1 00:00:07,171 --> 00:00:08,880 De quen é a daga, Galadriel? 2 00:00:08,963 --> 00:00:12,296 O meu irmán matárono os servos de Sauron. 3 00:00:13,338 --> 00:00:17,505 Trala derrota de Morgoth, aquel a quen lle chamas Sauron 4 00:00:17,630 --> 00:00:22,671 buscaba crear un poder, non físico, senón sobre a vontade. 5 00:00:22,755 --> 00:00:25,421 Matei a Sauron. 6 00:00:25,505 --> 00:00:26,546 Non cho creo. 7 00:00:26,630 --> 00:00:29,046 Vive! 8 00:00:29,588 --> 00:00:30,630 Dilly, afasta! 9 00:00:35,380 --> 00:00:39,505 Pero pese a tódolos esforzos, o noso declive acelerouse. 10 00:00:39,588 --> 00:00:42,130 O mithril é a nosa única salvación. 11 00:00:42,213 --> 00:00:44,630 Nada diminúe a luz del. 12 00:00:45,046 --> 00:00:46,546 -Rei Durin... -Abonda! 13 00:00:47,546 --> 00:00:51,796 Non arriscarei vidas de ananos para que os elfos enganen a morte. 14 00:00:52,921 --> 00:00:54,546 Vou ir á Terra Media. 15 00:00:54,630 --> 00:00:58,255 Todo o que te agarda alí son tebras. 16 00:00:59,338 --> 00:01:00,171 Refuxiádevos! 17 00:01:03,880 --> 00:01:04,713 Non! 18 00:01:05,130 --> 00:01:06,505 Onde está o meu fillo? 19 00:01:06,588 --> 00:01:08,630 Adar! 20 00:01:08,713 --> 00:01:11,380 Deixemos esta terra atrás. 21 00:01:11,713 --> 00:01:15,463 -Loitando ao teu lado, sentín... -Sentino tamén. 22 00:01:17,380 --> 00:01:19,130 Isto precisa medicina élfica. 23 00:01:19,213 --> 00:01:20,796 Forza para o rei! 24 00:01:25,380 --> 00:01:26,421 Onde vas? 25 00:01:26,505 --> 00:01:28,130 -Avisalo do que vén. -Soa? 26 00:01:28,213 --> 00:01:29,880 Non estará soa. 27 00:01:47,755 --> 00:01:53,671 ERYN GALEN GRAN FRAGA VERDE 28 00:02:20,921 --> 00:02:22,505 Non es perigo ningún. 29 00:02:25,296 --> 00:02:26,505 Es bo. 30 00:03:07,088 --> 00:03:08,088 Nori? 31 00:03:46,630 --> 00:03:52,171 Vimos servirvos, señor Sauron. 32 00:05:18,380 --> 00:05:24,380 O SEÑOR DOS ANEIS: OS ANEIS DE PODER 33 00:05:55,755 --> 00:05:57,713 Gil-galad chega mañá, 34 00:05:57,796 --> 00:06:01,130 esperando unha solución para salvar o Reino elfo. 35 00:06:02,088 --> 00:06:03,338 E non a temos. 36 00:06:04,671 --> 00:06:06,755 Oxalá houbese algún xeito... 37 00:06:08,588 --> 00:06:12,588 de facer máis con menos. 38 00:06:13,713 --> 00:06:18,755 O mesmo Sol empezou como algo non meirande cá palma da miña man. 39 00:06:18,838 --> 00:06:22,630 E como poderiamos igualar os poderes que forxaron o Sol? 40 00:06:24,421 --> 00:06:26,546 Non nos queda tempo, Celebrimbor. 41 00:06:30,171 --> 00:06:32,671 Debemos informar o Alto Rei que fracasamos. 42 00:06:34,130 --> 00:06:39,130 Logo, os elfos débense preparar para deixar estas costas. Para sempre. 43 00:06:54,755 --> 00:06:55,588 Galadriel? 44 00:06:56,796 --> 00:06:57,880 Elrond! 45 00:06:58,713 --> 00:06:59,796 Que pasou? 46 00:07:01,588 --> 00:07:04,005 Unha lanza inimiga. Hai seis días. 47 00:07:04,796 --> 00:07:06,046 Cabalgamos sen parar. 48 00:07:08,046 --> 00:07:09,463 Podedes axudalo? 49 00:07:10,963 --> 00:07:14,421 Volve á vida... 50 00:07:14,505 --> 00:07:19,130 Rei das Terras do Sur? Como tropezaches con el? 51 00:07:19,880 --> 00:07:21,463 Que fas aquí? 52 00:07:22,588 --> 00:07:24,088 Que fas ti aquí? 53 00:07:28,796 --> 00:07:31,213 Ven. Temos moito que falar. 54 00:07:38,630 --> 00:07:40,755 Non te debera subir a aquel barco. 55 00:07:41,421 --> 00:07:45,421 Debera confiar en ti. É un erro que non repetirei. 56 00:07:52,296 --> 00:07:53,796 Saltei do barco. 57 00:07:56,171 --> 00:07:59,546 Porque o corazón me dicía que non merecía regresar aínda. 58 00:08:00,088 --> 00:08:04,088 Sabía que a miña tarefa aquí aínda non rematara. 59 00:08:05,755 --> 00:08:09,755 E ao saír á superficie, non puiden máis que nadar 60 00:08:09,838 --> 00:08:12,046 e pregar que elixira ben. 61 00:08:16,130 --> 00:08:18,338 Non crucei ese mar bravo... 62 00:08:19,713 --> 00:08:21,296 para afogar agora. 63 00:08:24,005 --> 00:08:25,588 Nin te deixarei afogar. 64 00:08:33,046 --> 00:08:34,880 Boteite en falta. 65 00:08:38,338 --> 00:08:39,755 Que debemos facer? 66 00:08:42,755 --> 00:08:44,338 O único que podemos. 67 00:08:46,005 --> 00:08:47,421 Nadar. 68 00:08:56,963 --> 00:08:58,130 Quen anda aí? 69 00:09:04,213 --> 00:09:06,213 Quen anda aí? Déixate ver. 70 00:09:07,213 --> 00:09:08,880 Está Galadriel aquí? 71 00:09:15,630 --> 00:09:16,838 Non. 72 00:09:18,671 --> 00:09:21,171 Non deberías estar descansando? 73 00:09:21,713 --> 00:09:23,213 Que lugar é este? 74 00:09:24,421 --> 00:09:28,296 Era o taller de Celebrimbor. 75 00:09:28,921 --> 00:09:30,088 O gran Celebrimbor? 76 00:09:31,671 --> 00:09:33,671 Non andará por aquí? 77 00:09:33,755 --> 00:09:37,546 Pois... a verdade é que si. 78 00:09:50,588 --> 00:09:52,005 Celebrimbor... 79 00:09:53,171 --> 00:09:54,588 O mestre que tiven 80 00:09:54,671 --> 00:09:57,171 falaba das marabillas que faciades. 81 00:09:58,130 --> 00:10:01,755 Non pensei que tería ocasión de velas en persoa. 82 00:10:01,838 --> 00:10:03,046 Es ferreiro? 83 00:10:03,755 --> 00:10:07,088 Pois... non tan bo coma vós. 84 00:10:09,463 --> 00:10:13,463 E as xemas estas? Nunca vira nada igual. 85 00:10:14,296 --> 00:10:17,463 Para que pensades usalas? 86 00:10:17,546 --> 00:10:23,546 A xoiaría de Feänor deu captado esencia de Valinor. 87 00:10:24,213 --> 00:10:26,255 E iso busco para a Terra Media. 88 00:10:26,338 --> 00:10:30,546 Que mineral máis peculiar. Que é? 89 00:10:33,755 --> 00:10:34,838 Non hai abondo. 90 00:10:34,921 --> 00:10:36,755 Para que? 91 00:10:40,380 --> 00:10:41,380 Por favor. 92 00:10:41,463 --> 00:10:45,546 Probastes a mesturalo con outros? Para aproveitalo mellor. 93 00:10:45,630 --> 00:10:47,963 Con este non conviría. 94 00:10:48,046 --> 00:10:50,171 -E logo? -Precisamos tal cantidade 95 00:10:50,255 --> 00:10:53,130 que iso diluiría moito as súas virtudes únicas. 96 00:10:53,713 --> 00:10:56,713 Perdoade, pero aínda quedando por necio, 97 00:10:56,796 --> 00:10:59,963 non podería a aliaxe idónea amplificar tales virtudes? 98 00:11:02,713 --> 00:11:03,796 Amplificalas? 99 00:11:03,880 --> 00:11:07,213 Onde me formei, os metais preciosos eran escasos. 100 00:11:07,671 --> 00:11:11,880 E aprendemos a mesturalos para potenciar virtudes e ocultar fallas. 101 00:11:11,963 --> 00:11:17,296 Vin engadir níquel ao ferro para facer follas máis lixeiras e fortes. 102 00:11:17,380 --> 00:11:22,380 Non haberá algunha aliaxe para potenciar o voso mineral? 103 00:11:29,921 --> 00:11:35,338 Pois é... unha idea interesante. 104 00:11:38,171 --> 00:11:41,671 Considerádeo... un don. 105 00:11:49,005 --> 00:11:54,463 Pronto percorrerá o camiño que leva a todo home cara á fin. 106 00:11:55,296 --> 00:11:58,046 Bandeiras negras encherán o noso porto. 107 00:11:59,463 --> 00:12:02,630 Teremos o deber de facerlle unha tumba, 108 00:12:04,796 --> 00:12:10,630 para darlle en pedra a inmortalidade que ningún home, 109 00:12:13,088 --> 00:12:16,338 nin sequera un rei, pode lograr en vida. 110 00:12:17,713 --> 00:12:23,088 Debuxantes de todo Númenor foron chamados para captar o rostro del, 111 00:12:23,171 --> 00:12:25,171 para que propoñan un deseño. 112 00:12:26,046 --> 00:12:27,880 De tódolos aprendices, 113 00:12:29,046 --> 00:12:31,880 escolléusevos para propoñerdes un tamén. 114 00:12:34,921 --> 00:12:36,088 Nos vindeiros días, 115 00:12:36,171 --> 00:12:39,296 cada un teredes unha hora co rei. 116 00:12:41,338 --> 00:12:42,546 Aproveitádea ben. 117 00:13:07,213 --> 00:13:09,838 Sei a que andaches no medio da noite, 118 00:13:09,921 --> 00:13:12,671 -cando facías a todos durmindo. -Perdoade. 119 00:13:12,755 --> 00:13:16,088 A vosa criada volverá decontado, maxestade. 120 00:13:16,171 --> 00:13:18,213 Entón aínda queda tempo. 121 00:13:23,880 --> 00:13:24,963 Tempo para que? 122 00:13:25,046 --> 00:13:27,546 Para avisarte, pequena Míriel. 123 00:13:27,630 --> 00:13:30,421 -Enganádesvos, non son... -Raíña aínda? Non. 124 00:13:30,505 --> 00:13:32,921 Mais seralo. E avísote: 125 00:13:33,005 --> 00:13:36,171 se os vellos costumes non se restauran pronto, 126 00:13:36,255 --> 00:13:37,963 a illa caerá. 127 00:13:43,171 --> 00:13:44,380 Axuda! 128 00:13:44,963 --> 00:13:47,380 Para o rei! Axuda! 129 00:13:58,588 --> 00:14:00,046 Ven. Debes subir. 130 00:14:00,130 --> 00:14:03,921 Pero non fagas coma min. Botei moito mirando. 131 00:14:04,005 --> 00:14:07,505 E agora, xa non distingo o que é do que foi, 132 00:14:07,588 --> 00:14:09,713 o que foi do que será. 133 00:14:46,338 --> 00:14:50,838 Un obxecto. Para toda a Terra Media. 134 00:14:50,921 --> 00:14:52,755 Sei que soa estraño, Alto Rei, 135 00:14:52,838 --> 00:14:56,005 pero debemos probar calquera solución. 136 00:14:56,505 --> 00:14:58,880 E que tipo de obxecto? 137 00:14:58,963 --> 00:15:01,921 Sería máis pequeno do que imaxinabamos. 138 00:15:02,005 --> 00:15:03,755 Algo para poder levar... 139 00:15:03,838 --> 00:15:04,921 -Un cetro. -Espada? 140 00:15:05,005 --> 00:15:07,713 Ou se cadra... unha coroa. 141 00:15:10,130 --> 00:15:11,130 Por que iso? 142 00:15:11,213 --> 00:15:13,755 A forma circular será a ideal. 143 00:15:13,838 --> 00:15:17,671 Permitirá que á luz se curve sobre si nun círculo continuo, 144 00:15:17,755 --> 00:15:21,796 xerando un poder que será practicamente ilimitado. 145 00:15:22,796 --> 00:15:26,796 E poriades todo ese poder sobre un único ser? 146 00:15:26,880 --> 00:15:29,880 Non calquera, Alto Rei. Vós. 147 00:15:33,505 --> 00:15:35,588 Perigosos murmurios eses. 148 00:15:35,671 --> 00:15:38,005 Ás veces o camiño perigoso é o único. 149 00:15:38,088 --> 00:15:40,046 Ou eu non estaría aquí. 150 00:15:40,130 --> 00:15:42,213 E non deberías estar. 151 00:15:43,338 --> 00:15:45,463 Alto Rei, só pedimos tempo 152 00:15:45,546 --> 00:15:48,380 para reunir os ferreiros e probar a teoría. 153 00:15:48,463 --> 00:15:49,796 Quédanos pouco. 154 00:15:49,880 --> 00:15:52,088 -Por iso... -Menos do que pensades. 155 00:15:53,630 --> 00:15:58,130 Dende a erupción da montaña de lume, a Grande Árbore perde follas. 156 00:15:58,755 --> 00:16:00,838 Pronto caerá a derradeira. 157 00:16:00,921 --> 00:16:05,338 E se o noso pobo non marcha, tamén caeremos. 158 00:16:08,130 --> 00:16:12,130 Non hai elfo na Terra Media que queira unha solución máis ca min. 159 00:16:13,088 --> 00:16:18,755 Mais se esta ía ser a nosa salvación, precisabámola antes. 160 00:16:18,838 --> 00:16:20,921 Pero xa case a tiña. 161 00:16:21,713 --> 00:16:23,921 Ao falar co home do sur vin... 162 00:16:24,005 --> 00:16:26,421 O astroso? A idea foi del? 163 00:16:26,505 --> 00:16:30,005 O que suxeriu foi a chave que abriu o encoro. 164 00:16:30,088 --> 00:16:34,755 Estamos a punto de crear unha nova clase de poder. 165 00:16:34,838 --> 00:16:37,880 Non de forza, senón espiritual. 166 00:16:37,963 --> 00:16:40,463 Non físico, senón sobre a vontade. 167 00:16:42,171 --> 00:16:43,921 Isto é... 168 00:16:44,005 --> 00:16:47,546 É un poder do Mundo Invisible. 169 00:16:49,255 --> 00:16:52,505 Síntoo, señor Celebrimbor. 170 00:16:53,255 --> 00:16:56,630 Ordénovos desmantelar a cidade 171 00:16:56,713 --> 00:16:59,713 e regresar a Lindon decontado. 172 00:17:00,463 --> 00:17:01,880 Facédeo todos. 173 00:17:16,088 --> 00:17:19,838 As palabras esas... "Un poder sobre a vontade", 174 00:17:20,796 --> 00:17:22,213 onde as oístes? 175 00:17:26,046 --> 00:17:29,755 Estaba falando cos ferreiros, coido que... 176 00:17:31,505 --> 00:17:34,671 -Son palabras miñas. -Estabades con Halbrand? 177 00:17:36,671 --> 00:17:39,838 Que máis ten? Acabouse. 178 00:17:43,630 --> 00:17:45,130 Alto Rei, agardade! 179 00:17:45,921 --> 00:17:47,921 -Síntoo... -Dádeme tres meses. 180 00:17:48,463 --> 00:17:50,463 Débeseme polo menos iso. 181 00:17:50,546 --> 00:17:53,671 Non se che debe nada. 182 00:17:54,421 --> 00:17:56,421 Non mo deades de recompensa. 183 00:17:58,296 --> 00:17:59,880 Senón porque volo pido eu. 184 00:18:01,296 --> 00:18:04,463 É a esperanza dun tolo, Elrond. 185 00:18:04,546 --> 00:18:06,588 Só iso, nada máis. 186 00:18:06,671 --> 00:18:12,088 "A esperanza nunca é mera, mesmo sendo escasa". 187 00:18:13,046 --> 00:18:15,380 Ou esquecestes o voso consello? 188 00:19:09,171 --> 00:19:13,755 Preciso estirpes reais, liñaxes. O que atopes das Terras do Sur. 189 00:19:13,838 --> 00:19:16,838 Temos documentos limitados sobre os reinos mortais. 190 00:19:16,921 --> 00:19:19,671 Terei que buscar nas catacumbas a información. 191 00:19:19,755 --> 00:19:21,796 -Ven. -Tres semanas... 192 00:19:21,880 --> 00:19:25,130 Tres semanas para un labor de igual tres séculos. 193 00:19:25,213 --> 00:19:28,213 A limitación pode ser a proxenitora da invención. 194 00:19:29,380 --> 00:19:32,046 Marcha. Non lle fales disto a ninguén. 195 00:19:36,255 --> 00:19:37,921 Non teñas medo. 196 00:19:38,005 --> 00:19:41,088 Celebrimbor atopará unha solución. Estou seguro. 197 00:19:41,588 --> 00:19:44,588 De súpeto, parecedes íntimos. 198 00:19:44,671 --> 00:19:47,338 Só lle ofrezo a humilde axuda que podo. 199 00:19:49,796 --> 00:19:52,880 A verdade, aínda me custa crelo. 200 00:19:53,796 --> 00:19:56,755 Alguén coma min, aquí, 201 00:19:58,046 --> 00:20:00,630 traballando cos ferreiros elfos de Eregion. 202 00:20:04,838 --> 00:20:06,255 Grazas, Galadriel. 203 00:20:07,546 --> 00:20:08,963 Por te traer aquí? 204 00:20:09,921 --> 00:20:11,338 Por salváresme a vida. 205 00:20:11,421 --> 00:20:15,505 Como ti salvaches a miña. Estamos a pre. 206 00:20:15,588 --> 00:20:16,921 Non. 207 00:20:17,005 --> 00:20:19,588 Non, fixeches moito máis por min. 208 00:20:20,880 --> 00:20:22,630 Xa case me rendera. 209 00:20:22,713 --> 00:20:26,005 Mais ti... criches en min. 210 00:20:26,088 --> 00:20:27,963 Viches forza en min. 211 00:20:28,046 --> 00:20:31,130 Fixéchesme chegar a alturas como ninguén podería. 212 00:20:32,921 --> 00:20:34,505 Non o esquecerei. 213 00:20:38,630 --> 00:20:41,505 E ocupareime de que ninguén o faga. 214 00:21:01,588 --> 00:21:03,921 Non teñades medo, mestre. 215 00:21:04,463 --> 00:21:10,213 Canto máis esperten os vosos poderes, máis se debilitará o veo. 216 00:21:10,963 --> 00:21:12,046 Que veo? 217 00:21:12,130 --> 00:21:17,046 Ese co que vos cubriron a mente os que vos expulsaron. 218 00:21:17,130 --> 00:21:21,588 Mais viñemos aquí para darvos a benvida. 219 00:21:22,255 --> 00:21:25,088 Para levarvos ás nosas terras. 220 00:21:26,005 --> 00:21:27,088 Ás vosas terras? 221 00:21:27,171 --> 00:21:28,796 Xa as coñecedes. 222 00:21:35,380 --> 00:21:37,088 As estrelas. 223 00:21:37,171 --> 00:21:40,338 Chámase o Chapeu do Ermitán. 224 00:21:41,588 --> 00:21:44,630 Unha constelación visible nun só lugar. 225 00:21:45,713 --> 00:21:50,546 Moi ao leste, onde as estrelas son estrañas. 226 00:21:51,380 --> 00:21:54,838 As terras de Rhûn. 227 00:21:55,963 --> 00:21:57,880 -Rhûn... -Si. 228 00:21:58,713 --> 00:22:04,546 Onde vos coñecerán por fin por quen de verdade sodes. 229 00:22:04,630 --> 00:22:09,296 Caestes das estrelas. Porén, sodes superior a elas. 230 00:22:09,380 --> 00:22:12,130 Pois o lume obedece a vosa vontade. 231 00:22:12,213 --> 00:22:17,046 Caestes baixo o po. Porén, o po témevos. 232 00:22:17,130 --> 00:22:19,546 Pois treme cando vos anoxades. 233 00:22:19,630 --> 00:22:24,296 Os ventos e as augas, a calor e o frío. 234 00:22:24,380 --> 00:22:28,088 En Rhûn, aprenderedes a dominalos a todos. 235 00:22:28,171 --> 00:22:34,171 E todo ser que camiñe ou repte será o voso escravo. 236 00:22:35,130 --> 00:22:38,546 -Pois sodes o señor Sauron. -Pois sodes o señor Sauron. 237 00:22:58,005 --> 00:22:59,171 Abonda! 238 00:23:08,671 --> 00:23:11,630 Co tempo, aprenderá a controlar os seus poderes. 239 00:23:13,005 --> 00:23:14,838 Polo de agora, átao. 240 00:23:22,130 --> 00:23:23,546 Que ocorre? 241 00:23:37,088 --> 00:23:41,588 De tódalas malas ideas do mundo, esta podería ser a peor. 242 00:23:41,671 --> 00:23:43,463 Tes outra mellor? 243 00:23:49,796 --> 00:23:50,963 A terceira marchou. 244 00:23:51,921 --> 00:23:53,505 Onde marchou? 245 00:23:53,588 --> 00:23:56,421 Mellor dúas ca tres. É a nosa ocasión. 246 00:24:53,630 --> 00:24:54,588 Ei! 247 00:24:55,130 --> 00:24:57,130 Brandipé! Corre! 248 00:25:05,588 --> 00:25:06,796 Sadoc! 249 00:25:56,838 --> 00:25:59,671 Mestre, calmádevos. 250 00:26:01,713 --> 00:26:03,546 Nori! Nori, vamos! 251 00:26:56,046 --> 00:26:57,380 Vamos! 252 00:27:21,171 --> 00:27:22,296 Fai que vexa. 253 00:28:33,505 --> 00:28:34,963 Cólleo. 254 00:28:35,713 --> 00:28:37,546 Precisámoste. Anda, cólleo. 255 00:28:38,588 --> 00:28:41,880 Afasta de min. Ou... 256 00:28:43,963 --> 00:28:46,671 Ou mancareite outra vez. 257 00:28:46,755 --> 00:28:49,838 O que? Que che fixeron? 258 00:28:49,921 --> 00:28:53,338 Mostráronme o que son. 259 00:28:55,921 --> 00:28:57,921 Só ti podes demostrar o que es. 260 00:28:59,088 --> 00:29:02,005 Elixes cos teus actos. 261 00:29:16,213 --> 00:29:17,630 Estás aquí para axudar. 262 00:29:19,671 --> 00:29:20,838 Seino. 263 00:29:38,921 --> 00:29:42,338 Pecha os ollos. Só che doeará un momento. 264 00:29:44,421 --> 00:29:45,296 Non! 265 00:30:11,963 --> 00:30:14,296 Da sombra viñestes. 266 00:30:15,838 --> 00:30:18,046 E á sombra ordénovos volver! 267 00:30:18,130 --> 00:30:22,630 -Non é Sauron. -É o outro. O istar. É... 268 00:30:22,713 --> 00:30:24,338 Son bo. 269 00:31:06,046 --> 00:31:06,880 Nori! 270 00:31:18,296 --> 00:31:19,463 Sadoc? 271 00:31:28,671 --> 00:31:32,171 Non te movas. Buscaremos o xeito de levarte. 272 00:31:32,796 --> 00:31:34,213 Síntoo, boa señora. 273 00:31:34,630 --> 00:31:38,380 Temo que estou a piques de saír do carreiro. 274 00:31:40,713 --> 00:31:42,088 Señor Tobeira... 275 00:31:42,171 --> 00:31:44,296 Non pasa nada, Castegrande. 276 00:31:46,296 --> 00:31:47,921 A miña muller agárdame. 277 00:31:49,630 --> 00:31:54,463 Agora, se non vos importa, gustaríame sentar un anaco 278 00:31:55,796 --> 00:31:57,213 e ver saír o sol. 279 00:33:12,463 --> 00:33:16,088 Un, dous, tres, 280 00:33:16,171 --> 00:33:20,213 catro, cinco, seis, 281 00:33:20,296 --> 00:33:22,671 sete, oito... 282 00:33:25,171 --> 00:33:26,255 Son nove. 283 00:33:27,713 --> 00:33:29,213 Os chanzos ata a cuberta. 284 00:33:38,005 --> 00:33:39,255 Facédelo ben. 285 00:33:39,338 --> 00:33:42,755 Volve ser condescendente comigo e quítoche o barco. 286 00:33:44,880 --> 00:33:46,296 Vide entón. 287 00:33:48,546 --> 00:33:49,380 Apóiovos. 288 00:33:55,630 --> 00:33:57,296 E quen te apoia a ti? 289 00:34:02,338 --> 00:34:03,838 Dada a túa perda, 290 00:34:04,796 --> 00:34:09,546 entendería que ao regresar quixeses renunciar ao posto. 291 00:34:13,921 --> 00:34:18,880 Dunha vez pregunstástesme por que saquei a Galadriel do mar. 292 00:34:20,255 --> 00:34:22,380 Dixen que non me quedara outra. 293 00:34:23,880 --> 00:34:26,546 Mais a verdade é que a puiden deixar alí. 294 00:34:27,171 --> 00:34:29,921 Puiden negarme a seguila á Terra Media. 295 00:34:31,588 --> 00:34:33,588 Ou evitar que meu fillo o fixese. 296 00:34:35,755 --> 00:34:38,921 Pero as decisións que tomei foron porque... 297 00:34:40,380 --> 00:34:41,796 Por que, Elendil? 298 00:34:44,463 --> 00:34:48,421 Porque "Elendil" non significa só "o que ama as estrelas". 299 00:34:49,755 --> 00:34:52,171 Non imaxinei que me traería aquí. 300 00:35:04,088 --> 00:35:09,088 Meu pai díxome un día que o camiño dos Fieis 301 00:35:09,171 --> 00:35:11,171 implica pagar o prezo. 302 00:35:12,921 --> 00:35:15,338 Aínda que o custo non se saiba. 303 00:35:17,588 --> 00:35:20,588 E confiar en que, ao final, pagará a pena. 304 00:35:25,796 --> 00:35:28,796 Ás veces o custo é elevado. 305 00:35:33,005 --> 00:35:34,255 É, si. 306 00:35:36,755 --> 00:35:39,505 Pois non nos queda outra que seguir servindo. 307 00:35:42,255 --> 00:35:47,005 E no meu caso, ocupareime de facer que o final valla a pena. 308 00:35:48,796 --> 00:35:50,213 Pase o que pase? 309 00:35:51,421 --> 00:35:52,838 Pase o que pase. 310 00:36:03,505 --> 00:36:06,671 Capitán! Númenor á vista. 311 00:36:12,796 --> 00:36:14,213 Miña soberana. 312 00:36:42,046 --> 00:36:45,338 Elendil, que é? Que sucede? 313 00:36:50,963 --> 00:36:52,213 Que pasa? 314 00:36:53,713 --> 00:36:54,963 Que estás vendo? 315 00:37:46,296 --> 00:37:47,546 Que pasou? 316 00:37:49,588 --> 00:37:51,838 O mithril é orgulloso. 317 00:37:53,755 --> 00:37:57,755 Non se deixa aliar con minerais inferiores. 318 00:37:57,838 --> 00:38:00,505 Ao acceder ós poderes do Visible e o Invisible 319 00:38:00,588 --> 00:38:03,338 parecían atenuarse os límites entre ambos. 320 00:38:03,421 --> 00:38:04,588 Non o entendo. 321 00:38:04,671 --> 00:38:07,380 Usamos presión como para fundir ceo e terra. 322 00:38:07,463 --> 00:38:10,713 -Desta debera funcionar! -Paciencia. Isto é unha viaxe. 323 00:38:10,796 --> 00:38:13,671 Non sempre avanzaremos. Quizais leve tempo. 324 00:38:13,755 --> 00:38:15,630 -Tempo? Non o temos. -Tempo... 325 00:38:15,713 --> 00:38:18,005 Igual era ben deixalo por hoxe. 326 00:38:18,088 --> 00:38:21,046 Se cadra forzámonos demasiado. 327 00:38:21,130 --> 00:38:23,296 Que nos forzamos demasiado. 328 00:38:28,296 --> 00:38:30,046 E se ese é o problema? 329 00:38:31,546 --> 00:38:34,296 E se aplicamos demasiada forza? 330 00:38:34,380 --> 00:38:36,421 Que quere dicir iso? 331 00:38:36,505 --> 00:38:39,671 Que os metais non se deben forzar a unirse, 332 00:38:39,755 --> 00:38:43,671 hai que convencelos de que o fagan. 333 00:38:43,755 --> 00:38:47,671 E se é así, fixémolo todo mal. 334 00:38:50,046 --> 00:38:53,171 Rápido, desmontade isto, empezamos de novo. 335 00:38:59,005 --> 00:39:00,213 Miña señora... 336 00:39:27,630 --> 00:39:28,838 Galadriel! 337 00:39:30,963 --> 00:39:32,046 Atopámolo. 338 00:39:32,713 --> 00:39:34,921 Non sei como non caemos antes. 339 00:39:35,421 --> 00:39:37,505 É moito poder para un obxecto. 340 00:39:38,296 --> 00:39:39,630 Necesitamos dous. 341 00:39:40,671 --> 00:39:41,880 Imos facer dous. 342 00:39:41,963 --> 00:39:44,255 -Dúas coroas? -Non exactamente. 343 00:39:44,630 --> 00:39:46,630 Terá que ser algo... 344 00:39:47,671 --> 00:39:48,880 máis pequeno. 345 00:39:49,546 --> 00:39:51,213 Ven, veno ver. 346 00:39:51,755 --> 00:39:53,838 Non ata que me digas quen es. 347 00:39:55,880 --> 00:39:57,463 Sabes quen son. 348 00:39:57,546 --> 00:39:59,463 Quen es de verdade. 349 00:40:01,546 --> 00:40:03,546 Galadriel, temo que non... 350 00:40:04,880 --> 00:40:07,296 Non existe o rei das Terras do Sur. 351 00:40:08,005 --> 00:40:09,588 A liña cortouse. 352 00:40:10,505 --> 00:40:14,171 O último que levou ese brasón morreu hai máis dun milenio. 353 00:40:15,296 --> 00:40:16,880 Non tiña herdeiros. 354 00:40:32,005 --> 00:40:34,588 Díxenche que o atopara nun morto. 355 00:40:34,671 --> 00:40:35,921 Non. 356 00:40:36,588 --> 00:40:38,588 Non, na balsa salváchesme... 357 00:40:38,671 --> 00:40:40,421 Alí, salváchesme ti a min. 358 00:40:40,505 --> 00:40:43,338 Convenciches a Míriel para salvar a Terra Media. 359 00:40:43,421 --> 00:40:46,463 Convencíchela ti. Eu quería quedar en Númenor. 360 00:40:46,546 --> 00:40:48,671 Loitaches ao meu lado. 361 00:40:48,755 --> 00:40:51,921 Contra o teu inimigo. E o meu. 362 00:40:56,713 --> 00:40:58,130 Dime o teu nome. 363 00:41:00,880 --> 00:41:04,713 Levo esperto dende antes de romperse o primeiro silencio. 364 00:41:05,588 --> 00:41:09,088 Nese tempo... tiven moitos nomes. 365 00:41:34,338 --> 00:41:36,338 Perdendo xa a compostura, irmá? 366 00:41:40,796 --> 00:41:42,963 Foi un tropezón, nada máis. 367 00:41:57,005 --> 00:41:58,088 Ponte de pé. 368 00:41:58,171 --> 00:42:01,588 Sáeme da mente. 369 00:42:02,171 --> 00:42:03,838 Por favor, irmá. 370 00:42:06,421 --> 00:42:07,796 Mírame. 371 00:42:09,213 --> 00:42:10,630 Galadriel... 372 00:42:22,421 --> 00:42:24,046 A miña vella daga. 373 00:42:25,630 --> 00:42:27,796 Coidaches dela todo este tempo. 374 00:42:30,838 --> 00:42:32,838 Fuches moi valente. 375 00:42:35,421 --> 00:42:39,421 Loitaches moi duro, durante moitos anos, 376 00:42:40,713 --> 00:42:42,963 para rematar o que eu non puiden. 377 00:42:45,380 --> 00:42:47,546 A túa tarefa era perseguir a Sauron. 378 00:42:49,213 --> 00:42:52,630 Era a de asegurar a paz. 379 00:42:54,921 --> 00:42:59,338 Pero descubrín que tamén era a de Sauron. 380 00:43:00,171 --> 00:43:01,380 Non. 381 00:43:03,880 --> 00:43:05,296 Non, ti morriches. 382 00:43:06,171 --> 00:43:08,755 Xunto con moitos máis, por culpa del. 383 00:43:08,838 --> 00:43:10,963 Non, Galadriel. 384 00:43:12,755 --> 00:43:17,588 El buscaba un poder non para destruír a Terra Media, 385 00:43:19,005 --> 00:43:20,171 senón para curala. 386 00:43:23,505 --> 00:43:27,630 Igual que os teus amigos elfos intentan neste momento. 387 00:43:29,421 --> 00:43:30,921 Non tes que mentirlles. 388 00:43:33,380 --> 00:43:35,380 Deixa que o traballo siga. 389 00:43:40,671 --> 00:43:45,296 Lembras o que che murmurei baixo esta árbore? 390 00:43:51,880 --> 00:43:53,880 Toca a escuridade outra vez. 391 00:44:08,505 --> 00:44:12,505 Meu irmán está morto. Pola túa culpa. 392 00:44:12,588 --> 00:44:16,421 Galadriel, por que dis iso? 393 00:44:17,213 --> 00:44:19,213 Como dis tal cousa? 394 00:44:20,255 --> 00:44:21,505 Galadriel... 395 00:44:23,296 --> 00:44:25,755 Galadriel, volve onda min. 396 00:44:25,838 --> 00:44:28,880 Galadriel, mira para min! 397 00:44:33,171 --> 00:44:35,005 Galadriel, mírame. 398 00:44:39,880 --> 00:44:41,296 Sabes quen son. 399 00:44:43,630 --> 00:44:44,713 Son amigo teu. 400 00:44:44,796 --> 00:44:47,213 Es amigo de Morgoth. 401 00:44:52,505 --> 00:44:54,338 Cando Morgoth foi derrotado, 402 00:44:56,630 --> 00:45:01,380 foi coma se un gran puño cerrado 403 00:45:02,796 --> 00:45:05,046 me soltase o pescozo. 404 00:45:06,046 --> 00:45:08,838 E na quietude daquel primeiro albor, 405 00:45:09,755 --> 00:45:14,171 por fin, sentín a luz do Único de novo. 406 00:45:16,630 --> 00:45:20,838 E souben que se quería o perdón, 407 00:45:22,213 --> 00:45:25,713 tiña que curar todo o que axudara a destruír. 408 00:45:25,796 --> 00:45:28,463 Nada podería borrar o mal que fixeches. 409 00:45:28,546 --> 00:45:31,755 -Non é o que cres. -Non me digas o que creo. 410 00:45:31,838 --> 00:45:33,421 Non. Dixéchesmo. 411 00:45:33,505 --> 00:45:38,380 Trala vitoria, dixeches que podía liberarme do que fixera antes. 412 00:45:38,463 --> 00:45:40,838 -Enganáchesme. -Conteiche a verdade. 413 00:45:40,921 --> 00:45:44,505 Que fixera maldades, e non che importou. 414 00:45:44,588 --> 00:45:47,963 Porque sabías que o noso pasado non era nada, 415 00:45:48,046 --> 00:45:49,713 comparado co noso futuro. 416 00:45:50,630 --> 00:45:52,630 Non hai tal futuro. 417 00:45:53,921 --> 00:45:55,088 Ai non? 418 00:46:17,296 --> 00:46:19,296 Os demais mírante con dúbidas. 419 00:46:21,880 --> 00:46:23,880 Só eu vexo a túa grandeza. 420 00:46:28,463 --> 00:46:32,046 Só eu vexo a túa luz. 421 00:46:33,505 --> 00:46:35,921 Farías de min unha tirana. 422 00:46:36,005 --> 00:46:37,630 Faría de ti unha raíña. 423 00:46:39,046 --> 00:46:41,046 Fermosa coma o mar e o Sol. 424 00:46:41,880 --> 00:46:44,463 Máis forte cós alicerces da Terra. 425 00:46:45,255 --> 00:46:47,838 E de ti... o meu rei. 426 00:46:49,713 --> 00:46:50,796 O Señor Escuro. 427 00:46:50,880 --> 00:46:53,880 Non. Escuro non. 428 00:46:54,963 --> 00:46:56,671 Non contigo ao meu lado. 429 00:46:57,963 --> 00:47:01,963 Dixéchesme dunha vez que nos atopamos por unha razón. 430 00:47:04,296 --> 00:47:05,630 É esta. 431 00:47:06,546 --> 00:47:10,380 Ti átasme á luz e eu átote ao poder. 432 00:47:12,630 --> 00:47:16,213 Xuntos podemos salvar a Terra Media. 433 00:47:18,213 --> 00:47:19,296 Salvala? 434 00:47:21,046 --> 00:47:22,546 Ou gobernala? 435 00:47:24,671 --> 00:47:26,338 Non vexo a diferenza. 436 00:47:29,463 --> 00:47:34,796 E por iso nunca estarei ao teu lado. 437 00:47:39,588 --> 00:47:40,755 Non tes elección. 438 00:47:41,213 --> 00:47:43,296 Sen min, o teu pobo desaparecerá. 439 00:47:43,380 --> 00:47:46,588 E a sombra espallarase e cubrirá o mundo. 440 00:47:46,671 --> 00:47:49,255 -Necesítasme. -Debín deixarte no mar. 441 00:47:49,338 --> 00:47:51,796 Alí estabas porque os elfos te expulsaron. 442 00:47:51,880 --> 00:47:56,296 E fixérono por rebaixarte a pedirlles uns poucos soldados. 443 00:47:56,380 --> 00:47:59,880 Que farán cando lles digas que fuches a miña aliada? 444 00:47:59,963 --> 00:48:04,546 Cando lles digas que Sauron vive grazas a ti? 445 00:48:04,630 --> 00:48:06,380 E morrerás grazas a min. 446 00:48:42,671 --> 00:48:44,255 Galadriel! 447 00:48:51,171 --> 00:48:52,005 Enganador! 448 00:48:53,046 --> 00:48:55,380 Galadriel, para! Elrond. Son Elrond. 449 00:48:55,463 --> 00:48:56,505 Demóstrao. 450 00:48:58,755 --> 00:49:00,171 Onde nos coñecemos? 451 00:49:01,713 --> 00:49:03,796 Na costa, cando quedei orfo. 452 00:49:04,796 --> 00:49:08,546 Estaba só. Un rapaz medio elfo, sen amigos nin parentes. 453 00:49:11,630 --> 00:49:13,130 Ti déchesme auga. 454 00:49:17,671 --> 00:49:18,921 Elrond. 455 00:49:22,755 --> 00:49:25,171 Á cuith tessë, Galadriel. 456 00:49:26,296 --> 00:49:29,213 E Celebrimbor. Onde anda? 457 00:49:29,296 --> 00:49:32,671 No taller. Xa estará acabando. 458 00:49:32,755 --> 00:49:34,005 Non! 459 00:49:34,088 --> 00:49:37,255 Galadriel! Que pasou? 460 00:49:42,546 --> 00:49:43,630 Galadriel! 461 00:49:49,088 --> 00:49:50,713 Está feito? 462 00:49:50,796 --> 00:49:53,421 Galadriel, estás toda empapada. 463 00:49:53,505 --> 00:49:54,588 Por que? 464 00:49:54,671 --> 00:49:57,588 Porque a saquei das augas do Glanduin. 465 00:49:57,671 --> 00:49:59,630 Do Glanduin? Que pasou? 466 00:49:59,713 --> 00:50:00,963 Galadriel. 467 00:50:04,255 --> 00:50:05,755 Onde vai Halbrand? 468 00:50:08,213 --> 00:50:11,630 Marchou. E dubido que regrese. 469 00:50:13,046 --> 00:50:16,088 E se o fai, non debemos volver tratar con el. 470 00:50:17,338 --> 00:50:19,421 Que pasou onda o río? 471 00:50:19,505 --> 00:50:21,505 Dunha vez faláchesme dun erro. 472 00:50:22,796 --> 00:50:24,755 Un que prometiches non repetir. 473 00:50:26,130 --> 00:50:28,755 Fas que sexa difícil cumprir a promesa. 474 00:50:28,838 --> 00:50:31,921 De ser doado, non requiriría confianza. 475 00:50:39,380 --> 00:50:41,296 Daquela seguimos? 476 00:50:41,380 --> 00:50:42,255 Non. 477 00:50:44,963 --> 00:50:46,963 Debemos facer tres. 478 00:50:47,046 --> 00:50:48,880 Tres? Por que? 479 00:50:50,796 --> 00:50:54,630 Un sempre corromperá. Dous dividirán. 480 00:50:54,755 --> 00:50:57,588 Mais con tres, hai equilibrio. 481 00:51:03,380 --> 00:51:08,380 Os poderes que forxemos hoxe deben ser só para os elfos. 482 00:51:09,421 --> 00:51:11,421 Sen tocalos outras mans. 483 00:51:12,671 --> 00:51:16,546 Galadriel, descubrín que a pureza 484 00:51:16,630 --> 00:51:19,713 dos minerais inferiores da aliaxe é crucial. 485 00:51:22,255 --> 00:51:25,671 Necesito ouro e prata da máis exquisita calidade. 486 00:51:27,796 --> 00:51:29,963 Preciso ouro e prata de Valinor. 487 00:51:34,463 --> 00:51:38,880 A verdadeira creación require... sacrificio. 488 00:51:47,088 --> 00:51:49,171 Lembras xa algo máis? 489 00:51:50,296 --> 00:51:53,713 Fragmentos. Impresións. 490 00:51:55,338 --> 00:52:00,005 Lembrei máis, pero para descubrir o resto, sei que debo ir a Rhûn. 491 00:52:02,630 --> 00:52:04,796 Equivocáronse co teu nome. 492 00:52:04,880 --> 00:52:08,380 E se se equivocaron niso tamén? Ou mentían ou... 493 00:52:08,463 --> 00:52:13,963 O que dixeron souben que era verdade cunha certeza que non podo explicar. 494 00:52:17,296 --> 00:52:18,505 Elas... 495 00:52:19,338 --> 00:52:22,088 Chamáronche algo máis: "Istar". 496 00:52:23,088 --> 00:52:24,505 É a túa raza? 497 00:52:26,546 --> 00:52:27,796 Istar? 498 00:52:31,088 --> 00:52:33,338 Na túa lingua significa "sabio". 499 00:52:34,421 --> 00:52:35,255 Ou... 500 00:52:38,463 --> 00:52:39,796 "mago". 501 00:52:51,421 --> 00:52:53,838 Non vas vir connosco, verdade? 502 00:52:59,630 --> 00:53:04,088 Por veces, o camiño márcannolo poderes maiores có noso. 503 00:53:04,755 --> 00:53:07,630 Neses momentos, debemos facer que os pés vaian 504 00:53:07,713 --> 00:53:10,963 onde o corazón non quere ir. 505 00:53:11,046 --> 00:53:14,005 Malia os perigos que nos agarden no camiño. 506 00:53:16,880 --> 00:53:19,505 Semella unha aventura. 507 00:53:19,588 --> 00:53:21,255 Indo só é unha simple viaxe. 508 00:53:22,588 --> 00:53:26,005 As aventuras hai que compartilas. 509 00:53:32,713 --> 00:53:36,921 Creo que xa tiven máis das que unha pepeluda podería esperar. 510 00:53:49,755 --> 00:53:53,088 Aquí di que indo cara ao norte, 511 00:53:53,171 --> 00:53:56,671 temos trinta días de carreiro despexado. 512 00:53:56,796 --> 00:53:58,880 Moita herba verde e ningún trol. 513 00:53:59,963 --> 00:54:04,421 -Si! E parece todo costa abaixo. -Telo do revés. 514 00:54:07,713 --> 00:54:11,505 Síntocho, Malva. Serán semanas de costas pinas e silveiras. 515 00:54:11,588 --> 00:54:15,005 Pois se tan lista es, por que non buscas ti o camiño? 516 00:54:19,088 --> 00:54:22,171 Mirade polos cativos e os que queden atrás! 517 00:54:22,255 --> 00:54:24,838 Ninguén sae do carreiro! 518 00:54:24,921 --> 00:54:27,755 E ninguén camiña só! 519 00:54:27,838 --> 00:54:30,255 Soaba mellor cando o dicía Sadoc. 520 00:54:34,130 --> 00:54:36,630 Oxalá o vello rosmón estivese connosco. 521 00:54:36,713 --> 00:54:37,921 Está. 522 00:54:50,421 --> 00:54:51,255 Marcha. 523 00:54:55,630 --> 00:54:58,088 Agora es parte de algo importante. 524 00:55:00,213 --> 00:55:01,380 El necesítate. 525 00:55:02,588 --> 00:55:04,755 E o teu lugar está polo mundo. 526 00:55:19,421 --> 00:55:20,755 Adeus, Nori! 527 00:55:20,880 --> 00:55:22,296 -Adeus... -Ten coidado. 528 00:55:26,630 --> 00:55:27,463 Cóidate. 529 00:55:37,963 --> 00:55:40,213 -Colliches o farol? -Claro. 530 00:55:40,296 --> 00:55:41,380 Ben. 531 00:55:42,421 --> 00:55:46,005 Pois... adeus. 532 00:55:49,880 --> 00:55:50,713 Nori... 533 00:55:53,463 --> 00:55:55,796 Toma. Uns caracois para o mangallón. 534 00:55:55,880 --> 00:55:57,755 Sabes que é comellón. 535 00:55:57,838 --> 00:56:01,338 E outra manta por se tes frío. Ale. 536 00:56:02,755 --> 00:56:03,921 Déixame verte. 537 00:56:11,171 --> 00:56:12,338 Vaia pai son. 538 00:56:13,880 --> 00:56:18,213 Vas saír ao mundo, e non che ensinei nadiña. 539 00:56:18,296 --> 00:56:20,463 Oíches, ensinaches tal. 540 00:56:23,255 --> 00:56:26,380 Apaga sempre o lume con auga e terra. 541 00:56:26,463 --> 00:56:30,546 Non te alivies no río, que non sabes se terás que beber río abaixo. 542 00:56:30,630 --> 00:56:35,838 E un pepeludo sen modais chegará tan lonxe coma unha roda cadrada. 543 00:56:35,921 --> 00:56:37,088 Unha roda cadrada. 544 00:56:40,046 --> 00:56:42,546 Sempre escoitaba, Padre. 545 00:56:59,255 --> 00:57:03,755 Busca a onde vai o río e onde aprenden os cantos os pardais. 546 00:57:07,505 --> 00:57:08,880 Fareino, Madre. 547 00:57:09,630 --> 00:57:10,838 E terei coidado. 548 00:57:15,630 --> 00:57:16,796 Non. 549 00:57:22,255 --> 00:57:24,255 Serás valente. 550 00:57:48,421 --> 00:57:51,713 Anda, veña, marcha. 551 00:57:51,796 --> 00:57:53,255 Que igual te arrepintes. 552 00:57:55,255 --> 00:57:56,880 Ou facémolo nós. 553 00:58:08,255 --> 00:58:11,338 Agarda! Nori! 554 00:58:11,421 --> 00:58:12,588 Poula! 555 00:58:24,463 --> 00:58:28,130 Por que marchan sempre tódolos que máis quero? 556 00:58:29,921 --> 00:58:33,963 Porque se non o fixésemos, non aprenderiamos nada novo. 557 00:58:40,255 --> 00:58:42,838 Vas volver? Promételo? 558 00:58:44,005 --> 00:58:47,505 -E ti que coidarás de todos? -Claro, paponiña. 559 00:58:50,296 --> 00:58:54,171 Es a miña mellor amiga en todo o ancho e tolo mundo. 560 00:58:54,963 --> 00:58:56,380 Faría o que fose por ti. 561 00:58:58,380 --> 00:59:02,630 O mundo tan ancho non é, Poula, éche que nós somos pequenas. 562 00:59:08,463 --> 00:59:10,463 Non te afastes do mangallón. 563 00:59:11,005 --> 00:59:13,005 É un bo amigo nun apuro. 564 00:59:13,088 --> 00:59:14,505 Non tanto coma ti. 565 00:59:45,963 --> 00:59:48,213 -Estás segura? -Máis ca nunca. 566 00:59:49,005 --> 00:59:51,005 Están dicíndoche adeus. 567 00:59:52,796 --> 00:59:56,046 Se me viro, non vou dar marchado. 568 00:59:57,421 --> 01:00:01,421 Entón, igual será mellor que vaias diante. 569 01:00:05,505 --> 01:00:09,213 Agora que chega o momento, pésanme os pés coma o ferro. 570 01:00:11,546 --> 01:00:14,838 E ademais tampouco sei cara a onde tirar. 571 01:00:27,005 --> 01:00:28,421 É por aí. 572 01:00:29,921 --> 01:00:31,546 Estás seguro? 573 01:00:32,213 --> 01:00:33,630 De todo non. 574 01:00:34,546 --> 01:00:37,046 O aire recende doce cara a alá. 575 01:00:40,088 --> 01:00:43,213 Cando dubides, Elanor Brandipé... 576 01:00:45,630 --> 01:00:47,338 sigue sempre o olfacto. 577 01:07:23,130 --> 01:07:27,505 Tres aneis para os Reis dos Elfos 578 01:07:27,588 --> 01:07:31,921 baixo o ceo. 579 01:07:32,005 --> 01:07:35,296 Sete para os Señores Ananos 580 01:07:35,380 --> 01:07:40,588 nas súas salas de pedra. 581 01:07:40,671 --> 01:07:45,130 Nove para os Homes Mortais 582 01:07:45,213 --> 01:07:49,463 condenados a morrer. 583 01:07:49,546 --> 01:07:52,796 Un para o Señor Escuro 584 01:07:52,880 --> 01:07:57,088 no seu trono escuro 585 01:07:57,171 --> 01:08:03,046 na Terra de Mordor, 586 01:08:03,921 --> 01:08:09,921 onde se estenden as Sombras. 587 01:08:12,630 --> 01:08:18,630 Onde se estenden as Sombras. 588 01:08:27,338 --> 01:08:32,005 Un anel para gobernalos a todos, 589 01:08:32,088 --> 01:08:37,005 un anel para atopalos, 590 01:08:37,088 --> 01:08:42,171 un anel para atraelos a todos 591 01:08:42,255 --> 01:08:48,255 e atalos nas tebras, 592 01:08:52,255 --> 01:08:58,255 na terra de Mordor, 593 01:09:01,421 --> 01:09:07,421 onde se estenden as Sombras. 594 01:09:10,171 --> 01:09:16,171 Onde se estenden as Sombras. 595 01:09:21,838 --> 01:09:23,838 Subtítulos: Lucía Doval 596 01:09:23,921 --> 01:09:25,921 Supervisora creativa María Luisa Lage Garea