1 00:00:06,006 --> 00:00:07,633 ANTERIORMENTE 2 00:00:07,717 --> 00:00:08,884 De verdade, Grayson? 3 00:00:10,177 --> 00:00:11,095 Grazas. 4 00:00:11,721 --> 00:00:12,722 Xa era hora. 5 00:00:12,805 --> 00:00:14,765 Alguén matou onte os Gardiáns. 6 00:00:14,849 --> 00:00:16,058 Esnaquizáronos. 7 00:00:16,142 --> 00:00:17,560 Só sobreviviu Nolan. 8 00:00:17,643 --> 00:00:19,478 Cecil Steadman, director da AMD. 9 00:00:19,562 --> 00:00:22,523 Inclinádevos ante o doutor Sísmico! 10 00:00:24,692 --> 00:00:26,360 O teu planeta apuntouse. 11 00:00:26,444 --> 00:00:27,403 Turra. 12 00:00:27,611 --> 00:00:29,530 Turra? Isto é a Terra! 13 00:00:29,613 --> 00:00:30,990 Traballa coa AMD. 14 00:00:31,073 --> 00:00:34,535 Compráceme presentarvos os novos Gardiáns da Terra. 15 00:00:34,744 --> 00:00:35,578 Black Samson. 16 00:00:35,661 --> 00:00:36,662 Dupli-Kate. 17 00:00:36,746 --> 00:00:37,747 Shrinking Rae. 18 00:00:37,955 --> 00:00:39,290 Monster Girl. 19 00:00:39,373 --> 00:00:41,459 Josef por fin está quieto 20 00:00:41,542 --> 00:00:43,544 e, aínda así, non o podo ver! 21 00:00:43,794 --> 00:00:45,671 Saben quen foi e non lles importa. 22 00:00:45,755 --> 00:00:47,381 Por iso volvo para Moscova. 23 00:00:47,465 --> 00:00:49,717 Non perdas o interese en min neste tempo. 24 00:00:49,800 --> 00:00:50,926 Correde! 25 00:00:51,010 --> 00:00:52,928 Que gañamos enviando a Mark? 26 00:00:53,012 --> 00:00:54,597 Ver que pode facer. 27 00:00:54,680 --> 00:00:56,640 Veña, rapaces! 28 00:00:57,725 --> 00:01:01,312 Axudádeme co cultivo de tecidos e a clonación do ADN. 29 00:01:01,395 --> 00:01:03,814 Non esperaba isto. 30 00:01:03,898 --> 00:01:06,776 Non sei se agora mesmo quero ser unha superheroína. 31 00:01:06,859 --> 00:01:10,154 Podo regar desertos, parar desastres naturais, 32 00:01:10,237 --> 00:01:12,406 levarlles comida aos famentos. 33 00:01:12,490 --> 00:01:14,784 Ides vir comigo para o cárcere. 34 00:01:14,867 --> 00:01:16,327 Son de Viltrum, 35 00:01:16,410 --> 00:01:19,205 pero non é o planeta do que che falei. 36 00:01:19,288 --> 00:01:23,542 Aos mellores axentes asignóuselles un planeta para debilitalo en solitario. 37 00:01:23,626 --> 00:01:25,753 Eu fun un dos afortunados. 38 00:01:25,920 --> 00:01:30,341 E agora temos que preparar a Terra para que se una ao Imperio Viltrum. 39 00:01:31,425 --> 00:01:33,259 Quero a túa nai, 40 00:01:33,344 --> 00:01:35,679 pero para min é coma unha mascota. 41 00:01:35,763 --> 00:01:37,181 Que fodan a Viltrum! 42 00:01:37,264 --> 00:01:39,934 Esta é a miña casa e non a destruirás! 43 00:01:40,017 --> 00:01:44,313 Que vas ter despois de 500 anos? 44 00:01:44,396 --> 00:01:45,731 A ti, papá. 45 00:01:49,985 --> 00:01:50,985 Papá? 46 00:02:20,099 --> 00:02:21,851 Pegáronme moito máis forte. 47 00:02:21,934 --> 00:02:23,310 Moitísimo máis. 48 00:02:23,394 --> 00:02:25,437 Es un arrogante. 49 00:02:25,521 --> 00:02:26,897 Igual ca teu pai. 50 00:02:53,007 --> 00:02:56,427 Intento salvar vidas! Por que non confías en min? 51 00:02:59,597 --> 00:03:01,181 Despois do de Omni-Man? 52 00:03:01,515 --> 00:03:02,808 Do que ti fixeches? 53 00:03:07,855 --> 00:03:08,731 Ti! 54 00:03:09,607 --> 00:03:10,608 Si. 55 00:03:30,586 --> 00:03:32,254 A ver se desta sobrevives. 56 00:03:33,797 --> 00:03:34,632 Papá? 57 00:03:35,799 --> 00:03:38,427 Inmortal viviu milleiros de anos 58 00:03:38,510 --> 00:03:41,680 intentando facer deste un planeta mellor. 59 00:03:43,724 --> 00:03:45,809 Pensei que vira a realidade. 60 00:03:46,685 --> 00:03:47,686 Coma ti. 61 00:03:49,980 --> 00:03:51,899 Creo que quería afastarnos. 62 00:03:53,192 --> 00:03:54,567 Igual estamos preto. 63 00:03:57,571 --> 00:03:58,989 Xente da Terra. 64 00:04:00,032 --> 00:04:03,452 Sei que pensades que somos os malos 65 00:04:03,535 --> 00:04:05,829 porque ocupamos o voso planeta. 66 00:04:05,913 --> 00:04:10,668 Pero agora formaredes parte do Imperio Viltrum. 67 00:04:10,751 --> 00:04:14,088 Iso quere dicir que ninguén morre de fame nin de cáncer, 68 00:04:14,171 --> 00:04:17,341 e que ninguén se meterá coa Terra. 69 00:04:18,300 --> 00:04:21,053 Ben, eu tampouco o entendía ao principio, 70 00:04:21,803 --> 00:04:24,556 pero cambiei de opinión e vós tamén o faredes. 71 00:04:25,474 --> 00:04:27,559 E co tempo, agradecerédelo. 72 00:04:29,478 --> 00:04:30,813 Pero lembrade: 73 00:04:31,855 --> 00:04:35,526 se vos resistides, será peor. 74 00:04:36,485 --> 00:04:38,153 Non destruímos as cidades. 75 00:04:39,071 --> 00:04:42,116 Destruístelas vós ao loitar contra nós. 76 00:04:42,866 --> 00:04:45,577 Os novos xefes viltrumitas están de camiño 77 00:04:45,661 --> 00:04:47,830 e é hora de que os recibamos. 78 00:04:47,913 --> 00:04:50,124 Se pensades que podedes pararnos, 79 00:04:50,207 --> 00:04:54,670 non esquezades que son... Invencible. 80 00:04:55,546 --> 00:04:57,172 Xente da Terra. 81 00:04:58,090 --> 00:05:01,510 Sei que pensades que somos os malos 82 00:05:01,593 --> 00:05:04,221 porque ocupamos o voso planeta. 83 00:05:04,304 --> 00:05:07,391 Pero agora formaredes parte do Imperio Viltrum. 84 00:05:07,474 --> 00:05:10,769 Iso quere dicir que ninguén morre de fame nin de cáncer, 85 00:05:10,853 --> 00:05:13,981 e que ninguén se meterá coa Terra. 86 00:05:14,982 --> 00:05:17,735 Ben, eu tampouco o entendía ao principio, 87 00:05:18,485 --> 00:05:21,488 pero cambiei de opinión e vós tamén o faredes. 88 00:05:32,666 --> 00:05:34,418 Todos pasamos por iso. 89 00:05:34,877 --> 00:05:36,962 Angstrom, seguíronte? 90 00:05:37,296 --> 00:05:39,381 Inmortal despistounos. Tranquilo. 91 00:05:39,465 --> 00:05:40,632 Xa. 92 00:05:41,258 --> 00:05:43,010 Iso pensou Rex tamén. 93 00:05:44,970 --> 00:05:46,972 Colliches o inhibidor de enerxía? 94 00:05:49,767 --> 00:05:53,353 Se isto non para a Omni-Man, nada o fará. 95 00:05:56,315 --> 00:05:57,775 Ai, non. 96 00:05:57,858 --> 00:05:59,485 Deus, non! 97 00:06:08,118 --> 00:06:09,745 Estabamos preto. 98 00:06:10,496 --> 00:06:11,413 Ola, Eve. 99 00:06:11,747 --> 00:06:12,956 Véxote moi ben. 100 00:06:21,131 --> 00:06:22,257 Eve! 101 00:06:22,841 --> 00:06:23,842 Robot! 102 00:06:42,236 --> 00:06:43,070 Atrás! 103 00:07:02,965 --> 00:07:05,968 Algún día... ti tamén morrerás. 104 00:07:08,220 --> 00:07:09,221 Seguro. 105 00:07:10,305 --> 00:07:12,015 Ti xa non debías nacer. 106 00:07:17,813 --> 00:07:18,981 Última oportunidade. 107 00:07:25,320 --> 00:07:29,074 Resistístesvos e tivemos que matar moita xente inocente. 108 00:07:33,078 --> 00:07:35,372 Para isto ou párote eu a ti. 109 00:07:36,415 --> 00:07:37,249 Por favor. 110 00:07:37,332 --> 00:07:38,500 Prefiro morrer. 111 00:07:39,293 --> 00:07:40,377 Que? 112 00:07:40,460 --> 00:07:44,631 Eve... eu nunca te mataría. 113 00:07:44,715 --> 00:07:46,967 Pero non podes mancar a ninguén máis. 114 00:07:52,556 --> 00:07:54,391 Sinto que tiveses que facelo. 115 00:07:55,350 --> 00:07:56,977 Non tiña outra opción. 116 00:07:57,853 --> 00:07:59,229 Non está morta. 117 00:07:59,313 --> 00:08:00,314 Só paralizada. 118 00:08:02,149 --> 00:08:05,402 Así que iso era o que practicabas cos manifestantes. 119 00:08:05,986 --> 00:08:07,196 Non o sabía. 120 00:08:07,821 --> 00:08:09,698 Sei quen pode coidar dela. 121 00:08:09,781 --> 00:08:11,783 E así poderei visitala. 122 00:08:12,534 --> 00:08:13,368 Ola. 123 00:08:13,452 --> 00:08:17,039 Xa que erades parte da resistencia, temos que matarvos. 124 00:08:17,122 --> 00:08:18,665 Asasinos! 125 00:08:19,457 --> 00:08:20,334 Un voluntario. 126 00:08:20,834 --> 00:08:22,711 Non me toques! 127 00:08:22,794 --> 00:08:23,629 Ei, amigo. 128 00:08:24,296 --> 00:08:27,841 Condenácheste a ti mesmo cando te uniches á resistencia. 129 00:08:28,550 --> 00:08:32,095 A xustiza... a xustiza chegará. 130 00:08:32,804 --> 00:08:35,265 Por todos os amigos que perdemos, 131 00:08:35,349 --> 00:08:37,808 por todas as familias que rompestes, 132 00:08:37,893 --> 00:08:40,020 - recolleredes o que... - Veña, Mark. 133 00:08:40,520 --> 00:08:42,981 Non comín polos disturbios de Bangkok. 134 00:08:43,065 --> 00:08:44,900 Si. Xa vou. 135 00:08:48,528 --> 00:08:50,113 Que raios foi iso? 136 00:08:50,197 --> 00:08:51,448 Un portal? 137 00:08:51,531 --> 00:08:52,908 Tanto ten. 138 00:08:53,909 --> 00:08:54,826 Rematemos xa. 139 00:08:54,910 --> 00:08:55,744 Teño fame. 140 00:08:58,080 --> 00:08:59,039 Non! 141 00:08:59,122 --> 00:09:01,250 Non. 142 00:09:26,608 --> 00:09:29,569 LUME 143 00:11:13,965 --> 00:11:15,509 URXENCIAS 144 00:11:32,609 --> 00:11:34,027 POLICÍA 145 00:12:16,903 --> 00:12:18,321 Todos lembramos o día 146 00:12:18,405 --> 00:12:20,031 NOVAS CHICAGO: A VIDA DESPOIS DE OMNI-MAN 147 00:12:20,115 --> 00:12:23,118 que os titáns chegaron a Chicago. 148 00:12:23,910 --> 00:12:24,911 A batalla. 149 00:12:24,995 --> 00:12:26,371 A devastación. 150 00:12:26,455 --> 00:12:28,331 As vidas perdidas. 151 00:12:28,415 --> 00:12:31,668 Para algúns, a dor nunca rematará. 152 00:12:31,751 --> 00:12:36,256 Pero outros xa comezan a sandar. 153 00:12:36,339 --> 00:12:39,968 En poucas semanas, os equipos traballaron duro 154 00:12:40,051 --> 00:12:43,013 para reconstruír unha cidade tan... 155 00:12:53,815 --> 00:12:56,109 Non tes que volver se non estás listo. 156 00:12:57,777 --> 00:12:58,945 Ti tampouco. 157 00:13:00,989 --> 00:13:03,283 Creo que os dous queremos saír de aquí. 158 00:13:05,118 --> 00:13:06,036 Si. 159 00:13:14,628 --> 00:13:16,254 - Adeus, mamá. - Adeus. 160 00:13:33,605 --> 00:13:35,524 Aínda me tes rancor? 161 00:13:35,857 --> 00:13:38,193 Xa dixen que o sentía. 162 00:13:38,527 --> 00:13:40,862 Afástate da porta se queres comer. 163 00:13:40,946 --> 00:13:41,863 Esa é a cousa. 164 00:13:42,447 --> 00:13:44,699 Non quero comer esa bazofia. 165 00:13:44,783 --> 00:13:46,576 Quero comida de verdade. 166 00:13:46,660 --> 00:13:48,286 Afástate. 167 00:13:50,121 --> 00:13:51,039 Máis. 168 00:13:52,874 --> 00:13:53,792 Dá a volta. 169 00:13:53,875 --> 00:13:55,252 Non vou... 170 00:13:55,335 --> 00:13:56,294 Dá a volta! 171 00:13:56,378 --> 00:13:58,338 Tiveches sorte, Pete. 172 00:13:58,880 --> 00:14:00,382 Puidemos arrincarche o brazo. 173 00:14:01,091 --> 00:14:02,300 Esmagarche a cabeza. 174 00:14:02,842 --> 00:14:04,261 Sacarche o fígado. 175 00:14:04,844 --> 00:14:07,055 Facer un cinto co teu espiñazo. 176 00:14:07,138 --> 00:14:08,557 Non teño medo. 177 00:14:08,640 --> 00:14:09,808 Ti afástate tamén. 178 00:14:09,891 --> 00:14:11,393 Ou quedades sen comer. 179 00:14:11,476 --> 00:14:13,979 Pero só che causamos un traumatismo. 180 00:14:14,563 --> 00:14:16,022 Iso é que nos gustas. 181 00:14:16,356 --> 00:14:18,441 Quere dicir que es amigo noso. 182 00:14:19,276 --> 00:14:21,570 Quere dicir que cando volvamos escapar 183 00:14:21,903 --> 00:14:23,530 non te mataremos. 184 00:14:23,822 --> 00:14:26,241 Sempre que nos deas boa comida. 185 00:14:26,324 --> 00:14:28,660 Cousa que non fas. 186 00:14:28,743 --> 00:14:29,953 Eu non fago tratos. 187 00:14:30,036 --> 00:14:32,122 Aumentamos a seguridade por vós. 188 00:14:32,205 --> 00:14:35,625 Cámaras novas, armas novas, portas novas, gardas novos. 189 00:14:35,709 --> 00:14:36,960 Non ides a ningures. 190 00:14:38,712 --> 00:14:39,713 Fuches ti...? 191 00:14:39,796 --> 00:14:43,008 Si, agora cago portais. Non cho dixen? 192 00:14:45,427 --> 00:14:46,636 Aquí, axiña! 193 00:14:46,720 --> 00:14:47,554 Merda. 194 00:14:47,637 --> 00:14:48,805 Veña. 195 00:14:49,389 --> 00:14:51,057 Cres que...? 196 00:14:51,141 --> 00:14:52,892 Non será peor ca o salmón. 197 00:14:53,435 --> 00:14:54,853 Ata outra, Pete. 198 00:15:05,989 --> 00:15:07,407 Onde raios estamos? 199 00:15:09,075 --> 00:15:10,368 Seguro que el o sabe. 200 00:15:23,715 --> 00:15:25,258 Carallo. 201 00:15:25,342 --> 00:15:26,885 Que pasou aquí? 202 00:15:26,968 --> 00:15:28,261 Unha traxedia. 203 00:15:28,345 --> 00:15:29,596 Pero tranquilos. 204 00:15:29,679 --> 00:15:31,222 Este non é o voso mundo. 205 00:15:31,306 --> 00:15:34,100 Son Angstrom Levy. 206 00:15:35,185 --> 00:15:36,686 Ola, Angstrom. 207 00:15:36,770 --> 00:15:38,146 Por que nos liberaches? 208 00:15:38,229 --> 00:15:39,814 E que queres? 209 00:15:39,898 --> 00:15:42,192 É a mesma pregunta, pailán. 210 00:15:43,234 --> 00:15:44,319 Dígovolo de camiño. 211 00:15:44,402 --> 00:15:46,821 Non podemos quedar moito nesta Terra. 212 00:15:46,905 --> 00:15:47,781 Xa sei. 213 00:15:47,864 --> 00:15:50,325 Podes abrir portais entre dimensións. 214 00:15:50,408 --> 00:15:52,369 Non me gusta presumir... 215 00:15:52,452 --> 00:15:54,704 Pero non na mesma dimensión. 216 00:15:55,997 --> 00:15:57,165 Por que pensas iso? 217 00:15:57,248 --> 00:15:59,167 Porque estamos camiñando. 218 00:15:59,250 --> 00:16:02,045 E porque tiveches que atopar un cráter profundo 219 00:16:02,128 --> 00:16:04,881 para chegar ata a prisión da AMD. 220 00:16:06,132 --> 00:16:07,133 Sodes listos. 221 00:16:07,801 --> 00:16:10,178 Pensaba que liberarvos igual era un erro. 222 00:16:10,261 --> 00:16:13,473 Pode selo se non nos dis que queres. 223 00:16:13,556 --> 00:16:16,851 Necesito axuda cun problema específico. 224 00:16:16,935 --> 00:16:20,772 A última vez que axudamos a alguén cun problema específico, 225 00:16:20,855 --> 00:16:23,441 non nos foi moi ben. 226 00:16:23,525 --> 00:16:25,276 Mirade, son pacifista. 227 00:16:25,360 --> 00:16:27,362 Non manco xente nin a mato. 228 00:16:27,737 --> 00:16:29,280 Uso o poder para o ben. 229 00:16:29,906 --> 00:16:33,451 Traballar convosco é todo un reto ético e moral para min, 230 00:16:33,535 --> 00:16:35,370 pero non teño outra opción. 231 00:16:36,204 --> 00:16:39,249 Non hai ninguén cos vosos coñecementos científicos. 232 00:16:40,417 --> 00:16:41,793 Crédeme, busquei ben. 233 00:16:43,169 --> 00:16:44,879 Non podo obrigarvos... 234 00:16:47,924 --> 00:16:50,093 pero se non, deixareivos aquí. 235 00:16:50,176 --> 00:16:51,970 Ou nalgún sitio peor. 236 00:16:55,014 --> 00:16:57,058 Boto de menos traballar para nós. 237 00:16:57,600 --> 00:16:58,935 Eu tamén. 238 00:17:07,736 --> 00:17:09,404 - É Mark Grayson? - Xa volve? 239 00:17:09,487 --> 00:17:10,989 Oíches o do pai? 240 00:17:12,031 --> 00:17:13,867 Canto o sinto. 241 00:17:13,950 --> 00:17:14,951 Mark. 242 00:17:16,327 --> 00:17:18,246 Mark Grayson. 243 00:17:18,329 --> 00:17:20,832 Todd, escoita. Eu... 244 00:17:23,460 --> 00:17:26,546 Sinto que teu pai estoupase. 245 00:17:28,423 --> 00:17:29,257 Grazas. 246 00:17:29,674 --> 00:17:31,468 - Pero non... - Que merda, tío. 247 00:17:31,551 --> 00:17:32,385 Unha merda. 248 00:17:32,469 --> 00:17:33,470 ...quero falar. 249 00:17:33,553 --> 00:17:36,765 Non imaxino non volver ver a meu pai, e é un cretino. 250 00:17:36,848 --> 00:17:38,975 Din que teu pai era boa persoa. 251 00:17:39,058 --> 00:17:40,685 E que estaba musculado. 252 00:17:40,769 --> 00:17:42,812 Xa che gustaría ter eses xenes. 253 00:17:48,359 --> 00:17:49,277 Grazas, Todd. 254 00:17:49,360 --> 00:17:50,695 Mark agradécecho. 255 00:17:51,404 --> 00:17:53,031 Ei, estás ben? 256 00:17:53,114 --> 00:17:54,115 Boa conversa. 257 00:17:54,866 --> 00:17:56,409 Vedes? Non son un mamalón. 258 00:17:56,493 --> 00:17:58,203 Non son un mamalón! 259 00:18:00,914 --> 00:18:01,915 Está ben. 260 00:18:02,457 --> 00:18:04,459 Si, está ben. 261 00:18:04,542 --> 00:18:06,294 Pero estás ti ben? 262 00:18:08,838 --> 00:18:09,839 Todd ten razón. 263 00:18:10,381 --> 00:18:11,591 Igual está morto. 264 00:18:12,634 --> 00:18:13,760 Ou así o sinto eu. 265 00:18:14,761 --> 00:18:15,678 Claro. 266 00:18:16,095 --> 00:18:17,347 Non podo estar triste. 267 00:18:17,430 --> 00:18:18,556 Tamén teño culpa. 268 00:18:19,474 --> 00:18:21,768 Pola miña culpa morreron os de Chicago. 269 00:18:22,811 --> 00:18:24,896 - Espera. - Non debería estar aquí. 270 00:18:25,355 --> 00:18:26,898 Debería estar aí fóra. 271 00:18:27,232 --> 00:18:28,900 Corrixindo os meus erros. 272 00:18:28,983 --> 00:18:30,985 Ti non os mataches, Mark. 273 00:18:31,069 --> 00:18:32,487 Foi Omni-Man. 274 00:18:32,570 --> 00:18:33,947 Pero non os salvei. 275 00:18:35,281 --> 00:18:38,368 Paraches a teu pai e salvaches o planeta. 276 00:18:38,451 --> 00:18:39,911 E case morres. 277 00:18:40,495 --> 00:18:42,580 Non lle debes nada a ninguén. 278 00:18:45,917 --> 00:18:46,960 Non estou seguro. 279 00:18:56,427 --> 00:18:57,595 Alégrame verte. 280 00:18:57,679 --> 00:18:59,180 Que necesitas? 281 00:19:01,182 --> 00:19:05,019 Deime conta de que o meu sitio agora mesmo non está no colexio. 282 00:19:06,062 --> 00:19:07,230 Teño que saír. 283 00:19:08,022 --> 00:19:09,691 Tes que volver chamarme. 284 00:19:10,233 --> 00:19:12,026 Ei, espera. 285 00:19:12,110 --> 00:19:13,987 Son máis forte e estou listo. 286 00:19:16,030 --> 00:19:17,115 Non o estás. 287 00:19:17,490 --> 00:19:19,033 Non o estás, Mark. 288 00:19:19,117 --> 00:19:20,660 Que queres dicir? 289 00:19:20,743 --> 00:19:23,037 Cres que non sei o das túas saídas? 290 00:19:23,121 --> 00:19:24,372 Por iso te necesito. 291 00:19:25,081 --> 00:19:26,207 Necesito facer máis. 292 00:19:26,916 --> 00:19:29,419 Só pasou un mes, Mark. 293 00:19:29,502 --> 00:19:32,547 Céntrate en túa nai, nas notas, na túa moza. 294 00:19:32,630 --> 00:19:34,382 Irás á universidade con Amber? 295 00:19:35,508 --> 00:19:37,510 Non poderás se non te gradúas. 296 00:19:37,594 --> 00:19:39,470 Podo salvar vidas. 297 00:19:39,554 --> 00:19:40,471 Xa o fixeches. 298 00:19:41,097 --> 00:19:42,640 Salvaches moitísimas. 299 00:19:42,724 --> 00:19:44,934 Pero tamén pasaches algo complicado 300 00:19:45,018 --> 00:19:47,562 e necesito saber que estás ben 301 00:19:47,645 --> 00:19:49,105 antes de que volvas. 302 00:19:49,188 --> 00:19:50,481 Así que, non. 303 00:19:50,565 --> 00:19:51,566 Aínda non. 304 00:19:53,484 --> 00:19:54,485 Non podes pararme. 305 00:19:55,361 --> 00:19:57,322 Non necesito o teu permiso. 306 00:19:58,865 --> 00:20:00,992 Sabes quen me dixo iso tamén? 307 00:20:01,451 --> 00:20:02,577 Non son meu pai. 308 00:20:04,287 --> 00:20:06,456 Non son meu pai! 309 00:20:10,793 --> 00:20:12,420 Déixao un tempo, rapaz. 310 00:20:12,503 --> 00:20:13,963 Déixao de verdade. 311 00:20:14,547 --> 00:20:15,548 Necesítalo. 312 00:20:20,511 --> 00:20:23,097 OS EUA PENTÁGONO 313 00:20:24,182 --> 00:20:25,558 Xesús. 314 00:20:25,642 --> 00:20:27,393 Iso aínda segue? 315 00:20:27,477 --> 00:20:29,020 Non vai ben, señor. 316 00:20:29,103 --> 00:20:31,189 Os Gardiáns precisan axuda. 317 00:20:31,272 --> 00:20:34,150 Necesitarían a... Invencible. 318 00:20:34,734 --> 00:20:37,153 Non cometerei o mesmo erro ca con Nolan. 319 00:20:37,236 --> 00:20:39,948 Só hai unha forma de que o rapaz volva 320 00:20:40,031 --> 00:20:41,950 e é se está ben controlado. 321 00:20:45,453 --> 00:20:48,665 Iso por esmagar o meu bar favorito, merdento! 322 00:20:49,749 --> 00:20:51,709 Non me chames así! 323 00:20:51,793 --> 00:20:57,048 Son O Xigante e quero ser presidente dos EUA. 324 00:20:57,131 --> 00:20:59,092 E tamén astronauta! 325 00:21:03,346 --> 00:21:04,597 Son... 326 00:21:04,681 --> 00:21:06,641 peticións moi específicas. 327 00:21:06,933 --> 00:21:09,519 Tal e como fala e con ese vocabulario... 328 00:21:09,602 --> 00:21:12,855 O Xigante ten unha mentalidade duns oito anos. 329 00:21:17,151 --> 00:21:19,320 Oito anos? 330 00:21:23,533 --> 00:21:25,618 Iso explica o de ser astronauta. 331 00:21:34,961 --> 00:21:37,380 Podemos mercarlle cómics. 332 00:21:38,673 --> 00:21:42,427 Tanto ten a idade, hai que acabar con el. 333 00:21:42,510 --> 00:21:43,511 Agora! 334 00:21:45,138 --> 00:21:47,015 Boa suxestión, Samson. 335 00:21:47,348 --> 00:21:49,934 Hai un garaxe de varios andares debaixo. 336 00:21:51,519 --> 00:21:53,688 Detonarei varios puntos no formigón 337 00:21:53,771 --> 00:21:55,148 para que caia dentro. 338 00:21:59,652 --> 00:22:02,238 Podemos neutralizalo alí sen mancar... 339 00:22:04,198 --> 00:22:05,992 civís. 340 00:22:06,075 --> 00:22:07,243 Rudy! 341 00:22:08,745 --> 00:22:10,038 Estás ben? 342 00:22:10,121 --> 00:22:12,582 - Non o sei. - Rex! 343 00:22:13,374 --> 00:22:15,209 Detona os explosivos de Rudy! 344 00:22:20,965 --> 00:22:21,883 Vamos! 345 00:22:21,966 --> 00:22:24,510 Por que vos metedes comigo? 346 00:22:24,594 --> 00:22:26,179 Por que facedes iso? 347 00:22:28,514 --> 00:22:29,807 Que pasou? 348 00:22:29,891 --> 00:22:31,350 Eu... non sei. 349 00:22:31,434 --> 00:22:32,518 Non me podía mover. 350 00:22:32,602 --> 00:22:34,145 Aceleróuseme o corazón. 351 00:22:34,228 --> 00:22:35,354 Estaba suando. 352 00:22:36,272 --> 00:22:37,315 Por que te ris? 353 00:22:37,857 --> 00:22:38,775 Chámase medo. 354 00:22:38,858 --> 00:22:41,110 Antes para ti era coma un videoxogo. 355 00:22:41,194 --> 00:22:42,028 Agora estás 356 00:22:42,111 --> 00:22:42,945 aquí, 357 00:22:43,029 --> 00:22:43,863 en persoa. 358 00:22:43,946 --> 00:22:45,156 É un gran cambio. 359 00:22:47,575 --> 00:22:48,409 Tranquilo. 360 00:22:48,493 --> 00:22:49,660 Acostumaraste. 361 00:22:49,744 --> 00:22:51,621 Coma cando usaches o baño. 362 00:22:57,710 --> 00:22:59,337 Si, son un xenio. 363 00:22:59,420 --> 00:23:02,465 Pero non son o xenio axeitado. 364 00:23:03,466 --> 00:23:04,675 Recoñecédelo? 365 00:23:05,510 --> 00:23:07,512 É o noso codificador somático. 366 00:23:08,638 --> 00:23:09,722 Pero máis grande. 367 00:23:09,806 --> 00:23:11,307 Non me fixara. 368 00:23:11,891 --> 00:23:12,725 Xusto. 369 00:23:13,184 --> 00:23:14,936 Seguín o voso deseño. 370 00:23:15,019 --> 00:23:17,897 Le, copia e escribe mentes humanas. 371 00:23:19,148 --> 00:23:21,150 - Pero... - Non funciona. 372 00:23:21,651 --> 00:23:23,069 Seguro que non. 373 00:23:23,152 --> 00:23:25,279 Cantos collen? Cen? 374 00:23:25,363 --> 00:23:26,614 Si, cen. Pero... 375 00:23:26,697 --> 00:23:28,574 Os conectores estragáronse. 376 00:23:29,158 --> 00:23:30,368 Pensei que chegaba. 377 00:23:30,451 --> 00:23:32,078 Con iso non chega. 378 00:23:32,161 --> 00:23:34,413 Necesitarás o dobre de procesadores. 379 00:23:36,249 --> 00:23:38,751 Por iso vos saquei da prisión. 380 00:23:39,794 --> 00:23:41,170 Canto vos levará? 381 00:23:42,088 --> 00:23:43,131 Non moito. 382 00:23:43,214 --> 00:23:44,799 Pero teño dúas preguntas. 383 00:23:45,591 --> 00:23:47,969 Primeira: para que o necesitas? 384 00:23:48,636 --> 00:23:50,763 Segunda: que gañamos nós? 385 00:23:51,097 --> 00:23:54,267 E nada de ameazarnos con deixarnos noutra dimensión. 386 00:23:54,350 --> 00:23:55,726 Xa, xa. 387 00:23:55,810 --> 00:23:58,563 Conquistarei a vosa natureza filantrópica. 388 00:24:00,106 --> 00:24:01,023 Adiante. 389 00:24:03,526 --> 00:24:05,987 Hai un número infinito de dimensións, 390 00:24:06,070 --> 00:24:10,825 e eu nacín coa habilidade de acceder a todas elas. 391 00:24:10,908 --> 00:24:13,202 Sería moi divertido coidarte de neno. 392 00:24:13,286 --> 00:24:15,413 Algunhas son case iguais á nosa. 393 00:24:17,039 --> 00:24:18,833 Outras son moi diferentes. 394 00:24:19,458 --> 00:24:20,960 Lembrades esa batalla 395 00:24:21,043 --> 00:24:22,962 entre Omni-Man e Invencible? 396 00:24:23,254 --> 00:24:26,674 Noutras dimensións, uníronse e gobernan o planeta. 397 00:24:26,757 --> 00:24:28,217 Estás de broma. 398 00:24:28,301 --> 00:24:30,261 E nós somos os malos? 399 00:24:30,344 --> 00:24:32,054 O importante 400 00:24:32,138 --> 00:24:35,474 é que cada dimensión ten algo único e valioso. 401 00:24:36,309 --> 00:24:38,060 Libros que nunca lemos. 402 00:24:39,020 --> 00:24:41,689 Tecnoloxías que non entendemos. 403 00:24:41,772 --> 00:24:43,441 Novas formas de pensar. 404 00:24:43,524 --> 00:24:45,526 Filosofías de paz. 405 00:24:48,237 --> 00:24:50,114 Todos os nosos problemas, 406 00:24:50,198 --> 00:24:52,617 a fame, a guerra, o cambio climático 407 00:24:53,117 --> 00:24:57,038 ou o cáncer xa se resolveron noutro lugar. 408 00:24:57,121 --> 00:24:59,248 E podo traer ese coñecemento. 409 00:24:59,916 --> 00:25:04,045 Serei o Prometeo que compartirá o que funciona de verdade. 410 00:25:04,712 --> 00:25:08,299 Primeiro axudarei o noso planeta, claro, e logo o resto. 411 00:25:08,799 --> 00:25:11,761 Podo salvar miles de millóns de vidas. 412 00:25:12,136 --> 00:25:13,638 Soa divertido. 413 00:25:13,721 --> 00:25:17,016 Pero salvar vidas non é o noso estilo. 414 00:25:17,600 --> 00:25:20,061 Necesito coñecer mellor as dimensións. 415 00:25:21,354 --> 00:25:23,439 Nós sempre fomos curiosos. 416 00:25:23,522 --> 00:25:24,815 Como que nós? 417 00:25:27,318 --> 00:25:28,986 Esta é a familia. 418 00:25:32,698 --> 00:25:34,825 Isto non o esperaba. 419 00:25:35,284 --> 00:25:36,911 Porque es o clon. 420 00:25:36,994 --> 00:25:39,330 Son todas versións miñas, 421 00:25:39,413 --> 00:25:41,499 e teño máis en lugares seguros 422 00:25:41,582 --> 00:25:43,501 noutras dimensións. 423 00:25:43,584 --> 00:25:47,171 Non teñen a miña habilidade, pero teñen algo valioso. 424 00:25:47,255 --> 00:25:49,257 Coñecen ben a súa dimensión 425 00:25:49,340 --> 00:25:52,802 e iso axudarame a saber que fan e como traelo aquí. 426 00:25:53,469 --> 00:25:55,179 E volvemos a vós. 427 00:25:55,263 --> 00:25:57,431 Quero meter o seu coñecemento aquí. 428 00:25:57,515 --> 00:26:00,017 Por que non lles fas preguntas? 429 00:26:00,101 --> 00:26:03,479 Porque o crebacabezas só o completa quen o ve enteiro. 430 00:26:04,188 --> 00:26:06,691 Axudádeme e dareivos calquera dimensión, 431 00:26:06,774 --> 00:26:09,443 sempre que non manquedes a ninguén. 432 00:26:11,028 --> 00:26:13,698 Queremos unha sen superheroes. 433 00:26:13,781 --> 00:26:15,199 Con boa comida. 434 00:26:15,283 --> 00:26:18,160 E onde pensen que somos deuses. 435 00:26:32,133 --> 00:26:33,134 Mark, xa cheguei. 436 00:26:36,387 --> 00:26:37,221 Debbie. 437 00:26:39,390 --> 00:26:41,100 Estaba esperándote. 438 00:26:41,183 --> 00:26:42,018 Olga? 439 00:26:42,601 --> 00:26:45,229 A porta de atrás estaba aberta e entrei. 440 00:26:45,855 --> 00:26:47,356 Gústache o estufado? 441 00:26:50,651 --> 00:26:54,572 As rúas, o tempo, as cafeterías e a pizza. 442 00:26:56,282 --> 00:26:59,452 A pizza en Moscova non está boa. 443 00:26:59,535 --> 00:27:00,619 É unha merda. 444 00:27:00,703 --> 00:27:03,289 Tes que ir a Italia para comer boa pizza. 445 00:27:03,372 --> 00:27:06,000 Xa o sei, é moi obvio, pero é verdade. 446 00:27:06,083 --> 00:27:10,463 Estiven alí o ano pasado con... Nolan. 447 00:27:15,134 --> 00:27:16,594 Por iso vin de visita. 448 00:27:21,891 --> 00:27:23,517 Cóntoche unha tolería? 449 00:27:23,601 --> 00:27:26,062 Cando te vin co coitelo, pensei... 450 00:27:28,064 --> 00:27:29,065 De verdade? 451 00:27:29,148 --> 00:27:31,233 Non o faría, é demasiado obvio. 452 00:27:31,317 --> 00:27:33,152 O veleno sería mellor. 453 00:27:42,078 --> 00:27:43,662 Sei que Nolan che mentiu. 454 00:27:44,747 --> 00:27:46,582 Mancáronte tanto coma a min. 455 00:27:47,500 --> 00:27:49,543 Os dous morreron aquela noite. 456 00:27:52,213 --> 00:27:55,674 Podes estar triste e enfadada ao mesmo tempo. 457 00:27:55,758 --> 00:27:58,177 Así estaba eu despois do de Josef. 458 00:27:59,095 --> 00:28:03,182 Nolan matou moita xente. Case mata a Mark. 459 00:28:03,265 --> 00:28:06,352 Eu non lle importaba e chamoume mascota. 460 00:28:06,435 --> 00:28:10,898 Vinte anos! Vinte anos e di que son unha maldita mascota! 461 00:28:15,111 --> 00:28:17,863 Era un malnacido, dos peores. 462 00:28:18,739 --> 00:28:20,574 Pero xa non está. 463 00:28:22,952 --> 00:28:24,745 Perdoa. Estou ben. 464 00:28:26,163 --> 00:28:27,039 Estou ben. 465 00:28:27,123 --> 00:28:28,124 Eu... 466 00:28:29,542 --> 00:28:31,001 necesitaba iso. 467 00:28:31,085 --> 00:28:34,296 Non falo con ninguén, gardo todo dentro 468 00:28:34,380 --> 00:28:38,926 e é coma un ácido que me come por dentro ata acabar comigo. 469 00:28:39,552 --> 00:28:43,139 Teño que volver a Moscova nuns días, pero... 470 00:28:44,390 --> 00:28:45,224 Que é isto? 471 00:28:47,268 --> 00:28:48,978 Algo que a min me axudou. 472 00:28:50,271 --> 00:28:51,105 Ola, mamá. 473 00:28:55,025 --> 00:28:56,318 Ola, Olga. 474 00:28:57,653 --> 00:28:59,155 Alégrame verte, Mark. 475 00:29:01,949 --> 00:29:03,117 Vou para o cuarto. 476 00:29:03,200 --> 00:29:04,160 Olga fixo a cea. 477 00:29:04,243 --> 00:29:05,077 Xa ceei. 478 00:29:09,165 --> 00:29:11,876 Non podes axudalo ata que te axudes a ti mesma. 479 00:29:13,127 --> 00:29:14,170 Estou ben. 480 00:29:14,253 --> 00:29:15,921 De verdade, Olga. Estou ben. 481 00:29:27,391 --> 00:29:32,313 Erros continuos e repetidos de grandes proporcións. 482 00:29:32,396 --> 00:29:33,856 Es un pouco cruel, Cecil. 483 00:29:36,108 --> 00:29:38,486 Ese foi o xeito amable de dicilo, Kate. 484 00:29:38,569 --> 00:29:39,778 Non sigas. 485 00:29:41,280 --> 00:29:45,618 E sodes lentos, indisciplinados e non estades preparados. 486 00:29:45,701 --> 00:29:49,246 Cústavos moito gañar e a xente paga as consecuencias. 487 00:29:49,330 --> 00:29:51,999 Ei! Arriscamos as nosas vidas todos... 488 00:29:52,082 --> 00:29:53,792 Cala, Rex. 489 00:29:53,876 --> 00:29:55,127 Isto non vai contigo. 490 00:29:56,128 --> 00:29:58,631 E analizamos as últimas 15 pelexas 491 00:29:58,714 --> 00:30:01,509 e parece ser un erro no liderado. 492 00:30:03,219 --> 00:30:04,261 Libreime. 493 00:30:07,056 --> 00:30:07,890 Desculpa. 494 00:30:07,973 --> 00:30:10,559 Estoume adaptando ao novo corpo. 495 00:30:10,643 --> 00:30:13,229 E eu vou facer un cambio. 496 00:30:15,564 --> 00:30:17,691 Inmortal está agora ao mando. 497 00:30:17,775 --> 00:30:20,653 Milleiros de anos de experiencia deberían axudar. 498 00:30:20,736 --> 00:30:23,072 Boa entrada! 499 00:30:24,490 --> 00:30:26,367 Estaba esperando un sinal? 500 00:30:26,825 --> 00:30:28,244 Estabas, non si? 501 00:30:28,327 --> 00:30:30,579 Estabas alí ou algo así. 502 00:30:30,663 --> 00:30:32,456 Preparáchelo con antelación? 503 00:30:32,540 --> 00:30:34,792 É que parecía moi natural, 504 00:30:34,875 --> 00:30:37,378 pero igual o preparaches moito. 505 00:30:37,461 --> 00:30:41,507 É obvio que o equipo necesita xente con forza. 506 00:30:41,590 --> 00:30:43,384 Preséntovos a Antibalas. 507 00:30:44,969 --> 00:30:45,803 Ola. 508 00:30:48,681 --> 00:30:50,391 Incrible! 509 00:30:51,475 --> 00:30:55,062 Unha tarde de novos amigos. 510 00:30:55,145 --> 00:30:57,439 E ti que fas? 511 00:30:57,523 --> 00:31:00,317 Ademais de ter un nome moi obvio. 512 00:31:00,401 --> 00:31:01,402 Antibalas? 513 00:31:03,237 --> 00:31:05,155 Fago todo o que che gustaría. 514 00:31:05,239 --> 00:31:07,950 E ten graza que o digas ti, Rex Splode. 515 00:31:08,033 --> 00:31:11,704 Pensaches ti soíño esa merda de nome ou axudouche alguén? 516 00:31:11,787 --> 00:31:15,541 Eu... penseino eu só. 517 00:31:15,624 --> 00:31:17,376 Si, xa o imaxinaba. 518 00:31:17,459 --> 00:31:19,211 Veña, coñezo a xente coma ti. 519 00:31:19,295 --> 00:31:20,129 Sé mellor. 520 00:31:20,796 --> 00:31:23,257 Eu xa intentaba ser... 521 00:31:23,340 --> 00:31:25,467 Xa tendes os novos horarios. 522 00:31:25,551 --> 00:31:27,344 Comezamos en 30 minutos. 523 00:31:27,428 --> 00:31:28,429 Podedes marchar. 524 00:31:30,973 --> 00:31:32,725 Quero que quedes, Rudy. 525 00:31:33,767 --> 00:31:34,935 Paréceche ben? 526 00:31:35,894 --> 00:31:40,357 Isto non é o que esperaba, pero si, claro. 527 00:31:41,108 --> 00:31:42,359 Enténdoo. 528 00:31:42,443 --> 00:31:43,819 Moi ben. 529 00:31:43,902 --> 00:31:45,321 Confío en ti. 530 00:31:47,281 --> 00:31:48,365 Que lle dean. 531 00:31:48,449 --> 00:31:49,783 Comete un erro. 532 00:31:50,492 --> 00:31:52,661 Non, Cecil ten razón. 533 00:31:52,745 --> 00:31:56,582 Non fun un bo líder e iso é un problema. 534 00:31:56,665 --> 00:31:58,876 E os problemas necesitan solución. 535 00:32:08,302 --> 00:32:09,428 Ei, forasteiro. 536 00:32:14,141 --> 00:32:16,685 Fóra diso, a vida no bosque está ben. 537 00:32:17,519 --> 00:32:20,564 Igual un pouco solitaria, pero non me importa. 538 00:32:21,440 --> 00:32:22,441 Soa ben. 539 00:32:25,986 --> 00:32:26,945 Entón... 540 00:32:27,029 --> 00:32:27,863 Entón? 541 00:32:28,197 --> 00:32:31,575 Entón, agora é cando me dis como estás. 542 00:32:32,868 --> 00:32:33,702 Non o sei. 543 00:32:34,370 --> 00:32:35,371 Ben, supoño. 544 00:32:36,747 --> 00:32:38,499 Cando saíches como... 545 00:32:39,917 --> 00:32:41,418 Invencible? 546 00:32:42,294 --> 00:32:43,462 Onte pola mañá. 547 00:32:43,545 --> 00:32:46,298 Pero vou voando coma un aparvado. 548 00:32:47,466 --> 00:32:50,094 E non deixo de pensar... 549 00:32:51,637 --> 00:32:55,015 Cando era cativo, quería ser meu pai. 550 00:32:56,016 --> 00:32:57,851 E se iso pasa? 551 00:32:57,935 --> 00:33:00,938 E se me converto nel e non me dou conta? 552 00:33:01,522 --> 00:33:03,273 Ti non es teu pai, Mark. 553 00:33:04,149 --> 00:33:05,401 Todos o sabemos. 554 00:33:05,776 --> 00:33:07,903 Sábeo o mundo enteiro. 555 00:33:08,904 --> 00:33:10,072 Cecil non o sabe. 556 00:33:10,155 --> 00:33:11,782 Pois demóstrallo. 557 00:33:15,536 --> 00:33:17,705 Localizámolos nun almacén no porto. 558 00:33:18,288 --> 00:33:22,668 Non sabemos aínda o que constrúen, pero é algo grande, señor. 559 00:33:23,502 --> 00:33:25,170 Pois descubrámolo. 560 00:33:25,587 --> 00:33:26,463 Con Inmortal. 561 00:33:26,547 --> 00:33:27,381 Director. 562 00:33:29,007 --> 00:33:31,385 - Mark, non é bo... - Traballarei para ti. 563 00:33:31,802 --> 00:33:33,011 Cumprirei ordes. 564 00:33:33,095 --> 00:33:34,513 Deixarei que ti decidas. 565 00:33:34,596 --> 00:33:36,849 Pero déixame saír. 566 00:33:36,932 --> 00:33:37,891 Señor! 567 00:33:37,975 --> 00:33:39,560 Aumentou a enerxía. 568 00:33:41,645 --> 00:33:43,605 Traédelle un auricular. 569 00:33:58,704 --> 00:34:00,080 Enerxía estable. 570 00:34:00,164 --> 00:34:01,582 Matriz neuronal activada. 571 00:34:03,542 --> 00:34:04,877 Protección preparada. 572 00:34:05,878 --> 00:34:07,504 Sabes quen podería facelo? 573 00:34:07,588 --> 00:34:10,632 Ninguén en ningunha das dimencións. 574 00:34:11,800 --> 00:34:13,051 Certo. 575 00:34:13,135 --> 00:34:14,844 Vós ides cambiar o mundo. 576 00:34:15,512 --> 00:34:16,513 Todos os mundos. 577 00:34:17,014 --> 00:34:20,141 Abre os portais e conectaremos as nove máquinas. 578 00:34:25,813 --> 00:34:27,858 Conexión transdimensional estable. 579 00:34:27,940 --> 00:34:29,109 Activando. 580 00:34:38,869 --> 00:34:41,996 Mil mentes sincronizadas. 581 00:34:42,289 --> 00:34:43,456 O teu trono. 582 00:34:46,293 --> 00:34:48,879 Estamos traballando con moitos datos, 583 00:34:48,962 --> 00:34:50,630 pero lembrarás que ti es ti, 584 00:34:50,714 --> 00:34:54,301 e non eles, aínda que teñas os seus recordos. 585 00:34:54,384 --> 00:34:55,803 É a nosa primeira vez. 586 00:34:55,886 --> 00:34:58,388 Pero unha vez que comecemos... 587 00:34:58,472 --> 00:35:00,057 Non podemos parar. 588 00:35:00,140 --> 00:35:04,645 Con esta potencia, os danos cerebrais son o teu menor problema. 589 00:35:05,020 --> 00:35:06,021 Entendido. 590 00:35:06,814 --> 00:35:07,648 Estou listo. 591 00:35:09,483 --> 00:35:11,610 Empecemos coa festa. 592 00:35:11,693 --> 00:35:12,778 Ben. 593 00:35:33,257 --> 00:35:37,553 Son enorme. 594 00:35:38,220 --> 00:35:43,433 Teño multitudes en min. 595 00:35:43,725 --> 00:35:45,310 Seguro e estable. 596 00:35:45,394 --> 00:35:46,353 Imos ben. 597 00:35:47,479 --> 00:35:48,564 Non digas iso. 598 00:35:48,647 --> 00:35:49,648 Por que? 599 00:35:53,068 --> 00:35:54,778 Por iso, mamalón. 600 00:35:58,323 --> 00:35:59,366 Fala, rapaz. 601 00:35:59,449 --> 00:36:01,785 Ben, hai unha máquina xigante 602 00:36:01,869 --> 00:36:05,038 con moitos tipos iguais sentados nela. 603 00:36:05,122 --> 00:36:06,540 E portais, 604 00:36:06,623 --> 00:36:08,166 - e os Maulers... - Tanto ten. 605 00:36:08,250 --> 00:36:09,459 Páraos. 606 00:36:09,543 --> 00:36:10,836 Ei, parade xa. 607 00:36:10,919 --> 00:36:12,129 Ou párovos eu. 608 00:36:12,588 --> 00:36:13,714 Obríganos. 609 00:36:14,214 --> 00:36:17,551 Non sabes como me alegra que digas iso. 610 00:36:20,721 --> 00:36:21,555 Espera! 611 00:36:21,638 --> 00:36:23,473 Invencible, non o entendes! 612 00:36:27,436 --> 00:36:29,521 Deixa de pelexar e escóitame! 613 00:36:31,023 --> 00:36:32,482 É bastante forte. 614 00:36:33,025 --> 00:36:35,861 Si, pero non será coma o seu nome. 615 00:36:36,320 --> 00:36:39,364 Non pode ser... Invencible. 616 00:36:39,656 --> 00:36:40,824 Parade! 617 00:36:40,908 --> 00:36:42,409 Isto é para facer o ben! 618 00:36:42,784 --> 00:36:44,786 Si, iso xa o oín antes. 619 00:36:45,370 --> 00:36:46,371 Pois síntoo. 620 00:36:53,378 --> 00:36:56,131 Mauler, axudade a vosos irmáns! 621 00:36:56,214 --> 00:36:58,842 Usas outras versións nosas? 622 00:36:58,926 --> 00:37:00,344 Eramos especiais! 623 00:37:41,259 --> 00:37:43,345 Parádeo, pero non o matedes! 624 00:37:43,971 --> 00:37:45,180 Faremos ambas. 625 00:37:45,263 --> 00:37:47,015 Cala e goza do espectáculo. 626 00:37:52,145 --> 00:37:53,271 Non! 627 00:37:53,355 --> 00:37:55,232 Abonda. Parade! 628 00:37:55,482 --> 00:37:56,650 Non te queixes. 629 00:37:56,733 --> 00:37:58,235 Case rematamos. 630 00:38:02,322 --> 00:38:06,743 Non crearei a miña utopía con sangue! 631 00:38:11,206 --> 00:38:12,874 Para! Hai demasiada enerxía! 632 00:38:12,958 --> 00:38:14,251 Matarasnos a todos! 633 00:38:52,456 --> 00:38:53,457 Mancáronte? 634 00:38:55,042 --> 00:38:58,545 Pois igual si que é... Invencible. 635 00:38:59,421 --> 00:39:01,173 Non! 636 00:39:01,256 --> 00:39:02,257 Outra vez non. 637 00:39:02,966 --> 00:39:03,800 Ei! 638 00:39:03,884 --> 00:39:07,596 Ei, rapaz, foi culpa dos Mauler, vale? 639 00:39:08,138 --> 00:39:11,016 E parece que había moitos. 640 00:39:11,892 --> 00:39:13,643 Mira, non sei que facían, 641 00:39:13,727 --> 00:39:18,106 pero diría que os paraches magnificamente. 642 00:39:18,690 --> 00:39:21,234 Non podo crer que o diga, pero escoita a Rex. 643 00:39:22,819 --> 00:39:24,404 Había máis xente aquí. 644 00:39:25,363 --> 00:39:26,990 E os Mauler non o merecían. 645 00:39:27,074 --> 00:39:29,451 Isto provocárono eles. 646 00:39:29,534 --> 00:39:31,328 Paraches o seu plan. 647 00:39:31,745 --> 00:39:33,789 Isto pasa cando cumpres ordes. 648 00:39:33,872 --> 00:39:35,624 Fixéchelo ben, entendido? 649 00:39:37,042 --> 00:39:37,876 Marcha xa. 650 00:39:38,376 --> 00:39:40,837 Limparemos e veremos que querían facer. 651 00:39:40,921 --> 00:39:43,423 Inmortal, mira se hai superviventes. 652 00:39:43,507 --> 00:39:44,508 Entendido. 653 00:39:49,596 --> 00:39:50,597 Mamá? 654 00:39:51,807 --> 00:39:52,808 Mamá. 655 00:39:54,059 --> 00:39:54,893 Mamá! 656 00:39:57,395 --> 00:39:59,022 Meu Deus, Mark! 657 00:40:00,398 --> 00:40:01,399 Tranquila. 658 00:40:01,483 --> 00:40:02,984 - Estou ben. - Que pasou? 659 00:40:03,568 --> 00:40:04,736 Traballo para Cecil. 660 00:40:05,403 --> 00:40:08,198 Parei os Mauler, pero estoupou todo. 661 00:40:09,449 --> 00:40:10,659 Estás ben? 662 00:40:10,742 --> 00:40:11,827 Que? 663 00:40:11,910 --> 00:40:14,788 Só estou cansa. 664 00:40:15,872 --> 00:40:17,082 Debeu ser... 665 00:40:21,378 --> 00:40:22,212 Comiches? 666 00:40:23,088 --> 00:40:23,964 Non. 667 00:40:24,047 --> 00:40:25,132 Esquecinme. 668 00:40:25,215 --> 00:40:26,049 Farei a cea. 669 00:40:26,133 --> 00:40:27,676 Non tes por que. Pedirei... 670 00:40:27,759 --> 00:40:28,760 Quero facelo. 671 00:40:31,388 --> 00:40:32,472 Vale. 672 00:40:32,556 --> 00:40:33,557 Será xenial. 673 00:40:35,016 --> 00:40:36,810 Chegouche unha carta. 674 00:40:39,646 --> 00:40:40,647 Ti primeiro. 675 00:40:41,439 --> 00:40:43,150 Nin de broma, ti. 676 00:40:43,233 --> 00:40:44,609 Ao mesmo tempo. 677 00:40:49,990 --> 00:40:54,744 "Parabéns. Aceptárona na Universidade Upstate, señorita Bennett." 678 00:40:54,828 --> 00:40:56,705 Señorita Bennett, esta é túa! 679 00:40:56,788 --> 00:40:58,498 Que queres que poña? 680 00:40:59,249 --> 00:41:02,252 Quero que poña que imos xuntos á universidade. 681 00:41:02,627 --> 00:41:03,962 Non o creo. 682 00:41:09,009 --> 00:41:09,885 Ben. 683 00:41:10,886 --> 00:41:12,554 Agora si que o creo. 684 00:41:15,682 --> 00:41:16,725 Meu Deus. 685 00:41:17,100 --> 00:41:18,852 Colléronme! 686 00:41:21,062 --> 00:41:24,024 Parece que podo quedar co meu mozo superheroe. 687 00:41:25,692 --> 00:41:26,610 Parece que si. 688 00:41:41,249 --> 00:41:42,250 Ola, Inmortal. 689 00:41:44,794 --> 00:41:46,129 Grazas polo de hoxe. 690 00:41:47,130 --> 00:41:49,382 Igual non sabes que traballo para Cecil. 691 00:41:49,466 --> 00:41:53,595 Así que, se precisas axuda ou queres que nos xuntemos, avísame... 692 00:41:55,388 --> 00:41:57,182 Cecil pensa que es dos nosos. 693 00:41:58,475 --> 00:41:59,726 Eu non estou seguro. 694 00:42:03,813 --> 00:42:04,940 Vixiareite. 695 00:42:18,578 --> 00:42:20,038 PERIGO 696 00:42:28,630 --> 00:42:31,341 Díxenlle que non sacase o casco. 697 00:42:40,100 --> 00:42:40,934 Irmán? 698 00:42:42,602 --> 00:42:43,603 Es ti? 699 00:42:54,948 --> 00:42:57,117 Como podes respirar? 700 00:43:03,873 --> 00:43:08,253 Que... Que me fixo? 701 00:43:08,920 --> 00:43:13,091 Foi culpa túa, e fixéchesme isto a min! 702 00:43:13,591 --> 00:43:17,220 Foi el e converteume nun monstro. 703 00:43:18,638 --> 00:43:22,100 Estraguei todo! 704 00:43:25,729 --> 00:43:29,733 Matou tanta xente... xente que eu coñecía. 705 00:43:29,816 --> 00:43:31,693 Xente que quería. 706 00:43:31,776 --> 00:43:34,154 Morreron milleiros pola súa culpa. 707 00:43:35,780 --> 00:43:37,490 Estás confundido. 708 00:43:37,574 --> 00:43:39,409 Non sabes que recordos son teus 709 00:43:39,492 --> 00:43:41,202 e cales dos demais. 710 00:43:41,286 --> 00:43:42,620 Son todos meus! 711 00:43:42,704 --> 00:43:43,705 Todos! 712 00:43:44,497 --> 00:43:45,999 Vai a un hospital. 713 00:43:51,504 --> 00:43:52,505 Non. 714 00:43:53,298 --> 00:43:54,758 Necesito vingarme. 715 00:43:55,633 --> 00:43:58,386 Necesito que pague. 716 00:43:59,179 --> 00:44:02,432 Non pararei ata matalo! 717 00:44:02,515 --> 00:44:08,521 INVENCIBLE 718 00:44:13,902 --> 00:44:15,487 Veña, vai! 719 00:44:16,112 --> 00:44:17,364 Non te preocupes. 720 00:44:17,864 --> 00:44:21,785 Queimei medio corpo axudándoche a mutilarte. 721 00:44:22,786 --> 00:44:25,789 É a última vez que traballo para outra persoa. 722 00:45:18,007 --> 00:45:20,009 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 723 00:45:20,093 --> 00:45:22,095 Supervisora creativa: Abraham Díaz López