1 00:00:06,005 --> 00:00:07,380 ANTERIORMENTE 2 00:00:07,463 --> 00:00:08,755 Está morto, veña! 3 00:00:11,921 --> 00:00:12,963 Que? 4 00:00:13,213 --> 00:00:15,046 Veña... Arriba! 5 00:00:15,130 --> 00:00:16,880 De onde es, por certo? 6 00:00:23,296 --> 00:00:25,921 Quere axuda para atopar esas estrelas. 7 00:00:28,213 --> 00:00:29,463 Nori... 8 00:00:33,005 --> 00:00:35,005 Debo volver á Terra Media. 9 00:00:35,046 --> 00:00:38,630 Non foron elfos os que me botaron da miña terra. Foron orcos. 10 00:00:38,713 --> 00:00:40,838 Era ese o emblema do voso rei? 11 00:00:40,921 --> 00:00:42,296 Nós non temos rei. 12 00:00:51,921 --> 00:00:54,463 Todas as avanzadas vanse desmantelar. 13 00:00:54,546 --> 00:00:56,005 Botando a última ollada? 14 00:00:56,088 --> 00:00:57,796 Cambiou moito, Gardián. 15 00:00:57,880 --> 00:00:59,880 Pero os homes que viven aquí non. 16 00:00:59,963 --> 00:01:03,838 O sangue dos que apoiaron a Morgoth aínda escurece as súas veas. 17 00:01:03,921 --> 00:01:07,505 -Alguén escavou este corredor. -Algo. Os homes non foron. 18 00:02:28,130 --> 00:02:32,463 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 19 00:03:27,046 --> 00:03:28,130 A traballar! 20 00:03:33,463 --> 00:03:36,088 Ti! Átao. 21 00:03:36,671 --> 00:03:38,296 Bótao fóra co resto. 22 00:03:38,380 --> 00:03:41,963 Bótao ti co resto. Eu fixen quenda ao sol onte. 23 00:03:42,046 --> 00:03:46,921 Quedarás ao sol ata torrares se Adar o manda. 24 00:03:47,005 --> 00:03:50,338 Por Adar, logo, pero non por ti! 25 00:03:56,505 --> 00:03:58,921 Por Adar. 26 00:04:09,463 --> 00:04:11,338 Rematou o descanso, lacaceiro. 27 00:04:11,421 --> 00:04:12,671 Veña, cava. 28 00:05:04,588 --> 00:05:05,630 Está viva. 29 00:05:15,838 --> 00:05:19,546 Os anfitrións... salváronnos ou capturáronnos? 30 00:05:20,171 --> 00:05:22,671 Non está envelenada, se é o que temes. 31 00:05:25,755 --> 00:05:27,171 Ou non para os humanos. 32 00:06:23,421 --> 00:06:26,838 Unha Elda a bordo do meu barco? 33 00:06:30,005 --> 00:06:31,546 Estrañas mareas. 34 00:06:31,630 --> 00:06:32,963 Que buque é este? 35 00:06:33,046 --> 00:06:36,546 Calma. Teño que te entregar a salvo aos meus superiores. 36 00:06:36,630 --> 00:06:38,963 Responderanche eles, non eu. 37 00:06:39,046 --> 00:06:40,671 Cara a que porto navegamos? 38 00:06:41,546 --> 00:06:44,380 Mírao ti mesma. Estamos chegando. 39 00:06:45,130 --> 00:06:46,296 Chegando a onde? 40 00:06:51,130 --> 00:06:52,213 Á casa. 41 00:07:46,046 --> 00:07:47,463 Que lugar é este? 42 00:07:48,921 --> 00:07:51,171 Non pode ser máis ca un. 43 00:07:51,255 --> 00:07:52,921 A Terra da Estrela. 44 00:07:54,005 --> 00:07:56,463 O máis occidental dos reinos mortais. 45 00:07:58,130 --> 00:08:02,296 O Reino Insular de Númenor. 46 00:08:03,755 --> 00:08:05,005 Velocidade de porto! 47 00:08:57,921 --> 00:09:00,046 -Esa é unha elfa? -Non vin... 48 00:09:01,838 --> 00:09:05,046 Dende cando homes coma min constrúen reinos coma este? 49 00:09:07,130 --> 00:09:08,963 Estes homes non son coma ti. 50 00:09:11,088 --> 00:09:14,796 Na Gran Guerra, os teus antecesores aliáronse con Morgoth. 51 00:09:15,755 --> 00:09:17,630 E estes homes cos elfos. 52 00:09:18,171 --> 00:09:21,046 Como recompensa, os Valar déronlles esta illa, 53 00:09:21,130 --> 00:09:23,130 que cambiou moito dende entón. 54 00:09:23,213 --> 00:09:25,505 Detecto certa envexa? 55 00:09:26,421 --> 00:09:27,838 Envexa non. 56 00:09:28,421 --> 00:09:29,546 Pesar. 57 00:09:30,463 --> 00:09:33,463 Antano os elfos ían e viñan libres desde aquí. 58 00:09:33,546 --> 00:09:35,296 Os nosos pobos eran irmáns. 59 00:09:36,088 --> 00:09:39,005 Compartiamos agasallos e sabedoría. 60 00:09:39,088 --> 00:09:40,713 Que pasou? 61 00:09:40,796 --> 00:09:42,755 Númenor rexeitounos barcos. 62 00:09:42,838 --> 00:09:44,880 E despois cortou o contacto. 63 00:09:44,963 --> 00:09:46,046 Por que? 64 00:09:47,671 --> 00:09:49,380 Pode que o saibamos pronto. 65 00:09:49,463 --> 00:09:50,630 Seguide andando. 66 00:09:52,630 --> 00:09:55,338 Non vos convén perdervos aquí sen escolta. 67 00:09:57,505 --> 00:09:59,046 Pono cos outros. 68 00:09:59,671 --> 00:10:00,505 Está quente. 69 00:10:32,296 --> 00:10:34,380 Paciencia... 70 00:10:34,921 --> 00:10:36,921 Somos homes e mulleres de Númenor. 71 00:10:37,005 --> 00:10:41,505 Énos mellor deixar a historia polo momento e ter prudencia. 72 00:10:42,296 --> 00:10:45,005 Intentemos non contrariar esta xente. 73 00:10:45,088 --> 00:10:47,421 Capitán, a raíña rexente está ocupada. 74 00:10:47,505 --> 00:10:50,046 Tamén o chanceler Pharazôn. Suxiro que... 75 00:11:19,421 --> 00:11:20,421 Axeónllate. 76 00:11:20,796 --> 00:11:22,296 Aquí ninguén se axeonlla. 77 00:11:25,171 --> 00:11:26,171 Perdoa. 78 00:11:28,713 --> 00:11:30,088 Fala, elfa. 79 00:11:31,838 --> 00:11:33,005 Preséntate. 80 00:11:37,713 --> 00:11:39,838 Galadriel dos Noldor. 81 00:11:40,838 --> 00:11:44,380 Filla da magnífica casa de Finarfin. 82 00:11:44,463 --> 00:11:48,505 Comandante dos Exércitos do Norte do alto rei Gil-galad. 83 00:11:53,630 --> 00:11:54,838 Halbrand. 84 00:11:55,671 --> 00:11:57,546 Das Terras do Sur. 85 00:11:58,130 --> 00:12:00,421 Un home e unha elfa, xuntos? 86 00:12:01,005 --> 00:12:02,213 Por circunstancias. 87 00:12:02,296 --> 00:12:05,421 Atopámonos por azar, en mar aberto. 88 00:12:06,255 --> 00:12:09,255 O voso capitán librounos dunha morte segura. 89 00:12:10,130 --> 00:12:14,171 Só pedimos que Númenor continúe coa compaixón 90 00:12:14,255 --> 00:12:16,796 e nos conceda embarcar para a Terra Media. 91 00:12:20,213 --> 00:12:22,421 Hai moito que os barcos de Númenor 92 00:12:22,505 --> 00:12:25,380 non poden saír ao mar por conta dun elfo. 93 00:12:25,463 --> 00:12:28,880 Grazas aos elfos déronvos esta illa. 94 00:12:28,963 --> 00:12:31,713 Poderedes prescindir dunhas táboas e un temón. 95 00:12:35,130 --> 00:12:37,963 Aos nosos antecesores non lles deron nada. 96 00:12:39,671 --> 00:12:43,130 Pagaron esta illa co sangue do seu pobo. 97 00:12:43,213 --> 00:12:44,463 A elfa quere dicir... 98 00:12:44,546 --> 00:12:47,630 Se o sangue é o prezo da pasaxe, pagareino. 99 00:12:48,546 --> 00:12:50,505 Dun xeito ou doutro, partirei. 100 00:12:51,421 --> 00:12:52,921 Convídote a intentalo. 101 00:12:53,463 --> 00:12:55,296 Non preciso a vosa invitación. 102 00:12:56,088 --> 00:12:58,796 E axiña vas quedar sen ela. 103 00:12:58,880 --> 00:13:00,546 -Gardas! -Meus amigos... 104 00:13:02,088 --> 00:13:06,213 Parece que a nosa marcha presenta complicacións. 105 00:13:07,005 --> 00:13:09,338 Igual sería mellor que quedásemos... 106 00:13:09,421 --> 00:13:13,130 -Quedar? -Tempo abondo, boa raíña, 107 00:13:13,213 --> 00:13:17,505 para que ti e os teus conselleiros sopesedes a nosa petición. 108 00:13:19,463 --> 00:13:21,130 Uns días, talvez? 109 00:13:26,005 --> 00:13:30,005 Tres días. E a elfa permanecerá no recinto do palacio. 110 00:13:30,088 --> 00:13:31,630 Non me deixarei prender. 111 00:13:31,713 --> 00:13:33,421 Mellor domaría un semental 112 00:13:33,505 --> 00:13:37,338 ca intentar encarcerar a gran comandante dos Exércitos do Norte. 113 00:13:38,963 --> 00:13:41,380 Daquela, serás convidada en Númenor. 114 00:13:48,671 --> 00:13:49,921 Capitán... 115 00:13:52,380 --> 00:13:53,380 A miña gratitude. 116 00:14:02,421 --> 00:14:03,796 "Boa raíña"? 117 00:14:04,838 --> 00:14:07,338 As Terras do Sur seguirán alí en tres días. 118 00:14:07,421 --> 00:14:08,588 E a xente delas? 119 00:14:08,671 --> 00:14:10,713 Mira arredor. Isto é un paraíso. 120 00:14:10,796 --> 00:14:12,213 Cheo de oportunidades. 121 00:14:12,838 --> 00:14:15,505 Esperas que me volva botar ao forno contigo? 122 00:14:15,588 --> 00:14:17,838 Arriscácheste para salvares unha vida. 123 00:14:17,921 --> 00:14:19,213 Quero salvar moitas. 124 00:14:19,296 --> 00:14:22,380 Busco a paz hai máis tempo do que pensas. 125 00:14:23,171 --> 00:14:26,588 Por favor, polo ben dos dous, déixame conservala. 126 00:14:31,588 --> 00:14:33,838 Algo de paz tamén che viría ben. 127 00:14:45,338 --> 00:14:46,838 Pero polo menos, 128 00:14:48,463 --> 00:14:50,671 tenta non facer máis inimigos. 129 00:15:01,046 --> 00:15:03,421 Sería mellor resolver isto axiña. 130 00:15:03,505 --> 00:15:04,671 Só é unha elfa. 131 00:15:04,755 --> 00:15:07,005 Un alude pode empezar cunha pedra. 132 00:15:07,755 --> 00:15:10,838 Mellor non traer de volta a nube do voso pai. 133 00:15:12,963 --> 00:15:14,546 Fálame do capitán. 134 00:15:14,630 --> 00:15:16,588 Chámase Elendil. 135 00:15:17,130 --> 00:15:21,171 Nacido de nobre liñaxe, agora é un garda mariño, cun fillo, 136 00:15:21,255 --> 00:15:24,630 que se a memoria non me falla, hao seguir no servizo. 137 00:15:26,088 --> 00:15:27,213 Tirade! 138 00:15:28,171 --> 00:15:30,630 Xuntos, agora! 139 00:15:40,505 --> 00:15:41,880 Tirade! 140 00:15:43,588 --> 00:15:47,421 Debedes subir as velas máis rápido para estardes na miña garda! 141 00:15:48,796 --> 00:15:51,463 Veña, cadetes! 142 00:15:52,213 --> 00:15:54,171 Xuntos, agora! 143 00:16:02,880 --> 00:16:05,005 Isildur... 144 00:16:05,088 --> 00:16:06,255 Isildur. 145 00:16:07,005 --> 00:16:08,088 Isildur! 146 00:16:08,755 --> 00:16:13,421 Un cadete que gaña un posto na Garda Mariña 147 00:16:13,505 --> 00:16:17,005 convértese en máis ca un protector de Númenor. 148 00:16:17,088 --> 00:16:18,171 Ese non! 149 00:16:21,630 --> 00:16:22,755 Imrahil! 150 00:16:22,838 --> 00:16:26,213 A babor! Virade a babor! 151 00:16:27,130 --> 00:16:29,213 Valandil! Ontamo! 152 00:16:32,130 --> 00:16:32,963 Axuda! Tirade! 153 00:16:36,880 --> 00:16:39,880 Coordinación, cadetes! A traballar! 154 00:16:50,171 --> 00:16:53,713 Non hai mestre máis duro có mar. 155 00:17:33,088 --> 00:17:35,505 O mar sempre ten razón! 156 00:17:36,130 --> 00:17:38,130 O mar ten razón sempre! 157 00:17:42,338 --> 00:17:43,671 Pobre Imrahil. 158 00:17:44,421 --> 00:17:47,421 O pai del vaino matar. 159 00:17:48,130 --> 00:17:49,963 Por pouco Isil acaba igual. 160 00:17:51,005 --> 00:17:51,838 Eu? 161 00:17:51,921 --> 00:17:55,171 Botaches o día nas nubes outra vez. Que che pasa? 162 00:17:55,255 --> 00:17:57,463 Devezo por marchar. Nada máis. 163 00:17:58,838 --> 00:18:00,838 Faltan nove días. Nove días! 164 00:18:00,921 --> 00:18:03,921 Pasamos a Proba de Mar e en catro anos, oficiais. 165 00:18:04,005 --> 00:18:05,921 E noutros dez, comandantes. 166 00:18:06,005 --> 00:18:07,963 -Oito para min. -Ou dezaoito. 167 00:18:08,046 --> 00:18:10,171 Isildur! Túa irmá está aquí. 168 00:18:15,713 --> 00:18:16,880 E chegaches! 169 00:18:17,838 --> 00:18:19,505 Berek, meu amigo! 170 00:18:19,588 --> 00:18:21,755 Milagre que deixases o caderno. 171 00:18:21,838 --> 00:18:24,505 Non tiñas que vir ata aquí só para verme. 172 00:18:24,588 --> 00:18:26,963 -Isil, taberna? -Non, ide vós. 173 00:18:27,046 --> 00:18:29,546 Ven despois. Non sexas coma teu irmán. 174 00:18:29,630 --> 00:18:31,588 Tempo terás para ser unha vella. 175 00:18:31,671 --> 00:18:32,671 Ou para ser nova. 176 00:18:33,838 --> 00:18:36,921 Que fas aquí? Onde está Padre? 177 00:18:43,546 --> 00:18:47,630 Os fieis cren que cando os pétalos da Árbore Branca caen, 178 00:18:47,713 --> 00:18:49,380 non é cousa trivial, 179 00:18:51,088 --> 00:18:54,005 senón que son as bágoas mesmas dos Valar. 180 00:18:55,671 --> 00:18:59,338 Un recordatorio vivo de que os seus ollos 181 00:19:00,838 --> 00:19:04,713 e o seu xuízo están pendentes de nós. 182 00:19:10,505 --> 00:19:12,421 Ti cres niso? 183 00:19:12,505 --> 00:19:15,046 Na miña experiencia, non é sabio vivir 184 00:19:15,130 --> 00:19:17,921 cavilando sobre sinais e portentos. 185 00:19:21,755 --> 00:19:25,171 "Elendil". Un nome pouco común. 186 00:19:26,880 --> 00:19:28,921 Das costas occidentais, non é? 187 00:19:30,213 --> 00:19:31,421 É orixinario de alí. 188 00:19:31,505 --> 00:19:33,213 Conta, que significa? 189 00:19:34,546 --> 00:19:36,130 Aquel que ama as estrelas. 190 00:19:37,213 --> 00:19:39,630 Non é a única tradución, non si? 191 00:19:43,046 --> 00:19:45,255 Na antiga lingua dos Eldar, 192 00:19:45,963 --> 00:19:47,796 tamén é "Amigo dos Elfos". 193 00:19:47,880 --> 00:19:51,130 E ti es? Amigo dos Elfos? 194 00:19:54,671 --> 00:19:57,088 Son un servidor leal a Númenor. 195 00:19:57,171 --> 00:20:00,880 Porén, malia que os elfos non son benvidos nas nosas costas 196 00:20:00,963 --> 00:20:03,921 dende o reinado do bisavó do meu avó, 197 00:20:04,005 --> 00:20:07,338 escolliches romper con ese precedente. Por que? 198 00:20:08,171 --> 00:20:10,505 Foi o mar o que a puxo no meu camiño. 199 00:20:12,338 --> 00:20:14,005 E o mar sempre ten razón. 200 00:20:15,046 --> 00:20:16,921 O mar non pode cometer traizón. 201 00:20:22,838 --> 00:20:24,213 Con respecto, raíña, 202 00:20:24,880 --> 00:20:28,546 dadas as circunstancias, fixen o que considerei máis prudente. 203 00:20:29,005 --> 00:20:33,296 Se iso, Elendil, é o que de verdade desexas, 204 00:20:35,546 --> 00:20:39,255 pedireiche que me fagas un servizo. 205 00:21:02,921 --> 00:21:04,463 OS MARES DIVISORIOS 206 00:21:08,255 --> 00:21:10,630 AS TERRAS DO SUR 207 00:21:42,171 --> 00:21:44,755 Estes pasadizos levan ata Hordern. 208 00:21:46,338 --> 00:21:47,505 Pode que máis alá. 209 00:21:48,588 --> 00:21:51,088 Será así como evitaron que os detectásemos 210 00:21:51,171 --> 00:21:53,588 e como se protexen da luz do sol. 211 00:21:57,505 --> 00:21:59,421 Andan á procura de algo. 212 00:22:00,796 --> 00:22:02,630 Será algunha arma? 213 00:22:02,713 --> 00:22:04,005 Non o sei. 214 00:22:04,713 --> 00:22:07,046 Pero saquean unha vila tras outra, 215 00:22:07,755 --> 00:22:10,380 búscano cada noite para o líder. 216 00:22:10,755 --> 00:22:13,505 Un do que os orcos falan case con veneración, 217 00:22:13,588 --> 00:22:17,046 ou reverencia, se os orcos fosen capaces diso. 218 00:22:17,546 --> 00:22:20,046 Semella que Morgoth ten un sucesor. 219 00:22:20,880 --> 00:22:21,880 "Adar". 220 00:22:24,338 --> 00:22:27,546 Como terán os orcos un nome élfico para o líder? 221 00:22:27,630 --> 00:22:30,588 Disque Sauron tiña moitos nomes na antigüidade. 222 00:22:30,671 --> 00:22:32,338 Ese pode ser un. 223 00:22:32,421 --> 00:22:35,046 Aquí pasa máis do que vemos. 224 00:22:36,088 --> 00:22:38,171 Se tedes oportunidade 225 00:22:38,255 --> 00:22:40,755 de mirar por riba do foxo, aproveitade. 226 00:22:40,838 --> 00:22:42,463 Buscade árbores cerca, 227 00:22:42,546 --> 00:22:45,463 e cando o sol brille máis, escapamos. 228 00:22:45,546 --> 00:22:47,630 Aínda que só chegue un á casa, 229 00:22:47,713 --> 00:22:49,463 podemos volver con reforzos 230 00:22:49,546 --> 00:22:53,046 e varrer o inimigo destas terras coma o sal dunha mesa. 231 00:22:54,046 --> 00:22:57,796 A calar e cava, elfo! 232 00:22:58,380 --> 00:23:01,005 -Esas raíces impiden o paso. -Arrincádeas. 233 00:23:01,755 --> 00:23:05,838 Arrincade a condenada árbore toda! 234 00:23:05,921 --> 00:23:09,671 Pinchar unha árbore vainos atrasar. É mellor rodeala. 235 00:23:09,755 --> 00:23:13,338 Inténtao, elfo, e fareiche un mapa no lombo. 236 00:23:17,171 --> 00:23:20,838 Esta árbore brotou da terra moito antes de que saísedes 237 00:23:20,921 --> 00:23:22,921 do lugar inmundo no que medrastes. 238 00:23:23,005 --> 00:23:25,296 Gañou o seu sitio nestas terras. 239 00:23:31,755 --> 00:23:32,921 Ben, elfo. 240 00:23:33,755 --> 00:23:34,963 Moi ben. 241 00:23:39,588 --> 00:23:41,463 Demostraches forza. 242 00:23:42,380 --> 00:23:46,755 Ganaches unha ración de auga para a túa compañía. 243 00:23:49,921 --> 00:23:51,088 Non teñas medo. 244 00:23:52,296 --> 00:23:53,671 Seguro que tes sede. 245 00:24:26,255 --> 00:24:27,463 Iso é. 246 00:25:29,255 --> 00:25:30,921 A árbore. 247 00:25:31,046 --> 00:25:33,880 Húna hravan! Húna hravan! 248 00:25:35,255 --> 00:25:36,546 Cortareina eu. 249 00:25:38,046 --> 00:25:39,380 Cortareina eu! 250 00:26:14,630 --> 00:26:16,755 Ánin apsene... 251 00:26:33,380 --> 00:26:35,630 Dille a Pharazôn que a elfa escapou. 252 00:26:35,713 --> 00:26:36,963 Tocoume da outra vez. 253 00:26:37,046 --> 00:26:38,296 Foi por un can. 254 00:27:00,713 --> 00:27:02,796 Mellor rouba o veleiro pequeno. 255 00:27:04,380 --> 00:27:06,880 Ese esquife non te sacará do porto. 256 00:27:06,963 --> 00:27:10,546 Éche mellor có meu anterior transporte. 257 00:27:10,630 --> 00:27:12,505 Porén, non cho podo permitir. 258 00:27:13,171 --> 00:27:14,630 A raíña encargoume 259 00:27:14,713 --> 00:27:18,213 vixiar que non causes máis problemas. 260 00:27:18,296 --> 00:27:20,171 Púxomo coma castigo. 261 00:27:20,255 --> 00:27:23,088 Entón as dúas si que temos algo en común. 262 00:27:23,171 --> 00:27:25,338 Desexamos que non me trouxeses aquí. 263 00:27:26,838 --> 00:27:29,005 Probarei sorte co esquife. 264 00:27:29,546 --> 00:27:33,338 Pois non me quedará outra que chamar os gardas. 265 00:27:34,130 --> 00:27:37,088 E se as palabras non chegan a saírche da gorxa? 266 00:27:38,796 --> 00:27:40,880 E se o fan? 267 00:27:40,963 --> 00:27:44,921 Volverías ao palacio encadeada, máis lonxe do teu obxectivo. 268 00:27:45,005 --> 00:27:50,671 Quen é este mortal que fala coma se tivese idea de quen son? 269 00:27:52,421 --> 00:27:57,130 Teño unha filla que corre moito e un fillo que anda ás cegas. 270 00:27:58,963 --> 00:28:01,630 Os teus ollos lémbranme moito os deles. 271 00:28:01,713 --> 00:28:05,088 A onde vou e como o faga non é cousa túa. 272 00:28:05,171 --> 00:28:08,921 Calquera lugar é mellor ca este, onde todos me odian. 273 00:28:10,088 --> 00:28:13,380 Así que chama polos gardas ou aparta do meu camiño. 274 00:28:14,421 --> 00:28:18,546 Non te odian todos, miña señora. 275 00:28:20,296 --> 00:28:22,880 Falas élfico? 276 00:28:22,963 --> 00:28:25,046 Onde me criei, fálano moitos. 277 00:28:26,046 --> 00:28:28,380 Aínda o ensinan no Salón do Saber. 278 00:28:28,463 --> 00:28:31,963 Aínda se ve en estatuas da cidade, se miras ben. 279 00:28:32,046 --> 00:28:34,338 Ese Salón do Saber a canto queda? 280 00:28:34,421 --> 00:28:35,963 Un cuarto de día a cabalo. 281 00:28:37,088 --> 00:28:38,338 Que é o que buscas? 282 00:28:40,046 --> 00:28:41,296 Dixeches "a cabalo"? 283 00:29:50,796 --> 00:29:54,880 Non lle hai home na illa que domine este oficio mellor ca min. 284 00:29:54,963 --> 00:29:58,671 Padexarei carbón se fai falla, cortarei madeira, 285 00:29:58,755 --> 00:30:01,255 fareille unha áncora, de balde, 286 00:30:01,338 --> 00:30:04,088 a máis robusta que viu. Que lle parece? 287 00:30:06,838 --> 00:30:08,505 Quero empezar de novo. 288 00:30:10,296 --> 00:30:12,463 Déame a oportunidade, por favor. 289 00:30:14,046 --> 00:30:15,463 E non o esquecerei. 290 00:30:16,213 --> 00:30:17,838 Tes o corazón valente. 291 00:30:19,171 --> 00:30:23,546 Mais ata que gañes o brasón do gremio, non podes forxar aceiro en Númenor. 292 00:30:29,880 --> 00:30:31,130 É el, non é? 293 00:30:32,171 --> 00:30:34,421 O tipo que veu coa elfa? 294 00:30:35,796 --> 00:30:37,046 Es ti, non si? 295 00:30:37,671 --> 00:30:39,630 Iso parece. 296 00:30:40,171 --> 00:30:42,380 -Como te chamabas? -Depende. 297 00:30:43,921 --> 00:30:45,171 Depende de que? 298 00:30:46,546 --> 00:30:47,963 Do íntimos que sexamos. 299 00:30:56,088 --> 00:30:58,671 E sodes moi íntimos ti e a elfa? 300 00:31:02,296 --> 00:31:04,296 Tes a sorte de cara, pobre home. 301 00:31:04,963 --> 00:31:07,755 Viaxas gratis á nosa illa, comes a nosa comida, 302 00:31:07,838 --> 00:31:09,380 bebes a nosa cervexa... 303 00:31:10,296 --> 00:31:11,963 Que máis nos quitarás? 304 00:31:12,588 --> 00:31:14,963 As terras? Os oficios? 305 00:31:15,046 --> 00:31:16,671 Non esquezas as mulleres. 306 00:31:19,671 --> 00:31:21,380 Mira que descarado é. 307 00:31:24,421 --> 00:31:27,838 Se cadra non é tan íntimo da elfa como pensabamos. 308 00:31:29,255 --> 00:31:33,671 Seguro que ela prefire alguén de mellor raza. 309 00:31:37,380 --> 00:31:39,963 Tes razón. 310 00:31:41,338 --> 00:31:42,796 Mirade para min. 311 00:31:42,880 --> 00:31:44,546 Son un invitado na vosa illa 312 00:31:44,630 --> 00:31:47,755 e non vos amosei nin migalla de gratitude. 313 00:31:48,713 --> 00:31:50,255 A ver que vos parece? 314 00:31:51,505 --> 00:31:53,296 As próximas págoas eu! 315 00:32:01,046 --> 00:32:03,046 Tan malo non es, pobre home. 316 00:32:04,546 --> 00:32:06,630 Daquela, mellor marcharei, 317 00:32:06,713 --> 00:32:09,546 mentres aínda teñades boa opinión de min. 318 00:32:09,630 --> 00:32:13,213 Señores, señoras, ata outra! 319 00:32:34,130 --> 00:32:35,296 Ei, pobre home. 320 00:32:40,588 --> 00:32:42,671 Crías que non me ía decatar? 321 00:32:45,338 --> 00:32:47,963 Home, pagaba a pena intentalo. 322 00:32:49,380 --> 00:32:50,796 Cólleo. 323 00:32:51,963 --> 00:32:53,213 Non quero problemas. 324 00:32:55,421 --> 00:32:57,171 Algo tarde para iso, non si? 325 00:32:57,796 --> 00:32:59,213 Abofé é. 326 00:33:17,005 --> 00:33:20,005 Por favor, non o fagas. 327 00:33:23,046 --> 00:33:24,963 Por que non, pobre home? 328 00:33:45,380 --> 00:33:46,380 Veña. 329 00:33:52,338 --> 00:33:53,796 Chámame Halbrand. 330 00:33:57,713 --> 00:33:58,921 Por aquí. 331 00:34:21,671 --> 00:34:24,588 Buscamos toda a información que teñas sobre isto. 332 00:34:24,671 --> 00:34:26,338 Botarei unha ollada. 333 00:34:41,630 --> 00:34:45,463 Non dixeches que o Salón do Saber fora iniciativa do propio Elros. 334 00:34:47,671 --> 00:34:48,880 É admirable. 335 00:34:49,755 --> 00:34:50,921 Por suposto... 336 00:34:53,380 --> 00:34:54,630 Coñeciches a Elros. 337 00:34:54,713 --> 00:34:56,255 Alguén pouco corrente. 338 00:34:56,796 --> 00:34:59,213 Pero estiven máis unida a seu irmán. 339 00:35:02,005 --> 00:35:03,255 Extraordinario. 340 00:35:04,005 --> 00:35:05,838 Grazas por traéresme aquí. 341 00:35:06,755 --> 00:35:08,088 Dállas ao último rei. 342 00:35:09,046 --> 00:35:12,921 Grazas a el non derribaron este lugar. 343 00:35:13,880 --> 00:35:15,546 Era leal aos elfos? 344 00:35:18,713 --> 00:35:20,255 É leal. 345 00:35:20,338 --> 00:35:22,588 Botámolo do trono por iso. 346 00:35:23,421 --> 00:35:26,046 Disque agora pasa os días na torre. 347 00:35:26,921 --> 00:35:28,838 Exiliado no seu propio reino. 348 00:35:36,005 --> 00:35:36,838 Aí está. 349 00:35:42,130 --> 00:35:43,546 Que é isto? 350 00:35:44,171 --> 00:35:48,755 O relato dun espía humano recuperado dun alxube inimigo. 351 00:35:50,505 --> 00:35:53,380 Debuxou isto para marcar a localización da torre. 352 00:35:57,213 --> 00:35:59,880 Un momento. Debo de estar cega. 353 00:36:01,755 --> 00:36:02,838 Non é un símbolo. 354 00:36:10,796 --> 00:36:12,963 É un mapa das Terras do Sur. 355 00:36:14,296 --> 00:36:15,921 Tal como dixo Halbrand. 356 00:36:16,005 --> 00:36:17,296 E a inscrición? 357 00:36:19,088 --> 00:36:20,546 Está na fala negra. 358 00:36:23,921 --> 00:36:27,130 Non fala só dun lugar, tamén dun plan. 359 00:36:28,255 --> 00:36:32,421 Un para crear un reino propio, 360 00:36:33,505 --> 00:36:38,338 onde o mal non só perduraría, tamén prosperaría. 361 00:36:39,255 --> 00:36:42,505 Un plan para ser executado trala derrota de Morgoth... 362 00:36:46,005 --> 00:36:47,171 polo seu sucesor. 363 00:36:47,671 --> 00:36:48,796 Galadriel... 364 00:36:48,880 --> 00:36:50,880 A cousa é peor do que pensaba. 365 00:36:57,713 --> 00:37:00,380 Entón as Terras do Sur corren grave perigo. 366 00:37:00,463 --> 00:37:03,255 Se Sauron regresou de verdade, 367 00:37:04,671 --> 00:37:08,588 as Terras do Sur son só o principio. 368 00:38:06,671 --> 00:38:08,338 Ninguén sae do carreiro. 369 00:38:08,421 --> 00:38:09,963 E ninguén camiña só. 370 00:38:10,046 --> 00:38:11,046 Iso é. 371 00:38:11,130 --> 00:38:12,630 Ninguén sae do carreiro. 372 00:38:12,963 --> 00:38:14,963 E ninguén camiña só. 373 00:38:15,505 --> 00:38:16,963 Ninguén sae do carreiro. 374 00:38:17,046 --> 00:38:19,838 -Veña. -E ninguén camiña só. 375 00:38:19,921 --> 00:38:21,838 Ninguén sae do carreiro. 376 00:38:21,921 --> 00:38:23,796 E ninguén camiña só. 377 00:38:24,380 --> 00:38:25,963 Ninguén sae do carreiro. 378 00:38:26,046 --> 00:38:28,088 E ninguén camiña só. 379 00:38:28,755 --> 00:38:30,713 Ninguén sae do carreiro. 380 00:38:30,796 --> 00:38:32,255 E ninguén camiña só. 381 00:38:33,255 --> 00:38:34,630 Ninguén sae... 382 00:38:34,713 --> 00:38:37,463 -Non mellorou. -E ninguén camiña só. 383 00:38:37,546 --> 00:38:39,630 Ninguén sae do carreiro. 384 00:38:39,713 --> 00:38:41,380 E ninguén camiña só. 385 00:38:41,463 --> 00:38:42,713 Ninguén sae... 386 00:38:43,130 --> 00:38:45,755 Non podemos levar o carro sen ti. 387 00:38:47,796 --> 00:38:50,005 Vannos deixar atrás. 388 00:38:50,088 --> 00:38:52,838 Ningún Brandipé quedou atrás nunca. 389 00:39:01,963 --> 00:39:03,880 Sabes? Cando perdín a Rosa, 390 00:39:06,171 --> 00:39:11,005 foi coma se me rompesen as rodas. 391 00:39:14,671 --> 00:39:17,630 Entón vinte a ti na herba. 392 00:39:18,463 --> 00:39:19,880 Neste mesmo claro. 393 00:39:22,046 --> 00:39:24,671 Estabas moi fermosa ese día. 394 00:39:26,088 --> 00:39:27,838 E nun instante, 395 00:39:28,380 --> 00:39:32,880 souben que envellecería contigo, Caléndula. 396 00:39:40,088 --> 00:39:41,796 Chegaremos ao Arboredo. 397 00:39:43,463 --> 00:39:44,713 Todos nós? 398 00:39:46,130 --> 00:39:47,421 Todos. 399 00:39:47,505 --> 00:39:48,796 Como? 400 00:39:50,255 --> 00:39:52,671 Irei na dianteira da caravana. 401 00:39:54,005 --> 00:39:55,671 E temos a Nori. 402 00:39:55,755 --> 00:39:59,963 Non! Cando esa rapaza se empeña en algo, 403 00:40:01,963 --> 00:40:03,380 non a para nada. 404 00:40:19,421 --> 00:40:20,963 Pon unha pouta nese libro, 405 00:40:21,046 --> 00:40:23,713 e Sadoc fará máis páxinas co teu pelello! 406 00:40:23,796 --> 00:40:26,380 Tes unha idea mellor? A migración é mañá. 407 00:40:26,463 --> 00:40:28,546 Para axudalo a atopar as estrelas 408 00:40:28,630 --> 00:40:30,171 só temos o libro. 409 00:40:30,255 --> 00:40:31,880 Eu non o quero axudar. 410 00:40:33,588 --> 00:40:37,338 É un xigante con mal xenio que mata vagalumes. 411 00:40:37,421 --> 00:40:38,255 Sen querer. 412 00:40:38,338 --> 00:40:41,005 O máis sensato é darlle moita comida, 413 00:40:41,088 --> 00:40:44,255 mandalo para unha vila humana e "que che vaia ben". 414 00:40:44,338 --> 00:40:46,630 -Non é o sitio del. -E cal é? 415 00:40:46,713 --> 00:40:50,338 -É o que intento descubrir. -Por que é cousa túa? 416 00:40:51,713 --> 00:40:54,921 Por que te segues arriscando por el? 417 00:40:55,005 --> 00:40:56,880 Un pensa coa cabeza e o corazón. 418 00:40:56,963 --> 00:40:58,796 Pensa con sentidiño ou sen el. 419 00:40:58,880 --> 00:41:01,755 E se non o tes, douche do meu. 420 00:41:01,838 --> 00:41:04,338 Prefiro coller mapas de estrelas do libro. 421 00:41:04,421 --> 00:41:07,630 E vasme axudar. Ou dígolle a Malva que fuches ti 422 00:41:07,713 --> 00:41:09,963 quen botou epilobio na crema dos pés? 423 00:41:11,880 --> 00:41:13,296 Vixiarei. 424 00:41:15,005 --> 00:41:16,338 Vai. 425 00:41:35,255 --> 00:41:38,088 Non ten que dar xa o discurso, señor Tobeira? 426 00:41:38,171 --> 00:41:40,171 Teño. Vou por el ao carro. 427 00:41:40,255 --> 00:41:42,921 Claro, moi ben. Vaia por el ao carro! 428 00:41:54,046 --> 00:41:56,755 "Coas pernas descansadas e os carros cheos"? 429 00:41:57,338 --> 00:41:58,921 Ca, non. 430 00:42:00,296 --> 00:42:02,755 Non. 431 00:42:15,630 --> 00:42:18,505 "Cos carros cheos e a barriga ben chea". 432 00:42:29,130 --> 00:42:30,338 Señor Tobeira! 433 00:42:30,421 --> 00:42:31,588 Que foi agora? 434 00:42:31,671 --> 00:42:34,671 Nada, só que todos agardan. 435 00:42:35,921 --> 00:42:37,505 Vai todo ben? 436 00:42:38,296 --> 00:42:40,296 Vai, si. Estou acabando. 437 00:42:41,546 --> 00:42:43,338 Canto lle falta? 438 00:42:44,713 --> 00:42:45,671 Un pouquiño? 439 00:42:46,255 --> 00:42:48,338 Dilles que estou estando. 440 00:42:48,421 --> 00:42:51,463 Vou alá. Non! Para alí! Iso. Non... 441 00:42:51,546 --> 00:42:53,796 Xa llelo digo, vou decontado. 442 00:42:56,171 --> 00:42:58,963 Acouga e come unha pouca torta de castañas. 443 00:43:00,505 --> 00:43:01,921 Que rapaza máis estraña. 444 00:43:21,130 --> 00:43:25,755 Meus afables e honorables pepeludos. 445 00:43:31,671 --> 00:43:34,005 Outra estación pasou neste claro 446 00:43:34,796 --> 00:43:38,005 e deixounos cos carros cheos e a barriga ben chea. 447 00:43:38,588 --> 00:43:41,713 Algunha máis ca outra, ben o sabemos. 448 00:43:43,546 --> 00:43:44,671 E que máis? 449 00:43:44,755 --> 00:43:46,255 A lúa vai moi chea, 450 00:43:46,338 --> 00:43:49,838 así que, ollo onde facedes cousas despois. 451 00:43:49,921 --> 00:43:53,630 Vanvos ver todos e ninguén o quere. 452 00:43:55,046 --> 00:43:56,671 É unha broma. 453 00:43:56,755 --> 00:44:00,338 E agora, antes de comezarmos a próxima viaxe, 454 00:44:01,671 --> 00:44:04,838 lembremos os de migracións pasadas 455 00:44:06,796 --> 00:44:08,755 -que quedaron atrás. -Iso. 456 00:44:08,838 --> 00:44:12,588 E se algún pepeludo queda atrás nesta migración, 457 00:44:13,296 --> 00:44:16,088 tamén o levaremos connosco, 458 00:44:16,171 --> 00:44:19,005 no corazón e na lembranza. 459 00:44:24,588 --> 00:44:27,671 En vida, non puidemos agardar por eles. 460 00:44:29,630 --> 00:44:34,630 Mais aquí, agora, convidamos ao noso círculo a... 461 00:44:43,546 --> 00:44:45,005 Miles Mazá Brillante. 462 00:44:48,088 --> 00:44:50,588 Quedou atrapado nas neves do desfiladeiro. 463 00:44:50,671 --> 00:44:52,171 Agardamos por ti. 464 00:44:56,755 --> 00:44:58,171 Chance Castegrande. 465 00:45:00,755 --> 00:45:02,296 Milfollas Castegrande. 466 00:45:04,171 --> 00:45:07,463 Strapa, Dewis, 467 00:45:09,338 --> 00:45:11,046 Liñaza Castegrande. 468 00:45:12,880 --> 00:45:15,546 Levounos un alude un día chuvioso de inverno. 469 00:45:16,130 --> 00:45:17,838 Agardamos por vós. 470 00:45:28,171 --> 00:45:29,713 Amarelle Tobeira. 471 00:45:31,755 --> 00:45:32,838 Lobos. 472 00:45:33,338 --> 00:45:35,338 Agardamos por ti. 473 00:45:38,046 --> 00:45:41,713 Druda Baleigán. Comeu bagas amarelas. 474 00:45:41,796 --> 00:45:42,880 Agardamos por ti. 475 00:46:10,713 --> 00:46:12,296 Blovo Ovelleiro. 476 00:46:13,005 --> 00:46:14,088 Abellas. 477 00:46:17,255 --> 00:46:19,588 Todos o queriamos, pero era un paspán. 478 00:46:20,588 --> 00:46:21,963 Agardamos por ti. 479 00:46:24,796 --> 00:46:28,505 Ma Tolleita. Facía unha escultura. 480 00:46:41,713 --> 00:46:43,296 Agardamos por ti. 481 00:47:31,963 --> 00:47:33,171 Nori... 482 00:47:54,630 --> 00:47:57,213 Mentiches, roubaches, 483 00:47:57,296 --> 00:47:59,921 e metiches un forasteiro perigoso entre nós. 484 00:48:00,005 --> 00:48:01,130 E mentiu. 485 00:48:01,213 --> 00:48:03,380 -Xa o dixo. -Pero mentiu. 486 00:48:03,463 --> 00:48:06,088 Non, estaba perdido. Ferido. 487 00:48:06,171 --> 00:48:08,755 Que ía facer? Deixalo alí? 488 00:48:08,838 --> 00:48:12,963 A verdade, Sadoc, que é extraordinario. 489 00:48:13,046 --> 00:48:16,130 Oíches falar de seres que caen das estrelas? 490 00:48:16,921 --> 00:48:19,796 Oín falar dos convertidos en estrelas. 491 00:48:19,880 --> 00:48:21,463 Non ao contrario. 492 00:48:22,505 --> 00:48:23,713 É preocupante. 493 00:48:23,796 --> 00:48:25,671 E as estrelas daquela páxina? 494 00:48:25,755 --> 00:48:27,130 Que queren dicir? 495 00:48:27,255 --> 00:48:31,338 Nada. As páxinas están queimadas. Por que non as liches? 496 00:48:31,421 --> 00:48:33,130 Pensei que nos daría tempo. 497 00:48:33,213 --> 00:48:34,546 A ti e a quen? 498 00:48:36,838 --> 00:48:40,088 A ninguén. A min. El é amigo meu. 499 00:48:40,171 --> 00:48:42,046 Non precisamos amigos, nena. 500 00:48:42,838 --> 00:48:44,171 Precisamos sobrevivir. 501 00:48:44,255 --> 00:48:47,046 Sen amigos, para que queremos sobrevivir? 502 00:48:47,130 --> 00:48:50,421 "Pepeludiños, non saiades da ruta, ollo cos perigos". 503 00:48:50,505 --> 00:48:53,005 Nunca exploramos nada novo! 504 00:48:53,088 --> 00:48:54,796 Elanor Kellamark Brandipé! 505 00:48:55,838 --> 00:48:58,338 Eses costumes protéxennos hai mil anos. 506 00:48:59,630 --> 00:49:01,713 As nosas leis son claras. 507 00:49:01,796 --> 00:49:07,546 Calquera pepeludo que as quebrante será expulsado da caravana. 508 00:49:12,380 --> 00:49:16,755 As nosas leis son ben claras. Mais... 509 00:49:22,463 --> 00:49:24,088 A nena Brandipé é nova. 510 00:49:24,713 --> 00:49:28,421 Fáltalle aínda pelo nas dedas e sentido entre as orellas. 511 00:49:29,338 --> 00:49:31,588 Mañá partiremos segundo o plan. 512 00:49:34,505 --> 00:49:36,713 E o carro dos Brandipé virá connosco. 513 00:49:39,171 --> 00:49:40,838 Ao final da caravana. 514 00:49:40,921 --> 00:49:42,713 -Ao final? -Ao final. 515 00:49:42,796 --> 00:49:45,296 Agarda unha raiola, Sadoc. 516 00:49:45,421 --> 00:49:47,296 Temos que falar disto. 517 00:49:47,380 --> 00:49:51,588 Refíreste ao final de todo ou ao medio do final? 518 00:49:51,671 --> 00:49:53,421 Refírome ao final. 519 00:49:55,380 --> 00:49:59,463 Xa nos podes meter no libro dos que quedaron atrás. 520 00:50:02,421 --> 00:50:04,338 El veu a nós por algo. 521 00:50:05,296 --> 00:50:06,546 De verdade, Nori? 522 00:50:08,088 --> 00:50:09,880 Ves o destino nisto? 523 00:50:12,005 --> 00:50:15,630 Pensas que as estrelas baixaron e tocáronte, non si? 524 00:50:15,713 --> 00:50:18,630 Pensas que es especial? Es só unha nena. 525 00:50:20,463 --> 00:50:22,796 Sei que non son especial. 526 00:50:23,755 --> 00:50:27,630 Son só unha pepeluda pequena nun grande e ancho mundo. 527 00:50:28,213 --> 00:50:29,880 Pero el é especial. 528 00:50:31,630 --> 00:50:33,130 Dámo a alma. 529 00:50:36,046 --> 00:50:37,630 Miña neniña. 530 00:50:39,338 --> 00:50:41,880 Tes o corazón coma teu pai. 531 00:50:43,046 --> 00:50:46,255 Pero ata a leiteiriña máia alta acaba cortada. 532 00:50:48,130 --> 00:50:49,546 É hora de recoller. 533 00:51:05,963 --> 00:51:06,796 Oh, non! 534 00:51:08,380 --> 00:51:10,171 -Ides morrer, raíña! -Non! 535 00:51:10,255 --> 00:51:13,005 -Non! Galadriel! -Vouvos zoscar! 536 00:51:13,088 --> 00:51:14,171 Non! 537 00:51:15,130 --> 00:51:16,338 Toma! 538 00:51:16,421 --> 00:51:17,630 Galadriel! 539 00:51:18,255 --> 00:51:20,338 Galadriel, o azoute dos orcos? 540 00:51:20,421 --> 00:51:23,630 Tanto ten de quen sexa azoute. Que fai en Númenor? 541 00:51:25,421 --> 00:51:27,588 Quere embarcar para a Terra Media. 542 00:51:28,796 --> 00:51:33,130 A raíña rexente ascendeume a capitán para que vixíe mentres. 543 00:51:33,213 --> 00:51:35,505 Traes unha elfa e Míriel ascéndete? 544 00:51:35,588 --> 00:51:37,463 Quen a vai acompañar de volta? 545 00:51:37,546 --> 00:51:39,546 Buscas un ascenso, cadete? 546 00:51:40,505 --> 00:51:42,046 Axiña é a Proba de Mar. 547 00:51:42,130 --> 00:51:43,296 -Dillo. -Listo? 548 00:51:43,921 --> 00:51:46,838 Temo que os nosos achegados do norte 549 00:51:46,921 --> 00:51:49,838 invitáronse sós á festa da túa partida. 550 00:51:49,921 --> 00:51:53,130 -Paréceche ben? -Talvez a aprace. 551 00:51:55,463 --> 00:51:57,921 -Aprazala? -Quizais unha temporada. 552 00:52:00,380 --> 00:52:01,963 Ti sabías iso? 553 00:52:02,046 --> 00:52:06,088 Ás veces escoito o que di, e algo sospeitaba. 554 00:52:06,171 --> 00:52:07,796 E non mo dixeches? 555 00:52:07,880 --> 00:52:10,380 -Só o ando pensando. -Falaba con Eärien. 556 00:52:10,463 --> 00:52:12,963 Teño moitas cousas encima, Padre. 557 00:52:13,046 --> 00:52:15,921 Tan tráxico é? Anárion dixo que adiaches a túa. 558 00:52:16,005 --> 00:52:18,255 Que pinta o teu irmán nisto? 559 00:52:18,338 --> 00:52:20,755 -Nada. -Algo máis ca nada. 560 00:52:21,921 --> 00:52:23,171 Grazas. 561 00:52:26,463 --> 00:52:27,713 Polos deuses! 562 00:52:31,671 --> 00:52:33,171 Direiche igual que a el. 563 00:52:34,796 --> 00:52:37,630 Non hai nada para nós nas costas do oeste. 564 00:52:38,838 --> 00:52:40,671 O pasado está morto. 565 00:52:41,505 --> 00:52:44,088 Ou miramos cara adiante ou morremos con el. 566 00:52:47,005 --> 00:52:50,921 Cres que foi doado convencer o oficial de que servías? 567 00:52:51,005 --> 00:52:51,921 Non cho pedín. 568 00:52:52,005 --> 00:52:54,755 Fixéchelo, cando rifaches cos gardas da raíña. 569 00:52:54,838 --> 00:52:57,296 -Empezaron eles! -Botáronte da instrución. 570 00:52:57,380 --> 00:52:58,463 Non tiven a culpa! 571 00:52:58,546 --> 00:53:01,963 -Isil ten razón, diso non... -Non falaba contigo! 572 00:53:04,630 --> 00:53:06,588 -Desculpe, capitán. -Que foi? 573 00:53:07,005 --> 00:53:09,171 Unha mensaxe para súa filla Eärien. 574 00:53:21,921 --> 00:53:23,546 Sei que dubidas, fillo. 575 00:53:26,296 --> 00:53:30,546 Por que non te fías de que busco o teu ben? 576 00:53:32,630 --> 00:53:37,338 A parte do mundo cuberta de auga cura as feridas máis profundas. 577 00:53:38,463 --> 00:53:40,046 Como curou as túas? 578 00:53:46,171 --> 00:53:50,255 En nove días, cando a Proba de Mar comece e o barco parta, 579 00:53:50,338 --> 00:53:51,838 ti irás nel. 580 00:53:52,755 --> 00:53:54,880 -Padre... -Que foi? 581 00:53:56,171 --> 00:53:57,380 Xa son aprendiza. 582 00:53:57,963 --> 00:54:00,463 Aceptáronme no gremio de construtores. 583 00:54:00,546 --> 00:54:03,671 E iso? Pensei que o gremio non reconsideraba. 584 00:54:03,755 --> 00:54:05,921 Isildur animoume a insistir. 585 00:54:07,796 --> 00:54:09,421 Que te animou Isildur? 586 00:54:25,755 --> 00:54:27,880 Como vai a procura da paz? 587 00:54:29,130 --> 00:54:30,921 Mellor do esperado. 588 00:54:31,005 --> 00:54:32,296 Que che pasou? 589 00:54:33,380 --> 00:54:34,838 Disputa por unha muller. 590 00:54:35,463 --> 00:54:36,755 Halbrand... 591 00:54:36,838 --> 00:54:38,046 Non empeces. 592 00:54:38,171 --> 00:54:40,171 Non encaixas nesta illa. 593 00:54:40,255 --> 00:54:44,088 Se un dos dous non encaixa aquí, elfa, es ti. 594 00:54:44,213 --> 00:54:46,171 Xa non estou tan segura. 595 00:54:46,838 --> 00:54:48,838 Mais agora algo aclarei. 596 00:54:50,588 --> 00:54:52,671 Ti es máis do que dis. 597 00:54:52,755 --> 00:54:54,838 Atopei isto no Salón do Saber. 598 00:55:09,421 --> 00:55:12,963 Mira ti! Eu atopei isto nun cadáver. 599 00:55:13,671 --> 00:55:15,505 Pensei que me quedaba ben. 600 00:55:18,505 --> 00:55:19,880 Moito tempo atrás, 601 00:55:20,796 --> 00:55:22,963 un home que levaba ese emblema 602 00:55:23,046 --> 00:55:26,755 uniu as tribos das Terras do Sur baixo unha bandeira. 603 00:55:28,046 --> 00:55:30,963 A mesma que as podería volver unir agora. 604 00:55:31,046 --> 00:55:34,463 Contra o mal que agora quere quitarlles as terras. 605 00:55:37,130 --> 00:55:38,546 As túas, Halbrand. 606 00:55:40,671 --> 00:55:45,171 O teu pobo non ten rei, xa que o rei es ti. 607 00:55:48,630 --> 00:55:51,338 Vaia cousa lle dis a un home nunha gaiola. 608 00:55:51,421 --> 00:55:55,671 Onde acabaches porque sofres baixo os farrapos de plebeo. 609 00:55:56,338 --> 00:55:59,713 E a armadura que deberías levar sobre os ombros 610 00:55:59,796 --> 00:56:01,213 pésache na alma. 611 00:56:16,713 --> 00:56:17,963 Coidado, elfa. 612 00:56:19,546 --> 00:56:22,880 O herdeiro deste emblema herdou máis ca nobreza. 613 00:56:26,296 --> 00:56:29,880 Pois o seu antecesor fixo un xuramento de sangue con Morgoth. 614 00:56:31,963 --> 00:56:33,880 Non son o heroe que buscas. 615 00:56:36,588 --> 00:56:40,255 Foi a miña familia a que perdeu a guerra. 616 00:56:40,338 --> 00:56:42,213 E foi a miña a que a empezou. 617 00:56:43,171 --> 00:56:44,796 Non nos atopamos por azar. 618 00:56:45,338 --> 00:56:47,338 Non foi o fado nin o destino 619 00:56:48,088 --> 00:56:50,421 nin outra cousa que os homes lles chamen 620 00:56:50,505 --> 00:56:52,505 ás forzas que non entenden. 621 00:56:53,463 --> 00:56:55,796 O noso foi cousa de algo maior. 622 00:56:57,088 --> 00:56:58,338 Debes velo. 623 00:56:58,421 --> 00:57:01,171 Só vexo unha elfa que non deixará a espada. 624 00:57:01,630 --> 00:57:03,463 Ven comigo á Terra Media. 625 00:57:04,588 --> 00:57:07,421 Xuntos redimiremos as nosas liñaxes. 626 00:57:08,296 --> 00:57:09,380 Como? 627 00:57:10,463 --> 00:57:12,130 Estás atrapada nesta illa. 628 00:57:13,338 --> 00:57:15,005 E aínda non tes exército. 629 00:57:16,755 --> 00:57:18,630 Iso está a piques de cambiar. 630 00:57:56,255 --> 00:57:57,588 Chegou, Padre. 631 00:58:00,046 --> 00:58:01,630 O momento que temiamos. 632 00:58:04,546 --> 00:58:06,130 A elfa está aquí. 633 00:58:16,796 --> 00:58:18,380 Veña, empurrade. 634 00:58:44,130 --> 00:58:46,130 Sigue, Poula, vas quedar atrás. 635 00:58:47,213 --> 00:58:50,046 Dáme un momento para recuperar o alento. 636 00:58:54,213 --> 00:58:55,046 Atrás! 637 00:58:57,588 --> 00:58:58,421 Ei... 638 00:59:14,796 --> 00:59:15,630 Quieta. 639 00:59:20,838 --> 00:59:22,005 Amiga. 640 00:59:30,755 --> 00:59:31,880 Así será. 641 00:59:33,171 --> 00:59:36,088 Así seguiremos os outros, e todos. 642 00:59:37,755 --> 00:59:40,505 El axúdanos e nós a el. 643 00:59:42,338 --> 00:59:45,130 Podemos, mamá? Pode vir connosco? 644 01:01:30,088 --> 01:01:32,338 Soltade o wargo! 645 01:02:30,838 --> 01:02:31,838 Libérate! 646 01:02:40,838 --> 01:02:41,921 Arondir! 647 01:03:33,588 --> 01:03:35,171 Háno! 648 01:03:35,255 --> 01:03:36,338 Non! 649 01:03:47,921 --> 01:03:49,005 Agarda! 650 01:03:50,713 --> 01:03:53,213 Levádello a Adar. 651 01:04:22,338 --> 01:04:25,380 Adar! Adar! 652 01:06:20,296 --> 01:06:22,296 Subtítulos: Lucía Doval 653 01:06:22,380 --> 01:06:24,380 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea