1 00:00:30,040 --> 00:00:31,880 Quen invitou a toda esa xente? 2 00:00:32,520 --> 00:00:33,680 Quérote. 3 00:00:38,280 --> 00:00:39,680 Nin un momento de paz. 4 00:00:43,720 --> 00:00:44,560 Bule! 5 00:00:46,040 --> 00:00:46,920 Socorro! 6 00:01:04,760 --> 00:01:06,480 - Que pasou? - É Robby. 7 00:01:07,320 --> 00:01:08,600 Estábame vixiando. 8 00:01:09,200 --> 00:01:11,440 Regalarche esa cámara oculta foi un erro. 9 00:02:01,440 --> 00:02:03,600 {\an8}É moi cedo para botarlle whisky? 10 00:02:05,600 --> 00:02:07,520 {\an8}Eva, cóntame que pasou. 11 00:02:07,520 --> 00:02:08,520 {\an8}Ai, Deus. 12 00:02:10,360 --> 00:02:13,280 {\an8}- Pois que a caguei. - Por que o dis? 13 00:02:14,880 --> 00:02:16,600 {\an8}Non era capaz de durmir. 14 00:02:17,360 --> 00:02:21,280 {\an8}Os rapaces foran a unha festa de pixamas, así que me levantei cedo. 15 00:02:21,280 --> 00:02:23,640 {\an8}Entón... 16 00:02:25,000 --> 00:02:27,440 {\an8}púxenme a revisar o correo, e... 17 00:02:28,000 --> 00:02:28,840 {\an8}Si? 18 00:02:29,880 --> 00:02:30,880 {\an8}E mira. 19 00:02:36,920 --> 00:02:37,760 {\an8}Que carallo...? 20 00:02:39,280 --> 00:02:40,800 {\an8}Ese é Benjamin. 21 00:02:40,800 --> 00:02:44,120 {\an8}Coñecino por Internet. Robby envioume isto. 22 00:02:44,120 --> 00:02:47,760 Utilizou a cámara oculta, a mesma que che regalei a ti. 23 00:02:51,480 --> 00:02:54,400 Sei que Robby non sempre se portou ben, 24 00:02:55,200 --> 00:02:58,240 sobre todo, cando nos estabamos divorciando, 25 00:02:58,800 --> 00:03:02,320 pero nunca imaxinei que fose quen facer algo tan detestable. 26 00:03:04,080 --> 00:03:07,680 Debeu de hackear a wifi para acceder á cámara. 27 00:03:09,720 --> 00:03:12,680 Maya, síntoo moitísimo. 28 00:03:14,360 --> 00:03:17,600 Quería que Lily e ti estivésedes a salvo, non en perigo. 29 00:03:18,600 --> 00:03:20,680 Daquela é posible hackear a cámara. 30 00:03:22,640 --> 00:03:23,880 Se iso é posible, 31 00:03:25,000 --> 00:03:28,040 tamén podería selo que alguén metese algo nela? 32 00:03:28,560 --> 00:03:30,760 Como unhas imaxes falsas? 33 00:03:30,760 --> 00:03:35,000 A que te refires con "imaxes falsas"? É que pasou algo? 34 00:03:40,000 --> 00:03:41,040 Vin a Joe. 35 00:03:45,120 --> 00:03:47,520 - Podo eu soa, meu amor. - Non, deixa. 36 00:03:47,520 --> 00:03:49,440 - En serio. - Xa me encargo eu. 37 00:03:49,440 --> 00:03:51,280 - Grazas. - Graciñas. 38 00:03:51,840 --> 00:03:54,960 - Ola, boas. - Ei, que cedo chegas. 39 00:03:54,960 --> 00:03:57,560 - Si, non había tráfico. - Que ben. 40 00:03:57,560 --> 00:03:58,720 Ola. 41 00:03:58,720 --> 00:04:00,040 - Xa... - E ben? 42 00:04:01,000 --> 00:04:02,600 Marty, Molly. Molly, Marty. 43 00:04:02,600 --> 00:04:05,480 - Ola. Por fin te coñezo. - Ola. Pois si. 44 00:04:06,000 --> 00:04:09,240 - Faloume moito de ti. - Si? Espero que ben. 45 00:04:09,240 --> 00:04:10,800 Caramba, estás radiante. 46 00:04:10,800 --> 00:04:14,600 - E que casa tan bonita tedes. - Que adulador. Si. 47 00:04:14,600 --> 00:04:16,240 Non sei de que te queixas. 48 00:04:16,240 --> 00:04:18,560 - Xa ves. - É encantador, cáeme ben. 49 00:04:18,560 --> 00:04:21,560 Non sei eu. Si, non está tan mal. 50 00:04:22,760 --> 00:04:25,040 - Bule, cariño. - Si, claro. Perdoa. 51 00:04:25,040 --> 00:04:26,080 Axúdoche? 52 00:04:26,080 --> 00:04:29,040 - Non, xa me apaño só. Grazas. - Pode ben. 53 00:04:29,040 --> 00:04:31,080 Xa che contou o desta tarde? 54 00:04:31,760 --> 00:04:33,360 Si, xa mo contou. 55 00:04:33,360 --> 00:04:36,520 Terei que portarme ben. Ti estás casado? 56 00:04:36,520 --> 00:04:39,160 Eu? Non, ho. Nin de lonxe. 57 00:04:40,000 --> 00:04:43,840 Non sei moi ben a que te referías antes. Que pasa esta tarde? 58 00:04:44,440 --> 00:04:49,040 Ah, si, que me vai arrastrar a ver unhas flores que quere para a voda. 59 00:04:49,040 --> 00:04:49,960 - Xenial. - Si. 60 00:04:49,960 --> 00:04:52,440 - Que pensabas que era? - Veña, vamos. 61 00:04:52,440 --> 00:04:54,600 - Pero non era cedo? - Marchamos. 62 00:04:54,600 --> 00:04:57,440 Un pracer coñecerte. Pásate outro día. 63 00:04:57,440 --> 00:05:01,240 Moi ben. Mellor que non. Non comas as patacas picantes. Grazas. 64 00:05:01,240 --> 00:05:02,280 - Vale. - Chao. 65 00:05:03,200 --> 00:05:05,000 É adorable, demasiado para ti. 66 00:05:05,960 --> 00:05:09,160 Contácheslle o dos resultados que che dan hoxe, non? 67 00:05:09,760 --> 00:05:11,800 - Veña, vamos. - Por que...? 68 00:05:12,920 --> 00:05:15,200 Deus bendito, non sabe que estás mal? 69 00:05:15,200 --> 00:05:16,960 Non é tan sinxelo. 70 00:05:16,960 --> 00:05:20,680 Sinxelo? Está a piques de casar contigo. Debería sabelo. 71 00:05:20,680 --> 00:05:23,560 Xa o farei, cando saiba a que me enfronto. 72 00:05:23,560 --> 00:05:27,440 De todos os xeitos, Marty, isto non é asunto teu. 73 00:05:27,440 --> 00:05:28,360 - Vale. - Ben. 74 00:05:29,880 --> 00:05:32,600 Vou ir falar con Maya sobre o rapaz da moto, 75 00:05:32,600 --> 00:05:36,040 e logo preguntarémoslle a Eddie Walker por que mentiu. Si? 76 00:05:36,040 --> 00:05:37,000 Está ben. 77 00:05:46,000 --> 00:05:48,160 É que non ten sentido. 78 00:05:48,160 --> 00:05:51,360 Pode que si, se cadra alguén intenta foderme. 79 00:05:52,960 --> 00:05:57,320 Como dano psicolóxico é bastante efectivo. 80 00:05:57,320 --> 00:05:59,480 Pero quen che faría algo así? 81 00:06:02,280 --> 00:06:06,080 Deixemos de lado o de Joe. Que vas facer co de Robby? 82 00:06:06,640 --> 00:06:09,640 Pois xa me desfixen dos marcos dixitais. 83 00:06:11,160 --> 00:06:15,840 Reenviareille o correo ó meu avogado. Non sei que máis podo facer. 84 00:06:15,840 --> 00:06:19,680 - Podes quedar aquí. - Non, é a miña puta casa. 85 00:06:19,680 --> 00:06:22,480 Non me vai desbaratar a vida cun correo. 86 00:06:23,600 --> 00:06:27,280 Vale, pero se necesitas calquera cousa, chámame. 87 00:06:27,280 --> 00:06:28,200 Si. 88 00:06:29,800 --> 00:06:31,960 E ti que? 89 00:06:31,960 --> 00:06:33,480 Se te hackearon, 90 00:06:34,800 --> 00:06:36,280 que tes pensado facer? 91 00:06:49,200 --> 00:06:50,880 DNA ME NOVA MENSAXE 92 00:06:50,880 --> 00:06:53,280 - PODEMOS VERNOS? - SI, CANDO/ONDE? 93 00:07:00,720 --> 00:07:02,080 - Ei. - Ola. 94 00:07:02,080 --> 00:07:05,320 Vou onda Alfie. Respondeuche o da web de ADN? 95 00:07:05,320 --> 00:07:07,320 Ah, non. Aínda nada. 96 00:07:16,040 --> 00:07:19,080 Por aí vén o tío Shane, mira. 97 00:07:23,280 --> 00:07:26,080 - A quen vas chamar? - Non viu esa película. 98 00:07:27,080 --> 00:07:29,080 - Non? - Non. Non lle gustou. 99 00:07:29,080 --> 00:07:30,040 Pois vale. 100 00:07:31,120 --> 00:07:35,080 Vexamos se atopamos algún gremlin entre os teus cables. 101 00:07:37,240 --> 00:07:38,280 Grazas. 102 00:07:41,200 --> 00:07:43,480 Eva foi a que cho regalou, non? 103 00:07:43,480 --> 00:07:46,280 Ela non foi. Confío nela tanto coma en ti. 104 00:07:47,800 --> 00:07:49,840 Pero se a cámara se pode hackear... 105 00:07:50,720 --> 00:07:51,560 Quere dicir... 106 00:07:52,680 --> 00:07:56,080 que fose quen fose non necesitaría entrar aquí para facelo. 107 00:07:56,080 --> 00:07:57,000 Exacto. 108 00:07:57,520 --> 00:08:00,320 Iso aumenta unha chea a lista de sospeitosos. 109 00:08:00,960 --> 00:08:02,520 Xa estou eu paranoica abondo. 110 00:08:03,120 --> 00:08:06,320 Creo que o doutor Wu ten pastillas para iso. 111 00:08:06,320 --> 00:08:09,600 Xa falei con Wu, e non serviu de moito. 112 00:08:11,160 --> 00:08:12,120 E ben? 113 00:08:13,240 --> 00:08:14,440 - Todo en orde. - Oh. 114 00:08:15,120 --> 00:08:16,400 Non che meteron nada. 115 00:08:16,920 --> 00:08:20,000 Busquei micrófonos, tratamento de máxima seguridade. 116 00:08:20,000 --> 00:08:23,080 Nada raro na casa, na cámara oculta nin nos accesos á wifi. 117 00:08:23,080 --> 00:08:27,120 Só ti te conectaches á wifi, coma sempre, sobre todo dende o móbil. 118 00:08:27,120 --> 00:08:29,680 Non hai cambios nin enderezos IP estraños... 119 00:08:32,600 --> 00:08:34,240 - Dáme dez minutos. - Si. 120 00:08:36,640 --> 00:08:38,920 Así que arrestastes alguén, 121 00:08:40,040 --> 00:08:42,720 non me podes dicir quen é, non sei por que, 122 00:08:42,720 --> 00:08:45,280 pero deixástelo marchar. Estupendo. 123 00:08:46,480 --> 00:08:49,280 A estas alturas non espero moito máis. 124 00:08:49,800 --> 00:08:52,280 - Pensei que quererías estar ó tanto. - Ah. 125 00:08:52,800 --> 00:08:53,720 E tamén quería... 126 00:08:55,600 --> 00:08:57,520 que lle botases un ollo a isto. 127 00:08:59,840 --> 00:09:01,440 Recoñeces ese home? 128 00:09:02,280 --> 00:09:06,840 - Podería ser un dos do parque? - Non podo confirmalo nin desmentilo. 129 00:09:07,560 --> 00:09:08,400 Que sorpresa. 130 00:09:09,960 --> 00:09:12,600 Estaba escuro, e levaban máscaras. 131 00:09:14,960 --> 00:09:16,640 Pode ser, non o sei seguro. 132 00:09:16,640 --> 00:09:18,200 Vale. Tiña que intentalo. 133 00:09:18,200 --> 00:09:20,920 E outra cousa máis. Sóache que os Burkett 134 00:09:20,920 --> 00:09:24,280 patrocinen un equipo de fútbol local, os Winherst Pumas? 135 00:09:24,280 --> 00:09:27,480 Ah, foi cousa de Joe, quería ser un bo tío. 136 00:09:29,160 --> 00:09:31,960 - Os Pumas son o equipo da miña sobriña. - Vale. 137 00:09:32,640 --> 00:09:33,960 - Devólvesma? - Ah. 138 00:09:39,480 --> 00:09:40,480 - Estás ben? - Si. 139 00:09:40,480 --> 00:09:42,640 - Si, de marabilla. Vou... - Si? 140 00:09:43,400 --> 00:09:44,240 Xa... 141 00:09:45,440 --> 00:09:46,680 Mantereite informada. 142 00:09:51,880 --> 00:09:53,440 Moi ben, sigue así. 143 00:09:54,320 --> 00:09:56,600 - Ei, todo ben? - Si. 144 00:10:01,960 --> 00:10:04,440 Acabouse o de comerte a cabeza por hoxe. 145 00:10:04,440 --> 00:10:08,240 Imos marchar agora mesmo de aquí. Vamos, pitufiña. 146 00:10:08,240 --> 00:10:11,000 Marchamos. A estrela non a vas necesitar. 147 00:10:11,000 --> 00:10:12,280 Para nada. 148 00:10:13,200 --> 00:10:14,240 - De acordo? - Si. 149 00:10:14,240 --> 00:10:16,040 Veña, imos divertirnos. 150 00:10:33,720 --> 00:10:35,440 Maya, son Judith Burkett. 151 00:10:36,520 --> 00:10:39,920 Sei que tivemos os nosos desacordos ultimamente, 152 00:10:39,920 --> 00:10:41,840 pero boto en falta a miña neta. 153 00:10:42,400 --> 00:10:45,560 Gustaríame vela. Non me fagas suplicarche, por favor. 154 00:10:45,560 --> 00:10:46,520 Chámame, Maya. 155 00:10:47,080 --> 00:10:48,000 Toma, o último. 156 00:10:49,360 --> 00:10:50,800 - Pon as mans. - Que linda. 157 00:10:51,920 --> 00:10:53,720 Pon as manciñas así. 158 00:11:14,040 --> 00:11:17,000 - Non están os rapaces na casa? - Non, están... 159 00:11:19,160 --> 00:11:20,800 Andan por aí. Que queredes? 160 00:11:20,800 --> 00:11:23,920 Non estabas no ximnasio cando asasinaron a Joe Burkett. 161 00:11:23,920 --> 00:11:24,960 Ensínalle a foto. 162 00:11:24,960 --> 00:11:28,720 Esta foto fíxose ás 20:50 do 12 de abril, 163 00:11:28,720 --> 00:11:32,400 a noite da morte de Joe, cando afirmabas estar no ximnasio. 164 00:11:33,320 --> 00:11:34,160 Dime, Eddie, 165 00:11:35,040 --> 00:11:38,680 por que lle mentiches á policía durante a investigación dun crime? 166 00:11:39,840 --> 00:11:41,040 Non quería mentir. 167 00:11:42,200 --> 00:11:45,720 Si que fun ó ximnasio aquela noite, pero cando aparquei, 168 00:11:45,720 --> 00:11:48,280 atopeime alí con esa muller, e... 169 00:11:50,760 --> 00:11:52,440 empezou a facerme as beiras. 170 00:11:53,080 --> 00:11:56,640 Levo sen estar solteiro dende os 21, e, de súpeto, xa vedes... 171 00:11:58,160 --> 00:12:03,160 Chámase Sasha, é divertida, intelixente e conxeniamos enseguida. 172 00:12:03,160 --> 00:12:05,040 E iso non pasa a miúdo. 173 00:12:05,760 --> 00:12:09,800 - Esa noite estragáraselle o coche. - Xusto cando chegaches? 174 00:12:09,800 --> 00:12:12,440 - Nada como os de antes. - Foi o que me dixo. 175 00:12:12,440 --> 00:12:15,160 Que o coche non lle ía e que se podía levala á casa. 176 00:12:16,400 --> 00:12:17,800 Logo invitoume a pasar. 177 00:12:17,800 --> 00:12:19,760 Pode confirmar que estabas alí? 178 00:12:19,760 --> 00:12:22,080 Non, porque non entrei. 179 00:12:23,200 --> 00:12:25,200 Non fun quen de pasar da porta. 180 00:12:25,720 --> 00:12:28,520 Sentín un sinal, preparoume unha copa, pero... 181 00:12:29,120 --> 00:12:31,680 non puiden. Non paraba de pensar en Claire. 182 00:12:33,400 --> 00:12:35,560 Marchei, e non volvín falar con ela. 183 00:12:36,160 --> 00:12:39,400 Conducín pola cidade, e acabei nun pub. 184 00:12:41,080 --> 00:12:45,000 Debín contárvolo directamente, pero non quería que o soubesen os nenos 185 00:12:45,000 --> 00:12:46,640 e o interpretasen mal. 186 00:12:47,560 --> 00:12:51,560 Necesitamos o contacto de Sasha e do pub para corroboralo. 187 00:13:04,640 --> 00:13:07,280 {\an8}ESTÁS LIBRE HOXE? NO CLUB DEPORTIVO DE WINHERST ÁS 12? 188 00:13:07,280 --> 00:13:08,840 {\an8}PERFECTO, VÉMONOS ALÍ. 189 00:13:10,680 --> 00:13:12,480 {\an8}XURDIUME ALGO. NON PODO QUEDAR HOXE 190 00:13:12,480 --> 00:13:14,880 {\an8}- Ola. - Ai, ola, Louis. 191 00:13:15,640 --> 00:13:18,400 Síntoo, xa me vou. Ía quedar con alguén aquí. 192 00:13:31,880 --> 00:13:33,720 Eu son o da páxina web. 193 00:13:36,240 --> 00:13:37,560 Son o teu medio irmán. 194 00:13:39,720 --> 00:13:42,520 Sei que é raro. Non imaxinaba así este momento. 195 00:13:42,520 --> 00:13:45,880 Que dis? Non podes ser ti. Traballas para o meu equipo. 196 00:13:45,880 --> 00:13:49,760 Sería moita coincidencia. Ou traballas aquí para vixiarme? 197 00:13:49,760 --> 00:13:52,560 Si, xurdiume un traballo no club, e pensei... 198 00:13:53,160 --> 00:13:56,360 - Polo amor de Deus. - Xa sei que ten mala pinta. 199 00:13:56,360 --> 00:13:59,760 Estaba asustado. Non sabía como dicircho, e... 200 00:14:00,640 --> 00:14:02,440 Pasábao xenial coa túa nai. 201 00:14:02,440 --> 00:14:04,880 Faloume de vós, pero tras a súa morte, 202 00:14:04,880 --> 00:14:07,960 non sabía como presentarme, xurdiume este traballo, 203 00:14:07,960 --> 00:14:09,400 e pareceume boa idea. 204 00:14:10,440 --> 00:14:12,800 Como que o pasabas xenial coa miña nai? 205 00:14:13,720 --> 00:14:14,600 Pois iso. 206 00:14:14,600 --> 00:14:18,280 Estabámonos coñecendo. A primeira vez vímonos nunha cafetería. 207 00:14:19,920 --> 00:14:23,000 Logo foi o do colexio, aínda que iso foi raro. 208 00:14:23,000 --> 00:14:26,000 Non, se miña nai te vise no meu colexio, saberíao. 209 00:14:26,000 --> 00:14:29,160 Non falo do teu. Era un colexio raro para ricos. 210 00:14:29,160 --> 00:14:31,640 Fíxome finxir que quería estudar alí. 211 00:14:31,640 --> 00:14:34,480 - Ensináronnos todo. - Por que ía facer iso? 212 00:14:34,480 --> 00:14:36,720 Nin idea. Foi moi raro. 213 00:14:36,720 --> 00:14:39,680 Era coma se estivésemos nunha misión secreta. 214 00:14:40,200 --> 00:14:43,640 Quixen falar diso con ela, pero foi a última vez que a vin. 215 00:14:44,160 --> 00:14:45,680 Matárona ó día seguinte. 216 00:14:51,960 --> 00:14:52,800 Avoa. 217 00:14:57,080 --> 00:14:58,800 Aquí está a miña pequerrecha. 218 00:15:01,400 --> 00:15:03,200 Meu amor. Ai, miña Lily. 219 00:15:04,080 --> 00:15:05,160 - Cariño. - Lily. 220 00:15:05,160 --> 00:15:07,160 - Si. - Lily, atende. 221 00:15:07,160 --> 00:15:11,000 Por que non vas á sala de xogos, que xa vai a avoa agora. 222 00:15:11,520 --> 00:15:13,360 - Moi ben. - Vamos, bonita. 223 00:15:13,360 --> 00:15:14,800 Iso é. Pásao ben. 224 00:15:15,480 --> 00:15:18,000 - Sabía que entrarías en razón. - Xa vexo. 225 00:15:19,400 --> 00:15:24,080 Por iso a última vez que te vin insinuaches que me estaba volvendo tola. 226 00:15:24,080 --> 00:15:25,880 É que me estabas preocupando. 227 00:15:26,600 --> 00:15:30,320 Non é que ultimamente te comportes como unha persoa estable. 228 00:15:30,320 --> 00:15:32,400 Estou totalmente estable, Judith. 229 00:15:32,400 --> 00:15:35,280 Estás ó límite, e presentas os sinais típicos. 230 00:15:35,920 --> 00:15:38,040 Afástaste dos que te queren, dormes mal, 231 00:15:38,040 --> 00:15:41,640 non coidas coma sempre a túa imaxe. 232 00:15:41,640 --> 00:15:43,920 Podes parar cos xogos psicolóxicos? 233 00:15:43,920 --> 00:15:45,680 - Xogos psicolóxicos? - Si. 234 00:15:45,680 --> 00:15:49,560 Levo máis de 40 anos sendo psiquiatra, máis dos que levo nesta familia. 235 00:15:49,560 --> 00:15:53,320 Non me meterás nunha unidade psiquiátrica como a Caroline. 236 00:15:53,320 --> 00:15:56,920 Se segues con iso, Lily e eu sairemos por esa porta 237 00:15:56,920 --> 00:15:58,160 e non volveremos. 238 00:15:59,880 --> 00:16:01,920 Vou pedir que nos preparen un té. 239 00:16:03,120 --> 00:16:03,960 Marabilloso. 240 00:16:12,000 --> 00:16:12,840 Ola, Abby. 241 00:16:12,840 --> 00:16:14,080 Tía Maya, ola. 242 00:16:16,440 --> 00:16:18,040 Non te asustes, vale? 243 00:16:18,960 --> 00:16:20,720 Atopei o outro fillo de mamá. 244 00:16:20,720 --> 00:16:21,640 Como? 245 00:16:22,720 --> 00:16:25,000 - Onde? - É longo de explicar. 246 00:16:25,000 --> 00:16:25,920 Ai, Deus. 247 00:16:26,480 --> 00:16:28,520 E como é? 248 00:16:28,520 --> 00:16:29,440 Ti estás ben? 249 00:16:30,400 --> 00:16:31,960 Si, estou ben. 250 00:16:33,080 --> 00:16:35,560 Pero creo que mamá tramaba algo raro. 251 00:16:35,560 --> 00:16:38,240 Di que foron xuntos a un colexio para ricos, 252 00:16:38,240 --> 00:16:41,040 e finxiu que quería inscribirse. Falaron co director 253 00:16:41,040 --> 00:16:44,280 e ensinoulles todo. E ó día seguinte, matárona. 254 00:16:44,280 --> 00:16:47,800 - Non ten sentido, verdade? - Sabe como se chama o colexio? 255 00:16:47,800 --> 00:16:52,400 Non, só que empeza por "F", algo así como Frederick ou Frank algo. 256 00:16:53,200 --> 00:16:54,040 Tía Maya? 257 00:16:55,040 --> 00:16:56,520 Sóache de algo? 258 00:16:57,680 --> 00:17:01,400 Non estou segura. Mira, creo que deberías chamar o teu pai. 259 00:17:02,040 --> 00:17:02,880 Está ben. 260 00:17:03,920 --> 00:17:05,480 Fareino. Chao. 261 00:17:05,480 --> 00:17:06,760 Vale. Chao. 262 00:17:24,640 --> 00:17:25,480 Caroline? 263 00:17:26,680 --> 00:17:28,360 Ti non estabas no hospital? 264 00:17:32,520 --> 00:17:33,560 Caroline. 265 00:17:56,000 --> 00:17:56,840 Caroline? 266 00:18:58,960 --> 00:18:59,920 Franklin Biddle. 267 00:18:59,920 --> 00:19:03,040 ACADEMIA FRANKLIN BIDDLE 268 00:19:03,640 --> 00:19:06,800 Vale, miña rula, vaste porta ben coa avoa? 269 00:19:06,800 --> 00:19:09,120 - Si. Avoa! - Si? Moi ben. 270 00:19:09,120 --> 00:19:13,120 Pode quedar aquí toda a tarde. Despois veño recollela. 271 00:19:15,160 --> 00:19:16,000 Oi! 272 00:19:18,640 --> 00:19:20,600 Espero que saias ó teu pai. 273 00:19:33,600 --> 00:19:35,280 Sempre souben que era adoptado. 274 00:19:36,240 --> 00:19:40,720 Miña nai contoumo cando era neno. Sempre estivemos os dous sós. 275 00:19:41,240 --> 00:19:44,080 E chégame dabondo, de verdade. Quéroa moito. 276 00:19:46,080 --> 00:19:47,760 Pero sentía curiosidade. 277 00:19:49,080 --> 00:19:51,920 Así que ó facer os 18, inscribinme na web de ADN 278 00:19:51,920 --> 00:19:54,040 e atopei a Claire de contado. 279 00:19:54,760 --> 00:19:57,360 Por fin podía coñecela logo de tanto tempo. 280 00:19:57,360 --> 00:19:59,920 Do meu pai biolóxico aínda non sei nada. 281 00:19:59,920 --> 00:20:02,080 Igual non quere saber nada de min. 282 00:20:02,840 --> 00:20:05,600 Pero sen Claire non sabería nin onde buscalo. 283 00:20:06,920 --> 00:20:11,440 Oxalá a tivese atopado antes. Apenas puiden pasar tempo con ela. 284 00:20:13,000 --> 00:20:14,560 Por que non fuches á policía? 285 00:20:15,920 --> 00:20:16,760 Perdón? 286 00:20:16,760 --> 00:20:19,680 Dixeches que estiveras con ela días antes de que... 287 00:20:21,640 --> 00:20:22,600 De que morrera. 288 00:20:23,160 --> 00:20:26,320 Se che importaba tanto, por que non fuches á policía? 289 00:20:26,320 --> 00:20:27,840 Non me pareceu necesario. 290 00:20:28,880 --> 00:20:32,720 Morreu nun roubo, non? Iso dixeron nas noticias. 291 00:20:32,720 --> 00:20:34,920 Pensei en achegarme a ti e a Daniel, 292 00:20:35,520 --> 00:20:38,760 pero supuxen que entón non quereriades sabelo, non así. 293 00:20:38,760 --> 00:20:41,080 Non fales con Daniel disto, vale? 294 00:20:43,000 --> 00:20:45,320 E non me escribas. Necesito pensar. 295 00:20:46,840 --> 00:20:47,680 Enténdoo. 296 00:20:48,960 --> 00:20:49,840 Pero... 297 00:20:51,280 --> 00:20:54,520 podemos volver quedar, despois do tempo que necesites? 298 00:20:54,520 --> 00:20:55,440 Adeus, Louis. 299 00:21:12,040 --> 00:21:13,320 Deberías vir con Molly. 300 00:21:16,280 --> 00:21:18,200 Tardan. Que cres que significa? 301 00:21:18,200 --> 00:21:20,040 Non creo que signifique nada. 302 00:21:21,800 --> 00:21:22,720 Estou invitado? 303 00:21:23,520 --> 00:21:26,040 Á superfesta de aniversario de Ebony? 304 00:21:26,040 --> 00:21:29,280 Estou traballando niso. Terei que venderte mellor. 305 00:21:29,280 --> 00:21:30,200 Oh. 306 00:21:31,000 --> 00:21:32,600 Sabes facer animais con globos? 307 00:21:36,800 --> 00:21:39,640 En fin, non te preocupes por iso agora. 308 00:21:42,000 --> 00:21:44,160 - Respira profundamente, si? - Si. 309 00:21:51,160 --> 00:21:54,440 Ben, deberías... Deberías ir marchando. Chámote despois. 310 00:21:54,440 --> 00:21:56,200 É que agora necesito... 311 00:21:57,440 --> 00:21:58,320 prepararme. 312 00:21:59,600 --> 00:22:00,440 De acordo. 313 00:22:02,000 --> 00:22:03,560 Seino. Veña, marcha. 314 00:22:04,480 --> 00:22:05,320 Chámame. 315 00:22:18,360 --> 00:22:20,160 - Sami? Pasa por aquí. - Si. 316 00:22:33,360 --> 00:22:34,560 Dexenerativo. 317 00:22:35,840 --> 00:22:40,320 Parece ser que o teu cerebro non funciona como debería, 318 00:22:40,320 --> 00:22:43,560 e preocúpame que os teus síntomas empeoren co tempo. 319 00:22:44,240 --> 00:22:49,480 Tanto a resonancia como o electro amosan signos de dano cerebral. 320 00:22:50,080 --> 00:22:53,320 Aínda non fomos quen de determinar se... 321 00:22:53,320 --> 00:22:54,480 É culpa miña? 322 00:22:55,360 --> 00:22:57,920 Por beber. Provoqueime isto? 323 00:22:59,680 --> 00:23:02,960 Por agora non temos suficientes probas para confirmalo. 324 00:23:07,000 --> 00:23:11,320 Debido a que nada se comporta da maneira que esperariamos, 325 00:23:11,920 --> 00:23:14,000 é difícil determinar a velocidade 326 00:23:14,000 --> 00:23:16,280 coa que isto pode avanzar. 327 00:23:18,760 --> 00:23:20,440 Oxalá tivese mellores novas. 328 00:23:37,960 --> 00:23:38,800 Sami. 329 00:23:42,360 --> 00:23:43,200 Sami? 330 00:23:44,920 --> 00:23:45,760 Si. 331 00:23:48,400 --> 00:23:49,240 Vale. 332 00:25:37,240 --> 00:25:38,840 DIRECTOR SR. LOCKWOOD 333 00:25:45,520 --> 00:25:46,480 Ola? 334 00:26:00,480 --> 00:26:01,640 Vaia, ola. 335 00:26:11,720 --> 00:26:12,960 Merda. 336 00:26:14,320 --> 00:26:15,400 Polo amor de Deus. 337 00:26:15,400 --> 00:26:18,920 Señor director, perdón por entrar así. 338 00:26:18,920 --> 00:26:21,840 Esperaba poder falar con vostede. 339 00:26:21,840 --> 00:26:25,440 O habitual é esperar ó outro lado da porta. 340 00:26:25,440 --> 00:26:27,680 - Culpa miña. - Claro que o é. 341 00:26:28,520 --> 00:26:31,240 En calquera caso, hoxe estou moi ocupado, 342 00:26:31,240 --> 00:26:33,360 non acepto reunións, señora... 343 00:26:33,360 --> 00:26:37,040 Burkett. Son a nora de Judith Burkett. 344 00:26:38,080 --> 00:26:41,320 - Non sei se se lembra dela. - Por suposto que si. 345 00:26:41,320 --> 00:26:44,760 Judith Burkett é unha das nosas mellores benfeitoras. 346 00:26:44,760 --> 00:26:47,040 Xa. Pois envíalle saúdos. 347 00:26:48,200 --> 00:26:50,320 Encantada de coñecelo. Maya. 348 00:26:50,320 --> 00:26:51,400 Neville Lockwood. 349 00:26:53,400 --> 00:26:54,280 Así que... 350 00:26:56,640 --> 00:26:57,960 O seu marido... 351 00:26:59,000 --> 00:27:01,400 Joe. Joe Burkett. 352 00:27:01,400 --> 00:27:03,320 Lamento moito a súa perda. 353 00:27:03,320 --> 00:27:07,280 O seu marido era un dos nosos estudantes máis queridos. 354 00:27:07,280 --> 00:27:11,840 Se estaba interesada en que creásemos un premio conmemorativo en honor a Joe... 355 00:27:13,600 --> 00:27:15,800 En realidade, vin por outra cousa. 356 00:27:16,440 --> 00:27:19,640 Quería preguntarlle por unha muller chamada Claire Walker. 357 00:27:19,640 --> 00:27:23,000 Fíxolle unha visita co seu fillo hai uns meses. 358 00:27:23,000 --> 00:27:28,080 - Perdoe, pero a que vén isto? - Recorda ter falado con ela? 359 00:27:28,080 --> 00:27:31,840 - Non. - Faga un esforzo por recordalo. 360 00:27:31,840 --> 00:27:34,280 Señora Burkett, son o director 361 00:27:34,280 --> 00:27:36,920 dun dos colexios máis prestixiosos do país. 362 00:27:36,920 --> 00:27:40,600 Moitos pais ansían unha praza aquí para os seus fillos. 363 00:27:41,200 --> 00:27:43,680 Quedo cunha morea deles ó mes. 364 00:27:44,200 --> 00:27:49,040 Claire non tiña interese en meter os seus fillos nun internado fachendoso. 365 00:27:50,200 --> 00:27:51,920 Quería descubrir algo. 366 00:27:52,560 --> 00:27:56,560 E estou convencida de que, fose o que fose, recorda esa conversación. 367 00:27:56,560 --> 00:27:58,760 Síntoo, pero non sei de que me fala. 368 00:27:58,760 --> 00:28:00,720 - Creo que mente. - Como di? 369 00:28:00,720 --> 00:28:02,960 Creo que sabe de sobra de que falo. 370 00:28:02,960 --> 00:28:06,560 Claire era a miña irmá. Matárona despois da súa visita aquí. 371 00:28:06,560 --> 00:28:09,000 Así que a información que lle deu, 372 00:28:09,000 --> 00:28:11,880 fose o que fose o que andaba buscando, 373 00:28:11,880 --> 00:28:15,200 fixo que non estea na casa coa súa familia agora mesmo. 374 00:28:15,200 --> 00:28:19,080 - Voulle ter que pedir que marche. - Non ata que me responda. 375 00:28:22,520 --> 00:28:26,480 Non estou na obriga de satisfacer a súa curiosidade, capitá Stern. 376 00:28:29,200 --> 00:28:31,440 Si, sei quen é. 377 00:28:34,720 --> 00:28:35,640 Déixeme pensar... 378 00:28:37,760 --> 00:28:42,040 Non construíu a nova á de ciencias co diñeiro dos Burkett o ano pasado? 379 00:28:43,000 --> 00:28:46,160 Judith e mais eu estamos moi unidas. 380 00:28:47,000 --> 00:28:51,240 Podería convencela para que deixase de doarlles cartos. 381 00:28:52,480 --> 00:28:55,120 Déame respostas e marcharei. 382 00:29:00,440 --> 00:29:02,520 A súa irmá veu a finais de ano. 383 00:29:03,520 --> 00:29:07,120 Ó principio finxiu que quería unha praza para o seu fillo. 384 00:29:08,200 --> 00:29:10,640 Pero enseguida cambiou a outras preguntas 385 00:29:11,240 --> 00:29:12,960 sobre un exalumno noso. 386 00:29:13,920 --> 00:29:14,800 Theo Mora. 387 00:29:17,320 --> 00:29:19,520 Pódeme dar os seus datos de contacto? 388 00:29:21,920 --> 00:29:24,600 Necesito poñerme en contacto con el. 389 00:29:24,600 --> 00:29:25,760 Véxoo difícil. 390 00:29:27,440 --> 00:29:31,520 Theo morreu cando aínda estudaba aquí, hai máis de 25 anos. 391 00:29:34,400 --> 00:29:37,200 Sorpréndeme que o seu marido non llo mencionara, 392 00:29:38,680 --> 00:29:40,120 dado que eran amigos. 393 00:30:17,200 --> 00:30:18,680 Si, e este é parecido. 394 00:30:18,680 --> 00:30:20,800 - Ah, ese gústame. - Si. 395 00:30:20,800 --> 00:30:21,960 Xa estás aquí. 396 00:30:22,520 --> 00:30:23,360 Vente. 397 00:30:24,920 --> 00:30:26,640 - Ola. - Todo ben? 398 00:30:26,640 --> 00:30:27,760 - Todo ben. - Ben. 399 00:30:27,760 --> 00:30:30,960 Dicíalle a Molly que non é habitual que o noivo chame 400 00:30:30,960 --> 00:30:32,480 para que nos vexamos. 401 00:30:33,720 --> 00:30:35,680 Pero que ben que veñades os dous. 402 00:30:35,680 --> 00:30:38,920 Comentábasme por teléfono que tiñas unha idea concreta... 403 00:30:38,920 --> 00:30:41,240 Sami. Descúlpanos. Sami? 404 00:30:41,920 --> 00:30:43,080 Ei, que che pasa? 405 00:30:43,680 --> 00:30:45,880 - Meu amor, que pasa? - Nada. Déixame. 406 00:30:47,040 --> 00:30:47,880 Pero que pasa? 407 00:30:49,680 --> 00:30:52,600 Sami, estasme asustando. Por favor, dime que pasa. 408 00:30:52,600 --> 00:30:55,360 Aparta. Teño que contarche unha cousa. 409 00:30:55,360 --> 00:30:56,840 - Vale? - Vale. 410 00:30:58,040 --> 00:31:01,160 - Non queres seguir con isto? - Claro que quero, pero... 411 00:31:01,160 --> 00:31:04,320 - Hai algo que debes saber. Vale? - Vale. 412 00:31:08,000 --> 00:31:10,560 Sóltao xa. Sami, estasme asustando. 413 00:31:10,560 --> 00:31:12,840 Por favor. Que pasa? 414 00:31:14,840 --> 00:31:15,880 Non podo facelo. 415 00:31:15,880 --> 00:31:17,240 Non podo. Síntoo. 416 00:31:17,760 --> 00:31:19,960 Pero como que non...? Sami! 417 00:31:21,800 --> 00:31:22,640 Sami! 418 00:31:28,560 --> 00:31:30,000 Como morreu Theo? 419 00:31:31,280 --> 00:31:34,480 Se lle digo que preferiría non darlle esa información, 420 00:31:35,560 --> 00:31:39,680 supoño que volverá coaccionarme torpemente con ameazas financeiras. 421 00:31:41,920 --> 00:31:43,520 Por respecto á súa familia, 422 00:31:43,520 --> 00:31:46,760 se llo conto, prométeme que non sairá de aquí? 423 00:31:47,600 --> 00:31:48,440 Si. 424 00:31:49,640 --> 00:31:51,560 Theo morreu por un coma etílico. 425 00:31:51,560 --> 00:31:54,120 Como? Bebeu ata morrer? 426 00:31:56,160 --> 00:31:58,120 O equipo gañara un premio importante. 427 00:31:58,120 --> 00:32:01,800 Estaban eufóricos e, por suposto, todos querían celebralo. 428 00:32:02,520 --> 00:32:03,640 Estiveron bebendo. 429 00:32:05,080 --> 00:32:07,040 Eran rapaces novos lonxe da casa. 430 00:32:07,560 --> 00:32:08,960 A cousa descontrolouse. 431 00:32:10,040 --> 00:32:13,040 Theo debeu de apartarse do resto do grupo. 432 00:32:14,840 --> 00:32:16,520 Atopárono á mañá seguinte. 433 00:32:18,640 --> 00:32:20,760 Foi un golpe moi duro. 434 00:32:21,680 --> 00:32:24,240 Ocorreu o 8 de xuño do 1996. 435 00:32:25,560 --> 00:32:26,480 O oito de xuño... 436 00:32:28,720 --> 00:32:31,320 Seis semanas antes de que Andrew morrera no mar. 437 00:32:33,960 --> 00:32:37,480 Non lle pareceu raro que dous alumnos morreran tan seguido? 438 00:32:38,800 --> 00:32:41,120 - Cre que foi unha coincidencia? - Non. 439 00:32:42,960 --> 00:32:45,680 Antes de director, fun profesor de matemáticas, 440 00:32:46,320 --> 00:32:51,480 experto en datos bivariantes, regresión linear, desviación estándar... 441 00:32:52,800 --> 00:32:56,680 Atreveríame a dicir que iso me dá unha mellor visión que á maioría 442 00:32:56,680 --> 00:32:58,720 sobre as leis da probabilidade. 443 00:32:58,720 --> 00:33:01,000 Claro que non foi unha coincidencia. 444 00:33:02,160 --> 00:33:03,680 E que cre que pasou? 445 00:33:04,760 --> 00:33:08,160 Que dous estudantes dun colexio de elite para varóns 446 00:33:08,160 --> 00:33:11,880 morran cunha diferenza de dous meses é pouco probable. 447 00:33:11,880 --> 00:33:15,160 Que foran dous rapaces do mesmo curso, aínda menos. 448 00:33:15,160 --> 00:33:20,080 Que estiveran no mesmo equipo de fútbol xa é demasiada coincidencia. 449 00:33:20,080 --> 00:33:23,760 Pero aínda falta engadir un factor máis á ecuación 450 00:33:23,760 --> 00:33:28,240 que fai que a posibilidade de que fora coincidencia sexa nula. 451 00:33:28,240 --> 00:33:29,400 Que factor? 452 00:33:29,400 --> 00:33:32,840 Theo Mora e Andrew Burkett eran mellores amigos. 453 00:33:33,480 --> 00:33:36,440 Cre que Andrew se tirou polo que lle pasou a Theo? 454 00:33:36,440 --> 00:33:37,360 Si. 455 00:33:38,120 --> 00:33:40,440 Ben, con iso chégalle? 456 00:33:41,240 --> 00:33:44,560 Ou aínda lle queda algunha outra vulgar ameaza que facer? 457 00:33:44,560 --> 00:33:47,480 Lembra quen máis do equipo estaba no barco? 458 00:33:50,000 --> 00:33:52,760 - Pois Andrew e Joe, obviamente. - Xa. 459 00:33:53,400 --> 00:33:55,480 Un rapaz chamado Christopher Swain, 460 00:33:56,440 --> 00:33:59,280 e seguramente algún rapaz máis do equipo. 461 00:34:01,040 --> 00:34:02,120 Señora Burkett, 462 00:34:03,040 --> 00:34:05,720 o que lle ocorreu a Theo foi unha traxedia, 463 00:34:06,720 --> 00:34:07,680 non un misterio. 464 00:34:09,200 --> 00:34:13,640 Creo que está profundamente aflixida, 465 00:34:14,240 --> 00:34:18,480 e quizais iso faga que vexa padróns onde non os hai. 466 00:34:20,000 --> 00:34:24,200 Aquí, no campo de batalla da ensinanza superior, 467 00:34:25,640 --> 00:34:28,880 non hai inimigos ocultos nin subterfuxios elaborados. 468 00:34:29,760 --> 00:34:31,520 Só rapaces sendo rapaces. 469 00:34:32,120 --> 00:34:35,160 Déixelle os símiles militares ós profesores de poesía. 470 00:34:35,160 --> 00:34:37,480 Está quedando en ridículo. 471 00:34:51,040 --> 00:34:53,240 - Eddie, non é... - Sabes onde está Abby? 472 00:34:54,120 --> 00:34:57,560 Mentiume, dixo que ía onde unha amiga, e non colle o teléfono. 473 00:34:57,560 --> 00:35:00,680 - Daniel non o sabe. - Chamoume hai un par de horas. 474 00:35:01,600 --> 00:35:03,440 E díxoche que estaba a facer? 475 00:35:04,520 --> 00:35:06,120 Maya, son seu pai. 476 00:35:10,720 --> 00:35:12,720 Seica atopou o fillo de Claire. 477 00:35:12,720 --> 00:35:15,080 - O que dera en adopción. - Que? 478 00:35:15,080 --> 00:35:17,800 Onde? Como o atopou? 479 00:35:17,800 --> 00:35:19,760 - Mira... - Contáchesllo ti? 480 00:35:19,760 --> 00:35:22,800 - Non. A ver, Eddie, o importante... - Hostia xa. 481 00:35:43,840 --> 00:35:47,080 MORRE UN GRAN DIANTEIRO TRÁXICA PERDA DUN DEPORTISTA PROMETEDOR 482 00:35:47,080 --> 00:35:48,000 ACCIDENTE TRÁXICO 483 00:35:48,000 --> 00:35:50,800 {\an8}OS SEUS PAIS JAVIER E RAISA... 484 00:36:00,640 --> 00:36:01,840 Mora... 485 00:36:02,360 --> 00:36:04,560 {\an8}JAVIER MORA SERVIZOS DE XARDINARÍA 486 00:36:15,520 --> 00:36:17,480 Boas. Sinto moito molestala. 487 00:36:17,480 --> 00:36:21,600 Son Maya Stern. Gustaríame falar con vostede da morte do seu fillo. 488 00:36:21,600 --> 00:36:24,800 Por que ía querer falar diso cunha descoñecida? 489 00:36:25,360 --> 00:36:28,040 Non. O meu marido era un Burkett. 490 00:36:36,480 --> 00:36:38,960 - Que familia tan bonita. - Grazas. 491 00:36:40,640 --> 00:36:43,200 Eses son Theo e Paul. 492 00:36:44,080 --> 00:36:46,440 E Adam, que é cirurxián. 493 00:36:46,440 --> 00:36:47,480 Oh. 494 00:36:47,480 --> 00:36:49,160 E Javier, o meu marido. 495 00:36:49,160 --> 00:36:51,680 Faleceu hai un par de anos. 496 00:36:51,680 --> 00:36:52,600 Síntoo. 497 00:36:53,280 --> 00:36:54,720 Era xardineiro. 498 00:36:55,400 --> 00:36:57,720 O señor Lockwood era cliente seu. 499 00:36:57,720 --> 00:36:59,520 O señor Lockwood, o director? 500 00:37:01,160 --> 00:37:02,960 - Por favor. - Grazas. 501 00:37:13,680 --> 00:37:16,440 De feito, foi idea de Lockwood 502 00:37:17,120 --> 00:37:18,560 o da bolsa para Theo. 503 00:37:18,560 --> 00:37:21,880 Querían ter un alumnado máis diverso e... 504 00:37:22,880 --> 00:37:25,120 Era demasiado bo para rexeitalo, 505 00:37:25,120 --> 00:37:29,400 pero, non sei, cando Javi mo comentou por primeira vez, 506 00:37:31,280 --> 00:37:32,120 deume medo. 507 00:37:33,160 --> 00:37:36,480 - Sentíase coma unha intrusa. - Era unha intrusa. 508 00:37:37,080 --> 00:37:38,960 Pero iso non me preocupaba. 509 00:37:38,960 --> 00:37:42,280 O que non quería era que Theo se sentise así, sabe? 510 00:37:43,200 --> 00:37:45,280 Non quería que se metesen con el. 511 00:37:46,040 --> 00:37:48,080 - Foi iso o que pasou? - Non. 512 00:37:48,680 --> 00:37:50,600 Destacou naquel sitio. 513 00:37:51,800 --> 00:37:53,280 Era moi popular. 514 00:37:53,280 --> 00:37:56,520 Íalle ben nos estudos e era o mellor nos deportes. 515 00:37:57,720 --> 00:38:01,920 E sentinme ridícula por terme preocupado tanto. 516 00:38:04,840 --> 00:38:06,040 E un día... 517 00:38:10,080 --> 00:38:11,280 chamaron á porta. 518 00:38:13,960 --> 00:38:16,640 Nada te prepara para algo así. 519 00:38:18,360 --> 00:38:21,640 Dixéronme que fora por unha sobredose 520 00:38:22,280 --> 00:38:23,440 de alcohol. 521 00:38:25,640 --> 00:38:28,440 Eu respondinlles: "Theo non bebe." 522 00:38:29,320 --> 00:38:33,440 E eles miráronme coma se fose unha nai inxenua. 523 00:38:34,640 --> 00:38:36,480 O meu marido sempre dicía 524 00:38:37,400 --> 00:38:39,840 que tiña que haber algo máis. 525 00:38:39,840 --> 00:38:42,960 E eu tamén o pensei no funeral 526 00:38:42,960 --> 00:38:45,640 ó ver eses rapaces coas súas americanas 527 00:38:46,360 --> 00:38:49,600 e todo o persoal en liña, coa cabeza baixa. 528 00:38:51,360 --> 00:38:53,800 Os ricos protéxense entre eles. 529 00:38:55,000 --> 00:38:57,120 Falaches cos rapaces sobre o tema? 530 00:38:58,000 --> 00:39:00,240 Con Joe ou con Andrew? 531 00:39:02,080 --> 00:39:03,280 Andrew caíame ben. 532 00:39:04,640 --> 00:39:06,200 Non era coma os demais. 533 00:39:06,920 --> 00:39:09,280 El chorou de verdade no funeral. 534 00:39:09,280 --> 00:39:11,400 El e outro rapaz. 535 00:39:12,080 --> 00:39:14,440 - Christopher algo... - Christopher Swain? 536 00:39:14,440 --> 00:39:15,360 Ese mesmo. 537 00:39:17,400 --> 00:39:18,240 E... 538 00:39:19,120 --> 00:39:21,920 Souben que Andrew morrera naquel barco. 539 00:39:22,600 --> 00:39:25,320 A familia Burkett dixo que fora un accidente. 540 00:39:25,920 --> 00:39:29,280 Outra xente dicía que fora polo de Theo, 541 00:39:30,000 --> 00:39:31,840 pola dor que sentía. 542 00:39:32,440 --> 00:39:36,040 Pero a dor non fai que un rapaz se tire ó mar. 543 00:39:37,680 --> 00:39:38,880 A culpa si. 544 00:39:54,040 --> 00:39:56,480 Ola, son Abby. Deixa a túa mensaxe... 545 00:40:00,400 --> 00:40:01,880 SALÓN RECREATIVO PLAYER ONE 546 00:40:02,880 --> 00:40:03,720 Corey? 547 00:40:07,400 --> 00:40:09,440 Hai que buscar un sistema mellor. 548 00:40:17,000 --> 00:40:18,080 - Ola. - Ei. 549 00:40:19,600 --> 00:40:20,680 Vin a túa chamada. 550 00:40:21,480 --> 00:40:24,520 Sabe alguén que estás aquí? Non te seguirían, non? 551 00:40:24,520 --> 00:40:26,760 Agora que ti deixaches de facelo, non. 552 00:40:29,160 --> 00:40:30,480 A que se debe isto? 553 00:40:31,120 --> 00:40:32,800 Pois a que tiñas razón 554 00:40:33,720 --> 00:40:37,720 co de que Tommy Dark desaparecera. Non hai nin rastro del. 555 00:40:38,240 --> 00:40:39,080 Xa. 556 00:40:39,880 --> 00:40:42,040 Pero hai cousa dun mes, 557 00:40:42,040 --> 00:40:46,800 intentou facer un pago nun almacén que ten alugado. 558 00:40:48,520 --> 00:40:50,120 Nun almacén? 559 00:40:52,840 --> 00:40:55,120 - Para que? - Iso me pregunto eu. 560 00:41:10,680 --> 00:41:12,520 Son Kierce. Deixa unha mensaxe. 561 00:41:12,520 --> 00:41:13,840 Kierce, son Marty. 562 00:41:13,840 --> 00:41:16,440 Nin ti nin PJ Dawson viñestes ó interrogatorio. 563 00:41:16,440 --> 00:41:20,120 Que el non apareza convérteo oficialmente en sospeitoso. 564 00:41:20,840 --> 00:41:25,680 Pero ti dixéchesme que chegarías a tempo. Espero que vaia todo ben. 565 00:41:26,640 --> 00:41:29,560 Que saibas que me podes chamar se necesitas falar, 566 00:41:29,560 --> 00:41:31,360 ir tomar unha cervexa ou... 567 00:41:32,160 --> 00:41:34,600 Prometo non pedir un batido de proteínas. 568 00:41:35,440 --> 00:41:39,040 Sei que pensas que isto non me incumbe, pero estou preocupado. 569 00:41:39,560 --> 00:41:42,400 En fin, vou buscar a PJ, 570 00:41:43,360 --> 00:41:45,920 mirarei no seu apartamento e na casa do pai, 571 00:41:45,920 --> 00:41:48,680 e traereino aquí polas orellas se fai falta. 572 00:41:49,600 --> 00:41:51,040 Ben, xa che contarei. 573 00:42:35,360 --> 00:42:39,240 - Estás de puta broma. - Non, prométocho, só quero falar. 574 00:42:49,640 --> 00:42:50,480 Sinto... 575 00:42:51,960 --> 00:42:54,280 - Sinto o da cara. - A boas horas. 576 00:42:56,240 --> 00:43:00,160 Viñeches aquí, déchesme unha puñada e marchaches por algún motivo? 577 00:43:00,160 --> 00:43:01,800 Ou deuche por aí sen máis? 578 00:43:01,800 --> 00:43:04,640 Sei que viches a miña filla ás miñas costas. 579 00:43:05,360 --> 00:43:08,200 Sei que falaches con ela e que veu ó teu piso. 580 00:43:08,880 --> 00:43:13,120 Agora estou aquí porque a miña filla anda en algures co teu fillo. 581 00:43:15,360 --> 00:43:18,200 - Fillo? - Deduzo que fuches ti quen llo contou. 582 00:43:18,200 --> 00:43:23,000 Cousa que creo que está totalmente fóra de lugar, 583 00:43:23,000 --> 00:43:27,280 debería facelo eu, que son seu pai, e necesito saber onde está, así que... 584 00:43:28,240 --> 00:43:30,240 dime que lle contaches, por favor. 585 00:43:30,800 --> 00:43:35,120 Non sabía que tiña un fillo ata que a túa me acurralou e o deixou caer. 586 00:43:35,760 --> 00:43:37,920 Non teño nin idea de onde están. 587 00:43:40,480 --> 00:43:41,680 Así que é un rapaz? 588 00:43:41,680 --> 00:43:44,320 Ou sexa, que descobres que tes un fillo 589 00:43:45,000 --> 00:43:47,320 e non fas nada para encontralo? 590 00:43:47,320 --> 00:43:48,320 E que fago? 591 00:43:48,960 --> 00:43:51,480 A parézolle na porta e dígolle: "Encantado"? 592 00:43:51,480 --> 00:43:52,760 Algo así, si. 593 00:43:53,280 --> 00:43:56,720 Para ti é fácil. Tes fillos, xa sabes como funciona. 594 00:43:56,720 --> 00:43:57,640 O que? 595 00:43:57,640 --> 00:44:00,560 Non sabía da súa existencia ata hai unha semana. 596 00:44:01,640 --> 00:44:04,320 Non se me dá nada ben tratar coa xente. 597 00:44:05,200 --> 00:44:07,840 A única persoa coa que conectei foi Claire, 598 00:44:07,840 --> 00:44:09,800 e iso foi hai anos. Non podo... 599 00:44:12,280 --> 00:44:13,960 Non sei por onde empezar. 600 00:44:17,040 --> 00:44:21,240 Sexa quen sexa, xa é un rapaz cunha familia e unha vida propias. 601 00:44:21,240 --> 00:44:25,600 Non necesita que apareza eu e o poña todo patas arriba. 602 00:44:28,680 --> 00:44:29,800 Abby, onde estás? 603 00:44:30,880 --> 00:44:34,440 Non estou enfadado, nena. Só quería saber que estabas ben. 604 00:44:37,600 --> 00:44:39,920 Vale, vémonos agora na casa. 605 00:44:41,440 --> 00:44:42,280 Quérote. 606 00:44:46,920 --> 00:44:47,760 Xa apareceu. 607 00:45:05,280 --> 00:45:09,000 Chamarías menos a atención sen as lentes de sol e a gorra. 608 00:45:09,000 --> 00:45:11,640 Prefiro non aceptar consellos sobre sixilo 609 00:45:11,640 --> 00:45:14,440 de alguén que voa todo polos aires dende un helicóptero. 610 00:45:14,440 --> 00:45:15,880 Moi bonito. 611 00:45:15,880 --> 00:45:19,640 Eu son máis de facer ilegalidades dende detrás dunha pantalla. 612 00:45:27,560 --> 00:45:28,400 Sami. 613 00:45:32,600 --> 00:45:33,680 Vin a túa mensaxe. 614 00:45:43,840 --> 00:45:45,280 Dáme unha boa razón. 615 00:45:47,360 --> 00:45:49,360 Para non beber ou para non saltar? 616 00:45:56,560 --> 00:45:57,640 Que che dixeron? 617 00:46:06,280 --> 00:46:07,120 Merda. 618 00:46:09,080 --> 00:46:10,040 Síntoo, Sami. 619 00:46:15,680 --> 00:46:16,520 Seica... 620 00:46:18,520 --> 00:46:19,480 non hai cura. 621 00:46:20,960 --> 00:46:22,160 Irá... 622 00:46:23,960 --> 00:46:26,800 empeorando ata que acabe comigo. 623 00:46:32,000 --> 00:46:34,480 Como vou formar unha familia e facerlle isto? 624 00:46:34,480 --> 00:46:37,920 - Molly é forte. - Non tería por que selo! 625 00:46:39,160 --> 00:46:41,400 Tería que selo eu. Eu tería que ser... 626 00:46:43,000 --> 00:46:43,840 Entendes? 627 00:46:49,640 --> 00:46:52,920 Puta merda. Por fin estaba facendo as cousas ben. 628 00:46:55,480 --> 00:46:57,200 Cagueina durante moito tempo. 629 00:46:58,760 --> 00:47:01,720 Por fin estaba facendo as cousas ben, e agora isto... 630 00:47:08,120 --> 00:47:08,960 Non. 631 00:47:10,880 --> 00:47:12,320 Non lle podo facer isto. 632 00:47:44,320 --> 00:47:46,520 Estasme ocultando algo, verdade? 633 00:47:49,880 --> 00:47:51,120 Veña, Corey. 634 00:47:52,360 --> 00:47:53,960 Ter segredos non che pega. 635 00:47:56,400 --> 00:47:57,640 Eu tamén estou nisto. 636 00:47:59,160 --> 00:48:01,720 Necesito saber exactamente que sabía Claire. 637 00:48:03,160 --> 00:48:04,640 Por que non mo contaches? 638 00:48:07,280 --> 00:48:08,120 Está ben. 639 00:48:09,680 --> 00:48:11,280 Falamos de criminalidade 640 00:48:11,280 --> 00:48:14,400 dentro da división farmacéutica dos Burkett. 641 00:48:14,400 --> 00:48:17,560 Joe, Judith, Neil, toda a directiva tiña que sabelo. 642 00:48:18,080 --> 00:48:20,000 Un neno morreu na India. 643 00:48:20,960 --> 00:48:21,920 Tiña tres anos. 644 00:48:22,840 --> 00:48:24,880 Descoñezo os detalles exactos. 645 00:48:24,880 --> 00:48:27,840 Sei que colleu unha infección, subiulle a febre 646 00:48:27,840 --> 00:48:30,640 e déronlle antibióticos da empresa Burkett. 647 00:48:30,640 --> 00:48:34,560 Cando se decataron de que non funcionaban, xa era demasiado tarde. 648 00:48:35,280 --> 00:48:37,280 Ese neno é só unha das vítimas. 649 00:48:37,840 --> 00:48:41,200 Hai máis mortes, problemas de adicción 650 00:48:41,200 --> 00:48:44,280 e efectos secundarios horribles. Todo polos seus fármacos. 651 00:48:44,280 --> 00:48:48,000 Con que a metade sexa certo, serviría para acabar con eles. 652 00:48:49,120 --> 00:48:52,440 Pero iso non vai pasar, porque os Burkett poden agocharse 653 00:48:52,440 --> 00:48:56,320 detrás dos cartos e dos avogados, e culpar a calquera outro. 654 00:48:57,440 --> 00:49:02,280 Pero sexa cal sexa o segredo que descubriu Claire, 655 00:49:02,280 --> 00:49:03,360 xa é outra cousa. 656 00:49:04,040 --> 00:49:06,720 Algo gordo. Máis que a alteración de fármacos. 657 00:49:07,320 --> 00:49:09,720 Tommy Dark ten algo que ver, 658 00:49:09,720 --> 00:49:12,160 e creo que podería facer que todo o seu... 659 00:49:13,080 --> 00:49:15,080 imperio podre se derrubase. 660 00:49:16,960 --> 00:49:17,960 Vamos. 661 00:49:43,440 --> 00:49:45,160 Son papá. Chámame xa! 662 00:52:28,040 --> 00:52:29,960 Subtítulos: Noelia Collazo