1 00:00:06,541 --> 00:00:08,833 - Unha torre? - Precísoa na primavera. 2 00:00:09,250 --> 00:00:13,500 Considerastes buscar axuda fóra dos confíns da nosa raza? 3 00:00:13,500 --> 00:00:15,083 Fálame da túa proposta 4 00:00:15,083 --> 00:00:17,500 para decidir se presentarlla a meu pai. 5 00:00:17,625 --> 00:00:19,708 Notaría se el agochase algo. 6 00:00:19,750 --> 00:00:23,083 Se cadra notou el que o agochas ti. 7 00:00:23,750 --> 00:00:24,916 Que lugar é este? 8 00:00:25,000 --> 00:00:28,583 O Reino Insular de Númenor. 9 00:00:29,583 --> 00:00:31,125 Ando pensando en adialo. 10 00:00:31,125 --> 00:00:34,791 Cando a Proba de Mar comece e o barco parta, irás nel. 11 00:00:35,041 --> 00:00:36,541 Non quero problemas. 12 00:00:41,333 --> 00:00:44,041 É un mapa das Terras do Sur. 13 00:00:44,125 --> 00:00:46,375 Non fala só dun lugar, tamén dun plan 14 00:00:46,375 --> 00:00:48,125 para crear un reino propio. 15 00:00:48,125 --> 00:00:50,166 As Terras do Sur están en perigo. 16 00:00:50,250 --> 00:00:54,250 Se Sauron regresou, as Terras do Sur son só o principio. 17 00:00:55,083 --> 00:00:57,875 Se algún de vós quere vivir... 18 00:00:58,500 --> 00:01:01,291 marchamos para a torre dos elfos ao albor. 19 00:01:05,125 --> 00:01:06,833 Levádello a Adar. 20 00:01:07,958 --> 00:01:10,541 Sauron tiña moitos nomes na antigüidade. 21 00:01:10,625 --> 00:01:12,333 Pode que este sexa un deles. 22 00:01:13,125 --> 00:01:17,291 O teu pobo non ten rei, porque ese rei es ti. 23 00:01:17,375 --> 00:01:19,041 Ven comigo á Terra Media. 24 00:01:19,125 --> 00:01:20,541 Aínda non tes exército. 25 00:01:20,625 --> 00:01:23,208 Iso está a piques de cambiar. 26 00:02:37,583 --> 00:02:43,583 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 27 00:03:00,000 --> 00:03:05,083 Nesta corte, reunímonos a diario para forxar o futuro da nosa illa. 28 00:03:05,666 --> 00:03:08,416 Mais na Beizón dos Meniños, 29 00:03:09,208 --> 00:03:13,291 reunímonos para darlles a benvida a aqueles que vivirán ese futuro. 30 00:03:16,750 --> 00:03:20,541 Un tan infinito coma un albor sobre o ondeante mar. 31 00:03:26,083 --> 00:03:28,333 Que nome escolliches para ela? 32 00:03:28,916 --> 00:03:30,125 Alinel. 33 00:03:31,375 --> 00:03:32,583 Alinel. 34 00:03:33,250 --> 00:03:37,041 Que a forza de Númenor emerxa en ti. 35 00:03:38,458 --> 00:03:41,416 Que a súa sabedoría te guíe... 36 00:03:46,833 --> 00:03:49,500 Ás veces a nosa illa precisa estirarse. 37 00:03:50,583 --> 00:03:51,833 Igual ca ti. 38 00:04:34,625 --> 00:04:37,666 Vai un día perfecto, raíña rexente. 39 00:04:39,625 --> 00:04:41,958 Que asunto queredes tratar primeiro? 40 00:04:44,666 --> 00:04:46,500 Convocou a elfa á corte. 41 00:04:47,083 --> 00:04:48,833 Esta mesma mañá. 42 00:04:49,208 --> 00:04:53,750 O amigo da elfa ataca a catro dos nosos e Míriel convídaa a tomar o té? 43 00:04:53,750 --> 00:04:56,000 Se cadra chamouna para castigala. 44 00:04:56,000 --> 00:04:57,708 Ou para pedirlle ordes. 45 00:04:59,583 --> 00:05:03,416 E mentres a elfa lle envelena os oídos á nosa raíña, 46 00:05:03,500 --> 00:05:05,291 quen nos defende a nós? 47 00:05:12,125 --> 00:05:14,250 Chanceler! Chanceler! 48 00:05:14,250 --> 00:05:17,375 Saúdaa da miña parte. Baixa a voz. 49 00:05:17,375 --> 00:05:19,833 Quere unha, señor? Veña! 50 00:05:19,833 --> 00:05:22,625 Non sabía que andabas con algo importante. 51 00:05:22,625 --> 00:05:23,583 Chanceler! 52 00:05:23,583 --> 00:05:27,500 A arte de gobernar consiste en atender os asuntos pequenos 53 00:05:27,500 --> 00:05:29,541 coa dilixencia dos grandes. 54 00:05:30,166 --> 00:05:32,458 Pensaba que xa o aprenderas. 55 00:05:32,458 --> 00:05:34,291 Intentaba parecer listo. 56 00:05:34,375 --> 00:05:38,125 A listura éche para os homes de pouca ambición. 57 00:05:38,875 --> 00:05:41,916 Preferiría que foses sabio, fillo. 58 00:05:43,750 --> 00:05:46,083 A ver, cal é o problema? 59 00:05:46,583 --> 00:05:49,416 Talvez teñamos unha borrasca entre mans. 60 00:05:49,500 --> 00:05:51,583 Barcos dos elfos na nosa costa? 61 00:05:52,208 --> 00:05:55,375 Elfos quitándovos o traballo? 62 00:05:56,958 --> 00:05:58,958 Traballadores que non dormen, 63 00:06:00,125 --> 00:06:03,125 que non cansan, que non envellecen. 64 00:06:03,583 --> 00:06:04,833 Non! 65 00:06:06,416 --> 00:06:10,166 Eu digo que a raíña está cega 66 00:06:10,250 --> 00:06:12,083 ou é amiga dos Elfos. 67 00:06:12,083 --> 00:06:14,375 Coma seu pai. 68 00:06:14,375 --> 00:06:16,833 - Amiga dos Elfos! - Amiga dos Elfos! 69 00:06:16,833 --> 00:06:20,583 Amiga dos Elfos! 70 00:06:20,583 --> 00:06:24,041 E se a elfa estivese aquí agora, que vería? 71 00:06:24,708 --> 00:06:26,333 Homes de Númenor 72 00:06:27,625 --> 00:06:29,875 ou unha manda de cativos choricas? 73 00:06:31,458 --> 00:06:34,208 Somos fillos e fillas dos Edain. 74 00:06:35,291 --> 00:06:39,666 De Elros Tar-Minyatur, cuxas hostes venceron o mesmo Morgoth. 75 00:06:40,583 --> 00:06:44,208 E agora unha elfa, unha náufraga, vainos ameazar? 76 00:06:45,250 --> 00:06:48,333 Ollade, cada un de vós, os brasóns que levades. 77 00:06:48,333 --> 00:06:50,708 O legado de mans poderosas. 78 00:06:52,083 --> 00:06:54,458 Dos homes que construíron a Muralla, 79 00:06:56,041 --> 00:07:00,875 que levantaron Armenelos, o triunfo da nosa civilización. 80 00:07:01,375 --> 00:07:05,000 E agora, unha elfa podería ameazarnos? 81 00:07:17,833 --> 00:07:18,916 Meus amigos... 82 00:07:21,166 --> 00:07:22,250 Confiade en min. 83 00:07:23,916 --> 00:07:26,458 Porque polos calos das miñas mans, 84 00:07:26,458 --> 00:07:30,833 xuro que as mans dos elfos non collerán o temón de Númenor. 85 00:07:32,750 --> 00:07:37,083 Seguirá sendo, coma sempre, un reino de homes. 86 00:07:44,416 --> 00:07:45,625 A beber todos! 87 00:08:15,458 --> 00:08:18,208 Hai alguén na cidade que el non coñeza? 88 00:08:18,208 --> 00:08:21,000 Masas que non mova ou favor que non lle deban? 89 00:08:22,458 --> 00:08:23,708 É impresionante. 90 00:08:24,541 --> 00:08:26,541 Eu ía dicir "exasperante". 91 00:08:29,375 --> 00:08:31,708 Dos viñedos preto da Meneltarma. 92 00:08:31,708 --> 00:08:34,666 Fai esquecer os problemas. Ou iso din. 93 00:08:35,875 --> 00:08:37,666 Os meus custoume ganalos. 94 00:08:40,875 --> 00:08:42,458 Es a nova aprendiza? 95 00:08:43,125 --> 00:08:45,416 Son Kemen. E ti chámaste... 96 00:08:45,500 --> 00:08:48,083 Eärien. Os planos. Xa. 97 00:09:01,083 --> 00:09:02,750 Irrítasme, elfa. 98 00:09:03,458 --> 00:09:05,291 Recíbote coma invitada 99 00:09:05,375 --> 00:09:09,125 e ti marchas galopando para roubar pergamiños antigos, 100 00:09:09,125 --> 00:09:12,583 mentres o teu compañeiro do sur ataca os nosos cidadáns. 101 00:09:12,583 --> 00:09:16,083 É normal que se alporice. O seu pobo morre. 102 00:09:16,083 --> 00:09:17,708 O seu pobo? 103 00:09:17,708 --> 00:09:21,375 O home que retedes nos alxubes non é un simple alborotador, 104 00:09:21,375 --> 00:09:25,458 senón o herdeiro no exilio do trono das Terras do Sur. 105 00:09:25,958 --> 00:09:28,875 E supoño que Elendil será un emperador rúnico. 106 00:09:30,041 --> 00:09:31,875 Só un simple nobre. 107 00:09:33,666 --> 00:09:36,458 O seu pobo está espallado, sen líder. 108 00:09:37,458 --> 00:09:41,541 Mais co voso apoio podería unirse baixo o emblema del e loitar. 109 00:09:41,625 --> 00:09:43,208 Como que co meu apoio? 110 00:09:43,208 --> 00:09:48,333 Sauron foi antano inimigo do voso pobo, tanto coma do meu. 111 00:09:49,291 --> 00:09:52,041 Acudo a vós para rematar a tarefa pendente. 112 00:09:52,125 --> 00:09:55,125 Para restablecer a alianza entre Númenor e os elfos. 113 00:09:56,083 --> 00:09:59,458 Loitade comigo para salvar os homes das Terras do Sur, 114 00:09:59,458 --> 00:10:02,208 antes de que Sauron llelas arrebate. 115 00:10:07,583 --> 00:10:10,083 Nesta corte oímos moitas propostas. 116 00:10:10,083 --> 00:10:13,416 A túa é a máis ambiciosa que oín en semanas. 117 00:10:16,750 --> 00:10:20,333 Porén, Númenor xa escolleu outro camiño. 118 00:10:22,625 --> 00:10:24,125 Non todo Númenor. 119 00:10:24,666 --> 00:10:28,291 Rei ou carpinteiro, o home do sur será xulgado. 120 00:10:28,375 --> 00:10:29,833 A audiencia rematou. 121 00:10:44,458 --> 00:10:47,541 Daquela, terei que solicitar outra. 122 00:10:47,625 --> 00:10:50,041 Co verdadeiro dirixente de Númenor. 123 00:10:50,125 --> 00:10:51,958 O voso pai, o rei. 124 00:10:53,375 --> 00:10:56,041 Non deberías falar do que non entendes, 125 00:10:56,125 --> 00:10:57,833 Galadriel, filla de Finarfin. 126 00:10:57,833 --> 00:10:59,083 Mantédevos á marxe, 127 00:10:59,083 --> 00:11:02,125 para que poida propoñerllo a quen ten autoridade. 128 00:11:02,125 --> 00:11:03,583 Galadriel, abonda. 129 00:11:03,583 --> 00:11:06,666 E con que autoridade falas ti, elfa? 130 00:11:06,750 --> 00:11:08,250 Coa do teu pobo? 131 00:11:08,791 --> 00:11:12,291 Ou es unha náufraga buscando onde agarrarse na tempestade? 132 00:11:12,375 --> 00:11:14,375 A tempestade lévoa dentro. 133 00:11:15,250 --> 00:11:18,250 Arrastroume a esta illa por unha razón. 134 00:11:18,250 --> 00:11:21,666 E non a aplacaredes vós, rexente. 135 00:11:29,458 --> 00:11:30,458 Non mo digas. 136 00:11:32,041 --> 00:11:33,291 Liorta tabernaria? 137 00:11:34,125 --> 00:11:35,291 Sedición. 138 00:11:44,833 --> 00:11:46,541 Xa case o conseguistes! 139 00:11:47,250 --> 00:11:48,666 Dentro duns días, 140 00:11:48,750 --> 00:11:53,000 terei o pracer de chamarvos a todos camaradas. 141 00:11:53,000 --> 00:11:57,541 Tirade, cadetes! Tirade! 142 00:12:02,833 --> 00:12:05,625 Isildur... 143 00:12:18,458 --> 00:12:20,958 Tirade, cadetes! 144 00:12:22,333 --> 00:12:23,166 Tirade! 145 00:12:30,875 --> 00:12:31,708 Cabo! 146 00:12:36,916 --> 00:12:38,166 Explicádevos. 147 00:12:39,250 --> 00:12:40,875 Señor, debeu ser un erro. 148 00:12:40,875 --> 00:12:42,833 Foi culpa miña, mestre. 149 00:12:43,666 --> 00:12:44,666 Escapoume. 150 00:12:45,875 --> 00:12:48,916 Vinte afrouxar ben esa driza centos de veces. 151 00:12:49,875 --> 00:12:51,291 Foi intencionado. 152 00:12:53,208 --> 00:12:54,791 Fóra da Garda Mariña! 153 00:12:55,833 --> 00:12:57,000 Os tres expulsados! 154 00:13:00,666 --> 00:13:04,208 O Oeste? O verdadeiro Númenor? 155 00:13:04,625 --> 00:13:07,250 De novo as parvadas que dicía teu irmán! 156 00:13:09,000 --> 00:13:11,500 Crin que o mestre só me expulsaría a min. 157 00:13:13,250 --> 00:13:14,416 Síntoo. 158 00:13:14,916 --> 00:13:16,250 Séntelo? 159 00:13:16,833 --> 00:13:20,083 Que o sentes? Arruináchesnos a vida! 160 00:13:20,958 --> 00:13:23,583 Onde está o penico? Vou vomitar. 161 00:13:23,583 --> 00:13:24,916 Falarei co meu pai. 162 00:13:25,000 --> 00:13:26,666 - Para que vos perdoen. - Non. 163 00:13:26,750 --> 00:13:29,083 Xa conseguiches que te botasen 164 00:13:29,083 --> 00:13:30,958 de algo que nin gañaras. 165 00:13:30,958 --> 00:13:32,375 - Valandil... - Non. 166 00:13:33,666 --> 00:13:37,125 Dende que puiden coller un remo, quixen ir nese barco. 167 00:13:38,333 --> 00:13:41,875 Fixen todo o que debía para gañalo. Ti que fixeches? 168 00:13:43,041 --> 00:13:46,541 Que fixeches á parte de chorar pola túa nai morta? 169 00:13:46,625 --> 00:13:49,041 Parade! Abonda! 170 00:13:51,875 --> 00:13:53,875 Alá vai, Isil fuxindo sempre. 171 00:13:53,875 --> 00:13:56,166 Isil! Onde vas? 172 00:13:56,250 --> 00:13:58,166 Que máis dá que marche ou quede? 173 00:13:59,000 --> 00:14:02,833 O problema é el. E iso non vai cambiar. 174 00:14:23,666 --> 00:14:25,041 Magrot! 175 00:14:27,541 --> 00:14:28,791 Adar. 176 00:15:20,458 --> 00:15:22,291 Adar... 177 00:16:15,500 --> 00:16:17,875 Nampak uglursha. 178 00:16:27,708 --> 00:16:30,666 Nampak uglursha. 179 00:16:42,583 --> 00:16:45,666 Onde naciches, 180 00:16:48,125 --> 00:16:49,375 soldado? 181 00:16:52,833 --> 00:16:54,250 En Beleriand. 182 00:16:56,208 --> 00:16:58,041 Onda a embocadura do río? 183 00:17:01,458 --> 00:17:02,833 Quen es? 184 00:17:08,000 --> 00:17:10,041 Baixei por ese río unha vez. 185 00:17:12,250 --> 00:17:13,750 Cando era novo. 186 00:17:17,916 --> 00:17:19,333 Lembro... 187 00:17:21,458 --> 00:17:23,958 as beiras cheas de flores de salvia. 188 00:17:28,000 --> 00:17:29,458 Milleiros delas. 189 00:17:32,125 --> 00:17:34,333 Por que os orcos che chaman Padre? 190 00:17:51,166 --> 00:17:53,916 Contáronvos moitas mentiras. 191 00:17:56,000 --> 00:17:57,916 Algunhas calaron tanto, 192 00:17:59,083 --> 00:18:03,666 que ata as rochas e as raíces as cren xa. 193 00:18:04,375 --> 00:18:06,208 Para desenlealas... 194 00:18:08,541 --> 00:18:11,791 faría falta crear un mundo novo. 195 00:18:14,875 --> 00:18:17,583 Mais iso é algo que só os deuses poden facer. 196 00:18:17,583 --> 00:18:21,500 E non son deus ningún. Polo menos... 197 00:18:26,250 --> 00:18:27,125 Aínda non. 198 00:18:31,208 --> 00:18:32,833 Que es? 199 00:18:36,333 --> 00:18:39,875 Vai onda os homes refuxiados na vella torre de vixilancia. 200 00:18:42,541 --> 00:18:44,083 Lévalles unha mensaxe. 201 00:18:50,666 --> 00:18:51,750 Que mensaxe? 202 00:19:14,750 --> 00:19:18,583 Os barracóns están cheos. Acampade onde poidades. 203 00:19:20,083 --> 00:19:22,458 - De onde veñen estes? - Iorbad. 204 00:19:23,208 --> 00:19:25,958 Con iso están tódalas vilas deica Orodruin. 205 00:19:33,791 --> 00:19:34,875 E o resto? 206 00:19:35,875 --> 00:19:37,375 Iso o resto. 207 00:19:37,875 --> 00:19:39,500 Reduciremos as racións. 208 00:19:39,500 --> 00:19:41,125 As miñas non. 209 00:19:41,125 --> 00:19:43,666 Quen che deu dereito a decidir? 210 00:19:43,750 --> 00:19:46,583 Os que viñeron a esta torre. Incluído ti. 211 00:19:46,583 --> 00:19:47,750 Que comeremos? 212 00:19:48,541 --> 00:19:50,083 - Amañarémonos. - E como? 213 00:19:50,083 --> 00:19:52,791 - Non o sei. - Iso ben o vexo. 214 00:19:54,208 --> 00:19:55,916 E o celeiro de Waldreg? 215 00:19:56,750 --> 00:19:58,708 Mandamos un grupo pequeno á vila. 216 00:19:58,708 --> 00:20:02,916 De día, cando hai menos orcos, e collemos o que poidamos, con sixilo. 217 00:20:03,000 --> 00:20:05,083 Nin saberán que estivemos. 218 00:20:05,083 --> 00:20:07,083 A que coitados vas enlear? 219 00:20:07,916 --> 00:20:10,208 Fareino eu, se ninguén quere. 220 00:20:10,208 --> 00:20:11,958 Non vas ir alá. 221 00:20:12,750 --> 00:20:16,166 Buscaremos nos outeiros primeiro. Reúne os cazadores. 222 00:20:16,958 --> 00:20:19,375 E que van cazar? Uns poucos coellos? 223 00:20:19,375 --> 00:20:20,625 Darán para un día. 224 00:20:20,625 --> 00:20:23,458 Será outro máis. E agradecerémolo. 225 00:20:23,458 --> 00:20:24,625 Estou cheo e canso 226 00:20:24,625 --> 00:20:27,833 de ver que todo vai peor e non facer nada. 227 00:20:27,833 --> 00:20:30,250 - Facemos o que podemos. - Eu non! 228 00:20:30,250 --> 00:20:31,708 Theo. Theo! 229 00:20:32,250 --> 00:20:34,875 Podes axudarme ou complicalo. 230 00:20:55,416 --> 00:20:57,791 Non debín deixar que me enleases. 231 00:21:00,375 --> 00:21:01,625 Dou a volta. 232 00:21:03,375 --> 00:21:05,333 Non sexas cagainas. 233 00:21:06,333 --> 00:21:07,416 Veña. 234 00:21:29,500 --> 00:21:31,416 Rowan, a taberna. 235 00:21:31,500 --> 00:21:32,958 Non penso entrar aí. 236 00:21:33,333 --> 00:21:34,833 Pode haber máis comida. 237 00:21:34,833 --> 00:21:36,875 Veña, que isto está deserto. 238 00:21:40,208 --> 00:21:41,625 Vale, irei eu. 239 00:22:37,666 --> 00:22:38,750 Rowan? 240 00:23:15,583 --> 00:23:16,708 Sangue novo. 241 00:23:22,500 --> 00:23:23,583 Que fas con iso? 242 00:23:34,083 --> 00:23:35,250 Dámo aquí. 243 00:23:46,208 --> 00:23:48,000 Ei! Atopeino! 244 00:23:48,000 --> 00:23:51,958 Atopeino! É un rapaz! Ten o puño! 245 00:23:51,958 --> 00:23:53,708 Un rapaz? Onde anda? 246 00:23:53,708 --> 00:23:55,500 Agochado por aí. 247 00:23:56,333 --> 00:23:58,666 Ti! Avisa o Señor-Padre. 248 00:24:00,041 --> 00:24:01,916 O resto, dispersádevos. 249 00:24:03,125 --> 00:24:05,583 Ninguén durmirá ata que apareza. 250 00:24:29,500 --> 00:24:30,583 Pilleite! 251 00:24:51,208 --> 00:24:54,500 Elfos e ananos traballando xuntos. Abraiante. 252 00:24:56,041 --> 00:24:58,291 É tal e como dixestes que sería. 253 00:25:03,708 --> 00:25:04,541 Que foi? 254 00:25:05,000 --> 00:25:06,250 Nada. Só que... 255 00:25:06,250 --> 00:25:10,333 Por un momento, aí de pé, eras a viva imaxe de teu pai. 256 00:25:12,083 --> 00:25:15,666 - Non sabía que o coñeciades. - Abofé, vino moitas veces. 257 00:25:15,750 --> 00:25:19,000 Tiña o mesmo xeito de mirar ao lonxe. 258 00:25:20,166 --> 00:25:22,333 Sabes? Dunha vez díxome... 259 00:25:24,541 --> 00:25:29,750 que un día o meu futuro estaría nas mans de seu fillo. 260 00:25:32,416 --> 00:25:36,416 E díxoo así, coma quen fala de se vai chover. 261 00:25:36,791 --> 00:25:38,333 E eu... 262 00:25:38,333 --> 00:25:42,250 Esquecérao ata este momento. 263 00:25:44,416 --> 00:25:45,666 Non é estraño? 264 00:25:48,375 --> 00:25:50,958 Parecedes algo inquedo hoxe, señor. 265 00:25:51,875 --> 00:25:53,083 Que vos perturba? 266 00:25:54,250 --> 00:25:57,875 Non, xureime non dicircho. É o teu amigo. 267 00:25:57,875 --> 00:25:59,083 Durin. 268 00:26:00,500 --> 00:26:05,000 Ou me evita ou agocha algo. 269 00:26:16,375 --> 00:26:18,416 Preguntácheslles aos equipos del? 270 00:26:18,500 --> 00:26:22,375 Aos 19. Todos dan escusas. 271 00:26:22,375 --> 00:26:24,666 E xa me parece sospeitoso. 272 00:26:25,541 --> 00:26:28,791 Insinúas que Durin botou unha querida? 273 00:26:28,875 --> 00:26:31,916 - Non hai outra máis ca ti, señora. - Seino. 274 00:26:32,000 --> 00:26:33,250 Quen o ía aturar? 275 00:26:35,375 --> 00:26:38,666 Vaia choio, bica o croio. Pule as xemas e o ouro. 276 00:26:39,083 --> 00:26:39,916 Ai! Para! 277 00:26:40,041 --> 00:26:41,750 Gerda, deixa o teu irmán! 278 00:26:41,750 --> 00:26:45,208 - Xogamos a baternos. - Pois parade xa. 279 00:26:46,583 --> 00:26:49,250 Probaches nas Escaleiras Douradas? 280 00:26:49,250 --> 00:26:51,083 Ou na Garda das Tres-Portas? 281 00:26:55,291 --> 00:26:56,583 Non me acordaba! 282 00:26:56,583 --> 00:26:59,916 Estes nenos atórdanme. 283 00:27:00,000 --> 00:27:02,875 Hoxe foi traballar á Sima de Cuarzo. 284 00:27:04,916 --> 00:27:08,833 Sabes, Disa? Non hai segredo que mereza encubrise con enganos. 285 00:27:10,375 --> 00:27:13,333 Chámaslle mentireira a unha anana na casa dela? 286 00:27:14,083 --> 00:27:16,083 Iso é pasarse da raia. 287 00:27:18,500 --> 00:27:20,083 Se está extraendo cuarzo, 288 00:27:20,083 --> 00:27:22,916 por que marchou sen a machada de cicelar? 289 00:27:23,000 --> 00:27:25,333 Por que lle fixeches a comida favorita, 290 00:27:25,333 --> 00:27:28,833 se vai a unha sima á que se tarda en baixar dous días? 291 00:27:28,833 --> 00:27:31,458 Vaia choio, bica o croio. Pule as xemas... 292 00:27:31,458 --> 00:27:33,291 Gerda, avísote! 293 00:27:39,125 --> 00:27:40,916 Durin non levou a machada 294 00:27:41,666 --> 00:27:45,333 porque o cuarzo desa mina non se cicela, apáncase. 295 00:27:46,166 --> 00:27:47,708 E estou guisando toupa 296 00:27:47,708 --> 00:27:50,875 porque precisa repousar antes de que volva. 297 00:27:51,625 --> 00:27:55,625 E aínda que lle leve varios días a un alleo coma ti, 298 00:27:55,625 --> 00:27:57,666 os escaladores coma o meu home 299 00:27:57,750 --> 00:28:01,083 dan baixado á Sima de Cuarzo nunhas horas. 300 00:28:02,458 --> 00:28:05,291 Queres saber algo máis, corazón? 301 00:28:07,375 --> 00:28:08,541 Non. 302 00:28:09,708 --> 00:28:10,875 Grazas. 303 00:28:20,041 --> 00:28:23,666 A Sima de Cuarzo. Non está mal. 304 00:28:23,750 --> 00:28:27,250 Espero que mo crese. Non é doado enganar o elfo. 305 00:28:27,250 --> 00:28:28,750 Dígocho eu. 306 00:28:29,791 --> 00:28:34,041 Sorte que a miña dona convencería unha rata de que puxese un visón. 307 00:28:34,125 --> 00:28:39,500 Outra beizón de casar contigo e non con Margid Ferruxeira. 308 00:28:39,500 --> 00:28:41,416 E cal máis hai? 309 00:28:42,000 --> 00:28:43,541 Dígocho despois. 310 00:28:43,625 --> 00:28:46,541 Cala. É mellor falar baixo. 311 00:28:49,083 --> 00:28:51,583 Estamos avanzando moito na vella mina. 312 00:28:52,250 --> 00:28:54,875 Fixen que o levasen de aquí. 313 00:29:04,666 --> 00:29:08,083 A vella mina baixo o Lago Espello. 314 00:29:10,000 --> 00:29:11,416 Andas perdido, elfo? 315 00:29:14,083 --> 00:29:16,750 Non. Sei ben onde vou. 316 00:29:19,083 --> 00:29:20,250 Bos días. 317 00:30:15,958 --> 00:30:19,291 Vaia choio, bica o croio. Pule as xemas e o ouro. 318 00:31:02,083 --> 00:31:03,083 Era visto! 319 00:31:04,125 --> 00:31:05,166 Durin? 320 00:31:05,250 --> 00:31:07,041 Viñeches espiarme, elfo? 321 00:31:07,125 --> 00:31:09,125 Non, ho. Que lugar é este? 322 00:31:09,125 --> 00:31:12,125 De veras esperas que crea que non o sabes? 323 00:31:12,125 --> 00:31:16,041 Que non foi polo que el te enviou aquí? 324 00:31:17,208 --> 00:31:19,083 Querédelo para vós. 325 00:31:19,083 --> 00:31:20,750 Durin, que queremos o que? 326 00:31:22,416 --> 00:31:25,666 Non me importa o que haxa nesa cámara. 327 00:31:25,750 --> 00:31:29,208 Impórtasme ti, a nosa amizade. 328 00:31:30,416 --> 00:31:32,125 E os segredos non axudan. 329 00:31:35,125 --> 00:31:37,125 Que significa todo isto? 330 00:31:41,333 --> 00:31:43,000 Preciso o teu xuramento. 331 00:31:50,500 --> 00:31:52,083 Coa man na montaña, 332 00:31:52,083 --> 00:31:55,000 xura que non lle darás nin chío 333 00:31:55,000 --> 00:31:58,291 do que che vou contar a ningún ser vivo. 334 00:31:59,541 --> 00:32:02,125 A ira dos ananos dura máis cá memoria elfa. 335 00:32:02,125 --> 00:32:03,791 Rompe a promesa, 336 00:32:04,708 --> 00:32:08,458 e o poder desta pedra condenaravos a ti e os teus a sufrir, 337 00:32:08,458 --> 00:32:11,333 ata o voso derradeiro día na Terra Media. 338 00:32:13,041 --> 00:32:14,833 Xúralo, Elrond? 339 00:32:27,583 --> 00:32:31,333 Xúroo pola memoria de meu pai, Earendil o Mariño. 340 00:32:36,166 --> 00:32:39,625 O que me contes aquí acabará nos meus oídos. 341 00:32:45,625 --> 00:32:49,416 Disa detectouno inspeccionando vetas de ouro. 342 00:32:52,750 --> 00:32:54,500 Un mineral novo. 343 00:32:57,291 --> 00:33:00,500 Máis lixeiro cá seda, máis duro có ferro. 344 00:33:00,500 --> 00:33:03,750 Como arma, superaría as nosas mellores espadas. 345 00:33:04,666 --> 00:33:09,666 Como moeda, sería máis valioso có ouro. 346 00:33:10,708 --> 00:33:13,125 Capta a luz dun xeito estraño. 347 00:33:13,958 --> 00:33:15,708 Parece que lle sae de dentro. 348 00:33:15,708 --> 00:33:20,208 Dígoche que podería ser o comezo dunha nova era para o noso pobo. 349 00:33:21,000 --> 00:33:22,666 Forza, prosperidade... 350 00:33:22,750 --> 00:33:25,541 Daquela, por que tanto segredo? 351 00:33:26,125 --> 00:33:27,541 Por que non celebralo? 352 00:33:31,041 --> 00:33:32,541 É perigoso extraelo. 353 00:33:33,583 --> 00:33:37,916 Meu pai restrinxiu os nosos esforzos 354 00:33:38,000 --> 00:33:39,875 por precaución. 355 00:33:42,541 --> 00:33:43,625 Podo? 356 00:33:51,333 --> 00:33:53,916 Como lle chamades a este milagroso mineral? 357 00:33:55,291 --> 00:33:57,291 Na nosa fala, "fulgor gris". 358 00:33:57,375 --> 00:33:59,916 Na vosa, algo coma mith-raud. 359 00:34:01,666 --> 00:34:06,375 Non. Sería... mithril. 360 00:34:08,541 --> 00:34:12,500 Entón, de veras viñeches aquí só por Eregion? 361 00:34:13,041 --> 00:34:16,125 Vin porque 20 anos son moito para non verse. 362 00:34:19,000 --> 00:34:20,291 Mesmo para un elfo. 363 00:34:27,666 --> 00:34:28,958 Queda con el. 364 00:34:31,541 --> 00:34:33,166 En sinal da nosa amizade. 365 00:34:37,250 --> 00:34:38,250 Moi ben. 366 00:34:48,458 --> 00:34:51,500 Durin! Durin! Durin, non! 367 00:34:51,958 --> 00:34:53,875 Hai catro ananos aí abaixo! 368 00:34:55,666 --> 00:34:56,750 Durin! 369 00:35:14,333 --> 00:35:16,833 Eärien, chans e copas. 370 00:35:21,666 --> 00:35:22,791 Perdoa. 371 00:35:22,875 --> 00:35:26,375 Non importa, deixa. Tranquila, en serio. 372 00:35:27,000 --> 00:35:29,333 Pensaba que o teu era só o debuxo. 373 00:35:29,833 --> 00:35:32,083 Fregando colles destreza. 374 00:35:32,708 --> 00:35:34,375 Iso di o mestre do gremio. 375 00:35:35,750 --> 00:35:38,708 Que che parece se eu frego o chan e ti as copas? 376 00:35:38,708 --> 00:35:40,666 Quen acabe último paga a cea. 377 00:35:40,750 --> 00:35:42,750 Non saio con descoñecidos. 378 00:35:42,750 --> 00:35:45,750 Fas ben. Se vexo algún, avísote. 379 00:36:12,250 --> 00:36:15,916 Malia que admiro que te enfrontes a calquera obstáculo, 380 00:36:16,000 --> 00:36:18,291 coma un poldro ao galope, 381 00:36:19,583 --> 00:36:23,833 non ves que non loitas con troles nin orcos, 382 00:36:23,833 --> 00:36:24,875 senón con homes? 383 00:36:25,375 --> 00:36:28,041 Vasme dar consellos sobre a arte da guerra? 384 00:36:28,125 --> 00:36:29,625 Non. Non, eu... 385 00:36:30,666 --> 00:36:33,875 Non ousaría. Pero... 386 00:36:34,791 --> 00:36:39,416 A corte da raíña non é o teu campo de batalla habitual. 387 00:36:42,083 --> 00:36:43,250 Sigue. 388 00:36:44,666 --> 00:36:47,666 Nun caso coma este, paréceme 389 00:36:47,750 --> 00:36:52,166 que farías ben buscando o que máis teme o adversario. 390 00:36:52,750 --> 00:36:54,541 - E explotalo? - Non. 391 00:36:56,083 --> 00:36:58,666 Dille como dominalo. 392 00:36:59,791 --> 00:37:02,375 Para dominalo ti a el. 393 00:37:02,375 --> 00:37:04,583 Entón pensas que acabei aquí 394 00:37:04,583 --> 00:37:07,125 porque non sei o que a raíña teme? 395 00:37:07,125 --> 00:37:08,875 Humildemente, así é. 396 00:37:08,875 --> 00:37:11,666 E ti sábelo, tras estar un momento con ela? 397 00:37:11,750 --> 00:37:16,500 No que ti lle esixiches un barco, insultácheslle o pobo, desobedecíchela, 398 00:37:16,500 --> 00:37:18,291 e ela nin se inmutou. 399 00:37:19,333 --> 00:37:22,166 Pero agora, meteute nunha cela. 400 00:37:24,125 --> 00:37:24,958 Por que? 401 00:37:25,333 --> 00:37:27,541 Pedinlle que loitase polo teu pobo. 402 00:37:27,625 --> 00:37:30,791 Pero non se enfadou por iso, non si? 403 00:37:33,333 --> 00:37:35,500 Pedín falar co pai dela. 404 00:37:37,000 --> 00:37:41,000 O rei da torre, a quen ninguén viu hai anos. 405 00:37:43,875 --> 00:37:48,458 Ves cando deixas de galopar e pensas un pouco? 406 00:37:48,458 --> 00:37:50,166 Non me compares cun cabalo. 407 00:37:50,250 --> 00:37:53,125 Para de convencerme de que marche e hai trato. 408 00:37:53,125 --> 00:37:54,625 Saúdos, elfa. 409 00:37:54,625 --> 00:37:57,416 A raíña rexente tomou unha decisión. 410 00:37:58,375 --> 00:38:02,791 Embarcarás para onda os elfos, custodiada, esta noite. 411 00:38:16,583 --> 00:38:18,000 Achégate. 412 00:38:32,916 --> 00:38:36,000 - Non cho aconsello. - Non podo deixala fuxir. 413 00:38:36,000 --> 00:38:38,875 Poderías, se soubeses onde vai. 414 00:39:00,833 --> 00:39:02,500 Que fas por aquí? 415 00:39:03,583 --> 00:39:05,000 Vin cear. 416 00:39:08,750 --> 00:39:10,000 Quen é el? 417 00:39:11,000 --> 00:39:12,291 E o teu uniforme? 418 00:39:15,291 --> 00:39:17,500 Deixaches os cadetes, non si? 419 00:39:18,333 --> 00:39:19,750 Non, peor. 420 00:39:19,750 --> 00:39:21,333 Botáronte? 421 00:39:22,416 --> 00:39:23,750 Botáronnos a todos. 422 00:39:23,750 --> 00:39:25,083 Isil! 423 00:39:28,791 --> 00:39:32,458 Pois mellor, xa podes ir ao oeste. 424 00:39:35,416 --> 00:39:37,375 Estragueilles a vida aos amigos, 425 00:39:38,916 --> 00:39:40,500 deshonrei a nosa familia. 426 00:39:42,291 --> 00:39:43,958 Non merezo ir ao oeste. 427 00:39:47,666 --> 00:39:49,875 E Padre non me deixará a Berek. 428 00:39:56,041 --> 00:39:57,750 A elfa escapou! 429 00:39:58,250 --> 00:39:59,583 Rexistrádeo todo. 430 00:40:19,333 --> 00:40:22,500 Descupas, maxestade, pola intrusión, pero... 431 00:40:22,500 --> 00:40:24,291 Xa non te pode atender. 432 00:40:32,041 --> 00:40:33,875 Como sabiades que viría aquí? 433 00:40:33,875 --> 00:40:37,625 Unha gornición agárdate fóra para escoltarte ao barco. 434 00:40:38,833 --> 00:40:40,916 Farías ben indo voluntaria. 435 00:40:42,416 --> 00:40:43,500 Míriel... 436 00:40:50,000 --> 00:40:51,208 Míriel... 437 00:41:00,750 --> 00:41:01,750 Eu... Eu... 438 00:41:01,750 --> 00:41:04,416 Acouga, Padre. Aquí estou. 439 00:41:08,083 --> 00:41:09,333 Desculpádeme. 440 00:41:11,041 --> 00:41:12,375 Non o sabía. 441 00:41:13,458 --> 00:41:15,875 Poucos saben o alcance do seu declive. 442 00:41:18,125 --> 00:41:20,125 Gustaríame que seguise así. 443 00:41:20,791 --> 00:41:23,208 Entón é hora de sincerármonos. 444 00:41:26,000 --> 00:41:28,666 O voso pai era leal aos elfos. 445 00:41:29,625 --> 00:41:31,041 Por que vós non? 446 00:41:32,208 --> 00:41:33,541 Dicídemo. 447 00:41:35,875 --> 00:41:37,125 Por favor. 448 00:41:39,458 --> 00:41:42,166 Meu pai sempre foi home moderado. 449 00:41:43,250 --> 00:41:46,125 Pero trala coroación, algo cambiou. 450 00:41:48,250 --> 00:41:50,375 Volveuse desagradable, 451 00:41:50,375 --> 00:41:54,125 dixo que provocaramos a ira dos Valar, 452 00:41:54,125 --> 00:41:57,875 que debiamos arrepentirnos e volver aos vellos usos. 453 00:41:59,500 --> 00:42:01,125 Había inquietude. 454 00:42:02,166 --> 00:42:05,875 E cando anunciou que renovaría as relacións cos elfos, 455 00:42:05,875 --> 00:42:07,375 o pobo rebelouse. 456 00:42:10,125 --> 00:42:11,583 Perdeuse moito. 457 00:42:14,708 --> 00:42:17,041 Elixíronme para reinar no lugar del, 458 00:42:18,208 --> 00:42:20,250 coa promesa de aplacar a tormenta. 459 00:42:21,708 --> 00:42:25,833 Mais a primera noite, mentres todo Númenor durmía, 460 00:42:25,833 --> 00:42:27,583 tróuxome aquí. 461 00:42:32,958 --> 00:42:34,208 Palantír. 462 00:42:35,208 --> 00:42:37,666 Sete Pedras Videntes había antes. 463 00:42:38,333 --> 00:42:40,916 As outras seis están perdidas ou ocultas. 464 00:42:41,916 --> 00:42:43,958 Esta déronlla a meu pai. 465 00:42:44,791 --> 00:42:46,666 E con ela, un segredo. 466 00:42:49,583 --> 00:42:51,208 Pon a man encima dela. 467 00:42:54,583 --> 00:42:57,666 - Avísote... - Xa toquei outros palantíri. 468 00:42:57,750 --> 00:42:59,750 Pero non tocaches este. 469 00:43:28,875 --> 00:43:30,708 Viches o futuro de Númenor. 470 00:43:34,833 --> 00:43:36,833 Os palantíri amosan visións. 471 00:43:37,750 --> 00:43:39,750 Algunhas non chegan a pasar. 472 00:43:39,750 --> 00:43:41,625 Esa xa está pasando. 473 00:43:42,500 --> 00:43:44,666 A visión comeza coa túa chegada. 474 00:43:45,333 --> 00:43:48,333 Credes que causarei a caída de Númenor? 475 00:43:48,333 --> 00:43:51,000 Só Númenor pode facer iso. 476 00:43:52,250 --> 00:43:55,083 Os Valar déronnos esta illa nun día de virtude. 477 00:43:55,083 --> 00:43:58,791 Poden quitárnola, se volvemos á escuridade. 478 00:43:58,875 --> 00:44:02,833 A virtude que dicides foi a lealdade dos vosos maiores aos elfos. 479 00:44:02,833 --> 00:44:04,916 Meu pai cría iso. 480 00:44:05,916 --> 00:44:07,916 O rumbo del a pouco destrúenos. 481 00:44:09,500 --> 00:44:13,000 Por iso mañá anunciarei que marchas. 482 00:44:13,791 --> 00:44:15,208 E a crise rematará. 483 00:44:18,208 --> 00:44:21,166 Se o mal que xurdiu na Terra Media non se para, 484 00:44:21,250 --> 00:44:23,916 espallarase e alcanzaranos a todos. 485 00:44:24,416 --> 00:44:27,833 Evitar esta guerra pode ser a causa da vosa caída. 486 00:44:27,833 --> 00:44:31,083 Non dubidarei dos deuses. A miña decisión é firme. 487 00:44:31,083 --> 00:44:32,958 Unha decisión baseada no medo. 488 00:44:34,791 --> 00:44:38,333 Sei o que é ser a única, 489 00:44:40,375 --> 00:44:42,208 a única que ve, 490 00:44:42,958 --> 00:44:44,791 a única que sabe. 491 00:44:46,041 --> 00:44:49,791 Quizais xa non temos que levar esa carga soas. 492 00:44:50,250 --> 00:44:54,583 Prégovolo, Míriel, non escollades o camiño do medo, 493 00:44:54,583 --> 00:44:56,250 senón o da fe. 494 00:44:56,875 --> 00:44:58,375 Unídevos a min. 495 00:44:59,125 --> 00:45:02,083 Que Númenor loite ao lado dos elfos outra vez. 496 00:45:11,958 --> 00:45:15,375 A fe pode unir corazóns, Galadriel. 497 00:45:16,166 --> 00:45:19,500 Mais é un fío moi fino para termar dun reino. 498 00:45:22,250 --> 00:45:23,458 Síntoo. 499 00:45:30,166 --> 00:45:34,083 As fragas están baleiras. Os animais fuxiron. 500 00:45:34,083 --> 00:45:36,916 O teu rapaz tiña máis siso do que pensabamos. 501 00:45:38,833 --> 00:45:40,583 Hai alguén nas portas! 502 00:45:45,500 --> 00:45:46,750 Afastade. 503 00:45:46,750 --> 00:45:49,541 - Saíde do medio. Atrás! - Deixádeo pasar. 504 00:45:51,375 --> 00:45:53,125 Hai abondo. Acougade! 505 00:45:53,125 --> 00:45:55,583 Rowan! Onde vai Theo? 506 00:45:57,541 --> 00:45:59,125 Dixo que viña tras de min. 507 00:45:59,125 --> 00:46:00,458 - Que fame! - Amodo! 508 00:46:00,458 --> 00:46:01,750 Empurroume ela! 509 00:46:04,375 --> 00:46:08,250 Miramos en tódolos sitios, non está. 510 00:46:08,250 --> 00:46:09,500 Veña! 511 00:46:14,708 --> 00:46:15,791 Onde anda? 512 00:46:18,458 --> 00:46:19,750 Aquí non está. 513 00:46:23,541 --> 00:46:24,375 Vamos. 514 00:46:27,291 --> 00:46:29,541 Non deixedes recanto sen mirar. 515 00:46:32,666 --> 00:46:35,291 O xefe vainos esfolar, se non o atopamos. 516 00:46:35,375 --> 00:46:38,166 Se foi a el a quen lle escapou. 517 00:46:38,250 --> 00:46:40,708 Izmûmbogh... 518 00:46:43,458 --> 00:46:44,750 Veña! 519 00:46:48,500 --> 00:46:50,875 Kishdibatoth! 520 00:47:04,291 --> 00:47:05,750 Kishdibatoth. 521 00:47:11,333 --> 00:47:12,416 Buscádeo! 522 00:47:23,000 --> 00:47:24,291 Aquí non está. 523 00:47:35,916 --> 00:47:38,083 Por alí! Ollade! 524 00:48:00,166 --> 00:48:03,083 Vas a algures, sangue novo? 525 00:48:03,083 --> 00:48:04,250 Onde está? 526 00:48:04,250 --> 00:48:05,333 Non! 527 00:48:05,333 --> 00:48:07,500 Onde o tes? 528 00:48:08,666 --> 00:48:12,541 Igual perdendo un brazo soltas a lingua. 529 00:48:24,041 --> 00:48:25,125 Bule, rapaz. 530 00:48:27,000 --> 00:48:28,333 Xa veñen. 531 00:48:53,333 --> 00:48:54,333 Sigue! 532 00:49:20,791 --> 00:49:21,791 Corre! 533 00:49:36,291 --> 00:49:37,458 Madre! 534 00:49:38,958 --> 00:49:40,125 Bronwyn! 535 00:49:43,833 --> 00:49:45,708 Correde! Cara ao claro! 536 00:52:12,125 --> 00:52:14,333 Que foi iso? 537 00:52:14,875 --> 00:52:17,500 Unha súplica ás rochas, 538 00:52:17,500 --> 00:52:21,500 para que liberen os corpos dos mineiros aínda con alento. 539 00:52:23,000 --> 00:52:25,958 Non deixo de pensar que se ti non baixaras, 540 00:52:27,125 --> 00:52:29,791 Durin había estar no pozo cando... 541 00:52:31,375 --> 00:52:32,458 Perdoa. 542 00:52:33,166 --> 00:52:34,666 Perdoa por mentirche. 543 00:52:34,750 --> 00:52:38,333 Fúcheslle leal ao meu amigo. Iso é o que importa. 544 00:52:40,541 --> 00:52:42,583 Acaban de sacar o último. 545 00:52:44,416 --> 00:52:47,375 Vivo. Todos vivos. 546 00:52:48,333 --> 00:52:50,250 Teu pai estará moi aliviado. 547 00:52:50,250 --> 00:52:51,750 Pechouna. 548 00:52:53,208 --> 00:52:56,125 Mandou selar a veta toda. 549 00:52:56,125 --> 00:52:58,125 - A veta toda? - Toda. 550 00:52:59,041 --> 00:53:00,500 Dálle tempo. 551 00:53:01,500 --> 00:53:04,000 Ata as brasas máis quentes arrefrían. 552 00:53:04,000 --> 00:53:06,500 Pois ás veces oxalá que non! 553 00:53:07,750 --> 00:53:11,375 Ás veces querería dicirlle o que penso del, 554 00:53:12,375 --> 00:53:16,958 e non volver cruzar palabra co vello rosmón ese! 555 00:53:41,250 --> 00:53:44,041 Meu pai navegou ata Valinor el só, 556 00:53:45,250 --> 00:53:49,875 e convenceu os Valar para que axudasen e derrotar a Morgoth. 557 00:53:51,166 --> 00:53:53,208 Tan grandes foron os seus actos 558 00:53:53,208 --> 00:53:56,791 que os Valar o elevaron alén dos confíns do mundo, 559 00:53:57,625 --> 00:54:00,333 para levar a Estrela Vespertina polo ceo. 560 00:54:03,666 --> 00:54:06,833 Durante anos, ao final do día, miraba para ela... 561 00:54:08,166 --> 00:54:13,208 preguntándome que pensaría el, se me estivese vendo. 562 00:54:15,125 --> 00:54:18,625 Estaría orgulloso do que conseguín co legado del? 563 00:54:20,708 --> 00:54:26,291 Ou decepcionado polas moitas veces que non estiven á altura del? 564 00:54:31,250 --> 00:54:34,041 Pero unha noite, decateime 565 00:54:34,125 --> 00:54:37,083 de que con agrado oíría as rifas del, 566 00:54:37,083 --> 00:54:39,416 se así tivese a ocasión 567 00:54:39,500 --> 00:54:42,500 de charlar unha vez máis co meu pai. 568 00:54:43,833 --> 00:54:47,833 Non malgastes o tempo que che queda co teu. 569 00:54:57,666 --> 00:55:01,875 Elrond, a ver se me aclaras unha cousa. 570 00:55:02,666 --> 00:55:05,166 Como vos coñecestes ti e o meu home? 571 00:55:05,250 --> 00:55:07,833 Díxencho. Salveino dun trol das montañas. 572 00:55:07,833 --> 00:55:10,250 - De dous. - De dous. Xa o sei. 573 00:55:11,791 --> 00:55:13,333 Pregunteille a Elrond. 574 00:55:13,750 --> 00:55:17,750 Pois vou ter que corrixir o relato do teu home. 575 00:55:17,750 --> 00:55:20,583 Eran tres troles. E salveino eu a el. 576 00:55:20,583 --> 00:55:24,083 Non lembrarías que cara tes nin véndoa nun espello. 577 00:55:24,083 --> 00:55:25,916 Cando o atopei no bosque, 578 00:55:26,000 --> 00:55:28,458 tentaba esquivar as mazadas deles. 579 00:55:28,458 --> 00:55:30,166 Xemendo e berrando. 580 00:55:30,291 --> 00:55:31,500 Un berro de batalla. 581 00:55:31,500 --> 00:55:35,250 Uns berros agudos coma os dun neno. Collín o arco... 582 00:55:35,250 --> 00:55:36,833 - Unha espada. - Un arco. 583 00:55:36,958 --> 00:55:38,708 - Era unha espada! - Tanto ten. 584 00:55:45,500 --> 00:55:46,750 Perdóame, Padre. 585 00:55:47,541 --> 00:55:52,083 Fun orgulloso, testán e estaba enganado. 586 00:55:57,666 --> 00:55:59,458 Nin mirarme podes? 587 00:56:11,208 --> 00:56:13,208 Os nosos cren... 588 00:56:14,708 --> 00:56:17,416 que cando un novo rei anano é coroado, 589 00:56:18,666 --> 00:56:22,041 as voces dos antecesores entran nel, 590 00:56:24,416 --> 00:56:26,666 e comparten con el consellos 591 00:56:27,583 --> 00:56:29,000 e sabedoría. 592 00:56:30,750 --> 00:56:32,375 E ata os erros. 593 00:56:39,083 --> 00:56:40,500 Mais ti... 594 00:56:42,583 --> 00:56:45,833 Non tes que agardar por ese día para oír a miña voz. 595 00:56:50,583 --> 00:56:55,166 Pois estou contigo sempre, fillo. 596 00:56:58,833 --> 00:57:00,083 Mesmo anoxado. 597 00:57:01,875 --> 00:57:03,958 Ás veces, anoxado sobre todo. 598 00:57:08,458 --> 00:57:10,458 Non hai nada que perdoar. 599 00:57:26,500 --> 00:57:31,250 Elrond invitoume a ir con el a Lindon mañá. 600 00:57:36,291 --> 00:57:37,625 Debo aceptar? 601 00:57:39,541 --> 00:57:42,375 Elrond foi moi convincente ao asegurar 602 00:57:42,375 --> 00:57:45,791 que Gil-galad non o enviou aquí con mala intención. 603 00:57:45,875 --> 00:57:49,166 Foi, abofé. 604 00:57:50,291 --> 00:57:52,541 Pero a intuición éche moi sabia. 605 00:57:54,041 --> 00:57:55,541 Que che di a túa? 606 00:57:56,791 --> 00:57:58,833 Que hai algo máis. 607 00:57:58,833 --> 00:58:00,000 Ben, meu fillo. 608 00:58:01,041 --> 00:58:02,208 Ben. 609 00:58:04,041 --> 00:58:05,375 Vai a Lindon. 610 00:58:06,791 --> 00:58:08,125 Descubre o que é. 611 00:58:24,916 --> 00:58:26,083 Grazas. 612 00:58:34,000 --> 00:58:36,416 Que tes? Que pasa? 613 00:58:38,958 --> 00:58:43,291 Traio unha mensaxe do que comanda o noso inimigo. 614 00:58:46,083 --> 00:58:50,083 Di que o teu pobo pode vivir se renunciades a estas terras 615 00:58:51,666 --> 00:58:53,083 e lle xurades lealdade. 616 00:58:55,500 --> 00:58:56,916 E se nos negamos? 617 00:58:58,416 --> 00:58:59,916 Virá por Ostirith. 618 00:59:39,041 --> 00:59:40,291 Veña! 619 00:59:45,875 --> 00:59:49,458 Ben mereces un trago despois do que fixeches. 620 00:59:50,500 --> 00:59:52,000 Anda, cólleo. 621 00:59:52,583 --> 00:59:56,666 Como me colliches o puño do celeiro. 622 00:59:57,250 --> 00:59:58,458 Non sei de que... 623 00:59:58,458 --> 01:00:00,041 Menos lerias, rapaz. 624 01:00:00,750 --> 01:00:02,583 Sabes do que falo. 625 01:00:14,083 --> 01:00:17,541 Sabes o que é? Unha espada non. 626 01:00:18,166 --> 01:00:19,416 É un poder. 627 01:00:20,291 --> 01:00:24,791 Feito para os nosos antecesores pola man do seu señor. 628 01:00:25,291 --> 01:00:27,833 Un fermoso servidor. 629 01:00:27,833 --> 01:00:31,500 Aquel que desapareceu, pero que volverá. 630 01:00:33,041 --> 01:00:34,791 Oíches falar del, rapaz? 631 01:00:35,750 --> 01:00:37,250 Oíches falar de Sauron? 632 01:00:41,916 --> 01:00:44,791 Seguro que o viches nos ceos. 633 01:00:44,875 --> 01:00:46,458 Hai unhas semanas. 634 01:00:47,541 --> 01:00:48,791 A chuvia de estrelas. 635 01:00:48,875 --> 01:00:50,708 O tempo del achégase. 636 01:00:51,833 --> 01:00:55,666 E ti e mais eu, rapaz, debemos prepararnos. 637 01:00:55,750 --> 01:00:57,125 Para que? 638 01:00:57,125 --> 01:00:59,500 Agora, cala, rapaz. 639 01:01:00,416 --> 01:01:02,250 Aforra forzas. 640 01:01:03,583 --> 01:01:05,000 Valas necesitar. 641 01:01:06,625 --> 01:01:08,041 Para o que vai vir. 642 01:01:22,833 --> 01:01:24,416 Señor-Padre... 643 01:01:26,125 --> 01:01:27,625 Atopámolo. 644 01:01:29,375 --> 01:01:31,208 Está na torre 645 01:01:56,458 --> 01:01:58,250 Vai en paz. 646 01:02:41,791 --> 01:02:44,000 O teu pobo quedará aliviado. 647 01:02:44,375 --> 01:02:46,458 Reunirase pronto na corte 648 01:02:46,458 --> 01:02:48,708 e na praza para oír o voso anuncio. 649 01:02:52,208 --> 01:02:54,041 Non o fagamos agardar. 650 01:04:05,791 --> 01:04:09,125 Din que cando os pétalos da Árbore Branca caen, 651 01:04:09,125 --> 01:04:11,000 non é cousa trivial, 652 01:04:11,000 --> 01:04:13,958 senón que son as bágoas dos Valar, 653 01:04:14,375 --> 01:04:19,250 un recordo vivo de que teñen o ollar e o xuízo pendentes de nós. 654 01:04:20,458 --> 01:04:23,875 Hai un momento crucial nos destinos dos homes. 655 01:04:24,541 --> 01:04:25,791 Un momento decisivo, 656 01:04:27,000 --> 01:04:31,166 no que todos e cada un de nós 657 01:04:32,000 --> 01:04:35,250 debemos decidir quen queremos ser. 658 01:04:36,208 --> 01:04:40,500 Volvéusenos a corazón de pedra, coma as estatuas que rodean a illa? 659 01:04:40,958 --> 01:04:44,833 Ou latexa aínda co sangue dos heroes que as tallaron. 660 01:04:48,166 --> 01:04:51,375 Enterramos o valor nas tumbas dos padres dormentes? 661 01:04:53,500 --> 01:04:54,875 Ou está aquí, 662 01:04:56,791 --> 01:04:58,583 aínda entre nós... 663 01:05:06,000 --> 01:05:08,416 agardando para romper como o albor? 664 01:05:11,458 --> 01:05:16,750 Non vos mandaría a perigo ningún que eu non encararía. 665 01:05:17,541 --> 01:05:22,166 Por iso, decidín escoltar eu a elfa ata a Terra Media... 666 01:05:29,625 --> 01:05:35,083 para axudar os nosos irmáns, asediados agora nas Terras do Sur. 667 01:05:35,083 --> 01:05:37,208 A raíña falou claro. 668 01:05:37,208 --> 01:05:39,500 Os nosos barcos partirán en dez días. 669 01:05:40,708 --> 01:05:45,250 A forza expedicionaria estará formada por valentes fillos e fillas 670 01:05:45,250 --> 01:05:47,541 de todo Númenor. 671 01:05:48,375 --> 01:05:52,875 Quen se compromete a protexer a raíña rexente? 672 01:05:58,833 --> 01:06:01,666 Dade un paso adiante e identificádevos. 673 01:06:04,166 --> 01:06:05,458 Eu servirei. 674 01:06:09,916 --> 01:06:11,208 Servirei. 675 01:06:14,125 --> 01:06:15,541 Eu servirei. 676 01:06:22,666 --> 01:06:23,500 Servirei! 677 01:06:25,916 --> 01:06:26,750 Eu servirei! 678 01:08:37,916 --> 01:08:39,916 Subtítulos: Lucía Doval 679 01:08:40,000 --> 01:08:42,000 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea