1 00:00:22,708 --> 00:00:24,708 Nada ten maldade ao comezo. 2 00:00:24,791 --> 00:00:26,500 Por aquí! 3 00:00:29,833 --> 00:00:33,916 Houbo un momento no que o mundo era tan novo 4 00:00:34,041 --> 00:00:37,041 que aínda non houbera o primeiro albor, 5 00:00:37,125 --> 00:00:41,416 pero mesmo entón había luz. 6 00:01:02,958 --> 00:01:05,875 E ben? Rematáchelo? 7 00:01:17,666 --> 00:01:21,208 Nin ti pensarás que esa chafallada vai flotar. 8 00:01:22,666 --> 00:01:24,208 Non vai flotar. 9 00:01:25,958 --> 00:01:29,000 Vai navegar. 10 00:01:48,666 --> 00:01:49,750 Para! 11 00:01:50,333 --> 00:01:51,166 Parade, non! 12 00:01:52,500 --> 00:01:54,041 Ídelo estragar! 13 00:01:54,125 --> 00:01:56,083 Parade! Non! 14 00:01:56,166 --> 00:01:58,500 -Veña! -Abonda, que o estragades! 15 00:02:02,208 --> 00:02:04,000 Díxenche que non ía flotar. 16 00:02:07,708 --> 00:02:09,166 Sóltame! 17 00:02:09,291 --> 00:02:11,541 Perdendo xa a compostura, Galadriel? 18 00:02:19,625 --> 00:02:21,833 Era un bo barco, irmá. 19 00:02:21,916 --> 00:02:23,833 Fíxeno como me ensinaches. 20 00:02:25,208 --> 00:02:29,791 Sabes por que os barcos flotan e as pedras non? 21 00:02:31,041 --> 00:02:35,416 Porque a pedra mira só cara abaixo. 22 00:02:36,583 --> 00:02:40,250 A escuridade da auga é enorme e irresistible. 23 00:02:41,708 --> 00:02:43,750 O barco tamén sente a escuridade, 24 00:02:43,833 --> 00:02:47,666 que o quere dominar e afundir. 25 00:02:49,458 --> 00:02:51,750 Pero o barco ten un segredo. 26 00:02:53,375 --> 00:02:57,291 Pois ao contrario cá pedra, olla para arriba, non para abaixo, 27 00:02:58,666 --> 00:03:00,875 fixo na luz que o guía, 28 00:03:01,750 --> 00:03:04,833 que murmura marabillas que a escuridade descoñece. 29 00:03:06,958 --> 00:03:10,500 Pero ás veces as luces brillan tanto 30 00:03:10,583 --> 00:03:13,250 reflectidas na auga coma no ceo. 31 00:03:13,333 --> 00:03:16,541 Custa distinguir o que é arriba do que é abaixo. 32 00:03:18,333 --> 00:03:20,875 Como saberei que luces debo seguir? 33 00:03:33,375 --> 00:03:34,875 Iso semella moi simple. 34 00:03:34,958 --> 00:03:37,166 As maiores verdades adoitan selo. 35 00:03:38,041 --> 00:03:40,458 Pero aprende a discernilas soa. 36 00:03:40,541 --> 00:03:43,375 Non estarei sempre para dicirchas. 37 00:03:43,458 --> 00:03:44,875 Non? 38 00:03:46,250 --> 00:03:48,750 Vamos. Madre e Padre agardan. 39 00:03:59,333 --> 00:04:01,458 Non tiñamos palabra para a morte. 40 00:04:02,583 --> 00:04:05,541 Pois pensabamos que a nosa ventura non tería fin. 41 00:04:20,833 --> 00:04:23,833 Pensabamos que a nosa luz non esmorecería. 42 00:04:28,666 --> 00:04:31,791 Por iso, cando o Grande Inimigo, Morgoth, 43 00:04:31,875 --> 00:04:34,916 destruíu a luz do noso fogar... 44 00:04:37,958 --> 00:04:39,791 resistimos. 45 00:04:43,583 --> 00:04:47,250 E unha lexión de elfos foi á guerra. 46 00:04:53,000 --> 00:04:58,708 Deixamos Valinor, o noso fogar, e fomos a un reino distante. 47 00:04:58,791 --> 00:04:59,833 OS MARES DIVISORIOS 48 00:04:59,916 --> 00:05:05,250 Un reino ateigado de perigos e estrañas criaturas. 49 00:05:05,875 --> 00:05:09,375 Un lugar coñecido como a Terra Media. 50 00:05:32,291 --> 00:05:34,875 Valaron kalanen! 51 00:05:34,958 --> 00:05:35,791 Firuvantë! 52 00:05:44,083 --> 00:05:46,500 Dixeron que remataría axiña, 53 00:05:48,041 --> 00:05:52,458 mais a guerra deixou a Terra Media en ruínas. 54 00:05:55,666 --> 00:05:59,250 E duraría séculos. 55 00:06:20,083 --> 00:06:23,666 Agora temos moitas palabras para a morte. 56 00:06:28,916 --> 00:06:31,875 Ao fin, Morgoth foi vencido. 57 00:06:32,875 --> 00:06:35,625 Pero non sen moita dor. 58 00:06:38,125 --> 00:06:42,833 Pois os seus orcos espalláranse por cada recuncho da Terra Media, 59 00:06:44,125 --> 00:06:46,583 multiplicándose en número, 60 00:06:46,666 --> 00:06:50,166 baixo as ordes do seu servidor máis devoto, 61 00:06:50,250 --> 00:06:54,083 un cruel e astuto feiticeiro. 62 00:06:54,166 --> 00:06:57,000 Chamábanlle Sauron. 63 00:06:58,708 --> 00:07:02,291 Meu irmán xurou perseguilo e destruílo, 64 00:07:05,000 --> 00:07:07,208 pero Sauron atopouno primeiro 65 00:07:09,291 --> 00:07:11,625 e marcoulle a pel cun símbolo, 66 00:07:14,416 --> 00:07:17,875 cuxo significado nin os máis sabios puideron descifrar. 67 00:07:22,375 --> 00:07:25,208 E alí, na escuridade, 68 00:07:25,875 --> 00:07:29,041 o seu xuramento pasou a ser o meu. 69 00:07:31,083 --> 00:07:33,625 Así, emprendemos a busca. 70 00:07:35,875 --> 00:07:38,750 Ata os lindes da Terra, fomos atrás de Sauron. 71 00:07:41,291 --> 00:07:43,833 Pero o rastro foi esvaecéndose. 72 00:07:46,416 --> 00:07:48,208 Un ano deu paso a outro. 73 00:07:48,958 --> 00:07:51,166 Un século deu paso a outro. 74 00:07:51,708 --> 00:07:55,375 E para moitos elfos a dor daqueles días 75 00:07:55,458 --> 00:07:58,458 quedou fóra do pensamento. 76 00:07:59,500 --> 00:08:02,000 Cada vez máis dos nosos 77 00:08:02,083 --> 00:08:05,125 comezaron a crer que Sauron era só unha lembranza. 78 00:08:05,208 --> 00:08:06,666 FORODWAITH O VOUGO SETENTRIONAL 79 00:08:06,750 --> 00:08:10,750 E que a ameaza por fin cesara. 80 00:08:14,000 --> 00:08:16,333 Oxalá eu fose coma eles. 81 00:09:13,333 --> 00:09:14,833 Comandante Galadriel. 82 00:09:16,916 --> 00:09:20,000 Esta compañía seguiuna ata os confíns do mundo. 83 00:09:20,083 --> 00:09:22,875 Pero ninguén que chegara ata esta fortaleza 84 00:09:22,958 --> 00:09:24,375 conseguiu atopar nada. 85 00:09:25,916 --> 00:09:28,916 Xa van anos dende que o último orco foi visto. 86 00:09:29,750 --> 00:09:34,250 E se os outros comandantes están no certo e o inimigo xa non existe? 87 00:09:34,333 --> 00:09:35,541 Está sendo noite. 88 00:09:36,291 --> 00:09:40,291 Canto pode vivir unha criatura onde ata o sol recea saír? 89 00:09:44,916 --> 00:09:47,250 Quizais sexa sensato acampar aquí 90 00:09:48,041 --> 00:09:50,250 e mañá iniciar a viaxe á casa. 91 00:09:54,750 --> 00:09:56,166 Váisenos a luz do día. 92 00:10:11,000 --> 00:10:12,291 Comandante, agarde! 93 00:10:12,375 --> 00:10:14,875 Non. Seguimos avanzando. 94 00:10:14,958 --> 00:10:16,416 Galadriel, pare! 95 00:10:39,000 --> 00:10:42,416 Aquí non hai nada. Xa deberiamos ter chegado. 96 00:10:50,666 --> 00:10:51,875 Xa chegamos. 97 00:11:13,333 --> 00:11:14,750 É aquí. 98 00:11:14,833 --> 00:11:18,041 Aquí se reuniron os orcos trala derrota de Morgoth. 99 00:11:19,125 --> 00:11:22,041 Deberon escapar máis dos que pensamos. 100 00:11:23,000 --> 00:11:25,416 Non sinto a man. 101 00:11:27,458 --> 00:11:28,541 Non. 102 00:11:30,083 --> 00:11:33,500 Neste lugar hai tanto mal que os fachos non dan calor. 103 00:11:34,250 --> 00:11:35,416 Por aquí. 104 00:11:36,000 --> 00:11:37,500 Como o sabe? 105 00:11:38,041 --> 00:11:39,666 Vai máis frío ca no resto. 106 00:12:09,291 --> 00:12:10,875 Aquí había unha porta. 107 00:12:12,083 --> 00:12:13,083 Derrubádea. 108 00:12:48,833 --> 00:12:50,625 Que sortilexio é este? 109 00:12:53,375 --> 00:12:56,916 Eses orcos xogaron cos poderes do Mundo Invisible. 110 00:12:57,666 --> 00:12:59,583 Feiticería escura da antigüidade. 111 00:13:03,833 --> 00:13:05,458 Pero cal era o seu fin? 112 00:13:06,416 --> 00:13:09,250 Seguro que xa se perdeu. 113 00:13:09,333 --> 00:13:11,500 O que pasou aquí foi hai moito. 114 00:13:19,125 --> 00:13:20,208 Auga. 115 00:13:30,291 --> 00:13:32,291 Nin a pedra pode ocultar a marca 116 00:13:32,375 --> 00:13:34,958 daquel cuxa man é un lume inextinguible. 117 00:13:42,708 --> 00:13:43,791 Estivo aquí. 118 00:13:44,916 --> 00:13:46,666 Sauron estivo aquí. 119 00:13:47,125 --> 00:13:49,458 Dilles aos outros que descansen. 120 00:13:49,541 --> 00:13:52,750 Partiremos ao albor. Seguiremos a busca cara ao norte. 121 00:13:52,833 --> 00:13:53,916 Máis ao norte? 122 00:13:54,000 --> 00:13:56,916 Esta marca deixárona para que os orcos a seguisen. 123 00:13:57,833 --> 00:14:00,333 A última vez que a vin foi no meu irmán. 124 00:14:00,916 --> 00:14:02,041 Debemos seguila. 125 00:14:02,541 --> 00:14:04,583 A marca ten varios séculos. 126 00:14:04,666 --> 00:14:06,500 Quen a deixou pode estar morto. 127 00:14:06,583 --> 00:14:08,458 Ou agardando, reunindo forza, 128 00:14:08,541 --> 00:14:10,875 perfeccionando as súas artes escuras. 129 00:14:10,958 --> 00:14:12,958 Excedemos as ordes hai meses. 130 00:14:13,041 --> 00:14:17,083 Deberiamos volver á casa e recibir consello do alto rei. 131 00:14:17,583 --> 00:14:20,666 Non hai alma na nosa compañía 132 00:14:21,791 --> 00:14:23,708 que ansíe o fogar máis ca min. 133 00:14:25,791 --> 00:14:28,791 Aínda podo sentir a luz das Árbores na cara. 134 00:14:30,791 --> 00:14:32,208 Aínda podo vela. 135 00:14:34,208 --> 00:14:36,375 Pero ata que esteamos seguros 136 00:14:36,875 --> 00:14:40,458 de que todo vestixio do noso inimigo foi vencido... 137 00:14:42,958 --> 00:14:44,458 xamais poderei volver. 138 00:15:17,583 --> 00:15:19,541 Trol da neve! 139 00:16:35,833 --> 00:16:37,375 Foi mala idea entrar aquí. 140 00:16:37,458 --> 00:16:38,833 Marcharemos pronto. 141 00:16:40,416 --> 00:16:41,875 É unha orde. 142 00:16:41,958 --> 00:16:43,458 Partimos coa alborada. 143 00:16:50,750 --> 00:16:52,500 Vai ter que facelo soa. 144 00:17:27,958 --> 00:17:33,958 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 145 00:17:40,791 --> 00:17:45,083 RHOVANION AS TERRAS ERMAS AO LESTE DO ANDUIN 146 00:17:55,666 --> 00:17:57,875 Pasa algo. Non hai nada para cazar. 147 00:17:57,958 --> 00:17:59,791 Hai lobos en cada matogueira. 148 00:18:00,166 --> 00:18:02,541 Non che parece algo estraño? 149 00:18:02,625 --> 00:18:04,375 O mundo éche estraño. 150 00:18:04,708 --> 00:18:06,416 Se deixo que iso me atorde, 151 00:18:06,500 --> 00:18:08,791 non me afastaría da taberna. 152 00:18:09,333 --> 00:18:10,166 Ei! 153 00:18:13,250 --> 00:18:14,833 Sigue camiñando. 154 00:18:14,916 --> 00:18:16,000 Por que? 155 00:18:17,750 --> 00:18:20,333 Semellaba un teixugo ou un raposo. 156 00:18:20,416 --> 00:18:21,750 Ou un pepeludo. 157 00:18:21,833 --> 00:18:23,083 Un pepeludo? 158 00:18:23,166 --> 00:18:25,000 Non me gustaría ver ningún, 159 00:18:25,083 --> 00:18:28,125 pero se os ves, ten coidado. 160 00:18:28,208 --> 00:18:30,541 Son criaturas perigosas. 161 00:18:31,958 --> 00:18:32,958 Iso inventáchelo. 162 00:18:35,250 --> 00:18:37,375 Veña. Dálle brío. 163 00:18:38,083 --> 00:18:41,250 A ver se chegamos ao lago antes do solpor. 164 00:19:09,541 --> 00:19:11,208 Despexado. 165 00:19:25,791 --> 00:19:26,791 Nori! 166 00:19:28,291 --> 00:19:29,375 Nori! 167 00:19:30,500 --> 00:19:31,666 Nori! 168 00:19:37,166 --> 00:19:38,333 Nori! 169 00:19:57,791 --> 00:20:00,416 Viaxeiros? Nesta época do ano? 170 00:20:00,500 --> 00:20:03,375 -É un presaxio. Avísovos. -Mal agoiro. 171 00:20:03,458 --> 00:20:05,458 -Ben malo. -Tranquila, Malva. 172 00:20:05,541 --> 00:20:08,791 A última vez que os vimos tan cedo foi na Gran Xeada. 173 00:20:08,875 --> 00:20:12,250 E ben lembro o desoladora que foi esa época. 174 00:20:12,333 --> 00:20:15,833 Seguro que se perderon. Nada máis. Ha ser iso. 175 00:20:15,916 --> 00:20:17,250 Vas estragar a cea. 176 00:20:17,333 --> 00:20:19,208 Busquei e volvín buscar. 177 00:20:19,291 --> 00:20:20,958 E os cativos seguen por aí. 178 00:20:21,041 --> 00:20:23,583 Estarán ben, Dula. 179 00:20:23,666 --> 00:20:26,375 Nori está con eles e xa sabes como é. 180 00:20:26,458 --> 00:20:28,291 Xa. Por iso. 181 00:20:30,708 --> 00:20:32,291 Podemos volver xa? 182 00:20:32,375 --> 00:20:34,875 Hai 110 cousas aquí que poderían matarnos. 183 00:20:34,958 --> 00:20:38,250 Son 111 se contas morrer coa preocupación. 184 00:20:38,333 --> 00:20:40,833 Sabes que non nos deixan afastarnos tanto. 185 00:20:40,916 --> 00:20:43,541 Se non fixeramos todo o que non debemos, 186 00:20:43,625 --> 00:20:45,250 non fariamos nada. 187 00:20:45,375 --> 00:20:46,208 Eu primeiro! 188 00:20:48,541 --> 00:20:50,750 Vamos. Ollo co charco. 189 00:20:51,875 --> 00:20:53,375 Coidado coa cabeza. 190 00:20:55,291 --> 00:20:56,125 Por aquí! 191 00:20:56,625 --> 00:20:57,750 Nori! 192 00:20:58,625 --> 00:20:59,916 Veña! 193 00:21:00,333 --> 00:21:01,166 É... 194 00:21:01,625 --> 00:21:02,708 Nori! 195 00:21:07,916 --> 00:21:09,000 Que ben. 196 00:21:11,875 --> 00:21:13,125 Veña. 197 00:21:13,208 --> 00:21:14,958 Podemos volver xa? 198 00:21:15,041 --> 00:21:17,750 -Se aínda non o viches. -Non vin o que? 199 00:21:17,833 --> 00:21:20,750 Aínda nos vai saír un trol das montañas. 200 00:21:21,916 --> 00:21:23,541 Que cousa marabillosa! 201 00:21:34,083 --> 00:21:35,250 Nori! 202 00:21:55,000 --> 00:21:56,166 Nori! 203 00:21:57,375 --> 00:21:58,541 Atopei unha cousa. 204 00:22:00,000 --> 00:22:01,708 Hai algo na lama. 205 00:22:02,583 --> 00:22:03,750 Que é iso? 206 00:22:05,833 --> 00:22:07,250 Semella un pegada. 207 00:22:09,500 --> 00:22:10,541 Un can. 208 00:22:11,250 --> 00:22:14,166 É só un can. Sabes que lles encantan as bagas. 209 00:22:20,916 --> 00:22:23,000 Vainos comer as bagas? 210 00:22:23,083 --> 00:22:25,166 Non, se non nos ve. 211 00:22:25,916 --> 00:22:29,250 Veña, andando todo o mundo. Hai que marchar. 212 00:22:29,333 --> 00:22:31,791 -Que apuro hai? -Lobo. 213 00:22:34,125 --> 00:22:35,875 Xa oístes a vosa irmá. Vamos. 214 00:22:35,958 --> 00:22:37,791 Bulide, veña. 215 00:22:37,875 --> 00:22:40,750 O primerio come torta antes na Festa da Colleita. 216 00:22:40,833 --> 00:22:43,041 Vamos. 217 00:22:43,125 --> 00:22:47,333 E se alguén pregunta, só estivemos buscando caracois. 218 00:22:57,125 --> 00:23:01,083 "I Palannúmen... I Alfirimë Nóri... 219 00:23:01,166 --> 00:23:02,916 "Na metta avantë... 220 00:23:03,875 --> 00:23:05,083 "Fogar. 221 00:23:07,625 --> 00:23:11,458 "Durante séculos, non deixaron fenda sen percorrer, 222 00:23:11,541 --> 00:23:14,166 "acabando cos remanentes do noso inimigo. 223 00:23:14,750 --> 00:23:17,416 "Coma a chuvia que cae sobre os ósos dun... 224 00:23:18,375 --> 00:23:19,458 "animal morto". 225 00:23:21,583 --> 00:23:24,916 "A chuvia que cae sobre os ósos de...". 226 00:23:26,708 --> 00:23:28,041 Heraldo Elrond. 227 00:23:30,500 --> 00:23:31,666 Por fin. 228 00:23:32,833 --> 00:23:35,666 Xa, pode parecer que non quixese ser atopado. 229 00:23:35,958 --> 00:23:37,250 Que novas traes? 230 00:23:37,333 --> 00:23:39,083 O Consello lamenta dicirlle 231 00:23:39,166 --> 00:23:41,750 que non se lle perimitirá asistir á reunión. 232 00:23:44,000 --> 00:23:45,375 Só Señores dos Elfos. 233 00:23:48,375 --> 00:23:49,791 Hai algo máis? 234 00:23:49,875 --> 00:23:52,000 Hai. Chegou a súa amiga. 235 00:23:52,916 --> 00:23:55,333 Está aquí? Por que non o dixeches antes? 236 00:24:02,250 --> 00:24:03,458 Para a cerimonia. 237 00:24:05,500 --> 00:24:11,500 LINDON CAPITAL DOS ALTOS ELFOS 238 00:24:21,500 --> 00:24:22,666 Galadriel. 239 00:24:24,666 --> 00:24:25,625 Elrond. 240 00:24:27,041 --> 00:24:29,041 Lindon recíbete con graza. 241 00:24:29,125 --> 00:24:30,791 Con graza son recibida. 242 00:24:36,291 --> 00:24:40,208 Din que cando entras, escoitas unha canción. 243 00:24:40,291 --> 00:24:42,416 Unha que todos lembramos. 244 00:24:43,625 --> 00:24:45,083 Envólvete unha luz, 245 00:24:45,166 --> 00:24:48,875 máis embriagadora ca ningunha sensación da Terra Media. 246 00:24:48,958 --> 00:24:53,208 Cando era nena, esa era a única emoción que coñecía. 247 00:24:53,291 --> 00:24:55,000 E mírate agora. 248 00:24:55,083 --> 00:24:58,083 Capitá dos Exércitos do Norte. Guerreira do Vougo. 249 00:24:58,750 --> 00:25:03,041 Agardaba que viñeses cuberta de carraña e lama. 250 00:25:03,125 --> 00:25:06,166 Desta vez, conxelada e con sangue de trol. 251 00:25:07,166 --> 00:25:08,250 E sen exército. 252 00:25:09,375 --> 00:25:10,791 Cóntamo todo. 253 00:25:11,458 --> 00:25:14,791 A existencia desta marca proba que Sauron escapou. 254 00:25:14,875 --> 00:25:16,125 Aínda anda por aí. 255 00:25:16,541 --> 00:25:18,166 A cuestión agora é onde. 256 00:25:19,250 --> 00:25:22,125 Pretendo solicitarlle ao rei unha nova compañía. 257 00:25:22,208 --> 00:25:25,208 -Se me dá abondo para... -Apenas chegaches. 258 00:25:25,291 --> 00:25:27,500 Tes que falar de marchar tan axiña? 259 00:25:27,583 --> 00:25:29,416 Ben sabes que debo. 260 00:25:30,250 --> 00:25:33,666 Haberá tempo abondo para tratar asuntos oficiais. 261 00:25:34,708 --> 00:25:36,291 Quero saber de ti. 262 00:25:37,708 --> 00:25:39,291 Da túa arrepiante viaxe. 263 00:25:40,000 --> 00:25:41,083 Vaites, Elrond. 264 00:25:41,166 --> 00:25:43,291 Estás feito un bo político. 265 00:25:43,375 --> 00:25:45,125 Dilo como algo espantoso. 266 00:25:45,208 --> 00:25:48,541 Non son unha cortesá que apazuga con afagos baldíos. 267 00:25:49,875 --> 00:25:52,291 Solicito falar co rei en persoa. 268 00:25:54,708 --> 00:25:56,416 Falaches claro. 269 00:25:57,750 --> 00:25:59,708 Así que tamén o farei. 270 00:26:02,750 --> 00:26:05,583 Non foi a túa compañía a que te desafiou alá. 271 00:26:06,083 --> 00:26:08,416 Fuches ti quen desafiou o alto rei 272 00:26:09,291 --> 00:26:12,041 ao negáreste a acatar os teus límites. 273 00:26:13,750 --> 00:26:15,333 Nun acto de grandeza, 274 00:26:15,416 --> 00:26:18,125 el decidiu honrar os teus logros, 275 00:26:18,958 --> 00:26:21,291 en vez de reprochar a túa insolencia. 276 00:26:23,750 --> 00:26:25,416 Volve poñelo a proba 277 00:26:25,500 --> 00:26:28,916 e pode que o atopes menos receptivo do que esperabas. 278 00:26:35,416 --> 00:26:38,458 Vasme concertar unha audiencia ou non? 279 00:26:40,583 --> 00:26:43,541 Se despois da cerimonia aínda é a túa vontade, 280 00:26:43,625 --> 00:26:45,041 terala. 281 00:26:57,333 --> 00:26:58,833 A meniña volveu. 282 00:26:58,916 --> 00:27:01,500 -Como estás? -Mellor ca ben, padre. 283 00:27:01,583 --> 00:27:03,041 Mira para aí! 284 00:27:03,125 --> 00:27:06,125 Atopaches todo iso na beira do río, non si? 285 00:27:06,958 --> 00:27:08,916 Oíches o dos viaxeiros? 286 00:27:09,000 --> 00:27:11,416 -Viaxeiros? -Cazadores. 287 00:27:12,000 --> 00:27:13,333 Dous. 288 00:27:13,416 --> 00:27:15,500 Grandes coma farallóns. 289 00:27:15,583 --> 00:27:17,041 Por alí, naquela crista. 290 00:27:17,125 --> 00:27:18,625 Mira ti, e non os vin. 291 00:27:18,708 --> 00:27:22,375 Para outra queda máis preto da casa e non perdes nada. 292 00:27:31,208 --> 00:27:33,416 Fuches á vella granxa outra vez. 293 00:27:34,125 --> 00:27:35,291 Non si? 294 00:27:36,416 --> 00:27:37,416 Tiven coidado. 295 00:27:37,500 --> 00:27:39,416 Pero os cativos poden non telo. 296 00:27:39,500 --> 00:27:41,083 Síntoo, non o sabía. 297 00:27:41,166 --> 00:27:43,750 Nunca veñen cazadores antes da colleita. 298 00:27:44,416 --> 00:27:45,625 Nin lobos. 299 00:27:48,500 --> 00:27:51,041 Se cadra hai problemas no sur. 300 00:27:51,125 --> 00:27:54,208 Que máis che dá iso, Elanor Brandipé? 301 00:27:58,666 --> 00:28:00,375 Nunca te preguntaches... 302 00:28:01,416 --> 00:28:02,916 que hai máis alá? 303 00:28:03,541 --> 00:28:04,875 Ata onde chega o río 304 00:28:04,958 --> 00:28:08,583 ou onde aprenden os pardais o que trilan na primavera? 305 00:28:09,166 --> 00:28:13,333 Dáme a alma que hai máis marabillas no mundo 306 00:28:13,875 --> 00:28:15,500 das que podemos imaxinar. 307 00:28:16,458 --> 00:28:18,000 Xa cho teño dito. 308 00:28:18,750 --> 00:28:20,583 Moreas de veces. 309 00:28:22,500 --> 00:28:24,916 Os elfos teñen que protexer os bosques. 310 00:28:25,000 --> 00:28:28,250 Os ananos, as minas. Os homes, os campos de cereais. 311 00:28:29,166 --> 00:28:32,833 Mesmo as árbores teñen que pensar na terra das súas raíces. 312 00:28:33,458 --> 00:28:37,291 Pero os pepeludos estamos libres dos problemas do ancho mundo. 313 00:28:37,375 --> 00:28:41,125 Somos pequenas ondas nunha longa corrente. 314 00:28:41,541 --> 00:28:43,958 As estacións márcannos o camiño. 315 00:28:44,833 --> 00:28:47,708 Ninguén sae do carreiro e ninguén camiña só. 316 00:28:49,708 --> 00:28:52,416 Témonos uns aos outros e estamos a salvo. 317 00:28:53,875 --> 00:28:55,375 Así é como sobrevivimos. 318 00:28:58,750 --> 00:29:00,875 Veña. Axuda a teu pai. 319 00:29:03,583 --> 00:29:07,000 Ese é o problema. Unha roda ten que ser redonda. 320 00:29:40,708 --> 00:29:44,666 Estes valorosos guerreiros nosos 321 00:29:44,750 --> 00:29:49,291 axeónllanse aquí ante nós, vitoriosos. 322 00:29:50,958 --> 00:29:53,708 Pois malia que Morgoth caeu hai unha era, 323 00:29:54,416 --> 00:29:58,208 algúns temían que un novo mal xurdise da súa sombra. 324 00:29:58,291 --> 00:30:00,125 Así, durante séculos, 325 00:30:00,208 --> 00:30:04,291 estes soldados non deixaron fenda sen percorrer, 326 00:30:04,375 --> 00:30:07,625 acabando cos remanentes do noso inimigo, 327 00:30:07,708 --> 00:30:11,416 coma a chuvia que cae sobre os ósos dun cadáver podrecido. 328 00:30:14,125 --> 00:30:15,458 E agora, por fin, 329 00:30:16,666 --> 00:30:20,041 volven con nós, triunfantes, 330 00:30:20,125 --> 00:30:23,250 pois probaron que non queda dúbida 331 00:30:23,333 --> 00:30:27,458 de que os días de guerra remataron. 332 00:30:29,791 --> 00:30:30,875 Hoxe... 333 00:30:32,708 --> 00:30:35,541 os nosos días de paz comezan. 334 00:31:01,541 --> 00:31:04,958 E en sinal da nosa gratitude, 335 00:31:06,041 --> 00:31:08,583 estes heroes serán laureados 336 00:31:08,666 --> 00:31:11,416 co maior dos nosos honores. 337 00:31:11,500 --> 00:31:14,791 Serán acompañados aos Portos Grises 338 00:31:14,875 --> 00:31:19,208 e poderán cruzar os mares para morar toda a eternidade 339 00:31:20,291 --> 00:31:24,000 no Reino Abeizoado do Oeste Distante. 340 00:31:24,083 --> 00:31:27,250 As Terras Inmorredoiras de Valinor. 341 00:31:28,083 --> 00:31:31,916 Á fin, regresan ao fogar. 342 00:32:34,041 --> 00:32:37,375 Vas quedar aí de pé, respirando coma un orco? 343 00:32:40,583 --> 00:32:44,000 Din que o viño da vitoria é máis doce 344 00:32:44,083 --> 00:32:46,666 para quen con amarguras o fermentou. 345 00:32:47,416 --> 00:32:49,250 Non me sinto vitoriosa. 346 00:32:49,333 --> 00:32:52,375 Mereces os honores deste día. 347 00:32:53,250 --> 00:32:54,916 Teu irmán estaría orgulloso. 348 00:33:01,208 --> 00:33:03,958 Lembro cando tallaron a primeira destas. 349 00:33:05,291 --> 00:33:08,708 O retrato dun caído preservado en algo vivo. 350 00:33:08,791 --> 00:33:12,541 Unha parte de min sempre pensou que o meu descanso estaría aquí, 351 00:33:12,625 --> 00:33:13,916 con eles. 352 00:33:14,958 --> 00:33:16,875 Porén, hei deixalos. 353 00:33:18,458 --> 00:33:22,458 Este é o agasallo do teu rei. 354 00:33:26,000 --> 00:33:28,000 Un agasallo que decidín refusar. 355 00:33:29,125 --> 00:33:30,125 Galadriel, ti... 356 00:33:30,208 --> 00:33:32,916 Meu irmán deu a vida na procura de Sauron. 357 00:33:34,416 --> 00:33:36,416 A súa encomenda é agora a miña. 358 00:33:39,250 --> 00:33:42,458 Irei na busca do inimigo que nos escapou no norte. 359 00:33:44,083 --> 00:33:46,125 Soa, se ten que ser. 360 00:33:48,291 --> 00:33:51,291 Ai, xa, o da marca misteriosa. 361 00:33:51,375 --> 00:33:53,208 Compartino co alto rei. 362 00:33:53,291 --> 00:33:55,083 -Entón...? -Por ver unha marca 363 00:33:55,166 --> 00:33:57,708 non quere dicir que vaias atopar a Sauron. 364 00:33:57,791 --> 00:34:01,166 Terminou. O mal marchou. 365 00:34:01,250 --> 00:34:03,625 Daquela por que o sinto aínda aquí? 366 00:34:05,041 --> 00:34:07,041 Despois de todo o que pasaches... 367 00:34:08,416 --> 00:34:10,666 é normal que esteas cofusa. 368 00:34:11,666 --> 00:34:13,125 Confusa? 369 00:34:16,750 --> 00:34:19,666 Agradezo que non coñezas o mal como eu o coñecín. 370 00:34:20,875 --> 00:34:23,125 Pero ti non viches o que eu vin. 371 00:34:23,208 --> 00:34:24,250 Vin bastante. 372 00:34:24,333 --> 00:34:27,958 Ti non viches o que eu vin. 373 00:34:28,791 --> 00:34:30,916 O mal non dorme, Elrond. 374 00:34:32,250 --> 00:34:33,458 O mal agarda. 375 00:34:34,125 --> 00:34:36,958 E no momento en que somos compracentes, 376 00:34:37,041 --> 00:34:38,458 céganos. 377 00:34:40,416 --> 00:34:43,041 Poñamos que os teus medos son certos 378 00:34:43,125 --> 00:34:46,458 e que o inimigo anda por aí, agardando. 379 00:34:47,125 --> 00:34:50,291 De veras cres que procuralo te vai satisfacer? 380 00:34:50,375 --> 00:34:54,041 Cres que un orco máis caído pola túa espada che traerá paz? 381 00:34:54,125 --> 00:34:56,041 -Se estás errada... -Non estou. 382 00:34:56,125 --> 00:34:57,583 Se estás errada, 383 00:34:58,458 --> 00:35:01,625 levarás máis elfos a morrer en terras afastadas? 384 00:35:03,458 --> 00:35:05,583 Para saber que fixeches abondo, 385 00:35:05,666 --> 00:35:08,500 cantas estatuas máis engadirías aquí? 386 00:35:09,333 --> 00:35:11,958 Ninguén na historia refusou a invitación. 387 00:35:12,791 --> 00:35:14,875 Se o fas, pode que non se repita. 388 00:35:15,750 --> 00:35:18,750 Quedarás aquí, afastada, 389 00:35:18,833 --> 00:35:21,083 roída por rumores e soños escuros. 390 00:35:21,166 --> 00:35:24,333 E no oeste, cres que o meu fado sería mellor? 391 00:35:25,458 --> 00:35:28,916 Onde a música calaría os berros da batalla nos meus oídos? 392 00:35:30,916 --> 00:35:34,833 Dis que conseguín a vitoria sobre tódolos horrores da Terra Media. 393 00:35:36,375 --> 00:35:38,583 E deixaríalos vivos dentro de min? 394 00:35:39,666 --> 00:35:41,000 Para levalos comigo? 395 00:35:42,000 --> 00:35:45,916 Inmortais, inmutables, inalterables, 396 00:35:46,958 --> 00:35:49,333 á terra da primavera sen inverno? 397 00:35:49,416 --> 00:35:51,833 Só no Reino Abeizoado 398 00:35:51,916 --> 00:35:54,416 pode sandar aquilo que crebou dentro de ti. 399 00:35:55,250 --> 00:35:56,333 Vai alá. 400 00:35:56,833 --> 00:35:58,625 Vai, e prométoche... 401 00:35:59,333 --> 00:36:03,250 que se o máis mínimo rumor da ameaza que concibes se proba, 402 00:36:03,750 --> 00:36:06,125 non descansarei ata poñerlle solución. 403 00:36:08,000 --> 00:36:10,416 Xa loitaches abondo, Galadriel. 404 00:36:13,000 --> 00:36:14,541 Deixa a espada. 405 00:36:15,291 --> 00:36:17,208 E sen ela, que serei? 406 00:36:17,291 --> 00:36:18,916 O que sempre fuches. 407 00:36:21,875 --> 00:36:23,125 A miña amiga. 408 00:36:42,083 --> 00:36:43,541 AS TERRAS DO SUR AS TERRAS DOS HOMES 409 00:37:20,291 --> 00:37:21,708 Boas tardes. 410 00:37:21,791 --> 00:37:23,333 Caraes en tres movementos. 411 00:37:28,166 --> 00:37:29,625 Envelenado, seguro. 412 00:37:29,708 --> 00:37:31,625 Envelenado? Por quen? 413 00:37:32,166 --> 00:37:35,250 Polo que sabemos, foi o paifoco choromicas. 414 00:37:47,375 --> 00:37:48,583 Arondir. 415 00:37:49,916 --> 00:37:52,250 Xa pasou unha quincena? 416 00:37:53,458 --> 00:37:54,583 Pasou. 417 00:37:56,416 --> 00:38:00,083 Haiche pouco que contar desta vez. 418 00:38:00,166 --> 00:38:03,583 Un par de liortas cativas, algunha trampa aos dados... 419 00:38:04,166 --> 00:38:06,291 Ai, si! 420 00:38:06,375 --> 00:38:08,833 Pasou algo emocionante o troudes pasado. 421 00:38:08,916 --> 00:38:10,833 Unha rifa por unha rapaza. 422 00:38:11,250 --> 00:38:14,666 El tiña un ollo vago e ela moi vivo, xa me entende. 423 00:38:16,875 --> 00:38:19,000 Tómalle algo, soldado? 424 00:38:19,083 --> 00:38:21,291 O meu pozo é seu, coma sempre. 425 00:38:21,375 --> 00:38:22,875 E o envelenamento? 426 00:38:23,375 --> 00:38:24,416 Cal dis? 427 00:38:24,500 --> 00:38:26,291 Do que falabades. 428 00:38:26,375 --> 00:38:27,500 Non, ho. 429 00:38:27,583 --> 00:38:30,625 El falaba dunha herba envelenada. 430 00:38:32,125 --> 00:38:34,958 Un tipo veu e dixo que lle murchara o pasto. 431 00:38:35,041 --> 00:38:37,208 Que só lle crecían malas herbas. 432 00:38:37,291 --> 00:38:40,000 E o tipo ese de onde era? 433 00:38:40,500 --> 00:38:42,000 Non sei. Do leste, coido. 434 00:38:42,750 --> 00:38:44,166 Que día estivo aquí? 435 00:38:44,625 --> 00:38:47,291 Déixao estar, orellas bicudas. 436 00:38:48,208 --> 00:38:50,250 Só é un pouco de herba. 437 00:38:51,333 --> 00:38:55,625 Eses cos que nos relacionades pereceron hai mil anos. 438 00:38:55,708 --> 00:38:58,541 Cando vai a vosa xente deixar o pasado atrás? 439 00:39:02,416 --> 00:39:05,958 O pasado está con todos nós, gústenos ou non. 440 00:39:06,833 --> 00:39:10,833 Un día, o noso verdadeiro rei regresará 441 00:39:11,958 --> 00:39:16,458 e sacaranos de debaixo das vosas botas bicudas. 442 00:39:16,541 --> 00:39:18,208 Apaga o lume, rapaz. 443 00:39:31,083 --> 00:39:31,916 Veña, rapaz. 444 00:39:35,208 --> 00:39:37,208 Vai querer algo máis? 445 00:40:00,791 --> 00:40:02,208 Dáme a man. 446 00:40:20,833 --> 00:40:22,000 Inzos de alfirin. 447 00:40:25,000 --> 00:40:27,666 Non vexo esa flor dende que era cativo. 448 00:40:28,416 --> 00:40:29,916 Onde as atopaches? 449 00:40:30,583 --> 00:40:34,041 Troqueillos a outro curador que pasou por aquí. 450 00:40:34,125 --> 00:40:36,250 Esmagamos os pétalos para unturas. 451 00:40:36,333 --> 00:40:37,958 Esmagádelos? 452 00:40:38,041 --> 00:40:39,500 Con delicadeza. 453 00:40:42,958 --> 00:40:44,958 Hai curadores entre os teus? 454 00:40:45,041 --> 00:40:46,416 Hainos. 455 00:40:46,500 --> 00:40:48,333 Pero chamámoslles artífices. 456 00:40:49,291 --> 00:40:53,333 A meirande parte das nosas feridas curan por si mesmas, 457 00:40:53,416 --> 00:40:57,833 así que o seu labor é converter verdades ocultas en obras fermosas. 458 00:40:58,791 --> 00:41:01,458 Pois a beleza ten o poder de sandar a alma. 459 00:41:03,750 --> 00:41:06,458 Espero que atopes beleza nas flores de alfirin. 460 00:41:13,750 --> 00:41:15,416 Deica a próxima. 461 00:41:15,500 --> 00:41:16,583 Soldado. 462 00:41:27,291 --> 00:41:28,916 Algo do que informar? 463 00:41:30,208 --> 00:41:31,875 Nada fóra do normal. 464 00:41:34,458 --> 00:41:35,666 E o pozo... 465 00:41:37,083 --> 00:41:38,333 Como foi? 466 00:41:39,875 --> 00:41:41,291 Sacaches auga? 467 00:41:42,208 --> 00:41:43,958 Agárdannos en Ostirith. 468 00:41:46,083 --> 00:41:48,916 Consideraches as consecuencias ás que me enfronto 469 00:41:49,000 --> 00:41:51,916 se o Gardián descobre a que andas? 470 00:41:52,000 --> 00:41:53,666 Non sei o que queres dicir. 471 00:41:53,750 --> 00:41:55,250 Xa é ebondo vixialos 472 00:41:55,333 --> 00:41:57,416 sen ter que velarte a ti. 473 00:41:57,500 --> 00:41:58,750 Cres que estou cego? 474 00:41:58,833 --> 00:42:02,000 Non. Penso que falas demasiado. 475 00:42:02,708 --> 00:42:04,625 E cheiras a follas podres. 476 00:42:04,708 --> 00:42:06,208 Diso nada. 477 00:42:06,291 --> 00:42:07,458 Cheiras. 478 00:42:15,291 --> 00:42:18,291 O que quero dicir é que só dúas veces na historia 479 00:42:18,375 --> 00:42:21,500 intentaron emparellarse os elfos cos humanos 480 00:42:21,583 --> 00:42:24,083 e as dúas acabaron en traxedia. 481 00:42:24,166 --> 00:42:25,250 Acabaron en morte. 482 00:42:25,333 --> 00:42:27,250 Non mo tes que lembrar. 483 00:42:28,833 --> 00:42:30,416 Entón por que insistes? 484 00:42:31,208 --> 00:42:32,916 Dáme unha razón. Unha. 485 00:42:33,000 --> 00:42:34,833 Arondir! Médhor! 486 00:42:36,291 --> 00:42:39,208 O alto rei dixo que os días de guerra acabaron. 487 00:42:40,666 --> 00:42:43,083 Todas as avanzadas vanse disolver. 488 00:42:44,541 --> 00:42:45,625 Marchamos. 489 00:43:12,791 --> 00:43:14,375 Botando a última ollada? 490 00:43:16,500 --> 00:43:19,000 Levo 79 anos destinado aquí. 491 00:43:21,125 --> 00:43:23,791 Supoño que me habituei a isto. 492 00:43:25,458 --> 00:43:29,000 Podes crer que este lugar foi antano un ermo rochoso? 493 00:43:29,083 --> 00:43:31,083 Cambiou moito, Gardián. 494 00:43:31,958 --> 00:43:34,041 Pero os homes que viven aquí non. 495 00:43:34,541 --> 00:43:38,541 O sangue dos que apoiaron a Morgoth aínda escurece as súas veas. 496 00:43:40,958 --> 00:43:42,833 Diso hai moito, Gardián. 497 00:43:47,833 --> 00:43:49,541 Que eras antes da guerra? 498 00:43:50,458 --> 00:43:51,583 Labrego. 499 00:43:51,666 --> 00:43:55,333 Pois ao teu regreso atoparás moito máis do que deixaches. 500 00:43:55,416 --> 00:43:58,208 Honores, un título... 501 00:43:59,500 --> 00:44:01,166 A túa vida comezará de novo. 502 00:44:02,166 --> 00:44:04,208 Pero lembra isto, Arondir: 503 00:44:04,833 --> 00:44:08,416 durante 79 anos, vixiaches os homes e mulleres de Tirharad, 504 00:44:08,500 --> 00:44:11,416 non polo que os seus antecesores fixeron un día, 505 00:44:12,875 --> 00:44:14,875 senón polo que aínda son. 506 00:44:20,416 --> 00:44:21,625 E agradece 507 00:44:23,166 --> 00:44:25,333 que non teñas que velos máis. 508 00:45:03,958 --> 00:45:07,166 Coidado. É po de raíz de lume, vai amodo. 509 00:45:07,250 --> 00:45:09,333 Máis amodo e boto aquí o día. 510 00:45:09,416 --> 00:45:11,291 Andas de mal xenio. 511 00:45:11,375 --> 00:45:14,000 Apenas durmín. Os ratos corricaron seguido 512 00:45:14,083 --> 00:45:16,125 -debaixo do sollado. -Outra vez? 513 00:45:16,208 --> 00:45:18,916 Tres noites seguidas. Rañando e rabuñando. 514 00:45:22,416 --> 00:45:24,250 Que fai un deles aquí? 515 00:45:35,250 --> 00:45:36,750 Oín que marchabades. 516 00:45:37,791 --> 00:45:38,958 Así é. 517 00:45:41,166 --> 00:45:43,166 U-lo resto da túa compañía? 518 00:45:44,458 --> 00:45:48,000 Andarán buscándome neste momento. 519 00:45:48,708 --> 00:45:50,375 E que fas na miña casa? 520 00:46:03,750 --> 00:46:05,583 Di o que teñas que dicir. 521 00:46:05,666 --> 00:46:07,166 Xa o dixen. 522 00:46:08,041 --> 00:46:11,583 Un cento de veces, agás con palabras. 523 00:46:13,583 --> 00:46:14,708 Madre. 524 00:46:16,250 --> 00:46:17,916 Un home pregunta por ti. 525 00:46:26,875 --> 00:46:27,958 Mamá. 526 00:46:31,291 --> 00:46:33,125 Tamén curas animais? 527 00:46:35,583 --> 00:46:37,583 Podes botarlle un ollo? 528 00:46:38,500 --> 00:46:41,541 Parece que ten unha enfermidade. 529 00:46:42,291 --> 00:46:43,708 Que tipo de enfermidade? 530 00:46:51,041 --> 00:46:52,541 Non é unha febre. 531 00:46:54,541 --> 00:46:57,166 E non parece que teña lastras. 532 00:46:58,375 --> 00:47:00,000 Onde estivo pastando? 533 00:47:00,083 --> 00:47:01,833 Polo leste hai uns días. 534 00:47:03,125 --> 00:47:04,416 Será que comeu algo? 535 00:47:09,208 --> 00:47:12,041 Que é iso que lle saíu? 536 00:47:13,333 --> 00:47:14,916 Canto ao leste? 537 00:47:15,000 --> 00:47:17,375 Pode que chegara ata Hordern. 538 00:47:24,625 --> 00:47:25,833 Onde vas? 539 00:47:25,916 --> 00:47:29,166 Hordern está a un día de viaxe. Podo chegar ó ocaso. 540 00:47:29,250 --> 00:47:30,583 Vou contigo. 541 00:47:43,083 --> 00:47:44,833 Alixeira. 542 00:47:44,916 --> 00:47:47,666 Se nos atopa aquí, arríncanos os dentes. 543 00:47:50,875 --> 00:47:53,000 Acheino por casualidade. 544 00:47:53,083 --> 00:47:54,375 Pisei a táboa boa. 545 00:47:56,916 --> 00:47:58,083 Veña, cóntame, 546 00:47:59,083 --> 00:48:01,625 é certo? O da túa nai. 547 00:48:02,583 --> 00:48:04,000 Se é certo o que? 548 00:48:04,708 --> 00:48:08,500 Polo visto Waldreg pillouna cun bicudo 549 00:48:08,625 --> 00:48:11,125 moceando tralo pozo del o outro día. 550 00:48:11,208 --> 00:48:12,333 Quen dixo iso? 551 00:48:12,416 --> 00:48:13,666 Todo o mundo. 552 00:48:14,125 --> 00:48:15,291 É mentira. 553 00:48:15,833 --> 00:48:18,375 Se cadra por iso marchou teu pai. 554 00:48:18,458 --> 00:48:19,791 Meu pai non marchou. 555 00:48:19,875 --> 00:48:21,708 Daquela que lle pasou? 556 00:48:21,791 --> 00:48:23,458 Nin sequera o sabes, ou que? 557 00:48:27,000 --> 00:48:29,833 Ese nugallán ten os tesouros do rei aí abaixo. 558 00:48:31,416 --> 00:48:32,916 Este é o tesouro. 559 00:48:53,125 --> 00:48:54,125 Coidado! 560 00:48:56,625 --> 00:48:57,708 Lisca, axiña. 561 00:49:36,541 --> 00:49:38,541 Vai xa alén do meu alcance. 562 00:49:39,750 --> 00:49:42,833 Galadriel tiña ben claro que debía seguir a busca. 563 00:49:44,083 --> 00:49:47,083 Mais tememos que se continúa, 564 00:49:47,166 --> 00:49:52,541 podería manter vivo o mal que quere derrotar. 565 00:49:54,583 --> 00:49:57,666 Pois o mesmo vento que quere apagar o lume 566 00:49:57,750 --> 00:50:00,166 tamén pode facer que se espalle. 567 00:50:02,000 --> 00:50:03,750 Entón a sombra que busca... 568 00:50:06,583 --> 00:50:08,166 Credes que existe? 569 00:50:08,791 --> 00:50:11,416 Calma a mente ao respecto. 570 00:50:12,750 --> 00:50:14,958 O que fixeches foi apropiado. 571 00:50:15,041 --> 00:50:18,333 Para Galadriel e para a Terra Media. 572 00:50:20,291 --> 00:50:22,291 É difícil saber o que é apropiado 573 00:50:24,208 --> 00:50:26,416 cando amizade e deber se entretecen. 574 00:50:28,416 --> 00:50:31,083 Tal é a carga dos que lideran 575 00:50:32,000 --> 00:50:34,208 e dos que queren liderar. 576 00:50:35,958 --> 00:50:38,250 Galadriel navega cara ao solpor. 577 00:50:38,333 --> 00:50:43,166 Ti e mais eu debemos mirar cara ao novo albor. 578 00:50:45,291 --> 00:50:46,458 E para tal efecto, 579 00:50:48,041 --> 00:50:51,625 oíches falar do traballo do señor Celebrimbor? 580 00:50:52,666 --> 00:50:55,083 O mellor ferreiro élfico, como non. 581 00:50:55,500 --> 00:50:59,166 Admiro a súa mestría dende neno. Por que o preguntades? 582 00:50:59,250 --> 00:51:04,000 Vai emprender un novo proxecto de notable importancia. 583 00:51:05,083 --> 00:51:08,208 E acordamos que traballarás con el. 584 00:51:11,166 --> 00:51:14,666 Deixo que lle expliques ti os detalles, señor Celebrimbor. 585 00:51:30,250 --> 00:51:33,291 Primeiro, a xente grande. Agora, as estrelas. 586 00:51:35,000 --> 00:51:37,333 Ollos espertos que deberían durmir. 587 00:51:41,291 --> 00:51:42,583 Case coma... 588 00:51:44,208 --> 00:51:46,375 Coma se agardasen ver algo. 589 00:51:46,875 --> 00:51:47,958 Ver o que? 590 00:51:48,875 --> 00:51:51,833 Unha reprimenda, se non te metes no teu. 591 00:51:51,916 --> 00:51:53,750 Que é? Que é o que ves? 592 00:51:53,833 --> 00:51:56,041 Elanor Brandipé, co nariz de teu pai 593 00:51:56,125 --> 00:51:57,958 e meténdoo onde non debes. 594 00:51:58,041 --> 00:52:02,250 Es demasiado curiosa e cheirona para ser unha pepeluda. 595 00:52:02,333 --> 00:52:05,041 Seguro que non es medio esquío? 596 00:52:06,458 --> 00:52:09,208 Sadoc. Sadoc, por favor. 597 00:52:10,000 --> 00:52:11,208 Cóntamo. 598 00:52:13,958 --> 00:52:16,541 Os ceos están estraños. 599 00:52:19,000 --> 00:52:20,208 Estraños... 600 00:52:20,291 --> 00:52:21,375 E logo como? 601 00:52:21,458 --> 00:52:23,333 Nori! Colliches a graxa? 602 00:52:23,416 --> 00:52:24,666 Xa vou. 603 00:52:33,416 --> 00:52:35,958 Coñeces ben a xente de Hordern? 604 00:52:36,041 --> 00:52:38,875 Abofé, ou debería. Nacín alí. 605 00:52:40,875 --> 00:52:42,041 Por que? 606 00:52:42,125 --> 00:52:45,583 Os de Hordern teñen fama de que foron 607 00:52:45,666 --> 00:52:47,333 moi leais a Morgoth. 608 00:52:48,458 --> 00:52:49,875 Que acabas de dicir? 609 00:52:53,916 --> 00:52:55,166 A verdade. 610 00:52:56,416 --> 00:52:58,416 Falas dos meus amigos. 611 00:52:58,500 --> 00:53:01,083 Dos meus familiares. Hai boa xente alí. 612 00:53:05,250 --> 00:53:07,041 Por iso estou aquí contigo 613 00:53:09,500 --> 00:53:11,125 e non co Gardián. 614 00:53:12,166 --> 00:53:13,416 Bronwyn. 615 00:53:20,125 --> 00:53:24,041 Es o único amable que coñecín nos meus días nestas terras. 616 00:53:40,708 --> 00:53:41,958 Hordern. 617 00:53:47,000 --> 00:53:48,083 AS TERRAS DO SUR 618 00:53:51,083 --> 00:53:52,708 TERRA MEDIA 619 00:53:52,791 --> 00:53:54,791 OS MARES DIVISORIOS 620 00:56:11,250 --> 00:56:16,916 Sabes por que os barcos flotan e as pedras non? 621 00:56:51,958 --> 00:56:53,125 Galadriel. 622 00:57:09,041 --> 00:57:10,458 Dáme a man. 623 00:57:23,208 --> 00:57:26,208 Pero ás veces as luces brillan tanto 624 00:57:26,291 --> 00:57:28,958 reflectidas na auga coma no ceo. 625 00:57:30,666 --> 00:57:33,083 Como saberei que luces teño que seguir? 626 00:57:34,750 --> 00:57:36,750 Ás veces non o podemos saber 627 00:57:38,500 --> 00:57:40,500 ata que non tocamos a escuridade. 628 00:57:52,125 --> 00:57:53,208 Galadriel! 629 01:02:39,666 --> 01:02:41,666 Subtítulos: Lucía Doval 630 01:02:41,750 --> 01:02:43,750 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea