1 00:00:11,320 --> 00:00:17,320 ANTES DO COMEZO 2 00:00:27,680 --> 00:00:28,640 Perdoa? 3 00:00:29,440 --> 00:00:30,560 Ei! 4 00:00:33,720 --> 00:00:35,280 Si? Chamáchesme? 5 00:00:35,360 --> 00:00:36,680 Ola. Si. 6 00:00:37,560 --> 00:00:40,680 Impórtache suxeitar isto mentres lle dou á manivela? 7 00:00:41,720 --> 00:00:43,040 A que xeito é? 8 00:00:43,120 --> 00:00:45,440 Ti agárrao así. Iso é. 9 00:00:45,520 --> 00:00:47,400 - Vale, estás listo? - Para que? 10 00:00:50,640 --> 00:00:51,880 Iso é. Xenial. 11 00:00:52,600 --> 00:00:55,040 Grazas. Xa o podes soltar. 12 00:00:55,120 --> 00:00:58,280 - Xa está? - Non, só preparei a máquina. 13 00:00:58,360 --> 00:00:59,680 Agora vén o divertido. 14 00:00:59,760 --> 00:01:01,880 Levo agardando por isto dende... 15 00:01:02,880 --> 00:01:03,880 Dende sempre. 16 00:01:05,280 --> 00:01:07,840 Ola. Son Azirafel. 17 00:01:07,920 --> 00:01:10,640 Encantado de coñecerte. Vale, aí vai. 18 00:01:11,280 --> 00:01:15,480 Fágase a materia, fágase a gravidade, fágase todo da páxina 19 00:01:16,160 --> 00:01:19,400 once á 3 000 602, ambas incluídas. 20 00:01:25,440 --> 00:01:26,960 Ten que pasar algo? 21 00:01:27,440 --> 00:01:28,880 Ai, si, perdoa. 22 00:01:29,640 --> 00:01:31,000 Esquecinme dunha cousa. 23 00:01:32,000 --> 00:01:33,120 Fágase a luz. 24 00:01:59,640 --> 00:02:00,840 Meu Deus. 25 00:02:01,680 --> 00:02:03,800 Mírate, es fermosa! 26 00:02:07,520 --> 00:02:10,039 Fixéchelo todo ti só? 27 00:02:11,160 --> 00:02:12,680 A ver, máis ou menos. 28 00:02:12,760 --> 00:02:15,800 Non fun o deseñador orixinal da idea, 29 00:02:15,880 --> 00:02:18,320 pero traballei man a man cos de arriba. 30 00:02:19,400 --> 00:02:21,520 - É ben fermoso. - Grazas. 31 00:02:21,600 --> 00:02:23,840 Fixeches un traballo excelente. 32 00:02:30,760 --> 00:02:33,120 - E para que é? - Como para que? 33 00:02:33,160 --> 00:02:36,400 Que fai exactamente todo iso? 34 00:02:36,880 --> 00:02:39,360 A ver, que non fai esta preciosidade? 35 00:02:39,440 --> 00:02:41,280 É unha fábrica de estrelas. 36 00:02:41,360 --> 00:02:43,320 Todo o po e o gas que ves 37 00:02:43,400 --> 00:02:48,800 está a construír unhas 5000 estrelas novas e protoplanetas. 38 00:02:48,880 --> 00:02:51,000 Moitas das estrelas son antigas, 39 00:02:51,079 --> 00:02:53,760 pero estas estanse a crear agora. 40 00:02:54,079 --> 00:02:56,680 Uns millóns de anos para facelas, e logo 41 00:02:57,440 --> 00:02:59,480 estrelas por todas partes. 42 00:03:02,600 --> 00:03:04,400 Que ben. 43 00:03:05,080 --> 00:03:07,640 Pois o que din agora os de arriba 44 00:03:07,720 --> 00:03:10,600 é que imos ter que pechar isto de novo 45 00:03:10,680 --> 00:03:12,920 nuns 6000 anos. 46 00:03:13,880 --> 00:03:15,160 Iso non é nada. 47 00:03:20,040 --> 00:03:23,920 ¿De que vale crear un universo infinito 48 00:03:24,000 --> 00:03:25,960 con billóns de galaxias 49 00:03:26,040 --> 00:03:29,000 se só o vas dirixir uns miles de anos? 50 00:03:29,720 --> 00:03:32,560 Non dá tempo nin a quecer motores. 51 00:03:33,280 --> 00:03:34,120 A cousa... 52 00:03:34,800 --> 00:03:36,640 Xa escoitaches falar da Terra. 53 00:03:39,640 --> 00:03:41,360 Non como tal. 54 00:03:42,600 --> 00:03:43,680 O planeta azul e verde? 55 00:03:43,760 --> 00:03:48,200 Estará por aí, nalgún sitio, cando quiten ese cuadrante. 56 00:03:48,280 --> 00:03:51,600 Aí é onde van estar as "persoas" 57 00:03:52,320 --> 00:03:55,320 que estamos a deseñar. 58 00:03:55,400 --> 00:03:56,840 Vin os planos. 59 00:03:57,320 --> 00:04:00,160 Imos comezar cunha parella para que se reproduza 60 00:04:00,240 --> 00:04:03,040 e logo haberá unha chea. 61 00:04:03,120 --> 00:04:06,600 Reproduciranse coma... persoas. 62 00:04:07,080 --> 00:04:11,840 Teño a impresión de que as estrelas e a túa... 63 00:04:13,120 --> 00:04:15,000 - Si. Chámase Nebulosa. - Claro. 64 00:04:15,080 --> 00:04:19,120 Ben, pois existen para que as persoas 65 00:04:19,200 --> 00:04:22,800 poidan mirar o ceo nocturno da Terra 66 00:04:22,920 --> 00:04:27,680 e se marabillen coa inmensidade ilimitada 67 00:04:27,760 --> 00:04:30,200 da creación do Omnipotente. 68 00:04:33,159 --> 00:04:34,800 Vaia necidade! 69 00:04:34,880 --> 00:04:37,800 É o universo. Non é un papel pintado elegante. 70 00:04:37,880 --> 00:04:42,720 Millóns de galaxias, billóns de estrelas, unha chea de todo. 71 00:04:42,800 --> 00:04:44,800 Non é só facer que escintile. 72 00:04:45,440 --> 00:04:47,800 Seguro que moito nin se ve desde a Terra. 73 00:04:47,880 --> 00:04:51,600 Poñeremos a Terra no medio do universo, a vista é mellor. 74 00:04:52,480 --> 00:04:56,520 Non temos que aconsellar ao Omnipotente no seu labor de creación. 75 00:04:56,600 --> 00:04:58,240 E quen o fai? 76 00:04:58,800 --> 00:05:02,680 Alguén ten que dicir: "Mire, xefe, é unha idea malísima." 77 00:05:03,680 --> 00:05:08,360 Supoño que iso sería inapropiado. 78 00:05:10,240 --> 00:05:15,160 Non creo que ninguén se opoña a que lle deixe unha suxestión na caixa. 79 00:05:16,880 --> 00:05:20,880 Non creo que o Omnipotente crease unha caixa de suxestións. 80 00:05:21,880 --> 00:05:25,440 E ademais, non creo que sexa cousa nosa suxerir 81 00:05:25,520 --> 00:05:28,000 que haxa unha caixa de suxestións. 82 00:05:28,080 --> 00:05:31,520 Se dirixise eu todo, gustaríame que fixesen preguntas. 83 00:05:31,600 --> 00:05:32,960 Un novo punto de vista. 84 00:05:34,159 --> 00:05:36,159 Non podes crear un universo, 85 00:05:36,240 --> 00:05:38,920 dirixilo durante miles de anos e logo parar! 86 00:05:42,880 --> 00:05:46,440 Gústame o azul rosado na esquina da Nebulosa. 87 00:05:46,520 --> 00:05:48,159 Si, é moi... Si! 88 00:05:51,680 --> 00:05:53,920 Pero douche un consello: 89 00:05:54,920 --> 00:05:57,240 non me gustaría verte en problemas. 90 00:05:58,000 --> 00:06:01,760 Grazas pola axuda. E polo consello. Eu non me preocuparía. 91 00:06:01,840 --> 00:06:05,600 Que problemas vou ter por facer unhas preguntas? 92 00:07:34,320 --> 00:07:36,320 CAPÍTULO 1: A CHEGADA 93 00:07:46,440 --> 00:07:48,320 BOS PRESAXIOS 94 00:07:56,720 --> 00:07:58,360 LONDRES 95 00:07:58,760 --> 00:08:00,200 ACTUALIDADE 96 00:08:07,760 --> 00:08:08,960 PECHADO 97 00:08:18,240 --> 00:08:20,120 "Querido señor Fell: 98 00:08:20,200 --> 00:08:23,680 Teño que falar con vostede 99 00:08:23,760 --> 00:08:27,200 dun asunto de certa 'improtancia'"? 100 00:08:27,280 --> 00:08:28,680 Importancia. 101 00:08:28,760 --> 00:08:31,400 "Atentamente, Maggie." 102 00:08:37,280 --> 00:08:38,880 Ola, Maggie. 103 00:08:39,640 --> 00:08:40,840 Recibín a túa nota. 104 00:08:42,520 --> 00:08:46,200 Pensei que... A ver, foron uns anos bastante duros 105 00:08:46,280 --> 00:08:49,600 entre o confinamento e os escasos pedidos de Internet. 106 00:08:50,600 --> 00:08:52,880 Podo marchar de aquí en dúas semanas. 107 00:08:52,960 --> 00:08:54,360 Marchar de aquí? 108 00:08:54,880 --> 00:08:57,760 Por que? Xa non che gusta? 109 00:08:57,880 --> 00:08:59,880 Señor Fell, encántame esta tenda. 110 00:09:00,000 --> 00:09:02,160 Gústame dende que era un bebé. 111 00:09:02,240 --> 00:09:04,720 Pero levo tempo sen pagar a renda. 112 00:09:04,760 --> 00:09:08,600 Logo é todo culpa miña por non cobrar a renda. 113 00:09:08,640 --> 00:09:11,880 Xa. A ver, coido que dixeches que che ían chegar 114 00:09:12,000 --> 00:09:14,480 uns discos de Shostakovich para min. 115 00:09:15,160 --> 00:09:16,640 Non podo pagar a renda. 116 00:09:16,720 --> 00:09:19,640 Síntoo moito. Podo marchar a semana que vén. 117 00:09:19,720 --> 00:09:21,880 Só teño que recoller todo. 118 00:09:21,960 --> 00:09:25,480 Maggie, se marchas de aquí, onde vou conseguir os discos? 119 00:09:26,080 --> 00:09:29,200 É máis complicado atopar un disco 78 RPM ca un LP. 120 00:09:29,960 --> 00:09:32,080 Non sabería por onde comezar. 121 00:09:32,160 --> 00:09:33,600 Non teño os cartos. 122 00:09:35,000 --> 00:09:36,240 Maggie... 123 00:09:36,880 --> 00:09:42,160 E se collo estes discos de Shostakovich 124 00:09:42,240 --> 00:09:45,480 sen pagarche nada e quedamos en paz? 125 00:09:45,520 --> 00:09:47,640 Débolle miles de libras da renda. 126 00:09:47,720 --> 00:09:50,480 Eses discos valen oito libras. 127 00:09:50,520 --> 00:09:53,320 Oito libras e 75 peniques. 128 00:09:53,400 --> 00:09:56,880 Non pode perdoarme a renda de oito meses. 129 00:09:56,960 --> 00:09:59,080 Podo. Dáseme moi ben perdoar. 130 00:09:59,160 --> 00:10:02,360 É das miñas cousas favoritas. Xa pagaches a túa renda. 131 00:10:02,440 --> 00:10:05,880 Teño a miña música. Xa sei que vou facer 132 00:10:05,960 --> 00:10:07,520 os próximos 21 minutos. 133 00:10:32,840 --> 00:10:36,720 O clarinete emite unha música preciosa. 134 00:10:38,600 --> 00:10:39,440 O que? 135 00:10:41,040 --> 00:10:42,400 O clarinete. 136 00:10:43,120 --> 00:10:45,720 Emite unha música preciosa. 137 00:10:47,080 --> 00:10:48,480 Banco equivocado. 138 00:10:48,960 --> 00:10:52,160 Queres ao xefe da zona de Acerbaixán. Está alí. 139 00:10:59,960 --> 00:11:01,320 Tráioche o correo. 140 00:11:01,920 --> 00:11:03,280 Algo interesante? 141 00:11:04,720 --> 00:11:05,720 Todo facturas. 142 00:11:06,600 --> 00:11:09,840 Podían mandarchas directamente ao teu coche. 143 00:11:09,920 --> 00:11:12,960 - Envíaas á oficina do inferno. - Xa o fixen. 144 00:11:13,400 --> 00:11:16,360 Non aceptan a miña firma para substituírte. 145 00:11:16,440 --> 00:11:18,280 Non lles deas pan, imbécil. 146 00:11:18,360 --> 00:11:21,240 - Non lles cae ben. - E que lles dás? 147 00:11:21,320 --> 00:11:23,120 - Sábeno? - Os patos? 148 00:11:23,200 --> 00:11:24,400 Alá abaixo. 149 00:11:24,480 --> 00:11:26,600 Saben que estás mirando por min? 150 00:11:26,680 --> 00:11:30,240 Crowley, son a representante do inferno en Londres. 151 00:11:31,560 --> 00:11:34,600 - Non lles importa como se fan as cousas. - Lémbroo. 152 00:11:34,680 --> 00:11:37,000 Só lles importa que se fagan. 153 00:11:39,120 --> 00:11:41,040 Non te preguntas de que serve? 154 00:11:41,120 --> 00:11:42,320 A que te refires? 155 00:11:42,880 --> 00:11:44,480 De que serve todo? 156 00:11:45,160 --> 00:11:47,920 Ceo, inferno, demos, anxos... 157 00:11:48,480 --> 00:11:52,240 Iso non serve de nada. 158 00:11:54,120 --> 00:11:56,480 - Sempre foi tan doado? - Doado? 159 00:11:56,560 --> 00:11:59,360 Preparo golpes estratéxicos complicados 160 00:11:59,440 --> 00:12:02,000 para difundir miseria e pánico nos humanos, 161 00:12:02,080 --> 00:12:04,840 e xusto cando poño un en marcha, 162 00:12:04,920 --> 00:12:06,560 ocórreselles algo 163 00:12:06,640 --> 00:12:09,600 que é moito peor do que se me ocorrería a min. 164 00:12:09,680 --> 00:12:11,440 Si. Sempre tan doado. 