1 00:00:06,041 --> 00:00:08,833 ANTERIORMENTE EN THE PERIPHERAL 2 00:00:10,416 --> 00:00:12,166 Véxote a ti e todo isto 3 00:00:12,250 --> 00:00:14,500 e é moi diferente de onde vivo. 4 00:00:15,291 --> 00:00:17,375 Colle uns días de vacacións. 5 00:00:17,458 --> 00:00:19,000 Anda solto na miña garda. 6 00:00:19,083 --> 00:00:21,583 E ímolo arranxar todo. Encargareime eu mesmo. 7 00:00:23,125 --> 00:00:25,583 Pensei que podemos chegar a un acordo 8 00:00:25,666 --> 00:00:27,875 e eu ofrezo algo a cambio. 9 00:00:28,875 --> 00:00:31,666 Sen plan, información nin recoñecemento. 10 00:00:31,750 --> 00:00:34,541 Detective Ainsley Lowbeer, da policía metropolitana. 11 00:01:25,250 --> 00:01:26,458 Hai alguén por aquí? 12 00:01:28,375 --> 00:01:30,083 Pasa algo, señora Fisher? 13 00:01:31,375 --> 00:01:32,791 Reece, cariño, 14 00:01:32,875 --> 00:01:35,791 creo que me vas ter que levar ó medico. 15 00:01:35,875 --> 00:01:37,791 -Quere que chame a Burton? -Non. 16 00:01:37,875 --> 00:01:39,416 Non quero preocupalos. 17 00:01:39,500 --> 00:01:42,250 Seguro que non pasa nada. Imos ti mais eu. 18 00:01:43,500 --> 00:01:45,500 Non pasa nada, prométocho. 19 00:01:45,583 --> 00:01:47,916 Xa falo con eles ó volver. 20 00:01:48,375 --> 00:01:49,958 Teño a camioneta aí. 21 00:01:50,458 --> 00:01:52,708 Creo que necesito axuda, Reece. 22 00:01:52,791 --> 00:01:53,833 Eu... 23 00:01:54,750 --> 00:01:55,958 Parece que... 24 00:01:58,458 --> 00:01:59,708 Volvín quedar cega. 25 00:03:59,750 --> 00:04:04,291 Vaia. Parece que a túa vida deu uns brincos inesperados 26 00:04:04,375 --> 00:04:06,083 na última semana, rapaza. 27 00:04:06,166 --> 00:04:07,166 Si, señora. 28 00:04:07,250 --> 00:04:09,583 E agora, que? Tes un plan? 29 00:04:09,666 --> 00:04:13,041 Ou vas seguir desviando ataques a medida que chegan 30 00:04:13,125 --> 00:04:14,166 esperando algo bo? 31 00:04:16,208 --> 00:04:18,625 Eu si que sei o que quero facer, Beatrice. 32 00:04:18,750 --> 00:04:20,750 Vou estirar un pouco as pernas. 33 00:04:20,875 --> 00:04:23,208 -Tomar o aire. -Si, señora. 34 00:04:23,291 --> 00:04:25,500 Señor Zubov, non o tome a mal, 35 00:04:25,583 --> 00:04:29,541 pero elixiu unha decoración esaxeradamente oprimente. 36 00:04:33,333 --> 00:04:37,375 Ben, detective, preferiría saír ó xardín? 37 00:04:37,458 --> 00:04:39,000 Preferiría irme de aquí. 38 00:04:39,083 --> 00:04:41,416 Con estes tres visitantes, 39 00:04:41,500 --> 00:04:44,875 para poder rematar al aire libre, como se adoita dicir. 40 00:04:44,958 --> 00:04:45,875 Imos? 41 00:04:46,541 --> 00:04:48,416 Non quero ser insolente, 42 00:04:48,500 --> 00:04:52,250 pero sentiríame moito máis cómoda se Wilf nos acompañase. 43 00:04:52,708 --> 00:04:53,875 Que adorable. 44 00:04:54,958 --> 00:04:56,708 Xa fixeches unha amiga aquí. 45 00:04:56,791 --> 00:04:58,791 Señor Netherton, sexa un cabaleiro 46 00:04:59,208 --> 00:05:00,291 e veña connosco. 47 00:05:11,833 --> 00:05:14,916 URXENCIAS COIDADO DE CALIDADE NO CONDADO DE CLANTON 48 00:05:16,916 --> 00:05:20,250 Perdoa por aparecer aquí sen cita, Dee Dee. 49 00:05:20,333 --> 00:05:22,750 É un pracer verte, con cita ou sen ela. 50 00:05:22,833 --> 00:05:25,125 -Reece, axúdala? -Claro. Por aquí. 51 00:05:26,250 --> 00:05:27,750 -Aí a tes. -Grazas. 52 00:05:30,208 --> 00:05:32,625 Cal é o problema? 53 00:05:32,708 --> 00:05:34,208 Impórtalle se espero fóra? 54 00:05:34,291 --> 00:05:36,458 -Claro que non. -Ben. 55 00:05:36,541 --> 00:05:39,041 Reece, podes dicirlle a Liz que vaia comer? 56 00:05:39,125 --> 00:05:40,000 Vale. 57 00:05:42,708 --> 00:05:45,875 Como te sentes? 58 00:05:50,541 --> 00:05:53,083 Non se supón que estás de baixa, Tommy? 59 00:05:53,166 --> 00:05:57,041 Si, pero recordei que non revisei as probas que recollín 60 00:05:57,125 --> 00:05:58,666 do incidente da ponte. 61 00:05:58,750 --> 00:06:01,708 Só quería asegurarme de que se catalogaron ben. 62 00:06:01,791 --> 00:06:03,750 De que probas falas? 63 00:06:03,833 --> 00:06:05,583 As armas que levaba o vello. 64 00:06:05,666 --> 00:06:07,250 Cales exactamente? 65 00:06:07,333 --> 00:06:09,375 Se recordo ben, tiña unha Glock 66 00:06:09,750 --> 00:06:13,125 e outro cacharro. Parecía unha lanterna. 67 00:06:13,541 --> 00:06:15,041 Un cacharro dis? 68 00:06:15,125 --> 00:06:17,833 Parecíase algo a unha carraca vella? 69 00:06:19,583 --> 00:06:23,208 Tróuxose algo como proba cando o SUV chocou contra min? 70 00:06:23,291 --> 00:06:26,208 Falas daquel SUV invisible? 71 00:06:28,125 --> 00:06:31,375 -Que fas? -Chamar a Dee Dee para que te leve... 72 00:06:36,666 --> 00:06:38,833 Décheste un bo golpe na cabeza. 73 00:06:39,208 --> 00:06:40,083 Dos gordos. 74 00:06:40,166 --> 00:06:42,291 Tes que tirarte ás escuras 75 00:06:42,375 --> 00:06:45,875 con xeo na cabeza e unha cervexa fría na man. 76 00:06:45,958 --> 00:06:48,916 Contesta a miña pregunta e póñome a iso, Gladys. 77 00:06:49,541 --> 00:06:50,375 Prométocho. 78 00:06:57,750 --> 00:07:01,208 A única proba que se recuperou foi o coche escangallado. 79 00:07:01,583 --> 00:07:04,166 Nin Glocks nin cacharros. 80 00:07:04,250 --> 00:07:05,791 Nin vello, xa que estamos. 81 00:07:05,875 --> 00:07:08,458 Só ti e o coche desfeito. 82 00:07:08,541 --> 00:07:09,916 Vai para a casa 83 00:07:10,625 --> 00:07:13,041 ou chamo o shériff Jackman 84 00:07:13,125 --> 00:07:17,208 para que che diga o mesmo dunha forma menos cariñosa. 85 00:07:29,458 --> 00:07:30,375 Onde estamos? 86 00:07:30,708 --> 00:07:33,916 Nun parque de adestramento da policía. O Zoolóxico. 87 00:07:34,000 --> 00:07:34,833 E ese nome? 88 00:07:34,916 --> 00:07:36,833 É onde xogan os animais. 89 00:07:36,916 --> 00:07:40,916 Aquí non hai interferencias nin vixilancia do CI. 90 00:07:41,500 --> 00:07:43,250 Nin dos klepts tampouco. 91 00:07:44,166 --> 00:07:46,500 Vosoutros ides pasalo ben con Beatrice. 92 00:07:46,583 --> 00:07:48,541 Ides subir as... 93 00:07:48,625 --> 00:07:51,625 Cantas plantas cres que darán, Beatrice? 94 00:07:51,708 --> 00:07:52,708 Quizais oito. 95 00:07:52,791 --> 00:07:54,333 Vaia, ambiciosa. 96 00:07:55,208 --> 00:07:56,166 Así sexa. 97 00:07:57,250 --> 00:07:58,291 Oitavo piso. 98 00:08:01,625 --> 00:08:04,375 Fisher coñece estes corpos. Vós non. 99 00:08:05,833 --> 00:08:08,541 Este exercicio debería axudarvos. 100 00:08:12,666 --> 00:08:13,541 Que hostia? 101 00:08:32,166 --> 00:08:34,541 Aquí probamos os koides policiais. 102 00:08:34,625 --> 00:08:38,916 É algo como o que a túa irmá pensaba que xogaba ó principio. 103 00:08:39,000 --> 00:08:41,166 Chamádeslles simuladores, creo. 104 00:08:41,250 --> 00:08:43,500 Seguide a Beatrice. Explicarao todo. 105 00:08:48,666 --> 00:08:49,625 Podo ir eu tamén? 106 00:08:49,708 --> 00:08:51,125 Esta vez non, querida. 107 00:08:51,208 --> 00:08:53,125 Teño outra proba para ti. 108 00:08:55,291 --> 00:08:56,208 Sentamos? 109 00:09:00,291 --> 00:09:01,958 É bastante sinxelo. 110 00:09:02,041 --> 00:09:05,125 Avanzamos de piso en piso matando ou incapacitando 111 00:09:05,208 --> 00:09:06,750 ata chegar ó teito. 112 00:09:06,833 --> 00:09:08,000 E que pasa alí? 113 00:09:08,083 --> 00:09:09,666 -Unha sorpresa. -Cal? 114 00:09:09,750 --> 00:09:12,458 As sorpresas adoitan ser eventos inesperados. 115 00:09:12,541 --> 00:09:14,416 Precisades que defina iso? 116 00:09:16,416 --> 00:09:20,791 Non pretendo ofender con isto, pero ti es... humana? 117 00:09:20,875 --> 00:09:22,166 Por que o preguntas? 118 00:09:22,250 --> 00:09:25,458 Non pareces preocupada polo potencial perigo físico. 119 00:09:25,541 --> 00:09:28,625 É moi amable por preguntar, soldado de primeira. 120 00:09:29,208 --> 00:09:30,916 Digamos que son especial. 121 00:09:31,375 --> 00:09:34,750 Preocupádevos por vós mesmos nesta aventura. 122 00:09:34,833 --> 00:09:36,041 Eu sei coidarme. 123 00:09:36,708 --> 00:09:39,791 -Temos armas? -Só as que poidades recoller. 124 00:09:41,000 --> 00:09:41,833 Comezamos? 125 00:09:44,666 --> 00:09:47,125 -Tes visión nocturna, tío. -Como? 126 00:09:47,208 --> 00:09:49,291 Lingua ó padal, coma os hápticos. 127 00:10:27,500 --> 00:10:29,166 Pois non foi tan malo. 128 00:10:29,250 --> 00:10:31,958 -Dánseche ben os números? -O mellor da clase. 129 00:10:32,041 --> 00:10:34,291 Cantos asaltantes atopamos aquí? 130 00:10:35,875 --> 00:10:38,375 -Seis. -Haberá 12 no seguinte piso, 131 00:10:38,458 --> 00:10:41,000 despois 18 etc. 132 00:10:41,083 --> 00:10:43,750 -Corenta e oito na cima? -Se chegades. 133 00:10:43,833 --> 00:10:44,916 Que son? 134 00:10:45,500 --> 00:10:48,125 Koides básicos, serie 24A. 135 00:10:48,541 --> 00:10:50,750 Modificados para a tarea, claro. 136 00:10:51,125 --> 00:10:52,083 Que é un koide? 137 00:10:52,166 --> 00:10:53,875 Un robot bípedo. 138 00:10:54,750 --> 00:10:55,708 Con ollos humanos. 139 00:10:55,791 --> 00:10:57,625 Só por verosimilitude. 140 00:11:01,791 --> 00:11:06,625 Velocidade, intensidade e violencia. É o lema da vosa unidade, non? 141 00:11:06,708 --> 00:11:07,541 E que? 142 00:11:07,625 --> 00:11:09,916 Algo de velocidade estaría ben. 143 00:11:10,000 --> 00:11:13,083 A maioría dos aprendices xa estaría no terceiro piso. 144 00:12:00,250 --> 00:12:01,375 Si, Gladys. 145 00:12:02,208 --> 00:12:03,833 Un puto cacharro. 146 00:12:23,208 --> 00:12:25,041 SHÉRIFF JACKMAN CHAMANDO 147 00:12:25,125 --> 00:12:26,208 Shériff? 148 00:12:26,291 --> 00:12:27,583 Tommy, onde estás? 149 00:12:28,541 --> 00:12:29,375 Eu... 150 00:12:29,458 --> 00:12:33,333 Sexa o que sexa, déixao. Ven á casa de Corbell Pickett. 151 00:12:33,416 --> 00:12:35,083 Pensaba que estaba de baixa. 152 00:12:35,166 --> 00:12:36,916 Estábalo. Anuleina. 153 00:12:37,000 --> 00:12:40,041 Vai poñer o uniforme. Temos un problema. 154 00:12:40,125 --> 00:12:42,541 -Preciso a túa axuda. -Recibido. 155 00:13:09,833 --> 00:13:12,791 Meu Deus, estou ferido. Moi ferido. 156 00:13:12,875 --> 00:13:13,708 Ola? 157 00:13:14,041 --> 00:13:16,583 Axuda. Feríronme. 158 00:13:16,666 --> 00:13:17,625 Está ben? 159 00:13:28,791 --> 00:13:29,958 Chamar a Tommy. 160 00:13:30,041 --> 00:13:31,958 Dee Dee? Que pasa? 161 00:13:51,000 --> 00:13:53,583 -Non podo contestar. -Tommy, colle. 162 00:13:53,666 --> 00:13:55,333 Deixa unha mensaxe. 163 00:14:06,125 --> 00:14:07,458 Iso é, iso é. 164 00:14:08,583 --> 00:14:09,791 Veña, tranquilo. 165 00:14:10,333 --> 00:14:14,750 Iso é, sigue. Sigue. 166 00:14:29,000 --> 00:14:30,208 Vai tomar polo cu. 167 00:14:32,291 --> 00:14:33,666 Fillo de puta. 168 00:14:37,250 --> 00:14:38,083 Reece? 169 00:14:40,458 --> 00:14:41,458 Hai alguén máis? 170 00:14:42,833 --> 00:14:43,916 Que pasa? 171 00:14:44,000 --> 00:14:46,500 Que pasa? Fala, que ocorre? 172 00:14:46,583 --> 00:14:50,041 Ou vos calmades as dúas ou disparo. 173 00:14:50,125 --> 00:14:52,125 Tranquila, estou contigo. 174 00:14:52,208 --> 00:14:54,583 E Reece? Por que non contesta? 175 00:14:54,666 --> 00:14:55,583 El só... 176 00:14:56,666 --> 00:14:57,875 saíu un momento. 177 00:14:58,458 --> 00:15:00,541 Sentade. As dúas. 178 00:15:01,041 --> 00:15:02,041 Sobre as mans. 179 00:15:25,083 --> 00:15:26,208 É el, non si? 180 00:15:27,291 --> 00:15:30,250 -Quen? -O home da ponte. 181 00:15:30,750 --> 00:15:34,458 Non quero ser maleducado, señora, pero ten que calar. 182 00:15:35,625 --> 00:15:36,666 A boca pechada. 183 00:15:42,500 --> 00:15:43,750 Fixácheste? 184 00:15:45,000 --> 00:15:46,500 Tomou unha mostra do noso ADN. 185 00:15:47,541 --> 00:15:49,833 Para saber que somos quen dicimos. 186 00:15:52,916 --> 00:15:54,958 Poderiamos coller unha do seu. 187 00:15:55,041 --> 00:15:57,166 Extraditaríannos. 188 00:15:58,583 --> 00:16:01,666 Non coñecera ningunha axente de rango alto. 189 00:16:01,750 --> 00:16:04,375 É unha persoa excepcional. 190 00:16:05,041 --> 00:16:06,750 Non todos son así. Menos mal. 191 00:16:06,833 --> 00:16:08,041 Hainos... 192 00:16:08,875 --> 00:16:10,000 El? 193 00:16:14,500 --> 00:16:15,333 Diga, señor. 194 00:16:15,416 --> 00:16:17,958 Entrade na visión dos periféricos. 195 00:16:18,041 --> 00:16:19,791 Quero saber de que falan. 196 00:16:19,875 --> 00:16:23,625 Non podo facer iso, señor Zubov. Ou, máis ben, non o vou facer. 197 00:16:23,708 --> 00:16:24,791 Perdoa? 198 00:16:24,875 --> 00:16:27,625 Se tentamos iso, a detective saberíao. 199 00:16:27,708 --> 00:16:31,875 Como seguramente tamén saiba que estamos a falar disto. 200 00:16:32,958 --> 00:16:34,916 Pediuche o que penso? 201 00:16:35,708 --> 00:16:37,875 Se fósemos listos, fariamos as maletas. 202 00:16:38,375 --> 00:16:39,375 Iriámonos. 203 00:16:39,916 --> 00:16:41,750 E todo sería para nada. 204 00:16:42,041 --> 00:16:43,750 Perderiamos o coto e a moza. 205 00:16:43,833 --> 00:16:46,125 Non sei se merece a pena morrer por iso. 206 00:16:46,791 --> 00:16:50,500 E eu non sei se podería vivir se escapo. 207 00:16:51,416 --> 00:16:53,000 Ti? 208 00:16:56,291 --> 00:16:58,458 Estás tranquilo, Ossian? 209 00:16:59,166 --> 00:17:02,125 Si, tranquilo da hostia. 210 00:17:09,875 --> 00:17:10,958 Señorita Fisher, 211 00:17:11,041 --> 00:17:14,125 as tías atoparon información moi interesante. 212 00:17:14,208 --> 00:17:15,250 As tías? 213 00:17:15,333 --> 00:17:17,750 Algoritmos de organización de datos. 214 00:17:18,125 --> 00:17:20,166 Unhas abelliñas moi traballadoras. 215 00:17:20,250 --> 00:17:23,458 Estará contenta de saber que o seu amigo Penske 216 00:17:23,541 --> 00:17:25,958 non perdeu membros na miña liña temporal. 217 00:17:26,583 --> 00:17:28,125 Pero iso significaría... 218 00:17:28,208 --> 00:17:30,916 Que o CI abriu o coto 219 00:17:31,000 --> 00:17:34,083 polo menos unha década antes do que pensabades. 220 00:17:34,166 --> 00:17:36,583 Como consecuencia, hai diferenzas 221 00:17:36,666 --> 00:17:38,916 entre as nosas liñas temporais. 222 00:17:39,000 --> 00:17:41,583 A máis preocupante é o jackpot. 223 00:17:41,666 --> 00:17:45,250 Parece estar avanzando máis rápido no teu mundo. 224 00:17:45,333 --> 00:17:48,708 Sospeito que é a intención do CI. 225 00:17:48,791 --> 00:17:49,875 Por que? 226 00:17:50,250 --> 00:17:53,083 Só Cherise Nuland pode responder iso. 227 00:17:53,458 --> 00:17:54,500 A guerra de Texas. 228 00:17:54,583 --> 00:17:56,833 A secesión. Ocorreron aquí? 229 00:17:56,916 --> 00:18:00,416 Si. Tanto Penske coma teu irmán loitaron nela. 230 00:18:00,500 --> 00:18:03,083 Pero no meu mundo aínda faltaban décadas 231 00:18:03,166 --> 00:18:05,666 para a creación dos implantes hápticos, 232 00:18:05,750 --> 00:18:08,041 así que eran soldados normais. 233 00:18:08,791 --> 00:18:10,541 E Conner saiu ben? 234 00:18:10,625 --> 00:18:12,541 Sobreviviu sen ferida ningunha. 235 00:18:14,375 --> 00:18:15,916 Pero teu irmán non. 236 00:18:17,750 --> 00:18:19,000 Ferírono? 237 00:18:20,041 --> 00:18:21,000 Morreu. 238 00:18:26,375 --> 00:18:29,333 Non dixeras que iso non se podía saber? 239 00:18:29,416 --> 00:18:31,958 E, en xeral, ten razón. 240 00:18:32,041 --> 00:18:36,416 Pero as tías teñen arquivos que non están a disposición do público. 241 00:18:38,750 --> 00:18:39,958 E que foi de min? 242 00:18:41,833 --> 00:18:43,541 A información é máis difusa 243 00:18:43,625 --> 00:18:46,916 tralo inicio do jackpot, pero casaches e tiveches 244 00:18:47,000 --> 00:18:48,125 dous fillos. 245 00:18:48,208 --> 00:18:49,208 Con quen casei? 246 00:18:49,291 --> 00:18:51,208 Co shériff Thomas Constantine. 247 00:18:51,625 --> 00:18:53,125 Casei con Tommy? 248 00:18:53,208 --> 00:18:56,000 Si. Isto pode xerar dúbidas de protocolo, 249 00:18:56,083 --> 00:18:57,041 non che parece? 250 00:18:57,416 --> 00:18:59,625 Debería felicitarte? 251 00:18:59,708 --> 00:19:04,333 En fin, as tías faláronme dunha Flynne Fisher que xa non existe. 252 00:19:04,416 --> 00:19:06,625 Pero de ti, querida, 253 00:19:07,708 --> 00:19:09,250 case non sei nada. 254 00:19:10,250 --> 00:19:11,625 É unha novidade. 255 00:19:12,166 --> 00:19:14,875 Tiveches poucas entrevistas de traballo, non? 256 00:19:14,958 --> 00:19:16,083 Só con Forever Fab. 257 00:19:16,166 --> 00:19:20,416 E non houbo entrevista, só unha proba de drogas. 258 00:19:20,500 --> 00:19:21,750 E pasáchela? 259 00:19:21,833 --> 00:19:22,708 Claro. 260 00:19:23,041 --> 00:19:24,083 Excelente. 261 00:19:24,833 --> 00:19:26,291 O que quero dicir é 262 00:19:26,375 --> 00:19:30,208 que penses neste encontro como algo así. 263 00:19:30,291 --> 00:19:32,166 Un momento para coñecernos. 264 00:19:32,250 --> 00:19:33,791 Vouche facer preguntas. 265 00:19:33,875 --> 00:19:37,041 Contesta o máis rápido que poidas sen pensar. 266 00:19:37,416 --> 00:19:38,708 Podes facelo? 267 00:20:27,416 --> 00:20:30,541 A moita xente cústalle traballar cun coitelo. 268 00:20:30,958 --> 00:20:34,333 Podes rirte, pero hai titoriais en liña. 269 00:20:34,416 --> 00:20:36,041 Falan de como cortar e cravar, 270 00:20:36,125 --> 00:20:38,625 como identificar arterias e órganos e así. 271 00:20:38,708 --> 00:20:40,625 Pero na miña experiencia, 272 00:20:40,708 --> 00:20:42,000 a clave é a velocidade. 273 00:20:42,958 --> 00:20:46,083 Facer máis buratos en menos tempo. 274 00:20:47,041 --> 00:20:48,000 Así de sinxelo. 275 00:20:51,458 --> 00:20:52,875 Se o pensas, 276 00:20:52,958 --> 00:20:56,291 é o contrario do teu adestramento. 277 00:20:56,625 --> 00:21:00,416 Imaxino que pode ser difícil superalo, 278 00:21:00,500 --> 00:21:03,833 e tamén tes outros obstáculos, como o de non facer dano. 279 00:21:04,291 --> 00:21:07,291 Diría que só darías un corte 280 00:21:08,000 --> 00:21:12,250 antes de que te deixase coma un... Como se di...? 281 00:21:13,250 --> 00:21:16,958 Cal é a diferenza entre un baruto e unha criba? Son o mesmo? 282 00:21:39,833 --> 00:21:43,041 Isto é incrible. 283 00:21:43,125 --> 00:21:47,041 Díxencho. Aquí podo moverme. Todo o tempo. 284 00:21:47,125 --> 00:21:48,333 Cal é a sorpresa? 285 00:21:48,416 --> 00:21:52,666 O módulo de adestramento non remata ata que só un de nós siga en pé. 286 00:21:55,000 --> 00:21:55,833 Sorpresa. 287 00:22:03,791 --> 00:22:06,000 -Maior medo? -Que miña nai morra. 288 00:22:06,375 --> 00:22:09,416 -Maior fortaleza? -Non sei renderme. 289 00:22:09,500 --> 00:22:10,375 Debilidade? 290 00:22:10,458 --> 00:22:11,500 A mesma. 291 00:22:11,625 --> 00:22:15,375 Se puideses retroceder no tempo e que isto non pasara, faríalo? 292 00:22:15,458 --> 00:22:16,291 Non. 293 00:22:16,375 --> 00:22:20,125 Se tivese o poder de desconectar os nosos dous mundos, 294 00:22:20,208 --> 00:22:21,708 quererías que o fixese? 295 00:22:21,791 --> 00:22:23,166 -Non. -Por que non? 296 00:22:25,416 --> 00:22:29,250 Pensaches demasiado. Quedaches parada. Ás veces pasa. 297 00:22:29,333 --> 00:22:30,916 Podo facer eu preguntas? 298 00:22:32,333 --> 00:22:33,791 Coma as que me fixo a min? 299 00:22:33,875 --> 00:22:36,125 Poñamos tres, coma se fose un xenio. 300 00:22:36,208 --> 00:22:38,000 Cal é o seu maior medo? 301 00:22:38,083 --> 00:22:39,125 O pasado. 302 00:22:40,208 --> 00:22:42,125 De onde veño eu? 303 00:22:42,208 --> 00:22:43,166 Xustamente. 304 00:22:44,291 --> 00:22:46,583 Van dúas. Queda unha. 305 00:22:50,083 --> 00:22:52,041 Pode facelo? 306 00:22:53,250 --> 00:22:54,583 Cortar a conexión? 307 00:22:57,083 --> 00:22:59,000 Síntoo, prometín demasiado. 308 00:22:59,083 --> 00:23:01,458 Teu irmán e o seu amigo case remataron. 309 00:23:01,541 --> 00:23:04,333 Despídome. Que teñades sorte. 310 00:23:05,333 --> 00:23:08,541 A seguinte visita terá máis actividade, asegúrocho. 311 00:23:40,875 --> 00:23:42,000 Rapaza, 312 00:23:43,083 --> 00:23:44,916 es a puta hostia. 313 00:24:00,000 --> 00:24:01,875 Meu Deus! 314 00:24:01,958 --> 00:24:04,083 Sempre te sentes así ó saír? 315 00:24:04,166 --> 00:24:06,416 Tío, vou casar con ela. 316 00:24:07,041 --> 00:24:09,291 -Con quen? -Coa muller robot. 317 00:24:17,750 --> 00:24:19,208 Nin leo o que pon aquí. 318 00:24:19,708 --> 00:24:20,708 Que? 319 00:24:21,291 --> 00:24:24,916 Reece levou a mamá a urxencias. Di que vaiamos. Veña. 320 00:24:26,541 --> 00:24:27,958 Merda, un momento. 321 00:24:28,958 --> 00:24:31,291 Levanta dunha puta vez, temos que ir! 322 00:24:46,625 --> 00:24:47,458 Ola? 323 00:24:51,750 --> 00:24:52,708 Shériff? 324 00:25:50,208 --> 00:25:52,416 Digo que quero matar a alguén. 325 00:25:52,500 --> 00:25:54,666 Coas miñas propias... 326 00:25:55,583 --> 00:25:57,416 Que hostia fai el aquí? 327 00:26:04,000 --> 00:26:05,541 Garda a pistola, fillo. 328 00:26:05,625 --> 00:26:08,083 A festa rematou hai tempo. 329 00:26:08,458 --> 00:26:09,416 Que pasou? 330 00:26:09,875 --> 00:26:12,625 Sabes o prisioneiro que perdiches? 331 00:26:13,875 --> 00:26:16,041 Veu e matou a Mary Pickett. 332 00:26:17,041 --> 00:26:18,916 Roubou un dos seus coches. 333 00:26:19,000 --> 00:26:23,041 O señor Pickett está desfeito, como poderás imaxinar. 334 00:26:23,958 --> 00:26:26,250 Tes que ir á casa dos Fisher 335 00:26:26,333 --> 00:26:27,958 e arrestar a Burton. 336 00:26:28,041 --> 00:26:30,166 E xa que estás, tamén a irmá. 337 00:26:30,250 --> 00:26:32,000 Que teñen que ver os Fisher? 338 00:26:32,083 --> 00:26:35,375 Aínda estou investigando o tema, Tommy, 339 00:26:35,458 --> 00:26:37,708 pero que che parece isto? 340 00:26:38,583 --> 00:26:42,083 Burton e os seus colegas do exército trafican con drogas. 341 00:26:42,166 --> 00:26:44,583 Anoxaron a quen non debían 342 00:26:44,666 --> 00:26:48,458 e alguén contratou un asasino para matalos. 343 00:26:48,666 --> 00:26:52,041 Ti tíñalo baixo custodia, Tommy, 344 00:26:52,416 --> 00:26:53,583 pero perdíchelo. 345 00:26:53,666 --> 00:26:56,166 Veu á residencia dos Pickett 346 00:26:56,250 --> 00:26:59,125 para roubar un coche e rematar a fuxida 347 00:26:59,208 --> 00:27:02,541 e matou a Mary Pickett con violencia no proceso. 348 00:27:03,458 --> 00:27:05,125 Como soa iso, vaqueiro? 349 00:27:06,166 --> 00:27:08,125 Coma se o acabase de inventar. 350 00:27:09,625 --> 00:27:13,166 E que é iso o que fas ó contar unha historia. Inventas. 351 00:27:13,250 --> 00:27:15,958 Coma ti os últimos dez anos. 352 00:27:16,041 --> 00:27:18,291 Dis que non sabes como funciona todo. 353 00:27:18,375 --> 00:27:20,416 Imaxinas unha historia 354 00:27:20,500 --> 00:27:23,333 para sentirte coma un cabaleiro da Táboa Redonda, 355 00:27:23,416 --> 00:27:25,916 pero para quen traballas é para min, 356 00:27:27,250 --> 00:27:29,958 é dicir, para Corbell Pickett. 357 00:27:31,000 --> 00:27:32,375 Confía en min, fillo, 358 00:27:32,666 --> 00:27:35,458 é moito máis fácil ser honesto contigo mesmo. 359 00:27:35,541 --> 00:27:39,375 Gastas moita enerxía en seguir cego a tódalas horas. 360 00:27:39,458 --> 00:27:41,458 E agora vai coller a Burton. 361 00:27:41,541 --> 00:27:44,083 Corbell quere preguntarlle algo. 362 00:27:48,083 --> 00:27:48,916 Non. 363 00:28:00,333 --> 00:28:04,083 O vello dixo que a túa vida chegara a unha intersección. 364 00:28:04,791 --> 00:28:07,000 E creo que tiña razón. 365 00:28:08,375 --> 00:28:11,875 Xesús, Tommy, voucho ter que explicar? 366 00:28:11,958 --> 00:28:14,833 Si, poderías facer o correcto. 367 00:28:14,916 --> 00:28:19,000 Levarnos a Corbell e a min á comisaría esposados coma cans noxentos. 368 00:28:19,083 --> 00:28:23,083 E cando os tres lle contemos as nosas historias ó mundo, 369 00:28:23,166 --> 00:28:28,000 Corbell mais eu diremos que culpaches a outros dos teus erros, 370 00:28:28,083 --> 00:28:31,375 o que adoita facer a xente nova e inútil. 371 00:28:35,166 --> 00:28:36,250 Un cigarro? 372 00:28:41,208 --> 00:28:42,833 Asustácheste, Tommy. 373 00:28:42,916 --> 00:28:45,041 Inventaches unha historia fantástica 374 00:28:45,125 --> 00:28:48,041 na que eu, o shériff de Clanton electo catro veces, 375 00:28:48,125 --> 00:28:51,250 chocaba cun SUV invisible contra o teu coche patrulla, 376 00:28:51,333 --> 00:28:53,000 fuxía co teu prisioneiro, 377 00:28:53,083 --> 00:28:55,500 traíao aquí e soltábao nesta casa. 378 00:28:55,583 --> 00:29:00,583 Na de Corbell Pickett, que emprega un 50 % ou un 60 % da poboación de Clanton. 379 00:29:00,666 --> 00:29:05,125 Non fodas, Tommy, nin eu sei como seguir. 380 00:29:06,958 --> 00:29:08,958 Pero xa ves onde quero chegar. 381 00:29:09,583 --> 00:29:13,333 A Corbell e a min sóltannos coas máis sinceras desculpas. 382 00:29:13,416 --> 00:29:16,833 A ti, con sorte, só te botan da comisaría, 383 00:29:16,916 --> 00:29:19,208 aínda que poderían cargarte con algo. 384 00:29:19,291 --> 00:29:21,500 Detención ilegal ou algo así. 385 00:29:23,416 --> 00:29:26,000 Pero tes o outro camiño. 386 00:29:26,083 --> 00:29:27,958 O da colaboración, 387 00:29:28,041 --> 00:29:31,833 no que segues traballando e sendo tan bo policía coma sempre. 388 00:29:31,916 --> 00:29:34,541 E ata poderías ter máis responsabilidades, 389 00:29:34,916 --> 00:29:37,583 coa retribución axeitada, claro. 390 00:29:39,333 --> 00:29:42,083 Ou poderías tentar ser adulto, por variar. 391 00:29:46,000 --> 00:29:48,208 Non tes elección. Sábelo, non? 392 00:29:49,458 --> 00:29:51,541 A miña historia será mentira, 393 00:29:52,541 --> 00:29:54,916 pero soa real. 394 00:29:55,375 --> 00:29:58,208 E nunca vai perder ante a túa. 395 00:29:59,208 --> 00:30:01,958 Por que non nos deixamos de parvadas 396 00:30:02,041 --> 00:30:06,000 e vas coller a Burton Fisher e a súa irmá pequena? 397 00:30:18,041 --> 00:30:21,916 Descubriron e usaron as melloras cunha rapidez admirable. 398 00:30:22,000 --> 00:30:24,500 Enlazáronse para compartir visión e oído, 399 00:30:24,583 --> 00:30:28,000 o que leva a pensar nun solapamento cos seus implantes. 400 00:30:28,666 --> 00:30:31,750 Que pensas deles? Das súas personalidades? 401 00:30:32,083 --> 00:30:35,208 Valentes, firmes e decididos. 402 00:30:35,625 --> 00:30:38,458 O irmán é máis predicible e fiable, 403 00:30:38,541 --> 00:30:41,500 pero, nunha crise, optaría polo seu amigo. 404 00:30:41,916 --> 00:30:42,750 Por que? 405 00:30:43,625 --> 00:30:44,458 Señora? 406 00:30:44,541 --> 00:30:48,250 Se o irmán é máis fiable, por que optarías polo amigo? 407 00:30:53,875 --> 00:30:56,250 Carezo de datos específicos, detective. 408 00:30:57,208 --> 00:31:01,625 Decidino na miña rede máis profunda, baixo calquera nivel de conciencia. 409 00:31:01,708 --> 00:31:02,666 Interesante. 410 00:31:07,541 --> 00:31:08,833 E a moza? 411 00:31:08,916 --> 00:31:12,666 Unha pregunta que espero responder pronto. 412 00:31:16,875 --> 00:31:17,708 Que pasa? 413 00:31:17,791 --> 00:31:20,541 Cherise Nuland está abaixo. Pide unha reunión. 414 00:31:20,625 --> 00:31:21,833 Esperábaa. 415 00:31:22,833 --> 00:31:26,958 Amosei lixeiramente as nosas cartas ó visitar a residencia de Zubov. 416 00:31:27,041 --> 00:31:29,541 Permitín que nos vixiasen ó chegar, 417 00:31:29,625 --> 00:31:34,125 pero non anticipara que a doutora reaccionase con semellante prontitude. 418 00:31:35,208 --> 00:31:38,625 Dille que suba. Isto debería ser moi informativo. 419 00:31:46,958 --> 00:31:48,666 Perdedor de merda. 420 00:31:55,125 --> 00:31:57,375 Como vas vivir con isto? 421 00:31:59,583 --> 00:32:03,208 Como hostia vas vivir con isto? 422 00:32:29,541 --> 00:32:30,416 E agora, que? 423 00:32:31,208 --> 00:32:32,125 Esperamos. 424 00:32:32,750 --> 00:32:33,583 A que? 425 00:32:36,166 --> 00:32:37,750 Teño que matar dúas persoas. 426 00:32:38,708 --> 00:32:40,708 E parece que unha vén de camiño. 427 00:32:40,791 --> 00:32:42,916 Fala dos meus fillos, non? 428 00:32:43,000 --> 00:32:44,666 Si, señora. Temo que si. 429 00:32:51,041 --> 00:32:53,416 -Mamá non contesta. -E Reece tampouco. 430 00:32:53,500 --> 00:32:56,708 Reece. "Túa nai pide que veñades en canto poidades." 431 00:32:57,166 --> 00:32:59,375 -"Túa nai"? -Iso é moi raro. 432 00:32:59,458 --> 00:33:00,625 Podes enlazar con el? 433 00:33:04,541 --> 00:33:06,166 -Merda. -Que? 434 00:33:06,250 --> 00:33:07,791 Non leo as súas constantes. 435 00:33:12,500 --> 00:33:15,333 Case é tentador chamar a policía, detective. 436 00:33:16,541 --> 00:33:19,708 O Estatuto do Val Desacougante é claro: 437 00:33:19,791 --> 00:33:23,208 os periféricos non deben actuar como seres autónomos. 438 00:33:23,541 --> 00:33:27,125 Beatrice ten un permiso especial do EVD. 439 00:33:27,666 --> 00:33:28,500 Claro. 440 00:33:29,916 --> 00:33:32,375 Non parece feita polo CI. 441 00:33:34,375 --> 00:33:36,000 É un pracer, Beatrice. 442 00:33:36,083 --> 00:33:37,500 Todo meu, señora. 443 00:33:38,125 --> 00:33:39,458 O máis sorprendente 444 00:33:39,750 --> 00:33:44,250 é que un efecto persistente do jackpot é que a maioría de koides 445 00:33:44,333 --> 00:33:47,875 foron modificados para recordar unha conexión persoal perdida. 446 00:33:48,958 --> 00:33:51,208 Irmáns, compañeiros... 447 00:33:51,833 --> 00:33:54,083 Non pais, normalmente. 448 00:33:54,833 --> 00:33:56,625 É intrigante, non cre? 449 00:33:57,625 --> 00:34:00,250 Coma se houbese algo natural 450 00:34:00,333 --> 00:34:02,208 en perder unha nai ou un pai 451 00:34:02,875 --> 00:34:05,333 que fai que sexa máis sinxelo de aceptar. 452 00:34:06,041 --> 00:34:07,041 Pero fillos? 453 00:34:09,250 --> 00:34:10,250 Unha filla, 454 00:34:11,500 --> 00:34:12,791 por exemplo? 455 00:34:14,416 --> 00:34:15,833 Síntoo, Beatrice, 456 00:34:16,416 --> 00:34:18,750 pero vou ter que pedir que te apagues. 457 00:34:18,833 --> 00:34:22,500 E borra os últimos cinco minutos da túa memoria. 458 00:34:22,583 --> 00:34:25,333 Apagando. Comezando borrado. 459 00:34:30,541 --> 00:34:31,875 Está contenta? 460 00:34:31,958 --> 00:34:34,208 Teño curiosidade. Por que non llo di? 461 00:34:35,333 --> 00:34:37,000 Complicaría a nosa relación. 462 00:34:37,083 --> 00:34:38,333 Supoño que si. 463 00:34:38,416 --> 00:34:39,958 Que fai aquí, doutora? 464 00:34:42,708 --> 00:34:46,875 Roubáronme algo de moito valor. 465 00:34:48,291 --> 00:34:50,208 Quero que a lei faga xustiza. 466 00:34:59,458 --> 00:35:01,000 Isto ponte nervioso. 467 00:35:01,541 --> 00:35:02,416 "Nervioso"? 468 00:35:03,625 --> 00:35:05,791 Estou cagado de medo. 469 00:35:06,125 --> 00:35:08,500 Non imos só contra os klepts. 470 00:35:08,583 --> 00:35:09,666 Tamén a policía. 471 00:35:09,750 --> 00:35:11,083 Poden acabar con nós facilmente. 472 00:35:14,375 --> 00:35:16,000 Sabes o que significa isto? 473 00:35:16,083 --> 00:35:17,583 Só o sabemos nós. 474 00:35:18,583 --> 00:35:19,500 Aelita sábeo. 475 00:35:21,041 --> 00:35:21,958 Está morta. 476 00:35:22,500 --> 00:35:24,958 Ou tan agochada que non importa que viva. 477 00:35:25,666 --> 00:35:27,166 Isto é noso. 478 00:35:27,583 --> 00:35:30,583 Como accedemos á bacteria? Como a secuenciamos? 479 00:35:30,875 --> 00:35:32,750 Contratamos a alguén do coto... 480 00:35:34,083 --> 00:35:34,958 El, querida. 481 00:35:37,125 --> 00:35:39,708 Dime que non sería parte do pracer. 482 00:35:41,166 --> 00:35:43,208 Roubalo no seu arrogante... 483 00:35:43,291 --> 00:35:46,375 A arrogancia é unha forma de estupidez, 484 00:35:46,458 --> 00:35:47,583 non credes? 485 00:35:48,875 --> 00:35:51,125 Por exemplo, podería parecer arrogante 486 00:35:51,208 --> 00:35:54,000 supoñer que un cifrado é irrompible, 487 00:35:54,083 --> 00:35:56,083 xa que, historicamente, 488 00:35:56,166 --> 00:35:59,208 a suposta invulnerabilidade de calquera código 489 00:35:59,750 --> 00:36:03,750 demostrou ser decepcionantemente curta. 490 00:36:08,916 --> 00:36:11,708 Corre ó despacho de papá e trae unha navalla. 491 00:36:11,791 --> 00:36:13,583 -Cal? -Calquera serve. 492 00:36:17,333 --> 00:36:19,458 Teño un dilema. 493 00:36:19,791 --> 00:36:24,583 Parte de min quérevos destruír, como é natural. 494 00:36:24,666 --> 00:36:26,958 O meu mozo interior, poderíase dicir. 495 00:36:27,041 --> 00:36:31,083 Rabioso, petulante e vingativo. 496 00:36:33,000 --> 00:36:36,625 Pero a parte coa cabeza máis fría 497 00:36:37,041 --> 00:36:39,208 sabe canto vos preciso. 498 00:36:41,291 --> 00:36:43,416 Ou as vosas capacidades. 499 00:36:46,291 --> 00:36:50,666 E agora, polo que parece, tamén os vosos segredos. 500 00:36:53,750 --> 00:36:56,833 Ademais, caédesme ben. 501 00:36:58,791 --> 00:37:00,083 Máis ben ti, Ash. 502 00:37:00,666 --> 00:37:03,625 Ossian dáme bastante igual, pero ti... 503 00:37:04,041 --> 00:37:07,083 Ti tes corazón de klept, inda que non te deas conta. 504 00:37:07,541 --> 00:37:12,041 Orgulloso, astuto e agresivo. 505 00:37:13,208 --> 00:37:14,833 E si, arrogante. 506 00:37:16,333 --> 00:37:18,708 Así que temo que todo está... 507 00:37:20,375 --> 00:37:21,541 por decidir. 508 00:37:23,416 --> 00:37:24,875 O que debería facer. 509 00:37:30,208 --> 00:37:31,208 A miña favorita. 510 00:37:32,208 --> 00:37:34,333 É fermosa, raparigo. 511 00:37:34,625 --> 00:37:36,000 Podo ver, papi? 512 00:37:36,083 --> 00:37:39,916 Mellor non. Vai á cociña. A coidadora fixo pudin. 513 00:37:49,541 --> 00:37:52,041 -Síntoo moito, señor. -Cala, Ossian. 514 00:37:59,916 --> 00:38:02,875 Dime o que tramades ou o mato. Tes dez segundos. 515 00:38:10,000 --> 00:38:12,208 Aelita cría que traballaba co irmán. 516 00:38:12,291 --> 00:38:15,583 Planeaba descargar os arquivos nos implantes hápticos. 517 00:38:15,666 --> 00:38:20,166 Gardalos no coto, onde non se poderían rastrexar. 518 00:38:21,583 --> 00:38:23,916 Tamén pensará vostede que é brillante, 519 00:38:24,541 --> 00:38:26,833 pero o periférico pilotábao a irmá, 520 00:38:26,916 --> 00:38:28,833 que non ten implantes. 521 00:38:28,916 --> 00:38:31,708 O casco traduciu os datos a ADN bacteriano. 522 00:38:31,791 --> 00:38:33,625 Xa están a colonizar o cerebro. 523 00:38:34,791 --> 00:38:37,291 Que esperabades facer cos datos? 524 00:38:38,375 --> 00:38:39,916 Vendelos ó mellor ofertante. 525 00:38:54,750 --> 00:38:56,333 Non te creo. 526 00:39:04,666 --> 00:39:06,208 Dárllelos ós neoprimitivos. 527 00:39:06,291 --> 00:39:09,416 Por que hostia queredes facer iso? 528 00:39:09,500 --> 00:39:14,500 Para que queimen este mundo e creen un novo no seu lugar. 529 00:39:18,583 --> 00:39:19,583 Es parva. 530 00:39:21,333 --> 00:39:22,541 Parva romántica. 531 00:39:26,333 --> 00:39:28,625 Se tentades traizoarme outra vez, 532 00:39:31,458 --> 00:39:34,791 non terei outra opción que cortarvos en pedaciños 533 00:39:35,625 --> 00:39:37,708 para que vos coman estes pequechos. 534 00:39:44,583 --> 00:39:46,416 Pero admiro o resto do plan. 535 00:39:47,208 --> 00:39:48,666 Por que non seguimos? 536 00:39:54,750 --> 00:39:57,333 Tódolos vectores do jackpot foron convertidos 537 00:39:57,875 --> 00:40:00,208 en armas polo mesmo catalizador: 538 00:40:01,500 --> 00:40:03,375 a natureza humana. 539 00:40:04,333 --> 00:40:07,291 Puido manifestarse como egoísmo, 540 00:40:07,375 --> 00:40:09,916 corrupción ou simple estupidez, 541 00:40:10,625 --> 00:40:15,125 pero, no fondo, todas son o mesmo: 542 00:40:15,916 --> 00:40:18,541 unha resistencia persistente e autodestrutiva 543 00:40:18,625 --> 00:40:20,791 a actuar polo ben común. 544 00:40:23,125 --> 00:40:23,958 Podo? 545 00:40:24,583 --> 00:40:25,416 Insisto. 546 00:40:35,458 --> 00:40:38,583 O CI sufriu un roubo de datos hai unhas noites 547 00:40:38,666 --> 00:40:40,750 a mans dunha empregada 548 00:40:40,833 --> 00:40:43,750 e dun periférico pilotado desde un coto. 549 00:40:44,333 --> 00:40:47,583 Un socio de Zubov estivo no escenario dun crime posterior 550 00:40:47,666 --> 00:40:51,916 conectado co roubo, o que indica con seguridade a implicación dos klepts. 551 00:40:52,166 --> 00:40:54,125 Temos razóns para crer que buscan 552 00:40:54,208 --> 00:40:56,166 o noso mecanismo de axuste neural, 553 00:40:56,250 --> 00:41:01,250 que, como sabe, é un campo de investigación moi delicado. 554 00:41:01,333 --> 00:41:04,458 Está a dicir que os datos roubados 555 00:41:04,541 --> 00:41:07,083 documentarían a existencia deste mecanismo? 556 00:41:07,166 --> 00:41:08,000 Iso farían. 557 00:41:08,083 --> 00:41:09,416 É iso o que teme? 558 00:41:09,500 --> 00:41:12,958 Unha resposta negativa se se fai público? 559 00:41:13,041 --> 00:41:14,041 Por suposto. 560 00:41:14,416 --> 00:41:17,500 Pero máis aínda un posible pirateo do mecanismo 561 00:41:17,583 --> 00:41:19,291 para usalo con maldade. 562 00:41:19,375 --> 00:41:22,125 Unha posibilidade inherente á tecnoloxía. 563 00:41:23,708 --> 00:41:27,541 Detective, creo que coincidirá 564 00:41:27,625 --> 00:41:30,291 en que un martelo é moi útil, 565 00:41:31,458 --> 00:41:34,375 pero tamén pode ser letal nas mans incorrectas. 566 00:41:35,916 --> 00:41:38,500 Reuniuse con Lev Zubov recentemente, non? 567 00:41:39,500 --> 00:41:44,291 Supoño que lle contaría unha boa historia das súas aventuras no coto do CI. 568 00:41:45,375 --> 00:41:47,041 Do CI? É que é seu? 569 00:41:47,125 --> 00:41:48,708 Creeino eu, non si? 570 00:41:48,791 --> 00:41:51,583 Como laboratorio para crear esta tecnoloxía. 571 00:41:52,541 --> 00:41:56,083 Imaxino que non teño que explicarlle o perigoso que sería 572 00:41:56,958 --> 00:41:59,166 que a controlasen os klepts. 573 00:42:05,000 --> 00:42:06,541 Que me quere pedir? 574 00:42:11,083 --> 00:42:12,333 Destrúa os Zubov, 575 00:42:12,750 --> 00:42:15,375 a Fisher e a calquera relacionado con eles, 576 00:42:15,458 --> 00:42:17,333 tanto aquí coma no coto. 577 00:42:18,000 --> 00:42:21,416 Faino parecer sinxelo, coma se puidese axitar unha variña. 578 00:42:21,500 --> 00:42:23,208 Admitirá que hai precedentes. 579 00:42:23,291 --> 00:42:24,500 Os Samsonov. 580 00:42:25,041 --> 00:42:26,541 A familia enteira 581 00:42:28,125 --> 00:42:31,625 desapareceu da face da Terra. Un espectáculo abraiante. 582 00:42:31,708 --> 00:42:33,541 Unha situación moi diferente. 583 00:42:33,625 --> 00:42:34,458 Iso cre? 584 00:42:34,541 --> 00:42:36,541 Un motín? Penso que si. 585 00:42:36,625 --> 00:42:39,375 "Incitar á violencia contra as autoridades 586 00:42:39,458 --> 00:42:42,333 co obxectivo de derrocalas." 587 00:42:43,333 --> 00:42:45,708 Se tivese un martelo... 588 00:42:49,291 --> 00:42:52,958 Terá que asimilalo e procesalo todo, claro, 589 00:42:54,000 --> 00:42:57,375 pero debería saber que só o compartín con vostede 590 00:42:57,458 --> 00:43:01,541 porque confío en que ten a sofisticación e a perspicacia 591 00:43:01,625 --> 00:43:03,833 para entender o que hai en xogo. 592 00:43:16,208 --> 00:43:17,791 Invítoa á miña gorida. 593 00:43:19,083 --> 00:43:21,750 Para tomar un té, se así o desexa. 594 00:43:38,083 --> 00:43:39,833 Fai isto por cartos? 595 00:43:40,291 --> 00:43:42,958 Hainos por medio, pero non é por iso. 596 00:43:43,333 --> 00:43:44,208 Por que entón? 597 00:43:45,333 --> 00:43:47,083 Eu tamén teño unha filla. 598 00:43:47,916 --> 00:43:49,916 E preferiría que seguise viva. 599 00:43:50,000 --> 00:43:53,125 Ameazárona se non mata os meus fillos? 600 00:43:53,208 --> 00:43:54,375 Bo resumo. 601 00:43:58,250 --> 00:44:02,083 Miña nai dicía que só os parvos ven o mundo en branco e negro. 602 00:44:02,916 --> 00:44:07,166 Unha opinión admirablemente sinxela para xente sinxela dun lugar sinxelo, 603 00:44:07,250 --> 00:44:09,958 pero nada diso aplica aquí. 604 00:44:10,041 --> 00:44:12,125 Pensa que só hai dúas opcións: 605 00:44:12,625 --> 00:44:16,083 que morra a súa filla ou os meus, e nada máis. 606 00:44:16,166 --> 00:44:18,041 Di que hai outra opción? 607 00:44:18,125 --> 00:44:19,208 Si. 608 00:44:20,708 --> 00:44:22,583 Pero só con escoitalo, 609 00:44:23,166 --> 00:44:26,416 pola súa voz, sei que non é o home que a consideraría. 610 00:44:29,541 --> 00:44:30,375 Ténteo. 611 00:44:32,458 --> 00:44:33,500 Que morra vostede. 612 00:44:35,333 --> 00:44:37,666 Que cona fas? Hostia. 613 00:44:39,458 --> 00:44:40,583 Por que paramos? 614 00:44:40,666 --> 00:44:43,875 Mellor amodo e ben ca rápido e mal. Non sabemos nada. 615 00:44:43,958 --> 00:44:45,916 Se non entramos, mamá morre. 616 00:44:46,000 --> 00:44:49,375 Hai un asasino. É unha trampa. Se entramos, morremos. 617 00:44:49,458 --> 00:44:50,291 Burton... 618 00:44:50,375 --> 00:44:52,500 Isto é o único que sei facer, 619 00:44:52,583 --> 00:44:55,666 así que preciso que confíes en que vai saír ben. 620 00:44:59,125 --> 00:45:00,125 Merda. 621 00:45:00,208 --> 00:45:02,458 Toma. Vai por aí, arredor do coche. 622 00:45:05,666 --> 00:45:06,958 Deixe que o entenda. 623 00:45:07,041 --> 00:45:10,458 Que non queira morrer aquí faime idiota? 624 00:45:11,208 --> 00:45:12,541 Non só iso. 625 00:45:13,750 --> 00:45:15,333 Tamén covarde. 626 00:45:16,333 --> 00:45:17,416 E egoísta. 627 00:45:18,166 --> 00:45:19,958 Tan egoísta que é malvado. 628 00:45:20,791 --> 00:45:24,750 Empezo a crer que non lle caio nada ben. 629 00:45:25,458 --> 00:45:26,916 Ves os tres sinais? 630 00:45:27,000 --> 00:45:28,541 E o frío do chan? 631 00:45:28,625 --> 00:45:29,458 Ese é Reece. 632 00:45:29,541 --> 00:45:31,916 Quedan Dee Dee, túa nai e o obxectivo. 633 00:45:32,000 --> 00:45:34,500 Non quero deixar nada á sorte. 634 00:45:34,583 --> 00:45:36,958 Será o da dereita, pero non estou segura. 635 00:45:37,041 --> 00:45:38,291 Temos que movelo. 636 00:45:40,500 --> 00:45:42,833 Tenta activar o SNA de Reece. 637 00:45:42,916 --> 00:45:44,916 Diso nada. Enlazaría cun cadáver. 638 00:45:45,000 --> 00:45:48,041 Se treme, pode que o vello pense que está vivo. 639 00:45:48,125 --> 00:45:50,458 Se vai rematalo, podemos dispararlle. 640 00:45:50,541 --> 00:45:52,500 Oíches o que dixen? Leon sentiríao. 641 00:45:52,583 --> 00:45:56,625 Xa. E Reece faría o mesmo por nós se estivese aquí. 642 00:45:56,708 --> 00:45:59,041 Por que seguides a falar? Imos aló. 643 00:45:59,125 --> 00:46:01,333 Flynne, avisa cando o saibas. 644 00:46:12,791 --> 00:46:13,750 É el. Moveuse. 645 00:46:15,166 --> 00:46:16,083 Executade. 646 00:46:32,750 --> 00:46:33,583 Mamá! 647 00:46:37,416 --> 00:46:38,250 Acabouse. 648 00:46:49,333 --> 00:46:51,958 Preciso o vello vivo, Davis. 649 00:46:52,958 --> 00:46:55,291 Quero facerlle certas cousas. 650 00:46:55,375 --> 00:46:57,083 Enténdoo, Corbell. 651 00:46:57,166 --> 00:46:59,000 Faremos o que poidamos. 652 00:46:59,625 --> 00:47:01,625 Era marabillosa, Corbell... 653 00:47:01,708 --> 00:47:04,083 Creo que pensei unha boa, shériff. 654 00:47:06,916 --> 00:47:08,333 Quería contarlla. 655 00:47:09,250 --> 00:47:11,250 Imaxine que o vello veu 656 00:47:11,791 --> 00:47:12,833 e matou a Mary. 657 00:47:15,583 --> 00:47:18,541 O señor Pickett chamou a policía 658 00:47:20,375 --> 00:47:22,166 e vostede chegou o primeiro. 659 00:47:22,250 --> 00:47:23,708 Despois de catro eleccións, 660 00:47:23,791 --> 00:47:27,541 aínda toma o traballo en serio. Todos o agradecemos. 661 00:47:32,208 --> 00:47:34,125 Tommy, que hostia cres que... 662 00:47:34,208 --> 00:47:35,833 O vello aínda estaba aquí. 663 00:47:37,250 --> 00:47:39,000 Armado con esta pistola do 45. 664 00:47:39,541 --> 00:47:41,041 E cando sacou a súa arma, 665 00:47:41,125 --> 00:47:44,000 resulta que lle disparou. 666 00:47:45,625 --> 00:47:47,583 Varias veces, por desgraza. 667 00:47:47,666 --> 00:47:49,875 Vale, tranquilo, Tommy. 668 00:47:49,958 --> 00:47:52,833 Xa estou moi tranquilo, shériff. E iso dáme medo. 669 00:47:53,250 --> 00:47:54,458 É como dixo. 670 00:47:54,958 --> 00:47:56,750 Non teño elección, non? 671 00:47:56,833 --> 00:47:57,666 Tommy, non! 672 00:48:09,791 --> 00:48:11,250 Hostia puta. 673 00:48:14,041 --> 00:48:15,875 Non vin vir iso. 674 00:48:16,541 --> 00:48:18,083 Nin de lonxe. 675 00:48:18,625 --> 00:48:19,458 Veña, 676 00:48:20,333 --> 00:48:22,166 dicías que estabas tranquilo. 677 00:48:22,250 --> 00:48:24,375 Baixa esa pistola 678 00:48:25,500 --> 00:48:26,916 ata volver estalo 679 00:48:27,458 --> 00:48:29,625 e podemos falar disto. 680 00:48:29,708 --> 00:48:31,666 Chegar a un acordo. 681 00:48:31,750 --> 00:48:35,333 Non pensarías que o vello che deixaría vivir, non? 682 00:48:35,416 --> 00:48:36,708 O que non penso 683 00:48:37,500 --> 00:48:42,583 é que teñas os collóns para facer isto ti só, rapaz. 684 00:48:44,791 --> 00:48:46,000 Nin as balas. 685 00:48:52,000 --> 00:48:54,041 Que merda é iso? 686 00:48:54,125 --> 00:48:57,583 Un cacharro, cabrón soberbio. 687 00:49:33,833 --> 00:49:36,750 PROXIMAMENTE EN THE PERIPHERAL 688 00:49:38,416 --> 00:49:39,958 Se morres, morres. 689 00:49:40,041 --> 00:49:41,708 Se morro, salvo a miña familia. 690 00:49:44,166 --> 00:49:45,500 Quero que o mate. 691 00:49:45,833 --> 00:49:46,708 Wolf! 692 00:49:46,791 --> 00:49:48,583 Contareicho todo. Prométoo. 693 00:49:49,750 --> 00:49:51,458 Tenente, detectaron un pulso. 694 00:49:51,541 --> 00:49:52,375 De quen? 695 00:49:57,500 --> 00:50:00,291 Só precisamos os segredos da cabeza da moza. 696 00:50:02,416 --> 00:50:03,250 Non! 697 00:51:42,666 --> 00:51:44,666 Subtítulos: Marcos Carou Balado 698 00:51:44,750 --> 00:51:46,750 Supervisora creativa: Estefanía Prol Lusquiños