muller, Mary Louise Menendez, 333 00:27:39,033 --> 00:27:41,369 e no caso do seu falecemento, 334 00:27:42,912 --> 00:27:46,833 todo o meu patrimonio deberá repartirse equitativamente 335 00:27:47,875 --> 00:27:48,751 entre... 336 00:27:51,462 --> 00:27:52,380 os meus fillos, 337 00:27:54,215 --> 00:27:59,762 Joseph Lyle Menendez e Eric Galen Menendez." 338 00:28:07,520 --> 00:28:12,734 Isto é dunha carta que me escribiu meu pai hai non moito. 339 00:28:14,819 --> 00:28:19,449 "Lyle, como xa sabes, a familia é o máis importante na miña vida. 340 00:28:20,950 --> 00:28:22,910 E espero que o sexa na túa." 341 00:28:22,910 --> 00:28:24,996 Mr. Buffalo podería ser enorme. 342 00:28:26,205 --> 00:28:27,540 Máis grande que TCBY. 343 00:28:28,708 --> 00:28:31,836 Só necesito 300 000 dólares da herdanza para o anticipo. 344 00:28:31,836 --> 00:28:35,006 As vistas aquí son incribles. Vanvos encantar. 345 00:28:35,590 --> 00:28:39,552 "Anímote a vivir a vida e gozar dos froitos do teu traballo." 346 00:28:40,219 --> 00:28:41,304 Moi ben, Erik. 347 00:28:41,304 --> 00:28:43,389 "E da boa fortuna da herdanza." 348 00:28:43,389 --> 00:28:45,600 Ben. Perfecto. 349 00:28:46,267 --> 00:28:50,938 "A pensar na túa familia, no teu país, e nos teus concidadáns." 350 00:28:50,938 --> 00:28:54,567 Estas vistas son ao porto, non ao mar. 351 00:28:55,318 --> 00:28:57,445 Quero construír o legado de papá. 352 00:28:58,321 --> 00:29:00,573 A miña familia pode lograr moito máis. 353 00:29:03,826 --> 00:29:04,869 Iso é, Erik. 354 00:29:06,579 --> 00:29:08,790 Xusto así. Si. 355 00:29:11,167 --> 00:29:12,084 Vale. 356 00:29:13,002 --> 00:29:14,420 - Si? - Trato. 357 00:29:15,213 --> 00:29:17,632 Está claro de quen es fillo. 358 00:29:20,009 --> 00:29:23,054 "Penso que ti e Erik podedes cambiar as cousas. 359 00:29:25,223 --> 00:29:26,766 Penso que o faredes." 360 00:29:29,602 --> 00:29:32,021 DOUS MESES DESPOIS 361 00:29:39,862 --> 00:29:40,863 Ei! 362 00:29:43,366 --> 00:29:45,993 Vou coller algo de Pink Dot. Queres algo? 363 00:29:47,078 --> 00:29:48,079 Erik? 364 00:29:50,748 --> 00:29:51,958 Non o podo facer. 365 00:29:53,751 --> 00:29:54,919 - Vale. - Non. 366 00:29:54,919 --> 00:29:57,713 - Se non queres nada... - Estou a falar de Oziel. 367 00:29:58,422 --> 00:30:00,675 Non podo matalo. 368 00:30:01,592 --> 00:30:02,593 Non podo. 369 00:30:03,886 --> 00:30:06,681 Se queres matalo ti, podes, pero eu... 370 00:30:06,681 --> 00:30:09,183 Escóitame. Pensas que eu quero? 371 00:30:09,183 --> 00:30:11,352 Canta máis xente saiba o que pasou, 372 00:30:11,352 --> 00:30:14,355 máis posibilidades hai de que nos collan. 373 00:30:18,234 --> 00:30:21,320 Pensei que desfacerme deles e conseguir os cartos 374 00:30:21,320 --> 00:30:23,447 faríame sentir mellor. 375 00:30:23,447 --> 00:30:25,241 Dixeches que sería así. 376 00:30:25,241 --> 00:30:28,452 Pero despois de ler o testamento síntome peor. 377 00:30:29,203 --> 00:30:30,705 Por iso fun ver o doutor. 378 00:30:30,705 --> 00:30:32,874 Non o tiña que facer, síntoo, 379 00:30:32,874 --> 00:30:34,709 pero non o podo matar, Lyle! 380 00:30:34,709 --> 00:30:36,043 Está ben. 381 00:30:36,919 --> 00:30:38,462 Non o temos que matar. 382 00:30:39,672 --> 00:30:40,673 Está ben. 383 00:30:46,345 --> 00:30:49,307 Pero temos que telo preto. Continuar véndoo. 