1 00:00:06,000 --> 00:00:08,916 ANTERIORMENTE EN THE PERIPHERAL 2 00:00:10,000 --> 00:00:11,541 Dá acceso a calquera cousa. 3 00:00:11,625 --> 00:00:15,875 O máis emocionante vén de Modificación do Comportamento. 4 00:00:17,333 --> 00:00:18,458 Non podedes. 5 00:00:18,500 --> 00:00:20,708 Son persoas. Xente real. 6 00:00:20,750 --> 00:00:23,250 Tan boa que dá medo. 7 00:00:24,500 --> 00:00:26,208 Non vou ser presa fácil. 8 00:00:26,291 --> 00:00:28,791 Nin sequera sabemos se o casco é seguro. 9 00:00:28,875 --> 00:00:30,583 O máis raro que atopei nunca. 10 00:00:30,666 --> 00:00:32,291 É seguro esperar aquí 11 00:00:32,416 --> 00:00:34,750 a que veña matarnos alguén? 12 00:00:34,791 --> 00:00:35,791 Agóchate! 13 00:00:36,750 --> 00:00:39,333 Tamén son boa coa escopeta. Quere velo? 14 00:00:40,458 --> 00:00:43,166 A xente que virá por min 15 00:00:43,833 --> 00:00:46,708 non é o tipo de xente que deixa cabos soltos. 16 00:00:58,000 --> 00:01:00,583 INTERIOR DE TEXAS 2028 17 00:01:25,083 --> 00:01:27,333 Isto é bastante fácil de arranxar. 18 00:01:27,416 --> 00:01:29,000 Eu non lle vou disparar. 19 00:01:29,791 --> 00:01:33,666 E se algún de vós o intenta, sácolle os dentes dun puñazo. 20 00:01:33,750 --> 00:01:37,083 Alguén ten que facer algo, non vou aguantar moito máis. 21 00:01:37,166 --> 00:01:39,333 Estamos informados de que os texanos 22 00:01:39,416 --> 00:01:42,000 usan cans feridos para que saiamos ó aire. 23 00:01:42,458 --> 00:01:44,458 E aquí estamos agora, 24 00:01:45,125 --> 00:01:49,000 cun can na merda xusto diante. 25 00:01:49,083 --> 00:01:52,000 A min paréceme bastante claro, non credes? 26 00:01:52,083 --> 00:01:56,083 Eses texanos non teñen onde esconderse a esperar un bo samaritano. 27 00:01:56,166 --> 00:01:58,708 Poderíante matar a tres quilómetros. 28 00:01:59,125 --> 00:02:02,791 Antes de que te deses conta do estúpido que fuches. 29 00:02:02,875 --> 00:02:06,958 Coa merda de area á que lle chaman aire, tres quilómetros son un mundo. 30 00:02:08,916 --> 00:02:10,041 Veña, neno. 31 00:02:10,291 --> 00:02:12,916 Levamos 19 días sen disparar. 32 00:02:13,000 --> 00:02:14,708 Dádeme algo, por favor. 33 00:02:30,000 --> 00:02:32,541 Nin o penses. Conner! Merda. 34 00:02:32,625 --> 00:02:33,541 Ás 12 en punto. 35 00:02:35,833 --> 00:02:36,666 Fillo de puta. 36 00:02:44,250 --> 00:02:45,875 Movemento ás dúas. 37 00:02:59,333 --> 00:03:01,166 Era un puto corvo, Leon. 38 00:03:01,250 --> 00:03:02,208 Merda. 39 00:03:26,083 --> 00:03:26,916 Ola. 40 00:03:38,625 --> 00:03:39,500 Vaia. 41 00:03:40,708 --> 00:03:43,916 Que difícil me fan a vida todos estes disparos. 42 00:03:44,000 --> 00:03:45,500 Remata xa, cabronazo. 43 00:03:51,958 --> 00:03:54,041 Tranquilo, campión. Déixame... 44 00:04:16,208 --> 00:04:17,458 Ide ó carallo. 45 00:04:21,250 --> 00:04:24,666 Estou aquí, tío. Estou aquí. Non pasa nada. 46 00:04:24,750 --> 00:04:26,125 Está todo ben. 47 00:04:26,708 --> 00:04:30,416 Estou aquí, vale? 48 00:04:31,666 --> 00:04:32,875 Non pasa nada. 49 00:05:58,041 --> 00:06:01,083 PERIFERIKOAK 50 00:06:46,958 --> 00:06:49,083 Sabes que odio as interrupcións 51 00:06:49,166 --> 00:06:51,208 no meu paseo, non si, Beatrice? 52 00:06:51,291 --> 00:06:52,166 Si, señora. 53 00:06:55,791 --> 00:06:59,750 Supoño que se trata do recente alboroto no Centro de Investigación. 54 00:06:59,833 --> 00:07:00,958 Así é, señora. 55 00:07:01,041 --> 00:07:02,833 En dez palabras ou menos. 56 00:07:02,916 --> 00:07:07,208 Un asasinato na rúa Sackville cun periférico e unha koide implicados. 57 00:07:07,291 --> 00:07:08,875 Iso foron 11 palabras. 58 00:07:08,958 --> 00:07:12,083 Así é, señora. Precisábaas en nome da claridade. 59 00:07:12,166 --> 00:07:14,666 Pero aínda hai poucas cousas claras. 60 00:07:14,750 --> 00:07:17,375 Como empregarías unha asignación máis xenerosa? 61 00:07:17,458 --> 00:07:21,250 Informaríaa de que a vítima foi o xefe de seguridade do CI. 62 00:07:21,333 --> 00:07:22,416 Daniel Cook. 63 00:07:22,500 --> 00:07:23,833 Coñezo a Daniel. 64 00:07:24,166 --> 00:07:26,666 "Coñecíao" sería o tempo correcto. 65 00:07:26,750 --> 00:07:28,125 E foi unha koide? 66 00:07:28,208 --> 00:07:30,208 Así é. Cortoulle a gorxa. 67 00:07:33,500 --> 00:07:34,916 É fermoso, non si? 68 00:07:35,000 --> 00:07:36,708 Case parece unha foto. 69 00:07:36,791 --> 00:07:39,750 Non sexas descarada. Non é un trazo encantador. 70 00:07:40,833 --> 00:07:42,458 Teremos que traballar. 71 00:07:54,958 --> 00:07:56,583 Non o vexo, Tommy. 72 00:07:56,666 --> 00:07:58,291 Rexistreino eu mesmo. 73 00:07:58,666 --> 00:07:59,625 Hai dous días. 74 00:07:59,958 --> 00:08:01,750 Pedín un par de todoterreos. 75 00:08:01,833 --> 00:08:03,458 Sen matrícula nin cor? 76 00:08:03,541 --> 00:08:05,541 Tiñan pintura cromática. 77 00:08:05,625 --> 00:08:07,333 E teño que saber o que é iso? 78 00:08:07,416 --> 00:08:08,625 Que eran invisibles. 79 00:08:12,041 --> 00:08:15,666 Dis que desapareceron uns coches invisibles? 80 00:08:16,833 --> 00:08:19,416 Décheste moi forte nesa cabeciña? 81 00:08:19,500 --> 00:08:22,583 Podo coller as chaves e rexistralo eu? 82 00:08:22,666 --> 00:08:25,416 Sabes que non podo deixarte. Cadea de custodia. 83 00:08:26,375 --> 00:08:27,375 Se queres mirar, 84 00:08:29,500 --> 00:08:31,083 fálao co shériff Jackman. 85 00:08:56,041 --> 00:08:57,041 Shériff. 86 00:09:01,291 --> 00:09:03,791 Pensaba que te mandara á casa, Tommy. 87 00:09:04,125 --> 00:09:06,333 Estou pechando uns temas, señor. 88 00:09:06,916 --> 00:09:08,375 Mimadriña. 89 00:09:09,041 --> 00:09:12,750 Parece que tes un anxo da garda moi especial a coidar de ti. 90 00:09:13,458 --> 00:09:16,916 Lin o teu informe. 91 00:09:17,000 --> 00:09:20,125 Non parece que lembres moito. Algún cambio? 92 00:09:20,208 --> 00:09:24,166 Estou traballando niso, señor. Téñoo todo algo borroso. 93 00:09:29,250 --> 00:09:33,291 Mira, Tommy, preciso que collas uns días de vacacións. 94 00:09:33,375 --> 00:09:37,625 Pagadas. Tes que descansar e coidar desa cabeza. 95 00:09:37,708 --> 00:09:39,875 Volve connosco en plena forma. 96 00:09:39,958 --> 00:09:42,041 Ese home anda solto na miña garda. 97 00:09:42,125 --> 00:09:43,291 Seino moi ben. 98 00:09:43,375 --> 00:09:46,041 E ímolo arranxar todo. Encargareime eu mesmo. 99 00:09:49,041 --> 00:09:51,833 Hai algo que sempre admirei de ti, Thomas. 100 00:09:52,333 --> 00:09:53,916 Tes determinación. 101 00:09:54,625 --> 00:09:58,166 Sempre a tiveches, desde que eras un adolescente salvaxe. 102 00:09:58,916 --> 00:10:01,041 Se che podo dar un consello, 103 00:10:01,625 --> 00:10:03,208 aprende a controlala. 104 00:10:04,500 --> 00:10:06,958 Ata as cousas boas poden queimar. 105 00:10:07,791 --> 00:10:10,208 Como meu avó dicía sempre, 106 00:10:10,291 --> 00:10:13,125 cando camiñes sobre ovos, non saltes. 107 00:10:14,708 --> 00:10:15,916 Entendes, fillo? 108 00:10:19,750 --> 00:10:20,916 Así me gusta. 109 00:10:22,041 --> 00:10:24,708 Teño uns asuntos dos que ocuparme. 110 00:11:04,208 --> 00:11:06,666 Avergóñame recoñecer que estaba nervioso 111 00:11:06,750 --> 00:11:09,166 cando fuches encararte con Cherise. 112 00:11:10,916 --> 00:11:14,125 Ti es un tío normal, non si? 113 00:11:15,041 --> 00:11:16,208 Que queres dicir? 114 00:11:16,291 --> 00:11:21,250 Non sei. Mírote e miro todo isto... 115 00:11:22,250 --> 00:11:24,791 É moi distinto de onde vivo eu. 116 00:11:26,416 --> 00:11:27,541 Ou de "cando". 117 00:11:27,625 --> 00:11:32,333 Cría que isto sería mellor, pero estades tan fodidos coma nós. 118 00:11:35,166 --> 00:11:36,333 Ou máis, se cadra. 119 00:11:37,166 --> 00:11:38,166 Pode ser. 120 00:11:45,958 --> 00:11:49,666 Oe, por que todo o mundo garda tanto as distancias con nós? 121 00:11:50,958 --> 00:11:53,916 É por razóns sanitarias ou algo? 122 00:11:57,750 --> 00:12:00,416 Nunca camiñan preto de nós. 123 00:12:01,000 --> 00:12:02,333 Porque non é real. 124 00:12:03,416 --> 00:12:04,791 É realidade aumentada. 125 00:12:08,375 --> 00:12:09,416 Fai así. 126 00:12:20,083 --> 00:12:22,916 É unha tecnoloxía do Centro de Investigación. 127 00:12:26,666 --> 00:12:27,916 Manda truco. 128 00:12:30,791 --> 00:12:31,916 Por que? 129 00:12:33,666 --> 00:12:36,125 Poderíaselle chamar estimulante anímico. 130 00:12:36,583 --> 00:12:38,166 Así é menos inhóspito. 131 00:12:39,166 --> 00:12:43,041 Chega un momento no que deixas de pensalo. Está aí. Coma o tempo. 132 00:12:43,708 --> 00:12:46,250 Pero todo o demais é real, non si? 133 00:12:49,625 --> 00:12:51,791 Algúns edificios están completados. 134 00:12:52,250 --> 00:12:55,208 Os que aínda non tiveron tempo de volver fabricar. 135 00:12:56,333 --> 00:12:58,750 Mira, así. 136 00:13:09,541 --> 00:13:10,791 Por Deus. 137 00:13:13,708 --> 00:13:17,041 Se o CI está a facer cousas coma esta á vista de todos, 138 00:13:17,125 --> 00:13:18,916 que farán en segredo? 139 00:13:24,958 --> 00:13:30,125 Cherise dixo que lle copiei e lle roubei datos aquela noite. 140 00:13:30,583 --> 00:13:33,458 Vai seguir intentando matarme ata recuperalos. 141 00:13:33,541 --> 00:13:35,791 Sexa o que sexa, iso deixouno claro. 142 00:13:35,875 --> 00:13:39,125 Se cadra o fabricante que imos ver pode axudarnos. 143 00:13:39,208 --> 00:13:42,666 Fixo os periféricos de Aelita. Pode que saiba onde está. 144 00:13:42,750 --> 00:13:45,708 -Como sabes que é el? -Por isto. 145 00:13:55,916 --> 00:13:57,125 Teño eu un destes? 146 00:14:01,291 --> 00:14:06,125 Aquela noite, cando Aelita me puxo o ollo naquela cousa, sentín algo. 147 00:14:12,500 --> 00:14:16,083 Pode que Aelita descargase datos no coto? 148 00:14:16,166 --> 00:14:17,375 Teóricamente, pode. 149 00:14:18,041 --> 00:14:20,250 Tería que descargalos no teu mundo. 150 00:14:20,333 --> 00:14:21,458 E que será? 151 00:14:22,166 --> 00:14:25,458 Iso só nolo pode dicir Aelita. 152 00:14:28,416 --> 00:14:30,958 CARNIZARÍA CROWN & ROSE CARNE DA BOA 153 00:14:37,541 --> 00:14:38,416 Ben. 154 00:14:40,958 --> 00:14:42,166 Que vai ser? 155 00:14:43,750 --> 00:14:44,875 Pastel de carne. 156 00:14:50,041 --> 00:14:51,250 Non facemos tal. 157 00:14:53,291 --> 00:14:55,541 Pero recoméndolles a carne de porco. 158 00:14:55,958 --> 00:14:57,041 É unha mágoa. 159 00:14:57,750 --> 00:15:00,375 Viñamos co pastel de carne na cabeza. 160 00:15:00,458 --> 00:15:02,625 Disque é a súa especialidade. 161 00:15:02,708 --> 00:15:04,791 Parecedes unha parella encantadora. 162 00:15:05,333 --> 00:15:08,041 É mellor que marchedes antes de saír malparados. 163 00:15:10,750 --> 00:15:14,541 E que pensa de min, señor? 164 00:15:14,625 --> 00:15:16,291 Non sei quen vén sendo. 165 00:15:16,916 --> 00:15:19,333 O tipo que construíu isto 166 00:15:19,416 --> 00:15:23,250 aseguroume que era mellor do que vostede é quen de facer. 167 00:15:24,000 --> 00:15:25,375 Mesmo no seu apoxeo. 168 00:15:26,125 --> 00:15:27,458 No meu apoxeo? 169 00:15:28,083 --> 00:15:30,583 Antes de que a súa destreza cambalease. 170 00:15:31,458 --> 00:15:34,000 E quen cona é esa persoa? 171 00:15:34,083 --> 00:15:38,666 Non digo que o crea. Só repito o que me dixo. 172 00:15:38,750 --> 00:15:40,541 Para alegrarme o día, non si? 173 00:15:40,625 --> 00:15:45,666 O tipo prometeume que me devolvería os cartos se lle demostraba o contrario. 174 00:15:46,166 --> 00:15:49,458 Así que pensei en darlle unha oportunidade. 175 00:15:50,166 --> 00:15:51,833 Probe a súa maña. 176 00:16:01,375 --> 00:16:04,041 -Non saio barato. -Iso non é ningún problema. 177 00:16:15,000 --> 00:16:16,458 PASADE, ESTÁ ABERTO 178 00:16:16,541 --> 00:16:18,125 SENTÍMOLO, ESTÁ PECHADO 179 00:16:48,166 --> 00:16:49,583 Vale. 180 00:16:50,666 --> 00:16:54,750 Non está mal, pero serame doado conseguir que che devolvan os cartos. 181 00:16:55,708 --> 00:16:57,041 Si. 182 00:16:57,125 --> 00:17:00,125 Temos un novo accesorio bastante impresionante. 183 00:17:00,208 --> 00:17:02,833 Unllas de titanio. Retráctiles. 184 00:17:02,916 --> 00:17:05,500 Podes saír dunha casa de pedra rañando. 185 00:17:06,000 --> 00:17:07,250 E os ollos? 186 00:17:08,250 --> 00:17:10,375 Calquera pode mellorar os ollos. 187 00:17:10,458 --> 00:17:12,500 Que queres? Visión nocturna? Térmica? 188 00:17:13,375 --> 00:17:17,666 E se quero cambiar un ollo por outro ollo humano? 189 00:18:18,541 --> 00:18:19,458 Levanta. 190 00:18:50,583 --> 00:18:54,916 Hostia, Abby, para un pouco, que vas facer que nos maten. 191 00:18:58,916 --> 00:19:00,791 Fálanos desta muller. 192 00:19:02,791 --> 00:19:06,208 Podes empezar a falar, Reggie, ou podo empezar a cortar. 193 00:19:08,250 --> 00:19:09,416 Ti elixes. 194 00:19:12,541 --> 00:19:14,416 Que credes que me farán? 195 00:19:14,500 --> 00:19:15,541 Quen? 196 00:19:15,625 --> 00:19:16,750 Os neoprimitivos. 197 00:19:18,083 --> 00:19:20,208 Non andan con moitos contos. 198 00:19:20,291 --> 00:19:21,750 Cortaríanme a lingua. 199 00:19:21,833 --> 00:19:24,500 -Que teñen que ver os neoprimitivos? -Home... 200 00:19:25,375 --> 00:19:29,458 Ela mandoume facelo para que alguén lle puidese poñer un ollo humano. 201 00:19:29,541 --> 00:19:32,000 Só un neoprimitivo sabería facer iso. 202 00:19:32,083 --> 00:19:34,625 Cirurxía antiga e bisturí? 203 00:19:43,208 --> 00:19:46,125 Agarda. Non podes saír así. 204 00:19:59,958 --> 00:20:02,291 Non sabía que Aelita era neoprimitiva. 205 00:20:06,291 --> 00:20:07,416 Eu tampouco. 206 00:20:13,291 --> 00:20:15,166 Contácheslle o que fixeches? 207 00:20:17,125 --> 00:20:19,041 Cando tomaron a túa escola? 208 00:20:34,333 --> 00:20:35,750 Síntoo, Wilf. 209 00:20:40,791 --> 00:20:42,666 A DE JIMMY ABRIMOS ATA A MEDIANOITE 210 00:21:06,541 --> 00:21:07,375 Merda! 211 00:21:15,791 --> 00:21:16,833 Vai ó carallo. 212 00:21:27,791 --> 00:21:29,500 Vale, imos aló. 213 00:21:36,833 --> 00:21:37,791 Ei, ola. 214 00:21:39,166 --> 00:21:42,000 Non te vira. Vés ou vas? 215 00:21:50,541 --> 00:21:52,000 Chamoute alguén. 216 00:21:52,083 --> 00:21:54,250 Só vin por un... Xa sabes. 217 00:21:56,791 --> 00:21:57,750 Un que, Macon? 218 00:21:59,333 --> 00:22:01,875 Un café, supoño. 219 00:22:04,750 --> 00:22:06,000 Si, chamáronme. 220 00:22:07,833 --> 00:22:09,416 O que me pregunto é 221 00:22:10,333 --> 00:22:12,750 por que non saen eles! 222 00:22:15,791 --> 00:22:18,708 Coido que teñen medo. 223 00:22:20,500 --> 00:22:21,541 E ti non? 224 00:22:22,708 --> 00:22:27,125 Non o sei. Vaia, un pouco, supoño. 225 00:22:35,666 --> 00:22:39,000 Hai unha chave inglesa nalgún sitio baixo aquela grúa. 226 00:22:39,083 --> 00:22:40,541 Queres que vaia? 227 00:22:41,541 --> 00:22:43,250 Que cha traia? 228 00:22:44,833 --> 00:22:46,166 Vale, telo? 229 00:22:47,000 --> 00:22:49,125 -Aí? -Si, xusto aí. 230 00:22:49,666 --> 00:22:51,250 -Aperta. -Aí vou. 231 00:22:52,583 --> 00:22:53,416 Iso é. 232 00:22:59,750 --> 00:23:00,666 Algo máis? 233 00:23:02,083 --> 00:23:04,166 Fálame da tecnoloxía que usa Flynne. 234 00:23:07,583 --> 00:23:11,416 A verdade, Conner, non tomes isto a mal, 235 00:23:12,500 --> 00:23:15,291 pero tería que preguntarlles o que podo contar. 236 00:23:15,375 --> 00:23:17,833 Xa o usei. O casco. 237 00:23:19,083 --> 00:23:20,041 Burton sábeo. 238 00:23:22,791 --> 00:23:23,875 É real, non? 239 00:23:26,208 --> 00:23:29,625 Flynne pilota un corpo real nun sitio de verdade. 240 00:23:30,041 --> 00:23:31,458 Iso é o que sei. 241 00:23:34,750 --> 00:23:36,000 Cal é o límite? 242 00:23:37,000 --> 00:23:37,958 De que falas? 243 00:23:38,041 --> 00:23:41,625 Hai un tempo límite para estar alí? 244 00:23:42,000 --> 00:23:46,583 Supoño que terás que mexar, non? Comer, beber e todo iso. Logo... 245 00:23:47,625 --> 00:23:51,041 Estiven nunha cama dun hospital militar, 246 00:23:51,833 --> 00:23:55,458 entrando e saíndo do coma, durante oito meses. 247 00:23:56,791 --> 00:24:00,416 Tiña un catéter para mexar, unha vía intravenosa para beber 248 00:24:00,500 --> 00:24:03,583 e tubos para comer. 249 00:24:05,208 --> 00:24:08,333 Estás a dicir o que eu creo? 250 00:24:08,416 --> 00:24:11,375 Se alguén me pode facer un corpo, 251 00:24:11,875 --> 00:24:17,291 poderiades ti mais Edward prepararme para vivir alí de forma permanente? 252 00:24:19,583 --> 00:24:23,000 Non son médico, Conner, pero non sei se o teu corpo, 253 00:24:23,083 --> 00:24:25,875 o de verdade, o de aquí, sairía ben parado. 254 00:24:25,958 --> 00:24:27,166 Síntoo, pero... 255 00:24:27,833 --> 00:24:29,833 Non sei canto durarías. 256 00:24:32,958 --> 00:24:36,166 Es unha das persoas máis listas deste sitio, non si? 257 00:24:37,125 --> 00:24:38,000 Si. 258 00:24:38,791 --> 00:24:41,166 -Non sei eu. -Si que o es. 259 00:24:41,250 --> 00:24:42,333 Confía en min. 260 00:24:44,625 --> 00:24:48,041 Pois se non podes imaxinar o que é espertar 261 00:24:48,125 --> 00:24:50,916 nun corpo coma este, 262 00:24:53,375 --> 00:24:55,333 é porque non o tentaches. 263 00:24:57,375 --> 00:24:59,625 Por que non pensas niso un anaco? 264 00:25:02,500 --> 00:25:04,250 Entón, volveremos falar. 265 00:25:16,125 --> 00:25:17,958 RECOMPILANDO DATOS BIOMÉTRICOS 266 00:25:18,041 --> 00:25:20,708 XERACIÓN DE RECURSOS 267 00:25:30,458 --> 00:25:32,875 MONTANDO ANÁLISE FACIAL 268 00:25:34,708 --> 00:25:35,750 INICIAR INTEGRACIÓN NEURAL ACTIVADA 269 00:25:41,250 --> 00:25:42,958 FINALIZANDO CONFIGURACIÓNS 270 00:25:58,208 --> 00:25:59,041 ACTIVAR PERIFÉRICO EXECUTAR 271 00:26:02,583 --> 00:26:06,541 Sempre é un pouco arrepiante cando a IA cobra vida, non é? 272 00:26:07,666 --> 00:26:09,083 Momento Capela Sistina. 273 00:26:09,916 --> 00:26:11,875 Supoño que iso significa algo. 274 00:26:12,833 --> 00:26:17,125 Deus estírase cara a Adán para darlle a chispa da vida. 275 00:26:25,958 --> 00:26:28,958 Seino, só teño que seguir esa boliña de merda, non? 276 00:26:29,375 --> 00:26:30,750 Non é un xogo, Tommy. 277 00:26:32,833 --> 00:26:34,041 Podes seguila? 278 00:26:34,125 --> 00:26:34,958 Si. 279 00:26:47,875 --> 00:26:48,750 Todo ben? 280 00:26:51,083 --> 00:26:53,416 Os ollos tremían ó moverse. 281 00:26:54,833 --> 00:26:57,916 -Xunto cos mareos, os pitos... -Estou ben. 282 00:26:58,500 --> 00:27:02,625 Conmoción e probable lategazo cervical. Precisas un TAC. 283 00:27:02,708 --> 00:27:07,208 Levei golpes peores xogando ó fútbol no instituto. Teño que traballar. 284 00:27:07,291 --> 00:27:10,583 Moi sensato. Nótase que pensas con claridade. 285 00:27:11,166 --> 00:27:14,375 Deilles a miña palabra ós Fisher de que o tiña controlado. 286 00:27:14,458 --> 00:27:16,833 Dado o que pasou, deberías deixalo. 287 00:27:16,916 --> 00:27:19,500 Era o meu arresto. Estaba na miña custodia. 288 00:27:19,583 --> 00:27:21,416 Non podo deixalo pasar. 289 00:27:21,500 --> 00:27:23,833 Non o deixaches ti. Case te matan. 290 00:27:24,833 --> 00:27:26,583 Iso debería preocuparte máis. 291 00:27:26,666 --> 00:27:29,958 Preocúpame moito, por iso teño que ir aí fóra 292 00:27:30,041 --> 00:27:31,875 e atopar o fillo de puta. 293 00:27:31,958 --> 00:27:33,666 Os dous sabemos quen foi. 294 00:27:39,541 --> 00:27:43,875 Pareces a ra que axudou o escorpión a cruzar o río 295 00:27:43,958 --> 00:27:47,041 e non sabe por que o picou cando os dous afogaban. 296 00:27:49,708 --> 00:27:51,250 Que queres que faga? 297 00:27:52,333 --> 00:27:54,583 Colle unha baixa médica. 298 00:27:55,041 --> 00:27:58,500 Agóchate. Case rematei os meus dous anos obrigatorios aquí. 299 00:27:58,583 --> 00:28:00,083 Podo traballar onde queira. 300 00:28:00,583 --> 00:28:02,791 Gañariamos tempo para recuperarnos. 301 00:28:02,875 --> 00:28:04,708 Este é o meu fogar, Dee. 302 00:28:05,708 --> 00:28:08,750 Medrei nesta vila. Traballei toda a vida aquí. 303 00:28:09,208 --> 00:28:11,125 Entón sabes quen a controla 304 00:28:11,666 --> 00:28:14,166 e acábache de dicir que é un escorpión. 305 00:28:15,833 --> 00:28:17,708 Non quero que te volva picar. 306 00:28:24,041 --> 00:28:25,583 Non vou fuxir disto. 307 00:28:49,708 --> 00:28:51,875 A receita di que quedan dez minutos. 308 00:28:52,625 --> 00:28:57,125 Pois supoño que tivemos sorte de que non me faga falla para cociñar. 309 00:28:58,000 --> 00:29:03,041 Se a precisase, isto sabería a... 310 00:29:03,500 --> 00:29:04,541 A que? 311 00:29:04,958 --> 00:29:06,541 Estou pensando a palabra. 312 00:29:07,625 --> 00:29:09,875 A xente adoita dicir "a cartón". 313 00:29:09,958 --> 00:29:11,375 Por iso non quero dicilo. 314 00:29:11,708 --> 00:29:14,916 Nada de caer en tópicos. Proba. 315 00:29:18,708 --> 00:29:20,166 -Vale. -Que vale? 316 00:29:20,958 --> 00:29:22,541 Vale, tiñas razón. 317 00:29:22,625 --> 00:29:25,458 -Creo que esqueces a última parte. -Cal é? 318 00:29:25,750 --> 00:29:26,750 "Coma sempre." 319 00:29:29,791 --> 00:29:31,583 O invitado reviviu. 320 00:29:31,666 --> 00:29:34,416 Señor, xusto a tempo. 321 00:29:36,541 --> 00:29:38,666 Coma mentres está quente. 322 00:29:40,208 --> 00:29:42,833 Tomámonos algunhas liberdades mentres durmía. 323 00:29:42,916 --> 00:29:46,083 O estado no que o entregaron era... 324 00:29:47,333 --> 00:29:49,541 -Que palabra usaras? -Desagradable. 325 00:29:50,875 --> 00:29:53,083 Agora ten roupa limpa e todo iso. 326 00:29:53,416 --> 00:29:57,208 O colar é un accesorio ó que se terá que adaptar. 327 00:29:59,750 --> 00:30:00,708 Que fai? 328 00:30:01,208 --> 00:30:05,250 Hai dúas formas de pensar nestas cousas. 329 00:30:06,416 --> 00:30:09,291 Hai quen está na parte de... 330 00:30:09,375 --> 00:30:12,916 "benditos son os que confían sen ver". 331 00:30:13,000 --> 00:30:14,375 Xoán 20:29. 332 00:30:14,458 --> 00:30:16,958 Despois están os outros, 333 00:30:17,041 --> 00:30:21,583 que só respectan o lume cando se queiman. 334 00:30:21,666 --> 00:30:23,333 Do cantante Pete Townshend. 335 00:30:23,750 --> 00:30:25,416 De quen é vostede? 336 00:30:34,875 --> 00:30:36,708 Dos do rock, parece. 337 00:30:36,791 --> 00:30:38,166 Xa o supoñía. 338 00:30:38,250 --> 00:30:39,666 Xa, eu tamén. 339 00:30:41,291 --> 00:30:44,833 Veña, arriba, rapaz. Xa sei, xa sei. 340 00:30:45,166 --> 00:30:46,750 Sente, veña. 341 00:30:51,375 --> 00:30:52,666 Iso é. Tome. 342 00:30:53,416 --> 00:30:54,375 Aí ten. 343 00:30:55,750 --> 00:30:59,916 É axustable do un ó dez. Iso foi un catro. 344 00:31:00,000 --> 00:31:01,250 Un tres. 345 00:31:02,291 --> 00:31:04,416 Desagradable, fose o que fose. 346 00:31:06,125 --> 00:31:07,416 Contratoume vostede? 347 00:31:15,083 --> 00:31:17,625 Probe o asado, por favor. 348 00:31:39,166 --> 00:31:41,875 Que lle parece? Sexa honesto. 349 00:31:46,500 --> 00:31:47,333 Está bo. 350 00:31:50,500 --> 00:31:52,875 Sabe como se abranda a carne? 351 00:31:57,375 --> 00:31:59,208 A xente adoita usar un mazo. 352 00:31:59,666 --> 00:32:03,458 É rápido e sinxelo, pero tamén mancha moito 353 00:32:04,083 --> 00:32:06,583 e os resultados non están garantidos. 354 00:32:07,916 --> 00:32:11,708 Por iso eu prefiro auga con sal. 355 00:32:13,333 --> 00:32:15,583 Un proceso lento e controlado 356 00:32:16,000 --> 00:32:20,125 que adapta a natureza do que consomes ós teus gustos. 357 00:32:21,500 --> 00:32:23,750 Cando atopas a salmoira perfecta, 358 00:32:24,625 --> 00:32:26,500 case o garante. 359 00:32:28,500 --> 00:32:29,666 Agora ben, 360 00:32:31,125 --> 00:32:34,333 hai pouco, descubrín 361 00:32:35,833 --> 00:32:40,916 que alguén está na miña cociña fedellando coa salmoira. 362 00:32:42,750 --> 00:32:44,500 Quero saber quen é. 363 00:32:55,166 --> 00:32:58,125 Disque tiveches outro flashback. Dos gordos. 364 00:32:58,375 --> 00:32:59,583 Tomas algo? 365 00:32:59,666 --> 00:33:03,083 Non, non axuda. Aínda as sinto. 366 00:33:03,791 --> 00:33:05,125 Deixa que as drene. 367 00:33:05,208 --> 00:33:07,333 Xa non é o teu problema, Leon. 368 00:33:09,541 --> 00:33:10,916 E se canto? 369 00:33:11,708 --> 00:33:14,666 Parece que todos pensan que a miña voz cura. 370 00:33:16,250 --> 00:33:20,166 Só tento axudar, Conner. Dunha forma ou doutra. Ti elixes cal. 371 00:33:42,916 --> 00:33:44,916 Que che dean polo cu. Vale! 372 00:33:47,458 --> 00:33:48,375 Faino. 373 00:34:27,541 --> 00:34:29,041 As pernas non! 374 00:34:30,833 --> 00:34:31,750 Por favor! 375 00:35:00,375 --> 00:35:01,958 Isto estase a complicar, 376 00:35:02,750 --> 00:35:03,625 non cres? 377 00:35:07,291 --> 00:35:09,166 Non sei se me gusta esa ollada. 378 00:35:09,666 --> 00:35:12,166 A doutora que tratou a polt polo espasmo 379 00:35:12,250 --> 00:35:16,125 buscou "infeccións bacterianas localizadas no lóbulo occipital". 380 00:35:16,208 --> 00:35:17,958 Non pensas que Aelita... 381 00:35:18,041 --> 00:35:20,208 A verdade é que si. 382 00:35:20,291 --> 00:35:21,625 É posible sequera? 383 00:35:22,416 --> 00:35:23,458 Co ollo? 384 00:35:24,958 --> 00:35:26,791 En teoría, si. 385 00:35:45,500 --> 00:35:46,541 Señor Murphy! 386 00:35:47,583 --> 00:35:49,625 Desculpe, non nos presentaron. 387 00:35:50,083 --> 00:35:52,916 As persoas da miña idade sabémolo todo. 388 00:35:53,000 --> 00:35:56,083 A miña condena é ter acceso continuo a moito, 389 00:35:56,166 --> 00:36:00,333 o que deu o mal hábito de comportarme coma se xa coñecese a calquera. 390 00:36:00,416 --> 00:36:03,041 Non importa, señora. Non foi unha ofensa. 391 00:36:03,125 --> 00:36:05,000 Aínda que, dalgún xeito, é certo. 392 00:36:05,083 --> 00:36:06,333 Si, señora, iso creo. 393 00:36:06,416 --> 00:36:09,416 Pode presentarnos os señores Zubov e Netherton? 394 00:36:09,500 --> 00:36:12,666 Son a detective metropolitana Ainsley Lowbeer. 395 00:36:14,125 --> 00:36:15,833 A policía metropolitana. 396 00:36:17,291 --> 00:36:18,958 -Un axente? -Unha detective. 397 00:36:19,958 --> 00:36:21,875 Chama os avogados de meu pai. 398 00:36:22,375 --> 00:36:23,416 De inmediato! 399 00:36:23,500 --> 00:36:25,041 Desactivaron os telefónos. 400 00:36:25,125 --> 00:36:27,208 Sería prudente fuxir por detrás. 401 00:36:27,291 --> 00:36:29,333 Sabe que estás aquí. Mencionoute. 402 00:36:33,666 --> 00:36:35,208 Que debería facer? 403 00:36:35,875 --> 00:36:37,541 Déixaa pasar, hostia. 404 00:36:37,625 --> 00:36:39,583 Facela esperar incrimínanos. 405 00:36:43,000 --> 00:36:45,125 Fagas o que fagas, non lle mintas. 406 00:36:45,208 --> 00:36:47,833 Seríache imposible de tódolos xeitos. 407 00:36:47,916 --> 00:36:51,166 Os axentes de alto nivel teñen esa capacidade. 408 00:36:52,541 --> 00:36:55,666 É mellor asumir que xa coñece as respostas 409 00:36:56,875 --> 00:36:58,791 do que vaia preguntar. 410 00:37:02,416 --> 00:37:03,500 Merda. 411 00:37:33,666 --> 00:37:36,833 Pasou algo. Creo que debedes sabelo. 412 00:37:38,666 --> 00:37:41,333 O vello que collín na ponte. 413 00:37:42,750 --> 00:37:43,750 Que? 414 00:37:44,833 --> 00:37:48,916 Non sei como dicir isto, pero todo foi ó carallo... 415 00:37:49,000 --> 00:37:50,250 Perdíchelo? 416 00:37:50,333 --> 00:37:53,375 Espera un momento, vale? Non é o que parece. 417 00:37:53,458 --> 00:37:55,250 Que é entón, Tommy? 418 00:37:55,333 --> 00:37:57,750 Tiñas unha tarefa, e perdíchelo. 419 00:37:57,833 --> 00:37:59,791 Bateron co meu coche, Burton. 420 00:38:00,500 --> 00:38:02,750 Dígoche que non foi un accidente. 421 00:38:02,833 --> 00:38:05,041 Máis ben foi unha emboscada. 422 00:38:05,125 --> 00:38:06,458 Unha emboscada? 423 00:38:06,958 --> 00:38:10,708 A cousa das emboscadas, e mira que eu estiven nos dous lados, 424 00:38:10,791 --> 00:38:13,458 é que adoitas precisar información 425 00:38:13,541 --> 00:38:15,833 do obxectivo e da súa ruta. 426 00:38:15,916 --> 00:38:17,708 Por iso cho digo. 427 00:38:17,791 --> 00:38:20,333 Era o seu obxectivo. Coma se soubesen algo. 428 00:38:20,416 --> 00:38:22,625 Quen? De que falas, Tommy? 429 00:38:22,708 --> 00:38:25,333 Sabían a quen tiña en custodia 430 00:38:25,416 --> 00:38:26,791 e que estaba de camiño. 431 00:38:26,875 --> 00:38:28,291 -Á comisaría? -Si. 432 00:38:29,833 --> 00:38:30,833 O shériff Jackman. 433 00:38:32,250 --> 00:38:35,708 O que me leva a pensar que agora o ten Corbell Pickett. 434 00:38:39,125 --> 00:38:40,791 Iso ten moito sentido. 435 00:38:40,875 --> 00:38:42,291 Pois eu non o pillo. 436 00:38:43,625 --> 00:38:46,208 Mira, Burton, todo isto empezou 437 00:38:46,291 --> 00:38:49,583 con coches invisibles, vaíñas, 438 00:38:49,666 --> 00:38:52,541 o que pasou o outro día, a lotaría e agora isto? 439 00:38:52,958 --> 00:38:54,791 Que demo está a pasar aquí? 440 00:38:54,875 --> 00:38:55,958 Sabes que? 441 00:38:56,041 --> 00:38:59,458 Por que non che fas un favor e apartas do camiño? 442 00:39:00,666 --> 00:39:03,541 Coñezo a túa familia de toda a vida e disme iso? 443 00:39:03,625 --> 00:39:06,500 Non é só Pickett. Outras forzas quérennos mortos... 444 00:39:06,583 --> 00:39:07,666 "Outras forzas"? 445 00:39:07,750 --> 00:39:09,500 Que hostia fago con iso? 446 00:39:09,583 --> 00:39:13,333 Por elas estás así, desfeito, e vivo por pura chorra. 447 00:39:15,000 --> 00:39:16,166 Na próxima emboscada, 448 00:39:17,833 --> 00:39:19,375 igual non tes tanta sorte. 449 00:39:36,625 --> 00:39:38,541 Preocúpame un pouco, shériff, 450 00:39:38,625 --> 00:39:41,750 que o teu delegado sexa unha responsabilidade inasumible. 451 00:39:42,333 --> 00:39:45,916 A ver, Corbell, se queres sentar aí 452 00:39:46,000 --> 00:39:48,791 e ver o vídeo de Tommy Constantine 453 00:39:48,875 --> 00:39:50,500 e o prisioneiro que fuxiu, 454 00:39:50,583 --> 00:39:53,791 precisas dúas chaves só para entrar. 455 00:39:53,875 --> 00:39:55,458 É unha parvada, de verdade. 456 00:39:56,916 --> 00:39:59,208 Sabes que contrasinais escollín? 457 00:40:00,583 --> 00:40:04,250 A finalidade dun contrasinal, shériff, 458 00:40:04,708 --> 00:40:06,250 é que a xente non o saiba. 459 00:40:07,833 --> 00:40:08,750 "Fódete" 460 00:40:10,333 --> 00:40:11,916 e "comemerda". 461 00:40:13,333 --> 00:40:14,375 En maiúsculas. 462 00:40:15,166 --> 00:40:18,125 Coma se gritases. Quedas ben aquí ti só? 463 00:40:18,208 --> 00:40:19,791 Si, non hai problema. 464 00:40:19,875 --> 00:40:22,083 Ben. Estás coma na casa. 465 00:40:25,500 --> 00:40:26,708 Imos ver. 466 00:40:27,916 --> 00:40:28,958 "Fódete." 467 00:40:30,291 --> 00:40:32,541 "Comemerda." 468 00:40:32,833 --> 00:40:35,000 Cantos anos tes, rapaz? 469 00:40:35,083 --> 00:40:37,375 Penso que uns 28 ou así. 470 00:40:38,708 --> 00:40:41,208 Xa vexo que non quere falar. 471 00:40:41,833 --> 00:40:44,875 Supoño que o entendo, dadas as circunstancias. 472 00:40:45,416 --> 00:40:49,291 Non me ofende, pero a cousa é que Corbell apostoume 473 00:40:49,375 --> 00:40:51,750 que non podería facerlle falar. 474 00:40:52,125 --> 00:40:56,458 Ofreceume comprarme certo Mustang convertible azul claro 475 00:40:56,541 --> 00:40:58,916 ó que lle teño gana que vin en Ashville. 476 00:40:59,000 --> 00:41:01,125 Pode que pareza un tecnicismo, 477 00:41:01,208 --> 00:41:04,375 pero Corbell non concretou de que tiña que falar. 478 00:41:05,208 --> 00:41:06,791 Só ten que facelo, 479 00:41:06,875 --> 00:41:09,916 así que pensei que podemos traballar xuntos 480 00:41:10,000 --> 00:41:11,708 e chegar a un acordo. 481 00:41:12,333 --> 00:41:15,708 Vostede acepta falar cando Corbell volva 482 00:41:15,791 --> 00:41:18,125 e eu ofrezo algo a cambio. 483 00:41:18,208 --> 00:41:21,583 Nada sucio, por favor. Eu non son desas. 484 00:41:21,666 --> 00:41:26,041 Pero ten que haber algo que queira e lle poida conseguir. 485 00:41:33,291 --> 00:41:34,458 Iso é auga salgada? 486 00:41:38,416 --> 00:41:40,250 Foi preferencia de Corbell. 487 00:41:40,333 --> 00:41:44,541 Será por ser home. Se leva sal parécelle máis de macho ou algo. 488 00:41:45,250 --> 00:41:46,375 Pero sabe que? 489 00:41:46,458 --> 00:41:49,375 En canto unha se descoida, un deles enferma e, 490 00:41:49,458 --> 00:41:52,041 ás 24 horas, o resto imítano. 491 00:41:52,125 --> 00:41:55,125 Todos aboiando coa panza para arriba. 492 00:41:55,208 --> 00:41:58,333 Hai que baleiralo, esterilizalo e volver comezar. 493 00:41:58,416 --> 00:42:00,416 Fixémolo tres veces. 494 00:42:00,500 --> 00:42:02,708 Despois, púxenme firme. 495 00:42:03,458 --> 00:42:07,083 Así que iso son 750 litros de auga doce. 496 00:42:07,625 --> 00:42:09,583 E non me avergoño. 497 00:42:11,958 --> 00:42:12,833 Podo? 498 00:42:17,958 --> 00:42:22,875 Hai carneiros azuis, barbos cereixa, haplochromis azuis eléctricos... 499 00:42:22,958 --> 00:42:25,583 Son os meus favoritos, moi sutís. 500 00:42:26,291 --> 00:42:29,916 Tamén hai guppys cola de abanico. Non poden faltar nun... 501 00:42:30,000 --> 00:42:33,583 Ei! Que hostia fas, vello chocho? 502 00:42:35,833 --> 00:42:37,625 Es un invitado nesta casa. 503 00:42:38,375 --> 00:42:40,333 E eu coa pedicura feita! 504 00:42:47,833 --> 00:42:50,291 Non, non, non. 505 00:43:31,208 --> 00:43:33,416 Xoga ó xadrez, señor Zubov? 506 00:43:34,791 --> 00:43:38,333 Xa non é tan divertido 507 00:43:38,416 --> 00:43:41,000 agora que podemos empregar IA, 508 00:43:41,083 --> 00:43:44,833 pero antes era un pasatempo fascinante. 509 00:43:45,333 --> 00:43:48,000 Sentíase a mestría 510 00:43:48,083 --> 00:43:52,458 cando cada movemento parecía ditar a resposta do opoñente 511 00:43:52,541 --> 00:43:55,625 e a emoción cando esa ilusión era interrompida 512 00:43:55,708 --> 00:43:58,375 pola sorpresa dun movemento inesperado. 513 00:43:58,458 --> 00:44:00,958 Pode sorprenderme, señor Zubov? 514 00:44:02,166 --> 00:44:03,875 Síntoo moito, detective, 515 00:44:04,666 --> 00:44:08,458 pero coido que os avogados da familia deberían acompañarnos. 516 00:44:09,250 --> 00:44:13,000 Xusto o que temía. O movemento esperado. 517 00:44:14,041 --> 00:44:15,208 É a súa decisión, 518 00:44:15,291 --> 00:44:18,125 pero, se decide chamalos, 519 00:44:18,625 --> 00:44:20,833 isto é o que acontecerá. 520 00:44:21,166 --> 00:44:25,291 O seu amigo Netherton foi xeolocalizado no escenario dun crime. 521 00:44:26,000 --> 00:44:28,583 Concretamente, do asasinato de Daniel Cook, 522 00:44:28,666 --> 00:44:31,250 xefe de seguridade do CI. 523 00:44:31,333 --> 00:44:33,541 Asasinado por unha koide, ó parecer. 524 00:44:34,208 --> 00:44:37,208 Podería acusar o señor Netherton de cómplice, 525 00:44:37,291 --> 00:44:40,416 o que implicaría que neste mesmo salón, 526 00:44:40,500 --> 00:44:41,750 nuns sete minutos, 527 00:44:41,833 --> 00:44:44,458 veriamos a execución do pobre home. 528 00:44:45,666 --> 00:44:49,541 Pero claro, cando se atrapa un peixe pequeno ó pescar, 529 00:44:49,625 --> 00:44:52,333 un pescador sabio crávalle un anzol 530 00:44:52,416 --> 00:44:54,666 e úsao para pillar outro máis grande. 531 00:44:55,083 --> 00:44:57,708 Non pretendo menosprecialo, señor Netherton, 532 00:44:57,791 --> 00:45:02,291 pero, no meu mundo, vostede non é un grande trofeo. 533 00:45:03,833 --> 00:45:06,291 O cal podería ser unha vantaxe 534 00:45:06,375 --> 00:45:08,708 porque, cando comezase o xuízo, 535 00:45:08,791 --> 00:45:12,125 deixaría claro que podería conservar a súa vida 536 00:45:12,208 --> 00:45:15,125 desviando a miña atención a un peixe grande. 537 00:45:15,583 --> 00:45:17,916 Se é que coñece un, claro. 538 00:45:18,875 --> 00:45:21,041 Vostedes dous son vellos amigos. 539 00:45:21,125 --> 00:45:23,750 Iso ten que afectar a alma. 540 00:45:24,125 --> 00:45:26,916 Sempre me intriga como o poder das emocións 541 00:45:27,000 --> 00:45:30,750 parece escaparche cando tes un coitelo na gorxa. 542 00:45:41,583 --> 00:45:42,958 O salmón. Grazas. 543 00:45:45,291 --> 00:45:47,708 E unha gota de leite no té, por favor. 544 00:46:01,583 --> 00:46:03,916 Señor Murphy, a vida non lle foi mal, 545 00:46:04,000 --> 00:46:07,500 considerando os seus encontros coa lei cando era mozo. 546 00:46:07,583 --> 00:46:09,291 É esperanzador. 547 00:46:11,708 --> 00:46:14,916 Señor Zubov, na miña experiencia, neste punto do xogo, 548 00:46:15,000 --> 00:46:18,166 pode aumentar a tensión no seu lado do taboleiro. 549 00:46:18,250 --> 00:46:22,041 Imaxino que os asuntos da súa familia están todos entretecidos. 550 00:46:22,125 --> 00:46:25,625 Non podo evitar preguntarme como se podería desenredar todo 551 00:46:25,708 --> 00:46:28,541 se tirase do fío máis pequeno... 552 00:46:31,250 --> 00:46:34,166 Estounos confundindo coas miñas metáforas, non si? 553 00:46:34,583 --> 00:46:37,625 Xadrez, pesca, fíos tecidos... 554 00:46:37,708 --> 00:46:40,041 Suponse que me debes axudar con iso. 555 00:46:40,125 --> 00:46:43,333 Parecía que o desfrutaba. Sería groseiro interrumpila. 556 00:46:44,250 --> 00:46:45,083 Dá igual. 557 00:46:48,041 --> 00:46:50,458 Así creo que vai rematar esta historia 558 00:46:50,541 --> 00:46:53,791 se chama os avogados. Como lle soa a vostede? 559 00:46:53,875 --> 00:46:57,958 Coincido. Tedioso. Ata un punto insoportable. 560 00:46:58,041 --> 00:47:00,166 E ata perderiamos o señor Netherton. 561 00:47:00,250 --> 00:47:03,583 Non lle atrae moito máis deixar todo iso a un lado 562 00:47:03,666 --> 00:47:05,916 e responder unhas preguntas? 563 00:47:06,375 --> 00:47:10,750 De forma honesta, directa e completa. Quen sabe? 564 00:47:11,000 --> 00:47:14,750 Podería levarnos a unha aventura moito máis intrigante. 565 00:47:15,583 --> 00:47:16,750 Que pensa vostede? 566 00:47:18,958 --> 00:47:20,166 Tentámolo? 567 00:47:21,708 --> 00:47:22,875 Vale! 568 00:47:23,125 --> 00:47:27,083 A policía detectou tres periféricos que funcionan con IA. 569 00:47:27,166 --> 00:47:30,500 Pode facer que veñan? Encantaríame velos. 570 00:47:36,125 --> 00:47:37,208 E... 571 00:47:38,291 --> 00:47:39,375 tamén os operadores. 572 00:47:42,833 --> 00:47:46,541 Temo que iso podería ser bastante complicado, detective. 573 00:47:46,625 --> 00:47:52,458 Coido que pronto descubrirá que son boa co complicado. 574 00:47:55,750 --> 00:47:56,791 Cando...? 575 00:47:56,875 --> 00:48:00,291 Agora, señor Zubov. Ou en canto poida. 576 00:48:01,958 --> 00:48:05,666 Aínda que a miña preferencia sería o antes posible. 577 00:48:17,166 --> 00:48:19,000 Bendícenos, Señor, 578 00:48:20,541 --> 00:48:24,208 e bendice estes alimentos que pola túa bondade imos tomar. 579 00:48:25,791 --> 00:48:29,375 Por Xesucristo, Noso Señor. Amén. 580 00:48:56,291 --> 00:48:58,916 Non é o meu aniversario, se é o que pensabas. 581 00:48:59,000 --> 00:48:59,833 Non. 582 00:49:00,375 --> 00:49:04,166 Estiven pensando no flashback co que espertaches. 583 00:49:04,416 --> 00:49:06,416 Pareceume bastante intenso. 584 00:49:07,500 --> 00:49:10,500 Pensei en visitarte para ver como ías. 585 00:49:11,666 --> 00:49:12,500 E? 586 00:49:13,125 --> 00:49:14,250 Ti dirás. 587 00:49:15,458 --> 00:49:16,791 Coma un caravel. 588 00:49:17,625 --> 00:49:20,250 Ata teño unhas torradas recén feitas. 589 00:49:20,333 --> 00:49:23,750 Podería darche unha se prometes comportarte na mesa. 590 00:49:23,833 --> 00:49:27,750 Xa sabes que a min esas cousas cústanme. 591 00:49:27,833 --> 00:49:30,625 E xa comín, pero grazas. Non te cortes. 592 00:49:30,708 --> 00:49:32,541 Se puideses irma coller, 593 00:49:32,625 --> 00:49:36,625 supoño que podería comela aquí, desfrutando deste fantástico tempo. 594 00:49:36,708 --> 00:49:37,958 A hostia. 595 00:49:39,666 --> 00:49:41,958 Conner Penske pediume axuda! 596 00:49:42,041 --> 00:49:44,875 E non hai testemuña ningunha para demostralo. 597 00:49:44,958 --> 00:49:46,958 Vas deixar que arrefríe? 598 00:49:47,041 --> 00:49:48,166 Ó choio, rapaz. 599 00:49:48,541 --> 00:49:51,041 Algo máis, maxestade? 600 00:49:54,208 --> 00:49:55,041 Si. 601 00:49:56,458 --> 00:49:57,541 Que hai na caixa? 602 00:49:58,166 --> 00:50:00,500 Un regalo dos nosos amigos do futuro. 603 00:50:00,750 --> 00:50:03,875 Macon e Edward imprimírono. Mira o que ten. 604 00:50:11,041 --> 00:50:13,375 Non mola tanto como o que fai Flynne. 605 00:50:13,458 --> 00:50:15,083 Imprimiuche pernas? 606 00:50:15,166 --> 00:50:16,958 Teño unha colección dentro. 607 00:50:17,041 --> 00:50:20,166 E ponlles esforzo. Son obras de arte. 608 00:50:20,250 --> 00:50:21,666 Flynne é boa persoa. 609 00:50:21,750 --> 00:50:23,333 Por que nunca as levas? 610 00:50:24,083 --> 00:50:27,416 Ás veces penso que son máis para vós que para min. 611 00:50:28,291 --> 00:50:30,333 A xente séntese mellor ó verme, 612 00:50:30,416 --> 00:50:32,291 pero non serven para moito. 613 00:50:32,375 --> 00:50:33,416 Xa entendo. 614 00:50:33,500 --> 00:50:36,875 Pero suponse que estas son moito mellores que as nosas. 615 00:50:37,375 --> 00:50:38,375 Non son reais. 616 00:50:39,041 --> 00:50:40,583 Odio dicirche isto, 617 00:50:40,666 --> 00:50:43,666 pero non creo que che vaian medrar pronto. 618 00:50:43,750 --> 00:50:45,083 Xa as teño. 619 00:50:46,750 --> 00:50:49,125 Espéranme no futuro. 620 00:50:50,166 --> 00:50:52,625 Si, algo diso me dixeron. 621 00:50:53,291 --> 00:50:55,916 Botas en falta a vía e o catéter, non si? 622 00:50:58,541 --> 00:51:01,083 Podías ser máis sutil coa desaprobación 623 00:51:01,166 --> 00:51:02,541 se queres que reaccione. 624 00:51:03,166 --> 00:51:05,333 Recordas verme tan feliz como agora? 625 00:51:09,875 --> 00:51:11,666 Estaba a preguntarme algo. 626 00:51:12,041 --> 00:51:15,875 Naqueles primeiros días no hospital trala explosión, 627 00:51:16,541 --> 00:51:18,083 recordas que te visitei? 628 00:51:18,500 --> 00:51:19,333 Un pouco. 629 00:51:20,833 --> 00:51:22,791 O que me pediches que fixese 630 00:51:24,791 --> 00:51:27,041 deixoume ben fodido, Conner. 631 00:51:28,500 --> 00:51:29,416 O que pedín? 632 00:51:30,916 --> 00:51:32,250 E non o puiden facer. 633 00:51:35,791 --> 00:51:41,125 Pois ti deixáchesme na merda, así que supoño que quedamos a pre. 634 00:51:41,208 --> 00:51:42,416 Que fixera á fin? 635 00:51:42,500 --> 00:51:44,875 Escribiches na parede fronte á cama. 636 00:51:46,541 --> 00:51:49,916 Si. Se algo podía facer que te levantases, sería escribir: 637 00:51:50,000 --> 00:51:51,708 "Burton estivo aquí." 638 00:51:51,791 --> 00:51:55,416 Imaxinábate alí tirado, morrendo por pintar "FDP" por riba. 639 00:51:55,500 --> 00:51:57,041 Largáronme antes. 640 00:51:59,583 --> 00:52:02,708 Sabes iso que dicías do catéter e a vía intravenosa? 641 00:52:03,875 --> 00:52:05,541 Unha forma de velo é 642 00:52:06,291 --> 00:52:08,958 que se parece moito a poñer un coxín na cara. 643 00:52:09,041 --> 00:52:10,583 Ou que te disparen. 644 00:52:11,291 --> 00:52:12,958 Pero a cámara lenta. 645 00:52:14,166 --> 00:52:17,208 Non fodas, Burton, unha forma de ver a vida en xeral 646 00:52:17,291 --> 00:52:19,666 é que te disparan a cámara lenta. 647 00:52:20,750 --> 00:52:22,208 Es a hostia, Conner. 648 00:52:25,000 --> 00:52:26,875 Só digo que teño que pensalo 649 00:52:26,958 --> 00:52:30,208 antes de axudarte co teu plan de traslado. 650 00:52:30,291 --> 00:52:31,125 Vale, supoño. 651 00:52:31,916 --> 00:52:35,125 Entre tanto, por que non probas estas pequenas? 652 00:52:35,791 --> 00:52:38,458 Que lles dean. Se cadra mañá. 653 00:52:46,583 --> 00:52:48,291 Sabes algo divertido? 654 00:52:49,291 --> 00:52:53,541 Aínda temos estas letras gravadas pola casa de cando eramos nenos. 655 00:52:53,625 --> 00:52:58,041 Miña nai aínda cre que "FDP" significa "festeiros de primeira". 656 00:53:01,458 --> 00:53:02,291 E acaso non? 657 00:53:03,291 --> 00:53:08,041 Si, supoño que si, fillo de puta. 658 00:53:15,958 --> 00:53:17,791 Espero que non comeses moito. 659 00:53:18,791 --> 00:53:19,666 Por que? 660 00:53:19,750 --> 00:53:23,333 Chaman de Londres. Queren que volvamos. 661 00:53:28,583 --> 00:53:31,666 FOREVER FAB IMPRESIÓN 3D 662 00:53:33,166 --> 00:53:35,625 -Tes idea do que vai pasar? -Non. 663 00:53:35,708 --> 00:53:38,750 Dixeron que vos mandásemos ós tres "o antes posible". 664 00:53:38,833 --> 00:53:43,708 -Sabe Deus o que significa. -Sen plan, información nin recoñecemento. 665 00:53:44,958 --> 00:53:49,041 -Xa sabes o que toca, non? -Velocidade, intensidade e... 666 00:53:49,125 --> 00:53:50,583 Violencia de acción. 667 00:54:03,916 --> 00:54:05,583 Hurra, cabronazos. 668 00:54:07,166 --> 00:54:12,583 Así que este túnel cuántico permítelle comunicarse co pasado. 669 00:54:12,666 --> 00:54:16,458 Ou máis ben cun pasado, xa que no noso pasado non o fixo. 670 00:54:17,458 --> 00:54:22,791 Isto levántame dor de cabeza, señor Zubov. Supoño que a vostede non. 671 00:54:22,875 --> 00:54:25,000 En realidade é sinxelo. 672 00:54:25,083 --> 00:54:27,708 O acto de conectarnos rompe a causalidade 673 00:54:27,791 --> 00:54:30,166 e fai a nova rama única. 674 00:54:31,250 --> 00:54:33,291 Ou "coto", como lles chamamos. 675 00:54:33,375 --> 00:54:39,250 Por que lles chaman así? Soa curto, vulgar, basto. 676 00:54:39,333 --> 00:54:42,333 Non se espera que a nova rama siga a medrar? 677 00:54:42,416 --> 00:54:45,416 Asumimos iso exactamente. Non sei de onde saíu... 678 00:54:45,500 --> 00:54:46,375 Imperialismo. 679 00:54:52,583 --> 00:54:56,791 Chamarlles cotos facilita pensar neles como do terceiro mundo. 680 00:54:56,875 --> 00:54:59,750 E vostede facilita o colonialismo? 681 00:54:59,833 --> 00:55:02,583 -Vostede e o señor Murphy? -Aí veñen. 682 00:55:22,875 --> 00:55:26,916 E supoño que vostede é a formidable Flynne Fisher. 683 00:55:28,000 --> 00:55:31,083 Detective Ainsley Lowbeer, da policía metropolitana. 684 00:55:31,166 --> 00:55:33,625 Un pracer coñecela. 685 00:55:35,500 --> 00:55:36,708 Señora. 686 00:56:00,958 --> 00:56:03,875 PROXIMAMENTE EN THE PERIPHERAL 687 00:56:05,625 --> 00:56:07,041 Onde estamos? 688 00:56:07,125 --> 00:56:08,958 É onde xogan os animais. 689 00:56:10,791 --> 00:56:13,958 Alguén me robou algo de moito valor. 690 00:56:17,083 --> 00:56:20,750 Podemos falar disto, chegar a un acordo. 691 00:56:22,916 --> 00:56:25,583 -Temos que ir! -Confía en min. Vai saír ben. 692 00:56:31,500 --> 00:56:33,291 -Executade. -Acabouse. 693 00:58:11,458 --> 00:58:13,458 Subtítulos: Marcos Carou Balado 694 00:58:13,541 --> 00:58:15,541 Supervisor creativo Roger Peña