1 00:00:07,040 --> 00:00:10,880 2500 A. C. 2 00:00:11,800 --> 00:00:14,160 Deberías saber por que vas morrer. 3 00:00:15,680 --> 00:00:17,360 Deus abandonoute. 4 00:00:19,200 --> 00:00:21,080 O Deus que afirma amarte, 5 00:00:22,280 --> 00:00:24,000 que esixe a túa loanza, 6 00:00:24,560 --> 00:00:26,800 entregoute á destrución. 7 00:00:28,240 --> 00:00:29,320 Mala sorte. 8 00:00:31,000 --> 00:00:32,040 Comezamos? 9 00:00:33,320 --> 00:00:36,280 TERRA DE UZ 10 00:00:42,240 --> 00:00:46,680 Non te movas, demo, marioneta desprezable de Satanás. 11 00:00:46,760 --> 00:00:50,360 En nome do Deus Omnipotente, retírate! 12 00:00:55,720 --> 00:00:57,720 Es ti. Santo Deus! 13 00:00:58,560 --> 00:01:01,600 Levo sen verte dende o diluvio? 14 00:01:02,440 --> 00:01:03,280 Si. 15 00:01:04,080 --> 00:01:05,960 Sinto isto. 16 00:01:06,000 --> 00:01:07,160 Non, tranquilo. 17 00:01:11,880 --> 00:01:13,120 Deus. 18 00:01:13,200 --> 00:01:14,560 - Onde ía? - Retírate. 19 00:01:14,640 --> 00:01:16,120 Si, certo. 20 00:01:16,200 --> 00:01:19,280 Retírate, demo infame. 21 00:01:19,360 --> 00:01:23,640 En nome do Omnipotente, ordénote que marches. 22 00:01:23,720 --> 00:01:24,720 Non. 23 00:01:25,800 --> 00:01:26,640 Non? 24 00:01:28,440 --> 00:01:30,560 Non, grazas. Teño autorización. 25 00:01:30,640 --> 00:01:32,240 Autorización? 26 00:01:32,320 --> 00:01:33,680 De quen? 27 00:01:33,759 --> 00:01:34,680 De Deus. 28 00:01:37,039 --> 00:01:38,720 Non me molestan os chistes. 29 00:01:38,800 --> 00:01:41,520 Non. Nada de chistes. 30 00:01:41,600 --> 00:01:43,560 Estas cabras non pertencen a Xob? 31 00:01:43,640 --> 00:01:44,960 Si, a Xob. 32 00:01:45,039 --> 00:01:46,680 Quen, debo dicir, 33 00:01:46,759 --> 00:01:50,240 é o favorito de Deus, así que... 34 00:01:58,320 --> 00:01:59,600 Resumo? 35 00:02:00,360 --> 00:02:03,400 Satanás mais os seus ministros diabólicos 36 00:02:03,480 --> 00:02:06,320 poden eliminar as pertenzas de Xob sen preguntar. 37 00:02:06,400 --> 00:02:08,360 - Bicos e apertas, Deus. - Non. 38 00:02:08,440 --> 00:02:10,120 Iso non pode ser! 39 00:02:11,400 --> 00:02:14,880 Xob é un home bo e honesto. 40 00:02:14,960 --> 00:02:17,320 É un absoluto encanto. 41 00:02:21,440 --> 00:02:23,880 E eu son un demo. 42 00:02:23,960 --> 00:02:25,440 Se cadra minto. 43 00:02:26,040 --> 00:02:27,600 Ímolo descubrir. 44 00:02:38,440 --> 00:02:40,400 A min paréceme correcto! 45 00:02:44,840 --> 00:02:49,680 "Queda selado polas nosas marcas da man e da pata. Amén." 46 00:02:50,280 --> 00:02:52,360 Si. Está todo ben. 47 00:02:52,440 --> 00:02:53,880 Santo Deus. 48 00:02:54,800 --> 00:02:55,960 Que fixo? 49 00:02:56,560 --> 00:02:58,440 Xob? Nada. 50 00:02:58,520 --> 00:03:00,720 Xob é a mellor persoa do mundo. 51 00:03:00,800 --> 00:03:03,160 Por iso é perfecto para a aposta. 52 00:03:04,200 --> 00:03:05,800 - A aposta? - Si. 53 00:03:06,320 --> 00:03:09,320 Deus estaba falando do honesto que era Xob 54 00:03:09,400 --> 00:03:10,760 e canto lle quería. 55 00:03:10,840 --> 00:03:13,400 - E Satanás dixo... - Perdoa, Satanás? 56 00:03:13,480 --> 00:03:17,079 Que quizais iso foi porque Deus era moi bo con el. 57 00:03:17,160 --> 00:03:21,640 Para abreviar, Deus deixa que Satanás elimine todo o que ten Xob. 58 00:03:21,720 --> 00:03:22,920 E logo veremos. 59 00:03:24,320 --> 00:03:26,800 Só os bens mundanos? 60 00:03:26,880 --> 00:03:29,720 Exacto. Nada importante. 61 00:03:29,800 --> 00:03:33,200 Só a granxa, os camelos, as cabras, 62 00:03:33,280 --> 00:03:35,360 os bois, os fillos, 63 00:03:35,440 --> 00:03:36,800 - os gansos... - Os que? 64 00:03:37,360 --> 00:03:41,079 Os gansos? Xa sabes, patos grandes e anoxados. 65 00:03:41,160 --> 00:03:42,760 Os fillos? 66 00:03:47,720 --> 00:03:51,000 Xa entendo! Logo está todo ben. 67 00:03:51,079 --> 00:03:52,520 Pois claro. 68 00:03:52,600 --> 00:03:55,680 Confía sempre no plan de Deus, Azirafel. 69 00:03:55,760 --> 00:03:57,000 Por suposto. 70 00:03:57,079 --> 00:04:00,120 Cando Xob remate a proba, 71 00:04:00,200 --> 00:04:02,960 recuperará todo? 72 00:04:03,040 --> 00:04:04,560 Aínda mellor ca iso. 73 00:04:05,160 --> 00:04:08,840 Deus recompensarao co dobre do que tiña antes. 74 00:04:09,800 --> 00:04:12,080 - Loado sexa. - O dobre de bois, de cabras, 75 00:04:12,160 --> 00:04:14,480 - o dobre de fillos. - O dobre de fillos? 76 00:04:15,520 --> 00:04:16,560 Si, claro. 77 00:04:17,120 --> 00:04:19,959 Cantos ten agora? Tres? Pois terá seis. 78 00:04:20,000 --> 00:04:22,000 Probablemente sete. 79 00:04:22,079 --> 00:04:24,680 - A Deus gústalle o sete. - Certo. 80 00:04:24,760 --> 00:04:25,760 Vaites. 81 00:04:27,200 --> 00:04:28,640 O único é que... 82 00:04:29,360 --> 00:04:32,159 Sitis ten 58 anos. 83 00:04:33,760 --> 00:04:39,360 Non sei se estás ao tanto de como nacen os humanos. 84 00:04:39,440 --> 00:04:41,320 Estou, e bastante. 85 00:04:41,920 --> 00:04:45,680 Que conste que presenciei o primeiro nacemento dun humano. 86 00:04:45,760 --> 00:04:47,080 Si, é certo. 87 00:04:47,680 --> 00:04:50,080 Mais se cadra o nacemento de Eva 88 00:04:50,159 --> 00:04:53,080 non foi un nacemento típico... 89 00:04:53,800 --> 00:04:55,920 Secasí, só quería dicir... 90 00:04:56,040 --> 00:04:59,720 Estamos seguros de que Sitis quere dar a luz catro veces máis? 91 00:05:00,240 --> 00:05:01,680 Sete veces máis. 92 00:05:01,760 --> 00:05:03,640 Pero xa ten tres fillos. 93 00:05:03,720 --> 00:05:06,800 Si, pero eses van morrer. Ponte ao día. 94 00:05:07,880 --> 00:05:10,520 Non lles imos devolver os de antes? 95 00:05:10,600 --> 00:05:11,880 Claro que non. 96 00:05:12,440 --> 00:05:14,320 Pero ímoslles dar outros novos. 97 00:05:15,200 --> 00:05:17,360 Coido que lles gustan os de antes. 98 00:05:18,920 --> 00:05:22,080 - E se os matamos... - Azirafel... 99 00:05:23,000 --> 00:05:24,520 Nós somos os bos. 100 00:05:24,920 --> 00:05:26,800 Vale? Non matamos a ninguén. 101 00:05:26,880 --> 00:05:31,120 O único que facemos é non deter o Inferno. 102 00:05:32,600 --> 00:05:34,200 O que fagan é cousa súa. 103 00:05:36,760 --> 00:05:38,720 LONDRES 104 00:05:38,880 --> 00:05:41,400 ACTUALIDADE 105 00:05:50,280 --> 00:05:51,880 Que vén logo do "K"? 106 00:05:53,159 --> 00:05:55,240 - Asustáchesme. - Iso é bo? 107 00:05:55,320 --> 00:05:57,720 - É que non te vin vir. - Claro. 108 00:05:57,800 --> 00:06:00,840 Podes facer algo de ruído cando te movas. 109 00:06:01,560 --> 00:06:04,640 - Si. - Logo do "K" vai o "L". 110 00:06:04,720 --> 00:06:06,760 Pero que andas a facer? 111 00:06:06,840 --> 00:06:09,040 Ordenar os libros para telos á man. 112 00:06:09,120 --> 00:06:11,960 Pensei que se os poño en orde alfabética... 113 00:06:12,040 --> 00:06:14,720 Orde alfabética... por autor? 114 00:06:15,960 --> 00:06:16,920 Que é "autor"? 115 00:06:17,000 --> 00:06:22,360 Non, estaba ordenando os libros pola primeira letra da primeira frase. 116 00:06:22,920 --> 00:06:26,200 Pero ninguén vai... Boa idea. Grazas, Jim. Sigue. 117 00:06:26,280 --> 00:06:28,600 E agora farei algún ruído 118 00:06:28,680 --> 00:06:30,280 - cando me mova. - Ben. 119 00:06:35,040 --> 00:06:36,080 Iso non. 120 00:06:40,440 --> 00:06:41,760 Nin iso. 121 00:06:44,640 --> 00:06:48,600 Cada día máis preto 122 00:06:48,680 --> 00:06:52,200 Vai máis rápido que unha montaña rusa 123 00:06:53,360 --> 00:06:59,360 Un amor coma o teu virá seguro xunta min 124 00:07:00,040 --> 00:07:01,440 Que estás cantando? 125 00:07:02,760 --> 00:07:03,920 Estou cantando? 126 00:07:06,040 --> 00:07:08,440 Ei, ei, ei, ei 127 00:07:08,520 --> 00:07:09,640 Supoño que si. 128 00:07:10,760 --> 00:07:12,360 Se cadra inventeino. 129 00:07:13,440 --> 00:07:16,680 "Era o mellor dos tempos. Era o peor dos tempos." 130 00:07:16,760 --> 00:07:18,840 Iso vai na letra "E". 131 00:07:40,120 --> 00:07:41,200 Tes problemas. 132 00:07:41,280 --> 00:07:42,520 Obviamente. 133 00:07:43,040 --> 00:07:46,159 Antigo demo, odiado no ceo, detestado no inferno. 134 00:07:46,240 --> 00:07:49,840 - Como se amañará o noso heroe? - Estaste rindo de min? 135 00:07:49,920 --> 00:07:51,880 Saberíalo se así fose? 136 00:07:53,040 --> 00:07:54,159 Podo entrar? 137 00:07:55,600 --> 00:07:57,480 Gabriel desapareceu. 138 00:07:57,560 --> 00:07:59,080 Iso me dixeron. 139 00:07:59,880 --> 00:08:01,520 Falei con Belcebú 140 00:08:01,600 --> 00:08:04,720 e cremos que Azirafel ten algo que ver. 141 00:08:04,800 --> 00:08:06,560 Non creo. 142 00:08:07,120 --> 00:08:09,680 Onte houbo un milagre de poder descomunal. 143 00:08:09,760 --> 00:08:11,400 Unha clase de milagre 144 00:08:11,480 --> 00:08:15,080 que só puido levar a cabo o arcanxo máis poderoso. 145 00:08:17,640 --> 00:08:20,080 E foi moi preto da libraría do teu amigo. 146 00:08:20,160 --> 00:08:22,160 Non sabes que o causou? 147 00:08:22,240 --> 00:08:23,840 Como sabes que non fun eu? 148 00:08:25,160 --> 00:08:27,760 Axúdanos e estaremos agradecidos. 149 00:08:29,160 --> 00:08:30,040 Se non, 150 00:08:31,160 --> 00:08:33,200 desagradarás ao ceo 151 00:08:33,720 --> 00:08:35,760 e o inferno acabará eliminándote. 152 00:08:40,000 --> 00:08:42,880 Entendes que te estou ameazando? 153 00:10:07,240 --> 00:10:09,320 CAPÍTULO 2: A PISTA 154 00:10:19,520 --> 00:10:21,040 BOS PRESAXIOS 155 00:10:24,080 --> 00:10:24,880 Maggie. 156 00:10:25,960 --> 00:10:27,160 Ti sabes de música. 157 00:10:27,240 --> 00:10:30,400 Que me podes dicir dunha canción que di así? 158 00:10:30,480 --> 00:10:33,840 Cada día máis forte 159 00:10:35,840 --> 00:10:40,000 Un amor coma o teu virá seguro xunta min 160 00:10:42,080 --> 00:10:42,960 Choras? 161 00:10:43,040 --> 00:10:44,040 Non. 162 00:10:45,440 --> 00:10:47,040 De verdade cres que non? 163 00:10:47,120 --> 00:10:49,720 - Porque... - Sei que estou chorando. 164 00:10:49,760 --> 00:10:51,480 É un falar. 165 00:10:52,640 --> 00:10:53,720 Si, claro. 166 00:10:55,440 --> 00:11:00,320 E podo preguntar por que non choras? 167 00:11:00,400 --> 00:11:03,480 Dende logo non choro por ela. 168 00:11:06,000 --> 00:11:08,320 Non, claro que non. 169 00:11:08,400 --> 00:11:13,600 Claro, levoume meses armarme de valor para levarlle un LP, 170 00:11:13,680 --> 00:11:16,640 quedamos encerradas na cafetería onte á noite 171 00:11:16,720 --> 00:11:19,280 e teño que admitir que fixen ben o parvo 172 00:11:19,360 --> 00:11:22,680 e xa ten parella. Pero á parte diso, 173 00:11:23,520 --> 00:11:26,200 estou segura de que estou namorada. 174 00:11:27,320 --> 00:11:29,480 Mais ódiame, 175 00:11:30,600 --> 00:11:32,120 e que vou facer? 176 00:11:33,640 --> 00:11:35,560 Pódoche contestar logo? 177 00:11:35,640 --> 00:11:38,560 Creo que agora mesmo non me queda milagre ningún. 178 00:11:39,280 --> 00:11:41,000 Si, tranquilo. 179 00:11:41,560 --> 00:11:42,520 Está controlado. 180 00:11:42,600 --> 00:11:46,920 Tes razón. Non é cousa túa arranxar a miña vida amorosa frustrada. 181 00:11:47,000 --> 00:11:50,720 Esa canción chámase Everyday, é de Buddy Holly e Norman Petty. 182 00:11:50,800 --> 00:11:53,000 Estaba na cara B do disco de Peggy Sue, 183 00:11:53,080 --> 00:11:55,040 da discográfica Coral, de 1957. 184 00:11:56,280 --> 00:11:57,320 Que ben. 185 00:11:57,720 --> 00:11:58,720 Tes unha copia? 186 00:11:58,800 --> 00:12:00,120 Teño moitas. 187 00:12:01,160 --> 00:12:04,120 Hai un pub en Edinburgo. 188 00:12:04,200 --> 00:12:07,960 Envíolles discos para a gramola e envíanme copias de Everyday. 189 00:12:08,440 --> 00:12:12,040 Cada disco que reproducen convértese nesa canción. 190 00:12:12,120 --> 00:12:14,840 É de tolos, pero son escoceses, así que... 191 00:12:15,880 --> 00:12:16,720 Toma. 192 00:12:18,800 --> 00:12:21,200 O RESURRECTO GOAT GATE, 66 (EDIMBURGO) 193 00:12:22,840 --> 00:12:23,680 Non. 194 00:12:24,720 --> 00:12:26,240 - Isto non é bo. - Que? 195 00:12:26,320 --> 00:12:28,480 Están aquí. Non os sentes? 196 00:12:28,560 --> 00:12:29,400 Quen está? 197 00:12:30,640 --> 00:12:32,120 Está alí el só. 198 00:12:44,960 --> 00:12:45,960 Vaia. 199 00:12:46,080 --> 00:12:48,560 - É un pracer vervos. - Azirafel, 200 00:12:48,640 --> 00:12:50,280 sabes por que estamos aquí? 201 00:12:50,360 --> 00:12:51,880 - Buscamos... - Boas. 202 00:12:52,440 --> 00:12:56,240 Son Jim, diminutivo de James. Non preciso dicirllo a todo o mundo. 203 00:12:56,320 --> 00:12:58,000 Son axudante do libreiro. 204 00:12:58,840 --> 00:12:59,840 Gabriel. 205 00:13:00,320 --> 00:13:03,720 - Onde está Gabriel? - Gabriel? 206 00:13:03,800 --> 00:13:05,960 Ás veces a xente chámame Gabriel. 207 00:13:06,360 --> 00:13:08,200 Podemos falalo dentro? 208 00:13:08,280 --> 00:13:09,120 Si! 209 00:13:12,320 --> 00:13:13,400 Faltaría máis. 210 00:13:14,880 --> 00:13:16,760 Gustaríavos pasar? 211 00:13:21,680 --> 00:13:24,200 Que comece a venda de libros! 212 00:13:24,640 --> 00:13:27,120 Jim, deixa esta boa xente tranquila. 213 00:13:27,200 --> 00:13:29,040 Non queren libros. 214 00:13:29,120 --> 00:13:33,120 Porque non os leron. Os libros son xeniais. Vóuvolo ensinar. 215 00:13:34,240 --> 00:13:36,360 Crías que non iamos ver a pluma? 216 00:13:37,360 --> 00:13:39,800 A pluma? Que pluma? 217 00:13:39,880 --> 00:13:42,240 A pluma enorme de actividade milagreira? 218 00:13:42,320 --> 00:13:44,840 Onte á noite, nesta tenda. 219 00:13:44,920 --> 00:13:47,320 Case 25 lazaris. 220 00:13:48,400 --> 00:13:50,080 Non me digas que fuches ti. 221 00:13:50,920 --> 00:13:52,240 Supoño que... 222 00:13:53,600 --> 00:13:55,280 puiden facer un milagre. 223 00:13:56,080 --> 00:13:58,560 E para que foi ese milagre, Azirafel? 224 00:13:58,640 --> 00:14:01,360 Algo tan poderoso debeu ser importante. 225 00:14:01,440 --> 00:14:03,680 Mira que flexibles, fan un bo abano. 226 00:14:03,760 --> 00:14:04,720 Foi... 227 00:14:07,560 --> 00:14:09,320 Por amor! Si. 228 00:14:10,120 --> 00:14:11,560 Si, a ver... 229 00:14:12,520 --> 00:14:16,360 Maggie, a dona da tenda de discos, 230 00:14:17,040 --> 00:14:18,120 está namorada! 231 00:14:19,280 --> 00:14:21,560 É o que fan os humanos. 232 00:14:21,640 --> 00:14:24,160 De Nina, a de en fronte. 233 00:14:24,720 --> 00:14:28,200 E Nina non a quere, 234 00:14:28,280 --> 00:14:30,880 pero Maggie é a miña arrendataria. 235 00:14:30,960 --> 00:14:32,360 Así que... 236 00:14:32,920 --> 00:14:35,920 fixen un milagre enorme 237 00:14:36,480 --> 00:14:38,240 para que ela 238 00:14:38,720 --> 00:14:42,680 mais Nina namorasen. 239 00:14:43,760 --> 00:14:45,440 - E funcionou? - Si. 240 00:14:45,520 --> 00:14:47,880 Si, funcionou de marabilla. 241 00:14:47,960 --> 00:14:50,120 Están namoradas ata a medula. 242 00:14:50,560 --> 00:14:53,560 Logo o milagre non tivo nada que ver 243 00:14:53,640 --> 00:14:56,000 coa desaparición de Gabriel? 244 00:14:57,840 --> 00:14:58,720 Gabriel? 245 00:15:00,720 --> 00:15:02,440 Mencionastes 246 00:15:02,520 --> 00:15:04,000 que o estabades buscando. 247 00:15:04,080 --> 00:15:05,040 Ai, si? 248 00:15:05,880 --> 00:15:06,720 Si. 249 00:15:08,920 --> 00:15:11,320 Os máis grandes serven como matamoscas. 250 00:15:11,400 --> 00:15:13,640 Xa sei o que pensas. Tranquila. 251 00:15:13,720 --> 00:15:16,200 Porque o mellor é que nunca funciona. 252 00:15:20,800 --> 00:15:21,680 Eu non...? 253 00:15:23,800 --> 00:15:24,800 Non te coñezo? 254 00:15:25,600 --> 00:15:26,560 Si. 255 00:15:28,680 --> 00:15:29,520 Coñeces. 256 00:15:31,200 --> 00:15:33,040 Son o axudante do libreiro. 257 00:15:33,120 --> 00:15:35,520 Abrinche a porta. 258 00:15:36,960 --> 00:15:40,520 Enviarei a alguén mañá á mañá para que verifique o milagre. 259 00:15:41,400 --> 00:15:45,520 Vixiarémoste moi de preto, Azirafel. 260 00:15:46,480 --> 00:15:48,480 Iso é moi profesional. 261 00:15:50,760 --> 00:15:51,600 E eu que? 262 00:15:52,000 --> 00:15:54,520 A min non me tendes que vixiar? 263 00:15:57,760 --> 00:15:58,880 Parecen boas. 264 00:16:04,680 --> 00:16:08,200 Cada día máis preto 265 00:16:08,280 --> 00:16:11,840 Vai máis rápido que unha montaña rusa... 266 00:16:12,200 --> 00:16:13,600 CADA DÍA MÁIS PRETO 267 00:16:13,680 --> 00:16:18,680 Un amor coma o teu virá seguro xunta min 268 00:16:18,760 --> 00:16:21,880 Cada día máis rápido 269 00:16:22,640 --> 00:16:26,240 Todos din: "Vai e pregúntalle" 270 00:16:26,320 --> 00:16:27,440 Un amor coma o teu 271 00:16:28,320 --> 00:16:30,840 O ASNO SUCIO 272 00:16:35,400 --> 00:16:37,240 Imos ao pub. 273 00:16:37,320 --> 00:16:38,760 Nunca vas ao pub. 274 00:16:38,840 --> 00:16:41,760 - Agora estamos nel. - Que pasa coa cafetería? 275 00:16:41,840 --> 00:16:43,720 Esa é precisamente a cuestión. 276 00:16:43,800 --> 00:16:45,320 Quero un xerez, grande. 277 00:16:52,160 --> 00:16:54,040 Un talisker longo, por favor. 278 00:16:54,120 --> 00:16:55,960 E un xerez para a señorita. 279 00:16:56,520 --> 00:16:58,280 Señor Fell. 280 00:16:59,160 --> 00:17:00,200 Ola. 281 00:17:00,280 --> 00:17:03,160 Brown. Do Mundo das Alfombras de Brown. 282 00:17:03,240 --> 00:17:05,200 Coñecémonos hai anos na reunión 283 00:17:05,280 --> 00:17:07,960 da Asociación de Comerciantes de Whickber. 284 00:17:08,040 --> 00:17:09,599 - Certo. - Daquela dixeches 285 00:17:09,720 --> 00:17:13,240 que che encantaría ser o anfitrión dunha das nosas quedadas. 286 00:17:13,319 --> 00:17:14,319 Dixen? 287 00:17:14,440 --> 00:17:17,280 Cada vez que paso pola túa tenda, está pechada. 288 00:17:17,319 --> 00:17:20,000 Se fose supersticioso, tomaríao como algo persoal. 289 00:17:20,079 --> 00:17:20,920 - Xa. - Si. Ben, 290 00:17:21,000 --> 00:17:24,640 temos que falar da proposta do concello para a recollida do lixo 291 00:17:24,720 --> 00:17:26,560 e da iluminación de inverno. 292 00:17:26,680 --> 00:17:28,440 - Temo que... - Xerez para ti. 293 00:17:28,960 --> 00:17:29,960 Whisky para min. 294 00:17:30,040 --> 00:17:31,160 Ola. 295 00:17:31,240 --> 00:17:33,040 O señor Fell estábame contando 296 00:17:33,080 --> 00:17:36,520 que quere organizar a reunión da asociación de Whickber. 297 00:17:36,560 --> 00:17:39,200 - Sorpréndesme. - Enviareiche os detalles. 298 00:17:39,280 --> 00:17:41,440 O xoves á noite logo de pechar. 299 00:17:44,560 --> 00:17:45,520 Ves? 300 00:17:45,560 --> 00:17:47,680 Por iso non veño ao pub. 301 00:17:47,760 --> 00:17:48,920 Foi idea túa. 302 00:17:49,000 --> 00:17:51,720 Teño que falar contigo de algo moi importante. 303 00:17:51,800 --> 00:17:53,720 - Eu tamén. O milagre. - Exacto. 304 00:17:53,800 --> 00:17:56,080 - Non podemos falalo no café. - Por? 305 00:17:56,200 --> 00:17:58,080 É sobre a muller da cafetería. 306 00:17:58,160 --> 00:17:59,280 Chámase Nina. 307 00:17:59,320 --> 00:18:01,240 Maggie, a da tenda de discos, 308 00:18:02,200 --> 00:18:06,040 está namorada dela, e non sabe como cortexala. 309 00:18:06,080 --> 00:18:09,560 Temos un problema de verdade, e está na túa libraría. 310 00:18:09,960 --> 00:18:11,200 É o mesmo problema. 311 00:18:11,920 --> 00:18:15,240 O milagre de onte de Gabriel activou as alarmas no ceo. 312 00:18:15,320 --> 00:18:16,960 Sospeitan algo. 313 00:18:17,040 --> 00:18:20,880 E díxenlles que fixen que Nina e Maggie se namorasen. 314 00:18:20,960 --> 00:18:23,800 - Por que? - Foi o primeiro no que pensei. 315 00:18:23,920 --> 00:18:24,880 E créronte? 316 00:18:24,960 --> 00:18:27,200 - Van comprobalo. - Xenial. 317 00:18:27,280 --> 00:18:29,760 Fai un milagriño, move un pouco os dedos 318 00:18:29,800 --> 00:18:33,200 - e namóranse. Problema resolto. - Non funciona así. 319 00:18:33,280 --> 00:18:35,080 E que propós logo? 320 00:18:35,200 --> 00:18:37,400 Arranxalo. 321 00:18:38,200 --> 00:18:39,720 Facer que elas namoren 322 00:18:39,800 --> 00:18:41,800 e calmar as sospeitas do ceo. 323 00:18:44,080 --> 00:18:49,720 Daquela algo así: unha tempestade súbita obrígaas a estar xuntas baixo o toldo. 324 00:18:50,560 --> 00:18:54,920 Míranse aos ollos e danse conta de que están feitas a unha para a outra. 325 00:18:55,520 --> 00:18:56,720 Iso non vai pasar. 326 00:18:56,800 --> 00:18:58,960 Non. 327 00:18:59,680 --> 00:19:03,760 Se os humanos se mollan e se miran aos ollos... solucionado. 328 00:19:04,880 --> 00:19:06,800 Vino nun filme de Richard Curtis. 329 00:19:07,920 --> 00:19:10,040 Se vas invocar a ficción, 330 00:19:10,680 --> 00:19:12,640 sequera faino a xeito. 331 00:19:12,720 --> 00:19:14,040 A xeito? 332 00:19:14,560 --> 00:19:16,400 - Lembras a Jane Austen? - Si. 333 00:19:16,480 --> 00:19:18,640 Non me vou esquecer dela tan rápido. 334 00:19:18,720 --> 00:19:21,680 As mentes do roubo do dote de Clerkenwell en 1810. 335 00:19:21,760 --> 00:19:23,680 Contrabandista e mestre espía. 336 00:19:24,280 --> 00:19:25,480 Vaia obra de arte! 337 00:19:26,040 --> 00:19:28,400 Escribiu libros. Novelas. 338 00:19:29,000 --> 00:19:31,040 - Jane Austen? - Si. 339 00:19:34,040 --> 00:19:36,440 Non me soa de nada. Novelas? 340 00:19:36,520 --> 00:19:38,320 Si, eran boísimas. 341 00:19:38,680 --> 00:19:42,920 Quedo abraiado. Cres coñecer a alguén... 342 00:19:43,000 --> 00:19:45,080 - Ía a bailes. - Ben... 343 00:19:45,160 --> 00:19:46,680 Cotillóns. 344 00:19:47,160 --> 00:19:50,080 Nos que as persoas se reúnen, bailan 345 00:19:50,200 --> 00:19:52,720 e decátanse de que se interpretaran mal 346 00:19:52,800 --> 00:19:55,160 e de que están profundamente namoradas. 347 00:19:55,240 --> 00:19:56,760 Iso si que non vai pasar. 348 00:19:56,800 --> 00:19:58,640 Ao parecer funciona sempre. 349 00:19:58,720 --> 00:19:59,960 E outra cousa máis. 350 00:20:00,040 --> 00:20:01,560 Vouche ensinar o disco. 351 00:20:01,680 --> 00:20:03,480 Pode ser unha pista. 352 00:20:03,560 --> 00:20:05,680 Non te entendo. Creo unha tempestade? 353 00:20:05,760 --> 00:20:07,640 Veña, quero ensinarche a pista. 354 00:20:13,040 --> 00:20:15,240 Sexa o que for, non lle chames pista. 355 00:20:15,320 --> 00:20:18,040 - Pero éo. - Non o digas así. 356 00:20:18,080 --> 00:20:20,280 Hoxe Gabriel cantou unha canción. 357 00:20:20,320 --> 00:20:23,480 - Que? - Coñeces unha canción que di: 358 00:20:23,560 --> 00:20:25,800 "Cada día máis preto..."? 359 00:20:25,920 --> 00:20:27,680 - Non. - Iso cantaba el. 360 00:20:27,760 --> 00:20:28,760 Canción humana. 361 00:20:28,800 --> 00:20:30,680 E hai un misterio real 362 00:20:30,760 --> 00:20:34,560 relacionado coa canción, e esa é a pista. Si. 363 00:20:35,640 --> 00:20:36,920 Non digas nada. 364 00:20:45,320 --> 00:20:48,280 Jane Austen tamén escribiu libros. 365 00:20:49,400 --> 00:20:52,160 De verdade, humanos, nunca vos vou entender. 366 00:20:53,280 --> 00:20:55,880 Jim, dime, que sabes? 367 00:20:56,280 --> 00:20:57,280 Vale. 368 00:20:58,240 --> 00:20:59,240 Que sabes? 369 00:20:59,320 --> 00:21:02,000 Non, que é o primeiro que lembras? 370 00:21:03,440 --> 00:21:06,520 Lembro unha canción que cantei esta mañá. 371 00:21:06,920 --> 00:21:08,480 E onde a escoitaches? 372 00:21:08,560 --> 00:21:11,440 Escoiteina esta mañá, saíu da miña boca. 373 00:21:12,040 --> 00:21:15,760 E lembro tres boas persoas que estaban aquí hai nada. 374 00:21:15,800 --> 00:21:17,160 Si? 375 00:21:17,240 --> 00:21:19,400 Si, estaban na tenda hai nada. 376 00:21:20,320 --> 00:21:22,000 Pódelo facer mellor. 377 00:21:22,280 --> 00:21:23,760 Veña, pensa. 378 00:21:24,160 --> 00:21:25,400 Estrulla as neuronas! 379 00:21:25,480 --> 00:21:28,040 Que é o primeiro que lembras? 380 00:21:34,240 --> 00:21:36,960 Lembro o choutar dos luceiros do abrente 381 00:21:37,040 --> 00:21:39,560 e os aturuxos dos seres celestes. 382 00:21:40,480 --> 00:21:42,000 Si. 383 00:21:42,080 --> 00:21:43,400 Si, iso é. 384 00:21:43,480 --> 00:21:44,760 - Non. - Sigue. 385 00:21:44,800 --> 00:21:46,200 - Non podo. - Podes. 386 00:21:46,280 --> 00:21:47,640 Non podo! 387 00:21:48,200 --> 00:21:52,200 Non podo lembrarme diso. A miña cabeza xa non é tan grande. 388 00:21:52,280 --> 00:21:54,160 Si, xa vexo. 389 00:21:54,720 --> 00:21:55,880 Síntoo, Jim. 390 00:21:56,960 --> 00:21:58,560 Fixéchelo moi ben. 391 00:21:59,560 --> 00:22:00,720 Agora descansa. 392 00:22:12,560 --> 00:22:15,960 O teu xefe díxolle iso a Xob, 393 00:22:16,040 --> 00:22:17,080 lémbraste? 394 00:22:17,720 --> 00:22:19,200 Abofé. 395 00:22:29,080 --> 00:22:32,120 O LIBRO DE XOB A DESTRUCIÓN DA CORTE DE XOB 396 00:22:38,560 --> 00:22:39,760 Os meus fillos? 397 00:22:41,400 --> 00:22:44,280 Están por aquí? Necesítoos para unha cousa. 398 00:22:45,160 --> 00:22:47,000 Non sei ben. 399 00:22:47,080 --> 00:22:48,720 Sitis saberao. 400 00:22:49,680 --> 00:22:52,560 Síntoo, vés nun mal momento. 401 00:22:52,640 --> 00:22:55,040 Si, xa vexo. Que pasou? 402 00:22:55,800 --> 00:22:59,200 Deus abandonoume e entregoume aos demos. 403 00:23:00,120 --> 00:23:01,320 Estarás enfurecido. 404 00:23:01,400 --> 00:23:03,280 Son todo furia. 405 00:23:03,360 --> 00:23:04,480 Pois claro. 406 00:23:05,200 --> 00:23:07,120 Logo da túa devoción por Deus. 407 00:23:07,880 --> 00:23:09,000 Non con Deus. 408 00:23:09,600 --> 00:23:11,280 Furia conmigo mesmo. 409 00:23:11,360 --> 00:23:13,880 - Contigo? Que fixeches? - Non o sei. 410 00:23:14,720 --> 00:23:18,560 Imaxina o pecador que debín ser, que ben merezo isto 411 00:23:18,640 --> 00:23:20,160 e non sei por que. 412 00:23:20,240 --> 00:23:22,120 Que pasou? 413 00:23:22,960 --> 00:23:26,760 Sitis, querida, esta persoa está a buscar os nosos fillos. 414 00:23:28,160 --> 00:23:29,480 Por que? Quen es? 415 00:23:29,560 --> 00:23:32,400 Un vello amigo que vén ofrecer consolación. 416 00:23:32,480 --> 00:23:34,080 Que vello amigo? 417 00:23:34,600 --> 00:23:35,800 Dimo ti. 418 00:23:39,280 --> 00:23:40,720 Bildad o Xuhita. 419 00:23:41,960 --> 00:23:45,560 Claro. Ben, e onde andan os rapaces? 420 00:23:45,640 --> 00:23:47,160 Agora non, Bildad. 421 00:23:47,240 --> 00:23:51,120 Grazas por vires, pero estamos ocupados aguantando a ira de Deus. 422 00:23:51,200 --> 00:23:55,040 Xa, pensei que podía axudar que alguén vixiase os rapaces. 423 00:23:56,240 --> 00:23:58,560 Non. Deus non o faría. 424 00:23:59,640 --> 00:24:01,040 Estás segura? 425 00:24:01,600 --> 00:24:04,160 Non fixeron nada. Son inocentes. 426 00:24:04,240 --> 00:24:05,680 As cabras tamén o eran. 427 00:24:22,720 --> 00:24:24,000 Bonita choza. 428 00:24:24,680 --> 00:24:25,520 Que mágoa. 429 00:24:27,120 --> 00:24:28,360 Crowley, 430 00:24:28,440 --> 00:24:30,520 non tes que matar os fillos de Xob. 431 00:24:30,600 --> 00:24:32,880 A última vez, estabas bastante seguro 432 00:24:32,960 --> 00:24:35,360 de que non podía matar as cabras. 433 00:24:35,440 --> 00:24:36,960 Si, equivoqueime. 434 00:24:37,040 --> 00:24:38,720 - Tecnicamente podes. - Ben. 435 00:24:38,800 --> 00:24:40,520 Tecnicamente fareino logo. 436 00:24:40,600 --> 00:24:41,920 Non tes que facelo! 437 00:24:42,000 --> 00:24:45,160 Sen dúbida, o bo de ser un demo 438 00:24:45,240 --> 00:24:48,440 - é poder facer o que queiras. - Pareces celoso, anxo. 439 00:24:48,520 --> 00:24:49,600 Claro que non. 440 00:24:49,680 --> 00:24:51,840 Eu fago o que Deus queira. 441 00:24:51,920 --> 00:24:54,880 Como matar nenos inocentes para gañarlle a Satanás? 442 00:24:54,960 --> 00:24:57,360 Non creo 443 00:24:58,400 --> 00:25:00,600 que Deus queira isto. 444 00:25:00,680 --> 00:25:01,720 A ver... 445 00:25:02,800 --> 00:25:05,200 E tampouco creo que ti o queiras. 446 00:25:05,280 --> 00:25:07,320 Que sabes ti do que quero eu? 447 00:25:08,280 --> 00:25:10,320 - Coñézote. - Non me coñeces. 448 00:25:11,280 --> 00:25:13,240 Coñezo o anxo que eras. 449 00:25:13,320 --> 00:25:15,600 O anxo que coñecías non son eu. 450 00:25:16,760 --> 00:25:20,120 Logo dime que queres facer isto. 451 00:25:20,760 --> 00:25:23,200 Mírame aos ollos e dimo. 452 00:25:27,400 --> 00:25:28,680 Quero facelo. 453 00:25:30,360 --> 00:25:35,200 Anhelo matar os inocentes fillos do inocente Xob. 454 00:25:35,960 --> 00:25:39,680 Igual que matei as súas cabras inocentes. 455 00:25:47,640 --> 00:25:49,080 Que Deus te perdoe. 456 00:26:24,960 --> 00:26:25,880 Vaia... 457 00:26:29,760 --> 00:26:32,040 - Deixa de sorrir. - Non sorrío. 458 00:26:32,120 --> 00:26:35,520 - Non é que esteamos no mesmo bando. - Non. 459 00:26:37,680 --> 00:26:39,840 É temporal, non estamos no mesmo. 460 00:26:39,920 --> 00:26:41,160 Como ti digas. 461 00:26:43,560 --> 00:26:45,760 Non temades. 462 00:26:45,840 --> 00:26:50,040 Son un anxo do Noso Señor, Deus. 463 00:26:50,760 --> 00:26:53,040 Trouxeches o viño polo que pagou papá? 464 00:26:53,120 --> 00:26:54,200 Para a festa. 465 00:26:55,320 --> 00:26:58,480 Que? Non. Non teño viño, rapaza. 466 00:26:59,000 --> 00:27:00,600 - Traio... - Ennon. 467 00:27:00,680 --> 00:27:01,920 Que pasa? 468 00:27:02,360 --> 00:27:05,160 Os anxos están aquí, pero non son os de sempre. 469 00:27:05,240 --> 00:27:07,120 E non trouxeron o viño. 470 00:27:08,000 --> 00:27:09,280 Ben. 471 00:27:09,360 --> 00:27:12,200 Mellor que lisquedes e o traiades, si? 472 00:27:17,560 --> 00:27:19,160 Parece boa persoa. 473 00:27:21,040 --> 00:27:23,040 Traio un aviso! 474 00:27:23,120 --> 00:27:29,120 Satanás enviou un demo para matarvos... esta noite! 475 00:27:29,440 --> 00:27:31,400 Que dis? Non se atrevería. 476 00:27:32,960 --> 00:27:34,120 Perdoa, Satanás... 