384 00:30:49,307 --> 00:30:51,893 Asegurarnos de que non nos vaia delatar 385 00:30:51,893 --> 00:30:54,770 porque esta movida é seria, Erik. 386 00:30:54,770 --> 00:30:55,730 Seino. 387 00:30:55,730 --> 00:30:58,107 Non máis confesións, vale? 388 00:30:59,609 --> 00:31:02,194 Ou terei que matarte a ti. 389 00:31:06,908 --> 00:31:09,660 Ei, estou de broma. 390 00:31:14,373 --> 00:31:17,835 Quérote. Sempre te vou protexer. 391 00:31:19,045 --> 00:31:19,879 Seino. 392 00:31:21,923 --> 00:31:23,007 Eu tamén te quero. 393 00:31:28,721 --> 00:31:29,722 Síntoo. 394 00:31:33,517 --> 00:31:36,646 Mañá vou gardar as miñas notas da confesión de Erik 395 00:31:36,646 --> 00:31:38,648 nunha caixa de seguridade 396 00:31:38,648 --> 00:31:40,524 e vouche dar a chave. 397 00:31:40,524 --> 00:31:42,985 Se me pasa algo, chama o meu avogado. 398 00:31:42,985 --> 00:31:46,280 - Non, tes que ir á policía. - Non podo ir á policía! 399 00:31:46,280 --> 00:31:48,491 Aínda non. Son os meus pacientes. 400 00:31:48,491 --> 00:31:52,036 A quen lle importa o da confidencialidade de merda? 401 00:31:52,036 --> 00:31:53,329 Ameazáronte! 402 00:31:53,329 --> 00:31:55,539 Que? Por que tes esa pedra na man? 403 00:31:56,415 --> 00:31:59,502 É turmalina negra, para protexer o espírito. 404 00:32:01,295 --> 00:32:04,840 Mira... só necesito algo de tempo, vale? 405 00:32:07,551 --> 00:32:10,221 Canto tempo van estar fóra Laurel e as nenas? 406 00:32:10,763 --> 00:32:13,808 Vou telas fóra da cidade unha semana máis, 407 00:32:13,808 --> 00:32:17,561 ata que atope un sistema de seguridade mellor para a casa. 408 00:32:17,561 --> 00:32:20,022 Contratar un gardacostas, quizais. 409 00:32:21,065 --> 00:32:23,442 Jer, teño medo. 410 00:32:24,068 --> 00:32:26,654 E se me mudo un tempo con vós? 411 00:32:28,155 --> 00:32:29,657 Iso non é unha boa idea. 412 00:32:29,657 --> 00:32:32,326 Eu tamén corro perigo! Lyle viume! 413 00:32:32,326 --> 00:32:35,371 Non sabe que es a miña paciente nin onde vives! 414 00:32:35,371 --> 00:32:38,040 Puido seguirte ata o meu apartamento. 415 00:32:38,040 --> 00:32:40,668 Ti mesmo o dixeches. Son sociópatas! 416 00:32:40,668 --> 00:32:44,505 Judalon, son un home casado. Non podes mudarte á miña casa. 417 00:32:45,965 --> 00:32:47,508 Necesito o cuarzo afumado. 418 00:32:51,595 --> 00:32:55,641 Se te estás a preguntar por que necesito cuarzo afumado 419 00:32:55,641 --> 00:32:58,310 dareiche a resposta sen pelos na lingua. 420 00:32:58,310 --> 00:33:01,272 É porque me vai protexer. 421 00:33:01,272 --> 00:33:02,481 Ti non podes. 422 00:33:02,481 --> 00:33:07,069 Vas protexer a túa muller e deixarme a min co cu ao aire? 423 00:33:07,069 --> 00:33:09,780 - Vas deixar que me maten! - Ninguén te vai matar... 424 00:33:09,780 --> 00:33:13,659 E sabes que? Cando me maten libraraste por fin de min. 425 00:33:13,659 --> 00:33:17,204 Estou segura de que quedarás moi aliviado. 426 00:33:17,204 --> 00:33:20,082 Onde quedou o de pasar as nosas vidas xuntos? 427 00:33:20,082 --> 00:33:22,626 Canto se supón que teño que esperar 428 00:33:22,626 --> 00:33:26,630 ata que un dos Menendez me pegue un tiro na testa coa escopeta? 429 00:33:26,630 --> 00:33:29,383 - Judalon, non fagas isto. - Por favor. Só... 430 00:33:31,969 --> 00:33:33,095 Meu Deus. 431 00:33:33,679 --> 00:33:37,058 Non podo respirar. Estame a pasar o de non poder respirar. 432 00:33:37,058 --> 00:33:38,601 Vale, está ben. Xa está. 433 00:33:39,894 --> 00:33:43,397 Mira, déixame falar con Laurel. 434 00:33:43,397 --> 00:33:45,816 Direille que es unha paciente miña 435 00:33:45,816 --> 00:33:48,527 e que estás a pasar un mal momento. 436 00:33:48,527 --> 00:33:52,490 Preguntareille se podes quedar na casa de convidados 437 00:33:53,074 --> 00:33:54,742 un par de noites, vale? 438 00:33:54,742 --> 00:33:55,743 Vale. 439 00:33:57,495 --> 00:33:59,455 Aínda pensas deixala, verdade? 440 00:34:00,581 --> 00:34:02,958 Aínda me queres para sempre, verdade? 441 00:34:05,044 --> 00:34:09,173 Si. Cando chegue o momento, cando todo isto remate, 442 00:34:09,673 --> 00:34:11,509 contareille o noso. 443 00:34:11,509 --> 00:34:13,219 E si, aínda te quero. 444 00:34:14,011 --> 00:34:15,638 Para sempre. 445 00:34:17,264 --> 00:34:18,140 Jer... 446 00:34:25,147 --> 00:34:27,316 POLICÍA - CENTRO ADMINISTRATIVO 447 00:34:29,276 --> 00:34:34,073 Sabedes, rapaces? Eu digo que lle carguemos o morto 448 00:34:34,824 --> 00:34:36,158 a Fidel Castro 449 00:34:37,118 --> 00:34:38,244 e marchemos a casa. 450 00:34:38,744 --> 00:34:39,787 Es brillante. 451 00:34:41,580 --> 00:34:42,414 Moi ben. 452 00:34:42,957 --> 00:34:48,671 Repasemos a lista coas teorías que temos. 453 00:34:48,671 --> 00:34:51,507 Teoría número un. Matounos a mafia 454 00:34:51,507 --> 00:34:55,636 polos posibles negocios de Jose no mundo do cinema para adultos. 455 00:34:55,636 --> 00:34:56,929 A teoría do porno. 456 00:34:59,723 --> 00:35:02,226 Teoría número dous. Matounos un cártel 457 00:35:02,226 --> 00:35:06,856 porque Jose estaba movendo drogas en secreto dende Suramérica. 458 00:35:08,023 --> 00:35:11,485 Porque como se enriquece un cubano coma Jose nos EUA 459 00:35:11,485 --> 00:35:13,654 se non é co tráfico de drogas? 460 00:35:14,238 --> 00:35:15,614 Teoría número tres. 461 00:35:15,614 --> 00:35:19,743 Matounos unha banda de San Fernando coa que Erik tiña movidas 462 00:35:19,743 --> 00:35:21,954 e que ao parecer xa fixeran ameazas. 463 00:35:23,080 --> 00:35:24,623 Ningunha ten sentido. 464 00:35:24,623 --> 00:35:26,458 Non se forzou a entrada. 465 00:35:26,458 --> 00:35:29,461 As probas forenses non indican que houbese pelexa. 466 00:35:30,171 --> 00:35:31,505 É case como se... 467 00:35:31,505 --> 00:35:34,216 Jose e Kitty Menendez coñecesen os atacantes. 468 00:35:34,216 --> 00:35:38,262 Exacto. E iso déixanos cunha única teoría posible. 469 00:35:38,262 --> 00:35:41,390 Sei que queredes cargarlles o morto aos fillos... 470 00:35:41,390 --> 00:35:44,560 O morto? Por que non nos devolveron as chamadas? 471 00:35:44,560 --> 00:35:47,104 Non temos suficiente para acusalos. 472 00:35:47,104 --> 00:35:50,482 Nin sequera queren falar con nós se non é co seu avogado. 473 00:35:50,482 --> 00:35:53,903 Veña! Paréceche o comportamento dunha persoa inocente? 474 00:35:53,903 --> 00:35:54,987 Non. Xa o sei. 475 00:35:54,987 --> 00:35:57,990 E non buscamos residuo de disparo nas súas mans 476 00:35:57,990 --> 00:35:59,491 a noite dos asasinatos... 477 00:36:00,034 --> 00:36:01,202 Iso foi unha merda. 478 00:36:01,202 --> 00:36:02,494 O feito, feito está. 479 00:36:03,621 --> 00:36:06,540 Se queremos facer un arresto precisamos probas. 480 00:36:06,540 --> 00:36:08,375 Temos que atopar algo 481 00:36:08,375 --> 00:36:10,753 porque non vai caer do ceo. 482 00:36:11,337 --> 00:36:12,213 Si? 483 00:36:12,963 --> 00:36:15,507 Les? Chamaron preguntando por ti. 484 00:36:15,507 --> 00:36:17,968 Parece que é un amigo de Erik Menendez. 485 00:36:23,641 --> 00:36:24,808 Vaites! 486 00:36:30,147 --> 00:36:33,025 Escribiches un guión sobre matar os nosos pais? 487 00:36:35,277 --> 00:36:37,947 Es un puto idiota. Iso é... 488 00:36:37,947 --> 00:36:39,073 Incriminatorio? 489 00:36:39,073 --> 00:36:41,784 Non fales por min. Si, incriminatorio. 490 00:36:41,784 --> 00:36:44,662 Busca todas as copias desa merda e quéimaas. 491 00:36:44,662 --> 00:36:46,956 Non é unha merda. É moi bo. 492 00:36:46,956 --> 00:36:48,749 Rapaces, centrémonos. 493 00:36:48,749 --> 00:36:51,043 Craig e eu traballamos moito en Friends. 494 00:36:51,043 --> 00:36:53,963 Non o liches, así que non digas que é unha merda. 495 00:36:53,963 --> 00:36:56,548 - Chámase Friends? - Si. 496 00:36:57,216 --> 00:37:00,469 É o máis parvo que escoitei nunca. Normal que non se vendese. 497 00:37:00,469 --> 00:37:02,638 Contácheslle o que fixemos? 498 00:37:03,555 --> 00:37:05,057 Non. Por suposto que non. 499 00:37:06,809 --> 00:37:10,062 Quero que volvamos á pregunta 500 00:37:10,062 --> 00:37:14,650 de por que sentistes que tiñades que matar os vosos pais. 501 00:37:14,650 --> 00:37:16,944 E tamén, só para que o saibades, 502 00:37:17,820 --> 00:37:21,490 gardei as notas das sesións anteriores en caixas de seguridade. 503 00:37:21,490 --> 00:37:22,866 - Como? - Que carallo? 504 00:37:22,866 --> 00:37:25,619 Ben. Díxenvos que non vou ir á policía. 505 00:37:25,619 --> 00:37:28,914 Pero se algo me sucedese 506 00:37:28,914 --> 00:37:31,458 non sería bo para vós, rapaces. 507 00:37:34,420 --> 00:37:36,588 Estasnos a ameazar, Oziel? 508 00:37:36,588 --> 00:37:38,757 Non. 509 00:37:38,757 --> 00:37:40,843 Pero si que penso que, en diante, 510 00:37:40,843 --> 00:37:45,347 teriamos que empezar a gravar as nosas sesións. 511 00:37:45,347 --> 00:37:47,599 Non. Nin de puta broma. 512 00:37:47,599 --> 00:37:51,812 Asegúroche que só eu vou ter acceso a esas cintas. 513 00:37:52,938 --> 00:37:55,065 Se imos continuar traballando 514 00:37:55,065 --> 00:37:57,443 para resolver os problemas 515 00:37:57,443 --> 00:38:01,030 que vos fixeron matar os vosos pais, preciso un seguro. 516 00:38:01,030 --> 00:38:03,991 Necesito saber que estamos xuntos nisto. 517 00:38:03,991 --> 00:38:09,330 Honestamente, doutor, non teño máis "problemas" por "resolver". 518 00:38:09,330 --> 00:38:12,791 Porque os "problemas" máis grandes que tiña están mortos. 519 00:38:15,627 --> 00:38:17,629 Ben. Vale, iso está ben, Lyle. 520 00:38:19,506 --> 00:38:23,635 Dicir o que dixeches en voz alta é parte do proceso de curación. 521 00:38:23,635 --> 00:38:27,181 E o que se di nesta consulta 522 00:38:28,891 --> 00:38:31,393 queda na consulta. Tes a miña palabra. 523 00:38:40,069 --> 00:38:43,322 Friends. Tremendo título de merda. 524 00:38:46,075 --> 00:38:50,454 Erik confesouche despois dos asasinatos que matou os seus pais. 525 00:38:50,454 --> 00:38:53,165 Non apareceu e dixo: "Matei os meus pais." 526 00:38:53,165 --> 00:38:56,877 Pero si, basicamente admitiuno. 527 00:38:57,878 --> 00:38:59,838 E por que pensas que cho dixo? 528 00:39:00,547 --> 00:39:04,927 Erik é o meu mellor amigo. Contámonolo todo. 529 00:39:08,680 --> 00:39:09,515 E... 530 00:39:11,850 --> 00:39:14,853 O ano pasado estivemos escribindo un guión xuntos. 531 00:39:15,646 --> 00:39:19,108 Estaba inspirado na película The Billionaire Boys Club. 532 00:39:19,691 --> 00:39:23,320 "Meu pai non era un home que amosase as súas emocións. 533 00:39:24,154 --> 00:39:28,117 Ás veces dicíame que non era digno de ser seu fillo. 534 00:39:28,909 --> 00:39:31,829 Cando o facía, eu esforzábame máis 535 00:39:32,329 --> 00:39:35,749 para chegar máis lonxe, para demostrarlle a miña valía, 536 00:39:35,749 --> 00:39:38,919 só para escoitalo dicir: 'Quérote, fillo.'" 537 00:39:39,586 --> 00:39:42,214 "Un guerreiro que perdeu os seus pais 538 00:39:43,257 --> 00:39:45,008 continúa sendo un guerreiro." 539 00:39:47,803 --> 00:39:49,555 Carallo, é boísimo! 540 00:39:49,555 --> 00:39:50,514 Si que o é. 541 00:39:50,514 --> 00:39:53,684 Espera. Ti e mais Erik escribistes un guión 542 00:39:53,684 --> 00:39:56,186 sobre un neno rico que mata os seus pais? 543 00:39:56,186 --> 00:39:59,940 Xa o sei. Sabiamos que era retorcido cando o escribimos. 544 00:40:00,441 --> 00:40:02,359 Pero só era unha película. 545 00:40:03,444 --> 00:40:06,572 Pero agora, despois do que me dixo, simplemente... 546 00:40:08,991 --> 00:40:10,367 non podo quedar calado. 547 00:40:11,785 --> 00:40:14,746 Es moi valente por estar aquí, Craig. 548 00:40:15,998 --> 00:40:17,416 Fixeches o correcto. 549 00:40:17,916 --> 00:40:20,127 Non creo que Erik deba ir ao cárcere. 550 00:40:20,127 --> 00:40:21,628 Creo que necesita axuda. 551 00:40:21,628 --> 00:40:23,547 El e Lyle. Axuda psicolóxica. 552 00:40:24,131 --> 00:40:27,426 Se fixeron isto é obvio que están fatal da cabeza. 553 00:40:29,219 --> 00:40:31,763 Entón, ídelo arrestar agora? 554 00:40:31,763 --> 00:40:34,391 Desafortunadamente, o que nos contaches 555 00:40:34,391 --> 00:40:37,936 non é suficiente para unha orde de arresto. 556 00:40:37,936 --> 00:40:40,272 Serían declaracións indirectas. 557 00:40:40,272 --> 00:40:43,817 "Indirectas." Sei o que é. Utilízano moito en L.A. Law. 558 00:40:47,112 --> 00:40:50,657 De todos modos, se queres axudar a Erik 559 00:40:50,657 --> 00:40:53,285 e axudarnos a nós coa investigación, 560 00:40:53,285 --> 00:40:55,204 hai algo que podes facer. 561 00:40:57,873 --> 00:41:01,251 Nin punto de comparación. Levanto 20 quilos máis co peito. 562 00:41:01,251 --> 00:41:03,837 Iso mellorou o meu rendemento na cancha. 563 00:41:03,837 --> 00:41:04,755 Que ben. 564 00:41:04,755 --> 00:41:09,343 E empecei a ver a unha rapaza. 565 00:41:11,220 --> 00:41:13,430 Acabamos de ir a esquiar a Utah. 566 00:41:14,932 --> 00:41:15,933 Está boa? 567 00:41:18,727 --> 00:41:21,647 Meu, está para mollar pan. 568 00:41:24,858 --> 00:41:26,568 Ven un día á nosa casa nova. 569 00:41:26,568 --> 00:41:28,278 Está moi ben. 570 00:41:28,278 --> 00:41:30,656 Ten canchas de tenis privadas. 571 00:41:30,656 --> 00:41:33,158 Estiveches xogando tanto que me vas machucar. 572 00:41:33,158 --> 00:41:34,993 Ti ensináchesme a... 573 00:41:34,993 --> 00:41:36,203 Parabéns para ti... 574 00:41:36,203 --> 00:41:38,247 Ti ensináchesme a xogar a tenis. 575 00:41:38,247 --> 00:41:41,166 Parabéns para ti... 576 00:41:41,166 --> 00:41:42,918 Non os escoito. E ti? 577 00:41:43,710 --> 00:41:44,545 Merda! 578 00:41:46,964 --> 00:41:50,425 - Parece que che vai ben. - Si, vaime ben. 579 00:41:52,386 --> 00:41:55,806 Non creo que meu pai quixese verme por aí compunxido. 580 00:41:55,806 --> 00:42:01,311 Sabes? Penso que querería verme vivir e conseguir cousas, 581 00:42:01,311 --> 00:42:03,522 incluso máis das que conseguiu el. 582 00:42:04,356 --> 00:42:06,149 Facerme senador ou algo así. 583 00:42:06,650 --> 00:42:10,153 "Un guerreiro que perdeu os seus pais continúa sendo un guerreiro." 584 00:42:12,656 --> 00:42:15,534 - Iso non é do noso guión? - É? 585 00:42:20,872 --> 00:42:24,501 Falando do tema, xusto o lin o outro día. 586 00:42:25,002 --> 00:42:27,754 - Quería velo con perspectiva. - De verdade? 587 00:42:28,630 --> 00:42:29,464 E? 588 00:42:30,007 --> 00:42:32,843 A trama ten buracos e hai diálogos melindrosos, 589 00:42:32,843 --> 00:42:34,970 pero sigo pensando que é moi bo. 590 00:42:35,470 --> 00:42:39,516 Penso que se reescribimos un par de cousas poderiámolo vender. 591 00:42:39,516 --> 00:42:40,726 Si, pode ser. 592 00:42:40,726 --> 00:42:43,979 E agora, xa sabes, podémolo facer máis crible. 593 00:42:44,646 --> 00:42:46,565 Sabes? Polo de... 594 00:42:49,151 --> 00:42:50,068 Vamos. 595 00:42:51,194 --> 00:42:52,446 Polo de que? 596 00:42:52,946 --> 00:42:56,450 A ver, os personaxes seguirían sendo totalmente ficticios. 597 00:42:56,450 --> 00:42:59,870 Non o fariamos exactamente igual que... 598 00:43:00,662 --> 00:43:02,080 o que fixeches con Lyle. 599 00:43:02,080 --> 00:43:04,041 Craig, que cona dis? 600 00:43:04,041 --> 00:43:07,127 Cambiaremos os detalles. Sempre o fan nas películas. 601 00:43:07,127 --> 00:43:10,505 Non, non se che ocorra xogar máis con iso. 602 00:43:11,089 --> 00:43:12,341 Vamos, Craig. 603 00:43:13,091 --> 00:43:15,052 Veña, Erik. Quero dicir... 604 00:43:16,511 --> 00:43:18,096 Contáchesme que o fixeches. 605 00:43:24,686 --> 00:43:29,399 Dixen que non xogues máis con iso. 606 00:43:29,941 --> 00:43:32,736 - Escóitasme? Non xogues máis con iso. - Si... 607 00:43:32,736 --> 00:43:36,156 Non puidemos ser nós sobre todo por como sucedeu. 608 00:43:38,075 --> 00:43:40,035 Pero puido ser Lyle? 609 00:43:40,035 --> 00:43:41,370 Non, Lyle non o fixo. 610 00:43:41,370 --> 00:43:43,872 - Encargaríao? - Estiven con el toda a noite. 611 00:43:43,872 --> 00:43:45,415 Soas como os detectives. 612 00:43:45,415 --> 00:43:46,458 Cren que fomos nós. 613 00:43:46,458 --> 00:43:48,460 - Sinto insistir... - Por que o fas? 614 00:43:48,460 --> 00:43:51,046 Porque quero saber quen foi. Coma ti. 615 00:43:51,046 --> 00:43:52,631 Falou contigo a policía? 616 00:43:55,342 --> 00:43:56,301 Que? 617 00:43:58,053 --> 00:44:00,889 Contactaron contigo como parte da investigación? 618 00:44:06,311 --> 00:44:07,396 Si, contactaron. 619 00:44:11,817 --> 00:44:13,777 - Que lles contaches? - Nada. 620 00:44:13,777 --> 00:44:16,488 Ben. Porque non hai nada que contar. 