1 00:00:17,268 --> 00:00:18,644 Mira que publicou Sofia. 2 00:00:18,728 --> 00:00:21,689 "Perderse é un sitio magnífico para atoparse." 3 00:00:21,773 --> 00:00:23,483 Entón Camille está en Grecia. 4 00:00:23,566 --> 00:00:25,568 Fixo que se xirases a cámara 5 00:00:25,651 --> 00:00:29,363 verías dúas mulleres en albornoz a piques de comérense as pitas. 6 00:00:29,447 --> 00:00:30,281 Mindy. 7 00:00:30,990 --> 00:00:32,700 Tes que dicirllo a Gabriel. 8 00:00:32,784 --> 00:00:36,245 Teño que ser eu quen lle diga que a súa moza ten moza? 9 00:00:36,329 --> 00:00:37,789 Dirás exprometida. 10 00:00:37,872 --> 00:00:41,667 E chegados a este punto, si, pero compróbao antes. 11 00:00:42,210 --> 00:00:46,172 Asegúrate de que hai lume, porque ás veces é todo fume. 12 00:00:47,507 --> 00:00:49,967 - O dito non é así. - Ti non fumaches na vida. 13 00:00:51,511 --> 00:00:53,137 - Mindy Chen? - Si. 14 00:00:54,138 --> 00:00:56,182 Nicolas rogoume que vaia a JVMA. 15 00:00:56,265 --> 00:00:59,560 Quere desculparse por putificarme en Roland-Garros. 16 00:01:00,603 --> 00:01:02,605 - Non lle vai ser doado. - Bon courage. 17 00:01:02,688 --> 00:01:04,273 Bon courage para ti tamén. 18 00:01:14,617 --> 00:01:18,913 OLA, SON EMILY COOPER. CHÁMAME, POR FAVOR. 19 00:01:29,465 --> 00:01:31,801 Onte colleu a semana libre na galería, 20 00:01:31,884 --> 00:01:34,804 pero non me contesta as chamadas nin as mensaxes. 21 00:01:34,887 --> 00:01:37,557 Seguro que está ben. Non pasou tanto tempo. 22 00:01:37,640 --> 00:01:40,685 Non estou tan seguro. Pasei a noite chamando a hospitais. 23 00:01:40,768 --> 00:01:44,939 Hoxe fun ó parque onde lle gusta ler e ó seu café favorito en Le Marais 24 00:01:45,022 --> 00:01:47,233 por se alguén a vira alí, pero nada. 25 00:01:50,403 --> 00:01:52,572 Mira, non me é doado dicircho, 26 00:01:52,655 --> 00:01:56,409 pero Camille ha estar en Grecia con Sofia. 27 00:01:56,492 --> 00:01:59,453 Sofia, a artista da galería? 28 00:01:59,537 --> 00:02:03,207 Camille falou con ela por teléfono xusto cando iades casar. 29 00:02:03,291 --> 00:02:05,209 E que? De que falaron? 30 00:02:06,794 --> 00:02:08,045 Da súa relación. 31 00:02:10,256 --> 00:02:11,716 Estaban saíndo. 32 00:02:11,799 --> 00:02:13,676 Non sei cando comezaron, 33 00:02:13,759 --> 00:02:16,971 pero pilleinas bicándose na festa no piso de Alfie 34 00:02:17,054 --> 00:02:18,931 e logo Camille foi a Grecia. 35 00:02:19,015 --> 00:02:20,516 Díxome que era por traballo. 36 00:02:20,600 --> 00:02:23,519 E despois tamén as atopei nun café aquí en París 37 00:02:23,603 --> 00:02:25,897 e discutían coma se fosen parella. 38 00:02:27,398 --> 00:02:28,733 Enganoume. 39 00:02:28,816 --> 00:02:31,569 Eu diría que só foi unha aventura. 40 00:02:31,652 --> 00:02:32,945 É o mesmo. 41 00:02:33,029 --> 00:02:34,655 "Aventura" soa mellor. 42 00:02:34,739 --> 00:02:36,157 E ti sabíalo? 43 00:02:36,240 --> 00:02:38,159 Non estaba segura. 44 00:02:38,242 --> 00:02:41,078 Pensei que ó mellor o sabías e che parecía ben. 45 00:02:41,162 --> 00:02:43,915 Pensas que ía casar sabendo que me enganaba? 46 00:02:43,998 --> 00:02:47,919 Tiña bastante coa miña relación, vale? Non quería meterme na túa. 47 00:02:48,002 --> 00:02:51,255 Primeiro o pacto e agora isto. Estou farto de segredos! 48 00:02:51,339 --> 00:02:52,340 Eu tamén! 49 00:03:01,349 --> 00:03:04,685 En fin, Camille vai en Grecia. Alégrome por ela. 50 00:03:04,769 --> 00:03:07,563 Direille á familia que estean tranquilos. 51 00:03:09,398 --> 00:03:13,653 E para que conste, o pacto non foi idea miña. 52 00:03:21,160 --> 00:03:22,828 Moi ben, falamos despois. 53 00:03:27,416 --> 00:03:28,751 Estás ben? 54 00:03:31,212 --> 00:03:32,797 Queres estar mellor aínda? 55 00:03:32,880 --> 00:03:35,341 Quieto, que teño que ir traballar. 56 00:03:35,424 --> 00:03:37,176 Falei con Louis de Leon. 57 00:03:37,677 --> 00:03:42,306 JVMA quere que Agence Grateau leve a publicidade do club. 58 00:03:42,390 --> 00:03:43,307 E iso? 59 00:03:43,933 --> 00:03:46,227 Imos traballar xuntos outra vez. 60 00:03:47,270 --> 00:03:48,271 Con JVMA. 61 00:03:48,354 --> 00:03:51,274 - JVMA só pon os cartos. - "Só pon os cartos." 62 00:03:51,357 --> 00:03:54,694 Sabes que me levo mal con Louis. E rouboume un creativo. 63 00:03:54,777 --> 00:03:58,322 Louis non se dedica a roubar creativos. Está por riba diso. 64 00:03:58,823 --> 00:04:03,369 Só quere montar o mellor equipo posible para inaugurar o club. 65 00:04:04,912 --> 00:04:06,247 E formarás parte del. 66 00:04:07,039 --> 00:04:07,999 Sylvie? 67 00:04:09,667 --> 00:04:10,668 Suplícocho. 68 00:04:12,003 --> 00:04:13,129 Necesítote. 69 00:04:16,632 --> 00:04:18,301 Vexo que non teño elección. 70 00:04:27,310 --> 00:04:31,063 O ximnasio está na segunda planta e Contabilidade na terceira. 71 00:04:31,147 --> 00:04:33,107 Terás que firmar alí máis papeis. 72 00:04:34,900 --> 00:04:38,321 Deberías ter listos a credencial e o correo hoxe mesmo. 73 00:04:39,488 --> 00:04:41,532 Colle o que queiras da cociña. 74 00:04:42,658 --> 00:04:44,577 E todo isto é teu. 75 00:04:46,912 --> 00:04:48,247 Magnífico. 76 00:04:48,331 --> 00:04:51,751 Temos moitas vantaxes, pero tamén moito traballo. 77 00:04:51,834 --> 00:04:54,670 Encantado de pasar aquí o tempo que faga falla. 78 00:04:55,463 --> 00:04:57,423 Julien? Que fas ti aquí? 79 00:04:57,506 --> 00:05:00,009 Mindy. Bonjour, raíña. Agora traballo aquí. 80 00:05:00,593 --> 00:05:01,886 Non sabía nada. 81 00:05:01,969 --> 00:05:04,263 Emily Cooper non soltou can? Raro. 82 00:05:04,347 --> 00:05:07,350 Ó mellor si que mo dixo. Esta semana pasou de todo. 83 00:05:07,975 --> 00:05:09,727 - Parabéns. - Merci. 84 00:05:09,810 --> 00:05:11,020 E tamén para nós. 85 00:05:11,103 --> 00:05:13,731 É un pracer termos a Julien connosco. 86 00:05:13,814 --> 00:05:15,149 Deixámoste instalarte. 87 00:05:16,609 --> 00:05:19,612 Dálle saúdos a Emily e fálalle do meu despacho. 88 00:05:20,404 --> 00:05:21,489 Por aquí. 89 00:05:22,865 --> 00:05:24,492 Perdoa por facerte vir. 90 00:05:24,575 --> 00:05:28,412 Pensei que non ía pasar a seguridade con estas botas de pendanga, 91 00:05:28,496 --> 00:05:29,955 pero nin se fixaron. 92 00:05:30,039 --> 00:05:34,085 Mindy, pasei moita vergoña polo que dixo meu pai. 93 00:05:34,919 --> 00:05:37,713 Eu non son así. Non quero cambiar nada de ti. 94 00:05:37,797 --> 00:05:41,300 Pois nin abriches a boca mentres me insultaba, Nico. 95 00:05:41,384 --> 00:05:43,469 Sabes como me fixeches sentir? 96 00:05:44,053 --> 00:05:45,513 Síntoo moitísimo. 97 00:05:46,639 --> 00:05:49,058 Cústame moito enfrontarme a el. 98 00:05:49,141 --> 00:05:51,852 Quero estar con alguén que me defenda. 99 00:05:51,936 --> 00:05:53,354 Non volverá pasar. 100 00:05:54,313 --> 00:05:56,232 Defendereite sempre, prométocho. 101 00:05:58,109 --> 00:06:01,112 Impórtasme máis ti ca el ou ca todo isto. 102 00:06:03,114 --> 00:06:04,281 En serio? 103 00:06:05,574 --> 00:06:06,575 En serio. 104 00:06:08,411 --> 00:06:10,371 Ven. Quero compensarcho. 105 00:06:17,086 --> 00:06:17,920 Lista? 106 00:06:21,340 --> 00:06:22,299 Ceo santísimo! 107 00:06:24,593 --> 00:06:27,388 O gardarroupa da marca. Existe. 108 00:06:27,471 --> 00:06:28,639 Leva o que queiras. 109 00:06:30,099 --> 00:06:33,227 É coma o meu Bon Marché particular. 110 00:06:34,603 --> 00:06:37,148 E se queres devolver o conxunto que che dei, 111 00:06:37,231 --> 00:06:38,232 non me ofenderei. 112 00:06:38,315 --> 00:06:40,484 Xa o vendín en Vestiaire Collective. 113 00:06:42,069 --> 00:06:43,779 Eurovisión non se paga só. 114 00:06:44,447 --> 00:06:46,157 En fin, téñoo merecido. 115 00:06:46,240 --> 00:06:47,825 E tamén mereces isto. 116 00:06:50,411 --> 00:06:52,163 Desculpas aceptadas. 117 00:06:54,832 --> 00:06:57,751 Mi ma! Estou no ceo ou no gardarroupa da marca? 118 00:06:57,835 --> 00:06:59,503 No gardarroupa da marca. 119 00:06:59,587 --> 00:07:02,339 Ou máis ben… na miña tenda persoal. 120 00:07:02,423 --> 00:07:04,049 - Que dis! - O que oes. 121 00:07:05,176 --> 00:07:06,552 Véxote trala reunión. 122 00:07:06,635 --> 00:07:07,720 Arreando. Grazas. 123 00:07:08,804 --> 00:07:10,931 Ven ensinarme despois os modeliños! 124 00:07:13,601 --> 00:07:14,560 Ti vés comigo. 125 00:07:19,148 --> 00:07:21,567 Imos repartir o traballo de Julien. 126 00:07:21,650 --> 00:07:25,488 Non me importa quedar cos seus clientes. Síntome algo responsable. 127 00:07:25,571 --> 00:07:27,406 Sylvie, non te sentes horrible? 128 00:07:28,741 --> 00:07:29,575 Pois non. 129 00:07:30,451 --> 00:07:33,537 Ninguén é imprescindible, Emily. Que non che esqueza. 130 00:07:34,580 --> 00:07:37,625 Luc, agora encárgaste ti do evento de Boucheron 131 00:07:37,708 --> 00:07:40,794 e da reunión final de hoxe sobre rendibilidade. 132 00:07:41,378 --> 00:07:42,296 Claro. 133 00:07:43,672 --> 00:07:46,800 Pero unha cousiña, son eu a persoa axeitada? 134 00:07:46,884 --> 00:07:49,845 Non levas meses preparando o evento con Julien? 135 00:07:49,929 --> 00:07:51,680 Nun rol colaborativo. 136 00:07:51,764 --> 00:07:54,475 Non son a persoa detallista que o evento exixe. 137 00:07:54,558 --> 00:07:58,270 Só é un xantar nun lugar divino, con xoias espectaculares 138 00:07:58,354 --> 00:08:01,232 e un selecto grupo de clientes de Boucheron. Punto. 139 00:08:01,315 --> 00:08:03,651 É alta xoiería. 140 00:08:03,734 --> 00:08:07,404 Esta xente anda coas lupiñas escudriñando cada detalle. 141 00:08:07,488 --> 00:08:08,948 Xa sabes… Non. 142 00:08:09,031 --> 00:08:10,699 E se non estou á altura? 143 00:08:10,783 --> 00:08:12,493 Luc, non hai máis opcións. 144 00:08:12,576 --> 00:08:14,828 - Pero ela… - Fin da conversa. 145 00:08:16,288 --> 00:08:19,041 Para que conste, eu creo que estarás á altura. 146 00:08:19,124 --> 00:08:20,167 Grazas. 147 00:08:38,978 --> 00:08:39,979 Déixame adiviñar. 148 00:08:40,062 --> 00:08:42,022 Sofres sen min, queres que volva. 149 00:08:42,106 --> 00:08:44,817 Home! Deixáchesme o cristo de Boucheron. 150 00:08:44,900 --> 00:08:47,027 Non entendo nada desas lerias 151 00:08:47,111 --> 00:08:49,655 e os executivos veñen hoxe á reunión final! 152 00:08:49,738 --> 00:08:52,533 Luc, traballámolo xuntos. Sabes o mesmo ca min. 153 00:08:52,616 --> 00:08:53,993 Coñezo a loxística, 154 00:08:54,076 --> 00:08:55,786 pero preciso os detalles. 155 00:08:55,869 --> 00:08:58,289 As denominacións das xoias, o menú, 156 00:08:58,372 --> 00:09:00,624 o tipo de sal que haberá nas mesas, 157 00:09:00,708 --> 00:09:03,210 a calidade da louza, esas parvadas túas. 158 00:09:03,294 --> 00:09:05,671 Vale, tranquilo. Cando chegan? 159 00:09:05,754 --> 00:09:06,797 En vinte minutos. 160 00:09:10,009 --> 00:09:11,427 Débesme unha das gordas. 161 00:09:11,969 --> 00:09:15,973 Os convidados chegarán a mediodía. 162 00:09:16,056 --> 00:09:19,560 O persoal guiaraos ó ascensor privado 163 00:09:19,643 --> 00:09:22,730 que os levará á tenda no 26 da praza Vendôme. 164 00:09:22,813 --> 00:09:26,400 Haberá mesas con xoieiros dispostas por toda a sala. 165 00:09:26,483 --> 00:09:27,568 Haberá mesas con… 166 00:09:27,651 --> 00:09:29,778 Coanna encárgase das flores 167 00:09:30,571 --> 00:09:32,906 e Christophe dos cubertos. 168 00:09:32,990 --> 00:09:34,742 E Christophle dos cubertos. 169 00:09:35,326 --> 00:09:39,038 A vaixela é cousa de Bernard… algo. 170 00:09:39,121 --> 00:09:40,331 Bernardaud. 171 00:09:40,414 --> 00:09:43,959 Oui. Bernar, como di ela. 172 00:09:44,043 --> 00:09:45,210 Que se comerá? 173 00:09:46,503 --> 00:09:48,547 Apúntaste ó menú da oficina? 174 00:09:48,631 --> 00:09:49,465 Un momentiño. 175 00:09:49,548 --> 00:09:50,466 Un momentiño. 176 00:09:51,425 --> 00:09:54,261 Seguro que será incrible. 177 00:09:55,095 --> 00:09:57,556 - A empresa paga o xantar? - Paga. 178 00:09:57,640 --> 00:10:01,101 E pagaredes vós o xantar, correcto? 179 00:10:01,185 --> 00:10:03,145 Claro, Luc. Claro que si. 180 00:10:03,228 --> 00:10:05,105 E pagamos bastante, debo dicir. 181 00:10:05,773 --> 00:10:07,900 Para xantar, baguette de xamón e queixo. 182 00:10:07,983 --> 00:10:12,071 Fantástico. Para os nosos convidados, baguette de xamón e queixo. 183 00:10:13,739 --> 00:10:17,117 Clásico… e sinxelo. 184 00:10:17,201 --> 00:10:19,036 - E patacas fritas. - E patacas fritas. 185 00:10:19,119 --> 00:10:20,454 Ese é o entrante? 186 00:10:21,080 --> 00:10:21,997 O entrante? 187 00:10:22,998 --> 00:10:24,083 Iso pregunta? 188 00:10:25,668 --> 00:10:27,252 É ese o entrante? 189 00:10:28,128 --> 00:10:30,255 É ese o entrante? 190 00:10:30,339 --> 00:10:33,342 De entrante, ensalada tépeda de gambas. 191 00:10:33,425 --> 00:10:35,386 Ensalada tépeda de gambas. 192 00:10:35,886 --> 00:10:38,389 Cunha baguette de xamón e queixo. 193 00:10:38,472 --> 00:10:40,557 - Soa raro. - E noxento. 194 00:10:40,641 --> 00:10:42,976 A baguette era o meu xantar, idiota! 195 00:10:43,060 --> 00:10:45,562 A baguette é o meu xantar, idiota! 196 00:10:48,315 --> 00:10:53,028 En fin, a estrela é a Quatre Collection e queremos que brille. 197 00:10:53,612 --> 00:10:56,657 Si, e retocaremos un chisco o menú. 198 00:10:57,199 --> 00:11:00,661 Xa, non queremos que a xente acabe vomitando, certo? 199 00:11:00,744 --> 00:11:02,663 Non vai vomitar ninguén. 200 00:11:02,746 --> 00:11:05,749 Será un evento marabilloso. Douvos a miña palabra. 201 00:11:08,585 --> 00:11:11,714 Ola, guapa. Vaslle encantar a Nico. 202 00:11:13,006 --> 00:11:17,177 Que linda me es. Non, ti máis. Non, adórote. 203 00:11:17,261 --> 00:11:20,764 A quen temos aquí? Como dis? 204 00:11:20,848 --> 00:11:23,559 Queres vir á casa con mamá Mindy? Pois claro. 205 00:11:24,226 --> 00:11:25,060 Excusez-moi. 206 00:11:26,395 --> 00:11:27,229 Bonjour. 207 00:11:27,312 --> 00:11:28,564 É a súa primeira vez? 208 00:11:28,647 --> 00:11:31,316 É, pero teño permiso para levalos. 209 00:11:31,400 --> 00:11:32,234 Prométovolo. 210 00:11:32,317 --> 00:11:33,360 Xa, por suposto, 211 00:11:33,444 --> 00:11:37,531 pero que saiba que as mulleres non deben entrar soas no gardarroupa. 212 00:11:37,614 --> 00:11:40,617 - É mellor vir con alguén. - Eu pensaba nun carro, 213 00:11:40,701 --> 00:11:43,287 pero se me axuda alguén a levalos, mellor. 214 00:11:46,665 --> 00:11:48,917 Élle algo máis complexo. 215 00:12:00,596 --> 00:12:02,431 E aí é cando me falan de Louis, 216 00:12:02,514 --> 00:12:06,351 e como lle gusta elixir a roupa para as traballadoras de JVMA. 217 00:12:06,435 --> 00:12:10,481 Mi ma, que busque outra afección. Éche algo pervertido o tío. 218 00:12:10,564 --> 00:12:12,441 Algo non, é pervertido de todo. 219 00:12:12,524 --> 00:12:16,278 Insiste en que as mulleres proben a roupa diante del. 220 00:12:16,361 --> 00:12:17,905 Falas en serio? 221 00:12:17,988 --> 00:12:22,618 Se non o fas, das a entender que non sabes nada do negocio da moda. 222 00:12:22,701 --> 00:12:24,328 Claro, e non te ascenden. 223 00:12:24,411 --> 00:12:26,455 E se o fas… 224 00:12:26,538 --> 00:12:28,207 Quedas e acósante. 225 00:12:29,041 --> 00:12:30,042 É repugnante. 226 00:12:30,125 --> 00:12:31,543 Vasllo contar a Nico? 227 00:12:31,627 --> 00:12:32,753 É seu pai. 228 00:12:34,171 --> 00:12:35,714 Non sei que facer. 229 00:12:37,257 --> 00:12:38,091 Perdoa. 230 00:12:40,010 --> 00:12:42,095 - Ai, chámanme de Grecia. - Que? 231 00:12:42,805 --> 00:12:43,931 Pon o altofalante. 232 00:12:46,183 --> 00:12:47,601 Ola, son Emily. 233 00:12:47,684 --> 00:12:49,895 Ola, Emily. Son Sofia. 234 00:12:49,978 --> 00:12:53,482 Lin a túa mensaxe. Pódoche axudar en algo? 235 00:12:53,565 --> 00:12:54,733 Ola. Pois si. 236 00:12:54,817 --> 00:12:59,154 Quero que Camille sexa feliz. De verdade. 237 00:12:59,238 --> 00:13:03,450 Pero se puidese falar con Gabriel ou cos seus pais 238 00:13:03,534 --> 00:13:05,077 e dicirlles que está ben 239 00:13:05,160 --> 00:13:08,413 para que deixen de preocuparse, estaría xenial. 240 00:13:08,956 --> 00:13:11,583 Perdoa. Non entendo. 241 00:13:11,667 --> 00:13:13,126 Ola, son Mindy. 242 00:13:13,210 --> 00:13:15,546 Sabemos que Camille está aí, pillámolo. 243 00:13:15,629 --> 00:13:17,673 A verdade é que parece un planazo, 244 00:13:17,756 --> 00:13:20,968 pero Camille non pode abandonar os amigos e a familia. 245 00:13:21,051 --> 00:13:22,010 Preocúpanos. 246 00:13:22,094 --> 00:13:24,513 Non sei de que me falades, en serio. 247 00:13:25,097 --> 00:13:29,810 A última vez que souben de Camille ía casar con Gabriel. 248 00:13:31,061 --> 00:13:32,354 Partiume o corazón. 249 00:13:34,022 --> 00:13:35,858 Non sabes onde está Camille? 250 00:13:35,941 --> 00:13:36,859 Non. 251 00:13:37,943 --> 00:13:39,027 Que está a pasar? 252 00:13:46,201 --> 00:13:47,786 Mademoiselle, non pode pasar. 253 00:13:47,870 --> 00:13:48,704 Boas. 254 00:13:48,787 --> 00:13:51,373 Ola. Que? Recibiches unha postal de Grecia? 255 00:13:51,456 --> 00:13:53,375 Non, chamoume Sofia. 256 00:13:53,458 --> 00:13:55,544 Non sabe onde está Camille. 257 00:13:55,627 --> 00:13:57,170 Si que está desaparecida. 258 00:14:00,340 --> 00:14:02,175 Bastian, podes cubrirme? 259 00:14:02,259 --> 00:14:03,343 A onde vas? 260 00:14:03,427 --> 00:14:05,762 A Megève. Teñen alí un chalé. 261 00:14:05,846 --> 00:14:09,725 É o único sitio onde non mirei. Ou agóchasme algo máis? 262 00:14:10,309 --> 00:14:11,143 Non. 263 00:14:16,440 --> 00:14:19,943 EMILY: PODEMOS QUEDAR CANTO ANTES PARA FALAR DO DE CAMILLE? 264 00:14:20,027 --> 00:14:21,194 É URXENTE. 265 00:14:28,076 --> 00:14:30,996 O espazo do club está case listo. Víchelo, Sylvie? 266 00:14:31,079 --> 00:14:32,789 É totalmente abraiante. 267 00:14:32,873 --> 00:14:33,916 Si que o vin. 268 00:14:34,416 --> 00:14:37,419 Xa temos varios medios que queren entrevistarte 269 00:14:37,502 --> 00:14:39,087 para promover o club. 270 00:14:39,171 --> 00:14:42,299 - Conseguiches un equipo gañador. - Eu tamén o creo. 271 00:14:42,382 --> 00:14:43,967 Esta vai da miña conta. 272 00:14:44,051 --> 00:14:45,093 Grazas, meu ben. 273 00:14:49,056 --> 00:14:53,727 Sylvie, estou disposto a esquecer o pasado para que o proxecto sexa un éxito. 274 00:14:55,062 --> 00:14:56,980 Espero que ti tamén. 275 00:14:58,065 --> 00:15:01,234 Non estaría aquí se tivese problemas co noso pasado. 276 00:15:01,318 --> 00:15:05,155 Xenial. Queres que a Laurent lle vaia ben. Eu tamén. 277 00:15:05,238 --> 00:15:06,740 Así que mans á obra. 278 00:15:08,033 --> 00:15:09,076 Totalmente. 279 00:15:24,299 --> 00:15:26,927 Almorzaches con Louis de Leon esta mañá? 280 00:15:27,010 --> 00:15:30,847 Non. Almorcei con Laurent e con Louis de Leon. 281 00:15:30,931 --> 00:15:35,018 JVMA investirá no club do meu marido e nós levaremos a publicidade. 282 00:15:35,102 --> 00:15:36,103 Máis preguntas? 283 00:15:36,937 --> 00:15:38,814 Non, claro que non. 284 00:15:41,191 --> 00:15:42,859 Paréceche boa idea? 285 00:15:44,361 --> 00:15:47,572 Cando me interese a túa opinión, xa cha pedirei, Emily. 286 00:15:48,156 --> 00:15:50,742 - Traballaches en JVMA, non? - Hai moito. 287 00:15:50,826 --> 00:15:54,538 Seica hai un gardarroupa onde Louis invita as empregadas a… 288 00:15:54,621 --> 00:15:58,208 Prefiro non sacar á luz díxomes de mal gusto do pasado. 289 00:15:58,291 --> 00:15:59,292 Eran outros tempos. 290 00:16:01,169 --> 00:16:02,838 Talvez non cambiaron tanto. 291 00:16:07,592 --> 00:16:10,303 Pecha a porta. Senta. Cóntame o que sabes. 292 00:16:20,397 --> 00:16:24,026 Emily, tesme que axudar co xantar de Boucheron. 293 00:16:24,109 --> 00:16:26,486 - Claro. - Finxo saber de Boucheron, 294 00:16:26,570 --> 00:16:29,114 pero non sei o máis mínimo de Boucheron. 295 00:16:29,197 --> 00:16:31,241 E pola túa culpa, Julien liscou. 296 00:16:31,324 --> 00:16:33,493 Diría que non foi só culpa miña. 297 00:16:33,577 --> 00:16:37,706 Isto non vai de sinalar a ninguén, Emily. O tema é que estamos fodidos! 298 00:16:37,789 --> 00:16:40,000 Luc. Tranquilízate, si? 299 00:16:40,083 --> 00:16:42,919 Sairemos desta xuntos. Prométocho. 300 00:16:43,503 --> 00:16:44,546 En serio? 301 00:16:44,629 --> 00:16:47,299 Grazas. Sabía que podía confiar en ti. 302 00:16:48,550 --> 00:16:52,220 Vou agora mesmo a Boucheron para ver se está todo en orde. 303 00:16:52,304 --> 00:16:56,099 Véxote alí máis tarde. E tranquilo, vai saír todo ben. 304 00:16:56,183 --> 00:16:57,350 Moi ben, grazas. 305 00:17:00,687 --> 00:17:02,230 ELISE: FALEMOS DE CAMILLE. 306 00:17:02,314 --> 00:17:05,067 NUNHA HORA NO CAFÉ DA PLACE DE LA MADELEINE. 307 00:17:05,150 --> 00:17:06,359 EMILY: ALÍ ESTAREI. 308 00:17:08,528 --> 00:17:10,906 Vouno soltar xa. Non nos fiamos de ti. 309 00:17:11,698 --> 00:17:13,200 A xente está preocupada. 310 00:17:13,283 --> 00:17:15,368 Gabriel, os pais de Camille. 311 00:17:15,452 --> 00:17:17,913 A cousa non vai comigo. 312 00:17:17,996 --> 00:17:19,915 A non ser que lle fixeras algo. 313 00:17:19,998 --> 00:17:21,374 Non falas en serio. 314 00:17:21,458 --> 00:17:25,253 Claro que non, non lle darías feito. Camille está moi forte. 315 00:17:27,839 --> 00:17:30,425 É unha das miñas mellores amigas en París. 316 00:17:31,134 --> 00:17:35,180 Fíxome ver que non tódolos franceses me odian por ser estadounidense. 317 00:17:35,263 --> 00:17:37,349 Non, é por andar roubando mozos. 318 00:17:39,726 --> 00:17:43,230 Persoalmente, penso que Camille foi solucionar o problema. 319 00:17:43,313 --> 00:17:45,899 Pensas que foi abortar? 320 00:17:45,982 --> 00:17:48,443 Pois si. Neste país non é ilegal. 321 00:17:48,527 --> 00:17:51,488 Elise, non creo que fose facelo soa. 322 00:17:51,571 --> 00:17:53,740 - Penso o mesmo. - Eu tamén. 323 00:17:53,824 --> 00:17:57,869 Só busco escusala por desaparecer así sen máis. 324 00:17:58,745 --> 00:18:00,914 Camille xa ten marchado antes 325 00:18:00,997 --> 00:18:03,583 se quería afastarse de Gabriel ou dos pais, 326 00:18:03,667 --> 00:18:05,669 pero sempre nos avisaba. 327 00:18:06,253 --> 00:18:07,254 Sempre. 328 00:18:09,172 --> 00:18:11,591 LUC: XA ESTOU AQUÍ. E TI? 329 00:18:11,675 --> 00:18:14,219 Teño que ir a todo correr ó traballo. 330 00:18:15,053 --> 00:18:17,180 Sei que queredes moito a Camille. 331 00:18:17,264 --> 00:18:22,644 E eu tamén, de verdade. Que vos parece se seguimos en contacto? 332 00:18:22,727 --> 00:18:23,645 Parécenos ben. 333 00:18:25,856 --> 00:18:28,150 Pois haberá que pagarlle o té xeado. 334 00:18:28,650 --> 00:18:29,609 Que cara ten. 335 00:18:39,077 --> 00:18:40,453 Perdoa, chego tarde. 336 00:18:40,537 --> 00:18:43,039 Onde estabas? Os convidados están a caer. 337 00:18:43,123 --> 00:18:45,292 Coas amigas de Camille. Desapareceu. 338 00:18:45,375 --> 00:18:49,087 Qui, Camille? Non. Co bonitiña que é, espero que estea ben. 339 00:18:49,171 --> 00:18:50,630 Mira, dignácheste a vir. 340 00:18:50,714 --> 00:18:53,383 Camille desapareceu. Será unha trama criminal? 341 00:18:53,466 --> 00:18:54,676 Non creo. 342 00:18:54,759 --> 00:18:58,138 Que vai ser! É galerista, non unha ditadora estranxeira. 343 00:18:58,221 --> 00:19:02,601 Non se sabe dela dende a voda e, por riba, está embarazada de Gabriel. 344 00:19:04,436 --> 00:19:05,312 E Gabriel? 345 00:19:05,395 --> 00:19:06,938 Buscándoa, coma todos. 346 00:19:07,022 --> 00:19:11,860 Seguro que só necesita espazo e apreciaría que cadaquén atenda ó seu. 347 00:19:11,943 --> 00:19:13,028 Eu, dende logo. 348 00:19:13,987 --> 00:19:16,823 Collection Quatre. Un por convidado. 349 00:19:17,574 --> 00:19:21,786 Isto éche igualiño á película de Antonioni, L'avventura. 350 00:19:21,870 --> 00:19:25,332 Un tipo sae navegar coa moza e a súa mellor amiga 351 00:19:25,415 --> 00:19:27,083 e a moza desaparece. 352 00:19:27,959 --> 00:19:29,211 Atópana ó final? 353 00:19:29,294 --> 00:19:30,170 Non. 354 00:19:30,253 --> 00:19:32,923 O mozo e a amiga teñen unha aventura 355 00:19:33,006 --> 00:19:34,925 e esquécense dela. 356 00:19:35,008 --> 00:19:37,469 Obsesiónaos o seu propio interese. 357 00:19:37,552 --> 00:19:40,222 Matouna alguén? Caeu dun precipicio? 358 00:19:40,305 --> 00:19:43,767 Sabe Deus. Só se preocupan deles mesmos. 359 00:19:43,850 --> 00:19:45,852 É horrible. 360 00:19:45,936 --> 00:19:49,356 O horrible é que hoxe non se podería facer ese filme. 361 00:19:50,023 --> 00:19:52,817 Temos GPS. Rastrexamos os móbiles da xente. 362 00:19:53,401 --> 00:19:55,612 Tanta conexión acabou co bo cine. 363 00:19:56,321 --> 00:20:00,242 Mi ma, Luc! Camille envioume a súa localización en St. Tropez. 364 00:20:00,325 --> 00:20:02,535 - Segue compartíndoa? - Déixame mirar. 365 00:20:02,619 --> 00:20:06,539 Segue! Seica está en Giverny. 366 00:20:07,832 --> 00:20:09,793 Fermosísimo. O xardín de Monet. 367 00:20:09,876 --> 00:20:13,880 - Gabriel vai en Megève. Que fago? - O que Antonioni non puido facer. 368 00:20:14,381 --> 00:20:15,840 Tráena de volta. 369 00:20:17,425 --> 00:20:19,511 Merde. Quedas ben ti só? 370 00:20:19,594 --> 00:20:21,054 A verdade é que non, 371 00:20:21,137 --> 00:20:24,140 pero non quero interpoñerme nunha boa secuela. 372 00:20:24,224 --> 00:20:25,475 Bonne chance. 373 00:20:32,565 --> 00:20:35,485 Que, como che vai no teu novo espazo? 374 00:20:35,568 --> 00:20:36,945 Adóroo. 375 00:20:37,028 --> 00:20:41,032 Síntome máis produtivo. O aire é distinto. Ninguén monta dramas. 376 00:20:41,116 --> 00:20:45,161 - Non prometo que non vaia haber dramas. - Daquela, pecharei a porta. 377 00:20:46,162 --> 00:20:49,082 Verás, temos un proxecto especial para ti. 378 00:20:49,165 --> 00:20:50,083 Xenial. 379 00:20:50,166 --> 00:20:51,501 Moi prestixioso. 380 00:20:51,584 --> 00:20:54,546 Traballarás en exclusiva con Pierre Cadault. 381 00:20:55,755 --> 00:20:57,632 Refíreste a Gregory Dupree. 382 00:20:58,216 --> 00:20:59,426 É un pesadelo. 383 00:20:59,926 --> 00:21:00,760 Oui. 384 00:21:07,642 --> 00:21:09,269 Lu-Anne, Philippe. 385 00:21:09,352 --> 00:21:10,979 Estades guapísimos. 386 00:21:11,062 --> 00:21:12,605 Todo ben por agora? 387 00:21:12,689 --> 00:21:15,859 Non, Luc. Podes explicarnos que imaxe é esta? 388 00:21:15,942 --> 00:21:17,610 O logo de Boucheron. 389 00:21:17,694 --> 00:21:19,237 A min parécenme ciclistas. 390 00:21:19,321 --> 00:21:21,489 Que? Ai, perdón. 391 00:21:22,240 --> 00:21:23,283 É o meu fondo. 392 00:21:23,366 --> 00:21:27,329 Unha foto orixinal do Tour de France de 1985… 393 00:21:27,412 --> 00:21:28,872 Sácaa. 394 00:21:28,955 --> 00:21:31,791 Claro. Voilà, moito mellor. 395 00:21:31,875 --> 00:21:35,670 Grazas, pero falamos do 20º aniversario da liña Quatre. 396 00:21:36,171 --> 00:21:37,881 Esperabamos algo máis. 397 00:21:37,964 --> 00:21:41,092 Experiencias, innovación. 398 00:21:41,176 --> 00:21:43,970 E como tratamos as redes sociais nesta campaña? 399 00:21:44,054 --> 00:21:45,513 Creamos algún filtro? 400 00:21:47,515 --> 00:21:48,558 Onde vai Emily? 401 00:21:49,684 --> 00:21:51,269 Non me digas que non está. 402 00:21:51,353 --> 00:21:53,438 Parece que falta algo. 403 00:21:53,521 --> 00:21:55,190 Faltan moitas cousas. 404 00:21:57,942 --> 00:22:00,570 Seino. Tedes toda a razón. 405 00:22:01,196 --> 00:22:03,656 Falta algo. 406 00:22:05,116 --> 00:22:11,164 "Falta algo" é o tema da campaña. 407 00:22:11,790 --> 00:22:14,167 Porque cando falta algo, 408 00:22:14,751 --> 00:22:16,294 todos prestan atención. 409 00:22:17,045 --> 00:22:20,757 Ocupade os vosos asentos e preparádevos para o acto final. 410 00:22:20,840 --> 00:22:22,467 Moi ben, desculpade. 411 00:22:22,550 --> 00:22:24,469 Perdoade, que vergoña! 412 00:22:24,552 --> 00:22:29,891 Para nada. Iso significa que o que vén deseguido será toda unha sorpresa. 413 00:22:31,601 --> 00:22:35,271 Odio as sorpresas. Espero que saibas o que fas. 414 00:22:35,355 --> 00:22:36,231 Eu tamén. 415 00:22:42,987 --> 00:22:44,364 Desculpen. 416 00:22:45,115 --> 00:22:48,785 Damas e cabaleiros, prégolles atención, por favor. 417 00:22:48,868 --> 00:22:53,164 Mentres todos gozaban do espléndido xantar, 418 00:22:53,248 --> 00:22:57,585 desapareceu un dos colgantes Quatre de Boucheron. 419 00:23:00,296 --> 00:23:04,050 E, polo tanto, todos nesta sala son cómplices. 420 00:23:04,634 --> 00:23:09,055 Así é. Todos poderán participar na exclusiva busca do tesouro de Boucheron 421 00:23:09,139 --> 00:23:10,974 para atopar a xoia que falta. 422 00:23:11,057 --> 00:23:14,269 Para competir, sigan a Boucheron en Instagram. 423 00:23:14,352 --> 00:23:19,858 Publicaremos pistas cada día na nosa historia ata que o colar apareza. 424 00:23:20,400 --> 00:23:24,737 E quen atope o colgante Quatre que falta poderá quedar con el! 425 00:23:26,281 --> 00:23:27,115 Iso é. 426 00:23:27,782 --> 00:23:28,658 Non hai de que. 427 00:23:29,159 --> 00:23:31,953 Iremos actualizando as regras no noso Instagram 428 00:23:32,036 --> 00:23:37,000 e lembren publicar as imaxes da busca 429 00:23:37,083 --> 00:23:39,627 e etiquetar a Boucheron Quatre. 430 00:23:40,211 --> 00:23:42,088 Si, coma a chiffre quatre. Iso. 431 00:23:42,964 --> 00:23:45,800 O regalo dun colar non nos entra no orzamento. 432 00:23:45,884 --> 00:23:48,261 Claro que non, Luc. Como che deu por aí? 433 00:23:48,344 --> 00:23:50,472 Tranquilos. Vale? 434 00:23:50,555 --> 00:23:53,099 Non ides regalar nada. 435 00:23:53,183 --> 00:23:57,562 Na vida, ás veces, as cousas desaparecen e nunca volven aparecer. 436 00:23:58,980 --> 00:24:00,648 A vida é así, non? 437 00:24:00,732 --> 00:24:03,818 Seguiremos publicando pistas ata que se aburran, 438 00:24:03,902 --> 00:24:06,404 esquezan o tema e sigan coas súas vidas. 439 00:24:08,072 --> 00:24:08,907 Moi ben. 440 00:24:20,710 --> 00:24:24,339 CHEGACHES Á CASA DE CLAUDE MONET - GIVERNY, FRANCIA 441 00:24:34,724 --> 00:24:36,601 Ola, perdoa. 442 00:24:36,684 --> 00:24:38,478 Traballas aquí? 443 00:24:38,561 --> 00:24:40,939 Oui, fago visitas guiadas. 444 00:24:41,689 --> 00:24:42,649 Xenial, ola. 445 00:24:42,732 --> 00:24:46,110 Busco a miña amiga e creo que está por aquí. 446 00:24:46,694 --> 00:24:49,155 Seguro que está a limpar os nenúfares. 447 00:24:49,239 --> 00:24:52,200 O propio Monet iniciou esa tradición, sabíalo? 448 00:24:53,159 --> 00:24:55,495 Encantaríame contarche máis. 449 00:24:55,578 --> 00:24:57,330 Claro. Camiñamos e falamos? 450 00:24:57,413 --> 00:24:59,123 - Si, abofé, moi ben. - Ben. 451 00:24:59,207 --> 00:25:02,585 Monet adquiría tódalas súas plantas acuáticas 452 00:25:02,669 --> 00:25:05,296 no viveiro de Latour-Marliac, 453 00:25:05,380 --> 00:25:10,468 onde acababan de crear unha nova variedade de nenúfares de cores 454 00:25:10,552 --> 00:25:14,722 que presentaron na Exposición Universal de París de 1889. 455 00:25:15,348 --> 00:25:19,769 Antes, en Europa só había nenúfares brancos. 456 00:25:20,520 --> 00:25:22,397 Velaí a está. Vouna saudar. 457 00:25:23,231 --> 00:25:27,318 - As barcas son só para os voluntarios. - Pois ofrézome voluntaria. 458 00:25:28,319 --> 00:25:29,153 Veña. 459 00:25:32,365 --> 00:25:33,491 Camille. 460 00:25:33,575 --> 00:25:35,535 Emily, non quero falar contigo. 461 00:25:35,618 --> 00:25:38,121 Non, xa, enténdoo, queres estar soa. 462 00:25:38,204 --> 00:25:39,914 Exacto. Así que xa sabes. 463 00:25:39,998 --> 00:25:43,001 Só son a mensaxeira que trae unha mensaxe. 464 00:25:43,084 --> 00:25:44,961 Dáseche ás mil marabillas, non? 465 00:25:45,044 --> 00:25:48,131 Contácheslle a Gabriel o de Sofia. Non paran de escribirme. 466 00:25:48,214 --> 00:25:51,050 Vin despexar a cabeza e non podo pola túa culpa. 467 00:25:51,134 --> 00:25:52,010 Perdoa! 468 00:25:52,093 --> 00:25:53,511 Telos preocupados. 469 00:25:53,595 --> 00:25:57,181 Á túa familia, a Gabriel e a min. 470 00:25:57,265 --> 00:25:59,183 E entón cóntaslle que o enganei? 471 00:25:59,267 --> 00:26:01,394 Pensabas que ía sentirse mellor? 472 00:26:01,477 --> 00:26:03,396 Non, fartei dos teus segredos 473 00:26:03,479 --> 00:26:07,525 e de que as túas amigas e familia fagan de min un pandote. 474 00:26:07,609 --> 00:26:09,152 Mira a dramática esta. 475 00:26:09,235 --> 00:26:11,404 Fuches ti a que liscaches sen máis. 476 00:26:11,487 --> 00:26:16,451 En realidade só viñeches ata aquí porque te sentes culpable, non preocupada. 477 00:26:16,534 --> 00:26:21,247 Pois si, síntome culpable, porque eu asumo as culpas. 478 00:26:21,331 --> 00:26:22,749 Non coma ti. 479 00:26:22,832 --> 00:26:25,251 Só querías escapar da túa relación 480 00:26:25,335 --> 00:26:28,212 e era máis doado culparme a min que admitilo. 481 00:26:28,296 --> 00:26:29,213 Non é certo! 482 00:26:29,797 --> 00:26:33,343 Emily, xúrocho, como non deixes de petarme no bote… 483 00:26:33,426 --> 00:26:34,761 Si que é certo! 484 00:26:34,844 --> 00:26:37,513 E non che peto, só quero que veñas á casa. 485 00:26:37,597 --> 00:26:38,598 Que lisques! 486 00:26:38,681 --> 00:26:39,515 Camille! 487 00:26:46,064 --> 00:26:47,398 Mi ma! 488 00:26:47,482 --> 00:26:49,817 Isto si que foi culpa túa! 489 00:26:53,946 --> 00:26:56,949 Non esperaba tal comportamento de dúas adultas, 490 00:26:57,033 --> 00:26:58,534 e menos dunha voluntaria. 491 00:26:58,618 --> 00:27:02,038 Está prohibido bañarse no estanque! Sábelo de sobra! 492 00:27:02,121 --> 00:27:03,247 Incrible! 493 00:27:04,207 --> 00:27:07,585 - Que dixo? - Que está prohibido nadar no estanque. 494 00:27:08,127 --> 00:27:11,631 Non estaba a nadar, só intentaba non afogar. 495 00:27:17,178 --> 00:27:18,596 Fareille un donativo 496 00:27:18,680 --> 00:27:21,557 para que non nos prohiban entrar de por vida. 497 00:27:21,641 --> 00:27:22,475 Grazas. 498 00:27:23,935 --> 00:27:24,936 Non hai de que. 499 00:27:27,355 --> 00:27:28,189 E perdoa. 500 00:27:29,816 --> 00:27:31,567 Si que te usei como escusa. 501 00:27:33,194 --> 00:27:35,321 Non agardaba casar tan rápido. 502 00:27:35,405 --> 00:27:38,825 Vin o felices que estaban Gabriel a miña familia 503 00:27:38,908 --> 00:27:40,201 e seguinlles a corrente. 504 00:27:41,160 --> 00:27:42,620 Ata que non puiden máis. 505 00:27:43,246 --> 00:27:45,998 Entendo o de non querer decepcionar a xente, 506 00:27:46,833 --> 00:27:48,835 pero fai o que che conveña a ti. 507 00:27:48,918 --> 00:27:49,961 Non só a min. 508 00:27:51,462 --> 00:27:52,588 Vou ser mamá. 509 00:27:54,465 --> 00:27:55,550 Parabéns. 510 00:27:56,509 --> 00:27:59,387 Non quería facerlle sufrir a ninguén. 511 00:28:00,596 --> 00:28:02,014 Só precisaba pensar. 512 00:28:03,391 --> 00:28:04,392 E que pensaches? 513 00:28:08,521 --> 00:28:10,815 En Giverny é onde namorei da arte. 514 00:28:12,483 --> 00:28:13,818 Aquí enténdese ben 515 00:28:13,901 --> 00:28:16,738 por que os impresionistas pintaban dese xeito. 516 00:28:17,697 --> 00:28:21,159 Trátase de… captar a natureza. 517 00:28:22,827 --> 00:28:24,412 Nada é perfecto, 518 00:28:26,080 --> 00:28:27,457 pero todo é fermoso. 519 00:28:30,960 --> 00:28:32,462 Volvemos? 520 00:28:46,934 --> 00:28:48,895 NÚMERO DESCOÑECIDO 521 00:28:48,978 --> 00:28:50,438 - Diga? - Madame Grateau, 522 00:28:50,521 --> 00:28:52,231 son Noëlle Regnier de Le Monde. 523 00:28:52,315 --> 00:28:54,192 Contactei antes con vostede. 524 00:28:54,275 --> 00:28:59,113 Gustaríame falar da época en que traballou en JVMA, 525 00:28:59,197 --> 00:29:01,741 especialmente de Louis de Leon. 526 00:29:01,824 --> 00:29:04,243 Síntoo, pero estou moi ocupada. Adeus. 527 00:29:20,092 --> 00:29:20,927 Grazas. 528 00:29:21,010 --> 00:29:22,386 E tamén por cubrirme. 529 00:29:26,182 --> 00:29:27,099 Ola, Gabriel. 530 00:29:28,893 --> 00:29:29,727 Sofia. 531 00:29:31,479 --> 00:29:34,023 Sei que non queres verme nin en pintura, 532 00:29:34,106 --> 00:29:36,901 pero baixei do avión e vin aquí directa. 533 00:29:36,984 --> 00:29:39,529 Quero axudar como sexa a atopar a Camille. 534 00:29:40,196 --> 00:29:41,823 Só quero saber que está ben 535 00:29:41,906 --> 00:29:43,282 e despois volvo á casa. 536 00:29:44,534 --> 00:29:47,537 En realidade, Emily acaba de atopala en Giverny. 537 00:29:47,620 --> 00:29:49,247 Están de camiño. 538 00:29:52,542 --> 00:29:54,043 Pero antes de marchares, 539 00:29:56,504 --> 00:29:58,631 creo que deberiamos tomar unha copa. 540 00:30:00,341 --> 00:30:01,217 Claro. 541 00:30:04,178 --> 00:30:05,137 Estou nerviosa. 542 00:30:05,763 --> 00:30:07,515 Vaise poñer contento ó verte. 543 00:30:07,598 --> 00:30:08,516 Dis ti? 544 00:30:23,114 --> 00:30:25,950 Non me fagas isto, non podes desaparecer así. 545 00:30:26,033 --> 00:30:27,076 Perdoa. 546 00:30:27,159 --> 00:30:30,079 Foi todo moi rápido. Non quería cometer un erro. 547 00:30:30,162 --> 00:30:31,497 Falas do bebé? 548 00:30:31,581 --> 00:30:33,624 Non, falo da voda. 549 00:30:33,708 --> 00:30:36,460 Non fai falla casar. Xa somos unha familia. 550 00:30:37,962 --> 00:30:39,005 Pase o que pase. 551 00:30:44,260 --> 00:30:45,177 Sofia? 552 00:30:53,603 --> 00:30:56,981 Non podía quedar en Atenas pensando que che pasara algo. 553 00:30:57,982 --> 00:30:58,983 Tíñasme preocupada. 554 00:31:02,069 --> 00:31:03,696 Quérote, Camille. 555 00:31:13,289 --> 00:31:15,374 - Eu tamén te quero. - Si? 556 00:31:15,458 --> 00:31:18,127 Si. E teño moito que contarche. 557 00:31:18,210 --> 00:31:19,045 Ven. 558 00:31:25,134 --> 00:31:25,968 Estás ben? 559 00:31:27,303 --> 00:31:28,137 Estou. 560 00:31:29,347 --> 00:31:33,017 Entendo o que é namorar doutra persoa. 561 00:31:39,690 --> 00:31:43,986 En fin, se precisas o que sexa, alí me tes. 562 00:32:47,550 --> 00:32:52,555 Subtítulos: Abraham Díaz López