1 00:00:06,255 --> 00:00:09,421 Ao arrubiar as follas do carballo, imos ao Arboredo. 2 00:00:09,546 --> 00:00:12,796 O malo son os cen perigos que hai entre acó e aló. 3 00:00:13,171 --> 00:00:15,046 Eu son perigo. 4 00:00:15,338 --> 00:00:16,130 Para! 5 00:00:24,630 --> 00:00:27,255 A nosa luz esmorece. 6 00:00:27,588 --> 00:00:31,088 O mithril é a nosa única salvación? 7 00:00:31,463 --> 00:00:35,255 Entón o destino de toda a raza dos elfos... 8 00:00:35,296 --> 00:00:36,505 Depende de ti. 9 00:00:37,546 --> 00:00:38,421 Morte! 10 00:00:38,505 --> 00:00:41,296 Sauron foi tan inimigo voso coma meu. 11 00:00:42,213 --> 00:00:45,963 Acudo a vós para restablecer a alianza entre Númenor e os elfos. 12 00:00:46,046 --> 00:00:48,046 Para salvar os das Terras do Sur. 13 00:00:50,046 --> 00:00:51,421 Entrégamo. 14 00:00:51,546 --> 00:00:52,630 Está aquí debaixo. 15 00:00:57,130 --> 00:01:00,213 Viva o verdadeiro rei das Terras do Sur! 16 00:01:00,546 --> 00:01:02,380 Viva! 17 00:01:08,755 --> 00:01:09,630 Refuxiádevos! 18 00:01:09,713 --> 00:01:10,546 A raíña! 19 00:01:11,838 --> 00:01:13,296 Theo! 20 00:02:33,421 --> 00:02:39,338 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 21 00:04:29,171 --> 00:04:30,005 Axuda! 22 00:04:38,005 --> 00:04:39,421 Halbrand! 23 00:04:45,255 --> 00:04:46,421 Elendil! 24 00:04:49,088 --> 00:04:50,505 Halbrand! 25 00:04:51,338 --> 00:04:53,421 Madre... 26 00:04:55,130 --> 00:04:56,546 Madre! 27 00:04:57,421 --> 00:04:58,671 Aquí. 28 00:05:00,713 --> 00:05:01,880 Ven acó. 29 00:05:07,755 --> 00:05:10,171 -Estás ferido? -Non. 30 00:05:12,505 --> 00:05:13,921 Queda comigo. 31 00:05:15,130 --> 00:05:15,963 Vamos. 32 00:05:37,130 --> 00:05:39,713 Onde vai Ontamo? Estaba comigo. 33 00:05:42,380 --> 00:05:43,630 Arrástrate. 34 00:05:43,713 --> 00:05:45,213 Non te vou deixar. 35 00:05:45,630 --> 00:05:47,296 Soldado, aquí! 36 00:05:49,505 --> 00:05:50,546 Valandil! 37 00:06:15,005 --> 00:06:17,421 Soldado, está morto. 38 00:06:18,588 --> 00:06:19,421 Morreu. 39 00:06:21,005 --> 00:06:22,005 Por aquí! 40 00:06:23,213 --> 00:06:25,421 -Morreu. -Vamos! 41 00:06:25,505 --> 00:06:27,088 Por favor, axuda! 42 00:06:27,171 --> 00:06:30,796 Soldados, o tellado vai caer. 43 00:06:32,005 --> 00:06:33,505 Bulide, abride paso. 44 00:06:53,755 --> 00:06:56,005 Aquí. Por aquí. 45 00:06:56,088 --> 00:06:58,421 Cólleme da man. Tranquilo. 46 00:06:59,046 --> 00:07:01,463 Seguide. Ide xuntos. 47 00:07:02,713 --> 00:07:04,046 Apurade, maxestade. 48 00:07:04,130 --> 00:07:05,130 Vamos. 49 00:07:07,671 --> 00:07:09,046 Ide cara á ponte. 50 00:07:09,130 --> 00:07:10,546 Sacádeos de aquí! 51 00:07:14,296 --> 00:07:15,130 Non! 52 00:07:24,505 --> 00:07:28,046 Isildur! 53 00:07:29,505 --> 00:07:31,838 O vello Bochogamo foi aos caracois 54 00:07:31,921 --> 00:07:33,713 un fermoso día de outono. 55 00:07:34,296 --> 00:07:36,505 Atopou cen deles grandes. 56 00:07:36,588 --> 00:07:38,505 Quen mos dera para min! 57 00:07:38,588 --> 00:07:39,505 Aí diante. 58 00:07:39,588 --> 00:07:42,088 O Arboredo! Coido que chegamos. 59 00:07:42,171 --> 00:07:43,671 Dixéchelo hai tres días. 60 00:07:43,755 --> 00:07:46,755 Non, ten razón. Lémbrome disto. 61 00:07:46,838 --> 00:07:48,005 Vamos! 62 00:07:48,088 --> 00:07:52,046 Chéiralo? Fume de leña! Estarán cociñando os outros. 63 00:08:21,796 --> 00:08:23,171 Señor Tobeira... 64 00:08:24,630 --> 00:08:25,880 Que pasou? 65 00:08:26,838 --> 00:08:32,671 O meu bisavó falaba de montañas ao sur que cuspían rochas ardendo. 66 00:08:33,630 --> 00:08:35,171 Dicía que durmían. 67 00:08:36,296 --> 00:08:38,338 Ás veces, centos de anos. 68 00:08:40,130 --> 00:08:45,963 E que volvían espertar cando xurdía un novo mal. 69 00:09:08,213 --> 00:09:09,421 Brandipé... 70 00:09:10,505 --> 00:09:13,338 O teu amigo. O mangallón... 71 00:09:14,255 --> 00:09:16,338 -Cres que...? -O que? 72 00:09:16,421 --> 00:09:17,921 Igual pode amañalo. 73 00:09:18,005 --> 00:09:20,130 -Iso, Nori. -Coma o dos lobos. 74 00:09:20,213 --> 00:09:22,130 -A que agardas? -Non sei... 75 00:09:22,213 --> 00:09:23,630 Xa fixo moito por nós. 76 00:09:24,755 --> 00:09:27,255 Sería abusar pedirlle máis. 77 00:09:28,713 --> 00:09:29,796 Xa vexo. 78 00:09:32,296 --> 00:09:33,505 Preguntareille eu. 79 00:09:34,671 --> 00:09:35,505 Sadoc! 80 00:09:35,588 --> 00:09:37,338 Deixade pasar, nenas. 81 00:09:42,005 --> 00:09:44,005 Renóvate. 82 00:09:44,088 --> 00:09:48,755 Restáurate. 83 00:09:51,755 --> 00:09:53,546 Restáurate! 84 00:09:54,296 --> 00:09:56,130 Florece. 85 00:09:57,255 --> 00:09:59,463 -Florece... -Que farfalla? 86 00:09:59,546 --> 00:10:02,755 Serán palabriñas que a árbore entenda. 87 00:10:02,838 --> 00:10:04,838 Sadoc, as árbores non falan. 88 00:10:04,921 --> 00:10:05,963 Algunhas si. 89 00:10:06,880 --> 00:10:08,296 Non o distraiades. 90 00:10:14,171 --> 00:10:17,130 Restáurate! 91 00:10:17,213 --> 00:10:18,296 Florece! 92 00:10:18,380 --> 00:10:21,921 Cabrallo! E funciona! 93 00:10:23,213 --> 00:10:29,213 Vive! 94 00:10:33,713 --> 00:10:35,130 Estaa amañando. 95 00:10:35,213 --> 00:10:37,130 Como dixo Sadoc. 96 00:10:40,171 --> 00:10:41,255 Dilly, afasta! 97 00:10:45,005 --> 00:10:46,921 -Non! -Nori! 98 00:10:47,005 --> 00:10:48,880 Neniñas, pequenas! 99 00:10:48,963 --> 00:10:50,713 Nori! Dilly! 100 00:10:50,796 --> 00:10:53,588 Dilly, Nori, estades ben? 101 00:10:55,921 --> 00:10:57,046 Anda, sae. 102 00:10:57,130 --> 00:10:58,713 Estades ben? 103 00:10:58,796 --> 00:11:00,713 Estou. Xa o dixen. 104 00:11:01,338 --> 00:11:02,171 Estou... 105 00:11:23,463 --> 00:11:26,880 Pedímoslle algo sagrado á montaña. 106 00:11:28,671 --> 00:11:31,171 E ofrecemos algo sagrado a cambio. 107 00:11:32,630 --> 00:11:36,213 A troco do acceso ás minas de mithril, 108 00:11:36,296 --> 00:11:38,755 os elfos fornecerán a cidade 109 00:11:38,838 --> 00:11:42,296 de caza, cereais 110 00:11:42,380 --> 00:11:47,338 e madeira dos bosques antigos de Eriador os próximos cinco séculos. 111 00:11:47,755 --> 00:11:49,088 Cinco séculos? 112 00:11:49,171 --> 00:11:51,713 Boa promesa, se a cumpren. 113 00:11:52,630 --> 00:11:54,630 Nunca prometo nada ao chou. 114 00:11:56,755 --> 00:11:59,505 Vexo que aprendiches algo da Lingua da Pedra. 115 00:12:00,546 --> 00:12:01,796 Admirable. 116 00:12:03,130 --> 00:12:06,963 E logo, por que deberiamos confiar nun elfo? 117 00:12:08,796 --> 00:12:10,046 Non deberiades. 118 00:12:12,088 --> 00:12:13,755 Pero en min podedes. 119 00:12:14,505 --> 00:12:18,338 Pois non son un elfo corrente, senón Elrond Medio Elfo. 120 00:12:19,088 --> 00:12:23,463 E vexo nos elfos o que non poden ver en si mesmos. 121 00:12:23,921 --> 00:12:26,713 Por iso agora estou aquí eu só. 122 00:12:30,588 --> 00:12:31,755 Implorando. 123 00:12:33,630 --> 00:12:35,796 Para que salvedes o meu pobo. 124 00:12:37,505 --> 00:12:41,755 Prégovolo, nobre rei. Axudádenos. 125 00:12:52,755 --> 00:12:54,755 Vou falar co meu fillo agora. 126 00:13:17,505 --> 00:13:19,505 Que responderás, Padre? 127 00:13:27,171 --> 00:13:32,671 Din que cando Aulë creou a nosa raza, 128 00:13:33,880 --> 00:13:35,880 fíxonos de dous elementos. 129 00:13:37,088 --> 00:13:38,505 Lume e pedra. 130 00:13:40,505 --> 00:13:44,046 A pedra que vive en nós anhela o eterno, 131 00:13:44,130 --> 00:13:46,130 resistindo o paso do tempo. 132 00:13:47,421 --> 00:13:51,130 Mais o lume asume a verdade. 133 00:13:53,671 --> 00:13:56,963 A de que todo acaba consumido 134 00:13:57,046 --> 00:13:59,005 -e sendo cinzas. -Padre... 135 00:13:59,088 --> 00:14:01,755 Non escavamos na terra que non o aguanta. 136 00:14:01,963 --> 00:14:04,296 Afundando alén da escuridade. 137 00:14:04,380 --> 00:14:09,171 Tentando a sombra, a pedra e a mina a enterrarnos baixo a montaña. 138 00:14:09,255 --> 00:14:12,338 Non arriscarei vidas de ananos 139 00:14:13,588 --> 00:14:15,546 para que os elfos fuxan da morte. 140 00:14:15,630 --> 00:14:17,213 Fuxir da morte? 141 00:14:18,755 --> 00:14:19,838 Padre! 142 00:14:23,046 --> 00:14:26,463 O meu amigo afoga, 143 00:14:27,755 --> 00:14:30,588 pídeme que o leve á beira. 144 00:14:30,671 --> 00:14:32,838 Queres que no o auxilie 145 00:14:32,921 --> 00:14:35,171 porque temes un desprendemento? 146 00:14:35,296 --> 00:14:38,713 O destino dos elfos foi decidido hai moitas idades. 