621 00:44:16,488 --> 00:44:17,489 Vale. 622 00:44:17,489 --> 00:44:20,158 Porque Lyle e eu non matamos os nosos pais. 623 00:44:20,158 --> 00:44:22,369 Por suposto que non. Non poderiades. 624 00:44:22,369 --> 00:44:24,329 Exacto. Non poderiamos. 625 00:44:26,373 --> 00:44:27,332 Grazas. 626 00:44:33,547 --> 00:44:34,923 Estivo ben verte, meu. 627 00:44:35,549 --> 00:44:38,510 Falamos para que veñas a casa a semana que vén. 628 00:44:38,510 --> 00:44:39,511 Perfecto. 629 00:44:39,511 --> 00:44:40,470 Grazas. 630 00:44:48,228 --> 00:44:49,855 En fin. Síntoo. 631 00:44:50,439 --> 00:44:53,859 - Supoño que non foi de moita axuda, non? - Tremenda merda. 632 00:44:56,820 --> 00:44:57,738 Entón... 633 00:44:59,281 --> 00:45:00,407 Pensades 634 00:45:01,908 --> 00:45:03,952 que a vosa nai merecía morrer? 635 00:45:04,703 --> 00:45:06,621 Nunca o vimos así. 636 00:45:06,621 --> 00:45:07,622 Era máis como: 637 00:45:07,622 --> 00:45:13,295 "Se imos matar o noso pai, teriamos que matar tamén a nosa nai." 638 00:45:15,130 --> 00:45:18,967 Algún de vós tiña outra opinión sobre matar a vosa nai? 639 00:45:18,967 --> 00:45:20,302 Non, para nada. 640 00:45:21,720 --> 00:45:26,308 Nunca decidiría matar a miña nai sen o consentimento de Erik. 641 00:45:26,892 --> 00:45:29,102 Nin sequera quixen influencialo niso. 642 00:45:29,603 --> 00:45:32,147 Deixei que o pensase un par de noites. 643 00:45:33,690 --> 00:45:34,566 Vale. Erik? 644 00:45:35,567 --> 00:45:36,568 Si. 645 00:45:36,568 --> 00:45:37,778 Tivemos que matala. 646 00:45:39,279 --> 00:45:41,615 - Dependía del. - Dependía totalmente. 647 00:45:41,615 --> 00:45:43,867 E era a súa única saída. 648 00:45:45,952 --> 00:45:50,207 Dádesvos conta do extremo que é matar os vosos dous pais? 649 00:45:52,250 --> 00:45:55,796 Tiveron que ver os cartos na decisión? 650 00:45:56,296 --> 00:45:57,130 Non. 651 00:45:57,756 --> 00:46:01,760 Entón non tiñades medo de ser desherdados? 652 00:46:02,302 --> 00:46:05,597 Nunca considerastes que se só matabades a Jose, 653 00:46:05,597 --> 00:46:07,390 a maioría dos cartos iría a Kitty, 654 00:46:07,390 --> 00:46:09,518 e non teriades todo o control ata... 655 00:46:09,518 --> 00:46:11,603 Non os matamos por putos cartos. 656 00:46:11,603 --> 00:46:13,522 Vale. Erik, créote. 657 00:46:13,522 --> 00:46:15,440 Nunca foi polos cartos. 658 00:46:16,024 --> 00:46:18,568 Foi por facerlle un favor á miña nai. 659 00:46:18,568 --> 00:46:20,529 Tiña que terminar sucedendo. 660 00:46:20,529 --> 00:46:23,365 Tiña que morrer porque era a súa única saída. 661 00:46:23,365 --> 00:46:24,825 - A de todos! - Xa está. 662 00:46:24,825 --> 00:46:29,621 Pero por que? Por que tiveches que matar o teu pai e a túa nai? 663 00:46:29,621 --> 00:46:31,373 Por que era a única solución 664 00:46:31,373 --> 00:46:34,167 para liberala a ela, a ti e ao teu irmán? 665 00:46:34,167 --> 00:46:36,002 Non tes por que contestar. 666 00:46:36,002 --> 00:46:37,504 Dime, Erik, por que? 667 00:46:37,504 --> 00:46:40,924 Estou farto desta conversa. E el tamén. 668 00:46:40,924 --> 00:46:42,300 - Lyle... - Rematamos. 669 00:46:43,093 --> 00:46:44,386 Foi o crime perfecto. 670 00:46:44,386 --> 00:46:46,096 A policía non ten nada. 671 00:46:46,096 --> 00:46:49,975 Os únicos que sabemos o que pasou de verdade estamos aquí. 672 00:46:49,975 --> 00:46:53,103 E polo teu ben, doutor, é mellor que continúe así. 673 00:46:54,104 --> 00:46:56,940 Veña, levanta. Marchamos. 674 00:46:57,816 --> 00:46:58,692 Rapaces. 675 00:46:59,818 --> 00:47:00,694 Esperade. 676 00:47:00,694 --> 00:47:02,362 Vamos, rapaces. 677 00:47:03,697 --> 00:47:05,824 Estamos xuntos nisto. 678 00:47:05,824 --> 00:47:06,783 Non? 679 00:47:07,951 --> 00:47:09,786 Antes de marchar, collede isto. 680 00:47:11,079 --> 00:47:12,330 Que é AutoMax? 681 00:47:12,330 --> 00:47:15,000 É unha empresa pequena que axudei a montar. 682 00:47:15,000 --> 00:47:19,004 Creo que sería un bo investimento para vós. 683 00:47:19,004 --> 00:47:24,134 Penso que podo ser máis que un terapeuta para vós. 684 00:47:24,134 --> 00:47:26,678 Poderiamos ser socios. 685 00:47:30,640 --> 00:47:33,018 Si, vale. 686 00:47:33,602 --> 00:47:34,686 Mirareino. 687 00:47:34,686 --> 00:47:36,104 - Si. - Grazas, doutor. 688 00:47:36,104 --> 00:47:37,188 Sen problema. 689 00:47:54,039 --> 00:47:56,374 Ei, tróuxenche un petisco. 690 00:47:56,374 --> 00:47:58,877 Mamá non me deixa tomar doce antes da cea. 691 00:48:10,513 --> 00:48:13,975 Estivo moi ben estar aquí estes últimos meses 692 00:48:13,975 --> 00:48:16,937 vivindo contigo, coa túa irmá e co teu papá. 693 00:48:18,229 --> 00:48:21,066 Sabes? Se fose a túa nai, 694 00:48:21,066 --> 00:48:23,693 poderías comer lambetadas cando quixeses. 695 00:48:26,363 --> 00:48:28,531 Por favor, non me podes facer isto. 696 00:48:29,491 --> 00:48:30,700 Claro que podo! 697 00:48:30,700 --> 00:48:34,037 Xa aturamos bastante a túa loucura. 698 00:48:34,037 --> 00:48:37,666 Non tiven que traerte a casa. Iso foi un disparate. 699 00:48:37,666 --> 00:48:39,668 - Fixéchelo por amor. - Non. 700 00:48:39,668 --> 00:48:43,213 Fíxeno porque estabas deprimida, maníaca e asustada, 701 00:48:43,213 --> 00:48:45,507 e déchesme pena. 702 00:48:46,508 --> 00:48:49,386 Ata tiven que convencer a miña muller. 703 00:48:50,428 --> 00:48:51,846 Pero non o tería feito 704 00:48:51,846 --> 00:48:54,766 de saber que nos ías converter en prisioneiros! 705 00:48:54,766 --> 00:48:59,437 As ameazas, os cambios de humor, mover os mobles! 706 00:48:59,437 --> 00:49:05,110 E agora dislle á miña filla que vas substituír a súa nai! 707 00:49:05,110 --> 00:49:06,695 Perdiches a puta cabeza? 708 00:49:06,695 --> 00:49:08,905 Dixeches que a ías deixar, vale? 709 00:49:08,905 --> 00:49:11,616 - Dixéchelo! - Pois non o vou facer, vale? 710 00:49:11,616 --> 00:49:13,284 Non a vou deixar. 711 00:49:15,078 --> 00:49:16,663 Vaste arrepentir disto. 712 00:49:17,831 --> 00:49:21,668 Sei cousas, e ti sabes que sei cousas. 713 00:49:22,836 --> 00:49:23,712 Judalon. 714 00:49:24,421 --> 00:49:25,922 Non sexas estúpida. 715 00:49:25,922 --> 00:49:27,048 Vai á merda, Jer! 716 00:49:27,048 --> 00:49:32,012 Jude! Polo teu ben, pola túa seguridade, 717 00:49:32,012 --> 00:49:37,851 non fales do caso Menendez con ninguén. Especialmente das cintas. 718 00:49:38,768 --> 00:49:41,438 Deberías levar a ametista que che comprei. 719 00:49:41,438 --> 00:49:43,773 O chakra do teu terceiro ollo está desaliñado. 720 00:49:55,326 --> 00:49:56,995 - Detective Zoeller? - Si? 721 00:50:01,541 --> 00:50:05,545 Teño información sobre o caso Menendez que che vai interesar. 722 00:51:49,649 --> 00:51:52,485 Subtítulos: Ana Belén Barrera