1 00:01:57,458 --> 00:02:00,000 LONDRES 2099 2 00:02:39,708 --> 00:02:42,208 En que lea te metiches agora, Aelita? 3 00:02:42,541 --> 00:02:44,875 Queres dicir en que lea me metiches? 4 00:02:47,750 --> 00:02:51,000 Quen diría que farías amigos tan perigosos? 5 00:02:53,583 --> 00:02:56,041 Unha vez pasei seis meses sen zapatos. 6 00:02:56,125 --> 00:02:57,291 Acórdaste? 7 00:02:57,875 --> 00:03:01,958 É incrible o que poden endurecer ou abrandar as plantas dos pés. 8 00:03:02,041 --> 00:03:05,708 Depende do entorno. Xusto coma o outro tipo de alma. 9 00:03:08,750 --> 00:03:11,291 Recordas o que pasou cos meus zapatos? 10 00:03:12,583 --> 00:03:13,791 Déchesmos. 11 00:03:16,208 --> 00:03:18,416 Cando te atopei, prometinche algo. 12 00:03:18,708 --> 00:03:20,166 Salvaríate se puidese. 13 00:03:20,250 --> 00:03:21,125 E fixéchelo. 14 00:03:22,583 --> 00:03:23,458 Iso cres? 15 00:03:25,166 --> 00:03:26,416 Que pretendes? 16 00:03:28,958 --> 00:03:30,333 Salvar o mundo. 17 00:03:30,416 --> 00:03:32,875 Iso xa é imposible. É o que sempre dis. 18 00:03:32,958 --> 00:03:35,000 Non dixen que fose o noso. 19 00:03:42,291 --> 00:03:43,250 Adeus, Wolf. 20 00:03:45,041 --> 00:03:45,916 Aelita? 21 00:03:49,708 --> 00:03:50,708 Aelita? 22 00:04:28,666 --> 00:04:32,041 CORDILLEIRA AZUL 2032 23 00:05:14,166 --> 00:05:15,333 Bos días, mamá. 24 00:05:16,332 --> 00:05:19,250 Tróuxenche café. Ten coidado, está quente. 25 00:05:19,332 --> 00:05:20,166 Grazas. 26 00:05:20,250 --> 00:05:23,125 Aí tes. E fíxenche un sándwich. Está na neveira. 27 00:05:23,207 --> 00:05:25,291 Se Burton quere un, que o faga el. 28 00:05:25,375 --> 00:05:27,791 Papou o teu onte. Non o negues. 29 00:05:27,875 --> 00:05:29,041 Eu non tiña fame. 30 00:05:32,291 --> 00:05:33,832 Non podes adelgazar máis. 31 00:05:33,916 --> 00:05:35,832 Rematarás outra vez no hospital. 32 00:05:41,957 --> 00:05:42,916 Burton! 33 00:05:44,207 --> 00:05:45,166 Merda. 34 00:05:55,041 --> 00:05:56,250 Burton, abre! 35 00:05:57,332 --> 00:05:58,166 Burton. 36 00:06:02,333 --> 00:06:05,541 Por que o último tamoseno de mamá é de dez miligramos? 37 00:06:05,625 --> 00:06:07,333 Entra rápido, teño que mexar. 38 00:06:07,416 --> 00:06:08,875 Cambiaches as pastillas? 39 00:06:10,083 --> 00:06:12,791 Burton, cambiaches as pastillas con mamá? 40 00:06:12,875 --> 00:06:15,708 Vai por aí, Flynne. Cres que faría algo así? 41 00:06:15,791 --> 00:06:17,582 Ten unha de dez miligramos. 42 00:06:17,666 --> 00:06:19,416 Só lle queda esa. 43 00:06:19,500 --> 00:06:23,332 Así que non as cambiaches. Estás a roubalas. 44 00:06:23,416 --> 00:06:24,707 Preciso diñeiro e xa. 45 00:06:24,791 --> 00:06:26,582 -Canto? -Canto tes? 46 00:06:26,666 --> 00:06:29,666 Mil se chego ó seguinte nivel. Podes axudarme. 47 00:06:29,750 --> 00:06:32,707 -Só chega para unha. -Suficiente para un día. 48 00:06:33,375 --> 00:06:37,375 E teño algo gordo esta noite, así que o resto doucho mañá. 49 00:06:38,541 --> 00:06:39,375 Oriéntame. 50 00:06:39,457 --> 00:06:40,291 CASCO CONECTADO 51 00:06:40,375 --> 00:06:42,457 Nazis na casa, e nós no cortello. 52 00:06:42,541 --> 00:06:43,500 Quen somos? 53 00:06:43,582 --> 00:06:46,125 Reece, eu mais un tipo de California. 54 00:06:46,207 --> 00:06:48,207 Páganos para pasar do nivel 20. 55 00:06:48,291 --> 00:06:51,166 Non para de dicir que acouguemos. É un pesado. 56 00:06:51,250 --> 00:06:52,707 Reece é o da boina. 57 00:06:53,916 --> 00:06:56,125 Apura! Xa chego bastante tarde. 58 00:06:58,666 --> 00:06:59,957 VOLVE: XEO FÁCIL 59 00:07:00,333 --> 00:07:01,833 XEO FÁCIL REECE106 - TOM217 60 00:07:20,500 --> 00:07:21,957 Pero non tedes... 61 00:07:22,041 --> 00:07:23,207 ...decencia? 62 00:07:23,957 --> 00:07:25,916 Que saian as ovellas polo menos. 63 00:07:35,500 --> 00:07:38,832 Gústame a boina, Reece. Moi elegante. 64 00:07:38,916 --> 00:07:39,916 Flynne? 65 00:07:40,000 --> 00:07:41,000 Onde está Burton? 66 00:07:41,082 --> 00:07:42,082 Nifrando. 67 00:07:42,875 --> 00:07:46,041 -Que buscamos? -Un mapa, supostamente. 68 00:07:47,000 --> 00:07:47,875 Atopástelo? 69 00:07:50,750 --> 00:07:51,957 Que fas? 70 00:07:53,082 --> 00:07:54,125 Abre a porta. 71 00:08:10,916 --> 00:08:11,875 Xa volvín. 72 00:08:11,958 --> 00:08:12,958 Dáme un momento. 73 00:08:14,291 --> 00:08:15,625 Movédevos! 74 00:08:45,750 --> 00:08:46,665 Tranqui, tío. 75 00:08:48,333 --> 00:08:51,250 -Sabedes por que non atopastes o mapa? -Por que? 76 00:08:51,333 --> 00:08:52,915 Porque aínda non chegara. 77 00:08:58,333 --> 00:08:59,958 Mándame a pasta ó teléfono. 78 00:09:01,666 --> 00:09:02,750 De nada. 79 00:09:05,791 --> 00:09:06,666 Reece! 80 00:09:08,583 --> 00:09:09,958 Que diantres pasou? 81 00:09:11,166 --> 00:09:12,166 Foi Flynne. 82 00:09:50,625 --> 00:09:52,165 HEFTY CAIXEIRO 24 HORAS 83 00:09:53,040 --> 00:09:53,875 SACAR CARTOS 84 00:10:12,166 --> 00:10:15,250 É certo que Seguridade Nacional sabe o que sacamos? 85 00:10:15,333 --> 00:10:17,041 Ten sentido. 86 00:10:17,125 --> 00:10:20,208 Estes días, usar efectivo é moi sospeitoso. 87 00:10:20,291 --> 00:10:24,166 E iso esconde algunha pregunta, Tommy? 88 00:10:26,083 --> 00:10:27,541 Como está túa nai? 89 00:10:28,333 --> 00:10:29,291 Ben. 90 00:10:29,833 --> 00:10:31,250 Grazas por preguntar. 91 00:10:33,290 --> 00:10:34,500 Que fas por aquí? 92 00:10:34,583 --> 00:10:37,250 Por fin quebrantaron a lei Macon e Edward? 93 00:10:37,333 --> 00:10:40,290 Aínda non, pero dálles tempo. 94 00:10:40,790 --> 00:10:43,125 Só vin facer un pedido para Dee Dee. 95 00:10:43,208 --> 00:10:45,833 Decoracións impresas para a torta de voda. 96 00:10:49,790 --> 00:10:53,750 Pois debería ir axudalos. 97 00:10:56,415 --> 00:10:58,665 Estragarano todo sen un adulto. 98 00:10:59,583 --> 00:11:03,125 Billy Ann espérate. E cuns roxóns. 99 00:11:03,208 --> 00:11:05,541 -Vas avisada. -Grazas. 100 00:11:06,666 --> 00:11:07,875 Vémonos, Tommy. 101 00:11:14,791 --> 00:11:16,958 Non dirías nada, verdade? 102 00:11:17,041 --> 00:11:19,541 -Que ía dicir? -Que che parece...? 103 00:11:19,625 --> 00:11:21,125 FOREVER FAB IMPRESIÓN 3D 104 00:11:21,208 --> 00:11:25,250 "Estou imaxinando o que sería ser ti, 105 00:11:25,791 --> 00:11:26,875 aí de pé". 106 00:11:26,958 --> 00:11:30,916 Entón soltas: "Pero non podo. Es demasiado guapo. 107 00:11:31,541 --> 00:11:35,000 É como imaxinarme estar dentro dun león". 108 00:11:35,958 --> 00:11:37,165 Un león, Billy? 109 00:11:37,250 --> 00:11:38,665 Elixe outro animal. 110 00:11:38,750 --> 00:11:41,290 E despois, con cara triste, dis: 111 00:11:41,708 --> 00:11:43,375 "Valoras o teu tempo?". 112 00:11:43,458 --> 00:11:45,625 E cando diga que si, que vai dicir? 113 00:11:45,708 --> 00:11:49,500 Soltas: "Porque perdemos estes preciosos minutos falando...". 114 00:11:49,583 --> 00:11:51,333 Flynne? O pedido de Tommy. 115 00:11:51,415 --> 00:11:53,708 "...mais podiamos estar abrazados...". 116 00:11:53,790 --> 00:11:56,875 Sabes por que pediron dous maridos e una muller? 117 00:11:56,958 --> 00:11:59,125 "Boas, Billy Ann. Podo coller un?". 118 00:11:59,208 --> 00:12:00,958 Lerías mal o formulario? 119 00:12:03,125 --> 00:12:03,958 Merda. 120 00:12:07,958 --> 00:12:08,833 Listo entón. 121 00:12:11,791 --> 00:12:14,083 "Foi bo verte! Grazas polos roxóns!". 122 00:12:16,125 --> 00:12:17,375 Teño que dicir algo. 123 00:12:17,458 --> 00:12:21,875 Estragas a túa capacidade e intelixencia neste antro de imbecilidade. 124 00:12:21,958 --> 00:12:23,041 Máquina 15 trancada. 125 00:12:23,125 --> 00:12:26,250 Sobre todo cando tes unha opción moito máis lucrativa 126 00:12:26,333 --> 00:12:27,750 nas puntas dos dedos. 127 00:12:27,833 --> 00:12:30,750 Canto cobra Burton traballando para ricachóns? 128 00:12:30,833 --> 00:12:32,250 Máis do que merece. 129 00:12:32,333 --> 00:12:35,250 Ti poderías superalo se usas o seu avatar 130 00:12:35,333 --> 00:12:37,290 e non saben que es unha muller. 131 00:12:37,375 --> 00:12:40,125 Xa che dixen que parei con iso, Billy Ann. 132 00:12:40,208 --> 00:12:42,875 Si, dixéchesmo, pero non a razón. 133 00:12:42,958 --> 00:12:45,790 Esa é a esencia de todo o tema. 134 00:12:45,875 --> 00:12:46,750 Non é real. 135 00:12:47,583 --> 00:12:50,333 Gústeme ou non, este é o meu único mundo. 136 00:12:53,000 --> 00:12:54,083 En fin, 137 00:12:54,915 --> 00:12:59,083 xa que falamos diso, antes de limpar máis o mundo, 138 00:12:59,165 --> 00:13:01,333 vou dicir unha última cousa. 139 00:13:01,833 --> 00:13:04,333 Se alguén me puxese olliños de cachorro 140 00:13:04,416 --> 00:13:06,333 cando ía casar con Jasper, 141 00:13:07,041 --> 00:13:09,333 querería sabelo. 142 00:13:09,916 --> 00:13:12,708 Como dixeches, a vida pasa moi rápido. 143 00:13:12,791 --> 00:13:15,875 Por que perder un minuto por timidez? 144 00:13:17,041 --> 00:13:19,708 Dixeches moito máis que unha cousa. 145 00:13:21,166 --> 00:13:23,125 Que teñas bo día, cariño. 146 00:13:23,708 --> 00:13:26,916 Podes tentar algo atrevido que nos encha de orgullo. 147 00:13:27,000 --> 00:13:29,208 -Adeus, Billy Ann. -Adeus. Ola, mozas. 148 00:13:51,375 --> 00:13:52,625 Merda para min. 149 00:14:11,250 --> 00:14:12,291 Que? 150 00:14:16,833 --> 00:14:18,666 Burton pediu isto. 151 00:14:19,791 --> 00:14:20,666 Que é? 152 00:14:20,750 --> 00:14:23,291 O mellor que fabricamos na vida. 153 00:14:23,375 --> 00:14:25,416 -E como pagou? -Non pagou el. 154 00:14:25,500 --> 00:14:29,750 Pagou algo chamado Milagros Coldiron. 155 00:14:29,833 --> 00:14:32,250 E xa temos para o que queda de mes. 156 00:14:32,333 --> 00:14:33,625 Que se supón que fai? 157 00:14:33,708 --> 00:14:36,208 É un aparello de control remoto. 158 00:14:36,290 --> 00:14:38,250 Polo que entendemos, polo menos. 159 00:14:38,333 --> 00:14:41,915 Cremos que a metade dos compoñentes non están patentados. 160 00:14:42,000 --> 00:14:44,208 Aposto por cousas de mercenarios. 161 00:14:44,290 --> 00:14:46,958 -De onde saíu? -De Milagros Coldiron. 162 00:14:47,040 --> 00:14:49,040 Empresa colombiana. Buscámola. 163 00:14:49,125 --> 00:14:51,790 -De que tipo? -Das rexistradas en Bogotá. 164 00:14:51,875 --> 00:14:54,375 Só din che din: "Fódase, grazas". 165 00:14:54,458 --> 00:14:56,000 Burton anda nun cártel? 166 00:14:56,083 --> 00:14:57,000 Vai ó carallo. 167 00:14:57,540 --> 00:15:00,666 Estades seguros de que non pagou nada 168 00:15:00,750 --> 00:15:02,458 -por isto? -Nada de nada. 169 00:15:03,000 --> 00:15:05,000 Pero tes que escanealo. 170 00:15:06,375 --> 00:15:07,875 Espera. En serio? 171 00:15:08,333 --> 00:15:11,208 Non é nada persoal. Pediron cadea de custodia. 172 00:15:31,000 --> 00:15:33,708 Podemos falar en serio das pastillas de mamá? 173 00:15:40,790 --> 00:15:43,333 Veña, sei que queres. 174 00:15:43,415 --> 00:15:44,250 O que? 175 00:15:46,833 --> 00:15:48,165 Preguntar que é isto. 176 00:15:50,208 --> 00:15:52,958 Cantos anos tiña a última vez que caín niso? 177 00:15:53,040 --> 00:15:55,500 Queres que un xoguete me distraia? 178 00:15:55,583 --> 00:15:59,750 Sorprenderíache. Cando funcione, non te darás conta. 179 00:15:59,833 --> 00:16:01,291 É o obxectivo. 180 00:16:11,041 --> 00:16:12,166 É moi raro. 181 00:16:13,125 --> 00:16:15,333 Para que son os dentes prateados? 182 00:16:15,875 --> 00:16:16,958 Nin ten pantalla. 183 00:16:17,875 --> 00:16:19,375 RV da nova, Flynne. 184 00:16:19,958 --> 00:16:23,375 Queren que a probe por un montón de pasta. 185 00:16:23,458 --> 00:16:24,875 Chegaríanos para meses. 186 00:16:24,958 --> 00:16:25,875 Por que ti? 187 00:16:25,958 --> 00:16:29,583 Son un dos poucos jóckeys que chegou ó nivel 100 de Halcyon. 188 00:16:29,666 --> 00:16:32,290 Se nunca pasaches das covas de lume do 83. 189 00:16:32,375 --> 00:16:37,000 Xa, pero había alguén usando o meu avatar. Xogando con Xeo fácil. 190 00:16:37,083 --> 00:16:40,540 E acadou o nivel 107. 191 00:16:41,790 --> 00:16:42,833 Non, Burton. 192 00:16:42,915 --> 00:16:44,915 Teño que facer a cea. 193 00:16:45,000 --> 00:16:47,415 É a única forma de pagar o tamoseno. 194 00:16:52,415 --> 00:16:55,125 Sabes que estou orgulloso do boa que eres. 195 00:16:55,208 --> 00:16:56,958 Deixa de dicir parvadas. 196 00:16:57,040 --> 00:16:59,333 Ás veces non sei como te soportas. 197 00:16:59,415 --> 00:17:01,708 Xa o sei, pero é verdade. 198 00:17:03,125 --> 00:17:04,208 Estou orgulloso. 199 00:17:14,915 --> 00:17:16,333 Pagan por nivel? 200 00:17:16,415 --> 00:17:20,040 Por tempo de traballo. Canto máis pases dentro, máis gañas. 201 00:17:20,125 --> 00:17:22,208 Queren arranxar todos os problemas. 202 00:17:24,958 --> 00:17:26,290 Que buscan? 203 00:17:28,040 --> 00:17:29,333 Asasinatos? 204 00:17:29,416 --> 00:17:32,375 Logros e exploración. Os teus puntos fortes. 205 00:17:36,541 --> 00:17:39,458 E volvo ter unha pedazo de barba? 206 00:17:40,916 --> 00:17:43,500 Polo que sei, serás unha versión de min. 207 00:17:43,583 --> 00:17:46,958 Vale, entón debería actuar como unha tontiña? 208 00:17:51,125 --> 00:17:52,333 É só poñelo? 209 00:18:04,375 --> 00:18:05,666 Bótate para atrás. 210 00:18:06,166 --> 00:18:08,125 -Pecha os ollos. -Para. 211 00:18:10,416 --> 00:18:11,625 Conta desde dez. 212 00:18:11,708 --> 00:18:14,833 -O resto debería ser sinxelo. -Vale. 213 00:18:23,666 --> 00:18:28,958 Seis, cinco, catro, tres, dous, 214 00:18:29,875 --> 00:18:30,708 un. 215 00:18:32,041 --> 00:18:33,708 Burton, non funciona. 216 00:18:40,916 --> 00:18:42,541 A hostia. 217 00:19:07,958 --> 00:19:08,958 Boas. 218 00:19:10,041 --> 00:19:11,958 Benvido ó simulador, Xeo fácil. 219 00:19:20,458 --> 00:19:22,166 É coma os outros simuladores? 220 00:19:22,250 --> 00:19:24,666 Nin de broma. 221 00:19:24,750 --> 00:19:26,000 Podo sentir cousas. 222 00:19:27,208 --> 00:19:28,416 Síntoo todo. 223 00:19:31,375 --> 00:19:34,041 Tamén dor. Estás avisado. 224 00:19:36,791 --> 00:19:37,833 Quen es? 225 00:19:37,916 --> 00:19:39,375 A voz da túa cabeza. 226 00:19:39,458 --> 00:19:42,125 Eu mando e ti fas. 227 00:19:42,208 --> 00:19:44,000 Así gañas o soldo. 228 00:20:17,250 --> 00:20:18,125 Esquerda. 229 00:20:26,875 --> 00:20:28,166 O teu destino. 230 00:20:28,958 --> 00:20:31,041 Creo que sei o que é. 231 00:20:31,125 --> 00:20:33,041 Non. Sabes o que era. 232 00:20:36,583 --> 00:20:38,166 Dá media volta á rotonda. 233 00:20:39,250 --> 00:20:40,458 Sigue. 234 00:20:41,583 --> 00:20:42,791 Vira na esquina. 235 00:20:44,875 --> 00:20:47,333 Para na porta da esquerda. 236 00:20:52,916 --> 00:20:54,416 Agora toca ir a pé. 237 00:21:04,166 --> 00:21:05,291 Preciso un arma? 238 00:21:05,750 --> 00:21:08,916 Só o fío do teu enxeño, se é que o tes. 239 00:21:09,000 --> 00:21:11,166 Móvete, esperan por ti. 240 00:21:23,583 --> 00:21:25,791 Di: "Cheguei". 241 00:21:26,500 --> 00:21:27,666 Cheguei. 242 00:21:42,375 --> 00:21:44,708 Non parece estar na base de datos. 243 00:21:44,791 --> 00:21:46,041 Como se chama? 244 00:21:46,416 --> 00:21:47,500 Xeo fácil. 245 00:21:48,208 --> 00:21:50,708 -Prefire señor Fácil? -Ou don Xeo? 246 00:21:51,375 --> 00:21:53,750 Don Xeo soa ben. 247 00:21:53,833 --> 00:21:55,500 Rexistrado, don Xeo. 248 00:21:56,291 --> 00:21:58,125 Desfrute da festa, don Xeo. 249 00:22:46,291 --> 00:22:47,541 Onde está a xente? 250 00:22:48,250 --> 00:22:49,708 No xardín, querido. 251 00:22:53,666 --> 00:22:54,791 Que é isto? 252 00:22:55,166 --> 00:22:56,583 Unha festa de empresa. 253 00:22:56,666 --> 00:23:00,333 Fixeron unha simulación dunha festa no Palacio de Buckingham? 254 00:23:00,416 --> 00:23:02,416 Aí está o enxeño que buscaba. 255 00:23:02,500 --> 00:23:03,666 Que empresa é? 256 00:23:03,750 --> 00:23:05,583 Unha pequena que se chama CI. 257 00:23:05,666 --> 00:23:08,666 -CI? -Centro de Investigación. 258 00:23:08,750 --> 00:23:11,666 Ou Creación e Innovación, ou Casta Inmoral, 259 00:23:11,750 --> 00:23:13,708 segundo a quen preguntes. 260 00:23:13,791 --> 00:23:17,708 Esta é a súa palmadiña nas costas autocompracente anual. 261 00:23:17,791 --> 00:23:21,250 O punto álxido do calendario social. Unha cita clave. 262 00:23:21,875 --> 00:23:23,125 Entra, por favor. 263 00:23:30,375 --> 00:23:32,500 Pásao ben, don Xeo? 264 00:23:38,000 --> 00:23:40,958 Xogamos a algo? 265 00:23:41,833 --> 00:23:45,833 Espelliño, espelliño, quen é a máis bonita? 266 00:23:50,250 --> 00:23:51,833 Ai, non. 267 00:23:51,916 --> 00:23:54,583 Esa é a abella raíña desta noxenta colmea. 268 00:23:55,041 --> 00:23:57,166 Non quererás que che pique. 269 00:24:02,416 --> 00:24:03,375 Así mellor. 270 00:24:04,375 --> 00:24:05,375 Quente. 271 00:24:06,083 --> 00:24:06,958 Quente. 272 00:24:08,000 --> 00:24:09,083 Máis quente. 273 00:24:11,291 --> 00:24:12,791 A coroa de laurel. 274 00:24:14,583 --> 00:24:16,125 Agora achégate a ela. 275 00:24:17,166 --> 00:24:20,708 Tes que convencer a esta moza de que te leve a casa. 276 00:24:21,875 --> 00:24:23,375 Non serás tímido? 277 00:24:25,666 --> 00:24:28,208 Faino xa ou non cobras. 278 00:24:36,708 --> 00:24:38,833 Ó principio é afagador, 279 00:24:38,916 --> 00:24:41,958 pero quedarse a mirar moito tempo é raro. 280 00:24:42,041 --> 00:24:45,458 Estás moi preto de cruzar a liña. 281 00:24:46,000 --> 00:24:48,833 Estaba imaxinando o que sería 282 00:24:49,625 --> 00:24:50,583 ser ti. 283 00:24:52,666 --> 00:24:54,041 Aí sentada. 284 00:24:54,791 --> 00:24:55,708 E? 285 00:24:57,958 --> 00:24:58,791 Non podo. 286 00:25:00,500 --> 00:25:01,750 Es demasiado fermosa. 287 00:25:03,750 --> 00:25:08,041 É coma imaxinarme estar dentro dun cisne. 288 00:25:14,500 --> 00:25:18,458 Ven, senta. Sé un rei para a túa raíña. 289 00:25:31,125 --> 00:25:32,416 Chámome Mariel. 290 00:25:32,750 --> 00:25:33,833 E ti? 291 00:25:37,625 --> 00:25:39,625 Valoras o teu tempo, Mariel? 292 00:25:41,041 --> 00:25:42,916 Tanto coma os demais. Por que? 293 00:25:43,000 --> 00:25:45,083 Podería presentarme 294 00:25:45,166 --> 00:25:48,166 e pasar a próxima hora achegándome 295 00:25:49,500 --> 00:25:51,041 e gabándote 296 00:25:52,208 --> 00:25:55,666 e despois, se vise os sinais correctos, 297 00:25:55,750 --> 00:25:57,625 pedirche que me levases a casa. 298 00:26:03,333 --> 00:26:04,208 Ou? 299 00:26:04,291 --> 00:26:05,583 Podo pedircho agora. 300 00:26:28,625 --> 00:26:31,125 A túa nova amiga ten uns gustos estraños. 301 00:26:31,208 --> 00:26:33,208 O seu coche precisa un piloto. 302 00:26:40,916 --> 00:26:45,041 Se intentas facerlle dano, a criatura está programada para matarte. 303 00:27:20,166 --> 00:27:22,791 Tes unha ampola de cristal no peto. 304 00:27:24,041 --> 00:27:27,833 Vas abrila e poñerlla a Mariel nese fermoso nariz que ten. 305 00:27:27,916 --> 00:27:29,250 Cando o fagas, 306 00:27:29,333 --> 00:27:32,750 suxíroche que prestes atención ó teu entorno. 307 00:28:56,291 --> 00:28:58,083 Veña, non te pares. 308 00:29:01,750 --> 00:29:02,833 Míraa. 309 00:29:08,000 --> 00:29:11,041 Falo e son coma un pensamento para ti, non si? 310 00:29:12,041 --> 00:29:12,958 Esquerda. 311 00:29:15,958 --> 00:29:17,333 Que poder. 312 00:29:17,416 --> 00:29:20,250 Non sabía que o desfrutaría tanto. 313 00:29:20,333 --> 00:29:24,875 Planto palabras na túa cabeza como sementes en solo fértil. 314 00:29:25,625 --> 00:29:26,583 Esquerda. 315 00:29:27,750 --> 00:29:30,250 "Cando se tiveron que crear o Sol, 316 00:29:30,333 --> 00:29:32,958 a Lúa, os planetas e a Terra, 317 00:29:33,041 --> 00:29:34,541 só había escuridade. 318 00:29:34,625 --> 00:29:37,416 E todo se creou da nada". 319 00:29:38,333 --> 00:29:40,000 Entra á dereita. 320 00:29:52,000 --> 00:29:52,916 A ver, 321 00:29:54,291 --> 00:29:56,125 mostra o que aprendiches. 322 00:29:57,750 --> 00:29:58,958 Cheguei. 323 00:30:07,208 --> 00:30:08,333 Quen é esa? 324 00:30:08,416 --> 00:30:10,166 A túa ama, monicreque. 325 00:30:25,458 --> 00:30:27,291 A que che tira dos fíos. 326 00:30:32,000 --> 00:30:32,875 Que? 327 00:30:34,833 --> 00:30:38,458 Es o meu primeiro polt. Non vou mentir, é unha sensación rara. 328 00:30:38,541 --> 00:30:40,083 Que é un polt? 329 00:30:40,166 --> 00:30:41,625 Sei que es real, 330 00:30:41,708 --> 00:30:45,625 pero non é fácil asumilo. 331 00:30:48,333 --> 00:30:53,208 Se che asegurase que nunha década, máis ou menos, non existirías, 332 00:30:53,291 --> 00:30:55,541 que significaría para ti? 333 00:30:55,625 --> 00:30:58,083 Non, é certo. Dez anos. 334 00:30:58,166 --> 00:30:59,625 Afectaríache en algo? 335 00:30:59,708 --> 00:31:02,375 Espertarías e cambiarías de vida? 336 00:31:04,708 --> 00:31:08,000 Era máis sinxelo entenderte cando eras unha voz. 337 00:31:13,916 --> 00:31:15,041 E agora que? 338 00:31:15,458 --> 00:31:18,125 Algo che vai abrir os ollos, asegúrocho. 339 00:31:21,000 --> 00:31:23,208 Deixarémolo para mañá, vale? 340 00:31:32,208 --> 00:31:34,000 Vas dicir algo ou quedar aí? 341 00:31:35,416 --> 00:31:37,333 É a hostia! 342 00:31:39,250 --> 00:31:42,833 A puta hostia! Coma se estivese alí. 343 00:31:44,625 --> 00:31:46,250 No teu corpo. 344 00:31:46,333 --> 00:31:48,041 Un cambio a mellor. 345 00:31:48,125 --> 00:31:50,916 Un cambio rarísimo é o que foi. 346 00:31:51,791 --> 00:31:53,375 De que vai? 347 00:31:53,833 --> 00:31:57,000 Un rapto, pero seguro que só é o comezo. 348 00:31:57,083 --> 00:31:59,708 Pois algo ben farías. Queren repetir mañá. 349 00:31:59,791 --> 00:32:01,791 -E pagan máis. -Non fodas. 350 00:32:01,875 --> 00:32:06,333 Non vou ser un cabrón, pero é moita pasta. 351 00:32:06,416 --> 00:32:08,958 Bastante para uns cantos meses. 352 00:32:09,416 --> 00:32:10,541 Vale. 353 00:32:11,291 --> 00:32:13,625 -E? -Non me vou queixar. 354 00:32:13,708 --> 00:32:15,666 -Tan bo é? -Se o soubeses, 355 00:32:15,750 --> 00:32:18,125 quererías facelo ti. 356 00:32:21,375 --> 00:32:22,666 Aguanta. 357 00:32:22,750 --> 00:32:24,000 -Estás ben? -Si. 358 00:32:24,875 --> 00:32:26,375 É seguro? 359 00:32:26,458 --> 00:32:28,666 Preguntas un pouco tarde, non? 360 00:32:29,416 --> 00:32:30,583 Como funciona? 361 00:32:31,250 --> 00:32:34,666 Non sei. Será un corte neuronal, coma os meus hápticos. 362 00:32:35,625 --> 00:32:37,583 Carallo. Que ben rematou todo. 363 00:32:37,666 --> 00:32:39,875 Agarda a que pase. Poraste ben. 364 00:32:39,958 --> 00:32:43,833 Eu vou á de Jimmy para recoller o tamoseno de mamá. 365 00:32:43,916 --> 00:32:47,458 Tranquilo, vou eu. Vaime vir ben o aire fresco. 366 00:32:49,000 --> 00:32:50,541 BAR DE JIMMY 367 00:32:56,708 --> 00:32:59,666 Síntoo, Conner, teño que pecharche a billa. 368 00:33:42,500 --> 00:33:43,750 Preciso tamoseno. 369 00:33:54,375 --> 00:33:57,666 Creo que levas mal o das mates, Flynne. 370 00:33:57,750 --> 00:33:59,125 Só quero unha pastilla. 371 00:33:59,500 --> 00:34:01,333 Mañá veño polo resto. 372 00:34:01,416 --> 00:34:03,500 Sabes que isto non funciona así. 373 00:34:08,375 --> 00:34:09,791 Calade a puta boca. 374 00:34:13,625 --> 00:34:17,166 Pode que queiras, non sei... 375 00:34:17,250 --> 00:34:20,750 Chegar a un acordo para un troco? 376 00:34:21,666 --> 00:34:24,375 Facernos un servizo ós dous? 377 00:34:24,708 --> 00:34:25,666 Atticus, 378 00:34:25,750 --> 00:34:27,625 dáme a pastilla do demo. 379 00:34:27,708 --> 00:34:30,333 Podes probar sorte en Pharma Jon, 380 00:34:30,625 --> 00:34:33,916 a ver se están máis favorables. 381 00:34:45,541 --> 00:34:46,458 Cabaleiros. 382 00:34:48,208 --> 00:34:50,958 Que tal se lle dades á dama o que pediu? 383 00:34:51,041 --> 00:34:53,875 Calquera pensaría que alguén cun só brazo 384 00:34:53,958 --> 00:34:56,333 sabería cando ten que meterse no seu. 385 00:34:56,708 --> 00:34:59,666 Sabes o mellor de ter só un brazo, Cash? 386 00:34:59,750 --> 00:35:00,666 Non aplaudir? 387 00:35:04,125 --> 00:35:06,458 Non tes moito que perder, colega. 388 00:35:11,500 --> 00:35:12,375 Largade. 389 00:35:15,541 --> 00:35:18,416 Por que? Preocúpache o teu mozo? 390 00:35:19,041 --> 00:35:20,083 Máis ben vós. 391 00:35:24,750 --> 00:35:27,875 Nunha situación como esta, 392 00:35:28,291 --> 00:35:32,708 imaxinade que decido sacar esta bullpup que levo aquí. 393 00:35:36,166 --> 00:35:38,208 Que é o peor que me podería pasar? 394 00:35:40,708 --> 00:35:42,375 Polo que penso, 395 00:35:43,208 --> 00:35:44,708 o peor de todo, 396 00:35:45,333 --> 00:35:47,333 o peor que me podería pasar, 397 00:35:49,458 --> 00:35:54,833 é que só mataría dous de vós e non os tres. 398 00:36:34,541 --> 00:36:36,666 Oxalá rematasen o traballo. 399 00:36:37,250 --> 00:36:39,250 Tiñan que matarte. 400 00:36:39,333 --> 00:36:40,875 Faríannos un favor. 401 00:36:43,125 --> 00:36:45,333 Creme, Cash. 402 00:36:47,291 --> 00:36:50,458 Pensei o mesmo moitas mañás. 403 00:37:13,208 --> 00:37:16,791 -Vas roubar un banco mañá? -Burton atopou algo. 404 00:37:18,083 --> 00:37:20,583 Co que o coñezo, soa preocupante. 405 00:37:21,833 --> 00:37:22,833 Como o leva? 406 00:37:24,000 --> 00:37:27,291 Ven facer algunha visita. Mírao por ti mesmo. 407 00:37:27,958 --> 00:37:30,958 Conmoveríalo tanto que che ofrecería unha birra. 408 00:37:31,041 --> 00:37:32,125 Só unha? 409 00:37:33,458 --> 00:37:35,833 Dependería do xeneroso que se sentise. 410 00:37:38,458 --> 00:37:40,583 -Como vas de carga? -Mal. 411 00:37:42,083 --> 00:37:44,291 Burton non pedalea como debería. 412 00:37:44,958 --> 00:37:48,208 Esas palabras poderían rematar na súa lápida, non cres? 413 00:37:48,291 --> 00:37:50,041 Si, seguro. 414 00:37:51,541 --> 00:37:52,916 Necesitas axuda? 415 00:38:21,208 --> 00:38:22,583 Vémonos, Conner. 416 00:38:26,500 --> 00:38:29,291 Toca avaliar o voso rendemento, 417 00:38:30,458 --> 00:38:31,333 non credes? 418 00:38:33,125 --> 00:38:35,458 Unhas críticas construtivas. 419 00:38:37,166 --> 00:38:41,250 Entendo que podería estar enfadado con nós, señor Picket. 420 00:38:41,333 --> 00:38:43,000 Vou un momento ó mexadoiro. 421 00:38:43,083 --> 00:38:44,416 Senta aí, Jasper. 422 00:38:50,750 --> 00:38:52,000 Non estou enfadado. 423 00:38:55,041 --> 00:38:56,291 Só confundido. 424 00:38:57,708 --> 00:39:00,500 Se decidísedes vender unha pastilla á moza, 425 00:39:00,583 --> 00:39:03,750 podería pensar que foi decisión vosa. 426 00:39:04,250 --> 00:39:05,666 Ata podería respetalo, 427 00:39:06,583 --> 00:39:10,958 aínda que mostrase un nivel de improvisación inesperado. 428 00:39:14,291 --> 00:39:15,500 Pero... 429 00:39:17,291 --> 00:39:20,666 O que me dá que pensar é o abuso. 430 00:39:22,416 --> 00:39:23,458 O abuso? 431 00:39:26,208 --> 00:39:27,916 Como lle chamarías 432 00:39:28,500 --> 00:39:31,541 á forma na que o maneto bébedo vos maltratou? 433 00:39:39,750 --> 00:39:40,916 Bebe, fillo. 434 00:39:44,208 --> 00:39:45,750 Precísote tranquilo 435 00:39:46,458 --> 00:39:48,333 para que entendas a lección. 436 00:40:07,958 --> 00:40:10,791 Se te ven débil, a min tamén. 437 00:40:11,750 --> 00:40:12,875 Comprendido? 438 00:40:14,583 --> 00:40:15,708 Bo rapaz. 439 00:40:21,708 --> 00:40:25,125 Lévao ó baño, Jasper. Que se limpe. 440 00:42:12,541 --> 00:42:14,125 Pasa algo, nena? 441 00:42:19,000 --> 00:42:22,708 Non, señora. Nada máis que o estado lamentable do teu pelo. 442 00:42:22,791 --> 00:42:27,000 Vou pedirlle a Billy Ann que veña para que recorte esta melena. 443 00:42:27,666 --> 00:42:29,041 Iso estaría ben. 444 00:42:29,125 --> 00:42:31,875 Ela cóntame o que ti tes reparo en contar. 445 00:42:31,958 --> 00:42:33,958 Estaslle a chamar rexoubeira? 446 00:42:34,041 --> 00:42:37,708 Só digo que sabe entreter unha vella recluída coma min. 447 00:42:37,791 --> 00:42:41,125 Segue Jasper andando co seu tío Corbell? 448 00:42:41,208 --> 00:42:45,416 Mamá, dime que non lle preguntas cousas así. 449 00:42:45,500 --> 00:42:47,541 Faríao se fósemos mellores amigas. 450 00:42:49,333 --> 00:42:51,791 Como vai a dor? 451 00:42:55,041 --> 00:42:56,125 Xa sabes. 452 00:42:57,958 --> 00:42:59,000 Non sei. 453 00:42:59,083 --> 00:43:01,208 Precisamente por iso pregunto. 454 00:43:01,291 --> 00:43:05,041 Burton dáme as súas pastillas de sobra. Iso axuda. 455 00:43:10,500 --> 00:43:11,541 De que falas? 456 00:43:12,125 --> 00:43:14,833 Di que xa non as necesita tanto. 457 00:43:16,166 --> 00:43:18,708 Axúdanme nos momentos máis duros. 458 00:43:33,625 --> 00:43:36,291 -Que tal os hápticos? -Teñen estado peor. 459 00:43:40,583 --> 00:43:43,791 Vinte onte á noite pola ventá. 460 00:43:43,875 --> 00:43:46,916 Grazas polas cervexas. Inda que estaban mornas. 461 00:43:47,833 --> 00:43:49,833 Burton, cando hai sede... 462 00:43:55,458 --> 00:43:58,708 Perdoa por dicir que roubaches as pastillas de mamá. 463 00:44:03,041 --> 00:44:07,000 Sabes que se algunha vez queres falar, son todo oídos. 464 00:44:07,583 --> 00:44:08,500 Sobre que? 465 00:44:10,000 --> 00:44:11,250 Xa sabes. A dor. 466 00:44:11,333 --> 00:44:12,750 Que pasa, Flynne? 467 00:44:14,750 --> 00:44:16,958 -Por que? -Estás moi rara. 468 00:44:17,041 --> 00:44:19,875 Dáme iso, deixa de xogar con el. 469 00:44:23,625 --> 00:44:27,583 Prometo non dicirllo a ninguén, pero case pareces feliz. 470 00:44:29,125 --> 00:44:31,708 Faime querer sacarche unha foto. 471 00:44:31,791 --> 00:44:34,125 Gravar o momento para a posteridade. 472 00:44:34,208 --> 00:44:35,125 Vai á merda. 473 00:44:37,625 --> 00:44:40,375 Que non te vexa Milagros Coldiron. 474 00:44:40,458 --> 00:44:42,791 Empezaría a cobrarnos en vez de pagar. 475 00:44:42,875 --> 00:44:45,791 É moi bo, Burton. Lembra o que che digo, 476 00:44:45,875 --> 00:44:47,625 vai petalo. 477 00:44:47,708 --> 00:44:49,416 Pois desfruta mentres podes. 478 00:44:50,541 --> 00:44:53,416 É o que pretendo, non te preocupes. 479 00:45:09,333 --> 00:45:14,750 Seis, cinco, catro, tres, dous, 480 00:45:15,875 --> 00:45:16,708 un. 481 00:45:32,250 --> 00:45:34,625 Preguntándote por que non te podes mover? 482 00:45:35,500 --> 00:45:37,166 É unha boa pregunta. 483 00:45:37,791 --> 00:45:40,166 Que leva a outra, seino. 484 00:45:41,208 --> 00:45:43,041 Por que faría algo así? 485 00:45:44,125 --> 00:45:48,208 Sabes o que significa a palabra "enucleación"? 486 00:45:50,625 --> 00:45:53,833 Seguro que xa comezaches a gritar na cabeza, verdade? 487 00:45:53,916 --> 00:45:56,250 "Saír do xogo", "desconectar". 488 00:45:57,041 --> 00:45:58,750 Pero aquí non podes facelo. 489 00:45:58,833 --> 00:46:01,583 Eu conectei, só eu podo cortar. 490 00:46:03,750 --> 00:46:06,916 Mira, é o fermoso globo azul de Mariel. 491 00:46:07,875 --> 00:46:09,375 E pronto será teu. 492 00:46:10,333 --> 00:46:14,416 Vale, supoño que isto pode parecer un pouco sádico, 493 00:46:14,500 --> 00:46:16,333 sen anestesia nin nada, 494 00:46:16,416 --> 00:46:20,125 pero asegúroche que é por una causa moi nobre, vale? 495 00:46:20,583 --> 00:46:21,500 Mira. 496 00:46:22,750 --> 00:46:27,583 Pode que precise que aguantes moita dor nas próximas horas, entendes? 497 00:46:27,666 --> 00:46:30,250 Pensa nisto como unha especie de proba. 498 00:46:31,291 --> 00:46:34,333 En realidade, non estás neste corpo, verdade? 499 00:46:41,666 --> 00:46:43,333 Escoitas o teu corazón? 500 00:46:43,416 --> 00:46:46,375 Soa como un cabalo atrapado nun cortello ardendo. 501 00:46:54,000 --> 00:46:55,625 Pero non é real, a que non? 502 00:46:57,333 --> 00:46:59,000 Disciplina a túa mente. 503 00:46:59,083 --> 00:47:02,000 Convéncea de que é a túa imaxinación. 504 00:47:03,875 --> 00:47:04,875 Demóstrao. 505 00:47:05,833 --> 00:47:07,750 Controla o teu corazón. 506 00:47:23,916 --> 00:47:24,916 Ben feito. 507 00:47:25,833 --> 00:47:26,958 Moi ben feito. 508 00:47:27,583 --> 00:47:30,708 Creo que gañaches pechar os ollos un pouco. 509 00:47:51,375 --> 00:47:52,458 Xa estás de volta? 510 00:47:54,958 --> 00:47:56,833 Mira que feitiño es. 511 00:47:59,125 --> 00:48:02,458 Non o fagas. Ordes do médico. 512 00:48:05,625 --> 00:48:06,791 Onde imos? 513 00:48:07,291 --> 00:48:11,500 Vas ser un cabaleiro e abrirme algunhas portas. 514 00:48:28,416 --> 00:48:31,375 Pon aí o teu ollo. Ou, mellor dito, o de Mariel. 515 00:49:18,625 --> 00:49:20,416 Que é este sitio? 516 00:49:21,166 --> 00:49:23,833 "O infinito na palma da man. 517 00:49:24,625 --> 00:49:27,000 A eternidade nunha hora". 518 00:50:08,250 --> 00:50:09,958 Vouche dar un bo regalo. 519 00:50:10,041 --> 00:50:11,541 Espero que o merezas. 520 00:50:38,875 --> 00:50:40,041 Estás listo? 521 00:50:40,666 --> 00:50:41,666 Para que? 522 00:50:42,666 --> 00:50:44,625 Para reclamar o teu destino. 523 00:50:50,291 --> 00:50:51,375 O ollo. 524 00:50:56,875 --> 00:50:57,875 O outro. 525 00:51:17,250 --> 00:51:18,541 Domínao! 526 00:51:28,916 --> 00:51:30,458 Párao. 527 00:51:30,541 --> 00:51:32,083 Xa! Veu matarnos. 528 00:51:55,041 --> 00:51:56,041 Aelita West. 529 00:51:57,916 --> 00:51:59,833 Cereais e Legumes. 530 00:52:06,166 --> 00:52:08,291 Viras algunha vez un destes? 531 00:52:09,375 --> 00:52:11,083 É un aparello moi enxeñoso. 532 00:52:11,958 --> 00:52:15,583 Proporciona un puñazo sónico directamente nos órganos. 533 00:52:17,000 --> 00:52:19,208 Eu nunca o sentín, 534 00:52:19,291 --> 00:52:22,625 pero, polo que observei, é bastante efectivo. 535 00:52:23,291 --> 00:52:24,750 Quen máis está no allo? 536 00:52:24,833 --> 00:52:26,166 Vai cagar. 537 00:52:26,250 --> 00:52:27,958 Por aquí está o ril, non? 538 00:52:30,375 --> 00:52:31,583 Ou era o bazo? 539 00:52:34,666 --> 00:52:37,916 Debería estudar anatomía, pero sei onde está o cerebro. 540 00:52:38,541 --> 00:52:41,458 Adiviñas o que pasará entón? Os nomes, West! 541 00:52:52,250 --> 00:52:54,041 Quen che está a axudar? 542 00:52:55,083 --> 00:52:57,333 A axudar? Quen me dera. 543 00:52:58,833 --> 00:53:00,083 Corre! 544 00:53:05,083 --> 00:53:06,750 Xeo fácil, non? 545 00:53:07,458 --> 00:53:10,750 Excelente. Como te chamas de verdade, rapaz? 546 00:53:11,666 --> 00:53:14,041 Cando cortemos a cabeza desta cousa, 547 00:53:14,125 --> 00:53:16,125 podemos rastrexar a conexión. 548 00:53:16,875 --> 00:53:18,583 Por que retrasalo? 549 00:53:19,500 --> 00:53:20,625 Quen es? 550 00:53:22,125 --> 00:53:23,666 Onde estás? 551 00:54:05,208 --> 00:54:06,166 Que pasou? 552 00:54:08,833 --> 00:54:11,666 Nunca máis. Que lle dean polo cu. 553 00:54:13,791 --> 00:54:14,750 Flynne! 554 00:54:22,458 --> 00:54:24,000 Flynne Harlene Fisher. 555 00:54:24,958 --> 00:54:28,500 E eu na camioneta pensando que estabas a coidar da túa nai. 556 00:54:28,583 --> 00:54:31,291 Decido vir botar unha man, 557 00:54:31,375 --> 00:54:35,166 porque son unha amiga sensata, e mira o que atopo. 558 00:54:35,250 --> 00:54:36,750 A levantarse, princesa. 559 00:54:37,333 --> 00:54:38,666 Hoxe estou enferma. 560 00:54:38,750 --> 00:54:39,708 Que che doe? 561 00:54:40,875 --> 00:54:42,041 Todo. 562 00:54:42,750 --> 00:54:46,125 Sabes o que significa déjà vu traducido literalmente? 563 00:54:46,666 --> 00:54:48,250 "Xa visto". 564 00:54:48,333 --> 00:54:52,333 E xa vimos as dúas como rematan estas cousas 565 00:54:52,416 --> 00:54:55,750 porque xa pasamos por momentos iguais ca este. 566 00:54:55,833 --> 00:54:57,791 Veña, vístete. 567 00:55:02,875 --> 00:55:05,125 -Non. -Billy Ann, solta iso. 568 00:55:05,791 --> 00:55:08,375 -Devólvea. -Porcona. 569 00:55:08,458 --> 00:55:10,375 Dáme a figuriña. 570 00:55:11,916 --> 00:55:12,791 Para. 571 00:55:18,625 --> 00:55:21,750 Creo que me perdín un par de capítulos. Posme ó día? 572 00:55:21,833 --> 00:55:23,916 Vaite. Tes a Jasper esperando. 573 00:55:24,000 --> 00:55:25,500 Pois que espere. 574 00:55:25,583 --> 00:55:27,791 É unha das súas mellores cualidades. 575 00:55:32,000 --> 00:55:33,250 É por Tommy? 576 00:55:35,708 --> 00:55:36,958 É unha parvada. 577 00:55:37,041 --> 00:55:38,333 Que ten de parvada? 578 00:55:38,416 --> 00:55:42,208 Que é un frechazo de instituto que non superei cos anos. 579 00:55:42,291 --> 00:55:43,291 Non actuaches. 580 00:55:43,375 --> 00:55:46,916 Por favor, Billy Ann, non vai pasar. E xa o sabes. 581 00:55:55,083 --> 00:55:56,833 Xoguei a un simulador. 582 00:55:57,291 --> 00:55:58,791 No lugar de Burton. 583 00:55:58,875 --> 00:56:01,041 É tecnoloxía nova. 584 00:56:01,125 --> 00:56:03,583 A mellor que vin nunca, coma se... 585 00:56:04,833 --> 00:56:05,916 estiveses alí. 586 00:56:06,458 --> 00:56:09,541 Sentes todo o corpo, coma se fose real ou algo así. 587 00:56:10,708 --> 00:56:14,541 E entón, como a xente busca facer o mal con estas cousas, 588 00:56:15,833 --> 00:56:17,250 cambiou. 589 00:56:18,666 --> 00:56:19,875 Quitaronme un ollo. 590 00:56:20,541 --> 00:56:23,875 Matáronme dunha malleira sen ningunha razón. 591 00:56:25,125 --> 00:56:26,250 Así de sinxelo. 592 00:56:28,208 --> 00:56:29,666 Síntoo, miña nena. 593 00:56:29,750 --> 00:56:32,000 Pero só penso nunha cousa. 594 00:56:33,291 --> 00:56:35,416 Arranquei a palma da man, vale? 595 00:56:35,500 --> 00:56:37,666 -Miña nai. -Pois por debaixo era... 596 00:56:39,208 --> 00:56:40,708 Era unha máquina. 597 00:56:42,916 --> 00:56:44,750 Por que o deseñaron así? 598 00:56:44,833 --> 00:56:45,791 Por que non? 599 00:56:45,875 --> 00:56:49,166 Creo que a clave para vender este simulador, 600 00:56:49,250 --> 00:56:52,500 o máis importante, é que sentes todo coma se fose real. 601 00:56:53,125 --> 00:56:55,250 E poñen unha máquina debaixo? 602 00:56:55,916 --> 00:56:57,750 Por que non unha man humana? 603 00:56:58,125 --> 00:56:59,916 Creo que non te sigo. 604 00:57:02,375 --> 00:57:03,708 Só son parvadas. 605 00:57:05,833 --> 00:57:07,791 Coñezo esa mirada, Flynne. 606 00:57:08,583 --> 00:57:12,000 Pode significar moitas cousas, pero non é de parva. 607 00:57:18,458 --> 00:57:20,666 Vale, pois agárrate. 608 00:57:25,000 --> 00:57:28,958 Non podo evitar pensar que estaba alí de verdade. 609 00:57:31,083 --> 00:57:34,708 Nun corpo real, nun lugar... real. 610 00:57:37,208 --> 00:57:38,625 Non nun simulador. 611 00:57:53,166 --> 00:57:54,291 MILAGROS COLDIRON CHAMADA ENTRANTE 612 00:57:54,375 --> 00:57:56,791 Señorita Fisher, escoite atentamente. 613 00:57:56,875 --> 00:57:58,250 Está en grave perigo. 614 00:57:58,833 --> 00:58:02,750 Todo o que pensa sobre a experiencia co casco é mentira. 615 00:58:02,833 --> 00:58:06,125 A situación é máis complexa e perigosa do que imaxina. 616 00:58:06,208 --> 00:58:09,416 É crucial que volva inmediatamente ó simuladaor. 617 00:58:09,500 --> 00:58:11,875 -De onde sacou este número? -Fisher. 618 00:58:11,958 --> 00:58:13,708 Fíxenlle unha pregunta. 619 00:58:13,791 --> 00:58:16,291 Atopar este número foi o máis sinxelo. 620 00:58:16,375 --> 00:58:19,000 -Pois non volva chamar. -Está en perigo. 621 00:58:20,625 --> 00:58:21,708 Merda. 622 00:59:36,000 --> 00:59:38,916 OESTE 623 00:59:58,041 --> 01:00:00,416 -Métase na estrada, por favor. -Por que? 624 01:00:00,500 --> 01:00:02,083 Porque dispararei se non. 625 01:01:03,041 --> 01:01:04,041 Que? 626 01:01:24,875 --> 01:01:27,958 É crucial que volva ó simulador, Fisher. 627 01:01:29,458 --> 01:01:30,500 De inmediato. 628 01:01:32,000 --> 01:01:33,541 Está en grave perigo. 629 01:01:34,458 --> 01:01:36,458 Hai un anuncio na internet escura 630 01:01:36,541 --> 01:01:39,583 que ofrece nove millóns por un asasinato. 631 01:01:39,666 --> 01:01:44,250 Hai razóns para pensar que vostede e a súa familia son o albo. 632 01:01:51,333 --> 01:01:54,458 Un grupo de Memphis xa aceptou a oferta. 633 01:01:55,333 --> 01:01:57,875 Só podo axudala se volve iniciar sesión. 634 01:01:59,458 --> 01:02:03,666 Repito: só podo axudala se volve iniciar sesión. 635 01:02:29,500 --> 01:02:31,500 A cousa é que unha noite destas, 636 01:02:31,583 --> 01:02:34,666 Conner vai saír bébedo da de Jimmy 637 01:02:35,250 --> 01:02:36,958 e non vai chegar á casa. 638 01:02:38,000 --> 01:02:39,375 Será culpa de todos. 639 01:02:39,458 --> 01:02:43,958 Aínda que sexa o único do que dixemos que nunca falariamos. 640 01:02:44,041 --> 01:02:48,125 -Que tiñamos información da situación. -Da que o reventou? 641 01:02:48,791 --> 01:02:51,416 Deixamos que elixise non pensar niso. 642 01:02:52,666 --> 01:02:57,916 Si, vale, naquel momento parecía que era un pouco máis complicado. 643 01:02:59,208 --> 01:03:00,125 Burton. 644 01:03:01,458 --> 01:03:03,916 Ola, Flynne. Que pasa? 645 01:03:04,000 --> 01:03:05,250 A poderosa Flynne. 646 01:03:05,333 --> 01:03:08,000 Alguén da empresa púxose en contacto comigo. 647 01:03:08,083 --> 01:03:11,208 -De cal? -Milagros non sei que. A colombiana. 648 01:03:11,291 --> 01:03:14,791 Din que ofrecen nove millóns por nós na internet escura. 649 01:03:21,958 --> 01:03:25,916 Rídevos o que queirades. Foi moito traballo só para asustarme. 650 01:03:26,000 --> 01:03:27,083 Dixo por que? 651 01:03:27,166 --> 01:03:29,916 Non, só que me conecte para que poida axudarme. 652 01:03:30,000 --> 01:03:32,666 Só quere que volvas ó arnés. 653 01:03:32,750 --> 01:03:34,666 Mañá dígolle que a vaia rañar. 654 01:03:34,750 --> 01:03:35,750 Por que non hoxe? 655 01:03:36,458 --> 01:03:37,958 Teño compañía, Flynne. 656 01:03:38,041 --> 01:03:40,708 E está tan caneco que non atoparía o teléfono. 657 01:03:42,041 --> 01:03:44,750 Colle as cervexas da neveira, queres? 658 01:03:44,833 --> 01:03:47,500 Caneco para collelas, caneco para bebelas. 659 01:03:52,750 --> 01:03:54,458 De que falaba? 660 01:03:54,541 --> 01:03:56,958 Contratáronme programadores dun sim. 661 01:03:57,041 --> 01:04:00,375 Contrataron o teu avatar, dirás. Ou sexa, a Flynne. 662 01:04:07,125 --> 01:04:08,583 Se tes algo que dicir, 663 01:04:09,500 --> 01:04:11,500 podes soltalo. 664 01:04:14,833 --> 01:04:15,750 Conner. 665 01:04:17,250 --> 01:04:18,250 Que pasa con el? 666 01:04:18,916 --> 01:04:20,500 O que estabamos a falar. 667 01:04:23,000 --> 01:04:24,083 O seu estado. 668 01:04:25,041 --> 01:04:27,833 Estabamos avisados e eliximos non crelo. 669 01:04:29,083 --> 01:04:32,208 Coma... unha recompensa de nove millóns. 670 01:04:41,291 --> 01:04:42,708 Vas en serio? 671 01:04:54,625 --> 01:04:56,416 Aínda tes os drons no coche? 672 01:04:56,500 --> 01:04:59,916 Tommy Constantine preguntou por ti o outro día. 673 01:05:00,875 --> 01:05:03,041 Algo gracioso de perder a visión 674 01:05:04,125 --> 01:05:06,166 é que a xente se conxela na mente. 675 01:05:06,875 --> 01:05:09,375 Sei que vin a Tommy crecidiño 676 01:05:10,125 --> 01:05:12,541 e debería poder pensar nel así, 677 01:05:13,791 --> 01:05:15,458 pero, cando dis o seu nome, 678 01:05:16,666 --> 01:05:19,458 só vexo un neno fracucho. 679 01:05:20,416 --> 01:05:22,583 El, Burton e os demais, 680 01:05:22,666 --> 01:05:25,458 baixando polo outeiro nas súas bicicletas. 681 01:05:25,541 --> 01:05:27,083 Hai moito diso, mamá. 682 01:05:27,916 --> 01:05:29,875 Que fan aí fóra? 683 01:05:33,375 --> 01:05:35,416 Xogar cos seus estúpidos drons. 684 01:05:36,541 --> 01:05:39,208 Polo que sei, ningún chegou a madurar. 685 01:05:39,291 --> 01:05:41,666 Non moitos o fan, na miña experiencia. 686 01:05:42,416 --> 01:05:44,083 -Pastilla para durmir? -Si. 687 01:05:52,875 --> 01:05:55,416 Veña, mamá. Boas noites. 688 01:05:55,500 --> 01:05:57,083 Boas noites. Quérote. 689 01:05:57,166 --> 01:05:58,333 Quérote. 690 01:06:06,666 --> 01:06:09,083 Hai algo que teña que saber? 691 01:06:09,166 --> 01:06:11,041 É só por precaución. 692 01:06:11,958 --> 01:06:12,875 Toma. 693 01:06:13,458 --> 01:06:14,583 Tes algo? 694 01:06:15,208 --> 01:06:16,541 Aínda non. 695 01:06:17,208 --> 01:06:18,708 Flynne, queriamos saber 696 01:06:18,791 --> 01:06:21,041 se non dirían nove dólares. 697 01:06:23,458 --> 01:06:24,666 Estás de carallada? 698 01:07:00,833 --> 01:07:03,541 Parece que alguén busca eses nove dólares. 699 01:08:08,166 --> 01:08:11,041 PROXIMAMENTE EN THE PERIPHERAL 700 01:08:13,291 --> 01:08:17,291 Que vai pasar cando veña máis xente por nós? 701 01:08:20,375 --> 01:08:23,082 Non me viría mal a información. 702 01:08:24,207 --> 01:08:27,000 Estás dentro dun periférico, telepresente. 703 01:08:28,500 --> 01:08:30,916 Pilotando un corpo coma se fose o teu. 704 01:08:31,000 --> 01:08:32,000 Non te creo. 705 01:08:32,582 --> 01:08:35,291 Poden pasar moitas cousas en 70 anos. 706 01:08:36,166 --> 01:08:37,166 E pasaron. 707 01:08:38,582 --> 01:08:41,375 Os que quixeron matarvos non serán os últimos. 708 01:08:41,457 --> 01:08:43,541 Eliminar a Flynne e Burton Fisher. 709 01:09:44,000 --> 01:09:46,000 Subtítulos: Marcos Carou Balado 710 01:09:46,082 --> 01:09:48,082 Tradución Creativa Estefanía Prol Lusquiños