1 00:00:06,546 --> 00:00:08,838 -Unha torre? -Precísoa na primavera. 2 00:00:09,255 --> 00:00:13,505 Considerastes buscar axuda fóra dos confíns da nosa raza? 3 00:00:13,588 --> 00:00:15,088 Fálame da túa proposta 4 00:00:15,171 --> 00:00:17,505 para decidir se presentarlla a meu pai. 5 00:00:17,630 --> 00:00:19,713 Notaría se el agochase algo. 6 00:00:19,755 --> 00:00:23,088 Se cadra notou el que o agochas ti. 7 00:00:23,755 --> 00:00:24,921 Que lugar é este? 8 00:00:25,005 --> 00:00:28,588 O Reino Insular de Númenor. 9 00:00:29,588 --> 00:00:31,130 Ando pensando en adialo. 10 00:00:31,213 --> 00:00:34,796 Cando a Proba de Mar comece e o barco parta, irás nel. 11 00:00:35,046 --> 00:00:36,546 Non quero problemas. 12 00:00:41,338 --> 00:00:44,046 É un mapa das Terras do Sur. 13 00:00:44,130 --> 00:00:46,380 Non fala só dun lugar, tamén dun plan 14 00:00:46,463 --> 00:00:48,130 para crear un reino propio. 15 00:00:48,213 --> 00:00:50,171 As Terras do Sur están en perigo. 16 00:00:50,255 --> 00:00:54,255 Se Sauron regresou, as Terras do Sur son só o principio. 17 00:00:55,088 --> 00:00:57,880 Se algún de vós quere vivir... 18 00:00:58,505 --> 00:01:01,296 marchamos para a torre dos elfos ao albor. 19 00:01:05,130 --> 00:01:06,838 Levádello a Adar. 20 00:01:07,963 --> 00:01:10,546 Sauron tiña moitos nomes na antigüidade. 21 00:01:10,630 --> 00:01:12,338 Pode que este sexa un deles. 22 00:01:13,130 --> 00:01:17,296 O teu pobo non ten rei, porque ese rei es ti. 23 00:01:17,380 --> 00:01:19,046 Ven comigo á Terra Media. 24 00:01:19,130 --> 00:01:20,546 Aínda non tes exército. 25 00:01:20,630 --> 00:01:23,213 Iso está a piques de cambiar. 26 00:02:37,588 --> 00:02:43,588 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 27 00:03:00,005 --> 00:03:05,088 Nesta corte, reunímonos a diario para forxar o futuro da nosa illa. 28 00:03:05,671 --> 00:03:08,421 Mais na Beizón dos Meniños, 29 00:03:09,213 --> 00:03:13,296 reunímonos para darlles a benvida a aqueles que vivirán ese futuro. 30 00:03:16,755 --> 00:03:20,546 Un tan infinito coma un albor sobre o ondeante mar. 31 00:03:26,088 --> 00:03:28,338 Que nome escolliches para ela? 32 00:03:28,921 --> 00:03:30,130 Alinel. 33 00:03:31,380 --> 00:03:32,588 Alinel. 34 00:03:33,255 --> 00:03:37,046 Que a forza de Númenor emerxa en ti. 35 00:03:38,463 --> 00:03:41,421 Que a súa sabedoría te guíe... 36 00:03:46,838 --> 00:03:49,505 Ás veces a nosa illa precisa estirarse. 37 00:03:50,588 --> 00:03:51,838 Igual ca ti. 38 00:04:34,630 --> 00:04:37,671 Vai un día perfecto, raíña rexente. 39 00:04:39,630 --> 00:04:41,963 Que asunto queredes tratar primeiro? 40 00:04:44,671 --> 00:04:46,505 Convocou a elfa á corte. 41 00:04:47,088 --> 00:04:48,838 Esta mesma mañá. 42 00:04:49,213 --> 00:04:53,755 O amigo da elfa ataca a catro dos nosos e Míriel convídaa a tomar o té? 43 00:04:53,838 --> 00:04:56,005 Se cadra chamouna para castigala. 44 00:04:56,088 --> 00:04:57,713 Ou para pedirlle ordes. 45 00:04:59,588 --> 00:05:03,421 E mentres a elfa lle envelena os oídos á nosa raíña, 46 00:05:03,505 --> 00:05:05,296 quen nos defende a nós? 47 00:05:12,130 --> 00:05:14,255 Chanceler! Chanceler! 48 00:05:14,338 --> 00:05:17,380 Saúdaa da miña parte. Baixa a voz. 49 00:05:17,463 --> 00:05:19,838 Quere unha, señor? Veña! 50 00:05:19,921 --> 00:05:22,630 Non sabía que andabas con algo importante. 51 00:05:22,713 --> 00:05:23,588 Chanceler! 52 00:05:23,671 --> 00:05:27,505 A arte de gobernar consiste en atender os asuntos pequenos 53 00:05:27,588 --> 00:05:29,546 coa dilixencia dos grandes. 54 00:05:30,171 --> 00:05:32,463 Pensaba que xa o aprenderas. 55 00:05:32,546 --> 00:05:34,296 Intentaba parecer listo. 56 00:05:34,380 --> 00:05:38,130 A listura éche para os homes de pouca ambición. 57 00:05:38,880 --> 00:05:41,921 Preferiría que foses sabio, fillo. 58 00:05:43,755 --> 00:05:46,088 A ver, cal é o problema? 59 00:05:46,588 --> 00:05:49,421 Talvez teñamos unha borrasca entre mans. 60 00:05:49,505 --> 00:05:51,588 Barcos dos elfos na nosa costa? 61 00:05:52,213 --> 00:05:55,380 Elfos quitándovos o traballo? 62 00:05:56,963 --> 00:05:58,963 Traballadores que non dormen, 63 00:06:00,130 --> 00:06:03,130 que non cansan, que non envellecen. 64 00:06:03,588 --> 00:06:04,838 Non! 65 00:06:06,421 --> 00:06:10,171 Eu digo que a raíña está cega 66 00:06:10,255 --> 00:06:12,088 ou é amiga dos Elfos. 67 00:06:12,171 --> 00:06:14,380 Coma seu pai. 68 00:06:14,463 --> 00:06:16,838 -Amiga dos Elfos! -Amiga dos Elfos! 69 00:06:16,921 --> 00:06:18,713 Amiga dos Elfos! 70 00:06:18,796 --> 00:06:20,588 Amiga dos Elfos! 71 00:06:20,671 --> 00:06:24,046 E se a elfa estivese aquí agora, que vería? 72 00:06:24,713 --> 00:06:26,338 Homes de Númenor 73 00:06:27,630 --> 00:06:29,880 ou unha manda de cativos choricas? 74 00:06:31,463 --> 00:06:34,213 Somos fillos e fillas dos Edain. 75 00:06:35,296 --> 00:06:39,671 De Elros Tar-Minyatur, cuxas hostes venceron o mesmo Morgoth. 76 00:06:40,588 --> 00:06:44,213 E agora unha elfa, unha náufraga, vainos ameazar? 77 00:06:45,255 --> 00:06:48,338 Ollade, cada un de vós, os brasóns que levades. 78 00:06:48,421 --> 00:06:50,713 O legado de mans poderosas. 79 00:06:52,088 --> 00:06:54,463 Dos homes que construíron a Muralla, 80 00:06:56,046 --> 00:07:00,880 que levantaron Armenelos, o triunfo da nosa civilización. 81 00:07:01,380 --> 00:07:05,005 E agora, unha elfa podería ameazarnos? 82 00:07:17,838 --> 00:07:18,921 Meus amigos... 83 00:07:21,171 --> 00:07:22,255 Confiade en min. 84 00:07:23,921 --> 00:07:26,463 Porque polos calos das miñas mans, 85 00:07:26,546 --> 00:07:30,838 xuro que as mans dos elfos non collerán o temón de Númenor. 86 00:07:32,755 --> 00:07:37,088 Seguirá sendo, coma sempre, un reino de homes. 87 00:07:44,421 --> 00:07:45,630 A beber todos! 88 00:08:15,463 --> 00:08:18,213 Hai alguén na cidade que el non coñeza? 89 00:08:18,296 --> 00:08:21,005 Masas que non mova ou favor que non lle deban? 90 00:08:22,463 --> 00:08:23,713 É impresionante. 91 00:08:24,546 --> 00:08:26,546 Eu ía dicir "exasperante". 92 00:08:29,380 --> 00:08:31,713 Dos viñedos preto da Meneltarma. 93 00:08:31,796 --> 00:08:34,671 Fai esquecer os problemas. Ou iso din. 94 00:08:35,880 --> 00:08:37,671 Os meus custoume ganalos. 95 00:08:40,880 --> 00:08:42,463 Es a nova aprendiza? 96 00:08:43,130 --> 00:08:45,421 Son Kemen. E ti chámaste... 97 00:08:45,505 --> 00:08:48,088 Eärien. Os planos. Xa. 98 00:09:01,088 --> 00:09:02,755 Irrítasme, elfa. 99 00:09:03,463 --> 00:09:05,296 Recíbote coma invitada 100 00:09:05,380 --> 00:09:09,130 e ti marchas galopando para roubar pergamiños antigos, 101 00:09:09,213 --> 00:09:12,588 mentres o teu compañeiro do sur ataca os nosos cidadáns. 102 00:09:12,671 --> 00:09:16,088 É normal que se alporice. O seu pobo morre. 103 00:09:16,171 --> 00:09:17,713 O seu pobo? 104 00:09:17,796 --> 00:09:21,380 O home que retedes nos alxubes non é un simple alborotador, 105 00:09:21,463 --> 00:09:25,463 senón o herdeiro no exilio do trono das Terras do Sur. 106 00:09:25,963 --> 00:09:28,880 E supoño que Elendil será un emperador rúnico. 107 00:09:30,046 --> 00:09:31,880 Só un simple nobre. 108 00:09:33,671 --> 00:09:36,463 O seu pobo está espallado, sen líder. 109 00:09:37,463 --> 00:09:41,546 Mais co voso apoio podería unirse baixo o emblema del e loitar. 110 00:09:41,630 --> 00:09:43,213 Como que co meu apoio? 111 00:09:43,296 --> 00:09:48,338 Sauron foi antano inimigo do voso pobo, tanto coma do meu. 112 00:09:49,296 --> 00:09:52,046 Acudo a vós para rematar a tarefa pendente. 113 00:09:52,130 --> 00:09:55,130 Para restablecer a alianza entre Númenor e os elfos. 114 00:09:56,088 --> 00:09:59,463 Loitade comigo para salvar os homes das Terras do Sur, 115 00:09:59,546 --> 00:10:02,213 antes de que Sauron llelas arrebate. 116 00:10:07,588 --> 00:10:10,088 Nesta corte oímos moitas propostas. 117 00:10:10,171 --> 00:10:13,421 A túa é a máis ambiciosa que oín en semanas. 118 00:10:16,755 --> 00:10:20,338 Porén, Númenor xa escolleu outro camiño. 119 00:10:22,630 --> 00:10:24,130 Non todo Númenor. 120 00:10:24,671 --> 00:10:28,296 Rei ou carpinteiro, o home do sur será xulgado. 121 00:10:28,380 --> 00:10:29,838 A audiencia rematou. 122 00:10:44,463 --> 00:10:47,546 Daquela, terei que solicitar outra. 123 00:10:47,630 --> 00:10:50,046 Co verdadeiro dirixente de Númenor. 124 00:10:50,130 --> 00:10:51,963 O voso pai, o rei. 125 00:10:53,380 --> 00:10:56,046 Non deberías falar do que non entendes, 126 00:10:56,130 --> 00:10:57,838 Galadriel, filla de Finarfin. 127 00:10:57,921 --> 00:10:59,088 Mantédevos á marxe, 128 00:10:59,171 --> 00:11:02,130 para que poida propoñerllo a quen ten autoridade. 129 00:11:02,213 --> 00:11:03,588 Galadriel, abonda. 130 00:11:03,671 --> 00:11:06,671 E con que autoridade falas ti, elfa? 131 00:11:06,755 --> 00:11:08,255 Coa do teu pobo? 132 00:11:08,796 --> 00:11:12,296 Ou es unha náufraga buscando onde agarrarse na tempestade? 133 00:11:12,380 --> 00:11:14,380 A tempestade lévoa dentro. 134 00:11:15,255 --> 00:11:18,255 Arrastroume a esta illa por unha razón. 135 00:11:18,338 --> 00:11:21,671 E non a aplacaredes vós, rexente. 136 00:11:29,463 --> 00:11:30,463 Non mo digas. 137 00:11:32,046 --> 00:11:33,296 Liorta tabernaria? 138 00:11:34,130 --> 00:11:35,296 Sedición. 139 00:11:44,838 --> 00:11:46,546 Xa case o conseguistes! 140 00:11:47,255 --> 00:11:48,671 Dentro duns días, 141 00:11:48,755 --> 00:11:53,005 terei o pracer de chamarvos a todos camaradas. 142 00:11:53,088 --> 00:11:57,546 Tirade, cadetes! Tirade! 143 00:12:02,838 --> 00:12:05,630 Isildur... 144 00:12:18,463 --> 00:12:20,963 Tirade, cadetes! 145 00:12:22,338 --> 00:12:23,171 Tirade! 146 00:12:30,880 --> 00:12:31,713 Cabo! 147 00:12:36,921 --> 00:12:38,171 Explicádevos. 148 00:12:39,255 --> 00:12:40,880 Señor, debeu ser un erro. 149 00:12:40,963 --> 00:12:42,838 Foi culpa miña, mestre. 150 00:12:43,671 --> 00:12:44,671 Escapoume. 151 00:12:45,880 --> 00:12:48,921 Vinte afrouxar ben esa driza centos de veces. 152 00:12:49,880 --> 00:12:51,296 Foi intencionado. 153 00:12:53,213 --> 00:12:54,796 Fóra da Garda Mariña! 154 00:12:55,838 --> 00:12:57,005 Os tres expulsados! 155 00:13:00,671 --> 00:13:04,213 O Oeste? O verdadeiro Númenor? 156 00:13:04,630 --> 00:13:07,255 De novo as parvadas que dicía teu irmán! 157 00:13:09,005 --> 00:13:11,505 Crin que o mestre só me expulsaría a min. 158 00:13:13,255 --> 00:13:14,421 Síntoo. 159 00:13:14,921 --> 00:13:16,255 Séntelo? 160 00:13:16,838 --> 00:13:20,088 Que o sentes? Arruináchesnos a vida! 161 00:13:20,963 --> 00:13:23,588 Onde está o penico? Vou vomitar. 162 00:13:23,671 --> 00:13:24,921 Falarei co meu pai. 163 00:13:25,005 --> 00:13:26,671 -Para que vos perdoen. -Non. 164 00:13:26,755 --> 00:13:29,088 Xa conseguiches que te botasen 165 00:13:29,171 --> 00:13:30,963 de algo que nin gañaras. 166 00:13:31,046 --> 00:13:32,380 -Valandil... -Non. 167 00:13:33,671 --> 00:13:37,130 Dende que puiden coller un remo, quixen ir nese barco. 168 00:13:38,338 --> 00:13:41,880 Fixen todo o que debía para gañalo. Ti que fixeches? 169 00:13:43,046 --> 00:13:46,546 Que fixeches á parte de chorar pola túa nai morta? 170 00:13:46,630 --> 00:13:49,046 Parade! Abonda! 171 00:13:51,880 --> 00:13:53,880 Alá vai, Isil fuxindo sempre. 172 00:13:53,963 --> 00:13:56,171 Isil! Onde vas? 173 00:13:56,255 --> 00:13:58,171 Que máis dá que marche ou quede? 174 00:13:59,005 --> 00:14:02,838 O problema é el. E iso non vai cambiar. 175 00:14:23,671 --> 00:14:25,046 Magrot! 176 00:14:27,546 --> 00:14:28,796 Adar. 177 00:15:20,463 --> 00:15:22,296 Adar... 178 00:16:15,505 --> 00:16:17,880 Nampak uglursha. 179 00:16:27,713 --> 00:16:30,671 Nampak uglursha. 180 00:16:42,588 --> 00:16:45,671 Onde naciches, 181 00:16:48,130 --> 00:16:49,380 soldado? 182 00:16:52,838 --> 00:16:54,255 En Beleriand. 183 00:16:56,213 --> 00:16:58,046 Onda a embocadura do río? 184 00:17:01,463 --> 00:17:02,838 Quen es? 185 00:17:08,005 --> 00:17:10,046 Baixei por ese río unha vez. 186 00:17:12,255 --> 00:17:13,755 Cando era novo. 187 00:17:17,921 --> 00:17:19,338 Lembro... 188 00:17:21,463 --> 00:17:23,963 as beiras cheas de flores de salvia. 189 00:17:28,005 --> 00:17:29,463 Milleiros delas. 190 00:17:32,130 --> 00:17:34,338 Por que os orcos che chaman Padre? 191 00:17:51,171 --> 00:17:53,921 Contáronvos moitas mentiras. 192 00:17:56,005 --> 00:17:57,921 Algunhas calaron tanto, 193 00:17:59,088 --> 00:18:03,671 que ata as rochas e as raíces as cren xa. 194 00:18:04,380 --> 00:18:06,213 Para desenlealas... 195 00:18:08,546 --> 00:18:11,796 faría falta crear un mundo novo. 196 00:18:14,880 --> 00:18:17,588 Mais iso é algo que só os deuses poden facer. 197 00:18:17,671 --> 00:18:21,505 E non son deus ningún. Polo menos... 198 00:18:26,255 --> 00:18:27,130 Aínda non. 199 00:18:31,213 --> 00:18:32,838 Que es? 200 00:18:36,338 --> 00:18:39,880 Vai onda os homes refuxiados na vella torre de vixilancia. 201 00:18:42,546 --> 00:18:44,088 Lévalles unha mensaxe. 202 00:18:50,671 --> 00:18:51,755 Que mensaxe? 203 00:19:14,755 --> 00:19:18,588 Os barracóns están cheos. Acampade onde poidades. 204 00:19:20,088 --> 00:19:22,463 -De onde veñen estes? -Iorbad. 205 00:19:23,213 --> 00:19:25,963 Con iso están tódalas vilas deica Orodruin. 206 00:19:33,796 --> 00:19:34,880 E o resto? 207 00:19:35,880 --> 00:19:37,380 Iso o resto. 208 00:19:37,880 --> 00:19:39,505 Reduciremos as racións. 209 00:19:39,588 --> 00:19:41,130 As miñas non. 210 00:19:41,213 --> 00:19:43,671 Quen che deu dereito a decidir? 211 00:19:43,755 --> 00:19:46,588 Os que viñeron a esta torre. Incluído ti. 212 00:19:46,671 --> 00:19:47,755 Que comeremos? 213 00:19:48,546 --> 00:19:50,088 -Amañarémonos. -E como? 214 00:19:50,171 --> 00:19:52,796 -Non o sei. -Iso ben o vexo. 215 00:19:54,213 --> 00:19:55,921 E o celeiro de Waldreg? 216 00:19:56,755 --> 00:19:58,713 Mandamos un grupo pequeno á vila. 217 00:19:58,796 --> 00:20:02,921 De día, cando hai menos orcos, e collemos o que poidamos, con sixilo. 218 00:20:03,005 --> 00:20:05,088 Nin saberán que estivemos. 219 00:20:05,171 --> 00:20:07,088 A que coitados vas enlear? 220 00:20:07,921 --> 00:20:10,213 Fareino eu, se ninguén quere. 221 00:20:10,296 --> 00:20:11,963 Non vas ir alá. 222 00:20:12,755 --> 00:20:16,171 Buscaremos nos outeiros primeiro. Reúne os cazadores. 223 00:20:16,963 --> 00:20:19,380 E que van cazar? Uns poucos coellos? 224 00:20:19,463 --> 00:20:20,630 Darán para un día. 225 00:20:20,713 --> 00:20:23,463 Será outro máis. E agradecerémolo. 226 00:20:23,546 --> 00:20:24,630 Estou cheo e canso 227 00:20:24,713 --> 00:20:27,838 de ver que todo vai peor e non facer nada. 228 00:20:27,921 --> 00:20:30,255 -Facemos o que podemos. -Eu non! 229 00:20:30,338 --> 00:20:31,713 Theo. Theo! 230 00:20:32,255 --> 00:20:34,880 Podes axudarme ou complicalo. 231 00:20:55,421 --> 00:20:57,796 Non debín deixar que me enleases. 232 00:21:00,380 --> 00:21:01,630 Dou a volta. 233 00:21:03,380 --> 00:21:05,338 Non sexas cagainas. 234 00:21:06,338 --> 00:21:07,421 Veña. 235 00:21:29,505 --> 00:21:31,421 Rowan, a taberna. 236 00:21:31,505 --> 00:21:32,963 Non penso entrar aí. 237 00:21:33,338 --> 00:21:34,838 Pode haber máis comida. 238 00:21:34,921 --> 00:21:36,880 Veña, que isto está deserto. 239 00:21:40,213 --> 00:21:41,630 Vale, irei eu. 240 00:22:37,671 --> 00:22:38,755 Rowan? 241 00:23:15,588 --> 00:23:16,713 Sangue novo. 242 00:23:22,505 --> 00:23:23,588 Que fas con iso? 243 00:23:34,088 --> 00:23:35,255 Dámo aquí. 244 00:23:46,213 --> 00:23:48,005 Ei! Atopeino! 245 00:23:48,088 --> 00:23:51,963 Atopeino! É un rapaz! Ten o puño! 246 00:23:52,046 --> 00:23:53,713 Un rapaz? Onde anda? 247 00:23:53,796 --> 00:23:55,505 Agochado por aí. 248 00:23:56,338 --> 00:23:58,671 Ti! Avisa o Señor-Padre. 249 00:24:00,046 --> 00:24:01,921 O resto, dispersádevos. 250 00:24:03,130 --> 00:24:05,588 Ninguén durmirá ata que apareza. 251 00:24:29,505 --> 00:24:30,588 Pilleite! 252 00:24:51,213 --> 00:24:54,505 Elfos e ananos traballando xuntos. Abraiante. 253 00:24:56,046 --> 00:24:58,296 É tal e como dixestes que sería. 254 00:25:03,713 --> 00:25:04,546 Que foi? 255 00:25:05,005 --> 00:25:06,255 Nada. Só que... 256 00:25:06,338 --> 00:25:10,338 Por un momento, aí de pé, eras a viva imaxe de teu pai. 257 00:25:12,088 --> 00:25:15,671 -Non sabía que o coñeciades. -Abofé, vino moitas veces. 258 00:25:15,755 --> 00:25:19,005 Tiña o mesmo xeito de mirar ao lonxe. 259 00:25:20,171 --> 00:25:22,338 Sabes? Dunha vez díxome... 260 00:25:24,546 --> 00:25:29,755 que un día o meu futuro estaría nas mans de seu fillo. 261 00:25:32,421 --> 00:25:36,421 E díxoo así, coma quen fala de se vai chover. 262 00:25:36,796 --> 00:25:38,338 E eu... 263 00:25:38,421 --> 00:25:42,255 Esquecérao ata este momento. 264 00:25:44,421 --> 00:25:45,671 Non é estraño? 265 00:25:48,380 --> 00:25:50,963 Parecedes algo inquedo hoxe, señor. 266 00:25:51,880 --> 00:25:53,088 Que vos perturba? 267 00:25:54,255 --> 00:25:57,880 Non, xureime non dicircho. É o teu amigo. 268 00:25:57,963 --> 00:25:59,088 Durin. 269 00:26:00,505 --> 00:26:05,005 Ou me evita ou agocha algo. 270 00:26:16,380 --> 00:26:18,421 Preguntácheslles aos equipos del? 271 00:26:18,505 --> 00:26:22,380 Aos 19. Todos dan escusas. 272 00:26:22,463 --> 00:26:24,671 E xa me parece sospeitoso. 273 00:26:25,546 --> 00:26:28,796 Insinúas que Durin botou unha querida? 274 00:26:28,880 --> 00:26:31,921 -Non hai outra máis ca ti, señora. -Seino. 275 00:26:32,005 --> 00:26:33,255 Quen o ía aturar? 276 00:26:35,380 --> 00:26:38,671 Vaia choio, bica o croio. Pule as xemas e o ouro. 277 00:26:39,088 --> 00:26:39,921 Ai! Para! 278 00:26:40,046 --> 00:26:41,755 Gerda, deixa o teu irmán! 279 00:26:41,838 --> 00:26:45,213 -Xogamos a baternos. -Pois parade xa. 280 00:26:46,588 --> 00:26:49,255 Probaches nas Escaleiras Douradas? 281 00:26:49,338 --> 00:26:51,088 Ou na Garda das Tres-Portas? 282 00:26:55,296 --> 00:26:56,588 Non me acordaba! 283 00:26:56,671 --> 00:26:59,921 Estes nenos atórdanme. 284 00:27:00,005 --> 00:27:02,880 Hoxe foi traballar á Sima de Cuarzo. 285 00:27:04,921 --> 00:27:08,838 Sabes, Disa? Non hai segredo que mereza encubrise con enganos. 286 00:27:10,380 --> 00:27:13,338 Chámaslle mentireira a unha anana na casa dela? 287 00:27:14,088 --> 00:27:16,088 Iso é pasarse da raia. 288 00:27:18,505 --> 00:27:20,088 Se está extraendo cuarzo, 289 00:27:20,171 --> 00:27:22,921 por que marchou sen a machada de cicelar? 290 00:27:23,005 --> 00:27:25,338 Por que lle fixeches a comida favorita, 291 00:27:25,421 --> 00:27:28,838 se vai a unha sima á que se tarda en baixar dous días? 292 00:27:28,921 --> 00:27:31,463 Vaia choio, bica o croio. Pule as xemas... 293 00:27:31,546 --> 00:27:33,296 Gerda, avísote! 294 00:27:39,130 --> 00:27:40,921 Durin non levou a machada 295 00:27:41,671 --> 00:27:45,338 porque o cuarzo desa mina non se cicela, apáncase. 296 00:27:46,171 --> 00:27:47,713 E estou guisando toupa 297 00:27:47,796 --> 00:27:50,880 porque precisa repousar antes de que volva. 298 00:27:51,630 --> 00:27:55,630 E aínda que lle leve varios días a un alleo coma ti, 299 00:27:55,713 --> 00:27:57,671 os escaladores coma o meu home 300 00:27:57,755 --> 00:28:01,088 dan baixado á Sima de Cuarzo nunhas horas. 301 00:28:02,463 --> 00:28:05,296 Queres saber algo máis, corazón? 302 00:28:07,380 --> 00:28:08,546 Non. 303 00:28:09,713 --> 00:28:10,880 Grazas. 304 00:28:20,046 --> 00:28:23,671 A Sima de Cuarzo. Non está mal. 305 00:28:23,755 --> 00:28:27,255 Espero que mo crese. Non é doado enganar o elfo. 306 00:28:27,338 --> 00:28:28,755 Dígocho eu. 307 00:28:29,796 --> 00:28:34,046 Sorte que a miña dona convencería unha rata de que puxese un visón. 308 00:28:34,130 --> 00:28:39,505 Outra beizón de casar contigo e non con Margid Ferruxeira. 309 00:28:39,588 --> 00:28:41,421 E cal máis hai? 310 00:28:42,005 --> 00:28:43,546 Dígocho despois. 311 00:28:43,630 --> 00:28:46,546 Cala. É mellor falar baixo. 312 00:28:49,088 --> 00:28:51,588 Estamos avanzando moito na vella mina. 313 00:28:52,255 --> 00:28:54,880 Fixen que o levasen de aquí. 314 00:29:04,671 --> 00:29:08,088 A vella mina baixo o Lago Espello. 315 00:29:10,005 --> 00:29:11,421 Andas perdido, elfo? 316 00:29:14,088 --> 00:29:16,755 Non. Sei ben onde vou. 317 00:29:19,088 --> 00:29:20,255 Bos días. 318 00:30:15,963 --> 00:30:19,296 Vaia choio, bica o croio. Pule as xemas e o ouro. 319 00:31:02,088 --> 00:31:03,088 Era visto! 320 00:31:04,130 --> 00:31:05,171 Durin? 321 00:31:05,255 --> 00:31:07,046 Viñeches espiarme, elfo? 322 00:31:07,130 --> 00:31:09,130 Non, ho. Que lugar é este? 323 00:31:09,213 --> 00:31:12,130 De veras esperas que crea que non o sabes? 324 00:31:12,213 --> 00:31:16,046 Que non foi polo que el te enviou aquí? 325 00:31:17,213 --> 00:31:19,088 Querédelo para vós. 326 00:31:19,171 --> 00:31:20,755 Durin, que queremos o que? 327 00:31:22,421 --> 00:31:25,671 Non me importa o que haxa nesa cámara. 328 00:31:25,755 --> 00:31:29,213 Impórtasme ti, a nosa amizade. 329 00:31:30,421 --> 00:31:32,130 E os segredos non axudan. 330 00:31:35,130 --> 00:31:37,130 Que significa todo isto? 331 00:31:41,338 --> 00:31:43,005 Preciso o teu xuramento. 332 00:31:50,505 --> 00:31:52,088 Coa man na montaña, 333 00:31:52,171 --> 00:31:55,005 xura que non lle darás nin chío 334 00:31:55,088 --> 00:31:58,296 do que che vou contar a ningún ser vivo. 335 00:31:59,546 --> 00:32:02,130 A ira dos ananos dura máis cá memoria elfa. 336 00:32:02,213 --> 00:32:03,796 Rompe a promesa, 337 00:32:04,713 --> 00:32:08,463 e o poder desta pedra condenaravos a ti e os teus a sufrir, 338 00:32:08,546 --> 00:32:11,338 ata o voso derradeiro día na Terra Media. 339 00:32:13,046 --> 00:32:14,838 Xúralo, Elrond? 340 00:32:27,588 --> 00:32:31,338 Xúroo pola memoria de meu pai, Earendil o Mariño. 341 00:32:36,171 --> 00:32:39,630 O que me contes aquí acabará nos meus oídos. 342 00:32:45,630 --> 00:32:49,421 Disa detectouno inspeccionando vetas de ouro. 343 00:32:52,755 --> 00:32:54,505 Un mineral novo. 344 00:32:57,296 --> 00:33:00,505 Máis lixeiro cá seda, máis duro có ferro. 345 00:33:00,588 --> 00:33:03,755 Como arma, superaría as nosas mellores espadas. 346 00:33:04,671 --> 00:33:09,671 Como moeda, sería máis valioso có ouro. 347 00:33:10,713 --> 00:33:13,130 Capta a luz dun xeito estraño. 348 00:33:13,963 --> 00:33:15,713 Parece que lle sae de dentro. 349 00:33:15,796 --> 00:33:20,213 Dígoche que podería ser o comezo dunha nova era para o noso pobo. 350 00:33:21,005 --> 00:33:22,671 Forza, prosperidade... 351 00:33:22,755 --> 00:33:25,546 Daquela, por que tanto segredo? 352 00:33:26,130 --> 00:33:27,546 Por que non celebralo? 353 00:33:31,046 --> 00:33:32,546 É perigoso extraelo. 354 00:33:33,588 --> 00:33:37,921 Meu pai restrinxiu os nosos esforzos 355 00:33:38,005 --> 00:33:39,880 por precaución. 356 00:33:42,546 --> 00:33:43,630 Podo? 357 00:33:51,338 --> 00:33:53,921 Como lle chamades a este milagroso mineral? 358 00:33:55,296 --> 00:33:57,296 Na nosa fala, "fulgor gris". 359 00:33:57,380 --> 00:33:59,921 Na vosa, algo coma mith-raud. 360 00:34:01,671 --> 00:34:06,380 Non. Sería... mithril. 361 00:34:08,546 --> 00:34:12,505 Entón, de veras viñeches aquí só por Eregion? 362 00:34:13,046 --> 00:34:16,130 Vin porque 20 anos son moito para non verse. 363 00:34:19,005 --> 00:34:20,296 Mesmo para un elfo. 364 00:34:27,671 --> 00:34:28,963 Queda con el. 365 00:34:31,546 --> 00:34:33,171 En sinal da nosa amizade. 366 00:34:37,255 --> 00:34:38,255 Moi ben. 367 00:34:48,463 --> 00:34:51,505 Durin! Durin! Durin, non! 368 00:34:51,963 --> 00:34:53,880 Hai catro ananos aí abaixo! 369 00:34:55,671 --> 00:34:56,755 Durin! 370 00:35:14,338 --> 00:35:16,838 Eärien, chans e copas. 371 00:35:21,671 --> 00:35:22,796 Perdoa. 372 00:35:22,880 --> 00:35:26,380 Non importa, deixa. Tranquila, en serio. 373 00:35:27,005 --> 00:35:29,338 Pensaba que o teu era só o debuxo. 374 00:35:29,838 --> 00:35:32,088 Fregando colles destreza. 375 00:35:32,713 --> 00:35:34,380 Iso di o mestre do gremio. 376 00:35:35,755 --> 00:35:38,713 Que che parece se eu frego o chan e ti as copas? 377 00:35:38,796 --> 00:35:40,671 Quen acabe último paga a cea. 378 00:35:40,755 --> 00:35:42,755 Non saio con descoñecidos. 379 00:35:42,838 --> 00:35:45,755 Fas ben. Se vexo algún, avísote. 380 00:36:12,255 --> 00:36:15,921 Malia que admiro que te enfrontes a calquera obstáculo, 381 00:36:16,005 --> 00:36:18,296 coma un poldro ao galope, 382 00:36:19,588 --> 00:36:23,838 non ves que non loitas con troles nin orcos, 383 00:36:23,921 --> 00:36:24,880 senón con homes? 384 00:36:25,380 --> 00:36:28,046 Vasme dar consellos sobre a arte da guerra? 385 00:36:28,130 --> 00:36:29,630 Non. Non, eu... 386 00:36:30,671 --> 00:36:33,880 Non ousaría. Pero... 387 00:36:34,796 --> 00:36:39,421 A corte da raíña non é o teu campo de batalla habitual. 388 00:36:42,088 --> 00:36:43,255 Sigue. 389 00:36:44,671 --> 00:36:47,671 Nun caso coma este, paréceme 390 00:36:47,755 --> 00:36:52,171 que farías ben buscando o que máis teme o adversario. 391 00:36:52,755 --> 00:36:54,546 -E explotalo? -Non. 392 00:36:56,088 --> 00:36:58,671 Dille como dominalo. 393 00:36:59,796 --> 00:37:02,380 Para dominalo ti a el. 394 00:37:02,463 --> 00:37:04,588 Entón pensas que acabei aquí 395 00:37:04,671 --> 00:37:07,130 porque non sei o que a raíña teme? 396 00:37:07,213 --> 00:37:08,880 Humildemente, así é. 397 00:37:08,963 --> 00:37:11,671 E ti sábelo, tras estar un momento con ela? 398 00:37:11,755 --> 00:37:16,505 No que ti lle esixiches un barco, insultácheslle o pobo, desobedecíchela, 399 00:37:16,588 --> 00:37:18,296 e ela nin se inmutou. 400 00:37:19,338 --> 00:37:22,171 Pero agora, meteute nunha cela. 401 00:37:24,130 --> 00:37:24,963 Por que? 402 00:37:25,338 --> 00:37:27,546 Pedinlle que loitase polo teu pobo. 403 00:37:27,630 --> 00:37:30,796 Pero non se enfadou por iso, non si? 404 00:37:33,338 --> 00:37:35,505 Pedín falar co pai dela. 405 00:37:37,005 --> 00:37:41,005 O rei da torre, a quen ninguén viu hai anos. 406 00:37:43,880 --> 00:37:48,463 Ves cando deixas de galopar e pensas un pouco? 407 00:37:48,546 --> 00:37:50,171 Non me compares cun cabalo. 408 00:37:50,255 --> 00:37:53,130 Para de convencerme de que marche e hai trato. 409 00:37:53,213 --> 00:37:54,630 Saúdos, elfa. 410 00:37:54,713 --> 00:37:57,421 A raíña rexente tomou unha decisión. 411 00:37:58,380 --> 00:38:02,796 Embarcarás para onda os elfos, custodiada, esta noite. 412 00:38:16,588 --> 00:38:18,005 Achégate. 413 00:38:32,921 --> 00:38:36,005 -Non cho aconsello. -Non podo deixala fuxir. 414 00:38:36,088 --> 00:38:38,880 Poderías, se soubeses onde vai. 415 00:39:00,838 --> 00:39:02,505 Que fas por aquí? 416 00:39:03,588 --> 00:39:05,005 Vin cear. 417 00:39:08,755 --> 00:39:10,005 Quen é el? 418 00:39:11,005 --> 00:39:12,296 E o teu uniforme? 419 00:39:15,296 --> 00:39:17,505 Deixaches os cadetes, non si? 420 00:39:18,338 --> 00:39:19,755 Non, peor. 421 00:39:19,838 --> 00:39:21,338 Botáronte? 422 00:39:22,421 --> 00:39:23,755 Botáronnos a todos. 423 00:39:23,838 --> 00:39:25,088 Isil! 424 00:39:28,796 --> 00:39:32,463 Pois mellor, xa podes ir ao oeste. 425 00:39:35,421 --> 00:39:37,380 Estragueilles a vida aos amigos, 426 00:39:38,921 --> 00:39:40,505 deshonrei a nosa familia. 427 00:39:42,296 --> 00:39:43,963 Non merezo ir ao oeste. 428 00:39:47,671 --> 00:39:49,880 E Padre non me deixará a Berek. 429 00:39:56,046 --> 00:39:57,755 A elfa escapou! 430 00:39:58,255 --> 00:39:59,588 Rexistrádeo todo. 431 00:40:19,338 --> 00:40:22,505 Descupas, maxestade, pola intrusión, pero... 432 00:40:22,588 --> 00:40:24,296 Xa non te pode atender. 433 00:40:32,046 --> 00:40:33,880 Como sabiades que viría aquí? 434 00:40:33,963 --> 00:40:37,630 Unha gornición agárdate fóra para escoltarte ao barco. 435 00:40:38,838 --> 00:40:40,921 Farías ben indo voluntaria. 436 00:40:42,421 --> 00:40:43,505 Míriel... 437 00:40:50,005 --> 00:40:51,213 Míriel... 438 00:41:00,755 --> 00:41:01,755 Eu... Eu... 439 00:41:01,838 --> 00:41:04,421 Acouga, Padre. Aquí estou. 440 00:41:08,088 --> 00:41:09,338 Desculpádeme. 441 00:41:11,046 --> 00:41:12,380 Non o sabía. 442 00:41:13,463 --> 00:41:15,880 Poucos saben o alcance do seu declive. 443 00:41:18,130 --> 00:41:20,130 Gustaríame que seguise así. 444 00:41:20,796 --> 00:41:23,213 Entón é hora de sincerármonos. 445 00:41:26,005 --> 00:41:28,671 O voso pai era leal aos elfos. 446 00:41:29,630 --> 00:41:31,046 Por que vós non? 447 00:41:32,213 --> 00:41:33,546 Dicídemo. 448 00:41:35,880 --> 00:41:37,130 Por favor. 449 00:41:39,463 --> 00:41:42,171 Meu pai sempre foi home moderado. 450 00:41:43,255 --> 00:41:46,130 Pero trala coroación, algo cambiou. 451 00:41:48,255 --> 00:41:50,380 Volveuse desagradable, 452 00:41:50,463 --> 00:41:54,130 dixo que provocaramos a ira dos Valar, 453 00:41:54,213 --> 00:41:57,880 que debiamos arrepentirnos e volver aos vellos usos. 454 00:41:59,505 --> 00:42:01,130 Había inquietude. 455 00:42:02,171 --> 00:42:05,880 E cando anunciou que renovaría as relacións cos elfos, 456 00:42:05,963 --> 00:42:07,380 o pobo rebelouse. 457 00:42:10,130 --> 00:42:11,588 Perdeuse moito. 458 00:42:14,713 --> 00:42:17,046 Elixíronme para reinar no lugar del, 459 00:42:18,213 --> 00:42:20,255 coa promesa de aplacar a tormenta. 460 00:42:21,713 --> 00:42:25,838 Mais a primera noite, mentres todo Númenor durmía, 461 00:42:25,921 --> 00:42:27,588 tróuxome aquí. 462 00:42:32,963 --> 00:42:34,213 Palantír. 463 00:42:35,213 --> 00:42:37,671 Sete Pedras Videntes había antes. 464 00:42:38,338 --> 00:42:40,921 As outras seis están perdidas ou ocultas. 465 00:42:41,921 --> 00:42:43,963 Esta déronlla a meu pai. 466 00:42:44,796 --> 00:42:46,671 E con ela, un segredo. 467 00:42:49,588 --> 00:42:51,213 Pon a man encima dela. 468 00:42:54,588 --> 00:42:57,671 -Avísote... -Xa toquei outros palantíri. 469 00:42:57,755 --> 00:42:59,755 Pero non tocaches este. 470 00:43:28,880 --> 00:43:30,713 Viches o futuro de Númenor. 471 00:43:34,838 --> 00:43:36,838 Os palantíri amosan visións. 472 00:43:37,755 --> 00:43:39,755 Algunhas non chegan a pasar. 473 00:43:39,838 --> 00:43:41,630 Esa xa está pasando. 474 00:43:42,505 --> 00:43:44,671 A visión comeza coa túa chegada. 475 00:43:45,338 --> 00:43:48,338 Credes que causarei a caída de Númenor? 476 00:43:48,421 --> 00:43:51,005 Só Númenor pode facer iso. 477 00:43:52,255 --> 00:43:55,088 Os Valar déronnos esta illa nun día de virtude. 478 00:43:55,171 --> 00:43:58,796 Poden quitárnola, se volvemos á escuridade. 479 00:43:58,880 --> 00:44:02,838 A virtude que dicides foi a lealdade dos vosos maiores aos elfos. 480 00:44:02,921 --> 00:44:04,921 Meu pai cría iso. 481 00:44:05,921 --> 00:44:07,921 O rumbo del a pouco destrúenos. 482 00:44:09,505 --> 00:44:13,005 Por iso mañá anunciarei que marchas. 483 00:44:13,796 --> 00:44:15,213 E a crise rematará. 484 00:44:18,213 --> 00:44:21,171 Se o mal que xurdiu na Terra Media non se para, 485 00:44:21,255 --> 00:44:23,921 espallarase e alcanzaranos a todos. 486 00:44:24,421 --> 00:44:27,838 Evitar esta guerra pode ser a causa da vosa caída. 487 00:44:27,921 --> 00:44:31,088 Non dubidarei dos deuses. A miña decisión é firme. 488 00:44:31,171 --> 00:44:32,963 Unha decisión baseada no medo. 489 00:44:34,796 --> 00:44:38,338 Sei o que é ser a única, 490 00:44:40,380 --> 00:44:42,213 a única que ve, 491 00:44:42,963 --> 00:44:44,796 a única que sabe. 492 00:44:46,046 --> 00:44:49,796 Quizais xa non temos que levar esa carga soas. 493 00:44:50,255 --> 00:44:54,588 Prégovolo, Míriel, non escollades o camiño do medo, 494 00:44:54,671 --> 00:44:56,255 senón o da fe. 495 00:44:56,880 --> 00:44:58,380 Unídevos a min. 496 00:44:59,130 --> 00:45:02,088 Que Númenor loite ao lado dos elfos outra vez. 497 00:45:11,963 --> 00:45:15,380 A fe pode unir corazóns, Galadriel. 498 00:45:16,171 --> 00:45:19,505 Mais é un fío moi fino para termar dun reino. 499 00:45:22,255 --> 00:45:23,463 Síntoo. 500 00:45:30,171 --> 00:45:34,088 As fragas están baleiras. Os animais fuxiron. 501 00:45:34,171 --> 00:45:36,921 O teu rapaz tiña máis siso do que pensabamos. 502 00:45:38,838 --> 00:45:40,588 Hai alguén nas portas! 503 00:45:45,505 --> 00:45:46,755 Afastade. 504 00:45:46,838 --> 00:45:49,546 -Saíde do medio. Atrás! -Deixádeo pasar. 505 00:45:51,380 --> 00:45:53,130 Hai abondo. Acougade! 506 00:45:53,213 --> 00:45:55,588 Rowan! Onde vai Theo? 507 00:45:57,546 --> 00:45:59,130 Dixo que viña tras de min. 508 00:45:59,213 --> 00:46:00,463 -Que fame! -Amodo! 509 00:46:00,546 --> 00:46:01,755 Empurroume ela! 510 00:46:04,380 --> 00:46:08,255 Miramos en tódolos sitios, non está. 511 00:46:08,338 --> 00:46:09,505 Veña! 512 00:46:14,713 --> 00:46:15,796 Onde anda? 513 00:46:18,463 --> 00:46:19,755 Aquí non está. 514 00:46:23,546 --> 00:46:24,380 Vamos. 515 00:46:27,296 --> 00:46:29,546 Non deixedes recanto sen mirar. 516 00:46:32,671 --> 00:46:35,296 O xefe vainos esfolar, se non o atopamos. 517 00:46:35,380 --> 00:46:38,171 Se foi a el a quen lle escapou. 518 00:46:38,255 --> 00:46:40,713 Izmûmbogh... 519 00:46:43,463 --> 00:46:44,755 Veña! 520 00:46:48,505 --> 00:46:50,880 Kishdibatoth! 521 00:47:04,296 --> 00:47:05,755 Kishdibatoth. 522 00:47:11,338 --> 00:47:12,421 Buscádeo! 523 00:47:23,005 --> 00:47:24,296 Aquí non está. 524 00:47:35,921 --> 00:47:38,088 Por alí! Ollade! 525 00:48:00,171 --> 00:48:03,088 Vas a algures, sangue novo? 526 00:48:03,171 --> 00:48:04,255 Onde está? 527 00:48:04,338 --> 00:48:05,338 Non! 528 00:48:05,421 --> 00:48:07,505 Onde o tes? 529 00:48:08,671 --> 00:48:12,546 Igual perdendo un brazo soltas a lingua. 530 00:48:24,046 --> 00:48:25,130 Bule, rapaz. 531 00:48:27,005 --> 00:48:28,338 Xa veñen. 532 00:48:53,338 --> 00:48:54,338 Sigue! 533 00:49:20,796 --> 00:49:21,796 Corre! 534 00:49:36,296 --> 00:49:37,463 Madre! 535 00:49:38,963 --> 00:49:40,130 Bronwyn! 536 00:49:43,838 --> 00:49:45,713 Correde! Cara ao claro! 537 00:52:12,130 --> 00:52:14,338 Que foi iso? 538 00:52:14,880 --> 00:52:17,505 Unha súplica ás rochas, 539 00:52:17,588 --> 00:52:21,505 para que liberen os corpos dos mineiros aínda con alento. 540 00:52:23,005 --> 00:52:25,963 Non deixo de pensar que se ti non baixaras, 541 00:52:27,130 --> 00:52:29,796 Durin había estar no pozo cando... 542 00:52:31,380 --> 00:52:32,463 Perdoa. 543 00:52:33,171 --> 00:52:34,671 Perdoa por mentirche. 544 00:52:34,755 --> 00:52:38,338 Fúcheslle leal ao meu amigo. Iso é o que importa. 545 00:52:40,546 --> 00:52:42,588 Acaban de sacar o último. 546 00:52:44,421 --> 00:52:47,380 Vivo. Todos vivos. 547 00:52:48,338 --> 00:52:50,255 Teu pai estará moi aliviado. 548 00:52:50,338 --> 00:52:51,755 Pechouna. 549 00:52:53,213 --> 00:52:56,130 Mandou selar a veta toda. 550 00:52:56,213 --> 00:52:58,130 -A veta toda? -Toda. 551 00:52:59,046 --> 00:53:00,505 Dálle tempo. 552 00:53:01,505 --> 00:53:04,005 Ata as brasas máis quentes arrefrían. 553 00:53:04,088 --> 00:53:06,505 Pois ás veces oxalá que non! 554 00:53:07,755 --> 00:53:11,380 Ás veces querería dicirlle o que penso del, 555 00:53:12,380 --> 00:53:16,963 e non volver cruzar palabra co vello rosmón ese! 556 00:53:41,255 --> 00:53:44,046 Meu pai navegou ata Valinor el só, 557 00:53:45,255 --> 00:53:49,880 e convenceu os Valar para que axudasen e derrotar a Morgoth. 558 00:53:51,171 --> 00:53:53,213 Tan grandes foron os seus actos 559 00:53:53,296 --> 00:53:56,796 que os Valar o elevaron alén dos confíns do mundo, 560 00:53:57,630 --> 00:54:00,338 para levar a Estrela Vespertina polo ceo. 561 00:54:03,671 --> 00:54:06,838 Durante anos, ao final do día, miraba para ela... 562 00:54:08,171 --> 00:54:13,213 preguntándome que pensaría el, se me estivese vendo. 563 00:54:15,130 --> 00:54:18,630 Estaría orgulloso do que conseguín co legado del? 564 00:54:20,713 --> 00:54:26,296 Ou decepcionado polas moitas veces que non estiven á altura del? 565 00:54:31,255 --> 00:54:34,046 Pero unha noite, decateime 566 00:54:34,130 --> 00:54:37,088 de que con agrado oíría as rifas del, 567 00:54:37,171 --> 00:54:39,421 se así tivese a ocasión 568 00:54:39,505 --> 00:54:42,505 de charlar unha vez máis co meu pai. 569 00:54:43,838 --> 00:54:47,838 Non malgastes o tempo que che queda co teu. 570 00:54:57,671 --> 00:55:01,880 Elrond, a ver se me aclaras unha cousa. 571 00:55:02,671 --> 00:55:05,171 Como vos coñecestes ti e o meu home? 572 00:55:05,255 --> 00:55:07,838 Díxencho. Salveino dun trol das montañas. 573 00:55:07,921 --> 00:55:10,255 -De dous. -De dous. Xa o sei. 574 00:55:11,796 --> 00:55:13,338 Pregunteille a Elrond. 575 00:55:13,755 --> 00:55:17,755 Pois vou ter que corrixir o relato do teu home. 576 00:55:17,838 --> 00:55:20,588 Eran tres troles. E salveino eu a el. 577 00:55:20,671 --> 00:55:24,088 Non lembrarías que cara tes nin véndoa nun espello. 578 00:55:24,171 --> 00:55:25,921 Cando o atopei no bosque, 579 00:55:26,005 --> 00:55:28,463 tentaba esquivar as mazadas deles. 580 00:55:28,546 --> 00:55:30,171 Xemendo e berrando. 581 00:55:30,296 --> 00:55:31,505 Un berro de batalla. 582 00:55:31,588 --> 00:55:35,255 Uns berros agudos coma os dun neno. Collín o arco... 583 00:55:35,338 --> 00:55:36,838 -Unha espada. -Un arco. 584 00:55:36,963 --> 00:55:38,713 -Era unha espada! -Tanto ten. 585 00:55:45,505 --> 00:55:46,755 Perdóame, Padre. 586 00:55:47,546 --> 00:55:52,088 Fun orgulloso, testán e estaba enganado. 587 00:55:57,671 --> 00:55:59,463 Nin mirarme podes? 588 00:56:11,213 --> 00:56:13,213 Os nosos cren... 589 00:56:14,713 --> 00:56:17,421 que cando un novo rei anano é coroado, 590 00:56:18,671 --> 00:56:22,046 as voces dos antecesores entran nel, 591 00:56:24,421 --> 00:56:26,671 e comparten con el consellos 592 00:56:27,588 --> 00:56:29,005 e sabedoría. 593 00:56:30,755 --> 00:56:32,380 E ata os erros. 594 00:56:39,088 --> 00:56:40,505 Mais ti... 595 00:56:42,588 --> 00:56:45,838 Non tes que agardar por ese día para oír a miña voz. 596 00:56:50,588 --> 00:56:55,171 Pois estou contigo sempre, fillo. 597 00:56:58,838 --> 00:57:00,088 Mesmo anoxado. 598 00:57:01,880 --> 00:57:03,963 Ás veces, anoxado sobre todo. 599 00:57:08,463 --> 00:57:10,463 Non hai nada que perdoar. 600 00:57:26,505 --> 00:57:31,255 Elrond invitoume a ir con el a Lindon mañá. 601 00:57:36,296 --> 00:57:37,630 Debo aceptar? 602 00:57:39,546 --> 00:57:42,380 Elrond foi moi convincente ao asegurar 603 00:57:42,463 --> 00:57:45,796 que Gil-galad non o enviou aquí con mala intención. 604 00:57:45,880 --> 00:57:49,171 Foi, abofé. 605 00:57:50,296 --> 00:57:52,546 Pero a intuición éche moi sabia. 606 00:57:54,046 --> 00:57:55,546 Que che di a túa? 607 00:57:56,796 --> 00:57:58,838 Que hai algo máis. 608 00:57:58,921 --> 00:58:00,005 Ben, meu fillo. 609 00:58:01,046 --> 00:58:02,213 Ben. 610 00:58:04,046 --> 00:58:05,380 Vai a Lindon. 611 00:58:06,796 --> 00:58:08,130 Descubre o que é. 612 00:58:24,921 --> 00:58:26,088 Grazas. 613 00:58:34,005 --> 00:58:36,421 Que tes? Que pasa? 614 00:58:38,963 --> 00:58:43,296 Traio unha mensaxe do que comanda o noso inimigo. 615 00:58:46,088 --> 00:58:50,088 Di que o teu pobo pode vivir se renunciades a estas terras 616 00:58:51,671 --> 00:58:53,088 e lle xurades lealdade. 617 00:58:55,505 --> 00:58:56,921 E se nos negamos? 618 00:58:58,421 --> 00:58:59,921 Virá por Ostirith. 619 00:59:39,046 --> 00:59:40,296 Veña! 620 00:59:45,880 --> 00:59:49,463 Ben mereces un trago despois do que fixeches. 621 00:59:50,505 --> 00:59:52,005 Anda, cólleo. 622 00:59:52,588 --> 00:59:56,671 Como me colliches o puño do celeiro. 623 00:59:57,255 --> 00:59:58,463 Non sei de que... 624 00:59:58,546 --> 01:00:00,046 Menos lerias, rapaz. 625 01:00:00,755 --> 01:00:02,588 Sabes do que falo. 626 01:00:14,088 --> 01:00:17,546 Sabes o que é? Unha espada non. 627 01:00:18,171 --> 01:00:19,421 É un poder. 628 01:00:20,296 --> 01:00:24,796 Feito para os nosos antecesores pola man do seu señor. 629 01:00:25,296 --> 01:00:27,838 Un fermoso servidor. 630 01:00:27,921 --> 01:00:31,505 Aquel que desapareceu, pero que volverá. 631 01:00:33,046 --> 01:00:34,796 Oíches falar del, rapaz? 632 01:00:35,755 --> 01:00:37,255 Oíches falar de Sauron? 633 01:00:41,921 --> 01:00:44,796 Seguro que o viches nos ceos. 634 01:00:44,880 --> 01:00:46,463 Hai unhas semanas. 635 01:00:47,546 --> 01:00:48,796 A chuvia de estrelas. 636 01:00:48,880 --> 01:00:50,713 O tempo del achégase. 637 01:00:51,838 --> 01:00:55,671 E ti e mais eu, rapaz, debemos prepararnos. 638 01:00:55,755 --> 01:00:57,130 Para que? 639 01:00:57,213 --> 01:00:59,505 Agora, cala, rapaz. 640 01:01:00,421 --> 01:01:02,255 Aforra forzas. 641 01:01:03,588 --> 01:01:05,005 Valas necesitar. 642 01:01:06,630 --> 01:01:08,046 Para o que vai vir. 643 01:01:22,838 --> 01:01:24,421 Señor-Padre... 644 01:01:26,130 --> 01:01:27,630 Atopámolo. 645 01:01:29,380 --> 01:01:31,213 Está na torre 646 01:01:56,463 --> 01:01:58,255 Vai en paz. 647 01:02:41,796 --> 01:02:44,005 O teu pobo quedará aliviado. 648 01:02:44,380 --> 01:02:46,463 Reunirase pronto na corte 649 01:02:46,546 --> 01:02:48,713 e na praza para oír o voso anuncio. 650 01:02:52,213 --> 01:02:54,046 Non o fagamos agardar. 651 01:04:05,796 --> 01:04:09,130 Din que cando os pétalos da Árbore Branca caen, 652 01:04:09,213 --> 01:04:11,005 non é cousa trivial, 653 01:04:11,088 --> 01:04:13,963 senón que son as bágoas dos Valar, 654 01:04:14,380 --> 01:04:19,255 un recordo vivo de que teñen o ollar e o xuízo pendentes de nós. 655 01:04:20,463 --> 01:04:23,880 Hai un momento crucial nos destinos dos homes. 656 01:04:24,546 --> 01:04:25,796 Un momento decisivo, 657 01:04:27,005 --> 01:04:31,171 no que todos e cada un de nós 658 01:04:32,005 --> 01:04:35,255 debemos decidir quen queremos ser. 659 01:04:36,213 --> 01:04:40,505 Volvéusenos a corazón de pedra, coma as estatuas que rodean a illa? 660 01:04:40,963 --> 01:04:44,838 Ou latexa aínda co sangue dos heroes que as tallaron. 661 01:04:48,171 --> 01:04:51,380 Enterramos o valor nas tumbas dos padres dormentes? 662 01:04:53,505 --> 01:04:54,880 Ou está aquí, 663 01:04:56,796 --> 01:04:58,588 aínda entre nós... 664 01:05:06,005 --> 01:05:08,421 agardando para romper como o albor? 665 01:05:11,463 --> 01:05:16,755 Non vos mandaría a perigo ningún que eu non encararía. 666 01:05:17,546 --> 01:05:22,171 Por iso, decidín escoltar eu a elfa ata a Terra Media... 667 01:05:29,630 --> 01:05:35,088 para axudar os nosos irmáns, asediados agora nas Terras do Sur. 668 01:05:35,171 --> 01:05:37,213 A raíña falou claro. 669 01:05:37,296 --> 01:05:39,505 Os nosos barcos partirán en dez días. 670 01:05:40,713 --> 01:05:45,255 A forza expedicionaria estará formada por valentes fillos e fillas 671 01:05:45,338 --> 01:05:47,546 de todo Númenor. 672 01:05:48,380 --> 01:05:52,880 Quen se compromete a protexer a raíña rexente? 673 01:05:58,838 --> 01:06:01,671 Dade un paso adiante e identificádevos. 674 01:06:04,171 --> 01:06:05,463 Eu servirei. 675 01:06:09,921 --> 01:06:11,213 Servirei. 676 01:06:14,130 --> 01:06:15,546 Eu servirei. 677 01:06:22,671 --> 01:06:23,505 Servirei! 678 01:06:25,921 --> 01:06:26,755 Eu servirei! 679 01:08:37,921 --> 01:08:39,921 Subtítulos: Lucía Doval 680 01:08:40,005 --> 01:08:42,005 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea