1 00:00:22,713 --> 00:00:24,713 Nada ten maldade ao comezo. 2 00:00:24,796 --> 00:00:26,505 Por aquí! 3 00:00:29,838 --> 00:00:33,921 Houbo un momento no que o mundo era tan novo 4 00:00:34,046 --> 00:00:37,046 que aínda non houbera o primeiro albor, 5 00:00:37,130 --> 00:00:41,421 pero mesmo entón había luz. 6 00:01:02,963 --> 00:01:05,880 E ben? Rematáchelo? 7 00:01:17,671 --> 00:01:21,213 Nin ti pensarás que esa chafallada vai flotar. 8 00:01:22,671 --> 00:01:24,213 Non vai flotar. 9 00:01:25,963 --> 00:01:29,005 Vai navegar. 10 00:01:48,671 --> 00:01:49,755 Para! 11 00:01:50,338 --> 00:01:51,171 Parade, non! 12 00:01:52,505 --> 00:01:54,046 Ídelo estragar! 13 00:01:54,130 --> 00:01:56,088 Parade! Non! 14 00:01:56,171 --> 00:01:58,505 -Veña! -Abonda, que o estragades! 15 00:02:02,213 --> 00:02:04,005 Díxenche que non ía flotar. 16 00:02:07,713 --> 00:02:09,171 Sóltame! 17 00:02:09,296 --> 00:02:11,546 Perdendo xa a compostura, Galadriel? 18 00:02:19,630 --> 00:02:21,838 Era un bo barco, irmá. 19 00:02:21,921 --> 00:02:23,838 Fíxeno como me ensinaches. 20 00:02:25,213 --> 00:02:29,796 Sabes por que os barcos flotan e as pedras non? 21 00:02:31,046 --> 00:02:35,421 Porque a pedra mira só cara abaixo. 22 00:02:36,588 --> 00:02:40,255 A escuridade da auga é enorme e irresistible. 23 00:02:41,713 --> 00:02:43,755 O barco tamén sente a escuridade, 24 00:02:43,838 --> 00:02:47,671 que o quere dominar e afundir. 25 00:02:49,463 --> 00:02:51,755 Pero o barco ten un segredo. 26 00:02:53,380 --> 00:02:57,296 Pois ao contrario cá pedra, olla para arriba, non para abaixo, 27 00:02:58,671 --> 00:03:00,880 fixo na luz que o guía, 28 00:03:01,755 --> 00:03:04,838 que murmura marabillas que a escuridade descoñece. 29 00:03:06,963 --> 00:03:10,505 Pero ás veces as luces brillan tanto 30 00:03:10,588 --> 00:03:13,255 reflectidas na auga coma no ceo. 31 00:03:13,338 --> 00:03:16,546 Custa distinguir o que é arriba do que é abaixo. 32 00:03:18,338 --> 00:03:20,880 Como saberei que luces debo seguir? 33 00:03:33,380 --> 00:03:34,880 Iso semella moi simple. 34 00:03:34,963 --> 00:03:37,171 As maiores verdades adoitan selo. 35 00:03:38,046 --> 00:03:40,463 Pero aprende a discernilas soa. 36 00:03:40,546 --> 00:03:43,380 Non estarei sempre para dicirchas. 37 00:03:43,463 --> 00:03:44,880 Non? 38 00:03:46,255 --> 00:03:48,755 Vamos. Madre e Padre agardan. 39 00:03:59,338 --> 00:04:01,463 Non tiñamos palabra para a morte. 40 00:04:02,588 --> 00:04:05,546 Pois pensabamos que a nosa ventura non tería fin. 41 00:04:20,838 --> 00:04:23,838 Pensabamos que a nosa luz non esmorecería. 42 00:04:28,671 --> 00:04:31,796 Por iso, cando o Grande Inimigo, Morgoth, 43 00:04:31,880 --> 00:04:34,921 destruíu a luz do noso fogar... 44 00:04:37,963 --> 00:04:39,796 resistimos. 45 00:04:43,588 --> 00:04:47,255 E unha lexión de elfos foi á guerra. 46 00:04:53,005 --> 00:04:58,713 Deixamos Valinor, o noso fogar, e fomos a un reino distante. 47 00:04:58,796 --> 00:04:59,838 OS MARES DIVISORIOS 48 00:04:59,921 --> 00:05:05,255 Un reino ateigado de perigos e estrañas criaturas. 49 00:05:05,880 --> 00:05:09,380 Un lugar coñecido como a Terra Media. 50 00:05:32,296 --> 00:05:34,880 Valaron kalanen! 51 00:05:34,963 --> 00:05:35,796 Firuvantë! 52 00:05:44,088 --> 00:05:46,505 Dixeron que remataría axiña, 53 00:05:48,046 --> 00:05:52,463 mais a guerra deixou a Terra Media en ruínas. 54 00:05:55,671 --> 00:05:59,255 E duraría séculos. 55 00:06:20,088 --> 00:06:23,671 Agora temos moitas palabras para a morte. 56 00:06:28,921 --> 00:06:31,880 Ao fin, Morgoth foi vencido. 57 00:06:32,880 --> 00:06:35,630 Pero non sen moita dor. 58 00:06:38,130 --> 00:06:42,838 Pois os seus orcos espalláranse por cada recuncho da Terra Media, 59 00:06:44,130 --> 00:06:46,588 multiplicándose en número, 60 00:06:46,671 --> 00:06:50,171 baixo as ordes do seu servidor máis devoto, 61 00:06:50,255 --> 00:06:54,088 un cruel e astuto feiticeiro. 62 00:06:54,171 --> 00:06:57,005 Chamábanlle Sauron. 63 00:06:58,713 --> 00:07:02,296 Meu irmán xurou perseguilo e destruílo, 64 00:07:05,005 --> 00:07:07,213 pero Sauron atopouno primeiro 65 00:07:09,296 --> 00:07:11,630 e marcoulle a pel cun símbolo, 66 00:07:14,421 --> 00:07:17,880 cuxo significado nin os máis sabios puideron descifrar. 67 00:07:22,380 --> 00:07:25,213 E alí, na escuridade, 68 00:07:25,880 --> 00:07:29,046 o seu xuramento pasou a ser o meu. 69 00:07:31,088 --> 00:07:33,630 Así, emprendemos a busca. 70 00:07:35,880 --> 00:07:38,755 Ata os lindes da Terra, fomos atrás de Sauron. 71 00:07:41,296 --> 00:07:43,838 Pero o rastro foi esvaecéndose. 72 00:07:46,421 --> 00:07:48,213 Un ano deu paso a outro. 73 00:07:48,963 --> 00:07:51,171 Un século deu paso a outro. 74 00:07:51,713 --> 00:07:55,380 E para moitos elfos a dor daqueles días 75 00:07:55,463 --> 00:07:58,463 quedou fóra do pensamento. 76 00:07:59,505 --> 00:08:02,005 Cada vez máis dos nosos 77 00:08:02,088 --> 00:08:05,130 comezaron a crer que Sauron era só unha lembranza. 