1 00:00:00,916 --> 00:00:01,750 ANTERIORMENTE 2 00:00:01,833 --> 00:00:04,458 - Cantos achegarás ao meu estandarte? - Cen mil. 3 00:00:04,541 --> 00:00:08,500 A unión de Rhûn e Mordor está completa. 4 00:00:08,583 --> 00:00:12,208 Os seguidores do Mago Escuro están unidos a el por un feitizo poderoso. 5 00:00:12,291 --> 00:00:15,000 Se o vencemos, venceremos o feitizo. 6 00:00:15,083 --> 00:00:18,000 Non fuches enviado á Terra Media para derrotalo. 7 00:00:18,083 --> 00:00:21,291 Enviáronte para salvalo. 8 00:00:21,375 --> 00:00:22,666 Houbo cinco. 9 00:00:22,750 --> 00:00:24,791 Eu son un, ti es outro. 10 00:00:24,875 --> 00:00:26,375 Pallando o Azul. 11 00:00:27,458 --> 00:00:28,541 Abonda! 12 00:00:28,625 --> 00:00:30,291 Sauron quéreo vivo. 13 00:00:30,375 --> 00:00:33,125 Os homes de Númenor axudaron a salvar a Terra Media. 14 00:00:33,208 --> 00:00:34,625 Se cadra volverano facer. 15 00:00:34,708 --> 00:00:36,375 Só precisan que lles mostren como. 16 00:00:36,458 --> 00:00:37,875 Non botamos cinco anos 17 00:00:37,958 --> 00:00:40,458 a xuntar a armada máis poderosa desta idade 18 00:00:40,541 --> 00:00:42,041 para deixala amarrada. 19 00:00:42,125 --> 00:00:44,125 Deixareite ir á Terra Media 20 00:00:44,208 --> 00:00:46,208 coas túas lexións e as miñas. 21 00:00:46,291 --> 00:00:49,250 Unha forza que podería acabar ata co Señor dos Aneis. 22 00:00:49,333 --> 00:00:52,875 Ofrecerache un lugar ao seu carón. 23 00:00:52,958 --> 00:00:55,583 Rexéitao e a Terra Media arderá. 24 00:00:55,666 --> 00:00:58,583 A morte podería ser o prezo para salvala. 25 00:00:58,666 --> 00:01:01,708 Non puiden distinguir a miña esposa do Señor Escuro. 26 00:01:01,791 --> 00:01:04,958 Non lle deixes envelenar o amor que nos queda. 27 00:01:05,041 --> 00:01:07,791 Temo que ese amor só sexa unha sombra. 28 00:01:07,875 --> 00:01:10,541 O Señor Escuro está a punto de crear un novo poder. 29 00:01:10,625 --> 00:01:13,541 E fará que todos os aneis se subordinen ao del. 30 00:01:38,833 --> 00:01:45,791 UMBAR FORTALEZA NUMENOREANA 31 00:01:57,041 --> 00:01:59,375 Maxestade, viraron as tornas. 32 00:01:59,458 --> 00:02:01,000 Cando Sauron puxo ese anel, 33 00:02:01,083 --> 00:02:03,458 a nosa vantaxe pasou ao lado del. 34 00:02:03,541 --> 00:02:06,458 Debemos reunirnos coas nosas forzas de Lindon e Valfendido. 35 00:02:06,541 --> 00:02:10,375 Non vin á Terra Media para armar as defensas dos elfos. 36 00:02:13,000 --> 00:02:14,458 Vin para matar un deus. 37 00:02:16,458 --> 00:02:17,708 Abrídelle paso ao rei! 38 00:03:13,750 --> 00:03:19,208 Desde o seu primeiro amencer, a Terra Media foi unha creación falida, 39 00:03:19,291 --> 00:03:21,625 danada polo caos e o sufrimento, 40 00:03:23,416 --> 00:03:25,750 a traizón e os baños de sangue. 41 00:03:25,833 --> 00:03:30,250 Mesmo hoxe, os homes do oeste chegan a moreas ás nosas costas, 42 00:03:31,958 --> 00:03:33,458 decididos a masacrar, 43 00:03:35,916 --> 00:03:39,250 a saquear aquilo que vos pertence. 44 00:03:43,500 --> 00:03:44,708 Pero…. 45 00:03:48,000 --> 00:03:52,458 co poder deste Anel Único, 46 00:03:55,750 --> 00:03:59,833 faremos o que ninguén antes ca nós deu feito. 47 00:04:01,125 --> 00:04:02,375 Nin os elfos 48 00:04:04,000 --> 00:04:05,291 nin os Valar 49 00:04:07,875 --> 00:04:09,208 nin sequera o Único. 50 00:04:10,541 --> 00:04:12,958 Porque hoxe marcharemos xuntos 51 00:04:13,041 --> 00:04:17,166 para poñer orde neste mundo roto. 52 00:04:17,250 --> 00:04:18,791 Á vitoria! 53 00:05:05,875 --> 00:05:07,458 Disque traes un agasallo. 54 00:05:31,500 --> 00:05:35,125 Benvido, Gandalf. 55 00:06:47,833 --> 00:06:51,541 BASEADO N'O SEÑOR DOS ANEIS E APÉNDICES DE J.R.R. TOLKIEN 56 00:06:55,250 --> 00:07:02,250 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 57 00:07:43,916 --> 00:07:45,250 A súa perda dóeche. 58 00:07:50,625 --> 00:07:52,833 Vivín case toda a vida sen el. 59 00:07:55,083 --> 00:07:57,708 Se o meu destino é volver estar sempre sen el… 60 00:08:02,916 --> 00:08:04,708 aprenderei a facelo co tempo. 61 00:08:16,416 --> 00:08:20,000 Chegan xinetes! 62 00:08:37,208 --> 00:08:38,166 Galadriel. 63 00:08:38,250 --> 00:08:40,541 Que capricho da providencia te trouxo aquí? 64 00:08:41,833 --> 00:08:43,250 Sucederon moitas cousas. 65 00:08:43,333 --> 00:08:45,333 Debemos falar con Ar-Pharazôn axiña. 66 00:08:45,416 --> 00:08:46,958 Que pasou? 67 00:08:47,708 --> 00:08:48,875 Fracasamos. 68 00:08:50,458 --> 00:08:51,666 Perdoádeme. 69 00:08:53,041 --> 00:08:54,750 Onde está Arondir? 70 00:08:59,208 --> 00:09:00,291 Caeu. 71 00:09:13,291 --> 00:09:16,875 Lord Elrond, Alto Rei Gil-galad, 72 00:09:19,541 --> 00:09:22,833 o meu esposo: Celeborn. 73 00:09:27,333 --> 00:09:29,291 Sauron ten homes de Rhûn. 74 00:09:29,375 --> 00:09:30,291 Iso dá igual. 75 00:09:30,375 --> 00:09:32,291 Ten cen mil. 76 00:09:33,333 --> 00:09:36,250 A metade deles orcos, se cadra máis. 77 00:09:36,333 --> 00:09:38,291 Marcha cara ao voso campamento. 78 00:09:38,375 --> 00:09:40,583 Co Anel Mestre na man. 79 00:09:47,541 --> 00:09:49,083 Pedide axuda, maxestade. 80 00:09:50,458 --> 00:09:53,041 - Enviade un navío a Lindon. - Non darán chegado. 81 00:09:53,125 --> 00:09:56,416 Homes do norte bloquean o mar. 82 00:09:56,500 --> 00:09:57,958 Pois iremos ao sur. 83 00:09:58,041 --> 00:10:00,583 Atraeremos as forzas de Sauron a Harad, onde… 84 00:10:00,666 --> 00:10:02,833 Homes do sur bloquean a zona. 85 00:10:02,916 --> 00:10:05,083 Cada anel que concedeu, 86 00:10:05,166 --> 00:10:08,041 cada orco ao que lle entregou unha espada, 87 00:10:08,791 --> 00:10:11,083 todo iso conduciu ata aquí. 88 00:10:11,708 --> 00:10:14,791 O Señor Escuro atraeunos á trampa e illounos de toda esperanza 89 00:10:14,875 --> 00:10:16,375 de axuda ou de fuxida. 90 00:10:17,125 --> 00:10:19,416 Quere que esteamos aquí. 91 00:10:40,375 --> 00:10:43,916 Tremede nas vosas botas élficas, se queredes. 92 00:10:46,791 --> 00:10:50,000 Se é batalla o que Sauron quere, 93 00:10:50,083 --> 00:10:52,833 dareille unha da que falarán os poetas. 94 00:11:16,500 --> 00:11:17,500 Come. 95 00:11:19,000 --> 00:11:22,541 O Mago Escuro díxome que apenas te alimentaches desde Rhûn. 96 00:11:24,666 --> 00:11:28,833 Non desdeñes o teu compañeiro Istar por aceptar o que é, 97 00:11:28,916 --> 00:11:31,041 en vez de aferrarse ao que puido ser. 98 00:11:31,125 --> 00:11:34,958 Os corazóns nobres non poden curar un mundo tan enfermo coma este. 99 00:11:36,916 --> 00:11:38,500 Cómpre poder. 100 00:11:41,125 --> 00:11:44,000 El recibirá a administración de todo Rhûn. 101 00:11:47,250 --> 00:11:50,041 Queres saber que decidín ofrecerche? 102 00:11:50,666 --> 00:11:54,458 A auga e a luz do sol sempre foron abondo para min, grazas. 103 00:12:21,583 --> 00:12:22,708 A Terra Media. 104 00:12:25,291 --> 00:12:26,541 Iso che ofrezo. 105 00:12:28,916 --> 00:12:31,500 O leste para o Mago Escuro e o oeste para ti. 106 00:12:33,875 --> 00:12:35,708 As fragas e os campos, 107 00:12:35,791 --> 00:12:40,666 e todas as criaturas deles, protexidos polas túas xentís mans. 108 00:12:41,791 --> 00:12:44,791 Pensa no ben que podemos facer, vello amigo. 109 00:12:46,375 --> 00:12:51,541 Só tes que humillarte e axeonllarte. 110 00:12:53,208 --> 00:12:56,000 Son un servo do Lume Secreto. 111 00:12:56,791 --> 00:12:58,958 Só ante el me axeonllo. 112 00:12:59,041 --> 00:13:01,125 Eu tamén sirvo o Lume. 113 00:13:04,083 --> 00:13:06,333 Como, se non, daría feito eses aneis? 114 00:13:26,166 --> 00:13:27,541 Non para min, grazas. 115 00:13:28,875 --> 00:13:30,708 Pero ti xa elixiches un. 116 00:14:02,000 --> 00:14:03,125 Xa era hora. 117 00:14:04,708 --> 00:14:06,458 Levas durmindo seis horas. 118 00:14:09,791 --> 00:14:11,458 - Nori? - Quen esperabas? 119 00:14:11,541 --> 00:14:13,416 Un teixugo cunhas ameixas? 120 00:14:19,791 --> 00:14:21,416 Que che ofreceu desta vez? 121 00:14:22,291 --> 00:14:23,583 Quen? 122 00:14:23,666 --> 00:14:25,500 O demo do Señor Escuro. 123 00:14:25,583 --> 00:14:27,958 Ofréceche o mundo, dislle que non, 124 00:14:28,041 --> 00:14:29,166 métente aquí 125 00:14:29,250 --> 00:14:31,333 e pídeme que te convenza 126 00:14:31,416 --> 00:14:32,416 e dálle que dálle. 127 00:14:33,500 --> 00:14:35,041 Levamos aquí semanas. 128 00:14:38,500 --> 00:14:39,750 - Ai, si? - Desta vez 129 00:14:39,833 --> 00:14:41,625 debéronche bater forte na chola. 130 00:14:45,375 --> 00:14:46,291 Espera. 131 00:14:58,708 --> 00:15:00,708 Ben. Toma. 132 00:15:01,666 --> 00:15:03,916 Vaia, grazas. 133 00:15:05,625 --> 00:15:07,208 Explicareicho outra vez. 134 00:15:08,291 --> 00:15:10,916 Uns esbirros de Sauron atoparon a nosa caravana. 135 00:15:12,708 --> 00:15:14,916 Dixéronme que, se ía con eles, 136 00:15:15,000 --> 00:15:17,958 non lle farían mal a ma, a pa, a Poula e ao resto. 137 00:15:19,625 --> 00:15:21,208 Seica te querían a ti. 138 00:15:22,166 --> 00:15:24,250 E que se alguén podía amañalo todo… 139 00:15:26,416 --> 00:15:27,583 eras ti. 140 00:15:29,250 --> 00:15:30,416 Amañalo? 141 00:15:30,500 --> 00:15:32,916 O mundo enteiro virou tolo de vez. 142 00:15:34,250 --> 00:15:37,000 Agora mesmo por aí só hai perigos para nós. 143 00:15:41,083 --> 00:15:43,750 A xente pequena non atopa moito onde acampar 144 00:15:44,375 --> 00:15:45,958 e tampouco comida. 145 00:15:49,250 --> 00:15:55,375 Daríao todo por axudarvos, Elanor. 146 00:16:01,916 --> 00:16:03,666 Pero el non é o camiño. 147 00:16:03,750 --> 00:16:05,958 Como podes estar seguro? 148 00:16:06,041 --> 00:16:08,208 Se me dicías sempre 149 00:16:08,291 --> 00:16:10,833 que nin os magos coñecen cada paso do camiño. 150 00:16:15,791 --> 00:16:19,125 Non será que te estás volvendo moi cabezón? 151 00:16:28,250 --> 00:16:29,833 Cabezón sempre che fun. 152 00:16:30,666 --> 00:16:33,291 Recordas o que dicía teu irmán? 153 00:16:34,666 --> 00:16:36,041 Bótate en falta. 154 00:16:37,458 --> 00:16:38,750 Todos nós. 155 00:16:47,083 --> 00:16:48,958 Por que miras así para min? 156 00:16:52,625 --> 00:16:53,833 Non te miro a ti. 157 00:16:54,833 --> 00:16:56,041 Nunca o fixen. 158 00:16:58,916 --> 00:17:01,791 Sigo á túa mesa, non si? 159 00:17:03,666 --> 00:17:05,041 Dásme medo. 160 00:17:05,125 --> 00:17:08,583 Así que o Señor Escuro coñece o medo. 161 00:17:20,708 --> 00:17:22,041 Vello idiota. 162 00:17:23,666 --> 00:17:26,375 Rexéitame e eles arderán. 163 00:17:27,250 --> 00:17:30,041 Todo o que esperas protexer arderá. 164 00:17:30,125 --> 00:17:33,625 O único que arde é o Lume Secreto 165 00:17:33,708 --> 00:17:36,333 e non hai nada da súa luz en ti, 166 00:17:36,416 --> 00:17:38,750 Sauron o Argallante. 167 00:17:53,375 --> 00:17:54,833 Pois demóstrao. 168 00:18:03,500 --> 00:18:06,250 Se pensas que o seu poder é meirande ca o meu, 169 00:18:08,500 --> 00:18:10,375 chama o Único a quen serves. 170 00:18:16,583 --> 00:18:18,208 Esíxelle o poder 171 00:18:19,333 --> 00:18:21,666 para destruír o Señor Escuro. 172 00:18:24,791 --> 00:18:26,041 Un verdadeiro servo 173 00:18:27,666 --> 00:18:28,708 non esixe. 174 00:18:31,750 --> 00:18:35,958 Se eu fixese tal, calquera poder que invocase 175 00:18:37,083 --> 00:18:39,666 só me destruiría. 176 00:18:52,416 --> 00:18:55,000 Os teus enganos fracasaron. 177 00:18:59,166 --> 00:19:01,166 Logo, elixiches a morte. 178 00:19:02,833 --> 00:19:05,375 Antes prefiro morrer na luz do Único 179 00:19:05,458 --> 00:19:07,958 que vivir por sempre escravo da sombra. 180 00:19:08,041 --> 00:19:09,041 Espera! 181 00:19:12,541 --> 00:19:18,041 Por que ía Sauron o Sabio malgastar o poder dun Istar? 182 00:19:18,125 --> 00:19:23,750 Gandalf sempre foi o máis obstinado da nosa orde, 183 00:19:23,833 --> 00:19:28,041 pero todo cede co tempo. 184 00:19:28,875 --> 00:19:32,041 E eu farei que ceda. 185 00:19:53,416 --> 00:19:55,583 Agárdanvos os exércitos, meu señor. 186 00:19:55,666 --> 00:19:58,666 Queredes que vos preparen a montura? 187 00:19:58,750 --> 00:20:02,166 Non marchedes, meu señor. Os magos agora son aliados. 188 00:20:02,250 --> 00:20:05,750 Necidades. Non fun eu quen perdoou a Gandalf, 189 00:20:05,833 --> 00:20:08,208 senón o Señor Escuro. 190 00:20:09,041 --> 00:20:12,833 Porque sabe ben que, de matalo, só invitaría o seu espírito 191 00:20:12,916 --> 00:20:17,833 a regresar nunha forma máis potente da que o inviste agora. 192 00:20:17,916 --> 00:20:21,416 Eu nunca me arriscaría a iso. E ti, Khamûl? 193 00:20:21,500 --> 00:20:23,166 Só dis mentiras! 194 00:20:36,625 --> 00:20:38,541 Prepara a miña marcha. 195 00:21:12,583 --> 00:21:13,666 Descúlpame. 196 00:21:16,208 --> 00:21:21,041 Ás veces vexo o camiño á vitoria tan certo, 197 00:21:22,875 --> 00:21:24,041 tan claro, 198 00:21:26,250 --> 00:21:27,708 que non vexo outras cousas. 199 00:21:32,916 --> 00:21:34,750 Pero ti guiáchesme ata a luz. 200 00:21:37,916 --> 00:21:39,833 Por iso mereces recompensa. 201 00:21:41,250 --> 00:21:46,625 Simplemente xerar a confianza do meu señor é recompensa abonda. 202 00:22:01,791 --> 00:22:02,875 Cólleo. 203 00:22:03,625 --> 00:22:06,791 E ocupa o teu lugar como o máis grande dos Nove. 204 00:22:10,083 --> 00:22:12,750 Un rei feiticeiro que ninguén pode matar. 205 00:22:54,416 --> 00:22:56,375 Dobrégate ou morre, dixeches. 206 00:22:57,250 --> 00:23:03,208 Porén, aquí sigo, ergueito e, desde logo, sen morrer. 207 00:23:04,583 --> 00:23:09,291 Paréceme moi alentador. A ti non, Pallando? 208 00:23:12,958 --> 00:23:16,583 O Lume Secreto mostroume que o teu corazón podía virar 209 00:23:18,125 --> 00:23:19,333 e virou. 210 00:23:20,083 --> 00:23:22,583 Agora, marcha comigo desta torre 211 00:23:23,208 --> 00:23:26,208 e guiaremos os teus seguidores contra os do Señor Escuro. 212 00:23:27,708 --> 00:23:32,541 Xuntos sei que podemos virar as tornas. 213 00:23:36,250 --> 00:23:38,250 Es realmente obstinado. 214 00:23:39,833 --> 00:23:41,250 O que son 215 00:23:42,500 --> 00:23:43,916 é un amigo. 216 00:23:45,458 --> 00:23:47,166 Estando o mundo na escuridade, 217 00:23:49,375 --> 00:23:50,833 nada hai máis valioso. 218 00:23:55,791 --> 00:23:59,500 Temo, Gandalf, que o hai. 219 00:25:13,833 --> 00:25:17,375 O inimigo duplícanos en número. 220 00:25:27,416 --> 00:25:28,416 Ese é el? 221 00:25:31,041 --> 00:25:33,625 Ese é só un dos seus servos. 222 00:26:18,375 --> 00:26:20,875 O temor polo que nos agarda espállase. 223 00:26:20,958 --> 00:26:23,916 Ao albor quizais teñamos aínda menos soldados. 224 00:26:24,500 --> 00:26:26,666 Se Sauron triunfa mañá, 225 00:26:27,666 --> 00:26:29,958 despois virá pola nosa raza. 226 00:26:30,583 --> 00:26:32,541 Os nosos aneis non poden protexelos. 227 00:26:33,458 --> 00:26:35,166 Vós si. 228 00:26:36,083 --> 00:26:39,958 Nesta hora sombría, a orde que debedes seguir os dous 229 00:26:40,708 --> 00:26:42,541 é a dos vosos corazóns. 230 00:26:45,333 --> 00:26:46,791 Mirade neles, meus amigos, 231 00:26:47,541 --> 00:26:48,750 e decidide 232 00:26:50,666 --> 00:26:52,166 onde queredes estar. 233 00:27:05,250 --> 00:27:09,541 O destino deuvos a ti e a Celeborn outra oportunidade. 234 00:27:10,250 --> 00:27:12,541 Deberías aceptar a oferta do Alto Rei. 235 00:27:15,666 --> 00:27:18,916 Esa oportunidade reside onde ningún elfo pode ir. 236 00:27:19,791 --> 00:27:20,958 Que lugar é ese? 237 00:27:23,500 --> 00:27:24,500 O pasado. 238 00:27:41,916 --> 00:27:42,958 Alto Rei. 239 00:27:45,166 --> 00:27:49,583 Síntome como alguén ao bordo do soño cando axexa o pesadelo. 240 00:27:51,333 --> 00:27:52,875 Pasei séculos 241 00:27:54,125 --> 00:27:56,166 crendo que morrería ao outro día, 242 00:27:56,250 --> 00:27:59,875 así que unha noite coma esta é algo familiar para min. 243 00:28:01,916 --> 00:28:04,458 Con todo, agradezo que perseverases, 244 00:28:06,333 --> 00:28:10,916 aínda que máis intenso será o que sente a túa esposa. 245 00:28:14,916 --> 00:28:17,708 No instante en que o vin, todos os anos 246 00:28:19,458 --> 00:28:20,750 esvaecéronse 247 00:28:23,291 --> 00:28:24,666 e volvín estar alí. 248 00:28:25,791 --> 00:28:27,375 En Lothlórien? 249 00:28:28,000 --> 00:28:29,375 Aínda o percibo. 250 00:28:31,500 --> 00:28:33,208 O que puidemos ser xuntos. 251 00:28:36,500 --> 00:28:39,375 Como ecos de música antiga que me chama a bailar. 252 00:28:42,875 --> 00:28:44,833 Antes de que a canción se perda. 253 00:28:44,916 --> 00:28:46,416 Por que non vas onda el? 254 00:28:47,833 --> 00:28:50,125 Convénceo para marchar contigo hoxe. 255 00:28:50,208 --> 00:28:53,833 Negarse a aceptar o paso do tempo 256 00:28:54,625 --> 00:28:58,083 foi o que nos trouxo a este precipicio en primeiro lugar. 257 00:29:02,291 --> 00:29:07,208 Se non forxásemos eses aneis e non apoderásemos o Señor Escuro, 258 00:29:07,291 --> 00:29:10,875 a Terra Media non estaría agora ao bordo da destrución. 259 00:29:16,000 --> 00:29:18,291 É unha fraqueza dos elfos. 260 00:29:21,500 --> 00:29:23,458 E non volverei caer nela. 261 00:29:27,125 --> 00:29:28,750 Nin sequera por amor? 262 00:29:30,500 --> 00:29:31,958 Estou onde debo estar. 263 00:29:35,208 --> 00:29:38,208 E Celeborn terá que decidir onde desexa estar. 264 00:29:40,916 --> 00:29:42,250 Durante moito 265 00:29:44,250 --> 00:29:46,416 imaxinei que volvía onda ela como a vira, 266 00:29:47,791 --> 00:29:50,000 bailando no clareiro, radiante coma o luar. 267 00:29:51,708 --> 00:29:55,291 Pensas que se non pasarades unha idade separados, 268 00:29:55,916 --> 00:29:57,500 sería doutra maneira? 269 00:29:57,583 --> 00:29:59,875 Seriamos os señores de Lothlórien. 270 00:30:01,208 --> 00:30:02,583 Tan certo coma o amencer. 271 00:30:03,291 --> 00:30:08,125 Pero para que saia o sol, a luzada da Lúa debe desaparecer. 272 00:30:10,916 --> 00:30:14,833 A nosa natureza ten abalos e devalos, Celeborn. 273 00:30:14,916 --> 00:30:17,000 Ninguén o sente máis ca a nosa raza. 274 00:30:17,083 --> 00:30:21,916 A incesante morte do que era, para que naza o que debe ser. 275 00:30:22,000 --> 00:30:25,000 Para conservar o que máis apreciamos, 276 00:30:25,083 --> 00:30:27,333 debemos renovar o compromiso, 277 00:30:28,666 --> 00:30:32,958 ano tras ano, século tras século. 278 00:30:33,791 --> 00:30:36,208 Faino sempre 279 00:30:37,791 --> 00:30:40,375 e quen sabe o que poderemos crear? 280 00:30:44,625 --> 00:30:46,375 Sempre é moito tempo. 281 00:30:52,458 --> 00:30:56,041 Pero non tanto coma nunca. 282 00:31:43,833 --> 00:31:45,916 Ar-Pharazôn solicita o voso consello. 283 00:31:47,750 --> 00:31:49,041 Vou nun momento. 284 00:31:49,125 --> 00:31:51,916 Dixo que era algo urxente concernente a Sauron. 285 00:31:53,458 --> 00:31:54,791 Deberías ir. 286 00:31:56,375 --> 00:31:57,666 Ou podemos ir xuntos. 287 00:32:06,250 --> 00:32:08,333 O señor e a señora de Lórien, maxestade. 288 00:32:25,541 --> 00:32:26,625 Necesito a túa axuda. 289 00:32:29,625 --> 00:32:30,708 Coñeces o inimigo. 290 00:32:32,250 --> 00:32:33,416 Coñéceslle a mente. 291 00:32:35,583 --> 00:32:36,833 Dime, 292 00:32:39,458 --> 00:32:40,875 como derroto a Sauron? 293 00:33:11,833 --> 00:33:14,416 De veras lideraches tropas contra Sauron en Eregion? 294 00:33:19,000 --> 00:33:20,166 Por que o preguntas? 295 00:33:20,791 --> 00:33:22,958 Cavilaba se morreremos todos mañá. 296 00:33:30,958 --> 00:33:32,791 Moitos vivirán para contalo. 297 00:33:35,416 --> 00:33:36,458 Se cadra ti. 298 00:33:40,750 --> 00:33:41,666 Se cadra el. 299 00:33:44,791 --> 00:33:47,625 Ou se cadra só ti, elfo. 300 00:33:50,291 --> 00:33:51,208 Medio elfo. 301 00:34:15,500 --> 00:34:17,041 Algo que Elros dicía sempre. 302 00:34:17,916 --> 00:34:18,916 Significa: 303 00:34:20,458 --> 00:34:22,500 "A morte é o don dos homes." 304 00:34:22,583 --> 00:34:24,416 Maldición, máis ben. 305 00:34:25,125 --> 00:34:26,541 Sempre pensei igual. 306 00:34:28,875 --> 00:34:30,500 Pero non sodes fillos de Elrond. 307 00:34:32,041 --> 00:34:34,750 Vós sodes fillos de Elros. 308 00:34:38,166 --> 00:34:39,000 Somos. 309 00:34:39,500 --> 00:34:41,500 E el escolleu o don dos homes. 310 00:34:43,166 --> 00:34:48,583 El cría que o temor que sentides agora dávos forzas. 311 00:34:49,833 --> 00:34:53,500 Para arelar e loitar con brío e atopar o camiño dos heroes 312 00:34:54,458 --> 00:34:56,041 mentres quede día. 313 00:34:58,125 --> 00:34:59,833 Sodes homes de Númenor. 314 00:35:04,125 --> 00:35:05,750 E mañá ides gañar. 315 00:36:02,666 --> 00:36:04,625 Non esquezas ir cantando. 316 00:36:06,916 --> 00:36:09,666 Canta e Tom estará contigo. 317 00:36:18,083 --> 00:36:22,916 Ei, Tom Bombadil, atende aquí e óeme. 318 00:36:32,166 --> 00:36:37,583 Ven, Tom Bombadil, axiña me farás falta. 319 00:36:44,708 --> 00:36:49,208 Oh, Tom Bombadil, Tom Bombadileiro! 320 00:36:50,041 --> 00:36:53,833 Ei, Tom Bombadil, Tom Bombadileiro! 321 00:36:54,625 --> 00:36:56,916 Ei, Tom Bombadil, pola… 322 00:37:15,916 --> 00:37:19,625 O Mago Escuro chámate por orde de Sauron. 323 00:38:22,541 --> 00:38:23,833 Por onde fuxiu? 324 00:38:24,416 --> 00:38:25,416 Non fixo tal. 325 00:38:36,541 --> 00:38:38,333 Escóitame, Pallando. 326 00:38:39,250 --> 00:38:41,916 Escóitame e recupera o siso. 327 00:38:42,000 --> 00:38:43,625 Acabouse. 328 00:38:45,708 --> 00:38:49,583 Vin o seu ollo, Gandalf. 329 00:38:51,166 --> 00:38:54,583 Alén del non hai nada. 330 00:38:55,916 --> 00:39:02,416 Só un pozo negro con incontables vontades apresadas alí. 331 00:39:03,041 --> 00:39:05,833 Como imos loitar contra iso? 332 00:39:07,166 --> 00:39:09,291 Non o ves, vello amigo? 333 00:39:10,625 --> 00:39:12,458 Non nos toca loitar contra el. 334 00:39:12,541 --> 00:39:15,708 Botaches demasiado tempo co vello Tom. 335 00:39:15,791 --> 00:39:17,666 E ti deberas botar máis con el. 336 00:39:17,750 --> 00:39:20,750 Porque isto foi o que quixo facernos entender. 337 00:39:20,833 --> 00:39:25,083 A nosa tarefa aquí nunca foi destruír o mal, 338 00:39:26,833 --> 00:39:28,500 senón inspirar o ben. 339 00:39:31,416 --> 00:39:36,083 Os corazóns nobres quizais non abonden para destruír o Señor Escuro, 340 00:39:37,666 --> 00:39:40,916 pero esa non é a razón pola que buscamos alentalos. 341 00:39:45,166 --> 00:39:48,958 Facémolo porque está ben. 342 00:39:50,333 --> 00:39:53,500 Porque mentres haxa só un que escoite, 343 00:39:55,416 --> 00:39:57,416 o noso labor non será en van. 344 00:40:07,250 --> 00:40:10,458 Así que, escóitame agora 345 00:40:11,791 --> 00:40:15,916 e abandona comigo esta torre maldita, vello amigo. 346 00:40:22,333 --> 00:40:26,791 Chámome Pallando. 347 00:40:38,541 --> 00:40:41,041 O teu bastón está por aquí. 348 00:40:44,250 --> 00:40:46,375 Imposible. Estaba aquí. 349 00:41:12,833 --> 00:41:16,583 A vontade de Sauron non se anula tan facilmente. 350 00:41:17,875 --> 00:41:23,041 Non che concederon o uso do poder dos Istari, Nazgnagôl! 351 00:41:58,916 --> 00:42:02,541 O poder non se dá, tómase. 352 00:42:18,791 --> 00:42:22,208 Devolveremos este servo do anel 353 00:42:22,291 --> 00:42:25,708 ao esquecemento estulto que o agarda. 354 00:42:44,583 --> 00:42:46,708 O vapor sacará esa pantasma das sombras. 355 00:43:05,083 --> 00:43:06,208 Non te separes. 356 00:43:41,666 --> 00:43:42,583 Detrás de ti! 357 00:43:57,208 --> 00:43:59,083 Puideches sentar ao carón del. 358 00:44:00,625 --> 00:44:02,583 Agora pendurarás dos seus muros. 359 00:44:05,750 --> 00:44:06,958 Non. 360 00:44:51,416 --> 00:44:54,000 Réndete ante o poder de Sauron! 361 00:45:01,750 --> 00:45:04,916 Somos servos do Lume Secreto. 362 00:45:05,000 --> 00:45:06,416 Eramos cinco. 363 00:45:07,208 --> 00:45:08,125 Quedamos… 364 00:45:12,000 --> 00:45:13,125 dous. 365 00:45:52,791 --> 00:45:54,833 Queda tranquilo. 366 00:45:54,916 --> 00:46:00,250 Marcho ao oeste, onde os ollos de Manwë agardan por min. 367 00:46:00,333 --> 00:46:05,125 Non sei como me enfrontarei á súa mirada. 368 00:46:07,208 --> 00:46:09,500 Actuaches ben, Pallando. 369 00:46:12,250 --> 00:46:16,000 Os lirios, Gandalf. 370 00:46:18,625 --> 00:46:20,291 Están por todas as partes. 