1 00:00:07,166 --> 00:00:08,875 De quen é a daga, Galadriel? 2 00:00:08,958 --> 00:00:12,291 O meu irmán matárono os servos de Sauron. 3 00:00:13,333 --> 00:00:17,500 Trala derrota de Morgoth, aquel a quen lle chamas Sauron 4 00:00:17,625 --> 00:00:22,666 buscaba crear un poder, non físico, senón sobre a vontade. 5 00:00:22,750 --> 00:00:25,416 Matei a Sauron. 6 00:00:25,500 --> 00:00:26,541 Non cho creo. 7 00:00:26,625 --> 00:00:29,041 Vive! 8 00:00:29,583 --> 00:00:30,625 Dilly, afasta! 9 00:00:35,375 --> 00:00:39,500 Pero pese a tódolos esforzos, o noso declive acelerouse. 10 00:00:39,583 --> 00:00:42,125 O mithril é a nosa única salvación. 11 00:00:42,208 --> 00:00:44,625 Nada diminúe a luz del. 12 00:00:45,041 --> 00:00:46,541 -Rei Durin... -Abonda! 13 00:00:47,541 --> 00:00:51,791 Non arriscarei vidas de ananos para que os elfos enganen a morte. 14 00:00:52,916 --> 00:00:54,541 Vou ir á Terra Media. 15 00:00:54,625 --> 00:00:58,250 Todo o que te agarda alí son tebras. 16 00:00:59,333 --> 00:01:00,166 Refuxiádevos! 17 00:01:03,875 --> 00:01:04,708 Non! 18 00:01:05,125 --> 00:01:06,500 Onde está o meu fillo? 19 00:01:06,583 --> 00:01:08,625 Adar! 20 00:01:08,708 --> 00:01:11,375 Deixemos esta terra atrás. 21 00:01:11,708 --> 00:01:15,458 -Loitando ao teu lado, sentín... -Sentino tamén. 22 00:01:17,375 --> 00:01:19,125 Isto precisa medicina élfica. 23 00:01:19,208 --> 00:01:20,791 Forza para o rei! 24 00:01:25,375 --> 00:01:26,416 Onde vas? 25 00:01:26,500 --> 00:01:28,125 -Avisalo do que vén. -Soa? 26 00:01:28,208 --> 00:01:29,875 Non estará soa. 27 00:01:47,750 --> 00:01:53,666 ERYN GALEN GRAN FRAGA VERDE 28 00:02:20,916 --> 00:02:22,500 Non es perigo ningún. 29 00:02:25,291 --> 00:02:26,500 Es bo. 30 00:03:07,083 --> 00:03:08,083 Nori? 31 00:03:46,625 --> 00:03:52,166 Vimos servirvos, señor Sauron. 32 00:05:18,375 --> 00:05:24,375 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 33 00:05:55,750 --> 00:05:57,708 Gil-galad chega mañá, 34 00:05:57,791 --> 00:06:01,125 esperando unha solución para salvar o Reino elfo. 35 00:06:02,083 --> 00:06:03,333 E non a temos. 36 00:06:04,666 --> 00:06:06,750 Oxalá houbese algún xeito... 37 00:06:08,583 --> 00:06:12,583 de facer máis con menos. 38 00:06:13,708 --> 00:06:18,750 O mesmo Sol empezou como algo non meirande cá palma da miña man. 39 00:06:18,833 --> 00:06:22,625 E como poderiamos igualar os poderes que forxaron o Sol? 40 00:06:24,416 --> 00:06:26,541 Non nos queda tempo, Celebrimbor. 41 00:06:30,166 --> 00:06:32,666 Debemos informar o Alto Rei que fracasamos. 42 00:06:34,125 --> 00:06:39,125 Logo, os elfos débense preparar para deixar estas costas. Para sempre. 43 00:06:54,750 --> 00:06:55,583 Galadriel? 44 00:06:56,791 --> 00:06:57,875 Elrond! 45 00:06:58,708 --> 00:06:59,791 Que pasou? 46 00:07:01,583 --> 00:07:04,000 Unha lanza inimiga. Hai seis días. 47 00:07:04,791 --> 00:07:06,041 Cabalgamos sen parar. 48 00:07:08,041 --> 00:07:09,458 Podedes axudalo? 49 00:07:10,958 --> 00:07:14,416 Volve á vida... 50 00:07:14,500 --> 00:07:19,125 Rei das Terras do Sur? Como tropezaches con el? 51 00:07:19,875 --> 00:07:21,458 Que fas aquí? 52 00:07:22,583 --> 00:07:24,083 Que fas ti aquí? 53 00:07:28,791 --> 00:07:31,208 Ven. Temos moito que falar. 54 00:07:38,625 --> 00:07:40,750 Non te debera subir a aquel barco. 55 00:07:41,416 --> 00:07:45,416 Debera confiar en ti. É un erro que non repetirei. 56 00:07:52,291 --> 00:07:53,791 Saltei do barco. 57 00:07:56,166 --> 00:07:59,541 Porque o corazón me dicía que non merecía regresar aínda. 58 00:08:00,083 --> 00:08:04,083 Sabía que a miña tarefa aquí aínda non rematara. 59 00:08:05,750 --> 00:08:09,750 E ao saír á superficie, non puiden máis que nadar 60 00:08:09,833 --> 00:08:12,041 e pregar que elixira ben. 61 00:08:16,125 --> 00:08:18,333 Non crucei ese mar bravo... 62 00:08:19,708 --> 00:08:21,291 para afogar agora. 63 00:08:24,000 --> 00:08:25,583 Nin te deixarei afogar. 64 00:08:33,041 --> 00:08:34,875 Boteite en falta. 65 00:08:38,333 --> 00:08:39,750 Que debemos facer? 66 00:08:42,750 --> 00:08:44,333 O único que podemos. 67 00:08:46,000 --> 00:08:47,416 Nadar. 68 00:08:56,958 --> 00:08:58,125 Quen anda aí? 69 00:09:04,208 --> 00:09:06,208 Quen anda aí? Déixate ver. 70 00:09:07,208 --> 00:09:08,875 Está Galadriel aquí? 71 00:09:15,625 --> 00:09:16,833 Non. 72 00:09:18,666 --> 00:09:21,166 Non deberías estar descansando? 73 00:09:21,708 --> 00:09:23,208 Que lugar é este? 74 00:09:24,416 --> 00:09:28,291 Era o taller de Celebrimbor. 75 00:09:28,916 --> 00:09:30,083 O gran Celebrimbor? 76 00:09:31,666 --> 00:09:33,666 Non andará por aquí? 77 00:09:33,750 --> 00:09:37,541 Pois... a verdade é que si. 78 00:09:50,583 --> 00:09:52,000 Celebrimbor... 79 00:09:53,166 --> 00:09:54,583 O mestre que tiven 80 00:09:54,666 --> 00:09:57,166 falaba das marabillas que faciades. 81 00:09:58,125 --> 00:10:01,750 Non pensei que tería ocasión de velas en persoa. 82 00:10:01,833 --> 00:10:03,041 Es ferreiro? 83 00:10:03,750 --> 00:10:07,083 Pois... non tan bo coma vós. 84 00:10:09,458 --> 00:10:13,458 E as xemas estas? Nunca vira nada igual. 85 00:10:14,291 --> 00:10:17,458 Para que pensades usalas? 86 00:10:17,541 --> 00:10:23,541 A xoiaría de Feänor deu captado esencia de Valinor. 87 00:10:24,208 --> 00:10:26,250 E iso busco para a Terra Media. 88 00:10:26,333 --> 00:10:30,541 Que mineral máis peculiar. Que é? 89 00:10:33,750 --> 00:10:34,833 Non hai abondo. 90 00:10:34,916 --> 00:10:36,750 Para que? 91 00:10:40,375 --> 00:10:41,375 Por favor. 92 00:10:41,458 --> 00:10:45,541 Probastes a mesturalo con outros? Para aproveitalo mellor. 93 00:10:45,625 --> 00:10:47,958 Con este non conviría. 94 00:10:48,041 --> 00:10:50,166 -E logo? -Precisamos tal cantidade 95 00:10:50,250 --> 00:10:53,125 que iso diluiría moito as súas virtudes únicas. 96 00:10:53,708 --> 00:10:56,708 Perdoade, pero aínda quedando por necio, 97 00:10:56,791 --> 00:10:59,958 non podería a aliaxe idónea amplificar tales virtudes? 98 00:11:02,708 --> 00:11:03,791 Amplificalas? 99 00:11:03,875 --> 00:11:07,208 Onde me formei, os metais preciosos eran escasos. 100 00:11:07,666 --> 00:11:11,875 E aprendemos a mesturalos para potenciar virtudes e ocultar fallas. 101 00:11:11,958 --> 00:11:17,291 Vin engadir níquel ao ferro para facer follas máis lixeiras e fortes. 102 00:11:17,375 --> 00:11:22,375 Non haberá algunha aliaxe para potenciar o voso mineral? 103 00:11:29,916 --> 00:11:35,333 Pois é... unha idea interesante. 104 00:11:38,166 --> 00:11:41,666 Considerádeo... un don. 105 00:11:49,000 --> 00:11:54,458 Pronto percorrerá o camiño que leva a todo home cara á fin. 106 00:11:55,291 --> 00:11:58,041 Bandeiras negras encherán o noso porto. 107 00:11:59,458 --> 00:12:02,625 Teremos o deber de facerlle unha tumba, 108 00:12:04,791 --> 00:12:10,625 para darlle en pedra a inmortalidade que ningún home, 109 00:12:13,083 --> 00:12:16,333 nin sequera un rei, pode lograr en vida. 110 00:12:17,708 --> 00:12:23,083 Debuxantes de todo Númenor foron chamados para captar o rostro del, 111 00:12:23,166 --> 00:12:25,166 para que propoñan un deseño. 112 00:12:26,041 --> 00:12:27,875 De tódolos aprendices, 113 00:12:29,041 --> 00:12:31,875 escolléusevos para propoñerdes un tamén. 114 00:12:34,916 --> 00:12:36,083 Nos vindeiros días, 115 00:12:36,166 --> 00:12:39,291 cada un teredes unha hora co rei. 116 00:12:41,333 --> 00:12:42,541 Aproveitádea ben. 117 00:13:07,208 --> 00:13:09,833 Sei a que andaches no medio da noite, 118 00:13:09,916 --> 00:13:12,666 -cando facías a todos durmindo. -Perdoade. 119 00:13:12,750 --> 00:13:16,083 A vosa criada volverá decontado, maxestade. 120 00:13:16,166 --> 00:13:18,208 Entón aínda queda tempo. 121 00:13:23,875 --> 00:13:24,958 Tempo para que? 122 00:13:25,041 --> 00:13:27,541 Para avisarte, pequena Míriel. 123 00:13:27,625 --> 00:13:30,416 -Enganádesvos, non son... -Raíña aínda? Non. 124 00:13:30,500 --> 00:13:32,916 Mais seralo. E avísote: 125 00:13:33,000 --> 00:13:36,166 se os vellos costumes non se restauran pronto, 126 00:13:36,250 --> 00:13:37,958 a illa caerá. 127 00:13:43,166 --> 00:13:44,375 Axuda! 128 00:13:44,958 --> 00:13:47,375 Para o rei! Axuda! 129 00:13:58,583 --> 00:14:00,041 Ven. Debes subir. 130 00:14:00,125 --> 00:14:03,916 Pero non fagas coma min. Botei moito mirando. 131 00:14:04,000 --> 00:14:07,500 E agora, xa non distingo o que é do que foi, 132 00:14:07,583 --> 00:14:09,708 o que foi do que será. 133 00:14:46,333 --> 00:14:50,833 Un obxecto. Para toda a Terra Media. 134 00:14:50,916 --> 00:14:52,750 Sei que soa estraño, Alto Rei, 135 00:14:52,833 --> 00:14:56,000 pero debemos probar calquera solución. 136 00:14:56,500 --> 00:14:58,875 E que tipo de obxecto? 137 00:14:58,958 --> 00:15:01,916 Sería máis pequeno do que imaxinabamos. 138 00:15:02,000 --> 00:15:03,750 Algo para poder levar... 139 00:15:03,833 --> 00:15:04,916 -Un cetro. -Espada? 140 00:15:05,000 --> 00:15:07,708 Ou se cadra... unha coroa. 141 00:15:10,125 --> 00:15:11,125 Por que iso? 142 00:15:11,208 --> 00:15:13,750 A forma circular será a ideal. 143 00:15:13,833 --> 00:15:17,666 Permitirá que á luz se curve sobre si nun círculo continuo, 144 00:15:17,750 --> 00:15:21,791 xerando un poder que será practicamente ilimitado. 145 00:15:22,791 --> 00:15:26,791 E poriades todo ese poder sobre un único ser? 146 00:15:26,875 --> 00:15:29,875 Non calquera, Alto Rei. Vós. 147 00:15:33,500 --> 00:15:35,583 Perigosos murmurios eses. 148 00:15:35,666 --> 00:15:38,000 Ás veces o camiño perigoso é o único. 149 00:15:38,083 --> 00:15:40,041 Ou eu non estaría aquí. 150 00:15:40,125 --> 00:15:42,208 E non deberías estar. 151 00:15:43,333 --> 00:15:45,458 Alto Rei, só pedimos tempo 152 00:15:45,541 --> 00:15:48,375 para reunir os ferreiros e probar a teoría. 153 00:15:48,458 --> 00:15:49,791 Quédanos pouco. 154 00:15:49,875 --> 00:15:52,083 -Por iso... -Menos do que pensades. 155 00:15:53,625 --> 00:15:58,125 Dende a erupción da montaña de lume, a Grande Árbore perde follas. 156 00:15:58,750 --> 00:16:00,833 Pronto caerá a derradeira. 157 00:16:00,916 --> 00:16:05,333 E se o noso pobo non marcha, tamén caeremos. 158 00:16:08,125 --> 00:16:12,125 Non hai elfo na Terra Media que queira unha solución máis ca min. 159 00:16:13,083 --> 00:16:18,750 Mais se esta ía ser a nosa salvación, precisabámola antes. 160 00:16:18,833 --> 00:16:20,916 Pero xa case a tiña. 161 00:16:21,708 --> 00:16:23,916 Ao falar co home do sur vin... 162 00:16:24,000 --> 00:16:26,416 O astroso? A idea foi del? 163 00:16:26,500 --> 00:16:30,000 O que suxeriu foi a chave que abriu o encoro. 164 00:16:30,083 --> 00:16:34,750 Estamos a punto de crear unha nova clase de poder. 165 00:16:34,833 --> 00:16:37,875 Non de forza, senón espiritual. 166 00:16:37,958 --> 00:16:40,458 Non físico, senón sobre a vontade. 167 00:16:42,166 --> 00:16:43,916 Isto é... 168 00:16:44,000 --> 00:16:47,541 É un poder do Mundo Invisible. 169 00:16:49,250 --> 00:16:52,500 Síntoo, señor Celebrimbor. 170 00:16:53,250 --> 00:16:56,625 Ordénovos desmantelar a cidade 171 00:16:56,708 --> 00:16:59,708 e regresar a Lindon decontado. 172 00:17:00,458 --> 00:17:01,875 Facédeo todos. 173 00:17:16,083 --> 00:17:19,833 As palabras esas... "Un poder sobre a vontade", 174 00:17:20,791 --> 00:17:22,208 onde as oístes? 175 00:17:26,041 --> 00:17:29,750 Estaba falando cos ferreiros, coido que... 176 00:17:31,500 --> 00:17:34,666 -Son palabras miñas. -Estabades con Halbrand? 177 00:17:36,666 --> 00:17:39,833 Que máis ten? Acabouse. 178 00:17:43,625 --> 00:17:45,125 Alto Rei, agardade! 179 00:17:45,916 --> 00:17:47,916 -Síntoo... -Dádeme tres meses. 180 00:17:48,458 --> 00:17:50,458 Débeseme polo menos iso. 181 00:17:50,541 --> 00:17:53,666 Non se che debe nada. 182 00:17:54,416 --> 00:17:56,416 Non mo deades de recompensa. 183 00:17:58,291 --> 00:17:59,875 Senón porque volo pido eu. 184 00:18:01,291 --> 00:18:04,458 É a esperanza dun tolo, Elrond. 185 00:18:04,541 --> 00:18:06,583 Só iso, nada máis. 186 00:18:06,666 --> 00:18:12,083 "A esperanza nunca é mera, mesmo sendo escasa". 187 00:18:13,041 --> 00:18:15,375 Ou esquecestes o voso consello? 188 00:19:09,166 --> 00:19:13,750 Preciso estirpes reais, liñaxes. O que atopes das Terras do Sur. 189 00:19:13,833 --> 00:19:16,833 Temos documentos limitados sobre os reinos mortais. 190 00:19:16,916 --> 00:19:19,666 Terei que buscar nas catacumbas a información. 191 00:19:19,750 --> 00:19:21,791 -Ven. -Tres semanas... 192 00:19:21,875 --> 00:19:25,125 Tres semanas para un labor de igual tres séculos. 193 00:19:25,208 --> 00:19:28,208 A limitación pode ser a proxenitora da invención. 194 00:19:29,375 --> 00:19:32,041 Marcha. Non lle fales disto a ninguén. 195 00:19:36,250 --> 00:19:37,916 Non teñas medo. 196 00:19:38,000 --> 00:19:41,083 Celebrimbor atopará unha solución. Estou seguro. 197 00:19:41,583 --> 00:19:44,583 De súpeto, parecedes íntimos. 198 00:19:44,666 --> 00:19:47,333 Só lle ofrezo a humilde axuda que podo. 199 00:19:49,791 --> 00:19:52,875 A verdade, aínda me custa crelo. 200 00:19:53,791 --> 00:19:56,750 Alguén coma min, aquí, 201 00:19:58,041 --> 00:20:00,625 traballando cos ferreiros elfos de Eregion. 202 00:20:04,833 --> 00:20:06,250 Grazas, Galadriel. 203 00:20:07,541 --> 00:20:08,958 Por te traer aquí? 204 00:20:09,916 --> 00:20:11,333 Por salváresme a vida. 205 00:20:11,416 --> 00:20:15,500 Como ti salvaches a miña. Estamos a pre. 206 00:20:15,583 --> 00:20:16,916 Non. 207 00:20:17,000 --> 00:20:19,583 Non, fixeches moito máis por min. 208 00:20:20,875 --> 00:20:22,625 Xa case me rendera. 209 00:20:22,708 --> 00:20:26,000 Mais ti... criches en min. 210 00:20:26,083 --> 00:20:27,958 Viches forza en min. 211 00:20:28,041 --> 00:20:31,125 Fixéchesme chegar a alturas como ninguén podería. 212 00:20:32,916 --> 00:20:34,500 Non o esquecerei. 213 00:20:38,625 --> 00:20:41,500 E ocupareime de que ninguén o faga. 214 00:21:01,583 --> 00:21:03,916 Non teñades medo, mestre. 215 00:21:04,458 --> 00:21:10,208 Canto máis esperten os vosos poderes, máis se debilitará o veo. 216 00:21:10,958 --> 00:21:12,041 Que veo? 217 00:21:12,125 --> 00:21:17,041 Ese co que vos cubriron a mente os que vos expulsaron. 218 00:21:17,125 --> 00:21:21,583 Mais viñemos aquí para darvos a benvida. 219 00:21:22,250 --> 00:21:25,083 Para levarvos ás nosas terras. 220 00:21:26,000 --> 00:21:27,083 Ás vosas terras? 221 00:21:27,166 --> 00:21:28,791 Xa as coñecedes. 222 00:21:35,375 --> 00:21:37,083 As estrelas. 223 00:21:37,166 --> 00:21:40,333 Chámase o Chapeu do Ermitán. 224 00:21:41,583 --> 00:21:44,625 Unha constelación visible nun só lugar. 225 00:21:45,708 --> 00:21:50,541 Moi ao leste, onde as estrelas son estrañas. 226 00:21:51,375 --> 00:21:54,833 As terras de Rhûn. 227 00:21:55,958 --> 00:21:57,875 -Rhûn... -Si. 228 00:21:58,708 --> 00:22:04,541 Onde vos coñecerán por fin por quen de verdade sodes. 229 00:22:04,625 --> 00:22:09,291 Caestes das estrelas. Porén, sodes superior a elas. 230 00:22:09,375 --> 00:22:12,125 Pois o lume obedece a vosa vontade. 231 00:22:12,208 --> 00:22:17,041 Caestes baixo o po. Porén, o po témevos. 232 00:22:17,125 --> 00:22:19,541 Pois treme cando vos anoxades. 233 00:22:19,625 --> 00:22:24,291 Os ventos e as augas, a calor e o frío. 234 00:22:24,375 --> 00:22:28,083 En Rhûn, aprenderedes a dominalos a todos. 235 00:22:28,166 --> 00:22:34,166 E todo ser que camiñe ou repte será o voso escravo. 236 00:22:35,125 --> 00:22:38,541 -Pois sodes o señor Sauron. -Pois sodes o señor Sauron. 237 00:22:58,000 --> 00:22:59,166 Abonda! 238 00:23:08,666 --> 00:23:11,625 Co tempo, aprenderá a controlar os seus poderes. 239 00:23:13,000 --> 00:23:14,833 Polo de agora, átao. 240 00:23:22,125 --> 00:23:23,541 Que ocorre? 241 00:23:37,083 --> 00:23:41,583 De tódalas malas ideas do mundo, esta podería ser a peor. 242 00:23:41,666 --> 00:23:43,458 Tes outra mellor? 243 00:23:49,791 --> 00:23:50,958 A terceira marchou. 244 00:23:51,916 --> 00:23:53,500 Onde marchou? 245 00:23:53,583 --> 00:23:56,416 Mellor dúas ca tres. É a nosa ocasión. 246 00:24:53,625 --> 00:24:54,583 Ei! 247 00:24:55,125 --> 00:24:57,125 Brandipé! Corre! 248 00:25:05,583 --> 00:25:06,791 Sadoc! 249 00:25:56,833 --> 00:25:59,666 Mestre, calmádevos. 250 00:26:01,708 --> 00:26:03,541 Nori! Nori, vamos! 251 00:26:56,041 --> 00:26:57,375 Vamos! 252 00:27:21,166 --> 00:27:22,291 Fai que vexa. 253 00:28:33,500 --> 00:28:34,958 Cólleo. 254 00:28:35,708 --> 00:28:37,541 Precisámoste. Anda, cólleo. 255 00:28:38,583 --> 00:28:41,875 Afasta de min. Ou... 256 00:28:43,958 --> 00:28:46,666 Ou mancareite outra vez. 257 00:28:46,750 --> 00:28:49,833 O que? Que che fixeron? 258 00:28:49,916 --> 00:28:53,333 Mostráronme o que son. 259 00:28:55,916 --> 00:28:57,916 Só ti podes demostrar o que es. 260 00:28:59,083 --> 00:29:02,000 Elixes cos teus actos. 261 00:29:16,208 --> 00:29:17,625 Estás aquí para axudar. 262 00:29:19,666 --> 00:29:20,833 Seino. 263 00:29:38,916 --> 00:29:42,333 Pecha os ollos. Só che doeará un momento. 264 00:29:44,416 --> 00:29:45,291 Non! 265 00:30:11,958 --> 00:30:14,291 Da sombra viñestes. 266 00:30:15,833 --> 00:30:18,041 E á sombra ordénovos volver! 267 00:30:18,125 --> 00:30:22,625 -Non é Sauron. -É o outro. O istar. É... 268 00:30:22,708 --> 00:30:24,333 Son bo. 269 00:31:06,041 --> 00:31:06,875 Nori! 270 00:31:18,291 --> 00:31:19,458 Sadoc? 271 00:31:28,666 --> 00:31:32,166 Non te movas. Buscaremos o xeito de levarte. 272 00:31:32,791 --> 00:31:34,208 Síntoo, boa señora. 273 00:31:34,625 --> 00:31:38,375 Temo que estou a piques de saír do carreiro. 274 00:31:40,708 --> 00:31:42,083 Señor Tobeira... 275 00:31:42,166 --> 00:31:44,291 Non pasa nada, Castegrande. 276 00:31:46,291 --> 00:31:47,916 A miña muller agárdame. 277 00:31:49,625 --> 00:31:54,458 Agora, se non vos importa, gustaríame sentar un anaco 278 00:31:55,791 --> 00:31:57,208 e ver saír o sol. 279 00:33:12,458 --> 00:33:16,083 Un, dous, tres, 280 00:33:16,166 --> 00:33:20,208 catro, cinco, seis, 281 00:33:20,291 --> 00:33:22,666 sete, oito... 282 00:33:25,166 --> 00:33:26,250 Son nove. 283 00:33:27,708 --> 00:33:29,208 Os chanzos ata a cuberta. 284 00:33:38,000 --> 00:33:39,250 Facédelo ben. 285 00:33:39,333 --> 00:33:42,750 Volve ser condescendente comigo e quítoche o barco. 286 00:33:44,875 --> 00:33:46,291 Vide entón. 287 00:33:48,541 --> 00:33:49,375 Apóiovos. 288 00:33:55,625 --> 00:33:57,291 E quen te apoia a ti? 289 00:34:02,333 --> 00:34:03,833 Dada a túa perda, 290 00:34:04,791 --> 00:34:09,541 entendería que ao regresar quixeses renunciar ao posto. 291 00:34:13,916 --> 00:34:18,875 Dunha vez pregunstástesme por que saquei a Galadriel do mar. 292 00:34:20,250 --> 00:34:22,375 Dixen que non me quedara outra. 293 00:34:23,875 --> 00:34:26,541 Mais a verdade é que a puiden deixar alí. 294 00:34:27,166 --> 00:34:29,916 Puiden negarme a seguila á Terra Media. 295 00:34:31,583 --> 00:34:33,583 Ou evitar que meu fillo o fixese. 296 00:34:35,750 --> 00:34:38,916 Pero as decisións que tomei foron porque... 297 00:34:40,375 --> 00:34:41,791 Por que, Elendil? 298 00:34:44,458 --> 00:34:48,416 Porque "Elendil" non significa só "o que ama as estrelas". 299 00:34:49,750 --> 00:34:52,166 Non imaxinei que me traería aquí. 300 00:35:04,083 --> 00:35:09,083 Meu pai díxome un día que o camiño dos Fieis 301 00:35:09,166 --> 00:35:11,166 implica pagar o prezo. 302 00:35:12,916 --> 00:35:15,333 Aínda que o custo non se saiba. 303 00:35:17,583 --> 00:35:20,583 E confiar en que, ao final, pagará a pena. 304 00:35:25,791 --> 00:35:28,791 Ás veces o custo é elevado. 305 00:35:33,000 --> 00:35:34,250 É, si. 306 00:35:36,750 --> 00:35:39,500 Pois non nos queda outra que seguir servindo. 307 00:35:42,250 --> 00:35:47,000 E no meu caso, ocupareime de facer que o final valla a pena. 308 00:35:48,791 --> 00:35:50,208 Pase o que pase? 309 00:35:51,416 --> 00:35:52,833 Pase o que pase. 310 00:36:03,500 --> 00:36:06,666 Capitán! Númenor á vista. 311 00:36:12,791 --> 00:36:14,208 Miña soberana. 312 00:36:42,041 --> 00:36:45,333 Elendil, que é? Que sucede? 313 00:36:50,958 --> 00:36:52,208 Que pasa? 314 00:36:53,708 --> 00:36:54,958 Que estás vendo? 315 00:37:46,291 --> 00:37:47,541 Que pasou? 316 00:37:49,583 --> 00:37:51,833 O mithril é orgulloso. 317 00:37:53,750 --> 00:37:57,750 Non se deixa aliar con minerais inferiores. 318 00:37:57,833 --> 00:38:00,500 Ao acceder ós poderes do Visible e o Invisible 319 00:38:00,583 --> 00:38:03,333 parecían atenuarse os límites entre ambos. 320 00:38:03,416 --> 00:38:04,583 Non o entendo. 321 00:38:04,666 --> 00:38:07,375 Usamos presión como para fundir ceo e terra. 322 00:38:07,458 --> 00:38:10,708 -Desta debera funcionar! -Paciencia. Isto é unha viaxe. 323 00:38:10,791 --> 00:38:13,666 Non sempre avanzaremos. Quizais leve tempo. 324 00:38:13,750 --> 00:38:15,625 -Tempo? Non o temos. -Tempo... 325 00:38:15,708 --> 00:38:18,000 Igual era ben deixalo por hoxe. 326 00:38:18,083 --> 00:38:21,041 Se cadra forzámonos demasiado. 327 00:38:21,125 --> 00:38:23,291 Que nos forzamos demasiado. 328 00:38:28,291 --> 00:38:30,041 E se ese é o problema? 329 00:38:31,541 --> 00:38:34,291 E se aplicamos demasiada forza? 330 00:38:34,375 --> 00:38:36,416 Que quere dicir iso? 331 00:38:36,500 --> 00:38:39,666 Que os metais non se deben forzar a unirse, 332 00:38:39,750 --> 00:38:43,666 hai que convencelos de que o fagan. 333 00:38:43,750 --> 00:38:47,666 E se é así, fixémolo todo mal. 334 00:38:50,041 --> 00:38:53,166 Rápido, desmontade isto, empezamos de novo. 335 00:38:59,000 --> 00:39:00,208 Miña señora... 336 00:39:27,625 --> 00:39:28,833 Galadriel! 337 00:39:30,958 --> 00:39:32,041 Atopámolo. 338 00:39:32,708 --> 00:39:34,916 Non sei como non caemos antes. 339 00:39:35,416 --> 00:39:37,500 É moito poder para un obxecto. 340 00:39:38,291 --> 00:39:39,625 Necesitamos dous. 341 00:39:40,666 --> 00:39:41,875 Imos facer dous. 342 00:39:41,958 --> 00:39:44,250 -Dúas coroas? -Non exactamente. 343 00:39:44,625 --> 00:39:46,625 Terá que ser algo... 344 00:39:47,666 --> 00:39:48,875 máis pequeno. 345 00:39:49,541 --> 00:39:51,208 Ven, veno ver. 346 00:39:51,750 --> 00:39:53,833 Non ata que me digas quen es. 347 00:39:55,875 --> 00:39:57,458 Sabes quen son. 348 00:39:57,541 --> 00:39:59,458 Quen es de verdade. 349 00:40:01,541 --> 00:40:03,541 Galadriel, temo que non... 350 00:40:04,875 --> 00:40:07,291 Non existe o rei das Terras do Sur. 351 00:40:08,000 --> 00:40:09,583 A liña cortouse. 352 00:40:10,500 --> 00:40:14,166 O último que levou ese brasón morreu hai máis dun milenio. 353 00:40:15,291 --> 00:40:16,875 Non tiña herdeiros. 354 00:40:32,000 --> 00:40:34,583 Díxenche que o atopara nun morto. 355 00:40:34,666 --> 00:40:35,916 Non. 356 00:40:36,583 --> 00:40:38,583 Non, na balsa salváchesme... 357 00:40:38,666 --> 00:40:40,416 Alí, salváchesme ti a min. 358 00:40:40,500 --> 00:40:43,333 Convenciches a Míriel para salvar a Terra Media. 359 00:40:43,416 --> 00:40:46,458 Convencíchela ti. Eu quería quedar en Númenor. 360 00:40:46,541 --> 00:40:48,666 Loitaches ao meu lado. 361 00:40:48,750 --> 00:40:51,916 Contra o teu inimigo. E o meu. 362 00:40:56,708 --> 00:40:58,125 Dime o teu nome. 363 00:41:00,875 --> 00:41:04,708 Levo esperto dende antes de romperse o primeiro silencio. 364 00:41:05,583 --> 00:41:09,083 Nese tempo... tiven moitos nomes. 365 00:41:34,333 --> 00:41:36,333 Perdendo xa a compostura, irmá? 366 00:41:40,791 --> 00:41:42,958 Foi un tropezón, nada máis. 367 00:41:57,000 --> 00:41:58,083 Ponte de pé. 368 00:41:58,166 --> 00:42:01,583 Sáeme da mente. 369 00:42:02,166 --> 00:42:03,833 Por favor, irmá. 370 00:42:06,416 --> 00:42:07,791 Mírame. 371 00:42:09,208 --> 00:42:10,625 Galadriel... 372 00:42:22,416 --> 00:42:24,041 A miña vella daga. 373 00:42:25,625 --> 00:42:27,791 Coidaches dela todo este tempo. 374 00:42:30,833 --> 00:42:32,833 Fuches moi valente. 375 00:42:35,416 --> 00:42:39,416 Loitaches moi duro, durante moitos anos, 376 00:42:40,708 --> 00:42:42,958 para rematar o que eu non puiden. 377 00:42:45,375 --> 00:42:47,541 A túa tarefa era perseguir a Sauron. 378 00:42:49,208 --> 00:42:52,625 Era a de asegurar a paz. 379 00:42:54,916 --> 00:42:59,333 Pero descubrín que tamén era a de Sauron. 380 00:43:00,166 --> 00:43:01,375 Non. 381 00:43:03,875 --> 00:43:05,291 Non, ti morriches. 382 00:43:06,166 --> 00:43:08,750 Xunto con moitos máis, por culpa del. 383 00:43:08,833 --> 00:43:10,958 Non, Galadriel. 384 00:43:12,750 --> 00:43:17,583 El buscaba un poder non para destruír a Terra Media, 385 00:43:19,000 --> 00:43:20,166 senón para curala. 386 00:43:23,500 --> 00:43:27,625 Igual que os teus amigos elfos intentan neste momento. 387 00:43:29,416 --> 00:43:30,916 Non tes que mentirlles. 388 00:43:33,375 --> 00:43:35,375 Deixa que o traballo siga. 389 00:43:40,666 --> 00:43:45,291 Lembras o que che murmurei baixo esta árbore? 390 00:43:51,875 --> 00:43:53,875 Toca a escuridade outra vez. 391 00:44:08,500 --> 00:44:12,500 Meu irmán está morto. Pola túa culpa. 392 00:44:12,583 --> 00:44:16,416 Galadriel, por que dis iso? 393 00:44:17,208 --> 00:44:19,208 Como dis tal cousa? 394 00:44:20,250 --> 00:44:21,500 Galadriel... 395 00:44:23,291 --> 00:44:25,750 Galadriel, volve onda min. 396 00:44:25,833 --> 00:44:28,875 Galadriel, mira para min! 397 00:44:33,166 --> 00:44:35,000 Galadriel, mírame. 398 00:44:39,875 --> 00:44:41,291 Sabes quen son. 399 00:44:43,625 --> 00:44:44,708 Son amigo teu. 400 00:44:44,791 --> 00:44:47,208 Es amigo de Morgoth. 401 00:44:52,500 --> 00:44:54,333 Cando Morgoth foi derrotado, 402 00:44:56,625 --> 00:45:01,375 foi coma se un gran puño cerrado 403 00:45:02,791 --> 00:45:05,041 me soltase o pescozo. 404 00:45:06,041 --> 00:45:08,833 E na quietude daquel primeiro albor, 405 00:45:09,750 --> 00:45:14,166 por fin, sentín a luz do Único de novo. 406 00:45:16,625 --> 00:45:20,833 E souben que se quería o perdón, 407 00:45:22,208 --> 00:45:25,708 tiña que curar todo o que axudara a destruír. 408 00:45:25,791 --> 00:45:28,458 Nada podería borrar o mal que fixeches. 409 00:45:28,541 --> 00:45:31,750 -Non é o que cres. -Non me digas o que creo. 410 00:45:31,833 --> 00:45:33,416 Non. Dixéchesmo. 411 00:45:33,500 --> 00:45:38,375 Trala vitoria, dixeches que podía liberarme do que fixera antes. 412 00:45:38,458 --> 00:45:40,833 -Enganáchesme. -Conteiche a verdade. 413 00:45:40,916 --> 00:45:44,500 Que fixera maldades, e non che importou. 414 00:45:44,583 --> 00:45:47,958 Porque sabías que o noso pasado non era nada, 415 00:45:48,041 --> 00:45:49,708 comparado co noso futuro. 416 00:45:50,625 --> 00:45:52,625 Non hai tal futuro. 417 00:45:53,916 --> 00:45:55,083 Ai non? 418 00:46:17,291 --> 00:46:19,291 Os demais mírante con dúbidas. 419 00:46:21,875 --> 00:46:23,875 Só eu vexo a túa grandeza. 420 00:46:28,458 --> 00:46:32,041 Só eu vexo a túa luz. 421 00:46:33,500 --> 00:46:35,916 Farías de min unha tirana. 422 00:46:36,000 --> 00:46:37,625 Faría de ti unha raíña. 423 00:46:39,041 --> 00:46:41,041 Fermosa coma o mar e o Sol. 424 00:46:41,875 --> 00:46:44,458 Máis forte cós alicerces da Terra. 425 00:46:45,250 --> 00:46:47,833 E de ti... o meu rei. 426 00:46:49,708 --> 00:46:50,791 O Señor Escuro. 427 00:46:50,875 --> 00:46:53,875 Non. Escuro non. 428 00:46:54,958 --> 00:46:56,666 Non contigo ao meu lado. 429 00:46:57,958 --> 00:47:01,958 Dixéchesme dunha vez que nos atopamos por unha razón. 430 00:47:04,291 --> 00:47:05,625 É esta. 431 00:47:06,541 --> 00:47:10,375 Ti átasme á luz e eu átote ao poder. 432 00:47:12,625 --> 00:47:16,208 Xuntos podemos salvar a Terra Media. 433 00:47:18,208 --> 00:47:19,291 Salvala? 434 00:47:21,041 --> 00:47:22,541 Ou gobernala? 435 00:47:24,666 --> 00:47:26,333 Non vexo a diferenza. 436 00:47:29,458 --> 00:47:34,791 E por iso nunca estarei ao teu lado. 437 00:47:39,583 --> 00:47:40,750 Non tes elección. 438 00:47:41,208 --> 00:47:43,291 Sen min, o teu pobo desaparecerá. 439 00:47:43,375 --> 00:47:46,583 E a sombra espallarase e cubrirá o mundo. 440 00:47:46,666 --> 00:47:49,250 -Necesítasme. -Debín deixarte no mar. 441 00:47:49,333 --> 00:47:51,791 Alí estabas porque os elfos te expulsaron. 442 00:47:51,875 --> 00:47:56,291 E fixérono por rebaixarte a pedirlles uns poucos soldados. 443 00:47:56,375 --> 00:47:59,875 Que farán cando lles digas que fuches a miña aliada? 444 00:47:59,958 --> 00:48:04,541 Cando lles digas que Sauron vive grazas a ti? 445 00:48:04,625 --> 00:48:06,375 E morrerás grazas a min. 446 00:48:42,666 --> 00:48:44,250 Galadriel! 447 00:48:51,166 --> 00:48:52,000 Enganador! 448 00:48:53,041 --> 00:48:55,375 Galadriel, para! Elrond. Son Elrond. 449 00:48:55,458 --> 00:48:56,500 Demóstrao. 450 00:48:58,750 --> 00:49:00,166 Onde nos coñecemos? 451 00:49:01,708 --> 00:49:03,791 Na costa, cando quedei orfo. 452 00:49:04,791 --> 00:49:08,541 Estaba só. Un rapaz medio elfo, sen amigos nin parentes. 453 00:49:11,625 --> 00:49:13,125 Ti déchesme auga. 454 00:49:17,666 --> 00:49:18,916 Elrond. 455 00:49:22,750 --> 00:49:25,166 Á cuith tess ë , Galadriel. 456 00:49:26,291 --> 00:49:29,208 E Celebrimbor. Onde anda? 457 00:49:29,291 --> 00:49:32,666 No taller. Xa estará acabando. 458 00:49:32,750 --> 00:49:34,000 Non! 459 00:49:34,083 --> 00:49:37,250 Galadriel! Que pasou? 460 00:49:42,541 --> 00:49:43,625 Galadriel! 461 00:49:49,083 --> 00:49:50,708 Está feito? 462 00:49:50,791 --> 00:49:53,416 Galadriel, estás toda empapada. 463 00:49:53,500 --> 00:49:54,583 Por que? 464 00:49:54,666 --> 00:49:57,583 Porque a saquei das augas do Glanduin. 465 00:49:57,666 --> 00:49:59,625 Do Glanduin? Que pasou? 466 00:49:59,708 --> 00:50:00,958 Galadriel. 467 00:50:04,250 --> 00:50:05,750 Onde vai Halbrand? 468 00:50:08,208 --> 00:50:11,625 Marchou. E dubido que regrese. 469 00:50:13,041 --> 00:50:16,083 E se o fai, non debemos volver tratar con el. 470 00:50:17,333 --> 00:50:19,416 Que pasou onda o río? 471 00:50:19,500 --> 00:50:21,500 Dunha vez faláchesme dun erro. 472 00:50:22,791 --> 00:50:24,750 Un que prometiches non repetir. 473 00:50:26,125 --> 00:50:28,750 Fas que sexa difícil cumprir a promesa. 474 00:50:28,833 --> 00:50:31,916 De ser doado, non requiriría confianza. 475 00:50:39,375 --> 00:50:41,291 Daquela seguimos? 476 00:50:41,375 --> 00:50:42,250 Non. 477 00:50:44,958 --> 00:50:46,958 Debemos facer tres. 478 00:50:47,041 --> 00:50:48,875 Tres? Por que? 479 00:50:50,791 --> 00:50:54,625 Un sempre corromperá. Dous dividirán. 480 00:50:54,750 --> 00:50:57,583 Mais con tres, hai equilibrio. 481 00:51:03,375 --> 00:51:08,375 Os poderes que forxemos hoxe deben ser só para os elfos. 482 00:51:09,416 --> 00:51:11,416 Sen tocalos outras mans. 483 00:51:12,666 --> 00:51:16,541 Galadriel, descubrín que a pureza 484 00:51:16,625 --> 00:51:19,708 dos minerais inferiores da aliaxe é crucial. 485 00:51:22,250 --> 00:51:25,666 Necesito ouro e prata da máis exquisita calidade. 486 00:51:27,791 --> 00:51:29,958 Preciso ouro e prata de Valinor. 487 00:51:34,458 --> 00:51:38,875 A verdadeira creación require... sacrificio. 488 00:51:47,083 --> 00:51:49,166 Lembras xa algo máis? 489 00:51:50,291 --> 00:51:53,708 Fragmentos. Impresións. 490 00:51:55,333 --> 00:52:00,000 Lembrei máis, pero para descubrir o resto, sei que debo ir a Rhûn. 491 00:52:02,625 --> 00:52:04,791 Equivocáronse co teu nome. 492 00:52:04,875 --> 00:52:08,375 E se se equivocaron niso tamén? Ou mentían ou... 493 00:52:08,458 --> 00:52:13,958 O que dixeron souben que era verdade cunha certeza que non podo explicar. 494 00:52:17,291 --> 00:52:18,500 Elas... 495 00:52:19,333 --> 00:52:22,083 Chamáronche algo máis: "Istar". 496 00:52:23,083 --> 00:52:24,500 É a túa raza? 497 00:52:26,541 --> 00:52:27,791 Istar? 498 00:52:31,083 --> 00:52:33,333 Na túa lingua significa "sabio". 499 00:52:34,416 --> 00:52:35,250 Ou... 500 00:52:38,458 --> 00:52:39,791 "mago". 501 00:52:51,416 --> 00:52:53,833 Non vas vir connosco, verdade? 502 00:52:59,625 --> 00:53:04,083 Por veces, o camiño márcannolo poderes maiores có noso. 503 00:53:04,750 --> 00:53:07,625 Neses momentos, debemos facer que os pés vaian 504 00:53:07,708 --> 00:53:10,958 onde o corazón non quere ir. 505 00:53:11,041 --> 00:53:14,000 Malia os perigos que nos agarden no camiño. 506 00:53:16,875 --> 00:53:19,500 Semella unha aventura. 507 00:53:19,583 --> 00:53:21,250 Indo só é unha simple viaxe. 508 00:53:22,583 --> 00:53:26,000 As aventuras hai que compartilas. 509 00:53:32,708 --> 00:53:36,916 Creo que xa tiven máis das que unha pepeluda podería esperar. 510 00:53:49,750 --> 00:53:53,083 Aquí di que indo cara ao norte, 511 00:53:53,166 --> 00:53:56,666 temos trinta días de carreiro despexado. 512 00:53:56,791 --> 00:53:58,875 Moita herba verde e ningún trol. 513 00:53:59,958 --> 00:54:04,416 -Si! E parece todo costa abaixo. -Telo do revés. 514 00:54:07,708 --> 00:54:11,500 Síntocho, Malva. Serán semanas de costas pinas e silveiras. 515 00:54:11,583 --> 00:54:15,000 Pois se tan lista es, por que non buscas ti o camiño? 516 00:54:19,083 --> 00:54:22,166 Mirade polos cativos e os que queden atrás! 517 00:54:22,250 --> 00:54:24,833 Ninguén sae do carreiro! 518 00:54:24,916 --> 00:54:27,750 E ninguén camiña só! 519 00:54:27,833 --> 00:54:30,250 Soaba mellor cando o dicía Sadoc. 520 00:54:34,125 --> 00:54:36,625 Oxalá o vello rosmón estivese connosco. 521 00:54:36,708 --> 00:54:37,916 Está. 522 00:54:50,416 --> 00:54:51,250 Marcha. 523 00:54:55,625 --> 00:54:58,083 Agora es parte de algo importante. 524 00:55:00,208 --> 00:55:01,375 El necesítate. 525 00:55:02,583 --> 00:55:04,750 E o teu lugar está polo mundo. 526 00:55:19,416 --> 00:55:20,750 Adeus, Nori! 527 00:55:20,875 --> 00:55:22,291 -Adeus... -Ten coidado. 528 00:55:26,625 --> 00:55:27,458 Cóidate. 529 00:55:37,958 --> 00:55:40,208 -Colliches o farol? -Claro. 530 00:55:40,291 --> 00:55:41,375 Ben. 531 00:55:42,416 --> 00:55:46,000 Pois... adeus. 532 00:55:49,875 --> 00:55:50,708 Nori... 533 00:55:53,458 --> 00:55:55,791 Toma. Uns caracois para o mangallón. 534 00:55:55,875 --> 00:55:57,750 Sabes que é comellón. 535 00:55:57,833 --> 00:56:01,333 E outra manta por se tes frío. Ale. 536 00:56:02,750 --> 00:56:03,916 Déixame verte. 537 00:56:11,166 --> 00:56:12,333 Vaia pai son. 538 00:56:13,875 --> 00:56:18,208 Vas saír ao mundo, e non che ensinei nadiña. 539 00:56:18,291 --> 00:56:20,458 Oíches, ensinaches tal. 540 00:56:23,250 --> 00:56:26,375 Apaga sempre o lume con auga e terra. 541 00:56:26,458 --> 00:56:30,541 Non te alivies no río, que non sabes se terás que beber río abaixo. 542 00:56:30,625 --> 00:56:35,833 E un pepeludo sen modais chegará tan lonxe coma unha roda cadrada. 543 00:56:35,916 --> 00:56:37,083 Unha roda cadrada. 544 00:56:40,041 --> 00:56:42,541 Sempre escoitaba, Padre. 545 00:56:59,250 --> 00:57:03,750 Busca a onde vai o río e onde aprenden os cantos os pardais. 546 00:57:07,500 --> 00:57:08,875 Fareino, Madre. 547 00:57:09,625 --> 00:57:10,833 E terei coidado. 548 00:57:15,625 --> 00:57:16,791 Non. 549 00:57:22,250 --> 00:57:24,250 Serás valente. 550 00:57:48,416 --> 00:57:51,708 Anda, veña, marcha. 551 00:57:51,791 --> 00:57:53,250 Que igual te arrepintes. 552 00:57:55,250 --> 00:57:56,875 Ou facémolo nós. 553 00:58:08,250 --> 00:58:11,333 Agarda! Nori! 554 00:58:11,416 --> 00:58:12,583 Poula! 555 00:58:24,458 --> 00:58:28,125 Por que marchan sempre tódolos que máis quero? 556 00:58:29,916 --> 00:58:33,958 Porque se non o fixésemos, non aprenderiamos nada novo. 557 00:58:40,250 --> 00:58:42,833 Vas volver? Promételo? 558 00:58:44,000 --> 00:58:47,500 -E ti que coidarás de todos? -Claro, paponiña. 559 00:58:50,291 --> 00:58:54,166 Es a miña mellor amiga en todo o ancho e tolo mundo. 560 00:58:54,958 --> 00:58:56,375 Faría o que fose por ti. 561 00:58:58,375 --> 00:59:02,625 O mundo tan ancho non é, Poula, éche que nós somos pequenas. 562 00:59:08,458 --> 00:59:10,458 Non te afastes do mangallón. 563 00:59:11,000 --> 00:59:13,000 É un bo amigo nun apuro. 564 00:59:13,083 --> 00:59:14,500 Non tanto coma ti. 565 00:59:45,958 --> 00:59:48,208 -Estás segura? -Máis ca nunca. 566 00:59:49,000 --> 00:59:51,000 Están dicíndoche adeus. 567 00:59:52,791 --> 00:59:56,041 Se me viro, non vou dar marchado. 568 00:59:57,416 --> 01:00:01,416 Entón, igual será mellor que vaias diante. 569 01:00:05,500 --> 01:00:09,208 Agora que chega o momento, pésanme os pés coma o ferro. 570 01:00:11,541 --> 01:00:14,833 E ademais tampouco sei cara a onde tirar. 571 01:00:27,000 --> 01:00:28,416 É por aí. 572 01:00:29,916 --> 01:00:31,541 Estás seguro? 573 01:00:32,208 --> 01:00:33,625 De todo non. 574 01:00:34,541 --> 01:00:37,041 O aire recende doce cara a alá. 575 01:00:40,083 --> 01:00:43,208 Cando dubides, Elanor Brandipé... 576 01:00:45,625 --> 01:00:47,333 sigue sempre o olfacto. 577 01:07:23,125 --> 01:07:27,500 Tres aneis para os Reis dos Elfos 578 01:07:27,583 --> 01:07:31,916 baixo o ceo. 579 01:07:32,000 --> 01:07:35,291 Sete para os Señores Ananos 580 01:07:35,375 --> 01:07:40,583 nas súas salas de pedra. 581 01:07:40,666 --> 01:07:45,125 Nove para os Homes Mortais 582 01:07:45,208 --> 01:07:49,458 condenados a morrer. 583 01:07:49,541 --> 01:07:52,791 Un para o Señor Escuro 584 01:07:52,875 --> 01:07:57,083 no seu trono escuro 585 01:07:57,166 --> 01:08:03,041 na Terra de Mordor, 586 01:08:03,916 --> 01:08:09,916 onde se estenden as Sombras. 587 01:08:12,625 --> 01:08:18,625 Onde se estenden as Sombras. 588 01:08:27,333 --> 01:08:32,000 Un anel para gobernalos a todos, 589 01:08:32,083 --> 01:08:37,000 un anel para atopalos, 590 01:08:37,083 --> 01:08:42,166 un anel para atraelos a todos 591 01:08:42,250 --> 01:08:48,250 e atalos nas tebras, 592 01:08:52,250 --> 01:08:58,250 na terra de Mordor, 593 01:09:01,416 --> 01:09:07,416 onde se estenden as Sombras. 594 01:09:10,166 --> 01:09:16,166 Onde se estenden as Sombras. 595 01:09:21,833 --> 01:09:23,833 Subtítulos: Lucía Doval 596 01:09:23,916 --> 01:09:25,916 Supervisora creativa María Luisa Lage Garea