477 00:27:34,200 --> 00:27:36,280 - non se atrevería? - Non. 478 00:27:36,360 --> 00:27:38,400 Son Cesia, filla de Xob. 479 00:27:38,480 --> 00:27:40,440 Eu son Ennon, fillo de Xob. 480 00:27:40,520 --> 00:27:42,720 E eu son Jemima. Fixen estes tarros. 481 00:27:43,120 --> 00:27:45,960 Fixo, pero tamén é filla de Xob. 482 00:27:46,040 --> 00:27:48,160 Sabedes, non? O gran Xob. 483 00:27:48,800 --> 00:27:51,320 O humano favorito de Deus. 484 00:27:51,400 --> 00:27:52,840 Sei quen sodes. 485 00:27:52,920 --> 00:27:54,600 Es un anxo ben gracioso. 486 00:27:54,960 --> 00:27:56,600 E eu non? 487 00:27:57,800 --> 00:27:59,600 Es un demo? 488 00:28:00,640 --> 00:28:01,800 É boa. 489 00:28:02,640 --> 00:28:05,760 É, si. 490 00:28:05,840 --> 00:28:08,320 - Tecnicamente é un demo. - Deches no albo. 491 00:28:08,960 --> 00:28:13,640 Enviáronme aquí para matarvos! Preparados? 492 00:28:15,720 --> 00:28:17,840 Que? Dixeches que non. 493 00:28:17,920 --> 00:28:20,000 Son un demo. Mentín. 494 00:28:21,440 --> 00:28:22,440 Pódesnos salvar? 495 00:28:23,400 --> 00:28:24,240 Temo que non. 496 00:28:24,760 --> 00:28:26,720 Ten unha autorización. 497 00:28:27,600 --> 00:28:30,240 Mais non temades. 498 00:28:30,720 --> 00:28:32,120 Estades a salvo. 499 00:28:35,120 --> 00:28:36,520 Estás seguro, anxo? 500 00:28:37,320 --> 00:28:39,800 Si, moi seguro. 501 00:28:52,760 --> 00:28:55,040 Que pasou? Estamos no soto. 502 00:28:55,120 --> 00:28:58,080 Sabíao! O vento, supoño. 503 00:28:58,640 --> 00:29:00,560 Iso é o que planeou Satanás? 504 00:29:00,640 --> 00:29:02,160 Un vento forte 505 00:29:02,240 --> 00:29:04,640 da natureza para destruír a mansión 506 00:29:04,720 --> 00:29:06,560 e que caia sobre eles. 507 00:29:06,640 --> 00:29:08,160 Que intelixente es. 508 00:29:08,240 --> 00:29:12,080 En realidade, traernos a todos ao soto foi moi enxeñoso. 509 00:29:12,160 --> 00:29:14,480 Pode dicirme alguén...? 510 00:29:14,560 --> 00:29:15,840 - Que? - Non. 511 00:29:20,520 --> 00:29:22,480 - Que lle fixeches? - Isto. 512 00:29:31,080 --> 00:29:32,240 Eu podo ser azul? 513 00:29:34,520 --> 00:29:37,000 Tranquila, aínda non me anoxaches. 514 00:29:37,680 --> 00:29:38,680 Pero podo selo? 515 00:29:40,560 --> 00:29:41,600 Claro. 516 00:30:00,520 --> 00:30:02,280 Comezaron cedo. 517 00:30:05,360 --> 00:30:06,200 Ben... 518 00:30:07,600 --> 00:30:09,400 Hai que estar a gusto sequera. 519 00:30:13,080 --> 00:30:17,040 Vas beber viño dos humanos? 520 00:30:17,560 --> 00:30:19,400 É a fonte da embriaguez. 521 00:30:19,480 --> 00:30:20,760 A que si? 522 00:30:25,200 --> 00:30:27,280 Un viñedo moi prometedor. 523 00:30:29,320 --> 00:30:30,160 Que noxo. 524 00:30:31,360 --> 00:30:32,320 Moi ben. 525 00:30:32,880 --> 00:30:33,840 Non bebas. 526 00:30:34,760 --> 00:30:36,000 Proba a comida. 527 00:30:37,200 --> 00:30:38,640 Así non te embriagas. 528 00:30:41,920 --> 00:30:43,040 Veña. 529 00:30:43,880 --> 00:30:45,440 Unha costela de boi. 530 00:30:47,080 --> 00:30:50,640 Intentas tentarme? 531 00:30:50,720 --> 00:30:53,160 Para nada. Non se pode tentar aos anxos, non? 532 00:30:53,240 --> 00:30:55,200 - Non. - Pois logo toma. 533 00:30:55,280 --> 00:30:56,960 Podes probar a comida. 534 00:31:26,640 --> 00:31:27,640 Mimá. 535 00:31:35,680 --> 00:31:36,520 Bo proveito! 536 00:31:50,560 --> 00:31:53,840 Admíteo, estás un pouco no noso bando. 537 00:31:53,920 --> 00:31:56,960 Nin un pouquiño. 538 00:31:57,040 --> 00:31:58,840 Non estás no bando do inferno. 539 00:32:00,000 --> 00:32:03,160 Lévome tan ben como podo co inferno. 540 00:32:04,880 --> 00:32:06,520 E en que bando estás? 541 00:32:07,160 --> 00:32:08,160 No meu. 542 00:32:09,240 --> 00:32:10,240 Vaia por Deus. 543 00:32:11,200 --> 00:32:13,600 - Iso é un pouco... - Que? 544 00:32:14,600 --> 00:32:15,760 Solitario. 545 00:32:16,720 --> 00:32:18,800 Non, solitario non. 546 00:32:20,040 --> 00:32:21,360 Ti en que bando estás? 547 00:32:23,320 --> 00:32:24,800 No de Deus, claro. 548 00:32:25,920 --> 00:32:26,880 En serio? 549 00:32:27,680 --> 00:32:30,120 O que quere que lles pegue aos nenos? 550 00:32:32,800 --> 00:32:33,640 Si. 551 00:32:35,080 --> 00:32:37,280 - Pero... - Si. 552 00:32:38,240 --> 00:32:40,240 Así foi como comecei eu. 553 00:32:41,560 --> 00:32:43,320 Vémonos no inferno. 554 00:32:48,360 --> 00:32:49,200 AO DÍA SEGUINTE 555 00:32:49,280 --> 00:32:50,440 Xob, se tes algunha pregunta... 556 00:32:59,720 --> 00:33:01,040 Deus santo! 557 00:33:01,120 --> 00:33:04,320 - Un anxo que blasfema, non pareces ti. - Non, mira. 558 00:33:07,080 --> 00:33:08,080 Meu Deus! 559 00:33:09,080 --> 00:33:11,200 Xob, se tes algunha pregunta, 560 00:33:11,280 --> 00:33:13,360 eu teño preguntas para ti. 561 00:33:13,440 --> 00:33:15,560 Sabes como creei a Terra? 562 00:33:15,640 --> 00:33:18,880 Onde estabas cando sentei as bases da Terra, Xob? 563 00:33:18,960 --> 00:33:21,760 Estabas no choutar dos luceiros do abrente 564 00:33:21,840 --> 00:33:24,280 e os aturuxos dos seres celestes? 565 00:33:24,360 --> 00:33:25,920 - Deus está... - Iso creo. 566 00:33:26,000 --> 00:33:27,200 ...falando con el? 567 00:33:29,440 --> 00:33:32,120 - Supoño que non obterá respostas. - Non. 568 00:33:32,800 --> 00:33:34,920 Só poderá facer a pregunta. 569 00:33:35,000 --> 00:33:37,200 Sabes as ordenanzas dos ceos? 570 00:33:37,680 --> 00:33:40,280 Fixaches as constelacións no ceo? 571 00:33:40,880 --> 00:33:45,400 Podes enviar lóstregos para que che traian información? 572 00:33:45,480 --> 00:33:47,640 Décheslles ás aos pavos reais, Xob? 573 00:33:47,720 --> 00:33:49,640 Por que corren as avestruces? 574 00:33:54,800 --> 00:33:56,400 Que dixo Deus? 575 00:33:57,800 --> 00:34:00,520 Non estou seguro. 576 00:34:00,600 --> 00:34:02,200 Non entendín moito. 577 00:34:03,120 --> 00:34:04,680 Cousas ben marabillosas. 578 00:34:08,040 --> 00:34:10,000 Falou de avestruces. 579 00:34:10,480 --> 00:34:12,480 - Avestruces? - E baleas. 580 00:34:13,520 --> 00:34:15,880 Deus sente orgullo pola balea. 581 00:34:16,560 --> 00:34:20,880 Estívome contando o xeniais que son as baleas. 582 00:34:21,880 --> 00:34:23,360 Explicouche algo? 583 00:34:26,280 --> 00:34:28,440 Creo que o que quería dicir 584 00:34:29,520 --> 00:34:31,120 é que se queres respostas, 585 00:34:32,920 --> 00:34:35,040 volve cando poidas crear unha balea. 586 00:34:35,679 --> 00:34:37,600 E os rapaces? 587 00:34:37,639 --> 00:34:39,800 Mencionou os rapaces? 588 00:34:40,280 --> 00:34:41,440 Non. 589 00:34:41,520 --> 00:34:42,840 Non. 590 00:34:53,000 --> 00:34:56,159 Virtuoso Xob, pasaches a proba de Deus. 591 00:34:57,200 --> 00:34:59,400 Prepárate para a recompensa. Mira. 592 00:34:59,480 --> 00:35:01,800 Como perdiches 300 ovellas, 593 00:35:01,880 --> 00:35:04,680 o Señor concédeche 600. 594 00:35:08,960 --> 00:35:10,120 Perdoade. 595 00:35:13,520 --> 00:35:14,640 Que dis? 596 00:35:15,880 --> 00:35:16,880 Grazas? 597 00:35:16,960 --> 00:35:19,960 Non mo agradezas a min, agradécello a Deus. 598 00:35:20,040 --> 00:35:22,480 Queres que dea as grazas polas ovellas? 599 00:35:24,080 --> 00:35:25,080 Os nosos fillos. 600 00:35:25,160 --> 00:35:26,880 Que pasa cos nosos fillos? 601 00:35:26,960 --> 00:35:30,160 Si, agora ía con iso. 602 00:35:30,200 --> 00:35:35,160 Aínda que os vosos tres fillos están mortos, 603 00:35:35,200 --> 00:35:40,760 Deus permítevos concibir sete fillos máis. 604 00:35:43,000 --> 00:35:45,960 - Os nosos fillos morreron? - Si. 605 00:35:46,640 --> 00:35:48,640 Pero quero os meus fillos. 606 00:35:48,760 --> 00:35:51,360 Non quero máis fillos. 607 00:35:52,400 --> 00:35:55,320 Se os meus fillos están mortos, maldirei a Deus. 608 00:35:59,520 --> 00:36:02,200 Iso nunca acaba ben. Lémbraste de min? 609 00:36:02,920 --> 00:36:04,040 Bildad o Xuhita. 610 00:36:04,920 --> 00:36:05,800 Quen é este? 611 00:36:06,800 --> 00:36:10,000 Di que é Bildad o Xuhita? 612 00:36:10,080 --> 00:36:13,360 Efectivamente, Bildad o Xuhita. 613 00:36:14,280 --> 00:36:15,160 Queredes xugos? 614 00:36:16,520 --> 00:36:18,800 "Xuhita" significa que provén 615 00:36:18,880 --> 00:36:21,400 - da terra de Xuh. - Si. 616 00:36:21,680 --> 00:36:24,640 Abofé. 617 00:36:24,680 --> 00:36:29,160 Onde, casualmente, fago uns xugos moi bos. 618 00:36:31,200 --> 00:36:33,200 Que? Non hai xugos en Xuh? 619 00:36:33,960 --> 00:36:39,000 Si. Sería de proveito que foses un experto 620 00:36:39,080 --> 00:36:41,120 no nacemento das persoas. 621 00:36:42,320 --> 00:36:45,200 Logo é o voso día de sorte! 622 00:36:45,320 --> 00:36:48,520 Os xugos e a obstetricia 623 00:36:48,600 --> 00:36:51,440 sempre foron as paixóns de Bildad o Xuhita. 624 00:36:51,520 --> 00:36:53,040 Cal é o problema? 625 00:36:53,120 --> 00:36:58,640 Sitis acaba de descubrir que vai ter moitos máis fillos. 626 00:37:00,000 --> 00:37:02,480 Comecemos logo. 627 00:37:02,560 --> 00:37:06,440 Non sexas tímida, Sitis. Son unha matrona xuhita profesional. 628 00:37:06,520 --> 00:37:09,760 E seguro que estes entes anxélicos xa o viron antes. 629 00:37:09,880 --> 00:37:13,160 Si. De feito, Gabriel 630 00:37:13,280 --> 00:37:17,960 presenciou un nacemento humano no xardín do Edén. 631 00:37:18,600 --> 00:37:20,040 De verdade? 632 00:37:20,120 --> 00:37:24,760 Teño que estar alerta ante a mirada dun experto. 633 00:37:29,640 --> 00:37:30,640 Deus! 634 00:37:30,760 --> 00:37:32,640 Fai o que digo. Confía en min. 635 00:37:34,760 --> 00:37:36,640 Agora, boa muller, 636 00:37:36,680 --> 00:37:39,480 xírate cara ao teu marido. 637 00:37:39,560 --> 00:37:41,560 Busca na súa roupaxe. 638 00:37:42,760 --> 00:37:43,760 Máis arriba. 639 00:37:44,520 --> 00:37:45,800 Máis arriba. 640 00:37:46,560 --> 00:37:48,320 Un pouco máis. Aí. 641 00:37:48,400 --> 00:37:51,880 E sácalle tres costelas. 642 00:37:51,960 --> 00:37:53,600 Si, costelas. 643 00:37:53,640 --> 00:37:55,080 É... Tranquilos. 644 00:37:55,160 --> 00:37:57,960 É parte do proceso, xa o teño visto. 645 00:38:04,400 --> 00:38:07,640 E para completar o proceso, unha aperta. 646 00:38:20,680 --> 00:38:22,160 Mamá! 647 00:38:26,760 --> 00:38:29,480 Pero non son bebés. 648 00:38:30,040 --> 00:38:31,160 Claro que non. 649 00:38:31,280 --> 00:38:33,120 - Eva era un bebé? - Era? 650 00:38:33,160 --> 00:38:35,400 Non. Poden nacer de calquera tamaño. 651 00:38:35,920 --> 00:38:37,640 Ennon, meu neno. 652 00:38:37,680 --> 00:38:39,440 - Ennon? - Non. 653 00:38:39,520 --> 00:38:41,320 Ennon non, Xob, está morto. 654 00:38:41,400 --> 00:38:44,040 É o teu novo fillo. 655 00:38:44,280 --> 00:38:46,280 - Pero é... - Un milagre. 656 00:38:47,320 --> 00:38:48,760 É un milagre 657 00:38:48,840 --> 00:38:51,640 que o noso novo fillo se pareza tanto ao vello. 658 00:38:51,760 --> 00:38:53,560 - Pero é... - Non, Xob. 659 00:38:53,640 --> 00:38:56,000 Mira, non é Ennon. 660 00:38:56,080 --> 00:38:58,320 É un rapaz distinto. 661 00:38:58,400 --> 00:39:02,160 Estes son todos nenos distintos. 662 00:39:02,880 --> 00:39:06,880 Non, tes razón, non é Ennon. 663 00:39:06,960 --> 00:39:08,000 Claro que é! 664 00:39:10,040 --> 00:39:12,520 Azirafel, estes son os novos fillos 665 00:39:13,080 --> 00:39:14,320 que Deus prometeu? 666 00:39:17,560 --> 00:39:19,080 Dende logo parecen ser. 667 00:39:19,160 --> 00:39:21,120 Dende logo deberían ser. 668 00:39:21,160 --> 00:39:24,040 Mais parecen os seus fillos de antes. 669 00:39:26,280 --> 00:39:28,160 Azirafel, quen son? 670 00:39:30,320 --> 00:39:31,440 Son... 671 00:39:36,960 --> 00:39:38,160 os seus novos fillos. 672 00:39:40,000 --> 00:39:43,120 Eu... Tes a miña palabra como anxo. 673 00:39:46,960 --> 00:39:48,680 Moi ben, logo. 674 00:39:49,640 --> 00:39:52,080 Por que non o dixeches? 675 00:39:53,800 --> 00:39:55,560 Parabéns. 676 00:40:04,200 --> 00:40:07,440 EPÍLOGO: XOB E A SÚA FAMILIA RESTABLECERON A PROSPERIDADE 677 00:40:09,440 --> 00:40:10,520 Crowley? 678 00:40:11,640 --> 00:40:13,160 Marchou 679 00:40:14,920 --> 00:40:16,400 mentres estabas pensando. 680 00:40:17,160 --> 00:40:18,000 Sabes? 681 00:40:18,760 --> 00:40:22,160 Antes eras moi malo. 682 00:40:23,120 --> 00:40:25,040 Malísimo. 683 00:40:27,600 --> 00:40:28,600 Agora son malo? 684 00:40:30,040 --> 00:40:31,160 Non o sei. 685 00:40:33,040 --> 00:40:34,080 Espero que non. 686 00:40:37,080 --> 00:40:38,080 Ben. 687 00:41:04,440 --> 00:41:06,080 Es o de onte. 688 00:41:06,520 --> 00:41:08,040 Caeuche un raio. 689 00:41:08,120 --> 00:41:09,560 Non foi tan malo. 690 00:41:09,640 --> 00:41:12,400 Señor "Seis cafés sós nunha cunca grande". 691 00:41:13,560 --> 00:41:17,400 Pregunta absurda: que che parece que chova de repente? 692 00:41:18,080 --> 00:41:20,520 Si, é unha pregunta absurda. 693 00:41:20,600 --> 00:41:23,960 Non, no caso dunha chuvieira torrencial, 694 00:41:24,040 --> 00:41:26,680 refuxiaríaste baixo un toldo? 695 00:41:27,400 --> 00:41:31,440 Vaia, é coma se penetrases na miña alma secreta. 696 00:41:31,520 --> 00:41:33,040 É un truco. 697 00:41:33,520 --> 00:41:34,520 Por exemplo. 698 00:41:37,200 --> 00:41:40,080 Maggie? Non, dende logo que non. 699 00:41:40,640 --> 00:41:43,480 Somos amigas. Nin iso, case non nos coñecemos. 700 00:41:43,560 --> 00:41:45,960 Quedamos pechadas cando marchou a luz. 701 00:41:46,040 --> 00:41:47,800 Á miña parella desagradoulle. 702 00:41:49,640 --> 00:41:52,160 Non foi unha noite agradable, iso é todo. 703 00:41:53,120 --> 00:41:54,280 Entendo. 704 00:42:00,880 --> 00:42:02,480 Lévote a algún lado? 705 00:42:02,560 --> 00:42:05,920 Non, grazas. Intentaba falarche disto. 706 00:42:06,480 --> 00:42:07,840 A miña pista. 707 00:42:07,920 --> 00:42:09,360 O Resurrecto. 708 00:42:09,440 --> 00:42:11,160 O pub ten unha gramola. 709 00:42:11,560 --> 00:42:15,840 Este disco atopárono na gramola. 710 00:42:16,320 --> 00:42:17,200 E que? 711 00:42:17,320 --> 00:42:20,400 Primeiro, non estaba na gramola. 712 00:42:20,480 --> 00:42:23,480 Tanto ten o que queira escoitar a xente do pub, 713 00:42:23,560 --> 00:42:27,920 antes ou despois tódolos discos se transforman neste. 714 00:42:28,000 --> 00:42:30,880 É o que se chamaría... un milagre. 715 00:42:32,360 --> 00:42:35,920 Pois pensei en ir por alí 716 00:42:36,560 --> 00:42:38,320 e investigar. 717 00:42:39,280 --> 00:42:41,200 Moi ben. A que hora che sae o tren? 718 00:42:41,320 --> 00:42:44,120 En realidade, pensei en levar o coche. 719 00:42:45,360 --> 00:42:47,880 - Que coche? - O noso coche. 720 00:42:48,800 --> 00:42:49,800 Non temos coche. 721 00:42:50,280 --> 00:42:51,560 Claro que si. 722 00:42:52,120 --> 00:42:53,880 Non é unha beleza? 723 00:42:54,360 --> 00:42:56,160 Este Bentley é o meu coche. 724 00:42:56,280 --> 00:43:01,320 Tecnicamente si, igual que a libraría tecnicamente é miña. 725 00:43:01,400 --> 00:43:05,160 Pero usámola moito os dous, verdade? 726 00:43:05,200 --> 00:43:06,640 Non podes conducilo. 727 00:43:06,680 --> 00:43:08,960 Si que podo, teño carné. 728 00:43:09,040 --> 00:43:11,640 Aprobei o exame hai 90 anos. 729 00:43:11,760 --> 00:43:14,280 Nin esixían exame, pero insistín. 730 00:43:14,360 --> 00:43:16,640 - Non. - Non te preocupes. 731 00:43:17,960 --> 00:43:20,640 - Terei moito coidado. - Non! 732 00:43:21,280 --> 00:43:24,160 E mentres non estou, podes coidar da libraría. 733 00:43:24,200 --> 00:43:25,080 E de Gabriel. 734 00:43:25,920 --> 00:43:27,000 Vale? 735 00:43:29,040 --> 00:43:31,480 "Era o día no que a miña avoa explotou." 736 00:43:38,400 --> 00:43:41,000 "É unha verdade mundialmente recoñecida: 737 00:43:41,080 --> 00:43:44,080 un home solteiro cunha boa fortuna 738 00:43:44,160 --> 00:43:45,760 precisa unha esposa." 739 00:43:47,320 --> 00:43:48,560 Sexa o que sexa iso. 740 00:44:00,240 --> 00:44:02,360 No comezo Era un día estupendo. 741 00:44:02,760 --> 00:44:04,120 "Era un día estupendo." 742 00:44:05,200 --> 00:44:06,400 Isto gústame máis. 743 00:44:33,440 --> 00:44:36,120 Si, pensei que te enviarían a ti. 744 00:44:39,640 --> 00:44:40,840 Ben... 745 00:44:44,240 --> 00:44:45,320 Xa podo ir. 746 00:44:45,880 --> 00:44:47,040 A onde? 747 00:44:47,120 --> 00:44:48,640 Ao inferno. 748 00:44:51,560 --> 00:44:53,600 Non te levo ao inferno, anxo. 749 00:44:55,880 --> 00:44:56,880 Por que non? 750 00:44:57,440 --> 00:44:58,880 Non che gustaría. 751 00:45:01,120 --> 00:45:02,200 Tes que levarme. 752 00:45:04,960 --> 00:45:06,360 Agora son coma ti. 753 00:45:07,560 --> 00:45:08,640 Un demo. 754 00:45:17,280 --> 00:45:18,440 Perdoa. 755 00:45:20,240 --> 00:45:21,800 Cres que es un demo. 756 00:45:23,800 --> 00:45:26,280 Co teu camiñar anxélico cheo de floreos. 757 00:45:26,360 --> 00:45:28,440 Son un anxo caído. 758 00:45:30,680 --> 00:45:32,000 Mentín 759 00:45:33,120 --> 00:45:35,160 para impedir a vontade de Deus. 760 00:45:36,040 --> 00:45:37,600 Si, xa, pero... 761 00:45:39,680 --> 00:45:41,280 Non o vou contar. 762 00:45:42,080 --> 00:45:43,000 E ti? 763 00:45:47,080 --> 00:45:49,400 Non ten que cambiar nada, verdade? 764 00:46:12,760 --> 00:46:14,200 Pero que son? 765 00:46:15,400 --> 00:46:16,840 Es un anxo 766 00:46:16,920 --> 00:46:20,560 que intenta apoiar o ceo no que pode. 767 00:46:25,280 --> 00:46:26,880 Iso é un pouco... 768 00:46:27,760 --> 00:46:29,000 Solitario? 769 00:46:31,480 --> 00:46:32,600 Xa. 770 00:46:34,320 --> 00:46:35,960 Dixeches que non o era. 771 00:46:37,360 --> 00:46:38,760 Son un demo. 772 00:46:39,800 --> 00:46:40,800 Mentín. 773 00:48:31,720 --> 00:48:33,720 Subtítulos: María Suárez Seijas 774 00:48:33,800 --> 00:48:35,800 Supervisora creativa: Estefanía Prol