1 00:00:06,006 --> 00:00:07,633 ANTERIORMENTE 2 00:00:08,384 --> 00:00:12,555 Disparáchesme na maldita cabeza! 3 00:00:14,807 --> 00:00:17,768 Si, xenial! Dez de dez. Temos que liscar. 4 00:00:17,768 --> 00:00:20,563 Kate Cha era... unha loitadora valente. 5 00:00:20,563 --> 00:00:22,898 Son eu outra vez, William? 6 00:00:22,898 --> 00:00:25,401 Como puido un momento na Terra 7 00:00:25,401 --> 00:00:29,071 converterte nun traidor débil e sentimental? 8 00:00:29,071 --> 00:00:33,075 Este é o irmán de Mark. O que o fai da familia. 9 00:00:33,075 --> 00:00:35,244 Traballo para vostede, señora Grayson. 10 00:00:35,244 --> 00:00:37,329 Sacámoste e o cerebo estaba intacto. 11 00:00:37,329 --> 00:00:39,081 O resto, non tanto. 12 00:00:39,081 --> 00:00:40,666 Cambieime. 13 00:00:40,666 --> 00:00:43,210 - Podería facelo... - Non. 14 00:00:43,210 --> 00:00:45,045 - Fállolle. - Fállolle. 15 00:00:45,045 --> 00:00:47,506 Todo o dos libros é real. 16 00:00:47,506 --> 00:00:50,885 Vou visitar un vello amigo. 17 00:00:53,596 --> 00:00:58,058 Axeonllarédesvos ante Grom! 18 00:01:02,980 --> 00:01:06,484 Mellor pídelles aos extraterrestres e tolos cos que pelexes 19 00:01:06,484 --> 00:01:10,863 unha foto, no canto de pegarlles nada máis, non cres? 20 00:01:10,863 --> 00:01:12,031 Di que es fan. 21 00:01:12,990 --> 00:01:15,075 Con algúns igual funciona. 22 00:01:17,620 --> 00:01:21,040 Vale, iso... De verdade me vedes así? 23 00:01:21,040 --> 00:01:22,833 Se cres que iso é raro... 24 00:01:29,340 --> 00:01:32,092 Tede coidado, malvados. Somos... 25 00:01:32,092 --> 00:01:38,182 {\an8}INVENCIBLE 26 00:01:42,144 --> 00:01:43,771 Por que non vivimos aquí? 27 00:01:43,771 --> 00:01:46,106 Alugamos unha caseta ou unha tenda, 28 00:01:46,106 --> 00:01:48,526 comemos bocadillos de salchicha. 29 00:01:48,526 --> 00:01:52,905 Porque morrerías dunha sobredose de cómics nunhas tres horas. 30 00:01:52,905 --> 00:01:54,990 Morrería feliz e pagaría a pena. 31 00:01:56,492 --> 00:01:58,577 Estaba buscando eses en tapa dura! 32 00:01:58,577 --> 00:02:00,955 Non podes mercar todo, Mark Grayson. 33 00:02:01,580 --> 00:02:02,581 Xa verás! 34 00:02:10,297 --> 00:02:11,131 Estás ben? 35 00:02:12,007 --> 00:02:13,342 Si, estou ben. 36 00:02:13,342 --> 00:02:14,885 Seguro? 37 00:02:14,885 --> 00:02:15,970 Estou ben. 38 00:02:16,554 --> 00:02:18,806 Non temos por que pasar aquí o día. 39 00:02:18,806 --> 00:02:20,808 Podemos facer algo que queiras. 40 00:02:20,808 --> 00:02:23,269 Quen di que non quero facer isto? 41 00:02:23,269 --> 00:02:24,186 Xa. 42 00:02:24,186 --> 00:02:25,104 Claro. 43 00:02:25,104 --> 00:02:28,732 Só digo que é máis unha cousa miña. 44 00:02:28,732 --> 00:02:30,568 Non pasamos moito tempo xuntos 45 00:02:30,568 --> 00:02:34,238 e quero que fagamos cousas que a ti che gustan tamén. 46 00:02:34,238 --> 00:02:36,490 Se non o paso ben, direicho. 47 00:02:37,157 --> 00:02:38,659 Vale. Perdoa. 48 00:02:38,659 --> 00:02:41,203 Tranquilo. Pasemos o día xuntos. 49 00:02:42,162 --> 00:02:44,123 Tanto me ten o que fagamos. 50 00:02:44,123 --> 00:02:48,377 E, para que o saibas, creo que leo máis cómics ca ti ultimamente. 51 00:02:48,377 --> 00:02:50,796 Estás ocupado salvando o mundo. 52 00:02:51,922 --> 00:02:53,340 Pois igual si. 53 00:02:55,426 --> 00:02:56,427 Un segundo. 54 00:02:56,427 --> 00:02:58,053 Estamos nunha cola? 55 00:03:01,140 --> 00:03:03,434 Filip Schaff está asinando. 56 00:03:03,434 --> 00:03:04,351 CAN ESPIRITISTA 57 00:03:04,351 --> 00:03:07,438 Dixeches que o importante era estar xuntos, non? 58 00:03:08,939 --> 00:03:10,774 CREADOR DE CAN ESPIRITISTA 59 00:03:11,567 --> 00:03:12,443 Filip Schaff. 60 00:03:12,443 --> 00:03:15,112 Vaia! Son fan teu! 61 00:03:15,112 --> 00:03:17,948 - Grazas, rapaz. - Teño que preguntar. 62 00:03:17,948 --> 00:03:20,242 Cando vai saír a nova tempada? 63 00:03:20,242 --> 00:03:21,493 Falas da serie? 64 00:03:21,493 --> 00:03:22,995 Igual tarda un ano. 65 00:03:22,995 --> 00:03:27,041 Síntoo. As animacións levan moito tempo. 66 00:03:27,041 --> 00:03:30,377 Seguro que custa moito facer as escenas de pelexa. 67 00:03:30,377 --> 00:03:33,589 Si, levan tempo, pero aforramos noutras cousas 68 00:03:33,589 --> 00:03:34,840 para conseguilo. 69 00:03:34,840 --> 00:03:37,051 Non viches que ás veces non se ve 70 00:03:37,051 --> 00:03:40,137 a boca do que fala e non ves os beizos moverse? 71 00:03:40,137 --> 00:03:42,640 Pois non me dera de conta. 72 00:03:42,640 --> 00:03:44,850 Si, ou gravamos desde atrás 73 00:03:44,850 --> 00:03:46,894 mentres falan, pola mesma razón. 74 00:03:46,894 --> 00:03:50,147 Outras veces facemos un plano amplo e lento. 75 00:03:50,147 --> 00:03:52,608 Parece animado, pero está tan lonxe 76 00:03:52,608 --> 00:03:55,235 que non te decatas de que non se move nada. 77 00:03:55,235 --> 00:03:59,156 O mellor é que como hai pouca animación, 78 00:03:59,156 --> 00:04:01,575 podemos facer os debuxos moito mellor. 79 00:04:01,575 --> 00:04:03,869 Ás veces os artistas perden o control 80 00:04:03,869 --> 00:04:06,163 e parece unha serie diferente. 81 00:04:06,163 --> 00:04:08,499 É incrible o que che permiten facer. 82 00:04:08,499 --> 00:04:10,501 Grazas por vir! 83 00:04:10,501 --> 00:04:11,710 Non, grazas a ti! 84 00:04:11,710 --> 00:04:14,213 Fixareime máis na segunda tempada. 85 00:04:14,213 --> 00:04:16,507 Que tío tan xenial. 86 00:04:17,174 --> 00:04:19,009 Ben, onde queres ir agora? 87 00:04:19,009 --> 00:04:21,345 Non sei, poderiamos ir a Artists' Alley. 88 00:04:22,137 --> 00:04:24,223 É... un segundo. 89 00:04:25,683 --> 00:04:27,393 Ola, Eve. Que pasa? 90 00:04:27,393 --> 00:04:32,356 Mark, Rex fuxiu do hospital da AMD e foi a unha misión el só. 91 00:04:32,356 --> 00:04:35,401 Non se comunicou e teño medo de que teña problemas. 92 00:04:35,401 --> 00:04:38,487 Iría eu, pero estou amañando un asunto. 93 00:04:40,489 --> 00:04:43,867 Si, claro. Dime onde está. 94 00:04:45,285 --> 00:04:48,122 Vasme abandonar no Comic-Con, non si? 95 00:04:49,915 --> 00:04:51,208 Rex ten problemas. 96 00:04:51,208 --> 00:04:53,919 - Pero igual... - Non, tranquilo. Vai. 97 00:04:53,919 --> 00:04:55,504 Falamos despois. 98 00:04:57,381 --> 00:05:01,010 Grazas por gardarme as cousas. Es a mellor. Quérote. Adeus. 99 00:05:02,219 --> 00:05:06,640 Axeonllarédesvos ante Grom! 100 00:05:06,640 --> 00:05:08,726 ZONA DE ALMACENAMENTO NUCLEAR 101 00:05:16,650 --> 00:05:19,653 Non fagas isto! Veña! Non me fagas isto. 102 00:05:22,197 --> 00:05:25,284 Fixéchelo centos de veces. Sobreviviches a todas. 103 00:05:25,284 --> 00:05:27,536 Nin sequera unha bala te puido matar. 104 00:05:28,120 --> 00:05:31,248 E este tipo? Non é nada. 105 00:05:31,248 --> 00:05:33,125 É o típico... 106 00:05:35,711 --> 00:05:40,674 Un maldito monstro con tentáculos? 107 00:05:40,674 --> 00:05:41,759 Xenial. 108 00:05:42,843 --> 00:05:43,844 Merda. 109 00:05:43,844 --> 00:05:45,429 Merda! 110 00:05:47,181 --> 00:05:49,349 Vas facer isto, Rex. 111 00:05:49,349 --> 00:05:52,728 Vas saír e vaslle arrincar todos os tentáculos, 112 00:05:52,728 --> 00:05:56,106 meterasllos todos por cantos cus teña 113 00:05:56,106 --> 00:05:59,985 e mandaralo de volta ao seu planeta merdento, 114 00:05:59,985 --> 00:06:01,904 onde queira que sexa, 115 00:06:01,904 --> 00:06:06,658 porque es Rex Splode e así fas ti as cousas. 116 00:06:08,243 --> 00:06:09,578 Vamos. 117 00:06:22,007 --> 00:06:26,637 Necesitar máis ca terra para ferir Octoboss. 118 00:06:26,637 --> 00:06:29,348 Eu... Espera, o que? 119 00:06:29,348 --> 00:06:31,809 Ti escoitar palabras! 120 00:06:31,809 --> 00:06:34,978 Eu mancarte agora! 121 00:06:40,317 --> 00:06:43,695 Ai, non. Por que non dixeches algo así antes? 122 00:06:45,989 --> 00:06:48,325 Son os teus amigos tan parvos coma ti? 123 00:06:52,955 --> 00:06:56,667 Octoboss tardar en aprender lingua vosa! 124 00:06:56,667 --> 00:06:59,920 Perdoa se palabras non perfectas! 125 00:07:05,134 --> 00:07:08,929 Mira, sei que estás ocupado e respecto moito que aprendeses 126 00:07:08,929 --> 00:07:12,015 a nosa lingua, aínda que non a aprendeses ben. 127 00:07:12,015 --> 00:07:15,060 Pero voute esnaquizar igual! 128 00:07:32,911 --> 00:07:36,790 Esnaquiza quen agora? 129 00:07:40,711 --> 00:07:41,712 Merda! 130 00:07:52,931 --> 00:07:53,765 Rex. 131 00:07:54,349 --> 00:07:55,350 Estás ben? 132 00:07:56,310 --> 00:07:57,311 Estou, si. 133 00:07:57,311 --> 00:07:58,312 Para ti, eses. 134 00:07:58,312 --> 00:07:59,813 Eu pararei a Davy Jones. 135 00:08:03,025 --> 00:08:04,151 Seguro? 136 00:08:04,651 --> 00:08:06,153 É bastante grande. 137 00:08:06,153 --> 00:08:07,070 Tío, por favor. 138 00:08:07,070 --> 00:08:08,488 Necesítoo. 139 00:08:39,311 --> 00:08:41,605 Empeza con iso a próxima vez. 140 00:08:45,984 --> 00:08:47,527 Despexado. Que veñan xa. 141 00:08:48,487 --> 00:08:49,655 Grazas, amigo. 142 00:08:50,656 --> 00:08:52,491 Despois de... 143 00:08:54,284 --> 00:08:58,497 pensei que tiña que volver... ao traballo. 144 00:08:59,706 --> 00:09:02,709 Era iso ou retirarme e abrir un bar nun paraíso. 145 00:09:04,836 --> 00:09:06,838 Espera, e por que non fago iso? 146 00:09:07,714 --> 00:09:08,715 Entramos. 147 00:09:10,384 --> 00:09:14,263 Xa, eu tamén me sentía así despois de que meu pai e eu... 148 00:09:15,889 --> 00:09:17,224 Podo imaxinalo. 149 00:09:17,849 --> 00:09:21,436 Non hai moitos que poidan recuperarse de algo así. 150 00:09:22,020 --> 00:09:25,399 Creo que ninguén se podería recuperar de algo así. 151 00:09:26,483 --> 00:09:30,279 E non podo crer que che saísen dentes novos. 152 00:09:30,988 --> 00:09:33,573 Carallo! Xa me gustaría ter ese superpoder. 153 00:09:33,573 --> 00:09:36,326 Eu parezo un xogador de hóckey dos malos. 154 00:09:38,161 --> 00:09:39,579 Que tal con Amber? 155 00:09:40,122 --> 00:09:42,416 Amañastes as cousas? 156 00:09:42,416 --> 00:09:43,500 Pois non. 157 00:09:44,084 --> 00:09:46,962 Non podemos ter citas sen que nos interrompan. 158 00:09:46,962 --> 00:09:49,089 Deixeina no Comic-Con para vir. 159 00:09:49,089 --> 00:09:52,759 Pois entón déboche unha. Direiche unha cousa. 160 00:09:52,759 --> 00:09:57,848 Escolle un día e os Gardiáns e eu cubrirémoste, pase o que pase. 161 00:09:58,974 --> 00:10:01,268 E sabes o que? Que lle dean a Cecil. 162 00:10:01,268 --> 00:10:03,603 Non sei se o poderedes facer. 163 00:10:04,271 --> 00:10:05,647 Tío, confía en min. 164 00:10:06,148 --> 00:10:08,066 Aínda con todo o que pasamos, 165 00:10:08,066 --> 00:10:12,029 somos o mellor equipo de superheroes do puto planeta. 166 00:10:12,946 --> 00:10:14,614 Malnacido! 167 00:10:30,589 --> 00:10:32,007 Reláxate. 168 00:10:32,007 --> 00:10:34,176 Reláxate ti! Isto é unha parvada. 169 00:10:34,176 --> 00:10:35,677 Non intentes forzalo. 170 00:10:35,677 --> 00:10:39,306 O sistema interpreta os teus pensamentos e... 171 00:10:39,890 --> 00:10:40,932 Aí o tes! 172 00:10:40,932 --> 00:10:43,018 Podemos volver empezar e... 173 00:10:44,811 --> 00:10:46,229 tentalo de novo. 174 00:10:46,229 --> 00:10:50,025 - Eses custan aproximadamente... - Non! 175 00:10:50,025 --> 00:10:51,401 Non o tentarei máis. 176 00:10:51,401 --> 00:10:52,986 Non podo loitar con iso. 177 00:10:52,986 --> 00:10:54,196 É inútil! 178 00:10:54,196 --> 00:10:58,658 E non deixarei que me metas algo na cabeza para que funcione mellor. 179 00:10:58,658 --> 00:11:00,952 É un procedemento médico pequeno. 180 00:11:00,952 --> 00:11:02,537 Amanda, espera. 181 00:11:02,537 --> 00:11:05,999 É só... Faría que non tiveses que transformarte. 182 00:11:05,999 --> 00:11:08,960 Non te volverías máis nova e poderías envellecer. 183 00:11:11,004 --> 00:11:12,297 Deixa que o amañe. 184 00:11:13,632 --> 00:11:15,675 Estou maldita, non rota. 185 00:11:15,675 --> 00:11:17,344 E non che pedín axuda. 186 00:11:21,473 --> 00:11:22,724 Que tal está Rae? 187 00:11:22,724 --> 00:11:26,061 Aínda está na UCI, pero é máis forte do que parece. 188 00:11:26,645 --> 00:11:27,479 Sairá desta. 189 00:11:29,189 --> 00:11:31,817 - Que? - Este sitio. 190 00:11:31,817 --> 00:11:33,276 Que pasa con el? 191 00:11:33,276 --> 00:11:35,112 Deberiamos ser os mellores 192 00:11:35,112 --> 00:11:36,822 superheroes do planeta. 193 00:11:36,822 --> 00:11:38,448 E? 194 00:11:38,448 --> 00:11:39,533 Falas en serio? 195 00:11:40,283 --> 00:11:42,077 Veña, fagamos unha listaxe. 196 00:11:42,536 --> 00:11:44,704 Tes un rapaz que é un xenio, 197 00:11:44,704 --> 00:11:48,333 pero a súa mellor idea foi crear un corpo novo 198 00:11:48,333 --> 00:11:52,337 con ADN que lle roubou a un compañeiro para saír cunha compañeira 199 00:11:52,337 --> 00:11:54,506 que non quere saír con el. 200 00:11:55,173 --> 00:11:58,760 Esa rapaza faise máis nova cando usa os poderes 201 00:11:58,760 --> 00:12:02,431 e parece que non lle importa ter que volver comer potiños. 202 00:12:03,098 --> 00:12:06,518 O noso líder é tan vello que caga po! 203 00:12:06,518 --> 00:12:10,689 E o seu xefe sacrificaríanos sen pensalo para salvar os brancos do país. 204 00:12:11,815 --> 00:12:13,358 E a que rompeu os ósos 205 00:12:13,358 --> 00:12:15,569 intentando estouparlle dentro a un... 206 00:12:16,653 --> 00:12:18,196 e é unha carallada. 207 00:12:19,156 --> 00:12:22,200 O pirómano que pasa por malos momentos persoais 208 00:12:22,200 --> 00:12:24,494 despois de ter unha bala no cerebro. 209 00:12:25,162 --> 00:12:27,747 E por último, o que sexa Shapesmith. 210 00:12:29,082 --> 00:12:30,917 Pois síntome excluído. 211 00:12:31,710 --> 00:12:33,628 Ben, para empezar, estás calvo. 212 00:12:33,628 --> 00:12:35,630 E era o punto forte de Samson. 213 00:12:35,630 --> 00:12:39,217 E segundo, se pensas que somos os mellores do planeta, 214 00:12:39,217 --> 00:12:42,137 o do pelo é secundario se o comparas co teu xuízo. 215 00:12:42,137 --> 00:12:45,265 Tiña pelo cando escollín o nome, pero tes razón. 216 00:12:45,265 --> 00:12:47,976 Non somos o mellor equipo do planeta. 217 00:12:47,976 --> 00:12:49,436 Somos unha familia. 218 00:12:49,436 --> 00:12:50,520 Ai, si? 219 00:12:50,520 --> 00:12:54,024 E coma en calquera familia, todos temos os nosos problemas. 220 00:12:54,024 --> 00:12:55,484 Fala por ti. 221 00:12:55,484 --> 00:12:57,569 Cando é preciso, somos invencibles. 222 00:12:57,569 --> 00:13:00,071 Iso convértenos nos mellores. 223 00:13:00,655 --> 00:13:02,949 Ti es novo e aínda non o entendes. 224 00:13:02,949 --> 00:13:04,034 Que? Non! 225 00:13:05,535 --> 00:13:08,955 Pois se somos unha familia, mamá e papá vanse divorciar. 226 00:13:11,291 --> 00:13:13,001 Petición denegada. 227 00:13:13,001 --> 00:13:14,878 Non era unha petición. 228 00:13:14,878 --> 00:13:17,797 Fáltannos dous membros e queres deixalo? 229 00:13:17,797 --> 00:13:19,090 Nin de broma. 230 00:13:20,717 --> 00:13:22,552 Se é por Kate, enténdoo. 231 00:13:22,552 --> 00:13:24,304 Estou confuso, Cecil. 232 00:13:25,847 --> 00:13:26,848 Son inestable, 233 00:13:27,557 --> 00:13:28,934 incluso perigoso. 234 00:13:29,309 --> 00:13:33,021 Acabas de salvar o planeta dunha invasión marciana. 235 00:13:33,021 --> 00:13:34,814 Case sae mal pola miña culpa! 236 00:13:34,814 --> 00:13:36,942 Porque non confiei en Invencible! 237 00:13:36,942 --> 00:13:38,360 E despois case empezo 238 00:13:38,360 --> 00:13:41,154 unha guerra interplanetaria co seu amigo! 239 00:13:44,157 --> 00:13:45,575 Xa estaba roto, Cecil. 240 00:13:46,952 --> 00:13:49,246 E a morte de Kate rematoume. 241 00:13:51,581 --> 00:13:53,375 Non vas abandonar. 242 00:13:53,375 --> 00:13:55,335 Só marcharás unha tempada. 243 00:13:55,335 --> 00:13:58,046 Esas vacacións das que falamos. Entendido? 244 00:14:01,258 --> 00:14:02,509 Onde vas? 245 00:14:03,301 --> 00:14:04,302 Para a casa. 246 00:14:08,306 --> 00:14:09,599 Rudy, ven aquí! 247 00:14:12,561 --> 00:14:13,395 Señor? 248 00:14:13,395 --> 00:14:15,689 O teu antigo posto está libre. 249 00:14:25,031 --> 00:14:26,783 Benvido. 250 00:14:29,119 --> 00:14:31,454 Pensabas que isto rematara? 251 00:14:31,454 --> 00:14:33,415 Acabamos de comezar. 252 00:14:34,583 --> 00:14:36,334 Hai moito que facer. 253 00:14:39,671 --> 00:14:44,175 Igual pensas que algún heroe virá e te salvará. 254 00:14:44,884 --> 00:14:45,719 Imos ver. 255 00:14:46,469 --> 00:14:51,141 Parece que só estamos ti, eu e a ciencia. 256 00:14:52,726 --> 00:14:54,394 Comezamos? 257 00:15:03,111 --> 00:15:05,113 Tranquilo, estou aquí. 258 00:15:05,113 --> 00:15:06,197 Estou aquí. 259 00:15:07,907 --> 00:15:09,659 Só foi un soño. 260 00:15:09,659 --> 00:15:10,744 Non foi real. 261 00:15:11,745 --> 00:15:13,371 Era real, William. 262 00:15:14,039 --> 00:15:15,040 Iso pasou. 263 00:15:15,457 --> 00:15:17,208 - Seino, pero... - Non tal. 264 00:15:18,543 --> 00:15:20,629 Non o sabes. Ninguén o sabe. 265 00:15:22,088 --> 00:15:25,842 Cando pecho os ollos, vexo a cara de Sinclair. 266 00:15:26,718 --> 00:15:29,387 O terapeuta dixo que custaría adaptarse... 267 00:15:29,387 --> 00:15:31,097 Non quero adaptarme. 268 00:15:32,515 --> 00:15:34,225 Non sei que é peor, 269 00:15:34,225 --> 00:15:38,938 Sinclair esnaquizándome ou eses doutores intentando reconstruírme. 270 00:15:44,027 --> 00:15:46,571 Non, Donald, non podes dimitir. 271 00:15:46,571 --> 00:15:48,615 Xesús, ten algo a auga hoxe? 272 00:15:48,615 --> 00:15:53,370 Reconstruíchesme, mentíchesme, arrebatáchesme o control. 273 00:15:53,370 --> 00:15:55,080 Se non, estarías morto. 274 00:15:55,080 --> 00:15:57,082 É inaceptable, señor. 275 00:15:57,082 --> 00:15:59,459 Sinceramente, non podo seguir aquí. 276 00:15:59,459 --> 00:16:00,752 Non sei quen... 277 00:16:01,628 --> 00:16:03,171 ou que son. 278 00:16:03,171 --> 00:16:05,298 Es ti, Donald. Fin da historia. 279 00:16:05,298 --> 00:16:06,758 Como vou ser eu? 280 00:16:06,758 --> 00:16:08,593 Borráchesme os recordos. 281 00:16:09,719 --> 00:16:11,262 Non foi decisión miña. 282 00:16:13,181 --> 00:16:14,182 Entón de quen foi? 283 00:16:16,017 --> 00:16:17,018 Senta. 284 00:16:17,811 --> 00:16:19,062 Xa vin isto... 285 00:16:19,062 --> 00:16:20,146 Senta. 286 00:16:23,525 --> 00:16:25,485 Toma. Autorización completa. 287 00:16:25,485 --> 00:16:28,154 Non é o contrasinal que ti pensabas. 288 00:16:30,240 --> 00:16:31,866 Lembra que o pediches ti. 289 00:16:40,792 --> 00:16:42,544 Correde! Axiña! 290 00:16:57,809 --> 00:17:01,020 Un pouco máis. Espera aquí. Xa vou. 291 00:17:10,905 --> 00:17:11,906 Meu Deus. 292 00:17:18,329 --> 00:17:21,332 Antes dunha pelexa tamén te pos tan nervioso? 293 00:17:22,000 --> 00:17:25,336 Non, pero o Doutor Sísmico non pode expulsarme da uni. 294 00:17:26,463 --> 00:17:28,381 Temos que estar aquí xuntos. 295 00:17:30,091 --> 00:17:31,217 Que bonito. 296 00:17:31,217 --> 00:17:32,552 Xa o practicamos. 297 00:17:32,552 --> 00:17:34,345 Foi unha emerxencia familiar. 298 00:17:34,345 --> 00:17:35,847 É o que tes que dicir. 299 00:17:36,639 --> 00:17:38,057 E se non funciona? 300 00:17:38,057 --> 00:17:39,642 Pois xa o amañaremos. 301 00:17:39,642 --> 00:17:40,643 Xuntos. 302 00:17:40,643 --> 00:17:41,770 Señor Grayson? 303 00:17:41,770 --> 00:17:43,480 Espérao o decano. 304 00:17:52,530 --> 00:17:54,741 DECANO 305 00:17:54,741 --> 00:17:58,870 Señor, tiven unha emerxencia familiar, pero xa volvín e prometo... 306 00:17:58,870 --> 00:18:02,832 Sei o da emerxencia familiar, señor Grayson. 307 00:18:03,416 --> 00:18:04,834 Director Winslow? 308 00:18:04,834 --> 00:18:07,128 Agora son o decano Winslow, Mark. 309 00:18:07,128 --> 00:18:10,465 Eu... non sabía que cambiara de institución. 310 00:18:10,465 --> 00:18:13,843 Vexo que non les as noticias universitarias. 311 00:18:14,552 --> 00:18:15,553 Pois... 312 00:18:16,387 --> 00:18:17,388 Senta. 313 00:18:22,977 --> 00:18:27,607 Non sei se son peores as notas ou a túa asistencia. 314 00:18:27,607 --> 00:18:29,901 Faltaches case todo o semestre. 315 00:18:31,069 --> 00:18:33,071 Eu non quería, señor. 316 00:18:33,071 --> 00:18:36,783 Se fose outro, xa te tería expulsado. 317 00:18:38,034 --> 00:18:39,828 Pero sei o de teu pai. 318 00:18:40,411 --> 00:18:43,998 E non imaxino o difícil que foi desde que morreu. 319 00:18:43,998 --> 00:18:46,543 - Señor... - Pero tes que decidirte, Mark. 320 00:18:46,543 --> 00:18:49,254 Se é a universidade, comprométete. 321 00:18:50,046 --> 00:18:53,132 Se non o é, comprométete co que sexa. 322 00:18:54,551 --> 00:18:56,553 Pero decide. 323 00:18:58,263 --> 00:18:59,973 Quero quedar aquí, señor. 324 00:19:01,224 --> 00:19:02,851 E eu non sei se o creo. 325 00:19:04,269 --> 00:19:06,688 Pero dareiche un mes para demostralo. 326 00:19:11,442 --> 00:19:14,320 Decidín eu que me borrásedes os recordos? 327 00:19:14,904 --> 00:19:17,240 Ninguén debe vivir con tantos traumas. 328 00:19:17,240 --> 00:19:19,325 Pensaches que te pararían, 329 00:19:19,325 --> 00:19:23,413 que non che deixarían facer o traballo, que te farían dubidar. 330 00:19:24,122 --> 00:19:25,123 Pero fuches ti. 331 00:19:25,748 --> 00:19:27,041 Decidíchelo ti. 332 00:19:30,086 --> 00:19:31,087 Faino. 333 00:19:31,087 --> 00:19:32,255 Direillo ó equipo. 334 00:19:35,717 --> 00:19:37,302 Catorce ofertas! 335 00:19:37,302 --> 00:19:41,389 Penso que podemos conseguir uns 150 000 máis. 336 00:19:41,389 --> 00:19:43,391 O mercado é competitivo, pero ti? 337 00:19:43,391 --> 00:19:45,476 Ti fas as propiedades atractivas. 338 00:19:45,476 --> 00:19:48,479 É que... fas un bo traballo, Debbie. 339 00:19:49,772 --> 00:19:51,900 Sinto que volvo á miña rutina. 340 00:19:52,483 --> 00:19:53,610 Grazas por traerme. 341 00:19:53,610 --> 00:19:54,694 Vémonos mañá. 342 00:19:56,946 --> 00:19:57,947 Debbie? 343 00:20:00,491 --> 00:20:02,994 Gustaríame saber se queres cear comigo. 344 00:20:02,994 --> 00:20:06,497 Algún día. Non esta noite, claro. 345 00:20:09,292 --> 00:20:10,960 Non, tranquila. 346 00:20:10,960 --> 00:20:14,714 Vaia parvada. Son parvo. Traballamos xuntos. Síntoo. 347 00:20:15,840 --> 00:20:16,841 Que tal o xoves? 348 00:20:23,431 --> 00:20:24,682 Mamá! 349 00:20:27,393 --> 00:20:28,978 Boteite en falta, Oliver. 350 00:20:29,562 --> 00:20:30,688 Pasáchelo ben hoxe? 351 00:20:30,688 --> 00:20:32,815 Aprendemos sobre os animais. 352 00:20:32,815 --> 00:20:37,195 E o pequeno Oliver aprende moi axiña. 353 00:20:37,195 --> 00:20:38,571 Dígoo en serio. 354 00:20:38,571 --> 00:20:41,866 Aprende máis rápido ca calquera outro rapaz. 355 00:20:43,534 --> 00:20:46,412 Ten...? Notaches algún...? 356 00:20:46,412 --> 00:20:47,705 Poder? 357 00:20:47,705 --> 00:20:48,998 Non, aínda non. 358 00:20:49,624 --> 00:20:52,168 E non se sabe se os terá. 359 00:20:52,168 --> 00:20:54,712 Pero se tivese que apostar, 360 00:20:54,712 --> 00:20:57,715 diría que aparecerán antes que os de Mark. 361 00:20:57,715 --> 00:21:01,469 Vou aprendendo que todo pasa antes con Oliver. 362 00:21:02,595 --> 00:21:03,596 Vémonos mañá. 363 00:21:04,889 --> 00:21:06,849 - Ei. Ola, April. - Mark. 364 00:21:06,849 --> 00:21:08,184 Alégrame verte. 365 00:21:08,851 --> 00:21:12,230 Teu irmán aprende moi rápido. 366 00:21:13,564 --> 00:21:14,649 Ven aquí. 367 00:21:14,649 --> 00:21:15,900 Que tal as clases? 368 00:21:15,900 --> 00:21:17,151 E Amber? 369 00:21:23,074 --> 00:21:24,075 Xa vexo. 370 00:21:26,703 --> 00:21:29,872 Pensei que contándollo a Amber amañaría as cousas. 371 00:21:31,582 --> 00:21:32,583 Pero non foi así. 372 00:21:32,583 --> 00:21:35,128 Son un mozo pésimo. 373 00:21:35,128 --> 00:21:36,421 Agora sabe por que. 374 00:21:37,630 --> 00:21:39,507 E non sei se é mellor ou peor. 375 00:21:39,507 --> 00:21:40,591 É mellor. 376 00:21:41,467 --> 00:21:43,469 É mellor saber a verdade. 377 00:21:47,598 --> 00:21:50,309 Ti e papá saístes xuntos, non? 378 00:21:51,352 --> 00:21:53,104 Si, saímos xuntos. 379 00:21:53,855 --> 00:21:56,357 Pensabas que nos coñecemos, casamos e xa? 380 00:21:56,983 --> 00:21:58,026 Non, xa... 381 00:21:58,026 --> 00:21:59,444 E como foi? 382 00:21:59,444 --> 00:22:00,862 Para ti, quero dicir. 383 00:22:02,280 --> 00:22:03,281 Pois... 384 00:22:05,158 --> 00:22:06,159 Foi excitante. 385 00:22:06,784 --> 00:22:09,078 Namoreime moito del. 386 00:22:09,078 --> 00:22:11,456 É dicir, saía cun superheroe. 387 00:22:12,832 --> 00:22:14,917 Era moi divertido daquela. 388 00:22:15,960 --> 00:22:18,004 E non tiña nin idea de nada. 389 00:22:19,464 --> 00:22:22,800 Unha vez tróuxome unha árbore no canto de flores. 390 00:22:22,800 --> 00:22:24,761 Pensou que era mellor. 391 00:22:25,720 --> 00:22:28,389 Tiven que ensinarlle moito da Terra. 392 00:22:30,099 --> 00:22:31,100 Así eramos iguais. 393 00:22:34,187 --> 00:22:38,566 Pero... tamén pasou moito tempo fóra cando estabamos xuntos. 394 00:22:39,942 --> 00:22:40,777 Sentíame soa. 395 00:22:41,486 --> 00:22:42,320 Moi soa. 396 00:22:42,987 --> 00:22:45,406 Chegaches ti e pensei que axudaría. 397 00:22:45,990 --> 00:22:49,744 E quérote, pero non é o mesmo. 398 00:22:49,744 --> 00:22:50,953 Eu... 399 00:22:50,953 --> 00:22:54,457 Era difícil coidarte eu soa durante semanas. 400 00:22:57,460 --> 00:22:59,087 E agora, con Oliver, 401 00:22:59,754 --> 00:23:00,963 teu pai non está. 402 00:23:01,631 --> 00:23:04,258 Non é que o queira aquí, pero aínda así. 403 00:23:05,927 --> 00:23:09,097 É unha relación de verdade se sempre estás soa? 404 00:23:12,517 --> 00:23:16,270 Algunha vez desexaches... non coñecer a papá? 405 00:23:16,270 --> 00:23:17,355 Non. 406 00:23:18,022 --> 00:23:20,274 Non, porque non te tería a ti. 407 00:23:20,274 --> 00:23:23,194 Nin a Oliver. Aínda que esteamos os tres sós. 408 00:23:26,989 --> 00:23:28,616 E se non nos tiveses? 409 00:23:33,287 --> 00:23:34,288 Non sei. 410 00:23:36,791 --> 00:23:39,043 Menos mal que viñeches. 411 00:23:39,043 --> 00:23:42,296 Mark non colle o teléfono. Non sabía a quen chamar. 412 00:23:43,297 --> 00:23:44,298 Ai, non. 413 00:23:49,512 --> 00:23:50,555 Ei, Rick. 414 00:23:50,555 --> 00:23:52,306 Cres que é alto abondo? 415 00:23:52,306 --> 00:23:53,599 Non digas iso. 416 00:23:54,350 --> 00:23:55,768 Non sei. 417 00:23:55,768 --> 00:23:57,645 Igual nunca é demasiado alto. 418 00:23:58,312 --> 00:24:01,315 Rick... Lémbraste de min, non si? 419 00:24:01,315 --> 00:24:04,735 Ola, Donald. Por favor, non te achegues. 420 00:24:04,735 --> 00:24:06,571 Claro, non o farei. 421 00:24:07,321 --> 00:24:11,617 Pero igual... igual podes baixar de aí e dicirnos que pasa. 422 00:24:12,451 --> 00:24:13,452 Que pasa? 423 00:24:14,245 --> 00:24:16,789 O que pasa é que Sinclair me esnaquizou 424 00:24:16,789 --> 00:24:19,167 e o goberno reconstruíume, 425 00:24:19,167 --> 00:24:21,669 pero deixaron cousas fóra. 426 00:24:23,296 --> 00:24:26,549 Faltan partes de min e non sei que facer. 427 00:24:28,092 --> 00:24:30,136 Sei o que sentes. 428 00:24:30,136 --> 00:24:32,847 Non, non o sabes. Como o vas saber? 429 00:24:39,562 --> 00:24:42,398 El tamén te colleu a ti? 430 00:24:42,398 --> 00:24:43,482 Non. 431 00:24:44,150 --> 00:24:45,902 Colléronme outros coma el. 432 00:24:46,360 --> 00:24:49,238 A AMD reconstruíume tal e como o fixo contigo. 433 00:24:55,161 --> 00:24:56,954 Os dous tiñamos que morrer. 434 00:24:56,954 --> 00:24:58,039 Eu morrín. 435 00:24:59,665 --> 00:25:01,250 Morrín 39 veces, 436 00:25:02,460 --> 00:25:03,461 polo de agora. 437 00:25:04,754 --> 00:25:06,339 Trouxéronme de volta, 438 00:25:06,339 --> 00:25:09,008 aínda que cada vez había menos que salvar. 439 00:25:09,008 --> 00:25:13,638 Non o sei exactamente, pero creo que son unha máquina nun 98 %. 440 00:25:13,638 --> 00:25:14,722 Como? 441 00:25:15,306 --> 00:25:17,058 Como podes vivir así? 442 00:25:17,058 --> 00:25:18,142 Non podía. 443 00:25:19,268 --> 00:25:20,978 Borráronme os recordos. 444 00:25:22,063 --> 00:25:25,441 Pero foi... foi un erro. 445 00:25:25,441 --> 00:25:28,361 Vós estádesme axudando a velo. 446 00:25:29,028 --> 00:25:30,029 Como? 447 00:25:30,029 --> 00:25:33,950 Cada vez que morrín e me volveron reconstruír, 448 00:25:33,950 --> 00:25:37,662 foi porque axudaba a crear un mundo mellor. 449 00:25:38,996 --> 00:25:41,415 Ti tamén cando loitaches contra Sinclair, 450 00:25:41,415 --> 00:25:43,918 cando salvaches a Invencible e a William. 451 00:25:44,502 --> 00:25:46,420 Non somos o noso corpo. 452 00:25:46,420 --> 00:25:50,841 Somos as decisións que tomamos, as vidas que cambiamos, os que queremos. 453 00:25:52,093 --> 00:25:53,094 Ou que nos queren. 454 00:25:54,428 --> 00:25:56,097 Non teño que esquecelo. 455 00:25:56,889 --> 00:25:57,890 E ti tampouco. 456 00:26:06,023 --> 00:26:07,566 Rick, baixa de aí. 457 00:26:23,249 --> 00:26:24,250 Teléfono apagado. 458 00:26:24,250 --> 00:26:25,793 Fóra o auricular. 459 00:26:27,003 --> 00:26:28,254 Non teño nada aquí. 460 00:26:28,254 --> 00:26:29,880 Vale. 461 00:26:29,880 --> 00:26:33,509 Así que nada de interrupcións para salvar o mundo. 462 00:26:33,509 --> 00:26:35,303 Hoxe é só para nós. 463 00:26:35,303 --> 00:26:38,389 Isto créame problemas éticos. 464 00:26:38,389 --> 00:26:42,601 Non, tranquila. Falei cos Gardiáns e dixeron que me cubrían. 465 00:26:42,601 --> 00:26:46,689 E falei con Cecil para ter dúas noites libres á semana. 466 00:26:46,689 --> 00:26:50,401 Non lle gustou, pero necesítame, así que é o que hai. 467 00:26:53,821 --> 00:26:56,032 Sei que non está sendo sinxelo. 468 00:26:56,032 --> 00:26:57,491 Pero xa me decidín. 469 00:26:58,075 --> 00:26:59,744 E escollinte a ti. 470 00:27:01,620 --> 00:27:04,123 Pois iso si que non é ético. 471 00:27:06,834 --> 00:27:09,253 Pero igual non me importa. 472 00:28:21,492 --> 00:28:23,702 E a roupa que? 473 00:28:24,370 --> 00:28:25,204 É sinxelo. 474 00:28:25,204 --> 00:28:28,290 Ti sentas nas miñas costas e levo as maletas na man. 475 00:28:28,290 --> 00:28:30,668 Vacacións en Hawai? 476 00:28:32,128 --> 00:28:33,796 Como pagamos o hotel? 477 00:28:35,881 --> 00:28:38,717 Din que os mellores cámpings están en Hawai. 478 00:28:40,845 --> 00:28:44,473 Así que hai certos problemas que nin os superheroes resolven. 479 00:28:44,473 --> 00:28:46,183 Debería pedir un salario. 480 00:28:46,809 --> 00:28:48,811 Debería pedirllo a Cecil? 481 00:28:48,811 --> 00:28:51,272 Así si que estarías traballando para el. 482 00:28:51,272 --> 00:28:52,356 Certo. 483 00:28:52,940 --> 00:28:55,234 Igual podo buscar un traballo. 484 00:28:55,234 --> 00:28:57,445 A asociación de estudantes publícaos. 485 00:28:57,445 --> 00:28:59,405 Teño algúns amigos alí. 486 00:28:59,405 --> 00:29:02,408 Igual me presento como candidata o ano que vén. 487 00:29:05,035 --> 00:29:05,953 Que? 488 00:29:05,953 --> 00:29:07,037 Nada. 489 00:29:07,872 --> 00:29:08,706 É que... 490 00:29:09,373 --> 00:29:11,417 Vas ter que axudarme coas notas. 491 00:29:12,960 --> 00:29:16,881 Ben, pois teño unha técnica secreta que che podo contar. 492 00:29:16,881 --> 00:29:19,216 Chámase... estudar. 493 00:29:20,509 --> 00:29:21,719 Oíno algunha vez. 494 00:29:21,719 --> 00:29:24,013 Pero non lle podo pegar a alguén? 495 00:29:24,013 --> 00:29:28,309 É sorprendente, pero ás veces non podes amañar as cousas pegando. 496 00:29:28,309 --> 00:29:29,727 Mark Grayson. 497 00:29:30,978 --> 00:29:31,979 Invencible. 498 00:29:32,646 --> 00:29:33,939 Ven comigo agora 499 00:29:35,024 --> 00:29:36,650 ou esta muller morre. 500 00:29:40,446 --> 00:29:42,323 Escoitáchesme? 501 00:29:42,323 --> 00:29:43,324 Mark? 502 00:29:43,324 --> 00:29:46,952 Ei, quen es ti? 503 00:29:47,620 --> 00:29:51,707 Son Anissa e son axente do Imperio viltrumita. 504 00:29:52,500 --> 00:29:55,044 E se cres que podes achegarte 505 00:29:55,044 --> 00:29:57,505 antes de que lle arrinque a cabeza... 506 00:29:58,881 --> 00:30:00,216 podes intentalo. 507 00:30:00,966 --> 00:30:02,301 Que queres? 508 00:30:02,968 --> 00:30:03,969 Falar. 509 00:30:03,969 --> 00:30:06,222 Onde poidamos falar sós. 510 00:30:07,056 --> 00:30:08,057 Ben. 511 00:30:08,432 --> 00:30:11,894 Se marchas sen mancala nin a ela nin a ninguén, 512 00:30:11,894 --> 00:30:13,687 verémonos arriba no ceo. 513 00:30:17,024 --> 00:30:18,150 Apura. 514 00:30:19,109 --> 00:30:21,946 Se non, volverei e morrerán todos. 515 00:30:23,155 --> 00:30:24,782 Ela a primeira. 516 00:30:29,328 --> 00:30:30,371 Tranquila. 517 00:30:30,621 --> 00:30:32,248 Tranquila. Síntoo. 518 00:30:41,715 --> 00:30:42,716 Teño que ir. 519 00:30:43,676 --> 00:30:44,677 Volve. 520 00:30:49,515 --> 00:30:51,475 Cecil, estás aí? 521 00:30:52,017 --> 00:30:52,851 Cecil! 522 00:31:04,029 --> 00:31:05,281 Non me escoitaches? 523 00:31:06,073 --> 00:31:09,076 Dixen que só quería falar. 524 00:31:09,076 --> 00:31:12,371 Iso non foi o que vivín cos viltrumitas ata agora. 525 00:31:14,290 --> 00:31:16,625 Que pouco sabes da túa xente. 526 00:31:16,625 --> 00:31:18,586 Non son a miña xente. 527 00:31:19,837 --> 00:31:22,423 Non pode pasar o mesmo que con Chicago. 528 00:31:22,423 --> 00:31:24,425 Buscade información sobre ela. 529 00:31:24,425 --> 00:31:25,843 Somos a túa xente. 530 00:31:26,468 --> 00:31:28,429 Ti aínda non o aceptaches. 531 00:31:28,429 --> 00:31:31,473 Faremos o que poidamos se a cousa empeora, Mark. 532 00:31:31,473 --> 00:31:33,517 Non temos moitas opcións. 533 00:31:33,517 --> 00:31:35,603 Fai que fale o máximo posible. 534 00:31:36,228 --> 00:31:37,104 Que queres? 535 00:31:37,104 --> 00:31:39,231 Estudamos este planeta. 536 00:31:39,231 --> 00:31:40,316 Moi ben. 537 00:31:40,316 --> 00:31:44,445 Os humanos teñen menos dun 18 % de posibilidades de sobrevivir 538 00:31:44,445 --> 00:31:48,407 nos seguintes dous séculos se non perden miles de millóns de vidas. 539 00:31:48,407 --> 00:31:49,700 É unha ameaza? 540 00:31:49,700 --> 00:31:51,076 É a verdade. 541 00:31:51,076 --> 00:31:54,330 Os poderosos deste mundo destrúen o seu fogar, 542 00:31:54,330 --> 00:31:56,624 acaban eles mesmos cos recursos. 543 00:31:56,624 --> 00:32:01,420 Moitas zonas do planeta acabarán sendo inhabitables pola cobiza humana. 544 00:32:01,420 --> 00:32:02,838 Si, seino. 545 00:32:02,838 --> 00:32:04,381 E aquí estás, 546 00:32:04,381 --> 00:32:08,010 preocupándote por pararme a min no canto de a eles. 547 00:32:08,010 --> 00:32:09,428 É complicado. 548 00:32:09,428 --> 00:32:10,512 Non o é. 549 00:32:10,512 --> 00:32:13,974 Temos a tecnoloxía para reparar o seu clima, 550 00:32:13,974 --> 00:32:16,894 acabar coa fame, castigar os criminais. 551 00:32:16,894 --> 00:32:18,854 Salvaremos máis vidas 552 00:32:18,854 --> 00:32:21,565 nun ano das que salvarías ti en cen. 553 00:32:21,565 --> 00:32:24,276 Estaslle fallando ó planeta e á xente. 554 00:32:24,276 --> 00:32:25,778 Non o ves? 555 00:32:26,654 --> 00:32:28,238 Polo menos eu non mato. 556 00:32:28,238 --> 00:32:33,702 E aínda así deixas que morran milleiros mentres te resistes aos viltrumitas. 557 00:32:34,536 --> 00:32:37,289 Ou é que non che importa a vida deses humanos? 558 00:32:38,207 --> 00:32:40,751 Mirando a densidade ósea e muscular, 559 00:32:40,751 --> 00:32:43,879 Mark tería menos dun 18 % de posibilidades 560 00:32:43,879 --> 00:32:45,964 de sobrevivir se loita con ela. 561 00:32:47,716 --> 00:32:49,385 Pois que marabilla. 562 00:32:51,095 --> 00:32:52,930 Cecil, estou no medio... 563 00:32:52,930 --> 00:32:55,683 Cantos ReAnimen están listos para pelexar? 564 00:32:56,350 --> 00:32:57,893 Pelexar? Non sei... 565 00:32:57,893 --> 00:33:00,521 Responde a pregunta, Sinclair! 566 00:33:00,521 --> 00:33:03,023 Ningún! Non están listos para pelexar. 567 00:33:03,023 --> 00:33:06,026 - Acordamos unha data e... - Señor! 568 00:33:06,026 --> 00:33:06,985 Que? 569 00:33:06,985 --> 00:33:09,697 Os satélites mostran un kaiju xigante 570 00:33:09,697 --> 00:33:10,614 no Pacífico. 571 00:33:10,614 --> 00:33:12,950 Estase achegando a un cruceiro. 572 00:33:12,950 --> 00:33:14,618 Merda. 573 00:33:14,618 --> 00:33:16,787 Os viltrumitas non matan por pracer, 574 00:33:16,787 --> 00:33:20,499 aínda que ás veces lles guste matar. 575 00:33:20,499 --> 00:33:24,002 Os humanos mortos non nos benefician. 576 00:33:24,002 --> 00:33:26,004 A ver se é certo. 577 00:33:26,004 --> 00:33:29,425 Van atacar un cruceiro que está unhas millas ao suroeste. 578 00:33:30,092 --> 00:33:33,262 Dille que tes que salvar eses humanos que tanto quere. 579 00:33:33,262 --> 00:33:34,972 Hai un barco en perigo. 580 00:33:34,972 --> 00:33:36,181 Teño que axudar. 581 00:33:36,181 --> 00:33:38,934 Se é certo o que dis, non me vas parar. 582 00:33:40,394 --> 00:33:41,603 Irei contigo. 583 00:33:42,896 --> 00:33:45,649 Quero ver o forte que é o fillo de Nolan. 584 00:34:03,292 --> 00:34:04,376 Merda. 585 00:34:05,210 --> 00:34:06,211 Espera aquí. 586 00:35:20,577 --> 00:35:22,120 É unha forma de facelo. 587 00:35:24,498 --> 00:35:26,500 Morrían humanos e actuei. 588 00:35:27,543 --> 00:35:30,128 Como fará o imperio cando controle a Terra. 589 00:35:30,712 --> 00:35:32,631 Si, grazas. 590 00:35:33,298 --> 00:35:34,132 Merda. 591 00:35:36,134 --> 00:35:38,136 Hai unha illa a unhas tres millas. 592 00:35:51,859 --> 00:35:52,860 Grazas. 593 00:35:53,277 --> 00:35:54,278 Grazas pola axuda. 594 00:35:55,529 --> 00:35:58,198 De nada, para ti e os que nos escoitan. 595 00:35:59,533 --> 00:36:00,868 É lista. 596 00:36:00,868 --> 00:36:05,205 Vexo que che preocupa moito este planeta e os seus habitantes. 597 00:36:05,205 --> 00:36:06,290 É o que fago. 598 00:36:06,290 --> 00:36:09,251 Pero temos que deixalo claro. 599 00:36:09,251 --> 00:36:11,962 Eses humanos morrerían se non fose por min. 600 00:36:11,962 --> 00:36:16,550 A ocupación viltrumita fará que estas cousas queden no pasado. 601 00:36:16,550 --> 00:36:19,261 Sé o viltrumita que tes que ser. 602 00:36:19,970 --> 00:36:22,306 Sé o fillo de teu pai. 603 00:36:22,306 --> 00:36:23,390 Non! 604 00:36:24,349 --> 00:36:25,183 Non. 605 00:36:26,143 --> 00:36:27,561 Non son un de vós. 606 00:36:29,187 --> 00:36:33,775 Igual a humanidade non é perfecta e igual estragamos cousas, 607 00:36:33,775 --> 00:36:36,069 pero temos que tomar decisións, 608 00:36:37,195 --> 00:36:39,364 aínda que non sexan as correctas. 609 00:36:40,991 --> 00:36:45,579 Despois dos argumentos, da lóxica e de salvar estas vidas, 610 00:36:45,579 --> 00:36:47,664 aínda non ves a verdade? 611 00:36:49,166 --> 00:36:50,792 Creo que deberías marchar. 612 00:36:50,792 --> 00:36:51,877 Coidado, Mark. 613 00:36:51,877 --> 00:36:53,420 É moito máis forte ca ti. 614 00:36:56,590 --> 00:36:59,343 Lembra que comezamos razoando. 615 00:37:38,548 --> 00:37:41,218 Interrompes a túa educación? 616 00:37:41,218 --> 00:37:43,345 Nunca fun bo estudante. 617 00:37:56,358 --> 00:37:59,611 Os Gardiáns están de camiño, pero tardarán 22 minutos. 618 00:37:59,611 --> 00:38:01,446 Hai outros equipos, pero... 619 00:38:01,446 --> 00:38:04,032 Sería como sacrificalos. Que máis? 620 00:38:04,032 --> 00:38:06,535 Un barco cun mísil e 20 guerreiros. 621 00:38:06,535 --> 00:38:09,371 Tres armas orbitais e dous avións con bombas, 622 00:38:09,371 --> 00:38:11,164 pero móvese moi rápido. 623 00:38:11,164 --> 00:38:12,749 Máis rápido ca Nolan. 624 00:38:13,458 --> 00:38:16,878 Poden afastarse moito antes de que nós cheguemos. 625 00:38:16,878 --> 00:38:20,507 Unha soa viltrumita e fai que sexamos totalmente inútiles. 626 00:38:20,507 --> 00:38:24,386 Señor, hai... outra opción. 627 00:38:30,225 --> 00:38:31,852 Tes unha misión 628 00:38:31,852 --> 00:38:34,938 que che asignou a túa xente. 629 00:38:35,605 --> 00:38:37,190 Completarala. 630 00:38:38,900 --> 00:38:40,318 Mark, escóitame. 631 00:38:40,318 --> 00:38:41,445 Dille que si. 632 00:38:41,445 --> 00:38:43,947 Dille: "Si, conquistarei o planeta." 633 00:38:43,947 --> 00:38:45,824 Non podes con ela, rapaz. 634 00:38:45,824 --> 00:38:49,411 Dillo para que marche e xa nos encargaremos deles. 635 00:38:53,540 --> 00:38:55,000 Non. 636 00:38:57,294 --> 00:38:58,295 Rapaz. 637 00:39:35,290 --> 00:39:39,294 É a túa última oportunidade para demostrarme que podes aprender. 638 00:39:40,629 --> 00:39:42,756 Dio dunha vez, Mark! 639 00:39:49,805 --> 00:39:50,806 Faino. 640 00:39:52,182 --> 00:39:55,727 Ou me necesitas... ou non. 641 00:39:55,727 --> 00:39:57,604 Aclárate. 642 00:40:19,501 --> 00:40:21,336 Non me corresponde matarte. 643 00:40:22,671 --> 00:40:24,714 Pero axiña virá outro. 644 00:40:25,465 --> 00:40:28,301 Se te atopa e aínda te resistes, 645 00:40:28,927 --> 00:40:31,179 mostrarache o equivocado que estás 646 00:40:31,179 --> 00:40:34,057 e este planeta pagará por iso. 647 00:40:36,977 --> 00:40:39,437 Espero que recapacites antes. 648 00:40:46,319 --> 00:40:47,779 Está saíndo da atmosfera, 649 00:40:47,779 --> 00:40:50,198 colle velocidade e vai cara ao espazo. 650 00:40:50,198 --> 00:40:52,576 Pois menos mal. 651 00:40:52,576 --> 00:40:57,706 Vixiade. Se segue así en dez minutos, dilles a todos que se retiren. 652 00:41:06,840 --> 00:41:09,092 Arriscácheste moito, Mark, 653 00:41:09,676 --> 00:41:11,553 só por unhas palabras. 654 00:41:11,553 --> 00:41:13,263 Son máis ca palabras. 655 00:41:20,729 --> 00:41:21,897 Era forte. 656 00:41:21,897 --> 00:41:24,816 Non podería parala se empezase a matar xente. 657 00:41:24,816 --> 00:41:27,110 Buscaremos a forma de cambiar iso. 658 00:41:27,819 --> 00:41:31,531 Pero creo que non vas ter as noites libres que querías. 659 00:41:32,115 --> 00:41:33,116 Xa. 660 00:42:03,188 --> 00:42:04,481 Como nos atopou? 661 00:42:05,440 --> 00:42:06,441 Non o sei. 662 00:42:07,859 --> 00:42:09,069 Pode volver a facelo? 663 00:42:10,070 --> 00:42:10,904 Igual si. 664 00:42:14,115 --> 00:42:15,909 A súa man era coma... 665 00:42:15,909 --> 00:42:17,661 ferro no meu pescozo. 666 00:42:17,661 --> 00:42:20,538 Coma se puidese acabar comigo en segundos. 667 00:42:21,748 --> 00:42:22,749 Non me podía mover. 668 00:42:23,541 --> 00:42:25,252 Case nin respiraba. 669 00:42:26,211 --> 00:42:28,046 A min pasoume o mesmo. 670 00:42:28,046 --> 00:42:30,131 Non sei como vai isto, Mark. 671 00:42:31,007 --> 00:42:32,217 Que queres dicir? 672 00:42:33,093 --> 00:42:34,970 Eu non son coma ti. 673 00:42:34,970 --> 00:42:36,596 - Amber... - Non, para. 674 00:42:36,596 --> 00:42:39,307 Non se trata de ser valente ou forte. 675 00:42:39,307 --> 00:42:41,601 Iso xa sei que o son. Isto é distinto. 676 00:42:42,894 --> 00:42:44,896 Non teño control, Mark. 677 00:42:45,647 --> 00:42:49,484 ¿Quen son eu para enfadarme, estar triste ou sentir algo 678 00:42:49,484 --> 00:42:51,111 cando ti salvas o mundo, 679 00:42:51,111 --> 00:42:53,780 cando desapareces durante meses, 680 00:42:53,780 --> 00:42:56,616 cando estou soa outra vez e non co meu mozo? 681 00:42:58,743 --> 00:43:00,287 Non quero ser esa persoa. 682 00:43:01,037 --> 00:43:02,497 Odio esa persoa. 683 00:43:02,497 --> 00:43:04,457 A miña vida tamén importa. 684 00:43:04,457 --> 00:43:07,419 Igual é pequena, igual non é devastadora, 685 00:43:07,419 --> 00:43:10,046 pero importa. 686 00:43:11,089 --> 00:43:12,882 E non importa cando estou contigo. 687 00:43:14,009 --> 00:43:16,511 É algo que poden utilizar contra ti, 688 00:43:16,511 --> 00:43:18,638 como fixo esa muller. 689 00:43:24,436 --> 00:43:26,771 Quería matala por tocarte. 690 00:43:27,439 --> 00:43:31,443 Sentía como medraba en partes nas que son coma meu pai. 691 00:43:32,402 --> 00:43:34,612 Non sei que faría se che fan dano. 692 00:43:36,406 --> 00:43:38,366 Miña nai preocupábase por papá, 693 00:43:38,366 --> 00:43:41,411 e el sempre dicía que todo ía ir ben. 694 00:43:41,411 --> 00:43:42,495 Pero mentía. 695 00:43:43,288 --> 00:43:44,289 Sempre o facía. 696 00:43:44,998 --> 00:43:45,999 E el sabíao. 697 00:43:46,416 --> 00:43:47,417 Eu non podo. 698 00:43:48,460 --> 00:43:49,461 Non podo dicilo. 699 00:43:54,382 --> 00:43:56,426 Isto non vai cambiar, verdade? 700 00:43:58,803 --> 00:44:00,221 É o teu mundo. 701 00:44:01,598 --> 00:44:02,599 Quero vivir nel. 702 00:44:03,683 --> 00:44:05,685 Intenteino, pero non podo. 703 00:44:16,654 --> 00:44:18,323 Entón como facemos, Mark? 704 00:44:20,825 --> 00:44:21,826 Non o sei. 705 00:44:24,162 --> 00:44:25,538 Igual esa é a resposta. 706 00:44:31,461 --> 00:44:32,754 Síntoo. 707 00:44:33,880 --> 00:44:34,881 Eu tamén. 708 00:44:59,489 --> 00:45:00,407 MAMÁ 709 00:45:02,826 --> 00:45:03,827 Ola, mamá. 710 00:45:04,285 --> 00:45:05,286 Ola, Mark. 711 00:45:10,708 --> 00:45:12,293 Cando vés para a casa? 712 00:45:34,065 --> 00:45:34,899 Entón que? 713 00:45:37,485 --> 00:45:38,486 Xa vexo. 714 00:45:39,487 --> 00:45:42,490 O rapaz rexeitou a lóxica e o legado. 715 00:45:42,490 --> 00:45:44,993 Entón non o deches convencido. 716 00:45:44,993 --> 00:45:49,122 Xeneral, está cego, coma seu pai. 717 00:45:59,257 --> 00:46:00,467 Ai, meu Deus! 718 00:46:02,760 --> 00:46:04,137 Víronme? 719 00:46:06,890 --> 00:46:08,099 Creo que me viron. 720 00:46:08,099 --> 00:46:09,392 Seguro que si. 721 00:46:19,235 --> 00:46:20,862 A última vez doeume máis. 722 00:46:21,988 --> 00:46:22,989 Por que será? 723 00:46:36,336 --> 00:46:38,755 Ningún unopán é tan forte. 724 00:46:39,714 --> 00:46:42,634 Vexo que non estás ben informada. 725 00:46:42,634 --> 00:46:44,802 Ti vés connosco. 726 00:46:44,802 --> 00:46:50,266 Os nosos científicos da prisión abrirante e atoparán a túa fonte de enerxía. 727 00:46:52,101 --> 00:46:54,771 Queres meterme na prisión con esas puñadas? 728 00:46:55,939 --> 00:46:57,065 Pois sorte. 729 00:47:05,740 --> 00:47:07,367 Que unopán máis parvo. 730 00:48:09,929 --> 00:48:11,931 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 731 00:48:12,056 --> 00:48:14,058 {\an8}Supervisora creativa: Abraham Díaz López