1 00:00:06,250 --> 00:00:09,416 Ao arrubiar as follas do carballo, imos ao Arboredo. 2 00:00:09,541 --> 00:00:12,791 O malo son os cen perigos que hai entre acó e aló. 3 00:00:13,166 --> 00:00:15,041 Eu son perigo. 4 00:00:15,333 --> 00:00:16,125 Para! 5 00:00:24,625 --> 00:00:27,250 A nosa luz esmorece. 6 00:00:27,583 --> 00:00:31,083 O mithril é a nosa única salvación? 7 00:00:31,458 --> 00:00:35,250 Entón o destino de toda a raza dos elfos... 8 00:00:35,291 --> 00:00:36,500 Depende de ti. 9 00:00:37,541 --> 00:00:38,416 Morte! 10 00:00:38,500 --> 00:00:41,291 Sauron foi tan inimigo voso coma meu. 11 00:00:42,208 --> 00:00:45,958 Acudo a vós para restablecer a alianza entre Númenor e os elfos. 12 00:00:46,041 --> 00:00:48,041 Para salvar os das Terras do Sur. 13 00:00:50,041 --> 00:00:51,416 Entrégamo. 14 00:00:51,541 --> 00:00:52,625 Está aquí debaixo. 15 00:00:57,125 --> 00:01:00,208 Viva o verdadeiro rei das Terras do Sur! 16 00:01:00,541 --> 00:01:02,375 Viva! 17 00:01:08,750 --> 00:01:09,625 Refuxiádevos! 18 00:01:09,708 --> 00:01:10,541 A raíña! 19 00:01:11,833 --> 00:01:13,291 Theo! 20 00:02:33,416 --> 00:02:39,333 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 21 00:04:29,166 --> 00:04:30,000 Axuda! 22 00:04:38,000 --> 00:04:39,416 Halbrand! 23 00:04:45,250 --> 00:04:46,416 Elendil! 24 00:04:49,083 --> 00:04:50,500 Halbrand! 25 00:04:51,333 --> 00:04:53,416 Madre... 26 00:04:55,125 --> 00:04:56,541 Madre! 27 00:04:57,416 --> 00:04:58,666 Aquí. 28 00:05:00,708 --> 00:05:01,875 Ven acó. 29 00:05:07,750 --> 00:05:10,166 -Estás ferido? -Non. 30 00:05:12,500 --> 00:05:13,916 Queda comigo. 31 00:05:15,125 --> 00:05:15,958 Vamos. 32 00:05:37,125 --> 00:05:39,708 Onde vai Ontamo? Estaba comigo. 33 00:05:42,375 --> 00:05:43,625 Arrástrate. 34 00:05:43,708 --> 00:05:45,208 Non te vou deixar. 35 00:05:45,625 --> 00:05:47,291 Soldado, aquí! 36 00:05:49,500 --> 00:05:50,541 Valandil! 37 00:06:15,000 --> 00:06:17,416 Soldado, está morto. 38 00:06:18,583 --> 00:06:19,416 Morreu. 39 00:06:21,000 --> 00:06:22,000 Por aquí! 40 00:06:23,208 --> 00:06:25,416 -Morreu. -Vamos! 41 00:06:25,500 --> 00:06:27,083 Por favor, axuda! 42 00:06:27,166 --> 00:06:30,791 Soldados, o tellado vai caer. 43 00:06:32,000 --> 00:06:33,500 Bulide, abride paso. 44 00:06:53,750 --> 00:06:56,000 Aquí. Por aquí. 45 00:06:56,083 --> 00:06:58,416 Cólleme da man. Tranquilo. 46 00:06:59,041 --> 00:07:01,458 Seguide. Ide xuntos. 47 00:07:02,708 --> 00:07:04,041 Apurade, maxestade. 48 00:07:04,125 --> 00:07:05,125 Vamos. 49 00:07:07,666 --> 00:07:09,041 Ide cara á ponte. 50 00:07:09,125 --> 00:07:10,541 Sacádeos de aquí! 51 00:07:14,291 --> 00:07:15,125 Non! 52 00:07:24,500 --> 00:07:28,041 Isildur! 53 00:07:29,500 --> 00:07:31,833 O vello Bochogamo foi aos caracois 54 00:07:31,916 --> 00:07:33,708 un fermoso día de outono. 55 00:07:34,291 --> 00:07:36,500 Atopou cen deles grandes. 56 00:07:36,583 --> 00:07:38,500 Quen mos dera para min! 57 00:07:38,583 --> 00:07:39,500 Aí diante. 58 00:07:39,583 --> 00:07:42,083 O Arboredo! Coido que chegamos. 59 00:07:42,166 --> 00:07:43,666 Dixéchelo hai tres días. 60 00:07:43,750 --> 00:07:46,750 Non, ten razón. Lémbrome disto. 61 00:07:46,833 --> 00:07:48,000 Vamos! 62 00:07:48,083 --> 00:07:52,041 Chéiralo? Fume de leña! Estarán cociñando os outros. 63 00:08:21,791 --> 00:08:23,166 Señor Tobeira... 64 00:08:24,625 --> 00:08:25,875 Que pasou? 65 00:08:26,833 --> 00:08:32,666 O meu bisavó falaba de montañas ao sur que cuspían rochas ardendo. 66 00:08:33,625 --> 00:08:35,166 Dicía que durmían. 67 00:08:36,291 --> 00:08:38,333 Ás veces, centos de anos. 68 00:08:40,125 --> 00:08:45,958 E que volvían espertar cando xurdía un novo mal. 69 00:09:08,208 --> 00:09:09,416 Brandipé... 70 00:09:10,500 --> 00:09:13,333 O teu amigo. O mangallón... 71 00:09:14,250 --> 00:09:16,333 -Cres que...? -O que? 72 00:09:16,416 --> 00:09:17,916 Igual pode amañalo. 73 00:09:18,000 --> 00:09:20,125 -Iso, Nori. -Coma o dos lobos. 74 00:09:20,208 --> 00:09:22,125 -A que agardas? -Non sei... 75 00:09:22,208 --> 00:09:23,625 Xa fixo moito por nós. 76 00:09:24,750 --> 00:09:27,250 Sería abusar pedirlle máis. 77 00:09:28,708 --> 00:09:29,791 Xa vexo. 78 00:09:32,291 --> 00:09:33,500 Preguntareille eu. 79 00:09:34,666 --> 00:09:35,500 Sadoc! 