165 00:12:13,680 --> 00:12:15,600 Pasa algo que debería saber? 166 00:12:15,680 --> 00:12:17,600 Es unha persona non grata. 167 00:12:18,880 --> 00:12:21,880 Belcebú racionoulles a comida a algúns demiños 168 00:12:23,240 --> 00:12:25,560 e algo vai pasar. 169 00:12:26,880 --> 00:12:27,840 Onde? 170 00:12:28,720 --> 00:12:30,280 Ben arriba. 171 00:12:32,520 --> 00:12:33,560 Algo grande? 172 00:12:34,160 --> 00:12:37,480 Non o sei. Hai rumores 173 00:12:37,560 --> 00:12:40,320 de que algo de alí arriba vai baixar. 174 00:12:41,200 --> 00:12:42,560 Se pescudas algo 175 00:12:42,640 --> 00:12:45,560 polo teu contacto da libraría, informarasme? 176 00:12:45,640 --> 00:12:47,880 Non, no ceo xa non falan con el. 177 00:12:48,440 --> 00:12:51,640 Se sei de algo que che pode ser de axuda, 178 00:12:52,360 --> 00:12:54,720 direicho, e a cambio, 179 00:12:54,800 --> 00:12:57,240 disme o que preciso saber. 180 00:12:57,320 --> 00:12:59,160 Tes algo para min? 181 00:13:00,520 --> 00:13:01,920 Chícharos conxelados. 182 00:13:02,720 --> 00:13:03,720 Que? 183 00:13:03,800 --> 00:13:06,720 Iso é o que se lles dá aos patos. Chícharos. 184 00:13:06,800 --> 00:13:10,520 Encántanlles, e tamén son moi bos para eles. 185 00:13:22,200 --> 00:13:23,440 Ola. 186 00:13:24,800 --> 00:13:26,400 Ves algo que che guste? 187 00:13:26,760 --> 00:13:28,960 Si, un café! 188 00:13:29,560 --> 00:13:33,800 Coma sempre, logo. Non mo digas. Téñoo aquí. Café con leite desnatado. 189 00:13:33,880 --> 00:13:35,400 Lémbraste. 190 00:13:35,480 --> 00:13:38,000 Nesta cabeza hai moita xente e moitos cafés, 191 00:13:38,080 --> 00:13:40,280 pero recordo as de sempre. 192 00:13:40,360 --> 00:13:42,160 Claro. Son esa. 193 00:13:42,240 --> 00:13:43,840 Es a da tenda de discos? 194 00:13:43,920 --> 00:13:46,840 Hoxe en día non sei quen compra discos. 195 00:13:47,160 --> 00:13:48,560 Manda carallo! 196 00:13:49,120 --> 00:13:50,280 - Que? - Mira. 197 00:13:54,560 --> 00:13:56,840 Manda carallo! 198 00:14:55,880 --> 00:14:57,080 Ei, ola. 199 00:15:01,240 --> 00:15:02,920 - Que...? - Que fago aquí? 200 00:15:03,000 --> 00:15:04,000 Si. 201 00:15:05,840 --> 00:15:08,720 Daquela que fas aquí? 202 00:15:08,800 --> 00:15:10,800 Non sei, por iso preguntei. 203 00:15:11,760 --> 00:15:14,880 - Non o sabes? - Non, pero gustaríame sabelo. 204 00:15:14,960 --> 00:15:19,320 E tamén estaría ben saber onde é aquí. 205 00:15:19,400 --> 00:15:24,040 E tamén quen es ti e quen son eu. 206 00:15:24,520 --> 00:15:26,400 E tamén por que estás nu. 207 00:15:26,800 --> 00:15:28,200 Quen cho dixo? 208 00:15:29,040 --> 00:15:30,920 Quen...? Podo verte nu. 209 00:15:31,600 --> 00:15:33,400 E ti que saberás. 210 00:15:34,960 --> 00:15:36,520 - Podo entrar? - Non. 211 00:15:39,320 --> 00:15:40,320 Vale. 212 00:15:44,240 --> 00:15:45,240 Está ben. 213 00:15:45,320 --> 00:15:48,000 Ti... entra. 214 00:15:53,320 --> 00:15:55,960 - Isto non se ve tódolos días. - Non. 215 00:15:56,040 --> 00:15:59,520 Un novo servizo de entregas. Artistas de striptease. 216 00:16:00,480 --> 00:16:02,200 - Acábalo de inventar. - Si. 217 00:16:04,320 --> 00:16:06,840 Son Maggie. Teño a tenda de discos. 218 00:16:06,920 --> 00:16:09,320 Sei quen es. O café con leite desnatado. 219 00:16:09,840 --> 00:16:10,880 Son Nina. 220 00:16:12,400 --> 00:16:17,400 Non digo que o inferno sexa cómplice, nin que ninguén o sexa. 221 00:16:17,920 --> 00:16:20,800 Se descobren que alguén o axuda, 222 00:16:21,400 --> 00:16:24,600 - imos empregar sancións extremas. - Sancións extremas? 223 00:16:24,680 --> 00:16:25,960 Si. 224 00:16:26,680 --> 00:16:28,400 - O libro da vida. - Vou. 225 00:16:29,360 --> 00:16:30,800 Moitas grazas. 226 00:16:32,040 --> 00:16:34,880 Chámase chocolate quente. Bébeo. 227 00:16:35,000 --> 00:16:38,400 Así que non sabes quen es. 228 00:16:39,080 --> 00:16:40,080 Si. 229 00:16:42,840 --> 00:16:46,680 Son eu. Pero non sei quen é "eu". 230 00:16:48,000 --> 00:16:50,680 - Xa vexo. - Pero coñécesme. 231 00:16:51,560 --> 00:16:53,440 - Recoñécesme. - Eu... 232 00:16:54,920 --> 00:16:58,760 coñezo a alguén que se parece a ti. 233 00:16:59,560 --> 00:17:01,040 Logo serei eu. 234 00:17:02,080 --> 00:17:04,920 É unha das formas de supoñelo. 235 00:17:05,880 --> 00:17:10,079 Pero ti non me recoñeces. 236 00:17:14,160 --> 00:17:16,200 Non, síntoo. 237 00:17:17,560 --> 00:17:21,319 E por que viñeches á miña tenda? 238 00:17:21,400 --> 00:17:24,000 Non o sei. Pensei que debía vir. 239 00:17:24,079 --> 00:17:27,200 ¿Sabes cando non sabes absolutamente nada 240 00:17:27,280 --> 00:17:31,040 e logo estás totalmente seguro de que todo sería mellor 241 00:17:31,080 --> 00:17:33,800 se estiveses cunha persoa en concreto? 242 00:17:34,680 --> 00:17:36,240 Non, a verdade é que non. 243 00:17:36,320 --> 00:17:38,760 Non teño nin idea de como é iso. 244 00:17:38,800 --> 00:17:40,080 Por que dis iso? 245 00:17:40,560 --> 00:17:42,680 Debe ser o meu cerebro. 246 00:17:42,760 --> 00:17:44,280 Pero non estou seguro. 247 00:17:44,320 --> 00:17:47,480 Tanto ten. Iso foi o que sentín, que se viña ata aquí, 248 00:17:47,560 --> 00:17:50,440 se cadra non me pasaba esa cousa horrible. 249 00:17:51,800 --> 00:17:53,800 Esa cousa horrible? 250 00:17:56,960 --> 00:17:58,680 Isto está incrible. 251 00:17:59,240 --> 00:18:01,800 - Que cousa horrible? - Fai unha cousa aquí 252 00:18:01,880 --> 00:18:04,920 e outra aquí. E son totalmente distintas. 253 00:18:05,000 --> 00:18:08,240 - Pero son as dúas boísimas. - Por favor, cóntame 254 00:18:08,320 --> 00:18:11,080 - o da cousa horrible. - Que? Non o sei. 255 00:18:11,200 --> 00:18:13,200 Sei que é totalmente espantoso, 256 00:18:13,280 --> 00:18:16,400 e por iso tiven que vir aquí e darche a cousa. 257 00:18:20,000 --> 00:18:20,800 Que? 258 00:18:20,920 --> 00:18:22,800 Agora fai algo aquí abaixo. 259 00:18:23,680 --> 00:18:25,320 Meu, é o mellor de todo. 260 00:18:25,440 --> 00:18:26,800 Que cousa? 261 00:18:27,880 --> 00:18:29,880 Que cousa me tes que dar? 262 00:18:31,560 --> 00:18:35,480 Creo que non teño nada aquí. Cres que é importante? 263 00:18:35,560 --> 00:18:36,480 Pero ti... 264 00:18:38,320 --> 00:18:39,680 Acabas de dicir 265 00:18:39,760 --> 00:18:42,960 que era o xeito de evitar que pasase algo horrible. 266 00:18:43,480 --> 00:18:44,520 En serio? O que? 267 00:18:44,560 --> 00:18:46,200 Non o sei! 268 00:18:46,280 --> 00:18:49,040 Pois logo supoño que non pasará nada. 269 00:18:49,080 --> 00:18:51,440 Ao final nunca pasa nada. 270 00:18:51,520 --> 00:18:54,440 Coma aquela vez que comecei a ter frío. 271 00:18:56,320 --> 00:18:58,080 Agora teño unha manta. 272 00:18:59,400 --> 00:19:00,400 E houbo outra vez 273 00:19:00,480 --> 00:19:02,640 que me doían os brazos 274 00:19:02,720 --> 00:19:05,040 porque tiña que levar unha caixa. 275 00:19:05,080 --> 00:19:07,000 Agora están ben. 276 00:19:08,480 --> 00:19:09,720 A caixa. 277 00:19:13,080 --> 00:19:15,200 ESTE LADO CARA A ARRIBA 278 00:19:30,160 --> 00:19:33,400 Todo lixo. 279 00:19:38,920 --> 00:19:41,000 - Diga? - Debes saber algo máis. 280 00:19:41,080 --> 00:19:42,720 O básico para os demos. 281 00:19:42,800 --> 00:19:44,760 Ou chamas por teléfono e falas 282 00:19:44,800 --> 00:19:47,080 ou apareces de súpeto. As dúas non. 283 00:19:48,240 --> 00:19:51,000 - Por que non? - Faime caso. 284 00:19:51,080 --> 00:19:52,080 Moi ben. 285 00:19:53,080 --> 00:19:57,640 Chegounos algo máis de información sobre os negocios de alá arriba. 286 00:19:57,720 --> 00:20:00,720 O que pase alá afecta a Gabriel. 287 00:20:00,800 --> 00:20:04,440 O presuntuoso real ten problemas. Que mágoa. 288 00:20:04,520 --> 00:20:06,000 Si? Por que? 289 00:20:06,560 --> 00:20:09,000 Sarcasmo. Xa o traballaremos. 290 00:20:09,080 --> 00:20:10,080 Iso é todo? 291 00:20:20,400 --> 00:20:22,000 Aquí non hai nada. 292 00:20:22,760 --> 00:20:24,320 Que me traías? 293 00:20:25,480 --> 00:20:27,720 Es gracioso. Gústasme. 294 00:20:30,560 --> 00:20:32,640 Grazas, eu... 295 00:20:36,000 --> 00:20:37,880 Dixeches que me traías algo. 296 00:20:37,960 --> 00:20:39,320 Dixen iso? 297 00:20:39,440 --> 00:20:42,000 - Logo traería. - Gabriel, por favor... 298 00:20:42,080 --> 00:20:43,320 Presta atención. 299 00:20:43,400 --> 00:20:46,560 Por que trouxeches a caixa aquí? 300 00:20:47,800 --> 00:20:49,040 Que é "Gabriel"? 301 00:20:49,760 --> 00:20:50,720 Es ti! 302 00:20:51,720 --> 00:20:53,320 Ou iso creo. 303 00:20:53,400 --> 00:20:55,680 Gabriel. Xenial. Gústame. 304 00:20:56,160 --> 00:20:57,960 Gabriel. 305 00:20:58,040 --> 00:21:00,320 Mais... Non, mellor non. 306 00:21:00,440 --> 00:21:03,520 Non, se alguén pregunta, ti non es Gabriel. 307 00:21:03,560 --> 00:21:04,800 Vale. 308 00:21:06,280 --> 00:21:07,800 Logo que son? 309 00:21:08,440 --> 00:21:10,000 A ver, es... 310 00:21:12,400 --> 00:21:15,320 - Jim. - Jim. Xenial. Encántame. 311 00:21:15,440 --> 00:21:17,680 Jim. Diminutivo de Gabriel. 312 00:21:17,760 --> 00:21:20,440 Non, diminutivo de James. 313 00:21:20,520 --> 00:21:22,520 James. Xenial. Encántame. 314 00:21:22,560 --> 00:21:25,760 James. A forma larga de Jim, diminutivo de Gabriel. 315 00:21:25,800 --> 00:21:27,720 Non, esquécete de Gabriel. 316 00:21:28,560 --> 00:21:31,400 Intentareino, pero cústame moito esquecer cousas. 317 00:21:32,280 --> 00:21:34,440 De verdade? Pois logo, por favor, 318 00:21:34,520 --> 00:21:37,040 dime que había na caixa. 319 00:21:41,920 --> 00:21:42,920 Que caixa? 320 00:21:48,080 --> 00:21:50,160 Ola. Son eu. Non digas nada. 321 00:21:51,200 --> 00:21:53,320 - Estás aí? - Podo falar agora? 322 00:21:53,400 --> 00:21:55,560 Non. Quedamos na rúa da libraría. 323 00:21:55,640 --> 00:21:57,880 Agárdote en Dáme Café ou Dáme a Morte. 324 00:21:57,960 --> 00:21:59,640 - Ao ladiño. - Dous minutos. 325 00:22:11,000 --> 00:22:15,160 "Do fociño sáltanlle muxicas, xorden faíscas de lume." (Xob 41:19) 326 00:22:57,440 --> 00:22:59,400 A ver, cal é o problema? 327 00:22:59,480 --> 00:23:01,360 Problema? Quen dixo iso? 328 00:23:01,480 --> 00:23:03,960 O ton da túa voz. Só chamas se estás aburrido, 329 00:23:04,040 --> 00:23:08,160 se queres alardear de algo ou se pasa algo malo. 330 00:23:08,240 --> 00:23:10,280 Tiñas voz de "pasa algo malo". 331 00:23:10,360 --> 00:23:13,640 É bo compartir as cousas boas que fas. 332 00:23:13,720 --> 00:23:16,280 - Agora que non informo ao ceo. - Boas. 333 00:23:16,360 --> 00:23:17,720 Tráiovos algo? 334 00:23:17,800 --> 00:23:20,760 Unha cunca grande con seis cafés sós. 335 00:23:20,840 --> 00:23:23,400 - Nada máis. - Soa ben. 336 00:23:23,480 --> 00:23:25,360 - Iso cálmate? - Non moito. 337 00:23:25,440 --> 00:23:27,960 Nina, tes algo para calmar a xente? 338 00:23:28,040 --> 00:23:29,040 Pasteis Eccles? 339 00:23:30,280 --> 00:23:31,920 Uns pasteis de Eccles. 340 00:23:32,000 --> 00:23:34,200 Como vai o teu amigo nu? 341 00:23:34,760 --> 00:23:37,080 El non é meu... 342 00:23:37,160 --> 00:23:39,160 A ver, agora xa non está nu. 343 00:23:39,240 --> 00:23:40,920 É vostede un misterio. 344 00:23:42,320 --> 00:23:45,520 - Tamén vende libros? - Nin a punta de pistola. 345 00:23:45,600 --> 00:23:48,200 Este é... Crowley. 346 00:23:48,280 --> 00:23:52,320 - Coñecémonos dende hai moito. - Encantado. 347 00:23:54,040 --> 00:23:57,720 Vai pasar algo importante no ceo. Sabes algo? 348 00:23:57,800 --> 00:23:58,920 Pode ser, algo. 349 00:23:59,000 --> 00:24:02,080 E por que non o falamos na túa tenda? 350 00:24:02,160 --> 00:24:05,320 - Porque tes alí o home nu? - Tecnicamente non. 351 00:24:05,400 --> 00:24:09,720 Ten iso algo que ver con que non esteamos na túa tenda? 352 00:24:11,560 --> 00:24:13,680 É algo no que te podo axudar? 353 00:24:28,800 --> 00:24:30,400 Señor Fell, polo da renda, 354 00:24:30,480 --> 00:24:32,280 quero dicirlle que é un anxo. 355 00:24:33,320 --> 00:24:34,520 Nada parecido. 356 00:24:35,280 --> 00:24:36,800 Pasteis de Eccles? 357 00:24:39,240 --> 00:24:41,800 - Facendo o ben, anxo? - Iso non conta. 358 00:24:41,880 --> 00:24:43,560 Un acto máis ben egoísta. 359 00:24:55,040 --> 00:24:56,320 Outra vez aquí? 360 00:24:56,400 --> 00:24:59,320 Pensei en coller algo á fin do día. 361 00:24:59,400 --> 00:25:02,240 Vaia, pensei que era porque son encantadora. 362 00:25:03,320 --> 00:25:08,080 En realidade, tróuxenche algo. Porque... Nina Simone. 363 00:25:08,200 --> 00:25:10,800 E ti chámaste Nina. 364 00:25:12,800 --> 00:25:15,440 Non teño como reproducilo. 365 00:25:16,360 --> 00:25:18,720 Non... Claro, certo. 366 00:25:19,000 --> 00:25:21,080 - Un café? - Non, ou non pego ollo. 367 00:25:21,160 --> 00:25:25,160 Un té de herbas. Menta poexo. A macela ten boa pinta tamén. 368 00:25:25,240 --> 00:25:26,520 Imos vellas. 369 00:25:26,600 --> 00:25:29,640 Antes iamos de festa, agora imos cedo para a cama. 370 00:25:29,720 --> 00:25:30,920 Eu non ía de festa. 371 00:25:31,000 --> 00:25:32,680 Fuches adolescente, non si? 372 00:25:32,760 --> 00:25:34,800 Si, pero non esa clase. 373 00:25:35,680 --> 00:25:38,680 Perdoa, non debín traerche un LP sen preguntar. 374 00:25:38,760 --> 00:25:39,760 Foi un día longo. 375 00:25:39,840 --> 00:25:43,120 Teño que pechar. A miña parella espérame na casa. 376 00:25:43,200 --> 00:25:46,640 - Tes parella. - E non lle gusta que chegue tarde. 377 00:25:46,720 --> 00:25:49,720 Decisións complicadas. Menta poexo ou macela? 378 00:25:50,960 --> 00:25:52,840 Non ía dicir isto en voz alta, 379 00:25:52,920 --> 00:25:55,840 pero ten pinta de que pasa algo estraño 380 00:25:55,920 --> 00:25:58,320 co teu antigo grupo. 381 00:25:59,520 --> 00:26:02,000 Sabes por quen me preguntaba Shax? 382 00:26:02,080 --> 00:26:04,120 Se cadra sei, si. 383 00:26:05,240 --> 00:26:06,640 Dimo logo. 384 00:26:08,000 --> 00:26:09,000 Jim? 385 00:26:10,080 --> 00:26:11,160 Jim? 386 00:26:12,160 --> 00:26:14,480 - Coñecemos a Jim? - Ola. 387 00:26:15,080 --> 00:26:15,960 Gabriel! 388 00:26:16,960 --> 00:26:19,200 Díxenche que teño pinta de Gabriel. 389 00:26:20,320 --> 00:26:22,200 - Que fai aquí? - Non o sei. 390 00:26:22,280 --> 00:26:24,200 - Que lle pasou? - Non o sei. 391 00:26:24,280 --> 00:26:26,960 - Pregúntalle! - Xa o fixen! El tampouco sabe. 392 00:26:27,640 --> 00:26:29,120 Pregúntalle ao xeito! 393 00:26:34,240 --> 00:26:37,000 Que estás 394 00:26:37,080 --> 00:26:41,760 a facer nesta libraría? 395 00:26:46,840 --> 00:26:49,480 Estou... 396 00:26:50,560 --> 00:26:51,560 limpando. 397 00:27:04,680 --> 00:27:06,280 Moi ben. 398 00:27:07,240 --> 00:27:10,400 Non pasa nada. Podemos levalo a algures e deixalo alí. 399 00:27:10,480 --> 00:27:11,440 Levalo a onde? 400 00:27:12,560 --> 00:27:13,880 A onde sexa. 401 00:27:14,440 --> 00:27:17,040 A parte importante do plan non é levalo a algures. 402 00:27:17,120 --> 00:27:19,120 É non traelo de volta. 403 00:27:19,880 --> 00:27:23,600 Metémolo no Bentley, levámolo a Dartmoor e deixámolo alí. 404 00:27:23,960 --> 00:27:25,080 Por que Dartmoor? 405 00:27:25,160 --> 00:27:29,040 Porque Dartmoor está bastante lonxe e non está aquí. 406 00:27:29,120 --> 00:27:30,920 Crowley, ten problemas. 407 00:27:31,000 --> 00:27:33,920 Logo debemos afastarnos del canto antes. 408 00:27:34,000 --> 00:27:36,960 Dixo que lle ía pasar unha cousa horrible. 409 00:27:37,040 --> 00:27:40,200 Razón de máis para que non estea preto nosa cando pase! 410 00:27:40,280 --> 00:27:41,120 É que... 411 00:27:41,800 --> 00:27:44,760 Anxo, é o arcanxo supremo de todo o ceo. 412 00:27:44,840 --> 00:27:46,400 O teu antigo xefe, 413 00:27:46,480 --> 00:27:49,680 que intentou botarte ao lume do inferno e destruírte. 414 00:27:49,760 --> 00:27:53,080 - Non é amigo noso. - Non creo que teña amigos. 415 00:27:53,160 --> 00:27:54,920 - Exacto. - Si, exacto. 416 00:27:56,120 --> 00:28:00,280 Que significa o teu "exacto"? Creo que son exactos distintos. 417 00:28:00,360 --> 00:28:02,880 Non ten amigos, logo precísanos. 418 00:28:03,440 --> 00:28:07,160 O que eu preciso é que estea ben lonxe de min 419 00:28:07,240 --> 00:28:10,360 e ter a preciada, pacífica e fráxil existencia 420 00:28:10,440 --> 00:28:12,360 que forxei aquí para min. 421 00:28:12,440 --> 00:28:15,520 - Pensei que foramos os dous. - Eu tamén! 422 00:28:16,600 --> 00:28:18,000 Moi ben. 423 00:28:18,080 --> 00:28:20,600 Se te negas a axudarme, 424 00:28:21,520 --> 00:28:23,520 es libre de marchar. 425 00:28:25,480 --> 00:28:26,600 De marchar? 426 00:28:27,880 --> 00:28:29,840 En serio? Quérelo facer así? 427 00:28:29,920 --> 00:28:32,200 Non, gustaríame que me axudases. 428 00:28:32,720 --> 00:28:35,800 Pídoche que me axudes a coidar del. 429 00:28:38,640 --> 00:28:40,560 Pero se non queres, non o fagas. 430 00:28:42,480 --> 00:28:43,680 Non o farei. 431 00:28:46,000 --> 00:28:47,960 Nisto estás ti só. 432 00:29:02,720 --> 00:29:04,840 Ti respira, é o que fan os humanos. 433 00:29:05,760 --> 00:29:08,600 Contan ata dez antes de facer parvada ningunha. 434 00:29:18,080 --> 00:29:21,920 Que raro. Ves ese tipo? Seis cafés sós. Bota fume. 435 00:29:22,000 --> 00:29:23,560 Ningunha lei o prohíbe. 436 00:29:23,640 --> 00:29:25,320 Pode fumar na rúa. 437 00:29:25,400 --> 00:29:27,440 En serio, mírao, bota fume. 438 00:29:31,040 --> 00:29:33,560 Non podo facelo. Estou moi anoxado! 439 00:29:33,640 --> 00:29:35,200 Dez! 440 00:29:39,840 --> 00:29:42,240 Creo que lle acaba de caer un raio! 441 00:29:42,320 --> 00:29:44,440 - Non pode ser. - Que pasa? 442 00:29:44,520 --> 00:29:47,600 Nunha apagada actívase o sistema de seguridade. 443 00:29:47,680 --> 00:29:49,920 A porta pechouse automaticamente. 444 00:29:50,000 --> 00:29:51,560 Estaremos aquí un cacho. 445 00:29:51,640 --> 00:29:55,040 Podemos chamar e que nos deixen saír. 446 00:29:55,560 --> 00:29:57,960 - Non me vai o móbil. - A min tampouco. 447 00:30:00,280 --> 00:30:04,240 Enténdesme mal, Uriel, e sen querer, non cabe dúbida. 448 00:30:04,320 --> 00:30:07,000 Creo que te entendo moi ben, Miguel. 449 00:30:07,480 --> 00:30:10,240 Dis que alguén ten que dar as ordes. 450 00:30:10,320 --> 00:30:13,520 - E esa vas ser ti. - Non é cuestión, dende logo, 451 00:30:13,600 --> 00:30:18,760 de substituír o arcanxo supremo. 452 00:30:19,720 --> 00:30:22,760 Eu son o arcanxo Miguel. 453 00:30:22,840 --> 00:30:24,760 Ti es o arcanxo Uriel. 454 00:30:24,840 --> 00:30:26,800 Non estamos ao mando. 455 00:30:26,880 --> 00:30:28,720 A partir deste momento, 456 00:30:28,800 --> 00:30:31,320 o ceo non ten un arcanxo supremo. 457 00:30:31,400 --> 00:30:34,800 Sempre hai un arcanxo supremo. 458 00:30:34,880 --> 00:30:38,280 - Si? E quen é? - O que digo 459 00:30:38,360 --> 00:30:40,840 é que durante a ausencia de Gabriel, 460 00:30:40,920 --> 00:30:43,960 hai que cumprir cos seus deberes. 461 00:30:44,040 --> 00:30:46,120 Alguén ten que dar as ordes. 462 00:30:51,160 --> 00:30:52,440 E vas ser ti? 463 00:30:52,520 --> 00:30:54,840 Todos nós. 464 00:30:55,880 --> 00:30:57,240 Guiados por min. 465 00:30:58,120 --> 00:31:00,320 Son a oficial de servizo. 466 00:31:04,560 --> 00:31:05,560 Beatitudes. 467 00:31:06,480 --> 00:31:07,640 - Si. - Si. 468 00:31:17,880 --> 00:31:19,480 Coido que debedes escoitar isto. 469 00:31:20,520 --> 00:31:21,760 Muriel. 470 00:31:23,960 --> 00:31:24,960 Ola. 471 00:31:25,040 --> 00:31:26,480 E ti es? 472 00:31:27,160 --> 00:31:29,080 Ninguén. A ver, 473 00:31:29,160 --> 00:31:32,440 tecnicamente, Muriel, escribán de orde 37, 474 00:31:32,520 --> 00:31:34,640 pero en realidade, ninguén. 475 00:31:35,160 --> 00:31:36,240 E ben? 476 00:31:45,280 --> 00:31:50,520 Atopei algo xunta o ascensor para baixar... 477 00:31:51,720 --> 00:31:52,680 No chan. 478 00:31:53,480 --> 00:31:55,120 Un obxecto material? 479 00:31:59,400 --> 00:32:00,560 No ceo? 480 00:32:00,640 --> 00:32:01,600 Iso é imposible. 481 00:32:02,600 --> 00:32:04,320 Si, xa o sei. 482 00:32:38,240 --> 00:32:39,280 O RESURRECTO 483 00:32:52,960 --> 00:32:54,760 É un obxecto da Terra. 484 00:32:55,640 --> 00:32:56,880 Iso xa o vexo. 485 00:32:57,440 --> 00:32:59,040 Creo que foi á Terra. 486 00:33:19,720 --> 00:33:20,560 En serio? 487 00:33:21,200 --> 00:33:22,280 Veña, ho! 488 00:33:22,360 --> 00:33:23,720 No meu coche! En serio? 489 00:33:23,800 --> 00:33:25,080 Ola, traidor. 490 00:33:25,600 --> 00:33:27,360 Lord Belcebú. 491 00:33:28,120 --> 00:33:31,000 Estaraste preguntando por que estamos aquí. 492 00:33:31,080 --> 00:33:32,520 Viñeches ti! 493 00:33:35,040 --> 00:33:36,160 Veña, ho! 494 00:33:42,320 --> 00:33:43,920 Pensei que xa... 495 00:33:44,720 --> 00:33:46,560 nos entendiamos máis ou menos. 496 00:33:47,040 --> 00:33:48,080 Pois non. 497 00:33:49,040 --> 00:33:50,320 Es un traidor. 498 00:33:50,400 --> 00:33:53,280 Póñolle prezo á túa cabeza cando queira. 499 00:33:53,360 --> 00:33:54,840 Que che pasou na cara? 500 00:33:55,480 --> 00:33:56,920 Esta cousa vella? 501 00:33:58,520 --> 00:33:59,760 Xa ten moito tempo. 502 00:34:01,160 --> 00:34:05,160 Que mágoa que o inferno non apreciase os teus talentos, Crowley. 503 00:34:06,240 --> 00:34:07,680 Si? Pois si. 504 00:34:07,760 --> 00:34:10,760 E se o inferno puidese esquecer o que fixeches? 505 00:34:10,840 --> 00:34:15,280 Podemos aceptarte, sen facer preguntas e cun ascenso importante. 506 00:34:15,360 --> 00:34:18,800 Non é algo propio de ti. 507 00:34:18,880 --> 00:34:20,040 Pode ser. 508 00:34:21,960 --> 00:34:24,560 O arcanxo Gabriel desapareceu. 509 00:34:25,360 --> 00:34:29,040 Sabemos que non está no ceo, pero non sabemos onde está. 510 00:34:29,960 --> 00:34:31,480 Vaia misterio. 511 00:34:31,560 --> 00:34:33,400 Alguén o debe estar agochando. 512 00:34:33,480 --> 00:34:34,440 Non creo. 513 00:34:34,520 --> 00:34:38,199 Se atopas a Gabriel e nolo entregas, pos o prezo que queiras. 514 00:34:38,320 --> 00:34:41,960 Teño toda a xente do inferno buscándoo, e ímolo atopar, 515 00:34:42,040 --> 00:34:44,760 pero ti, Crowley, coñeces a Terra coma ninguén. 516 00:34:46,880 --> 00:34:48,920 O universo é moi grande. 517 00:34:49,000 --> 00:34:52,000 Hai moitos sitios nos que un arcanxo podería pasalo xenial 518 00:34:52,080 --> 00:34:53,280 e que non o visen. 519 00:34:53,360 --> 00:34:55,960 Estea onde estea, atopa a Gabriel 520 00:34:56,040 --> 00:34:59,280 e dareiche o que desexe o corazón desagradable que tes. 521 00:34:59,360 --> 00:35:01,040 Poderías ser o duque do inferno. 522 00:35:02,040 --> 00:35:06,280 Segundo os rumores que escoitei, que obviamente non existen, 523 00:35:06,360 --> 00:35:10,160 os de arriba están moi preocupados pola desaparición de Gabriel. 524 00:35:10,200 --> 00:35:13,840 Seica calquera que estea involucrado 525 00:35:13,920 --> 00:35:15,440 vainas pagar. 526 00:35:16,920 --> 00:35:18,080 Como? 527 00:35:31,600 --> 00:35:35,000 Sancións extremas. 528 00:35:37,760 --> 00:35:39,200 Iso non existe. 529 00:35:39,320 --> 00:35:42,640 É algo co que bromeabamos para amedrentar os querubíns. 530 00:35:42,760 --> 00:35:45,600 Non, existe. Sancións extremas. 531 00:35:45,640 --> 00:35:48,200 Os involucrados na desaparición de Gabriel 532 00:35:48,320 --> 00:35:50,320 serán eliminados do Libro da vida. 533 00:35:50,400 --> 00:35:52,280 Non só desaparecerá, 534 00:35:52,360 --> 00:35:53,920 é coma se non existise. 535 00:35:55,320 --> 00:35:58,520 Para aprender unha lección, non? 536 00:35:59,360 --> 00:36:01,640 Se escoitas algo, acude a min. 537 00:36:01,760 --> 00:36:05,160 Non sei nada disto, pero informareite, dende logo. 538 00:36:07,280 --> 00:36:12,000 Non! Azirafel, que fixeches? 539 00:36:19,840 --> 00:36:21,680 Vén alguén. Colle os carteis. 540 00:36:23,160 --> 00:36:25,000 AXUDA, POR FAVOR! 541 00:36:28,160 --> 00:36:29,400 Veña, ho! 542 00:36:30,680 --> 00:36:32,880 Pode entrar calquera na miña tenda 543 00:36:32,960 --> 00:36:35,520 e coller os discos. Poden roubarme todo. 544 00:36:35,600 --> 00:36:37,520 Podería velos e non podería detelos. 545 00:36:37,600 --> 00:36:38,920 Se tivese esa tenda, 546 00:36:39,000 --> 00:36:43,040 preocuparíame máis que entrasen e deixasen máis discos. 547 00:36:44,320 --> 00:36:47,480 Queres unha copa? Teño unha botella. 548 00:36:47,560 --> 00:36:48,880 Para emerxencias, coma esta. 549 00:36:48,960 --> 00:36:50,120 Non bebo. 550 00:36:51,320 --> 00:36:52,320 Por que non? 551 00:36:52,760 --> 00:36:53,960 Nunca quixen. 552 00:36:54,600 --> 00:36:55,640 Non me gusta. 553 00:36:56,480 --> 00:36:57,680 Eu preciso beber. 554 00:37:02,000 --> 00:37:04,360 - Non te xulgo. - Ben. 555 00:37:06,920 --> 00:37:09,080 Xa me xulgaron abondo na vida. 556 00:37:09,280 --> 00:37:10,640 Cando reviva o móbil, 557 00:37:10,760 --> 00:37:14,200 hei ter un cento de mensaxes de Lindsay preocupada. 558 00:37:14,640 --> 00:37:19,560 Debe estar ben ter alguén na casa que lle preocupa onde esteas. 559 00:37:20,120 --> 00:37:22,800 Si. A Lindsay gústalle que lle escriba 560 00:37:22,880 --> 00:37:25,520 cando vou chegar máis de dez minutos tarde. 561 00:37:26,920 --> 00:37:30,120 Ten graza, eu esperaba que puidésemos falar. 562 00:37:30,160 --> 00:37:32,480 E aquí estamos. 563 00:37:33,560 --> 00:37:34,680 Encerradas. 564 00:37:35,600 --> 00:37:36,760 Aquí estamos. 565 00:37:48,920 --> 00:37:51,160 Sae do medio! 566 00:37:51,200 --> 00:37:54,440 Só hai sitio para un no carril, e non é para ti. 567 00:37:55,000 --> 00:37:57,440 Non. Nin o penses. 568 00:37:59,080 --> 00:38:00,200 Mellor. 569 00:38:00,760 --> 00:38:04,000 Por que vendes discos? Xa ninguén os compra. 570 00:38:04,640 --> 00:38:07,840 Esa tenda de discos abriuna miña bisavoa 571 00:38:07,920 --> 00:38:09,160 alá polos anos 20. 572 00:38:09,280 --> 00:38:12,520 Antes estaba nunha esquina da libraría do señor Fell. 573 00:38:12,600 --> 00:38:15,440 Por iso me deixa quedar. Polos vellos tempos. 574 00:38:15,520 --> 00:38:18,160 Porque o seu avó coñecía a túa bisavoa? 575 00:38:18,200 --> 00:38:19,400 Si. 576 00:38:26,960 --> 00:38:29,360 - Vén alguén por aí. Os carteis. - É el. 577 00:38:29,440 --> 00:38:32,840 Ao que lle caeu o raio. Seis cafés sós. 578 00:38:36,640 --> 00:38:37,920 En serio? 579 00:38:38,000 --> 00:38:39,160 Culpa miña. 580 00:38:43,160 --> 00:38:44,680 Que coincidencia. 581 00:38:44,800 --> 00:38:47,120 Marchou cando el foi... 582 00:38:49,040 --> 00:38:50,000 É Lindsay. 583 00:38:50,080 --> 00:38:51,160 TES MOITO QUE EXPLICAR. 584 00:38:52,000 --> 00:38:53,320 LEMBRA QUE FALAMOS DO RESPECTO MUTUO. 585 00:38:53,840 --> 00:38:54,960 ONDE CARALLO ANDAS? 586 00:39:13,200 --> 00:39:14,280 Volvín. 587 00:39:16,160 --> 00:39:18,880 Si, xa te vexo. 588 00:39:21,560 --> 00:39:23,760 Queres que diga que me equivoquei 589 00:39:23,840 --> 00:39:26,160 e me desculpe ou con iso xa vale? 590 00:39:27,560 --> 00:39:29,600 Gústame o da desculpa. 591 00:39:31,840 --> 00:39:33,120 Tiñas razón. 592 00:39:38,640 --> 00:39:39,760 Non abonda. 593 00:39:39,840 --> 00:39:41,960 Quero unha desculpa con xeito. 594 00:39:42,040 --> 00:39:43,640 - Non. - Co baile ese. 595 00:39:43,760 --> 00:39:47,920 - Non vou bailar. - Fixen o baile da equivocación en 1650, 596 00:39:48,000 --> 00:39:51,160 en 1793, en 1941... 597 00:39:51,200 --> 00:39:52,280 Vale! 598 00:40:03,160 --> 00:40:07,160 Tiñas razón, tiñas razón Estaba equivocado, tiñas razón 599 00:40:09,400 --> 00:40:10,640 Váleche? 600 00:40:11,160 --> 00:40:12,160 Moi ben. 601 00:40:13,160 --> 00:40:15,680 Temos que mantelo aquí e agochalo. 602 00:40:16,200 --> 00:40:18,960 - De quen? - Do ceo, do inferno, da humanidade. 603 00:40:19,040 --> 00:40:20,120 Facémolo xuntos, 604 00:40:20,160 --> 00:40:23,360 e que ninguén saiba del ata que o solucionemos. 605 00:40:23,440 --> 00:40:27,640 - Xuntos? - Si, facemos un pequeno milagre 606 00:40:28,360 --> 00:40:30,320 para que ninguén o recoñeza. 607 00:40:30,400 --> 00:40:32,600 Sobre todo se o están buscando. 608 00:40:32,640 --> 00:40:36,080 O ceo decataríase de que fixen un milagre, mesmo pequeno. 609 00:40:36,160 --> 00:40:38,360 Non quero que o inferno se interese. 610 00:40:38,440 --> 00:40:41,000 Ola. De onde volviches? 611 00:40:41,080 --> 00:40:42,160 De fóra. 612 00:40:43,760 --> 00:40:45,080 De fóra... 613 00:40:47,040 --> 00:40:50,120 É grande? Podo ver como é fóra? 614 00:40:50,160 --> 00:40:54,160 Non, non. Tes que quedar aquí. 615 00:40:54,200 --> 00:40:57,360 Dentro da libraría. Aquí podemos coidar de ti. 616 00:40:57,440 --> 00:40:59,160 Ti queda aquí. 617 00:40:59,280 --> 00:41:02,040 Crowley, e se cada un de nós fai medio milagre? 618 00:41:02,120 --> 00:41:04,760 Eu podo agochalo da túa xente 619 00:41:04,840 --> 00:41:07,840 e ti da miña. Case non movería os diais. 620 00:41:08,560 --> 00:41:09,600 Si. 621 00:41:10,680 --> 00:41:12,840 Si, podería funcionar. Vale. 622 00:41:12,920 --> 00:41:14,160 Vale, ti... 623 00:41:14,280 --> 00:41:16,200 Jim. É o diminutivo de James. 624 00:41:16,320 --> 00:41:18,880 - Chámame como queiras. - Jim. 625 00:41:19,640 --> 00:41:20,880 Senta nesta cadeira. 626 00:41:22,640 --> 00:41:25,000 Ti a dereita e eu a esquerda. 627 00:41:27,400 --> 00:41:30,480 Este ten que ser o medio milagre máis diminuto, 628 00:41:30,560 --> 00:41:32,480 máis insubstancial 629 00:41:33,280 --> 00:41:35,640 e máis fraccionario que fixemos nunca. 630 00:41:35,680 --> 00:41:37,960 Non poden quedar restos de milagre. 631 00:41:38,040 --> 00:41:41,160 Non poden soar alarmas no ceo. 632 00:41:41,280 --> 00:41:43,360 Vale. Á de tres. 633 00:41:44,160 --> 00:41:47,080 Un, dous, tres. Agora. 634 00:41:54,360 --> 00:41:55,680 Cres que funcionou? 635 00:41:56,520 --> 00:41:58,320 Non o sei. Pode ser. 636 00:42:02,120 --> 00:42:03,400 Boas novas, Jim. 637 00:42:03,920 --> 00:42:05,480 Ninguén te vai ver. 638 00:42:05,560 --> 00:42:07,160 Aquí estás seguro. 639 00:42:08,040 --> 00:42:08,880 De momento. 640 00:42:08,960 --> 00:42:11,480 Ata que descubramos o que está pasando. 641 00:42:11,560 --> 00:42:13,840 Creo que sei o que está pasando. 642 00:42:13,920 --> 00:42:15,120 Que? 643 00:42:16,640 --> 00:42:18,160 Non saio fóra 644 00:42:18,800 --> 00:42:19,840 e agora teño... 645 00:42:20,640 --> 00:42:21,640 dous amigos. 646 00:42:22,080 --> 00:42:23,600 Non son amigo teu. 647 00:42:29,440 --> 00:42:30,840 Creo que funcionou. 648 00:42:32,600 --> 00:42:36,160 Foi medio milagre subrepticio de clase A. 649 00:42:37,960 --> 00:42:40,000 Ninguén se decatará de nada. 650 00:42:51,520 --> 00:42:53,160 Perdoa, Miguel. 651 00:42:53,200 --> 00:42:55,440 Creo que isto é cousa túa. 652 00:42:55,520 --> 00:42:57,680 - Que pasa? - Es a oficial de servizo. 653 00:42:57,800 --> 00:43:00,640 - Xa sei que o son. - É da Terra. 654 00:43:01,080 --> 00:43:02,640 Será mellor que veñas. 655 00:43:05,400 --> 00:43:07,520 - Vistes a Gabriel? - Non. 656 00:43:07,960 --> 00:43:08,960 Pero mira isto. 657 00:43:10,160 --> 00:43:11,760 Para o ruído ese. 658 00:43:11,840 --> 00:43:13,920 Podedes apagar a alarma, por favor? 659 00:43:31,320 --> 00:43:32,760 Xa vexo. 660 00:43:33,800 --> 00:43:37,560 Igual non sabemos onde está, pero direiche o que sabemos. 661 00:43:37,640 --> 00:43:42,680 Hai un antigo anxo nisto que apesta a dono de libraría. 662 00:45:24,640 --> 00:45:26,640 Subtítulos: María Suárez Seijas 663 00:45:26,720 --> 00:45:28,720 Supervisora creativa: Estefanía Prol Lusquiños