1 00:00:17,360 --> 00:00:19,320 Veño requisar uns demos. 2 00:00:20,480 --> 00:00:23,560 - Xa. - Teño autorización de Belcebú. 3 00:00:23,640 --> 00:00:26,480 Podo iniciar unha invasión demoníaca en Londres. 4 00:00:26,960 --> 00:00:27,800 Demos? 5 00:00:27,880 --> 00:00:29,080 Quero os peores. 6 00:00:29,160 --> 00:00:31,840 Quero o peor do peor. Quero asasinos. 7 00:00:33,360 --> 00:00:35,840 Vale, e cantos? 8 00:00:37,120 --> 00:00:39,400 Dez mil demos. 9 00:00:43,160 --> 00:00:45,120 Perdoa, pensei que dixeras 10 000. 10 00:00:57,760 --> 00:01:00,000 XUNTANZA DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA RÚA WHICKBER 11 00:01:03,880 --> 00:01:07,280 - De verdade vas facer isto? - Abofé. 12 00:01:07,680 --> 00:01:09,440 Podo mirar? 13 00:01:19,880 --> 00:01:22,480 Que oportuno. 14 00:01:22,560 --> 00:01:24,880 Preciso que o leves contigo á noite. 15 00:01:26,200 --> 00:01:27,440 É moi importante. 16 00:01:27,520 --> 00:01:31,720 Preciso músicos na xuntanza mensual da Asociación de Comerciantes 17 00:01:31,800 --> 00:01:33,680 da rúa Whickber esta noite. 18 00:01:33,759 --> 00:01:36,560 Espero verte alí co teu clavecín. 19 00:01:37,560 --> 00:01:38,440 Non, grazas. 20 00:01:39,400 --> 00:01:40,800 Haberá bocadillos. 21 00:01:40,880 --> 00:01:42,800 Fun a unha reunión hai dez anos. 22 00:01:42,880 --> 00:01:45,440 Estiveron a leriar das luces de Nadal 23 00:01:45,520 --> 00:01:48,280 e censuraron o uso indebido dos apóstrofos 24 00:01:48,360 --> 00:01:50,680 nos carteis dos escaparates. 25 00:01:50,759 --> 00:01:53,320 De ningunha forma iría hoxe á noite. 26 00:01:53,400 --> 00:01:54,600 Xa vexo. 27 00:01:55,240 --> 00:01:56,240 Moi ben. 28 00:01:57,280 --> 00:01:59,920 Non me queda outra. 29 00:02:00,680 --> 00:02:03,240 Teño na parte de atrás da libraría 30 00:02:04,120 --> 00:02:07,760 un anuario de Doutor Who de 1965. 31 00:02:09,280 --> 00:02:13,040 Non hai ningún anuario de Doutor Who de 1965. 32 00:02:13,160 --> 00:02:16,440 O primeiro data de 1966, e foi publicado... 33 00:02:16,560 --> 00:02:18,160 En setembro de 1965. 34 00:02:18,280 --> 00:02:23,800 O anuario de 1965 non se imprimiu por problemas na BBC. 35 00:02:23,880 --> 00:02:28,360 A miña copia de proba é a única que se coñece. 36 00:02:30,040 --> 00:02:32,120 Déixasme vela? 37 00:02:32,160 --> 00:02:36,120 Se vas á xuntanza cun cuarteto de músicos, 38 00:02:36,160 --> 00:02:37,400 dareicho. 39 00:02:45,520 --> 00:02:47,920 - Que fixeches? - Non imos falalo. 40 00:02:48,000 --> 00:02:49,320 Deches un libro. 41 00:02:49,400 --> 00:02:50,640 Tiña que facelo. 42 00:02:52,800 --> 00:02:55,440 Maggie mais Nina dependen de min, 43 00:02:55,520 --> 00:02:57,440 pero aínda non o saben. 44 00:02:58,079 --> 00:03:01,000 Mil demos escuálidos? 45 00:03:05,640 --> 00:03:07,240 Estamos no inferno. 46 00:03:07,760 --> 00:03:09,600 Teño autorización de Belcebú. 47 00:03:09,680 --> 00:03:12,360 Como se tes autorización de Satanás, querida. 48 00:03:12,440 --> 00:03:14,280 Non hai, non os podo mandar. 49 00:03:14,360 --> 00:03:17,320 Podo crear un malestar maligno e insidioso. 50 00:03:17,400 --> 00:03:19,000 Por que ía querer un...? 51 00:03:20,160 --> 00:03:23,560 Cincocentos. Debe haber cincocentos soldados de infantaría. 52 00:03:23,640 --> 00:03:24,760 Para que? 53 00:03:25,800 --> 00:03:27,320 Atacar unha libraría. 54 00:03:27,760 --> 00:03:31,200 Non llo digas a ninguén, pero se cadra loitamos cos anxos. 55 00:03:33,680 --> 00:03:34,680 Podo darche cen. 56 00:03:35,040 --> 00:03:36,840 - Que...? - Acaba de baixar a 70. 57 00:03:36,920 --> 00:03:38,200 Cólloos. 58 00:03:55,680 --> 00:03:58,280 Boas. Que podo facer por vostedes? 59 00:03:58,360 --> 00:04:01,560 É pola xuntanza de comerciantes desta noite. 60 00:04:01,640 --> 00:04:06,000 Hoxe non podo ir baixo ningunha circunstancia. 61 00:04:06,080 --> 00:04:08,720 É o meu aniversario de voda 62 00:04:08,800 --> 00:04:11,520 e vou levar a miña amada esposa a cear. 63 00:04:15,520 --> 00:04:18,320 Teño unha primeira edición 64 00:04:18,360 --> 00:04:22,520 do Experto na mesa de xogo de S. W. Erdnase. 65 00:04:28,360 --> 00:04:30,080 Ten a primeira edición? 66 00:04:30,160 --> 00:04:32,520 Era a copia de Erdnase. 67 00:04:32,600 --> 00:04:35,240 Firmouno co seu nome real. 68 00:04:36,000 --> 00:04:37,480 E ten notas. 69 00:04:39,080 --> 00:04:42,200 - Canto vale? - Non está á venda. 70 00:04:43,640 --> 00:04:44,920 Porén, 71 00:04:45,720 --> 00:04:48,520 se vén á xuntanza esta noite, 72 00:04:49,200 --> 00:04:53,080 estaría disposto a prestarllo. 73 00:04:54,320 --> 00:04:56,920 Direille á esposa que me xurdiu algo. 74 00:04:57,040 --> 00:04:58,200 Tráiaa tamén. 75 00:04:58,240 --> 00:05:01,640 Prométolle que será unha noite estupenda. 76 00:05:10,800 --> 00:05:12,240 Boas, señora Cheng. 77 00:05:12,920 --> 00:05:14,800 Hai unha xuntanza esta noite. 78 00:05:14,920 --> 00:05:16,040 Dos comerciantes? 79 00:05:16,680 --> 00:05:18,240 Acudirei co señor Cheng. A que hora? 80 00:05:18,360 --> 00:05:19,760 Ás 18:30. 81 00:05:20,360 --> 00:05:21,880 Que teña un bo día! 82 00:05:32,680 --> 00:05:34,080 Saúdos. 83 00:05:37,280 --> 00:05:41,159 Escoitádeme, lexións do inferno. 84 00:05:41,800 --> 00:05:43,640 A nosa misión... 85 00:05:43,720 --> 00:05:44,920 Perdoa? 86 00:05:46,680 --> 00:05:47,520 Que foi? 87 00:05:51,159 --> 00:05:54,480 Unha lexión ten uns 6000 demos. 88 00:05:54,560 --> 00:05:55,960 Si, xa o sei. 89 00:06:01,480 --> 00:06:05,440 Hoxe á noite efectuamos o ataque. 90 00:06:06,600 --> 00:06:12,560 Cunha ousadía nunca antes vista, única no seu... 91 00:06:14,240 --> 00:06:15,520 Si, que? 92 00:06:15,600 --> 00:06:19,760 Tecnicamente, somos unha micronésima parte dunha lexión. 93 00:06:20,320 --> 00:06:23,960 Xa o sei, pero o que nos falta en número 94 00:06:24,040 --> 00:06:29,320 compensámolo con ferocidade e... 95 00:06:31,360 --> 00:06:33,040 - Terror? - Non. 96 00:06:34,880 --> 00:06:36,080 Xa me perdín. 97 00:06:38,560 --> 00:06:44,360 Ferocidade e "perigocidade". 98 00:06:44,440 --> 00:06:48,520 Nós somos demos e eles non son máis que humanos desgraciados. 99 00:06:48,600 --> 00:06:50,920 Logo non imos contra os anxos? 100 00:06:52,040 --> 00:06:54,040 Díxonos que iamos contra os anxos. 101 00:06:54,120 --> 00:06:55,240 Quen dixo iso? 102 00:06:55,320 --> 00:06:57,480 Furfur. É certo? 103 00:06:57,560 --> 00:06:59,600 Imos á Terra, 104 00:07:00,320 --> 00:07:01,640 a Londres, 105 00:07:02,400 --> 00:07:04,840 atacar unha libraría. 106 00:07:15,080 --> 00:07:16,880 Señor Fell, falo inglés. 107 00:07:16,960 --> 00:07:19,160 Levo 15 anos vivindo aquí. 108 00:07:23,280 --> 00:07:24,320 Ben... 109 00:07:40,480 --> 00:07:41,480 Un segundiño. 110 00:07:44,640 --> 00:07:46,840 Se é pola xuntaza dos comerciantes, 111 00:07:46,920 --> 00:07:50,960 podo ir, pero só ata as 19:00, que é cando temos máis traballo. 112 00:07:56,680 --> 00:07:58,920 Si, ás 18:30. Vémonos alí. 113 00:08:04,680 --> 00:08:08,080 Asegúrasnos que non vai haber anxos? 114 00:08:08,160 --> 00:08:11,480 Porque algúns anxos son uns infames ben perigosos. 115 00:08:11,880 --> 00:08:13,800 Pódennos destituír para sempre. 116 00:08:13,880 --> 00:08:16,920 O que che podo asegurar, 117 00:08:17,000 --> 00:08:18,640 meu rei, 118 00:08:18,720 --> 00:08:22,040 é que se me interrompes unha vez máis, 119 00:08:22,920 --> 00:08:25,000 arrepentiraste para sempre. 120 00:08:26,520 --> 00:08:27,520 Entendido? 121 00:08:32,000 --> 00:08:34,440 Falas tódalas linguas do mundo. 122 00:08:34,520 --> 00:08:35,679 - E eu tamén. - Si. 123 00:08:35,760 --> 00:08:37,360 E que pasa co francés? 124 00:08:37,440 --> 00:08:40,039 Aprendino polas malas. 125 00:08:40,120 --> 00:08:43,520 Fun ás clases nocturas do monsieur Rossignol en 1760. 126 00:08:49,080 --> 00:08:53,160 Non tes tía, ela non ten xardineiro e el non ten unha pluma. 127 00:08:53,240 --> 00:08:54,360 Mais entendíchesme. 128 00:08:54,880 --> 00:08:57,760 Porque levas 250 anos a leriar 129 00:08:57,840 --> 00:09:00,480 sobre a pluma de túa tía imaxinaria. 130 00:09:00,520 --> 00:09:01,480 Bravo. 131 00:09:01,520 --> 00:09:03,400 - Que? - Bo espectáculo. 132 00:09:05,480 --> 00:09:08,600 Xuntanza da asociación esta noite ás 18:30 na libraría, 133 00:09:08,640 --> 00:09:11,960 invitación totalmente normal sen intencións ocultas. 134 00:09:12,040 --> 00:09:16,160 Van falar das luces de Nadal? Porque teño algo que dicir. 135 00:09:17,040 --> 00:09:18,720 - Si. - Alí estarei. 136 00:09:24,000 --> 00:09:25,760 Nunca organizou unha xuntanza. 137 00:09:25,880 --> 00:09:27,880 - Por que agora? - É impredicible. 138 00:09:28,000 --> 00:09:29,960 Descubriu obrigacións cívicas. 139 00:09:31,720 --> 00:09:33,240 Levades tempo xuntos? 140 00:09:33,880 --> 00:09:35,520 - Quen? - Como parella. 141 00:09:35,600 --> 00:09:37,880 Non, non é a miña... Diso nada. 142 00:09:38,000 --> 00:09:40,760 Pois de verdade que o parece. 143 00:09:40,840 --> 00:09:43,000 - Fochicastes hai pouco. - Non. 144 00:09:43,080 --> 00:09:46,400 Tes marido? Mozo? Poslle os cornos ao libreiro? 145 00:09:46,480 --> 00:09:50,880 Ten moi bo corazón como para que lle poñan os cornos. 146 00:09:50,960 --> 00:09:54,440 - É só un anxo que coñezo. - Se ti o dis. 147 00:09:55,040 --> 00:09:57,320 Mais a vida amorosa doutras persoas 148 00:09:57,400 --> 00:10:00,000 sempre parece máis sinxela que a nosa. 149 00:10:13,000 --> 00:10:15,400 Marchamos ao anoitecer. 150 00:10:17,080 --> 00:10:23,080 Proporcionarémosvos máscaras aos que non vos poidades camuflar. 151 00:10:23,640 --> 00:10:26,160 Usaremos o gran transportador... 152 00:10:30,640 --> 00:10:32,520 Que? Que pasa? 153 00:10:34,400 --> 00:10:36,120 O gran transportador non funciona. 154 00:10:36,200 --> 00:10:39,000 Teremos que usar o pequeno, un de cada vez. 155 00:10:39,440 --> 00:10:40,600 Ou as escaleiras. 156 00:10:56,520 --> 00:10:58,080 Ides polas escaleiras. 157 00:12:14,440 --> 00:12:16,520 CAPÍTULO CINCO: O BAILE 158 00:12:26,600 --> 00:12:28,920 BOS PRESAXIOS 159 00:12:41,480 --> 00:12:42,800 Queres unha copa? 160 00:12:43,120 --> 00:12:44,400 Estou traballando. 161 00:12:44,480 --> 00:12:47,040 E teño unha xuntanza que preparar. 162 00:12:47,120 --> 00:12:48,840 Por que non agardas dentro? 163 00:12:49,560 --> 00:12:52,120 - Gústache agardar dentro. - Non creo. 164 00:12:52,760 --> 00:12:56,360 Tes un arcanxo con amnesia agochado na libraría. 165 00:12:56,440 --> 00:12:58,400 Onte preocupábame que espertase. 166 00:12:58,480 --> 00:13:01,560 E se lembra quen é? E se está finxindo? 167 00:13:01,640 --> 00:13:05,040 Podería aniquilarme. Se Gabriel te aniquila, quedas... 168 00:13:07,160 --> 00:13:10,640 - Aniquileito? Aniquilido? - Aniquilado, creo. 169 00:13:10,720 --> 00:13:12,240 Mira que es parvo. 170 00:13:12,320 --> 00:13:16,600 Non hai perigo ningún. Xa non é xa sabes quen. 171 00:13:16,680 --> 00:13:18,440 A ver, si que é, pero... 172 00:13:19,760 --> 00:13:22,360 Pensaches en falar con el? 173 00:13:25,120 --> 00:13:27,000 Vou falar con el. 174 00:13:32,440 --> 00:13:35,320 MENÚ DE HOXE 175 00:13:38,800 --> 00:13:42,720 A CHAVE ESTÁ NA TETEIRA. NON INTENTES CHAMARME. 176 00:13:42,800 --> 00:13:44,560 ESTAREI COA MIÑA IRMÁ. 177 00:13:44,640 --> 00:13:46,080 IMPÓRTALLE ALGUÉN MÁIS CA ELA MESMA 178 00:13:49,520 --> 00:13:50,920 Merda! 179 00:14:14,800 --> 00:14:16,000 Fágase a luz. 180 00:14:20,800 --> 00:14:23,600 Ola, Gabriel. 181 00:14:24,320 --> 00:14:25,480 Xenial. 182 00:14:26,440 --> 00:14:29,560 - Pero son... - Si, si. Non, non. 183 00:14:29,640 --> 00:14:32,120 Non, es Jim. 184 00:14:32,800 --> 00:14:34,800 Está todo ao teu gusto? 185 00:14:34,880 --> 00:14:37,080 Si, o señor Fell foi moi amable. 186 00:14:37,160 --> 00:14:40,040 Si, verdade? É sorprendente, 187 00:14:40,600 --> 00:14:43,000 porque a última vez que vos vistes 188 00:14:43,960 --> 00:14:45,960 intentaches destruílo. 189 00:14:49,240 --> 00:14:50,680 Non me lembro diso. 190 00:14:50,760 --> 00:14:52,080 Non, Jim? 191 00:14:54,080 --> 00:14:56,560 O señor Fell tampouco se lembra. 192 00:14:57,160 --> 00:14:59,120 El non estaba alí. 193 00:14:59,200 --> 00:15:00,720 - Non estaba? - É longo. 194 00:15:00,800 --> 00:15:04,680 Pero eu estaba alí. 195 00:15:05,840 --> 00:15:09,520 E lembro con total claridade 196 00:15:09,600 --> 00:15:13,080 a túa mirada, arcanxo Gabriel, 197 00:15:14,960 --> 00:15:16,720 ao dicirlle ao meu amigo 198 00:15:16,800 --> 00:15:20,280 que pechase a puta boca e morrese! 199 00:15:24,320 --> 00:15:29,240 E non me gustou nada. 200 00:15:29,720 --> 00:15:31,440 Non creo que fose eu, 201 00:15:32,520 --> 00:15:33,720 pero síntoo moito. 202 00:15:34,680 --> 00:15:36,760 Espero non causar moitos problemas. 203 00:15:36,840 --> 00:15:39,720 Máis malas novas para ti, pequeno Jimmy. 204 00:15:41,320 --> 00:15:44,920 Fas que arrisque toda a súa existencia por ti. 205 00:15:45,000 --> 00:15:48,240 Ai, meu Deus. Síntoo moito. 206 00:15:48,960 --> 00:15:51,000 - Podo facer algo? - Si. 207 00:15:51,640 --> 00:15:53,000 Xa sabes, 208 00:15:53,640 --> 00:15:54,840 saltar pola fiestra. 209 00:15:56,920 --> 00:15:57,920 Vale. 210 00:16:09,320 --> 00:16:10,320 Para! 211 00:16:14,080 --> 00:16:15,080 Baixa de aí. 212 00:16:17,960 --> 00:16:20,040 Se de verdade non es el, 213 00:16:20,120 --> 00:16:21,520 que es? 214 00:16:21,600 --> 00:16:24,520 Son... Síntome 215 00:16:25,560 --> 00:16:29,760 coma unha casa baleira. 216 00:16:29,840 --> 00:16:32,560 - Unha casa? - Unha casa na que viviu alguén 217 00:16:32,640 --> 00:16:35,800 durante moito tempo, pero agora marchou, 218 00:16:35,880 --> 00:16:39,440 mais a casa sabe onde estaban as cousas, 219 00:16:39,520 --> 00:16:41,720 coma cando recordaba como comezou todo. 220 00:16:42,280 --> 00:16:44,720 Cando chegaches, dixeches que viñeras 221 00:16:44,800 --> 00:16:48,520 porque planeaban facerche unha cousa horrible. 222 00:16:48,600 --> 00:16:52,040 Daquela lembrábaste, lémbrate agora. 223 00:16:52,840 --> 00:16:54,600 Dóeme recordar. 224 00:16:54,680 --> 00:16:56,680 A miña cabeza non vale para iso. 225 00:16:56,760 --> 00:16:59,240 Xa o sei. Faino igual! 226 00:17:02,680 --> 00:17:04,520 Non teño memoria. 227 00:17:04,560 --> 00:17:06,319 E onde está a túa memoria? 228 00:17:08,520 --> 00:17:09,960 Nunha caixa de mistos. 229 00:17:13,040 --> 00:17:15,520 Non, saqueina primeiro. 230 00:17:17,480 --> 00:17:19,760 - Sacaches a memoria dunha caixa? - Si. 231 00:17:19,800 --> 00:17:23,480 Saqueina, púxena na caixa, tróuxena aquí 232 00:17:23,560 --> 00:17:25,079 - e está... - Si? 233 00:17:25,200 --> 00:17:26,520 ...por tódalas partes. 234 00:17:26,760 --> 00:17:28,160 De que máis te lembras? 235 00:17:31,440 --> 00:17:34,080 Se volve pasar, parecerá un problema 236 00:17:34,200 --> 00:17:36,080 - institucional. - Que? 237 00:17:36,160 --> 00:17:37,960 Non o sei, só estou... 238 00:17:38,800 --> 00:17:39,680 Xa. 239 00:17:39,760 --> 00:17:42,200 Mirando onde non hai mobles. 240 00:17:51,320 --> 00:17:54,640 Queres un chocolate quente? 241 00:17:58,080 --> 00:18:00,560 O RESURRECTO MISTOS DE SEGURIDADE 242 00:18:03,560 --> 00:18:05,640 Que descubriches do milagre? 243 00:18:05,720 --> 00:18:07,720 Estou intentando verificalo, 244 00:18:07,800 --> 00:18:12,280 pero só se pode saber se alguén está namorado esperando uns días. 245 00:18:12,320 --> 00:18:14,880 Os humanos son raros, e funciona así. 246 00:18:14,960 --> 00:18:18,000 Xa o sei. Algunha pista sobre Gabriel? 247 00:18:18,080 --> 00:18:20,160 Claro. Ben, 248 00:18:20,240 --> 00:18:23,480 na libraría non está. Iso conta como pista? 249 00:18:23,560 --> 00:18:25,640 - Só está Azirafel. - O traidor. 250 00:18:25,720 --> 00:18:28,560 Si, parecía moi... 251 00:18:30,960 --> 00:18:31,800 traizoeiro. 252 00:18:32,400 --> 00:18:34,320 E o seu amigo rosmón, Crowley. 253 00:18:34,440 --> 00:18:37,560 - O demo. - Iso explica o de rosmón. 254 00:18:38,160 --> 00:18:41,800 E o seu... axudante? 255 00:18:42,320 --> 00:18:44,680 Pero creo que non o vin. 256 00:18:44,760 --> 00:18:46,320 O seu axudante? 257 00:18:47,800 --> 00:18:50,200 - El non ten axudante. - Non? 258 00:18:50,560 --> 00:18:53,240 Perdoe, non sei por que dixen iso. 259 00:18:53,320 --> 00:18:54,960 Ten? 260 00:18:55,040 --> 00:18:56,080 Non coñecemos... 261 00:18:56,160 --> 00:19:00,000 Algúen con algo de... 262 00:19:00,640 --> 00:19:02,200 - libros? - Non. 263 00:19:02,280 --> 00:19:05,000 Ese é Azirafel. Gústanlle os libros. 264 00:19:06,080 --> 00:19:08,480 Si, claro. 265 00:19:09,400 --> 00:19:11,880 - Si? - Non sei se axuda, 266 00:19:11,960 --> 00:19:14,880 pero nun momento, o señor Fell e o señor... 267 00:19:14,960 --> 00:19:16,640 É dicir, o traidor e o demo, 268 00:19:17,240 --> 00:19:19,720 tiveron unha reunión secreta. 269 00:19:21,560 --> 00:19:22,560 E? 270 00:19:23,800 --> 00:19:26,720 - Que? - Que dixeron? 271 00:19:27,520 --> 00:19:28,800 Non escoitei. 272 00:19:28,920 --> 00:19:30,400 Dixeron que era privado. 273 00:19:37,680 --> 00:19:39,000 Grazas. 274 00:19:41,720 --> 00:19:44,040 - Es moi amable. - Non mo agradezas. 275 00:19:44,080 --> 00:19:45,920 E non o son. 276 00:19:46,920 --> 00:19:48,800 Ninguén te crería. 277 00:20:05,320 --> 00:20:08,560 - A que andas? - Facendo sitio 278 00:20:08,640 --> 00:20:10,560 para o que ten que pasar. 279 00:20:10,680 --> 00:20:12,680 Tramas algo, podo cheiralo. 280 00:20:12,760 --> 00:20:14,680 - Que planeas? - Espera e verás. 281 00:20:15,280 --> 00:20:17,720 Espera e verás? Sabes o que amola iso? 282 00:20:17,800 --> 00:20:20,040 Si. Se vas quedar aquí e queixarte, 283 00:20:20,080 --> 00:20:22,040 podes ir mirar se Nina e Maggie 284 00:20:22,080 --> 00:20:24,160 están en camiño. 285 00:21:02,280 --> 00:21:04,960 Non sei por que me invitou, señor Fell. 286 00:21:05,040 --> 00:21:07,720 É comerciante de Whickber, señora Sándwich, 287 00:21:07,800 --> 00:21:10,640 - e un pilar da comunidade. - Serei logo. 288 00:21:10,720 --> 00:21:12,200 É a hora de máis trasfega 289 00:21:12,280 --> 00:21:14,640 e hai que atender os clientes. 290 00:21:14,720 --> 00:21:17,040 As señoritas xa saberán que facer. 291 00:21:17,080 --> 00:21:18,400 Se vostede o di. 292 00:21:18,480 --> 00:21:22,800 Nunca preguntei, pero que fan exactamente? 293 00:21:23,960 --> 00:21:26,160 Válense por si mesmas. 294 00:21:26,240 --> 00:21:27,800 Como dixo o goberno. 295 00:21:35,800 --> 00:21:40,000 Dixo que che dixese que a xuntanza da Asociación de Comerciantes é xa. 296 00:21:40,080 --> 00:21:43,080 - Nunca as perdo, agora vou. - Sen problema. 297 00:21:52,600 --> 00:21:55,440 E os asentos que deixei para a xuntanza? 298 00:21:55,520 --> 00:21:56,720 - Non valen. - Como? 299 00:21:56,800 --> 00:21:59,640 Teriámolos que mover ao comezar o baile. 300 00:21:59,720 --> 00:22:01,520 Deixámolos para logo. 301 00:22:01,600 --> 00:22:02,840 Baile? 302 00:22:11,200 --> 00:22:14,840 Un nome gracioso para un café. 303 00:22:14,920 --> 00:22:16,440 Estaba todo collido. Que foi? 304 00:22:16,520 --> 00:22:18,080 - Lembrar... - A xuntanza. 305 00:22:18,160 --> 00:22:19,720 - Non vou ir. - Tes que ir. 306 00:22:19,800 --> 00:22:21,160 Non teño, non. 307 00:22:21,240 --> 00:22:24,680 A miña parella, Lindsay, escribiume, 308 00:22:25,080 --> 00:22:27,240 e agora é a miña exparella. 309 00:22:27,320 --> 00:22:30,440 Paso de falar do demo de luces de Nadal, 310 00:22:30,520 --> 00:22:33,840 así que vou á casa, vou beber e chorar nun piso baleiro. 311 00:22:33,920 --> 00:22:35,280 - Non o fagas. - Por? 312 00:22:35,840 --> 00:22:38,200 Se cadra non é seguro, pasa algo. 313 00:22:39,360 --> 00:22:40,520 Algo vai mal. 314 00:22:40,600 --> 00:22:42,920 A maioría das cousas van mal. 315 00:22:43,000 --> 00:22:45,240 Pero agora vén en vagas. 316 00:22:45,320 --> 00:22:46,280 Como a resaca. 317 00:22:46,360 --> 00:22:48,440 - Marcho. - Aí estarás segura. 318 00:22:48,520 --> 00:22:50,640 El non deixará que che pase nada. 319 00:22:50,720 --> 00:22:52,680 Por unha vez fíate de alguén. 320 00:22:52,760 --> 00:22:55,160 - Es raro. - Faino! 321 00:23:08,560 --> 00:23:09,880 Vou tolear. 322 00:23:09,960 --> 00:23:13,160 É Nina, provedora de café para as nosas necesidades. 323 00:23:13,240 --> 00:23:14,880 Encantada. 324 00:23:14,960 --> 00:23:18,360 Bonsoir. É, como se diría, unha boa noite para bailar, non? 325 00:23:18,440 --> 00:23:19,720 Justine, que pasa? 326 00:23:19,800 --> 00:23:23,320 Vendedora de café, hoxe é a xuntanza 327 00:23:23,400 --> 00:23:26,560 da Asociación de Comerciantes da rúa Whickber. 328 00:23:26,640 --> 00:23:29,680 Gozamos todos da hospitalidade do señor Fell. 329 00:23:29,760 --> 00:23:34,200 Quere probar unha destas pequenas ceas? Son de balde. 330 00:23:38,840 --> 00:23:40,440 Nina! 331 00:23:41,040 --> 00:23:43,320 Alégrome de verte. 332 00:23:43,800 --> 00:23:45,760 O baile vai comezar. 333 00:23:45,840 --> 00:23:48,480 Estou anoxada. Por que non me sinto anoxada? 334 00:23:49,000 --> 00:23:51,080 Nada de cara de pan. 335 00:23:51,160 --> 00:23:54,600 Quero ver a mocidade gozar. 336 00:23:54,680 --> 00:23:55,960 Bailando? 337 00:23:56,040 --> 00:23:59,880 Non sería a xuntanza da Asociación de Comerciantes sen un baile. 338 00:23:59,960 --> 00:24:04,000 Non sei que pasa, o teu amigo dixo que estaba en perigo. 339 00:24:04,080 --> 00:24:06,880 Agora estou aquí e actúas... Vou perder a puta cabeza. 340 00:24:06,960 --> 00:24:08,880 Agora estás aquí, 341 00:24:08,960 --> 00:24:10,720 iso é o importante. 342 00:24:10,800 --> 00:24:13,680 Aquí estás segura. 343 00:24:14,800 --> 00:24:19,120 Excelente serán, señora Nina. Seguro que podemos gozar dun baile 344 00:24:19,200 --> 00:24:22,160 antes de que remate a xuntanza da Asociación. 345 00:24:22,800 --> 00:24:25,640 Eu só quería falar das luces de Nadal. 346 00:24:45,680 --> 00:24:46,760 Quen sodes? 347 00:24:47,320 --> 00:24:48,320 Quen vos enviou? 348 00:24:51,400 --> 00:24:52,800 Sodes demos. 349 00:24:52,880 --> 00:24:56,200 Demos novos do fondo do barril, os condenados. 350 00:24:56,760 --> 00:24:57,960 Que facedes aquí? 351 00:24:58,040 --> 00:24:59,760 Que facedes aquí todos? 352 00:24:59,840 --> 00:25:03,400 Non podedes aparecer e causar problemas. Hai regras. 353 00:25:03,480 --> 00:25:07,080 - Dános o anxo. - Queremos a Gabriel! 354 00:25:10,560 --> 00:25:13,440 Isto está fóra de lugar! 355 00:25:26,000 --> 00:25:28,040 A que se dedica? 356 00:25:29,080 --> 00:25:30,600 Son costureira. 357 00:25:30,680 --> 00:25:33,080 Un oficio ben digno. 358 00:25:33,840 --> 00:25:38,040 Non son costureira, son costureira. 359 00:25:39,960 --> 00:25:41,000 Arre demo! 360 00:25:42,120 --> 00:25:43,160 Unha costureira. 361 00:25:43,840 --> 00:25:46,040 É dicir, é costureira. 362 00:25:46,120 --> 00:25:48,320 Non son unha costureira ignorante. 363 00:25:48,400 --> 00:25:51,680 Son unha costureira abandonada por Deus. 364 00:25:53,760 --> 00:25:55,840 Non podo dicir "costureira". 365 00:25:55,920 --> 00:25:58,440 Se cadra pode describir a profesión. 366 00:25:58,520 --> 00:26:00,960 Iso mesmo, agradézollo. 367 00:26:01,040 --> 00:26:03,840 Cando un cabaleiro precisa 368 00:26:03,920 --> 00:26:06,440 atención e cariño dunha muller, 369 00:26:06,520 --> 00:26:09,480 vén ao meu establecemento 370 00:26:09,560 --> 00:26:14,120 e alí pode escoller entre as mulleres máis fermosas, 371 00:26:14,200 --> 00:26:19,600 todas dispostas a remendarlle a camisa ou zurcirlle os calcetíns. 372 00:26:19,680 --> 00:26:22,720 Ou incluso coser un botón. 373 00:26:23,800 --> 00:26:24,880 Pero iso é á parte. 374 00:26:25,000 --> 00:26:26,680 E non o fan todas. 375 00:26:30,440 --> 00:26:31,720 Unha costureira. 376 00:26:55,960 --> 00:26:58,160 - Que fas? - Díxencho. 377 00:26:58,240 --> 00:27:00,200 Jane Austen. Dou un baile. 378 00:27:00,280 --> 00:27:03,560 - Temos que falar, é importante. - Organizo unha xuntanza. 379 00:27:03,640 --> 00:27:07,640 Estarei contigo en menos do que canta un galo. Toma un volován. 380 00:27:29,040 --> 00:27:30,400 Isto é novo. 381 00:27:30,480 --> 00:27:32,480 Isto é totalmente disparatado. 382 00:27:32,560 --> 00:27:36,240 Por que falan coma se escapasen de Orgullo e prexuízo? 383 00:27:36,320 --> 00:27:38,600 É para meterse no ambiente. 384 00:27:38,680 --> 00:27:40,160 En que ambiente? 385 00:27:40,240 --> 00:27:43,680 Isto debía ser unha xuntanza da asociación. 386 00:27:43,760 --> 00:27:44,600 Xa. 387 00:27:45,240 --> 00:27:46,920 Se o ves así... 388 00:27:47,920 --> 00:27:49,080 Estamos bailando? 389 00:27:49,560 --> 00:27:50,560 Si. 390 00:27:50,640 --> 00:27:52,880 Aprendiches os pasos deste baile? 391 00:27:52,960 --> 00:27:54,840 É o que facemos, non? 392 00:27:54,920 --> 00:27:56,760 Non, non é. 393 00:27:59,960 --> 00:28:01,080 É unha loucura. 394 00:28:01,160 --> 00:28:02,480 É culpa súa. 395 00:28:03,240 --> 00:28:04,320 Fano eles. 396 00:28:36,600 --> 00:28:39,400 Son axudante do libreiro. Isto non son libros. 397 00:28:39,480 --> 00:28:42,240 Son cachiños de comida, pero non os vendo. 398 00:28:42,320 --> 00:28:43,600 Estounos regalando. 399 00:28:43,680 --> 00:28:46,600 Sen dúbida debemos degustalo. 400 00:28:50,040 --> 00:28:53,360 Cal é o seu infortunio? Desexamos descubrilo. 401 00:28:53,880 --> 00:28:56,200 Rara vez a nosa pequena vila 402 00:28:56,280 --> 00:28:59,360 ten a sorte de recibir a alguén tan amigable, 403 00:28:59,440 --> 00:29:02,840 tan xentil, e se mo permite, señor, 404 00:29:02,920 --> 00:29:06,040 tan ben feito en forma e figura. 405 00:29:07,280 --> 00:29:09,680 Isto? É xenial, a que si? 406 00:29:09,760 --> 00:29:12,000 Aínda estou investigando o que fai. 407 00:29:12,080 --> 00:29:15,280 - Onte descubrín algo novo na cama. - Iso é moi... 408 00:29:15,360 --> 00:29:17,000 Quere que llo ensine? 409 00:29:17,080 --> 00:29:19,080 - Vale. - Debo confesar 410 00:29:19,160 --> 00:29:20,800 que nos interesa moito. 411 00:29:20,880 --> 00:29:23,600 Miren, atentos. 412 00:29:39,120 --> 00:29:41,920 Facer choiva é unha cousa, pero un baile con... 413 00:29:42,000 --> 00:29:45,120 Pasa algo moi malo. 414 00:29:45,200 --> 00:29:48,600 Pódesmo contar mentres bailamos. 415 00:29:48,680 --> 00:29:49,760 Non bailamos. 416 00:30:01,160 --> 00:30:02,520 Abrindo portas. 417 00:30:03,080 --> 00:30:04,520 Terra. 418 00:30:19,640 --> 00:30:21,120 Que marabilla. 419 00:30:21,600 --> 00:30:23,520 Están nunha festa. 420 00:30:24,360 --> 00:30:26,200 - Que facemos? - Non che sei. 421 00:30:26,960 --> 00:30:28,360 Non tiven un bo día. 422 00:30:28,440 --> 00:30:30,920 A miña parella, Lindsay, deixoume. 423 00:30:31,880 --> 00:30:33,640 - Foi culpa miña? - Que? 424 00:30:34,160 --> 00:30:36,400 A verdade é que non. 425 00:30:37,080 --> 00:30:40,000 Esa noite era o que faltaba. 426 00:30:40,080 --> 00:30:42,040 Víase vir dende hai moito. 427 00:30:43,640 --> 00:30:46,000 Non creo que lle gustase moito a Lindsay. 428 00:30:47,440 --> 00:30:49,280 Xa sei que son complicada. 429 00:30:49,360 --> 00:30:50,400 Eu... 430 00:30:52,960 --> 00:30:54,200 É dicir... 431 00:30:54,880 --> 00:30:56,600 Non me asusta o complicado. 432 00:30:57,960 --> 00:30:59,800 O inferno enviou demos. 433 00:30:59,880 --> 00:31:02,600 Están aí fóra, queren a Gabriel. 434 00:31:02,680 --> 00:31:04,680 Aquí estamos a salvo. 435 00:31:04,760 --> 00:31:07,880 Esta libraría conta como embaixada. 436 00:31:07,960 --> 00:31:10,280 Coido que debes suspender esta farsa 437 00:31:10,360 --> 00:31:12,600 e temos que pensar en que facer. 438 00:31:12,680 --> 00:31:15,480 Non lles vou dar a Jim. 439 00:31:15,560 --> 00:31:17,840 Van ferir a xente, anxo. 440 00:31:17,920 --> 00:31:21,720 Creo que esaxeras os problemas que temos agora mesmo. 441 00:31:28,840 --> 00:31:29,680 Vaia. 442 00:31:32,160 --> 00:31:33,160 Meu Deus. 443 00:31:33,240 --> 00:31:34,920 - "Entréganos o anox"? - Si. 444 00:31:35,000 --> 00:31:38,920 A ortografía non é o seu punto forte. Queren dicir... 445 00:31:39,000 --> 00:31:40,640 Entréganos o anxo. 446 00:31:40,720 --> 00:31:44,520 Dádenos a Gabriel e ninguén sairá malferido. 447 00:31:44,600 --> 00:31:46,120 Nin falar. 448 00:31:46,200 --> 00:31:49,280 Recórdovos que esta librería é tecnicamente 449 00:31:49,360 --> 00:31:51,440 unha embaixada independente, 450 00:31:51,520 --> 00:31:54,480 foi un antigo posto fronteirizo do ceo, e por... 451 00:31:54,560 --> 00:31:56,440 Es un foraxido, Azirafel. 452 00:31:57,160 --> 00:31:58,600 Non tes protección. 453 00:31:59,440 --> 00:32:02,400 Teño unha lexión de demos da miña parte. 454 00:32:03,400 --> 00:32:05,920 Mais non pretendo facerche dano, 455 00:32:06,600 --> 00:32:08,800 só aos humanos que están aquí. 456 00:32:10,040 --> 00:32:13,080 Tes 60 segundos para entregarme o arcanxo Gabriel 457 00:32:13,160 --> 00:32:16,760 antes de que comecemos a matar xente. 458 00:32:21,360 --> 00:32:22,320 Perdoade. 459 00:32:27,160 --> 00:32:28,360 Cincuenta segundos. 460 00:32:28,440 --> 00:32:29,800 Que dis? 461 00:32:30,320 --> 00:32:32,440 Isto é todo por min, non? 462 00:32:32,520 --> 00:32:35,520 Esa xente quéreme a min, non? 463 00:32:40,000 --> 00:32:41,000 Viñeches onda min, 464 00:32:41,880 --> 00:32:43,480 dixen que te protexería 465 00:32:44,280 --> 00:32:45,640 e fareino. 466 00:32:45,720 --> 00:32:48,640 Non tes que facelo. Marcho. 467 00:32:59,080 --> 00:32:59,960 Aquí estou. 468 00:33:01,240 --> 00:33:02,480 A quen queredes. 469 00:33:03,640 --> 00:33:04,480 Iso creo. 470 00:33:05,240 --> 00:33:06,320 Son eu. 471 00:33:07,080 --> 00:33:10,360 Non sei que andas a facer, pero estás no meu camiño. 472 00:33:11,920 --> 00:33:15,440 Mandádeme agora o anxo ou pagarano todos os da libraría. 473 00:33:15,520 --> 00:33:16,920 Falo en serio! 474 00:33:17,640 --> 00:33:18,560 Ola. 475 00:33:19,080 --> 00:33:20,080 Escoita, 476 00:33:21,120 --> 00:33:25,880 aparentemente son o anxo Gabriel. 477 00:33:25,960 --> 00:33:29,640 Tamén son Jim, diminutivo de James, pero tamén Gabriel. 478 00:33:30,520 --> 00:33:33,480 Calas a boca? 479 00:33:34,680 --> 00:33:39,520 Entra agora mesmo aí dentro 480 00:33:39,600 --> 00:33:43,480 e dilles ao pendón de Azirafel 481 00:33:43,560 --> 00:33:46,840 e ao arquitraidor Crowley 482 00:33:46,920 --> 00:33:51,680 que ou me dan o anxo Gabriel agora ou mátoos a todos. 483 00:33:52,640 --> 00:33:57,440 M, a, t, i, o, s. 484 00:33:58,320 --> 00:34:00,120 Mátoos! Agora... 485 00:34:13,639 --> 00:34:14,760 Que pasou? 486 00:34:16,520 --> 00:34:21,040 Dixéronme que volvese e vos dixese que lles deades o anxo. 487 00:34:23,480 --> 00:34:24,639 Pois claro. 488 00:34:24,760 --> 00:34:27,480 Un milagre para que non o recoñezan. 489 00:34:27,560 --> 00:34:29,800 Agora ninguén o recoñece. Ben por nós. 490 00:34:29,880 --> 00:34:31,639 Perdoe, señor Fell. 491 00:34:31,679 --> 00:34:34,159 Quen é esta xente? Que está pasando? 492 00:34:34,280 --> 00:34:36,199 Vinte segundos, anxo. 493 00:34:36,320 --> 00:34:38,639 Antes de que comecemos a facer dano 494 00:34:38,679 --> 00:34:40,480 e a esnaquizalos. 495 00:34:40,560 --> 00:34:43,360 Non podes ferir os humanos directamente. 496 00:34:43,440 --> 00:34:45,520 - Xa o sabes, Shax. - Se cadra non, 497 00:34:45,600 --> 00:34:47,520 pero indirectamente si. 498 00:34:47,600 --> 00:34:50,440 Podemos ferilos mentres loitamos contra os anxos. 499 00:34:50,520 --> 00:34:52,159 Serían vítimas civís. 500 00:34:52,639 --> 00:34:54,600 Este ataque ten autorización 501 00:34:54,639 --> 00:34:57,360 e segue as regras de combate? 502 00:34:57,440 --> 00:35:01,040 Si ou non? Tes autorización oficial para iniciar este ataque? 503 00:35:04,000 --> 00:35:05,280 Non son estúpida. 504 00:35:06,320 --> 00:35:07,400 Teño permiso. 505 00:35:08,640 --> 00:35:11,520 Regras de combate, cláusula 112, subsección 3. 506 00:35:11,600 --> 00:35:15,400 "Os civís deben ter tempo para evacuar a zona." 507 00:35:15,480 --> 00:35:17,200 El pode poñer unha queixa 508 00:35:17,320 --> 00:35:19,880 ao Consello Escuro dos Ducados do Inferno, 509 00:35:19,960 --> 00:35:23,840 pero terás que agardar a que contesten. Pode levarlle semanas. 510 00:35:24,440 --> 00:35:26,800 Poderiades metervos en problemas. 511 00:35:33,400 --> 00:35:36,880 Sacade os humanos de aí logo. 512 00:35:37,560 --> 00:35:38,480 Claro. 513 00:35:39,920 --> 00:35:42,480 Acabo de inventar unha regra que non van comprobar. 514 00:35:42,560 --> 00:35:45,680 Vou sacar os humanos e logo volvo. Non te deixarei só. 515 00:35:45,800 --> 00:35:48,400 - Xa, teño unha suxestión... - Téñoo controlado. 516 00:35:48,480 --> 00:35:52,440 Vouvos sacar de aquí. Se facedes exactamente o que vos digo, 517 00:35:52,520 --> 00:35:55,160 - non vos farán dano. - Non sei que pasa, 518 00:35:55,280 --> 00:35:57,480 pero vou resolvelo. 519 00:35:57,560 --> 00:35:59,560 - Perdoade. - Igual se complica. 520 00:36:06,280 --> 00:36:07,480 Señora. 521 00:36:10,320 --> 00:36:13,560 Non sei por que pensa que pode interromper unha xuntanza 522 00:36:13,640 --> 00:36:15,680 da Asociación de Comerciantes da rúa. 523 00:36:15,840 --> 00:36:16,840 Baile. 524 00:36:17,760 --> 00:36:20,400 Non é unha xuntanza, estabades bailando. 525 00:36:22,400 --> 00:36:25,280 Non ten dereito a interferir. 526 00:36:26,280 --> 00:36:29,640 Vale, vou chamar os servizos de emerxencias. 527 00:36:31,680 --> 00:36:34,080 Crowley, cal é a liña fronteiriza? 528 00:36:34,160 --> 00:36:36,040 A porta, non podes pasar. 529 00:36:43,600 --> 00:36:45,000 Non podes facer iso! 530 00:36:45,080 --> 00:36:48,120 Fixémolo. Vítima civil. 531 00:36:48,160 --> 00:36:51,640 Sacade o resto agora mesmo ou sacámolos un por un. 532 00:36:52,760 --> 00:36:53,840 Vale. 533 00:36:56,480 --> 00:36:59,160 Non o entendo, que está pasando? 534 00:37:00,640 --> 00:37:02,160 É un pouco complicado, 535 00:37:02,280 --> 00:37:04,760 pero o mellor é que o esquezades todo 536 00:37:04,840 --> 00:37:07,200 e fagades o que vos diga Crowley. 537 00:37:07,320 --> 00:37:10,200 Intentas hipnotizarme? Iso é o que pasa? 538 00:37:10,320 --> 00:37:12,640 - Si. - Intento salvarvos. 539 00:37:12,760 --> 00:37:14,680 Vale, todos en fila de dous. 540 00:37:14,800 --> 00:37:17,960 Señora Sándwich, diante comigo. Nina, Maggie, atrás. 541 00:37:18,040 --> 00:37:19,760 - Veña. - Non vou deixar 542 00:37:19,840 --> 00:37:21,280 que os encare el só. 543 00:37:21,360 --> 00:37:24,280 Cando diga que andedes, andade. 544 00:37:24,360 --> 00:37:28,000 Evitade o contacto visual. Seguídeme. Nina, vés? 545 00:37:30,760 --> 00:37:31,640 Non. 546 00:37:31,680 --> 00:37:34,600 Quedas atrás para morrer? Ben por ti. 547 00:37:34,640 --> 00:37:37,080 A salvar vidas. Estás preparada? 548 00:37:37,160 --> 00:37:39,440 - Máis do que cres. - Iso supoñía. 549 00:37:39,520 --> 00:37:41,000 Vamos! 550 00:37:41,880 --> 00:37:44,200 - Feliz aniversario. - Feliz aniversario. 551 00:37:44,320 --> 00:37:45,520 Tróuxenche o correo. 552 00:37:46,400 --> 00:37:49,440 - Por que? - Acumúlase na porta. 553 00:37:50,120 --> 00:37:51,960 Gárdao, non é un bo momento. 554 00:37:54,280 --> 00:37:55,960 Baixa a cabeza. Non mires. 555 00:37:59,440 --> 00:38:01,560 - Levárono. - Está ben? 556 00:38:02,040 --> 00:38:05,360 Non creo. Imos poñernos a salvo fóra. 557 00:38:06,160 --> 00:38:07,640 Seguide camiñando. 558 00:38:16,120 --> 00:38:18,440 Vou dar por rematada 559 00:38:18,520 --> 00:38:21,880 esta xuntanza de Comerciantes da rúa Whickber. 560 00:38:21,960 --> 00:38:25,640 O mellor é que volvades ás vosas tendas canto antes 561 00:38:25,680 --> 00:38:28,520 e vos esquezades do máximo posible. 562 00:38:28,600 --> 00:38:29,920 Veña. 563 00:38:30,560 --> 00:38:31,640 Es un bo home. 564 00:38:32,080 --> 00:38:34,080 A verdade é que non, para nada. 565 00:38:34,160 --> 00:38:35,360 Pero grazas. 566 00:38:38,400 --> 00:38:40,760 - Por que non marchastes? - Que pasa? 567 00:38:40,840 --> 00:38:42,960 - Estás en perigo. - Non ten sentido. 568 00:38:43,040 --> 00:38:45,440 Tes problemas, non te deixaremos só. 569 00:38:45,520 --> 00:38:49,560 Non estamos en perigo. Crowley volverá agora, ten un plan. 570 00:38:49,640 --> 00:38:51,880 Deféndete ti, fai os teus plans. 571 00:38:51,960 --> 00:38:55,360 Xa o fago, pero rescatarme faino feliz. 572 00:39:06,800 --> 00:39:09,160 Quero informar dun delito. 573 00:39:10,880 --> 00:39:12,400 Creo que non son... 574 00:39:12,480 --> 00:39:15,800 - É axente de policía? - Si, claro. 575 00:39:15,880 --> 00:39:18,600 Logo pode deter xente se hai un delito. 576 00:39:18,640 --> 00:39:21,440 - Si, pero... - Logo detéñame. 577 00:39:21,520 --> 00:39:22,840 - Que? - Como dixen, 578 00:39:22,920 --> 00:39:24,840 póñame as esposas, vou caladiño. 579 00:39:27,080 --> 00:39:30,280 Isto é moi difícil, pero non son a inspectora axente, 580 00:39:30,360 --> 00:39:31,960 policía humana. 581 00:39:32,040 --> 00:39:34,920 Sei que es un anxo, por iso me entrego. 582 00:39:35,000 --> 00:39:37,640 Son un demo que sabe dun delito contra o ceo. 583 00:39:37,680 --> 00:39:40,160 Detenme, non temos tempo. 584 00:39:40,280 --> 00:39:41,440 - Pero como...? 585 00:39:41,520 --> 00:39:44,040 - Di: "Detéñote. O que digas..." 586 00:39:44,120 --> 00:39:46,400 - O que... - Bo traballo, detivéchesme. 587 00:39:46,480 --> 00:39:48,800 - Si? - Si, dixeches: "O que digas..." 588 00:39:48,880 --> 00:39:51,040 - Está ben, axente. - Irei calado. 589 00:39:51,120 --> 00:39:52,440 A onde? 590 00:39:53,440 --> 00:39:54,880 Ao ceo. 591 00:40:01,160 --> 00:40:02,120 Moi ben. 592 00:40:02,560 --> 00:40:03,920 Abrindo portas. 593 00:40:10,800 --> 00:40:13,120 Non intentas enganarme, verdade? 594 00:40:13,160 --> 00:40:16,040 Estasme detendo. Por que te ía enganar? 595 00:40:20,760 --> 00:40:21,840 Pecha as portas. 596 00:40:23,280 --> 00:40:24,880 Pechando portas. 597 00:40:28,920 --> 00:40:30,200 Ascendendo. 598 00:42:22,280 --> 00:42:24,280 Subtítulos: María Suárez Seijas 599 00:42:24,360 --> 00:42:26,360 Supervisora creativa: Estefanía Prol