80 00:09:35,583 --> 00:09:37,333 Deixade pasar, nenas. 81 00:09:42,000 --> 00:09:44,000 Renóvate. 82 00:09:44,083 --> 00:09:48,750 Restáurate. 83 00:09:51,750 --> 00:09:53,541 Restáurate! 84 00:09:54,291 --> 00:09:56,125 Florece. 85 00:09:57,250 --> 00:09:59,458 -Florece... -Que farfalla? 86 00:09:59,541 --> 00:10:02,750 Serán palabriñas que a árbore entenda. 87 00:10:02,833 --> 00:10:04,833 Sadoc, as árbores non falan. 88 00:10:04,916 --> 00:10:05,958 Algunhas si. 89 00:10:06,875 --> 00:10:08,291 Non o distraiades. 90 00:10:14,166 --> 00:10:17,125 Restáurate! 91 00:10:17,208 --> 00:10:18,291 Florece! 92 00:10:18,375 --> 00:10:21,916 Cabrallo! E funciona! 93 00:10:23,208 --> 00:10:29,208 Vive! 94 00:10:33,708 --> 00:10:35,125 Estaa amañando. 95 00:10:35,208 --> 00:10:37,125 Como dixo Sadoc. 96 00:10:40,166 --> 00:10:41,250 Dilly, afasta! 97 00:10:45,000 --> 00:10:46,916 -Non! -Nori! 98 00:10:47,000 --> 00:10:48,875 Neniñas, pequenas! 99 00:10:48,958 --> 00:10:50,708 Nori! Dilly! 100 00:10:50,791 --> 00:10:53,583 Dilly, Nori, estades ben? 101 00:10:55,916 --> 00:10:57,041 Anda, sae. 102 00:10:57,125 --> 00:10:58,708 Estades ben? 103 00:10:58,791 --> 00:11:00,708 Estou. Xa o dixen. 104 00:11:01,333 --> 00:11:02,166 Estou... 105 00:11:23,458 --> 00:11:26,875 Pedímoslle algo sagrado á montaña. 106 00:11:28,666 --> 00:11:31,166 E ofrecemos algo sagrado a cambio. 107 00:11:32,625 --> 00:11:36,208 A troco do acceso ás minas de mithril, 108 00:11:36,291 --> 00:11:38,750 os elfos fornecerán a cidade 109 00:11:38,833 --> 00:11:42,291 de caza, cereais 110 00:11:42,375 --> 00:11:47,333 e madeira dos bosques antigos de Eriador os próximos cinco séculos. 111 00:11:47,750 --> 00:11:49,083 Cinco séculos? 112 00:11:49,166 --> 00:11:51,708 Boa promesa, se a cumpren. 113 00:11:52,625 --> 00:11:54,625 Nunca prometo nada ao chou. 114 00:11:56,750 --> 00:11:59,500 Vexo que aprendiches algo da Lingua da Pedra. 115 00:12:00,541 --> 00:12:01,791 Admirable. 116 00:12:03,125 --> 00:12:06,958 E logo, por que deberiamos confiar nun elfo? 117 00:12:08,791 --> 00:12:10,041 Non deberiades. 118 00:12:12,083 --> 00:12:13,750 Pero en min podedes. 119 00:12:14,500 --> 00:12:18,333 Pois non son un elfo corrente, senón Elrond Medio Elfo. 120 00:12:19,083 --> 00:12:23,458 E vexo nos elfos o que non poden ver en si mesmos. 121 00:12:23,916 --> 00:12:26,708 Por iso agora estou aquí eu só. 122 00:12:30,583 --> 00:12:31,750 Implorando. 123 00:12:33,625 --> 00:12:35,791 Para que salvedes o meu pobo. 124 00:12:37,500 --> 00:12:41,750 Prégovolo, nobre rei. Axudádenos. 125 00:12:52,750 --> 00:12:54,750 Vou falar co meu fillo agora. 126 00:13:17,500 --> 00:13:19,500 Que responderás, Padre? 127 00:13:27,166 --> 00:13:32,666 Din que cando Aulë creou a nosa raza, 128 00:13:33,875 --> 00:13:35,875 fíxonos de dous elementos. 129 00:13:37,083 --> 00:13:38,500 Lume e pedra. 130 00:13:40,500 --> 00:13:44,041 A pedra que vive en nós anhela o eterno, 131 00:13:44,125 --> 00:13:46,125 resistindo o paso do tempo. 132 00:13:47,416 --> 00:13:51,125 Mais o lume asume a verdade. 133 00:13:53,666 --> 00:13:56,958 A de que todo acaba consumido 134 00:13:57,041 --> 00:13:59,000 -e sendo cinzas. -Padre... 135 00:13:59,083 --> 00:14:01,750 Non escavamos na terra que non o aguanta. 136 00:14:01,958 --> 00:14:04,291 Afundando alén da escuridade. 137 00:14:04,375 --> 00:14:09,166 Tentando a sombra, a pedra e a mina a enterrarnos baixo a montaña. 138 00:14:09,250 --> 00:14:12,333 Non arriscarei vidas de ananos 139 00:14:13,583 --> 00:14:15,541 para que os elfos fuxan da morte. 140 00:14:15,625 --> 00:14:17,208 Fuxir da morte? 141 00:14:18,750 --> 00:14:19,833 Padre! 142 00:14:23,041 --> 00:14:26,458 O meu amigo afoga, 143 00:14:27,750 --> 00:14:30,583 pídeme que o leve á beira. 144 00:14:30,666 --> 00:14:32,833 Queres que no o auxilie 145 00:14:32,916 --> 00:14:35,166 porque temes un desprendemento? 146 00:14:35,291 --> 00:14:38,708 O destino dos elfos foi decidido hai moitas idades. 147 00:14:39,541 --> 00:14:43,000 Por mentes máis sabias 148 00:14:43,083 --> 00:14:45,375 e con máis visión ca nós. 149 00:14:46,916 --> 00:14:51,916 Se nos opoñemos, o reino enteiro pode caer. 150 00:14:53,875 --> 00:14:55,875 Talvez a Terra Media toda. 151 00:15:07,333 --> 00:15:09,166 Síntocho, fillo. 152 00:15:12,875 --> 00:15:14,541 Pero chegoulles a hora. 153 00:15:16,208 --> 00:15:19,083 Vello chocho, ruín, de barba piollosa! 154 00:15:19,833 --> 00:15:21,041 E se ten razón? 155 00:15:21,125 --> 00:15:23,791 Non o irás permitir? 156 00:15:26,083 --> 00:15:28,041 E que podemos facer? 157 00:15:28,125 --> 00:15:32,166 Dixeches que os outros Señores Ananos estaban abertos á proposta. 158 00:15:32,250 --> 00:15:34,833 Se reabrimos a mina nós 159 00:15:34,916 --> 00:15:37,791 e lles amosamos que é seguro extraer o mithril, 160 00:15:37,875 --> 00:15:39,541 talvez a eles os escoite. 161 00:15:39,625 --> 00:15:42,625 O teu pai igual acaba cedendo. 162 00:15:43,208 --> 00:15:45,833 É máis ca meu pai, Disa. 163 00:15:47,708 --> 00:15:49,333 É o noso rei. 164 00:15:50,125 --> 00:15:52,708 Que pai sería eu, 165 00:15:52,833 --> 00:15:55,125 se os fillos ven que o que di o rei 166 00:15:55,208 --> 00:15:58,166 conta tanto coma a escoura desbotada? 167 00:16:05,291 --> 00:16:06,541 Vale, de acordo. 168 00:16:07,791 --> 00:16:10,541 Non debín dicir que tiña piollos na barba. 169 00:16:12,291 --> 00:16:14,458 -Nin chamarlle chocho. -Xa. 170 00:16:14,541 --> 00:16:15,625 Non. 171 00:16:16,833 --> 00:16:20,041 Non. Odio que fales mal da miña nai. 172 00:16:21,833 --> 00:16:24,666 Pero ela piollos tenos na... 173 00:16:24,750 --> 00:16:26,500 É broma, muller. 174 00:17:03,750 --> 00:17:07,000 Supoño que non te convencerei para que quedes a cear. 175 00:17:08,250 --> 00:17:10,125 Gil-galad debe ser informado. 176 00:17:12,875 --> 00:17:17,583 Pronto deixará de ser rei, pois Lindon non existirá. 177 00:17:24,833 --> 00:17:26,833 Daquela isto é un adeus? 178 00:17:29,041 --> 00:17:30,625 Nós non dicimos adeus. 179 00:17:39,333 --> 00:17:40,916 -Dicimos namá... -Namárië. 180 00:17:42,416 --> 00:17:44,625 Significa máis ca adeus. 181 00:17:47,708 --> 00:17:51,208 Significa: "Vai cara á bondade". 182 00:19:13,875 --> 00:19:15,083 Elrond! 183 00:19:28,583 --> 00:19:29,791 Por que farían isto? 184 00:19:31,541 --> 00:19:32,958 Para crear un fogar. 185 00:19:34,375 --> 00:19:35,708 A súa Terra da Sombra. 186 00:19:36,500 --> 00:19:38,833 Pois recuperámola e botámolos. 187 00:19:38,916 --> 00:19:41,250 Non temos posición nin reforzos. 188 00:19:41,916 --> 00:19:43,500 Estas terras están mortas. 189 00:19:44,208 --> 00:19:45,625 Debemos ir cos vivos. 190 00:19:45,708 --> 00:19:47,583 Ou cortámoslles gorxa! 191 00:19:49,416 --> 00:19:51,041 Acabouse. 192 00:19:51,125 --> 00:19:52,833 Non. Non o permitirei! 193 00:19:52,916 --> 00:19:54,166 Debemos! 194 00:19:57,666 --> 00:19:58,916 Debemos. 195 00:20:03,875 --> 00:20:06,958 Que vos amola tanto? Non tedes a culpa. 196 00:20:10,083 --> 00:20:11,291 É tal. 197 00:20:21,666 --> 00:20:24,208 Seguide. Iso é. 198 00:20:30,916 --> 00:20:32,791 Axudádelles a aqueles. 199 00:21:00,916 --> 00:21:02,291 Isildur! 200 00:21:14,916 --> 00:21:17,083 -A raíña! -Está viva. 201 00:21:17,166 --> 00:21:18,750 -Maxestade. -Aí está. 202 00:21:18,833 --> 00:21:21,708 -Estará ben? -Pensei que a perderamos. 203 00:21:26,708 --> 00:21:27,958 Miña señora. 204 00:21:35,083 --> 00:21:36,333 Collede o meu cabalo. 205 00:21:46,625 --> 00:21:48,333 Capitán, o... 206 00:21:51,291 --> 00:21:53,416 -Capitán... -Onde está? 207 00:21:58,833 --> 00:22:00,500 Onde está meu fillo? 208 00:22:03,833 --> 00:22:06,458 Estarán mortos, non si? 209 00:22:08,458 --> 00:22:12,333 Arondir. Os meus amigos. Miña... 210 00:22:13,333 --> 00:22:16,541 Miña nai. Todos. 211 00:22:17,791 --> 00:22:22,791 A incerteza desacouga a mente. Non a enchas con cábalas. 212 00:22:29,166 --> 00:22:30,875 Sabemos onde imos? 213 00:22:30,958 --> 00:22:34,333 Númenor instalou o campamento naquel cordal, 214 00:22:34,416 --> 00:22:35,833 pasado aquel pìco. 215 00:22:36,583 --> 00:22:39,958 Alá irán axiña, xunto cos superviventes. 216 00:22:42,125 --> 00:22:43,541 Túa nai tamén. 217 00:22:45,666 --> 00:22:48,916 E vai con ollo, que os orcos andarán de día agora. 218 00:22:50,583 --> 00:22:52,833 Xa teño matado orcos. 219 00:22:52,916 --> 00:22:56,333 Cando era do teu tempo, non había orcos. 220 00:22:56,416 --> 00:22:59,541 E agora, cantos matastes xa? 221 00:22:59,625 --> 00:23:01,708 -Moitos. -Ben! 222 00:23:02,500 --> 00:23:04,500 Non diría tal cousa. 223 00:23:05,500 --> 00:23:06,583 Por que? 224 00:23:07,208 --> 00:23:10,583 Ensombrece o corazón dicir que actos escuros están ben. 225 00:23:11,916 --> 00:23:14,666 Dá lugar a que o mal medre en nós. 226 00:23:15,875 --> 00:23:18,458 As guerras líbranse fóra e dentro. 227 00:23:19,666 --> 00:23:22,000 Todo soldado debe telo presente. 228 00:23:23,541 --> 00:23:26,291 Eu tamén. E ti. 229 00:23:27,958 --> 00:23:29,208 E logo, son soldado? 230 00:23:40,083 --> 00:23:42,208 Igual aínda dámos feito un de ti. 231 00:24:21,916 --> 00:24:24,666 Canto falta para o campamento? 232 00:24:26,041 --> 00:24:27,583 Está despois desta subida. 233 00:24:40,333 --> 00:24:43,333 Canto falta para saírmos do fume? 234 00:24:46,958 --> 00:24:47,791 Parade. 235 00:24:59,583 --> 00:25:01,750 Canto hai que saímos del? 236 00:25:03,166 --> 00:25:04,583 Case unha milla. 237 00:25:06,208 --> 00:25:07,458 Xa vexo. 238 00:25:22,250 --> 00:25:23,333 De verdade? 239 00:25:26,208 --> 00:25:27,458 Só gris. 240 00:25:34,000 --> 00:25:35,833 Seguide andando os dous. 241 00:25:36,916 --> 00:25:40,083 Guiádeme o cabalo. Que ninguén se decate. 242 00:25:42,708 --> 00:25:43,875 Elendil... 243 00:25:46,166 --> 00:25:48,291 Elendil, por favor... 244 00:25:49,291 --> 00:25:50,541 Sigue andando. 245 00:26:17,041 --> 00:26:19,208 Chámanlle a Gran Fraga Verde. 246 00:26:19,291 --> 00:26:22,791 Mira para o camiño e guíate pola liña dos cantís. 247 00:26:22,875 --> 00:26:25,958 Os asentamentos da xente grande están do outro lado. 248 00:26:26,791 --> 00:26:30,708 Con sorte, eles axudaranche a atopar as estrelas. 249 00:26:36,708 --> 00:26:38,458 Porque só che podo dicir 250 00:26:38,541 --> 00:26:40,250 que os pepeludos non as vemos 251 00:26:40,333 --> 00:26:43,291 dende que os antecesores vivían no descoñecido, 252 00:26:43,375 --> 00:26:45,416 hai máis de mil anos. 253 00:26:45,500 --> 00:26:50,208 E iso é moito tempo andando. Ata para un de pernas grandes. 254 00:29:07,500 --> 00:29:09,833 Debera seguir no carreiro. 255 00:29:12,333 --> 00:29:17,041 Cando vin caer aquela estrela, debéraa deixar estar. 256 00:29:17,125 --> 00:29:19,500 -Elanor... -Intentaches dicirmo, Madre. 257 00:29:22,208 --> 00:29:23,833 Pero agora enténdoo. 258 00:29:26,125 --> 00:29:27,708 Son só unha pepeluda. 259 00:29:32,250 --> 00:29:33,833 É o único que serei. 260 00:29:38,208 --> 00:29:40,208 Vaite deitar, Nori. 261 00:29:42,583 --> 00:29:44,916 Seguimos co resto mañá. 262 00:30:17,416 --> 00:30:19,416 Perdestes algún achegado? 263 00:30:21,125 --> 00:30:22,291 Por eles. 264 00:30:24,125 --> 00:30:25,541 Algún familiar. 265 00:30:27,750 --> 00:30:30,083 O meu irmán: Finrod. 266 00:30:36,416 --> 00:30:37,750 E o meu marido. 267 00:30:39,250 --> 00:30:40,666 Marido? 268 00:30:41,541 --> 00:30:44,041 Celeborn chamábase. 269 00:30:47,041 --> 00:30:48,875 Coñecémonos nun claro florido. 270 00:30:50,750 --> 00:30:52,750 Eu bailaba e el viume. 271 00:30:55,041 --> 00:30:56,791 Estabades bailando? 272 00:30:57,958 --> 00:31:00,458 A guerra parecía moi lonxe entón. 273 00:31:04,291 --> 00:31:06,291 Cando el foi loitar, reprendino. 274 00:31:07,125 --> 00:31:09,125 A armadura non lle asentaba ben. 275 00:31:10,791 --> 00:31:12,458 Chameille ameixa prateada. 276 00:31:16,875 --> 00:31:18,875 Non o volvín ver despois diso. 277 00:31:30,041 --> 00:31:31,458 Miña señora... 278 00:31:33,708 --> 00:31:35,166 No que dixestes antes... 279 00:31:36,666 --> 00:31:37,875 enganádesvos. 280 00:31:39,250 --> 00:31:40,625 A culpa non é vosa. 281 00:31:42,250 --> 00:31:43,083 É miña. 282 00:31:43,166 --> 00:31:45,500 Non pretendías que pasase isto. 283 00:31:46,125 --> 00:31:50,583 Deille poder ao inimigo. Iso faime responsable. 284 00:31:51,291 --> 00:31:53,458 Algúns pensarían iso. 285 00:31:55,791 --> 00:31:59,375 Pero creo que os sabios miran tamén o que temos no corazón. 286 00:32:00,708 --> 00:32:02,291 E isto non estaba no teu. 287 00:32:04,958 --> 00:32:08,541 Non botes a carga deste día nos ombros, Theo. 288 00:32:10,791 --> 00:32:13,541 Talvez despois che sexa difícil soltala. 289 00:32:17,250 --> 00:32:21,083 Pero como me esquezo dela? 290 00:32:29,291 --> 00:32:34,208 Hai poderes alén da escuridade que actúan neste mundo. 291 00:32:36,166 --> 00:32:38,291 Se cadra en días coma este, 292 00:32:38,375 --> 00:32:41,375 non nos queda outra que confiar nos seus designios. 293 00:32:42,666 --> 00:32:44,166 E renunciar aos nosos. 294 00:32:44,750 --> 00:32:47,333 O meu fogar desapareceu. 295 00:32:50,375 --> 00:32:52,208 Que sentido ten iso? 296 00:32:58,958 --> 00:33:00,541 Non o vexo aínda. 297 00:33:21,083 --> 00:33:21,916 Señor... 298 00:33:22,625 --> 00:33:23,666 Cala a boca. 299 00:34:13,916 --> 00:34:17,041 Que? Que cheiras? 300 00:34:26,791 --> 00:34:27,958 Cinsas. 301 00:34:28,875 --> 00:34:30,875 Nada máis ca cinsas. 302 00:34:33,833 --> 00:34:36,458 Vamos, que perdemos o tempo. 303 00:34:47,541 --> 00:34:49,416 Descansa mentres poidas. 304 00:34:50,625 --> 00:34:52,208 Seguiremos coa luz do día. 305 00:34:54,375 --> 00:34:55,791 Que luz? 306 00:35:27,250 --> 00:35:28,458 Outro tremor. 307 00:35:29,041 --> 00:35:31,541 Hai que deixar asentar as rochas. 308 00:35:45,000 --> 00:35:47,541 Autodisciplina, mestre elfo. 309 00:35:48,041 --> 00:35:50,041 Iso darache o éxito? 310 00:35:51,625 --> 00:35:53,125 Deumo na nosa contenda. 311 00:35:54,666 --> 00:35:56,083 Ai si? 312 00:36:06,083 --> 00:36:07,083 Non. 313 00:36:08,666 --> 00:36:10,583 Perdiches a propósito? 314 00:36:10,666 --> 00:36:12,541 Non buscaba derrotarte, 315 00:36:13,000 --> 00:36:15,666 senón que me prestases atención. 316 00:36:16,291 --> 00:36:18,125 Mentiras élficas. 317 00:36:21,916 --> 00:36:23,541 Estaba... 318 00:36:26,541 --> 00:36:27,958 sen folgos. 319 00:36:37,875 --> 00:36:38,958 Condenado! 320 00:36:43,666 --> 00:36:47,166 Sempre te vin algo anano para seres elfo. 321 00:36:47,666 --> 00:36:51,500 E ti es un anano ben élfico, Durin. 322 00:36:53,041 --> 00:36:54,458 Fillo de Durin. 323 00:36:56,000 --> 00:36:59,375 -Neto de... -Mófate se queres. 324 00:36:59,458 --> 00:37:03,958 O mellor que pode facer un anano é merecer o nome do pai del. 325 00:37:10,541 --> 00:37:12,208 Pero temos nomes secretos, 326 00:37:13,208 --> 00:37:15,875 para usalos só entre nós. 327 00:37:15,958 --> 00:37:19,291 E dicímosllos só á familia. 328 00:37:19,375 --> 00:37:25,333 Esposas, pais, irmás, irmáns. 329 00:37:33,083 --> 00:37:35,583 -Elrond... -Gárdao, Durin. 330 00:37:38,791 --> 00:37:40,208 Para o outro lado. 331 00:37:42,666 --> 00:37:43,750 Vale. 332 00:39:02,541 --> 00:39:03,500 Durin... 333 00:39:10,458 --> 00:39:11,583 Padre... 334 00:39:14,541 --> 00:39:17,166 É moito máis do que imaxinamos. 335 00:39:17,250 --> 00:39:19,666 -Rei Durin, hai unha... -Abonda! 336 00:39:22,833 --> 00:39:27,083 Padre, veno ver. 337 00:39:31,083 --> 00:39:32,416 Prendede o elfo. 338 00:40:26,000 --> 00:40:27,625 Cando túa nai te deu a luz, 339 00:40:30,166 --> 00:40:33,166 tiñas algo dentro malformado. 340 00:40:34,583 --> 00:40:36,666 Tiñas o folgo irregular e seco. 341 00:40:38,833 --> 00:40:43,500 Soaba feble e penoso, coma raspando xiz. 342 00:40:46,166 --> 00:40:48,750 Dicían que non chegarías ao inverno. 343 00:40:51,833 --> 00:40:53,333 E cada noite, 344 00:40:54,708 --> 00:40:58,708 cando os ollos chorosos da túa nai atopaban refuxio no sono, 345 00:41:00,375 --> 00:41:02,375 eu achegábate ao lume, 346 00:41:04,625 --> 00:41:06,625 e levantávache o queixo. 347 00:41:08,666 --> 00:41:10,833 Parecía que che axudaba a respirar. 348 00:41:12,125 --> 00:41:13,416 E unha noite, 349 00:41:13,500 --> 00:41:16,750 mireiche para a cariña imberbe, 350 00:41:18,583 --> 00:41:20,583 e vin nela 351 00:41:22,875 --> 00:41:28,875 a gran barba gris dun vello rei anano. 352 00:41:30,208 --> 00:41:34,458 Poderoso e formidable coma un exército con estandartes. 353 00:41:38,291 --> 00:41:41,500 E cando túa nai espertou, díxenlle 354 00:41:43,541 --> 00:41:46,333 que non chorase máis. 355 00:41:46,416 --> 00:41:52,416 Porque o noso fillo viviría e movería montañas! 356 00:41:58,875 --> 00:42:02,083 Como vou mover montañas, Padre, 357 00:42:02,166 --> 00:42:05,500 se te alporizas cando escavo un burato? 358 00:42:06,416 --> 00:42:08,500 Falas da grandeza que me agarda, 359 00:42:09,333 --> 00:42:13,208 mais afógasme calquera ambición, 360 00:42:13,291 --> 00:42:15,250 calquera desexo, 361 00:42:15,333 --> 00:42:20,458 calquera idea que non saia de ti. 362 00:42:20,541 --> 00:42:23,833 O ferro que debe soportar as cargas máis pesadas 363 00:42:23,916 --> 00:42:27,250 tamén debe resistir o tempero máis rigoroso! 364 00:42:27,333 --> 00:42:30,958 Enviar os aliados á morte non é temperar. 365 00:42:33,750 --> 00:42:36,958 Elrond é tan irmán para min 366 00:42:37,041 --> 00:42:40,583 coma se se formara no ventre da miña nai. 367 00:42:42,166 --> 00:42:43,875 Como ousas? 368 00:42:49,666 --> 00:42:51,500 Como te atreves? 369 00:42:53,083 --> 00:42:54,708 A invocar a túa nai 370 00:42:54,791 --> 00:42:58,416 para xustificar que traizoases a túa raza? 371 00:42:58,500 --> 00:43:01,375 Non! Traizoáchela ti! 372 00:43:01,458 --> 00:43:05,291 Dilapidando o noso futuro para aferrarte ao pasado. 373 00:43:05,375 --> 00:43:07,958 Profanas a coroa que levas! 374 00:43:50,541 --> 00:43:51,958 Déixao. 375 00:43:54,958 --> 00:43:56,625 Xa non che pertence. 376 00:44:13,916 --> 00:44:18,541 E mentres apañaba caracois aquel día de outono, 377 00:44:18,625 --> 00:44:22,416 a meniña que deixou chorando levouna a corrente. 378 00:44:22,500 --> 00:44:25,708 Poula... Que fas? 379 00:44:25,791 --> 00:44:27,750 Coller un balde. Non o ves? 380 00:44:27,833 --> 00:44:30,750 Non, para de comer os víveres! Hainos que gardar. 381 00:44:30,833 --> 00:44:34,625 Por que non vas mirar fóra e logo falamos? 382 00:44:37,291 --> 00:44:38,125 E logo? 383 00:44:43,625 --> 00:44:47,041 -Mirade! Carai! -Dará ata para vender no mercado. 384 00:44:51,458 --> 00:44:52,291 Velaquí tes. 385 00:44:54,625 --> 00:44:57,750 Non o entendo. Como foi? 386 00:44:57,833 --> 00:44:59,083 Como pensas? 387 00:45:00,708 --> 00:45:02,125 Arranxouno el. 388 00:45:04,000 --> 00:45:05,791 Que che parece, Nori? 389 00:45:05,875 --> 00:45:08,208 Hai abondo para un festín. 390 00:45:08,291 --> 00:45:11,208 E aínda sobrará ata chegar a Peixe Conxelado. 391 00:45:11,291 --> 00:45:14,416 Malva vai facer un composto de mazá. 392 00:45:14,500 --> 00:45:16,500 -Compota. -Foi o que dixen. 393 00:45:30,125 --> 00:45:31,458 De parte de Padre... 394 00:45:31,541 --> 00:45:33,833 Grazas, Malva. Onde vai túa irmá? 395 00:45:33,916 --> 00:45:37,291 Xa está. Queda sitio aí? Rematamos. 396 00:45:37,833 --> 00:45:41,250 Flotaba río abaixo e tan alto berraba 397 00:45:41,333 --> 00:45:43,416 que o rei dos sapiños 398 00:45:43,500 --> 00:45:45,750 volveuna caracol. 399 00:45:46,208 --> 00:45:51,000 O vello Bochogamo colleuna, tan doce e apetitosa, 400 00:45:51,083 --> 00:45:55,083 e a filliña del non puido evitar... 401 00:47:42,666 --> 00:47:43,833 Agardade! 402 00:47:45,916 --> 00:47:47,541 Por aí ides mal. 403 00:47:49,791 --> 00:47:51,250 Marchou por alá. 404 00:47:53,000 --> 00:47:54,250 Ide, veña. 405 00:48:07,916 --> 00:48:09,125 Nori! 406 00:48:12,416 --> 00:48:14,333 -Deixádea en paz! -Xa oístes. 407 00:48:14,416 --> 00:48:16,333 -Liscade de aquí! -Marchade! 408 00:48:17,375 --> 00:48:20,875 Se lle tocades un pelo do pé, esnaquízovos. 409 00:49:35,958 --> 00:49:38,500 Veña! Moi ben. Seguide así. 410 00:49:40,208 --> 00:49:41,041 Todos xuntos. 411 00:49:45,833 --> 00:49:46,791 Xo! 412 00:49:49,416 --> 00:49:50,833 Déixamo a min. 413 00:49:56,041 --> 00:49:56,875 Non! 414 00:49:58,125 --> 00:50:00,541 Vas para a casa. Estamos? 415 00:50:01,583 --> 00:50:03,000 Vés connosco. 416 00:50:10,500 --> 00:50:13,333 Por favor, Berek. 417 00:50:14,500 --> 00:50:16,750 -Por favor. -Non vos fará caso. 418 00:50:19,000 --> 00:50:21,000 Non nolo fai a ningún. 419 00:50:57,083 --> 00:50:59,666 Nunca debín subir a elfa a bordo. 420 00:51:02,458 --> 00:51:05,125 Debín deixala no mar, onde a atopei. 421 00:52:47,125 --> 00:52:48,541 Theo? 422 00:53:34,833 --> 00:53:38,666 E a raíña rexente? Está aquí? 423 00:53:45,916 --> 00:53:47,916 Os preparativos xa case están. 424 00:53:49,041 --> 00:53:50,875 Podemos partir nunha hora. 425 00:53:51,458 --> 00:53:53,541 E os homes do sur? 426 00:53:53,625 --> 00:53:57,625 Unha gornición quedará aquí para escoltalos a lugar seguro. 427 00:53:59,541 --> 00:54:01,208 E buscar os desaparecidos. 428 00:54:12,333 --> 00:54:13,333 Galadriel. 429 00:54:36,916 --> 00:54:38,666 Non te axeonlles en Númenor. 430 00:54:39,791 --> 00:54:41,791 Non estades en Númenor. 431 00:54:42,916 --> 00:54:44,916 Ningún estades alí. 432 00:54:45,625 --> 00:54:48,041 Unha culpa que é miña soa. 433 00:54:48,583 --> 00:54:51,166 Os barcos agardan, maxestade. 434 00:54:53,958 --> 00:54:56,291 Deixemos esta terra atrás. 435 00:55:16,916 --> 00:55:19,750 Non malgastes a compaixón en min, elfa. 436 00:55:21,166 --> 00:55:24,166 Gárdaa para os inimigos. 437 00:55:26,041 --> 00:55:28,458 Pois non saben o que comezaron. 438 00:55:37,125 --> 00:55:39,875 Porque eu, Míriel, 439 00:55:40,916 --> 00:55:43,541 filla de Ar-Inziladûn, xuro... 440 00:55:44,083 --> 00:55:45,833 que Númenor regresará. 441 00:55:48,541 --> 00:55:51,625 Entón os elfos estarán preparados. 442 00:55:55,208 --> 00:55:58,208 Capitán, partimos coa marea. 443 00:56:01,875 --> 00:56:03,125 Capitán! 444 00:56:12,375 --> 00:56:13,625 Xa está. 445 00:56:31,166 --> 00:56:35,166 Arriba, nena. Veña. Axúdame a recoller o que poidamos. 446 00:56:36,958 --> 00:56:38,958 Nori, veña. 447 00:56:39,041 --> 00:56:42,000 Que isto non te desanime, hase amañar. 448 00:56:42,083 --> 00:56:45,833 Non lle mintas, Largo, é maior para iso. 449 00:56:45,916 --> 00:56:48,291 Non mentín. Hase amañar. 450 00:56:48,375 --> 00:56:50,166 Por favor, Brandipé! 451 00:56:50,250 --> 00:56:52,041 Déixanos chorar un pouco. 452 00:56:52,125 --> 00:56:53,416 Chorar? 453 00:56:53,875 --> 00:56:56,375 Cres que non podemos facer máis? 454 00:56:56,458 --> 00:56:57,958 Somos pepeludos! 455 00:57:09,500 --> 00:57:11,416 Mirade, non matamos dragóns. 456 00:57:12,958 --> 00:57:15,041 Nin sabemos desenterrar xoias. 457 00:57:15,125 --> 00:57:17,333 Pero hai algo que a fe facemos 458 00:57:17,416 --> 00:57:20,375 mellor ca ningunha criatura da Terra Media. 459 00:57:22,750 --> 00:57:24,375 Somos leais entre nós. 460 00:57:26,375 --> 00:57:30,416 Por moitas voltas que dea o camiño ou sexa moi empinado, 461 00:57:32,166 --> 00:57:33,500 afrontámolo, 462 00:57:34,833 --> 00:57:38,666 co corazón aínda meirande cós pés. 463 00:57:41,500 --> 00:57:43,166 E seguimos camiñando. 464 00:58:08,875 --> 00:58:11,375 Nori, onde vas? 465 00:58:14,500 --> 00:58:15,833 Axudar o meu amigo. 466 00:58:16,875 --> 00:58:19,875 Avisalo do que vén. Merece polo menos iso. 467 00:58:19,958 --> 00:58:23,208 Vas saír do carreiro? Agora? Soa? 468 00:58:23,291 --> 00:58:24,541 Non estará soa. 469 00:58:28,750 --> 00:58:31,833 Xa deixamos a moitos atrás, a el non o deixaremos. 470 00:58:34,208 --> 00:58:36,416 Non iredes a ningures, nenas. 471 00:58:37,791 --> 00:58:39,625 Non sen min. 472 00:58:44,000 --> 00:58:45,833 Estás segura, Dula? 473 00:58:45,916 --> 00:58:49,750 Se vos metedes nas fragas, igual non saídes vivas. 474 00:58:49,833 --> 00:58:53,541 Ou si, se un busca-carreiros vai con elas. 475 00:58:55,375 --> 00:58:59,375 A rapaza Brandipé fixo ben axudándoo. Moi ben. 476 00:58:59,458 --> 00:59:02,958 E se credes que Malva Grama de Prados non o o vai admitir... 477 00:59:03,041 --> 00:59:07,041 Para que vivirmos, Sadoc, se non vivimos para o ben? 478 00:59:10,916 --> 00:59:14,125 Oes, Malva? Por unha vez... 479 00:59:14,208 --> 00:59:18,458 Por unha vez, que bo sería que non tiveses razón sempre. 480 00:59:20,041 --> 00:59:22,375 Collerei provisións e o caxato. 481 00:59:23,291 --> 00:59:24,458 Vou convosco. 482 00:59:28,125 --> 00:59:30,500 Total, tanto ten, todos imos morrer. 483 00:59:32,000 --> 00:59:34,666 Bulide. Ou botaremos o día aquí. 484 00:59:34,750 --> 00:59:36,666 Cres que o atoparemos? 485 00:59:36,750 --> 00:59:39,791 É un xigante, muller. Como non o imos ver? 486 01:00:03,750 --> 01:00:06,291 Cres que a raíña cumprirá a promesa? 487 01:00:06,375 --> 01:00:07,541 Non. 488 01:00:08,583 --> 01:00:10,000 Estou segura. 489 01:00:11,791 --> 01:00:16,208 Os ósos están recompostos e as feridas vendadas. Podemos marchar. 490 01:00:16,791 --> 01:00:18,708 Onde iredes? 491 01:00:18,791 --> 01:00:22,083 A unha vella colonia numenoreana na foz do Anduin. 492 01:00:22,625 --> 01:00:27,541 Pelargir, chamábanlle. Disque alí hai boas terras e boa auga. 493 01:00:28,375 --> 01:00:29,875 Un novo comezo. 494 01:00:32,750 --> 01:00:34,708 Eu presentareime ante o Alto Rei. 495 01:00:37,000 --> 01:00:39,000 Para afrontar o que me agarde. 496 01:00:40,958 --> 01:00:42,208 E o noso rei que? 497 01:00:43,583 --> 01:00:44,833 O voso rei? 498 01:00:45,750 --> 01:00:47,166 Non vos informaron? 499 01:00:47,791 --> 01:00:49,291 Do que? 500 01:00:56,250 --> 01:00:57,416 Halbrand... 501 01:01:00,375 --> 01:01:01,958 Pensei que morreras. 502 01:01:03,416 --> 01:01:05,500 Habíame ser mellor. 503 01:01:07,541 --> 01:01:11,125 Uns homes do sur atopárono así onte no camiño. 504 01:01:12,666 --> 01:01:14,666 A ferida empeoroulle pola noite. 505 01:01:14,750 --> 01:01:17,750 Ía intentar tratalo de camiño, pero... 506 01:01:23,875 --> 01:01:25,875 A ferida precisa medicina élfica. 507 01:01:27,166 --> 01:01:28,333 Pode montar? 508 01:01:28,416 --> 01:01:31,791 Direilles aos curadores que busquen provisións. 509 01:01:40,625 --> 01:01:42,375 Ben, meu amigo... 510 01:01:43,333 --> 01:01:46,500 Semella que o fado nos preparou outra balsa. 511 01:01:46,583 --> 01:01:48,291 Isto non rematou. 512 01:01:48,375 --> 01:01:51,791 Non deixarei estas terras condenándoas a arder. 513 01:01:54,083 --> 01:01:55,416 E ti tampouco. 514 01:02:22,750 --> 01:02:24,083 Forza para o rei! 515 01:02:24,833 --> 01:02:28,666 Forza para o rei. 516 01:02:48,583 --> 01:02:51,583 Queda con ela... soldado. 517 01:02:55,000 --> 01:02:56,166 Comandante. 518 01:03:05,583 --> 01:03:07,208 Forza para o Sur! 519 01:03:07,291 --> 01:03:11,041 Forza para as Terras do Sur! 520 01:03:35,125 --> 01:03:36,541 Falleille. 521 01:03:38,958 --> 01:03:41,625 É todo culpa miña. 522 01:03:43,708 --> 01:03:44,791 Non. 523 01:03:45,458 --> 01:03:46,750 Non é. 524 01:03:48,375 --> 01:03:49,875 E de quen, logo? 525 01:03:53,833 --> 01:03:55,000 De teu pai. 526 01:03:56,708 --> 01:04:00,708 É moi vello e desconfiado. 527 01:04:01,541 --> 01:04:03,958 Fállalle a cabeza. 528 01:04:04,583 --> 01:04:07,125 Ten a vista mal e non ve 529 01:04:07,250 --> 01:04:10,583 que por moitos brasóns que tire ao chan, 530 01:04:11,958 --> 01:04:14,416 un día o reino será teu. 531 01:04:17,041 --> 01:04:19,041 De Durin IV. 532 01:04:19,125 --> 01:04:20,750 Non de teu irmán. 533 01:04:22,916 --> 01:04:26,708 Nin doutro Señor Anano. Teu. 534 01:04:27,916 --> 01:04:29,250 E meu. 535 01:04:30,500 --> 01:04:35,958 E gobernaremos esta montaña e as outras ata a nosa hora. 536 01:04:39,291 --> 01:04:42,416 O mithril perténcenos. 537 01:04:43,625 --> 01:04:45,458 A ti e a min. 538 01:04:46,375 --> 01:04:48,791 E xuntos, un día, 539 01:04:49,958 --> 01:04:52,208 habemos escavar. 540 01:05:18,833 --> 01:05:23,375 Seládea. 541 01:05:54,041 --> 01:05:55,291 Meus fillos... 542 01:05:56,666 --> 01:05:59,333 Quitade as capas e os helmos. 543 01:06:00,000 --> 01:06:02,583 Xa non vos fará mal o día. 544 01:06:03,958 --> 01:06:05,541 Esta é agora a nosa terra. 545 01:06:08,791 --> 01:06:10,208 O noso fogar. 546 01:06:11,625 --> 01:06:15,333 Viva Adar, señor das Terras do Sur. 547 01:06:15,416 --> 01:06:19,166 Viva Adar, señor das Terras do Sur! 548 01:06:19,291 --> 01:06:22,458 Viva Adar, señor das Terras do Sur! 549 01:06:22,541 --> 01:06:26,000 Viva Adar, señor das Terras do Sur! 550 01:06:27,166 --> 01:06:28,458 Non. 551 01:06:30,958 --> 01:06:35,583 Ese é o nome dun lugar que xa non existe. 552 01:06:36,541 --> 01:06:39,125 Como lle chamamos logo, Señor-Padre? 553 01:06:43,791 --> 01:06:47,916 Adar! Adar! Adar! 554 01:06:57,666 --> 01:07:02,083 AS TERRAS DO SUR 555 01:09:08,750 --> 01:09:10,750 Subtítulos: Lucía Doval 556 01:09:10,833 --> 01:09:12,833 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea