1 00:00:09,302 --> 00:00:13,681 Boas, xente, veño contarvos como esta muller desfixo unha familia. 2 00:00:14,557 --> 00:00:16,059 Velaquí a miña irmá. 3 00:00:16,851 --> 00:00:18,728 E velaquí o seu prometido. 4 00:00:18,811 --> 00:00:22,065 Deron unha festa de compromiso chulísima no castelo familiar. 5 00:00:22,148 --> 00:00:24,567 Ó final, el pediulle que casaran esa mesma noite. 6 00:00:24,650 --> 00:00:28,780 Ela dixo que si, aínda que sabía que el estaba namorado desta muller 7 00:00:28,863 --> 00:00:30,990 e fuxiu da súa propia voda chorando. 8 00:00:31,074 --> 00:00:32,950 Preséntovos a Emily. 9 00:00:33,743 --> 00:00:37,622 E ó tipo do que finxía estar namorada… pero vai ser que non. 10 00:00:37,705 --> 00:00:40,666 E non é a primeira vez que pon en perigo a familia. 11 00:00:40,750 --> 00:00:43,544 A última vez que veu, el case perde un dedo. 12 00:00:44,587 --> 00:00:47,090 Hai que ver como narra este home! 13 00:00:47,173 --> 00:00:49,926 E a anterior, foi á caza dun rapaciño inocente 14 00:00:50,009 --> 00:00:52,011 que lle confiou o seu corazón. 15 00:00:52,095 --> 00:00:54,180 Seguídeme para ver a segunda parte. 16 00:00:56,641 --> 00:00:59,852 Polo menos omitiu a parte en que Alfie me chamou infiel 17 00:00:59,936 --> 00:01:03,689 diante da voda toda e liscou sen deixarme explicarlle nada. 18 00:01:03,773 --> 00:01:05,358 Ha estar na segunda parte. 19 00:01:05,441 --> 00:01:07,235 Non fixen nada malo, vale? 20 00:01:07,318 --> 00:01:12,240 Foi todo pola relación de Camille e Sofia, e mira por onde, iso non o contou. 21 00:01:12,323 --> 00:01:16,327 Quero explicarllo a Alfie, pero nin me responde. 22 00:01:16,410 --> 00:01:17,620 Mira o lado bo, 23 00:01:17,703 --> 00:01:21,290 Camille por fin che deu vía libre para estares con Gabriel. 24 00:01:22,542 --> 00:01:27,713 Refíreste ó home que vai ter un bebé cunha muller namorada doutra muller, 25 00:01:27,797 --> 00:01:29,298 chisme que só eu sei? 26 00:01:29,382 --> 00:01:30,883 Paso, grazas. 27 00:01:30,967 --> 00:01:33,719 - Non hai relacións perfectas. - Iso é todo? 28 00:01:33,803 --> 00:01:35,513 Deuche a súa bendición. 29 00:01:35,596 --> 00:01:36,973 É xusto o contrario. 30 00:01:38,141 --> 00:01:40,434 Botoume unha maldición. Nunha igrexa. 31 00:01:40,935 --> 00:01:43,729 Nunca choveu que non escampara. 32 00:01:43,813 --> 00:01:45,189 Aquí non escampa. 33 00:01:45,273 --> 00:01:47,733 Gabriel, imposible. Alfie, un fantasma. 34 00:01:48,276 --> 00:01:51,362 Só quero pasar desapercibida e centrarme no traballo. 35 00:01:52,238 --> 00:01:53,239 Marcho. Chao. 36 00:01:53,322 --> 00:01:54,198 Deica. 37 00:01:57,285 --> 00:01:58,786 Benvidos á segunda parte. 38 00:02:07,628 --> 00:02:08,462 Ola. 39 00:02:09,505 --> 00:02:10,423 Ola. 40 00:02:11,549 --> 00:02:12,383 Estás ben? 41 00:02:13,009 --> 00:02:16,179 Non é nada, só queimei un chisco a man no restaurante. 42 00:02:16,262 --> 00:02:18,181 Ai, Deus. Deixa, que che axudo. 43 00:02:18,264 --> 00:02:19,098 Grazas. 44 00:02:29,442 --> 00:02:30,276 Grazas. 45 00:02:37,742 --> 00:02:39,452 Non fai falla. Podo… 46 00:02:39,535 --> 00:02:41,787 Quieto. Déixame a min. 47 00:02:41,871 --> 00:02:42,705 Moi ben. 48 00:02:46,250 --> 00:02:50,254 Daquela… sabes algo de Camille? 49 00:02:50,922 --> 00:02:55,343 Non. Quedou no castelo familiar e non sei nada dende aquela. 50 00:02:58,763 --> 00:02:59,931 E ti de Alfie? 51 00:03:00,932 --> 00:03:01,766 Tampouco. 52 00:03:02,975 --> 00:03:04,936 E non sei se volverei saber del. 53 00:03:06,187 --> 00:03:08,064 Perdoa. Foi culpa miña. Eu… 54 00:03:08,147 --> 00:03:11,859 Non debín apremala a casar. Pensei que era o correcto. 55 00:03:12,735 --> 00:03:15,196 Non hai nada malo en facer o correcto. 56 00:03:16,197 --> 00:03:18,699 Creo que é algo do que pecamos os dous. 57 00:03:18,783 --> 00:03:20,409 Moi ó noso pesar. 58 00:03:20,493 --> 00:03:21,661 - Quieto. - Vale. 59 00:03:21,744 --> 00:03:24,747 Para variar, deixa que alguén cociñe para ti. 60 00:03:24,830 --> 00:03:25,831 Perfecto. 61 00:03:33,798 --> 00:03:36,133 Quero arranxar o teu con Alfie. 62 00:03:37,677 --> 00:03:40,096 Xa estás outra vez facendo o correcto. 63 00:03:40,846 --> 00:03:43,683 Nin Alfie é problema teu, nin Camille meu. 64 00:03:45,184 --> 00:03:48,688 Tedes moito de que falar, e non de min precisamente. 65 00:03:48,771 --> 00:03:51,023 Por moito que lle guste finxir que si. 66 00:03:55,528 --> 00:03:57,530 Perdoa, fóra da miña cociña. 67 00:03:57,613 --> 00:03:58,906 Tes o lume moi alto. 68 00:04:01,701 --> 00:04:03,828 E non fagas iso ata que callen. 69 00:04:04,996 --> 00:04:06,289 - Vale. - Só informo. 70 00:04:07,581 --> 00:04:09,292 Seguro que sabes o que fas? 71 00:04:11,544 --> 00:04:13,838 SYLVIE: VICHES O TIKTOK? VEN XA. 72 00:04:13,921 --> 00:04:15,881 A verdade é que non. 73 00:04:15,965 --> 00:04:18,092 E teño que marchar. Síntoo. 74 00:04:18,175 --> 00:04:20,553 Que foi? Emily. 75 00:04:27,852 --> 00:04:31,314 Así que xa viches o TikTok? 76 00:04:31,397 --> 00:04:34,650 Oui, grazas a Luc. Canto menos falemos do tema, mellor. 77 00:04:34,734 --> 00:04:35,860 AMI vén ás 10:00. 78 00:04:35,943 --> 00:04:39,113 É o cliente de Julien, pero queren que asistas ti. 79 00:04:39,196 --> 00:04:41,782 Eu non podo ir, pero xa cho digo agora, 80 00:04:42,283 --> 00:04:43,326 ferme ton caplet. 81 00:04:43,409 --> 00:04:44,702 Iso enténdoo. 82 00:04:45,494 --> 00:04:46,662 Cala a boca. 83 00:04:46,746 --> 00:04:48,372 - Iso. - Non te metas. 84 00:04:48,456 --> 00:04:52,168 Non quero darlle máis motivos a Julien para marchar da axencia. 85 00:04:53,544 --> 00:04:55,379 Emily, aquí estás. 86 00:04:56,672 --> 00:05:00,551 Xa te vía marchando do país tralo fascinante relato de Timothée. 87 00:05:00,634 --> 00:05:01,594 Quen te culparía? 88 00:05:02,803 --> 00:05:03,804 De que fala este? 89 00:05:03,888 --> 00:05:05,723 Que dis? Non viches o TikTok? 90 00:05:05,806 --> 00:05:06,891 Non teño TikTok. 91 00:05:07,683 --> 00:05:10,728 O executivo de AMI espéranos na sala de reunións. 92 00:05:10,811 --> 00:05:13,814 É o teu cliente. Eu non pinto nada aí. 93 00:05:13,898 --> 00:05:15,107 Pintas, si. 94 00:05:15,191 --> 00:05:17,610 Vas estar moi implicada, xa verás. 95 00:05:24,408 --> 00:05:25,576 O AMOR ESTÁ NO AIRE 96 00:05:35,669 --> 00:05:37,254 O amor está no aire. 97 00:05:39,673 --> 00:05:41,550 O amor está no aire. 98 00:05:43,511 --> 00:05:46,847 Devecemos por lanzar a campaña "O amor está no aire" 99 00:05:46,931 --> 00:05:49,141 protagonizada pola nosa Emily Cooper. 100 00:05:49,850 --> 00:05:53,938 De tódalas parellas dos globos, tivestes a mellor puntuación. 101 00:05:54,021 --> 00:05:55,856 O amor no aire non se finxe. 102 00:05:55,940 --> 00:06:00,778 A nosa campaña de exteriores lanzouse hoxe en París, Nova York e Seúl 103 00:06:00,861 --> 00:06:04,990 e a estrea do anuncio será mañá na gran pantalla de Roland-Garros, 104 00:06:05,074 --> 00:06:09,161 onde contaremos coa feliz parella no palco de AMI a pé de pista. 105 00:06:09,245 --> 00:06:11,747 Tedes que ir os dous e será interactivo. 106 00:06:11,831 --> 00:06:14,959 A parella de AMI en persoa, namorados e na gran pantalla. 107 00:06:15,626 --> 00:06:18,087 Tes que ver unha cousa. 108 00:06:18,170 --> 00:06:20,798 Para de murmurar, que te escoitan todos. 109 00:06:20,881 --> 00:06:22,049 Teño unha idea. 110 00:06:23,259 --> 00:06:26,762 Para ser interactivos, debería participar todo o estadio. 111 00:06:27,346 --> 00:06:31,100 A cámara debería buscar outras parellas. 112 00:06:31,183 --> 00:06:32,852 Coma unha kiss cam. 113 00:06:32,935 --> 00:06:34,270 Que é unha kiss cam? 114 00:06:34,353 --> 00:06:36,730 Si, Emily, que é iso dunha kiss cam? 115 00:06:36,814 --> 00:06:38,816 Buscas namorados entre o público 116 00:06:38,899 --> 00:06:41,152 e cando saen no Jumbotron, bícanse. 117 00:06:41,235 --> 00:06:44,447 - Coma nos partidos dos Cubs. - Xa, unha caméra bisous. 118 00:06:44,530 --> 00:06:45,990 Oui, bisou para todos. 119 00:06:46,073 --> 00:06:47,032 Moi ben. 120 00:06:47,116 --> 00:06:50,870 Moito mellor ca vernos a Alfie e a min. Non facemos nin falla. 121 00:06:50,953 --> 00:06:54,206 Non, o voso bisou tamén. Que o vexa o mundo enteiro. 122 00:06:54,290 --> 00:06:56,125 Oui. Oui, Emily. 123 00:06:56,208 --> 00:07:00,171 A campaña de AMI vai da túa historia de amor con Alfie. 124 00:07:00,254 --> 00:07:01,213 Exacto. 125 00:07:08,179 --> 00:07:11,557 Putain! Como non dixeches nada? 126 00:07:12,183 --> 00:07:15,394 Non quería interferir co teu cliente, como prometín. 127 00:07:15,478 --> 00:07:19,190 Que non querías interferir? Metícheste de cheo na campaña! 128 00:07:19,273 --> 00:07:23,402 Xa, pero quen ía pensar que o problema acadaría tal altura? 129 00:07:23,486 --> 00:07:24,487 Que pasou? 130 00:07:24,570 --> 00:07:28,616 AMI quéreos no seu palco, pero a súa ruptura fíxose viral. 131 00:07:28,699 --> 00:07:31,035 Xa te avisei, Emily. 132 00:07:31,118 --> 00:07:34,705 Publicas a túa vida para que todos a vexan 133 00:07:34,788 --> 00:07:36,582 e aféctalle ó meu negocio. 134 00:07:36,665 --> 00:07:41,003 A ver, podo intentar que retiren o vídeo, pero non sei nada de Alfie. 135 00:07:41,712 --> 00:07:46,217 Nin sequera me fala e, en fin, bloqueoume as chamadas e o Instagram. 136 00:07:46,300 --> 00:07:50,221 Tras unha humillación así, quen vai culpalo de nada? 137 00:07:50,304 --> 00:07:51,180 Ça suffit. 138 00:07:51,263 --> 00:07:53,349 Teño unha reunión en Maison Lavaux. 139 00:07:54,683 --> 00:07:55,559 Amáñao. 140 00:08:03,526 --> 00:08:04,360 Voilà. 141 00:08:04,944 --> 00:08:07,863 A primeira colaboración de Maison Lavaux e Baccarat. 142 00:08:09,615 --> 00:08:11,116 Magnífico. 143 00:08:11,659 --> 00:08:12,743 E o perfume? 144 00:08:17,331 --> 00:08:18,249 Divino. 145 00:08:18,749 --> 00:08:20,000 Non perdiches o don. 146 00:08:20,501 --> 00:08:21,669 Como se vai chamar? 147 00:08:22,169 --> 00:08:24,547 Preferiron un nome en inglés e concordo. 148 00:08:24,630 --> 00:08:26,006 "Crystal Heart." 149 00:08:28,217 --> 00:08:29,051 Que? 150 00:08:29,134 --> 00:08:33,389 "Crystal Heart" soa a stripper americana. E das fuleras. 151 00:08:33,472 --> 00:08:34,431 É comercial. 152 00:08:34,515 --> 00:08:36,183 É cutre, Antoine. 153 00:08:36,934 --> 00:08:38,978 Fixo que Catherine opina coma min. 154 00:08:40,271 --> 00:08:41,605 Non é cousa dela. 155 00:08:42,648 --> 00:08:44,108 Pediume o divorcio. 156 00:08:44,692 --> 00:08:45,609 Merde. 157 00:08:46,735 --> 00:08:47,570 Síntoo moito. 158 00:08:48,654 --> 00:08:49,572 Vaia sorpresa. 159 00:08:50,155 --> 00:08:51,407 Ai, si? 160 00:08:51,490 --> 00:08:52,783 A verdade é que non. 161 00:08:55,411 --> 00:08:58,455 Que significa para Maison Lavaux? A familia inviste moito… 162 00:08:58,539 --> 00:09:01,083 Significa que Crystal Heart debe ser un éxito. 163 00:09:01,166 --> 00:09:02,585 Cun nome tan horrendo… 164 00:09:02,668 --> 00:09:07,464 Sylvie, se non es quen de vendelo, talvez deba atopar outra persoa que… 165 00:09:08,757 --> 00:09:09,758 Desculpade. 166 00:09:10,718 --> 00:09:12,761 Non quería interromper. 167 00:09:12,845 --> 00:09:13,929 Para nada. 168 00:09:14,722 --> 00:09:17,099 De feito, Alfie, teño que falar contigo. 169 00:09:17,182 --> 00:09:18,767 Lémbraste de AMI, 170 00:09:18,851 --> 00:09:22,313 o cliente que ti e Emily usastes para anunciar a vosa relación? 171 00:09:22,396 --> 00:09:25,024 Foi idea súa, non miña. 172 00:09:25,107 --> 00:09:27,276 Non estades no voso mellor momento, 173 00:09:27,359 --> 00:09:30,571 pero AMI ten certas peticións relativas á súa campaña 174 00:09:30,654 --> 00:09:33,073 que vos atinxen notablemente ós dous. 175 00:09:33,157 --> 00:09:35,993 En fin, non é problema meu. 176 00:09:36,744 --> 00:09:38,829 Decidiches saír con alguén do traballo. 177 00:09:41,123 --> 00:09:44,168 Seica non son o primeiro en cometer tal erro, certo? 178 00:09:44,668 --> 00:09:48,047 Teño oído que saïades xuntos, non si? 179 00:09:48,714 --> 00:09:52,551 Alfie, que as emocións non che nubren o xuízo. 180 00:09:53,344 --> 00:09:56,055 Podería ser unha catástrofe para Emily. 181 00:09:56,138 --> 00:09:57,181 Ten razón. 182 00:09:57,264 --> 00:09:58,849 Arrefriáronse as cousas, 183 00:09:58,932 --> 00:10:01,769 pero nunca se sabe cando volverá prender a chama. 184 00:10:03,312 --> 00:10:05,689 Listo. Au revoir. 185 00:10:07,107 --> 00:10:08,734 Sei que farás o correcto. 186 00:10:20,120 --> 00:10:21,205 Antes de nada, 187 00:10:21,288 --> 00:10:25,417 parabéns por representar a Francia en Eurovisión. 188 00:10:25,501 --> 00:10:27,419 - Merci. Grazas. - Merci. 189 00:10:27,503 --> 00:10:29,088 E xa abonda de parabéns. 190 00:10:29,880 --> 00:10:31,090 Agora ó choio. 191 00:10:31,173 --> 00:10:34,176 Tedes moito que facer antes do festival. 192 00:10:34,259 --> 00:10:37,721 Gravar a canción, desenvolver a posta en escena, 193 00:10:37,805 --> 00:10:40,099 contratar un coreógrafo e bailaríns. 194 00:10:40,891 --> 00:10:42,643 Tedes pirotécnico? 195 00:10:42,726 --> 00:10:43,644 Piro… 196 00:10:44,728 --> 00:10:46,563 - Non. - Pois ide buscando un. 197 00:10:46,647 --> 00:10:48,440 - Claro. - Desculpe. 198 00:10:48,524 --> 00:10:50,401 Todo soa fantástico, pero… 199 00:10:50,484 --> 00:10:53,195 - Con que orzamento contamos? - Iso. 200 00:10:53,278 --> 00:10:54,613 Vós diredes. 201 00:10:57,282 --> 00:10:58,909 Temos que pagalo todo nós? 202 00:10:59,535 --> 00:11:02,204 Andamos curtos de fondos debido á austeridade. 203 00:11:03,163 --> 00:11:04,832 Pola xubilación arden as rúas 204 00:11:04,915 --> 00:11:08,085 e polos recortes en Eurovisión non protesta ninguén? 205 00:11:10,921 --> 00:11:12,047 Non lle sei. 206 00:11:13,382 --> 00:11:15,300 Excelente pregunta, madame. 207 00:11:16,927 --> 00:11:20,305 De haber problemas orzamentarios, dicídemo agora. 208 00:11:20,389 --> 00:11:23,434 - Non, tranquila. Xa o arranxaremos. - Claro. 209 00:11:23,517 --> 00:11:24,560 Que? Como? 210 00:11:26,770 --> 00:11:29,189 Incrible. E agora que facemos? 211 00:11:29,273 --> 00:11:32,234 Non hai axudas do goberno? Estamos nos EUA ou que? 212 00:11:32,985 --> 00:11:34,820 Rapaces, podemos conseguilo. 213 00:11:34,903 --> 00:11:39,491 Haberá que tocar moito na rúa. Cinco ou seis días á semana. E noites. 214 00:11:39,575 --> 00:11:40,784 Esta noite podes? 215 00:11:40,868 --> 00:11:42,453 Quedei con Nicolas. 216 00:11:42,536 --> 00:11:43,996 Pídelle os cartos a el! 217 00:11:44,079 --> 00:11:45,247 Non é un caixeiro. 218 00:11:45,330 --> 00:11:47,374 Seu pai é multimillonario. 219 00:11:47,875 --> 00:11:51,211 Nena, podes saír con el polos cartos aínda que estea bo. 220 00:11:51,295 --> 00:11:52,588 Multitarea, pendanga! 221 00:11:52,671 --> 00:11:55,257 Podemos conseguir os cartos sen el. 222 00:11:55,340 --> 00:11:57,843 Si, non pasa nada. Xa se me ocorrerá algo. 223 00:12:12,399 --> 00:12:14,234 Alfie. Mi ma, ola! 224 00:12:14,318 --> 00:12:15,444 Que cona, Cooper? 225 00:12:15,527 --> 00:12:18,781 Non ías contarme que a miña cara está por toda a cidade, 226 00:12:18,864 --> 00:12:21,408 mirándote coma se non me arruinaras a vida? 227 00:12:21,492 --> 00:12:24,203 A min tamén me sorprendeu. 228 00:12:24,286 --> 00:12:25,329 Fai que o quiten. 229 00:12:25,412 --> 00:12:27,122 Oxalá puidese, pero… 230 00:12:27,831 --> 00:12:29,500 Podemos falar, por favor? 231 00:12:29,583 --> 00:12:34,213 Puxéronmo xusto diante do ximnasio. O único sitio onde podo esquecerme de ti. 232 00:12:34,880 --> 00:12:37,800 Ti fai que o quiten e punto. Por favor. 233 00:12:52,272 --> 00:12:53,106 Alfie! 234 00:12:54,191 --> 00:12:55,692 Alfie, temos que falar. 235 00:12:55,776 --> 00:12:57,069 Cooper. Que fas… 236 00:12:59,154 --> 00:13:00,823 Mi ma! Estás ben? 237 00:13:01,448 --> 00:13:04,159 Xeo! Precisamos xeo! Glace. 238 00:13:04,993 --> 00:13:06,662 Ai, Deus, non, iso é xeado. 239 00:13:07,788 --> 00:13:08,956 Estás ben? 240 00:13:13,043 --> 00:13:14,878 Nada, deixa, non o preciso. 241 00:13:14,962 --> 00:13:17,339 Se non, vaiche inchar. Déixame a min. 242 00:13:22,094 --> 00:13:24,972 Non queres que saia inchado mañá na pantalla. 243 00:13:26,306 --> 00:13:27,349 É iso? 244 00:13:27,432 --> 00:13:28,267 Que? 245 00:13:28,350 --> 00:13:30,686 Sylvie contoume o de Roland-Garros. 246 00:13:31,353 --> 00:13:32,187 AMI? 247 00:13:33,856 --> 00:13:35,148 Non vin por iso. 248 00:13:35,232 --> 00:13:36,358 De verdade? 249 00:13:37,734 --> 00:13:39,361 Ti esquécete de AMI. 250 00:13:40,153 --> 00:13:42,739 Cagueina eu. Arranxareino eu. Si? 251 00:13:42,823 --> 00:13:43,907 Es… 252 00:13:44,491 --> 00:13:46,869 Es máis importante ca ningunha campaña. 253 00:13:46,952 --> 00:13:50,289 Sei que estás cabreado, pero podemos falar do que pasou? 254 00:13:51,248 --> 00:13:52,082 Está ben. 255 00:13:53,458 --> 00:13:54,293 Mira, eu… 256 00:13:56,420 --> 00:13:57,796 Preciso máis tempo. 257 00:13:59,882 --> 00:14:00,799 De acordo? 258 00:14:02,217 --> 00:14:03,051 De acordo. 259 00:14:06,054 --> 00:14:08,390 Prometes que non volverás desaparecer? 260 00:14:09,933 --> 00:14:11,226 Contigo é imposible. 261 00:14:12,060 --> 00:14:13,645 Síntoo moito, de verdade. 262 00:14:15,188 --> 00:14:17,816 Nunca quixen facerche dano. 263 00:14:34,207 --> 00:14:36,251 Benvida a Laurent G à Paris! 264 00:14:36,335 --> 00:14:37,252 É aquí? 265 00:14:37,336 --> 00:14:38,170 Oui. 266 00:14:40,213 --> 00:14:43,008 O mesmísimo Louis de Leon elixiu o sitio. 267 00:14:44,259 --> 00:14:48,430 Coñece o dono e conseguiu un bo prezo. 268 00:14:49,348 --> 00:14:50,182 Está moi ben. 269 00:14:51,683 --> 00:14:53,226 Non acabas de velo. 270 00:14:53,810 --> 00:14:56,438 Máis ca un club de praia, é un club náutico. 271 00:14:56,521 --> 00:14:57,606 Pero terá de todo. 272 00:14:57,689 --> 00:14:58,815 Casetas, 273 00:14:59,691 --> 00:15:02,861 hamacas e un equipo de camareiros sexys 274 00:15:02,945 --> 00:15:04,529 en uniformes creados… 275 00:15:05,280 --> 00:15:06,615 por un deseñador de JVMA. 276 00:15:06,698 --> 00:15:07,532 Oui. 277 00:15:08,575 --> 00:15:11,244 Louis está a botar a casa pola ventá. 278 00:15:12,037 --> 00:15:13,205 A que te refires? 279 00:15:13,288 --> 00:15:16,458 Cando colaboramos xuntos non foi moi ben. 280 00:15:16,541 --> 00:15:20,212 Sei que non quedou contento e non quero que o pague contigo. 281 00:15:20,295 --> 00:15:22,214 Non esaxeras un chisco? 282 00:15:22,839 --> 00:15:25,008 É multimillonario. Para el é esmola. 283 00:15:25,092 --> 00:15:27,469 Non sei que pasaría entre vós os dous, 284 00:15:28,720 --> 00:15:31,056 pero dáme a min que nunca pensa niso. 285 00:15:32,057 --> 00:15:33,016 Tes razón. 286 00:15:34,893 --> 00:15:36,436 Pero dáme mala espiña. 287 00:15:36,520 --> 00:15:38,480 Pois ven falar con el. 288 00:15:38,563 --> 00:15:42,818 Invitounos mañá ó palco de JVMA en Roland-Garros. 289 00:15:42,901 --> 00:15:44,403 Eu tamén vou cun cliente. 290 00:15:44,987 --> 00:15:47,197 Sei que estás moi ocupada, 291 00:15:47,280 --> 00:15:50,200 pero non podemos vernos nin dez minutos? 292 00:15:50,283 --> 00:15:51,827 Por favor, Sylvie. 293 00:15:52,786 --> 00:15:54,621 - Oui. - Necesito o teu apoio. 294 00:15:54,705 --> 00:15:56,915 Veña, vale. Irei. 295 00:16:03,755 --> 00:16:07,801 Busca outro choio para Eurovisión. Reparte correo ou algo así. 296 00:16:07,884 --> 00:16:10,429 Eses choios son unha estafa, Em. 297 00:16:10,512 --> 00:16:13,765 Non gañan diñeiro nin os traballadores nin a empresa. 298 00:16:13,849 --> 00:16:15,559 Vendería fotos dos pés, pero… 299 00:16:16,727 --> 00:16:19,771 deprímeme volver facer o mesmo que no instituto. 300 00:16:19,855 --> 00:16:22,524 Moito viviches ti, eh! 301 00:16:23,275 --> 00:16:25,235 E se llo pides a Nico? 302 00:16:25,318 --> 00:16:26,653 Non, sería raro. 303 00:16:27,154 --> 00:16:30,949 Ademais, xa me fixo un agasallo dos caros na cea. 304 00:16:32,117 --> 00:16:32,951 Xa, tía. 305 00:16:33,035 --> 00:16:33,994 Alta costura. 306 00:16:35,787 --> 00:16:40,167 "A única norma no palco de JVMA é que todos vistan un deseño de JVMA. 307 00:16:40,250 --> 00:16:41,543 Un servidor, Nicolas." 308 00:16:42,252 --> 00:16:43,920 Mi ma, "un servidor"? 309 00:16:44,004 --> 00:16:46,048 É un chiste polo do tenis. 310 00:16:46,131 --> 00:16:48,759 Deixa de imaxinar vestidos de dama de honra. 311 00:16:49,259 --> 00:16:51,845 E falando de vestidos, que che parece este? 312 00:16:51,928 --> 00:16:55,766 Demasiado Kate Middleton, pero a alta costura sempre queda ben. 313 00:16:55,849 --> 00:16:57,059 E ti que vas levar? 314 00:16:58,018 --> 00:16:59,811 É o que menos me preocupa. 315 00:16:59,895 --> 00:17:02,773 Se a campaña non sae ben, creo que Julien marcha. 316 00:17:02,856 --> 00:17:04,816 E nin sequera sei se irá Alfie. 317 00:17:04,900 --> 00:17:09,154 Vas desenterrar un ex para contentar un compañeiro de traballo? 318 00:17:09,237 --> 00:17:12,783 - A dependencia laboral é unha doenza. - Non é o meu ex. 319 00:17:13,700 --> 00:17:18,288 Non aínda. E non teño dependencia, é que che son moi dedicada. 320 00:17:19,414 --> 00:17:21,750 - Mira isto. Chámase Zepeto. - Que? 321 00:17:21,833 --> 00:17:25,378 Unha app de realidade virtual para recrear un bico con Alfie. 322 00:17:25,462 --> 00:17:29,299 Estaremos alí sen estarmos alí, só por se ó final non aparece. 323 00:17:30,300 --> 00:17:34,179 - Mira, o avatar de Alfie non te odia. - Oxalá fose a vida real. 324 00:17:34,262 --> 00:17:37,724 Mira, se te deixa colgada e precisas alguén que te bique, 325 00:17:37,808 --> 00:17:38,975 conta comigo. 326 00:17:39,059 --> 00:17:40,393 Canto paga AMI? 327 00:17:40,477 --> 00:17:42,479 Non dabondo para pagar Eurovisión. 328 00:17:42,562 --> 00:17:43,730 Vaia, ho. 329 00:17:43,814 --> 00:17:45,023 Pero faríao igual. 330 00:17:45,107 --> 00:17:46,650 Que xenerosa me es. 331 00:17:58,120 --> 00:17:59,496 Alfie. 332 00:17:59,579 --> 00:18:01,790 Que che pasou no ollo? Estás ben? 333 00:18:03,250 --> 00:18:04,835 Dixéchesme que eramos amigos. 334 00:18:07,712 --> 00:18:09,464 E logo mentíchesme á cara. 335 00:18:12,968 --> 00:18:13,969 Nunca che mentín. 336 00:18:15,178 --> 00:18:18,306 Non tiven nada con Emily mentres estabades xuntos. 337 00:18:18,390 --> 00:18:19,224 Xúrocho. 338 00:18:19,307 --> 00:18:22,144 - Camille dixo… - Camille non sabía o que dicía. 339 00:18:22,227 --> 00:18:25,981 Hai moito que non teño nada con Emily. Foi antes de coñecervos. 340 00:18:28,984 --> 00:18:30,694 Non sentes nada por ela? 341 00:18:31,319 --> 00:18:34,531 Verás, Alfie, son amigo teu e de Emily, de verdade. 342 00:18:35,240 --> 00:18:37,784 Quero vervos felices. Deberías estar con ela. 343 00:18:37,868 --> 00:18:39,703 Iso non é o que che preguntei. 344 00:18:46,376 --> 00:18:50,255 O que sinto por ela non é importante. 345 00:18:51,673 --> 00:18:54,342 Non penso entremeterme. E acabouse. 346 00:18:57,470 --> 00:18:59,347 Se me permites, teño que pechar. 347 00:19:10,025 --> 00:19:11,443 ESTADIO ROLAND-GARROS 348 00:19:30,962 --> 00:19:33,423 Mindy Chen. Un pracer verte aquí. 349 00:19:33,506 --> 00:19:36,593 Grazas por invitarme. O palco é fermosísimo. 350 00:19:36,676 --> 00:19:37,761 Igual ca ti. 351 00:19:37,844 --> 00:19:39,221 É dos nosos? 352 00:19:39,304 --> 00:19:42,307 É. Un agasallo do seu atentísimo fillo. 353 00:19:42,933 --> 00:19:45,018 Un gusto impecable para todo, Nicolas. 354 00:19:45,894 --> 00:19:47,229 Eu tamén o penso. 355 00:19:48,313 --> 00:19:52,359 Unhas fotos de familia antes de que teu irmán vaia á barra libre? 356 00:19:53,443 --> 00:19:54,319 Ven. 357 00:20:07,415 --> 00:20:08,375 Emily, bonjour. 358 00:20:09,668 --> 00:20:10,502 Está libre? 359 00:20:10,585 --> 00:20:13,672 Aquí vai sentar Alfie. Ou iso espero. 360 00:20:15,966 --> 00:20:18,260 Perdoa. Estou algo estresada. 361 00:20:18,343 --> 00:20:19,803 E se te invito a unha copa? 362 00:20:20,387 --> 00:20:22,430 Sería fantástico. Grazas. 363 00:20:24,557 --> 00:20:27,227 Emily? Georges quería saudarte. 364 00:20:27,936 --> 00:20:28,770 Ola. 365 00:20:28,853 --> 00:20:29,896 Bonjour, Emily. 366 00:20:30,855 --> 00:20:33,858 Grazas por invitarme ó palco. J'adore le tennis. 367 00:20:33,942 --> 00:20:35,277 Quen non? 368 00:20:35,360 --> 00:20:36,361 E Alfie? 369 00:20:37,570 --> 00:20:39,656 Nun atasco. Está en camiño. 370 00:20:39,739 --> 00:20:41,366 Pois espero que non tarde. 371 00:20:42,325 --> 00:20:45,161 Grazas de novo pola brillante idea da caméra bisous. 372 00:20:45,245 --> 00:20:48,290 Velaí a tes. Vela? 373 00:20:50,000 --> 00:20:52,585 Vexo, si. Pouco máis e dános na cara. 374 00:20:54,254 --> 00:20:56,631 Véxote esta noite na gran pantalla. 375 00:21:03,638 --> 00:21:07,017 - Non estou segura de que Alfie vaia vir. - Que? 376 00:21:07,100 --> 00:21:10,145 Pero non pasa nada, teño un plan de continxencia. 377 00:21:10,228 --> 00:21:12,439 Nunha app moi chula de realidade virtual 378 00:21:12,522 --> 00:21:15,442 creei os nosos avatares bicándose no palco. 379 00:21:15,525 --> 00:21:16,985 É lindísimo. Ves? 380 00:21:18,737 --> 00:21:20,530 Lindo? É unha chafallada! 381 00:21:21,114 --> 00:21:24,826 Podo falar eu con Georges. Armeina boa. 382 00:21:25,493 --> 00:21:28,455 Non, ti nin te lle achegues ó meu cliente. 383 00:21:29,956 --> 00:21:34,544 Emily, é a última vez que te metes no meu camiño. 384 00:21:43,094 --> 00:21:44,596 É encantadora, Nicolas. 385 00:21:44,679 --> 00:21:46,306 Xa o sei, papá. Díxencho. 386 00:21:47,057 --> 00:21:53,021 En fin, perdoa, custoume concentrarme a última vez que nos vimos. 387 00:21:53,104 --> 00:21:55,273 Ía medio espida na tenda de Cadault. 388 00:21:55,357 --> 00:21:57,984 Grazas a Deus que se tapou desta volta. 389 00:21:58,902 --> 00:22:00,612 Ou grazas a ti, supoño. 390 00:22:02,572 --> 00:22:03,406 Ben xogado. 391 00:22:04,282 --> 00:22:06,993 Velaí a está. Xusto falabamos de ti. 392 00:22:10,997 --> 00:22:12,207 Non é o que pensas. 393 00:22:12,290 --> 00:22:14,876 Non me mintas. É xusto o que penso. 394 00:22:14,959 --> 00:22:19,964 Regaláchesme este conxunto para que teu pai me vise con bos ollos? 395 00:22:20,048 --> 00:22:20,882 Non. 396 00:22:22,675 --> 00:22:23,551 Non de todo. 397 00:22:23,635 --> 00:22:24,636 Vaia. 398 00:22:24,719 --> 00:22:28,431 É que está obsesionado coa imaxe da familia perfecta 399 00:22:28,515 --> 00:22:29,766 e hai moita prensa. 400 00:22:30,934 --> 00:22:31,768 Verás, 401 00:22:32,268 --> 00:22:35,939 foi bastante faltón coa túa roupa na inauguración de Cadault 402 00:22:36,022 --> 00:22:37,982 e non quería que se repetise. 403 00:22:38,942 --> 00:22:39,984 Perdoa. 404 00:22:40,068 --> 00:22:41,569 No futuro, podemos falar… 405 00:22:41,653 --> 00:22:46,199 Daquela, en lugar de enfrontarte a el, decidiches que o problema era eu? 406 00:22:46,908 --> 00:22:47,909 Xenial. 407 00:22:48,451 --> 00:22:51,746 Vaia baixón me está dando para ser tan alta costura. 408 00:22:52,872 --> 00:22:54,082 Mindy, agarda. 409 00:22:54,165 --> 00:22:58,002 Éche mellor que non quede con esta carraxe e bebida gratis. 410 00:22:58,670 --> 00:23:02,006 Iso si, no futuro hei vestir como me saia da cona. 411 00:23:06,886 --> 00:23:10,849 Grazas por un serán tan educativo. 412 00:23:26,489 --> 00:23:30,702 EMILY: SUPOÑO QUE NON VAS VIR, NON? 413 00:23:33,121 --> 00:23:33,955 Mira. 414 00:23:35,081 --> 00:23:36,833 Aí tes o teu rival. 415 00:23:36,916 --> 00:23:38,168 Necesito un trago. 416 00:23:40,295 --> 00:23:41,129 Merci. 417 00:23:43,673 --> 00:23:45,341 Que estou a facer? 418 00:23:46,217 --> 00:23:48,553 Que fai Julien no palco de JVMA? 419 00:23:48,636 --> 00:23:50,180 Tomar a decisión correcta. 420 00:23:50,263 --> 00:23:53,558 Oxalá. Débollo todo a Sylvie. Vaise poñer coma un basilisco. 421 00:23:53,641 --> 00:23:55,310 E esa lealdade é recíproca? 422 00:23:56,352 --> 00:23:58,521 Sylvie pensa que todo xira arredor dela. 423 00:24:00,607 --> 00:24:03,318 Ai, non. Tes razón, vén feita un basilisco. 424 00:24:04,152 --> 00:24:06,529 Eu vou ir… 425 00:24:10,742 --> 00:24:11,659 Que pasa aquí? 426 00:24:12,994 --> 00:24:16,706 Teño unha oferta de JVMA. Máis responsabilidade e máis diñeiro. 427 00:24:18,208 --> 00:24:21,586 Claro, como non. Primeiro invisten no club do meu marido 428 00:24:22,587 --> 00:24:23,421 e agora isto. 429 00:24:23,963 --> 00:24:25,465 Empéñanse en castigarme. 430 00:24:25,548 --> 00:24:26,382 Castigarte? 431 00:24:27,342 --> 00:24:30,178 - Si, polo de Pierre. - Só me poden contratar por iso? 432 00:24:30,261 --> 00:24:33,431 Non, tes moito talento. Calquera tería sorte de terte. 433 00:24:33,515 --> 00:24:34,557 Porén, isto… 434 00:24:34,641 --> 00:24:37,352 Porén, a oferta non é por iso. É por ti. 435 00:24:37,435 --> 00:24:39,187 De feito, todo é por ti, non? 436 00:24:39,270 --> 00:24:41,773 Julien, non te poñas así. Non é iso. 437 00:24:41,856 --> 00:24:43,525 Estasmo a poñer moi fácil. 438 00:24:43,608 --> 00:24:44,734 Dimito. 439 00:24:44,817 --> 00:24:47,862 E boa sorte con AMI. É un desastre por mor de Emily. 440 00:24:50,406 --> 00:24:53,034 EMILY: SYLVIE, PERDOA, CREO QUE ALFIE NON VAI VIR. 441 00:24:54,244 --> 00:24:55,078 Estás lista? 442 00:24:55,161 --> 00:24:57,497 Non, teño un problema no palco de AMI. 443 00:25:06,089 --> 00:25:07,507 O amor está no aire, 444 00:25:08,508 --> 00:25:10,343 mire onde mire. 445 00:25:13,763 --> 00:25:15,515 O amor está no aire, 446 00:25:16,182 --> 00:25:19,060 en cada imaxe e cada son. 447 00:25:21,563 --> 00:25:24,857 E non sei se me equivoco. 448 00:25:25,942 --> 00:25:28,194 Non sei se vou acertar. 449 00:25:28,278 --> 00:25:31,030 - Bonjour, Cooper. - Mi ma, viñeches. 450 00:25:31,614 --> 00:25:33,533 Chegou. Adiante. Avisa a Julien. 451 00:25:35,285 --> 00:25:36,869 Non sei como agradecercho. 452 00:25:36,953 --> 00:25:41,082 Van reproducir o anuncio e logo temos que bicarnos. 453 00:25:41,666 --> 00:25:44,711 A verdade é que esperaba podermos falar. 454 00:25:45,920 --> 00:25:48,756 Moi ben. Pois temos uns 30 segundos. 455 00:25:48,840 --> 00:25:51,259 Mira, creo que me pasei. 456 00:25:51,342 --> 00:25:53,177 Non debín fuxir dese xeito. 457 00:25:53,261 --> 00:25:55,388 Non tes que desculparte, en serio. 458 00:25:55,471 --> 00:25:57,473 Pero o que dixo Camille esa noite… 459 00:25:58,641 --> 00:26:02,687 Pasei toda a relación desconfiando. 460 00:26:03,396 --> 00:26:05,565 Pensando que podías marchar con el. 461 00:26:06,899 --> 00:26:09,402 Pode que sentira algo por Gabriel, 462 00:26:10,445 --> 00:26:11,946 pero míranos. 463 00:26:13,114 --> 00:26:14,073 É auténtico. 464 00:26:14,157 --> 00:26:15,867 Non se pode finxir. 465 00:26:15,950 --> 00:26:17,327 O amor está no aire. 466 00:26:19,829 --> 00:26:21,122 O amor está no aire. 467 00:26:27,462 --> 00:26:28,921 Alfie, estás ben? 468 00:26:31,758 --> 00:26:34,719 Pensaba que podía superalo. 469 00:26:36,054 --> 00:26:37,889 E quería superalo, creme, 470 00:26:39,182 --> 00:26:40,224 pero non podo. 471 00:26:40,892 --> 00:26:44,312 Sempre vou estar esperando o peor. 472 00:26:47,190 --> 00:26:48,191 Síntoo. 473 00:26:51,486 --> 00:26:52,612 Daquela… 474 00:26:52,695 --> 00:26:54,489 Xa está? 475 00:26:54,572 --> 00:26:55,990 Cortamos? 476 00:26:56,908 --> 00:26:59,369 Sempre seremos a parella de AMI. 477 00:27:00,953 --> 00:27:05,875 Teño un francés de merda, pero ata eu sei que "ami" significa amigo. 478 00:27:12,924 --> 00:27:18,638 O AMOR ESTÁ NO AIRE 479 00:27:49,293 --> 00:27:53,715 Alfie, parabéns. O anuncio foi todo un éxito. 480 00:27:53,798 --> 00:27:56,175 Emily e ti erades a viva imaxe do amor. 481 00:27:56,259 --> 00:27:59,137 Non creas. En realidade deixámolo. 482 00:28:00,680 --> 00:28:03,307 Máis que amor, o que viches foi… 483 00:28:05,059 --> 00:28:05,893 desamor. 484 00:28:19,741 --> 00:28:22,118 - Bonjour. - Benvida a Vestiaire Collective. 485 00:28:22,201 --> 00:28:23,995 - Como se chama? - Mindy Chen. 486 00:28:24,078 --> 00:28:27,373 Teño unha cita. Veño por recomendación de Emily Cooper. 487 00:28:27,457 --> 00:28:29,292 Excellent. A ver. 488 00:28:30,293 --> 00:28:32,837 Impresionante. Alta costura, non? 489 00:28:32,920 --> 00:28:35,173 Exacto. Non se vende nin en tendas. 490 00:28:35,256 --> 00:28:36,883 Canto podedes darme por el? 491 00:28:36,966 --> 00:28:40,970 Consulto agora co meu superior, pero diría que polo menos 3000 €. 492 00:28:41,929 --> 00:28:42,764 Un segundiño. 493 00:28:50,104 --> 00:28:54,484 MINDY: CREO QUE SAQUEI UNS CARTIÑOS PARA EUROVISIÓN. 494 00:28:58,154 --> 00:29:01,365 PREPARA O PETO! O TEU PAGO DE 3258,00 € ESTÁ EN CAMIÑO. 495 00:29:05,536 --> 00:29:07,663 CHAMADA PERDIDA DÚAS MENSAXES SEN LER 496 00:29:08,998 --> 00:29:10,958 ANTOINE: CHAMÁMOSLLE HEARTBREAK? 497 00:29:11,751 --> 00:29:14,045 SYLVIE: ISO SI QUE CHO PODO VENDER. 498 00:29:14,879 --> 00:29:16,464 MENSAXE DE VOZ DESCOÑECIDO 499 00:29:17,924 --> 00:29:21,219 Boas, señora Grateau. Son Noëlle Regnier de Le Monde. 500 00:29:21,302 --> 00:29:23,387 Estou a investigar a Louis de Leon. 501 00:29:23,471 --> 00:29:27,099 Semella ter uns antecedentes preocupantes coas empregadas. 502 00:29:27,183 --> 00:29:31,354 Sei que traballaron xuntos no pasado e tamén recentemente. 503 00:29:31,437 --> 00:29:34,273 Gustaríame falar con vostede da súa experiencia… 504 00:29:49,205 --> 00:29:50,164 Non sei… 505 00:29:50,248 --> 00:29:52,166 Chámote en canto poida. 506 00:29:52,250 --> 00:29:53,292 Non sei nada. 507 00:29:53,835 --> 00:29:54,669 Moi ben. 508 00:29:56,212 --> 00:29:57,296 Moi ben. Merci. 509 00:29:59,048 --> 00:29:59,882 Oui. 510 00:30:02,343 --> 00:30:03,302 Vai todo ben? 511 00:30:04,053 --> 00:30:06,430 Era a nai de Camille. Está fóra de si. 512 00:30:07,932 --> 00:30:10,059 - Ninguén a viu dende a voda. - Que? 513 00:30:10,142 --> 00:30:13,312 Pasaron tres días. Alguén houbo vela. 514 00:30:13,396 --> 00:30:15,982 Emily, non entendes. Camille desapareceu. 515 00:30:18,568 --> 00:30:19,402 Deus santo. 516 00:30:58,232 --> 00:31:03,237 Subtítulos: Abraham Díaz López