1 00:00:06,000 --> 00:00:08,916 ANTERIORMENTE EN THE PERIPHERAL 2 00:00:12,250 --> 00:00:16,083 Neprimitivos. Cren que arruinamos o mundo ó tentar salvalo. 3 00:00:18,833 --> 00:00:20,916 Mataron a túa familia. Brutalmente. 4 00:00:21,000 --> 00:00:22,916 É moi preocupante. 5 00:00:23,583 --> 00:00:25,125 Queres matalos, non si? 6 00:00:25,208 --> 00:00:26,375 Abofé. 7 00:00:28,000 --> 00:00:30,208 Podemos ser aliados ou inimigos. 8 00:00:30,291 --> 00:00:33,291 Asegúroche que ser o meu inimigo non é fácil. 9 00:00:36,916 --> 00:00:38,416 Pasa algo na túa vida? 10 00:00:38,500 --> 00:00:40,666 Novidades? Algo fóra do normal? 11 00:00:48,583 --> 00:00:52,458 LONDRES, UN ANO ANTES DA DESAPARICIÓN DE AELITA WEST 12 00:01:06,458 --> 00:01:07,583 Hostia! 13 00:01:07,666 --> 00:01:08,666 Tamén te estrañei. 14 00:01:08,750 --> 00:01:10,916 -Que fas? -Saudar. 15 00:01:12,083 --> 00:01:13,291 Antes non o facías. 16 00:01:13,375 --> 00:01:15,750 Prefiro vivir de cara, co cu ó pasado. 17 00:01:15,833 --> 00:01:18,083 O feito, feito e todo iso. 18 00:01:18,166 --> 00:01:20,833 Tenteite saudar cando comecei e nin me falaches. 19 00:01:21,416 --> 00:01:22,333 Xa. 20 00:01:22,416 --> 00:01:24,958 E a fermosa carta na miña mesa á mañá seguinte. 21 00:01:25,041 --> 00:01:27,875 Aínda a teño, se queres que cha lea, 22 00:01:28,291 --> 00:01:31,208 pero sei algo de memoria, non me fai falla o texto: 23 00:01:31,291 --> 00:01:33,125 "Se me volves falar, 24 00:01:33,208 --> 00:01:36,083 sácoche os ollos, pendanga confabuladora." 25 00:01:36,166 --> 00:01:38,083 Cría que puxera "candonga". 26 00:01:39,083 --> 00:01:40,833 Foi "pendanga", seguro. 27 00:01:41,416 --> 00:01:45,166 Gústame a aliteración de "candonga confabuladora". 28 00:01:45,250 --> 00:01:46,875 Outra oportunidade perdida. 29 00:01:47,541 --> 00:01:50,041 Coma esta se a deixas pasar. 30 00:01:50,125 --> 00:01:52,875 Tomamos algo? Polos vellos tempos? 31 00:01:54,291 --> 00:01:55,458 Estou casada. 32 00:01:56,125 --> 00:01:59,166 Pois parabéns atrasados. É boa muller? 33 00:01:59,250 --> 00:02:00,208 Home. 34 00:02:01,208 --> 00:02:04,250 Ai, Grace, non me digas iso. 35 00:02:04,333 --> 00:02:05,708 Teño dous fillos. 36 00:02:05,791 --> 00:02:06,916 A hostia! 37 00:02:08,083 --> 00:02:11,125 Pobriña. Era unha condición? 38 00:02:21,500 --> 00:02:23,375 Rompíchesme o corazón. 39 00:02:39,666 --> 00:02:40,958 Unha copa e voume. 40 00:02:41,041 --> 00:02:43,625 Se queres dicir algo, vai ó miolo. 41 00:02:43,708 --> 00:02:45,916 É bo momento para repasar os feitos. 42 00:02:46,000 --> 00:02:47,791 Dito así parece un tiroteo. 43 00:02:47,875 --> 00:02:48,916 E non o foi? 44 00:03:01,750 --> 00:03:05,291 Fun a unha IA terapéutica cando as cousas foron á merda. 45 00:03:05,375 --> 00:03:09,541 Foi así como o describiches? Que "foron á merda"? 46 00:03:09,625 --> 00:03:12,333 Dixo que a atracción e o defecto da relación 47 00:03:12,416 --> 00:03:16,125 foi que ti eras unha mala boa moza e eu, unha boa mala moza. 48 00:03:17,541 --> 00:03:19,416 Por fóra, es mala, 49 00:03:19,500 --> 00:03:21,666 pero no fondo es tan boa que dá medo. 50 00:03:23,000 --> 00:03:24,500 Eu son o contrario. 51 00:03:24,583 --> 00:03:27,291 E pagaches cartos de verdade por esa babecada? 52 00:03:27,375 --> 00:03:29,666 Axudoume bastante. 53 00:03:30,208 --> 00:03:32,375 Ti segues xogando con bonecas? 54 00:03:34,708 --> 00:03:36,083 Hai anos que non. 55 00:03:36,166 --> 00:03:37,708 A IAT tiña unha teoría. 56 00:03:37,791 --> 00:03:39,875 Que todo ía de orde e control. 57 00:03:39,958 --> 00:03:41,708 Ti viñas dun lugar sen iso 58 00:03:41,791 --> 00:03:44,583 e as casiñas eran para compensar. 59 00:03:44,666 --> 00:03:47,333 Mundos en miniatura para te sentir segura. 60 00:03:47,416 --> 00:03:49,416 Paréceme un monte de babecadas. 61 00:03:49,500 --> 00:03:51,750 Tes unha explicación mellor? 62 00:03:53,541 --> 00:03:55,791 Admito que é un hobby excéntrico. 63 00:03:56,666 --> 00:03:59,583 Algunha vez che custa entender a xente? 64 00:03:59,666 --> 00:04:02,291 O que pensa ou o que sente. 65 00:04:03,250 --> 00:04:04,875 Falas da empatía? 66 00:04:08,416 --> 00:04:12,750 Séntese algo ó coller unha miniatura e movela. 67 00:04:14,375 --> 00:04:16,041 Cambiar como se senta. 68 00:04:16,958 --> 00:04:18,416 A que mira. 69 00:04:18,500 --> 00:04:21,375 Facíame sentir que tiña acceso 70 00:04:21,875 --> 00:04:26,083 á vida interior doutro ser. 71 00:04:29,083 --> 00:04:31,500 E iso non ten prezo. 72 00:04:39,291 --> 00:04:40,958 Vasme bicar? 73 00:04:41,041 --> 00:04:42,625 É o que queres? 74 00:04:49,250 --> 00:04:53,833 Boteite moito en falta, Aelita. Non tes idea de canto. 75 00:04:57,250 --> 00:04:59,166 Debiches tratarme mellor. 76 00:05:01,041 --> 00:05:03,666 Queres unha desculpa? É iso? 77 00:05:04,666 --> 00:05:09,083 Non. É auga pasada. Tanto, que xa chegou ó mar. 78 00:05:09,833 --> 00:05:10,833 Que entón? 79 00:05:12,375 --> 00:05:14,125 Fálame do teu traballo. 80 00:05:14,208 --> 00:05:15,666 -Do traballo? -Si. 81 00:05:16,458 --> 00:05:18,541 Que misterios investigas 82 00:05:18,625 --> 00:05:22,208 nesa tobeira secreta co portón de aceiro? 83 00:05:22,666 --> 00:05:25,833 -Non queres sabelo. -Si que quero. 84 00:05:32,750 --> 00:05:34,416 É unha gran placa de Petri. 85 00:05:34,500 --> 00:05:37,833 Podemos facer o que queiramos, e facémolo. 86 00:05:37,916 --> 00:05:39,750 É de verdade? Estás segura? 87 00:05:39,833 --> 00:05:41,291 Vóache a mente, non si? 88 00:05:41,375 --> 00:05:44,041 Dixéronnos que era unha simulación... 89 00:05:44,125 --> 00:05:46,791 É como vos explicamos os datos que enviamos 90 00:05:46,875 --> 00:05:48,500 ós de niveis máis baixos. 91 00:05:48,583 --> 00:05:51,583 De niveis máis baixos? Vaia. 92 00:05:51,666 --> 00:05:53,583 Canta xente ten acceso? 93 00:05:53,666 --> 00:05:57,083 Só o meu equipo. E a doutora Nuland, claro. 94 00:05:57,166 --> 00:06:01,083 E o persoal de seguridade de alto nivel. Sobre dúas decenas. 95 00:06:02,541 --> 00:06:03,750 Estás lista? 96 00:06:27,166 --> 00:06:28,958 Chamámoslle a "fonte divina". 97 00:06:35,125 --> 00:06:36,916 Dá acceso a calquera cousa. 98 00:06:37,916 --> 00:06:42,833 E non só do coto: de todo o CI. 99 00:06:42,916 --> 00:06:44,166 As chamadas de datos 100 00:06:44,250 --> 00:06:47,125 non son máis ca unha area nunha praia. 101 00:06:47,500 --> 00:06:49,666 Alteramos as condicións do coto. 102 00:06:49,750 --> 00:06:51,916 Temos máis de 8000 estudos en curso. 103 00:06:52,250 --> 00:06:53,458 Que investigades? 104 00:06:53,541 --> 00:06:55,958 Sería difícil atopar un campo que non. 105 00:06:56,041 --> 00:06:59,916 Botánica, meteoroloxía, zooloxía, xenética, 106 00:07:00,000 --> 00:07:03,083 oceanografía, robótica, silvicultura... 107 00:07:03,166 --> 00:07:05,041 Pero o máis emocionante, 108 00:07:05,458 --> 00:07:07,416 o segredo da salvación, 109 00:07:07,500 --> 00:07:10,250 vén de Modificación do Comportamento. 110 00:07:10,333 --> 00:07:12,291 Crearon unha empresa fantasma 111 00:07:12,375 --> 00:07:14,500 e acordaron co exército estadounidense 112 00:07:14,583 --> 00:07:16,875 instalar implantes hápticos no persoal. 113 00:07:16,958 --> 00:07:21,041 A nosa tecnoloxía, máis ou menos, nun nivel primitivo máis axeitado. 114 00:07:21,708 --> 00:07:22,708 Para que? 115 00:07:23,500 --> 00:07:25,458 Mira. Este é divertido. 116 00:07:26,708 --> 00:07:29,875 Imaxina que temos marines de elite nun posto remoto. 117 00:07:29,958 --> 00:07:32,416 Dixéronlles que os inimigos planean usar 118 00:07:32,500 --> 00:07:34,750 animais feridos para atraelos. 119 00:07:34,833 --> 00:07:37,666 Que farían estes mozos tan ben adestrados 120 00:07:37,750 --> 00:07:40,583 se aparecese un can ferido ante eles? 121 00:07:41,166 --> 00:07:42,375 Dispararlle. 122 00:07:44,250 --> 00:07:50,250 E se os implantes manipulasen a química neuronal dos suxeitos? 123 00:07:50,833 --> 00:07:55,375 E se aumentasen a actividade eléctrica no córtex insular anterior? 124 00:07:57,083 --> 00:07:59,208 O centro da compaixón. 125 00:08:03,041 --> 00:08:03,958 Vale. 126 00:08:05,500 --> 00:08:06,875 De cal deles? 127 00:08:08,916 --> 00:08:09,833 De todos. 128 00:08:10,916 --> 00:08:13,250 Isto de agora é o máis interesante. 129 00:08:13,916 --> 00:08:15,750 Todos reaccionan de forma diferente 130 00:08:15,833 --> 00:08:18,750 segundo os seus historiais, experiencias vitais... 131 00:08:18,833 --> 00:08:20,375 O misterio do carácter. 132 00:08:21,375 --> 00:08:23,000 -Vai...? -Espera. 133 00:08:25,875 --> 00:08:27,250 Párao. 134 00:08:29,833 --> 00:08:31,833 -Párao. -Xa pasou, meu amor. 135 00:08:31,916 --> 00:08:33,250 Hai moito. 136 00:08:35,458 --> 00:08:37,583 Imaxina as implicacións. 137 00:08:37,666 --> 00:08:40,625 A implementación disto a nivel social. 138 00:08:40,708 --> 00:08:42,833 Despídete das loitas de bandas e... 139 00:08:42,916 --> 00:08:44,083 Non podedes. 140 00:08:47,166 --> 00:08:49,833 Son persoas. Xente real. 141 00:08:49,916 --> 00:08:53,708 Velo? Tan boa que dá medo. 142 00:09:03,916 --> 00:09:07,041 E ela planea implementar algo así aquí? 143 00:09:07,125 --> 00:09:09,000 Creríasme se dixese que non? 144 00:09:09,083 --> 00:09:10,583 Xa o fixo? 145 00:09:10,666 --> 00:09:13,291 Repito, creríasme se dixese que non? 146 00:09:19,375 --> 00:09:20,333 Boa tarde. 147 00:09:25,000 --> 00:09:25,958 Alto. 148 00:09:35,291 --> 00:09:38,083 Ti es de Cereais e Legumes? 149 00:09:38,500 --> 00:09:39,375 Son, si. 150 00:09:39,458 --> 00:09:41,583 Poderías explicar que fas aquí 151 00:09:41,666 --> 00:09:44,458 cando non tes dereito ningún a vir? 152 00:09:45,500 --> 00:09:48,791 -Perdón? -Non tes acceso a esta planta. 153 00:09:48,875 --> 00:09:51,208 -Eu só... -Ti sabes quen son? 154 00:09:52,875 --> 00:09:54,750 Claro, doutora Hogart. 155 00:09:54,833 --> 00:09:56,583 Poderías explicar entón 156 00:09:56,666 --> 00:10:00,958 por que lle falas a unha amiga miña de forma tan groseira e inaceptable? 157 00:10:01,041 --> 00:10:03,041 Só fago o meu traballo. 158 00:10:03,125 --> 00:10:07,041 -A súa presenza nesta planta requiriría... -Atopámonos arriba. 159 00:10:07,125 --> 00:10:10,458 Eu esquecera a chaqueta e veu comigo, 160 00:10:10,541 --> 00:10:13,291 invitada por min e baixo a miña supervisión. 161 00:10:13,375 --> 00:10:15,750 Podes informar do asunto, 162 00:10:15,833 --> 00:10:18,958 pero asínao co teu nome 163 00:10:19,041 --> 00:10:21,791 para que saiba a quen dirixir as miñas queixas. 164 00:10:22,875 --> 00:10:25,125 Non será necesario, doutora. 165 00:10:25,666 --> 00:10:28,166 Pero pídolle que non volva facer isto. 166 00:10:33,666 --> 00:10:34,833 Perdoa. 167 00:10:37,541 --> 00:10:42,333 Só che quería dicir que tes uns ollos extraordinarios. 168 00:10:44,083 --> 00:10:45,041 Falo en serio. 169 00:10:46,416 --> 00:10:48,208 Mataría por uns ollos así. 170 00:13:56,500 --> 00:13:58,333 Robert O'Connell. 171 00:13:58,416 --> 00:14:00,500 É un pracer tratar contigo. 172 00:14:15,291 --> 00:14:16,875 Dez millóns, Bob. 173 00:14:16,958 --> 00:14:20,000 Xa tes o 25 % na túa conta. 174 00:14:20,083 --> 00:14:21,750 Ves o que creo en ti? 175 00:14:21,833 --> 00:14:23,833 Non me chamo Bob, colega. Son Pete. 176 00:14:23,916 --> 00:14:27,458 Por que é tan difícil que aceptedes os meus cartos? 177 00:14:27,541 --> 00:14:29,875 Non teño nin idea de que fala. 178 00:14:29,958 --> 00:14:32,458 De Bob O'Connell "o Carniceiro". 179 00:14:33,208 --> 00:14:35,583 -Non sei quen é. -Un dublinés. 180 00:14:35,666 --> 00:14:40,291 Famoso por matar tres soldados do Úlster na véspera de facer 18 anos. 181 00:14:40,375 --> 00:14:43,958 Acumulou moitas baixas antes de fuxir do país. 182 00:14:44,041 --> 00:14:46,375 Algunha vez as contas á noite, Bob? 183 00:14:46,458 --> 00:14:51,083 Todas esas pobres almas que liberaches das súas prisións terreais. 184 00:14:51,166 --> 00:14:52,500 Quen cona es? 185 00:14:52,583 --> 00:14:56,166 O teu novo xefe. Probei un martelo e non funcionou, 186 00:14:56,250 --> 00:15:00,875 así que busco outra ferramenta. Un bisturí, por así dicilo. 187 00:15:00,958 --> 00:15:03,083 Tes experiencia coas dúas, non si? 188 00:15:03,166 --> 00:15:05,541 En serio, equivocácheste de número. 189 00:15:05,625 --> 00:15:08,458 E tamén terei mal o de Tommy Giorno? 190 00:15:08,541 --> 00:15:11,750 Unha pena, porque o ía chamar despois. 191 00:15:12,416 --> 00:15:14,500 Podería falarlle da túa filla. 192 00:15:15,125 --> 00:15:17,041 E da súa casiña. 193 00:15:17,125 --> 00:15:18,708 En Boca Ratón, verdade? 194 00:15:19,958 --> 00:15:22,625 Agora vas atender, Bob? 195 00:15:26,666 --> 00:15:27,958 A quen queres matar? 196 00:15:49,791 --> 00:15:52,291 Vale, Flynne, estás lista? 197 00:15:52,375 --> 00:15:53,250 Si. 198 00:16:00,708 --> 00:16:03,583 -Ben! -Que boa! 199 00:16:03,666 --> 00:16:06,000 Frank volveu! 200 00:16:09,458 --> 00:16:12,291 Vale, a quen lle toca? Veña. 201 00:16:12,375 --> 00:16:14,750 -Dálle duro, Tony. -Vai aló, meu. 202 00:16:14,833 --> 00:16:16,750 Veña, que podes. 203 00:16:18,750 --> 00:16:19,833 Podes ben. 204 00:16:20,000 --> 00:16:21,750 -Ben. -Volvo agora. 205 00:16:22,541 --> 00:16:23,375 Vale. 206 00:16:26,916 --> 00:16:27,833 Unha cervexa. 207 00:16:27,916 --> 00:16:29,500 E outra para o meu amigo. 208 00:16:31,458 --> 00:16:32,625 Aquí tedes. 209 00:16:35,333 --> 00:16:37,333 Estás en forma para ser un vello. 210 00:16:37,416 --> 00:16:39,750 Custa máis que antes, iso seguro. 211 00:16:41,083 --> 00:16:42,541 Coma todo. 212 00:16:43,375 --> 00:16:44,833 Sorpréndete verme? 213 00:16:46,333 --> 00:16:48,000 Pensei que podías aparecer, 214 00:16:49,291 --> 00:16:50,625 pero non aquí. 215 00:16:50,708 --> 00:16:53,458 Non é boa idea, Bobby. 216 00:16:53,541 --> 00:16:56,916 Xa me coñeces. Encántame o risco. 217 00:17:01,833 --> 00:17:02,916 Os meus rapaces. 218 00:17:07,541 --> 00:17:09,458 Parece que están crecidiños. 219 00:17:10,250 --> 00:17:12,625 Os anos pasan rápido, non cres? 220 00:17:13,458 --> 00:17:16,000 Tamén creceu a miña filla. 221 00:17:18,291 --> 00:17:21,875 Podería deixarcho pasar, Frank, polos vellos tempos, 222 00:17:21,958 --> 00:17:23,625 se a deixases fóra disto. 223 00:17:28,291 --> 00:17:30,250 Tal e como o explicou o tipo... 224 00:17:30,333 --> 00:17:31,166 Quen? 225 00:17:31,250 --> 00:17:33,791 Non sei, a voz do teléfono. Un británico. 226 00:17:33,875 --> 00:17:36,750 -Dixo que era ou ti ou eu. -Vai refrescarte. 227 00:17:36,833 --> 00:17:39,500 Non estou orgulloso disto, Bobby. 228 00:17:39,583 --> 00:17:42,250 É unha vergoña, a verdade. 229 00:17:44,666 --> 00:17:45,666 O'Connell? 230 00:17:46,708 --> 00:17:49,916 A hostia. Xa nos parecía que eras ti. 231 00:17:50,000 --> 00:17:53,500 Dádenos un momento, rapaces. Temos cousas das que falar. 232 00:17:53,583 --> 00:17:56,916 Non, creo que imos acompañalo ó coche. 233 00:17:58,375 --> 00:17:59,625 Ti que dis, Bob? 234 00:18:04,000 --> 00:18:06,000 Queríache coma a un irmán, Frank. 235 00:19:01,791 --> 00:19:04,000 NÚMERO ENCRIPTADO 236 00:19:04,083 --> 00:19:06,625 -Señor O'Connell. -Xa coñezo o traballo. 237 00:19:06,708 --> 00:19:10,583 A razón non importa. A forma é polo que me pagades. 238 00:19:11,208 --> 00:19:13,291 Preciso un sitio e unha hora. 239 00:19:13,375 --> 00:19:16,208 Estarán aquí mañá á mañá para unha proba médica 240 00:19:16,291 --> 00:19:17,833 que lles levará unha hora. 241 00:19:17,916 --> 00:19:18,791 URXENCIAS 242 00:19:18,875 --> 00:19:20,500 Que tipo de proba? 243 00:19:20,583 --> 00:19:25,041 Unha punción lumbar, despois da cal volverán ó seu domicilio, aquí. 244 00:19:25,500 --> 00:19:27,708 O resto déixocho a ti, Bob. 245 00:19:43,416 --> 00:19:44,791 Vai tomar polo cu. 246 00:20:10,041 --> 00:20:14,166 Puideches quedar dentro, rapaz. Facer coma que morreras. 247 00:20:15,083 --> 00:20:16,791 Vouche contar que pasa agora. 248 00:20:16,875 --> 00:20:18,333 Eu vou entrar no coche. 249 00:20:18,416 --> 00:20:22,291 Se o podo arrancar despois dos teus tiros, lisco. 250 00:20:22,375 --> 00:20:25,083 Se te podes arrastrar antes diso, 251 00:20:25,166 --> 00:20:26,583 quedamos a pre. 252 00:20:27,541 --> 00:20:28,916 Polo teu pai. 253 00:20:30,708 --> 00:20:31,916 Como soa iso? 254 00:20:33,750 --> 00:20:36,458 Non podo mover as pernas. 255 00:20:40,291 --> 00:20:42,375 O brazo tamén ten mal aspecto. 256 00:20:45,583 --> 00:20:46,583 Boa sorte. 257 00:21:03,583 --> 00:21:05,125 Por favor. 258 00:21:07,833 --> 00:21:08,791 Merda. 259 00:21:10,875 --> 00:21:12,125 Merda! Non! 260 00:21:36,208 --> 00:21:37,875 ACEPTAR O TRABALLO? TRABALLO COLLIDO! 261 00:21:50,916 --> 00:21:51,791 PASTA DE DENTES DE MASCAR 262 00:22:23,375 --> 00:22:25,541 -Que fixeches, Jasper? -Como? 263 00:22:25,625 --> 00:22:29,833 Non che dixen que non colleses nin un billete daquel diñeiro? 264 00:22:30,541 --> 00:22:31,375 E non o fixen. 265 00:22:31,458 --> 00:22:34,625 Entón isto apareceu por arte de maxia na chaqueta? 266 00:22:34,916 --> 00:22:37,208 Ei, deumo meu tío. 267 00:22:38,791 --> 00:22:39,666 Por que? 268 00:22:42,041 --> 00:22:44,291 Preguntácheslle o que quería a cambio? 269 00:22:48,291 --> 00:22:51,583 Claro que si. Non son imbécil. 270 00:22:51,958 --> 00:22:52,875 E que? 271 00:22:55,166 --> 00:22:56,666 Non quería nada. 272 00:22:56,750 --> 00:23:00,958 Foi un xesto de gratitude polos meus anos de traballo duro. 273 00:23:02,083 --> 00:23:05,541 De verdade, foi sen condicións. 274 00:23:05,625 --> 00:23:06,458 Gratis. 275 00:23:06,791 --> 00:23:08,416 Nada é gratis, Jasper. 276 00:23:11,708 --> 00:23:13,625 Podo devolvelo, se queres. 277 00:23:26,000 --> 00:23:28,958 Non, non. Tampouco nos vén mal. 278 00:23:35,166 --> 00:23:37,458 -Puideches dicirmo pola noite. -Seino. 279 00:23:37,541 --> 00:23:40,000 -Aforraríasme un ataque de pánico. -Perdoa. 280 00:23:41,791 --> 00:23:44,458 Queda algo de café na pota se o queres. 281 00:23:44,541 --> 00:23:45,375 Grazas. 282 00:23:47,000 --> 00:23:48,041 Que teñas bo día. 283 00:24:03,208 --> 00:24:04,375 URXENCIAS COIDADO DE CALIDADE EN CLANTON 284 00:24:04,458 --> 00:24:06,458 Estás completamente segura? 285 00:24:06,541 --> 00:24:07,750 De todo. 286 00:24:07,833 --> 00:24:09,458 É bacteriano. 287 00:24:09,541 --> 00:24:11,708 O máis raro que atopei nunca. 288 00:24:11,791 --> 00:24:13,541 Parécese á meninxite, 289 00:24:13,625 --> 00:24:16,500 pero localizado tan só no lóbulo occipital. 290 00:24:17,000 --> 00:24:18,250 Iso que era? 291 00:24:18,333 --> 00:24:20,916 A parte do cerebro que se encarga da visión. 292 00:24:21,750 --> 00:24:24,750 A punción lumbar deberíanos dar unha idea 293 00:24:24,833 --> 00:24:27,916 sobre que bacteria está a montar unha festa contigo. 294 00:24:30,166 --> 00:24:31,833 Non é tan malo como parece. 295 00:24:36,041 --> 00:24:39,541 Pode que sintas algo de presión aquí. Non debería doer nada, 296 00:24:39,625 --> 00:24:42,791 pero podes darlle a man ó teu irmán. Eu non xulgo. 297 00:24:55,125 --> 00:24:56,000 Listo. 298 00:24:56,416 --> 00:24:57,791 Foi tan horrible? 299 00:24:58,166 --> 00:24:59,166 Fantástico. 300 00:25:40,500 --> 00:25:42,125 -Diga. -A señora Andrews? 301 00:25:42,875 --> 00:25:46,208 Son Derek Thompson, da aseguradora de Appleview. 302 00:25:46,416 --> 00:25:49,750 Sinto molestala, pero tivemos que cancelar a súa póliza. 303 00:25:51,750 --> 00:25:54,750 -Cando se fai efectivo o cambio? -De inmediato. 304 00:25:54,833 --> 00:25:58,916 Eu buscaría alternativas o antes posible e con moito coidado. 305 00:25:59,000 --> 00:26:00,541 O meu marido e eu 306 00:26:00,625 --> 00:26:05,583 esperabamos continuar a nosa relación con Appleview, se é posible. 307 00:26:06,166 --> 00:26:08,875 Temo que pode non ser posible, señora. 308 00:26:08,958 --> 00:26:13,125 Existe a posibilidade de que Appleview peche moi pronto. E para sempre. 309 00:26:13,416 --> 00:26:14,250 Merda, papá. 310 00:26:14,333 --> 00:26:18,041 Pero saiba que valoramos a súa relación connosco 311 00:26:19,041 --> 00:26:21,166 máis do que pode imaxinar. 312 00:26:23,208 --> 00:26:26,500 Desexámoslles toda a saúde e toda a felicidade do mundo. 313 00:26:26,583 --> 00:26:27,541 Estou embarazada. 314 00:26:30,500 --> 00:26:34,208 Vaia... É unha noticia marabillosa, señora. 315 00:26:37,083 --> 00:26:38,166 Adeus. 316 00:26:39,166 --> 00:26:40,083 E boa sorte. 317 00:27:51,791 --> 00:27:53,083 Está ben, señor? 318 00:27:53,166 --> 00:27:54,458 Un problema co coche. 319 00:27:54,541 --> 00:27:55,708 Estarei ben. 320 00:27:55,791 --> 00:27:57,166 Quere que mire? 321 00:27:57,250 --> 00:28:01,458 É vostede moi amable, pero xa chamei para pedir axuda. 322 00:28:01,541 --> 00:28:03,875 O mecánico debería chegar axiña. 323 00:28:03,958 --> 00:28:05,541 Van mandar a Charlie Burr? 324 00:28:05,625 --> 00:28:07,291 Non me deron un nome. 325 00:28:07,375 --> 00:28:09,125 Si, seguro que é el. 326 00:28:09,916 --> 00:28:12,333 Podo aforrarlle o rescate que lle pedirá. 327 00:28:12,416 --> 00:28:14,166 Agradézollo, pero... 328 00:28:15,208 --> 00:28:16,583 Correrei o risco. 329 00:28:16,666 --> 00:28:18,416 Non será unha desas veces 330 00:28:18,500 --> 00:28:21,708 nas que pensa que non vou poder por ser muller, non si? 331 00:28:21,791 --> 00:28:22,708 Non, señora. 332 00:28:23,291 --> 00:28:26,666 Con só vela, xa sei que está a gusto cun motor. 333 00:28:26,750 --> 00:28:30,125 Non podo decidir se iso foi un afago ou un insulto. 334 00:28:30,625 --> 00:28:33,750 Nunca gasto insultos con estraños. 335 00:28:33,833 --> 00:28:36,125 Gárdoos para amigos e familiares. 336 00:28:39,333 --> 00:28:41,333 Vale. Pois que teña boa sorte. 337 00:28:41,916 --> 00:28:43,041 Cóidese. 338 00:29:07,625 --> 00:29:10,250 Permítame, só para tentar gañarlle a Charlie. 339 00:29:10,333 --> 00:29:12,833 Hai unha historia coa que non o aburrirei. 340 00:29:12,916 --> 00:29:15,625 Amolalo un pouco alegraríame a mañá. 341 00:29:15,708 --> 00:29:17,083 Impórtalle? 342 00:29:17,166 --> 00:29:19,875 Creo que preferiría esperar. 343 00:29:21,625 --> 00:29:22,541 Que pasou? 344 00:29:22,875 --> 00:29:24,500 Un camión de grava envorcou. 345 00:29:24,583 --> 00:29:26,833 Foi case coma impactos de perdigóns. 346 00:29:26,916 --> 00:29:29,250 Non foi agradable, asegúrollo. 347 00:29:30,166 --> 00:29:32,875 -Vaia día leva. -Non fai falla que mo diga. 348 00:29:36,375 --> 00:29:38,000 E só acaba de comezar. 349 00:29:38,083 --> 00:29:40,875 Voulle dar un aviso como amiga, señor. 350 00:29:40,958 --> 00:29:44,166 Se deixa que Burton Fisher toque o motor e eu non, 351 00:29:44,250 --> 00:29:46,250 pode que lles dispare ós dous. 352 00:29:47,750 --> 00:29:51,666 Dime que non chocaches con este home co fósil que tes por camión. 353 00:29:51,750 --> 00:29:53,708 Só tento ser boa samaritana, 354 00:29:53,791 --> 00:29:56,958 pero algúns non cren que as mulleres arranxen coches. 355 00:29:57,041 --> 00:29:59,750 Creo que esta moza non me comprendeu. 356 00:30:01,625 --> 00:30:03,541 Descúlpome polo que pasou. 357 00:30:04,333 --> 00:30:06,708 Non pretendía ofender a ninguén. 358 00:30:06,791 --> 00:30:09,791 É que estaba un pouco nervioso, a verdade. 359 00:30:11,083 --> 00:30:12,041 Dispáralle. 360 00:30:13,750 --> 00:30:14,708 Dispáralle xa! 361 00:30:15,708 --> 00:30:16,541 Agóchate! 362 00:30:35,000 --> 00:30:35,833 Merda. 363 00:30:36,583 --> 00:30:37,458 Estás ben? 364 00:30:38,416 --> 00:30:40,666 Burton. Burton! Merda. 365 00:30:42,625 --> 00:30:44,250 -Está atrancado! -Merda. 366 00:31:09,041 --> 00:31:09,958 Estás ben? 367 00:31:10,208 --> 00:31:11,125 Un coitelo. 368 00:31:13,666 --> 00:31:14,666 Vale. 369 00:31:15,250 --> 00:31:16,166 Burton! 370 00:31:18,375 --> 00:31:20,208 Tamén son boa cunha escopeta. 371 00:31:20,291 --> 00:31:21,166 Quere velo? 372 00:31:42,708 --> 00:31:44,500 A seguinte, á cabeza, vello. 373 00:32:15,958 --> 00:32:16,958 Flynne? 374 00:32:23,083 --> 00:32:28,291 É isto o que fas cos sospeitosos? Separalos? 375 00:32:28,375 --> 00:32:30,625 Falar con cada un para saber que pasou? 376 00:32:30,708 --> 00:32:32,083 E coas testemuñas. 377 00:32:32,166 --> 00:32:33,875 E coas vítimas, Tommy? 378 00:32:36,916 --> 00:32:40,666 Tes algunha idea do que é isto? 379 00:32:41,458 --> 00:32:44,541 Ningunha. Case parece que vén do... 380 00:32:45,708 --> 00:32:46,916 futuro, non? 381 00:32:48,041 --> 00:32:50,041 Si que o parece, si. 382 00:32:53,125 --> 00:32:56,291 Pero el non dixo palabra. 383 00:32:56,750 --> 00:33:00,666 Non ten carné de identidade, de conducir nin nada. 384 00:33:01,833 --> 00:33:03,625 Pero leva chaleco. 385 00:33:03,708 --> 00:33:04,583 E que? 386 00:33:06,708 --> 00:33:09,625 Parece que esperaba unha loita, non? 387 00:33:10,250 --> 00:33:12,041 Coma Burton antes, 388 00:33:12,333 --> 00:33:16,083 que ía por aí conducindo e equipado coma se estivese en Texas. 389 00:33:16,166 --> 00:33:18,375 Armas e drons listos para actuar. 390 00:33:21,833 --> 00:33:24,500 Se o quixese morto, sabes que xa o estaría. 391 00:33:25,916 --> 00:33:29,041 Pero non é así. Chamámoste a ti. 392 00:33:30,583 --> 00:33:31,791 Seino. 393 00:33:33,083 --> 00:33:34,791 Pero non podo evitar pensar 394 00:33:35,541 --> 00:33:39,583 que se aparecese un cadáver nesta ponte viría Seguridade Nacional. 395 00:33:40,500 --> 00:33:43,625 Pola contra, un tiroteo sen cadáver 396 00:33:44,875 --> 00:33:47,125 é un problema local, non si? 397 00:33:51,750 --> 00:33:53,958 Non estamos a facer nada malo, vale? 398 00:33:57,000 --> 00:33:58,166 Prométocho. 399 00:34:13,916 --> 00:34:16,416 Sabes que é o primeiro que recordo de ti? 400 00:34:18,000 --> 00:34:19,291 O primeiriño? 401 00:34:22,791 --> 00:34:26,541 Estaba en terceiro. Ti debías de estar en primeiro. 402 00:34:28,166 --> 00:34:31,666 Levárante ó despacho do director. Estabas rabiosa. 403 00:34:32,291 --> 00:34:33,208 Lémbralo? 404 00:34:35,583 --> 00:34:39,583 Dalgunha forma, sacaras tódalas miñocas do laboratorio 405 00:34:39,958 --> 00:34:41,625 e tiráralas no bosque. 406 00:34:43,416 --> 00:34:46,208 Non soportabas que os de quinto as disecasen. 407 00:34:51,000 --> 00:34:53,916 Admito que causaches impresión. 408 00:34:58,625 --> 00:35:00,166 Meu tío dicía unha cousa: 409 00:35:01,250 --> 00:35:04,208 a xente parécese moito ás cebolas. 410 00:35:05,458 --> 00:35:08,875 Medran capas sobre capas, ano tras ano. 411 00:35:11,958 --> 00:35:16,541 O que significa que aquela pequecha que liberou as miñocas 412 00:35:19,166 --> 00:35:20,666 segue aí dentro. 413 00:35:22,541 --> 00:35:26,000 Non podo evitar sentir que debo protexela como poida. 414 00:35:28,833 --> 00:35:30,125 Pero tes que axudarme. 415 00:35:41,583 --> 00:35:42,791 Síntoo, Tommy. 416 00:35:49,958 --> 00:35:52,833 Supoño que deberías volver á casa. 417 00:36:31,958 --> 00:36:32,833 Flynne? 418 00:36:34,708 --> 00:36:36,041 Fala comigo, cariño. 419 00:36:40,458 --> 00:36:41,583 Non sei. 420 00:36:42,833 --> 00:36:44,958 Puideron saír mal mil cousas. 421 00:36:45,041 --> 00:36:48,250 Non podes quedar no pasado. Mira o que temos diante. 422 00:36:48,333 --> 00:36:52,000 Como, Burton, se sempre están dez pasos por diante de nós? 423 00:36:52,541 --> 00:36:54,458 Estaba a esperarnos na ponte. 424 00:36:54,541 --> 00:36:57,875 -Sabía que pasariamos por alí. -Logo na casa, a salvo, 425 00:36:57,958 --> 00:36:59,625 falamos do tema. 426 00:37:03,000 --> 00:37:06,791 Non tes que calar por min. Sei máis do que cres. 427 00:37:07,833 --> 00:37:09,375 Viaxes ó futuro, 428 00:37:10,208 --> 00:37:12,458 ataques nocturnos dunha milicia, 429 00:37:13,458 --> 00:37:15,750 unha mochila de cartos para Pickett... 430 00:37:15,833 --> 00:37:19,125 Entón supoño que entendes o conflito de intereses. 431 00:37:19,208 --> 00:37:22,041 Creo que ambos queremos o mellor para Flynne. 432 00:37:22,125 --> 00:37:24,125 Non es ti quen me preocupa. 433 00:37:26,250 --> 00:37:28,708 Se insultas a Jasper, insúltasme a min. 434 00:37:28,791 --> 00:37:33,750 O que acaba de pasar debería gañarme un pouco de confianza e moito respecto. 435 00:37:35,416 --> 00:37:39,541 Jasper nunca lle faría dano a ninguén, e menos a Flynne. Nunca. 436 00:38:02,416 --> 00:38:03,625 Só tes que chamar. 437 00:38:05,666 --> 00:38:06,708 Grazas. 438 00:38:13,458 --> 00:38:15,416 Non dixen ningunha mentira. 439 00:38:15,500 --> 00:38:20,208 É amiga miña. E gustaríame pensar que tamén é amiga túa. 440 00:38:22,916 --> 00:38:28,208 Gústeche ou non, agora tamén está metida, vale? 441 00:38:44,458 --> 00:38:46,416 Cada vez é máis difícil ocultalo. 442 00:38:46,500 --> 00:38:47,916 Ela non é o problema. 443 00:38:48,000 --> 00:38:50,583 Tommy e a súa chapa non son a solución. 444 00:38:50,666 --> 00:38:53,541 -Debín rematar o traballo. -Pero non o fixeches. 445 00:38:58,041 --> 00:38:59,083 Onde está mamá? 446 00:39:01,458 --> 00:39:02,333 Mamá! 447 00:39:03,291 --> 00:39:04,208 Leon? 448 00:39:16,875 --> 00:39:19,416 Ai, non, Burton. Os corpos. 449 00:39:21,583 --> 00:39:22,416 Merda. 450 00:39:29,708 --> 00:39:32,958 Só me está a custar entendelo. 451 00:39:35,000 --> 00:39:37,000 Unha medicina do futuro. 452 00:39:38,458 --> 00:39:42,208 Só a fórmula. Mandárona a Pharma Jon para imprimila. 453 00:39:43,791 --> 00:39:44,708 Como? 454 00:39:44,791 --> 00:39:47,916 Iso importa? Funcionou. 455 00:39:51,083 --> 00:39:53,708 Sabedes por que vosos primos creceron en Ohio? 456 00:39:54,666 --> 00:39:57,166 O banco quitoulle a granxa ó tío Charles. 457 00:39:57,250 --> 00:40:00,541 Meu pai contoumo tantas veces que me aburría, 458 00:40:00,625 --> 00:40:02,291 pero quedoume gravado. 459 00:40:02,375 --> 00:40:06,750 A idea é que o peor que pode facer alguén é depender dun estraño 460 00:40:07,125 --> 00:40:08,375 a quen só lle importa 461 00:40:08,750 --> 00:40:11,625 collervos algo para quedar con el. 462 00:40:11,708 --> 00:40:13,125 E non paran nunca. 463 00:40:13,208 --> 00:40:15,041 Pero non lles pagamos nada. 464 00:40:15,125 --> 00:40:16,250 Págannos eles. 465 00:40:16,333 --> 00:40:19,666 Iso é o que pensaría o tío cando recibiu o préstamo. 466 00:40:21,208 --> 00:40:23,166 As medicinas son deles. 467 00:40:24,416 --> 00:40:26,375 Que pasa se deixo de tomalas? 468 00:40:30,083 --> 00:40:31,083 Non o sei. 469 00:40:31,166 --> 00:40:34,000 E se deixades de pagarlle a Corbell Pickett? 470 00:40:36,500 --> 00:40:39,708 Vou deixar toda a parte de viaxar ó futuro, 471 00:40:39,791 --> 00:40:43,166 porque creo que teño que pensar antes de aceptala, 472 00:40:43,250 --> 00:40:45,625 pero o da dependencia parece sinxelo. 473 00:40:45,708 --> 00:40:47,833 Fai que me preocupe por todos nós. 474 00:40:47,916 --> 00:40:49,708 Estoume a lear un pouco 475 00:40:49,791 --> 00:40:53,333 con todas as complicacións do que estades a facer, 476 00:40:53,416 --> 00:40:57,750 pero, se eu penso que non tedes moito poder na vosa situación, 477 00:40:57,833 --> 00:40:59,791 pensade como o ven eles. 478 00:41:13,208 --> 00:41:14,708 Temos que falar disto. 479 00:41:14,791 --> 00:41:16,458 Non vou ser presa fácil. 480 00:41:16,541 --> 00:41:18,375 Non sabemos se o casco é seguro. 481 00:41:18,458 --> 00:41:21,833 É seguro esperar aquí a que veña matarnos alguén? 482 00:41:51,375 --> 00:41:52,208 Que? 483 00:41:52,291 --> 00:41:54,416 Os polts pirateron o periférico. 484 00:41:54,833 --> 00:41:57,125 -Queres que os desconecte? -Non. 485 00:42:02,416 --> 00:42:04,750 -Que sorpresa máis agradable. -Non, Wilf. 486 00:42:04,833 --> 00:42:08,625 Unha sorpresa é que alguén tente matarte, o cal acaba de pasar. 487 00:42:08,708 --> 00:42:09,708 Alguén novo. 488 00:42:09,791 --> 00:42:11,958 Tiña un deses puñadores sónicos, 489 00:42:12,041 --> 00:42:14,166 -coma o do CI. -Eu... 490 00:42:14,250 --> 00:42:17,458 Supoñíase que nos avisariades se alguén viña matarnos. 491 00:42:17,541 --> 00:42:21,291 Pero resulta que non podedes. Nin sequera sabedes que pasou. 492 00:42:21,875 --> 00:42:24,541 Moita sabedoría por vivir no futuro e mira. 493 00:42:24,625 --> 00:42:25,833 Que pasou? 494 00:42:30,083 --> 00:42:31,500 Todo foi ó carallo. 495 00:42:32,833 --> 00:42:34,708 Agora está metido o shériff. 496 00:42:34,791 --> 00:42:36,833 As cousas vanse complicar moito. 497 00:42:40,291 --> 00:42:41,750 Estades todos ben? 498 00:42:47,125 --> 00:42:48,791 Teño que preguntarche algo. 499 00:42:50,916 --> 00:42:54,250 O outro día, cando fomos pasear e enlazaches comigo, 500 00:42:56,291 --> 00:42:57,750 tiñas outro motivo? 501 00:42:59,333 --> 00:43:01,125 Creo que non te entendo. 502 00:43:01,208 --> 00:43:03,125 Tentabas confundirme? 503 00:43:04,583 --> 00:43:09,791 Ou as miñas emocións, supoño, co tema da deriva háptica? 504 00:43:10,916 --> 00:43:12,250 Deriva háptica? 505 00:43:13,875 --> 00:43:16,125 -Non sei que significa iso. -Wilf... 506 00:43:18,375 --> 00:43:20,916 Unícheste comigo para que comezase a... 507 00:43:23,083 --> 00:43:28,208 Non sei, sentir algo por ti que pode que aínda non gañaras? 508 00:43:28,291 --> 00:43:30,916 Síntoo, Fisher, pero de verdade que... 509 00:43:33,250 --> 00:43:34,083 Wilf. 510 00:43:38,250 --> 00:43:39,791 Comezo a confiar en ti. 511 00:43:44,208 --> 00:43:45,416 É un erro? 512 00:43:47,666 --> 00:43:48,500 Non. 513 00:43:52,000 --> 00:43:52,916 Non. 514 00:44:16,500 --> 00:44:18,041 Cantos anos tes, rapaz? 515 00:44:20,000 --> 00:44:22,583 Penso que uns 28 ou así. 516 00:44:24,791 --> 00:44:28,375 Non me pareces exmilitar por algunha razón. 517 00:44:29,958 --> 00:44:31,958 Seguro que nunca saíches da vila. 518 00:44:33,875 --> 00:44:37,000 Vives unha vida agradable e tranquila, imaxino. 519 00:44:37,833 --> 00:44:40,875 Pois iso acabouse. 520 00:44:42,333 --> 00:44:43,750 O de tranquila, digo. 521 00:44:44,125 --> 00:44:48,041 Aínda que pode que o da vida tamén, segundo como remate isto. 522 00:44:50,583 --> 00:44:54,875 Cres que existen os momentos nos que o destino pode cambiar, 523 00:44:55,125 --> 00:44:56,833 coma desvíos na estrada? 524 00:44:58,166 --> 00:44:59,500 Porque estás nun, 525 00:44:59,583 --> 00:45:01,416 aínda que non o saibas. 526 00:45:03,375 --> 00:45:05,750 Podes levarme á comisaría, empapelarme, 527 00:45:05,833 --> 00:45:09,083 meter as miñas pegadas no sistema e recoller o meu ADN 528 00:45:09,583 --> 00:45:11,750 e comezarías unha conta atrás. 529 00:45:11,833 --> 00:45:13,458 Para min, polo menos. 530 00:45:15,375 --> 00:45:16,708 Pero tamén para ti. 531 00:45:18,333 --> 00:45:21,208 Porque a xente que virá por min 532 00:45:21,291 --> 00:45:24,291 non é o tipo de xente que deixa cabos soltos. 533 00:45:25,291 --> 00:45:27,458 E que eu fale así contigo 534 00:45:28,791 --> 00:45:31,458 convértete nun cabo solto, por desgraza. 535 00:45:34,541 --> 00:45:36,958 A hostia, mira a túa cara. 536 00:45:37,958 --> 00:45:40,875 Nunca xogas ó póker? Es transparente. 537 00:45:40,958 --> 00:45:44,666 Vexo a curiosidade no teu interior. 538 00:45:44,750 --> 00:45:46,666 "Quen cona é este tipo? 539 00:45:47,000 --> 00:45:50,416 "Por que veu aquí para matar esa xente?" 540 00:45:51,208 --> 00:45:52,583 Pois voucho contar. 541 00:45:54,208 --> 00:45:57,291 Alguén ameazou con matar a miña filla se non o facía. 542 00:45:58,583 --> 00:46:02,083 Tamén me pagou 2,5 millóns de dólares. 543 00:46:02,583 --> 00:46:07,166 O primeiro prazo dun total de dez se completaba o traballo. 544 00:46:07,250 --> 00:46:10,916 Pero non o fixen. 545 00:46:11,000 --> 00:46:12,125 Iso está claro. 546 00:46:13,291 --> 00:46:14,125 Quen? 547 00:46:14,208 --> 00:46:16,625 Unha voz no teléfono. Non importa quen. 548 00:46:18,666 --> 00:46:23,625 O que importa son os 2,5 millóns, que son para ti, 549 00:46:25,541 --> 00:46:26,708 se os queres. 550 00:46:37,791 --> 00:46:39,375 Que dis, axente? 551 00:46:44,791 --> 00:46:45,625 Digo que... 552 00:47:47,291 --> 00:47:48,291 Merda! 553 00:48:14,250 --> 00:48:16,958 Temo que fixen mal ó aceptar traerte aquí. 554 00:48:17,791 --> 00:48:21,000 Pregúntome que esperas conseguir aí dentro. 555 00:48:21,083 --> 00:48:24,583 Quero que Cherise saiba o que se sente cando te cazan. 556 00:48:26,375 --> 00:48:27,958 Cres que non podo con ela? 557 00:48:28,041 --> 00:48:29,833 Iso non o dubido. 558 00:48:29,916 --> 00:48:32,000 Preocúpame o que pasa despois. 559 00:48:32,083 --> 00:48:33,833 Non vas defenderte dun ataque, 560 00:48:33,916 --> 00:48:37,416 vas ser a asaltante, que comporta unha maior envergadura. 561 00:48:37,500 --> 00:48:39,041 E ti como o sabes? 562 00:48:39,833 --> 00:48:42,958 Non fas máis que mirar desde un curruncho, non? 563 00:48:43,708 --> 00:48:45,416 Conteiche como coñecín a Lev? 564 00:48:47,833 --> 00:48:51,416 Cando tiña 12 anos, meus pais mandáronme a un internado. 565 00:48:51,500 --> 00:48:54,500 Aínda estabamos a saír do jackpot 566 00:48:54,583 --> 00:48:56,708 e había xente á que no lle gustaba 567 00:48:56,791 --> 00:48:58,875 onde estaba o poder no novo mundo. 568 00:48:58,958 --> 00:49:00,666 Parecíalles corrupto. 569 00:49:00,750 --> 00:49:02,041 Neoprimitivos? 570 00:49:02,666 --> 00:49:04,125 Atacaron a escola. 571 00:49:05,333 --> 00:49:07,291 Por que? Só erades nenos. 572 00:49:07,375 --> 00:49:08,916 Unha mensaxe a nosos pais. 573 00:49:09,875 --> 00:49:12,916 Obrigáronme a servilles a comida no comedor. 574 00:49:14,750 --> 00:49:18,750 Non me viron coller un coitelo para carne dunha das súas bandexas. 575 00:49:21,500 --> 00:49:26,458 Corteille a gorxa ó líder e dispareilles a catro dos seus compañeiros. 576 00:49:31,750 --> 00:49:33,291 Foi en defensa propia. 577 00:49:33,375 --> 00:49:35,416 Tamén pode ser a sangue frío. 578 00:49:37,083 --> 00:49:38,833 Non pensei na envergadura. 579 00:49:40,541 --> 00:49:42,875 Non a podía imaxinar. 580 00:49:46,916 --> 00:49:48,750 Non vaias. 581 00:49:49,708 --> 00:49:52,333 A menos que saibas o que vas facer 582 00:49:52,416 --> 00:49:54,083 e esteas en paz. 583 00:50:06,208 --> 00:50:07,458 Como podo axudar? 584 00:50:08,583 --> 00:50:11,041 -Escanearon a miña cara? -Por suposto. 585 00:50:11,833 --> 00:50:13,458 Pois non preciso máis. 586 00:50:14,166 --> 00:50:16,416 Señora, se non ten unha cita... 587 00:50:20,125 --> 00:50:23,041 Vou ter que chamar a seguridade. 588 00:50:23,125 --> 00:50:25,583 Xa me encargo eu. Grazas. 589 00:50:30,125 --> 00:50:33,291 Pensei que serías máis alta. 590 00:50:34,125 --> 00:50:35,833 Pero só teño un minuto. 591 00:50:35,916 --> 00:50:38,208 Temos que ir ó gran. 592 00:50:38,291 --> 00:50:39,625 Como podo axudar? 593 00:50:40,083 --> 00:50:42,791 Ademais de matando a miña familia? 594 00:50:42,875 --> 00:50:45,666 Pois si, porque iso non é negociable. 595 00:50:46,541 --> 00:50:48,041 Que hostia te fixen? 596 00:50:48,500 --> 00:50:49,958 Roubarme, querida. 597 00:50:50,041 --> 00:50:54,583 Levaches uns datos moi importantes. 598 00:50:56,833 --> 00:50:59,583 Devólveos e perdoareino todo. 599 00:50:59,666 --> 00:51:01,458 Non roubei nada. 600 00:51:01,958 --> 00:51:05,708 Xoguei, morrín e volvín a casa. Fin da partida. 601 00:51:05,791 --> 00:51:08,708 Entón tenos Aelita West? 602 00:51:08,791 --> 00:51:13,333 Nin puta idea de quen os ten e a verdade é que non me importa. 603 00:51:14,041 --> 00:51:16,916 Só quero que nos deixes en paz. 604 00:51:17,375 --> 00:51:21,416 Ou mentes ou sabes tan pouco que es prescindible. 605 00:51:21,916 --> 00:51:26,208 En calquera caso, a vosa morte é o único obxectivo viable. 606 00:51:27,375 --> 00:51:31,458 E por que estás tan segura de que non te matarei eu aquí mesmo? 607 00:51:31,708 --> 00:51:36,333 Non son tan descoidada. Estou no meu propio periférico. 608 00:51:36,416 --> 00:51:39,666 Pero podería facerche moito dano. 609 00:51:39,750 --> 00:51:41,875 E imaxino que saerías desa cousa 610 00:51:41,958 --> 00:51:43,375 cun sinal de perigo. 611 00:51:43,458 --> 00:51:45,291 Por que dis iso? 612 00:51:45,833 --> 00:51:48,208 Temos xente coma ti de onde veño. 613 00:51:49,375 --> 00:51:54,250 Xente con poder e cartos á que lle encanta pisar os demais. 614 00:51:55,000 --> 00:51:58,708 Non sufrides nada parecido a unha pelexa de verdade. 615 00:52:00,708 --> 00:52:05,000 Vivín máis situacións extremas das que podes imaxinar. 616 00:52:05,083 --> 00:52:07,416 Esmagaría a túa pequena mente. 617 00:52:07,500 --> 00:52:11,458 Así que non me deas un sermón sobre a dor. 618 00:52:11,541 --> 00:52:13,958 Non pretendo darche un sermón. 619 00:52:14,041 --> 00:52:15,875 Só quero romperche o pescozo. 620 00:52:19,666 --> 00:52:20,583 Séntela? 621 00:52:21,708 --> 00:52:23,541 A escuridade que se achega? 622 00:52:24,583 --> 00:52:29,458 É só un ensaio para cando te mate de verdade. 623 00:52:44,333 --> 00:52:46,000 Agora entrei no teu mundo. 624 00:52:46,875 --> 00:52:50,083 A próxima vez, virei por ti. 625 00:53:30,500 --> 00:53:33,416 PROXIMAMENTE EN THE PERIPHERAL 626 00:53:38,375 --> 00:53:40,666 Un asasinato cun periférico implicado. 627 00:53:40,750 --> 00:53:42,083 Teremos que traballar. 628 00:53:42,166 --> 00:53:44,625 Por que a xente non se achega a nós? 629 00:53:44,708 --> 00:53:45,708 Fai isto. 630 00:53:48,541 --> 00:53:51,291 Dis que desapareceu un coche invisible? 631 00:53:51,375 --> 00:53:53,625 Décheste moi forte nesa cabeciña? 632 00:53:55,916 --> 00:53:57,416 Case te matan. 633 00:53:57,500 --> 00:53:59,541 Hai algo que non me contaches? 634 00:53:59,625 --> 00:54:01,708 Fagas o que fagas, non lle mintas. 635 00:54:02,000 --> 00:54:04,416 Non foi un accidente, senón unha emboscada. 636 00:54:04,500 --> 00:54:05,666 Non, non, non! 637 00:55:43,375 --> 00:55:45,375 Subtítulos: Marcos Carou Balado 638 00:55:45,458 --> 00:55:47,458 Supervisora creativa: Estefanía Prol Lusquiños