1 00:00:06,041 --> 00:00:08,291 ANTERIORMENTE 2 00:00:08,791 --> 00:00:11,125 As pepeludas, onde están? 3 00:00:13,416 --> 00:00:15,166 Contaba ver as miñas amigas. 4 00:00:15,250 --> 00:00:17,333 Pois, está o que buscamos 5 00:00:17,375 --> 00:00:19,625 e está o que atopamos, verdade? 6 00:00:21,666 --> 00:00:23,291 Esa... maxia. 7 00:00:23,375 --> 00:00:27,750 Poderíasme aprender como manexar un bastón? 8 00:00:27,833 --> 00:00:32,041 O bastón xa é teu, se demostras ser digno del. 9 00:00:32,750 --> 00:00:34,500 Valandil di que no Barrio Vello 10 00:00:34,541 --> 00:00:37,166 pregan día e noite por ti. 11 00:00:37,250 --> 00:00:40,666 Ti abríchesme o corazón de novo ao camiño dos Fieis. 12 00:00:40,750 --> 00:00:42,666 Xuntos podemos loitar. 13 00:00:42,750 --> 00:00:45,333 Non toda batalla se libra para gañala. 14 00:00:48,583 --> 00:00:52,583 Informade o carcereiro de que el empezou a rebelión. 15 00:00:53,125 --> 00:00:55,958 As cantoras da pedra din que oen a montaña. 16 00:00:56,041 --> 00:00:58,666 Con este anel, eu véxoa. 17 00:00:58,750 --> 00:01:03,458 Apenas sacamos unha pinga do océano da riqueza dela. 18 00:01:04,125 --> 00:01:05,458 Cambiou. 19 00:01:05,500 --> 00:01:08,500 A avaricia non vai con el. Nunca foi así. 20 00:01:08,583 --> 00:01:12,291 É posible que o anel que puxo...? 21 00:01:12,375 --> 00:01:16,083 Non. É imposible que haxa unha falla nos vosos aneis. 22 00:01:16,166 --> 00:01:18,750 Daquela a falla está en quen os fai! 23 00:01:18,833 --> 00:01:22,625 Que sabes realmente dese Annatar? 24 00:01:23,666 --> 00:01:26,500 Alteraches os aneis dos ananos ou non? 25 00:01:27,541 --> 00:01:28,541 Non. 26 00:01:28,625 --> 00:01:29,666 Foi xuntos. 27 00:01:34,916 --> 00:01:39,083 Debemos emendar os nosos erros completando os aneis xuntos. 28 00:01:39,166 --> 00:01:42,500 Os Nove deben redimir os Sete. 29 00:01:42,583 --> 00:01:44,625 Deben redimirnos a todos. 30 00:01:45,166 --> 00:01:46,541 Non están en Mordor. 31 00:01:46,625 --> 00:01:48,875 Os orcos van cara a Eregion. 32 00:01:49,375 --> 00:01:53,375 Galadriel tiña razón. Enviade o exército a Eregion decontado. 33 00:01:58,041 --> 00:01:59,708 Tróuxente aquí 34 00:01:59,791 --> 00:02:01,166 non como prisioneira, 35 00:02:01,250 --> 00:02:02,666 senón como posible aliada. 36 00:02:02,750 --> 00:02:04,666 Temos un inimigo común. 37 00:03:21,000 --> 00:03:27,000 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 38 00:04:08,000 --> 00:04:09,000 Cala a boca. 39 00:04:09,083 --> 00:04:10,541 Chamarannos desertores. 40 00:04:14,000 --> 00:04:15,666 É igual o que nos chamen. 41 00:04:15,750 --> 00:04:18,958 Mellor iso que morrermos cazando pantasmas con Adar. 42 00:05:16,375 --> 00:05:20,583 Vós, aneis dos homes, por que seguides porfiando? 43 00:05:22,166 --> 00:05:25,458 Vós, que non vivides, que non respirades 44 00:05:25,541 --> 00:05:28,541 nin posuídes razón nin vontade? 45 00:05:28,625 --> 00:05:31,958 Que orgullo tedes tecido no máis fondo do ser, 46 00:05:33,625 --> 00:05:35,375 para resistirdes a miña man? 47 00:05:39,208 --> 00:05:40,208 Outra vez. 48 00:05:41,125 --> 00:05:42,458 Máis prata. 49 00:05:43,375 --> 00:05:44,458 Máis mithril. 50 00:05:45,000 --> 00:05:46,583 Non queda mithril. 51 00:05:46,666 --> 00:05:49,125 Os ananos van atrasados coas entregas. 52 00:05:50,666 --> 00:05:52,000 Pois insistídelles! 53 00:05:52,083 --> 00:05:55,458 Facémolo, meu señor. Non responden as misivas. 54 00:05:55,541 --> 00:05:56,958 Teño que facelo eu todo? 55 00:05:57,041 --> 00:05:59,041 Traballamos todo o que podemos. 56 00:06:02,583 --> 00:06:04,958 Algúns observamos que parecedes... 57 00:06:05,833 --> 00:06:08,666 bastante irritable ultimamente, meu señor. 58 00:06:26,416 --> 00:06:28,250 Como te chamas, ferreira? 59 00:06:30,208 --> 00:06:32,708 Como? Non vos acordades? 60 00:06:32,791 --> 00:06:34,083 Claro que me acordo. 61 00:06:35,625 --> 00:06:38,000 É que... Dáme un momento. 62 00:06:38,083 --> 00:06:40,333 - Lord Celebrimbor. - Un momento! 63 00:06:42,625 --> 00:06:44,375 Tomade todos un descanso. 64 00:06:54,166 --> 00:06:57,291 Mirdania. Chámase Mirdania. 65 00:06:59,500 --> 00:07:01,750 Non se espera que o recordes todo. 66 00:07:04,583 --> 00:07:08,958 Non, son cousas sinxelas tamén... 67 00:07:09,916 --> 00:07:15,208 Antes, xuraría que deixara o martelo de encartar aquí e... 68 00:07:16,416 --> 00:07:17,625 Falas deste martelo? 69 00:07:28,333 --> 00:07:29,333 Si. 70 00:07:40,458 --> 00:07:42,541 Estáseme indo a cabeza. 71 00:07:43,458 --> 00:07:45,541 Ou tanto te somes no pensamento, 72 00:07:46,166 --> 00:07:48,583 que saír del che custa moito. 73 00:07:50,458 --> 00:07:52,833 Tan fondo, 74 00:07:53,791 --> 00:07:56,416 que ás veces te sentirás tentado 75 00:07:57,666 --> 00:07:59,541 a quedar aí un tempo 76 00:08:00,416 --> 00:08:01,833 para buscar claridade. 77 00:08:06,500 --> 00:08:07,708 Estou ben. 78 00:08:10,375 --> 00:08:12,416 Só estou fatigado. 79 00:08:12,916 --> 00:08:15,750 Pois non che gustarán as novas que traio. 80 00:08:17,750 --> 00:08:19,500 O teu pobo pide audiencia. 81 00:08:20,083 --> 00:08:21,333 Non. 82 00:08:22,791 --> 00:08:26,125 Es o señor de Eregion. Tes responsabilidades. 83 00:08:26,208 --> 00:08:30,000 Teño, e a meirande é cos aneis. 84 00:08:30,750 --> 00:08:35,125 Ata que os Nove estean feitos, o demais non importa. 85 00:08:37,750 --> 00:08:38,750 Moi ben, logo. 86 00:08:39,958 --> 00:08:41,083 Como desexes. 87 00:08:42,583 --> 00:08:44,166 Hai algo máis. 88 00:08:45,708 --> 00:08:48,833 Os ananos van atrasados co mithril. 89 00:08:51,541 --> 00:08:53,583 Poderías encargarte? 90 00:08:53,666 --> 00:08:55,083 Decontado. 91 00:09:16,125 --> 00:09:19,041 Ao máis grande ferreiro elfo esgotouno o traballo. 92 00:09:20,291 --> 00:09:24,208 Pediume que me ocupase da administración no canto del. 93 00:09:25,666 --> 00:09:27,250 Cal é o problema? 94 00:09:31,333 --> 00:09:32,375 Ensínallo. 95 00:09:33,791 --> 00:09:34,791 Ensinarme o que? 96 00:09:35,666 --> 00:09:39,000 Esta porta sempre se enche de artesáns e mercadores 97 00:09:39,083 --> 00:09:40,333 que veñen á cidade. 98 00:09:40,416 --> 00:09:42,416 E deixaron de chegar onte. 99 00:09:42,500 --> 00:09:44,125 Foi un grupo á outra beira 100 00:09:44,208 --> 00:09:46,583 a ver se había atrancos no camiño. 101 00:09:46,666 --> 00:09:48,666 Pero regresou só un soldado. 102 00:09:48,750 --> 00:09:49,750 Onde está? 103 00:09:53,666 --> 00:09:58,083 Trouxérono as augas hoxe. Parece que porta unha mensaxe. 104 00:10:05,750 --> 00:10:07,000 Soterrádeo. 105 00:10:10,416 --> 00:10:11,708 Que non o vexan. 106 00:10:18,958 --> 00:10:20,916 Informo a Lord Celebrimbor? 107 00:10:21,000 --> 00:10:22,083 Non. 108 00:10:22,916 --> 00:10:26,333 Pediume que me encargase de que ninguén o moleste. 109 00:10:27,833 --> 00:10:29,125 Nin os ferreiros. 110 00:10:30,125 --> 00:10:31,875 Relevounos dos nosos deberes? 111 00:10:33,750 --> 00:10:34,958 Relevou, si. 112 00:10:36,916 --> 00:10:39,583 Foi porque non recordaba o meu nome? 113 00:10:39,666 --> 00:10:41,250 Fun brusca con el, pero... 114 00:10:41,750 --> 00:10:44,250 Non é o de sempre, Mirdania. 115 00:10:46,541 --> 00:10:49,208 Por agora, o mellor é deixalo só. 116 00:10:49,958 --> 00:10:52,916 Darlle tempo e pregar. 117 00:10:54,166 --> 00:10:56,916 Que termine o traballo antes que acabe con el. 118 00:11:09,708 --> 00:11:11,416 Podo confiar en ti, 119 00:11:12,250 --> 00:11:15,083 para facer que os outros respecten o desexo del? 120 00:11:16,625 --> 00:11:18,458 Xaora, meu señor. 121 00:11:27,000 --> 00:11:30,208 Meu señor, o gravado. No cadáver. 122 00:11:31,083 --> 00:11:32,541 Que dicía? 123 00:11:39,125 --> 00:11:40,458 "Onde anda El?" 124 00:12:27,291 --> 00:12:30,791 Durante o breve tempo que me tiveches cativo, 125 00:12:32,166 --> 00:12:34,583 parecías decidida a atopar a Sauron. 126 00:12:35,375 --> 00:12:38,916 Mesmo te vía consumida por iso. 127 00:12:40,416 --> 00:12:41,958 Como está calquera, 128 00:12:42,041 --> 00:12:44,833 cando el se che coa coma un verme na mente. 129 00:12:45,541 --> 00:12:47,333 Non sabes nada da miña mente. 130 00:12:49,833 --> 00:12:51,166 Ti rendícheste a el. 131 00:12:51,958 --> 00:12:53,291 Eu resistín. 132 00:12:53,791 --> 00:12:55,583 Por un tempo, talvez. 133 00:12:58,416 --> 00:13:00,791 Pero tarde ou cedo, el vete. 134 00:13:02,916 --> 00:13:07,083 Non só quen es, senón quen queres ser. 135 00:13:07,833 --> 00:13:11,875 Fúrache a mente co ollo e entra reptando nela. 136 00:13:14,333 --> 00:13:20,000 Por un tempo, ata che fai crer que o poder del agora é teu. 137 00:13:22,291 --> 00:13:23,875 Un poder irresistible 138 00:13:24,791 --> 00:13:28,416 que fai que a satisfacción de todo desexo pareza inevitable. 139 00:13:29,208 --> 00:13:30,750 Un océano de cores, 140 00:13:32,083 --> 00:13:35,458 fronte ao que todo parecerá despois... 141 00:13:35,541 --> 00:13:38,291 Gris, insulso. 142 00:13:45,583 --> 00:13:47,083 Que che prometeu a ti? 143 00:13:49,041 --> 00:13:50,250 Un exército. 144 00:13:51,833 --> 00:13:53,666 Queres saber o que me ofreceu? 145 00:13:55,208 --> 00:13:56,208 Éme igual. 146 00:13:58,291 --> 00:13:59,291 Fillos. 147 00:14:00,166 --> 00:14:03,791 Pois parece que nos deu o que desexabamos. 148 00:14:04,291 --> 00:14:05,625 Escoita, 149 00:14:07,125 --> 00:14:09,916 non son as mentiras del o que hai que extinguir. 150 00:14:11,666 --> 00:14:12,958 É a el. 151 00:14:14,833 --> 00:14:16,666 E podo axudarche a facelo. 152 00:14:18,625 --> 00:14:20,500 A destruír a Sauron. 153 00:14:20,583 --> 00:14:23,708 Que axuda poderías prestarme, orco? 154 00:14:39,583 --> 00:14:42,041 A coroa de Morgoth. Dixéronme... 155 00:14:42,125 --> 00:14:44,166 Hai moitas historias do que pasou 156 00:14:44,250 --> 00:14:46,875 cando arrincaron os Silmarils do seu engaste. 157 00:14:47,625 --> 00:14:50,833 Eu estaba alí cando Sauron a forxou de novo para el. 158 00:14:52,166 --> 00:14:54,541 Cando se axeonllou para que o coroasen. 159 00:14:56,750 --> 00:15:02,166 Fun eu quen usou o poder dela para o matar. 160 00:15:04,500 --> 00:15:06,208 Se o que dis é certo, 161 00:15:08,416 --> 00:15:09,541 por que volveu? 162 00:15:09,625 --> 00:15:11,916 Porque eu aínda non te atopara. 163 00:15:13,125 --> 00:15:14,833 Que parte teño nisto? 164 00:15:14,916 --> 00:15:18,416 Din que os Tres aneis élficos salvaron a vosa raza. 165 00:15:19,875 --> 00:15:21,041 É así? 166 00:15:23,375 --> 00:15:28,000 Se é certo, pode ser que xuntos, 167 00:15:28,083 --> 00:15:30,666 a coroa e os aneis teñan poder 168 00:15:30,750 --> 00:15:33,250 para destruír a Sauron de vez. 169 00:15:35,708 --> 00:15:38,708 O Argallante cre que segue fóra do meu alcance. 170 00:15:40,458 --> 00:15:42,666 Pero sei que se agocha en Eregion. 171 00:15:44,583 --> 00:15:48,375 E sospeito que ti ben sabes... 172 00:15:55,541 --> 00:15:57,916 que Halbrand é Sauron. 173 00:15:59,333 --> 00:16:00,416 Non si? 174 00:16:05,500 --> 00:16:07,666 O destino desa cidade 175 00:16:08,416 --> 00:16:11,666 depende de que ti deixes de lado o orgullo. 176 00:16:14,333 --> 00:16:16,750 Será ben que procures facelo. 177 00:16:17,958 --> 00:16:19,166 Se podes. 178 00:16:34,708 --> 00:16:36,041 Volveremos falar. 179 00:16:51,458 --> 00:16:52,625 Desprezo pola lei. 180 00:16:54,750 --> 00:17:00,416 Incitación a un conflito violento que fixo perder vidas. 181 00:17:01,458 --> 00:17:05,375 E por último, o máis odioso: 182 00:17:06,500 --> 00:17:08,500 o delito de alta traizón. 183 00:17:09,875 --> 00:17:15,708 Sumados, eses crimes infames merecen unha sentenza de morte. 184 00:17:15,791 --> 00:17:17,958 - Si. - E cortamos de raíz. 185 00:17:21,333 --> 00:17:23,583 - Non merece a morte. - Igual si. 186 00:17:24,416 --> 00:17:25,416 Non obstante, 187 00:17:27,166 --> 00:17:30,625 dados os seus moitos anos de servizo fiel ao reino, 188 00:17:31,750 --> 00:17:35,458 este tribunal decidiu que o acusado quede libre. 189 00:17:43,833 --> 00:17:45,291 Quedará libre... 190 00:17:48,666 --> 00:17:54,291 Quedará libre, sempre e cando recoñeza os crimes 191 00:17:55,958 --> 00:17:59,291 e lle xure lealdade ao auténtico rei de Númenor. 192 00:18:05,625 --> 00:18:10,166 Elendil, fillo de Amandil, recoñeces os teus crimes? 193 00:18:23,375 --> 00:18:24,375 Recoñezo. 194 00:18:27,541 --> 00:18:32,333 E aceptas a Ar-Pharazôn como lexítimo rei de Númenor? 195 00:18:43,083 --> 00:18:44,291 Non o acepto. 196 00:18:45,791 --> 00:18:47,458 Máis alto, Elendil, 197 00:18:48,416 --> 00:18:50,958 para que os presentes te oian ben. 198 00:18:55,541 --> 00:18:56,791 Non o acepto! 199 00:18:59,125 --> 00:19:05,000 A lexítima soberana de Númenor é e será, ata a fin dos seus días, 200 00:19:05,083 --> 00:19:08,750 Míriel, filla de Tar-Palantír! 201 00:19:11,083 --> 00:19:15,541 E o único traidor aquí es ti! 202 00:19:34,000 --> 00:19:35,750 Que facemos agora con el? 203 00:19:36,416 --> 00:19:38,458 Ti xa fixeches abondo, rapaz. 204 00:19:42,875 --> 00:19:45,833 Que os Valar decidan o destino del. 205 00:19:47,458 --> 00:19:50,666 Se os Fieis queren vivir segundo as tradicións antigas, 206 00:19:50,750 --> 00:19:52,208 que morran por elas. 207 00:20:05,666 --> 00:20:06,750 Nori. 208 00:20:08,250 --> 00:20:10,041 Non ri? Quen non ri? 209 00:20:12,125 --> 00:20:13,500 Ninguén. 210 00:20:13,583 --> 00:20:16,583 É que... vin algo. 211 00:20:17,583 --> 00:20:21,250 O Lume Secreto borboríñanos, se sabemos escoitar. 212 00:20:22,333 --> 00:20:24,666 Cóntanolo todo. E amosa cousas. 213 00:20:25,541 --> 00:20:30,208 Amosa cousas que serán? Ou as que igual poderían ser? 214 00:20:31,125 --> 00:20:34,791 Amosa as nubes de mañá tan claras coma o sol de onte. 215 00:20:36,500 --> 00:20:40,666 Como aprendo a dominar o seu poder, a loitar contra a escuridade? 216 00:20:40,750 --> 00:20:43,291 Por que necesita o Lume Secreto que o domines? 217 00:20:43,375 --> 00:20:46,208 Se non o dou dominado, como o vou usar? 218 00:20:49,583 --> 00:20:54,541 Con tódalas tarefas que te puxeches ata agora, fracasaches. 219 00:20:55,541 --> 00:20:57,666 Fracasa na que está por vir 220 00:20:59,166 --> 00:21:00,958 e non haberá outra. 221 00:21:02,083 --> 00:21:03,791 Dime que debo facer. 222 00:21:06,625 --> 00:21:09,708 Sigue o vello Tom. El mostraracho. 223 00:21:17,291 --> 00:21:18,750 Por que non marchades? 224 00:21:19,333 --> 00:21:21,458 Afastádevos deles. Fuxide. 225 00:21:21,541 --> 00:21:23,000 E onde iriamos entón? 226 00:21:23,083 --> 00:21:25,458 Onde queirades. 227 00:21:26,666 --> 00:21:30,291 Os pepeludos buscan unha morada nova tódolos meses. 228 00:21:34,375 --> 00:21:39,583 Este smial, miña nai e os pais dela escavárono para min. 229 00:21:39,666 --> 00:21:41,166 Nacín aí dentro. 230 00:21:44,875 --> 00:21:49,041 E coido desa árbore dende que dei collido un angazo. 231 00:21:52,041 --> 00:21:55,166 Casei co meu Bramgar á sombra dela. 232 00:21:58,541 --> 00:22:02,666 E a primavera pasada, cando el finou, 233 00:22:05,166 --> 00:22:06,583 soterreino embaixo dela. 234 00:22:11,041 --> 00:22:13,041 E un día, soterraranme onda el. 235 00:22:21,500 --> 00:22:24,291 Cada un destes smials ten unha historia así. 236 00:22:30,791 --> 00:22:35,000 Este sitio non che é só onde vivimos. 237 00:22:37,041 --> 00:22:38,208 É o noso fogar. 238 00:22:39,541 --> 00:22:40,958 Fun eu. 239 00:22:42,250 --> 00:22:44,333 - Nori. - Metinvos eu neste sarillo. 240 00:22:45,416 --> 00:22:48,291 E tócame a min sacarvos del. 241 00:22:49,125 --> 00:22:50,708 Se eu me entrego, 242 00:22:50,791 --> 00:22:53,250 igual salvo a Poula tamén. 243 00:22:56,958 --> 00:23:00,833 Dime unha cousa. Por que che chaman Ninguén? 244 00:23:01,458 --> 00:23:05,541 Meus pais son pouco decididos. Tardaron en escoller un nome. 245 00:23:05,625 --> 00:23:06,833 Canto tempo? 246 00:23:06,916 --> 00:23:08,416 Un ou dous anos. 247 00:23:08,500 --> 00:23:09,625 Tanto non é. 248 00:23:10,166 --> 00:23:11,625 Foi hai un ou dous anos. 249 00:23:12,958 --> 00:23:14,666 E xa me quedara o de Ninguén. 250 00:23:23,416 --> 00:23:24,958 Por que me miras así? 251 00:23:25,583 --> 00:23:27,833 Queríache preguntar, 252 00:23:27,916 --> 00:23:30,291 que como igual nos matan a todos... 253 00:23:30,375 --> 00:23:31,541 Se querías ir... 254 00:23:31,625 --> 00:23:33,041 Anda, cala. 255 00:23:53,541 --> 00:23:55,333 - Merimac. - Poula. 256 00:23:57,041 --> 00:23:59,041 Ti ceaches lagarto? 257 00:23:59,791 --> 00:24:00,916 Por que o dis? 258 00:24:06,500 --> 00:24:07,708 Ela ten razón, Nor. 259 00:24:08,458 --> 00:24:11,125 Esa xente grande só nos persegue polo Estraño. 260 00:24:11,833 --> 00:24:15,041 Se te entregas, valos poñer a todos en perigo. 261 00:24:15,125 --> 00:24:17,750 Non só os rexos, tamén os pepeludos. 262 00:24:17,833 --> 00:24:19,875 A túa nai e a teu pai, a Dilly. 263 00:24:22,583 --> 00:24:24,708 Canto repetiches que el é importante? 264 00:24:27,375 --> 00:24:29,500 Un monte de veces, supoño. 265 00:24:33,041 --> 00:24:37,625 O caso é, Nor, que tarde ou cedo, cando ti insistes en algo, 266 00:24:40,291 --> 00:24:41,625 acabo créndocho. 267 00:24:49,500 --> 00:24:50,750 E digo que loitemos. 268 00:24:59,041 --> 00:25:01,583 O Mago Escuro atopou o bastón del. 269 00:25:02,541 --> 00:25:06,250 Agora chega o momento de que ti atopes o teu. 270 00:25:12,750 --> 00:25:14,166 Cal será? 271 00:25:16,166 --> 00:25:20,083 Atoparás o teu bastón cando de corazón penses 272 00:25:20,166 --> 00:25:23,041 só no servizo ao Lume Secreto. 273 00:25:23,541 --> 00:25:24,833 Pero hai moitos. 274 00:25:25,583 --> 00:25:27,541 Podería botar meses buscándoo. 275 00:25:28,375 --> 00:25:30,125 Tes o tempo que necesites. 276 00:25:31,208 --> 00:25:33,833 Non sendo que queiras ir a outro sitio. 277 00:25:36,208 --> 00:25:39,166 Vina. A Nori. 278 00:25:40,125 --> 00:25:41,500 Estaba... 279 00:25:41,583 --> 00:25:45,916 Sei ben que se non a atopo axiña, morrerá. 280 00:25:46,000 --> 00:25:47,208 As dúas morrerán. 281 00:25:48,291 --> 00:25:50,208 Moitos que morren merecen a vida. 282 00:25:51,125 --> 00:25:52,958 Algún que vive merece a morte. 283 00:25:54,083 --> 00:25:55,666 Quen es ti para llela dar? 284 00:25:56,541 --> 00:25:59,458 Cando saiba que está ben, volverei contigo. 285 00:25:59,541 --> 00:26:02,250 Non. Non podes. 286 00:26:04,125 --> 00:26:09,000 En ocasións, un camiño convértese en dous e debes elixir. 287 00:26:10,750 --> 00:26:14,833 Se dás a volta agora, non poderás retomar este camiño. 288 00:26:15,916 --> 00:26:17,291 Non hai outro xeito? 289 00:26:18,750 --> 00:26:20,875 Sauron álzase no oeste. 290 00:26:21,375 --> 00:26:23,291 Un Mago Escuro no leste. 291 00:26:23,375 --> 00:26:25,875 Todos os da Terra Media están en perigo. 292 00:26:26,625 --> 00:26:28,833 Pensas abandonalos ao seu destino? 293 00:26:31,333 --> 00:26:32,791 É a miña amiga. 294 00:26:34,166 --> 00:26:37,291 A túa amiga ou o teu destino? 295 00:26:39,791 --> 00:26:41,125 Debes escoller. 296 00:27:06,458 --> 00:27:09,291 Botádelle gana ao asunto! 297 00:27:38,750 --> 00:27:39,750 Señor. 298 00:28:05,583 --> 00:28:07,166 Querías verme, padre? 299 00:28:09,375 --> 00:28:10,375 Non. 300 00:28:11,916 --> 00:28:13,000 Era el. 301 00:28:16,958 --> 00:28:20,375 Vexo que os Sete vos serven ben, príncipe Durin. 302 00:28:22,791 --> 00:28:26,375 Sérvenlle ben a alguén, iso é certo. 303 00:28:26,458 --> 00:28:28,166 As circunstancias cambiaron. 304 00:28:28,250 --> 00:28:31,541 Descubrín que Eregion sofre a ameaza dunha invasión. 305 00:28:32,250 --> 00:28:35,875 Sen o mithril, non daremos acabado os Aneis de Poder. 306 00:28:36,708 --> 00:28:38,041 Necesitamos máis. 307 00:28:39,250 --> 00:28:40,791 E necesitámolo xa. 308 00:28:41,541 --> 00:28:43,125 Canto debo ofrecervos? 309 00:28:43,208 --> 00:28:44,583 Nada do que ofrec... 310 00:28:44,666 --> 00:28:46,750 Canto de que? 311 00:28:48,125 --> 00:28:51,000 Estades expandindo as vosas operacións mineiras. 312 00:28:52,583 --> 00:28:55,791 Podemos ofrecervos abasto constante de madeira 313 00:28:55,875 --> 00:28:59,541 para construírdes plataformas e pozos mineiros. 314 00:29:01,041 --> 00:29:04,208 Ou talvez Khazad-dûm preferiría algo... 315 00:29:05,875 --> 00:29:07,333 máis valioso? 316 00:29:10,958 --> 00:29:16,500 Padre, igual sería ben falármolo primeiro en privado. 317 00:29:17,291 --> 00:29:18,750 Non hai nada que falar. 318 00:29:20,333 --> 00:29:21,958 Xa decidín. 319 00:29:25,291 --> 00:29:26,291 E? 320 00:29:27,625 --> 00:29:29,000 A resposta é non. 321 00:29:30,875 --> 00:29:34,750 Por favor, descúlpame con Lord Celebrimbor. 322 00:29:44,250 --> 00:29:45,250 Rei Durin. 323 00:29:46,833 --> 00:29:48,750 Príncipe. Adeus. 324 00:30:00,333 --> 00:30:01,541 Grazas a Aulë! 325 00:30:03,416 --> 00:30:07,583 Por un momento pensei que xa perderas o xuízo todo. 326 00:30:09,000 --> 00:30:10,000 Ao contrario. 327 00:30:15,833 --> 00:30:17,750 Nunca rexín mellor. 328 00:30:18,416 --> 00:30:20,000 Tranquilo, meu fillo. 329 00:30:21,875 --> 00:30:22,833 Volverán. 330 00:30:23,458 --> 00:30:24,458 Que volverán? 331 00:30:26,458 --> 00:30:27,458 Xa o oíches. 332 00:30:29,041 --> 00:30:30,791 A guerra chega á Terra Media. 333 00:30:31,958 --> 00:30:37,041 E o exército que teña armas e armaduras de mithril 334 00:30:37,125 --> 00:30:39,083 será case invencible. 335 00:30:39,166 --> 00:30:41,125 Poderemos poñer o prezo. 336 00:30:42,375 --> 00:30:43,750 Toleaches? 337 00:30:44,833 --> 00:30:47,375 Toleou todo o mundo, meu fillo. 338 00:30:49,833 --> 00:30:53,833 Pero nós temos que aproveitalo. 339 00:30:55,166 --> 00:30:59,750 Dille a Narvi que dobre as cuadrillas. Expandimos a escavación. 340 00:31:00,583 --> 00:31:01,583 Padre. 341 00:31:03,833 --> 00:31:05,166 Quita o anel. 342 00:31:06,166 --> 00:31:07,375 Diso nada. 343 00:31:10,208 --> 00:31:11,291 É meu. 344 00:31:13,000 --> 00:31:14,125 Perténceme. 345 00:31:15,375 --> 00:31:16,375 Non. 346 00:31:18,083 --> 00:31:19,916 Perténceslle ti a el. 347 00:31:22,125 --> 00:31:26,708 E se non é así, por favor, demóstramo. 348 00:31:31,416 --> 00:31:32,583 Quítao. 349 00:31:42,666 --> 00:31:46,291 Non teño nada que che demostrar, rapaz. 350 00:32:07,291 --> 00:32:09,500 Pois non nos deixa outro remedio. 351 00:32:11,000 --> 00:32:14,500 Chantarémonos diante da mina se é necesario. 352 00:32:16,125 --> 00:32:18,208 Botaranos o exército enriba. 353 00:32:18,708 --> 00:32:20,000 Déixao! 354 00:32:20,541 --> 00:32:24,333 Se tan escravo é do anel que volve as tropas contra o fillo, 355 00:32:24,416 --> 00:32:28,375 os ananos de Khazad-dûm verán que xa non pode reinar. 356 00:32:28,458 --> 00:32:29,625 Quitaranlle a coroa. 357 00:32:32,791 --> 00:32:35,083 Como podes falar del así? 358 00:32:36,250 --> 00:32:37,500 Durin. 359 00:32:37,583 --> 00:32:39,833 Estás a falar de humillalo, 360 00:32:41,208 --> 00:32:42,541 de destruílo. 361 00:32:42,625 --> 00:32:46,541 Eu ámoo tanto coma ti. 362 00:32:47,125 --> 00:32:50,875 Aulë sabe que é máis pai para min do que foi o meu. 363 00:32:52,208 --> 00:32:55,333 Pero o anano que está nese trono non é teu pai! 364 00:32:55,958 --> 00:33:00,875 Mentres leve ese anel, estará xordo a tódalas voces, mesmo á nosa! 365 00:33:00,958 --> 00:33:03,666 E tódolos ananos desta montaña perigan! 366 00:33:05,125 --> 00:33:06,208 Durin! 367 00:33:08,000 --> 00:33:09,083 Durin. 368 00:33:13,083 --> 00:33:14,833 Durin, estás...? 369 00:33:15,333 --> 00:33:17,000 Non podo. 370 00:33:18,791 --> 00:33:20,958 Non podo facelo, Disa. 371 00:33:24,250 --> 00:33:28,583 Míroo, e neses ollos... 372 00:33:32,583 --> 00:33:34,250 Aínda vexo a meu pai. 373 00:33:36,833 --> 00:33:40,500 Perdido e lonxe, si, pero aínda segue aí. 374 00:33:44,375 --> 00:33:48,250 Ti sempre ves a luz ao final da cova, meu amor. 375 00:33:49,750 --> 00:33:50,750 Veña. 376 00:33:56,666 --> 00:34:00,916 Se non actuamos decontado, non a alcanzaremos. 377 00:34:02,708 --> 00:34:06,958 El vaise destruír e afundirá este reino con el. 378 00:34:24,166 --> 00:34:29,750 Ao albor, levarante ao mar para sometéreste ao Xuízo do Abismo. 379 00:34:32,416 --> 00:34:34,583 Están invocando o dragón de mar. 380 00:34:38,583 --> 00:34:39,958 Falei con Ar-Pharazôn. 381 00:34:40,875 --> 00:34:43,291 Non quere contrariar máis os Fieis. 382 00:34:44,166 --> 00:34:47,833 A oferta de clemencia segue en pé, se xuras... 383 00:34:47,916 --> 00:34:49,583 Se lle xuro lealdade? 384 00:34:53,333 --> 00:34:58,083 Non é clemencia pedirlle a un que queime a integridade. 385 00:35:03,166 --> 00:35:06,958 Co que perdeu xa esta familia, non te podo perder tamén. 386 00:35:08,791 --> 00:35:10,250 Por favor, padre. 387 00:35:13,791 --> 00:35:14,958 Por favor. 388 00:35:20,750 --> 00:35:22,458 Traga o orgullo. 389 00:35:24,791 --> 00:35:27,750 Se despois de todo isto só ves orgullo, 390 00:35:33,625 --> 00:35:36,041 xa non nos queda máis que falar. 391 00:35:48,916 --> 00:35:50,541 O rei dixo que dirías iso. 392 00:35:52,666 --> 00:35:56,666 Que o teu odio por el se convertera en odio por min 393 00:35:58,083 --> 00:36:00,375 e que non escoitarías a miña voz. 394 00:36:03,333 --> 00:36:05,875 Por iso me axeonllei perante el 395 00:36:07,666 --> 00:36:08,916 e supliqueille, 396 00:36:09,000 --> 00:36:12,083 coa cabeza no chan, que me deixase falar con ela. 397 00:36:28,708 --> 00:36:30,208 Espero que acertase. 398 00:36:31,916 --> 00:36:33,458 Non deberiades estar aquí. 399 00:36:33,541 --> 00:36:34,750 Cede ante Pharazôn. 400 00:36:36,125 --> 00:36:37,375 Ordénocho. 401 00:36:38,708 --> 00:36:41,583 Para perdurar, Númenor necesita homes coma ti. 402 00:36:42,750 --> 00:36:46,000 Que defendan o máis valioso. Homes de fe. 403 00:36:47,291 --> 00:36:50,125 A fe non é fe, se non se vive. 404 00:36:52,083 --> 00:36:56,666 E de corazón sei que es a lexítima herdeira do trono. 405 00:36:58,166 --> 00:37:00,000 Non podo renegar diso. 406 00:37:01,291 --> 00:37:04,375 Pois deixaría de ser o home que queres salvar. 407 00:37:04,458 --> 00:37:05,791 E se te enganas? 408 00:37:07,291 --> 00:37:09,833 Preferiría morrer cun corazón enteiro, 409 00:37:09,916 --> 00:37:12,000 que cun roto pola covardía. 410 00:37:15,375 --> 00:37:16,958 E o meu corazón? 411 00:37:24,125 --> 00:37:28,875 Se é a vontade dos Valar que eu conserve a vida, 412 00:37:32,166 --> 00:37:33,583 así será. 413 00:37:39,125 --> 00:37:40,541 E se non? 414 00:37:50,916 --> 00:37:53,125 O mar sempre ten razón. 415 00:38:16,583 --> 00:38:17,583 Vamos! 416 00:38:28,166 --> 00:38:29,250 Disa? 417 00:38:37,875 --> 00:38:41,250 Disa, temos ordes do rei. 418 00:38:41,333 --> 00:38:42,541 Por favor, afasta, 419 00:38:43,458 --> 00:38:46,625 ou terei que afastarte eu. 420 00:38:52,833 --> 00:38:53,916 Ben que o sinto. 421 00:39:09,916 --> 00:39:12,166 Queres asustarnos con iso? 422 00:39:13,875 --> 00:39:14,875 Non. 423 00:39:16,041 --> 00:39:17,125 Con iso. 424 00:39:47,666 --> 00:39:49,208 Ámote. 425 00:39:50,333 --> 00:39:51,625 Ámame despois. 426 00:39:54,666 --> 00:39:56,166 Isto só é o principio. 427 00:39:57,041 --> 00:39:59,916 Volverán. E virán máis. 428 00:40:02,333 --> 00:40:03,666 Estaremos preparados. 429 00:40:35,666 --> 00:40:41,250 Renuncias a toda autoridade terreal e aceptas o xuízo dos Valar? 430 00:40:46,500 --> 00:40:48,250 Acepto o xuízo deles. 431 00:40:50,291 --> 00:40:51,458 Ao mar con el! 432 00:41:15,125 --> 00:41:16,333 Soltádeo! 433 00:41:20,791 --> 00:41:23,375 Xa que cometeu os crimes no meu nome, 434 00:41:25,333 --> 00:41:28,541 quero enfrontarme ao xuízo dos Valar no lugar del. 435 00:41:33,500 --> 00:41:36,833 - Debe ir el. Botádeo a el. - Non! 436 00:41:38,125 --> 00:41:39,125 Raíña? 437 00:41:41,916 --> 00:41:44,750 Ten razón. Pono aí. Pode. 438 00:41:45,666 --> 00:41:46,750 É certo? 439 00:41:48,125 --> 00:41:49,625 Segundo di a lei, si. 440 00:41:51,666 --> 00:41:52,916 Daquela, sexa. 441 00:41:55,083 --> 00:41:56,833 Non, levádeme a min. 442 00:41:57,833 --> 00:41:59,208 Levádeme a min! 443 00:42:01,000 --> 00:42:02,625 Míriel, non podes... 444 00:42:02,708 --> 00:42:05,541 Se imos percorrer o camiño dos Fieis, 445 00:42:07,375 --> 00:42:09,791 debo dar eu o primeiro paso. 446 00:43:06,750 --> 00:43:09,416 - Velaí anda! Mirade! - Polo horizonte. 447 00:43:09,500 --> 00:43:10,708 Si, xa vén. 448 00:44:31,875 --> 00:44:34,666 Os Valar declarárona... 449 00:44:42,750 --> 00:44:44,250 - Aí está! - Inocente! 450 00:44:46,208 --> 00:44:47,208 MIña señora. 451 00:44:54,333 --> 00:45:00,083 Salve, Tar-Míriel, raíña do mar! 452 00:45:00,166 --> 00:45:05,333 Salve, raíña Míriel! 453 00:45:05,416 --> 00:45:09,208 Salve, raíña Míriel! 454 00:45:09,291 --> 00:45:12,666 - Salve, raíña Míriel! - Salve, raíña do mar! 455 00:45:13,625 --> 00:45:15,541 Salve, raíña Míriel. 456 00:45:52,791 --> 00:45:55,541 Si, Halbrand é Sauron. 457 00:45:55,625 --> 00:45:59,333 Está en Eregion para forxar aneis cos que dominar a miña raza. 458 00:46:00,208 --> 00:46:02,625 - E a túa. - Todas as da Terra Media. 459 00:46:02,708 --> 00:46:05,375 Pero non vai fuxir ata rematar a súa obra. 460 00:46:06,583 --> 00:46:10,458 E iso dános unha vantaxe momentánea. 461 00:46:11,083 --> 00:46:12,000 A nós? 462 00:46:15,250 --> 00:46:16,333 Libérame. 463 00:46:37,875 --> 00:46:43,458 Agora mesmo, Elrond bole desde Lindon cun exército de elfos. 464 00:46:46,083 --> 00:46:49,416 E con Nenya, o meu anel. 465 00:46:51,666 --> 00:46:52,666 Entendo. 466 00:46:53,250 --> 00:46:56,833 Cando chegue, pechará a cidade, 467 00:46:56,916 --> 00:47:00,333 liberará a Celebrimbor do dominio de Sauron e xuntos, 468 00:47:01,583 --> 00:47:02,500 uruk, 469 00:47:04,625 --> 00:47:08,083 ti e eu erradicaremos todo rastro de Sauron deste mundo. 470 00:47:09,000 --> 00:47:10,375 Nunca regresará. 471 00:47:11,083 --> 00:47:12,291 E despois que? 472 00:47:13,083 --> 00:47:15,833 Os aneis que el tocara deberán ser destruídos. 473 00:47:16,333 --> 00:47:18,625 Preguntaba que será dos uruks. 474 00:47:20,208 --> 00:47:23,250 O teu Alto Rei permitiranos volver á casa en paz? 475 00:47:24,500 --> 00:47:27,500 Ou continuará cos seus plans de invadir Mordor? 476 00:47:29,375 --> 00:47:33,625 A sombra non te envolveu só a ti, senón todo o reino dos elfos. 477 00:47:34,250 --> 00:47:35,250 Ao final, 478 00:47:35,333 --> 00:47:39,708 a arela por demostrares a túa virtude contribuirá aos plans de Sauron. 479 00:47:40,875 --> 00:47:42,291 Todo iso son lerias, 480 00:47:43,291 --> 00:47:45,083 para que che revele algo. 481 00:47:45,750 --> 00:47:47,791 Xa me revelaches 482 00:47:47,875 --> 00:47:52,000 todo o que esperaba e máis. 483 00:48:04,208 --> 00:48:05,458 Moi ben. 484 00:48:07,333 --> 00:48:08,750 Chegou a hora! 485 00:48:11,333 --> 00:48:14,541 Todo Eregion podería estar xa controlado por Sauron. 486 00:48:16,125 --> 00:48:19,833 Fará falla máis ca unha lexión dos teus fillos para o asediar. 487 00:48:19,916 --> 00:48:23,958 De veras pensas que intentaría desafiar o poder de Sauron 488 00:48:24,041 --> 00:48:25,583 cunha soa lexión? 489 00:48:45,541 --> 00:48:48,708 Como xa me confirmaches sen dúbida quen é, 490 00:48:49,708 --> 00:48:51,708 e dixeches quen leva o teu anel, 491 00:48:53,416 --> 00:48:55,125 Eregion caerá. 492 00:48:56,250 --> 00:48:57,750 E Sauron con el. 493 00:48:58,916 --> 00:48:59,916 Non. 494 00:49:02,833 --> 00:49:04,583 Iso debe ser o que el quere. 495 00:49:07,166 --> 00:49:09,291 Sauron non ten exército de seu, 496 00:49:10,666 --> 00:49:12,875 por iso intenta atraer o teu. 497 00:49:14,916 --> 00:49:17,041 Quere que ataques Eregion. 498 00:49:17,125 --> 00:49:19,666 Atádea! Seranos útil máis tarde. 499 00:49:20,750 --> 00:49:24,166 - Prégocho. Non sexas necio. - Métete aí! 500 00:49:24,250 --> 00:49:26,500 Non o fagas. Non caias na trampa del. 501 00:49:26,583 --> 00:49:28,166 Fareino afogar nela. 502 00:49:29,000 --> 00:49:30,000 Non! 503 00:49:31,041 --> 00:49:34,083 Non o fagas! É o que el argallou! 504 00:49:35,083 --> 00:49:36,666 É o que Sauron quere! 505 00:49:37,500 --> 00:49:39,000 É o que quere! 506 00:49:39,791 --> 00:49:41,416 Por aquí. Veña. 507 00:50:12,875 --> 00:50:14,875 Veña! Bule! 508 00:50:16,416 --> 00:50:17,458 Máis forte! 509 00:50:28,875 --> 00:50:30,125 Tocade as campás! 510 00:50:31,166 --> 00:50:32,375 Atácannos! 511 00:50:33,166 --> 00:50:36,000 Pechade as portas! Izade a ponte! 512 00:51:18,250 --> 00:51:19,708 Como van eses progresos? 513 00:51:21,500 --> 00:51:22,833 Non sentiches iso? 514 00:51:23,833 --> 00:51:26,500 Fóra. Parecía a alarma de asedio. 515 00:51:27,291 --> 00:51:30,208 Asegúroche que teño os temas da cidade controlados. 516 00:51:31,958 --> 00:51:33,791 Iso decidireino eu mesmo! 517 00:51:36,333 --> 00:51:37,833 O teu lugar é este, amigo. 518 00:51:39,125 --> 00:51:41,833 Xa vou farto de que me digas onde debo estar! 519 00:51:51,625 --> 00:51:54,291 Sóltame, amigo. 520 00:52:00,166 --> 00:52:01,958 Se saes desta torre, 521 00:52:02,041 --> 00:52:04,375 cando caian os homes da Terra Media, xúroche 522 00:52:04,458 --> 00:52:06,833 que as almas do mundo visible e invisible 523 00:52:06,916 --> 00:52:10,166 saberán que ti fuches o arquitecto da súa desgraza. 524 00:52:10,250 --> 00:52:12,166 Quedan nove aneis por forxar! 525 00:52:36,666 --> 00:52:37,791 O mellor cabalo. 526 00:53:07,708 --> 00:53:10,333 - Si, ho! - É un cabalo. 527 00:53:13,291 --> 00:53:14,625 Durante séculos, 528 00:53:16,125 --> 00:53:18,833 intentei crear obxectos de gran poder, 529 00:53:21,208 --> 00:53:22,166 pero fracasei. 530 00:53:22,791 --> 00:53:24,125 A verdade é 531 00:53:25,208 --> 00:53:28,208 que vin a Eregion non porque os Valar te necesitasen, 532 00:53:30,541 --> 00:53:31,708 senón eu. 533 00:53:33,666 --> 00:53:34,666 Eu... 534 00:53:41,750 --> 00:53:44,000 Non podo forxar máis aneis. 535 00:53:47,791 --> 00:53:49,583 E sen mithril, non... 536 00:53:52,375 --> 00:53:53,625 Acouga. 537 00:53:55,125 --> 00:53:56,750 Estiven en Khazad-dûm. 538 00:54:01,375 --> 00:54:02,791 Mineral de mithril. 539 00:54:04,583 --> 00:54:07,125 Refinado en po por Narvi en persoa. 540 00:54:09,166 --> 00:54:11,250 Do máis puro das minas deles. 541 00:54:11,333 --> 00:54:13,666 Unha novena parte por anel 542 00:54:15,041 --> 00:54:16,375 debería abondar. 543 00:54:19,916 --> 00:54:22,291 Estamos cerca xa, Celebrimbor. 544 00:54:24,166 --> 00:54:26,375 De conseguir o que nos propuxemos. 545 00:54:28,125 --> 00:54:31,500 Prométoche, polo meu ser inmortal, 546 00:54:32,250 --> 00:54:35,916 que cando escriban a historia desta idade, os Silmarils, 547 00:54:37,458 --> 00:54:38,458 verás... 548 00:54:42,375 --> 00:54:44,750 Merecerán pouco máis ca un murmurio. 549 00:54:47,458 --> 00:54:49,166 Pero os teus aneis, 550 00:54:51,166 --> 00:54:52,750 os Aneis de Poder, 551 00:54:54,791 --> 00:55:00,500 serán considerados as creacións máis valiosas da Terra Media. 552 00:55:01,750 --> 00:55:02,958 Xa. 553 00:55:03,041 --> 00:55:07,375 Non retrocedas agora, xa tocando as túas botas o limiar. 554 00:55:12,541 --> 00:55:15,291 Úsao, meu amigo. 555 00:55:17,416 --> 00:55:18,416 Supera a Fëanor. 556 00:55:20,458 --> 00:55:21,458 A ti mesmo. 557 00:55:26,333 --> 00:55:31,375 Unha última vez. 558 00:55:59,166 --> 00:56:01,041 Fixen un poema, pero a túa beleza 559 00:56:01,125 --> 00:56:03,958 eclipsa todo o que eu poida escribir. 560 00:56:22,500 --> 00:56:23,583 Vide, nenos! 561 00:57:30,500 --> 00:57:31,750 Si! 562 00:57:36,166 --> 00:57:40,083 Ide para alí! Veña! 563 00:57:57,416 --> 00:57:58,416 Soltade! 564 01:00:13,541 --> 01:00:15,541 Subtítulos: Magdalena Sánchez 565 01:00:15,625 --> 01:00:17,625 Supervisora creativa: Luisa Lage Garea