1 00:00:06,000 --> 00:00:09,000 Meu irmán deu a vida buscando a Sauron. 2 00:00:09,083 --> 00:00:10,833 A súa encomenda agora é miña. 3 00:00:12,250 --> 00:00:13,791 Comandante Galadriel. 4 00:00:13,916 --> 00:00:17,375 Esta compañía lévaa seguido ata os confíns do mundo. 5 00:00:17,500 --> 00:00:20,000 Hai anos que non se ven orcos. 6 00:00:21,125 --> 00:00:24,458 A existencia desa marca proba que Sauron escapou. 7 00:00:24,833 --> 00:00:26,208 Falta saber a onde. 8 00:00:26,291 --> 00:00:27,166 O mal marchou. 9 00:00:27,250 --> 00:00:29,708 Daquela por que o sinto aínda aquí? 10 00:00:29,791 --> 00:00:35,166 Estes heroes poderán cruzar o mar para morar por toda a eternidade. 11 00:00:35,291 --> 00:00:37,416 Xa loitaches abondo, Galadriel. 12 00:00:38,625 --> 00:00:39,625 Deixa a espada. 13 00:00:39,916 --> 00:00:41,416 Sen ela, que serei? 14 00:00:45,125 --> 00:00:48,833 Oíches falar do traballo do señor Celebrimbor? 15 00:00:48,916 --> 00:00:51,250 O mellor ferreiro élfico, como non. 16 00:00:52,791 --> 00:00:54,291 Que fai un deles aquí? 17 00:00:56,041 --> 00:00:58,041 Parece que ten unha enfermidade. 18 00:00:58,166 --> 00:01:01,458 -Onde pastou? -Roldou polo leste hai uns días. 19 00:01:01,541 --> 00:01:02,375 Ata onde? 20 00:01:02,666 --> 00:01:03,500 Hordern... 21 00:01:08,000 --> 00:01:10,791 Nunca pensaches que haberá máis alá? 22 00:01:10,916 --> 00:01:12,166 Máis do que pensamos. 23 00:01:12,250 --> 00:01:14,833 Ninguén sae do carreiro e ninguén camiña só. 24 00:01:15,791 --> 00:01:18,458 Os ceos están estraños. 25 00:02:38,208 --> 00:02:44,041 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 26 00:03:56,208 --> 00:03:58,458 -Nori! -Poula! 27 00:03:58,541 --> 00:04:01,791 Estás tola? Sae de aí! 28 00:04:02,541 --> 00:04:04,666 Non deberías asustar a xente así. 29 00:04:04,750 --> 00:04:06,000 Nin estar aquí. 30 00:04:11,958 --> 00:04:13,125 Non está quente. 31 00:04:13,208 --> 00:04:14,583 Vale, non está quente. 32 00:04:14,666 --> 00:04:17,875 Iso non cambia que non haxa un xigante. 33 00:04:18,250 --> 00:04:21,708 Xa pos a cara esa. Non, Nori... 34 00:04:23,625 --> 00:04:24,458 Nori! 35 00:04:25,958 --> 00:04:26,791 Nori, non! 36 00:04:43,458 --> 00:04:46,458 Nori, para! Está morto, veña! 37 00:04:49,583 --> 00:04:52,791 Non, por favor! 38 00:05:06,583 --> 00:05:07,708 Non! 39 00:05:26,083 --> 00:05:27,083 Que...? 40 00:05:37,125 --> 00:05:38,458 Túa nai vaite matar. 41 00:05:40,375 --> 00:05:44,541 Ti non llo vas contar nin eu. Ale, bule. 42 00:05:44,625 --> 00:05:47,041 Non podemos deixalo aí a mercé dos lobos. 43 00:05:47,125 --> 00:05:48,916 -Por que? -Nós non somos así. 44 00:05:49,000 --> 00:05:50,291 Non serás ti. 45 00:05:50,375 --> 00:05:53,625 Non podo con el soa. Axúdasme? 46 00:05:53,708 --> 00:05:54,958 -Non. -Poula! 47 00:05:55,708 --> 00:05:58,333 Como imos cargar cun xigante? 48 00:05:59,916 --> 00:06:01,666 Debeu caer unha estrela. 49 00:06:03,958 --> 00:06:05,666 E grande. 50 00:06:05,750 --> 00:06:08,166 Cantos sinais precisas? 51 00:06:09,083 --> 00:06:12,250 Faime caso, é mellor levantar o campamento. 52 00:06:12,333 --> 00:06:13,541 E a festa que? 53 00:06:13,625 --> 00:06:15,833 Mellor non precipitarse. 54 00:06:15,916 --> 00:06:18,916 É máis seguro estar o campamento ca por aí. 55 00:06:19,541 --> 00:06:21,541 Pero estade alerta. 56 00:06:21,625 --> 00:06:23,333 -Malva ten razón. -Abofé. 57 00:06:23,416 --> 00:06:26,125 Isto non pinta ben. 58 00:06:26,208 --> 00:06:28,041 Ale, liscade. Veña. 59 00:06:29,333 --> 00:06:32,333 -Vale... -Veña, bulide. 60 00:06:52,458 --> 00:06:54,458 Mira para el. É descomunal. 61 00:06:54,541 --> 00:06:56,833 -Ten que ser... -Non é un trol! 62 00:06:56,916 --> 00:06:59,333 Moi ben, listiñapé. Daquela que é? 63 00:07:00,291 --> 00:07:02,166 Se cadra é da xente grande. 64 00:07:02,250 --> 00:07:03,666 Humano? 65 00:07:03,750 --> 00:07:05,666 Imposible. Estaría esmagado. 66 00:07:05,750 --> 00:07:07,000 Elfo, entón? 67 00:07:07,500 --> 00:07:10,208 Non ten as orellas. Nin é guapo. 68 00:07:11,166 --> 00:07:12,916 E os elfos non caen do ceo. 69 00:07:13,000 --> 00:07:14,791 Ninguén, que eu saiba. 70 00:07:14,875 --> 00:07:15,875 Pois el caeu. 71 00:07:15,958 --> 00:07:18,708 -Estás tirando? -Tiro, claro. 72 00:07:18,791 --> 00:07:20,291 Pois tira máis! 73 00:07:21,916 --> 00:07:24,458 É inútil, non caberá no carro. 74 00:07:24,541 --> 00:07:25,958 Só vai ser unha noite. 75 00:07:26,041 --> 00:07:29,916 Mañá dámoslle comida e que marche. 76 00:07:30,000 --> 00:07:32,375 -A onde? -Xa o pensaremos. 77 00:07:32,458 --> 00:07:35,166 -Isto non é unha aventura. -Que dis? 78 00:07:35,250 --> 00:07:37,958 -Non busquei isto. -Pero non o deixas. 79 00:07:38,041 --> 00:07:40,541 -Non podo. -Non queres. 80 00:07:40,625 --> 00:07:43,458 Este estraño non é home nin elfo 81 00:07:43,541 --> 00:07:45,500 nin un aguiacho coa á rota. 82 00:07:45,583 --> 00:07:48,083 -Iso foi unha vez. -El é outra cousa. 83 00:07:51,125 --> 00:07:52,791 Igual é perigoso. 84 00:07:52,875 --> 00:07:55,083 Falas coma Malva e ás irmás. 85 00:07:55,166 --> 00:07:56,291 Non son elas só. 86 00:07:56,375 --> 00:07:58,833 Se alguén sabe que axudamos a un estraño 87 00:07:58,916 --> 00:08:01,708 e pasa algo malo nas tres próximas estacións, 88 00:08:01,791 --> 00:08:03,083 será culpa nosa. 89 00:08:03,166 --> 00:08:06,458 Se unha néboa dura de máis ou unha roda se atranca. 90 00:08:07,291 --> 00:08:09,750 -Ai, cabrallo! -Corre, que non choque! 91 00:08:09,833 --> 00:08:11,375 Agora impórtache? 92 00:08:11,458 --> 00:08:13,958 Non! É polo carro, que non é meu! 93 00:09:01,208 --> 00:09:02,708 Por que fas isto, Nori? 94 00:09:03,958 --> 00:09:05,750 Síntome responsable del. 95 00:09:05,833 --> 00:09:08,250 -Pásache con todos. -Non. 96 00:09:09,125 --> 00:09:10,625 Isto é diferente. 97 00:09:15,916 --> 00:09:18,750 Puido caer en calquera lugar e caeu aquí. 98 00:09:21,041 --> 00:09:25,875 Parecerá estraño, pero dáme que é importante. 99 00:09:27,333 --> 00:09:29,833 Coma se pasara por algo. 100 00:09:29,916 --> 00:09:32,625 Que eu tivera que atopalo. Eu. 101 00:09:34,125 --> 00:09:37,625 Non o podo deixar ata que estea a salvo. 102 00:09:40,541 --> 00:09:41,583 E ti? 103 00:09:44,666 --> 00:09:46,250 Vale, non direi nada. 104 00:09:48,625 --> 00:09:49,875 Grazas. 105 00:09:53,333 --> 00:09:55,750 Que comen os xigantes, por certo? 106 00:09:55,833 --> 00:09:57,791 Espero que pepeludas non. 107 00:09:57,875 --> 00:10:00,375 Só as que non garden os segredos. 108 00:10:29,000 --> 00:10:33,166 O chan está cheo de fisuras. Coma se a terra tremera. 109 00:10:35,416 --> 00:10:36,500 Non hai cadáveres. 110 00:10:39,208 --> 00:10:40,583 Nin feridos. 111 00:10:40,666 --> 00:10:42,083 Igual fuxiron todos. 112 00:10:43,083 --> 00:10:44,250 Pode ser. 113 00:10:59,375 --> 00:11:00,791 Esta casa era de Ciaran. 114 00:11:01,458 --> 00:11:05,500 E... de Hana, a súa muller. 115 00:11:08,958 --> 00:11:12,291 Aquí non tremeu terra. Alguén escavou isto. 116 00:11:12,375 --> 00:11:13,541 Algo. 117 00:11:14,333 --> 00:11:15,750 Homes non foron. 118 00:11:15,833 --> 00:11:18,208 Marcha. Avisa a túa xente. 119 00:11:18,625 --> 00:11:20,166 Non vés comigo? 120 00:11:20,250 --> 00:11:21,916 Debo seguir o corredor. 121 00:11:22,000 --> 00:11:25,833 -Non sabes o que haberá. -Por iso debo ir. 122 00:11:55,625 --> 00:11:59,208 EREGION Reino dos ferreiros élficos 123 00:12:05,625 --> 00:12:06,958 O martelo de Fëanor. 124 00:12:08,833 --> 00:12:11,666 A ferramenta que forxou os Silmarils. 125 00:12:13,583 --> 00:12:16,500 As xoias que conteñen a luz de Valinor. 126 00:12:17,333 --> 00:12:18,666 É curioso, non si? 127 00:12:19,500 --> 00:12:23,333 Que un obxecto poida crear tanta beleza... 128 00:12:24,416 --> 00:12:25,666 e tanta dor. 129 00:12:26,250 --> 00:12:29,375 A verdadeira creación require sacrificio. 130 00:12:31,333 --> 00:12:35,750 Din que para Morgoth os Silmarils eran tan fermosos 131 00:12:37,083 --> 00:12:39,083 que tras roubalos, botou tempo 132 00:12:39,166 --> 00:12:41,875 sen parar de contemplalos. 133 00:12:43,125 --> 00:12:46,333 Só cando unha bágoa del caeu nas xoias 134 00:12:46,416 --> 00:12:49,291 e viu diante a maldade do seu reflexo, 135 00:12:49,375 --> 00:12:51,541 saíu do soño ao fin. 136 00:12:53,000 --> 00:12:55,166 Dende ese momento, el... 137 00:12:55,250 --> 00:12:57,416 non volveu mirar a luz delas. 138 00:13:00,500 --> 00:13:04,666 O traballo de Fëanor case conmoveu o corazón do Grande Inimigo. 139 00:13:06,791 --> 00:13:08,708 Que conseguiu o meu? 140 00:13:09,625 --> 00:13:12,125 Conmoveu o meu o corazón, señor. 141 00:13:12,208 --> 00:13:13,791 E o de moitos elfos. 142 00:13:15,000 --> 00:13:17,791 Pero eu aspiro a máis ca iso. 143 00:13:18,666 --> 00:13:21,250 Hai unha era, trouxemos a guerra aquí. 144 00:13:21,333 --> 00:13:22,958 Quéroo encher de beleza. 145 00:13:23,041 --> 00:13:27,708 Alén de xoias insignificantes, quero elaborar algo con poder real. 146 00:13:28,333 --> 00:13:30,250 Que pensades elaborar? 147 00:13:30,333 --> 00:13:33,750 O "que" é un escintileo no horizonte. 148 00:13:33,833 --> 00:13:39,250 Ti viñeches a Eregion a axudarme a acadar o "como". 149 00:13:40,333 --> 00:13:41,500 Unha torre? 150 00:13:42,250 --> 00:13:47,416 Que poida albergar a fragua máis poderosa construída, 151 00:13:47,500 --> 00:13:50,583 que xere unha chama quente coma a lingua dun dragón 152 00:13:50,666 --> 00:13:52,166 e pura como o luar. 153 00:13:52,250 --> 00:13:56,083 Con ela creariamos cousas que transformarían a Terra Media. 154 00:13:56,166 --> 00:13:57,958 Cal é a dificultade? 155 00:13:58,916 --> 00:14:00,916 Necesítoa para a primavera. 156 00:14:02,250 --> 00:14:04,250 Señor, iso requeriría... 157 00:14:04,333 --> 00:14:06,625 Man de obra como nunca se xuntou. 158 00:14:06,708 --> 00:14:09,500 Si. O alto rei non pode proporcionala. 159 00:14:09,583 --> 00:14:12,000 Daquela envioute a ti en troques. 160 00:14:15,625 --> 00:14:19,958 Considerastes buscar axuda fóra dos lindes da nosa raza? 161 00:14:20,666 --> 00:14:22,166 Canto de fóra? 162 00:14:22,250 --> 00:14:24,166 EREGION Reino dos ferreiros élficos 163 00:14:26,833 --> 00:14:30,166 KHAZAD-DÛM Reino dos ananos 164 00:14:44,250 --> 00:14:48,500 Unha alianza cos ananos sería o éxito diplomático desta era. 165 00:14:48,583 --> 00:14:51,583 O seu príncipe, Durin, é un vello e querido amigo. 166 00:14:51,666 --> 00:14:53,166 Coma un irmán para min. 167 00:14:53,250 --> 00:14:57,333 Disque os ananos ampliaron as súas salas nos últimos tempos. 168 00:14:57,666 --> 00:15:01,208 Esculpen a pedra 169 00:15:01,291 --> 00:15:05,333 con tanto respecto coma quen coida dun pai ancián. 170 00:15:05,416 --> 00:15:08,083 Levo tempo querendo velos traballar. 171 00:15:08,166 --> 00:15:10,083 Non sabía que os admirabades. 172 00:15:10,166 --> 00:15:12,791 Admiro a quen sabe ver o misterio das cousas, 173 00:15:12,875 --> 00:15:15,541 a quen sabe extraer da sinxeleza de algo 174 00:15:15,625 --> 00:15:17,416 a beleza que contén. 175 00:15:18,583 --> 00:15:22,000 Permitiríame o teu amigo acceder aos seus talleres? 176 00:15:22,083 --> 00:15:24,625 Coñezo a Durin e fará moito máis ca iso. 177 00:15:25,375 --> 00:15:27,375 Recibiranos cos brazos abertos, 178 00:15:27,458 --> 00:15:29,291 co son dos cornos, 179 00:15:29,416 --> 00:15:31,250 mesas cheas de porco salgado, 180 00:15:31,333 --> 00:15:34,000 e tanta cervexa como para encher o Anduin. 181 00:15:34,083 --> 00:15:35,291 Que queredes? 182 00:15:36,500 --> 00:15:38,208 Preséntase Elrond, de Lindon, 183 00:15:38,291 --> 00:15:40,875 con Celebrimbor, señor de Eregion. 184 00:15:41,625 --> 00:15:43,583 Solicitamos ver o príncipe Durin. 185 00:15:44,958 --> 00:15:45,833 Non. 186 00:15:51,791 --> 00:15:52,958 Pido desculpas. 187 00:15:54,166 --> 00:15:57,041 Dígalle a Durin que o seu amigo Elrond... 188 00:15:57,125 --> 00:15:59,708 O que decidiu xa cho dixen, elfo. 189 00:16:03,500 --> 00:16:04,791 Co son dos cornos? 190 00:16:19,041 --> 00:16:20,500 Moi ben, amigo meu. 191 00:16:27,583 --> 00:16:30,625 Invoco o rito de Sigin-tarâg. 192 00:16:30,708 --> 00:16:32,250 Cal é o rito de...? 193 00:16:39,208 --> 00:16:40,583 Reunirémonos en Eregion. 194 00:16:40,666 --> 00:16:44,458 -Sabes o que fas? -Señor Celebrimbor, confiade en min. 195 00:16:44,541 --> 00:16:47,333 Dominades a vosa arte, meu amigo. 196 00:16:47,416 --> 00:16:50,166 Concedédeme uns días para practicar a miña. 197 00:17:19,750 --> 00:17:21,625 Elmendéa. 198 00:18:30,666 --> 00:18:34,458 -Khazad! -Dûm! 199 00:18:37,833 --> 00:18:39,541 Que ledicia verte, meu... 200 00:18:39,625 --> 00:18:44,833 O elfo Elrond invocou o rito de Sigin-tarâg. 201 00:18:46,791 --> 00:18:49,583 A proba de resistencia dos ananos, 202 00:18:49,666 --> 00:18:52,250 ideada polo mesmo Aulë. 203 00:18:54,375 --> 00:18:57,125 Cando alcemos os martelos, 204 00:18:58,291 --> 00:19:02,333 romperemos as grandes pedras ata que un dos dous non dea máis. 205 00:19:05,208 --> 00:19:07,291 No caso de que o elfo perda, 206 00:19:08,041 --> 00:19:11,291 será expulsado das terras dos ananos. 207 00:19:12,958 --> 00:19:14,125 Para sempre! 208 00:19:19,500 --> 00:19:21,916 O elfo entendeuno? 209 00:19:24,166 --> 00:19:25,333 Entendeuno. 210 00:19:26,291 --> 00:19:29,541 No improbable caso de que o elfo gañe... 211 00:19:32,625 --> 00:19:36,208 concederémoslle un favor, mais se perde... 212 00:19:36,291 --> 00:19:39,166 Expulsado. Xa. Entendido. 213 00:19:44,208 --> 00:19:45,458 Comecemos! 214 00:19:49,541 --> 00:19:55,250 Durin! Durin! Durin! 215 00:20:21,208 --> 00:20:22,791 Vamos aló, elfo. 216 00:21:02,833 --> 00:21:03,833 Ola. 217 00:21:06,750 --> 00:21:09,375 Agarda! Agarda, son eu! 218 00:21:09,833 --> 00:21:11,208 Son eu, para! 219 00:21:13,458 --> 00:21:15,250 Agarda! 220 00:21:15,750 --> 00:21:18,750 Axudeiche onte. Lémbrasme, non si? 221 00:21:21,083 --> 00:21:22,166 Non si? 222 00:21:32,291 --> 00:21:33,416 Vale. 223 00:21:36,500 --> 00:21:37,833 Que che parece isto? 224 00:21:38,375 --> 00:21:39,958 Eu non che fago mal 225 00:21:41,291 --> 00:21:43,916 e ti non mo fas. Hai trato? 226 00:21:51,708 --> 00:21:53,875 É un bo comezo, non é? 227 00:21:53,958 --> 00:21:56,250 Agora ben, meu pai sempre di: 228 00:21:56,333 --> 00:22:00,750 "Un pepeludo sen maneniras chegará tan lonxe coma unha roda cadrada". 229 00:22:01,833 --> 00:22:03,250 Eu son Nori. 230 00:22:08,250 --> 00:22:09,458 Son Nori. 231 00:22:10,916 --> 00:22:13,333 Eu... 232 00:22:14,416 --> 00:22:15,583 Non, eu son Nori. 233 00:22:15,666 --> 00:22:17,416 Non, eu Nori. 234 00:22:17,500 --> 00:22:20,041 E o teu nome? Ti? 235 00:22:23,458 --> 00:22:25,083 Non o lembras? 236 00:22:26,875 --> 00:22:28,666 Levaches unha boa caída. 237 00:22:28,750 --> 00:22:30,958 Calquera estaría mareado. 238 00:22:31,041 --> 00:22:32,375 Eu caín dunha árbore 239 00:22:32,500 --> 00:22:35,375 e botei días chamándolles amororcos aos amorodos. 240 00:22:35,458 --> 00:22:37,541 Imaxínalo? Un amororco? 241 00:22:40,708 --> 00:22:41,833 É comida. 242 00:22:43,500 --> 00:22:46,041 Na túa terra comedes, non si? 243 00:22:46,125 --> 00:22:48,625 Claro que comen, Nori, vaia pregunta. 244 00:23:23,833 --> 00:23:25,583 Non, así non é... 245 00:23:33,125 --> 00:23:35,916 Largo! 246 00:23:36,666 --> 00:23:38,666 Déixao, Malva. Por que non axudas? 247 00:23:38,750 --> 00:23:41,333 Axudo pedíndolle a el que axude. 248 00:23:42,083 --> 00:23:44,625 Deixa de papar moscas e bótanos un pé. 249 00:23:44,708 --> 00:23:48,166 Coido que Nori estaba desexando axudar con iso. 250 00:23:48,250 --> 00:23:50,916 Nori! 251 00:23:55,625 --> 00:23:57,583 De onde es, por certo? 252 00:23:57,666 --> 00:24:00,125 A onde pertences? Onde están os teus? 253 00:24:00,208 --> 00:24:02,041 Os que son coma ti. 254 00:24:04,750 --> 00:24:06,166 Non hai máis coma ti? 255 00:24:22,333 --> 00:24:25,375 E... arriba. 256 00:24:26,041 --> 00:24:27,166 Veña, mangallón. 257 00:24:30,250 --> 00:24:31,916 Esforzádevos, rapaces. 258 00:24:39,541 --> 00:24:40,541 Que é iso? 259 00:24:41,625 --> 00:24:42,708 Mana... 260 00:24:43,500 --> 00:24:44,916 É unha especie de mapa? 261 00:24:45,250 --> 00:24:46,375 Veña, rapaces. 262 00:24:49,125 --> 00:24:50,500 Ten sitio. 263 00:24:51,708 --> 00:24:52,875 Mana... 264 00:24:55,333 --> 00:24:56,166 Úrë... 265 00:25:09,041 --> 00:25:11,916 Mana... 266 00:25:12,000 --> 00:25:15,125 Úrë... 267 00:25:18,541 --> 00:25:20,750 Só vexo unha morea de puntos e liñas. 268 00:25:21,666 --> 00:25:23,000 Non entendo nada. 269 00:25:23,083 --> 00:25:23,916 Mana! 270 00:25:24,041 --> 00:25:26,333 Intento axudarche, pero... 271 00:25:26,458 --> 00:25:27,916 Úrë! 272 00:25:28,125 --> 00:25:29,541 Son só unha pepeluda! 273 00:25:32,500 --> 00:25:33,541 Nori! 274 00:25:38,041 --> 00:25:39,666 Amiga. 275 00:25:40,666 --> 00:25:43,333 Amiga. É só unha amiga. 276 00:25:43,916 --> 00:25:45,000 Nori. 277 00:25:46,291 --> 00:25:47,708 Teu pai. 278 00:25:52,208 --> 00:25:53,833 Arando si que é. 279 00:25:57,416 --> 00:25:59,291 Nori, estou ben. 280 00:25:59,375 --> 00:26:01,958 Esvarei na herba. É só unha escordadura. 281 00:26:02,041 --> 00:26:04,333 Non é nada... 282 00:26:04,416 --> 00:26:05,958 -Mamá... -Non te preocupes. 283 00:26:06,041 --> 00:26:07,208 Debín estar alí. 284 00:26:07,291 --> 00:26:08,750 Agora estás, non si? 285 00:26:08,833 --> 00:26:11,833 Veña, vaime por auga fría e sal. 286 00:26:24,250 --> 00:26:27,250 É moi grave? Poderá migrar? 287 00:26:30,250 --> 00:26:31,083 Pero... 288 00:26:32,666 --> 00:26:33,708 Xa o viches. 289 00:26:33,791 --> 00:26:36,166 A perna non lle poderá cunha folla. 290 00:26:36,250 --> 00:26:39,250 -E menos cun carro. -Métete no teu, Malva. 291 00:27:39,250 --> 00:27:40,291 Por aquí! 292 00:27:46,125 --> 00:27:48,250 Ven. Achégate. 293 00:27:48,333 --> 00:27:51,625 -Pero que fas? -Non a deixarei á deriva. 294 00:27:51,708 --> 00:27:53,958 Vas compartir con ela as racións? 295 00:27:54,041 --> 00:27:55,958 As mareas do destino cambian. 296 00:27:56,041 --> 00:27:57,041 Fareino, si. 297 00:27:57,125 --> 00:27:59,375 A túa igual sobe, ou baixa. 298 00:27:59,458 --> 00:28:02,666 Se non a rescatamos, a súa morte caerá sobre nós. 299 00:28:02,750 --> 00:28:05,791 Non che preocupou cando debatiamos a morte de Doble. 300 00:28:05,875 --> 00:28:08,291 A crueldade non será a nosa salvación. 301 00:28:09,000 --> 00:28:10,083 Que non suba. 302 00:28:10,791 --> 00:28:11,625 Subídea. 303 00:28:21,416 --> 00:28:22,250 Non. 304 00:28:23,708 --> 00:28:25,000 Contesta primeiro. 305 00:28:29,791 --> 00:28:31,041 Que fas aquí? 306 00:28:33,041 --> 00:28:34,875 Separeime do meu barco. 307 00:28:34,958 --> 00:28:36,166 Nun ataque? 308 00:28:38,833 --> 00:28:40,250 E logo non o viches? 309 00:28:40,666 --> 00:28:41,916 O que? 310 00:28:46,916 --> 00:28:48,083 O dragón. 311 00:28:51,166 --> 00:28:53,166 Saímos ao mar hai dúas semanas... 312 00:28:53,250 --> 00:28:55,708 -Tes que contarllo todo? -Por que non? 313 00:28:55,875 --> 00:28:57,500 Paréceche perigosa? 314 00:28:57,583 --> 00:28:59,000 As aparencias enganan. 315 00:29:03,708 --> 00:29:04,875 Unha elfa. 316 00:29:04,958 --> 00:29:06,791 Quíteme a man de enriba, señor. 317 00:29:07,583 --> 00:29:08,958 Embusteira. 318 00:29:09,041 --> 00:29:11,458 -Estamos salvados, mirade! -Apurade. 319 00:29:11,541 --> 00:29:13,250 Mirade! Aquí! 320 00:29:13,333 --> 00:29:14,500 Axudádenos! 321 00:29:14,583 --> 00:29:17,208 Bulide, axudádeme a facer un facho! 322 00:29:17,291 --> 00:29:19,250 Agardade! Ata vermos as velas. 323 00:29:19,333 --> 00:29:22,458 Hai corsarios nestas augas. Queredes que vos esfolen? 324 00:29:27,833 --> 00:29:29,666 Ese non é un barco corsario. 325 00:29:29,750 --> 00:29:32,041 É... o noso barco. 326 00:29:38,208 --> 00:29:39,208 O dragón. 327 00:29:43,458 --> 00:29:44,583 Quietos. 328 00:30:04,916 --> 00:30:06,333 A elfa tróuxoo ata nós. 329 00:30:26,750 --> 00:30:27,583 Velaí vén! 330 00:30:34,083 --> 00:30:35,083 Axuda! 331 00:32:01,125 --> 00:32:02,125 Como te chaman? 332 00:32:10,166 --> 00:32:11,250 Galadriel. 333 00:32:13,166 --> 00:32:14,333 Eu son Halbrand. 334 00:32:15,250 --> 00:32:16,458 Que rumbo poñemos? 335 00:33:31,375 --> 00:33:32,583 Si! 336 00:33:45,416 --> 00:33:47,208 Un can pode ladrarlle á lúa, 337 00:33:49,083 --> 00:33:50,875 mais non a pode baixar. 338 00:33:52,416 --> 00:33:53,750 Marcha xa. 339 00:33:56,000 --> 00:33:59,666 Querería o meu señor escoltarme ata a saída? 340 00:34:01,958 --> 00:34:03,125 Con gusto. 341 00:34:15,083 --> 00:34:18,958 Impresionante. Non pensei ver a túa cidade tan cambiada. 342 00:34:20,250 --> 00:34:22,041 Vinte anos dan para moito. 343 00:34:22,125 --> 00:34:23,625 Foron 20 só? 344 00:34:26,208 --> 00:34:28,458 Pois cóntarme o segredo. 345 00:34:30,791 --> 00:34:32,375 Son segredos nosos. 346 00:34:33,041 --> 00:34:34,125 Durin, ofendinte? 347 00:34:34,208 --> 00:34:36,250 Para dicircho cómpre máis tempo. 348 00:34:36,333 --> 00:34:39,125 Bótame sen explicacións, tes dereito. 349 00:34:39,208 --> 00:34:41,041 Abofé, elfo arrogante. 350 00:34:41,125 --> 00:34:43,333 Pero non perdas a mellor oportunidade 351 00:34:43,416 --> 00:34:45,500 que tivo un príncipe anano, 352 00:34:45,583 --> 00:34:47,833 e escoita a miña proposta. 353 00:34:47,916 --> 00:34:48,875 Velaí está. 354 00:34:48,958 --> 00:34:51,541 Viñeches porque algo queres. 355 00:34:51,625 --> 00:34:53,750 Vin ver un amigo que botei en falta. 356 00:34:53,833 --> 00:34:56,916 Ai si? Faltaches á miña voda. 357 00:34:57,000 --> 00:34:59,375 Ao nacemento dos meus fillos. Dos dous! 358 00:35:01,250 --> 00:35:05,583 Non podes chegar na miña montaña e esixir un recibimento cálido. 359 00:35:06,083 --> 00:35:08,916 Non podes reclamar o que ti desbotaches. 360 00:35:09,000 --> 00:35:10,291 Desbotei? Durin... 361 00:35:10,375 --> 00:35:13,458 Vinte anos poden ser un pestanexo para un elfo, 362 00:35:14,333 --> 00:35:16,833 pero eu vivín toda unha vida nese tempo. 363 00:35:18,875 --> 00:35:20,375 Unha na que faltaches. 364 00:35:33,208 --> 00:35:35,458 Que podes dicir diso... 365 00:35:37,500 --> 00:35:38,625 "amigo"? 366 00:35:44,208 --> 00:35:45,416 Parabéns. 367 00:35:47,541 --> 00:35:50,333 Pola túa muller e os fillos. 368 00:35:52,666 --> 00:35:54,666 Espero que chegues a perdoarme. 369 00:35:57,041 --> 00:36:01,083 E tamén me gustaría desculparme coa túa familia. 370 00:36:06,458 --> 00:36:08,583 Descúlpaste con Disa e liscas. 371 00:36:08,666 --> 00:36:10,666 Nada de coñecerse mellor. 372 00:36:10,750 --> 00:36:15,458 Nin de lembrar o pasado e tampouco vas quedar a cear. 373 00:36:15,541 --> 00:36:17,000 Entendido. 374 00:36:17,083 --> 00:36:19,500 Polas barbas de Aulë! Non! 375 00:36:19,583 --> 00:36:21,375 Non serás Elrond, ou que? 376 00:36:21,458 --> 00:36:24,708 Iso temo, fermosa dona. 377 00:36:31,333 --> 00:36:33,583 Durin non me dixo que viñas. 378 00:36:33,666 --> 00:36:34,958 Durin non o sabía. 379 00:36:35,041 --> 00:36:38,291 Fun neglixente ao non visitarvos antes. 380 00:36:38,375 --> 00:36:41,666 Un descoido polo que me veño desculpar. 381 00:36:41,750 --> 00:36:44,041 -Quedas a cear. -Xa marcha. 382 00:36:44,125 --> 00:36:45,708 -Queda. -Marcha! 383 00:36:45,791 --> 00:36:46,708 Queda. 384 00:36:49,333 --> 00:36:53,500 Ei! Téñovos dito que me deixedes as cabezas! 385 00:36:53,583 --> 00:36:57,125 E eu díxenvos, trasnos, que quedásedes na cama. 386 00:36:57,250 --> 00:36:58,291 Veña! 387 00:36:58,375 --> 00:37:01,458 Gerda! Gamli! Veña, bulide. 388 00:37:02,500 --> 00:37:04,791 Ponte cómodo, por favor. 389 00:37:05,541 --> 00:37:07,000 Pero non demasiado. 390 00:37:08,041 --> 00:37:09,208 Gamli, por favor! 391 00:37:09,291 --> 00:37:12,083 Mirade que ides para as de minas sal! 392 00:37:12,166 --> 00:37:15,166 Cos troles das covas e as arañas das estalagmitas! 393 00:37:25,333 --> 00:37:27,666 Como vos coñecestes? 394 00:37:28,166 --> 00:37:31,250 Eu estaba a resoar unha cámara que abriran, 395 00:37:31,333 --> 00:37:34,625 convencida de que había preto un bo depósito de prata... 396 00:37:34,708 --> 00:37:37,208 "Resoar"? Nunca oíra iso. 397 00:37:37,291 --> 00:37:39,291 Cantámoslle á pedra. 398 00:37:39,375 --> 00:37:41,708 Unha montaña éche coma unha persoa. 399 00:37:41,791 --> 00:37:46,208 É unha historia longa e cambiante con incontables elementos. 400 00:37:46,291 --> 00:37:48,958 A terra e o mineral, o aire e a auga. 401 00:37:49,041 --> 00:37:53,750 Cántalle como debes e cada elemento reflectirá a canción 402 00:37:53,833 --> 00:37:57,166 e contarache a súa historia, amosando o que agocha, 403 00:37:57,250 --> 00:37:59,708 onde minar, onde facer túneles e... 404 00:37:59,791 --> 00:38:02,333 E onde deixar a montaña intacta. 405 00:38:02,416 --> 00:38:04,250 É unha tradición fermosa. 406 00:38:07,916 --> 00:38:12,375 En fin, andabamos a sacar o material e o meu equipo de súpeto calou. 407 00:38:12,458 --> 00:38:14,750 Entón, vexo o noso príncipe. 408 00:38:14,833 --> 00:38:16,666 Viñera ver o que faciamos. 409 00:38:16,750 --> 00:38:18,791 Algo por baixo do del. 410 00:38:19,250 --> 00:38:21,083 Pensei que era só curiosidade, 411 00:38:21,500 --> 00:38:24,916 ata que apareceu na seguinte prospección, 412 00:38:25,000 --> 00:38:29,458 e na seguinte, e na seguinte. 413 00:38:29,541 --> 00:38:31,500 Sempre che foi moi fisgón. 414 00:38:31,583 --> 00:38:34,875 Tardou semanas en atreverse a cortexarme. 415 00:38:34,958 --> 00:38:36,833 Dúas semanas como moito. 416 00:38:36,916 --> 00:38:39,041 -Foron cinco. -Mentireira. 417 00:38:39,125 --> 00:38:40,333 É mentira. 418 00:38:40,416 --> 00:38:42,625 Agora dirá que non, 419 00:38:42,708 --> 00:38:46,583 mais quedou namorada en canto nos vimos. 420 00:38:50,500 --> 00:38:52,583 Unha unión feliz, dende logo. 421 00:38:52,666 --> 00:38:54,458 Deberas vir á voda. 422 00:38:55,000 --> 00:38:56,166 Abonda. 423 00:38:57,625 --> 00:38:59,250 O teu amigo está aquí. 424 00:39:00,041 --> 00:39:02,041 Non podemos alegrarnos diso? 425 00:39:02,125 --> 00:39:03,541 Non está aquí por nós. 426 00:39:03,625 --> 00:39:06,125 O rei del enviouno a quitarnos o noso. 427 00:39:06,208 --> 00:39:09,041 Ao contrario, vir a Khazad-dûm foi idea miña. 428 00:39:09,125 --> 00:39:11,250 Só che pedín que me escoitases. 429 00:39:11,333 --> 00:39:13,166 Xa, así empezan. 430 00:39:13,250 --> 00:39:16,250 E despois, sácannos ata os ollos. 431 00:39:16,333 --> 00:39:19,166 -Os elfos tiran para os elfos. -Cando fun así? 432 00:39:19,250 --> 00:39:21,875 -Non sei. Dimo ti. -Polas barbas de Aulë! 433 00:39:24,333 --> 00:39:26,458 Non vos podedes amigar? 434 00:39:33,875 --> 00:39:35,708 Vexo que coidastes da plántula. 435 00:39:36,625 --> 00:39:39,083 Plantámola e fixémola medrar. 436 00:39:39,625 --> 00:39:42,416 É coma se fose a nosa terceira filla. 437 00:39:43,250 --> 00:39:45,250 Que clase de árbore é exactamente? 438 00:39:46,041 --> 00:39:49,500 Unha plántula da nosa Grande Árbore de Lindon. 439 00:39:50,000 --> 00:39:52,875 Símbolo da forza e da vitalidade da nosa xente. 440 00:39:53,208 --> 00:39:54,916 Algúns chamáronlle tolo 441 00:39:55,583 --> 00:39:58,583 por crer que medraría nun lugar tan escuro. 442 00:39:58,666 --> 00:40:01,000 Onde hai amor, non hai escuridade. 443 00:40:02,041 --> 00:40:05,000 Como non ía medrar nun fogar coma o voso? 444 00:40:14,166 --> 00:40:15,916 Non irás marchar xa? 445 00:40:16,000 --> 00:40:18,500 Temo que prolonguei de máis a visita. 446 00:40:18,583 --> 00:40:21,208 Grazas, Disa, pola hospitalidade. 447 00:40:23,125 --> 00:40:24,375 Durin. 448 00:40:32,000 --> 00:40:33,458 Raio, senta! 449 00:40:34,625 --> 00:40:37,416 -Por favor, non quero importunar. -Que sentes. 450 00:40:37,500 --> 00:40:38,583 Estás seguro? 451 00:40:38,666 --> 00:40:42,416 Non. E sigo enfadado. Fálame da proposta do teu rei 452 00:40:42,500 --> 00:40:45,291 para que decida se presentarlla a meu pai 453 00:40:45,375 --> 00:40:47,708 ou guindala nun foxo de escoura. 454 00:41:12,625 --> 00:41:14,250 Non tes que estar distante. 455 00:41:17,083 --> 00:41:20,333 Só me pregunto que clase de home 456 00:41:20,416 --> 00:41:23,708 abandonaría tan axiña os compañeiros á súa sorte. 457 00:41:23,791 --> 00:41:25,875 Un que sabe sobrevivir. 458 00:41:26,625 --> 00:41:28,583 Por que ser parte do grande albo? 459 00:41:28,666 --> 00:41:30,166 Segues sendo un albo. 460 00:41:31,500 --> 00:41:34,500 Dubido que esteamos a salvo ata chegar a terra. 461 00:41:34,583 --> 00:41:37,000 Estar a salvo non será tan doado. 462 00:41:37,416 --> 00:41:39,291 Polo menos, non para ti. 463 00:41:40,458 --> 00:41:42,375 "Separácheste" do teu barco? 464 00:41:43,791 --> 00:41:44,833 De veras? 465 00:41:46,166 --> 00:41:48,708 -Es unha desertora. -Teño pinta diso? 466 00:41:48,791 --> 00:41:52,791 Non tes pinta de seres das que lle pasan cousas porque si. 467 00:41:53,208 --> 00:41:55,083 Daquela, andas fuxindo. 468 00:41:55,166 --> 00:41:58,458 Aínda non sei se foxes de algo ou persegues algo. 469 00:41:58,541 --> 00:42:00,875 Era o meu deber volver á Terra Media. 470 00:42:02,083 --> 00:42:04,375 E iso e todo o que precisas saber. 471 00:42:04,458 --> 00:42:08,250 -Asuntos élficos importantes, claro. -Que che fixeron os elfos? 472 00:42:08,333 --> 00:42:10,583 Cúlpasnos por estares aquí perdido? 473 00:42:10,666 --> 00:42:13,875 Non foron elfos os que me botaron da miña terra. 474 00:42:15,375 --> 00:42:16,541 Foron orcos. 475 00:42:25,458 --> 00:42:28,500 O teu fogar... onde era? 476 00:42:30,208 --> 00:42:31,708 Que importa? 477 00:42:32,791 --> 00:42:33,833 É cinzas. 478 00:42:37,208 --> 00:42:39,541 Coñezo ben a dor que levas contigo. 479 00:42:41,208 --> 00:42:42,291 Síntoo. 480 00:42:47,125 --> 00:42:48,541 Polos que perdiches. 481 00:42:55,125 --> 00:42:56,500 O que tes no pescozo... 482 00:42:58,250 --> 00:43:00,250 É o emblema do voso rei? 483 00:43:00,333 --> 00:43:01,500 Nós non temos rei. 484 00:43:01,625 --> 00:43:05,000 -De térdelo, onde estaría o reino? -Para que? 485 00:43:05,083 --> 00:43:08,083 E se che digo que o poderiamos recuperar? 486 00:43:08,458 --> 00:43:10,083 Non tes exército. 487 00:43:10,166 --> 00:43:11,750 Por que evades a pregunta? 488 00:43:11,833 --> 00:43:13,208 Que facías soa no mar? 489 00:43:13,291 --> 00:43:15,666 En vez da gloria eterna, escollín buscar 490 00:43:15,750 --> 00:43:18,125 o inimigo responsable do teu sufrimento. 491 00:43:18,208 --> 00:43:21,583 Elfa, non fuches ti a causante e non podes arranxalo. 492 00:43:21,666 --> 00:43:25,083 Aínda tendo moita vontade. Ou orgullo. 493 00:43:26,791 --> 00:43:28,166 Así que déixao estar. 494 00:43:28,625 --> 00:43:32,833 Persigo ese inimigo dende antes de que o sol tinxise o ceo. 495 00:43:33,416 --> 00:43:36,083 Levaría máis tempo do que vivirás 496 00:43:36,166 --> 00:43:39,500 pronunciar os nomes dos que me arrebataron. 497 00:43:40,166 --> 00:43:43,416 Así que non podo deixar estar. 498 00:43:46,125 --> 00:43:49,791 Por fin, un pouco de sinceridade. 499 00:43:49,875 --> 00:43:53,125 Se queres matar orcos e saldar contas, é cousa túa. 500 00:43:53,208 --> 00:43:54,875 Non o disfraces de heroísmo. 501 00:43:54,958 --> 00:43:57,291 Disme onde anda o inimigo ou non? 502 00:43:57,375 --> 00:43:58,541 Nas Terras do Sur. 503 00:44:02,041 --> 00:44:04,208 Preciso saber cantos eran 504 00:44:04,291 --> 00:44:06,000 para quen loitaban, 505 00:44:06,083 --> 00:44:09,875 e despois lévasme ao último sitio onde os viron. 506 00:44:10,916 --> 00:44:12,541 Teño plans meus, elfa. 507 00:44:22,375 --> 00:44:23,458 Prepárate. 508 00:44:45,500 --> 00:44:47,791 -Coidado! -Amodo, rapaza. 509 00:44:51,583 --> 00:44:53,375 Como que non había cadáveres? 510 00:44:53,458 --> 00:44:55,375 A vila toda estaba baleira. 511 00:44:55,458 --> 00:44:59,000 Era coma se a terra tragase a xente de Hordern toda. 512 00:44:59,083 --> 00:45:01,458 Esta terra sempre tivo mal xenio. 513 00:45:01,541 --> 00:45:04,833 E o lago Dedotorto sempre está a filtrar vapores. 514 00:45:04,916 --> 00:45:06,000 Vin un túnel. 515 00:45:06,083 --> 00:45:07,541 Profundo e ben escavado. 516 00:45:07,625 --> 00:45:10,791 Quen o fixo non o sei, pero escavaron cara a nós. 517 00:45:10,875 --> 00:45:13,250 Se quedamos aquí, corremos perigo. 518 00:45:13,333 --> 00:45:14,750 Debemos correr a voz. 519 00:45:14,833 --> 00:45:17,500 Non! Non irei con ese conto, Bronwyn. 520 00:45:17,583 --> 00:45:20,958 Teño visto sismos menos nocivos ca unha lingua leriante, 521 00:45:21,041 --> 00:45:24,625 e sen proba ningunha, non hai caso. 522 00:45:24,708 --> 00:45:27,125 Waldreg, estamos indefensos. 523 00:45:27,208 --> 00:45:29,750 Ostirith está baleiro. A torre, abandonada. 524 00:45:29,833 --> 00:45:31,791 E non vou traer os elfos de volta 525 00:45:31,875 --> 00:45:33,708 por culpa dunha fochanca. 526 00:45:33,791 --> 00:45:37,791 Que marcharan é un alivio. Ao menos para moitos de nós. 527 00:46:00,791 --> 00:46:02,041 Condenados ratos! 528 00:46:06,708 --> 00:46:09,833 Mal raio vos coma! 529 00:49:16,208 --> 00:49:17,291 Theo? 530 00:49:19,875 --> 00:49:21,083 Theo! 531 00:49:35,541 --> 00:49:37,541 Theo, que pasa? Que pasou? 532 00:49:37,625 --> 00:49:39,250 Pide axuda. Corre. 533 00:51:29,541 --> 00:51:31,416 Theo, corre! 534 00:51:35,583 --> 00:51:36,666 Ei! 535 00:51:44,416 --> 00:51:45,333 Para! 536 00:52:26,958 --> 00:52:29,625 Se algún de vós quere vivir, 537 00:52:29,708 --> 00:52:32,208 marchamos para a torre dos elfos ao albor. 538 00:52:50,166 --> 00:52:53,375 Temos que amarrar o barco! Que se desfai! 539 00:52:53,458 --> 00:52:54,708 O vento é moi forte. 540 00:52:54,791 --> 00:52:56,125 Colle os cabos! 541 00:53:19,708 --> 00:53:22,416 Veña! Dáme a man. 542 00:53:24,958 --> 00:53:26,625 Átate a min! 543 00:53:26,708 --> 00:53:28,750 Veña! Dáme a man. 544 00:55:27,041 --> 00:55:29,958 Ola. Son eu. Son Nori. 545 00:55:40,500 --> 00:55:45,041 Faltan uns días para a migración e está todo... 546 00:55:45,833 --> 00:55:47,500 patas para a arriba. 547 00:55:50,541 --> 00:55:52,125 Quería axudarche. 548 00:55:53,875 --> 00:55:55,875 Pensei que podería, pero non. 549 00:56:08,958 --> 00:56:11,958 É un farol. Facémolos con vagalumes. 550 00:56:59,666 --> 00:57:01,333 Que lles está a dicir? 551 00:57:03,625 --> 00:57:05,333 Non falo vagalume. 552 00:57:35,458 --> 00:57:37,125 Son estrelas. 553 00:57:38,166 --> 00:57:41,125 Coma unha constelación. 554 00:57:42,041 --> 00:57:45,583 Vale, son estrelas. Que quere dicir iso? 555 00:57:45,666 --> 00:57:47,083 É o xeito de axudarlle. 556 00:57:47,166 --> 00:57:50,041 Quere que lle axudemos a atopar esas estrelas. 557 00:57:51,875 --> 00:57:53,291 É iso, non é? 558 00:57:54,208 --> 00:57:55,416 Non si? 559 00:58:05,791 --> 00:58:07,583 Nunca vin esas estrelas, 560 00:58:09,333 --> 00:58:12,333 pero fágome unha idea de onde atopalas. 561 00:58:25,458 --> 00:58:26,625 Nori... 562 00:58:41,958 --> 00:58:44,875 Estou seguro. Non sabe nada. 563 00:58:49,666 --> 00:58:50,833 Quizais si. 564 00:58:52,666 --> 00:58:53,833 Quizais non. 565 00:58:57,416 --> 00:58:59,625 Sempre hai arenito no granito 566 00:58:59,708 --> 00:59:01,708 no que respecta aos elfos. 567 00:59:01,791 --> 00:59:04,125 Non che parece moita coincidencia 568 00:59:04,208 --> 00:59:07,375 que un elfo apareza na nosa porta xusto agora? 569 00:59:07,458 --> 00:59:10,375 Coñezo a Elrond dende hai medio século, padre. 570 00:59:10,458 --> 00:59:12,750 Saberíao se agochase algo. 571 00:59:12,875 --> 00:59:16,500 Se cadra el sabe que ti agochas algo. 572 00:59:16,583 --> 00:59:18,875 Sobreestimas a raza del. 573 00:59:18,958 --> 00:59:22,166 Somos nós quen temos o martelo polo mango. 574 00:59:22,250 --> 00:59:24,541 Somos. Polo de agora. 575 00:59:28,791 --> 00:59:30,750 Elrond é un amigo. Fíome del. 576 00:59:30,833 --> 00:59:33,500 Non hai confianza entre rocha e martelo. 577 00:59:34,166 --> 00:59:38,041 Chegado o momento, un dos dous escacha. 578 01:00:54,125 --> 01:00:55,083 Theo! 579 01:00:59,500 --> 01:01:00,500 Estás listo? 580 01:01:00,916 --> 01:01:03,250 Si, madre. Estou. 581 01:04:01,750 --> 01:04:03,750 Subtítulos: Lucía Doval 582 01:04:03,833 --> 01:04:05,833 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea