1 00:00:06,041 --> 00:00:07,458 {\an8}ANTERIORMENTE 2 00:00:07,458 --> 00:00:10,875 {\an8}Ti preocúpate só das pepeludas. 3 00:00:10,875 --> 00:00:13,583 Do Istar xa me encargo eu. 4 00:00:13,583 --> 00:00:16,250 O Mago Escuro atopou o bastón del. 5 00:00:16,250 --> 00:00:19,333 Agora debes atopar ti o teu. 6 00:00:19,333 --> 00:00:21,833 Non sendo que queiras ir a outro lugar. 7 00:00:21,833 --> 00:00:22,916 Nori. 8 00:00:25,208 --> 00:00:27,083 Se non a atopo axiña, morrerá. 9 00:00:27,083 --> 00:00:28,750 Morrerán as dúas. 10 00:00:28,750 --> 00:00:30,875 A túa amiga ou o teu destino. 11 00:00:30,875 --> 00:00:32,291 Debes escoller. 12 00:00:33,791 --> 00:00:35,791 Hai algo embaixo das minas. 13 00:00:37,750 --> 00:00:39,416 Un mal sen nome. 14 00:00:39,416 --> 00:00:40,916 Non debedes escavar! 15 00:00:40,916 --> 00:00:46,083 Apenas sacamos unha pinga do océano da riqueza dela. 16 00:00:46,083 --> 00:00:48,916 Teu pai volveu a machada contra os meus homes. 17 00:00:49,666 --> 00:00:51,708 Leva o exército a Eregion agora, 18 00:00:51,708 --> 00:00:54,541 e Khazad-dûm quizá non exista cando volvas. 19 00:00:58,041 --> 00:00:59,333 Son Estrid. 20 00:00:59,333 --> 00:01:01,333 Non faltará auga na túa illa. 21 00:01:01,333 --> 00:01:03,583 En Númenor haina na maioría das casas. 22 00:01:03,583 --> 00:01:04,833 Gustaríame velo. 23 00:01:04,833 --> 00:01:06,750 Igual ao teu prometido tamén. 24 00:01:12,333 --> 00:01:15,416 Os Valar declarárona... 25 00:01:20,458 --> 00:01:21,916 Inocente! 26 00:01:21,916 --> 00:01:25,375 Salve, Tar-Míriel, Raíña do mar! 27 00:01:25,375 --> 00:01:27,208 Salve, raíña Míriel. Salve! 28 00:01:31,583 --> 00:01:34,208 Cando o Argallante logra a confianza dun, 29 00:01:34,208 --> 00:01:37,083 consegue esculpirlle os pensamentos. 30 00:01:37,083 --> 00:01:38,708 Loitando canda ti, 31 00:01:38,708 --> 00:01:39,625 sentín... 32 00:01:39,625 --> 00:01:40,958 Eu tamén. 33 00:01:40,958 --> 00:01:43,250 Ti xa o sufriches unha vez. 34 00:01:43,250 --> 00:01:44,208 Si. 35 00:01:44,208 --> 00:01:46,708 Coñece a miña mente e eu a del. 36 00:01:46,708 --> 00:01:49,083 Por iso debo enfrontarme eu a el. 37 00:01:49,083 --> 00:01:51,000 Non podes enfrontarte a el soa. 38 00:01:51,000 --> 00:01:54,000 O Alto Rei creme vulnerable ao engano. 39 00:01:54,000 --> 00:01:55,625 E por que será? 40 00:01:55,625 --> 00:01:56,541 Para, Elrond! 41 00:01:57,291 --> 00:02:00,500 Nove aneis para escravizar o mundo dos homes. 42 00:02:01,041 --> 00:02:03,583 Igual que me escravizou a min. 43 00:02:04,250 --> 00:02:06,791 - Quero os Nove! - Non! 44 00:02:06,791 --> 00:02:09,000 Estarán ben lonxe do teu alcance xa. 45 00:02:09,000 --> 00:02:12,500 Entón terás que mos ir buscar e poñerasmos na man. 46 00:02:12,500 --> 00:02:15,125 Xuntos, esta coroa e os teus aneis 47 00:02:15,125 --> 00:02:18,333 terían poder abondo para destruír a Sauron de vez. 48 00:02:18,833 --> 00:02:20,791 Sauron non ten exército de seu. 49 00:02:23,583 --> 00:02:25,708 Por iso intenta atraer o teu. 50 00:02:26,833 --> 00:02:28,750 Quere que ataques Eregion. 51 00:02:31,708 --> 00:02:33,166 É o que el argallou! 52 00:02:34,333 --> 00:02:36,291 É o que Sauron quere! 53 00:03:13,125 --> 00:03:14,125 É o anel! 54 00:03:14,916 --> 00:03:18,458 Contrólalle a mente e a vontade. 55 00:03:22,125 --> 00:03:23,458 Á cámara de curación. 56 00:03:23,458 --> 00:03:25,083 Que vas facer? 57 00:03:25,833 --> 00:03:29,875 Oias o que oias, non entres nesa mina. 58 00:03:29,875 --> 00:03:30,958 Durin. 59 00:04:11,166 --> 00:04:12,375 Quita o anel! 60 00:04:17,125 --> 00:04:18,500 Dixen que o quites! 61 00:04:19,583 --> 00:04:21,375 Ou córtoche a man enteira! 62 00:04:33,666 --> 00:04:35,833 Tes forza para usar a machada. 63 00:04:38,500 --> 00:04:42,125 Pero terala para usala contra teu pai? 64 00:04:45,458 --> 00:04:49,291 Non, padre. Non a teño. 65 00:04:53,708 --> 00:04:55,708 Sempre fuches máis forte ca min. 66 00:05:01,875 --> 00:05:06,375 Lembras cando era un cativo e pulseabamos? 67 00:05:07,541 --> 00:05:13,541 Deixábasme levantar a man xusto abondo, para que pensase que podía gañar. 68 00:05:14,791 --> 00:05:17,041 E logo baixábasma de golpe. 69 00:05:17,666 --> 00:05:23,625 Entón sabía que nada era máis forte ca meu pai. 70 00:05:25,375 --> 00:05:27,250 Volve ser forte, padre. 71 00:05:28,333 --> 00:05:30,958 Quítao. Suplícocho. 72 00:05:35,000 --> 00:05:39,208 Un anano nunca suplica. 73 00:05:43,458 --> 00:05:44,458 Non! 74 00:05:59,041 --> 00:06:00,875 Ven ver isto, fillo! 75 00:06:02,166 --> 00:06:05,458 Ven ver a verdadeira riqueza da nosa montaña. 76 00:06:16,250 --> 00:06:17,333 Contémplaa. 77 00:06:21,166 --> 00:06:23,166 A dinastía dos Durin. 78 00:06:44,833 --> 00:06:48,583 Pero para veres a nosa montaña como a vexo eu, 79 00:06:49,291 --> 00:06:52,583 tes que poñer un anel, meu fillo. 80 00:06:56,625 --> 00:06:59,041 A montaña non é nosa, padre. 81 00:07:00,791 --> 00:07:02,625 Aprendíchesmo ti. 82 00:07:03,291 --> 00:07:07,708 Con estes aneis, podería selo. 83 00:07:29,416 --> 00:07:30,416 Corre. 84 00:07:31,166 --> 00:07:32,333 Corre, padre! 85 00:08:12,416 --> 00:08:14,000 Durin. 86 00:08:14,000 --> 00:08:15,833 Durin! 87 00:08:15,833 --> 00:08:17,208 Durin. 88 00:08:42,250 --> 00:08:47,375 Nunca che deixaba levantar a man. Eras ti. 89 00:08:48,541 --> 00:08:51,625 Ti só, que ías collendo forza. 90 00:09:01,458 --> 00:09:03,000 Perdóame, meu fillo. 91 00:09:05,083 --> 00:09:06,291 Rei Durin. 92 00:09:19,000 --> 00:09:22,041 Non! 93 00:11:01,083 --> 00:11:07,083 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 94 00:12:18,666 --> 00:12:21,375 Manwë prometeu que virías. 95 00:12:22,250 --> 00:12:26,000 Confeso que me fraqueou a paciencia, 96 00:12:26,000 --> 00:12:30,958 pero non a fe en ti, vello amigo. 97 00:12:31,458 --> 00:12:32,625 Coñécesme? 98 00:12:32,625 --> 00:12:36,125 Se te coñezo? Somos como da familia. 99 00:12:36,125 --> 00:12:39,000 Cinco de nós había. 100 00:12:39,875 --> 00:12:42,333 Pero fuches ti quen me convenceu 101 00:12:42,333 --> 00:12:45,916 de que deixase o Extremo Occidente por este mundo, 102 00:12:45,916 --> 00:12:49,916 porque sabías que ningún dos dous 103 00:12:49,916 --> 00:12:53,666 daría derrotado a Sauron el só. 104 00:12:55,208 --> 00:12:58,125 Pero dixéronme que queres aliarte con Sauron. 105 00:12:59,791 --> 00:13:04,375 Viaxaches a Rhûn buscando respostas, vello amigo. 106 00:13:04,375 --> 00:13:08,291 Sígueme e atoparalas. 107 00:13:09,083 --> 00:13:12,541 O teu pasado, o teu nome. 108 00:13:12,541 --> 00:13:15,333 Mesmo o teu bastón. 109 00:13:17,875 --> 00:13:22,583 Non fixen a viaxe só. Axudáronme dúas medianas. 110 00:13:22,583 --> 00:13:27,416 Si. Elanor Brandipé e Poula Castegrande. 111 00:13:27,416 --> 00:13:29,291 Non te preocupes. 112 00:13:29,291 --> 00:13:33,500 Xa me encarguei diso. As pequenas están a salvo. 113 00:13:33,500 --> 00:13:34,916 Vide! 114 00:13:39,291 --> 00:13:40,333 Poula! Nori! 115 00:13:40,333 --> 00:13:43,750 Ordenei que non lles fixesen mal. 116 00:13:43,750 --> 00:13:48,791 E non se lles fará, se nos dás todo o que se nos prometeu. 117 00:13:50,958 --> 00:13:52,583 Perdóame, vello amigo. 118 00:13:52,583 --> 00:13:56,041 Crin que estes nómades me axudarían a atoparte. 119 00:13:56,041 --> 00:14:02,041 Agora vexo que fun necio ao confiar nesta xente vulgar. 120 00:14:02,041 --> 00:14:06,666 Veño de caste de reis, mago. 121 00:14:13,375 --> 00:14:14,750 {\an8}Ide! 122 00:14:14,750 --> 00:14:15,833 {\an8}Ide xa! 123 00:14:17,291 --> 00:14:18,833 Estivemos buscándote. 124 00:14:19,500 --> 00:14:21,958 Miñas queridas amigas. 125 00:14:23,833 --> 00:14:26,375 É ese o home que tanto buscabas? 126 00:14:29,333 --> 00:14:31,291 Mago Escuro? 127 00:14:32,625 --> 00:14:36,791 Ese évos un nome que non me agrada. 128 00:14:36,791 --> 00:14:39,750 Puxéronmo os homes hai moito tempo, 129 00:14:39,750 --> 00:14:43,750 por ignorancia e medo á nosa caste. 130 00:14:43,750 --> 00:14:48,833 Oxalá os meus actos de hoxe vos leven a pensar mellor de min. 131 00:14:52,166 --> 00:14:54,000 A estes actos te refires? 132 00:14:54,000 --> 00:14:57,166 Tes mágoa de quen che puxo a espada na gorxa? 133 00:14:57,833 --> 00:14:58,833 Teño. 134 00:15:00,416 --> 00:15:03,958 A mágoa non derrotará a Sauron. 135 00:15:06,666 --> 00:15:10,166 E se deses derrotado a Sauron, bastaríache? 136 00:15:11,083 --> 00:15:13,750 Ou quererías ser o seu sucesor? 137 00:15:14,583 --> 00:15:20,125 Camiña comigo e, no seu momento, ambos seremos os sucesores del. 138 00:15:27,791 --> 00:15:30,333 Antes camiñaría por sempre polo deserto, 139 00:15:30,333 --> 00:15:32,250 sen nome e esquecido. 140 00:15:36,416 --> 00:15:38,750 Pois non me deixas outra, amigo. 141 00:15:48,875 --> 00:15:50,333 Saíde todos! 142 00:15:52,916 --> 00:15:55,833 Espero que ao perder a quen máis che importa 143 00:15:55,833 --> 00:16:01,166 comprendas o sufrimento que lle espera á Terra Media 144 00:16:01,166 --> 00:16:03,791 se Sauron resulta vitorioso. 145 00:16:04,500 --> 00:16:05,541 Non! 146 00:16:07,250 --> 00:16:12,541 Cando recuperes o xuízo, estarei esperando. 147 00:16:28,416 --> 00:16:30,250 Nori! Nori. 148 00:17:01,166 --> 00:17:05,000 Esperamos respostas. Que significa isto? 149 00:17:05,125 --> 00:17:07,375 Ordenáronme que vos reunise aquí. 150 00:17:07,375 --> 00:17:09,083 Respostas non podo dar. 151 00:17:20,541 --> 00:17:21,916 Líderes dos Fieis. 152 00:17:26,083 --> 00:17:28,916 Grazas por virdes aquí tan tarde. 153 00:17:28,916 --> 00:17:30,083 Con que fin? 154 00:17:31,041 --> 00:17:34,875 Descubrimos como deu embruxado Míriel o mar. 155 00:17:34,875 --> 00:17:38,541 Parece que ten un aliado moi astuto. 156 00:17:38,541 --> 00:17:42,208 Un que xa lle fixo mal a Númenor unha vez 157 00:17:42,208 --> 00:17:46,125 e que está reunindo forza para nos ferir. 158 00:17:46,708 --> 00:17:48,000 Absurdo. 159 00:17:48,541 --> 00:17:54,291 A Raíña do Mar non ten máis aliados ca os Valar que a amparan. 160 00:18:08,916 --> 00:18:10,333 Sauron? 161 00:18:10,333 --> 00:18:14,500 Tódolos que se denominan Fieis quedan declarados 162 00:18:15,416 --> 00:18:18,208 traidores do Lado Oeste! 163 00:18:23,708 --> 00:18:29,000 Desde hoxe, os numenoreanos leais deben opoñerse a esa ameaza. 164 00:18:36,000 --> 00:18:37,083 Andando! 165 00:18:38,833 --> 00:18:39,833 Traidora! 166 00:18:40,791 --> 00:18:41,791 Levádeos. 167 00:18:43,375 --> 00:18:45,583 Pharazôn, non tes dereito! 168 00:18:48,416 --> 00:18:49,416 Veña, traidor! 169 00:19:24,916 --> 00:19:25,916 Padre! 170 00:19:26,833 --> 00:19:28,000 Padre, por favor. 171 00:19:30,208 --> 00:19:32,000 Non hai tempo para dar razóns. 172 00:19:33,875 --> 00:19:35,125 Veñen por ti. 173 00:19:39,625 --> 00:19:41,750 Mirade aí dentro. Sacádeos a todos! 174 00:19:47,375 --> 00:19:49,333 Hai algún fiel aí dentro? 175 00:19:49,333 --> 00:19:50,666 Non. Marchade. 176 00:19:53,208 --> 00:19:55,541 Informo a Ar-Pharazôn da túa insolencia? 177 00:19:55,541 --> 00:19:58,333 Non te resistas. E non te me repoñas. Móvete! 178 00:20:01,416 --> 00:20:03,041 Marcha. 179 00:20:06,666 --> 00:20:10,875 Veña. Eses todos. E alí arriba tamén. Todo. 180 00:20:19,500 --> 00:20:22,958 Debemos marchar ao Oeste. Alí hai Fieis. 181 00:20:22,958 --> 00:20:24,708 Meu fillo Anárion entre eles. 182 00:20:24,708 --> 00:20:27,333 Sei dun barqueiro que nos sacará da cidade. 183 00:20:29,166 --> 00:20:30,833 Debes viaxar só de noite. 184 00:20:30,833 --> 00:20:33,583 As estrelas protexerán os teus pasos. 185 00:20:36,625 --> 00:20:37,833 E os teus. 186 00:20:40,541 --> 00:20:42,666 Non cómpre ver para guiarse na noite. 187 00:20:48,916 --> 00:20:51,208 Que covardía me viches para crer 188 00:20:51,208 --> 00:20:53,958 que pensaría salvar a miña vida 189 00:20:53,958 --> 00:20:55,583 á custa da túa? 190 00:20:56,166 --> 00:20:59,666 O meu lugar está aquí. Ben o sabes. 191 00:21:00,708 --> 00:21:05,125 E onde está o meu, se non é contigo? 192 00:21:07,416 --> 00:21:09,666 Chámase Narsil. 193 00:21:27,333 --> 00:21:28,583 A chama branca. 194 00:21:33,708 --> 00:21:35,708 Reclama o teu señorío. 195 00:21:35,708 --> 00:21:39,416 E con esta espada, o teu destino. 196 00:22:53,958 --> 00:22:54,958 Veña! 197 00:22:59,166 --> 00:23:00,875 Non tes escapatoria, elfa. 198 00:23:01,750 --> 00:23:03,416 Corre, pero non darás... 199 00:23:04,458 --> 00:23:05,750 Por aquí! 200 00:23:05,750 --> 00:23:06,833 Mamá! 201 00:23:37,875 --> 00:23:39,666 O teu Señor-Padre quéreme a min. 202 00:23:40,625 --> 00:23:43,666 Déixaos marchar e entregareime. 203 00:23:44,291 --> 00:23:46,458 Dáme unha razón, elfa. 204 00:23:49,166 --> 00:23:50,708 Dareiche nove. 205 00:24:33,833 --> 00:24:36,166 Mira o que te fixeches. 206 00:24:48,833 --> 00:24:50,500 Chegarán en pouco tempo. 207 00:24:51,375 --> 00:24:53,875 Viches os orcos no fragor do combate? 208 00:24:54,416 --> 00:24:56,041 O frenesí apodérase deles. 209 00:24:57,250 --> 00:24:58,666 A sede de sangue. 210 00:24:59,625 --> 00:25:05,125 Cando Gondolin caeu, din que seguiron e seguiron, 211 00:25:08,166 --> 00:25:09,583 durante semanas. 212 00:25:10,166 --> 00:25:14,583 Dime onde escondiches os aneis e acabarei co teu sufrimento. 213 00:25:17,000 --> 00:25:19,291 Debe ser case mediodía. 214 00:25:20,916 --> 00:25:25,541 Antes oíanse os picapeixes, voando cara ao río. 215 00:25:28,083 --> 00:25:32,625 É unha mágoa que os silenciases. 216 00:25:34,083 --> 00:25:36,125 Todo o que fixen foi por ti. 217 00:25:36,125 --> 00:25:40,125 Teu foi o lume que creou as marabillas desta idade. 218 00:25:40,125 --> 00:25:43,416 Eu só desexo compartilas co mundo. 219 00:25:46,416 --> 00:25:47,625 Por favor, 220 00:25:49,750 --> 00:25:50,833 déixame. 221 00:25:52,791 --> 00:25:54,791 Os aneis están fóra do teu alcance. 222 00:25:55,583 --> 00:25:57,958 Como estarei eu axiña. 223 00:25:58,958 --> 00:26:02,083 Pois pronto viaxarei ata as costas do amencer, 224 00:26:04,458 --> 00:26:09,208 impulsado por un vento que ti nunca poderás seguir! 225 00:26:30,291 --> 00:26:32,291 Hai formas de manterte con vida. 226 00:26:33,875 --> 00:26:35,083 {\an8}Amigo. 227 00:26:37,250 --> 00:26:40,416 Terei que mostrarche a miña mestría nesa arte tamén? 228 00:26:41,458 --> 00:26:42,666 Arte. 229 00:26:45,125 --> 00:26:47,291 A túa única arte é a traizón. 230 00:26:47,291 --> 00:26:52,166 Tan absoluta, que traizoará mesmo a man que a forxa. 231 00:26:52,833 --> 00:26:55,708 As túas palabras están baleiras. 232 00:26:55,708 --> 00:26:57,041 Non. 233 00:26:58,208 --> 00:27:01,125 Non, escóitame. Escóitame! 234 00:27:03,500 --> 00:27:05,541 Sombra de Morgoth, 235 00:27:07,083 --> 00:27:10,125 escoita as derradeiras palabras de Celebrimbor. 236 00:27:11,833 --> 00:27:16,166 Os Aneis de Poder destruirante. 237 00:27:17,250 --> 00:27:21,291 E ao final, prevexo 238 00:27:21,291 --> 00:27:26,041 que un deles será a túa total ruína! 239 00:27:33,625 --> 00:27:36,333 Engánaste. Son o seu creador. 240 00:27:38,375 --> 00:27:39,791 Son o seu amo. 241 00:27:41,416 --> 00:27:42,416 Non. 242 00:27:44,750 --> 00:27:48,583 Es o seu prisioneiro. 243 00:27:49,750 --> 00:27:53,500 Sauron, Señor... 244 00:27:56,666 --> 00:27:58,333 dos Aneis. 245 00:28:35,875 --> 00:28:39,000 Es el? Es Sauron? 246 00:28:41,791 --> 00:28:43,583 Teño moitos nomes. 247 00:28:55,250 --> 00:28:59,333 Cal é o teu, uruk? 248 00:29:31,625 --> 00:29:34,958 Dá mala sorte levar unha daga na bolsa. 249 00:29:36,708 --> 00:29:38,500 Pode cortarche a viaxe. 250 00:29:40,416 --> 00:29:42,208 Esta xa ma cravaron unha vez. 251 00:29:44,375 --> 00:29:46,041 O mal xa está feito. 252 00:29:54,791 --> 00:29:56,041 Como dás vivido así? 253 00:29:57,333 --> 00:29:58,958 Coseume un bo menciñeiro. 254 00:30:03,458 --> 00:30:05,666 Falaba do de túa nai. 255 00:30:08,625 --> 00:30:09,875 Oín o que dixeches. 256 00:30:10,708 --> 00:30:12,583 Que foi culpa túa e iso. 257 00:30:14,125 --> 00:30:15,958 Quería saber como o aturas. 258 00:30:19,791 --> 00:30:20,875 Mal. 259 00:30:23,291 --> 00:30:24,916 Atúroo mal. 260 00:30:24,916 --> 00:30:27,083 Non o vin ata que cheguei aquí. 261 00:30:27,083 --> 00:30:28,416 Por que? 262 00:30:29,333 --> 00:30:31,750 Hai cousas máis importantes do que supuña. 263 00:30:33,250 --> 00:30:35,583 E vin o pouca cousa que son. 264 00:30:37,125 --> 00:30:38,125 Axudádeme aquí! 265 00:30:42,625 --> 00:30:44,875 Será ben axudarlles a descargar. 266 00:30:44,875 --> 00:30:46,500 Non queres vir comigo? 267 00:30:48,666 --> 00:30:50,666 Gústame ser un home corrente. 268 00:30:53,083 --> 00:30:54,375 Tamén me gustou. 269 00:31:33,833 --> 00:31:35,375 Cambiaches de idea? 270 00:31:39,708 --> 00:31:41,458 Polos que Theo me deu. 271 00:31:43,041 --> 00:31:45,833 Podes deixalo aí. 272 00:31:58,625 --> 00:32:00,166 Andades facendo unha casa. 273 00:32:02,791 --> 00:32:05,833 Hagen empezou cos cimentos hai uns días. 274 00:32:07,666 --> 00:32:09,583 Cando puxo a pedra angular, 275 00:32:11,541 --> 00:32:16,166 pediulles aos deuses que o noso amor perdurase tanto coma a casa. 276 00:32:17,833 --> 00:32:19,250 Alégrome por ti. 277 00:32:21,708 --> 00:32:24,791 Sempre pensei que a súa xentileza era amor. 278 00:32:28,125 --> 00:32:29,916 Pero ao oír iso, púxenme mal. 279 00:32:31,750 --> 00:32:33,000 Sentín como... 280 00:32:39,166 --> 00:32:40,541 Por que me contas iso? 281 00:32:44,750 --> 00:32:45,833 Por... 282 00:33:07,041 --> 00:33:08,458 Ven comigo. 283 00:33:10,833 --> 00:33:12,250 Ven comigo a Númenor. 284 00:33:20,541 --> 00:33:23,458 Homes de Pelargir, saúdos. 285 00:33:23,458 --> 00:33:25,916 Son Theo, fillo de Bronwyn. 286 00:33:25,916 --> 00:33:27,666 Traede o equipo de topografía. 287 00:33:27,666 --> 00:33:29,041 Igual non o oíches. 288 00:33:29,875 --> 00:33:33,166 Este é Theo. A súa nai era Bronwyn. 289 00:33:33,166 --> 00:33:35,583 Ben por el. E ti quen es? 290 00:33:36,208 --> 00:33:37,958 É o líder de media colonia. 291 00:33:37,958 --> 00:33:40,583 Axúdame a manter o acordo coa túa raíña. 292 00:33:40,583 --> 00:33:42,125 O acordo cambiou. 293 00:33:42,958 --> 00:33:45,083 Faremos a torre que vexa o río. 294 00:33:45,083 --> 00:33:46,916 Tirade casas se fai falla. 295 00:33:47,833 --> 00:33:49,791 É unha vergonza como está isto. 296 00:33:50,500 --> 00:33:51,750 Ese é Kemen? 297 00:33:55,416 --> 00:33:56,625 Isildur? 298 00:33:59,500 --> 00:34:02,791 A túa irmá alegrarase ao saber que te atopamos. 299 00:34:06,708 --> 00:34:11,250 Non perdín a esperanza, inda que dicían que non había superviventes. 300 00:34:11,916 --> 00:34:14,583 E non habería, de non ser por Berek. 301 00:34:19,166 --> 00:34:20,583 Quedará sitio no barco. 302 00:34:20,583 --> 00:34:22,000 Moito. 303 00:34:22,000 --> 00:34:23,750 Pois unha máis caberá. 304 00:34:38,458 --> 00:34:40,208 Non hai pasaxe para eses. 305 00:34:42,458 --> 00:34:45,875 Sobrevivín a unha erupción. A miña irmá é do Gremio. 306 00:34:45,875 --> 00:34:48,500 O meu pai, capitán de navío da raíña Míriel. 307 00:34:50,333 --> 00:34:51,791 Fai unha excepción. 308 00:34:51,791 --> 00:34:53,500 Síntoo, engánaste. 309 00:34:53,500 --> 00:34:55,291 O meu pai agora é o rei. 310 00:34:55,291 --> 00:34:58,916 E ao teu... búscano por traizón. 311 00:35:01,041 --> 00:35:02,416 E puido ser peor. 312 00:35:02,416 --> 00:35:04,958 Por min ese vello tolo estaría morto. 313 00:35:06,875 --> 00:35:08,625 Salveiche a vida, canalla... 314 00:35:08,625 --> 00:35:10,708 Dígolles que maten o cabalo? 315 00:35:11,666 --> 00:35:13,500 Esa xente ten cara de fame. 316 00:35:21,625 --> 00:35:25,750 Volve faltarme ao respecto, e si que morrerás na Terra Media. 317 00:35:28,666 --> 00:35:29,916 Escoitade! 318 00:35:31,000 --> 00:35:36,083 Pelargir pasa de colonia de Númenor a fortaleza para os seus soldados. 319 00:35:36,083 --> 00:35:37,750 E eu son o comandante. 320 00:35:37,750 --> 00:35:40,000 Os que queirades quedar aquí 321 00:35:40,000 --> 00:35:43,583 entregaredes unha cota de madeira dos bosques do arredor 322 00:35:43,583 --> 00:35:46,291 para construír a armada da Súa Maxestade. 323 00:35:46,291 --> 00:35:49,458 E os abastos prometidos? A comida para o inverno? 324 00:35:49,458 --> 00:35:51,708 Sen madeira, non hai abastos. 325 00:35:51,708 --> 00:35:56,375 Pero non teredes problema. Ao fin e ao cabo, só son árbores. 326 00:36:27,750 --> 00:36:29,791 A elfa entregouse. 327 00:36:31,291 --> 00:36:32,625 Déixanos. 328 00:36:34,583 --> 00:36:35,666 Déixanos! 329 00:36:41,416 --> 00:36:43,250 Acepto os teus termos, uruk. 330 00:36:45,125 --> 00:36:46,791 Teño o que busca Sauron. 331 00:36:47,750 --> 00:36:51,500 Pon fin a esta matanza e farei o que me pediches. 332 00:36:52,125 --> 00:36:54,208 Axudareiche a destruílo. 333 00:36:54,833 --> 00:36:58,875 Como esperas destruír a Sauron sen o teu anel? 334 00:37:04,541 --> 00:37:09,125 Parece que mesmo as feridas que duraron unha idade, 335 00:37:09,791 --> 00:37:11,875 ás veces poden curarse. 336 00:37:17,125 --> 00:37:18,375 Adar. 337 00:37:18,375 --> 00:37:22,916 Cando tiña esta aparencia, coñecíanme por outro nome. 338 00:37:23,875 --> 00:37:25,166 E cal era? 339 00:37:26,666 --> 00:37:30,291 Un sen sentido. Un nome que me puxeran. 340 00:37:34,625 --> 00:37:37,125 Adar é o nome que gañei. 341 00:37:45,916 --> 00:37:47,583 Axúdame a recuperalo. 342 00:37:57,875 --> 00:37:58,875 Cólleo. 343 00:38:00,208 --> 00:38:02,333 Axúdame a vencer a Sauron con el. 344 00:38:03,708 --> 00:38:09,333 E xúroche que retirarei os meus fillos a Mordor. 345 00:38:09,958 --> 00:38:12,833 Nunca máis farei a guerra na Terra Media. 346 00:38:14,125 --> 00:38:19,166 Matei máis dos teus fillos ca ningún elfo vivo. 347 00:38:20,041 --> 00:38:22,041 {\an8}Perdóocho. 348 00:38:23,791 --> 00:38:26,958 Non máis chamas e non máis escuridade. 349 00:38:27,708 --> 00:38:30,750 Que este anel peche a fenda entre elfos e uruks. 350 00:38:34,291 --> 00:38:37,541 Crearemos unha paz duradeira na Terra Media. 351 00:38:37,541 --> 00:38:39,041 Agora e para sempre. 352 00:39:09,875 --> 00:39:10,833 Que ocorre? 353 00:39:10,833 --> 00:39:13,500 Atopamos a Sauron, Señor-Padre. 354 00:39:13,500 --> 00:39:17,375 Intentou que Glüg te traizoase, pero resistiu. 355 00:39:17,375 --> 00:39:19,291 E Sauron fixo isto. 356 00:39:20,208 --> 00:39:22,750 Os outros están perseguíndoo agora. 357 00:39:22,750 --> 00:39:24,333 Perdóame, fillo. 358 00:39:26,500 --> 00:39:27,833 Xa é tarde. 359 00:39:28,375 --> 00:39:29,958 Nunca é tarde. 360 00:39:31,208 --> 00:39:33,083 Non o é para min. 361 00:39:33,083 --> 00:39:35,208 E tampouco para ti, fillo. 362 00:39:39,500 --> 00:39:40,916 É demasiado tarde. 363 00:40:16,541 --> 00:40:17,708 Galadriel. 364 00:40:55,291 --> 00:40:58,041 {\an8}Meus... pequenos... 365 00:40:58,041 --> 00:41:00,125 Xa non son uns meniños. 366 00:41:24,083 --> 00:41:27,916 Que ordenas, Señor Sauron? 367 00:41:29,291 --> 00:41:30,750 Arrasade Eregion. 368 00:41:32,333 --> 00:41:34,000 Non deixedes elfo vivo. 369 00:41:35,416 --> 00:41:37,000 Pero traédeme os líderes. 370 00:41:38,541 --> 00:41:40,333 {\an8}Salve, Sauron! 371 00:41:40,333 --> 00:41:43,541 {\an8}Salve, novo Señor Escuro! 372 00:41:43,541 --> 00:41:45,000 {\an8}Salve, Señor Sauron! 373 00:41:48,083 --> 00:41:50,916 {\an8}Salve, Señor Sauron! 374 00:41:53,833 --> 00:41:55,125 Todo isto... 375 00:41:57,000 --> 00:41:59,000 planeáchelo desde o principio. 376 00:41:59,666 --> 00:42:04,166 Por favor, esaxeras o meu mérito. 377 00:42:06,291 --> 00:42:10,000 O camiño vai serpeando. 378 00:42:10,500 --> 00:42:13,458 Nin sequera eu vexo cada sendeiro. 379 00:42:27,291 --> 00:42:30,458 É aínda máis bonito do que me fixo crer Celebrimbor. 380 00:42:38,541 --> 00:42:39,541 Entrégamo. 381 00:42:43,833 --> 00:42:46,750 Dáme o teu anel e os Nove. 382 00:42:47,750 --> 00:42:49,666 Non é o meu desexo mancarte. 383 00:42:49,666 --> 00:42:51,458 Desexas curarme? 384 00:42:52,375 --> 00:42:56,500 Desexo curar... a toda a Terra Media. 385 00:42:56,500 --> 00:42:58,416 Como fixeches con Eregion? 386 00:43:28,333 --> 00:43:29,625 Derrubádea. 387 00:43:33,458 --> 00:43:34,958 E tirade! 388 00:43:50,875 --> 00:43:51,916 - Non, uruk! - Non! 389 00:43:51,916 --> 00:43:54,625 Ese é o arquivo das obras de Celebrimbor. 390 00:43:54,625 --> 00:43:57,000 A sabedoría dos que habitaron aquí. 391 00:43:58,166 --> 00:44:01,458 Vale máis cás xoias e có sangue. 392 00:44:01,958 --> 00:44:04,875 Quítanos a vida, pero deixa iso, prégocho. 393 00:44:09,208 --> 00:44:10,875 Traidores covardes! 394 00:44:29,000 --> 00:44:30,291 Quietos! 395 00:44:30,291 --> 00:44:33,291 O Señor Sauron quere os seus líderes vivos. 396 00:45:16,333 --> 00:45:17,375 Galadriel, 397 00:45:18,916 --> 00:45:22,708 seguro que ti, de entre tódolos elfos, sabes ben 398 00:45:22,708 --> 00:45:27,375 que para atopar a luz, antes debemos tocar a escuridade. 399 00:45:30,291 --> 00:45:32,875 Non somos iguais. Nunca o fomos. 400 00:45:32,875 --> 00:45:34,958 Só foi outra das túas ilusións. 401 00:45:36,375 --> 00:45:37,666 Non de todo. 402 00:46:06,250 --> 00:46:07,583 Ao loitar canda ti, 403 00:46:08,708 --> 00:46:11,333 sentín que podía aferrarme a esa sensación. 404 00:46:26,541 --> 00:46:30,291 Xa non me distinguían do mal contra o que loitaba. 405 00:46:47,041 --> 00:46:49,125 Non son as sementes que plantaches? 406 00:47:16,708 --> 00:47:17,916 Véxote. 407 00:47:28,416 --> 00:47:29,833 Coñezo a túa mente. 408 00:47:37,583 --> 00:47:39,041 A porta segue aberta. 409 00:47:42,458 --> 00:47:44,000 Está pechada. 410 00:48:34,708 --> 00:48:37,083 Eu habíache poñer unha coroa na cabeza. 411 00:48:38,666 --> 00:48:40,875 E non había descansar 412 00:48:40,875 --> 00:48:44,166 ata que toda a Terra Media se axeonllase 413 00:48:46,375 --> 00:48:48,833 para venerar a luz da súa raíña. 414 00:48:54,083 --> 00:48:57,708 Os pobos libres da Terra Media 415 00:48:59,166 --> 00:49:03,166 sempre se resistirán a ti. 416 00:49:35,250 --> 00:49:36,666 Os aneis son meus. 417 00:49:51,708 --> 00:49:52,958 Ananos. 418 00:50:10,125 --> 00:50:11,291 Veña, ho! Sóltame. 419 00:50:11,291 --> 00:50:12,500 Durin! 420 00:50:15,000 --> 00:50:16,000 Non! 421 00:50:16,833 --> 00:50:19,125 O príncipe está de loito. 422 00:50:21,250 --> 00:50:22,458 Adiante! 423 00:50:25,500 --> 00:50:27,041 Dáme o teu anel. 424 00:50:43,708 --> 00:50:48,000 Galadriel, o anel. 425 00:51:09,750 --> 00:51:13,250 Desexas curar a Terra Media? 426 00:51:18,083 --> 00:51:19,458 Cúrate ti. 427 00:51:50,208 --> 00:51:52,416 Supérannos, Señor Sauron. 428 00:51:52,416 --> 00:51:55,125 Os ananos cobren a retirada dos elfos. 429 00:51:55,125 --> 00:51:57,458 Se seguimos, moitos uruks... 430 00:52:40,750 --> 00:52:44,166 Non ten só feridas no corpo. 431 00:52:45,208 --> 00:52:49,791 A súa alma inmortal vese arrastrada cara ao reino das sombras. 432 00:52:51,958 --> 00:52:57,958 {\an8}Galadriel, pola luz do rei dos Eldar, 433 00:52:58,666 --> 00:53:02,375 {\an8}ordénolle a toda escuridade que se afaste de ti. 434 00:53:14,791 --> 00:53:16,916 {\an8}Pola luz do rei dos Eldar, 435 00:53:16,916 --> 00:53:20,291 {\an8}ordénolle a toda escuridade que se afaste de ti. 436 00:53:23,375 --> 00:53:24,791 Estamos perdéndoa. 437 00:53:25,458 --> 00:53:28,625 A escuridade é demasiado poderosa. Non podo salvala. 438 00:53:35,625 --> 00:53:36,750 Eu podo. 439 00:53:43,375 --> 00:53:44,541 Xuntos. 440 00:54:44,083 --> 00:54:45,416 Haberá que amañalo. 441 00:54:50,125 --> 00:54:51,458 Cando a miña familia... 442 00:54:57,041 --> 00:54:58,791 O señor Tobeira falou comigo. 443 00:55:00,916 --> 00:55:03,000 Dixo que non todo ten amaño. 444 00:55:05,416 --> 00:55:10,833 Hai cousas que se perden para sempre. 445 00:55:25,375 --> 00:55:28,208 Por moito que loitemos. 446 00:55:41,500 --> 00:55:43,333 Por moito que doia... 447 00:55:50,041 --> 00:55:52,666 Ou por moito que desexemos 448 00:56:00,708 --> 00:56:02,708 que todo volva ser coma antes. 449 00:56:09,250 --> 00:56:12,250 Porque este mundo vai moito máis alá de nós. 450 00:56:26,208 --> 00:56:29,833 E, ás veces, sopran contra nós ventos demasiado fortes. 451 00:56:36,833 --> 00:56:38,916 Esas veces, o señor Tobeira dicía 452 00:56:42,375 --> 00:56:43,958 que había que aceptalo. 453 00:56:47,875 --> 00:56:50,625 Que o que rompeu non se amañará. 454 00:56:55,500 --> 00:57:00,916 E que o único que podemos facer é intentar crear algo novo. 455 00:57:18,750 --> 00:57:20,875 Non me fagas estrañarte. 456 00:57:25,458 --> 00:57:27,125 Moi agradecido, Grande Elfo. 457 00:57:31,791 --> 00:57:33,875 Como non colles máis? 458 00:57:39,458 --> 00:57:40,791 Adeus, Grande Elfo. 459 00:57:47,458 --> 00:57:48,458 Grandelfo? 460 00:57:50,375 --> 00:57:52,083 Estes nunca viron un elfo. 461 00:57:52,916 --> 00:57:54,416 Nin saíron de aquí. 462 00:57:56,083 --> 00:57:57,750 Ía axudarlles coas cousas, 463 00:57:58,750 --> 00:58:00,833 pero é a súa primeira migración 464 00:58:00,833 --> 00:58:03,291 e non saben que levar. 465 00:58:05,833 --> 00:58:07,416 Nin que deixar. 466 00:58:14,208 --> 00:58:15,791 Se por min fose... 467 00:58:20,041 --> 00:58:22,000 Correriamos os ermos do mundo, 468 00:58:24,333 --> 00:58:27,791 comendo caracois e escaravellos ata quedar o sol sen días, 469 00:58:27,791 --> 00:58:33,000 pero é hora de que siga o meu camiño e ti o teu. 470 00:58:37,291 --> 00:58:39,916 Somos criaturas ben diferentes, Nori, 471 00:58:41,416 --> 00:58:42,958 á fin e ao cabo. 472 00:58:45,375 --> 00:58:47,375 Non tan diferentes, diría eu. 473 01:00:35,208 --> 01:00:37,625 Foi todo unha proba, non si? 474 01:00:38,750 --> 01:00:40,333 Outra das túas adiviñas. 475 01:00:41,625 --> 01:00:44,750 Debía escoller a amizade antes có poder. 476 01:00:46,208 --> 01:00:47,750 Debía axudalas. 477 01:00:48,958 --> 01:00:51,958 Debía atopar isto. 478 01:00:57,166 --> 01:00:59,291 Un mago non encontra o bastón. 479 01:01:01,041 --> 01:01:02,791 O bastón encóntrao a el. 480 01:01:07,541 --> 01:01:08,875 Igual có nome. 481 01:01:22,541 --> 01:01:23,958 Gandalf. 482 01:01:28,083 --> 01:01:30,416 É como me van chamar, non si? 483 01:01:32,333 --> 01:01:34,541 Agora, que comece o canto. 484 01:01:37,958 --> 01:01:39,583 Cantaremos xuntos. 485 01:01:41,041 --> 01:01:44,083 Ai, dol! Meu dol! Toca un dol dileiro! 486 01:01:44,666 --> 01:01:50,041 Toca un don! Dá un chimpo! Dálle ao salgueiro! 487 01:01:50,041 --> 01:01:54,166 Que comece o canto! Cantemos todos xuntos, 488 01:01:54,833 --> 01:02:00,416 do sol, das estrelas, da lúa e da brétema, da chuvia e do tempo nuboso, 489 01:02:00,416 --> 01:02:05,500 da luz no xermolo, do orballo na pluma, 490 01:02:05,500 --> 01:02:10,541 do vento no outeiro, das campás no breixo. 491 01:02:11,333 --> 01:02:16,375 O vello Tom Bombadil é un tipo alegre 492 01:02:16,375 --> 01:02:21,250 de chaqueta azul brillante e botas amarelas. 493 01:02:21,958 --> 01:02:27,041 Dos xuncos na lagoa sombría e dos nenúfares na auga: 494 01:02:27,666 --> 01:02:32,875 o vello Tom Bombadil e a Filla do Río! 495 01:03:04,625 --> 01:03:06,041 Eregion caeu. 496 01:03:07,250 --> 01:03:10,916 Os superviventes fuxiron cara a un val ao norte de aquí. 497 01:03:12,541 --> 01:03:13,958 E Elrond? 498 01:03:13,958 --> 01:03:15,208 Guiábaos. 499 01:03:18,291 --> 01:03:19,708 Envíalle unha carta. 500 01:03:20,750 --> 01:03:25,083 Dille que Khazad-dûm está disposto a axudar unha vez máis. 501 01:03:25,833 --> 01:03:28,416 Nós tamén temos problemas, meu amor. 502 01:03:31,083 --> 01:03:34,958 O pasamento de teu pai deixounos metidos nun bo sarillo. 503 01:03:36,416 --> 01:03:40,250 Os señores das Montañas Azuis pagáronlle enormes tributos 504 01:03:41,500 --> 01:03:43,291 e esixen os réditos. 505 01:03:43,291 --> 01:03:44,958 Inda hai máis. 506 01:03:44,958 --> 01:03:49,250 Rumores de que teu pai non te quería de herdeiro. 507 01:03:49,916 --> 01:03:53,500 De que outros señores ananos tamén queren postularse. 508 01:03:54,875 --> 01:03:58,916 E o teu irmán parece que está conseguindo apoios. 509 01:04:22,291 --> 01:04:23,500 Mágoa. 510 01:04:24,166 --> 01:04:27,125 Non sabía que podías ser compaña tan agradable. 511 01:04:27,125 --> 01:04:30,291 Penso que xa me estaba afacendo. 512 01:04:36,833 --> 01:04:38,000 Descansa. 513 01:04:38,750 --> 01:04:40,541 Aquí estamos a salvo. 514 01:04:46,958 --> 01:04:50,583 - Que lugar é este? - Un refuxio. 515 01:04:51,333 --> 01:04:56,291 Protexido... polos aneis dos elfos. 516 01:05:21,875 --> 01:05:22,958 Comandante. 517 01:05:23,708 --> 01:05:24,791 Arondir. 518 01:05:29,416 --> 01:05:32,708 Reunín os demais, Alto Rei. Esperan a vosa decisión. 519 01:05:37,125 --> 01:05:40,583 Os exércitos de Sauron andan por Eriador. 520 01:05:41,791 --> 01:05:45,166 Toda a Terra Media está ao alcance del, mesmo Lindon. 521 01:05:46,250 --> 01:05:50,791 Debemos decidir se atacar e levar a guerra onda el 522 01:05:51,666 --> 01:05:54,583 ou retroceder para preparar as defensas. 523 01:05:57,250 --> 01:05:58,750 A espada ou o escudo. 524 01:06:01,125 --> 01:06:03,541 Moitos valentes de Eregion caeron. 525 01:06:03,541 --> 01:06:06,916 Os que sobreviviron están desfeitos en corpo ou alma. 526 01:06:06,916 --> 01:06:09,708 Quédanlles poucas forzas para loitar. 527 01:06:10,250 --> 01:06:12,125 Malamente deron fuxido. 528 01:06:14,583 --> 01:06:17,208 Que recomendarías, comandante Galadriel? 529 01:06:29,833 --> 01:06:31,750 Eu lembraría o consello 530 01:06:33,041 --> 01:06:37,125 do noso querido amigo Celebrimbor, 531 01:06:38,833 --> 01:06:41,083 o máis grande dos ferreiros elfos. 532 01:06:45,583 --> 01:06:47,333 E recordaríalles aos nosos... 533 01:06:49,000 --> 01:06:53,375 que non é a forza a que vence a escuridade, 534 01:06:53,375 --> 01:06:54,750 senón a luz. 535 01:07:07,666 --> 01:07:10,083 E o sol aínda brilla. 536 01:10:32,333 --> 01:10:34,333 Subtítulos: Magdalena Sánchez 537 01:10:34,333 --> 01:10:36,416 Supervisora creativa: Luisa Lage Garea