1 00:00:06,333 --> 00:00:07,500 ANTERIORMENTE EN THE PERIPHERAL 2 00:00:07,583 --> 00:00:09,500 Este é o meu único mundo. 3 00:00:10,375 --> 00:00:11,458 Que é? 4 00:00:11,541 --> 00:00:14,500 RV da nova, Flynne. Queren que a probe. 5 00:00:18,166 --> 00:00:19,458 Boas. 6 00:00:19,541 --> 00:00:21,875 Benvido ó simulador, Xeo fácil. 7 00:00:23,166 --> 00:00:24,166 Estás listo? 8 00:00:25,916 --> 00:00:27,208 É a hostia! 9 00:00:28,708 --> 00:00:31,250 Era coma se estivese alí de verdade. 10 00:00:31,333 --> 00:00:32,916 Nun lugar real. 11 00:00:33,041 --> 00:00:35,000 Fisher, está en grave perigo. 12 00:00:35,083 --> 00:00:37,541 A situación é máis complexa do que imaxina. 13 00:00:37,625 --> 00:00:39,333 É crucial que volva. 14 00:00:42,375 --> 00:00:46,041 Pode que precise que aguantes moita dor nas próximas horas. 15 00:00:47,708 --> 00:00:50,416 Asegúroche que é por una causa moi nobre. 16 00:00:52,583 --> 00:00:54,416 Puxéronse en contacto comigo. 17 00:00:54,833 --> 00:00:59,083 Din que ofrecen nove millóns por nós na internet escura. 18 00:01:11,041 --> 00:01:12,583 Unha fenda deste calibre 19 00:01:12,666 --> 00:01:17,083 pon en grave perigo a xente do Centro de Investigación. 20 00:01:17,166 --> 00:01:18,750 Decepcionáchesme, Daniel. 21 00:01:18,833 --> 00:01:20,041 Si, doutora. 22 00:01:21,000 --> 00:01:22,666 Rastrexamos o operador. 23 00:01:24,041 --> 00:01:28,541 A súa ubicación e a súa temporalidade complican a situación, por suposto, 24 00:01:28,625 --> 00:01:33,541 pero tomamos as medidas necesarias para eliminar a ameaza. 25 00:01:33,625 --> 00:01:34,541 Cales? 26 00:01:35,000 --> 00:01:38,958 Publicamos un anuncio en algo chamado a internet escura. É... 27 00:01:39,041 --> 00:01:40,625 Si, xa sei o que é. 28 00:01:41,666 --> 00:01:44,333 -Aceptaron a oferta? -Case de inmediato. 29 00:01:44,416 --> 00:01:45,666 O grupo é fiable? 30 00:01:45,750 --> 00:01:48,333 Vellos soldados. Unha unidade de élite. 31 00:01:48,416 --> 00:01:51,000 Darémoslles asistencia técnica. 32 00:01:51,291 --> 00:01:53,583 Pero non o hai que matar só a el. 33 00:01:54,583 --> 00:01:58,000 Tamén a calquera remotamente asociado con el. 34 00:01:58,083 --> 00:02:01,291 O anuncio era bastante explícito con respecto a iso. 35 00:02:02,083 --> 00:02:03,000 Terra queimada. 36 00:02:09,125 --> 00:02:10,041 Vén un dron. 37 00:02:11,416 --> 00:02:12,916 Leva a mamá ó soto. 38 00:02:15,208 --> 00:02:16,416 Podes piratealo? 39 00:02:16,500 --> 00:02:20,708 Preciso parvos bébedos e quieteciños arredor da fogueira. 40 00:02:28,500 --> 00:02:30,958 Reece, remata ou imos sen el. 41 00:02:33,791 --> 00:02:34,708 Mamá. 42 00:02:41,375 --> 00:02:42,416 INICIANDO INTERCEPCIÓN 43 00:02:44,208 --> 00:02:45,500 -Listo. -Enlazádeme. 44 00:02:46,958 --> 00:02:50,875 Estes cabróns non saben con quen decidiron enfrontarse. 45 00:02:52,625 --> 00:02:53,458 Enlazado. 46 00:02:55,000 --> 00:02:55,833 Enlazado. 47 00:02:57,208 --> 00:02:58,166 Enlazado. 48 00:02:58,250 --> 00:03:01,375 PROTOCOLO HÁPTICO ACTIVO INTERCEPCIÓN COMPLETADA 49 00:03:02,291 --> 00:03:03,250 Ben. 50 00:03:03,958 --> 00:03:05,083 Armas longas? 51 00:03:22,708 --> 00:03:25,916 Mamá! Mamá! Esperta! Mamá, tes que espertar. 52 00:03:33,125 --> 00:03:34,083 Mamá, esperta! 53 00:03:34,333 --> 00:03:35,208 Levántate! 54 00:03:36,458 --> 00:03:37,291 CONFIRMACIÓN: REDE APAGADA 55 00:03:55,333 --> 00:03:57,791 DRON FIXADO 56 00:04:06,333 --> 00:04:07,458 Agachádevos! 57 00:04:07,541 --> 00:04:08,500 Cubrídevos! 58 00:04:08,708 --> 00:04:09,750 Abaixo! 59 00:04:09,833 --> 00:04:10,750 Agachádevos! 60 00:04:17,375 --> 00:04:18,583 Cúbrote! 61 00:04:56,416 --> 00:04:58,916 DRON FIXADO 62 00:05:38,166 --> 00:05:39,375 CONFIRMAR - INICIAR - LIMPAR 63 00:05:48,875 --> 00:05:49,708 Onde está? 64 00:06:06,125 --> 00:06:08,625 Merda. Veña, cabrón, veña! 65 00:06:17,666 --> 00:06:21,000 Alto! Solta a puta arma xa! 66 00:06:42,208 --> 00:06:44,291 -Mamá? -Está ben. Nin espertou. 67 00:06:44,375 --> 00:06:46,041 Problema: só hai dez corpos. 68 00:06:46,125 --> 00:06:48,250 -Un está na casa. -Faltan dous. 69 00:06:48,333 --> 00:06:49,208 Rebobina. 70 00:06:55,875 --> 00:06:56,833 Metralladoras. 71 00:07:01,041 --> 00:07:01,875 Pirateáronnos. 72 00:07:04,291 --> 00:07:05,958 -Fillo de puta. -Avanzan! 73 00:07:18,583 --> 00:07:20,250 -Estou sen balas. -E eu! 74 00:07:31,083 --> 00:07:34,416 -Non vou subir, se o estás pensando. -Non cho pido. 75 00:07:38,458 --> 00:07:39,291 Burton! 76 00:07:59,833 --> 00:08:00,833 Quen é ese? 77 00:08:02,041 --> 00:08:04,791 Pode dicirme alguén que hostia pasa? 78 00:08:10,958 --> 00:08:13,708 Túa irmanciña invitoume a unha cervexa. 79 00:08:18,875 --> 00:08:22,166 Pero non mencionara que a festa era tan divertida. 80 00:10:09,208 --> 00:10:10,208 Aelita. 81 00:10:12,541 --> 00:10:13,541 Aelita. 82 00:10:15,375 --> 00:10:16,750 Parecíasme ti. 83 00:10:16,833 --> 00:10:17,791 Que casualidade. 84 00:10:18,166 --> 00:10:19,458 Non disimules, Wolf. 85 00:10:20,083 --> 00:10:21,125 Por que dis iso? 86 00:10:22,166 --> 00:10:23,708 Tes dúas opcións. 87 00:10:23,791 --> 00:10:26,958 Ou me dis por que me persegues ou podes ir á merda. 88 00:10:27,708 --> 00:10:30,166 Coñezo unha persoa que busca información 89 00:10:30,250 --> 00:10:32,583 da empresa na que traballas. 90 00:10:32,666 --> 00:10:34,291 O Centro de Investigación? 91 00:10:34,875 --> 00:10:37,458 Tan parvo é ese tipo? 92 00:10:39,416 --> 00:10:42,916 Creo que só pode encaixar en tres categorías. 93 00:10:43,000 --> 00:10:45,458 Parvo, klept ou policía. 94 00:10:46,041 --> 00:10:47,000 Non é parvo. 95 00:10:47,083 --> 00:10:48,833 Entón é klept. 96 00:10:48,916 --> 00:10:52,625 Por que vou querer inmiscirme nun mundo tan desagradable? 97 00:10:52,708 --> 00:10:54,041 Habería cartos. 98 00:10:54,125 --> 00:10:57,041 Vivirías por enriba das túas necesidades. 99 00:10:57,125 --> 00:10:58,916 Non quero cartos. 100 00:11:03,625 --> 00:11:05,500 Es feliz, Aelita? 101 00:11:06,708 --> 00:11:09,166 -Cada mañá... -Non te atrevas a facer iso. 102 00:11:09,250 --> 00:11:11,458 ...preguntábache se eras feliz 103 00:11:11,541 --> 00:11:13,458 e sempre respondías igual. 104 00:11:14,458 --> 00:11:17,500 A pesar da desolación que nos rodeaba. 105 00:11:18,000 --> 00:11:19,041 "Si". 106 00:11:19,125 --> 00:11:20,041 "Si". 107 00:11:21,916 --> 00:11:22,916 "Si". 108 00:11:25,625 --> 00:11:27,625 Segues espertando así? 109 00:11:28,666 --> 00:11:30,333 Entón é altruísmo? 110 00:11:31,416 --> 00:11:33,625 Hai comisións para bos samaritanos? 111 00:11:33,708 --> 00:11:35,333 Poden coexistir, non si? 112 00:11:35,416 --> 00:11:37,000 O interese e o altruísmo. 113 00:11:38,666 --> 00:11:41,333 Falo en serio. A min non me pareces feliz. 114 00:11:42,625 --> 00:11:46,166 O ofrecemento desta persoa, ou como lle queiras chamar, 115 00:11:46,916 --> 00:11:48,833 vaime facer feliz? 116 00:11:49,250 --> 00:11:52,000 Un pouco de intriga para animar os días. 117 00:11:53,250 --> 00:11:54,750 Tan malo é? 118 00:12:05,958 --> 00:12:06,791 Ola? 119 00:12:06,875 --> 00:12:08,291 Deus, nótaseche fatal. 120 00:12:08,375 --> 00:12:09,416 CONECTADO LEV ZUBOV 121 00:12:09,500 --> 00:12:11,458 Pode que sexa pola hora, Lev. 122 00:12:11,541 --> 00:12:14,416 Iso debería indicarche a urxencia. 123 00:12:14,500 --> 00:12:15,583 Que pasa? 124 00:12:15,666 --> 00:12:18,708 Mandei un coche. Espérate abaixo. 125 00:12:18,791 --> 00:12:21,000 Son as 5:00. Non vou a ningures. 126 00:12:21,083 --> 00:12:22,625 Págoche uns honorarios. 127 00:12:23,500 --> 00:12:25,750 Bastante xenerosos, se non me engano, 128 00:12:25,833 --> 00:12:28,916 por como teño entendido que anda a tarifa dun... 129 00:12:29,833 --> 00:12:33,500 Como era que te facías chamar, Wilf? "Solucionador"? 130 00:12:33,583 --> 00:12:36,541 A verdade é que admiro a simplicidade do nome. 131 00:12:37,208 --> 00:12:39,625 Só che pido que fagas o teu traballo. 132 00:12:39,708 --> 00:12:42,291 Soluciona un problema meu, e que sexa agora. 133 00:12:42,958 --> 00:12:47,000 Alguén intentou reclamar a recompensa da moza e a súa familia. 134 00:12:47,625 --> 00:12:50,875 Máis en concreto, un equipo. 135 00:12:50,958 --> 00:12:53,041 E con bastante violencia. 136 00:12:53,500 --> 00:12:57,625 Tivemos sorte, pero non é probable que dure, 137 00:12:57,708 --> 00:13:02,458 así que os meus técnicos fixéronlle un periférico á moza. 138 00:13:03,875 --> 00:13:07,250 Preciso que a metas nel, xa. 139 00:13:08,208 --> 00:13:10,416 É a mellor opción para dar con Aelita. 140 00:13:26,541 --> 00:13:30,458 Podo sentir a túa mirada de desaprobación, Ash. 141 00:13:30,541 --> 00:13:32,000 Que pasa agora? 142 00:13:34,666 --> 00:13:36,875 É o seu amigo, o señor Netherton. 143 00:13:38,041 --> 00:13:41,625 Preocúpame que o seu vínculo persoal afecte o seu xuízo, 144 00:13:42,291 --> 00:13:44,666 e que non sexa o home axeitado. 145 00:13:45,416 --> 00:13:46,708 Por que? 146 00:13:47,500 --> 00:13:53,166 É o tipo de home ao que lle pagas para levar unha maleta con cartos, non é? 147 00:13:54,291 --> 00:13:56,958 Escorregadizo, doado de esquecer, 148 00:13:57,041 --> 00:14:00,416 o tipo que as autoridades ignoran porque non é coma ti. 149 00:14:01,000 --> 00:14:03,416 -Non é un... -Un dandi adiñeirado? 150 00:14:04,000 --> 00:14:07,166 Un descendente dunha ilustre liñaxe rusa? 151 00:14:07,250 --> 00:14:08,666 Un mecenas das artes? 152 00:14:08,750 --> 00:14:09,666 Un asasino. 153 00:14:11,500 --> 00:14:15,958 El non é máis ca unha mascota, dócil e obediente. 154 00:14:16,875 --> 00:14:21,916 E a situación actual pode que requira que sexamos algo máis... 155 00:14:22,291 --> 00:14:23,583 Bestas? 156 00:14:25,583 --> 00:14:28,541 Un día contareiche como coñecín a Wilf. 157 00:14:29,166 --> 00:14:31,833 A el non lle gusta falar diso. É moi modesto. 158 00:14:32,375 --> 00:14:36,333 Pero digamos que no que concirne á súa aptitude para a violencia, 159 00:14:37,000 --> 00:14:38,291 é un máis da familia. 160 00:14:39,375 --> 00:14:41,791 Especialmente, coa motivación adecuada. 161 00:14:41,875 --> 00:14:46,625 E ninguén podería estar máis motivado para atopar a Aelita 162 00:14:47,791 --> 00:14:50,000 ca Wilf Netherton. 163 00:14:53,916 --> 00:14:55,208 Síntoo, Flynne. 164 00:14:55,291 --> 00:14:57,333 É o último que queres facer. 165 00:14:57,416 --> 00:14:58,541 Precisamos a info. 166 00:16:21,000 --> 00:16:22,541 Se queres que o alteren, 167 00:16:23,166 --> 00:16:24,958 pódese facer sen problema. 168 00:16:26,166 --> 00:16:27,291 Son Wilf Netherton. 169 00:16:30,833 --> 00:16:34,416 Serei directo, xa que non temos tempo para outra cousa. 170 00:16:34,500 --> 00:16:37,125 Busco unha muller: Aelita West. 171 00:16:37,208 --> 00:16:39,708 Poderías ser a última persoa que a viu. 172 00:16:46,125 --> 00:16:47,958 Creo que deberías contarme 173 00:16:48,041 --> 00:16:50,625 por que queren matar a miña familia. 174 00:16:50,708 --> 00:16:54,125 Despois pode que xogue coa túa estúpida muller simulada. 175 00:16:54,208 --> 00:16:55,666 Non é un simulador. 176 00:16:57,583 --> 00:16:59,250 Estás nun periférico. 177 00:17:00,250 --> 00:17:01,125 Telepresente. 178 00:17:01,791 --> 00:17:05,416 Pilotando un corpo coma se fose o teu. E todo isto... 179 00:17:08,791 --> 00:17:10,000 Ven, ensínocho. 180 00:17:53,541 --> 00:17:54,791 Isto non é Londres. 181 00:17:56,458 --> 00:17:57,916 Por que o dis? 182 00:17:58,000 --> 00:17:59,500 Onde está todo o mundo? 183 00:18:00,083 --> 00:18:02,916 Aí as cousas complícanse. 184 00:18:04,583 --> 00:18:05,625 É Londres, 185 00:18:06,500 --> 00:18:09,291 setenta anos despois do teu presente. 186 00:18:12,666 --> 00:18:15,000 E pretendes que me trague iso? 187 00:18:16,041 --> 00:18:18,208 Que viaxei no tempo? 188 00:18:18,625 --> 00:18:20,833 -Ó Londres do futuro? -Non. 189 00:18:21,166 --> 00:18:22,458 En absoluto. 190 00:18:22,541 --> 00:18:24,375 Se viaxases no tempo, como dis, 191 00:18:24,458 --> 00:18:25,958 estarías aquí. 192 00:18:26,041 --> 00:18:27,875 Isto só é transmitir datos. 193 00:18:27,958 --> 00:18:30,166 O termo técnico é túnel cuántico. 194 00:18:32,791 --> 00:18:35,208 -Entendo a confusión. -Non é confusión. 195 00:18:35,291 --> 00:18:37,333 É que non te creo. 196 00:18:37,958 --> 00:18:39,458 Queres probas? 197 00:18:41,250 --> 00:18:42,125 Túa nai. 198 00:18:43,625 --> 00:18:44,958 Ten un tumor cerebral. 199 00:18:45,666 --> 00:18:46,500 Un glioma. 200 00:18:46,583 --> 00:18:49,083 Xa. Non hai que ser do futuro para saber... 201 00:18:49,166 --> 00:18:51,375 Vaina matar en catro semanas. 202 00:18:51,458 --> 00:18:52,625 O 22 de setembro. 203 00:18:53,750 --> 00:18:54,958 Ao anoitecer. 204 00:18:56,041 --> 00:18:57,083 Mentira. 205 00:18:58,166 --> 00:19:01,125 O médico dixo que non. Aínda ten para un bo anaco. 206 00:19:01,208 --> 00:19:03,041 Intensificouse a dor? 207 00:19:04,375 --> 00:19:05,708 É o primeiro sinal. 208 00:19:17,083 --> 00:19:18,833 NECROLÓXICAS 209 00:19:20,083 --> 00:19:21,958 Ella Fisher, 50, faleceu o 22 de setembro... 210 00:19:29,375 --> 00:19:33,083 Temos unha medicina para tratar gliomas. É bastante sinxelo. 211 00:19:33,791 --> 00:19:36,208 Coma pulverizar malas herbas. 212 00:19:36,291 --> 00:19:39,375 Enviei a fórmula á vosa farmacia. Están imprimíndoa. 213 00:19:39,458 --> 00:19:41,125 Non nolo podemos permitir. 214 00:19:41,208 --> 00:19:42,666 Xa fixemos o pago. 215 00:19:48,750 --> 00:19:51,250 Pénsao, Fisher, pero apura. 216 00:19:52,291 --> 00:19:55,333 É unha situación urxente. Quero que quede claro. 217 00:19:55,875 --> 00:19:58,375 A túa familia aínda está en perigo. 218 00:20:00,083 --> 00:20:03,291 Os homes que quixeron matarvos non serán os últimos. 219 00:20:04,416 --> 00:20:06,208 Precisas a miña axuda. 220 00:20:06,666 --> 00:20:08,333 E eu a túa a cambio. 221 00:20:12,083 --> 00:20:13,166 Vémonos. 222 00:20:52,041 --> 00:20:55,291 Falamos de enterrar, queimar 223 00:20:55,375 --> 00:20:59,041 e de facer o correcto e falar co shériff. 224 00:21:00,416 --> 00:21:03,458 Pensei que deberías opinar antes de decidir. 225 00:21:07,250 --> 00:21:10,333 Entérraos. Vou á vila. 226 00:21:11,083 --> 00:21:13,833 -Para que? -Cóntocho ó volver. 227 00:21:13,916 --> 00:21:15,916 -Non podes ir soa. -Vale. 228 00:21:16,625 --> 00:21:17,833 Pois manda alguén. 229 00:22:20,333 --> 00:22:22,333 Tes algo que contarme, mamá? 230 00:22:24,416 --> 00:22:25,833 De que? 231 00:22:30,250 --> 00:22:31,541 Do glioma. 232 00:22:34,750 --> 00:22:35,833 Ai, cariño. 233 00:22:37,750 --> 00:22:38,791 Quen cho contou? 234 00:22:43,291 --> 00:22:45,166 Síntoo, Flynne. 235 00:22:46,250 --> 00:22:47,666 Síntoo moitísimo. 236 00:22:50,250 --> 00:22:52,375 Cando che contan algo así... 237 00:22:52,583 --> 00:22:53,583 Mamá. 238 00:22:53,666 --> 00:22:57,875 ...parece unha parvada, pero dáste conta do que vale cada día. 239 00:22:59,833 --> 00:23:03,458 A idea de perder un segundo sequera contigo, de... 240 00:23:04,041 --> 00:23:06,375 De lastrarte con tristura 241 00:23:06,958 --> 00:23:08,583 cando podía protexerte... 242 00:23:08,666 --> 00:23:09,750 Canto? 243 00:23:14,250 --> 00:23:15,166 Seis semanas. 244 00:23:16,791 --> 00:23:17,750 Con sorte. 245 00:23:18,333 --> 00:23:22,291 Díxenlle á enfermeira que, se tivese sorte, non me pasaría isto. 246 00:23:28,500 --> 00:23:29,875 Esta medicina nova é... 247 00:23:33,958 --> 00:23:35,083 experimental. 248 00:23:37,875 --> 00:23:39,583 Non sabemos que leva. 249 00:23:40,125 --> 00:23:42,333 Que é o peor que pode pasar, Flynne? 250 00:23:43,416 --> 00:23:44,916 Que morra máis rápido? 251 00:23:49,458 --> 00:23:50,458 Veña. 252 00:23:59,166 --> 00:24:00,208 Vale. 253 00:25:43,916 --> 00:25:46,166 CAFÉ JONES 254 00:26:41,208 --> 00:26:42,541 Non fodas. 255 00:27:25,708 --> 00:27:27,500 -Ola. -Ola. 256 00:27:29,208 --> 00:27:30,458 O café está na mesa. 257 00:27:32,083 --> 00:27:32,916 Grazas. 258 00:27:35,833 --> 00:27:38,083 Non me viría mal algo de información, 259 00:27:38,166 --> 00:27:39,250 se a tes. 260 00:27:41,125 --> 00:27:42,875 Non me vas crer. 261 00:27:46,375 --> 00:27:47,291 Proba. 262 00:27:51,458 --> 00:27:52,750 Non é un simulador. 263 00:27:53,916 --> 00:27:56,916 Cando poño o casco, controlo un corpo real. 264 00:27:59,250 --> 00:28:01,250 Unha especie de robot, supoño, 265 00:28:02,125 --> 00:28:03,875 pero máis realista. 266 00:28:03,958 --> 00:28:06,666 Ten o meu aspecto, e paréceme que son eu. 267 00:28:08,583 --> 00:28:10,833 Pero seica está en Londres, 268 00:28:11,791 --> 00:28:12,833 iso dixo un tipo. 269 00:28:13,875 --> 00:28:15,083 Vale, créocho. 270 00:28:15,166 --> 00:28:16,875 Aínda non chegamos ó difícil. 271 00:28:18,041 --> 00:28:20,416 Di que vin algo cando estaba dentro. 272 00:28:21,291 --> 00:28:25,000 Algo que os que me queren matar non queren que se saiba. 273 00:28:25,583 --> 00:28:27,875 Aínda non sei que é o difícil de crer. 274 00:28:31,500 --> 00:28:34,000 É o futuro, Burton. 275 00:28:36,166 --> 00:28:37,250 A súa época. 276 00:28:38,916 --> 00:28:39,958 O 2100. 277 00:28:45,583 --> 00:28:48,375 Asumo que che deu unha razón para crelo. 278 00:28:56,291 --> 00:28:58,250 Viches a mamá ó subir? 279 00:29:02,666 --> 00:29:03,750 Está ben? 280 00:29:04,333 --> 00:29:05,500 Si, segundo ela. 281 00:29:06,041 --> 00:29:09,791 Leon non entende as constantes. É coma se estivese loitando. 282 00:29:11,666 --> 00:29:12,583 Por que? 283 00:29:14,791 --> 00:29:17,375 Aquel home deume algo para ela. 284 00:29:17,833 --> 00:29:20,583 Unha medicina para o tumor. 285 00:29:20,666 --> 00:29:21,916 Di que a curará. 286 00:29:22,000 --> 00:29:23,708 Dáme igual. A súa palabra... 287 00:29:23,791 --> 00:29:24,666 Deilla. 288 00:29:24,750 --> 00:29:25,750 O que? 289 00:29:25,833 --> 00:29:27,750 Ensinoume a súa necrolóxica. 290 00:29:27,833 --> 00:29:30,250 -Flynne, non... -Morre en catro semanas 291 00:29:30,333 --> 00:29:32,625 -se non facemos nada. -E críchelo? 292 00:29:32,708 --> 00:29:34,541 Sentín que era real, Burton. 293 00:29:34,625 --> 00:29:35,708 Sentíchelo? 294 00:29:36,875 --> 00:29:38,833 Perdiches a puta cabeza? 295 00:29:38,916 --> 00:29:40,708 Volverei para descubrir máis. 296 00:29:40,791 --> 00:29:41,833 Esquéceo. 297 00:29:41,916 --> 00:29:45,000 -Vou eu. -Non. Non te quere a ti. 298 00:29:45,625 --> 00:29:48,458 -Quéreme a min. -Impórtame unha merda. 299 00:29:49,000 --> 00:29:51,375 Ti déixaslle pensar que manda. 300 00:29:51,458 --> 00:29:54,583 Por que tes que estragalo todo sempre? 301 00:30:03,166 --> 00:30:05,791 Mira, perdoa. Vale? 302 00:30:11,375 --> 00:30:12,625 Precísámoste aquí. 303 00:30:14,583 --> 00:30:15,750 Sábelo. 304 00:30:17,291 --> 00:30:20,791 Que vai pasar cando veña máis xente a por nós? 305 00:30:23,583 --> 00:30:24,916 Vou eu, Burton. 306 00:30:27,375 --> 00:30:30,375 Isto non é un debate. Vale? 307 00:31:20,958 --> 00:31:22,041 Benvida. 308 00:31:27,500 --> 00:31:28,541 Onde estamos? 309 00:31:29,333 --> 00:31:31,458 Nun xardín de Notting Hill. 310 00:31:31,541 --> 00:31:33,250 Pertence a Lev Zubov. 311 00:31:33,333 --> 00:31:35,041 É o do chaleco. 312 00:31:40,875 --> 00:31:41,708 Iso son...? 313 00:31:41,791 --> 00:31:44,750 Análogos de tigres. Pero ti podes ter outro nome. 314 00:31:44,833 --> 00:31:46,708 Tigres de Tasmania. 315 00:31:47,833 --> 00:31:50,416 Víaos nunha serie, pero extinguíronse. 316 00:31:50,500 --> 00:31:53,208 Unha das aficións de Lev é recrealos. 317 00:31:53,583 --> 00:31:54,875 Co seu ADN. 318 00:31:54,958 --> 00:31:55,958 Morden? 319 00:31:56,500 --> 00:31:58,958 Estes dous son de compañía. 320 00:31:59,041 --> 00:32:01,750 Hai unha liña xenética rival e salvaxe. 321 00:32:01,833 --> 00:32:03,083 Por que estamos aquí? 322 00:32:03,166 --> 00:32:05,958 Para reunirnos con Lev e os seus técnicos 323 00:32:06,041 --> 00:32:09,875 no seu xardín e darche un momento para que te acostumes. 324 00:32:10,958 --> 00:32:11,875 Para que? 325 00:32:13,000 --> 00:32:14,041 Para o informe. 326 00:32:14,875 --> 00:32:17,500 Lev contratoume para atopar a Aelita, 327 00:32:17,583 --> 00:32:19,208 a muller desaparecida. 328 00:32:19,708 --> 00:32:21,166 E que é un técnico? 329 00:32:21,250 --> 00:32:24,791 Alguén con experiencia en temas técnicos. 330 00:32:24,875 --> 00:32:26,625 Ten un don para as palabras. 331 00:32:26,708 --> 00:32:30,666 Ossian é o cabaleiro que se asoma de forma ameazante xunto a árbore. 332 00:32:30,750 --> 00:32:33,250 Ten talento para esas cousas, como verás. 333 00:32:33,333 --> 00:32:37,250 Ash é a moza extremadamente triste da mesa. 334 00:32:39,625 --> 00:32:42,833 Manteñen a conexión entre os nosos dous mundos, 335 00:32:42,916 --> 00:32:45,875 que é máis tenue do que nos gustaría. 336 00:32:46,541 --> 00:32:50,125 Poden entrar antes de que diga algo irremediable? 337 00:32:50,875 --> 00:32:52,291 A comida xa está, Wilf. 338 00:32:53,291 --> 00:32:54,541 Podes apagalo. 339 00:32:58,125 --> 00:33:00,791 Que pasa con esta cousa cando non estou nela? 340 00:33:00,875 --> 00:33:03,041 Ten un ciclo de sono de oito horas. 341 00:33:03,125 --> 00:33:07,125 O resto do tempo, cando estás no teu coto, ten unha IA. 342 00:33:07,208 --> 00:33:08,375 O meu coto? 343 00:33:13,875 --> 00:33:17,208 Cando un grupo do noso presente contactou co pasado, 344 00:33:17,291 --> 00:33:20,541 ese pasado creou un novo continuo. 345 00:33:20,625 --> 00:33:23,750 Unha liña temporal paralela, se o prefires, ou coto. 346 00:33:27,041 --> 00:33:28,208 Noutras palabras, 347 00:33:28,291 --> 00:33:31,833 as nosas dúas liñas temporais eran idénticas ata o contacto. 348 00:33:31,916 --> 00:33:33,416 Entón, separáronse. 349 00:33:33,500 --> 00:33:36,166 -Non axudas. -Podes intervir cando queiras. 350 00:33:36,458 --> 00:33:39,125 Isto pode ser confuso ata para nós. 351 00:33:39,208 --> 00:33:42,333 Quizais deberiamos limitarnos a temas máis urxentes 352 00:33:42,416 --> 00:33:45,333 e confiar en que o secundario se arranxará só. 353 00:33:45,416 --> 00:33:48,708 Urxentes como a xente que quere matar a miña familia? 354 00:33:50,291 --> 00:33:51,333 Por exemplo. 355 00:33:51,875 --> 00:33:55,875 Ou, dende a nosa perspectiva, como o que lle pasou a Aelita West. 356 00:33:55,958 --> 00:33:57,916 Por que é tan importante? 357 00:33:59,708 --> 00:34:02,791 Traballaba no Centro de Investigación. 358 00:34:02,875 --> 00:34:05,583 Os seus deberes déronlle acceso ó teu coto. 359 00:34:05,666 --> 00:34:08,791 Pagámoslle para que nos abrise unha porta trampa. 360 00:34:09,416 --> 00:34:12,625 Agora que desapareceu, tememos perder a conexión. 361 00:34:15,750 --> 00:34:18,125 E que faciades no meu mundo? 362 00:34:18,208 --> 00:34:19,041 Desculpa? 363 00:34:19,125 --> 00:34:21,958 Estades a esforzarvos moito para resolvelo todo. 364 00:34:22,416 --> 00:34:24,541 Non podo evitar preguntarme a razón. 365 00:34:24,625 --> 00:34:27,916 -Chámalle curiosidade intelectual. -Coma un xogo? 366 00:34:28,583 --> 00:34:30,125 Coma se fose un simulador? 367 00:34:30,708 --> 00:34:33,000 Poderíase facer esa analoxía. 368 00:34:33,083 --> 00:34:38,125 Entón a miña familia e amigos non son reais para vós, non? 369 00:34:39,083 --> 00:34:41,833 Somos nós reais para ti? 370 00:34:50,208 --> 00:34:51,375 Estouno pensando. 371 00:35:33,208 --> 00:35:34,500 Temos visita. 372 00:35:36,125 --> 00:35:37,583 Tommy Constantine. 373 00:35:38,250 --> 00:35:41,000 A pé. Na estrada, a medio quilómetro. 374 00:35:41,083 --> 00:35:43,333 Recolle os drons e volve. Xa vou. 375 00:35:43,416 --> 00:35:44,291 Recibido. 376 00:35:44,375 --> 00:35:46,000 Carlos, cúbreme. 377 00:35:46,083 --> 00:35:47,000 De camiño. 378 00:35:50,500 --> 00:35:52,500 -Que fago? -Só escoitar. 379 00:35:52,916 --> 00:35:55,625 Se esperta, non lle digas onde fun. 380 00:35:56,041 --> 00:35:58,708 -Non lle vou mentir. -Nin cho pido. 381 00:35:58,791 --> 00:36:02,291 Dille que estou vixiando o perímetro e que espere aquí. 382 00:36:04,000 --> 00:36:05,708 A medicina de miña nai... 383 00:36:06,458 --> 00:36:08,458 só a puxo peor. 384 00:36:09,041 --> 00:36:12,000 Cumprirá o que prometín. Dálle tempo. 385 00:36:12,083 --> 00:36:14,041 Iso é o que non ten. 386 00:36:14,500 --> 00:36:18,208 Segundo vós. Falando diso, de onde sacastes a información? 387 00:36:18,291 --> 00:36:20,666 Que tedes á parte da necrolóxica? 388 00:36:20,750 --> 00:36:22,291 Que me pasa a min? 389 00:36:22,375 --> 00:36:26,958 Como explicamos antes, cando alguén do noso mundo contactou... 390 00:36:27,041 --> 00:36:29,625 Si, o do coto pilleino. 391 00:36:29,708 --> 00:36:31,875 Que pasou coa vosa Flynne Fisher? 392 00:36:31,958 --> 00:36:34,708 Casou? Tivo fillos? 393 00:36:34,791 --> 00:36:35,833 Está viva? 394 00:36:36,708 --> 00:36:38,041 E meu irmán? 395 00:36:39,916 --> 00:36:42,250 Temos información ata un punto. 396 00:36:42,333 --> 00:36:45,125 Despois, os rexistros non son fiables. 397 00:36:45,208 --> 00:36:47,416 Ata que punto? Por que? 398 00:36:47,500 --> 00:36:49,916 Poden pasar moitas cousas en 70 anos. 399 00:36:52,708 --> 00:36:53,916 E pasaron. 400 00:36:54,000 --> 00:36:55,000 E en concreto? 401 00:36:55,083 --> 00:36:56,750 Estamos saíndo do tema... 402 00:36:56,833 --> 00:36:58,208 Que me escondedes? 403 00:36:58,291 --> 00:37:01,791 As túas preguntas son excelentes e terán resposta co tempo. 404 00:37:01,875 --> 00:37:02,833 Prométocho. 405 00:37:02,916 --> 00:37:06,041 Moito prometes, pero non parece que signifique nada. 406 00:37:06,125 --> 00:37:08,416 -Fisher... -Cando mellorará miña nai? 407 00:37:11,291 --> 00:37:13,583 Encriptan as voces ó falar entre eles. 408 00:37:13,666 --> 00:37:15,041 Ó final, acostúmaste. 409 00:37:15,125 --> 00:37:17,333 Pero a irritación nunca desaparece. 410 00:37:17,416 --> 00:37:19,166 Só informaba a Ash 411 00:37:19,250 --> 00:37:22,541 de que a medicina ten unha taxa de eficacia do 57 %. 412 00:37:22,625 --> 00:37:23,833 Que significa iso? 413 00:37:23,916 --> 00:37:27,041 É a capacidade de producir o resultado desexado. 414 00:37:27,125 --> 00:37:28,583 Do latín, efficācia. 415 00:37:28,666 --> 00:37:30,833 Sei o que significa a puta palabra. 416 00:37:31,916 --> 00:37:33,916 Que significa para miña nai? 417 00:37:34,500 --> 00:37:37,208 Que non podemos garantir que funcionará. 418 00:37:42,541 --> 00:37:46,291 Supoño que "pulverizar malas herbas" é outra cousa no futuro. 419 00:37:47,375 --> 00:37:50,541 Tedes animais extintos ós que destes vida, 420 00:37:50,625 --> 00:37:52,916 viaxes no tempo, tatuaxes móbiles... 421 00:37:54,333 --> 00:37:56,416 Tan difícil é axudar a unha muller 422 00:37:56,500 --> 00:37:58,500 que tivo moi mala sorte? 423 00:37:59,708 --> 00:38:01,083 Encargádevos diso 424 00:38:02,958 --> 00:38:05,375 e podemos falar da muller desaparecida. 425 00:38:07,208 --> 00:38:09,041 Tamén cho prometo. 426 00:38:12,208 --> 00:38:14,333 Algunha vez viras algo así? 427 00:38:17,541 --> 00:38:21,708 Sabes que? É un SPC do 6,8. 428 00:38:22,166 --> 00:38:24,375 Ás veces usabámolos na guerra. 429 00:38:26,500 --> 00:38:28,041 Matóns de construtores? 430 00:38:28,958 --> 00:38:30,166 Non é mala hipótese. 431 00:38:31,875 --> 00:38:33,708 Pero no medio do monte? 432 00:38:35,041 --> 00:38:36,833 Parece un pouco estraño, non? 433 00:38:36,916 --> 00:38:39,708 Todo isto parece un pouco estraño, Tommy. 434 00:38:43,791 --> 00:38:46,333 Estades cabreados con Dee Dee e comigo? 435 00:38:46,875 --> 00:38:48,416 Cabreados por que? 436 00:38:48,500 --> 00:38:49,750 Hai moitos coches. 437 00:38:53,750 --> 00:38:57,208 Parece que ides asar un cocho ou algo así. 438 00:38:59,583 --> 00:39:03,250 Só me pregunto por que non me invitastes. 439 00:39:03,333 --> 00:39:05,416 Esa é a camioneta de Reece, non? 440 00:39:05,958 --> 00:39:08,750 E as de Leon e Carlos. 441 00:39:09,041 --> 00:39:11,750 Si, é un dos nosos torneos de drons. 442 00:39:13,166 --> 00:39:16,000 Ti non es tan parvo como para andar con eles. 443 00:39:17,541 --> 00:39:20,375 Non, supoño que non. 444 00:39:28,333 --> 00:39:29,208 Flynne. 445 00:39:31,250 --> 00:39:32,083 Burton. 446 00:39:50,708 --> 00:39:51,750 Merda. 447 00:40:01,791 --> 00:40:04,708 Sei que estás persoalmente involucrado, Wilf. 448 00:40:06,125 --> 00:40:09,291 Preocúpame que sintas o instinto comprensible 449 00:40:09,375 --> 00:40:11,083 de apurar con Fisher. 450 00:40:11,166 --> 00:40:14,875 Deberiamos deixar que molle os pés antes de presionala tanto. 451 00:40:15,458 --> 00:40:17,625 Dis que non hai tempo que perder. 452 00:40:17,708 --> 00:40:19,416 Non lle chamaría perdido 453 00:40:19,500 --> 00:40:23,833 se é para facela máis dócil. 454 00:40:24,625 --> 00:40:27,458 Pensaba que só querías falar con Aelita. 455 00:40:28,166 --> 00:40:30,791 Por iso aceptei presentarvos. 456 00:40:30,875 --> 00:40:33,250 Certo. E esas conversacións 457 00:40:33,333 --> 00:40:36,333 levaron á posibilidade de ir ó mundo desta moza. 458 00:40:36,416 --> 00:40:37,750 Por que queres ir? 459 00:40:44,250 --> 00:40:45,208 Wilf, 460 00:40:46,458 --> 00:40:50,291 parécesme alguén cun don para distinguir a diferenza 461 00:40:50,375 --> 00:40:53,875 entre o coñecemento bo e o malo. 462 00:40:54,458 --> 00:40:58,416 O bo é o que che dá poder ou vantaxes 463 00:40:58,833 --> 00:41:02,750 e o malo é o que te pon en perigo mortal. 464 00:41:03,750 --> 00:41:06,916 Deberías estar orgulloso. Non minto ós meus amigos, 465 00:41:07,000 --> 00:41:09,916 así que ten coidado co que preguntas. 466 00:41:10,000 --> 00:41:12,625 Non quero deixar de pensar en ti como amigo. 467 00:41:32,375 --> 00:41:34,625 Dálles saúdos a Flynne e a túa nai. 468 00:41:34,708 --> 00:41:36,250 Vale, Tommy. 469 00:41:48,708 --> 00:41:49,750 Que dixo? 470 00:41:52,125 --> 00:41:54,750 Viu dous SUV abandonados na estrada 471 00:41:54,833 --> 00:41:58,041 con tecnoloxía de camuflaxe nova, o cal responde a iso. 472 00:41:59,625 --> 00:42:00,541 Estás ben? 473 00:42:02,916 --> 00:42:04,666 Nin puta idea, Burton. 474 00:42:05,375 --> 00:42:07,875 Por que está pasando todo isto? 475 00:42:09,500 --> 00:42:11,916 Temos unha pila de cadáveres aí atrás. 476 00:42:12,000 --> 00:42:13,541 Non podes pensar niso. 477 00:42:20,041 --> 00:42:23,000 Vannos axudar os colegas do futuro ou estamos sós? 478 00:42:25,125 --> 00:42:26,958 Dixeron que están mirando. 479 00:42:27,833 --> 00:42:31,125 Creo que tentarán avisarnos antes do próximo ataque. 480 00:42:31,208 --> 00:42:33,875 -Con tempo? -Todo o que poidan. 481 00:42:35,625 --> 00:42:37,416 Pero vannos mandar diñeiro. 482 00:42:38,416 --> 00:42:41,625 Moito. 250 000 dólares. 483 00:42:45,250 --> 00:42:48,125 Se vai á miña conta, perdo a seguridade social. 484 00:42:48,208 --> 00:42:52,000 Seino, tranquilo. Díxenllo e atoparán a forma. 485 00:42:52,083 --> 00:42:53,041 Que forma? 486 00:42:54,208 --> 00:42:56,500 Hostia. Hostia puta. 487 00:42:57,333 --> 00:42:59,708 Acabo de gañar a puta lotaría! 488 00:43:08,375 --> 00:43:11,041 Sempre tiven sorte, xa o sabedes. 489 00:43:11,125 --> 00:43:13,375 Isto non foi sorte, Leon. 490 00:43:13,458 --> 00:43:16,250 -Coñecedes a alguén no... -Baixa a voz. 491 00:43:16,333 --> 00:43:20,166 No futuro? E axudoume a gañar a lotaría? Iso é pura sorte. 492 00:43:20,250 --> 00:43:21,083 Leon. 493 00:43:22,458 --> 00:43:25,791 Do señor Pickett. Dávos os seus parabéns. 494 00:43:29,583 --> 00:43:31,041 Pickett? En serio? 495 00:43:31,625 --> 00:43:32,458 Si. 496 00:43:34,666 --> 00:43:36,041 Miña nai querida. 497 00:43:36,750 --> 00:43:39,208 Ti levanta o vaso e dálle as grazas. 498 00:43:42,208 --> 00:43:43,333 Educación, Flynne. 499 00:43:47,500 --> 00:43:50,958 Teño... Teño que ir ó baño. 500 00:44:02,125 --> 00:44:03,958 O cabrón segue a mirarnos. 501 00:44:04,041 --> 00:44:06,625 O parvo do noso primo gañou a lotaría. 502 00:44:06,708 --> 00:44:09,708 Iso fainos interesantes durante uns minutos. 503 00:44:10,875 --> 00:44:14,041 Cresme agora todo o do futuro? 504 00:44:14,541 --> 00:44:16,791 Admito que estou máis preto. 505 00:44:16,875 --> 00:44:18,375 Bastante máis. 506 00:44:21,833 --> 00:44:22,708 Que é iso? 507 00:44:24,083 --> 00:44:25,791 A compra para o grupo. 508 00:44:27,833 --> 00:44:28,916 A lista de turnos. 509 00:44:32,500 --> 00:44:33,625 Onde está Conner? 510 00:44:34,500 --> 00:44:35,625 Xa o coñeces. 511 00:44:36,125 --> 00:44:40,125 Si. Tamén sei que pedirlle axuda podería contar como boa obra. 512 00:44:40,208 --> 00:44:42,708 E tamén podería matarnos a todos. 513 00:44:42,791 --> 00:44:43,958 Veña, Burton. 514 00:44:44,541 --> 00:44:46,708 Botounos unha boa man a outra noite. 515 00:44:46,791 --> 00:44:50,625 Asumimos o risco e, grazas ó ceo, Conner veu sobrio. 516 00:44:51,875 --> 00:44:56,208 O que significa que o primo Leon non é o único con boa sorte. 517 00:45:00,166 --> 00:45:01,666 Tes algo que dicir? 518 00:45:03,125 --> 00:45:04,208 Xa o dixen. 519 00:45:04,291 --> 00:45:07,083 Non podo arranxar cousas imposibles, Flynne. 520 00:45:07,958 --> 00:45:09,750 Non co que está a pasar. 521 00:45:13,750 --> 00:45:15,583 Vale. Voume á casa. 522 00:45:15,666 --> 00:45:16,958 Vale, espera. 523 00:45:17,666 --> 00:45:19,625 Falei con Reece do simulador. 524 00:45:20,208 --> 00:45:22,291 De como nos sacaches do cortello. 525 00:45:23,125 --> 00:45:24,041 E? 526 00:45:24,125 --> 00:45:27,500 Deixaches saír ás ovellas porque te sentías mal por elas. 527 00:45:27,583 --> 00:45:30,333 Cando se foron, apareceu o tractor. 528 00:45:30,416 --> 00:45:32,500 É coma se o simulador che dese... 529 00:45:33,416 --> 00:45:34,708 un bono por empatía. 530 00:45:35,666 --> 00:45:39,583 Tacticamente, sacrificaches un recurso valioso. 531 00:45:40,541 --> 00:45:44,166 Cando os nazis entrasen, as ovellas serían a única cobertura. 532 00:45:44,250 --> 00:45:45,250 Vale. 533 00:45:46,041 --> 00:45:48,458 -Como o atoparías ti? -É o que digo. 534 00:45:49,125 --> 00:45:53,125 Sénteste mal por Conner. Enténdoo. Pásanos a todos. 535 00:45:53,208 --> 00:45:55,916 Pero aquí ninguén dá bonos por empatía. 536 00:45:56,000 --> 00:45:58,875 No mundo real, non habería tractor ningún. 537 00:45:58,958 --> 00:46:02,500 Xa, pero, se o houbese, 538 00:46:04,041 --> 00:46:07,625 ti non o terías atopado, a que non? 539 00:46:13,083 --> 00:46:14,583 Vémonos na casa. 540 00:46:36,625 --> 00:46:37,833 Merda, Flynne. 541 00:47:12,291 --> 00:47:15,375 ...Área de Entomoloxía da Universidade de Cornell. 542 00:47:20,333 --> 00:47:22,083 ...as abellas da colonia. 543 00:47:22,166 --> 00:47:24,875 As obreiras, os abázcaros e a raiña. 544 00:47:24,958 --> 00:47:28,375 Todas contribúen ó bo funcionamento da colmea. 545 00:47:28,458 --> 00:47:31,625 E ningunha, nin sequera a raíña, 546 00:47:31,708 --> 00:47:34,958 pode sobrevivir sen as outras. 547 00:47:35,041 --> 00:47:39,958 Porén, malia a súa organización cooperativa e ben regulada, 548 00:47:40,041 --> 00:47:44,500 as presións ambientais teñen a poboación das abellas en caída libre, 549 00:47:44,583 --> 00:47:47,750 o que comporta un torrente de carencias na agricultura 550 00:47:47,833 --> 00:47:52,250 e axitación económica na sociedade. Por exemplo... 551 00:47:52,791 --> 00:47:55,875 un estudo en California con produtores de améndoas 552 00:47:55,958 --> 00:48:00,791 probou que a ausencia de abellas reduciu os ingresos anuais en 75 000... 553 00:48:07,250 --> 00:48:09,625 Nunca che preocupa disparar a alguén 554 00:48:09,708 --> 00:48:11,083 ó espertar sorprendido? 555 00:48:15,041 --> 00:48:17,875 Por iso xa non vés tanto? 556 00:48:17,958 --> 00:48:20,083 Tes medo de que a saque máis rápido? 557 00:48:21,916 --> 00:48:23,000 Estás bébedo? 558 00:48:24,291 --> 00:48:25,500 Estou algo. 559 00:48:31,375 --> 00:48:32,375 Iso seguro. 560 00:48:37,958 --> 00:48:40,333 Pero non me contestaches. 561 00:48:43,041 --> 00:48:45,041 Por que xa non ves visitarme? 562 00:48:45,125 --> 00:48:46,791 Vin visitarte agora, non? 563 00:48:48,125 --> 00:48:51,666 Pensei que te atoparía morto algún día destes. 564 00:48:51,750 --> 00:48:53,458 Dubido que o aguantase. 565 00:48:53,541 --> 00:48:55,000 E por que viñeches hoxe? 566 00:48:55,083 --> 00:48:57,666 Desapareciches trala noite do caos. 567 00:48:57,750 --> 00:48:59,833 A festa morreu bastante rápido. 568 00:49:00,333 --> 00:49:02,916 Aprendín que non levo ben a tranquilidade. 569 00:49:03,000 --> 00:49:04,833 Temos un problema. 570 00:49:06,083 --> 00:49:08,416 Viríame ben un bo sarxento. 571 00:49:12,291 --> 00:49:14,916 A outra noite, cando ía á vosa casa, 572 00:49:15,833 --> 00:49:18,333 aqueles tipos escoitáronme chegar 573 00:49:18,666 --> 00:49:20,291 e metéronse nos arbustos. 574 00:49:21,666 --> 00:49:24,833 Só vin un, pero estaba a apuntarme. 575 00:49:26,000 --> 00:49:29,833 Só tiña que apertar o gatillo. E sabes o que fixo? 576 00:49:30,875 --> 00:49:33,291 Deixoume pasar. 577 00:49:34,458 --> 00:49:36,500 Pensei que ía á dos Baker, 578 00:49:36,583 --> 00:49:39,791 que Jasper traizoara a Corbell Pickett. 579 00:49:43,458 --> 00:49:44,916 Non mo quitaba da cabeza 580 00:49:45,833 --> 00:49:47,416 mentres subía pola estrada. 581 00:49:48,416 --> 00:49:51,625 Só se me ocorre unha razón para que me deixase pasar. 582 00:49:52,500 --> 00:49:53,458 Pena. 583 00:49:58,833 --> 00:50:01,250 Canto máis pensaba, máis me enfadaba. 584 00:50:03,000 --> 00:50:06,916 Decidín que ía matalo sen importar onde fose. 585 00:50:09,500 --> 00:50:10,958 Cando cheguei, 586 00:50:11,041 --> 00:50:13,958 os tipos tíñanvos collidos polos collóns. 587 00:50:14,458 --> 00:50:17,000 Só vos axudei para relaxar a presión. 588 00:50:18,291 --> 00:50:21,625 Sentinme ben unhas 12 horas. 589 00:50:23,333 --> 00:50:25,500 Coma se enmendara un problema. 590 00:50:47,208 --> 00:50:49,375 Canto pensas que gasta o goberno 591 00:50:49,458 --> 00:50:52,250 para tratar a tódolos veteranos mancos? 592 00:50:52,333 --> 00:50:53,750 Menos do que fai falta. 593 00:50:53,833 --> 00:50:57,208 Pois podían deixar que nos disparemos os uns ós outros. 594 00:50:58,333 --> 00:51:00,583 Resolvería todo o problema, non cres? 595 00:51:00,666 --> 00:51:04,208 A metade estariamos mortos e os demais, felices. 596 00:51:05,833 --> 00:51:07,916 O tiroteo non te fixo feliz? 597 00:51:09,833 --> 00:51:11,000 Así me gusta. 598 00:51:11,083 --> 00:51:13,666 Así me gusta, carallo. 599 00:51:13,750 --> 00:51:15,875 Teño razón ou non? 600 00:51:34,333 --> 00:51:36,000 Que andades a facer? 601 00:51:37,041 --> 00:51:40,875 Flynne viaxou ó Londres do futuro. Viu algo que non debía. 602 00:51:42,166 --> 00:51:44,958 Agora están contratando a xente para matarnos. 603 00:51:48,708 --> 00:51:51,333 Vou de cu, pero non tanto. 604 00:51:51,416 --> 00:51:55,083 Non tes que crerme, só axudar. Cando esteas sobrio. 605 00:51:55,541 --> 00:51:57,250 Ven acampar connosco. 606 00:51:57,708 --> 00:51:59,875 Leon está alí para axudar se queres. 607 00:51:59,958 --> 00:52:01,458 Xa non é o seu traballo. 608 00:52:03,083 --> 00:52:05,750 Non creo que o vise como traballo, Conner. 609 00:52:06,166 --> 00:52:09,083 E non lle caería ben que o describises así. 610 00:52:09,166 --> 00:52:12,625 Acabo de dicirche que mataría uns tipos por compadecerme. 611 00:52:12,708 --> 00:52:14,500 -E? -Estalo a facer ti? 612 00:52:14,583 --> 00:52:16,416 Pretendía ser empático. 613 00:52:16,500 --> 00:52:18,083 Hai algunha diferenza? 614 00:52:19,458 --> 00:52:20,791 Nin puta idea, tío. 615 00:52:22,708 --> 00:52:24,708 A oferta está na mesa se a queres. 616 00:52:25,541 --> 00:52:27,750 Pero a sobriedade é innegociable. 617 00:52:37,083 --> 00:52:40,083 Recordarás todo isto pola mañá? 618 00:52:43,833 --> 00:52:44,708 Daríalle... 619 00:52:47,583 --> 00:52:48,833 un 50 %. 620 00:53:21,875 --> 00:53:24,000 SELECCIÓN MUSICAL LLUVIA DE ORO - CAMERON IAN MCBRIDE 621 00:53:33,250 --> 00:53:35,375 Esta noite veño só, Manuel. 622 00:53:36,666 --> 00:53:39,833 Gustaríalle una compañera? 623 00:53:41,166 --> 00:53:42,666 Vaia, vello diaño. 624 00:53:43,500 --> 00:53:45,416 Por quen me tomas? 625 00:53:52,875 --> 00:53:54,833 Pois visto así... 626 00:53:55,291 --> 00:53:57,583 Non lle diría que non á compañía. 627 00:54:11,083 --> 00:54:12,291 Como te chamas, amor? 628 00:54:16,083 --> 00:54:16,958 Carmen. 629 00:54:20,166 --> 00:54:22,500 Coma a de "Chiquita Banana". 630 00:54:25,625 --> 00:54:28,166 Antes había unha froita chamada banana. 631 00:54:29,583 --> 00:54:33,583 Acabou con ela algún tipo de fungo. Unha pena. 632 00:54:36,083 --> 00:54:39,833 Tes algún talento que debería coñecer? 633 00:54:41,250 --> 00:54:43,041 Descúlpanos, señorita? 634 00:54:53,708 --> 00:54:56,500 Non é fácil chegar a vostede, señor Pickett. 635 00:54:59,083 --> 00:55:01,416 Os nosos informes indican 636 00:55:01,500 --> 00:55:06,875 que ten poder e influencia en Clanton arredor do 2030 637 00:55:07,416 --> 00:55:12,250 e parece que non lle importan moito os escrúpulos. 638 00:55:12,333 --> 00:55:13,458 É certo? 639 00:55:14,583 --> 00:55:17,416 De que cona fala? 640 00:55:17,750 --> 00:55:22,958 Temos unha situación que parece requirir coñecemento local. 641 00:55:24,750 --> 00:55:28,041 Gustaríanos pagarlle dez millóns de dólares 642 00:55:28,791 --> 00:55:30,875 por dous membros da súa comunidade. 643 00:55:36,083 --> 00:55:39,500 Quen es? Es de Seguridade Nacional? 644 00:55:42,708 --> 00:55:44,500 Piratearon este cacharro? 645 00:55:45,833 --> 00:55:49,166 Estamos dispostos a transferir un 25 % á súa conta xa, 646 00:55:49,250 --> 00:55:50,708 como pago de boa fe. 647 00:55:50,791 --> 00:55:52,791 O resto, ó final do traballo. 648 00:55:54,166 --> 00:55:58,625 Os nomes dos individuos en cuestión son Flynne e Burton Fisher. 649 00:56:06,208 --> 00:56:07,625 Tómame por imbécil? 650 00:56:09,000 --> 00:56:11,291 Isto é unha trampa, cabronazo. 651 00:56:12,041 --> 00:56:13,583 E das fáciles de ver. 652 00:56:14,416 --> 00:56:15,416 Saír do xogo! 653 00:56:20,250 --> 00:56:21,750 Meu Deus. 654 00:56:24,083 --> 00:56:25,208 Babecos de merda. 655 00:56:31,583 --> 00:56:32,958 RESULTADOS PARA "MILAGROS COLDIRON" 656 00:56:33,041 --> 00:56:34,208 CAL É O SIGNIFICADO DE MILAGROS? NOMES PARA BEBÉS 657 00:56:57,708 --> 00:57:00,083 NON HAI MÁIS RESULTADOS PARA "WILF NETHERTON" 658 00:57:07,333 --> 00:57:08,958 RESULTADOS PARA "AELITA WEST" 659 00:57:39,000 --> 00:57:40,375 Que tal na Habana? 660 00:57:47,916 --> 00:57:49,875 Sempre é mellor contigo. 661 00:57:50,125 --> 00:57:51,500 Dubídoo moito. 662 00:57:51,916 --> 00:57:54,375 Seguro que te metes en moitos problemas. 663 00:57:54,458 --> 00:57:56,416 Algo de chachachá. 664 00:57:58,541 --> 00:58:02,291 Creo que imos ter que tomarnos un descanso da vella Tropicana. 665 00:58:03,041 --> 00:58:04,083 E iso? 666 00:58:06,541 --> 00:58:08,166 INGRESO EN CONTA 2 500 000 $ 667 00:58:16,416 --> 00:58:17,458 Corbell? 668 00:58:32,083 --> 00:58:33,666 Burton, sube xa. 669 00:59:04,958 --> 00:59:05,958 Mamá? 670 00:59:09,250 --> 00:59:10,916 Que fas? Estás ben? 671 00:59:11,000 --> 00:59:12,583 Tiña fame. Pen... 672 00:59:13,375 --> 00:59:15,291 Pensei que estaba a soñar. 673 00:59:16,458 --> 00:59:17,333 Mamá. 674 00:59:19,541 --> 00:59:20,833 Vexo, Flynne. 675 00:59:21,208 --> 00:59:23,083 -Mamá. -Podo verte. 676 00:59:23,791 --> 00:59:24,875 Podo verte. 677 00:59:59,375 --> 01:00:02,291 PROXIMAMENTE EN THE PERIPHERAL 678 01:00:04,166 --> 01:00:07,458 Que conexión tes cun home chamado Corbell Pickett? 679 01:00:08,291 --> 01:00:10,291 Non chegarás a ningures 680 01:00:10,375 --> 01:00:13,291 se non tes o valor para ser cruel de vez en cando. 681 01:00:13,833 --> 01:00:17,041 El é dese tipo de persoas. Nós non. 682 01:00:18,583 --> 01:00:21,833 Debería haber unha forma máis fácil de matar unha moza. 683 01:00:23,958 --> 01:00:26,375 Aelita deixou unha pista da súa localización. 684 01:00:26,458 --> 01:00:28,166 Sempre lle gustaron as adiviñas. 685 01:00:29,833 --> 01:00:32,333 Wilf, esa é a miña casa. 686 01:00:35,666 --> 01:00:36,916 Cheguei. 687 01:02:15,166 --> 01:02:17,166 Subtítulos: Marcos Carou Balado 688 01:02:17,250 --> 01:02:19,250 Tradución Creativa Estefanía Prol Lusquiños