147 00:14:39,546 --> 00:14:43,005 Por mentes máis sabias 148 00:14:43,088 --> 00:14:45,380 e con máis visión ca nós. 149 00:14:46,921 --> 00:14:51,921 Se nos opoñemos, o reino enteiro pode caer. 150 00:14:53,880 --> 00:14:55,880 Talvez a Terra Media toda. 151 00:15:07,338 --> 00:15:09,171 Síntocho, fillo. 152 00:15:12,880 --> 00:15:14,546 Pero chegoulles a hora. 153 00:15:16,213 --> 00:15:19,088 Vello chocho, ruín, de barba piollosa! 154 00:15:19,838 --> 00:15:21,046 E se ten razón? 155 00:15:21,130 --> 00:15:23,796 Non o irás permitir? 156 00:15:26,088 --> 00:15:28,046 E que podemos facer? 157 00:15:28,130 --> 00:15:32,171 Dixeches que os outros Señores Ananos estaban abertos á proposta. 158 00:15:32,255 --> 00:15:34,838 Se reabrimos a mina nós 159 00:15:34,921 --> 00:15:37,796 e lles amosamos que é seguro extraer o mithril, 160 00:15:37,880 --> 00:15:39,546 talvez a eles os escoite. 161 00:15:39,630 --> 00:15:42,630 O teu pai igual acaba cedendo. 162 00:15:43,213 --> 00:15:45,838 É máis ca meu pai, Disa. 163 00:15:47,713 --> 00:15:49,338 É o noso rei. 164 00:15:50,130 --> 00:15:52,713 Que pai sería eu, 165 00:15:52,838 --> 00:15:55,130 se os fillos ven que o que di o rei 166 00:15:55,213 --> 00:15:58,171 conta tanto coma a escoura desbotada? 167 00:16:05,296 --> 00:16:06,546 Vale, de acordo. 168 00:16:07,796 --> 00:16:10,546 Non debín dicir que tiña piollos na barba. 169 00:16:12,296 --> 00:16:14,463 -Nin chamarlle chocho. -Xa. 170 00:16:14,546 --> 00:16:15,630 Non. 171 00:16:16,838 --> 00:16:20,046 Non. Odio que fales mal da miña nai. 172 00:16:21,838 --> 00:16:24,671 Pero ela piollos tenos na... 173 00:16:24,755 --> 00:16:26,505 É broma, muller. 174 00:17:03,755 --> 00:17:07,005 Supoño que non te convencerei para que quedes a cear. 175 00:17:08,255 --> 00:17:10,130 Gil-galad debe ser informado. 176 00:17:12,880 --> 00:17:17,588 Pronto deixará de ser rei, pois Lindon non existirá. 177 00:17:24,838 --> 00:17:26,838 Daquela isto é un adeus? 178 00:17:29,046 --> 00:17:30,630 Nós non dicimos adeus. 179 00:17:39,338 --> 00:17:40,921 -Dicimos namá... -Namárië. 180 00:17:42,421 --> 00:17:44,630 Significa máis ca adeus. 181 00:17:47,713 --> 00:17:51,213 Significa: "Vai cara á bondade". 182 00:19:13,880 --> 00:19:15,088 Elrond! 183 00:19:28,588 --> 00:19:29,796 Por que farían isto? 184 00:19:31,546 --> 00:19:32,963 Para crear un fogar. 185 00:19:34,380 --> 00:19:35,713 A súa Terra da Sombra. 186 00:19:36,505 --> 00:19:38,838 Pois recuperámola e botámolos. 187 00:19:38,921 --> 00:19:41,255 Non temos posición nin reforzos. 188 00:19:41,921 --> 00:19:43,505 Estas terras están mortas. 189 00:19:44,213 --> 00:19:45,630 Debemos ir cos vivos. 190 00:19:45,713 --> 00:19:47,588 Ou cortámoslles gorxa! 191 00:19:49,421 --> 00:19:51,046 Acabouse. 192 00:19:51,130 --> 00:19:52,838 Non. Non o permitirei! 193 00:19:52,921 --> 00:19:54,171 Debemos! 194 00:19:57,671 --> 00:19:58,921 Debemos. 195 00:20:03,880 --> 00:20:06,963 Que vos amola tanto? Non tedes a culpa. 196 00:20:10,088 --> 00:20:11,296 É tal. 197 00:20:21,671 --> 00:20:24,213 Seguide. Iso é. 198 00:20:30,921 --> 00:20:32,796 Axudádelles a aqueles. 199 00:21:00,921 --> 00:21:02,296 Isildur! 200 00:21:14,921 --> 00:21:17,088 -A raíña! -Está viva. 201 00:21:17,171 --> 00:21:18,755 -Maxestade. -Aí está. 202 00:21:18,838 --> 00:21:21,713 -Estará ben? -Pensei que a perderamos. 203 00:21:26,713 --> 00:21:27,963 Miña señora. 204 00:21:35,088 --> 00:21:36,338 Collede o meu cabalo. 205 00:21:46,630 --> 00:21:48,338 Capitán, o... 206 00:21:51,296 --> 00:21:53,421 -Capitán... -Onde está? 207 00:21:58,838 --> 00:22:00,505 Onde está meu fillo? 208 00:22:03,838 --> 00:22:06,463 Estarán mortos, non si? 209 00:22:08,463 --> 00:22:12,338 Arondir. Os meus amigos. Miña... 210 00:22:13,338 --> 00:22:16,546 Miña nai. Todos. 211 00:22:17,796 --> 00:22:22,796 A incerteza desacouga a mente. Non a enchas con cábalas. 212 00:22:29,171 --> 00:22:30,880 Sabemos onde imos? 213 00:22:30,963 --> 00:22:34,338 Númenor instalou o campamento naquel cordal, 214 00:22:34,421 --> 00:22:35,838 pasado aquel pìco. 215 00:22:36,588 --> 00:22:39,963 Alá irán axiña, xunto cos superviventes. 216 00:22:42,130 --> 00:22:43,546 Túa nai tamén. 217 00:22:45,671 --> 00:22:48,921 E vai con ollo, que os orcos andarán de día agora. 218 00:22:50,588 --> 00:22:52,838 Xa teño matado orcos. 219 00:22:52,921 --> 00:22:56,338 Cando era do teu tempo, non había orcos. 220 00:22:56,421 --> 00:22:59,546 E agora, cantos matastes xa? 221 00:22:59,630 --> 00:23:01,713 -Moitos. -Ben! 222 00:23:02,505 --> 00:23:04,505 Non diría tal cousa. 223 00:23:05,505 --> 00:23:06,588 Por que? 224 00:23:07,213 --> 00:23:10,588 Ensombrece o corazón dicir que actos escuros están ben. 225 00:23:11,921 --> 00:23:14,671 Dá lugar a que o mal medre en nós. 226 00:23:15,880 --> 00:23:18,463 As guerras líbranse fóra e dentro. 227 00:23:19,671 --> 00:23:22,005 Todo soldado debe telo presente. 228 00:23:23,546 --> 00:23:26,296 Eu tamén. E ti. 229 00:23:27,963 --> 00:23:29,213 E logo, son soldado? 230 00:23:40,088 --> 00:23:42,213 Igual aínda dámos feito un de ti. 231 00:24:21,921 --> 00:24:24,671 Canto falta para o campamento? 232 00:24:26,046 --> 00:24:27,588 Está despois desta subida. 233 00:24:40,338 --> 00:24:43,338 Canto falta para saírmos do fume? 234 00:24:46,963 --> 00:24:47,796 Parade. 235 00:24:59,588 --> 00:25:01,755 Canto hai que saímos del? 236 00:25:03,171 --> 00:25:04,588 Case unha milla. 237 00:25:06,213 --> 00:25:07,463 Xa vexo. 238 00:25:22,255 --> 00:25:23,338 De verdade? 239 00:25:26,213 --> 00:25:27,463 Só gris. 240 00:25:34,005 --> 00:25:35,838 Seguide andando os dous. 241 00:25:36,921 --> 00:25:40,088 Guiádeme o cabalo. Que ninguén se decate. 242 00:25:42,713 --> 00:25:43,880 Elendil... 243 00:25:46,171 --> 00:25:48,296 Elendil, por favor... 244 00:25:49,296 --> 00:25:50,546 Sigue andando. 245 00:26:17,046 --> 00:26:19,213 Chámanlle a Gran Fraga Verde. 246 00:26:19,296 --> 00:26:22,796 Mira para o camiño e guíate pola liña dos cantís. 247 00:26:22,880 --> 00:26:25,963 Os asentamentos da xente grande están do outro lado. 248 00:26:26,796 --> 00:26:30,713 Con sorte, eles axudaranche a atopar as estrelas. 249 00:26:36,713 --> 00:26:38,463 Porque só che podo dicir 250 00:26:38,546 --> 00:26:40,255 que os pepeludos non as vemos 251 00:26:40,338 --> 00:26:43,296 dende que os antecesores vivían no descoñecido, 252 00:26:43,380 --> 00:26:45,421 hai máis de mil anos. 253 00:26:45,505 --> 00:26:50,213 E iso é moito tempo andando. Ata para un de pernas grandes. 254 00:29:07,505 --> 00:29:09,838 Debera seguir no carreiro. 255 00:29:12,338 --> 00:29:17,046 Cando vin caer aquela estrela, debéraa deixar estar. 256 00:29:17,130 --> 00:29:19,505 -Elanor... -Intentaches dicirmo, Madre. 257 00:29:22,213 --> 00:29:23,838 Pero agora enténdoo. 258 00:29:26,130 --> 00:29:27,713 Son só unha pepeluda. 259 00:29:32,255 --> 00:29:33,838 É o único que serei. 260 00:29:38,213 --> 00:29:40,213 Vaite deitar, Nori. 261 00:29:42,588 --> 00:29:44,921 Seguimos co resto mañá. 262 00:30:17,421 --> 00:30:19,421 Perdestes algún achegado? 263 00:30:21,130 --> 00:30:22,296 Por eles. 264 00:30:24,130 --> 00:30:25,546 Algún familiar. 265 00:30:27,755 --> 00:30:30,088 O meu irmán: Finrod. 266 00:30:36,421 --> 00:30:37,755 E o meu marido. 267 00:30:39,255 --> 00:30:40,671 Marido? 268 00:30:41,546 --> 00:30:44,046 Celeborn chamábase. 269 00:30:47,046 --> 00:30:48,880 Coñecémonos nun claro florido. 270 00:30:50,755 --> 00:30:52,755 Eu bailaba e el viume. 271 00:30:55,046 --> 00:30:56,796 Estabades bailando? 272 00:30:57,963 --> 00:31:00,463 A guerra parecía moi lonxe entón. 273 00:31:04,296 --> 00:31:06,296 Cando el foi loitar, reprendino. 274 00:31:07,130 --> 00:31:09,130 A armadura non lle asentaba ben. 275 00:31:10,796 --> 00:31:12,463 Chameille ameixa prateada. 276 00:31:16,880 --> 00:31:18,880 Non o volvín ver despois diso. 277 00:31:30,046 --> 00:31:31,463 Miña señora... 278 00:31:33,713 --> 00:31:35,171 No que dixestes antes... 279 00:31:36,671 --> 00:31:37,880 enganádesvos. 280 00:31:39,255 --> 00:31:40,630 A culpa non é vosa. 281 00:31:42,255 --> 00:31:43,088 É miña. 282 00:31:43,171 --> 00:31:45,505 Non pretendías que pasase isto. 283 00:31:46,130 --> 00:31:50,588 Deille poder ao inimigo. Iso faime responsable. 284 00:31:51,296 --> 00:31:53,463 Algúns pensarían iso. 285 00:31:55,796 --> 00:31:59,380 Pero creo que os sabios miran tamén o que temos no corazón. 286 00:32:00,713 --> 00:32:02,296 E isto non estaba no teu. 287 00:32:04,963 --> 00:32:08,546 Non botes a carga deste día nos ombros, Theo. 288 00:32:10,796 --> 00:32:13,546 Talvez despois che sexa difícil soltala. 289 00:32:17,255 --> 00:32:21,088 Pero como me esquezo dela? 290 00:32:29,296 --> 00:32:34,213 Hai poderes alén da escuridade que actúan neste mundo. 291 00:32:36,171 --> 00:32:38,296 Se cadra en días coma este, 292 00:32:38,380 --> 00:32:41,380 non nos queda outra que confiar nos seus designios. 293 00:32:42,671 --> 00:32:44,171 E renunciar aos nosos. 294 00:32:44,755 --> 00:32:47,338 O meu fogar desapareceu. 295 00:32:50,380 --> 00:32:52,213 Que sentido ten iso? 296 00:32:58,963 --> 00:33:00,546 Non o vexo aínda. 297 00:33:21,088 --> 00:33:21,921 Señor... 298 00:33:22,630 --> 00:33:23,671 Cala a boca. 299 00:34:13,921 --> 00:34:17,046 Que? Que cheiras? 300 00:34:26,796 --> 00:34:27,963 Cinsas. 301 00:34:28,880 --> 00:34:30,880 Nada máis ca cinsas. 302 00:34:33,838 --> 00:34:36,463 Vamos, que perdemos o tempo. 303 00:34:47,546 --> 00:34:49,421 Descansa mentres poidas. 304 00:34:50,630 --> 00:34:52,213 Seguiremos coa luz do día. 305 00:34:54,380 --> 00:34:55,796 Que luz? 306 00:35:27,255 --> 00:35:28,463 Outro tremor. 307 00:35:29,046 --> 00:35:31,546 Hai que deixar asentar as rochas. 308 00:35:45,005 --> 00:35:47,546 Autodisciplina, mestre elfo. 309 00:35:48,046 --> 00:35:50,046 Iso darache o éxito? 310 00:35:51,630 --> 00:35:53,130 Deumo na nosa contenda. 311 00:35:54,671 --> 00:35:56,088 Ai si? 312 00:36:06,088 --> 00:36:07,088 Non. 313 00:36:08,671 --> 00:36:10,588 Perdiches a propósito? 314 00:36:10,671 --> 00:36:12,546 Non buscaba derrotarte, 315 00:36:13,005 --> 00:36:15,671 senón que me prestases atención. 316 00:36:16,296 --> 00:36:18,130 Mentiras élficas. 317 00:36:21,921 --> 00:36:23,546 Estaba... 318 00:36:26,546 --> 00:36:27,963 sen folgos. 319 00:36:37,880 --> 00:36:38,963 Condenado! 320 00:36:43,671 --> 00:36:47,171 Sempre te vin algo anano para seres elfo. 321 00:36:47,671 --> 00:36:51,505 E ti es un anano ben élfico, Durin. 322 00:36:53,046 --> 00:36:54,463 Fillo de Durin. 323 00:36:56,005 --> 00:36:59,380 -Neto de... -Mófate se queres. 324 00:36:59,463 --> 00:37:03,963 O mellor que pode facer un anano é merecer o nome do pai del. 325 00:37:10,546 --> 00:37:12,213 Pero temos nomes secretos, 326 00:37:13,213 --> 00:37:15,880 para usalos só entre nós. 327 00:37:15,963 --> 00:37:19,296 E dicímosllos só á familia. 328 00:37:19,380 --> 00:37:25,338 Esposas, pais, irmás, irmáns. 329 00:37:33,088 --> 00:37:35,588 -Elrond... -Gárdao, Durin. 330 00:37:38,796 --> 00:37:40,213 Para o outro lado. 331 00:37:42,671 --> 00:37:43,755 Vale. 332 00:39:02,546 --> 00:39:03,505 Durin... 333 00:39:10,463 --> 00:39:11,588 Padre... 334 00:39:14,546 --> 00:39:17,171 É moito máis do que imaxinamos. 335 00:39:17,255 --> 00:39:19,671 -Rei Durin, hai unha... -Abonda! 336 00:39:22,838 --> 00:39:27,088 Padre, veno ver. 337 00:39:31,088 --> 00:39:32,421 Prendede o elfo. 338 00:40:26,005 --> 00:40:27,630 Cando túa nai te deu a luz, 339 00:40:30,171 --> 00:40:33,171 tiñas algo dentro malformado. 340 00:40:34,588 --> 00:40:36,671 Tiñas o folgo irregular e seco. 341 00:40:38,838 --> 00:40:43,505 Soaba feble e penoso, coma raspando xiz. 342 00:40:46,171 --> 00:40:48,755 Dicían que non chegarías ao inverno. 343 00:40:51,838 --> 00:40:53,338 E cada noite, 344 00:40:54,713 --> 00:40:58,713 cando os ollos chorosos da túa nai atopaban refuxio no sono, 345 00:41:00,380 --> 00:41:02,380 eu achegábate ao lume, 346 00:41:04,630 --> 00:41:06,630 e levantávache o queixo. 347 00:41:08,671 --> 00:41:10,838 Parecía que che axudaba a respirar. 348 00:41:12,130 --> 00:41:13,421 E unha noite, 349 00:41:13,505 --> 00:41:16,755 mireiche para a cariña imberbe, 350 00:41:18,588 --> 00:41:20,588 e vin nela 351 00:41:22,880 --> 00:41:28,880 a gran barba gris dun vello rei anano. 352 00:41:30,213 --> 00:41:34,463 Poderoso e formidable coma un exército con estandartes. 353 00:41:38,296 --> 00:41:41,505 E cando túa nai espertou, díxenlle 354 00:41:43,546 --> 00:41:46,338 que non chorase máis. 355 00:41:46,421 --> 00:41:52,421 Porque o noso fillo viviría e movería montañas! 356 00:41:58,880 --> 00:42:02,088 Como vou mover montañas, Padre, 357 00:42:02,171 --> 00:42:05,505 se te alporizas cando escavo un burato? 358 00:42:06,421 --> 00:42:08,505 Falas da grandeza que me agarda, 359 00:42:09,338 --> 00:42:13,213 mais afógasme calquera ambición, 360 00:42:13,296 --> 00:42:15,255 calquera desexo, 361 00:42:15,338 --> 00:42:20,463 calquera idea que non saia de ti. 362 00:42:20,546 --> 00:42:23,838 O ferro que debe soportar as cargas máis pesadas 363 00:42:23,921 --> 00:42:27,255 tamén debe resistir o tempero máis rigoroso! 364 00:42:27,338 --> 00:42:30,963 Enviar os aliados á morte non é temperar. 365 00:42:33,755 --> 00:42:36,963 Elrond é tan irmán para min 366 00:42:37,046 --> 00:42:40,588 coma se se formara no ventre da miña nai. 367 00:42:42,171 --> 00:42:43,880 Como ousas? 368 00:42:49,671 --> 00:42:51,505 Como te atreves? 369 00:42:53,088 --> 00:42:54,713 A invocar a túa nai 370 00:42:54,796 --> 00:42:58,421 para xustificar que traizoases a túa raza? 371 00:42:58,505 --> 00:43:01,380 Non! Traizoáchela ti! 372 00:43:01,463 --> 00:43:05,296 Dilapidando o noso futuro para aferrarte ao pasado. 373 00:43:05,380 --> 00:43:07,963 Profanas a coroa que levas! 374 00:43:50,546 --> 00:43:51,963 Déixao. 375 00:43:54,963 --> 00:43:56,630 Xa non che pertence. 376 00:44:13,921 --> 00:44:18,546 E mentres apañaba caracois aquel día de outono, 377 00:44:18,630 --> 00:44:22,421 a meniña que deixou chorando levouna a corrente. 378 00:44:22,505 --> 00:44:25,713 Poula... Que fas? 379 00:44:25,796 --> 00:44:27,755 Coller un balde. Non o ves? 380 00:44:27,838 --> 00:44:30,755 Non, para de comer os víveres! Hainos que gardar. 381 00:44:30,838 --> 00:44:34,630 Por que non vas mirar fóra e logo falamos? 382 00:44:37,296 --> 00:44:38,130 E logo? 383 00:44:43,630 --> 00:44:47,046 -Mirade! Carai! -Dará ata para vender no mercado. 384 00:44:51,463 --> 00:44:52,296 Velaquí tes. 385 00:44:54,630 --> 00:44:57,755 Non o entendo. Como foi? 386 00:44:57,838 --> 00:44:59,088 Como pensas? 387 00:45:00,713 --> 00:45:02,130 Arranxouno el. 388 00:45:04,005 --> 00:45:05,796 Que che parece, Nori? 389 00:45:05,880 --> 00:45:08,213 Hai abondo para un festín. 390 00:45:08,296 --> 00:45:11,213 E aínda sobrará ata chegar a Peixe Conxelado. 391 00:45:11,296 --> 00:45:14,421 Malva vai facer un composto de mazá. 392 00:45:14,505 --> 00:45:16,505 -Compota. -Foi o que dixen. 393 00:45:30,130 --> 00:45:31,463 De parte de Padre... 394 00:45:31,546 --> 00:45:33,838 Grazas, Malva. Onde vai túa irmá? 395 00:45:33,921 --> 00:45:37,296 Xa está. Queda sitio aí? Rematamos. 396 00:45:37,838 --> 00:45:41,255 Flotaba río abaixo e tan alto berraba 397 00:45:41,338 --> 00:45:43,421 que o rei dos sapiños 398 00:45:43,505 --> 00:45:45,755 volveuna caracol. 399 00:45:46,213 --> 00:45:51,005 O vello Bochogamo colleuna, tan doce e apetitosa, 400 00:45:51,088 --> 00:45:55,088 e a filliña del non puido evitar... 401 00:47:42,671 --> 00:47:43,838 Agardade! 402 00:47:45,921 --> 00:47:47,546 Por aí ides mal. 403 00:47:49,796 --> 00:47:51,255 Marchou por alá. 404 00:47:53,005 --> 00:47:54,255 Ide, veña. 405 00:48:07,921 --> 00:48:09,130 Nori! 406 00:48:12,421 --> 00:48:14,338 -Deixádea en paz! -Xa oístes. 407 00:48:14,421 --> 00:48:16,338 -Liscade de aquí! -Marchade! 408 00:48:17,380 --> 00:48:20,880 Se lle tocades un pelo do pé, esnaquízovos. 409 00:49:35,963 --> 00:49:38,505 Veña! Moi ben. Seguide así. 410 00:49:40,213 --> 00:49:41,046 Todos xuntos. 411 00:49:45,838 --> 00:49:46,796 Xo! 412 00:49:49,421 --> 00:49:50,838 Déixamo a min. 413 00:49:56,046 --> 00:49:56,880 Non! 414 00:49:58,130 --> 00:50:00,546 Vas para a casa. Estamos? 415 00:50:01,588 --> 00:50:03,005 Vés connosco. 416 00:50:10,505 --> 00:50:13,338 Por favor, Berek. 417 00:50:14,505 --> 00:50:16,755 -Por favor. -Non vos fará caso. 418 00:50:19,005 --> 00:50:21,005 Non nolo fai a ningún. 419 00:50:57,088 --> 00:50:59,671 Nunca debín subir a elfa a bordo. 420 00:51:02,463 --> 00:51:05,130 Debín deixala no mar, onde a atopei. 421 00:52:47,130 --> 00:52:48,546 Theo? 422 00:53:34,838 --> 00:53:38,671 E a raíña rexente? Está aquí? 423 00:53:45,921 --> 00:53:47,921 Os preparativos xa case están. 424 00:53:49,046 --> 00:53:50,880 Podemos partir nunha hora. 425 00:53:51,463 --> 00:53:53,546 E os homes do sur? 426 00:53:53,630 --> 00:53:57,630 Unha gornición quedará aquí para escoltalos a lugar seguro. 427 00:53:59,546 --> 00:54:01,213 E buscar os desaparecidos. 428 00:54:12,338 --> 00:54:13,338 Galadriel. 429 00:54:36,921 --> 00:54:38,671 Non te axeonlles en Númenor. 430 00:54:39,796 --> 00:54:41,796 Non estades en Númenor. 431 00:54:42,921 --> 00:54:44,921 Ningún estades alí. 432 00:54:45,630 --> 00:54:48,046 Unha culpa que é miña soa. 433 00:54:48,588 --> 00:54:51,171 Os barcos agardan, maxestade. 434 00:54:53,963 --> 00:54:56,296 Deixemos esta terra atrás. 435 00:55:16,921 --> 00:55:19,755 Non malgastes a compaixón en min, elfa. 436 00:55:21,171 --> 00:55:24,171 Gárdaa para os inimigos. 437 00:55:26,046 --> 00:55:28,463 Pois non saben o que comezaron. 438 00:55:37,130 --> 00:55:39,880 Porque eu, Míriel, 439 00:55:40,921 --> 00:55:43,546 filla de Ar-Inziladûn, xuro... 440 00:55:44,088 --> 00:55:45,838 que Númenor regresará. 441 00:55:48,546 --> 00:55:51,630 Entón os elfos estarán preparados. 442 00:55:55,213 --> 00:55:58,213 Capitán, partimos coa marea. 443 00:56:01,880 --> 00:56:03,130 Capitán! 444 00:56:12,380 --> 00:56:13,630 Xa está. 445 00:56:31,171 --> 00:56:35,171 Arriba, nena. Veña. Axúdame a recoller o que poidamos. 446 00:56:36,963 --> 00:56:38,963 Nori, veña. 447 00:56:39,046 --> 00:56:42,005 Que isto non te desanime, hase amañar. 448 00:56:42,088 --> 00:56:45,838 Non lle mintas, Largo, é maior para iso. 449 00:56:45,921 --> 00:56:48,296 Non mentín. Hase amañar. 450 00:56:48,380 --> 00:56:50,171 Por favor, Brandipé! 451 00:56:50,255 --> 00:56:52,046 Déixanos chorar un pouco. 452 00:56:52,130 --> 00:56:53,421 Chorar? 453 00:56:53,880 --> 00:56:56,380 Cres que non podemos facer máis? 454 00:56:56,463 --> 00:56:57,963 Somos pepeludos! 455 00:57:09,505 --> 00:57:11,421 Mirade, non matamos dragóns. 456 00:57:12,963 --> 00:57:15,046 Nin sabemos desenterrar xoias. 457 00:57:15,130 --> 00:57:17,338 Pero hai algo que a fe facemos 458 00:57:17,421 --> 00:57:20,380 mellor ca ningunha criatura da Terra Media. 459 00:57:22,755 --> 00:57:24,380 Somos leais entre nós. 460 00:57:26,380 --> 00:57:30,421 Por moitas voltas que dea o camiño ou sexa moi empinado, 461 00:57:32,171 --> 00:57:33,505 afrontámolo, 462 00:57:34,838 --> 00:57:38,671 co corazón aínda meirande cós pés. 463 00:57:41,505 --> 00:57:43,171 E seguimos camiñando. 464 00:58:08,880 --> 00:58:11,380 Nori, onde vas? 465 00:58:14,505 --> 00:58:15,838 Axudar o meu amigo. 466 00:58:16,880 --> 00:58:19,880 Avisalo do que vén. Merece polo menos iso. 467 00:58:19,963 --> 00:58:23,213 Vas saír do carreiro? Agora? Soa? 468 00:58:23,296 --> 00:58:24,546 Non estará soa. 469 00:58:28,755 --> 00:58:31,838 Xa deixamos a moitos atrás, a el non o deixaremos. 470 00:58:34,213 --> 00:58:36,421 Non iredes a ningures, nenas. 471 00:58:37,796 --> 00:58:39,630 Non sen min. 472 00:58:44,005 --> 00:58:45,838 Estás segura, Dula? 473 00:58:45,921 --> 00:58:49,755 Se vos metedes nas fragas, igual non saídes vivas. 474 00:58:49,838 --> 00:58:53,546 Ou si, se un busca-carreiros vai con elas. 475 00:58:55,380 --> 00:58:59,380 A rapaza Brandipé fixo ben axudándoo. Moi ben. 476 00:58:59,463 --> 00:59:02,963 E se credes que Malva Grama de Prados non o o vai admitir... 477 00:59:03,046 --> 00:59:07,046 Para que vivirmos, Sadoc, se non vivimos para o ben? 478 00:59:10,921 --> 00:59:14,130 Oes, Malva? Por unha vez... 479 00:59:14,213 --> 00:59:18,463 Por unha vez, que bo sería que non tiveses razón sempre. 480 00:59:20,046 --> 00:59:22,380 Collerei provisións e o caxato. 481 00:59:23,296 --> 00:59:24,463 Vou convosco. 482 00:59:28,130 --> 00:59:30,505 Total, tanto ten, todos imos morrer. 483 00:59:32,005 --> 00:59:34,671 Bulide. Ou botaremos o día aquí. 484 00:59:34,755 --> 00:59:36,671 Cres que o atoparemos? 485 00:59:36,755 --> 00:59:39,796 É un xigante, muller. Como non o imos ver? 486 01:00:03,755 --> 01:00:06,296 Cres que a raíña cumprirá a promesa? 487 01:00:06,380 --> 01:00:07,546 Non. 488 01:00:08,588 --> 01:00:10,005 Estou segura. 489 01:00:11,796 --> 01:00:16,213 Os ósos están recompostos e as feridas vendadas. Podemos marchar. 490 01:00:16,796 --> 01:00:18,713 Onde iredes? 491 01:00:18,796 --> 01:00:22,088 A unha vella colonia numenoreana na foz do Anduin. 492 01:00:22,630 --> 01:00:27,546 Pelargir, chamábanlle. Disque alí hai boas terras e boa auga. 493 01:00:28,380 --> 01:00:29,880 Un novo comezo. 494 01:00:32,755 --> 01:00:34,713 Eu presentareime ante o Alto Rei. 495 01:00:37,005 --> 01:00:39,005 Para afrontar o que me agarde. 496 01:00:40,963 --> 01:00:42,213 E o noso rei que? 497 01:00:43,588 --> 01:00:44,838 O voso rei? 498 01:00:45,755 --> 01:00:47,171 Non vos informaron? 499 01:00:47,796 --> 01:00:49,296 Do que? 500 01:00:56,255 --> 01:00:57,421 Halbrand... 501 01:01:00,380 --> 01:01:01,963 Pensei que morreras. 502 01:01:03,421 --> 01:01:05,505 Habíame ser mellor. 503 01:01:07,546 --> 01:01:11,130 Uns homes do sur atopárono así onte no camiño. 504 01:01:12,671 --> 01:01:14,671 A ferida empeoroulle pola noite. 505 01:01:14,755 --> 01:01:17,755 Ía intentar tratalo de camiño, pero... 506 01:01:23,880 --> 01:01:25,880 A ferida precisa medicina élfica. 507 01:01:27,171 --> 01:01:28,338 Pode montar? 508 01:01:28,421 --> 01:01:31,796 Direilles aos curadores que busquen provisións. 509 01:01:40,630 --> 01:01:42,380 Ben, meu amigo... 510 01:01:43,338 --> 01:01:46,505 Semella que o fado nos preparou outra balsa. 511 01:01:46,588 --> 01:01:48,296 Isto non rematou. 512 01:01:48,380 --> 01:01:51,796 Non deixarei estas terras condenándoas a arder. 513 01:01:54,088 --> 01:01:55,421 E ti tampouco. 514 01:02:22,755 --> 01:02:24,088 Forza para o rei! 515 01:02:24,838 --> 01:02:28,671 Forza para o rei. 516 01:02:48,588 --> 01:02:51,588 Queda con ela... soldado. 517 01:02:55,005 --> 01:02:56,171 Comandante. 518 01:03:05,588 --> 01:03:07,213 Forza para o Sur! 519 01:03:07,296 --> 01:03:11,046 Forza para as Terras do Sur! 520 01:03:35,130 --> 01:03:36,546 Falleille. 521 01:03:38,963 --> 01:03:41,630 É todo culpa miña. 522 01:03:43,713 --> 01:03:44,796 Non. 523 01:03:45,463 --> 01:03:46,755 Non é. 524 01:03:48,380 --> 01:03:49,880 E de quen, logo? 525 01:03:53,838 --> 01:03:55,005 De teu pai. 526 01:03:56,713 --> 01:04:00,713 É moi vello e desconfiado. 527 01:04:01,546 --> 01:04:03,963 Fállalle a cabeza. 528 01:04:04,588 --> 01:04:07,130 Ten a vista mal e non ve 529 01:04:07,255 --> 01:04:10,588 que por moitos brasóns que tire ao chan, 530 01:04:11,963 --> 01:04:14,421 un día o reino será teu. 531 01:04:17,046 --> 01:04:19,046 De Durin IV. 532 01:04:19,130 --> 01:04:20,755 Non de teu irmán. 533 01:04:22,921 --> 01:04:26,713 Nin doutro Señor Anano. Teu. 534 01:04:27,921 --> 01:04:29,255 E meu. 535 01:04:30,505 --> 01:04:35,963 E gobernaremos esta montaña e as outras ata a nosa hora. 536 01:04:39,296 --> 01:04:42,421 O mithril perténcenos. 537 01:04:43,630 --> 01:04:45,463 A ti e a min. 538 01:04:46,380 --> 01:04:48,796 E xuntos, un día, 539 01:04:49,963 --> 01:04:52,213 habemos escavar. 540 01:05:18,838 --> 01:05:23,380 Seládea. 541 01:05:54,046 --> 01:05:55,296 Meus fillos... 542 01:05:56,671 --> 01:05:59,338 Quitade as capas e os helmos. 543 01:06:00,005 --> 01:06:02,588 Xa non vos fará mal o día. 544 01:06:03,963 --> 01:06:05,546 Esta é agora a nosa terra. 545 01:06:08,796 --> 01:06:10,213 O noso fogar. 546 01:06:11,630 --> 01:06:15,338 Viva Adar, señor das Terras do Sur. 547 01:06:15,421 --> 01:06:19,171 Viva Adar, señor das Terras do Sur! 548 01:06:19,296 --> 01:06:22,463 Viva Adar, señor das Terras do Sur! 549 01:06:22,546 --> 01:06:26,005 Viva Adar, señor das Terras do Sur! 550 01:06:27,171 --> 01:06:28,463 Non. 551 01:06:30,963 --> 01:06:35,588 Ese é o nome dun lugar que xa non existe. 552 01:06:36,546 --> 01:06:39,130 Como lle chamamos logo, Señor-Padre? 553 01:06:43,796 --> 01:06:47,921 Adar! Adar! Adar! 554 01:06:57,671 --> 01:07:02,088 AS TERRAS DO SUR 555 01:09:08,755 --> 01:09:10,755 Subtítulos: Lucía Doval 556 01:09:10,838 --> 01:09:12,838 Supervisora creativa: María Luisa Lage Garea