1 00:02:17,596 --> 00:02:20,724 FOGAR 2 00:03:14,403 --> 00:03:16,196 Non deixaba de pensar en ti. 3 00:03:19,700 --> 00:03:23,537 En como che iría, no que estarías facendo. 4 00:03:29,877 --> 00:03:34,089 Se son sincera, non sei se quería que che fose ben. 5 00:03:37,927 --> 00:03:40,054 Alégrome de que me contestaras. 6 00:03:40,137 --> 00:03:43,724 Non sabía se seguías en Hong Kong ou... 7 00:03:49,647 --> 00:03:52,483 Nós ímonos mudar ós EUA. Cómpre facelo 8 00:03:53,442 --> 00:03:54,610 polos nenos. 9 00:03:58,072 --> 00:03:59,740 Necesitan ser quen de vivir. 10 00:04:04,620 --> 00:04:09,291 Supoño... que todos o precisamos. 11 00:04:14,129 --> 00:04:15,214 Ata ti. 12 00:04:30,104 --> 00:04:31,230 Que? 13 00:04:31,313 --> 00:04:32,481 Canta ti. 14 00:04:33,107 --> 00:04:35,109 - Non a sei. - Deberías. 15 00:04:36,485 --> 00:04:40,739 Nunca me sentín tan coreana como aquí en Hong Kong. 16 00:04:40,906 --> 00:04:43,534 É o que din sempre os teus amigos sobre min. 17 00:04:43,617 --> 00:04:46,328 "A moza de Charly, a coreana." 18 00:04:47,079 --> 00:04:48,205 Parécelles bo. 19 00:04:48,956 --> 00:04:51,082 ¿Sabes que non é o mesmo ser coreana 20 00:04:51,166 --> 00:04:52,710 que coreana-americana? 21 00:04:52,793 --> 00:04:55,004 Pero sabes cousas sobre Corea, non? 22 00:04:55,629 --> 00:04:57,923 Oíches falar das manifestacións? 23 00:04:58,007 --> 00:05:00,217 Lee Han-yeol e Park Jong-chul? 24 00:05:00,551 --> 00:05:02,302 Inspiran moito. 25 00:05:03,345 --> 00:05:07,141 Non che sei. Queens queda lonxe de Corea do Sur. 26 00:05:08,475 --> 00:05:10,477 Só te queren coñecer. 27 00:05:10,978 --> 00:05:13,480 Nos EUA, iso sería unha microagresión. 28 00:05:13,605 --> 00:05:16,066 Os americanos sodes uns miñaxoias. 29 00:05:16,525 --> 00:05:17,526 Miñaxoias? 30 00:05:17,776 --> 00:05:18,861 Queredes auga? 31 00:05:18,944 --> 00:05:21,321 - Si. - Acaban de chegar as mercancías. 32 00:05:21,405 --> 00:05:24,992 - Grazas. - Marcho. Teño que falar co xefe. 33 00:05:26,493 --> 00:05:27,995 De verdade tes que ir? 34 00:05:28,078 --> 00:05:31,081 Hai moito que non me dan unha quenda e é raro. 35 00:05:31,165 --> 00:05:33,125 E quedo pobre. 36 00:05:34,960 --> 00:05:35,878 Deica logo. 37 00:05:46,930 --> 00:05:47,973 Veña. 38 00:05:52,770 --> 00:05:55,689 Tardarán meses en atender as nosas esixencias. 39 00:05:55,773 --> 00:05:59,234 Cres que chegaremos a unha solución pronto? 40 00:05:59,568 --> 00:06:01,403 Iso non depende de min. 41 00:06:01,487 --> 00:06:03,280 Fálanos do teu arresto. 42 00:06:03,363 --> 00:06:08,035 Sempre se fan sacrificios persoais cando alguén ten que dar a cara. 43 00:06:08,118 --> 00:06:10,996 A nosa xeración xa é irresponsable. 44 00:06:11,080 --> 00:06:12,289 Temos que loitar... 45 00:07:18,480 --> 00:07:19,481 Mercy! 46 00:07:20,232 --> 00:07:22,526 Mercy! 47 00:07:22,609 --> 00:07:23,902 Adiante. 48 00:07:27,781 --> 00:07:29,867 Lin a túa mensaxe. Todo ben? 49 00:07:30,450 --> 00:07:32,953 Non vou andar con mexericadas. 50 00:07:33,328 --> 00:07:34,663 Queixáronse de ti. 51 00:07:37,666 --> 00:07:39,501 O tipo da festa de Tregunter? 52 00:07:39,960 --> 00:07:42,421 Meteume man cando lle servín as endivias. 53 00:07:42,504 --> 00:07:44,256 Debería demandalo. 54 00:07:44,339 --> 00:07:45,549 E solucionábase. 55 00:07:46,508 --> 00:07:47,342 É un feito. 56 00:07:48,177 --> 00:07:51,138 Un cliente afirma que faltaban cartos dun bolso. 57 00:07:51,930 --> 00:07:53,640 Describiute claramente. 58 00:07:54,558 --> 00:07:56,185 Claramente? Que dixo? 59 00:07:56,435 --> 00:07:57,436 Sabía o teu nome. 60 00:07:58,437 --> 00:07:59,730 Que? Como? 61 00:08:00,230 --> 00:08:02,232 Sorte que non presente cargos. 62 00:08:03,525 --> 00:08:04,526 Son inocente. 63 00:08:06,069 --> 00:08:08,530 Que inxusto. Que vou facer agora? 64 00:08:08,614 --> 00:08:10,282 Case non podo pagar a renda. 65 00:08:23,045 --> 00:08:26,215 Miña nai vén nun par de semanas e estou cagada. 66 00:08:27,382 --> 00:08:29,968 Quero ter boas novas que contarlle. 67 00:08:30,093 --> 00:08:31,053 Nunca as teño. 68 00:08:33,931 --> 00:08:36,433 Ás veces busco nos xornais historias 69 00:08:38,184 --> 00:08:41,730 sobre asasinos en serie, nenos que caen das fiestras 70 00:08:41,813 --> 00:08:43,690 porque a nai os deixou sós. 71 00:08:43,774 --> 00:08:45,901 Ou esa muller que tiña un mono. 72 00:08:45,984 --> 00:08:47,945 Sedouno cando tiña visita, 73 00:08:48,028 --> 00:08:49,905 non foi ben e arrincoulle 74 00:08:49,988 --> 00:08:51,406 a cara ó amigo. 75 00:08:56,828 --> 00:08:58,413 Fai que me sinta mellor. 76 00:08:58,956 --> 00:09:00,499 Ler sobre todo o caos, 77 00:09:03,001 --> 00:09:05,170 sobre o horrible que pasa no mundo. 78 00:09:06,338 --> 00:09:08,423 Así finxo que todo vai ben. 79 00:09:09,841 --> 00:09:11,385 Que non fixen algo malo. 80 00:09:13,637 --> 00:09:15,681 Así, ó mellor, síntome menos soa. 81 00:09:18,642 --> 00:09:21,478 Alégrome de que todo fora ben coa xefa. 82 00:09:23,855 --> 00:09:24,856 Non queres? 83 00:09:26,358 --> 00:09:27,192 Vale. 84 00:09:27,276 --> 00:09:28,402 Vounas comer todas. 85 00:09:29,152 --> 00:09:31,446 Moita larica tes ultimamente. 86 00:09:32,614 --> 00:09:33,573 Non teño. 87 00:09:35,117 --> 00:09:37,119 Estás mellor... Gústame. 88 00:09:37,202 --> 00:09:38,578 Estabas moi delgada. 89 00:09:39,705 --> 00:09:41,081 Agora es feliz. 90 00:10:01,977 --> 00:10:03,603 Duchámonos antes? 91 00:10:03,937 --> 00:10:04,771 Ola. 92 00:10:05,147 --> 00:10:07,357 Ei, Mercy. 93 00:10:08,275 --> 00:10:10,277 David? Que fas aquí? 94 00:10:10,902 --> 00:10:12,612 Intentei falar contigo. 95 00:10:18,201 --> 00:10:19,202 Podemos falar? 96 00:10:22,289 --> 00:10:23,457 Que pasa? 97 00:10:23,540 --> 00:10:25,083 Quere que marche. 98 00:10:32,632 --> 00:10:34,092 Creo que non lle gustas. 99 00:10:37,637 --> 00:10:39,097 Perdoa, son David. 100 00:10:40,182 --> 00:10:41,016 Charly. 101 00:10:43,310 --> 00:10:44,561 Chameite e... 102 00:10:45,604 --> 00:10:47,898 Perdoa, impórtache ir subindo? 103 00:10:48,273 --> 00:10:50,108 - Claro. - Agora subo. 104 00:10:50,192 --> 00:10:51,026 Si. 105 00:11:08,585 --> 00:11:11,129 Sei que os dous precisamos tempo. 106 00:11:11,797 --> 00:11:13,632 Pero necesito saber que pensas. 107 00:11:14,508 --> 00:11:16,635 Antes parecía non importarche. 108 00:11:18,053 --> 00:11:21,264 Parecía que non querías saber nada disto, de min. 109 00:11:21,348 --> 00:11:24,351 Xa. Fun un cabrón. Síntoo. 110 00:11:25,435 --> 00:11:27,813 Decateime de que é un agasallo. 111 00:11:28,355 --> 00:11:30,440 - Un agasallo? - Si, o bebé. 112 00:11:33,068 --> 00:11:35,237 Ou xa... 113 00:11:39,408 --> 00:11:40,700 Ceos, fixéchelo? 114 00:11:40,909 --> 00:11:42,536 - Facer o que? - Como? 115 00:11:43,703 --> 00:11:44,788 Non o fixen. 116 00:11:46,373 --> 00:11:47,749 Vas quedar con el? 117 00:11:49,042 --> 00:11:49,876 Non o sei. 118 00:11:49,960 --> 00:11:53,463 Mercy, é tarde. De canto estás? De catro ou cinco meses? 119 00:11:54,881 --> 00:11:58,927 Teño o contacto do xinecólogo ó que van todas. 120 00:12:00,345 --> 00:12:01,388 Está no Matilda. 121 00:12:03,515 --> 00:12:06,601 Chámanlle o Ritz do Peak. Din que é o mellor. 122 00:12:07,018 --> 00:12:08,228 Págoo eu, claro. 123 00:12:08,311 --> 00:12:09,146 Tranquilo. 124 00:12:09,563 --> 00:12:11,314 - Non podes pagalo. - Xa verei. 125 00:12:11,398 --> 00:12:13,775 - Basta. Necesítasme. - Non quero iso. 126 00:12:13,859 --> 00:12:16,903 Son o pai. Teño dereito a tomar decisións. 127 00:12:16,987 --> 00:12:18,530 Tes dereito? Estás seguro? 128 00:12:20,490 --> 00:12:22,701 Sabes o que? Fai o que queiras. 129 00:12:23,618 --> 00:12:24,744 Estamos de acordo. 130 00:12:25,579 --> 00:12:28,623 Quero facer as cousas ben, vale? 131 00:12:28,707 --> 00:12:31,209 Fíxenche un cheque para que non te sintas mal 132 00:12:31,293 --> 00:12:32,627 polo tema dos cartos. 133 00:12:34,963 --> 00:12:38,133 Grazas. Pero se o fago, será ó meu xeito. 134 00:12:39,718 --> 00:12:42,345 Vale. Pois entón marcho. 135 00:12:42,721 --> 00:12:44,848 Vale. Como queiras. 136 00:12:55,984 --> 00:13:00,071 Ola. Pois ese era David. 137 00:13:00,780 --> 00:13:01,615 Xa o escoitei. 138 00:13:03,200 --> 00:13:05,076 Hai que volver á manifestación. 139 00:13:05,160 --> 00:13:09,039 Agarda, quero contarche algo. 140 00:13:10,957 --> 00:13:12,209 É sobre aquel neno? 141 00:13:13,251 --> 00:13:14,211 Gus? 142 00:13:15,128 --> 00:13:15,962 Non. 143 00:13:17,589 --> 00:13:20,675 Así foi como nos coñecemos. 144 00:13:20,967 --> 00:13:21,801 Quen? 145 00:13:23,303 --> 00:13:24,137 David e eu. 146 00:13:27,015 --> 00:13:29,184 Foi a noite que desapareceu Gus. 147 00:13:30,894 --> 00:13:33,355 Foi moi amable. 148 00:13:34,397 --> 00:13:35,524 Levoume á casa. 149 00:13:37,317 --> 00:13:40,237 Se me queres dicir que estivestes xuntos, 150 00:13:41,279 --> 00:13:42,113 non pasa nada. 151 00:13:43,949 --> 00:13:46,868 Non, non estivemos xuntos. Non foi... 152 00:13:47,869 --> 00:13:49,120 unha relación. 153 00:13:50,914 --> 00:13:53,040 Está casado e... 154 00:13:59,381 --> 00:14:00,840 Deixoume preñada. 155 00:14:06,096 --> 00:14:07,055 Que? 156 00:14:08,348 --> 00:14:09,349 Agora? 157 00:14:09,766 --> 00:14:12,185 Díxenlle que nin se me achegase. 158 00:14:12,894 --> 00:14:14,145 Dende cando o sabes? 159 00:14:17,107 --> 00:14:17,941 Non sei. 160 00:14:20,652 --> 00:14:21,570 Hai uns meses. 161 00:14:22,028 --> 00:14:23,113 Uns meses? 162 00:14:24,656 --> 00:14:26,199 Ves o que che dicía? 163 00:14:27,409 --> 00:14:29,369 Estou fodida. 164 00:14:30,203 --> 00:14:32,372 Non podo escapar da maldición. 165 00:14:32,455 --> 00:14:34,082 Sempre estará aí, 166 00:14:34,165 --> 00:14:36,918 sempre a cago, mesmo antes de poder... 167 00:14:37,002 --> 00:14:37,836 Poder? 168 00:14:38,503 --> 00:14:39,963 Poder ser feliz. 169 00:14:42,340 --> 00:14:44,801 Poder vivir, liberarme disto. 170 00:14:45,385 --> 00:14:49,097 Como me podes dicir a min que non puideches? 171 00:14:51,099 --> 00:14:52,475 Non quería ofenderte. 172 00:14:53,602 --> 00:14:57,063 Bótaslle a culpa á maldición, como se non puideses decidir 173 00:14:57,147 --> 00:14:58,273 ser feliz. 174 00:14:58,356 --> 00:15:01,568 A diferenza de moitos, ti podes decidir. 175 00:15:01,651 --> 00:15:02,652 Non marches. 176 00:15:03,486 --> 00:15:06,448 Tes moita sorte e non o ves. 177 00:15:06,990 --> 00:15:10,493 Tes unha carreira, un pasaporte americano. 178 00:15:10,577 --> 00:15:11,828 Tes liberdade. 179 00:15:12,621 --> 00:15:15,999 Agora estás preñada dun ricachón. 180 00:15:16,625 --> 00:15:18,501 De quen é a culpa agora? 181 00:15:18,960 --> 00:15:21,755 Da súa muller? Ela tamén é parte da maldición? 182 00:15:22,255 --> 00:15:23,089 Son eu? 183 00:15:23,465 --> 00:15:26,593 Ou é que ti non pensas en ninguén, só en ti mesma? 184 00:15:26,843 --> 00:15:29,179 Charly, quero ir contigo. 185 00:15:29,262 --> 00:15:30,096 Por que? 186 00:15:30,639 --> 00:15:33,475 Para presumires na casa que te manifestaches? 187 00:15:33,975 --> 00:15:36,353 Non é a túa loita. Nunca o foi. 188 00:15:36,936 --> 00:15:38,063 Es unha turista. 189 00:15:38,480 --> 00:15:41,691 Non lle afecta ó teu futuro. Ti podes marchar. 190 00:15:42,484 --> 00:15:44,819 Outra bendición que seguro que non ves. 191 00:16:05,882 --> 00:16:08,051 En realidade, nunca pensei en ti. 192 00:16:10,220 --> 00:16:12,972 Podía facelo porque non sabía nada sobre ti 193 00:16:13,056 --> 00:16:14,224 e era máis fácil. 194 00:16:16,476 --> 00:16:19,020 Ata que unha amiga me abriu os ollos 195 00:16:20,105 --> 00:16:21,815 e vin que tiña razón. 196 00:16:24,776 --> 00:16:27,195 Non imaxino que pensarás de min. 197 00:16:28,238 --> 00:16:30,073 Canto me aborrecerás. 198 00:16:32,659 --> 00:16:33,910 E deberías. 199 00:16:36,121 --> 00:16:37,247 Eu estaría enfadada. 200 00:16:38,873 --> 00:16:40,834 Mira quen chegou! 201 00:16:43,002 --> 00:16:44,587 Semellas cansa. 202 00:16:44,671 --> 00:16:46,506 Non estás a usar a crema da cara? 203 00:16:47,048 --> 00:16:48,049 Prevén a engurras. 204 00:16:48,133 --> 00:16:49,592 Esta é a nova cociña. 205 00:16:50,051 --> 00:16:51,594 Xa non é tan nova. 206 00:16:52,345 --> 00:16:54,472 Hai cinco anos que non vés. 207 00:16:57,517 --> 00:16:59,853 O Tesla é teu? De quen foi a idea? 208 00:16:59,936 --> 00:17:02,230 Foi un agasallo do teu pai. 209 00:17:04,648 --> 00:17:05,900 Ben o mereces. 210 00:17:09,194 --> 00:17:11,614 Vaia! Esquecín o dhaniya. 211 00:17:12,574 --> 00:17:13,907 - Vou eu por el? - Non. 212 00:17:14,159 --> 00:17:15,452 Consuelo pode ir. 213 00:17:15,535 --> 00:17:16,368 Consuelo! 214 00:17:16,869 --> 00:17:19,664 Podes ir á tenda mercar coandro fresco? 215 00:17:23,960 --> 00:17:25,377 Pico uns allos? 216 00:17:59,913 --> 00:18:02,290 Non esquezas o paath de mañá. 217 00:18:02,373 --> 00:18:04,042 É para que mellore teu pai. 218 00:18:04,292 --> 00:18:06,461 Quería arranxalo antes da operación. 219 00:18:06,544 --> 00:18:08,463 Non trouxen roupa india. 220 00:18:08,546 --> 00:18:10,840 Tes as túas cousas vellas no faiado. 221 00:18:10,924 --> 00:18:12,217 Algunha cousa haberá. 222 00:18:12,300 --> 00:18:13,718 Temos que marchar. 223 00:18:19,557 --> 00:18:21,476 Está moi débil. 224 00:18:21,768 --> 00:18:24,229 Hai momentos para todo, Harpreet. 225 00:18:24,646 --> 00:18:26,773 Non ten por que saber o do divorcio. 226 00:18:27,315 --> 00:18:28,817 - Mamá. - Está enfermo. 227 00:18:29,067 --> 00:18:30,902 Estresalo podería matalo. 228 00:18:31,319 --> 00:18:32,153 Pórtate ben. 229 00:18:32,570 --> 00:18:36,157 Ben? Non podo mentir. Vai preguntar por David. 230 00:18:36,324 --> 00:18:37,283 Mira quen está. 231 00:18:37,367 --> 00:18:39,118 Dorme. Deixémolo descansar. 232 00:18:39,202 --> 00:18:41,830 Non lle vén ben ter tanto rebumbio no cuarto. 233 00:18:41,996 --> 00:18:43,331 Marchamos. 234 00:18:43,456 --> 00:18:44,415 Rapaces, veña. 235 00:18:44,624 --> 00:18:47,001 Veremos a papá cando esperte. 236 00:18:58,972 --> 00:19:00,557 Sabías que estarían aquí? 237 00:19:00,640 --> 00:19:02,058 Por suposto. 238 00:19:02,141 --> 00:19:03,226 Coñecíalos? 239 00:19:03,309 --> 00:19:05,812 Fomos de brunch. Ti que cres? 240 00:19:06,062 --> 00:19:08,314 Teu pai mandounos traer de Delhi. 241 00:19:08,398 --> 00:19:12,235 De verdade que non sei que ve nesa muller. 242 00:19:13,152 --> 00:19:15,613 Parece unha mendiga calquera 243 00:19:15,780 --> 00:19:17,532 das que hai na parada do bus. 244 00:19:17,949 --> 00:19:21,035 Que esperas de alguén que vende mangas no mercado? 245 00:19:21,119 --> 00:19:22,036 Mamá, bas. 246 00:19:24,330 --> 00:19:25,164 Por favor. 247 00:19:32,589 --> 00:19:33,923 Que rico está o dal. 248 00:19:34,799 --> 00:19:36,092 Cando aprenderás a facelo? 249 00:19:39,262 --> 00:19:42,015 Sinto que non puideses falar hoxe con el. 250 00:19:42,682 --> 00:19:45,518 Teu pai cambiou moito dende que enfermou. 251 00:19:47,270 --> 00:19:48,438 A xente cambia? 252 00:19:49,522 --> 00:19:50,356 Non o sei. 253 00:19:51,065 --> 00:19:53,067 Volveuse pensativo. 254 00:19:54,068 --> 00:19:56,529 Abofé que tiña moito no que pensar. 255 00:20:02,744 --> 00:20:04,162 Puideches marchar. 256 00:20:04,579 --> 00:20:06,873 Tiñas un traballo. Gañarías para ti. 257 00:20:06,956 --> 00:20:08,333 Que vida é esa? 258 00:20:08,416 --> 00:20:10,209 Unha sen toxicidade. 259 00:20:11,294 --> 00:20:13,796 Perdoa, falas coma Oprah. 260 00:22:17,128 --> 00:22:17,962 Ola. 261 00:22:19,130 --> 00:22:20,006 Boas. 262 00:22:22,008 --> 00:22:22,967 Son Sukhi. 263 00:22:24,260 --> 00:22:25,136 El é Fauja. 264 00:22:25,928 --> 00:22:26,971 Sei quen sodes. 265 00:22:29,223 --> 00:22:31,934 Mamá non quixo vir. Pensamos que sería mellor. 266 00:22:33,102 --> 00:22:34,520 Quería coñecerte. 267 00:22:35,021 --> 00:22:36,814 Papá fala moi ben de ti. 268 00:22:39,567 --> 00:22:42,195 De min? Falouvos de min? 269 00:22:42,945 --> 00:22:44,906 Fala do ben que che vai. 270 00:22:45,865 --> 00:22:49,202 Pois a min non me falou de vós. 271 00:22:49,660 --> 00:22:50,703 Créocho ben. 272 00:22:53,790 --> 00:22:58,002 Seguro que estaba encantado de ter o fillo que sempre quixo. 273 00:22:58,795 --> 00:22:59,879 É un bo home. 274 00:23:00,713 --> 00:23:02,757 Criounos un home diferente. 275 00:23:02,840 --> 00:23:05,259 Papá pasouno mal en América. 276 00:23:05,510 --> 00:23:09,097 Dicía que pasou moito medo, que era un descontrol. 277 00:23:11,474 --> 00:23:12,934 Que control tiñamos nós? 278 00:23:13,267 --> 00:23:14,185 Como dis? 279 00:23:15,144 --> 00:23:16,020 Tanto ten. 280 00:23:16,187 --> 00:23:19,273 Quérete moito. Debes entendelo. 281 00:23:31,828 --> 00:23:33,329 Mira quen vén! 282 00:23:33,412 --> 00:23:34,956 Volveu a filla pródiga. 283 00:23:35,289 --> 00:23:38,126 Veu onte, pero estabas durmido. 284 00:23:40,086 --> 00:23:41,129 Viñeches, beta? 285 00:23:41,462 --> 00:23:42,421 Ola, papá. 286 00:23:45,925 --> 00:23:48,886 Vou por café, así podedes falar. 287 00:23:54,225 --> 00:23:55,893 Estás ben? Nervioso? 288 00:23:57,645 --> 00:23:59,313 Mellor agora que estás aquí. 289 00:24:00,565 --> 00:24:01,732 Pasou moito tempo. 290 00:24:03,442 --> 00:24:04,902 Sinto non vir antes. 291 00:24:06,654 --> 00:24:07,864 Enténdoo. 292 00:24:10,241 --> 00:24:11,993 Que tal David? 293 00:24:13,578 --> 00:24:14,704 El... 294 00:24:16,205 --> 00:24:17,790 Sinte non estar aquí. 295 00:24:18,124 --> 00:24:19,208 Entendo. 296 00:24:21,377 --> 00:24:23,045 Viches a Fauja e a Sukhi? 297 00:24:24,255 --> 00:24:25,089 Si. 298 00:24:25,173 --> 00:24:28,759 Son bos rapaces. Espero que te leves ben con eles. 299 00:24:30,094 --> 00:24:32,388 Verás o bo que é ter unha familia. 300 00:24:34,932 --> 00:24:37,685 Así é como nos ves? Como unha familia? 301 00:24:37,768 --> 00:24:39,562 Claro. Sodes a miña familia. 302 00:24:40,188 --> 00:24:41,939 Os fillos sodes un agasallo. 303 00:24:42,815 --> 00:24:45,067 David e ti estades a tempo... 304 00:24:45,151 --> 00:24:46,319 Estou embarazada. 305 00:24:47,945 --> 00:24:48,905 Meu Deus. 306 00:24:50,489 --> 00:24:53,159 Estaba esperando o momento para dicilo. 307 00:24:55,661 --> 00:24:57,747 Sabes xa se é un neno? 308 00:25:00,291 --> 00:25:01,125 Si. 309 00:25:02,376 --> 00:25:03,211 É un neno. 310 00:25:03,294 --> 00:25:05,254 Beta, é marabilloso! 311 00:25:06,797 --> 00:25:09,383 Grazas polas boas novas. 312 00:25:10,218 --> 00:25:14,096 Están listos, señor Singh, se vostede o está, claro. 313 00:25:15,348 --> 00:25:18,226 Un neno. Que bendición. 314 00:25:18,851 --> 00:25:22,146 Grazas polas boas novas, beta. Danme forza. 315 00:25:30,279 --> 00:25:31,322 Papá. 316 00:25:33,950 --> 00:25:35,076 Quero que saibas 317 00:25:36,661 --> 00:25:40,790 que o meu fillo se criará sabendo que clase de home foi seu avó. 318 00:25:41,374 --> 00:25:42,917 É o meu maior soño, beta. 319 00:25:43,167 --> 00:25:45,169 Voulle contar todo sobre ti. 320 00:25:46,963 --> 00:25:49,757 Que lle partiches a mandíbula a mamá, 321 00:25:50,758 --> 00:25:52,718 que a tiraches polas escaleiras, 322 00:25:53,386 --> 00:25:56,847 que non pon aneis porque lle rompiches tódolos dedos, 323 00:25:56,931 --> 00:26:00,059 que mentres eras o pai afectivo para a outra familia, 324 00:26:00,142 --> 00:26:03,145 eu poñíalle xeo nos negróns da cara. 325 00:26:08,401 --> 00:26:10,361 Tanto ten o que digan os outros. 326 00:26:12,613 --> 00:26:16,158 Eu xamais o esquecerei. E xamais te perdoarei. 327 00:26:21,956 --> 00:26:22,957 Xa podes marchar. 328 00:27:20,306 --> 00:27:24,310 As aeroliñas efectuarán os controis de documentación 329 00:27:24,393 --> 00:27:26,020 nas portas de embarque. 330 00:27:29,190 --> 00:27:30,608 - Boas. - Ola. 331 00:27:33,152 --> 00:27:35,154 Ven aquí. 332 00:27:36,364 --> 00:27:37,865 Sinto o do teu pai. 333 00:27:43,037 --> 00:27:43,871 Toma. 334 00:27:44,663 --> 00:27:45,998 - Grazas. - Si. 335 00:27:46,457 --> 00:27:49,043 - Que tal túa nai? - Xa sabes, está... 336 00:27:49,168 --> 00:27:50,002 Brinder? 337 00:27:50,920 --> 00:27:52,338 Si. Vamos. 338 00:27:54,590 --> 00:27:57,301 Grazas por chamar. Preocupeime por ti. 339 00:27:57,385 --> 00:27:58,219 O que... 340 00:28:00,471 --> 00:28:01,305 Hils? 341 00:28:02,556 --> 00:28:03,599 Matei a meu pai. 342 00:28:04,183 --> 00:28:06,102 Non mo perdoarei. 343 00:28:06,185 --> 00:28:08,813 Non. Mateino, David. 344 00:28:09,146 --> 00:28:11,273 - Matei a meu pai. - Imos ó coche? 345 00:28:11,357 --> 00:28:13,567 Falamos alí de todo, vale? 346 00:28:13,651 --> 00:28:15,569 Veña. 347 00:28:17,947 --> 00:28:22,952 É como se me vise a min mesma coma un espírito torturado 348 00:28:23,035 --> 00:28:25,621 que falaba sen control. 349 00:28:26,414 --> 00:28:28,624 Sabes o que? Si que o controlaba. 350 00:28:28,707 --> 00:28:30,126 Se son sincera... 351 00:28:31,752 --> 00:28:34,088 non puiden parar de falar. 352 00:28:34,171 --> 00:28:36,382 Non quería que morrese sen dicirllo. 353 00:28:36,924 --> 00:28:39,135 Non soportaba a idea. 354 00:28:41,679 --> 00:28:42,680 Merda. 355 00:28:45,349 --> 00:28:48,227 - Dixécheslle o do divorcio? - Non me deu tempo. 356 00:28:48,310 --> 00:28:51,188 Estaba ocupada matándoo coas miñas palabras. 357 00:28:52,106 --> 00:28:52,940 Veña. 358 00:28:55,025 --> 00:28:57,611 Estou cansa de estar enfadada. 359 00:28:59,196 --> 00:29:00,156 Si. 360 00:29:05,828 --> 00:29:07,037 Como está ela? 361 00:29:09,707 --> 00:29:10,541 Mercy? 362 00:29:14,879 --> 00:29:16,172 Podo preguntar algo? 363 00:29:18,466 --> 00:29:20,551 ¿Cando non querías fillos, 364 00:29:20,968 --> 00:29:23,179 non os querías comigo ou...? 365 00:29:27,433 --> 00:29:28,726 Non, claro que non. 366 00:29:31,270 --> 00:29:32,521 Iso pensaches? 367 00:29:38,694 --> 00:29:40,446 Mercy non quere que a axude. 368 00:29:41,155 --> 00:29:42,948 Non quere nada de min. 369 00:29:44,950 --> 00:29:48,370 Pode cambiar de opinión, quen sabe. 370 00:29:51,040 --> 00:29:53,000 Só che queda portarte ben. 371 00:29:55,127 --> 00:29:56,587 Iso foi o que dixo. 372 00:29:56,921 --> 00:29:58,464 Que debería portarme ben. 373 00:29:58,589 --> 00:29:59,840 É certo. 374 00:30:00,174 --> 00:30:01,091 É... 375 00:30:01,842 --> 00:30:04,720 Quería saber quen era despois de estar contigo 376 00:30:04,803 --> 00:30:07,181 e pasou toda esta merda. 377 00:30:08,057 --> 00:30:11,602 Non tiven tempo de pensar... 378 00:30:11,685 --> 00:30:14,271 Non pretenderás que sinta pena, non? 379 00:30:17,274 --> 00:30:20,277 Non, claro que non. 380 00:30:23,447 --> 00:30:24,281 Merda. 381 00:30:29,453 --> 00:30:31,121 Vai soar un pouco raro, 382 00:30:32,081 --> 00:30:35,376 pero a última vez que vin a Mercy, pediume o teu número. 383 00:30:36,502 --> 00:30:37,336 Paréceche...? 384 00:30:42,967 --> 00:30:43,842 Claro. 385 00:30:44,969 --> 00:30:46,053 Si? 386 00:31:04,738 --> 00:31:05,990 Que pasará agora? 387 00:31:08,742 --> 00:31:10,828 Crin que David era o meu fogar. 388 00:31:11,662 --> 00:31:12,830 Iso diciamos. 389 00:31:15,249 --> 00:31:17,209 "Se estamos xuntos..." 390 00:31:17,293 --> 00:31:19,128 - Vémonos polo barrio? - Claro. 391 00:31:19,211 --> 00:31:20,754 - "...somos fogar." - Grazas. 392 00:31:34,059 --> 00:31:35,769 Agora, xa non é un fogar. 393 00:31:35,853 --> 00:31:37,771 Volver demostroumo. 394 00:31:42,276 --> 00:31:44,111 Pero a miña perda non foi nada. 395 00:31:46,822 --> 00:31:48,616 Polo menos, sei que sandarei. 396 00:31:50,576 --> 00:31:52,202 Teño medo, claro, pero... 397 00:31:56,498 --> 00:32:00,461 Hai un dito que di que non podes descubrir algo novo 398 00:32:00,544 --> 00:32:02,755 sen a valentía de perder o coñecido. 399 00:32:03,631 --> 00:32:05,299 Gustaríame pór cor aquí. 400 00:32:05,924 --> 00:32:07,217 A cor estaría ben. 401 00:32:09,011 --> 00:32:10,679 Penso moito niso. 402 00:32:12,139 --> 00:32:13,349 En pasar páxina. 403 00:32:13,766 --> 00:32:14,725 Vale. 404 00:32:14,808 --> 00:32:15,976 Avanzar. 405 00:32:17,019 --> 00:32:19,104 - Por aquí? - Si. Ben. 406 00:32:19,188 --> 00:32:20,397 Non mirar atrás. 407 00:32:20,689 --> 00:32:24,193 Declarou que non haberá resistencia para que a policía... 408 00:32:24,276 --> 00:32:26,111 - Sen correr... - Vale, mamá. 409 00:32:26,195 --> 00:32:28,572 ...cal sería o seguinte paso para... 410 00:32:28,656 --> 00:32:32,534 A situación volve á normalidade no distrito financeiro 411 00:32:32,660 --> 00:32:36,497 tras a disolución e os arrestos de centos de manifestantes. 412 00:32:36,580 --> 00:32:39,750 Os policías, armados con motoserras e excavadoras 413 00:32:39,833 --> 00:32:42,586 destruíron o campamento na porta do goberno, 414 00:32:42,670 --> 00:32:44,296 xusto o centro da campaña. 415 00:32:44,380 --> 00:32:47,549 A maior parte dos manifestantes saíron calmadamente, 416 00:32:47,633 --> 00:32:48,842 non se resistiron. 417 00:32:48,967 --> 00:32:53,222 Pero tal e como comenta Gabriel Earls, aínda quedan algúns manifestantes. 418 00:32:53,472 --> 00:32:56,517 Ata o xoves, a área fóra de Hong Kong... 419 00:32:56,600 --> 00:32:57,434 Ei, rula. 420 00:32:57,518 --> 00:32:59,603 ...o seo da ocupación prodemocracia. 421 00:32:59,687 --> 00:33:01,855 - Vou facer uns recados. - Vale. 422 00:33:11,573 --> 00:33:13,784 Teño unha reserva. Margaret Woo. 423 00:33:24,962 --> 00:33:25,838 Grazas. 424 00:33:25,921 --> 00:33:26,797 Que aproveite. 425 00:34:30,860 --> 00:34:32,905 Sabes cal é o contrario de falar? 426 00:34:33,614 --> 00:34:35,449 Non é escoitar. É agardar. 427 00:34:41,413 --> 00:34:44,708 Entón estás agardando? Non me estás escoitando? 428 00:34:45,042 --> 00:34:48,670 É que é unha conversa moi rara, 429 00:34:48,754 --> 00:34:50,714 cunhas pausas moi incómodas. 430 00:35:00,682 --> 00:35:01,809 Estás embarazada. 431 00:35:07,022 --> 00:35:08,524 Non sabía como cho dicir. 432 00:35:08,857 --> 00:35:09,691 Sabíao. 433 00:35:11,777 --> 00:35:12,611 De verdade? 434 00:35:13,445 --> 00:35:14,279 Como? 435 00:35:14,613 --> 00:35:16,615 A xente fala. Hong Kong é pequeno. 436 00:35:26,083 --> 00:35:27,543 Como están os pequenos? 437 00:35:29,795 --> 00:35:32,256 Non saben que falei contigo. 438 00:35:32,464 --> 00:35:33,882 Por que me chamaches? 439 00:35:33,966 --> 00:35:37,970 Non o sei. Pode que para desculparme. 440 00:35:41,265 --> 00:35:42,850 Eu tamén debería. 441 00:35:43,141 --> 00:35:43,976 Por que? 442 00:35:45,602 --> 00:35:46,645 Chamei o traballo. 443 00:35:47,604 --> 00:35:48,647 Despedíronte. 444 00:35:50,315 --> 00:35:51,483 Fuches ti. 445 00:35:52,526 --> 00:35:53,944 Mentiches sobre min. 446 00:35:54,570 --> 00:35:57,531 Agora parece unha parvada, pero daquela 447 00:35:58,365 --> 00:35:59,908 non pensaba noutra cousa. 448 00:36:01,326 --> 00:36:03,120 Estaba doída e enfadada. 449 00:36:03,996 --> 00:36:05,831 Tes dereito a estar enfadada. 450 00:36:05,914 --> 00:36:09,334 Sinto que as miñas acusacións afectasen o teu matrimonio. 451 00:36:09,543 --> 00:36:12,212 Non era algo persoal contra David. 452 00:36:13,088 --> 00:36:17,301 Ansiaba respostas e quería atopalas onde fose. 453 00:36:33,567 --> 00:36:34,401 Perdón. 454 00:36:37,738 --> 00:36:39,489 Só penso en carne e leite. 455 00:36:40,157 --> 00:36:40,991 Carne e leite. 456 00:36:41,700 --> 00:36:42,618 Tes fame. 457 00:36:42,993 --> 00:36:44,620 Onte, cando estaba na cama, 458 00:36:44,703 --> 00:36:48,874 pechei os ollos e na mente apareceron os ósos dun polo. 459 00:36:50,792 --> 00:36:54,046 Devecía por comer a carne, ata a cheiraba. 460 00:36:54,880 --> 00:36:56,048 Estás creando vida. 461 00:36:57,007 --> 00:36:58,675 Ten sentido que penses nela. 462 00:37:10,103 --> 00:37:12,230 - Señora Kim, veña, por favor. - Si. 463 00:37:17,277 --> 00:37:20,030 Mercy Kim, 25 anos. 464 00:37:21,156 --> 00:37:23,367 Cando tivo a última regra? 465 00:37:23,742 --> 00:37:24,993 Non vén no informe. 466 00:37:26,161 --> 00:37:30,791 Non levo un seguimento. Son máis de contar as lúas. 467 00:37:31,166 --> 00:37:32,000 Entendo. 468 00:37:33,043 --> 00:37:35,087 Teránolo que dicir o bebé. 469 00:37:35,170 --> 00:37:36,338 Tómbese. 470 00:37:39,424 --> 00:37:40,926 Ímoslle abrir a bata. 471 00:37:41,593 --> 00:37:43,178 Antes invíteme a cear. 472 00:37:45,597 --> 00:37:46,431 Vale. 473 00:37:53,146 --> 00:37:54,147 Xenial. 474 00:37:58,986 --> 00:37:59,903 Reláxese. 475 00:38:01,905 --> 00:38:04,074 Estase coidando? 476 00:38:05,033 --> 00:38:06,201 Ácido fólico? 477 00:38:07,953 --> 00:38:09,121 Vitaminas? 478 00:38:10,247 --> 00:38:13,125 Conta a laranxada dunha copa? 479 00:38:14,001 --> 00:38:15,252 Non. 480 00:38:17,421 --> 00:38:20,090 Miraremos de cantas semanas está. 481 00:38:25,470 --> 00:38:27,264 Está bastante avanzado. 482 00:38:28,181 --> 00:38:29,766 Aínda non fora ó médico? 483 00:38:31,059 --> 00:38:32,436 Tíñao pendente. 484 00:38:34,980 --> 00:38:37,566 Debería comezar a tomar vitaminas. 485 00:38:42,279 --> 00:38:43,405 Aquí está o bebé. 486 00:38:48,243 --> 00:38:49,411 Ese é o meu bebé? 487 00:38:51,163 --> 00:38:55,208 Debe ter unhas 23 semanas. 488 00:38:59,421 --> 00:39:02,841 Non o noto, pero estase movendo. Que raro. 489 00:39:03,842 --> 00:39:06,595 Todo parece normal. Por sorte vostede é nova. 490 00:39:07,220 --> 00:39:09,806 Moitas mulleres quedan encinta moi maiores. 491 00:39:12,893 --> 00:39:14,561 Quere saber o sexo? 492 00:39:46,635 --> 00:39:49,304 Durante un tempo, quixen borrarte. 493 00:39:50,597 --> 00:39:52,891 Quería que non existises, 494 00:39:54,559 --> 00:39:57,104 pero aquí estás, creando vida. 495 00:39:59,106 --> 00:40:00,857 Que ironía, non? 496 00:40:08,824 --> 00:40:11,201 Pensaches algunha vez en ter o meu bebé? 497 00:40:12,577 --> 00:40:14,496 Porque eu non deixo de pensalo. 498 00:40:18,542 --> 00:40:19,793 Non digas iso. 499 00:40:22,295 --> 00:40:23,755 Non o penses. 500 00:40:23,839 --> 00:40:25,632 Sinto que che debo moito, 501 00:40:27,217 --> 00:40:29,511 que te arrebatei moito. 502 00:40:31,012 --> 00:40:32,806 Non poderei compensarcho. 503 00:40:35,100 --> 00:40:36,726 Quero darche algo. 504 00:40:36,810 --> 00:40:38,520 Non queres o teu fillo? 505 00:40:43,191 --> 00:40:44,359 Si. 506 00:40:47,070 --> 00:40:48,947 Non quero arruinarlle a vida. 507 00:40:50,866 --> 00:40:51,867 E fareino. 508 00:40:53,368 --> 00:40:54,744 É unha rapaza. 509 00:40:58,748 --> 00:41:00,667 Teño medo por ela. 510 00:41:38,371 --> 00:41:40,498 Atención, por favor. Os pasaxeiros... 511 00:41:44,753 --> 00:41:47,672 ...a porta de embarque mudou... 512 00:41:47,756 --> 00:41:48,590 Mercy! 513 00:41:50,300 --> 00:41:51,301 Ola, mamá! 514 00:41:53,220 --> 00:41:54,304 Que é isto? 515 00:41:54,930 --> 00:41:57,265 Nada. Gañei uns quilos. 516 00:41:58,558 --> 00:41:59,726 Estás...? 517 00:41:59,851 --> 00:42:00,852 Gorda, xa o sei. 518 00:42:02,562 --> 00:42:05,440 Basta! Non estás gorda! Estás embarazada! 519 00:42:05,690 --> 00:42:07,275 Santo ceo. Entón é iso? 520 00:42:07,609 --> 00:42:09,736 Cría que era todo o que comera. 521 00:42:09,986 --> 00:42:10,820 Que rapaza! 522 00:42:10,987 --> 00:42:11,947 Como? 523 00:42:12,656 --> 00:42:13,740 Cando? 524 00:42:15,575 --> 00:42:16,993 Quen é o pai? 525 00:42:17,577 --> 00:42:20,163 Por que non mo dixeches antes? 526 00:42:20,664 --> 00:42:22,499 Quería dicircho en persoa. 527 00:42:24,876 --> 00:42:27,128 Vamos, a xente míranos. Veña. 528 00:42:29,881 --> 00:42:31,675 Cando veña o bebé... 529 00:42:32,050 --> 00:42:33,635 farei miyuk guk para que lle deas o peito. 530 00:42:35,053 --> 00:42:36,888 Teño que ir por rabo de boi. 531 00:42:36,972 --> 00:42:38,014 Necesitas coláxeno. 532 00:42:39,224 --> 00:42:41,518 Non te pases. Non merques máis comida. 533 00:42:41,601 --> 00:42:43,395 Non colle nada máis aquí. 534 00:42:43,937 --> 00:42:45,355 É provisional. 535 00:42:46,314 --> 00:42:51,778 Temos que botar un ollo e ver que levas e que tiramos. 536 00:42:53,071 --> 00:42:54,114 Axudareiche. 537 00:42:54,197 --> 00:42:55,365 Levar comigo? 538 00:42:55,573 --> 00:42:57,325 Si, de volta a Nova York. 539 00:42:57,784 --> 00:42:59,327 Comprareiche o billete. 540 00:42:59,786 --> 00:43:01,121 Podemos volver xuntas. 541 00:43:02,080 --> 00:43:03,415 Non marcho, mamá. 542 00:43:03,498 --> 00:43:04,332 Como que non? 543 00:43:05,041 --> 00:43:06,084 Claro que si. 544 00:43:06,835 --> 00:43:08,253 Aquí non teño onde quedar. 545 00:43:08,420 --> 00:43:09,629 Quen dixo que quedases? 546 00:43:13,091 --> 00:43:14,592 Quen te vai coidar, logo? 547 00:43:22,058 --> 00:43:23,768 Aínda non sei quen é o pai... 548 00:43:25,103 --> 00:43:26,146 Polo que entendo... 549 00:43:26,604 --> 00:43:28,315 non saberemos nada del, non? 550 00:43:34,571 --> 00:43:36,197 Iso pensaba. 551 00:43:47,792 --> 00:43:51,212 - Daisy, vamos! - Vamos, Chauncey. 552 00:43:51,296 --> 00:43:53,298 - E o suadoiro? - Na mochila. 553 00:43:53,381 --> 00:43:55,216 - E a mochila? - Téñoa eu. 554 00:43:55,300 --> 00:43:58,720 - Imos perder o avión. - Mamá, rompéronme os cascos. 555 00:43:58,803 --> 00:44:01,014 Temos que marchar, imos chegar tarde. 556 00:44:01,514 --> 00:44:05,226 Chauncey non comeu nin bebeu nada, non? 557 00:44:05,310 --> 00:44:08,938 - Ben. Tes o seu xoguete? - Si. 558 00:44:39,803 --> 00:44:41,304 ¿Quen cremos que somos, 559 00:44:42,222 --> 00:44:43,390 calquera de nós, 560 00:44:45,141 --> 00:44:47,227 para crernos inmunes á traxedia? 561 00:44:49,938 --> 00:44:52,315 Non podo imaxinarme sen ela. 562 00:44:54,025 --> 00:44:55,902 - No que non lembre... - Basta. 563 00:44:56,236 --> 00:44:58,488 Non te tortures máis. 564 00:44:59,906 --> 00:45:02,867 Non traizoas a ninguén por querer vivir. 565 00:45:06,871 --> 00:45:11,292 Os primeiros días despois da desaparición de Gus, estaba rota. 566 00:45:11,376 --> 00:45:13,670 Unha dor que non podes imaxinar. 567 00:45:14,003 --> 00:45:15,380 Quería morrer. 568 00:45:17,590 --> 00:45:18,758 Pero non podía 569 00:45:19,759 --> 00:45:22,971 porque tiña que seguir viva para atopar a Gus. 570 00:45:25,390 --> 00:45:29,060 Custa pensar que volverás sentir algo que non sexa dor, 571 00:45:30,437 --> 00:45:31,521 pero faralo. 572 00:45:32,856 --> 00:45:34,065 Sobrevivirás. 573 00:45:34,149 --> 00:45:37,485 Teño que facelo, por Daisy e Philip. 574 00:45:42,282 --> 00:45:44,284 Cando te encha a pena... 575 00:45:44,367 --> 00:45:46,536 es ti quen decide se deixarte ir... 576 00:45:46,619 --> 00:45:48,413 ou se erguerte... 577 00:45:48,496 --> 00:45:49,372 lavarte... 578 00:45:49,456 --> 00:45:50,498 abrir as cortinas. 579 00:45:50,582 --> 00:45:51,958 Pasear. 580 00:45:52,041 --> 00:45:54,461 Mirarás os fillos que che quedan... 581 00:45:58,465 --> 00:45:59,924 e cantaruxarás 582 00:46:03,303 --> 00:46:05,763 para que o silencio non poida contigo. 583 00:46:12,103 --> 00:46:14,063 Abondaba con consellos de lactación. 584 00:46:22,989 --> 00:46:25,241 - A goma de mascar? - Na mochila. 585 00:46:25,325 --> 00:46:27,702 - Xa mirei e non está. - Está na mochila. 586 00:46:27,785 --> 00:46:30,580 Essie, necesitámola ou doerannos os oídos. 587 00:46:30,997 --> 00:46:33,041 - Hora? - Na mochila de Philip. 588 00:46:33,124 --> 00:46:34,375 E cuarto. Imos ben. 589 00:46:34,459 --> 00:46:36,961 Canto queda? É un aeroporto grande. 590 00:46:37,045 --> 00:46:38,505 Non sexas preguiceira. 591 00:46:39,589 --> 00:46:40,840 Preguiceira! 592 00:46:40,924 --> 00:46:42,300 - Preguiceira! - Basta! 593 00:46:42,383 --> 00:46:43,301 Philip. 594 00:46:43,384 --> 00:46:45,720 - Cala! Papá, escóitalo? - Philip! Veña. 595 00:46:45,803 --> 00:46:47,430 Non che doían as pernas? 596 00:46:47,514 --> 00:46:49,891 Manqueinas xogando ó fútbol, preguiceira. 597 00:46:49,974 --> 00:46:51,893 Igual es malo xogando ó fútbol! 598 00:46:51,976 --> 00:46:53,561 Rapaces! 599 00:46:59,651 --> 00:47:00,818 Cando marchades? 600 00:47:08,618 --> 00:47:09,827 Pronto. 601 00:47:10,662 --> 00:47:13,039 - Mira que grande é. - É enorme. 602 00:47:13,122 --> 00:47:14,415 Este é o aviso para... 603 00:47:14,499 --> 00:47:16,125 - Ese é o noso? - Si. 604 00:47:21,839 --> 00:47:23,883 Volver ó fogar vaivos prestar. 605 00:47:29,847 --> 00:47:32,016 Non teño fogar sen Gus. 606 00:47:38,648 --> 00:47:40,775 - Quero o asento da xanela. - Ei. 607 00:47:40,858 --> 00:47:42,694 E iso de que me vale? 608 00:47:42,777 --> 00:47:45,446 - Vou no medio. - Rapaces, embarcamos. 609 00:47:45,530 --> 00:47:48,157 - Por que? - Podemos cambiar os sitios. 610 00:47:49,325 --> 00:47:50,159 Margaret. 611 00:47:50,577 --> 00:47:51,661 Que pasou? 612 00:47:52,120 --> 00:47:53,204 Non podo. 613 00:47:54,664 --> 00:47:55,498 Mamá? 614 00:47:55,582 --> 00:47:56,916 - Ei. - Mamá. 615 00:47:57,875 --> 00:47:58,918 Vale. 616 00:47:59,377 --> 00:48:01,296 - Non podo abandonalo. - Seino. 617 00:48:01,379 --> 00:48:02,755 Seino. 618 00:48:02,839 --> 00:48:04,048 - Xa o entendo. - Que? 619 00:48:04,132 --> 00:48:06,175 - Non podo. - Vale. 620 00:48:06,342 --> 00:48:07,218 Está ben. 621 00:48:08,052 --> 00:48:10,013 - Está ben. - Mamá, que...? 622 00:48:10,096 --> 00:48:12,056 - Quérote. - Non podes facelo. 623 00:48:12,140 --> 00:48:12,974 Tráeo de volta. 624 00:48:13,141 --> 00:48:16,644 - Mamá, que fas? Vamos. - Mamá vén despois, vale? 625 00:48:16,728 --> 00:48:18,187 Xa a vemos despois. 626 00:48:18,271 --> 00:48:21,024 Daisy, non podo deixalo aquí. Non podo. 627 00:48:21,107 --> 00:48:23,443 Es a peor nai do mundo 628 00:48:23,526 --> 00:48:25,987 e ódiote moitísimo. 629 00:48:26,070 --> 00:48:27,488 - Daisy! - Daisy. 630 00:48:29,073 --> 00:48:30,408 Quérote, mamá. 631 00:48:31,326 --> 00:48:33,578 Última chamada para Os Ánxeles. 632 00:48:33,661 --> 00:48:35,079 - Temos que marchar. - Papá! 633 00:48:35,204 --> 00:48:37,123 - Vamos, tranquilo. - Veña! 634 00:48:37,206 --> 00:48:39,667 Despois védesvos, vale? 635 00:48:43,963 --> 00:48:44,797 Essie. 636 00:48:48,676 --> 00:48:49,677 Enténdoa. 637 00:48:53,348 --> 00:48:55,642 Cóidese, si? 638 00:49:42,271 --> 00:49:44,732 - Ola. - Boas. 639 00:49:44,816 --> 00:49:47,610 Era xusto o que quería! É perfecto! 640 00:49:47,777 --> 00:49:50,029 - Moitas grazas. - Pesa bastante. 641 00:49:50,113 --> 00:49:52,198 - Vou coller... - Xa podo eu. 642 00:49:52,281 --> 00:49:53,116 - Vale. - Si. 643 00:49:53,199 --> 00:49:55,618 - Téñoo. Grazas. - Adeus. 644 00:49:55,702 --> 00:49:56,661 Grazas! 645 00:50:00,957 --> 00:50:02,125 Abran paso. 646 00:50:02,208 --> 00:50:03,543 Perdón. 647 00:50:05,378 --> 00:50:06,504 Desculpe. 648 00:50:19,976 --> 00:50:20,810 Xa o tes. 649 00:50:20,893 --> 00:50:22,770 Grazas. 650 00:50:25,690 --> 00:50:27,483 Perdón. 651 00:50:27,942 --> 00:50:29,026 Grazas! 652 00:50:30,153 --> 00:50:31,237 Paso. 653 00:50:31,571 --> 00:50:32,530 Grazas. 654 00:50:32,613 --> 00:50:34,782 Perdón, desculpa. 655 00:50:52,550 --> 00:50:53,885 Toma gomtang. 656 00:50:55,970 --> 00:50:57,263 Non te enfades. 657 00:51:08,816 --> 00:51:09,734 Ven. 658 00:51:12,278 --> 00:51:13,362 Para. Estou ben. 659 00:51:13,446 --> 00:51:14,614 Ven! 660 00:51:26,167 --> 00:51:30,129 O meu bebé vai ter un bebé? 661 00:52:03,746 --> 00:52:05,206 Mamá. 662 00:52:15,258 --> 00:52:17,009 Todo vai saír ben. 663 00:52:18,678 --> 00:52:19,971 Mamá está aquí. 664 00:52:37,405 --> 00:52:38,531 Non chores. 665 00:52:42,076 --> 00:52:44,954 Tes que comer ben, polo bebé. 666 00:52:46,289 --> 00:52:47,623 Bebe sopa. 667 00:52:48,749 --> 00:52:50,418 Traereiche arroz. 668 00:53:44,972 --> 00:53:48,184 Non pasa un segundo en que non pense no que fixen. 669 00:53:50,227 --> 00:53:52,772 Non pasa un seguno en que non pense en ti. 670 00:53:55,316 --> 00:53:57,318 Esperaba algo en concreto. 671 00:53:58,778 --> 00:54:00,988 Un acto de bondade inimaxinable, 672 00:54:02,239 --> 00:54:05,451 de perdón, que reiniciase todo. 673 00:54:06,953 --> 00:54:09,330 Que me daría permiso para volver vivir. 674 00:54:12,416 --> 00:54:14,794 Pero non hai milagre que reinicie todo. 675 00:54:15,586 --> 00:54:17,797 Hai que aguantar a dor e seguir vivindo. 676 00:54:20,341 --> 00:54:21,801 A dor forma parte de ti. 677 00:54:22,009 --> 00:54:24,303 E non saberás quen es sen ela. 678 00:54:27,765 --> 00:54:28,891 Máis que nada... 679 00:54:29,976 --> 00:54:32,603 desexo que no futuro poidas ser feliz, 680 00:54:34,397 --> 00:54:37,400 que poidas esquecer esa dor nalgún momento. 681 00:54:40,236 --> 00:54:43,447 Eu... agardo ser feliz tamén. 682 00:54:45,449 --> 00:54:46,492 Pola miña filla. 683 00:54:48,703 --> 00:54:49,662 Por min. 684 00:54:51,998 --> 00:54:54,417 Só nos queda comezar de cero. 685 00:54:59,463 --> 00:55:01,507 Poñemos un pé diante do outro, 686 00:55:03,801 --> 00:55:05,761 respiramos unha e outra vez. 687 00:55:09,640 --> 00:55:10,891 Cantaruxamos. 688 00:57:19,228 --> 00:57:21,230 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira 689 00:57:21,313 --> 00:57:23,315 Supervisora creativa: Paula Maneiro