1 00:00:15,791 --> 00:00:17,000 Xa non cachean? 2 00:00:19,750 --> 00:00:20,750 Non, señora. 3 00:00:21,875 --> 00:00:23,708 Deshumanízase todo, de verdade. 4 00:00:25,500 --> 00:00:28,708 Listo. Dez minutos. A porta entornada, non pechada. 5 00:00:28,708 --> 00:00:29,625 Vale. 6 00:00:32,666 --> 00:00:34,250 - Ola, Jon. - Ola, amatxu. 7 00:00:35,125 --> 00:00:36,000 Mira para ti! 8 00:00:37,000 --> 00:00:41,125 Non che gusta que cho digan, poste coma unha furia, 9 00:00:42,250 --> 00:00:44,791 fillo, pero nunca conduciches ben. 10 00:00:44,791 --> 00:00:46,291 Nunca o fixeches. 11 00:00:46,291 --> 00:00:48,833 Non te concentras. 12 00:00:48,833 --> 00:00:51,375 Poste a pensar nas túas cousas... 13 00:00:55,666 --> 00:00:58,166 Ai, filliño... 14 00:00:58,833 --> 00:01:02,458 Porque o gardas todo dentro. Esa e outra. 15 00:01:04,000 --> 00:01:06,083 "Que tes, Jon?" 16 00:01:06,083 --> 00:01:07,833 {\an8}FAILLE CASO A TÚA NAI 17 00:01:07,833 --> 00:01:10,583 E ti, no canto de dicires: "Pásame isto..." 18 00:01:10,583 --> 00:01:13,750 Xesús, que son túa nai. 19 00:01:14,375 --> 00:01:17,958 Que non me vou asustar por nada. Pero ti, calado. 20 00:01:18,500 --> 00:01:20,541 Todo para dentro. 21 00:01:22,916 --> 00:01:25,500 Non te asustes de nada do que che vai pasar. 22 00:01:28,250 --> 00:01:29,916 {\an8}Encantábame facer isto. 23 00:01:30,958 --> 00:01:32,125 {\an8}Estráñoo ben. 24 00:01:33,208 --> 00:01:34,791 Aseméllase a cociñar. 25 00:01:36,416 --> 00:01:39,333 Mira, se non chega a ser policía meu fillo, 26 00:01:39,333 --> 00:01:44,208 igual eu acababa coma ese señor tan simpático de Breaking Bad. 27 00:01:46,375 --> 00:01:47,333 Esquéceo. 28 00:01:49,666 --> 00:01:50,666 Mira. 29 00:01:51,625 --> 00:01:55,416 Con isto, o electro váiselle pór coma o dunha musaraña. 30 00:01:56,041 --> 00:01:58,041 Non van crer o que ven. 31 00:01:58,041 --> 00:02:02,166 - Non é moi perigoso? - Non. O meu Jon é coma o ferro. 32 00:02:02,166 --> 00:02:04,708 Hostia, que me vou con Cristo! 33 00:02:04,708 --> 00:02:08,041 - Está mal? - Taquicardia supraventricular paroxística 34 00:02:08,666 --> 00:02:11,875 Adenosina e ansiolíticos para mantelo estable. 35 00:02:11,875 --> 00:02:13,041 Monitorizádeo. 36 00:02:13,625 --> 00:02:15,583 Que bruta es, amatxu. 37 00:02:39,833 --> 00:02:42,500 RAÍÑA VERMELLA 38 00:02:43,583 --> 00:02:44,500 UN ESPELLO 39 00:02:44,500 --> 00:02:45,875 Cando sexa medianoite, 40 00:02:47,250 --> 00:02:51,000 xa non estarán vivos. 41 00:02:52,750 --> 00:02:56,208 Morrer non ten nada de especial. 42 00:02:57,041 --> 00:03:00,083 É tan sinxelo como respirar. 43 00:03:02,666 --> 00:03:04,583 Non son malo. 44 00:03:05,291 --> 00:03:08,416 Só son un emisario. 45 00:03:10,500 --> 00:03:12,375 Traio unha mensaxe. 46 00:03:14,208 --> 00:03:19,208 Podo atravesar o lume sen me queimar. 47 00:03:19,791 --> 00:03:23,166 Podo facer o mal sen me manchar. 48 00:03:26,166 --> 00:03:29,916 Podo facer as peores cousas... 49 00:03:36,625 --> 00:03:37,958 E porén... 50 00:03:37,958 --> 00:03:39,958 Odio ter o meu cuarto ocupado. 51 00:03:47,125 --> 00:03:49,250 Cómpre acabarmos con el decontado. 52 00:03:52,458 --> 00:03:54,375 Non tes nada mellor que facer? 53 00:03:56,833 --> 00:03:58,333 Vaite, déixame descansar. 54 00:04:22,500 --> 00:04:23,541 Daniel, 55 00:04:24,375 --> 00:04:28,125 quero que só o saibas ti: vou marchar antes da noite. 56 00:04:28,125 --> 00:04:29,750 Meu fillo necesítame. 57 00:04:29,750 --> 00:04:31,958 MOITA SORTE 58 00:04:39,375 --> 00:04:41,708 A túa necesítate tamén, de veras. 59 00:04:44,041 --> 00:04:46,250 Necesítate máis ca ti a ela. 60 00:04:56,416 --> 00:04:58,541 Non esquecerei a vosa axuda. 61 00:05:20,666 --> 00:05:23,083 Deica mañá. 62 00:05:28,250 --> 00:05:29,458 Son Antonia Scott. 63 00:05:30,416 --> 00:05:31,750 Seino todo. 64 00:05:38,083 --> 00:05:39,166 Hoxe non abrimos. 65 00:05:42,000 --> 00:05:43,291 Abra! Policía! 66 00:05:45,000 --> 00:05:46,000 Un minuto! 67 00:05:46,708 --> 00:05:48,958 Señorita, a onde vai? Abra! 68 00:05:48,958 --> 00:05:52,958 - Antonia, a poli! Pensa algo. - Que abra! Señorita! 69 00:05:53,541 --> 00:05:55,750 Boas. Que queredes? Unha tatu? 70 00:05:55,750 --> 00:05:58,250 "Police forever" ou algo así? Un can? 71 00:05:58,250 --> 00:05:59,875 - Que máis? - Abra a porta. 72 00:05:59,875 --> 00:06:01,833 Iso, se quero deixarte pasar. 73 00:06:02,500 --> 00:06:04,291 Temos unha orde de rexistro. 74 00:06:04,916 --> 00:06:06,125 E que? Iso que é? 75 00:06:09,000 --> 00:06:10,083 Que fas? 76 00:06:13,791 --> 00:06:16,500 - E a fechadura quen a paga? - Mirade ben todo. 77 00:06:16,500 --> 00:06:18,333 - Quen paga o fecho? - Cala. 78 00:06:18,333 --> 00:06:20,416 - Non asustes a meu pai. - Ven. 79 00:06:22,291 --> 00:06:26,500 Sabemos que hai un par de días unha tal Antonia Scott 80 00:06:27,833 --> 00:06:31,125 estivo por aquí acompañada do inspector Gutiérrez. 81 00:06:31,833 --> 00:06:32,875 Corpulento el. 82 00:06:34,375 --> 00:06:36,875 - Non sei, non os vin nunca. - Nunca? 83 00:06:38,791 --> 00:06:40,250 Ten plantas de marihuana. 84 00:06:40,250 --> 00:06:42,083 Impórtame tres carallos. 85 00:06:42,083 --> 00:06:43,166 Oe! 86 00:06:43,708 --> 00:06:45,166 Que non podes pasar! 87 00:06:48,833 --> 00:06:50,833 Non asustes a meu pai. Eh! 88 00:06:50,833 --> 00:06:52,041 Ven aquí. 89 00:06:52,041 --> 00:06:54,166 - A cortina. Que hai aquí? - Nada. 90 00:07:00,333 --> 00:07:01,916 Que miras con esa cara? 91 00:07:05,916 --> 00:07:07,416 Gústache o meu xustillo? 92 00:07:44,125 --> 00:07:45,291 Carla. 93 00:07:46,791 --> 00:07:47,875 Dime. 94 00:07:49,083 --> 00:07:52,291 Estás moi calada. Pásache algo? 95 00:07:52,291 --> 00:07:53,416 Non. 96 00:07:54,166 --> 00:07:56,958 Nada. Vai todo ben. 97 00:07:58,166 --> 00:08:01,083 Axiña nos van vir rescatar, xa verás. 98 00:08:02,208 --> 00:08:04,666 Seguro que meu avó nos saca de aquí. 99 00:08:05,916 --> 00:08:07,791 El nunca se rende. 100 00:08:09,458 --> 00:08:12,041 Sabías que estivo preso na guerra do Golfo 101 00:08:12,041 --> 00:08:13,916 e fuxiu escavando un túnel? 102 00:08:14,708 --> 00:08:16,625 Condecorárono e todo. 103 00:08:18,291 --> 00:08:20,666 Oxalá tivésemos tempo para iso. 104 00:08:32,791 --> 00:08:34,041 Jorge... 105 00:08:34,916 --> 00:08:36,416 Jorge, es un xenio. 106 00:08:37,750 --> 00:08:38,958 Por que? 107 00:08:39,875 --> 00:08:40,875 Logo dígocho. 108 00:08:41,750 --> 00:08:45,041 Ti descansa, vale? Vaiche facer falla. 109 00:10:13,708 --> 00:10:15,583 Nin as luras puiden comer. 110 00:10:16,458 --> 00:10:18,625 Estamos á espera dos resultados. 111 00:10:18,625 --> 00:10:20,875 Despois eliximos o tratamento. 112 00:10:21,541 --> 00:10:23,250 Daquela vai quedar aquí? 113 00:10:23,250 --> 00:10:25,416 - De momento, si. - Hostia. 114 00:10:26,000 --> 00:10:27,083 Canto tempo? 115 00:10:27,083 --> 00:10:29,708 Depende de como evolucione e como se vaia... 116 00:10:32,250 --> 00:10:33,416 A puta que o fixo. 117 00:10:38,583 --> 00:10:39,708 Véseche o cu! 118 00:11:02,000 --> 00:11:03,750 Que queres? Matarme, hostia? 119 00:11:03,750 --> 00:11:05,625 Fillo, non blasfemes! 120 00:11:05,625 --> 00:11:07,625 Non te queixes máis e sube. 121 00:11:07,625 --> 00:11:09,708 E cámbiate, que se che ve o cu. 122 00:11:10,541 --> 00:11:11,708 Veña, bule! 123 00:11:18,583 --> 00:11:21,583 - Trouxéchesme un traxe? - E a pistola da casa. 124 00:11:21,583 --> 00:11:23,666 Non puideches traer un chándal? 125 00:11:23,666 --> 00:11:27,083 Se non puxeches un chándal na vida, ho. 126 00:11:28,750 --> 00:11:30,333 Nai que me fixo. 127 00:11:57,458 --> 00:11:58,791 Listo para o plan B? 128 00:12:05,958 --> 00:12:07,833 Non me gusta esa expresión. 129 00:12:09,666 --> 00:12:11,583 Hoxe tes que me facer feliz. 130 00:12:14,208 --> 00:12:16,416 En tres horas vaste ocupar de Carla. 131 00:12:17,833 --> 00:12:19,416 Pero antes, acaba co neno. 132 00:12:20,708 --> 00:12:21,708 É necesario? 133 00:12:35,083 --> 00:12:37,750 Nunca tiveches sentido do humor, papá. 134 00:12:37,750 --> 00:12:39,750 Por Deus, é un neno. 135 00:12:41,500 --> 00:12:43,083 Prefires que o faga eu? 136 00:13:05,291 --> 00:13:07,000 Iso é todo o que me pide? 137 00:13:07,000 --> 00:13:10,041 Moitos matarían por posuíren o segredo que ten. 138 00:13:10,041 --> 00:13:11,625 É o único que preciso. 139 00:13:14,666 --> 00:13:15,875 Como o descubriu? 140 00:13:18,958 --> 00:13:21,291 O morto tiña unha fochiña no queixo. 141 00:13:21,291 --> 00:13:22,958 Vostede e o seu home non. 142 00:13:22,958 --> 00:13:24,500 - Vin a súa foto. - E? 143 00:13:24,500 --> 00:13:27,125 Ese xene debe achegalo un dos proxenitores. 144 00:13:27,125 --> 00:13:30,583 A posibilidade de herdalo dun familiar é de 1 entre 5000. 145 00:13:31,166 --> 00:13:33,333 Teresa sabe da decisión que tomou? 146 00:13:36,125 --> 00:13:37,583 Teresa non sabe nada. 147 00:13:40,250 --> 00:13:41,625 E non o debe saber. 148 00:13:43,208 --> 00:13:44,041 Nunca. 149 00:13:49,833 --> 00:13:50,916 Ten fillos? 150 00:13:51,750 --> 00:13:52,583 Un. 151 00:13:54,791 --> 00:13:56,041 En mans de Ezequiel. 152 00:13:57,666 --> 00:13:58,666 Síntoo. 153 00:13:59,791 --> 00:14:02,166 Non ten por que. Vouno salvar. 154 00:14:05,250 --> 00:14:06,416 Que lle pediu? 155 00:14:08,666 --> 00:14:11,291 Vostede non me dirá o que lle pediu, ou? 156 00:14:13,291 --> 00:14:15,041 Se cadra subestimeina. 157 00:14:18,208 --> 00:14:19,208 Si. 158 00:14:20,958 --> 00:14:22,625 Era o fillo de Teresa. 159 00:14:24,625 --> 00:14:26,083 Ían ao mesmo colexio. 160 00:14:27,541 --> 00:14:31,458 Tiñan a mesma idade e a mesma altura. 161 00:14:33,458 --> 00:14:35,208 Non era difícil confundilos. 162 00:14:36,041 --> 00:14:38,083 Álvaro escóndese na casa de Teresa? 163 00:14:41,916 --> 00:14:42,916 Si. 164 00:14:44,250 --> 00:14:45,708 Mentres Ezequiel viva. 165 00:14:46,625 --> 00:14:49,375 Non quero que volva para arranxar o seu erro. 166 00:14:50,458 --> 00:14:52,541 Por que pensa que foi un erro? 167 00:14:53,500 --> 00:14:55,375 Ocórreselle outra explicación? 168 00:14:58,000 --> 00:14:59,750 Vaime dar o que lle pedín? 169 00:15:16,083 --> 00:15:18,458 Direlle o mesmo que ao seu amigo. 170 00:15:19,375 --> 00:15:21,708 Rebéntelle a cabeza a ese monstro. 171 00:15:27,958 --> 00:15:29,958 - Está cargada? - Dezasete balas. 172 00:15:31,125 --> 00:15:33,500 - Sabe vostede usala? - Aprendo axiña. 173 00:16:00,541 --> 00:16:02,333 N.o OCULTO ENVIOULLE 2 ARQUIVOS 174 00:16:10,791 --> 00:16:14,500 Dá igual que sexa o móbil de túa nai. Apágao logo de oír isto. 175 00:16:16,250 --> 00:16:19,458 - Non toques o pelo, cona. - Falaremos no subsolo. 176 00:16:19,458 --> 00:16:21,666 Alí non nos darán rastrexado. 177 00:16:23,125 --> 00:16:25,166 Non se me dá ben pedir perdón 178 00:16:25,166 --> 00:16:28,083 nin pórme sentimental, entón a ver como o fago. 179 00:16:29,041 --> 00:16:30,583 Salváchesme dúas veces. 180 00:16:30,583 --> 00:16:33,916 Es un bo home, malia que os teus chistes non fan graza. 181 00:16:33,916 --> 00:16:35,291 E quero... 182 00:16:36,708 --> 00:16:37,708 Non. 183 00:16:38,833 --> 00:16:41,333 Preciso que esteamos xuntos nisto. 184 00:16:42,750 --> 00:16:45,375 Rescatando os do petroleiro, xa sabes. 185 00:16:46,583 --> 00:16:47,625 Veña. 186 00:16:47,625 --> 00:16:50,875 Concéntrate e escoita as instrucións que che vou dar. 187 00:17:02,666 --> 00:17:05,125 FUN SOBRE AUGA EDIFICADA OS MEUS MUROS DE LUME SON 188 00:17:45,541 --> 00:17:46,625 Mira o que atopei. 189 00:17:55,416 --> 00:17:58,083 Esa botella regaleilla hai unha chea de anos. 190 00:17:58,833 --> 00:18:00,750 Nin sequera a abriu. 191 00:18:04,125 --> 00:18:06,541 Sabes o que vale esa botella de whisky? 192 00:18:09,166 --> 00:18:11,958 Nunca souben como acertar con Carla. 193 00:18:13,333 --> 00:18:14,291 E iso? 194 00:18:18,541 --> 00:18:19,875 Isto é... 195 00:18:21,416 --> 00:18:22,416 Era... 196 00:18:23,416 --> 00:18:25,333 o xoguete preferido de Carla. 197 00:18:28,125 --> 00:18:31,583 Abrazábao polas noites porque lle tiña medo á escuridade. 198 00:18:32,833 --> 00:18:35,083 Aínda hoxe lle ten medo. 199 00:18:36,583 --> 00:18:37,708 Agora vin... 200 00:18:39,541 --> 00:18:42,416 outro tipo de xoguetes nos caixóns. 201 00:18:45,041 --> 00:18:46,333 E pastillas. 202 00:18:47,875 --> 00:18:49,291 Moitas pastillas. 203 00:18:49,291 --> 00:18:52,458 Coido que hai demasiadas cousas que non sei dela. 204 00:18:55,833 --> 00:18:57,708 Non souben protexela, Torres. 205 00:18:58,750 --> 00:19:02,458 Podo mercar o whisky máis caro do mundo, e non souben... 206 00:19:03,750 --> 00:19:05,416 salvar a Carla. 207 00:19:05,416 --> 00:19:06,541 Non é culpa túa. 208 00:19:07,208 --> 00:19:09,208 Non tes que te sentir culpable. 209 00:19:09,208 --> 00:19:11,291 Pensas que debera ceder? 210 00:19:13,916 --> 00:19:16,208 Tomaches a decisión máis difícil. 211 00:19:21,416 --> 00:19:22,458 Xa. 212 00:19:27,000 --> 00:19:30,833 Se souben educar ben a miña filla... 213 00:19:33,041 --> 00:19:35,625 seguro que ela faría o mesmo. 214 00:19:38,000 --> 00:19:40,375 DENDE ESTA PLATAFORMA CONDUCIRAO O TREN 215 00:19:51,083 --> 00:19:52,083 Hostia. 216 00:20:17,416 --> 00:20:18,583 Cona. 217 00:21:00,541 --> 00:21:04,166 Non, señorita, non me interesa cambiar de compañía. 218 00:21:04,166 --> 00:21:06,000 - Grazas. - Xa te estrañaba. 219 00:21:07,166 --> 00:21:09,041 Mándame a túa localización. 220 00:21:09,041 --> 00:21:10,541 Onde andas? 221 00:21:10,541 --> 00:21:12,125 Debaixo da Cava Alta. 222 00:21:13,416 --> 00:21:16,958 Aí teriamos que estar tomando unha cervexa. 223 00:21:16,958 --> 00:21:19,041 Sigue o mapa no móbil da amatxu. 224 00:21:27,041 --> 00:21:28,958 - Merda! - Que pasa? 225 00:21:28,958 --> 00:21:30,750 Creo que me seguen. 226 00:21:31,333 --> 00:21:32,333 Ignórao. 227 00:21:32,333 --> 00:21:35,750 Iso dilo porque non te están seguindo a ti. 228 00:21:35,750 --> 00:21:37,583 Se el quixese, estarías morto. 229 00:21:37,583 --> 00:21:39,625 Quedo moito máis tranquilo. 230 00:22:01,583 --> 00:22:02,416 Unha porta. 231 00:22:03,625 --> 00:22:04,916 Non viña no mapa. 232 00:22:04,916 --> 00:22:08,333 E non te equivocarías de camiño, lista? 233 00:22:08,333 --> 00:22:10,625 Non, é a ruta correcta. 234 00:22:12,208 --> 00:22:14,875 A ver, creo que se dá aberto sen chave. 235 00:22:15,458 --> 00:22:16,416 Pois ábrea. 236 00:22:23,416 --> 00:22:25,166 Que foi? 237 00:22:31,625 --> 00:22:32,625 Hai unha bomba. 238 00:22:33,208 --> 00:22:34,291 Caralludo. 239 00:22:35,458 --> 00:22:37,125 E que pensas facer? 240 00:22:39,041 --> 00:22:40,208 Desactivala. 241 00:22:41,833 --> 00:22:44,916 É un explosivo plástico tipo Semtex. 242 00:22:45,625 --> 00:22:47,583 Cambiou de estilo. 243 00:22:47,583 --> 00:22:50,833 - Non sei se é o vermello ou o rosa. - Non o toques. 244 00:22:51,416 --> 00:22:52,791 Non me digas que facer. 245 00:22:52,791 --> 00:22:58,875 Antonia, nin se che ocorra. Non. Nein. Niente. 246 00:22:58,875 --> 00:23:00,916 Fajardo é moi profesional. 247 00:23:02,875 --> 00:23:06,333 Elixiría un de cápsula de aluminio e de período curto. 248 00:23:06,333 --> 00:23:08,458 Vale, a ver. 249 00:23:09,666 --> 00:23:12,833 Cal é a probabilidade de que acertes? 250 00:23:13,833 --> 00:23:15,791 Un 68,5 %. 251 00:23:15,791 --> 00:23:17,958 Ben, e se non acertas? 252 00:23:19,333 --> 00:23:21,375 Terás que rescatar a Jorge ti só. 253 00:23:21,375 --> 00:23:23,041 Iso nin o penses. 254 00:23:23,916 --> 00:23:25,416 Aténdeme. 255 00:23:25,416 --> 00:23:29,458 Un 68,5% é moi pouco. 256 00:23:30,708 --> 00:23:32,791 Se fose un 90 %, pois aínda. 257 00:23:32,791 --> 00:23:34,916 Ti entendes o mapa. 258 00:23:34,916 --> 00:23:37,666 Non te arrisques. Damos un rodeo e listo. 259 00:23:40,666 --> 00:23:42,541 Sabíao. Era o vermello. 260 00:23:44,375 --> 00:23:47,458 Non me fixeches nin puto caso, non si? 261 00:23:55,375 --> 00:23:57,666 Isto vai estar inzado de bombas. 262 00:24:03,500 --> 00:24:06,250 Se teño que parar a cada paso, non chegaremos. 263 00:24:21,541 --> 00:24:22,541 Jon. 264 00:24:24,833 --> 00:24:27,625 Sandra mandounos mensaxes dende o comezo. 265 00:24:27,625 --> 00:24:29,500 Púxonos a proba. 266 00:24:30,208 --> 00:24:32,500 Sería absurdo que nos fixera vir aquí 267 00:24:32,500 --> 00:24:34,791 para acabarmos coma a USE. 268 00:24:37,375 --> 00:24:38,250 Doado de máis. 269 00:24:39,750 --> 00:24:43,208 Toñi, xa mo estás explicando coma se non fixera a ESO. 270 00:24:50,958 --> 00:24:52,416 Non eran estrelas. 271 00:24:53,625 --> 00:24:55,291 Eran oito detonacións. 272 00:24:56,000 --> 00:24:56,875 Navalquejigo. 273 00:24:57,875 --> 00:24:58,875 O mural. 274 00:25:00,250 --> 00:25:02,375 Sandra non falaba só do taxi. 275 00:25:03,000 --> 00:25:05,791 Dicíanos que enchera Madrid de bombas 276 00:25:05,791 --> 00:25:07,791 e contábanos onde están postas. 277 00:25:11,958 --> 00:25:13,375 Case piso unha. 278 00:25:15,166 --> 00:25:17,166 Vou facer coma que non oín iso. 279 00:25:18,125 --> 00:25:21,416 Hai oito bombas en oito puntos clave de Madrid. 280 00:25:23,458 --> 00:25:25,458 É un plan maior. Vai contra todo. 281 00:25:25,458 --> 00:25:27,166 Éche un xeito de velo. 282 00:25:29,500 --> 00:25:32,583 - Jon, poste nas miñas mans? - Querida, 283 00:25:32,583 --> 00:25:35,541 a estas alturas, coido que non hai máis collóns. 284 00:25:38,750 --> 00:25:41,708 Sigue andando. Eu sigo o teu localizador. 285 00:25:41,708 --> 00:25:45,208 Terás que evitar as bombas. Eu avísote de onde están. 286 00:25:48,041 --> 00:25:50,250 Tes unha bomba a un metro. 287 00:25:57,541 --> 00:25:58,916 Agora podes continuar. 288 00:25:59,791 --> 00:26:01,500 Sir, yes, sir. 289 00:26:33,416 --> 00:26:35,000 Non podo máis. 290 00:26:35,791 --> 00:26:37,875 Virás darme un bico? 291 00:26:59,250 --> 00:27:01,333 Filla da gran puta! 292 00:27:02,583 --> 00:27:04,416 Dime algo máis preciso. 293 00:27:05,208 --> 00:27:07,083 Jon, que pasa? 294 00:27:16,166 --> 00:27:17,083 Fotos. 295 00:27:19,708 --> 00:27:22,291 Fotos nosas por todas partes. 296 00:27:23,708 --> 00:27:25,083 Tiñas razón. 297 00:27:26,333 --> 00:27:28,333 Está xogando connosco. 298 00:27:28,333 --> 00:27:29,375 Dende o comezo. 299 00:27:30,083 --> 00:27:31,791 Isto é un xogo para ela. 300 00:27:31,791 --> 00:27:34,500 Mentres siga xogando, non hai problema. 301 00:27:38,375 --> 00:27:39,833 Óesme? Jon. 302 00:27:42,125 --> 00:27:43,208 A miña amatxu non. 303 00:27:45,666 --> 00:27:47,583 Onde estás, mala pécora? 304 00:27:48,291 --> 00:27:49,125 Sae. 305 00:27:49,708 --> 00:27:51,416 Que te vexa, filla de puta! 306 00:27:51,416 --> 00:27:52,333 Non. 307 00:27:53,041 --> 00:27:55,333 - Jon, acouga. - Sae, filla de puta! 308 00:27:55,333 --> 00:27:58,333 É o que quere, que perdas os nervios e o control. 309 00:27:58,333 --> 00:28:00,625 - Jon! - Sei que me oes. Sae! 310 00:28:01,333 --> 00:28:04,333 - Sei que me oes! - Atende, por favor. Acouga. 311 00:28:04,333 --> 00:28:05,625 - Sae, puta! - Jon! 312 00:28:05,625 --> 00:28:08,291 Jon, para! Tes unha bomba a dous metros! 313 00:28:08,291 --> 00:28:10,500 - Aquí me tes, vamos! - Jon, para! 314 00:28:22,916 --> 00:28:23,750 Jon? 315 00:28:25,916 --> 00:28:27,083 Estou aquí. 316 00:28:28,625 --> 00:28:30,125 Nunca volvas facer iso. 317 00:28:31,791 --> 00:28:32,916 Case morres. 318 00:28:33,500 --> 00:28:34,500 Estou ben. 319 00:28:36,666 --> 00:28:38,958 Estou calmado. 320 00:28:41,375 --> 00:28:42,666 Grazas, Antonia. 321 00:28:56,291 --> 00:28:57,250 Agora non. 322 00:29:01,666 --> 00:29:02,791 Veña, vamos. 323 00:29:02,791 --> 00:29:06,000 Aínda non é medianoite. El dixo que nada de trampas. 324 00:29:09,416 --> 00:29:10,333 El? 325 00:29:14,708 --> 00:29:17,666 - Tanto che ten. - Que pasa? Por que berran? 326 00:29:18,750 --> 00:29:20,708 Tranquilo, xa queda menos. 327 00:29:20,708 --> 00:29:22,041 Teño medo. 328 00:29:25,750 --> 00:29:27,583 Queres que cantemos xuntos? 329 00:29:28,166 --> 00:29:31,666 Daríame vergonza, non nos coñecemos. 330 00:29:33,041 --> 00:29:36,416 Es chistoso, Jorge. Caeríaslle ben a meu fillo. 331 00:29:49,291 --> 00:29:50,500 Agora non. 332 00:29:51,000 --> 00:29:52,500 Non, por favor. 333 00:29:52,500 --> 00:29:53,541 Non que? 334 00:29:54,125 --> 00:29:55,458 Que foi? 335 00:29:59,250 --> 00:30:00,291 Antonia. 336 00:30:02,333 --> 00:30:03,291 Por favor. 337 00:30:03,291 --> 00:30:04,791 Antonia, dime que pasa. 338 00:30:04,791 --> 00:30:05,958 Agora non. 339 00:30:08,083 --> 00:30:09,541 Non tes pastillas? 340 00:30:13,208 --> 00:30:14,666 Pensa... 341 00:30:14,666 --> 00:30:17,458 Quítamos! 342 00:30:18,500 --> 00:30:20,250 Ollo coas bombas, non corras! 343 00:30:21,750 --> 00:30:23,500 Quítamos! Non! 344 00:30:23,500 --> 00:30:25,625 - Jorge! - Quítamos! 345 00:30:25,625 --> 00:30:27,166 Antonia, pensa en Jorge. 346 00:31:09,791 --> 00:31:10,625 Jorge. 347 00:31:10,625 --> 00:31:13,416 Iso é. Repite o seu nome. 348 00:31:13,416 --> 00:31:15,708 - Jorge. - Iso é. Repite o seu nome. 349 00:31:15,708 --> 00:31:17,916 - Jorge. - Jorge. 350 00:31:17,916 --> 00:31:19,958 - Jorge. - Iso é. É teu fillo. 351 00:31:39,208 --> 00:31:40,541 É teu fillo. 352 00:31:41,583 --> 00:31:43,458 Non necesitas pastillas. 353 00:31:44,166 --> 00:31:45,916 Non necesitas nada. 354 00:31:47,625 --> 00:31:49,291 Tes que salvalo. 355 00:31:55,333 --> 00:31:56,625 Es súa nai. 356 00:32:01,791 --> 00:32:02,875 Antonia. 357 00:32:05,666 --> 00:32:06,750 Antonia! 358 00:32:10,666 --> 00:32:12,041 Estou ben. 359 00:32:12,708 --> 00:32:14,500 Antonia, vamos. 360 00:32:21,541 --> 00:32:22,916 Grazas, Jon. 361 00:32:55,916 --> 00:32:57,125 Xa chegamos. 362 00:32:58,250 --> 00:33:01,708 Eu ocúpome de sacar a Sandra. Ti encárgate de Fajardo. 363 00:33:02,458 --> 00:33:04,000 Poderás con el? 364 00:33:04,000 --> 00:33:05,416 A ver, 242... 365 00:33:06,791 --> 00:33:08,958 Que son de Bilbao, hostia. 366 00:33:09,791 --> 00:33:11,916 Fareino chegado o intre, non antes. 367 00:33:12,500 --> 00:33:16,250 Vinte degolar un adolescente coma se pelases un pexego. 368 00:33:16,250 --> 00:33:18,000 Pero facer trampas, non. 369 00:33:18,000 --> 00:33:20,625 Dálles igual morrer agora ou nunha hora. 370 00:33:20,625 --> 00:33:23,750 - A quen lle importa? - A Deus. El venos. 371 00:33:26,041 --> 00:33:27,083 "Deus", di. 372 00:33:30,333 --> 00:33:32,000 Sandra! 373 00:33:34,166 --> 00:33:35,541 Por fin te atopo. 374 00:33:35,541 --> 00:33:38,625 E eu a ti, Antonia Scott. 375 00:33:38,625 --> 00:33:39,708 Estou aquí. 376 00:33:39,708 --> 00:33:40,958 Mátaos. 377 00:33:45,750 --> 00:33:46,833 Sae! 378 00:33:48,041 --> 00:33:49,791 Sae! Dá a cara! 379 00:33:51,375 --> 00:33:53,166 É hora de enfrontarnos. 380 00:34:00,458 --> 00:34:02,041 O son é algo marabilloso. 381 00:34:02,041 --> 00:34:03,333 Non che parece? 382 00:34:04,041 --> 00:34:06,666 Nunca sabes ben a súa procedencia. 383 00:34:07,416 --> 00:34:08,625 Cincuenta milisegundos. 384 00:34:08,625 --> 00:34:11,041 É a distancia entre un son e o eco. 385 00:34:11,041 --> 00:34:12,875 Unha distancia minúscula, 386 00:34:12,875 --> 00:34:14,791 pero dá para que non me collas. 387 00:35:53,125 --> 00:35:55,041 Tranquilo! Son Carla. 388 00:35:55,041 --> 00:35:57,250 - A corda! Corre. - Claro. 389 00:36:02,250 --> 00:36:03,583 Espera. 390 00:36:08,583 --> 00:36:10,083 Corre, bule. 391 00:36:10,083 --> 00:36:12,916 Tranquilo, xa está. 392 00:36:18,500 --> 00:36:19,958 Xa está. 393 00:36:23,958 --> 00:36:25,083 Jorge, corre! 394 00:36:25,083 --> 00:36:26,291 Non! 395 00:36:27,958 --> 00:36:30,541 Sóltaa! 396 00:36:36,666 --> 00:36:39,833 As mans amodiño onde as poida ver. 397 00:36:40,541 --> 00:36:42,250 Carla, estás ben? 398 00:36:45,458 --> 00:36:46,708 Jorge! 399 00:37:04,583 --> 00:37:05,416 Chegaches. 400 00:37:06,708 --> 00:37:08,333 Nunca me decepcionas. 401 00:37:08,916 --> 00:37:10,250 Por que todo isto? 402 00:37:10,250 --> 00:37:13,208 Pensas que é por Carla Ortiz ou Álvaro Trueba? 403 00:37:13,208 --> 00:37:15,000 É por min, logo? 404 00:37:15,000 --> 00:37:17,250 Un profeta fala por un poder maior. 405 00:37:19,041 --> 00:37:20,875 Un profeta anuncia o que virá. 406 00:37:20,875 --> 00:37:24,541 Non me interesan as túas frases de demente. Quero a meu fillo. 407 00:37:28,833 --> 00:37:29,666 O neno. 408 00:37:42,083 --> 00:37:43,583 Teu fillo xa non está. 409 00:37:45,541 --> 00:37:49,083 Fajardo agora mesmo está cortándoo en anacos. 410 00:38:04,291 --> 00:38:06,291 Superada a derradeira proba. 411 00:38:07,791 --> 00:38:10,125 E sempre mantendo o control. 412 00:38:16,708 --> 00:38:17,750 Corre. 413 00:38:18,916 --> 00:38:20,541 Vaite, Jorge, vaite! 414 00:38:52,333 --> 00:38:53,458 Xa abonda! 415 00:39:01,500 --> 00:39:02,791 Cabrón. 416 00:39:14,000 --> 00:39:15,166 Xa está. 417 00:39:18,125 --> 00:39:19,166 Xa está. 418 00:39:25,625 --> 00:39:27,166 Jon Gutiérrez. 419 00:39:27,166 --> 00:39:28,666 Policía. 420 00:39:32,333 --> 00:39:33,625 Son Carla. 421 00:39:36,666 --> 00:39:39,041 Pensaba que morreras. 422 00:39:39,958 --> 00:39:40,875 Mira. 423 00:39:47,208 --> 00:39:49,791 É vostede máis guapa en persoa. 424 00:39:57,083 --> 00:39:59,125 Mamá, es ti? 425 00:39:59,125 --> 00:40:02,208 Jorge! Non! Jorge! 426 00:40:02,208 --> 00:40:03,291 Non! 427 00:40:03,291 --> 00:40:04,333 Mamá? 428 00:40:04,333 --> 00:40:06,250 Non te achegues máis! 429 00:40:06,791 --> 00:40:07,750 Non! 430 00:40:07,750 --> 00:40:09,791 Seica queres moito esta merda. 431 00:40:09,791 --> 00:40:10,958 Sóltao! 432 00:40:10,958 --> 00:40:12,500 Tira esa fermosa Glock. 433 00:40:13,291 --> 00:40:14,875 Imos facer un trato. 434 00:40:15,833 --> 00:40:17,250 A túa vida pola del. 435 00:40:18,208 --> 00:40:19,625 Non o vas cumprir. 436 00:40:21,000 --> 00:40:22,166 Cinco... 437 00:40:22,166 --> 00:40:23,500 Non tes palabra. 438 00:40:23,500 --> 00:40:28,166 Por que non veu o avó? Quero ir á casa. 439 00:40:29,125 --> 00:40:30,416 Catro... 440 00:40:30,416 --> 00:40:33,208 Lembras o xogo favorito do avó? 441 00:40:33,208 --> 00:40:34,250 Lembro. 442 00:40:34,916 --> 00:40:36,208 Tres... 443 00:40:38,083 --> 00:40:39,541 Dous... 444 00:40:42,541 --> 00:40:43,416 Un. 445 00:40:43,416 --> 00:40:44,791 Anícate! 446 00:40:51,500 --> 00:40:52,958 Dezasete balas. 447 00:40:55,708 --> 00:40:57,791 VELOCIDADE DE BALA ÁNGULO DE DISPARO 448 00:40:57,791 --> 00:41:00,375 PROBABILIDADE DE IMPACTO 449 00:41:09,208 --> 00:41:10,250 Dez. 450 00:41:21,958 --> 00:41:23,916 Jorge Lorente Scott. 451 00:41:47,416 --> 00:41:48,625 Ola, Jorge. 452 00:41:54,583 --> 00:41:56,333 Quero ver a miña nai. 453 00:42:14,500 --> 00:42:16,958 Doce, trece, catorce, quince... 454 00:42:20,000 --> 00:42:21,041 dezasete. 455 00:42:22,291 --> 00:42:23,791 Boa sorte, fillo. 456 00:42:26,750 --> 00:42:29,333 Acaba axiña e afórrame os discursos. 457 00:42:29,916 --> 00:42:31,666 Non estamos nunha novela. 458 00:42:38,375 --> 00:42:40,375 Déixame gozar deste intre. 459 00:42:41,291 --> 00:42:43,125 Vencinte, Antonia. 460 00:42:43,125 --> 00:42:45,375 Xa non es a primeira da clase. 461 00:43:08,000 --> 00:43:09,000 Non gañaches. 462 00:43:12,958 --> 00:43:14,083 Vas morrer. 463 00:43:15,416 --> 00:43:16,958 E iso é unha derrota. 464 00:43:16,958 --> 00:43:18,708 Ese non era o teu plan. 465 00:43:18,708 --> 00:43:19,875 Saíuche mal. 466 00:43:21,041 --> 00:43:23,041 - Sígueos. - Gústanche os xogos. 467 00:43:23,625 --> 00:43:25,375 Mira arredor, Antonia. 468 00:43:26,583 --> 00:43:28,500 Querías que chegase ata aquí 469 00:43:29,500 --> 00:43:32,833 e que vise que superar as probas non valera de nada. 470 00:43:33,583 --> 00:43:36,291 Querías que non salvase a Carla Ortiz. 471 00:43:36,291 --> 00:43:38,208 - O teu plan... - Eles avísante. 472 00:43:38,208 --> 00:43:41,125 ...era deixarme vivir sabendo que meu fillo morrera. 473 00:43:41,125 --> 00:43:42,041 Non. 474 00:43:42,791 --> 00:43:46,083 Sabendo cada minuto da túa vida que todo era culpa túa. 475 00:43:46,958 --> 00:43:48,208 Jorge está vivo. 476 00:43:49,333 --> 00:43:52,750 E se Jorge está vivo é porque Jon fixo o seu traballo 477 00:43:52,750 --> 00:43:54,375 e Fajardo morreu. 478 00:43:56,083 --> 00:43:58,166 E ti estás soa 479 00:43:59,458 --> 00:44:00,833 e perdiches. 480 00:44:01,541 --> 00:44:03,958 Se queres, pódesme matar, 481 00:44:04,875 --> 00:44:06,166 pero perdiches. 482 00:44:10,833 --> 00:44:11,666 Sandra. 483 00:44:13,916 --> 00:44:15,041 Equivócaste. 484 00:44:16,583 --> 00:44:18,166 Isto aínda non rematou. 485 00:44:36,583 --> 00:44:38,500 Jorge! 486 00:44:51,416 --> 00:44:53,250 Jorge! 487 00:44:57,666 --> 00:44:59,875 Jorge! 488 00:45:07,750 --> 00:45:08,750 Jon? 489 00:45:10,916 --> 00:45:12,166 Es ti? 490 00:45:14,083 --> 00:45:15,333 Mamá! 491 00:45:18,916 --> 00:45:22,291 - Estás ben? - Estou. 492 00:45:23,166 --> 00:45:24,250 Estás ben? 493 00:47:50,708 --> 00:47:53,458 Por que deixas a porta aberta sempre? 494 00:47:53,458 --> 00:47:55,750 Porque quería que me visitases. 495 00:47:55,750 --> 00:47:58,375 - Agora fareino. - E iso? 496 00:47:58,375 --> 00:48:00,166 Traíacho el. 497 00:48:01,000 --> 00:48:04,583 Non está gordo, pero non daba nin subido a planta. 498 00:48:04,583 --> 00:48:06,041 Mira, nena, 499 00:48:06,041 --> 00:48:07,500 non toques os collóns, 500 00:48:07,500 --> 00:48:10,041 que me convenciches ti de subir andando. 501 00:48:10,750 --> 00:48:12,125 - Adeus! - Adeus. 502 00:48:14,875 --> 00:48:16,291 A nai que a fixo! 503 00:48:20,625 --> 00:48:22,041 Marcos coidábaas. 504 00:48:22,666 --> 00:48:24,791 A min mórrenme, é un superpoder. 505 00:48:24,791 --> 00:48:27,583 Esta non a regues moito. 506 00:48:30,291 --> 00:48:31,833 RECICLABLE FEITA CON RESIDUOS 507 00:48:39,333 --> 00:48:40,791 Isto éche unha sorpresa. 508 00:48:45,541 --> 00:48:46,958 Como estás? 509 00:48:49,333 --> 00:48:53,166 Dende que non estou contigo, abúrrome un pouco, a verdade. 510 00:48:54,666 --> 00:48:55,708 E Jorge? 511 00:48:55,708 --> 00:48:59,125 Moi ben. Póndonos ao día de moitas cousas. 512 00:49:00,250 --> 00:49:01,541 Como ten que ser. 513 00:49:04,625 --> 00:49:05,708 Túa nai como está? 514 00:49:05,708 --> 00:49:07,791 Presumindo de fillo decote. 515 00:49:08,291 --> 00:49:10,375 - Por que? - Como por que? 516 00:49:18,166 --> 00:49:19,875 Minipunto para ti. 517 00:49:23,291 --> 00:49:25,041 O piso de abaixo está libre. 518 00:49:27,166 --> 00:49:29,958 Poderiades mudarvos, seriamos veciños. 519 00:49:32,041 --> 00:49:36,500 Ti o que queres é o tupper de tortilla de pataca da amatxu. 520 00:49:36,500 --> 00:49:37,500 Non si? 521 00:49:40,000 --> 00:49:43,125 Veña, cóntamo xa. Non viñeches só darme un ficus. 522 00:49:46,041 --> 00:49:48,000 Non deron co corpo de Sandra? 523 00:49:48,833 --> 00:49:50,833 Non te darei sorprendido nunca? 524 00:49:51,666 --> 00:49:54,250 Non ía pisar por erro unha bomba dela. 525 00:49:55,000 --> 00:49:57,000 Só desapareceu, coma o pai. 526 00:49:58,041 --> 00:49:59,250 Xa. 527 00:50:01,000 --> 00:50:02,125 Que pasa? 528 00:50:06,250 --> 00:50:07,416 Pois pasa... 529 00:50:07,416 --> 00:50:12,916 que analizaron o ADN dos restos atopados na tumba da filla de Fajardo. 530 00:50:12,916 --> 00:50:14,000 Sigue. 531 00:50:15,166 --> 00:50:16,916 Son da filla de Fajardo. 532 00:51:44,166 --> 00:51:45,541 Non foi un erro. 533 00:51:50,541 --> 00:51:52,833 Alguén quería sacarme do meu buraco. 534 00:51:57,833 --> 00:52:01,208 Facéndome crer que era unha vinganza contra os poderosos. 535 00:52:03,458 --> 00:52:07,125 Nin sequera era o pracer de matar. 536 00:52:09,708 --> 00:52:13,208 Nin o de torturar máis unha alma xa torturada. 537 00:52:17,500 --> 00:52:19,666 Tratábase de xogar. 538 00:52:35,541 --> 00:52:36,708 Papá, 539 00:52:37,916 --> 00:52:39,250 non estou morta. 540 00:52:39,833 --> 00:52:40,833 Papá, 541 00:52:42,458 --> 00:52:43,500 non estou morta. 542 00:52:45,250 --> 00:52:46,375 Volvín. 543 00:52:48,041 --> 00:52:49,208 Un expolicía. 544 00:52:49,875 --> 00:52:50,958 Un despoxo. 545 00:52:52,083 --> 00:52:53,500 Non é moi listo. 546 00:52:54,291 --> 00:52:55,291 Verdade, Antonia? 547 00:52:57,083 --> 00:52:59,750 Un profeta fala por un poder maior. 548 00:53:00,583 --> 00:53:02,500 Un profeta anuncia o que virá. 549 00:53:03,125 --> 00:53:05,041 Ti non o puideches planear todo. 550 00:53:05,875 --> 00:53:07,083 Iso non é verdade. 551 00:53:08,291 --> 00:53:11,583 Es moi intelixente, pero algo non che vai ben dentro. 552 00:53:14,041 --> 00:53:15,708 Hai outra mente detrás. 553 00:53:16,333 --> 00:53:18,041 Ti non estás sendo manexada? 554 00:53:18,041 --> 00:53:20,750 Non confundo a realidade co pensamento. 555 00:53:21,416 --> 00:53:22,958 Non me fagas rir. 556 00:53:22,958 --> 00:53:24,583 Mírate os brazos. 557 00:53:36,541 --> 00:53:39,375 Quería que a vítima soubese que a baleiraban. 558 00:53:39,375 --> 00:53:40,458 Axuda! 559 00:53:41,625 --> 00:53:43,541 Papá, non estou morta. 560 00:53:43,541 --> 00:53:45,291 Non manque os nenos. 561 00:53:55,583 --> 00:53:59,000 - Antonia. - Somos marionetas no seu xogo. 562 00:53:59,500 --> 00:54:00,375 No de quen? 563 00:54:01,166 --> 00:54:02,125 Díxencho. 564 00:54:05,958 --> 00:54:07,541 Faise chamar Mr. White. 565 00:55:32,833 --> 00:55:34,833 Subtítulos: Lucía Doval 566 00:55:34,833 --> 00:55:36,916 Supervisora creativa: Luisa Lage