1 00:00:06,671 --> 00:00:08,088 Preciso o teu xuramento. 2 00:00:08,880 --> 00:00:11,755 As primeiras trazas dun novo mineral. 3 00:00:12,463 --> 00:00:15,171 Elrond foi moi convincente ao asegurar 4 00:00:15,255 --> 00:00:18,130 que Gil-galad non o enviou con mala intención. 5 00:00:18,213 --> 00:00:19,880 Aquí hai algo máis. 6 00:00:19,963 --> 00:00:20,880 Vai a Lindon. 7 00:00:20,963 --> 00:00:21,796 A ver o que é. 8 00:00:23,463 --> 00:00:25,671 Fóra da Garda Mariña! Expulsados! 9 00:00:25,755 --> 00:00:26,588 Abonda! 10 00:00:26,671 --> 00:00:29,838 Estragueilles a vida aos amigos, deshonrei a familia. 11 00:00:30,171 --> 00:00:34,171 Vai onda os homes refuxiados na vella torre de vixilancia. 12 00:00:34,296 --> 00:00:35,880 Lévalles unha mensaxe. 13 00:00:35,921 --> 00:00:39,588 Di que o teu pobo vivirá se renunciades a estas terras 14 00:00:39,671 --> 00:00:41,088 e lle xurades lealdade. 15 00:00:42,505 --> 00:00:44,921 Un día, o noso verdadeiro rei regresará. 16 00:00:45,296 --> 00:00:47,505 O home que retedes nos alxubes 17 00:00:47,588 --> 00:00:51,463 é o herdeiro no exilio do trono das Terras do Sur. 18 00:00:51,838 --> 00:00:53,505 Pídovos que loitedes comigo 19 00:00:53,588 --> 00:00:55,088 -Eu servirei! -Servirei! 20 00:00:55,171 --> 00:00:57,671 ...antes de que Sauron llelo quite todo. 21 00:01:01,130 --> 00:01:02,088 Mentiches, 22 00:01:02,171 --> 00:01:04,630 metiches un forasteiro perigoso entre nós. 23 00:01:07,463 --> 00:01:10,005 Vannos deixar atrás. 24 00:01:10,088 --> 00:01:12,046 Así seguiremos cos outros. 25 00:01:12,130 --> 00:01:14,421 El axúdanos e nós el. 26 00:02:29,463 --> 00:02:35,463 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 27 00:03:01,380 --> 00:03:04,338 Min... mingransón. Mingranzón. 28 00:03:04,421 --> 00:03:06,255 Non, mi... Migración. 29 00:03:06,338 --> 00:03:08,838 Mi-gra-ción. 30 00:03:10,755 --> 00:03:14,046 É moverse de sitio. O que facemos os pepeludos. 31 00:03:14,130 --> 00:03:17,130 Pasamos o inverno no Bosque Vello, 32 00:03:17,213 --> 00:03:21,213 e no verán imos á Congostra do Norte para apañar caracois. 33 00:03:21,338 --> 00:03:23,255 -Caracois, caracois? -Iso, si. 34 00:03:23,338 --> 00:03:26,921 E ao arrubiar as follas do carballo, marchamos ao Arboredo. 35 00:03:27,005 --> 00:03:28,630 Unha horta enteira 36 00:03:28,713 --> 00:03:33,713 chea de mazás, ameixas, albaricoques, cenorias... Vaiche encantar. 37 00:03:36,421 --> 00:03:41,046 O malo son os cen perigos que hai entre acó e aló. 38 00:03:43,671 --> 00:03:44,755 Perigos? 39 00:03:45,380 --> 00:03:46,963 Ameazas. 40 00:03:47,046 --> 00:03:51,213 Coma xente grande, lobos, néboa, chuvia, 41 00:03:51,296 --> 00:03:55,755 troles das montañas, das covas, calquera cousa que te mate. 42 00:03:57,755 --> 00:03:58,838 Matar? 43 00:04:00,338 --> 00:04:02,963 É facer que algo morra. 44 00:04:16,130 --> 00:04:17,963 Eu son perigo. 45 00:04:20,130 --> 00:04:21,755 Non. Non, ti non. 46 00:04:21,838 --> 00:04:24,005 -É máis... -Non. Vagalumes. 47 00:04:24,588 --> 00:04:26,713 Iso foi sen querer. 48 00:04:27,796 --> 00:04:29,338 Non es perigo ningún. 49 00:04:30,296 --> 00:04:31,546 Es bo. 50 00:04:33,171 --> 00:04:35,130 Son bo? 51 00:04:36,046 --> 00:04:40,213 Es bo. Porque estás aquí para axudar. 52 00:04:44,463 --> 00:04:45,838 Nori! 53 00:04:45,921 --> 00:04:48,338 Que ben. Os outros xa estarán listos. 54 00:04:49,713 --> 00:04:50,963 Ale, bule! 55 00:04:51,963 --> 00:04:54,546 Veña. Vamos. 56 00:04:58,005 --> 00:04:59,463 Eu... Eu son... 57 00:05:00,380 --> 00:05:01,796 Son bo. 58 00:05:04,921 --> 00:05:06,546 Vólveme dar coa muleta 59 00:05:06,630 --> 00:05:09,046 e péloche as dedas mentres dormes. 60 00:05:09,130 --> 00:05:11,338 Arríncame as orellas de paso, 61 00:05:11,421 --> 00:05:13,380 así non te oirei roncar. 62 00:05:13,463 --> 00:05:14,796 Cala, que non ronco. 63 00:05:14,880 --> 00:05:16,463 -Roncas tal. -Roncas. 64 00:05:18,130 --> 00:05:21,005 Bulide, que o Arboredo non vai migrar cara a nós. 65 00:05:21,088 --> 00:05:25,088 Apurariamos máis, se nos cantases a canción de camiñar da túa nai. 66 00:05:25,171 --> 00:05:27,713 Iso, Poula, canta algo. 67 00:05:27,796 --> 00:05:29,880 Veña, que nos virá ben. 68 00:05:33,046 --> 00:05:36,380 O sol xa se pon 69 00:05:36,463 --> 00:05:39,171 baixo árbores de pedra. 70 00:05:39,880 --> 00:05:42,921 A luz da torre 71 00:05:43,005 --> 00:05:46,046 xa non é o meu fogar. 72 00:05:46,130 --> 00:05:49,421 Lembranzas do lume, 73 00:05:49,505 --> 00:05:52,671 area negra para durmir. 74 00:05:52,755 --> 00:05:54,921 Cambio o que coñezo 75 00:05:55,005 --> 00:05:59,921 por un escuro porvir. 76 00:06:00,005 --> 00:06:02,630 Chamádeme, chamádeme, terras afastadas. 77 00:06:02,713 --> 00:06:04,838 Outeiros de Rhovanion - Regato Herbeiro 78 00:06:05,880 --> 00:06:08,380 Pois debo marchar neste día de errar. 79 00:06:08,463 --> 00:06:10,963 Baixocantís - Brañas Grises 80 00:06:11,630 --> 00:06:14,630 Debo marchar 81 00:06:14,713 --> 00:06:17,338 neste día de errar. 82 00:06:19,171 --> 00:06:21,838 Bebida teño pouca 83 00:06:21,921 --> 00:06:25,130 e a comida escasa é, 84 00:06:25,213 --> 00:06:30,088 a forza dime non pero o camiño pídeme seguir. 85 00:06:30,171 --> 00:06:31,421 Retorta da Troita 86 00:06:31,505 --> 00:06:36,921 Teño as pernas curtas e o camiño é longo. 87 00:06:37,005 --> 00:06:39,796 Non teño descanso ni consolo, 88 00:06:39,880 --> 00:06:43,338 só me reconforta cantar. 89 00:06:43,463 --> 00:06:45,796 Engroba do Cardo - Ríos Trenzados 90 00:06:45,880 --> 00:06:50,921 Cantádeme, cantádeme, terras afastadas. 91 00:06:51,005 --> 00:06:56,880 Alzádevos e guiádeme neste día de errar. 92 00:06:56,963 --> 00:07:00,171 Por favor, vide buscarme, 93 00:07:00,255 --> 00:07:03,838 neste día de errar. 94 00:07:04,838 --> 00:07:08,046 Por fin me responden 95 00:07:08,130 --> 00:07:11,088 entre o frío e a xeada, 96 00:07:11,171 --> 00:07:17,171 que non todo o que dubida ou vaga anda perdido. 97 00:07:17,255 --> 00:07:20,171 Non importa a pena 98 00:07:20,255 --> 00:07:23,296 nin o que custe, 99 00:07:23,380 --> 00:07:29,380 non todo o que dubida ou vaga anda perdido. 100 00:08:37,171 --> 00:08:40,213 O túnel está rematado, meu señor. 101 00:08:44,713 --> 00:08:48,213 O brazo. Amósamo. 102 00:08:57,588 --> 00:08:58,921 Que sentes? 103 00:08:59,005 --> 00:09:01,338 Coma lume, Señor-Padre. 104 00:09:03,338 --> 00:09:07,005 Oxalá o sentises coma min. 105 00:09:09,463 --> 00:09:11,005 Pois pronto desaparecerá. 106 00:09:13,546 --> 00:09:17,921 E con el, a parte de min que coñeceu a súa calidez. 107 00:09:21,963 --> 00:09:23,130 Botareino en falta. 108 00:09:26,588 --> 00:09:29,588 Convoca as lexións. É a hora. 109 00:10:02,713 --> 00:10:04,713 O inimigo xura que atacará. 110 00:10:05,630 --> 00:10:07,796 A troco de misericordia, 111 00:10:07,880 --> 00:10:10,588 ordenáronnos abandonar a torre 112 00:10:10,671 --> 00:10:12,838 e xurarlle lealdade ao xefe deles. 113 00:10:15,380 --> 00:10:17,880 Sei que non son o rei que agardabades. 114 00:10:17,963 --> 00:10:20,963 Pero se decidides apoiarme e loitar, 115 00:10:21,046 --> 00:10:24,463 esta torre xa non será un recordo da nosa fraxilidade, 116 00:10:24,546 --> 00:10:26,796 senón o símbolo da nosa forza. 117 00:10:31,046 --> 00:10:32,630 Quen me vai apoiar? 118 00:10:33,421 --> 00:10:36,671 Quen está disposto a loitar? 119 00:10:45,796 --> 00:10:47,213 -Veña, loitemos. -Vale. 120 00:10:48,296 --> 00:10:49,921 Que loitemos? 121 00:10:52,588 --> 00:10:54,171 Pides que loitemos? 122 00:10:54,880 --> 00:10:56,130 Ides morrer. 123 00:10:57,505 --> 00:11:01,005 Para min énos mellor arriscarnos 124 00:11:01,088 --> 00:11:04,005 a ceder ante ese tal inimigo. 125 00:11:04,088 --> 00:11:06,255 Mirei ese inimigo aos ollos. 126 00:11:06,963 --> 00:11:08,755 Non vos vai salvar. 127 00:11:08,838 --> 00:11:10,546 E ti si? 128 00:11:11,463 --> 00:11:12,796 Un elfo? 129 00:11:14,046 --> 00:11:16,463 Lembrade os nosos antecesores. 130 00:11:18,005 --> 00:11:19,505 Eles viviron! 131 00:11:23,796 --> 00:11:26,130 Xuntos podemos sobrevivir. 132 00:11:27,005 --> 00:11:31,046 Seguídeme a min, e xuntos sobreviviremos! 133 00:11:32,796 --> 00:11:35,921 Veña. Seguídeme. Vamos! 134 00:11:37,755 --> 00:11:39,005 Vamos! 135 00:11:39,088 --> 00:11:39,921 Seguídeme! 136 00:11:44,171 --> 00:11:45,255 Theo! 137 00:11:46,088 --> 00:11:49,255 É a nosa oportunidade, o momento. Vamos. 138 00:11:49,338 --> 00:11:52,380 Vente, vamos, rapaz. Sígueme. 139 00:12:06,338 --> 00:12:07,588 Bótame unha man. 140 00:12:07,671 --> 00:12:09,171 Máis arriba... 141 00:12:16,880 --> 00:12:18,338 Abonda, rapaces. 142 00:12:23,463 --> 00:12:24,671 Levade iso xa. 143 00:12:31,088 --> 00:12:33,171 -Padre... -Isildur. 144 00:12:33,255 --> 00:12:34,588 Podemos falar? 145 00:12:37,380 --> 00:12:39,630 Por que non me levan na expedición? 146 00:12:39,713 --> 00:12:42,338 -Querías ir ao Oeste. -Xa non. 147 00:12:42,421 --> 00:12:45,255 Ata que non faga algo digno de Númenor. 148 00:12:45,963 --> 00:12:48,796 E que sería? Explícamo. 149 00:12:49,505 --> 00:12:51,088 Non sei como. 150 00:12:52,505 --> 00:12:54,921 Por iso me esforzo por descubrilo. 151 00:12:55,421 --> 00:12:57,130 Por iso che pido axuda. 152 00:12:58,213 --> 00:12:59,630 Oxalá puidese darcha. 153 00:12:59,713 --> 00:13:03,713 Pero temos máis voluntarios dos que podemos levar. 154 00:13:03,796 --> 00:13:06,296 Media cidade quere un sitio nos barcos. 155 00:13:08,963 --> 00:13:10,963 Méteme entre os primeiros. 156 00:13:14,255 --> 00:13:15,755 Que formación tes? 157 00:13:15,838 --> 00:13:18,338 -Formación? -Es da Garda Mariña? 158 00:13:18,421 --> 00:13:22,588 -Son mellor mariñeiro... -Es da Garda Mariña? 159 00:13:22,671 --> 00:13:24,421 Da Garda da Raíña, mercador? 160 00:13:24,505 --> 00:13:26,671 -Hai que ter uniforme. -Es cabaleiro? 161 00:13:26,755 --> 00:13:27,755 Non sexas parvo. 162 00:13:27,838 --> 00:13:30,755 Mentres ti finxías fidelidade ás nosas tradicións, 163 00:13:30,838 --> 00:13:33,880 eses homes vivíanas. 164 00:13:35,296 --> 00:13:38,130 Buscando como axudar e servir. 165 00:13:39,463 --> 00:13:42,130 Algo que a ti pouco che importa. 166 00:13:44,505 --> 00:13:47,546 Impórtame. Quero servir. 167 00:13:48,921 --> 00:13:50,755 Nada me daría máis orgullo. 168 00:13:51,838 --> 00:13:53,296 Mais tiveches a ocasión. 169 00:13:55,255 --> 00:13:56,755 E xa elixiches. 170 00:14:02,713 --> 00:14:04,755 Arriscar vidas de Númenor 171 00:14:04,838 --> 00:14:07,880 por un sucio home do sur e unha elfa belicosa? 172 00:14:07,963 --> 00:14:11,671 Cónsul Pharazôn! Por que enviades os nosos a morrer? 173 00:14:13,588 --> 00:14:14,671 Pharazôn! 174 00:14:17,421 --> 00:14:18,963 -Pharazôn! -Ven comigo. 175 00:14:19,046 --> 00:14:21,838 Perdoa por non avisar, foi unha semana dura. 176 00:14:21,921 --> 00:14:23,338 Por que non parou isto? 177 00:14:23,421 --> 00:14:26,130 -Élle leal a ela. Con razón ou... -Sen ela. 178 00:14:26,796 --> 00:14:29,796 Moitos din iso. Non o convencen, pero insistindo... 179 00:14:29,880 --> 00:14:33,005 Pois faino ti. Farache caso. 180 00:14:34,546 --> 00:14:37,505 Cando falo, pecha os oídos. 181 00:14:41,630 --> 00:14:43,630 Entón fala máis alto. 182 00:15:25,296 --> 00:15:27,046 Ei, home do sur... 183 00:15:27,921 --> 00:15:29,380 Tes visita. 184 00:15:40,421 --> 00:15:42,338 E onde foi despois o inimigo? 185 00:15:42,421 --> 00:15:46,130 Cara ao sur, penso. Cara á torre de vixilancia de Ostirith. 186 00:15:48,088 --> 00:15:49,838 Informarei a Garda Mariña. 187 00:15:55,463 --> 00:15:57,713 A miña gratitude, señor Halbrand. 188 00:15:57,796 --> 00:16:02,463 Seguro que a vosa axuda será igual de valiosa cando atraquemos. 189 00:16:03,171 --> 00:16:04,338 Atracar? 190 00:16:04,921 --> 00:16:08,796 Galadriel informounos de que queredes reunir o voso pobo. 191 00:16:10,088 --> 00:16:11,255 De veras? 192 00:16:11,338 --> 00:16:14,255 Espero que non se equivocase. 193 00:16:15,088 --> 00:16:16,963 Pois a miña intención era... 194 00:16:17,046 --> 00:16:20,505 O meu compañeiro só sente o peso da tarefa. 195 00:16:20,588 --> 00:16:24,963 Sei que, chegado o momento, cumprirá a parte del. 196 00:16:27,255 --> 00:16:30,588 Xa que arrisco o nome nisto, iso espero. 197 00:16:31,630 --> 00:16:35,630 Raíña rexente, o voso pai solicita que vaiades á torre. 198 00:16:44,921 --> 00:16:46,421 "Galadriel informounos". 199 00:16:46,505 --> 00:16:50,046 Non entendía por que me esperou a raíña onda o leito do pai. 200 00:16:50,130 --> 00:16:53,088 Non pensei que me venderías por un brasón. 201 00:16:53,171 --> 00:16:56,296 Usáchesme. Malia que che pedín que me deixases en paz. 202 00:16:56,380 --> 00:17:00,463 Acabo de convencer a Númenor de que envíe cinco barcos 203 00:17:00,546 --> 00:17:03,380 e 500 homes para axudar o teu pobo 204 00:17:03,963 --> 00:17:05,963 e poñerche unha coroa na cabeza. 205 00:17:07,005 --> 00:17:10,338 Moitos dirían que me usaches ti. 206 00:17:17,421 --> 00:17:19,088 Busca outro para coroar. 207 00:17:32,005 --> 00:17:33,380 Isto non me gusta. 208 00:17:33,463 --> 00:17:36,130 Tranquila, Dil. Son só árbores. 209 00:17:36,213 --> 00:17:39,088 Como lles daría por vir por aquí? 210 00:17:41,005 --> 00:17:43,838 Pé de Rochedo estará cortado. 211 00:17:43,921 --> 00:17:47,338 Non será máis fácil de noite. Seguide andando. 212 00:17:51,421 --> 00:17:53,171 Máis fácil de noite. 213 00:18:13,130 --> 00:18:14,338 Lobos. 214 00:18:15,921 --> 00:18:19,005 Por que non me dis o que pasa de verdade? 215 00:18:19,088 --> 00:18:23,630 Estas fragas nunca estiveron tan baleiras nesta época do ano. 216 00:18:23,713 --> 00:18:25,421 A cousa está ben clara. 217 00:18:25,505 --> 00:18:28,005 A culpa é del, non si? Do mangallón. 218 00:18:28,088 --> 00:18:30,088 E que queres que faga? 219 00:18:30,171 --> 00:18:32,296 O que deberas facer no campamento. 220 00:18:32,380 --> 00:18:34,755 Quitarlles as rodas e deixalos! 221 00:18:35,713 --> 00:18:37,755 Que vas esperar? 222 00:18:37,838 --> 00:18:40,005 Que alguén quede viúvo? 223 00:18:40,088 --> 00:18:41,505 Ou orfo? 224 00:18:44,213 --> 00:18:45,796 A xente ten fame. 225 00:18:51,588 --> 00:18:53,005 Non vos afastedes. 226 00:19:03,338 --> 00:19:05,421 Que raro é isto... 227 00:19:05,630 --> 00:19:09,671 Moi peculiar... 228 00:19:22,005 --> 00:19:24,380 -A pouco párame o corazón. -Malva... 229 00:19:24,505 --> 00:19:26,088 -Vimos pegadas. -Na lama. 230 00:19:26,171 --> 00:19:28,130 Unha a unha, por favor. 231 00:19:38,296 --> 00:19:39,421 Correde! 232 00:19:43,796 --> 00:19:44,630 Apurade! 233 00:20:02,130 --> 00:20:03,296 Nori! 234 00:20:08,546 --> 00:20:10,713 Nori! 235 00:20:10,796 --> 00:20:12,463 Nori, sae de aí! 236 00:20:14,296 --> 00:20:16,546 Nori! Nori! 237 00:20:16,630 --> 00:20:17,630 Non, que te come! 238 00:21:12,505 --> 00:21:14,421 Deféndete, Ontamo. 239 00:21:14,921 --> 00:21:16,463 Que teu pai sinta orgullo. 240 00:21:17,005 --> 00:21:20,338 Os golpes caen coma os Xigantes de pedra dos Páramos. 241 00:21:20,880 --> 00:21:22,171 Pero? 242 00:21:24,880 --> 00:21:28,630 Non pelexaron con este inimigo. 243 00:21:29,838 --> 00:21:33,963 Sería tan amable a elfa de darlles algunha instrución? 244 00:21:42,421 --> 00:21:44,505 Hai moitas formas de matar un orco. 245 00:21:45,171 --> 00:21:48,130 Pero vouvos dicir algo efectivo e sinxelo. 246 00:21:48,880 --> 00:21:51,463 Cravar, xirar, destripar. 247 00:21:54,213 --> 00:21:55,421 Atacádeme. 248 00:21:56,088 --> 00:21:58,630 A ver quen me dá ferido. 249 00:21:58,713 --> 00:22:02,546 A quen o consiga, ascéndoo... 250 00:22:06,130 --> 00:22:07,546 a tenente. 251 00:22:50,171 --> 00:22:53,255 Un espadachín necesita equilibrio máis ca forza. 252 00:22:53,338 --> 00:22:56,171 Loita cos pés, non cos brazos. 253 00:23:15,171 --> 00:23:17,713 A elfa está loitando cun soldado na praza. 254 00:23:40,338 --> 00:23:41,421 Non botes raíz. 255 00:23:42,588 --> 00:23:43,838 Móvete. 256 00:24:06,463 --> 00:24:08,963 Non confíes na forza bruta contra un orco. 257 00:24:12,713 --> 00:24:16,130 É máis doado vencelos con táctica. 258 00:24:20,713 --> 00:24:22,880 Bo traballo, tenente. 259 00:24:48,505 --> 00:24:51,130 Nunca vira un axudante de ferreiro facer iso. 260 00:24:55,171 --> 00:24:56,796 Aínda podemos parar isto. 261 00:24:57,755 --> 00:25:00,671 A túa prima ten o cetro, pero o pobo séguete a ti. 262 00:25:00,755 --> 00:25:03,171 -Coa axuda del, poderías... -O que? 263 00:25:04,588 --> 00:25:06,338 Exercer a túa influencia. 264 00:25:06,421 --> 00:25:09,713 Ás veces a necidade dos novos fai chorar os vellos. 265 00:25:15,963 --> 00:25:18,380 É necio intentar parar unha guerra? 266 00:25:19,338 --> 00:25:21,755 Éo ir contra a corrente. 267 00:25:23,338 --> 00:25:25,921 A marea pode subir e afogar un home 268 00:25:26,005 --> 00:25:28,838 ou baixar e arrastralo mar adentro. 269 00:25:28,921 --> 00:25:32,880 O tal para dominar a corrente é saber para onde vai cambiar. 270 00:25:32,963 --> 00:25:35,338 Evitaches ti só que o anterior rei 271 00:25:35,421 --> 00:25:37,171 nos arrastrase ao de antano. 272 00:25:37,255 --> 00:25:39,838 Non digas que non podes influír en Míriel. 273 00:25:39,921 --> 00:25:42,588 Por que vou discrepar dela? 274 00:25:42,671 --> 00:25:46,338 Porque o meu pai non acataría ordes dunha elfa. 275 00:26:06,088 --> 00:26:07,713 Ordes dunha elfa? 276 00:26:16,880 --> 00:26:21,296 Cando isto remate, os elfos acatarán as nosas. 277 00:26:22,630 --> 00:26:26,296 A miña prima pode ir á guerra por Galadriel se quere. 278 00:26:26,380 --> 00:26:28,213 Eu loitarei por Númenor. 279 00:26:28,296 --> 00:26:30,921 Como vai ser isto por Númenor? 280 00:26:32,338 --> 00:26:33,921 Non aprendiches nada? 281 00:26:35,505 --> 00:26:38,296 Axiña salvaremos os malpocados da Terra Media, 282 00:26:38,380 --> 00:26:41,796 animarémolos e darémoslles o rei que tanto desexan. 283 00:26:41,880 --> 00:26:44,213 Un rei que estará en débeda connosco. 284 00:26:45,255 --> 00:26:48,880 Pensa un pouco como nos pode beneficiar iso. 285 00:26:51,046 --> 00:26:54,546 Minerais, bosques, comercio, tributos... 286 00:26:55,005 --> 00:26:58,421 E non nos vou privar diso nin por todo o sal do mar. 287 00:26:59,130 --> 00:27:00,880 Nin deberías ti. 288 00:27:10,880 --> 00:27:12,213 O reino! 289 00:27:12,296 --> 00:27:16,296 -O reino periga. Debo... -O perigo pasou, Padre. 290 00:27:17,130 --> 00:27:20,546 Estamos facendo o que pensabas que debiamos. 291 00:27:21,713 --> 00:27:24,380 Imos restablecer a relación cos elfos. 292 00:27:26,296 --> 00:27:28,296 Vou ir á Terra Media. 293 00:27:39,963 --> 00:27:40,963 Míriel? 294 00:27:42,088 --> 00:27:44,088 Si, Padre. 295 00:27:45,921 --> 00:27:47,005 Son eu. 296 00:27:50,046 --> 00:27:53,796 Non vaias á Terra Media. 297 00:27:57,005 --> 00:27:59,130 Todo o que te agarda alí... 298 00:28:01,838 --> 00:28:03,838 Que é, Padre? Que me agarda? 299 00:28:05,213 --> 00:28:06,630 Tebras. 300 00:28:13,546 --> 00:28:14,755 Que che parece? 301 00:28:16,255 --> 00:28:18,505 Todos falan do que fixeches. 302 00:28:22,130 --> 00:28:25,630 Nunca chos vira tan contentos cun forasteiro. 303 00:28:29,380 --> 00:28:31,255 Tróuxenche cera de abella. 304 00:28:31,338 --> 00:28:34,755 Úntaa na pouta, hacha aliviar. 305 00:28:59,005 --> 00:29:00,255 Ei... 306 00:29:08,880 --> 00:29:11,046 Para! Por favor. 307 00:30:15,088 --> 00:30:18,463 Pola unión duradeira dos nosos grandes pobos, 308 00:30:18,546 --> 00:30:20,463 Khazad e Noldor. 309 00:30:20,546 --> 00:30:22,671 -Pola unión. -Por ela. 310 00:30:23,296 --> 00:30:25,713 Antes de que o viño se nos suba, 311 00:30:26,171 --> 00:30:29,088 señor Durin, quérovos felicitar. 312 00:30:29,713 --> 00:30:33,796 Khazad-dûm tiña fama de ser o máis tranquilo dos reinos ananos, 313 00:30:33,921 --> 00:30:37,046 pero nos últimos meses, disque alá fornos arden 314 00:30:37,130 --> 00:30:40,588 con tanto fulgor coma os ollos do mesmo Aulë. 315 00:30:40,671 --> 00:30:42,880 E tedes minas cada vez máis fondas. 316 00:30:43,588 --> 00:30:47,713 A que se debe a revitalización? 317 00:30:49,630 --> 00:30:51,630 Podería dicir o mesmo de Lindon. 318 00:30:53,213 --> 00:30:57,213 Que embarca guerreiros e expande cidades. 319 00:30:58,421 --> 00:31:00,296 Moito bulir para os elfos, non? 320 00:31:02,588 --> 00:31:05,338 Co que tardades sempre en decidir se cag... 321 00:31:05,421 --> 00:31:06,796 Se me permitides... 322 00:31:08,255 --> 00:31:11,088 O tempo pasa moi devagar para nós. 323 00:31:11,171 --> 00:31:15,255 Decote subestimamos os anos de esforzo que vemos coma un instante. 324 00:31:15,338 --> 00:31:18,171 E non querería ofender o noso convidado. 325 00:31:18,255 --> 00:31:21,505 Coido que o amigo anano ten moito tempero 326 00:31:21,588 --> 00:31:24,421 para ofenderse por unha pregunta sen malicia. 327 00:31:25,838 --> 00:31:28,546 Teño outra desas para vós. 328 00:31:31,171 --> 00:31:34,255 De onde tirastes a mesa? 329 00:31:35,505 --> 00:31:36,921 Por que o preguntades? 330 00:31:38,005 --> 00:31:41,588 Esta pedra haina só a certas profundidades. 331 00:31:42,005 --> 00:31:45,755 É raro que os nosos resoadores atopen un depósito. 332 00:31:45,838 --> 00:31:48,630 Para nós son todas moi prezadas. 333 00:31:50,588 --> 00:31:55,838 Reservámolas só para os usos máis sagrados. 334 00:31:57,296 --> 00:32:00,296 Para monumentos ou tumbas 335 00:32:01,546 --> 00:32:03,546 para os nosos queridos mortos. 336 00:32:13,088 --> 00:32:15,921 Por favor, desculpade o sacrilexio, señor Durin. 337 00:32:17,046 --> 00:32:22,463 Enviarémola convosco á casa, para que se trate co debido respecto. 338 00:32:26,838 --> 00:32:30,630 É bo saber que aínda queda honor entre os elfos. 339 00:32:32,171 --> 00:32:33,255 Vosa graza... 340 00:32:33,713 --> 00:32:37,171 Pola unión dos nosos pobos, entón. 341 00:32:37,255 --> 00:32:38,421 Pola unión. 342 00:32:47,963 --> 00:32:51,380 A túa lealdade ao anano é admirable. 343 00:32:52,421 --> 00:32:55,171 A lealdade a un amigo é o normal. 344 00:32:55,255 --> 00:32:56,963 Tanto ten a raza. 345 00:32:57,046 --> 00:33:00,255 Xustifica iso mentirlle ao teu rei? 346 00:33:00,338 --> 00:33:04,338 Non sei, Alto Rei, se non me mentiriades vós a min. 347 00:33:08,755 --> 00:33:12,588 Fun a Khazad-dûm cunha proposta de amizade, pero en realidade, 348 00:33:12,671 --> 00:33:15,671 buscabades algo máis tanxible, non si? 349 00:33:15,755 --> 00:33:19,671 Coñeces a "Cantiga das Raíces de Hithaeglir"? 350 00:33:19,755 --> 00:33:21,838 Recórdama, por favor. 351 00:33:23,505 --> 00:33:26,838 Unha lenda escura, considerada por moitos apócrifa. 352 00:33:26,921 --> 00:33:30,171 Relátaa, Elrond Peredhel. 353 00:33:33,963 --> 00:33:35,963 Fala dunha batalla, 354 00:33:36,838 --> 00:33:39,421 nos cumios das Montañas Bretemosas. 355 00:33:40,296 --> 00:33:43,755 Non por honor nin por deber, senón por unha árbore, 356 00:33:43,838 --> 00:33:47,671 na que algúns din que estaba oculto o derradeiro dos Silmarils. 357 00:34:00,588 --> 00:34:04,213 Nun bando, loitou un guerreiro elfo, 358 00:34:04,296 --> 00:34:06,255 co corazón tan puro coma Manwë, 359 00:34:06,338 --> 00:34:09,755 e que verteu a luz del na árbore para protexela. 360 00:34:09,796 --> 00:34:12,380 No outro, un balrog de Morgoth, 361 00:34:12,421 --> 00:34:15,921 que proxectou todo o odio del cara á árbore para destruíla. 362 00:34:16,588 --> 00:34:20,880 No medio do duelo incesante, un raio alcanzou a árbore... 363 00:34:24,130 --> 00:34:28,046 forxando daquel conflito un poder. 364 00:34:28,713 --> 00:34:32,880 Un poder tan puro e luminoso coma o ben. 365 00:34:32,963 --> 00:34:35,963 Tan forte e implacable coma o mal. 366 00:34:36,963 --> 00:34:39,963 Disque chegou polas raíces ata o fondo da montaña, 367 00:34:40,046 --> 00:34:44,130 onde, dende hai séculos, está agardando. 368 00:34:45,421 --> 00:34:46,588 Durin tiña razón. 369 00:34:46,671 --> 00:34:49,005 Logo, admites que os ananos o atoparon. 370 00:34:49,088 --> 00:34:52,171 O mineral que contén a luz do Silmaril perdido. 371 00:34:52,255 --> 00:34:54,088 Só admito unha cousa: 372 00:34:54,171 --> 00:34:57,046 xureille a Durin non revelar os segredos deles. 373 00:34:58,046 --> 00:35:01,588 E se manter a promesa ao seu pobo 374 00:35:01,671 --> 00:35:04,505 significase a condena do teu? 375 00:35:38,588 --> 00:35:42,880 Detectámolo xusto antes do regreso de Galadriel. 376 00:35:42,963 --> 00:35:44,755 Pensamos que enviándoa lonxe, 377 00:35:44,838 --> 00:35:48,546 e acabando sí cos últimos vestixios da guerra, 378 00:35:48,630 --> 00:35:50,838 talvez deteriamos o declive. 379 00:35:51,921 --> 00:35:54,755 Pero pese a tódolos esforzos, 380 00:35:54,838 --> 00:35:57,755 o noso declive acelerouse. 381 00:35:58,755 --> 00:36:01,963 O murchar desta árbore só é unha manifestación externa 382 00:36:02,046 --> 00:36:03,588 dunha realidade interna. 383 00:36:04,421 --> 00:36:06,588 De que a luz dos Eldar, 384 00:36:06,671 --> 00:36:10,088 a nosa luz, esmorece. 385 00:36:12,880 --> 00:36:14,463 Quen máis o sabe? 386 00:36:15,046 --> 00:36:16,463 Moi poucos. 387 00:36:19,630 --> 00:36:22,755 Pregúntoo de novo e por última vez: 388 00:36:24,505 --> 00:36:27,755 atoparon os ananos o mineral ou non? 389 00:36:32,338 --> 00:36:35,505 Fíxenlle unha promesa a Durin. 390 00:36:38,171 --> 00:36:42,171 Para algúns non contará moito. 391 00:36:45,546 --> 00:36:47,130 Pero para min 392 00:36:48,005 --> 00:36:51,713 esas cousas manteñen a integridade dun. 393 00:36:52,505 --> 00:36:56,838 E non perderei a miña por unha mera esperanza. 394 00:36:58,338 --> 00:37:02,505 A esperanza nunca é mera, Elrond... 395 00:37:03,671 --> 00:37:05,505 mesmo sendo escasa. 396 00:37:06,671 --> 00:37:09,046 Cando os outros sentidos dormen, 397 00:37:09,130 --> 00:37:13,421 o ollo da esperanza é o primeiro en abrir e o último en pecharse. 398 00:37:15,546 --> 00:37:19,713 Se os elfos abandonan a Terra Media agora, 399 00:37:19,796 --> 00:37:24,463 os exércitos das tebras marcharán pola face da terra. 400 00:37:24,546 --> 00:37:25,796 Será a fin, 401 00:37:25,880 --> 00:37:30,005 non só do noso pobo, senón de tódolos pobos. 402 00:37:31,588 --> 00:37:34,588 Se a esperanza de evitarlo non é razón abonda 403 00:37:34,671 --> 00:37:37,130 para que reconsideres a promesa, 404 00:37:38,130 --> 00:37:40,130 debes buscar outra. 405 00:38:07,421 --> 00:38:10,671 Cal foi a terra que mans inmortais 406 00:38:10,755 --> 00:38:14,005 alzaron do Mar Divisorio? 407 00:38:14,088 --> 00:38:17,421 A terra do don, a terra da estrela 408 00:38:17,505 --> 00:38:20,921 que brillaría para sempre? 409 00:38:21,005 --> 00:38:24,463 Foi Númenor, a fermosa Númenor, 410 00:38:24,546 --> 00:38:27,880 fermosa illa chea de graza... 411 00:38:29,255 --> 00:38:32,088 Que non vai ser perigoso. 412 00:38:32,171 --> 00:38:35,046 Ha estar acabado todo para cando eu desembarque. 413 00:38:35,130 --> 00:38:36,505 Cálallo ao meu pai. 414 00:38:36,588 --> 00:38:40,505 Presume de que vai ter un xenro heroe de guerra. 415 00:38:41,171 --> 00:38:43,171 Cantade! Veña, cantade. 416 00:38:43,255 --> 00:38:44,963 Lembras a letra, non si? 417 00:38:45,046 --> 00:38:49,005 Logo de oírte grallala toda a noite, non a esquecerei. 418 00:38:49,088 --> 00:38:52,546 Igual Isildur canta contigo. 419 00:38:55,171 --> 00:38:56,796 Xa me gustaría velo. 420 00:38:56,880 --> 00:39:02,130 Que a nosa gran terra viva sempre e as nosas espadas venzan a morte. 421 00:39:02,213 --> 00:39:05,088 -Digo que non. -Aínda non dixen nada. 422 00:39:05,171 --> 00:39:06,380 Despois de 15 anos, 423 00:39:06,463 --> 00:39:08,838 cres que non sei o que vés dicir? 424 00:39:08,921 --> 00:39:11,213 -Son 16, pero... -Ontamo. 425 00:39:11,296 --> 00:39:13,755 Vale. Que vin dicir? 426 00:39:13,838 --> 00:39:16,463 Unha desculpa, que Ontamo, seguro, 427 00:39:16,546 --> 00:39:19,005 aceptaría axiña, pero eu non. 428 00:39:19,088 --> 00:39:20,588 E sabes por que? 429 00:39:21,505 --> 00:39:25,588 Véste escusar porque cres que como me ascenderon, 430 00:39:25,671 --> 00:39:27,546 podo meterte na expedición. 431 00:39:31,963 --> 00:39:33,421 -Podes? -Era visto. 432 00:39:35,130 --> 00:39:38,171 Aínda que non cho aceptaría no intre, 433 00:39:38,255 --> 00:39:40,171 -ben por escusarte. -Non o fixo. 434 00:39:40,255 --> 00:39:41,546 Fixen tal! 435 00:39:41,630 --> 00:39:45,088 Pero fareino de novo. Perdón por empezar a pelexa. 436 00:39:46,713 --> 00:39:48,463 Por favor, lévame contigo. 437 00:39:49,630 --> 00:39:50,838 Non. 438 00:39:53,546 --> 00:39:55,630 Que fai falta para amigarnos? 439 00:39:56,380 --> 00:39:57,880 Vale, zóscame unha vez. 440 00:39:58,671 --> 00:40:01,380 Mandíbula, barriga, elixe, un golpe. 441 00:40:04,255 --> 00:40:05,255 Tres. 442 00:40:06,213 --> 00:40:07,296 Dous. 443 00:40:07,880 --> 00:40:08,880 Oíches... 444 00:40:13,921 --> 00:40:15,255 Parecéronme tres. 445 00:40:20,921 --> 00:40:23,255 Entón, lévasme no barco? 446 00:40:24,213 --> 00:40:27,213 Isildur, es o meu máis vello amigo. 447 00:40:28,963 --> 00:40:32,005 E talvez aínda o mellor, pero... 448 00:40:32,088 --> 00:40:34,088 -Que dis? -Ontamo, cala. 449 00:40:34,671 --> 00:40:37,088 Non podo, en conciencia, xogar o nome 450 00:40:37,171 --> 00:40:40,171 recomendándote para un servizo que igual abandonas. 451 00:40:40,255 --> 00:40:42,380 Desta será diferente. 452 00:40:44,213 --> 00:40:45,880 Algún día así o espero. 453 00:40:47,630 --> 00:40:50,338 Un día, espero que atopes algo 454 00:40:50,421 --> 00:40:53,421 polo que esteas disposto a sacrificar o que sexa. 455 00:40:55,838 --> 00:40:58,338 Coidareiche a Berek. Prométocho. 456 00:40:58,755 --> 00:41:00,088 Berek vai? 457 00:41:01,005 --> 00:41:02,838 O mestre cabaleiro recrutouno. 458 00:41:04,338 --> 00:41:07,755 Síntoo, Isil. O mar sempre ten razón. 459 00:41:57,171 --> 00:42:00,005 Vas ir de polisón? 460 00:42:08,255 --> 00:42:09,880 Vas queimar o barco? 461 00:42:09,963 --> 00:42:13,671 Marcha decontado. Non lle direi a ninguén que te vin. 462 00:42:13,755 --> 00:42:16,213 -Dáme a lámpada. -Quieto. 463 00:42:17,505 --> 00:42:18,338 Dáma! 464 00:42:51,421 --> 00:42:53,421 Que veñan todos. Apurade! 465 00:42:54,505 --> 00:42:56,546 Sacádeos. Rápido. 466 00:42:57,630 --> 00:42:59,630 Sacádeos! Isildur? 467 00:43:08,338 --> 00:43:09,505 Isildur! 468 00:43:11,630 --> 00:43:12,713 Que pasou? 469 00:43:13,421 --> 00:43:16,588 El estaba nun pesqueiro. Debeu estoupar un barril. 470 00:43:16,671 --> 00:43:17,838 Un barril? 471 00:43:19,921 --> 00:43:21,296 Salvoume a vida. 472 00:43:22,005 --> 00:43:24,588 Puido marchar, pero salvoume. 473 00:43:24,671 --> 00:43:25,921 Capitán! 474 00:43:42,505 --> 00:43:45,338 Sospeitamos que foi un bandido, 475 00:43:45,421 --> 00:43:47,338 pero aínda non o atopamos. 476 00:43:47,421 --> 00:43:51,005 Menos mal que non perdemos o resto dos barcos. 477 00:43:51,088 --> 00:43:54,838 Ben se ve que foi para facervos dubidar, raíña rexente. 478 00:43:54,921 --> 00:43:58,213 -Non o permitades. -Teño que discrepar da elfa. 479 00:43:58,296 --> 00:44:00,713 Igual si que nos precipitamos. 480 00:44:00,796 --> 00:44:03,255 Un reino débese dirixir, non arrastrar. 481 00:44:03,338 --> 00:44:05,130 Recomendo atrasar a viaxe 482 00:44:05,213 --> 00:44:07,921 ata ganar máis apoio para a vosa causa. 483 00:44:08,005 --> 00:44:12,005 O inimigo cobra forza cada día. Talvez cada hora que dubidamos. 484 00:44:12,088 --> 00:44:15,380 Lembrade por que elixistes este camiño. A vosa fe. 485 00:44:15,463 --> 00:44:17,588 Pensas que o podo esquecer? 486 00:44:18,088 --> 00:44:22,546 Aínda temos tres barcos. E a bendición do voso pai. 487 00:44:26,380 --> 00:44:27,963 E o señor Halbrand? 488 00:44:28,796 --> 00:44:30,296 Agarda que partamos. 489 00:44:30,380 --> 00:44:31,796 Ben seguro. 490 00:44:36,380 --> 00:44:38,796 Dígolle á Garda Mariña que agardamos? 491 00:44:44,421 --> 00:44:48,463 Este consello reunirase ao albor para tomar unha decisión. 492 00:44:50,505 --> 00:44:52,838 Que o señor Halbrand asista. 493 00:45:01,671 --> 00:45:03,880 Que destes descuberto? 494 00:45:04,588 --> 00:45:06,005 Elrond, perdóame. 495 00:45:06,630 --> 00:45:07,880 Por que? 496 00:45:07,963 --> 00:45:10,005 Por non dicircho antes. 497 00:45:14,255 --> 00:45:15,463 Sabiádelo. 498 00:45:16,255 --> 00:45:19,838 Pregueille que cho confiase dende o principio, 499 00:45:19,921 --> 00:45:21,755 pero o Alto Rei prohibiuno. 500 00:45:24,713 --> 00:45:27,130 E o mithril... 501 00:45:29,296 --> 00:45:31,005 É a nosa única salvación? 502 00:45:31,088 --> 00:45:35,130 Elrond, sometino a todo tipo de probas. 503 00:45:36,296 --> 00:45:39,005 Nada diminúe a luz del. 504 00:45:39,963 --> 00:45:44,463 Cremos que se podemos obter moita cantidade del rápido, 505 00:45:44,546 --> 00:45:49,963 para impregnar a tódolos elfos coa luz dos Valar outra vez... 506 00:45:52,630 --> 00:45:53,963 Entón, si. 507 00:45:55,505 --> 00:45:58,255 Si. Talmente podería ser. 508 00:46:08,171 --> 00:46:09,505 Síntoo. 509 00:46:11,505 --> 00:46:13,338 Que o Alto Rei me enganase? 510 00:46:15,255 --> 00:46:18,755 Ou que esteamos condenados se non rompo unha promesa... 511 00:46:20,546 --> 00:46:21,963 e traizoo un amigo? 512 00:46:23,838 --> 00:46:29,255 Eu estaba alí, Elrond, a noite que o teu pai zarpou. 513 00:46:32,463 --> 00:46:37,296 Un home mortal, que cría que podería convencer os deuses 514 00:46:39,046 --> 00:46:40,921 de que nos axudasen na guerra. 515 00:46:42,921 --> 00:46:46,213 Oín a túa nai rogándolle que non fose, 516 00:46:46,296 --> 00:46:50,130 preguntáballe, implorando, por que tiña que ser el? 517 00:46:52,380 --> 00:46:54,130 E sabes o que lle dixo? 518 00:46:59,546 --> 00:47:02,130 Que era o único que o podía facer. 519 00:47:23,546 --> 00:47:25,796 Fixen mal en utilizarte. 520 00:47:26,880 --> 00:47:28,296 E descúlpome. 521 00:47:30,588 --> 00:47:33,546 Mañá, a raíña convocarate a unha audiencia. 522 00:47:33,630 --> 00:47:38,296 A túa voz na reunión pode decidir se a misión segue ou non. 523 00:47:39,046 --> 00:47:42,046 -Axúdame. -Xa che axudei abondo. 524 00:47:43,505 --> 00:47:45,088 Pois axúdate a ti. 525 00:47:45,838 --> 00:47:48,755 Non loites comigo, loitemos xuntos contra eles. 526 00:47:49,421 --> 00:47:53,755 Non hai moito, homes coma min loitaban xunto a eles. 527 00:47:53,838 --> 00:47:55,505 Homes coma ti, non ti mesmo. 528 00:48:02,005 --> 00:48:03,171 Equivócaste. 529 00:48:07,338 --> 00:48:11,755 Non sabes o que fixen antes de acabar naquela balsa. 530 00:48:16,588 --> 00:48:18,421 Non sabes como sobrevivín. 531 00:48:27,380 --> 00:48:28,880 Como sobrevivimos todos. 532 00:48:35,630 --> 00:48:38,963 E cando estes o descubran, rexeitaranme. 533 00:48:40,463 --> 00:48:41,671 E ti tamén. 534 00:48:44,046 --> 00:48:48,671 Ás veces, para atopar a luz, antes hai que tocar a escuridade. 535 00:48:52,463 --> 00:48:54,213 Que sabes ti da escuridade? 536 00:48:58,255 --> 00:49:00,088 De quen era a daga, Galadriel? 537 00:49:01,088 --> 00:49:02,588 A quen perdiches? 538 00:49:03,838 --> 00:49:04,838 A meu irmán. 539 00:49:05,505 --> 00:49:06,755 Que lle pasou? 540 00:49:06,838 --> 00:49:08,463 Matárono. 541 00:49:08,546 --> 00:49:10,796 Nun lugar de tebras e desespero. 542 00:49:10,880 --> 00:49:13,588 Os servos de Sauron. Abóndache? 543 00:49:13,671 --> 00:49:15,171 Logo isto é por vinganza. 544 00:49:15,255 --> 00:49:17,630 Non se sacia a sede con auga de mar. 545 00:49:17,713 --> 00:49:20,255 Logo, por que? Por que segues loitando? 546 00:49:21,171 --> 00:49:25,255 Pídesme que vaia ao único lugar ao que xurei non volver. 547 00:49:25,338 --> 00:49:27,630 Polo menos dime por que. 548 00:49:29,380 --> 00:49:31,171 Por que segues loitando? 549 00:49:31,255 --> 00:49:33,005 Porque non podo parar. 550 00:49:47,088 --> 00:49:49,380 A compañía que dirixía amotinóuseme. 551 00:49:51,755 --> 00:49:55,963 O meu mellor amigo conspirou co rei para exiliarme. 552 00:49:56,505 --> 00:50:00,380 E todos eles actuaron así... 553 00:50:03,921 --> 00:50:07,171 porque creo que xa non me distinguían... 554 00:50:08,213 --> 00:50:10,213 do mal que eu combatía. 555 00:50:16,171 --> 00:50:17,421 Síntoo. 556 00:50:20,921 --> 00:50:22,255 O do teu irmán. 557 00:50:23,463 --> 00:50:24,713 E todo. 558 00:50:25,755 --> 00:50:27,005 Síntoo. 559 00:50:28,338 --> 00:50:30,880 O teu pesar non me pode aliviar a dor. 560 00:50:32,671 --> 00:50:35,171 Nin un martelo e unhas tenaces a túa. 561 00:50:36,630 --> 00:50:39,421 Non hai paz para ti aquí. 562 00:50:39,505 --> 00:50:41,005 Nin para min. 563 00:50:41,130 --> 00:50:43,505 Non haberá paz en camiño ningún, 564 00:50:43,588 --> 00:50:45,921 agás no que está cruzando o mar. 565 00:50:47,588 --> 00:50:50,588 Levo séculos loitando por conseguir a miña. 566 00:50:52,380 --> 00:50:54,088 Así conseguirás a túa. 567 00:51:14,338 --> 00:51:16,338 Moito agardei por este día. 568 00:51:17,671 --> 00:51:20,505 No que a vosa caste volvería ao fin, 569 00:51:21,463 --> 00:51:26,005 para sacarnos do esterco e a sucidade, 570 00:51:27,046 --> 00:51:30,963 e que ocupemos o noso sitio xunto a vós. 571 00:51:33,046 --> 00:51:36,671 Xuro servirvos para sempre. 572 00:51:39,630 --> 00:51:43,255 Xúrolle lealdade a Sauron. 573 00:52:03,963 --> 00:52:05,963 Es Sauron, non si? 574 00:52:16,796 --> 00:52:18,588 Ei... Agarda... 575 00:52:22,046 --> 00:52:24,838 Servireite a ti, entón. Quen sexas. 576 00:52:37,630 --> 00:52:40,046 Só o sangue pode unir. 577 00:52:48,713 --> 00:52:49,880 Waldreg? 578 00:52:58,338 --> 00:52:59,588 Waldreg... 579 00:53:02,213 --> 00:53:03,546 Waldreg, non. 580 00:53:05,130 --> 00:53:06,421 Non... 581 00:53:07,796 --> 00:53:08,880 Non. 582 00:53:13,088 --> 00:53:14,171 Non... 583 00:53:15,088 --> 00:53:16,171 Non! 584 00:53:19,713 --> 00:53:21,296 Debes apuntar máis alto. 585 00:53:24,380 --> 00:53:26,588 E non lle teñas medo á corda. 586 00:53:27,255 --> 00:53:29,088 Para que me queres ensinar? 587 00:53:30,963 --> 00:53:33,671 Porque me levou máis de 200 anos 588 00:53:33,755 --> 00:53:37,421 reunir o valor para estar aquí hoxe. 589 00:53:38,796 --> 00:53:40,671 Ti reuníchelo en só 14. 590 00:53:41,796 --> 00:53:43,588 E vainos facer falta na loita. 591 00:53:43,671 --> 00:53:46,046 Levo a vida vendo os teus vixiarnos. 592 00:53:46,130 --> 00:53:47,880 Controlando cada murmurio. 593 00:53:48,671 --> 00:53:50,838 Cada coitelo moi afiado. 594 00:53:52,171 --> 00:53:54,671 Agora vannos enterrar nesta torre. 595 00:53:54,755 --> 00:53:56,546 Para que enterrarte connosco? 596 00:53:58,421 --> 00:54:01,255 Porque vixiando os murmurios e os coitelos, 597 00:54:01,338 --> 00:54:04,963 cheguei a coñecer as voces e as mans detrás deles. 598 00:54:06,255 --> 00:54:07,755 Moitos dos nosos fuxiron. 599 00:54:08,838 --> 00:54:10,671 Pero moitos quedaron. 600 00:54:12,130 --> 00:54:13,213 Entre eles, ti. 601 00:54:19,838 --> 00:54:21,338 Así que apunta alto. 602 00:54:39,088 --> 00:54:41,088 Hai algo que non sabes. 603 00:54:49,421 --> 00:54:50,921 Xa vin isto antes. 604 00:55:39,046 --> 00:55:40,255 É unha chave. 605 00:55:42,380 --> 00:55:46,880 Embruxada por vellas artes do inimigo para escravizar os teus antecesores. 606 00:55:46,963 --> 00:55:48,505 Unha chave de que? 607 00:55:51,880 --> 00:55:53,296 Non o sei. 608 00:55:53,380 --> 00:55:56,171 O xefe inimigo falou de converterse nun deus. 609 00:55:56,255 --> 00:55:58,921 De darlles aos orcos un fogar nestas terras. 610 00:55:59,921 --> 00:56:02,588 Busque o que busque, algo é seguro: 611 00:56:05,088 --> 00:56:08,296 O inimigo sabe que o teu fillo ten o que precisa. 612 00:56:14,463 --> 00:56:15,671 Canto falta? 613 00:56:17,213 --> 00:56:18,380 Días. 614 00:56:21,046 --> 00:56:22,463 Talvez horas. 615 00:56:27,421 --> 00:56:29,130 Podemos sobrevivir, Bronwyn. 616 00:56:29,796 --> 00:56:31,213 Dalgún xeito. 617 00:56:32,796 --> 00:56:33,963 Ten que o haber. 618 00:56:37,671 --> 00:56:39,088 Hai un. 619 00:56:40,338 --> 00:56:44,046 Non! Dobrégate ante o inimigo e estragaralo todo. 620 00:56:45,630 --> 00:56:47,630 Para o teu fillo e os fillos del. 621 00:56:49,338 --> 00:56:53,338 O teu pobo traballou unha idade enteira para recuperar a virtude. 622 00:56:54,046 --> 00:56:57,171 Desfaríalo todo nun momento de desesperación? 623 00:57:00,088 --> 00:57:02,088 Ten que haber outro xeito. 624 00:57:02,171 --> 00:57:04,671 Di cal. Rógocho. 625 00:57:10,171 --> 00:57:11,213 Ves? 626 00:57:12,713 --> 00:57:14,713 Faciades ben vixiándonos. 627 00:57:16,046 --> 00:57:18,463 Porque estamos destinados ás tebras. 628 00:57:20,213 --> 00:57:21,671 Así sobrevivimos. 629 00:57:24,838 --> 00:57:26,421 Se cadra é o que somos. 630 00:57:28,338 --> 00:57:29,838 O que seremos sempre. 631 00:57:30,755 --> 00:57:35,380 Hai moito máis en xogo aquí cás nosas vidas. 632 00:57:36,755 --> 00:57:40,671 Cando Morgoth fixo a guerra, continentes enteiros afundiron. 633 00:57:40,755 --> 00:57:43,421 Quen sabe que horrores pode desatar iso, 634 00:57:43,505 --> 00:57:45,171 se o inimigo a consegue. 635 00:57:45,255 --> 00:57:47,255 Con que forza o imos deter? 636 00:57:47,880 --> 00:57:49,796 Mira arredor. Acabouse. 637 00:57:49,880 --> 00:57:51,671 -Aínda non. -Pouco falta. 638 00:57:53,421 --> 00:57:55,963 E cando veñan sobre nós, a torre caerá. 639 00:58:13,880 --> 00:58:14,921 Nampat! 640 00:58:59,921 --> 00:59:02,005 Inventáchelo, non si? 641 00:59:02,088 --> 00:59:04,921 Disa quere unha mesa nova hai anos. 642 00:59:12,380 --> 00:59:14,130 Veña, que para tanto non é. 643 00:59:14,213 --> 00:59:17,213 Non é polo da mesa. 644 00:59:18,046 --> 00:59:19,671 E por que non o dis? 645 00:59:19,755 --> 00:59:22,630 Compartir un pesar pode alivialo ou aumentalo. 646 00:59:22,713 --> 00:59:24,880 Depende do corazón que o reciba. 647 00:59:24,963 --> 00:59:28,755 Polas barbas de Aulë! Déixate de andrómenas. 648 00:59:28,838 --> 00:59:31,838 Fala claro e faino sen rodeos. 649 00:59:37,588 --> 00:59:40,005 Non fun sincero contigo, Durin. 650 00:59:41,963 --> 00:59:45,380 Non fun a Khazad-dûm por amizade, senón por ambición. 651 00:59:46,338 --> 00:59:47,755 Non o sabía. 652 00:59:50,296 --> 00:59:51,921 Pero fun polo mithril. 653 00:59:58,046 --> 00:59:59,296 Por que? 654 01:00:01,005 --> 01:00:02,421 Sen el, 655 01:00:03,505 --> 01:00:07,921 a miña raza deberá abandonar estas costas na primavera ou perecer. 656 01:00:09,796 --> 01:00:11,046 Perecer? 657 01:00:12,505 --> 01:00:14,171 E por que? 658 01:00:16,171 --> 01:00:21,838 As nosas almas inmortais reduciranse ao nada, 659 01:00:23,546 --> 01:00:25,171 minguando pouco a pouco, 660 01:00:26,171 --> 01:00:27,838 ata non ser máis ca sombras, 661 01:00:29,213 --> 01:00:31,921 borradas polo pasar do tempo. 662 01:00:33,755 --> 01:00:35,005 Para sempre. 663 01:00:48,963 --> 01:00:54,713 Entón o destino de toda a raza dos elfos depende de min? 664 01:00:55,713 --> 01:00:57,421 Iso parece. 665 01:01:03,630 --> 01:01:05,046 Dío outra vez. 666 01:01:05,505 --> 01:01:11,338 O destino de toda a raza dos elfos depende de ti. 667 01:01:20,046 --> 01:01:21,463 De quen? 668 01:01:23,755 --> 01:01:25,171 De ti. 669 01:01:40,421 --> 01:01:43,546 Fai a equipaxe, que marchamos. 670 01:01:43,630 --> 01:01:46,005 -Durin... -Non mo agradezas aínda. 671 01:01:46,088 --> 01:01:48,838 Faino cando convenzamos a meu pai. 672 01:01:48,921 --> 01:01:51,130 Veña, marchamos ou que? 673 01:01:51,213 --> 01:01:53,046 A viaxe de volta é longa. 674 01:01:53,130 --> 01:01:56,630 E tanto sol xa me está amargando. 675 01:01:56,713 --> 01:02:00,296 Cunha condición. Dille a Disa que a mesa é regalo meu. 676 01:02:00,380 --> 01:02:02,130 Non tentes a sorte, elfo. 677 01:02:22,838 --> 01:02:25,671 Señor Halbrand, a raíña rexente convócavos. 678 01:04:35,255 --> 01:04:38,255 Mira a quen lle conseguiu un posto o pai. Outra vez. 679 01:04:40,338 --> 01:04:42,213 Gañeino. Igual ca ti. 680 01:04:42,296 --> 01:04:43,505 Soldado! 681 01:04:46,755 --> 01:04:48,338 Onda o mestre cabaleiro. 682 01:04:49,713 --> 01:04:51,213 Pero estou na cabalaría. 683 01:04:51,296 --> 01:04:52,630 Estás. 684 01:04:55,963 --> 01:04:57,213 A varrer as cortes. 685 01:05:16,796 --> 01:05:17,630 Soldados! 686 01:06:06,713 --> 01:06:08,005 Soltade amarras! 687 01:06:08,671 --> 01:06:10,171 Axustade a vela! 688 01:06:10,588 --> 01:06:12,255 Rumbo nordés! 689 01:06:13,963 --> 01:06:15,213 Á Terra Media. 690 01:06:16,796 --> 01:06:18,005 Ben! 691 01:07:10,463 --> 01:07:13,755 O sol xa se pon 692 01:07:13,838 --> 01:07:17,213 baixo árbores de pedra. 693 01:07:17,296 --> 01:07:20,255 A luz da torre 694 01:07:20,338 --> 01:07:23,380 xa non é o meu fogar. 695 01:07:23,463 --> 01:07:26,171 Lembranzas do lume, 696 01:07:26,255 --> 01:07:29,505 area negra para durmir. 697 01:07:29,588 --> 01:07:31,921 Cambio o que coñezo 698 01:07:32,005 --> 01:07:36,713 por un escuro provir. 699 01:07:36,796 --> 01:07:42,046 Chamádeme, chamádeme, terras afastadas. 700 01:07:42,130 --> 01:07:47,838 Pois debo marchar neste día de errar. 701 01:07:47,921 --> 01:07:50,505 Debo marchar 702 01:07:50,588 --> 01:07:55,171 neste día de errar. 703 01:07:55,255 --> 01:07:57,755 Bebida teño pouca 704 01:07:57,838 --> 01:08:00,880 e a comida escasa é. 705 01:08:00,963 --> 01:08:06,338 A forza dime non pero o camiño pídeme seguir. 706 01:08:06,421 --> 01:08:12,380 Teño as pernas curtas e o camiño é longo. 707 01:08:12,463 --> 01:08:15,380 Non teño descanso ni consolo, 708 01:08:15,463 --> 01:08:20,255 só me reconforta cantar. 709 01:08:20,338 --> 01:08:25,713 Cantádeme, cantádeme, terras afastadas. 710 01:08:25,796 --> 01:08:31,255 Alzádevos e guiádeme neste día de errar.. 711 01:08:31,338 --> 01:08:34,213 Por favor, vide buscarme, 712 01:08:34,296 --> 01:08:39,046 neste día de errar. 713 01:08:39,130 --> 01:08:41,921 Por fin me responden 714 01:08:42,005 --> 01:08:44,963 entre o frío e a xeada, 715 01:08:45,046 --> 01:08:50,755 que non todo o que dubida ou vaga anda perdido. 716 01:08:50,838 --> 01:08:53,630 Non importa a pena 717 01:08:53,713 --> 01:08:56,713 nin o que custe, 718 01:08:56,796 --> 01:09:02,796 non todo o que dubida ou vaga anda perdido. 719 01:09:05,380 --> 01:09:07,380 Subtítulos: Lucía Doval 720 01:09:07,463 --> 01:09:09,463 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea