1 00:00:06,000 --> 00:00:07,833 ANTERIORMENTE EN THE PERIPHERAL 2 00:00:07,833 --> 00:00:10,541 Aelita di que pode que non exista en dez anos. 3 00:00:10,541 --> 00:00:11,916 De que falaba? 4 00:00:14,666 --> 00:00:17,833 O trauma deixa marca. 5 00:00:19,250 --> 00:00:24,166 Cando non podo durmir, tento resolver a adiviña que sodes a túa irmá mais ti. 6 00:00:24,666 --> 00:00:27,125 Só pensabamos adoptar un. 7 00:00:27,125 --> 00:00:29,208 - Nese caso... - Non vou sen Wolf. 8 00:00:29,708 --> 00:00:32,375 Que se sente ó enlazar cos hápticos? 9 00:00:32,375 --> 00:00:36,291 Pode parecer amor se non sabes o que é. 10 00:00:36,791 --> 00:00:39,250 Un imbécil di que tes traballo para min. 11 00:00:40,750 --> 00:00:43,083 Teño unha cenoria e un pau. 12 00:00:43,083 --> 00:00:45,208 Teño curiosidade polo pau. 13 00:00:45,958 --> 00:00:47,375 A seguinte, á orella. 14 00:00:58,500 --> 00:01:02,708 {\an8}LONDRES 2075 15 00:01:13,500 --> 00:01:15,958 Ei, Lobeto, trae aquí. Veña. 16 00:01:23,500 --> 00:01:24,625 Iso é todo. 17 00:01:25,166 --> 00:01:27,875 Dis que fuches ó distrito e iso é todo? 18 00:01:28,291 --> 00:01:30,416 - Os de Omar chegaron antes. - Roubaches! 19 00:01:30,416 --> 00:01:33,708 - Angus, para! Sóltao! Para! - Troleiro! Ladrón! 20 00:01:35,458 --> 00:01:36,333 Ladrón! 21 00:01:36,916 --> 00:01:39,583 Deixa as parvadas, Angus. Sigue co teu. 22 00:01:41,333 --> 00:01:42,375 Que fas? 23 00:01:42,375 --> 00:01:44,625 O xusto. El non fai o seu traballo. 24 00:01:44,625 --> 00:01:47,166 - Xa fago eu bastante. - Pois dálle do teu. 25 00:01:56,416 --> 00:01:57,541 Non o quero. 26 00:02:00,708 --> 00:02:03,083 Vale, pois doullo ó rato. 27 00:02:03,083 --> 00:02:04,500 Que pasará entón? 28 00:02:06,208 --> 00:02:08,916 Que quererá boliñas de anís. 29 00:02:12,916 --> 00:02:14,333 Seguinte! 30 00:02:17,000 --> 00:02:18,125 Que é iso? 31 00:02:22,875 --> 00:02:24,666 Regalan comida. 32 00:02:26,791 --> 00:02:29,958 Que raro. Nunca vin ese sitio antes. 33 00:02:32,041 --> 00:02:33,500 Sabes, Lobeto? 34 00:02:34,125 --> 00:02:36,083 Toca gañar o sustento. Vai mirar. 35 00:02:36,083 --> 00:02:38,291 Diso nada. Andan a secuestrar nenos. 36 00:02:38,291 --> 00:02:40,500 Ten que protexerte a túa moza? 37 00:02:44,291 --> 00:02:45,458 Bo rapaz. 38 00:02:47,083 --> 00:02:50,083 A cidade quere limpar as rúas, nós incluídos. 39 00:02:50,083 --> 00:02:51,625 Non sexas parvo, Wolf. 40 00:02:54,250 --> 00:02:56,291 Ves iso? 41 00:02:56,291 --> 00:02:59,083 Non nos volveremos ver. A min non me levan. 42 00:03:03,291 --> 00:03:04,500 Wolf! 43 00:03:06,000 --> 00:03:07,000 Wolf! 44 00:03:21,500 --> 00:03:23,000 SERVIZO DE SAÚDE 45 00:03:39,458 --> 00:03:40,333 Aelita! 46 00:03:40,333 --> 00:03:41,541 Wolf! 47 00:03:44,125 --> 00:03:45,125 Aelita! 48 00:03:45,500 --> 00:03:46,625 Wolf! 49 00:03:49,041 --> 00:03:50,333 Aelita! 50 00:03:56,291 --> 00:03:57,125 Wolf! 51 00:03:57,666 --> 00:03:58,500 Aelita! 52 00:04:02,541 --> 00:04:03,500 Wolf! 53 00:04:08,666 --> 00:04:09,625 Aelita! 54 00:04:11,958 --> 00:04:15,541 Un implante e dúas CPU de periféricos? 55 00:04:15,541 --> 00:04:17,500 Aelita só deixou isto? 56 00:04:18,375 --> 00:04:20,625 É moi preocupante. 57 00:04:22,625 --> 00:04:24,750 Téntame tiralos ó río 58 00:04:24,750 --> 00:04:26,166 e deixalo todo. 59 00:04:27,000 --> 00:04:31,208 Ash e Ossian deberían poder rastrexar os pilotos dos periféricos. 60 00:04:31,458 --> 00:04:33,166 Se desencriptan o implante... 61 00:04:33,166 --> 00:04:35,375 Dubídoo, dada a codificación. 62 00:04:36,625 --> 00:04:39,125 Só digo que hai outros camiños que explorar. 63 00:04:40,458 --> 00:04:44,500 E bastantes que poden explorar outros, como un corpo 64 00:04:44,500 --> 00:04:47,583 que descubrirán pronto, se non o fixeron xa. 65 00:04:47,583 --> 00:04:50,416 Co teu ADN, supoño, 66 00:04:50,416 --> 00:04:53,416 esparexido por todas partes. 67 00:04:54,625 --> 00:04:58,333 Enviaría un equipo para limpar o escenario, 68 00:04:58,333 --> 00:05:01,000 pero, se o descubrisen, pois... 69 00:05:04,125 --> 00:05:07,666 Polo menos, tes que prepararte para a morte de Aelita. 70 00:05:09,125 --> 00:05:10,083 Por que? 71 00:05:10,083 --> 00:05:14,083 Sen a mellora inmune do implante, canto poderá aguantar? 72 00:07:26,833 --> 00:07:27,666 Que demo...? 73 00:07:54,250 --> 00:07:55,916 Flynne, temos compaña. 74 00:08:24,625 --> 00:08:26,125 E ti por aquí, Tommy? 75 00:08:27,583 --> 00:08:30,666 Pensei que debía vir saudar. 76 00:08:36,416 --> 00:08:40,666 Vinte darlle a man a Corbell Picket na de Jimmy. 77 00:08:41,041 --> 00:08:42,583 Preocupeime un pouco. 78 00:08:42,583 --> 00:08:45,500 Vehículos abandonados, a bala, 79 00:08:46,000 --> 00:08:47,625 todos eses drons no aire... 80 00:08:48,583 --> 00:08:50,416 Polo que vos vin visitar. 81 00:08:50,416 --> 00:08:52,583 Coa miña roupa e a miña camioneta, 82 00:08:53,125 --> 00:08:56,666 para deixar claro que veño como amigo, non como policía. 83 00:08:56,666 --> 00:08:58,250 Enténdoo, Tommy, 84 00:08:58,875 --> 00:09:01,458 todo o que dis, pero... 85 00:09:02,916 --> 00:09:04,875 Non te tes que preocupar por nós. 86 00:09:09,875 --> 00:09:12,750 E ti, Flynne? Estás ben? 87 00:09:14,791 --> 00:09:15,708 Si. 88 00:09:17,625 --> 00:09:18,875 Estamos os dous ben. 89 00:09:21,333 --> 00:09:22,666 Pois perfecto. 90 00:09:24,416 --> 00:09:25,625 Falei o que quería. 91 00:09:27,041 --> 00:09:29,375 Podedes pensalo. 92 00:09:34,666 --> 00:09:36,250 E, Burton, 93 00:09:37,041 --> 00:09:40,541 tenta recordar a parte na que son o teu amigo. 94 00:09:42,333 --> 00:09:44,000 Parece que che viría ben un. 95 00:09:44,875 --> 00:09:46,041 Fareino. 96 00:10:03,958 --> 00:10:06,416 Odio isto, Burton. Mentímoslle á cara. 97 00:10:06,416 --> 00:10:08,833 Non podo seguir así. 98 00:10:08,833 --> 00:10:11,125 Hai unha ducia de cadáveres aí atrás. 99 00:10:11,791 --> 00:10:15,875 Non lle custa dicir que é o noso amigo porque non sabe que están aí. 100 00:10:15,875 --> 00:10:19,583 En canto o descubra, tamén recordará que é poli. 101 00:10:19,583 --> 00:10:21,041 Non podemos evitalo. 102 00:10:21,041 --> 00:10:23,500 E se lle dicimos o mesmo que ó resto? 103 00:10:23,500 --> 00:10:25,833 Non podes negar que precisamos axuda. 104 00:10:25,833 --> 00:10:28,416 Preocúpame que non penses con claridade. 105 00:10:29,166 --> 00:10:30,166 Como? 106 00:10:30,166 --> 00:10:32,166 Nisto non podes ser racional. 107 00:10:32,166 --> 00:10:33,833 Falas en serio? 108 00:10:33,833 --> 00:10:37,083 -É porque son unha muller? - Non dixen iso. 109 00:10:37,083 --> 00:10:40,166 Non todos temos sangue frío coma ti e o teu grupiño. 110 00:10:40,166 --> 00:10:41,833 Nin queremos. 111 00:10:42,666 --> 00:10:44,666 Estás demasiado involucrada. 112 00:10:44,666 --> 00:10:46,208 Involucrada en que? 113 00:11:01,250 --> 00:11:03,291 Rexístrasme a basura? 114 00:11:04,083 --> 00:11:06,625 - Estaba aí, Flynne. - Larga de aquí. 115 00:11:08,125 --> 00:11:10,583 Fóra do meu cuarto, Burton. Xa. 116 00:11:12,708 --> 00:11:13,625 Larga! 117 00:11:19,166 --> 00:11:20,000 Oe! 118 00:11:21,916 --> 00:11:24,791 Sei que pasaches por moita merda na guerra. 119 00:11:24,791 --> 00:11:26,916 Seino e ódioo. 120 00:11:26,916 --> 00:11:29,000 Pero ir foi decisión túa. 121 00:11:30,250 --> 00:11:33,000 Viches moitas cousas antes de todo o malo, 122 00:11:33,000 --> 00:11:34,500 pero eu quedei aquí. 123 00:11:34,500 --> 00:11:36,958 Tiven que encargarme cando morreu papá, 124 00:11:36,958 --> 00:11:39,166 cando mamá enfermou e cando viñeches. 125 00:11:39,166 --> 00:11:41,333 Fun eu, Burton. Todo eu. 126 00:11:41,333 --> 00:11:43,208 - E non tiña nada. - Seino. 127 00:11:43,208 --> 00:11:46,166 Nada. Non tiña nada, só os simuladores 128 00:11:46,166 --> 00:11:48,958 e un namoramento estúpido, seino. 129 00:11:48,958 --> 00:11:50,750 - Flynne. - Pero importábame, 130 00:11:50,750 --> 00:11:52,791 porque me axudaba. 131 00:11:52,791 --> 00:11:54,083 Non tiñas dereito 132 00:11:54,083 --> 00:11:57,166 a entrar no meu cuarto e dicirme esas merdas. 133 00:11:58,875 --> 00:11:59,750 Flynne! 134 00:12:00,791 --> 00:12:01,708 Flynne? 135 00:12:02,500 --> 00:12:03,375 Merda! 136 00:12:08,666 --> 00:12:09,625 Leon! 137 00:12:20,958 --> 00:12:24,250 Antes non era máis lixeiro? 138 00:12:24,250 --> 00:12:26,541 Non tiña ombreiros máis estreitos? 139 00:12:26,541 --> 00:12:29,666 Usamos o escaneo máis recente, de hai sete semanas. 140 00:12:30,041 --> 00:12:32,458 Pode que coa análise de paso e postura, 141 00:12:32,458 --> 00:12:33,875 a impresión cambie. 142 00:12:33,875 --> 00:12:36,625 - Pensaba que o fixeras. - Aínda non, señora... 143 00:12:36,625 --> 00:12:40,166 Si, por favor. Adiante. 144 00:12:59,583 --> 00:13:00,500 Mellor. 145 00:13:01,875 --> 00:13:02,708 Fala. 146 00:13:03,666 --> 00:13:06,750 Modelo X40927A 147 00:13:06,750 --> 00:13:08,541 ó seu servizo, señora. 148 00:13:09,583 --> 00:13:10,916 Programaches algo? 149 00:13:10,916 --> 00:13:12,791 Pediu un sistema limpo. 150 00:13:12,791 --> 00:13:16,500 Escáner de voz e identidade. Ocúpome eu do resto. 151 00:13:22,958 --> 00:13:23,791 Fala. 152 00:13:23,791 --> 00:13:26,541 Alégrome de vela de novo, doutora Nuland. 153 00:13:26,833 --> 00:13:28,875 Ten un ton moi agudo. 154 00:13:32,583 --> 00:13:33,416 Fala. 155 00:13:33,416 --> 00:13:35,791 Encaixa isto cos seus recordos? 156 00:13:36,916 --> 00:13:38,458 Xa me encargo eu. 157 00:13:54,291 --> 00:13:55,333 Pobre Daniel. 158 00:13:57,000 --> 00:13:57,958 Parece broma, 159 00:13:57,958 --> 00:14:01,250 pero estamos no fío da navalla, non cres? 160 00:14:01,541 --> 00:14:03,208 Iso temo, señora. 161 00:14:04,458 --> 00:14:07,458 Se te conforta, este é o modelo máis moderno. 162 00:14:07,875 --> 00:14:09,875 Só hai unhas unidades en servizo. 163 00:14:10,416 --> 00:14:13,583 Supoño que o poderías ver como unha especie de honor. 164 00:14:14,541 --> 00:14:16,458 Encántame oír iso, señora. 165 00:14:17,000 --> 00:14:21,041 Non, soas demasiado disposto. Axústao, por favor. 166 00:14:21,541 --> 00:14:24,666 Reducindo amabilidade. En que porcentaxe? 167 00:14:25,791 --> 00:14:26,916 Proba cun 20. 168 00:14:28,458 --> 00:14:30,291 Se é o que desexa. 169 00:14:31,458 --> 00:14:32,416 Marabilloso. 170 00:14:37,125 --> 00:14:38,000 Vexamos... 171 00:14:39,708 --> 00:14:42,458 Que temos do teu nefasto encontro 172 00:14:42,458 --> 00:14:44,375 coa mortalidade da outra noite? 173 00:14:45,875 --> 00:14:50,041 Wilf Netherton. Irmán adoptivo de Aelita West. 174 00:14:50,250 --> 00:14:53,000 Coñecido asociado de Lev Zubov. 175 00:14:53,500 --> 00:14:55,833 Aí está a conexión klept. Por fin. 176 00:14:56,666 --> 00:15:00,000 O que desgraciadamente complica a situación. 177 00:15:00,000 --> 00:15:03,750 Aceptarei o seu xuízo, por suposto. Aquí e sempre. 178 00:15:03,750 --> 00:15:07,250 Aínda que, neste caso particular, non estou de acordo. 179 00:15:08,791 --> 00:15:10,541 Queres matalo, non si? 180 00:15:10,541 --> 00:15:12,000 Abofé, doutora. 181 00:15:16,750 --> 00:15:19,791 Dime, onde se atopa Lev Zubov nestes intres? 182 00:15:19,791 --> 00:15:21,875 Analizando datos de localización. 183 00:15:22,666 --> 00:15:25,708 Suxeito xeolocalizado en Virginia Water. 184 00:15:27,458 --> 00:15:31,000 URXENCIAS 185 00:15:31,000 --> 00:15:32,708 Isto é unha parvada. 186 00:15:32,708 --> 00:15:33,666 Síntome ben. 187 00:15:33,666 --> 00:15:36,208 Non o parecía hai 20 minutos. Nin agora. 188 00:15:36,208 --> 00:15:37,750 Temos que ser discretos, 189 00:15:37,750 --> 00:15:39,625 non contar cousas innecesarias. 190 00:15:39,625 --> 00:15:41,083 Tiveches unha convulsión! 191 00:15:41,083 --> 00:15:43,333 Tyra Anstead tivo unha en cuarto. 192 00:15:43,333 --> 00:15:45,916 En química. Nunca lle volveu pasar. 193 00:15:45,916 --> 00:15:50,166 Tyra Anstead non usaba un casco para viaxar ó puto futuro. 194 00:15:50,166 --> 00:15:52,458 Non viaxo, transfírense datos. 195 00:15:52,458 --> 00:15:54,916 Só me vai dicir que non poña o casco. 196 00:15:54,916 --> 00:15:56,375 - Arranxarémolo. - Como? 197 00:15:56,375 --> 00:16:00,041 Non o vas volver poñer se che fai dano, e punto. 198 00:16:00,916 --> 00:16:02,000 Merda. 199 00:16:08,333 --> 00:16:10,583 - Atópaste ben? - En serio? 200 00:16:11,291 --> 00:16:13,458 Dáme algo de espazo. 201 00:16:13,458 --> 00:16:14,375 - Oe. - Que? 202 00:16:14,375 --> 00:16:15,791 Aí está Dee Dee. 203 00:16:15,791 --> 00:16:18,541 - E que? -É a prometida de Tommy. 204 00:16:18,541 --> 00:16:19,833 Iso paréceche ben? 205 00:16:19,833 --> 00:16:22,041 Miña nai, parece que... 206 00:16:22,041 --> 00:16:23,125 Lembras ós 12 anos 207 00:16:23,125 --> 00:16:26,375 cando Conner e ti ocultastes herba no ático e atopeina? 208 00:16:26,666 --> 00:16:27,500 Que pasou? 209 00:16:27,500 --> 00:16:29,791 - Tireina polo váter. - E que dixeches? 210 00:16:29,791 --> 00:16:31,791 "Non falemos disto nunca". 211 00:16:31,791 --> 00:16:35,041 Nunca saquei o tema ata hoxe, non si? 212 00:16:35,041 --> 00:16:37,250 Podes facer iso ti por min? 213 00:16:37,250 --> 00:16:38,166 Por favor. 214 00:16:45,125 --> 00:16:46,541 Vouche ser honesta: 215 00:16:46,541 --> 00:16:48,583 temos un pequeno misterio. 216 00:16:48,916 --> 00:16:52,666 Pola descrición de Burton, soa á clásica crise tónico-clónica, 217 00:16:52,666 --> 00:16:54,750 ó que antes lle chamaban grand mal, 218 00:16:54,750 --> 00:16:59,125 pero, se fose o caso, tería que ver os efectos no teu EEG, 219 00:16:59,125 --> 00:17:00,416 e non hai nada. 220 00:17:00,416 --> 00:17:03,125 Ten un aspecto perfectamente san. 221 00:17:03,125 --> 00:17:07,000 Ademais, as tónico-clónicas adoitan ter unha fase postictal 222 00:17:07,000 --> 00:17:09,625 de sono profundo, confusión e amnesia, 223 00:17:09,625 --> 00:17:12,500 pero dis que espertaches e viñeches aquí? 224 00:17:13,291 --> 00:17:14,916 Pasa algo máis na túa vida? 225 00:17:14,916 --> 00:17:17,083 Novidades? Algo fóra do normal? 226 00:17:18,458 --> 00:17:20,291 Xogou cun novo simulador. 227 00:17:21,875 --> 00:17:23,000 Falas de RV? 228 00:17:24,375 --> 00:17:26,375 Algo máis elaborado. 229 00:17:26,375 --> 00:17:28,666 Unha experiencia de corpo enteiro. 230 00:17:28,666 --> 00:17:30,083 É un casco novo. 231 00:17:30,083 --> 00:17:31,083 Como se chama? 232 00:17:32,250 --> 00:17:34,750 A tecnoloxía. Podo buscar estudos. 233 00:17:34,750 --> 00:17:37,041 Creo que aínda non ten nome. 234 00:17:38,666 --> 00:17:41,458 - De onde vén? - Dunha empresa colombiana. 235 00:17:43,083 --> 00:17:45,208 É unha longa historia, a verdade. 236 00:17:49,458 --> 00:17:50,375 Vale. 237 00:17:50,625 --> 00:17:52,708 Pois deixa de usalo. 238 00:17:53,166 --> 00:17:54,875 Sácao da cabeza, 239 00:17:55,250 --> 00:17:56,666 por dicilo así. 240 00:17:57,916 --> 00:18:02,125 Fareiche unha analítica e dareiche cita para un TAC no Hefty Mart. 241 00:18:02,916 --> 00:18:03,750 Vale. 242 00:18:03,750 --> 00:18:05,458 Mentres, descansa, 243 00:18:05,458 --> 00:18:07,708 bebe, o de sempre. 244 00:18:07,708 --> 00:18:09,791 Chámame se pasa algo estraño. 245 00:18:09,791 --> 00:18:13,708 E con iso refírome a calquera cousa, vale? 246 00:18:14,083 --> 00:18:16,375 Claro, Dee Dee. Grazas. 247 00:18:19,708 --> 00:18:21,500 Burton, fasme o favor 248 00:18:21,500 --> 00:18:24,750 de pasarme o contacto desa empresa colombiana? 249 00:18:24,750 --> 00:18:27,041 Quero chamalos polo do casco. 250 00:18:55,208 --> 00:18:57,750 - Creo que falaba de calquera casco. - Hostia. 251 00:18:58,625 --> 00:19:02,375 Pode ser, pero non foi o que dixo. 252 00:19:02,375 --> 00:19:04,208 E que vas facer agora? 253 00:19:04,208 --> 00:19:06,708 Quere o nome da empresa. 254 00:19:06,708 --> 00:19:08,208 Evitalo e atrasalo. 255 00:19:08,208 --> 00:19:11,041 O que mellor se me dá, segundo algunhas persoas. 256 00:19:13,458 --> 00:19:15,166 Non debemos dicirllo. 257 00:19:15,166 --> 00:19:17,750 Ten moito no que pensar coa clínica. 258 00:19:17,750 --> 00:19:21,125 Algo fantástico para destruír a capacidade de atención. 259 00:19:22,791 --> 00:19:25,000 - A que xogas? - A nada. 260 00:19:25,000 --> 00:19:27,833 Só miraba un vídeo caseiro. 261 00:19:29,833 --> 00:19:30,833 Cal? 262 00:19:32,416 --> 00:19:33,875 Un dos antigos. 263 00:19:47,583 --> 00:19:48,750 Escoita. 264 00:19:51,750 --> 00:19:52,875 Perdón. 265 00:19:56,791 --> 00:19:57,791 Por que? 266 00:20:00,416 --> 00:20:02,625 Vanche escanear o puto cerebro. 267 00:20:03,541 --> 00:20:05,125 Empezamos por aí 268 00:20:05,125 --> 00:20:06,833 e despois seguimos 269 00:20:06,833 --> 00:20:09,375 ata non ter nada polo que desculparme? 270 00:20:09,375 --> 00:20:11,791 Xa, Burton, pero mamá volve ver. 271 00:20:11,791 --> 00:20:13,750 Vas desculparte por iso tamén? 272 00:20:15,333 --> 00:20:16,875 Falo de ti, Flynne. 273 00:20:20,666 --> 00:20:22,458 Fun a Londres, Burton. 274 00:20:24,958 --> 00:20:27,083 Ata visitei o futuro. 275 00:20:30,000 --> 00:20:32,041 Nada do malo que está a pasar 276 00:20:34,041 --> 00:20:38,291 pode compararse co que sinto ó ir alí. 277 00:20:39,166 --> 00:20:41,250 Non tes idea do máxico que é. 278 00:20:42,458 --> 00:20:44,416 Todo vai ben, vale? Non sufras. 279 00:20:45,125 --> 00:20:46,791 Non tes que pedir perdón. 280 00:20:58,166 --> 00:21:01,166 Non digo que non o poidas facer, 281 00:21:01,166 --> 00:21:04,708 pero, se o fas, máis che vale ter unha boa razón. 282 00:21:04,708 --> 00:21:08,250 E "ver como é" non é unha boa razón. 283 00:21:08,250 --> 00:21:10,041 Pero é que quero ver como é. 284 00:21:10,041 --> 00:21:12,208 Seino. A min tampouco me importaría, 285 00:21:12,208 --> 00:21:14,791 pero non podemos terte tirado, 286 00:21:14,791 --> 00:21:17,500 batendo cos pés no chan e escumando pola boca 287 00:21:17,500 --> 00:21:19,666 con efectos imprevisibles... 288 00:21:19,666 --> 00:21:21,416 Se isto lle fixo dano a Flynne, 289 00:21:21,791 --> 00:21:23,500 alguén ten que ir 290 00:21:23,500 --> 00:21:26,333 a cantarlles as corenta a eses cabróns. 291 00:21:26,333 --> 00:21:28,458 Existen os teléfonos. 292 00:21:28,458 --> 00:21:29,791 En persoa, Leon. 293 00:21:29,791 --> 00:21:32,666 Mala forma de dicilo, pero enténdote. 294 00:21:32,666 --> 00:21:34,541 Fisicamente. Nun corpo. 295 00:21:34,916 --> 00:21:37,250 Baténdome cos seus se fai falla. 296 00:21:37,250 --> 00:21:40,333 Ten unha reunión agora. É o mellor momento. 297 00:21:40,333 --> 00:21:41,750 Podemos sorprendelos. 298 00:21:41,750 --> 00:21:46,125 Parece que non queres oír isto, pero se quedas ferido, estamos... 299 00:21:46,125 --> 00:21:48,208 Ten un corpo ó entrar aí? 300 00:21:49,250 --> 00:21:50,250 Un de verdade? 301 00:22:08,250 --> 00:22:09,416 Síntoo. 302 00:22:09,833 --> 00:22:10,708 O que? 303 00:22:11,750 --> 00:22:13,000 Molestarte. 304 00:22:13,000 --> 00:22:14,666 É inescusable, non si? 305 00:22:15,125 --> 00:22:17,541 Interromperme mentres bebo o té. 306 00:22:28,958 --> 00:22:32,916 Vas pola casa cuns modais sorprendentemente felinos, Wilf. 307 00:22:33,958 --> 00:22:36,125 Sempre saes da habitación cando entro. 308 00:22:39,208 --> 00:22:43,250 Teño que confesar que atopo pouco atractivo 309 00:22:43,250 --> 00:22:45,083 que fuxas continuamente. 310 00:22:45,875 --> 00:22:49,416 Parece sospeitoso. Coma se non puidésemos confiar en ti. 311 00:22:50,208 --> 00:22:54,875 Pero entón, por casualidade, fun con Lev a un club abxecto. 312 00:22:55,375 --> 00:22:57,166 E vímoste alí a bailar. 313 00:22:58,833 --> 00:23:02,208 E deime conta de que, o que tomaba por fuxidas, en realidade 314 00:23:02,208 --> 00:23:04,333 era outra forma de danza. 315 00:23:04,333 --> 00:23:07,791 De liberarte das ataduras. 316 00:23:08,875 --> 00:23:11,041 Porque é o que temes, non si? 317 00:23:11,041 --> 00:23:12,791 Que alguén te agarre, 318 00:23:13,250 --> 00:23:15,083 literal ou metaforicamente. 319 00:23:18,125 --> 00:23:19,166 Baila comigo. 320 00:23:21,375 --> 00:23:22,291 Perdón? 321 00:23:22,291 --> 00:23:23,708 Consínteme isto. 322 00:23:25,000 --> 00:23:28,291 Só un momento e deixo de atormentarte. 323 00:23:31,625 --> 00:23:32,750 Prométoo. 324 00:24:29,458 --> 00:24:31,166 Perdoa. Asusteite? 325 00:24:32,166 --> 00:24:35,500 Tes moita fe no teu monitor de perímetro. 326 00:24:35,875 --> 00:24:36,708 Podo? 327 00:24:43,125 --> 00:24:45,500 Normalmente non veño sen anunciarme, 328 00:24:45,500 --> 00:24:49,250 pero quería ter un momento a soas contigo, Lev. 329 00:24:49,250 --> 00:24:50,625 Podo chamarche Lev? 330 00:24:52,208 --> 00:24:53,958 Podo chamarche Cherise? 331 00:24:54,583 --> 00:24:55,458 Prefiro que non. 332 00:24:57,791 --> 00:24:59,208 Roubáchesme algo. 333 00:25:00,000 --> 00:25:01,333 Non sei de que falas. 334 00:25:01,333 --> 00:25:05,000 Aelita West. Canto lle pagabas? 335 00:25:07,250 --> 00:25:10,000 Se teoricamente alguén roubase algo, 336 00:25:10,541 --> 00:25:12,875 o primeiro sería falar coa policía. 337 00:25:13,708 --> 00:25:16,375 A non ser que non queiras que saiba nada 338 00:25:16,375 --> 00:25:20,458 deste obxecto teoricamente roubado. 339 00:25:23,291 --> 00:25:25,708 Que é o que che falta? 340 00:25:27,208 --> 00:25:29,833 Sabes? Acusaríache de facer o parvo, 341 00:25:29,833 --> 00:25:34,666 pero ultimamente pareces esquecer bastante información vital. 342 00:25:34,666 --> 00:25:37,583 Incluida a realpolitik que nos goberna. 343 00:25:38,333 --> 00:25:42,291 Repasamos un pouco o tema? 344 00:25:45,083 --> 00:25:47,833 Vivimos nunha casa con tres paredes. 345 00:25:49,833 --> 00:25:54,541 A oligarquía klept, aplicando violencia extrema, 346 00:25:54,541 --> 00:25:57,875 conseguiu poñer orde no caos do jackpot. 347 00:25:57,875 --> 00:26:02,125 Agora, a cambio de ter a man aberta e mirar para outro lado 348 00:26:02,125 --> 00:26:04,416 na busca libre de beneficios, 349 00:26:05,000 --> 00:26:07,083 axuda a manter a orde. 350 00:26:09,041 --> 00:26:11,500 A policía impide que os klepts saian 351 00:26:11,500 --> 00:26:14,916 de certos límites implícitos. 352 00:26:16,125 --> 00:26:22,125 O Centro de Investigación desfruta da paz e da prosperidade resultante 353 00:26:22,125 --> 00:26:25,375 e a cambio ofrece a asistencia técnica que precisa 354 00:26:25,375 --> 00:26:27,333 a sociedade para progresar. 355 00:26:28,625 --> 00:26:32,375 Logramos construír un edificio marabilloso. 356 00:26:32,375 --> 00:26:35,583 Pero tamén é bastante feble. 357 00:26:39,791 --> 00:26:42,166 - E que é o teito? - Unha metáfora. 358 00:26:43,125 --> 00:26:46,666 O que nos esmagaría a todos 359 00:26:46,666 --> 00:26:49,666 se unha das paredes se sae do sitio. 360 00:26:50,375 --> 00:26:51,500 Noutras palabras... 361 00:26:53,500 --> 00:26:55,125 A fin do mundo, Lev. 362 00:26:56,500 --> 00:26:57,541 Vaia. 363 00:26:59,875 --> 00:27:02,541 Na túa descrición dos klepts faltaba algo. 364 00:27:03,250 --> 00:27:08,000 Mencionaches o uso de violencia extrema, 365 00:27:08,000 --> 00:27:11,083 pero diso había dabondo durante o jackpot. 366 00:27:11,583 --> 00:27:14,541 Os klepts só tiveron éxito onde outros fracasaron 367 00:27:14,541 --> 00:27:18,083 cunha especie de unidade tribal atávica. 368 00:27:18,083 --> 00:27:21,208 Se atacas a un de nós, atácasnos a todos. 369 00:27:21,708 --> 00:27:23,458 E sofres en consecuencia. 370 00:27:24,541 --> 00:27:27,583 Seguro que podes expresalo de forma máis elocuente 371 00:27:27,583 --> 00:27:31,958 coa axuda da miña tosta. 372 00:27:35,791 --> 00:27:39,125 Que andabas a mirar cando cheguei? 373 00:27:40,208 --> 00:27:45,750 Miña muller, como seguro que sabes, é da familia Zolotov. 374 00:27:45,750 --> 00:27:49,500 Poderíase dicir que son os depredadores alfa dos klepts. 375 00:27:49,500 --> 00:27:53,125 Se Dominika desexa xogar coa mascota da familia, 376 00:27:53,125 --> 00:27:54,958 quen son eu para cuestionala? 377 00:27:54,958 --> 00:27:57,250 E así como ves a Netherton? 378 00:27:58,916 --> 00:28:00,958 Quero moito as miñas mascotas. 379 00:28:02,041 --> 00:28:04,291 Son moito máis fiables que os amigos. 380 00:28:08,500 --> 00:28:12,875 Yuri Samsonov era amigo teu, non? 381 00:28:14,250 --> 00:28:18,250 Pobre. O seu destino foi tráxico. 382 00:28:19,625 --> 00:28:25,083 Pero tamén un exemplo relevante para a nosa casa de tres paredes. 383 00:28:25,625 --> 00:28:28,291 Yuri Samsonov pasou da raia. 384 00:28:28,291 --> 00:28:32,083 A policía resolveu o problema coa asistencia técnica do CI, 385 00:28:32,083 --> 00:28:33,166 pero... 386 00:28:34,083 --> 00:28:36,750 Foron os klepts os que entregaron a Yuri. 387 00:28:37,916 --> 00:28:41,750 Alguén en quen confiaba. Un bico na meixela. 388 00:28:44,166 --> 00:28:47,250 Sabes como o conseguiu o CI? 389 00:28:48,750 --> 00:28:53,916 Cun enxame de montadores, axustados para buscar o ADN de Samsonov. 390 00:28:53,916 --> 00:28:57,750 Comeron toda a liñaxe ata non deixar nada. 391 00:29:00,958 --> 00:29:04,125 Podo sentir os teus pensamentos, Lev. 392 00:29:06,125 --> 00:29:07,291 Podes de verdade? 393 00:29:07,291 --> 00:29:08,875 Iso espero. 394 00:29:09,541 --> 00:29:12,375 Espero que penses: "Que arma máis poderosa. 395 00:29:12,375 --> 00:29:16,041 "E pasou anos no CI, sen usarse, 396 00:29:16,041 --> 00:29:20,333 esperando pola seguinte mostra de ADN". 397 00:29:32,375 --> 00:29:33,541 Pensa niso, Lev. 398 00:29:36,875 --> 00:29:38,083 Que teñas un bo día. 399 00:29:55,708 --> 00:29:57,291 Que está a facer, Wilf? 400 00:29:59,000 --> 00:30:00,833 Nada de fuxir bailando. 401 00:30:01,791 --> 00:30:06,583 Nisto, podes ser o meu aliado ou o meu inimigo. Ti decides. 402 00:30:07,458 --> 00:30:11,250 Asegúroche que ser o meu inimigo 403 00:30:12,041 --> 00:30:13,500 non é un camiño fácil. 404 00:30:26,416 --> 00:30:27,416 Flynne? 405 00:30:49,583 --> 00:30:50,916 E ti quen cona es? 406 00:30:51,791 --> 00:30:53,750 Ossian, sube. Xa! 407 00:31:06,125 --> 00:31:07,250 Que ocorre? 408 00:31:07,666 --> 00:31:09,000 Os putos polts. 409 00:31:09,000 --> 00:31:10,416 Piratearon a conexión. 410 00:31:10,416 --> 00:31:11,375 Flynne? 411 00:31:11,375 --> 00:31:13,375 Un amigo do irmán. O amputado. 412 00:31:13,791 --> 00:31:14,833 Vai ó portal. 413 00:31:26,750 --> 00:31:28,541 - Estás ben, meu? - Ei, Conner. 414 00:31:28,541 --> 00:31:30,583 Ei, estamos aquí contigo. 415 00:31:30,583 --> 00:31:32,708 Que precisas? Dínolo. 416 00:31:36,666 --> 00:31:37,833 Mandádeme de volta. 417 00:31:41,208 --> 00:31:42,250 Mandádeme. 418 00:31:48,833 --> 00:31:50,416 Truco ou trato! 419 00:32:15,000 --> 00:32:17,333 Isto é privado, señor Netherton. 420 00:32:19,083 --> 00:32:20,916 Non recordo invitalo aquí. 421 00:32:21,166 --> 00:32:22,791 Non sabía que... 422 00:32:23,333 --> 00:32:25,000 Arranxouno Ash. Síntoo. 423 00:32:25,000 --> 00:32:27,375 Quería falar de certos problemas. 424 00:32:30,000 --> 00:32:30,875 Podo? 425 00:32:33,625 --> 00:32:34,625 Claro. 426 00:32:44,541 --> 00:32:45,541 Que é isto? 427 00:32:46,333 --> 00:32:47,625 Un vídeo caseiro. 428 00:32:51,333 --> 00:32:52,625 Gravouno miña nai. 429 00:32:52,625 --> 00:32:55,458 Hai unha empresa que os converte en simuladores. 430 00:32:57,458 --> 00:32:58,416 Es esa? 431 00:32:59,041 --> 00:32:59,875 Eu, 432 00:33:00,625 --> 00:33:01,541 Burton 433 00:33:01,958 --> 00:33:03,250 e ese é meu pai. 434 00:33:04,625 --> 00:33:07,208 - Leva a túa chaqueta? - Non. 435 00:33:09,625 --> 00:33:10,833 Eu levo a súa. 436 00:33:14,458 --> 00:33:15,791 Burton parécese a el. 437 00:33:16,416 --> 00:33:20,416 Si, e gústalle presumir diso. 438 00:33:20,416 --> 00:33:23,166 O de rirse dos que queres é característico 439 00:33:23,166 --> 00:33:24,541 da vosa rexión. 440 00:33:24,541 --> 00:33:26,583 Por que pensas que o quero? 441 00:33:26,583 --> 00:33:27,500 Non o fas? 442 00:33:28,375 --> 00:33:29,666 Claro que si. 443 00:33:30,375 --> 00:33:31,458 É o meu irmán. 444 00:33:34,625 --> 00:33:36,166 Faría o que sexa por el. 445 00:33:40,291 --> 00:33:41,791 Tes irmáns? 446 00:33:42,375 --> 00:33:43,375 Unha irmá. 447 00:33:43,916 --> 00:33:46,250 Entón supoño que o entendes. 448 00:33:52,500 --> 00:33:55,166 E cales son estes problemas que xurdiron? 449 00:33:57,333 --> 00:34:00,541 O teu amigo veunos visitar. Conner. 450 00:34:00,541 --> 00:34:03,666 - Como? - Si. Co teu periférico. 451 00:34:04,583 --> 00:34:06,375 Informounos da túa convulsión. 452 00:34:07,583 --> 00:34:08,541 Merda. 453 00:34:09,166 --> 00:34:11,416 Cre que a provocou o casco. 454 00:34:12,625 --> 00:34:14,250 E viñeches dicirme que non. 455 00:34:14,250 --> 00:34:16,125 Non teño nin idea. 456 00:34:17,750 --> 00:34:20,500 Esta puido ser a primeira vez na que estou 457 00:34:20,500 --> 00:34:23,125 cen por cen segura de que non me mentiches. 458 00:34:23,125 --> 00:34:24,041 Vaia... 459 00:34:24,750 --> 00:34:25,583 Wilfred. 460 00:34:29,500 --> 00:34:31,208 Investigueino, por certo. 461 00:34:31,833 --> 00:34:34,166 Significa "o que busca a paz". 462 00:34:34,666 --> 00:34:35,666 Sabíalo? 463 00:34:37,000 --> 00:34:39,000 E investiguei máis cousas. 464 00:34:41,708 --> 00:34:43,208 Non atopei moito, 465 00:34:43,208 --> 00:34:47,666 só que existe un Lev Zubov na miña época, 466 00:34:48,916 --> 00:34:52,708 pero imaxino que é un nome común onde naceu o teu xefe. 467 00:34:54,708 --> 00:34:55,958 Que atopaches? 468 00:34:56,416 --> 00:34:57,541 Cousas da mafia. 469 00:34:58,500 --> 00:35:03,416 Asasinárono a tiros xunto coa muller, os fillos e unha filla. 470 00:35:03,916 --> 00:35:05,708 Incendiaron a casa. 471 00:35:05,708 --> 00:35:07,166 Todo bastante noxento. 472 00:35:07,833 --> 00:35:09,458 Está relacionado co teu Lev? 473 00:35:10,666 --> 00:35:11,583 En absoluto. 474 00:35:17,583 --> 00:35:18,791 Fai a resonancia. 475 00:35:18,791 --> 00:35:20,791 Nós investigaremos o casco. 476 00:35:20,791 --> 00:35:24,500 Só che pediremos que volvas se é seguro. Prométocho. 477 00:35:24,958 --> 00:35:26,541 Sempre prometendo. 478 00:35:26,541 --> 00:35:27,666 En serio. 479 00:35:28,666 --> 00:35:31,500 A verdade dúas veces na mesma conversación. 480 00:35:32,833 --> 00:35:35,333 Coidado, Wilf. Poderías acostumarte. 481 00:35:46,500 --> 00:35:48,583 Hai algo que non che dixen. 482 00:35:49,291 --> 00:35:50,250 Aelita. 483 00:35:52,041 --> 00:35:53,083 É a miña irmá. 484 00:36:30,291 --> 00:36:31,875 Vin ver a Lev Zubov. 485 00:36:31,875 --> 00:36:33,541 Poña isto, señor. 486 00:36:57,083 --> 00:36:58,875 Iso foi necesario? 487 00:37:00,125 --> 00:37:01,916 A algúns dos membros antigos 488 00:37:01,916 --> 00:37:04,625 non lles gusta que os intrusos os vexan. 489 00:37:07,791 --> 00:37:10,000 Asumo que tes algunha razón para vir. 490 00:37:10,250 --> 00:37:11,166 Eu... 491 00:37:11,958 --> 00:37:13,458 Fun falar coa polt. 492 00:37:15,541 --> 00:37:17,666 Compartiu información inesperada. 493 00:37:24,458 --> 00:37:27,125 A túa familia do coto. 494 00:37:27,833 --> 00:37:28,958 Todos. 495 00:37:31,125 --> 00:37:32,208 Matáronos. 496 00:37:33,291 --> 00:37:34,666 Hai unhas semanas. 497 00:37:34,958 --> 00:37:35,958 Brutalmente. 498 00:37:42,291 --> 00:37:44,875 Perdoa, perdoa. 499 00:37:45,458 --> 00:37:49,958 É que esquezo o bo que es. 500 00:37:50,916 --> 00:37:52,000 Quizais ti tamén. 501 00:37:52,791 --> 00:37:54,500 Preocúpame un pouco 502 00:37:54,500 --> 00:37:57,083 esa brandura interior túa. 503 00:37:57,083 --> 00:37:59,333 Alguén foi por eles, Lev. 504 00:37:59,333 --> 00:38:01,250 E penso que de aquí. 505 00:38:08,416 --> 00:38:11,375 Por que cres que lle estaba a pagar a Aelita? 506 00:38:11,375 --> 00:38:12,666 Non teño nin idea. 507 00:38:12,666 --> 00:38:16,208 Deixaches claro que non era da miña incumbencia. 508 00:38:16,208 --> 00:38:18,833 Queriamos descubrir como abrir un. 509 00:38:18,833 --> 00:38:20,833 Por que queren os klepts un coto? 510 00:38:20,833 --> 00:38:23,125 Polo mesmo que todo: polo diñeiro. 511 00:38:23,125 --> 00:38:25,291 Nun coto? Como? 512 00:38:25,875 --> 00:38:28,166 O único límite é a túa imaxinación. 513 00:38:29,291 --> 00:38:31,333 E a túa ética, supoño. 514 00:38:35,166 --> 00:38:36,125 Pon un exemplo. 515 00:38:38,208 --> 00:38:41,666 Meu irmán Alexei comprou unha empresa farmacéutica. 516 00:38:41,666 --> 00:38:45,833 Ata con IA, hai que probar as medicinas en poboación humana, 517 00:38:45,833 --> 00:38:50,791 un proceso que a ética médica fai bastante aburrido. E custoso. 518 00:38:50,791 --> 00:38:53,041 E probástelo nun coto? 519 00:38:53,041 --> 00:38:54,750 Só era un exemplo. 520 00:38:54,750 --> 00:38:58,333 Como dixen, as posibilidades son esencialmente infinitas. 521 00:39:00,625 --> 00:39:02,750 Pero había algo que me preocupaba. 522 00:39:03,416 --> 00:39:07,875 A idea da existencia doutras versións de min noutro mundo. 523 00:39:08,458 --> 00:39:10,375 Ese nihilismo existencial. 524 00:39:11,666 --> 00:39:13,166 Non podía permitilo. 525 00:39:16,208 --> 00:39:17,833 Mataches a túa familia? 526 00:39:17,833 --> 00:39:19,791 Non, non persoalmente, claro. 527 00:39:19,791 --> 00:39:22,625 Transferín fondos e contratei persoal axeitado. 528 00:39:22,625 --> 00:39:25,958 E vouche dicir algo, Wilf: sentinme mellor. 529 00:39:26,500 --> 00:39:27,583 No intre. 530 00:39:28,291 --> 00:39:31,875 De feito, cando teñamos a capacidade de abrilos nós, 531 00:39:31,875 --> 00:39:34,291 sempre será a miña primeira tarefa. 532 00:39:34,916 --> 00:39:37,166 Ofreceríache ocuparme da túa liñaxe, 533 00:39:37,166 --> 00:39:41,750 pero sei que a túa orixe é un pouco máis túrbida. 534 00:39:47,083 --> 00:39:49,333 Querías contarme algo máis? 535 00:39:52,708 --> 00:39:53,541 Non. 536 00:39:53,541 --> 00:39:56,833 Pois será mellor que volvas poñer iso e te vaias. 537 00:40:50,125 --> 00:40:52,458 E Oswald? 538 00:40:52,458 --> 00:40:53,500 Deus. 539 00:40:54,000 --> 00:40:56,708 Perry? Travantine? 540 00:40:57,708 --> 00:40:59,916 Perry a de Álxebra ou a de Química? 541 00:41:00,625 --> 00:41:05,541 Hostia, esquecera a de Química. Nunca tiven con ela. Nin recordo a cara. 542 00:41:06,208 --> 00:41:09,125 Merda, Burton. A parte de foder é fácil, non? 543 00:41:10,708 --> 00:41:12,041 Travantine, verdade? 544 00:41:12,041 --> 00:41:13,625 Pois claro. Miña naiciña. 545 00:41:13,625 --> 00:41:16,541 Entón, supoño que casaría con Oswald. 546 00:41:17,666 --> 00:41:19,791 Ten como 90 anos, tío. 547 00:41:19,791 --> 00:41:23,583 Xa o sei, pero Perry foi a que me animou a alistarme. 548 00:41:24,583 --> 00:41:26,541 Dixo que lamentaría rexeitalo. 549 00:41:27,083 --> 00:41:27,916 A hostia. 550 00:41:28,416 --> 00:41:31,750 Que podería facer o ben, ver mundo e toda esa merda. 551 00:41:32,333 --> 00:41:34,291 Deume todo o discurso. 552 00:41:34,291 --> 00:41:36,041 Pensaba que era teu. 553 00:41:36,041 --> 00:41:40,041 Si, saqueino dela e contéivolo a ti e ó resto de inocentiños. 554 00:41:40,041 --> 00:41:42,916 Vale. Entón ela morre. 555 00:41:45,166 --> 00:41:46,916 A xente educada peta. 556 00:41:46,916 --> 00:41:49,791 Esa xente asustaríase 557 00:41:49,791 --> 00:41:51,500 con ese xogo tan raro. 558 00:41:51,500 --> 00:41:53,333 Non nos estaría a espiar. 559 00:41:53,333 --> 00:41:56,791 - Non creo... - Pero queredes calar? 560 00:41:58,458 --> 00:41:59,291 Por favor. 561 00:42:05,500 --> 00:42:06,416 Grazas. 562 00:42:06,916 --> 00:42:08,833 Viñeches por algo 563 00:42:08,833 --> 00:42:10,708 ou só para tocar os collóns? 564 00:42:11,833 --> 00:42:13,916 Viña a pedir consello, a verdade. 565 00:42:16,666 --> 00:42:19,708 Sabes Aelita? 566 00:42:19,708 --> 00:42:21,833 A que nos contratou nun principio? 567 00:42:22,166 --> 00:42:24,750 Atopamos onde vivía 568 00:42:24,750 --> 00:42:25,958 e tiña un... 569 00:42:27,750 --> 00:42:30,833 un diorama da nosa casa, 570 00:42:32,375 --> 00:42:33,833 con este tráiler. 571 00:42:34,875 --> 00:42:36,250 E todos vós. 572 00:42:37,750 --> 00:42:40,625 Unha morea de soldadiños. 573 00:42:40,875 --> 00:42:44,208 Leon, Reece, Carlos, todos, a unidade enteira. 574 00:42:44,875 --> 00:42:46,791 Así que non sei 575 00:42:47,416 --> 00:42:49,291 que facer con todo iso. 576 00:42:52,375 --> 00:42:55,625 Cando mandaron o casco, dixeron que era un simulador. 577 00:42:56,375 --> 00:42:57,208 E? 578 00:42:57,833 --> 00:43:00,083 Nunca vin un que non puideses dominar. 579 00:43:00,083 --> 00:43:03,166 Burton, a cousa é que non é un simulador. 580 00:43:03,166 --> 00:43:04,666 Pero ti pensabas que si. 581 00:43:06,416 --> 00:43:08,125 E se seguises a facelo? 582 00:43:09,125 --> 00:43:11,125 Como Conner co seu xadrez. 583 00:43:11,125 --> 00:43:13,916 Fai movementos que o poñen todo en acción. 584 00:43:14,708 --> 00:43:16,083 Como lle chamas a iso? 585 00:43:16,083 --> 00:43:18,416 - Gambitos. - Gambitos, iso. 586 00:43:21,000 --> 00:43:22,625 Cal é o teu, Flynne? 587 00:43:23,291 --> 00:43:25,541 Que é o primeiro que fas nun sim? 588 00:43:25,541 --> 00:43:29,125 Romper o guión. Fago o contrario do que se espera. 589 00:43:29,125 --> 00:43:30,333 E que pasa? 590 00:43:31,875 --> 00:43:33,083 Morro moito. 591 00:43:33,083 --> 00:43:34,583 Parezo estúpida. 592 00:43:34,583 --> 00:43:35,833 E entón? 593 00:43:35,833 --> 00:43:37,250 Descubro as normas. 594 00:43:37,833 --> 00:43:38,750 E entón? 595 00:43:40,458 --> 00:43:43,208 - Tomo o control. - Iso é, hostia. 596 00:43:43,208 --> 00:43:46,583 Xeo fácil. Fagámolo. 597 00:43:46,583 --> 00:43:49,000 Ti mais eu. Entramos 598 00:43:49,750 --> 00:43:50,958 e morremos. 599 00:43:50,958 --> 00:43:53,000 Non sen min, cabróns. Desta non. 600 00:43:53,583 --> 00:43:57,375 Cantos máis sexamos, menos posibilidades de perder. 601 00:43:57,375 --> 00:43:58,958 Tácticas básicas. 602 00:43:58,958 --> 00:44:01,583 Es un troleiro, Burton. Só queres velo. 603 00:44:02,791 --> 00:44:04,041 E que? 604 00:44:04,875 --> 00:44:05,750 Non importa. 605 00:44:05,750 --> 00:44:08,833 Ti non vas volver entrar mentres teñas convulsións. 606 00:44:09,750 --> 00:44:11,166 Xa non teño. 607 00:44:11,166 --> 00:44:13,250 Dá igual ata que vexamos o TAC. 608 00:44:13,250 --> 00:44:14,583 Síntome ben. 609 00:44:18,291 --> 00:44:22,750 Quero volver, Burton, vale? Teño que volver. 610 00:44:24,250 --> 00:44:26,375 Ti chama a Macon e Edward se queres. 611 00:44:27,291 --> 00:44:29,000 Non temos tempo que perder. 612 00:44:29,000 --> 00:44:32,375 Canto cres que temos ata que volvan tentar matarnos? 613 00:44:32,375 --> 00:44:33,416 Como tes a man? 614 00:44:33,416 --> 00:44:34,708 Todo normal. 615 00:44:35,625 --> 00:44:36,750 Vale? Xa cho dixen. 616 00:44:38,750 --> 00:44:40,125 Buscareivos corpos. 617 00:44:42,250 --> 00:44:43,208 Ós dous. 618 00:45:06,833 --> 00:45:07,791 Que pasa? 619 00:45:13,125 --> 00:45:14,083 E teu pai? 620 00:45:15,958 --> 00:45:16,875 Flynne? 621 00:45:17,541 --> 00:45:19,583 Nenos, entrade. Xa. 622 00:45:22,500 --> 00:45:25,041 Úsanme como xoguete cando non estou aquí? 623 00:45:25,041 --> 00:45:26,458 Precisaban alguén. 624 00:45:26,458 --> 00:45:28,916 Non parecía perigoso. Pídoche perdón. 625 00:45:28,916 --> 00:45:30,333 Que fas aquí? 626 00:45:30,333 --> 00:45:32,500 Canto tempo leva facer un destes? 627 00:45:32,500 --> 00:45:33,500 Por que? 628 00:45:33,500 --> 00:45:37,958 Porque preciso un para Conner. E outro para Burton. 629 00:45:39,666 --> 00:45:40,541 Onde vas? 630 00:45:41,416 --> 00:45:43,625 Os jockeis temos especialidades. 631 00:45:44,458 --> 00:45:46,541 Acadar logros, explorar, matar... 632 00:45:46,541 --> 00:45:50,583 Eu son exploradora, Ash. Penso que é bo momento para comezar. 633 00:45:53,291 --> 00:45:54,208 Desconéctaa. 634 00:45:54,208 --> 00:45:57,208 Estou niso, querida, pero os polts están a loitar. 635 00:45:57,625 --> 00:45:59,250 E con bastante habilidade. 636 00:46:07,791 --> 00:46:10,250 - Vaise. - Pois síguea, non cres? 637 00:46:10,250 --> 00:46:11,625 Onde está Zubov? 638 00:46:11,625 --> 00:46:15,500 Onde sexa, cabrearase se un polt se vai de paseo. 639 00:46:16,208 --> 00:46:18,041 Se a policía a volve atopar, 640 00:46:18,041 --> 00:46:20,041 podería ser a nosa fin. 641 00:46:20,041 --> 00:46:21,416 A de todos, querida. 642 00:46:22,291 --> 00:46:23,291 Alértao. 643 00:46:25,291 --> 00:46:27,833 Isto é unha parvada, Flynne. 644 00:46:27,833 --> 00:46:29,583 Podo amosarche a cidade... 645 00:46:29,583 --> 00:46:31,958 E ensinarme o que queiras? Non, grazas. 646 00:46:31,958 --> 00:46:34,333 Iso non é explorar, non cres? 647 00:46:34,333 --> 00:46:36,458 Podes explicar o teu obxectivo? 648 00:46:36,458 --> 00:46:38,333 Ver o que non me amosastes. 649 00:46:38,333 --> 00:46:41,291 Asegúroche que non hai nada... 650 00:46:41,291 --> 00:46:43,500 Mírame ós ollos cando dis iso. 651 00:46:43,875 --> 00:46:46,708 Quero ver a túa expresión ó mentirme. 652 00:46:46,708 --> 00:46:48,958 Sinto a interrupción, señor Zubov, 653 00:46:48,958 --> 00:46:52,333 pero temos un problema bastante urxente. 654 00:46:52,333 --> 00:46:54,750 A polt fixo unha visita non programada. 655 00:46:54,750 --> 00:46:56,875 Pode que faga falla Netherton. 656 00:46:56,875 --> 00:46:58,250 Mándoo agora. 657 00:46:58,250 --> 00:47:02,375 Aquí non. Está indo cara a Paddington neste momento. 658 00:47:04,625 --> 00:47:07,166 Aínda que parece ir cambiando. 659 00:47:07,416 --> 00:47:10,083 Non fodas, Ossian. Corta a conexión. 660 00:47:10,083 --> 00:47:12,541 Unha idea brillante, señor. 661 00:47:12,541 --> 00:47:14,166 Estamos traballando niso, 662 00:47:14,166 --> 00:47:17,625 pero, mentres tanto, se pode enviar a Netherton... 663 00:47:18,333 --> 00:47:20,833 Pero serás cabrón! 664 00:47:22,000 --> 00:47:23,083 Vostede non. 665 00:47:27,875 --> 00:47:29,875 - Non tes que facer iso. - Teño. 666 00:47:29,875 --> 00:47:32,416 Estás a complicarte. Só manteno á raia. 667 00:47:32,416 --> 00:47:35,166 Coñezo as loitas de piratas e nunca perdín. 668 00:47:35,166 --> 00:47:37,666 - Aparta. - Ti non sabes que facer. 669 00:47:40,250 --> 00:47:41,666 Se puideses contarme... 670 00:47:41,666 --> 00:47:44,208 Aelita dixo que morrerei en dez anos, Ash. 671 00:47:44,875 --> 00:47:46,708 Que cres que significa iso? 672 00:47:49,041 --> 00:47:50,541 E onde está todo o mundo? 673 00:47:57,083 --> 00:47:57,916 Listo? 674 00:47:58,583 --> 00:48:01,458 Non oíches o meu berro de alegría polos tellados? 675 00:48:01,458 --> 00:48:04,625 "Vitoria custe o que custe. Vitoria...". 676 00:48:07,500 --> 00:48:09,291 Volve á residencia Zubov. 677 00:48:16,583 --> 00:48:17,500 E iso? 678 00:48:17,500 --> 00:48:18,833 Non. 679 00:48:19,875 --> 00:48:22,208 Burton, dille que peche os ollos. 680 00:48:22,208 --> 00:48:23,375 Xa! 681 00:48:26,541 --> 00:48:27,833 Cabrón hábil. 682 00:48:27,833 --> 00:48:29,291 - Larga. - Espera, podo. 683 00:48:29,291 --> 00:48:31,250 Díxenche que a cagarías. 684 00:48:42,583 --> 00:48:43,833 Benvida de volta. 685 00:48:47,000 --> 00:48:48,750 Que lle pasou á xente, Ash? 686 00:49:12,583 --> 00:49:14,083 Seguro que é aquí? 687 00:49:14,083 --> 00:49:18,375 Iso di Ossian. Entra e vai á dereita. 688 00:49:21,250 --> 00:49:22,791 Chamámoslle o jackpot. 689 00:49:23,583 --> 00:49:26,291 Non foi unha cousa, senón moitas á vez. 690 00:49:27,708 --> 00:49:29,333 Todo xunto, 691 00:49:30,000 --> 00:49:31,166 co paso do tempo. 692 00:49:32,166 --> 00:49:35,250 Aínda agora discutimos sobre cando comezou. 693 00:49:37,083 --> 00:49:40,000 Pero xa comezou? Na miña época? 694 00:49:40,500 --> 00:49:41,458 Si. 695 00:49:44,041 --> 00:49:45,500 Bo sitio para pasear. 696 00:49:46,375 --> 00:49:48,458 Ten dereito a sabelo, Netherton. 697 00:49:48,791 --> 00:49:49,916 Un dereito moral. 698 00:49:51,041 --> 00:49:52,208 Pásame o código. 699 00:50:01,333 --> 00:50:02,375 Que é isto? 700 00:50:02,708 --> 00:50:04,916 O noso pasado. O teu futuro. 701 00:50:05,958 --> 00:50:07,750 Unha especie de museo. 702 00:50:08,041 --> 00:50:11,416 Cada forma representa unha fase diferente do jackpot. 703 00:50:12,791 --> 00:50:14,166 Por que "o jackpot"? 704 00:50:14,791 --> 00:50:16,291 Humor negro, supoño. 705 00:50:16,291 --> 00:50:18,375 Menos ominoso que "a apocalipse". 706 00:50:24,208 --> 00:50:27,458 Este momento considérase o bordo do abismo. 707 00:50:27,458 --> 00:50:31,375 Despois, xa non había volta atrás. O jackpot era imparable. 708 00:50:33,916 --> 00:50:36,541 Piratearon a rede eléctrica norteamericana. 709 00:50:40,333 --> 00:50:41,291 Apagada total. 710 00:50:42,458 --> 00:50:44,500 Durou meses no continente. 711 00:50:45,958 --> 00:50:48,250 Un fenómeno en aumento no planeta, 712 00:50:48,666 --> 00:50:50,041 como descubrimos. 713 00:50:51,583 --> 00:50:53,458 Só sete anos no meu futuro. 714 00:50:59,250 --> 00:51:00,416 Unha pandemia. 715 00:51:03,083 --> 00:51:04,166 Un filovirus. 716 00:51:05,583 --> 00:51:09,250 Chamámoslle a peste do sangue. Atacaba as vísceras. 717 00:51:09,583 --> 00:51:13,791 O fígado, o bazo e os intestinos enchíanse de sangue ata rebentar. 718 00:51:18,750 --> 00:51:20,750 Unha catástrofe ambiental. 719 00:51:21,250 --> 00:51:25,000 Secas. Fame. Os antibióticos deixaron de funcionar. 720 00:51:25,791 --> 00:51:27,791 Despois, un colapso agrícola. 721 00:51:30,000 --> 00:51:31,500 Colapso da poboación. 722 00:51:31,500 --> 00:51:35,083 Morreron máis de sete mil millóns nunhas catro décadas. 723 00:51:39,750 --> 00:51:41,083 Entón, chegou a fin. 724 00:51:54,083 --> 00:51:56,916 Un ataque terrorista nos Estados Unidos. 725 00:51:58,416 --> 00:52:00,583 Voaron un silo de mísiles nucleares. 726 00:52:01,166 --> 00:52:03,416 Spring Creek, Carolina do Norte. 727 00:52:04,458 --> 00:52:05,833 Non pode ser. 728 00:52:06,416 --> 00:52:07,500 É onde vivo eu. 729 00:52:16,000 --> 00:52:17,291 Fai que pare! 730 00:52:28,083 --> 00:52:29,166 Estás ben? 731 00:52:32,708 --> 00:52:33,916 Tes os corpos? 732 00:52:42,083 --> 00:52:43,333 Estou niso. 733 00:53:07,083 --> 00:53:10,000 PROXIMAMENTE EN THE PERIPHERAL 734 00:53:10,833 --> 00:53:14,375 Existen os momentos nos que o destino pode cambiar. 735 00:53:14,375 --> 00:53:16,625 Puideron saír mal mil cousas. 736 00:53:16,625 --> 00:53:18,125 Non podes quedar no pasado. 737 00:53:19,541 --> 00:53:21,458 Que misterios investigas 738 00:53:21,458 --> 00:53:25,625 nesa tobeira secreta co portón de aceiro? 739 00:53:27,291 --> 00:53:29,458 Cada vez é máis difícil ocultar isto. 740 00:53:31,666 --> 00:53:33,041 Comezo a confiar en ti. 741 00:53:34,666 --> 00:53:35,958 É un erro? 742 00:55:15,000 --> 00:55:17,000 Subtítulos: Marcos Carou Balado 743 00:55:17,000 --> 00:55:19,083 Supervisora creativa Estefanía Prol Lusquiños