1 00:00:06,041 --> 00:00:07,041 {\an8}ANTERIORMENTE 2 00:00:07,041 --> 00:00:09,125 {\an8}O gran ferreiro está consumido. 3 00:00:09,125 --> 00:00:12,250 Ocupareime por el dos asuntos da administración. 4 00:00:12,250 --> 00:00:13,958 Só estou fatigado. 5 00:00:13,958 --> 00:00:16,500 Es o señor de Eregion. Tes deberes. 6 00:00:16,500 --> 00:00:19,000 Ata facer os Nove, nada máis importa. 7 00:00:19,125 --> 00:00:22,000 Sen mithril non daremos feito os Aneis de Poder. 8 00:00:22,000 --> 00:00:23,458 Necesitamos máis. 9 00:00:23,458 --> 00:00:24,708 A resposta é non. 10 00:00:25,333 --> 00:00:27,250 Expandimos a escavación. 11 00:00:27,250 --> 00:00:28,375 Toleaches? 12 00:00:28,375 --> 00:00:29,666 Quita o anel. 13 00:00:29,666 --> 00:00:32,916 Non teño nada que che demostrar, rapaz. 14 00:00:35,791 --> 00:00:39,125 Chantarémonos diante da mina se é necesario. 15 00:00:39,125 --> 00:00:40,041 Disa? 16 00:00:41,500 --> 00:00:43,208 Os orcos non están en Mordor. 17 00:00:43,208 --> 00:00:45,583 Unha lexión deles vai cara a Eregion. 18 00:00:46,750 --> 00:00:48,333 Galadriel acertou. 19 00:00:48,333 --> 00:00:49,750 Enviade axuda! 20 00:00:49,750 --> 00:00:54,791 Os nosos exércitos non poden derrotar a Adar e Sauron. Sós non. 21 00:00:56,958 --> 00:00:58,375 Tróuxente aquí 22 00:00:58,375 --> 00:01:00,291 pois compartimos un inimigo común. 23 00:01:01,250 --> 00:01:04,708 Elrond bole dende Lindon cun exército de elfos. 24 00:01:04,708 --> 00:01:07,333 E Nenya, o meu anel. 25 00:01:07,333 --> 00:01:10,583 Sauron cre que segue fóra do meu alcance. 26 00:01:10,583 --> 00:01:12,458 Sei que se agocha en Eregion. 27 00:01:14,500 --> 00:01:15,750 Fixeches progresos? 28 00:01:15,750 --> 00:01:19,333 Non podo forxar máis aneis sen mithril. 29 00:01:19,333 --> 00:01:20,750 Fun a Khazad-dûm. 30 00:01:20,750 --> 00:01:22,375 Unha novena parte. 31 00:01:22,375 --> 00:01:23,833 Debería abondar. 32 00:01:25,583 --> 00:01:28,041 Sauron non ten exército de seu, 33 00:01:28,041 --> 00:01:30,708 por iso intenta atraer o teu. 34 00:01:30,708 --> 00:01:32,750 Quere que ataques Eregion. 35 00:01:32,750 --> 00:01:34,333 Eregion caerá. 36 00:01:34,333 --> 00:01:35,541 E Sauron con el. 37 00:01:35,541 --> 00:01:36,541 Atádea. 38 00:01:36,541 --> 00:01:37,875 Non! 39 00:01:37,875 --> 00:01:39,583 Isto é o que quere Sauron! 40 00:02:56,291 --> 00:02:57,583 Nove... 41 00:03:00,291 --> 00:03:01,708 para os homes mortais. 42 00:03:36,291 --> 00:03:37,833 Ola, meu ratiño. 43 00:03:50,708 --> 00:03:51,958 Caíches? 44 00:03:55,333 --> 00:03:59,125 Érguete. O chan non é lugar para o máis grande ferreiro elfo. 45 00:03:59,125 --> 00:04:00,333 Non, é que... 46 00:04:03,375 --> 00:04:07,708 O martelo de Fëanor desapareceu. 47 00:04:10,041 --> 00:04:11,416 Fáltame... 48 00:04:12,333 --> 00:04:14,375 Sabes que ás veces te despistas. 49 00:04:16,583 --> 00:04:17,583 Non. 50 00:04:20,208 --> 00:04:21,625 Non, isto foi diferente. 51 00:04:23,458 --> 00:04:26,208 Non te sentirás superado outra vez? 52 00:04:27,541 --> 00:04:28,541 Non. 53 00:04:30,291 --> 00:04:32,583 Todo o contrario, máis ben. 54 00:04:34,500 --> 00:04:37,416 Nestas últimas semanas sentín unha claridade, 55 00:04:37,416 --> 00:04:40,791 unha concentración que non coñecía había anos. 56 00:04:41,708 --> 00:04:43,458 E debo agradecercho a ti. 57 00:04:44,208 --> 00:04:45,208 Por favor. 58 00:04:45,791 --> 00:04:47,458 Cando o mundo está en paz, 59 00:04:49,708 --> 00:04:54,041 as ideas poden fluír libremente. 60 00:04:56,041 --> 00:05:01,666 O meu labor é deixalas compartir os segredos da súa canción. 61 00:05:06,666 --> 00:05:08,375 Fixeches progresos? 62 00:05:13,291 --> 00:05:15,541 Os Aneis de Poder están case acabados. 63 00:05:18,833 --> 00:05:19,833 Canto falta? 64 00:05:21,916 --> 00:05:23,541 Que son uns días máis 65 00:05:23,541 --> 00:05:29,166 para perfeccionar algo que durará para sempre? 66 00:05:33,083 --> 00:05:35,250 Será un momento triste. 67 00:05:37,250 --> 00:05:39,041 Gocei do noso tempo xuntos. 68 00:05:41,041 --> 00:05:42,791 Todo ten a súa fin. 69 00:05:46,958 --> 00:05:50,791 Unha mágoa, non si? 70 00:06:42,250 --> 00:06:43,625 É a hora. 71 00:06:52,375 --> 00:06:53,375 Meu señor. 72 00:06:53,375 --> 00:06:55,208 Que ordena Lord Celebrimbor? 73 00:06:55,208 --> 00:06:57,625 Négase a permitir un contraataque. 74 00:06:58,416 --> 00:07:00,458 Di que o río nos protexerá. 75 00:07:00,458 --> 00:07:02,708 Sen intervir, morrerán máis elfos. 76 00:07:02,708 --> 00:07:04,000 Debemos facer algo. 77 00:07:04,000 --> 00:07:05,875 Por iso non o obedeceremos. 78 00:07:06,916 --> 00:07:08,458 Reúne as mellores tropas. 79 00:07:09,791 --> 00:07:11,625 Tomarei o mando das defensas. 80 00:07:12,208 --> 00:07:14,333 - Os Valar te bendigan. - Por aquí! 81 00:07:14,333 --> 00:07:17,458 Que ocorre? Que é o que non lles contaches? 82 00:07:19,833 --> 00:07:21,708 Celebrimbor perdeu o xuízo. 83 00:07:25,000 --> 00:07:26,125 Estamos sós. 84 00:07:28,958 --> 00:07:29,958 Apurade. 85 00:07:30,583 --> 00:07:32,000 Sós non. 86 00:07:38,375 --> 00:07:41,333 Demostraches a túa valía, Mirdania. 87 00:07:43,083 --> 00:07:45,708 Chegado o momento, farei que teñas... 88 00:07:47,291 --> 00:07:48,500 a túa recompensa. 89 00:07:49,208 --> 00:07:50,458 Que foi? 90 00:07:50,458 --> 00:07:53,958 Os enxeños do asedio. Quedaron en silencio. 91 00:07:54,750 --> 00:07:56,083 Poñédevos a salvo! 92 00:08:05,500 --> 00:08:06,791 Empurrade! 93 00:08:06,791 --> 00:08:09,083 Que empurredes, miñocas! 94 00:08:12,416 --> 00:08:14,708 Forza! Empurrade, miñocas! 95 00:08:15,625 --> 00:08:17,041 Veña, inútiles! 96 00:08:17,750 --> 00:08:21,375 Lume, puxade máis forte! 97 00:08:26,750 --> 00:08:28,833 Está retirándoos da cidade. 98 00:08:35,750 --> 00:08:37,916 Celebrimbor enganouse de pleno. 99 00:08:39,833 --> 00:08:41,458 Van atacar por terra. 100 00:08:42,250 --> 00:08:44,500 Como? Desde a outra beira do río? 101 00:09:04,791 --> 00:09:05,791 Outra vez! 102 00:09:14,875 --> 00:09:16,416 Represan o río! 103 00:09:43,625 --> 00:09:45,750 Preparádevos, atacarán por terra! 104 00:09:46,250 --> 00:09:47,416 Aos vosos postos! 105 00:10:47,750 --> 00:10:49,250 Eregion está asediado. 106 00:10:49,250 --> 00:10:52,625 Recibimos esa súplica dun elfo na Porta Oeste. 107 00:10:55,708 --> 00:10:57,916 Entón están moi desesperados. 108 00:11:00,833 --> 00:11:04,708 Necesito recuperar esa mina, xa. 109 00:11:04,708 --> 00:11:09,625 Señor, o voso fillo segue alí. E a princesa. 110 00:11:09,625 --> 00:11:12,125 Cada hora que nos atrasamos 111 00:11:13,291 --> 00:11:16,291 cústanos unha riqueza descomunal. 112 00:11:18,916 --> 00:11:21,541 Debemos escavar. 113 00:11:26,875 --> 00:11:27,875 Vai! 114 00:11:33,875 --> 00:11:34,958 Velaí veñen! 115 00:11:38,416 --> 00:11:40,416 Non aprendedes, non? 116 00:11:40,416 --> 00:11:43,458 Tranquilos, rapaces. Marchade. 117 00:11:45,250 --> 00:11:46,250 Non. 118 00:11:56,125 --> 00:11:58,166 Estamos con vós. 119 00:11:58,833 --> 00:11:59,916 Soltade os picos. 120 00:12:02,000 --> 00:12:07,500 Ese anel apoderouse do rei. Non lle deixarei destruír a montaña. 121 00:12:08,125 --> 00:12:09,500 Hai que quitarllo. 122 00:12:10,041 --> 00:12:12,291 O noso non é o único reino en perigo. 123 00:12:13,500 --> 00:12:15,666 Hai un elfo fóra, quéreche falar. 124 00:12:19,083 --> 00:12:20,083 Déixao entrar. 125 00:12:21,041 --> 00:12:23,833 Xa, pero haberá que ser discretos. 126 00:12:23,833 --> 00:12:28,000 Porque o elfo ese expulsárono de tódalas terras dos ananos. 127 00:12:48,083 --> 00:12:49,083 Elrond. 128 00:12:51,208 --> 00:12:53,458 O corazón alédaseme ao verte, amigo. 129 00:12:58,041 --> 00:13:02,708 Meu fraco melindroso e espeluxado. 130 00:13:02,708 --> 00:13:04,166 Espeluxado? 131 00:13:09,208 --> 00:13:10,958 Que papo tes vindo aquí! 132 00:13:13,250 --> 00:13:15,875 Sabes o que levo pasado des que marchaches? 133 00:13:15,875 --> 00:13:19,041 Non sería peor do que me aconteceu a min. 134 00:13:22,750 --> 00:13:25,000 Eu ando para derrocar o meu pai. 135 00:13:39,041 --> 00:13:40,250 Que contas ti? 136 00:13:46,083 --> 00:13:47,083 A derrota. 137 00:13:50,250 --> 00:13:51,500 Sen a vosa axuda. 138 00:13:53,041 --> 00:13:55,333 Miles de vidas perigan, Durin. 139 00:13:56,000 --> 00:13:57,708 A de Celebrimbor entre elas. 140 00:14:00,333 --> 00:14:04,166 Pídoche moito, Durin, pero necesito a túa machada, amigo. 141 00:14:06,375 --> 00:14:07,833 Necesítoa xa. 142 00:14:26,833 --> 00:14:28,500 Movédevos! 143 00:14:43,250 --> 00:14:44,791 Disparade as frechas! 144 00:15:32,458 --> 00:15:34,041 Aguantade! 145 00:15:34,041 --> 00:15:36,125 Capitán, teñen unha rebentadora. 146 00:15:38,666 --> 00:15:39,875 Preparados para disparar! 147 00:15:39,875 --> 00:15:41,416 Hai que deter esa máquina! 148 00:15:59,833 --> 00:16:01,958 E os aneis? Están acabados? 149 00:16:06,125 --> 00:16:07,041 Espera. 150 00:16:08,958 --> 00:16:09,958 Que espere o que? 151 00:16:27,458 --> 00:16:28,541 Cativador. 152 00:16:29,250 --> 00:16:30,541 É un padrón. 153 00:16:32,625 --> 00:16:34,125 Non o ves? Un ciclo. 154 00:16:35,791 --> 00:16:38,875 Repítese a intervalos ao longo do día. 155 00:16:38,875 --> 00:16:39,958 E hai máis. 156 00:16:41,208 --> 00:16:42,208 Aquí. 157 00:16:43,250 --> 00:16:45,541 Mira. As brasas... 158 00:16:45,541 --> 00:16:47,625 Non sei como descubriches iso, 159 00:16:47,625 --> 00:16:49,458 pero non temos tempo. 160 00:16:49,458 --> 00:16:50,708 Ao contrario. 161 00:16:52,541 --> 00:16:55,333 Parece que temos todo o tempo que necesitamos. 162 00:17:00,875 --> 00:17:05,375 As candeas non arderon nin unha polgada en todo o día. 163 00:17:07,958 --> 00:17:09,375 Buscabas a paz. 164 00:17:10,791 --> 00:17:12,625 Eu deicha. 165 00:17:13,625 --> 00:17:14,625 Non. 166 00:17:15,916 --> 00:17:19,875 Sexa o que for, isto non é un don. 167 00:17:23,416 --> 00:17:24,791 Que me fixeches? 168 00:17:24,791 --> 00:17:25,875 Facerche eu? 169 00:17:27,166 --> 00:17:30,291 Aceptaches os meus consellos. Case mos suplicaches. 170 00:17:30,291 --> 00:17:34,166 E agora pasa un rato e perdes a cabeza. 171 00:17:36,458 --> 00:17:37,458 Mira o que dis. 172 00:17:37,458 --> 00:17:39,416 Que raio me fixeches? 173 00:17:41,791 --> 00:17:44,791 Ningún emisario dos Valar faría isto. 174 00:17:47,166 --> 00:17:50,625 Quen es... realmente? 175 00:17:51,541 --> 00:17:53,791 Son o que mantén á raia a tormenta. 176 00:17:55,333 --> 00:17:57,750 Termo do mesmo sol sobre a túa cabeza. 177 00:17:57,750 --> 00:18:02,250 E todo para che dar a oportunidade de demostrar o que vales! 178 00:18:04,708 --> 00:18:07,500 Agora, quero os Nove! 179 00:18:07,500 --> 00:18:08,750 Non! 180 00:19:45,583 --> 00:19:47,333 Que? O mithril. 181 00:19:50,666 --> 00:19:53,583 Que...? Que é isto? 182 00:19:55,333 --> 00:20:00,208 Aprendín moitísimo de ti desde que cheguei a Eregion. 183 00:20:01,833 --> 00:20:05,833 Pero non hai lección máis duradeira ca esta: 184 00:20:07,791 --> 00:20:09,583 a auténtica creación 185 00:20:13,208 --> 00:20:15,041 require sacrificio. 186 00:20:22,083 --> 00:20:23,375 Es El. 187 00:20:25,541 --> 00:20:26,875 Non si? 188 00:20:28,583 --> 00:20:30,833 - Es... - Teño moitos nomes. 189 00:21:18,333 --> 00:21:19,500 Mirdania! 190 00:21:23,916 --> 00:21:25,625 Grazas aos Valar! Estás viva. 191 00:21:25,625 --> 00:21:28,375 Enganáronnos. A todos. 192 00:21:28,375 --> 00:21:31,541 El planeou isto, para obrigarme a forxar os aneis. 193 00:21:31,541 --> 00:21:35,625 Meteume nunha prisión, da mente, pero saín dela. 194 00:21:36,458 --> 00:21:37,791 Libereime. 195 00:21:37,791 --> 00:21:41,958 Debeuse de distraer co asedio e esqueceu o rubí. 196 00:21:41,958 --> 00:21:44,791 E o rato. O mesmo rato... 197 00:21:44,791 --> 00:21:46,166 E... 198 00:21:47,208 --> 00:21:49,416 Debes... Debes crerme. 199 00:21:51,375 --> 00:21:53,083 Tes que me crer! 200 00:22:00,958 --> 00:22:02,958 Nesta parte a muralla é moi fina. 201 00:22:05,541 --> 00:22:06,583 Veña! 202 00:22:11,666 --> 00:22:15,375 Hai que reforzar os alicerces! Bulide! 203 00:22:22,541 --> 00:22:23,541 Collédeo! 204 00:22:25,666 --> 00:22:27,041 É Sauron! 205 00:22:28,958 --> 00:22:30,125 Collédeo! 206 00:22:31,583 --> 00:22:34,916 Mentiuvos a todos dende o principio. 207 00:22:36,791 --> 00:22:39,291 Non. Protexeunos. 208 00:22:39,291 --> 00:22:42,166 Mentres ti, na torre, dabas ordes que case 209 00:22:42,166 --> 00:22:43,250 acaban con nós. 210 00:22:43,250 --> 00:22:45,791 Non. Non, deunas el. 211 00:22:46,958 --> 00:22:48,541 É Sauron! 212 00:22:50,208 --> 00:22:54,500 Se non vos fiades de min, abrídelle a carne. 213 00:22:56,208 --> 00:22:58,416 Mirádelle a man, o sangue. 214 00:22:59,125 --> 00:23:00,708 Negro coma a pez! 215 00:23:14,000 --> 00:23:17,125 Vide, meu señor. Volvede aos vosos apousentos. 216 00:23:17,125 --> 00:23:20,500 Quítame as mans de enriba! Non! 217 00:23:44,000 --> 00:23:45,083 Isto pode rematar. 218 00:23:47,916 --> 00:23:52,125 Acaba os Nove e perdoarei a túa cidade. 219 00:23:57,125 --> 00:23:58,625 Que farás con eles? 220 00:24:00,916 --> 00:24:04,083 Crear unha paz perfecta e duradeira. 221 00:24:38,041 --> 00:24:39,291 Veña! 222 00:25:16,125 --> 00:25:17,916 Morte aos nosos inimigos! 223 00:26:29,458 --> 00:26:30,458 Alto! 224 00:26:40,375 --> 00:26:44,083 Benvido, comandante Elrond. 225 00:26:55,083 --> 00:26:56,458 O anel que portas. 226 00:26:58,958 --> 00:26:59,958 Ensínamo. 227 00:27:01,250 --> 00:27:03,083 Sería de necios traelo comigo. 228 00:27:05,250 --> 00:27:06,333 Es un cortesán. 229 00:27:07,291 --> 00:27:09,750 Máis hábil brandindo pergameos ca espadas. 230 00:27:09,750 --> 00:27:11,375 Con ningún me viches. 231 00:27:11,375 --> 00:27:13,458 Deberas seguir atacando, Elrond. 232 00:27:13,458 --> 00:27:17,000 Se ela volve falar, cortádelle a lingua. 233 00:27:21,791 --> 00:27:25,541 Sauron é tan inimigo meu coma teu. 234 00:27:26,583 --> 00:27:30,083 Dáme o que necesito para derrotalo e librarémonos del. 235 00:27:30,083 --> 00:27:33,291 Non fuches ti quen lle axudou asediando Eregion? 236 00:27:33,291 --> 00:27:35,875 Eregion sumiuse na sombra. 237 00:27:36,958 --> 00:27:42,083 Agora perténcelle ao Argallante, e tamén os elfos que alí viven. 238 00:27:42,083 --> 00:27:43,708 Non Lord Celebrimbor. 239 00:27:43,708 --> 00:27:47,958 Foi Celebrimbor en persoa quen deixou entrar a Sauron. 240 00:27:49,208 --> 00:27:50,708 A el non o podes salvar. 241 00:27:52,250 --> 00:27:54,041 Podes salvar a Galadriel. 242 00:27:57,791 --> 00:27:59,375 É unha oferta sincera. 243 00:28:00,916 --> 00:28:02,416 Suxíroche que a aceptes. 244 00:28:03,541 --> 00:28:05,625 E déixame a Sauron a min. 245 00:28:12,541 --> 00:28:16,041 Tes a beleza da túa devanceira, Melian dos Valar. 246 00:28:17,541 --> 00:28:21,166 Se só unha pinga do seu tino che corre polas veas, 247 00:28:22,333 --> 00:28:25,125 saberás que non me podes vencer en combate. 248 00:28:26,666 --> 00:28:28,500 Serei máis listo ca ti. 249 00:28:29,041 --> 00:28:34,250 Os meus poderán cos teus, e ao final, caeredes. 250 00:28:35,625 --> 00:28:38,791 Antes tinguiredes de negro as areas do Glanduin 251 00:28:39,625 --> 00:28:41,166 co sangue da vosa raza. 252 00:28:42,666 --> 00:28:44,750 Os meus fillos aturaron crueldades 253 00:28:44,750 --> 00:28:48,208 que os teus máis valentes nin soportarían oír. 254 00:28:49,375 --> 00:28:53,666 Estás preparado para sacrificalos sen máis, Adar? 255 00:28:57,000 --> 00:28:58,166 E eles? 256 00:29:05,000 --> 00:29:09,958 O anel, para que Galadriel viva. Que decides? 257 00:29:23,958 --> 00:29:25,791 Pregúntamo no campo, 258 00:29:26,791 --> 00:29:29,208 cando a gorxa ameazada sexa a túa. 259 00:29:34,375 --> 00:29:35,375 Moi ben. 260 00:29:39,750 --> 00:29:41,166 Vereite alí... 261 00:29:44,375 --> 00:29:46,458 coa cabeza dela nunha pica. 262 00:29:50,416 --> 00:29:53,625 Se así vai ser, gustaríame despedirme dela. 263 00:29:57,875 --> 00:29:59,083 Está desarmado. 264 00:30:17,625 --> 00:30:18,875 Perdóame. 265 00:30:23,791 --> 00:30:24,958 Gaña. 266 00:30:59,375 --> 00:31:00,541 Vorohil. 267 00:31:06,583 --> 00:31:10,250 O inimigo supéranos dez a un. Como tes esa confianza? 268 00:31:11,208 --> 00:31:13,833 Porque sei algo que o pai dos orcos non. 269 00:31:13,833 --> 00:31:14,958 E que é? 270 00:31:14,958 --> 00:31:18,458 O príncipe Durin vén cunha lexión de ananos para axudarnos. 271 00:31:19,208 --> 00:31:21,250 E cando raie o albor, 272 00:31:22,083 --> 00:31:25,750 ti guiaralos ata o flanco de Adar. 273 00:31:27,166 --> 00:31:28,083 Estupendo. 274 00:31:32,916 --> 00:31:33,916 Cabalga cara a eles. 275 00:31:36,208 --> 00:31:38,333 Farei que os muros de Eregion 276 00:31:38,333 --> 00:31:39,750 resistan outra noite. 277 00:31:56,125 --> 00:31:58,916 Guerreiros de Khazad-dûm! 278 00:32:04,708 --> 00:32:06,375 Neste momento, 279 00:32:07,583 --> 00:32:11,750 está a escribirse a gran historia da nosa idade. 280 00:32:15,208 --> 00:32:20,583 E a nós correspóndenos decidir se acabará 281 00:32:20,583 --> 00:32:22,291 en traxedia... 282 00:32:25,125 --> 00:32:26,458 ou en triunfo. 283 00:32:31,166 --> 00:32:33,625 Sauron, o Corazón de Pedra, 284 00:32:35,916 --> 00:32:41,916 que roubou os sete segredos dos nosos antepasados ferreiros, regresou 285 00:32:43,000 --> 00:32:48,916 para forxar aneis e escravizarnos a nós e toda a Terra Media. 286 00:32:49,875 --> 00:32:52,333 Os elfos non o darán derrotado. 287 00:32:54,541 --> 00:32:55,958 Non sen nós. 288 00:33:04,000 --> 00:33:06,000 E Sauron sábeo. 289 00:33:07,625 --> 00:33:12,916 Pensa que, se aviva a nosa avaricia, 290 00:33:14,750 --> 00:33:17,916 converteranos o corazón en cinsa 291 00:33:19,166 --> 00:33:23,166 e que nos varrerá do campo sen nin loitar. 292 00:33:28,916 --> 00:33:32,375 Pero somos máis fortes do que el pensa. 293 00:33:32,375 --> 00:33:33,916 Somos! 294 00:33:33,916 --> 00:33:38,375 Porque hai algo que os ananos apreciamos, 295 00:33:38,375 --> 00:33:41,250 moito máis cás riquezas. 296 00:33:41,250 --> 00:33:45,083 Máis incluso ca esta montaña que tanto amamos. 297 00:33:46,750 --> 00:33:51,708 Loitade canda min, para que o mundo enteiro vexa 298 00:33:52,250 --> 00:33:54,416 que a lealdade anana 299 00:33:54,416 --> 00:33:59,958 é unha forza máis potente ca bruxería ningunha! 300 00:33:59,958 --> 00:34:01,041 É! 301 00:34:01,041 --> 00:34:03,541 Máis poderosa ca exército ningún! 302 00:34:03,541 --> 00:34:04,875 É! 303 00:34:04,875 --> 00:34:09,000 Máis fonda cós alicerces da terra! 304 00:34:09,000 --> 00:34:10,541 É! 305 00:34:11,416 --> 00:34:14,375 Loitaredes canda os nosos amigos? 306 00:34:14,375 --> 00:34:15,625 Loitaremos! 307 00:34:15,625 --> 00:34:19,583 Loitaredes por Khazad-dûm? 308 00:34:36,541 --> 00:34:38,166 Khazad... 309 00:34:38,166 --> 00:34:40,291 Dûm! 310 00:34:40,291 --> 00:34:43,416 Marchamos a Eregion! 311 00:34:52,583 --> 00:34:53,833 Defendede a cidade! 312 00:35:09,458 --> 00:35:10,375 Á muralla! 313 00:35:11,041 --> 00:35:11,958 Á muralla! 314 00:35:48,166 --> 00:35:50,375 Vouche arrincar as tripas, elfo! 315 00:35:56,333 --> 00:35:57,333 Morre. 316 00:36:01,500 --> 00:36:05,125 Non! Non, non! 317 00:36:42,291 --> 00:36:43,708 Abonda! 318 00:36:56,041 --> 00:36:58,791 Outra vez! Recargade a rebentadora! 319 00:37:00,291 --> 00:37:01,375 Bulide! 320 00:37:05,041 --> 00:37:06,250 Señor-Padre! 321 00:37:07,291 --> 00:37:09,708 A muralla aguanta máis do que parecía. 322 00:37:09,708 --> 00:37:11,791 Igual non fende antes de mañá. 323 00:37:12,541 --> 00:37:15,458 Ao elfo estalle indo mellor do que esperabades. 324 00:37:15,458 --> 00:37:19,208 As tropas del xa nos destruíron cinco catapultas. 325 00:37:19,208 --> 00:37:21,000 Moitos uruks están morrendo. 326 00:37:21,958 --> 00:37:23,833 Que ordenades, Señor-Padre? 327 00:37:23,833 --> 00:37:26,166 - Tocamos retirada? - Non. 328 00:37:28,541 --> 00:37:30,125 Sauron non debe escapar. 329 00:37:31,750 --> 00:37:35,750 Derribade esa muralla. Custe o que custe. 330 00:37:35,750 --> 00:37:36,791 Adar! 331 00:37:41,166 --> 00:37:45,541 Dixéchesnos que nos amabas. 332 00:37:46,625 --> 00:37:48,666 Con todo o corazón que me queda. 333 00:37:51,000 --> 00:37:55,166 Demasiado, para deixar que Sauron vos escravice. 334 00:38:10,708 --> 00:38:11,666 Apurade! 335 00:38:17,375 --> 00:38:20,500 Aínda está no campamento. Buscádea! 336 00:38:58,375 --> 00:39:01,791 Ei! Ti! Ven botar unha man. 337 00:39:06,916 --> 00:39:07,916 Está morto. 338 00:39:59,083 --> 00:40:01,375 Nas chamas regresan á escuridade. 339 00:40:04,333 --> 00:40:06,541 Nas chamas regresan á escuridade. 340 00:40:33,750 --> 00:40:36,916 Mira que cabelo máis bonito. 341 00:41:02,416 --> 00:41:04,875 Non sei que forza te trouxo, soldado, 342 00:41:05,750 --> 00:41:07,208 pero agradézollo. 343 00:41:07,625 --> 00:41:12,041 Vamos, sei dunha entrada secreta á cidade. Temos que dar con Sauron. 344 00:41:12,041 --> 00:41:13,541 Vin por el. 345 00:41:18,500 --> 00:41:22,750 Se intentas atacalo agora, o custo será a túa vida. 346 00:41:25,125 --> 00:41:26,375 Que ma quite. 347 00:41:28,958 --> 00:41:31,250 Quitoume todo o demais que tiña. 348 00:41:34,166 --> 00:41:35,375 Arondir. 349 00:41:38,041 --> 00:41:41,250 Esta noite andamos escasos de heroes elfos. 350 00:41:43,166 --> 00:41:46,875 Sería unha mágoa quedarmos sen outro. 351 00:41:48,875 --> 00:41:51,666 E o verdadeiro combate con Adar chegará despois. 352 00:42:07,583 --> 00:42:09,916 O exército agarda na Porta Oeste, Durin. 353 00:42:09,916 --> 00:42:11,208 Ben. 354 00:42:11,208 --> 00:42:13,250 Durin! 355 00:42:15,541 --> 00:42:16,541 Príncipe Durin! 356 00:42:18,875 --> 00:42:19,916 Espera! 357 00:42:24,750 --> 00:42:28,625 Teu pai volveu a machada contra os meus homes. 358 00:42:30,833 --> 00:42:33,791 Abriuse paso entre eles coma quen sega o trigo. 359 00:42:35,708 --> 00:42:37,541 Pero vai escavar. 360 00:42:38,250 --> 00:42:40,250 Vai liberar esa besta! 361 00:42:40,250 --> 00:42:42,625 - Disa está...? - Non cho sei. 362 00:42:42,625 --> 00:42:44,833 Pero mandoume buscarte. 363 00:42:44,833 --> 00:42:47,625 Di que fagas volver o exército. 364 00:42:48,125 --> 00:42:49,583 E abandonamos a Elrond? 365 00:42:50,708 --> 00:42:53,000 Se levas o exército a Eregion agora, 366 00:42:53,791 --> 00:42:56,291 Khazad-dûm igual non existe cando volvas. 367 00:43:12,416 --> 00:43:16,500 Non temas. Isto tamén pasará. 368 00:43:19,291 --> 00:43:23,250 Prométoche que cando a Terra Media estea curada, 369 00:43:23,250 --> 00:43:25,875 e os seus pobos vexan o que ambos fixemos, 370 00:43:29,250 --> 00:43:31,291 o noso sufrimento valerá a pena. 371 00:43:32,833 --> 00:43:33,833 O noso? 372 00:43:34,500 --> 00:43:38,375 De veras que me doe tratarte así. 373 00:43:38,375 --> 00:43:40,541 Como trataches a tantos outros? 374 00:43:45,125 --> 00:43:46,541 Como Morgoth a min. 375 00:43:49,458 --> 00:43:52,458 Sabes o que se sente torturado a mans dun deus? 376 00:43:54,833 --> 00:43:56,250 Non o imaxino. 377 00:43:57,916 --> 00:44:01,083 Vexo o fin, Celebrimbor. 378 00:44:02,666 --> 00:44:03,791 Claramente. 379 00:44:05,041 --> 00:44:07,208 Vino en canto espertei. 380 00:44:08,666 --> 00:44:12,666 Pero o fin del era diferente do meu. 381 00:44:15,250 --> 00:44:21,208 Porque o que el quería destruír eu quería... perfeccionalo. 382 00:44:24,458 --> 00:44:28,833 Ás veces a dor case era unha recompensa. 383 00:44:29,625 --> 00:44:31,083 Era un xogo. 384 00:44:32,583 --> 00:44:36,416 Unha competición, para ver quen tiña máis vontade. 385 00:44:38,541 --> 00:44:42,958 E aínda así, decidiches inflixirme a mesma dor a min? 386 00:44:42,958 --> 00:44:44,041 Non. 387 00:44:51,250 --> 00:44:52,833 Decidíchelo ti. 388 00:44:55,083 --> 00:44:56,208 Non eu. 389 00:44:58,500 --> 00:44:59,333 O que? 390 00:45:03,041 --> 00:45:07,583 Todo depende... dos aneis. 391 00:45:08,958 --> 00:45:11,875 E posto que me obrigaches 392 00:45:11,875 --> 00:45:15,708 a atormentarte para que os fixeses, 393 00:45:17,916 --> 00:45:20,208 son unha vítima da túa obstinación. 394 00:45:22,500 --> 00:45:27,000 E ti es o verdadeiro autor do teu tormento. 395 00:45:35,083 --> 00:45:37,083 Abofé es o Grande Argallante. 396 00:45:42,166 --> 00:45:44,083 Engánaste mesmo a ti. 397 00:45:48,541 --> 00:45:49,958 Acábaos. 398 00:46:40,375 --> 00:46:41,666 Disparade! 399 00:47:04,791 --> 00:47:05,791 Bulide! 400 00:47:32,708 --> 00:47:33,791 Fogo! 401 00:48:53,166 --> 00:48:57,000 Quen ten máis vontade? 402 00:49:51,208 --> 00:49:53,083 Mirade o que se fixo. 403 00:49:53,083 --> 00:49:54,750 O vello toleou de vez. 404 00:49:55,916 --> 00:49:59,833 Debes quedar na torre, para non te mancar máis. 405 00:50:00,541 --> 00:50:04,250 Por orde de Annatar, señor de Eregion. 406 00:50:12,833 --> 00:50:13,958 Soltádeo! 407 00:50:15,166 --> 00:50:16,041 Miña señora? 408 00:50:17,500 --> 00:50:22,750 É Lord Celebrimbor. O máis grande dos ferreiros elfos. 409 00:50:24,250 --> 00:50:26,250 - Soltádeo. - O señor de Eregion di... 410 00:50:26,250 --> 00:50:28,625 Este é o señor de Eregion! 411 00:50:39,000 --> 00:50:42,250 Celebrimbor, son eu. 412 00:50:49,333 --> 00:50:50,541 Celebrimbor. 413 00:50:51,416 --> 00:50:53,000 Cando te vin, 414 00:50:54,166 --> 00:50:57,125 case pensei que eras outra ilusión, 415 00:50:58,750 --> 00:51:02,750 outra crueldade para torturarme con falsas esperanzas. 416 00:51:02,750 --> 00:51:03,958 Sauron? 417 00:51:06,208 --> 00:51:07,541 Máis aneis? 418 00:51:07,541 --> 00:51:08,875 Nove. 419 00:51:11,000 --> 00:51:15,416 Nove aneis para escravizar o mundo dos homes. 420 00:51:16,000 --> 00:51:19,750 Igual que me escravizou a min. 421 00:51:21,416 --> 00:51:23,875 Foi culpa miña. 422 00:51:23,875 --> 00:51:24,958 Non! 423 00:51:25,875 --> 00:51:29,750 Dende o principio, unha parte de min sabíao. 424 00:51:30,375 --> 00:51:34,041 Unha parte de min viuno, pero quería o que el me ofrecía. 425 00:51:35,125 --> 00:51:40,291 Así que non quixen ver o que era. 426 00:51:42,625 --> 00:51:43,958 Eu fixen igual. 427 00:51:48,375 --> 00:51:50,375 - É el! - Corre! 428 00:51:50,375 --> 00:51:54,583 Polo vello túnel dos ananos. Entrei por el sen que me visen. 429 00:51:54,583 --> 00:51:57,000 Poderás escapar lonxe cos aneis. 430 00:51:57,000 --> 00:51:58,083 Non. 431 00:51:58,083 --> 00:51:59,458 Marcha! Xa! 432 00:51:59,458 --> 00:52:01,625 Non podo. Debes facelo ti. 433 00:52:01,625 --> 00:52:04,541 El decatarase do que pasou. Virá polos aneis. 434 00:52:04,541 --> 00:52:09,583 Asegurareime de entretelo antes de que iso pase. 435 00:52:10,750 --> 00:52:15,666 Colle os aneis. Salva a tódolos que poidas. Bule! 436 00:52:15,666 --> 00:52:16,833 Non. 437 00:52:18,083 --> 00:52:20,333 Non te deixarei só contra el. 438 00:52:20,333 --> 00:52:23,166 Eu construín esta cidade. 439 00:52:25,083 --> 00:52:26,833 O meu lugar está aquí. 440 00:52:28,041 --> 00:52:29,875 E non estará só. 441 00:52:39,166 --> 00:52:42,250 Ben que o sinto. Tróuxeno eu aquí. 442 00:52:44,500 --> 00:52:46,708 Debín ser máis forte. 443 00:52:47,208 --> 00:52:49,208 Non o fomos ningún dos dous. 444 00:52:50,541 --> 00:52:53,291 Poida que ninguén da Terra Media o sexa. 445 00:52:55,000 --> 00:52:59,500 Pero se cadra, os elfos só necesitan recordar 446 00:53:00,916 --> 00:53:04,750 que non é a forza a que vence a escuridade, 447 00:53:06,541 --> 00:53:07,791 senón a luz. 448 00:53:08,750 --> 00:53:10,500 Os exércitos poden alzarse, 449 00:53:13,000 --> 00:53:14,958 os corazóns fallar, 450 00:53:14,958 --> 00:53:20,958 pero aínda así, a luz perdura, e pode máis cá forza. 451 00:53:25,208 --> 00:53:30,708 Porque na súa presenza, toda escuridade foxe. 452 00:54:19,791 --> 00:54:22,125 Outra vez! Case estamos! 453 00:54:32,625 --> 00:54:35,208 Van fender a muralla axiña, non si? 454 00:54:35,208 --> 00:54:38,625 Non, Rían! O noso inimigo non fenderá esa muralla! 455 00:54:38,625 --> 00:54:41,375 Unha soa frecha túa pode virar as tornas. 456 00:54:42,583 --> 00:54:45,500 - Cantas frechas incendiarias tes? - Abondas. 457 00:54:45,500 --> 00:54:47,083 Só cómpre ver ben o albo. 458 00:54:47,083 --> 00:54:48,375 Sígueme. 459 00:54:50,166 --> 00:54:51,000 Adiante! 460 00:55:03,041 --> 00:55:04,333 Dispara! 461 00:55:10,500 --> 00:55:11,500 Non! 462 00:56:14,250 --> 00:56:15,250 Destruídea! 463 00:56:26,916 --> 00:56:28,208 Mándao. 464 00:56:29,291 --> 00:56:33,833 Señor-Padre, matará mesmo os nosos. 465 00:56:34,625 --> 00:56:36,166 Mándao! 466 00:56:55,750 --> 00:56:58,083 Os orcos están fuxindo! 467 00:57:01,500 --> 00:57:04,416 Non. Están abrindo paso. 468 00:57:35,375 --> 00:57:37,208 Non os atoparás aquí. 469 00:57:38,416 --> 00:57:40,833 Estarán ben lonxe do teu alcance xa. 470 00:57:46,166 --> 00:57:50,625 Entón terás que mos ir buscar e poñerasmos na man. 471 00:57:50,625 --> 00:57:53,208 As túas mans non volverán tocar outro anel. 472 00:58:09,583 --> 00:58:13,583 Por orde do verdadeiro señor de Eregion, ti, Sauron, quedas... 473 00:58:20,333 --> 00:58:23,500 Pensas que fuches o único que se puxo no meu poder? 474 00:59:02,458 --> 00:59:04,458 Entregarasme os Nove. 475 00:59:18,541 --> 00:59:21,083 Que non chegue á muralla! 476 01:00:18,250 --> 01:00:19,875 Comandante, coidado! 477 01:00:28,000 --> 01:00:30,291 Matádeo agora! 478 01:01:26,916 --> 01:01:29,208 Volve ao teu outeiro e morre! 479 01:01:42,791 --> 01:01:43,916 Comandante! 480 01:02:15,208 --> 01:02:16,375 Comandante. 481 01:02:16,375 --> 01:02:17,583 Alto Rei! 482 01:02:18,625 --> 01:02:19,916 Non deberades vir. 483 01:02:19,916 --> 01:02:22,583 Un rei debe estar onde máis se necesita. 484 01:02:37,583 --> 01:02:42,000 Meus fillos! Marchade comigo! 485 01:03:28,916 --> 01:03:31,375 Os ananos! Xa veñen os ananos! 486 01:03:31,375 --> 01:03:32,875 Mirade cara ao norte! 487 01:03:49,666 --> 01:03:50,666 Vorohil. 488 01:03:57,208 --> 01:03:58,416 Durin non vai vir. 489 01:04:00,250 --> 01:04:02,125 A porta de Khazad-dûm pechou. 490 01:04:02,125 --> 01:04:06,458 Non. Ten que haber un erro. 491 01:04:09,958 --> 01:04:11,041 Durin virá! 492 01:04:28,166 --> 01:04:30,083 A formar! 493 01:04:32,958 --> 01:04:33,958 Durin virá. 494 01:04:40,250 --> 01:04:42,166 Matádeos a todos! 495 01:04:45,500 --> 01:04:47,541 Atacade! 496 01:04:55,666 --> 01:04:56,916 Durin vai vir. 497 01:05:03,083 --> 01:05:04,583 Durin virá. 498 01:07:08,375 --> 01:07:10,458 Esqueciches o voso Rúmil? 499 01:07:17,250 --> 01:07:19,500 "Nunca fagas a guerra enfadado." 500 01:09:33,416 --> 01:09:35,416 Subtítulos: Magdalena Sánchez 501 01:09:35,416 --> 01:09:37,500 Supervisora Creativa: Luisa Lage Garea