371 00:49:33,083 --> 00:49:36,041 Os seguidores do Mago Escuro depuxeron as armas durante a noite 372 00:49:36,125 --> 00:49:38,208 e os Gaudrim escaparon covardeme… 373 00:49:41,833 --> 00:49:43,791 Por que non llelo impediches? 374 00:49:43,875 --> 00:49:49,000 Eles obedecen a Khamûl. 375 00:50:20,958 --> 00:50:22,916 Non me pises os lirios. 376 00:50:25,875 --> 00:50:27,208 Nin se me ocorrería. 377 00:50:28,916 --> 00:50:31,958 Moitas cousas impensables aparécennos no camiño. 378 00:50:34,541 --> 00:50:40,083 Daquela, dime, que che apareceu que te apesara tanto? 379 00:50:40,166 --> 00:50:43,625 Unha carga da que me gustaría librarme. 380 00:50:46,750 --> 00:50:48,250 Quérela ti? 381 00:50:49,375 --> 00:50:50,666 E que é? 382 00:50:56,416 --> 00:50:57,916 Non é unha lilaina bonita. 383 00:50:59,208 --> 00:51:01,416 A Bagadouro gústanlle os aneis, pero… 384 00:51:03,416 --> 00:51:04,833 Este non lle vai acaer. 385 00:51:15,541 --> 00:51:17,125 Queda con el, meu amigo. 386 00:51:18,416 --> 00:51:20,500 A cabeza paréceche espida sen el. 387 00:51:21,083 --> 00:51:23,875 Bagadouro ten máis colgados xunta o lar. 388 00:51:25,083 --> 00:51:26,791 Queres vir coñecela? 389 00:51:26,875 --> 00:51:28,916 Teño que ir onda os elfos. 390 00:51:30,041 --> 00:51:33,666 Pois cara ao oeste están os reinos élficos e o Curvimbio. 391 00:51:33,750 --> 00:51:38,041 Aínda tardarán en separarse os nosos camiños e pensei que, quizais, 392 00:51:39,166 --> 00:51:42,916 poderiamos camiñar xuntos un pouco máis. 393 00:51:45,416 --> 00:51:46,583 Gustaríame. 394 00:51:57,333 --> 00:52:01,416 É un bo día para historias longas. 395 00:54:05,291 --> 00:54:07,125 Parecen uns 50 000, meu señor. 396 00:54:09,041 --> 00:54:10,500 Nós temos case tantos orcos. 397 00:54:11,666 --> 00:54:15,625 Tremen co medo, pero o poder do anel sométeos á vosa vontade. 398 00:54:19,375 --> 00:54:21,875 Eu digo que ataquemos. Digo… 399 00:54:48,625 --> 00:54:49,458 Alto! 400 00:56:39,291 --> 00:56:42,500 "Ao distinguido señor de Mordor: 401 00:56:43,083 --> 00:56:45,583 Só pode haber un rei dos homes. 402 00:56:45,666 --> 00:56:48,875 Se queres ese título, ven e enfróntate a min. 403 00:56:49,500 --> 00:56:53,833 Se es ousado abondo, ven e contempla a ira dos homes, 404 00:56:53,916 --> 00:56:56,250 desatada coma treboada desde o oeste. 405 00:56:56,833 --> 00:57:00,666 Ven onde che digo e verás infindos corazóns, 406 00:57:00,750 --> 00:57:03,375 máis poderosos ca calquera anel. 407 00:57:04,000 --> 00:57:07,625 Ou volve arrastrándote á sombra, medorento, 408 00:57:07,708 --> 00:57:10,333 para que o mundo enteiro saiba 409 00:57:10,416 --> 00:57:13,375 que só pode haber un rei dos homes. 410 00:57:13,916 --> 00:57:17,125 E o seu nome é Númenor." 411 00:58:34,208 --> 00:58:36,500 Cantos desertaron durante a noite? 412 00:58:36,583 --> 00:58:38,125 Ningún. 413 00:58:57,166 --> 00:58:58,375 Búrlanse de nós. 414 00:58:59,666 --> 00:59:00,666 Non. 415 00:59:03,375 --> 00:59:04,833 Están a pedir a morte. 416 00:59:06,250 --> 00:59:07,666 Deberiamos dárllela. 417 00:59:14,708 --> 00:59:15,916 Darémosllela. 418 00:59:59,791 --> 01:00:01,000 Que foi? 419 01:00:01,083 --> 01:00:02,500 Que vedes? 420 01:00:05,000 --> 01:00:06,708 A maldición dos homes. 421 01:07:17,166 --> 01:07:19,166 Subtítulos: Magdalena Sánchez 422 01:07:19,250 --> 01:07:21,250 Supervisora Creativa: Luisa Lage Garea