78 00:08:05,213 --> 00:08:06,671 FORODWAITH O VOUGO SETENTRIONAL 79 00:08:06,755 --> 00:08:10,755 E que a ameaza por fin cesara. 80 00:08:14,005 --> 00:08:16,338 Oxalá eu fose coma eles. 81 00:09:13,338 --> 00:09:14,838 Comandante Galadriel. 82 00:09:16,921 --> 00:09:20,005 Esta compañía seguiuna ata os confíns do mundo. 83 00:09:20,088 --> 00:09:22,880 Pero ninguén que chegara ata esta fortaleza 84 00:09:22,963 --> 00:09:24,380 conseguiu atopar nada. 85 00:09:25,921 --> 00:09:28,921 Xa van anos dende que o último orco foi visto. 86 00:09:29,755 --> 00:09:34,255 E se os outros comandantes están no certo e o inimigo xa non existe? 87 00:09:34,338 --> 00:09:35,546 Está sendo noite. 88 00:09:36,296 --> 00:09:40,296 Canto pode vivir unha criatura onde ata o sol recea saír? 89 00:09:44,921 --> 00:09:47,255 Quizais sexa sensato acampar aquí 90 00:09:48,046 --> 00:09:50,255 e mañá iniciar a viaxe á casa. 91 00:09:54,755 --> 00:09:56,171 Váisenos a luz do día. 92 00:10:11,005 --> 00:10:12,296 Comandante, agarde! 93 00:10:12,380 --> 00:10:14,880 Non. Seguimos avanzando. 94 00:10:14,963 --> 00:10:16,421 Galadriel, pare! 95 00:10:39,005 --> 00:10:42,421 Aquí non hai nada. Xa deberiamos ter chegado. 96 00:10:50,671 --> 00:10:51,880 Xa chegamos. 97 00:11:13,338 --> 00:11:14,755 É aquí. 98 00:11:14,838 --> 00:11:18,046 Aquí se reuniron os orcos trala derrota de Morgoth. 99 00:11:19,130 --> 00:11:22,046 Deberon escapar máis dos que pensamos. 100 00:11:23,005 --> 00:11:25,421 Non sinto a man. 101 00:11:27,463 --> 00:11:28,546 Non. 102 00:11:30,088 --> 00:11:33,505 Neste lugar hai tanto mal que os fachos non dan calor. 103 00:11:34,255 --> 00:11:35,421 Por aquí. 104 00:11:36,005 --> 00:11:37,505 Como o sabe? 105 00:11:38,046 --> 00:11:39,671 Vai máis frío ca no resto. 106 00:12:09,296 --> 00:12:10,880 Aquí había unha porta. 107 00:12:12,088 --> 00:12:13,088 Derrubádea. 108 00:12:48,838 --> 00:12:50,630 Que sortilexio é este? 109 00:12:53,380 --> 00:12:56,921 Eses orcos xogaron cos poderes do Mundo Invisible. 110 00:12:57,671 --> 00:12:59,588 Feiticería escura da antigüidade. 111 00:13:03,838 --> 00:13:05,463 Pero cal era o seu fin? 112 00:13:06,421 --> 00:13:09,255 Seguro que xa se perdeu. 113 00:13:09,338 --> 00:13:11,505 O que pasou aquí foi hai moito. 114 00:13:19,130 --> 00:13:20,213 Auga. 115 00:13:30,296 --> 00:13:32,296 Nin a pedra pode ocultar a marca 116 00:13:32,380 --> 00:13:34,963 daquel cuxa man é un lume inextinguible. 117 00:13:42,713 --> 00:13:43,796 Estivo aquí. 118 00:13:44,921 --> 00:13:46,671 Sauron estivo aquí. 119 00:13:47,130 --> 00:13:49,463 Dilles aos outros que descansen. 120 00:13:49,546 --> 00:13:52,755 Partiremos ao albor. Seguiremos a busca cara ao norte. 121 00:13:52,838 --> 00:13:53,921 Máis ao norte? 122 00:13:54,005 --> 00:13:56,921 Esta marca deixárona para que os orcos a seguisen. 123 00:13:57,838 --> 00:14:00,338 A última vez que a vin foi no meu irmán. 124 00:14:00,921 --> 00:14:02,046 Debemos seguila. 125 00:14:02,546 --> 00:14:04,588 A marca ten varios séculos. 126 00:14:04,671 --> 00:14:06,505 Quen a deixou pode estar morto. 127 00:14:06,588 --> 00:14:08,463 Ou agardando, reunindo forza, 128 00:14:08,546 --> 00:14:10,880 perfeccionando as súas artes escuras. 129 00:14:10,963 --> 00:14:12,963 Excedemos as ordes hai meses. 130 00:14:13,046 --> 00:14:17,088 Deberiamos volver á casa e recibir consello do alto rei. 131 00:14:17,588 --> 00:14:20,671 Non hai alma na nosa compañía 132 00:14:21,796 --> 00:14:23,713 que ansíe o fogar máis ca min. 133 00:14:25,796 --> 00:14:28,796 Aínda podo sentir a luz das Árbores na cara. 134 00:14:30,796 --> 00:14:32,213 Aínda podo vela. 135 00:14:34,213 --> 00:14:36,380 Pero ata que esteamos seguros 136 00:14:36,880 --> 00:14:40,463 de que todo vestixio do noso inimigo foi vencido... 137 00:14:42,963 --> 00:14:44,463 xamais poderei volver. 138 00:15:17,588 --> 00:15:19,546 Trol da neve! 139 00:16:35,838 --> 00:16:37,380 Foi mala idea entrar aquí. 140 00:16:37,463 --> 00:16:38,838 Marcharemos pronto. 141 00:16:40,421 --> 00:16:41,880 É unha orde. 142 00:16:41,963 --> 00:16:43,463 Partimos coa alborada. 143 00:16:50,755 --> 00:16:52,505 Vai ter que facelo soa. 144 00:17:27,963 --> 00:17:33,963 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 145 00:17:40,796 --> 00:17:45,088 RHOVANION AS TERRAS ERMAS AO LESTE DO ANDUIN 146 00:17:55,671 --> 00:17:57,880 Pasa algo. Non hai nada para cazar. 147 00:17:57,963 --> 00:17:59,796 Hai lobos en cada matogueira. 148 00:18:00,171 --> 00:18:02,546 Non che parece algo estraño? 149 00:18:02,630 --> 00:18:04,380 O mundo éche estraño. 150 00:18:04,713 --> 00:18:06,421 Se deixo que iso me atorde, 151 00:18:06,505 --> 00:18:08,796 non me afastaría da taberna. 152 00:18:09,338 --> 00:18:10,171 Ei! 153 00:18:13,255 --> 00:18:14,838 Sigue camiñando. 154 00:18:14,921 --> 00:18:16,005 Por que? 155 00:18:17,755 --> 00:18:20,338 Semellaba un teixugo ou un raposo. 156 00:18:20,421 --> 00:18:21,755 Ou un pepeludo. 157 00:18:21,838 --> 00:18:23,088 Un pepeludo? 158 00:18:23,171 --> 00:18:25,005 Non me gustaría ver ningún, 159 00:18:25,088 --> 00:18:28,130 pero se os ves, ten coidado. 160 00:18:28,213 --> 00:18:30,546 Son criaturas perigosas. 161 00:18:31,963 --> 00:18:32,963 Iso inventáchelo. 162 00:18:35,255 --> 00:18:37,380 Veña. Dálle brío. 163 00:18:38,088 --> 00:18:41,255 A ver se chegamos ao lago antes do solpor. 164 00:19:09,546 --> 00:19:11,213 Despexado. 165 00:19:25,796 --> 00:19:26,796 Nori! 166 00:19:28,296 --> 00:19:29,380 Nori! 167 00:19:30,505 --> 00:19:31,671 Nori! 168 00:19:37,171 --> 00:19:38,338 Nori! 169 00:19:57,796 --> 00:20:00,421 Viaxeiros? Nesta época do ano? 170 00:20:00,505 --> 00:20:03,380 -É un presaxio. Avísovos. -Mal agoiro. 171 00:20:03,463 --> 00:20:05,463 -Ben malo. -Tranquila, Malva. 172 00:20:05,546 --> 00:20:08,796 A última vez que os vimos tan cedo foi na Gran Xeada. 173 00:20:08,880 --> 00:20:12,255 E ben lembro o desoladora que foi esa época. 174 00:20:12,338 --> 00:20:15,838 Seguro que se perderon. Nada máis. Ha ser iso. 175 00:20:15,921 --> 00:20:17,255 Vas estragar a cea. 176 00:20:17,338 --> 00:20:19,213 Busquei e volvín buscar. 177 00:20:19,296 --> 00:20:20,963 E os cativos seguen por aí. 178 00:20:21,046 --> 00:20:23,588 Estarán ben, Dula. 179 00:20:23,671 --> 00:20:26,380 Nori está con eles e xa sabes como é. 180 00:20:26,463 --> 00:20:28,296 Xa. Por iso. 181 00:20:30,713 --> 00:20:32,296 Podemos volver xa? 182 00:20:32,380 --> 00:20:34,880 Hai 110 cousas aquí que poderían matarnos. 183 00:20:34,963 --> 00:20:38,255 Son 111 se contas morrer coa preocupación. 184 00:20:38,338 --> 00:20:40,838 Sabes que non nos deixan afastarnos tanto. 185 00:20:40,921 --> 00:20:43,546 Se non fixeramos todo o que non debemos, 186 00:20:43,630 --> 00:20:45,255 non fariamos nada. 187 00:20:45,380 --> 00:20:46,213 Eu primeiro! 188 00:20:48,546 --> 00:20:50,755 Vamos. Ollo co charco. 189 00:20:51,880 --> 00:20:53,380 Coidado coa cabeza. 190 00:20:55,296 --> 00:20:56,130 Por aquí! 191 00:20:56,630 --> 00:20:57,755 Nori! 192 00:20:58,630 --> 00:20:59,921 Veña! 193 00:21:00,338 --> 00:21:01,171 É... 194 00:21:01,630 --> 00:21:02,713 Nori! 195 00:21:07,921 --> 00:21:09,005 Que ben. 196 00:21:11,880 --> 00:21:13,130 Veña. 197 00:21:13,213 --> 00:21:14,963 Podemos volver xa? 198 00:21:15,046 --> 00:21:17,755 -Se aínda non o viches. -Non vin o que? 199 00:21:17,838 --> 00:21:20,755 Aínda nos vai saír un trol das montañas. 200 00:21:21,921 --> 00:21:23,546 Que cousa marabillosa! 201 00:21:34,088 --> 00:21:35,255 Nori! 202 00:21:55,005 --> 00:21:56,171 Nori! 203 00:21:57,380 --> 00:21:58,546 Atopei unha cousa. 204 00:22:00,005 --> 00:22:01,713 Hai algo na lama. 205 00:22:02,588 --> 00:22:03,755 Que é iso? 206 00:22:05,838 --> 00:22:07,255 Semella un pegada. 207 00:22:09,505 --> 00:22:10,546 Un can. 208 00:22:11,255 --> 00:22:14,171 É só un can. Sabes que lles encantan as bagas. 209 00:22:20,921 --> 00:22:23,005 Vainos comer as bagas? 210 00:22:23,088 --> 00:22:25,171 Non, se non nos ve. 211 00:22:25,921 --> 00:22:29,255 Veña, andando todo o mundo. Hai que marchar. 212 00:22:29,338 --> 00:22:31,796 -Que apuro hai? -Lobo. 213 00:22:34,130 --> 00:22:35,880 Xa oístes a vosa irmá. Vamos. 214 00:22:35,963 --> 00:22:37,796 Bulide, veña. 215 00:22:37,880 --> 00:22:40,755 O primerio come torta antes na Festa da Colleita. 216 00:22:40,838 --> 00:22:43,046 Vamos. 217 00:22:43,130 --> 00:22:47,338 E se alguén pregunta, só estivemos buscando caracois. 218 00:22:57,130 --> 00:23:01,088 "I Palannúmen... I Alfirimë Nóri... 219 00:23:01,171 --> 00:23:02,921 "Na metta avantë... 220 00:23:03,880 --> 00:23:05,088 "Fogar. 221 00:23:07,630 --> 00:23:11,463 "Durante séculos, non deixaron fenda sen percorrer, 222 00:23:11,546 --> 00:23:14,171 "acabando cos remanentes do noso inimigo. 223 00:23:14,755 --> 00:23:17,421 "Coma a chuvia que cae sobre os ósos dun... 224 00:23:18,380 --> 00:23:19,463 "animal morto". 225 00:23:21,588 --> 00:23:24,921 "A chuvia que cae sobre os ósos de...". 226 00:23:26,713 --> 00:23:28,046 Heraldo Elrond. 227 00:23:30,505 --> 00:23:31,671 Por fin. 228 00:23:32,838 --> 00:23:35,671 Xa, pode parecer que non quixese ser atopado. 229 00:23:35,963 --> 00:23:37,255 Que novas traes? 230 00:23:37,338 --> 00:23:39,088 O Consello lamenta dicirlle 231 00:23:39,171 --> 00:23:41,755 que non se lle perimitirá asistir á reunión. 232 00:23:44,005 --> 00:23:45,380 Só Señores dos Elfos. 233 00:23:48,380 --> 00:23:49,796 Hai algo máis? 234 00:23:49,880 --> 00:23:52,005 Hai. Chegou a súa amiga. 235 00:23:52,921 --> 00:23:55,338 Está aquí? Por que non o dixeches antes? 236 00:24:02,255 --> 00:24:03,463 Para a cerimonia. 237 00:24:05,505 --> 00:24:11,505 LINDON CAPITAL DOS ALTOS ELFOS 238 00:24:21,505 --> 00:24:22,671 Galadriel. 239 00:24:24,671 --> 00:24:25,630 Elrond. 240 00:24:27,046 --> 00:24:29,046 Lindon recíbete con graza. 241 00:24:29,130 --> 00:24:30,796 Con graza son recibida. 242 00:24:36,296 --> 00:24:40,213 Din que cando entras, escoitas unha canción. 243 00:24:40,296 --> 00:24:42,421 Unha que todos lembramos. 244 00:24:43,630 --> 00:24:45,088 Envólvete unha luz, 245 00:24:45,171 --> 00:24:48,880 máis embriagadora ca ningunha sensación da Terra Media. 246 00:24:48,963 --> 00:24:53,213 Cando era nena, esa era a única emoción que coñecía. 247 00:24:53,296 --> 00:24:55,005 E mírate agora. 248 00:24:55,088 --> 00:24:58,088 Capitá dos Exércitos do Norte. Guerreira do Vougo. 249 00:24:58,755 --> 00:25:03,046 Agardaba que viñeses cuberta de carraña e lama. 250 00:25:03,130 --> 00:25:06,171 Desta vez, conxelada e con sangue de trol. 251 00:25:07,171 --> 00:25:08,255 E sen exército. 252 00:25:09,380 --> 00:25:10,796 Cóntamo todo. 253 00:25:11,463 --> 00:25:14,796 A existencia desta marca proba que Sauron escapou. 254 00:25:14,880 --> 00:25:16,130 Aínda anda por aí. 255 00:25:16,546 --> 00:25:18,171 A cuestión agora é onde. 256 00:25:19,255 --> 00:25:22,130 Pretendo solicitarlle ao rei unha nova compañía. 257 00:25:22,213 --> 00:25:25,213 -Se me dá abondo para... -Apenas chegaches. 258 00:25:25,296 --> 00:25:27,505 Tes que falar de marchar tan axiña? 259 00:25:27,588 --> 00:25:29,421 Ben sabes que debo. 260 00:25:30,255 --> 00:25:33,671 Haberá tempo abondo para tratar asuntos oficiais. 261 00:25:34,713 --> 00:25:36,296 Quero saber de ti. 262 00:25:37,713 --> 00:25:39,296 Da túa arrepiante viaxe. 263 00:25:40,005 --> 00:25:41,088 Vaites, Elrond. 264 00:25:41,171 --> 00:25:43,296 Estás feito un bo político. 265 00:25:43,380 --> 00:25:45,130 Dilo como algo espantoso. 266 00:25:45,213 --> 00:25:48,546 Non son unha cortesá que apazuga con afagos baldíos. 267 00:25:49,880 --> 00:25:52,296 Solicito falar co rei en persoa. 268 00:25:54,713 --> 00:25:56,421 Falaches claro. 269 00:25:57,755 --> 00:25:59,713 Así que tamén o farei. 270 00:26:02,755 --> 00:26:05,588 Non foi a túa compañía a que te desafiou alá. 271 00:26:06,088 --> 00:26:08,421 Fuches ti quen desafiou o alto rei 272 00:26:09,296 --> 00:26:12,046 ao negáreste a acatar os teus límites. 273 00:26:13,755 --> 00:26:15,338 Nun acto de grandeza, 274 00:26:15,421 --> 00:26:18,130 el decidiu honrar os teus logros, 275 00:26:18,963 --> 00:26:21,296 en vez de reprochar a túa insolencia. 276 00:26:23,755 --> 00:26:25,421 Volve poñelo a proba 277 00:26:25,505 --> 00:26:28,921 e pode que o atopes menos receptivo do que esperabas. 278 00:26:35,421 --> 00:26:38,463 Vasme concertar unha audiencia ou non? 279 00:26:40,588 --> 00:26:43,546 Se despois da cerimonia aínda é a túa vontade, 280 00:26:43,630 --> 00:26:45,046 terala. 281 00:26:57,338 --> 00:26:58,838 A meniña volveu. 282 00:26:58,921 --> 00:27:01,505 -Como estás? -Mellor ca ben, padre. 283 00:27:01,588 --> 00:27:03,046 Mira para aí! 284 00:27:03,130 --> 00:27:06,130 Atopaches todo iso na beira do río, non si? 285 00:27:06,963 --> 00:27:08,921 Oíches o dos viaxeiros? 286 00:27:09,005 --> 00:27:11,421 -Viaxeiros? -Cazadores. 287 00:27:12,005 --> 00:27:13,338 Dous. 288 00:27:13,421 --> 00:27:15,505 Grandes coma farallóns. 289 00:27:15,588 --> 00:27:17,046 Por alí, naquela crista. 290 00:27:17,130 --> 00:27:18,630 Mira ti, e non os vin. 291 00:27:18,713 --> 00:27:22,380 Para outra queda máis preto da casa e non perdes nada. 292 00:27:31,213 --> 00:27:33,421 Fuches á vella granxa outra vez. 293 00:27:34,130 --> 00:27:35,296 Non si? 294 00:27:36,421 --> 00:27:37,421 Tiven coidado. 295 00:27:37,505 --> 00:27:39,421 Pero os cativos poden non telo. 296 00:27:39,505 --> 00:27:41,088 Síntoo, non o sabía. 297 00:27:41,171 --> 00:27:43,755 Nunca veñen cazadores antes da colleita. 298 00:27:44,421 --> 00:27:45,630 Nin lobos. 299 00:27:48,505 --> 00:27:51,046 Se cadra hai problemas no sur. 300 00:27:51,130 --> 00:27:54,213 Que máis che dá iso, Elanor Brandipé? 301 00:27:58,671 --> 00:28:00,380 Nunca te preguntaches... 302 00:28:01,421 --> 00:28:02,921 que hai máis alá? 303 00:28:03,546 --> 00:28:04,880 Ata onde chega o río 304 00:28:04,963 --> 00:28:08,588 ou onde aprenden os pardais o que trilan na primavera? 305 00:28:09,171 --> 00:28:13,338 Dáme a alma que hai máis marabillas no mundo 306 00:28:13,880 --> 00:28:15,505 das que podemos imaxinar. 307 00:28:16,463 --> 00:28:18,005 Xa cho teño dito. 308 00:28:18,755 --> 00:28:20,588 Moreas de veces. 309 00:28:22,505 --> 00:28:24,921 Os elfos teñen que protexer os bosques. 310 00:28:25,005 --> 00:28:28,255 Os ananos, as minas. Os homes, os campos de cereais. 311 00:28:29,171 --> 00:28:32,838 Mesmo as árbores teñen que pensar na terra das súas raíces. 312 00:28:33,463 --> 00:28:37,296 Pero os pepeludos estamos libres dos problemas do ancho mundo. 313 00:28:37,380 --> 00:28:41,130 Somos pequenas ondas nunha longa corrente. 314 00:28:41,546 --> 00:28:43,963 As estacións márcannos o camiño. 315 00:28:44,838 --> 00:28:47,713 Ninguén sae do carreiro e ninguén camiña só. 316 00:28:49,713 --> 00:28:52,421 Témonos uns aos outros e estamos a salvo. 317 00:28:53,880 --> 00:28:55,380 Así é como sobrevivimos. 318 00:28:58,755 --> 00:29:00,880 Veña. Axuda a teu pai. 319 00:29:03,588 --> 00:29:07,005 Ese é o problema. Unha roda ten que ser redonda. 320 00:29:40,713 --> 00:29:44,671 Estes valorosos guerreiros nosos 321 00:29:44,755 --> 00:29:49,296 axeónllanse aquí ante nós, vitoriosos. 322 00:29:50,963 --> 00:29:53,713 Pois malia que Morgoth caeu hai unha era, 323 00:29:54,421 --> 00:29:58,213 algúns temían que un novo mal xurdise da súa sombra. 324 00:29:58,296 --> 00:30:00,130 Así, durante séculos, 325 00:30:00,213 --> 00:30:04,296 estes soldados non deixaron fenda sen percorrer, 326 00:30:04,380 --> 00:30:07,630 acabando cos remanentes do noso inimigo, 327 00:30:07,713 --> 00:30:11,421 coma a chuvia que cae sobre os ósos dun cadáver podrecido. 328 00:30:14,130 --> 00:30:15,463 E agora, por fin, 329 00:30:16,671 --> 00:30:20,046 volven con nós, triunfantes, 330 00:30:20,130 --> 00:30:23,255 pois probaron que non queda dúbida 331 00:30:23,338 --> 00:30:27,463 de que os días de guerra remataron. 332 00:30:29,796 --> 00:30:30,880 Hoxe... 333 00:30:32,713 --> 00:30:35,546 os nosos días de paz comezan. 334 00:31:01,546 --> 00:31:04,963 E en sinal da nosa gratitude, 335 00:31:06,046 --> 00:31:08,588 estes heroes serán laureados 336 00:31:08,671 --> 00:31:11,421 co maior dos nosos honores. 337 00:31:11,505 --> 00:31:14,796 Serán acompañados aos Portos Grises 338 00:31:14,880 --> 00:31:19,213 e poderán cruzar os mares para morar toda a eternidade 339 00:31:20,296 --> 00:31:24,005 no Reino Abeizoado do Oeste Distante. 340 00:31:24,088 --> 00:31:27,255 As Terras Inmorredoiras de Valinor. 341 00:31:28,088 --> 00:31:31,921 Á fin, regresan ao fogar. 342 00:32:34,046 --> 00:32:37,380 Vas quedar aí de pé, respirando coma un orco? 343 00:32:40,588 --> 00:32:44,005 Din que o viño da vitoria é máis doce 344 00:32:44,088 --> 00:32:46,671 para quen con amarguras o fermentou. 345 00:32:47,421 --> 00:32:49,255 Non me sinto vitoriosa. 346 00:32:49,338 --> 00:32:52,380 Mereces os honores deste día. 347 00:32:53,255 --> 00:32:54,921 Teu irmán estaría orgulloso. 348 00:33:01,213 --> 00:33:03,963 Lembro cando tallaron a primeira destas. 349 00:33:05,296 --> 00:33:08,713 O retrato dun caído preservado en algo vivo. 350 00:33:08,796 --> 00:33:12,546 Unha parte de min sempre pensou que o meu descanso estaría aquí, 351 00:33:12,630 --> 00:33:13,921 con eles. 352 00:33:14,963 --> 00:33:16,880 Porén, hei deixalos. 353 00:33:18,463 --> 00:33:22,463 Este é o agasallo do teu rei. 354 00:33:26,005 --> 00:33:28,005 Un agasallo que decidín refusar. 355 00:33:29,130 --> 00:33:30,130 Galadriel, ti... 356 00:33:30,213 --> 00:33:32,921 Meu irmán deu a vida na procura de Sauron. 357 00:33:34,421 --> 00:33:36,421 A súa encomenda é agora a miña. 358 00:33:39,255 --> 00:33:42,463 Irei na busca do inimigo que nos escapou no norte. 359 00:33:44,088 --> 00:33:46,130 Soa, se ten que ser. 360 00:33:48,296 --> 00:33:51,296 Ai, xa, o da marca misteriosa. 361 00:33:51,380 --> 00:33:53,213 Compartino co alto rei. 362 00:33:53,296 --> 00:33:55,088 -Entón...? -Por ver unha marca 363 00:33:55,171 --> 00:33:57,713 non quere dicir que vaias atopar a Sauron. 364 00:33:57,796 --> 00:34:01,171 Terminou. O mal marchou. 365 00:34:01,255 --> 00:34:03,630 Daquela por que o sinto aínda aquí? 366 00:34:05,046 --> 00:34:07,046 Despois de todo o que pasaches... 367 00:34:08,421 --> 00:34:10,671 é normal que esteas cofusa. 368 00:34:11,671 --> 00:34:13,130 Confusa? 369 00:34:16,755 --> 00:34:19,671 Agradezo que non coñezas o mal como eu o coñecín. 370 00:34:20,880 --> 00:34:23,130 Pero ti non viches o que eu vin. 371 00:34:23,213 --> 00:34:24,255 Vin bastante. 372 00:34:24,338 --> 00:34:27,963 Ti non viches o que eu vin. 373 00:34:28,796 --> 00:34:30,921 O mal non dorme, Elrond. 374 00:34:32,255 --> 00:34:33,463 O mal agarda. 375 00:34:34,130 --> 00:34:36,963 E no momento en que somos compracentes, 376 00:34:37,046 --> 00:34:38,463 céganos. 377 00:34:40,421 --> 00:34:43,046 Poñamos que os teus medos son certos 378 00:34:43,130 --> 00:34:46,463 e que o inimigo anda por aí, agardando. 379 00:34:47,130 --> 00:34:50,296 De veras cres que procuralo te vai satisfacer? 380 00:34:50,380 --> 00:34:54,046 Cres que un orco máis caído pola túa espada che traerá paz? 381 00:34:54,130 --> 00:34:56,046 -Se estás errada... -Non estou. 382 00:34:56,130 --> 00:34:57,588 Se estás errada, 383 00:34:58,463 --> 00:35:01,630 levarás máis elfos a morrer en terras afastadas? 384 00:35:03,463 --> 00:35:05,588 Para saber que fixeches abondo, 385 00:35:05,671 --> 00:35:08,505 cantas estatuas máis engadirías aquí? 386 00:35:09,338 --> 00:35:11,963 Ninguén na historia refusou a invitación. 387 00:35:12,796 --> 00:35:14,880 Se o fas, pode que non se repita. 388 00:35:15,755 --> 00:35:18,755 Quedarás aquí, afastada, 389 00:35:18,838 --> 00:35:21,088 roída por rumores e soños escuros. 390 00:35:21,171 --> 00:35:24,338 E no oeste, cres que o meu fado sería mellor? 391 00:35:25,463 --> 00:35:28,921 Onde a música calaría os berros da batalla nos meus oídos? 392 00:35:30,921 --> 00:35:34,838 Dis que conseguín a vitoria sobre tódolos horrores da Terra Media. 393 00:35:36,380 --> 00:35:38,588 E deixaríalos vivos dentro de min? 394 00:35:39,671 --> 00:35:41,005 Para levalos comigo? 395 00:35:42,005 --> 00:35:45,921 Inmortais, inmutables, inalterables, 396 00:35:46,963 --> 00:35:49,338 á terra da primavera sen inverno? 397 00:35:49,421 --> 00:35:51,838 Só no Reino Abeizoado 398 00:35:51,921 --> 00:35:54,421 pode sandar aquilo que crebou dentro de ti. 399 00:35:55,255 --> 00:35:56,338 Vai alá. 400 00:35:56,838 --> 00:35:58,630 Vai, e prométoche... 401 00:35:59,338 --> 00:36:03,255 que se o máis mínimo rumor da ameaza que concibes se proba, 402 00:36:03,755 --> 00:36:06,130 non descansarei ata poñerlle solución. 403 00:36:08,005 --> 00:36:10,421 Xa loitaches abondo, Galadriel. 404 00:36:13,005 --> 00:36:14,546 Deixa a espada. 405 00:36:15,296 --> 00:36:17,213 E sen ela, que serei? 406 00:36:17,296 --> 00:36:18,921 O que sempre fuches. 407 00:36:21,880 --> 00:36:23,130 A miña amiga. 408 00:36:42,088 --> 00:36:43,546 AS TERRAS DO SUR AS TERRAS DOS HOMES 409 00:37:20,296 --> 00:37:21,713 Boas tardes. 410 00:37:21,796 --> 00:37:23,338 Caraes en tres movementos. 411 00:37:28,171 --> 00:37:29,630 Envelenado, seguro. 412 00:37:29,713 --> 00:37:31,630 Envelenado? Por quen? 413 00:37:32,171 --> 00:37:35,255 Polo que sabemos, foi o paifoco choromicas. 414 00:37:47,380 --> 00:37:48,588 Arondir. 415 00:37:49,921 --> 00:37:52,255 Xa pasou unha quincena? 416 00:37:53,463 --> 00:37:54,588 Pasou. 417 00:37:56,421 --> 00:38:00,088 Haiche pouco que contar desta vez. 418 00:38:00,171 --> 00:38:03,588 Un par de liortas cativas, algunha trampa aos dados... 419 00:38:04,171 --> 00:38:06,296 Ai, si! 420 00:38:06,380 --> 00:38:08,838 Pasou algo emocionante o troudes pasado. 421 00:38:08,921 --> 00:38:10,838 Unha rifa por unha rapaza. 422 00:38:11,255 --> 00:38:14,671 El tiña un ollo vago e ela moi vivo, xa me entende. 423 00:38:16,880 --> 00:38:19,005 Tómalle algo, soldado? 424 00:38:19,088 --> 00:38:21,296 O meu pozo é seu, coma sempre. 425 00:38:21,380 --> 00:38:22,880 E o envelenamento? 426 00:38:23,380 --> 00:38:24,421 Cal dis? 427 00:38:24,505 --> 00:38:26,296 Do que falabades. 428 00:38:26,380 --> 00:38:27,505 Non, ho. 429 00:38:27,588 --> 00:38:30,630 El falaba dunha herba envelenada. 430 00:38:32,130 --> 00:38:34,963 Un tipo veu e dixo que lle murchara o pasto. 431 00:38:35,046 --> 00:38:37,213 Que só lle crecían malas herbas. 432 00:38:37,296 --> 00:38:40,005 E o tipo ese de onde era? 433 00:38:40,505 --> 00:38:42,005 Non sei. Do leste, coido. 434 00:38:42,755 --> 00:38:44,171 Que día estivo aquí? 435 00:38:44,630 --> 00:38:47,296 Déixao estar, orellas bicudas. 436 00:38:48,213 --> 00:38:50,255 Só é un pouco de herba. 437 00:38:51,338 --> 00:38:55,630 Eses cos que nos relacionades pereceron hai mil anos. 438 00:38:55,713 --> 00:38:58,546 Cando vai a vosa xente deixar o pasado atrás? 439 00:39:02,421 --> 00:39:05,963 O pasado está con todos nós, gústenos ou non. 440 00:39:06,838 --> 00:39:10,838 Un día, o noso verdadeiro rei regresará 441 00:39:11,963 --> 00:39:16,463 e sacaranos de debaixo das vosas botas bicudas. 442 00:39:16,546 --> 00:39:18,213 Apaga o lume, rapaz. 443 00:39:31,088 --> 00:39:31,921 Veña, rapaz. 444 00:39:35,213 --> 00:39:37,213 Vai querer algo máis? 445 00:40:00,796 --> 00:40:02,213 Dáme a man. 446 00:40:20,838 --> 00:40:22,005 Inzos de alfirin. 447 00:40:25,005 --> 00:40:27,671 Non vexo esa flor dende que era cativo. 448 00:40:28,421 --> 00:40:29,921 Onde as atopaches? 449 00:40:30,588 --> 00:40:34,046 Troqueillos a outro curador que pasou por aquí. 450 00:40:34,130 --> 00:40:36,255 Esmagamos os pétalos para unturas. 451 00:40:36,338 --> 00:40:37,963 Esmagádelos? 452 00:40:38,046 --> 00:40:39,505 Con delicadeza. 453 00:40:42,963 --> 00:40:44,963 Hai curadores entre os teus? 454 00:40:45,046 --> 00:40:46,421 Hainos. 455 00:40:46,505 --> 00:40:48,338 Pero chamámoslles artífices. 456 00:40:49,296 --> 00:40:53,338 A meirande parte das nosas feridas curan por si mesmas, 457 00:40:53,421 --> 00:40:57,838 así que o seu labor é converter verdades ocultas en obras fermosas. 458 00:40:58,796 --> 00:41:01,463 Pois a beleza ten o poder de sandar a alma. 459 00:41:03,755 --> 00:41:06,463 Espero que atopes beleza nas flores de alfirin. 460 00:41:13,755 --> 00:41:15,421 Deica a próxima. 461 00:41:15,505 --> 00:41:16,588 Soldado. 462 00:41:27,296 --> 00:41:28,921 Algo do que informar? 463 00:41:30,213 --> 00:41:31,880 Nada fóra do normal. 464 00:41:34,463 --> 00:41:35,671 E o pozo... 465 00:41:37,088 --> 00:41:38,338 Como foi? 466 00:41:39,880 --> 00:41:41,296 Sacaches auga? 467 00:41:42,213 --> 00:41:43,963 Agárdannos en Ostirith. 468 00:41:46,088 --> 00:41:48,921 Consideraches as consecuencias ás que me enfronto 469 00:41:49,005 --> 00:41:51,921 se o Gardián descobre a que andas? 470 00:41:52,005 --> 00:41:53,671 Non sei o que queres dicir. 471 00:41:53,755 --> 00:41:55,255 Xa é ebondo vixialos 472 00:41:55,338 --> 00:41:57,421 sen ter que velarte a ti. 473 00:41:57,505 --> 00:41:58,755 Cres que estou cego? 474 00:41:58,838 --> 00:42:02,005 Non. Penso que falas demasiado. 475 00:42:02,713 --> 00:42:04,630 E cheiras a follas podres. 476 00:42:04,713 --> 00:42:06,213 Diso nada. 477 00:42:06,296 --> 00:42:07,463 Cheiras. 478 00:42:15,296 --> 00:42:18,296 O que quero dicir é que só dúas veces na historia 479 00:42:18,380 --> 00:42:21,505 intentaron emparellarse os elfos cos humanos 480 00:42:21,588 --> 00:42:24,088 e as dúas acabaron en traxedia. 481 00:42:24,171 --> 00:42:25,255 Acabaron en morte. 482 00:42:25,338 --> 00:42:27,255 Non mo tes que lembrar. 483 00:42:28,838 --> 00:42:30,421 Entón por que insistes? 484 00:42:31,213 --> 00:42:32,921 Dáme unha razón. Unha. 485 00:42:33,005 --> 00:42:34,838 Arondir! Médhor! 486 00:42:36,296 --> 00:42:39,213 O alto rei dixo que os días de guerra acabaron. 487 00:42:40,671 --> 00:42:43,088 Todas as avanzadas vanse disolver. 488 00:42:44,546 --> 00:42:45,630 Marchamos. 489 00:43:12,796 --> 00:43:14,380 Botando a última ollada? 490 00:43:16,505 --> 00:43:19,005 Levo 79 anos destinado aquí. 491 00:43:21,130 --> 00:43:23,796 Supoño que me habituei a isto. 492 00:43:25,463 --> 00:43:29,005 Podes crer que este lugar foi antano un ermo rochoso? 493 00:43:29,088 --> 00:43:31,088 Cambiou moito, Gardián. 494 00:43:31,963 --> 00:43:34,046 Pero os homes que viven aquí non. 495 00:43:34,546 --> 00:43:38,546 O sangue dos que apoiaron a Morgoth aínda escurece as súas veas. 496 00:43:40,963 --> 00:43:42,838 Diso hai moito, Gardián. 497 00:43:47,838 --> 00:43:49,546 Que eras antes da guerra? 498 00:43:50,463 --> 00:43:51,588 Labrego. 499 00:43:51,671 --> 00:43:55,338 Pois ao teu regreso atoparás moito máis do que deixaches. 500 00:43:55,421 --> 00:43:58,213 Honores, un título... 501 00:43:59,505 --> 00:44:01,171 A túa vida comezará de novo. 502 00:44:02,171 --> 00:44:04,213 Pero lembra isto, Arondir: 503 00:44:04,838 --> 00:44:08,421 durante 79 anos, vixiaches os homes e mulleres de Tirharad, 504 00:44:08,505 --> 00:44:11,421 non polo que os seus antecesores fixeron un día, 505 00:44:12,880 --> 00:44:14,880 senón polo que aínda son. 506 00:44:20,421 --> 00:44:21,630 E agradece 507 00:44:23,171 --> 00:44:25,338 que non teñas que velos máis. 508 00:45:03,963 --> 00:45:07,171 Coidado. É po de raíz de lume, vai amodo. 509 00:45:07,255 --> 00:45:09,338 Máis amodo e boto aquí o día. 510 00:45:09,421 --> 00:45:11,296 Andas de mal xenio. 511 00:45:11,380 --> 00:45:14,005 Apenas durmín. Os ratos corricaron seguido 512 00:45:14,088 --> 00:45:16,130 -debaixo do sollado. -Outra vez? 513 00:45:16,213 --> 00:45:18,921 Tres noites seguidas. Rañando e rabuñando. 514 00:45:22,421 --> 00:45:24,255 Que fai un deles aquí? 515 00:45:35,255 --> 00:45:36,755 Oín que marchabades. 516 00:45:37,796 --> 00:45:38,963 Así é. 517 00:45:41,171 --> 00:45:43,171 U-lo resto da túa compañía? 518 00:45:44,463 --> 00:45:48,005 Andarán buscándome neste momento. 519 00:45:48,713 --> 00:45:50,380 E que fas na miña casa? 520 00:46:03,755 --> 00:46:05,588 Di o que teñas que dicir. 521 00:46:05,671 --> 00:46:07,171 Xa o dixen. 522 00:46:08,046 --> 00:46:11,588 Un cento de veces, agás con palabras. 523 00:46:13,588 --> 00:46:14,713 Madre. 524 00:46:16,255 --> 00:46:17,921 Un home pregunta por ti. 525 00:46:26,880 --> 00:46:27,963 Mamá. 526 00:46:31,296 --> 00:46:33,130 Tamén curas animais? 527 00:46:35,588 --> 00:46:37,588 Podes botarlle un ollo? 528 00:46:38,505 --> 00:46:41,546 Parece que ten unha enfermidade. 529 00:46:42,296 --> 00:46:43,713 Que tipo de enfermidade? 530 00:46:51,046 --> 00:46:52,546 Non é unha febre. 531 00:46:54,546 --> 00:46:57,171 E non parece que teña lastras. 532 00:46:58,380 --> 00:47:00,005 Onde estivo pastando? 533 00:47:00,088 --> 00:47:01,838 Polo leste hai uns días. 534 00:47:03,130 --> 00:47:04,421 Será que comeu algo? 535 00:47:09,213 --> 00:47:12,046 Que é iso que lle saíu? 536 00:47:13,338 --> 00:47:14,921 Canto ao leste? 537 00:47:15,005 --> 00:47:17,380 Pode que chegara ata Hordern. 538 00:47:24,630 --> 00:47:25,838 Onde vas? 539 00:47:25,921 --> 00:47:29,171 Hordern está a un día de viaxe. Podo chegar ó ocaso. 540 00:47:29,255 --> 00:47:30,588 Vou contigo. 541 00:47:43,088 --> 00:47:44,838 Alixeira. 542 00:47:44,921 --> 00:47:47,671 Se nos atopa aquí, arríncanos os dentes. 543 00:47:50,880 --> 00:47:53,005 Acheino por casualidade. 544 00:47:53,088 --> 00:47:54,380 Pisei a táboa boa. 545 00:47:56,921 --> 00:47:58,088 Veña, cóntame, 546 00:47:59,088 --> 00:48:01,630 é certo? O da túa nai. 547 00:48:02,588 --> 00:48:04,005 Se é certo o que? 548 00:48:04,713 --> 00:48:08,505 Polo visto Waldreg pillouna cun bicudo 549 00:48:08,630 --> 00:48:11,130 moceando tralo pozo del o outro día. 550 00:48:11,213 --> 00:48:12,338 Quen dixo iso? 551 00:48:12,421 --> 00:48:13,671 Todo o mundo. 552 00:48:14,130 --> 00:48:15,296 É mentira. 553 00:48:15,838 --> 00:48:18,380 Se cadra por iso marchou teu pai. 554 00:48:18,463 --> 00:48:19,796 Meu pai non marchou. 555 00:48:19,880 --> 00:48:21,713 Daquela que lle pasou? 556 00:48:21,796 --> 00:48:23,463 Nin sequera o sabes, ou que? 557 00:48:27,005 --> 00:48:29,838 Ese nugallán ten os tesouros do rei aí abaixo. 558 00:48:31,421 --> 00:48:32,921 Este é o tesouro. 559 00:48:53,130 --> 00:48:54,130 Coidado! 560 00:48:56,630 --> 00:48:57,713 Lisca, axiña. 561 00:49:36,546 --> 00:49:38,546 Vai xa alén do meu alcance. 562 00:49:39,755 --> 00:49:42,838 Galadriel tiña ben claro que debía seguir a busca. 563 00:49:44,088 --> 00:49:47,088 Mais tememos que se continúa, 564 00:49:47,171 --> 00:49:52,546 podería manter vivo o mal que quere derrotar. 565 00:49:54,588 --> 00:49:57,671 Pois o mesmo vento que quere apagar o lume 566 00:49:57,755 --> 00:50:00,171 tamén pode facer que se espalle. 567 00:50:02,005 --> 00:50:03,755 Entón a sombra que busca... 568 00:50:06,588 --> 00:50:08,171 Credes que existe? 569 00:50:08,796 --> 00:50:11,421 Calma a mente ao respecto. 570 00:50:12,755 --> 00:50:14,963 O que fixeches foi apropiado. 571 00:50:15,046 --> 00:50:18,338 Para Galadriel e para a Terra Media. 572 00:50:20,296 --> 00:50:22,296 É difícil saber o que é apropiado 573 00:50:24,213 --> 00:50:26,421 cando amizade e deber se entretecen. 574 00:50:28,421 --> 00:50:31,088 Tal é a carga dos que lideran 575 00:50:32,005 --> 00:50:34,213 e dos que queren liderar. 576 00:50:35,963 --> 00:50:38,255 Galadriel navega cara ao solpor. 577 00:50:38,338 --> 00:50:43,171 Ti e mais eu debemos mirar cara ao novo albor. 578 00:50:45,296 --> 00:50:46,463 E para tal efecto, 579 00:50:48,046 --> 00:50:51,630 oíches falar do traballo do señor Celebrimbor? 580 00:50:52,671 --> 00:50:55,088 O mellor ferreiro élfico, como non. 581 00:50:55,505 --> 00:50:59,171 Admiro a súa mestría dende neno. Por que o preguntades? 582 00:50:59,255 --> 00:51:04,005 Vai emprender un novo proxecto de notable importancia. 583 00:51:05,088 --> 00:51:08,213 E acordamos que traballarás con el. 584 00:51:11,171 --> 00:51:14,671 Deixo que lle expliques ti os detalles, señor Celebrimbor. 585 00:51:30,255 --> 00:51:33,296 Primeiro, a xente grande. Agora, as estrelas. 586 00:51:35,005 --> 00:51:37,338 Ollos espertos que deberían durmir. 587 00:51:41,296 --> 00:51:42,588 Case coma... 588 00:51:44,213 --> 00:51:46,380 Coma se agardasen ver algo. 589 00:51:46,880 --> 00:51:47,963 Ver o que? 590 00:51:48,880 --> 00:51:51,838 Unha reprimenda, se non te metes no teu. 591 00:51:51,921 --> 00:51:53,755 Que é? Que é o que ves? 592 00:51:53,838 --> 00:51:56,046 Elanor Brandipé, co nariz de teu pai 593 00:51:56,130 --> 00:51:57,963 e meténdoo onde non debes. 594 00:51:58,046 --> 00:52:02,255 Es demasiado curiosa e cheirona para ser unha pepeluda. 595 00:52:02,338 --> 00:52:05,046 Seguro que non es medio esquío? 596 00:52:06,463 --> 00:52:09,213 Sadoc. Sadoc, por favor. 597 00:52:10,005 --> 00:52:11,213 Cóntamo. 598 00:52:13,963 --> 00:52:16,546 Os ceos están estraños. 599 00:52:19,005 --> 00:52:20,213 Estraños... 600 00:52:20,296 --> 00:52:21,380 E logo como? 601 00:52:21,463 --> 00:52:23,338 Nori! Colliches a graxa? 602 00:52:23,421 --> 00:52:24,671 Xa vou. 603 00:52:33,421 --> 00:52:35,963 Coñeces ben a xente de Hordern? 604 00:52:36,046 --> 00:52:38,880 Abofé, ou debería. Nacín alí. 605 00:52:40,880 --> 00:52:42,046 Por que? 606 00:52:42,130 --> 00:52:45,588 Os de Hordern teñen fama de que foron 607 00:52:45,671 --> 00:52:47,338 moi leais a Morgoth. 608 00:52:48,463 --> 00:52:49,880 Que acabas de dicir? 609 00:52:53,921 --> 00:52:55,171 A verdade. 610 00:52:56,421 --> 00:52:58,421 Falas dos meus amigos. 611 00:52:58,505 --> 00:53:01,088 Dos meus familiares. Hai boa xente alí. 612 00:53:05,255 --> 00:53:07,046 Por iso estou aquí contigo 613 00:53:09,505 --> 00:53:11,130 e non co Gardián. 614 00:53:12,171 --> 00:53:13,421 Bronwyn. 615 00:53:20,130 --> 00:53:24,046 Es o único amable que coñecín nos meus días nestas terras. 616 00:53:40,713 --> 00:53:41,963 Hordern. 617 00:53:47,005 --> 00:53:48,088 AS TERRAS DO SUR 618 00:53:51,088 --> 00:53:52,713 TERRA MEDIA 619 00:53:52,796 --> 00:53:54,796 OS MARES DIVISORIOS 620 00:56:11,255 --> 00:56:16,921 Sabes por que os barcos flotan e as pedras non? 621 00:56:51,963 --> 00:56:53,130 Galadriel. 622 00:57:09,046 --> 00:57:10,463 Dáme a man. 623 00:57:23,213 --> 00:57:26,213 Pero ás veces as luces brillan tanto 624 00:57:26,296 --> 00:57:28,963 reflectidas na auga coma no ceo. 625 00:57:30,671 --> 00:57:33,088 Como saberei que luces teño que seguir? 626 00:57:34,755 --> 00:57:36,755 Ás veces non o podemos saber 627 00:57:38,505 --> 00:57:40,505 ata que non tocamos a escuridade. 628 00:57:52,130 --> 00:57:53,213 Galadriel! 629 01:02:39,671 --> 01:02:41,671 Subtítulos: Lucía Doval 630 01:02:41,755 --> 01:02:43,755 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea