1 00:00:31,032 --> 00:00:31,866 Estou ben. 2 00:00:38,623 --> 00:00:39,457 Xa vai. 3 00:00:43,753 --> 00:00:44,587 Ola. 4 00:00:44,670 --> 00:00:45,838 Bonjour. 5 00:00:48,299 --> 00:00:50,843 - Non está. - Non veño por Emily, veño ducharme. 6 00:00:51,511 --> 00:00:54,472 Teño un baño e dúas mulleres que o monopolizan. 7 00:00:54,555 --> 00:00:56,057 - Será un intre. - Dálle. 8 00:00:56,140 --> 00:00:58,976 - Eu xa marchaba, tarda o que queiras. - Grazas. 9 00:01:00,144 --> 00:01:02,730 E, se fose ti, non usaría a luffa rosa. 10 00:01:04,440 --> 00:01:05,274 Iso. 11 00:01:07,944 --> 00:01:09,362 Bo día, Emily. 12 00:01:09,445 --> 00:01:10,321 Bonjour. 13 00:01:10,947 --> 00:01:14,325 Non che leva Gabriel os pasteis? Ti xa tes carga abonda. 14 00:01:14,408 --> 00:01:15,910 Gústame pasear pola mañá. 15 00:01:16,786 --> 00:01:19,330 Pero case arramplo coa pastelaría. 16 00:01:20,206 --> 00:01:22,333 Comprei para tres. En fin, catro. 17 00:01:22,416 --> 00:01:25,336 - Vas ter xemelgos? - Non, ho. Dígoo por Sofia. 18 00:01:28,381 --> 00:01:30,007 - Bonjour, Emily. - Bonjour. 19 00:01:30,091 --> 00:01:31,676 Quedaban pains aux raisins? 20 00:01:31,759 --> 00:01:34,095 E que? Como vos vai aí ós tres? 21 00:01:34,178 --> 00:01:36,347 Parece que montastes un campamento. 22 00:01:37,348 --> 00:01:39,684 - Onde dormes? - Na cama de Gabriel. 23 00:01:41,644 --> 00:01:43,187 Xenial, é moi cómoda. 24 00:01:43,271 --> 00:01:44,647 El durme no sofá. 25 00:01:45,898 --> 00:01:47,024 Así ten sentido. 26 00:01:47,108 --> 00:01:49,277 Debes pensar que estamos tolos, non? 27 00:01:49,360 --> 00:01:51,112 Que? Para nada. 28 00:01:52,071 --> 00:01:56,159 Para nada. En fin, vou prepararme e marcho ó choio. 29 00:01:56,742 --> 00:01:57,702 Vémonos. 30 00:01:58,286 --> 00:01:59,370 Deica! 31 00:01:59,453 --> 00:02:01,122 - Deica! - Deica! 32 00:02:02,790 --> 00:02:04,458 Min, seguen as dúas aí. 33 00:02:04,542 --> 00:02:07,170 Ese piso debe ser unha lata de sardiñas. 34 00:02:07,253 --> 00:02:09,797 Sei que sempre me dis que non me meta, 35 00:02:09,881 --> 00:02:13,384 pero non entendo como Gabriel lle deixa á súa exmoza, 36 00:02:13,467 --> 00:02:17,555 ou á súa exprometida e á súa moza, que volven estar xuntas, quedar con el. 37 00:02:17,638 --> 00:02:19,682 Parece que montou un harén. 38 00:02:19,765 --> 00:02:23,144 É unha francesada ou que? Aquí é legal a poligamia? 39 00:02:24,061 --> 00:02:26,522 E eu fun correr e sabes que vin? 40 00:02:27,315 --> 00:02:30,568 Tíos. Tiarróns. Por todas as partes. 41 00:02:30,651 --> 00:02:32,904 París está ateigado deles. 42 00:02:33,529 --> 00:02:38,826 Estaba tan centrada en Gabriel e Alfie que esquecera o que era estar libre. 43 00:02:39,827 --> 00:02:42,997 - Agora que non estou con ningún… - Non estás con Alfie? 44 00:02:45,041 --> 00:02:46,417 E o bico de Roland-Garros? 45 00:02:49,337 --> 00:02:50,463 Que fas ti aquí? 46 00:02:50,963 --> 00:02:53,257 Ocupáronme a ducha. Perdoa, asusteite? 47 00:02:53,341 --> 00:02:55,051 - Home! - Dásme unha toalla? 48 00:02:55,134 --> 00:02:57,386 Oíchelo todo e non me cortaches? 49 00:02:57,470 --> 00:03:00,473 E perder o conto desa carreira túa tan estimulante? 50 00:03:00,556 --> 00:03:01,599 Nin de broma. 51 00:03:02,516 --> 00:03:06,896 E sei que non estamos moi cómodos, pero é só ata que atopen outro sitio. 52 00:03:19,909 --> 00:03:23,204 Maison Lavaux, Baccarat. Heartbreak. 53 00:03:23,287 --> 00:03:25,831 Entusiásmanos lanzar Heartbreak, 54 00:03:25,915 --> 00:03:29,168 a fantástica colaboración de Maison Lavaux con Baccarat. 55 00:03:29,252 --> 00:03:31,128 Baccarat creou unha obra de arte. 56 00:03:31,212 --> 00:03:32,171 Foi un pracer. 57 00:03:32,255 --> 00:03:35,549 - Ai, non, esta rompeu. - Son todas así. É o deseño. 58 00:03:37,134 --> 00:03:37,969 Enxeñoso. 59 00:03:38,052 --> 00:03:40,346 Desculpade, equivoqueime de tren. 60 00:03:40,429 --> 00:03:41,847 Bonjour, Alfie. 61 00:03:41,931 --> 00:03:45,476 É hora de falar da festa de lanzamento en Maison Baccarat. 62 00:03:45,559 --> 00:03:47,478 - Grazas por albergala. - Claro. 63 00:03:47,561 --> 00:03:50,564 Nin os mellores coleccionistas rexeitan unha festa. 64 00:03:50,648 --> 00:03:52,733 Para seguir o alcance en redes 65 00:03:52,817 --> 00:03:55,069 tamén invitamos selectos influencers 66 00:03:55,152 --> 00:03:58,030 para que publiquen co cancelo #FestaHeartbreak. 67 00:03:58,698 --> 00:04:01,575 Antoine, pareceríache ben saír nas fotos? 68 00:04:01,659 --> 00:04:04,078 Nunca me oporei a posar con mulleres guapas. 69 00:04:04,161 --> 00:04:06,622 E homes. A fragrancia é unisex. 70 00:04:07,248 --> 00:04:10,084 Que te inspirou a crear unha fragrancia unisex? 71 00:04:10,167 --> 00:04:11,377 O meu divorcio. 72 00:04:12,586 --> 00:04:15,089 Deime conta de que o desamor é universal. 73 00:04:15,172 --> 00:04:16,465 Todo o mundo o sofre. 74 00:04:18,217 --> 00:04:20,886 E todos están a confirmar a súa asistencia. 75 00:04:20,970 --> 00:04:22,847 Encántalles o da mascarada. 76 00:04:22,930 --> 00:04:25,725 Ademais, Baccarat colocará un coche de cabalos 77 00:04:25,808 --> 00:04:28,269 en fronte do edificio para sacar fotos. 78 00:04:28,352 --> 00:04:29,895 Por que facemos isto? 79 00:04:29,979 --> 00:04:31,355 Perdón? 80 00:04:31,439 --> 00:04:32,732 Hai algún problema? 81 00:04:32,815 --> 00:04:35,151 Que relación garda o evento coa marca? 82 00:04:37,194 --> 00:04:40,114 Que ten que ver unha mascarada co desamor? 83 00:04:41,741 --> 00:04:46,787 Porque ás veces non queres que todos saiban como te sentes. 84 00:04:47,413 --> 00:04:50,791 E cun anteface, podes ocultalo. 85 00:04:51,751 --> 00:04:54,211 Se queres, podes finxir ser outra persoa. 86 00:04:54,879 --> 00:04:57,965 Alguén sen o corazón partido. 87 00:05:03,679 --> 00:05:05,389 O amor é unha mascarada. 88 00:05:07,141 --> 00:05:08,351 PRAZA DE VALOIS 89 00:05:10,978 --> 00:05:12,188 Alfie, que sorpresa! 90 00:05:13,647 --> 00:05:14,732 Bonjour, Camille. 91 00:05:14,815 --> 00:05:16,525 Non te vía dende… 92 00:05:16,609 --> 00:05:19,320 Xa. Quixen pasar algo desapercibido. 93 00:05:20,363 --> 00:05:21,947 Sinto moito o que dixen. 94 00:05:22,031 --> 00:05:25,493 Síntome fatal por facer que Emily e mais ti romperades. 95 00:05:25,576 --> 00:05:26,619 Non é culpa túa. 96 00:05:28,287 --> 00:05:31,248 Contaches a verdade. Eu sabíao e eles tamén. 97 00:05:31,332 --> 00:05:32,166 Eles? 98 00:05:32,666 --> 00:05:33,709 Emily e Gabriel. 99 00:05:34,293 --> 00:05:37,588 Mira, eu deixeino porque a pesar do que din, 100 00:05:37,671 --> 00:05:40,841 aínda están namorados e eu non quero interpoñerme. 101 00:05:42,051 --> 00:05:44,804 Porén, agora serían libres de estar xuntos 102 00:05:45,554 --> 00:05:47,264 e non están xuntos. 103 00:05:48,224 --> 00:05:49,642 Que sacas ti de aí? 104 00:05:53,396 --> 00:05:54,563 Un pracer, Alfie. 105 00:05:55,064 --> 00:05:55,898 Igualmente. 106 00:06:03,239 --> 00:06:05,741 O Kir Royal, o cóctel favorito de miña nai. 107 00:06:05,825 --> 00:06:08,744 Vaille facer graza ver os mozos bebelo en lata. 108 00:06:08,828 --> 00:06:10,663 Cres que o van beber os mozos? 109 00:06:11,247 --> 00:06:13,124 Coa publicidade axeitada, si. 110 00:06:13,207 --> 00:06:15,459 E se facemos unha versión sen alcohol? 111 00:06:15,543 --> 00:06:18,421 O sector está en auxe polo movemento sober curious. 112 00:06:18,504 --> 00:06:19,713 Sober que? 113 00:06:19,797 --> 00:06:21,090 Sober curious. 114 00:06:21,173 --> 00:06:25,469 Sobre todo Gen Z e millenials que enfocan o alcohol dende o benestar. 115 00:06:25,553 --> 00:06:28,597 Non son abstemios, só exploran a vida sen alcohol. 116 00:06:28,681 --> 00:06:30,975 Entón beben, pero non falan do tema? 117 00:06:31,058 --> 00:06:34,311 O contrario. Non beben e non calan a boca sobre o tema. 118 00:06:34,395 --> 00:06:36,439 Paréceme que precisan unha copa. 119 00:06:36,522 --> 00:06:40,025 Será popular nos EUA, pero é a antítese da cultura francesa. 120 00:06:40,109 --> 00:06:42,570 Maman botábame brandy no biberón. 121 00:06:43,320 --> 00:06:44,613 Agora entendo. 122 00:06:44,697 --> 00:06:47,867 En Francia prohibiron o Dry January por orde de Macron. 123 00:06:47,950 --> 00:06:49,076 Así que… 124 00:06:49,160 --> 00:06:50,161 Búscao en Google. 125 00:06:50,244 --> 00:06:53,497 Grazas, Emily, pero non creo que meus pais o vexan. 126 00:06:53,581 --> 00:06:56,584 As bebidas sen alcohol non son só para abstemios. 127 00:06:56,667 --> 00:06:59,211 Tamén valen para embarazadas. 128 00:07:03,424 --> 00:07:04,925 Vaia. Désolée. 129 00:07:06,051 --> 00:07:07,136 Nada, tranquila. 130 00:07:07,219 --> 00:07:10,055 Como? Félicitations, Camille. 131 00:07:10,139 --> 00:07:12,725 Xa o sabiamos. Contóunolo Emily. 132 00:07:12,808 --> 00:07:16,061 Moi ben. Creo que rematamos. 133 00:07:17,438 --> 00:07:18,481 Listo. 134 00:07:27,573 --> 00:07:30,493 NOËLLE REGNIER: SIGO INTERESADA EN LOUIS DE LEON. 135 00:07:30,576 --> 00:07:32,286 CHÉGAME CUNHAS FRASES. 136 00:07:32,369 --> 00:07:33,787 SYLVIE: SÍNTOO. 137 00:07:33,871 --> 00:07:37,917 NOËLLE REGNIER: PODERÍA CAMBIAR AS COUSAS. 138 00:07:48,302 --> 00:07:49,803 Non, eau gazeuse non, 139 00:07:49,887 --> 00:07:53,807 pero tedes bebidas sen alcohol que saiban a alcohol? 140 00:07:55,017 --> 00:07:58,145 Estudo de mercado. Hai lugar para Chamère sen alcohol. 141 00:07:59,355 --> 00:08:00,773 Preguntarei na barra. 142 00:08:01,273 --> 00:08:02,107 Moi ben. 143 00:08:03,025 --> 00:08:05,277 Dous viños sen alcohol. Grazas. 144 00:08:05,361 --> 00:08:09,782 É cousa miña ou tódolos homes de París están máis bos de súpeto? 145 00:08:10,699 --> 00:08:11,951 Sempre estiveron bos, 146 00:08:12,034 --> 00:08:14,912 pero estabas perdida nos ollos verdes de Gabriel. 147 00:08:14,995 --> 00:08:16,330 A ver, son azuis. 148 00:08:16,413 --> 00:08:17,581 Dásme a razón. 149 00:08:17,665 --> 00:08:20,084 E esta mañá vinlle máis cós ollos. 150 00:08:20,167 --> 00:08:24,004 - Estaba na ducha e non me avisaches. - Que? Fíxenche un favor. 151 00:08:24,088 --> 00:08:27,466 Tiñas que unirte e mollarte con el. 152 00:08:27,550 --> 00:08:28,592 Por favor. 153 00:08:28,676 --> 00:08:31,679 Nalgún momento puido pasar algo, pero vai ser papá. 154 00:08:31,762 --> 00:08:36,517 E Alfie púxoseme parvo no traballo. Paso olimpicamente dos dous. 155 00:08:37,810 --> 00:08:39,103 Abstinencia de nabos? 156 00:08:40,104 --> 00:08:41,855 Se lle queres chamar así… 157 00:08:41,939 --> 00:08:42,982 Moito coidadiño. 158 00:08:43,065 --> 00:08:46,443 Intenteino unha vez e foiche un diluvio de pirolas. 159 00:08:46,527 --> 00:08:48,195 Era coma nadar en… 160 00:08:48,279 --> 00:08:50,698 Viño. Xusto a tempo. 161 00:08:51,448 --> 00:08:52,575 Pídeno moito? 162 00:08:52,658 --> 00:08:56,078 É a primeira botella que abrimos. Moito non o piden. 163 00:08:57,371 --> 00:08:58,956 Esas embarazadas pedírono. 164 00:08:59,039 --> 00:09:00,416 É viño normal. 165 00:09:02,876 --> 00:09:03,711 Saúde. 166 00:09:09,842 --> 00:09:10,926 Embriagador. 167 00:09:12,261 --> 00:09:15,931 - Ten corpo. Sábeme a kombucha. - Ou a zume de mazá podre. 168 00:09:16,724 --> 00:09:19,018 En fin, mira esta mensaxe de meu pai. 169 00:09:21,520 --> 00:09:24,398 - "Estou orgulloso de ti." - É bonito, non si? 170 00:09:24,481 --> 00:09:27,401 Para nada. Só é porque saio con Nicolas. 171 00:09:27,484 --> 00:09:30,946 Encantaríalle que casase coa familia real da moda. 172 00:09:31,030 --> 00:09:32,948 Seguro que non o di por iso. 173 00:09:33,866 --> 00:09:35,534 PAPÁ: ESTOU ORGULLOSO DE TI. 174 00:09:35,618 --> 00:09:37,119 Si, dicíao xusto por iso. 175 00:09:37,202 --> 00:09:40,456 Son consciente de que meu pai podía ser moito peor. 176 00:09:40,539 --> 00:09:42,207 - Coma o de Nicolas? - Xusto. 177 00:09:42,291 --> 00:09:45,711 Así a todo, odio que me siga afectando tanto. 178 00:09:46,587 --> 00:09:49,965 Perdón, posnos un viño de verdade, s'il vous plaît? 179 00:09:50,466 --> 00:09:52,676 - Vale. - E chopos de tequila. Dobres. 180 00:09:52,760 --> 00:09:53,802 Dous. Marchando. 181 00:09:55,679 --> 00:09:59,433 Deste lado irán as hamacas e aí ó fondo as casetas. 182 00:10:00,142 --> 00:10:01,685 É moito investimento. 183 00:10:02,436 --> 00:10:04,813 - Non investimos nós. - Por iso me preocupa. 184 00:10:04,897 --> 00:10:08,067 Sempre fuches independente. Agora queres ter xefe? 185 00:10:08,150 --> 00:10:09,276 Xefe? 186 00:10:09,902 --> 00:10:11,070 De quen falas? 187 00:10:11,570 --> 00:10:13,030 JVMA, Louis de Leon… 188 00:10:13,113 --> 00:10:16,075 Louis de Leon é o meu socio, non o meu xefe. 189 00:10:17,326 --> 00:10:20,913 Que che pasa, Sylvie? Non queres que abra un club en París? 190 00:10:21,705 --> 00:10:23,123 Vouche facer sombra? 191 00:10:24,083 --> 00:10:26,669 Laurent, non me gusta ese home. 192 00:10:26,752 --> 00:10:28,337 Non me fío del. 193 00:10:28,420 --> 00:10:31,090 Pois fíate de min. Cre en min. 194 00:10:31,173 --> 00:10:32,341 Non se trata de ti! 195 00:10:32,424 --> 00:10:33,592 Claro que non. 196 00:10:34,551 --> 00:10:38,222 Creo que todo o que fai, o club, traballarmos xuntos, 197 00:10:39,139 --> 00:10:41,558 - é para mercar o meu silencio. - O teu silencio? 198 00:10:42,768 --> 00:10:44,687 Non ten nada que ver contigo. 199 00:10:44,770 --> 00:10:46,105 O xornal Le Monde 200 00:10:46,855 --> 00:10:51,694 quere que lles fale do seu comportamento coas empregadas. 201 00:10:51,777 --> 00:10:54,571 E creme, non é agradable. Sei do que falo. 202 00:10:56,281 --> 00:10:58,409 Creo que sen min non teñen artigo. 203 00:11:11,922 --> 00:11:12,756 Luc! 204 00:11:16,635 --> 00:11:17,970 Vives nun barco? 205 00:11:18,053 --> 00:11:19,430 Vivo. 206 00:11:21,432 --> 00:11:23,809 - Como non. - Adoito atracar alá. 207 00:11:24,685 --> 00:11:25,686 Vémonos! 208 00:11:26,603 --> 00:11:28,772 - Salut. - Veña. Salut. 209 00:11:29,732 --> 00:11:30,858 Por certo! 210 00:11:30,941 --> 00:11:33,444 Non che agradecín o do restaurante. 211 00:11:33,527 --> 00:11:34,778 Non. 212 00:11:34,862 --> 00:11:38,031 Trouxeches a túa amiga, a inspectora de Michelin. 213 00:11:38,115 --> 00:11:41,201 Non, pero ela só inspecciona pneumáticos Michelin. 214 00:11:41,285 --> 00:11:43,162 Só é inspectora de calidade. 215 00:11:43,245 --> 00:11:44,955 Pois perdoa, eu pensaba que… 216 00:11:46,999 --> 00:11:49,585 Déixote cos teus… suxeitadores. 217 00:11:55,674 --> 00:11:56,508 Merda. 218 00:11:57,342 --> 00:11:59,470 Es do que non hai, Luc! 219 00:11:59,553 --> 00:12:02,389 Só estás comigo pola estrela do teu amigo. 220 00:12:02,473 --> 00:12:03,599 Usáchesme. 221 00:12:03,682 --> 00:12:07,603 Que? Non, para nada. E non é un amigo, é un cliente. 222 00:12:07,686 --> 00:12:10,189 Peor mo pos. Tráfico de información culinaria. 223 00:12:10,272 --> 00:12:12,566 Pero dixeches que merecía a estrela. 224 00:12:12,649 --> 00:12:14,943 Dixen, pero non podemos ter favoritismos. 225 00:12:15,027 --> 00:12:18,447 Se Michelin descobre que xa non son anónima 226 00:12:18,530 --> 00:12:21,074 e que non seguín as normas do sistema, 227 00:12:21,158 --> 00:12:26,079 o teu cliente nunca recibirá a estrela e non lle irá nin cristo ó restaurante. 228 00:12:26,663 --> 00:12:27,790 Marianne, agarda! 229 00:12:27,873 --> 00:12:30,083 Perdoa. Marianne, non marches. 230 00:12:30,834 --> 00:12:32,461 Non me queres aquí. 231 00:12:32,544 --> 00:12:36,757 - Encántame terte no barco. - Non teño nin cepillo de dentes aquí. 232 00:12:37,341 --> 00:12:41,220 Marianne, e o desta noite? Virás igual á festa de Heartbreak? 233 00:12:41,303 --> 00:12:42,471 - Non. - Non? 234 00:12:42,554 --> 00:12:45,098 O meu anonimato é de suma importancia. 235 00:12:45,182 --> 00:12:47,851 Non poden volver vernos xuntos, Luc. 236 00:12:58,111 --> 00:12:59,947 Perdo a todo o mundo. 237 00:13:00,572 --> 00:13:02,199 Primeiro ti, agora Marianne. 238 00:13:02,699 --> 00:13:03,951 - Eu? - Si. 239 00:13:04,034 --> 00:13:07,204 Aquí estou, non? Pero teño que volver ó traballo. 240 00:13:07,287 --> 00:13:08,205 Que tal JVMA? 241 00:13:08,288 --> 00:13:09,706 Quel bordel. 242 00:13:09,790 --> 00:13:11,792 Bordel… Un lupanar? 243 00:13:11,875 --> 00:13:13,377 Tamén significa desastre. 244 00:13:13,460 --> 00:13:16,171 - Si, coma min. - Que? Non es un desastre, Luc. 245 00:13:16,255 --> 00:13:19,925 Perdoa por meterte na leria da estrela Michelin de Gabriel. 246 00:13:20,008 --> 00:13:23,178 E Marianne dixo algo do tema? Segue adiante ou…? 247 00:13:23,262 --> 00:13:25,681 Podes deixar de pensar no teu chef? 248 00:13:25,764 --> 00:13:27,307 Certo, non é o momento. 249 00:13:28,433 --> 00:13:29,476 Estás enfadado? 250 00:13:30,185 --> 00:13:32,563 Síntome mal pola túa marcha. 251 00:13:32,646 --> 00:13:33,564 Deberías. 252 00:13:33,647 --> 00:13:35,566 Pero non foi só por ti. 253 00:13:35,649 --> 00:13:36,733 Non me valoraban 254 00:13:36,817 --> 00:13:39,403 e o teu americanismo fíxomo ver ben clariño. 255 00:13:39,486 --> 00:13:41,405 Así que merci. 256 00:13:41,488 --> 00:13:42,322 De nada. 257 00:13:43,574 --> 00:13:45,701 E Sylvie? Preguntou por min? 258 00:13:45,784 --> 00:13:48,453 Quero desculparme, pero ignórame as chamadas. 259 00:13:48,537 --> 00:13:51,748 Esta noite irá á festa. Podes vir e falar con ela. 260 00:13:51,832 --> 00:13:55,460 E como é de antefaces, nin te verá chegar. 261 00:13:55,544 --> 00:13:56,503 E entón… 262 00:13:58,422 --> 00:13:59,423 Café. 263 00:14:00,215 --> 00:14:02,050 Todo me lembra a Marianne. 264 00:14:05,888 --> 00:14:06,930 E por riba ris? 265 00:14:24,406 --> 00:14:26,074 Esperas o teu príncipe azul? 266 00:14:26,158 --> 00:14:29,661 Oui. Chámase Jacques e ten cinco estrelas. 267 00:14:29,745 --> 00:14:30,579 Un partidazo. 268 00:14:31,330 --> 00:14:32,623 A onde vas? 269 00:14:32,706 --> 00:14:35,959 Ó lanzamento do novo perfume de Antoine: Heartbreak. 270 00:14:36,043 --> 00:14:36,919 Era esta noite? 271 00:14:37,002 --> 00:14:39,796 Invitoume, pero non podo deixar o restaurante. 272 00:14:39,880 --> 00:14:42,424 Esa estrela esixe manter as aparencias. 273 00:14:44,718 --> 00:14:46,178 Por que unha mascarada? 274 00:14:46,678 --> 00:14:47,971 Alfie dixo o mesmo. 275 00:14:49,389 --> 00:14:51,683 Os antefaces permítenche agocharte. 276 00:14:51,767 --> 00:14:54,895 Podes pasalo ben e bailar 277 00:14:54,978 --> 00:14:59,650 e finxir que es unha persoa sen complicacións. 278 00:15:00,317 --> 00:15:01,652 Vesme complicado? 279 00:15:02,694 --> 00:15:05,155 Creo que tes moitas responsabilidades. 280 00:15:05,238 --> 00:15:07,407 Non deberían interpoñerse entre nós. 281 00:15:08,158 --> 00:15:08,992 Entre nós? 282 00:15:09,701 --> 00:15:11,703 Sigo a sentir o mesmo por ti. 283 00:15:13,330 --> 00:15:14,289 E ti? 284 00:15:18,335 --> 00:15:23,590 Creo que o único xeito de que o noso funcionase… 285 00:15:25,092 --> 00:15:26,927 sería sermos persoas distintas. 286 00:15:59,209 --> 00:16:00,961 Agardas o momento perfecto? 287 00:16:01,044 --> 00:16:01,920 Excusez-moi? 288 00:16:03,505 --> 00:16:04,548 Tanto se me ve? 289 00:16:04,631 --> 00:16:06,466 Vai saír xenial, vale? 290 00:16:06,550 --> 00:16:09,011 Aínda que Sylvie te adore, nunca o di. 291 00:16:09,094 --> 00:16:11,096 Ou iso quero pensar. 292 00:16:12,014 --> 00:16:12,931 Bonne chance. 293 00:16:17,227 --> 00:16:18,103 Champaña? 294 00:16:22,357 --> 00:16:23,400 Somos xemelgas! 295 00:16:23,900 --> 00:16:25,944 As grandes mentes visten igual. 296 00:16:26,028 --> 00:16:28,697 A Glámara foi unha idea xenial, por certo. 297 00:16:28,780 --> 00:16:30,032 Si? A ver. 298 00:16:30,115 --> 00:16:31,616 Tres, dous, un, pose! 299 00:16:35,871 --> 00:16:37,164 Incroyable. 300 00:16:37,247 --> 00:16:38,290 Véxote logo. 301 00:16:38,373 --> 00:16:39,207 Moi ben. 302 00:16:42,461 --> 00:16:46,298 - Estiveches incrible, Antoine. - Tanto Heartbreak séntame mal. 303 00:16:46,381 --> 00:16:47,257 De que falas? 304 00:16:47,340 --> 00:16:49,426 Bótanmo á cara en cada foto. 305 00:16:50,510 --> 00:16:51,636 Vou tomar o aire. 306 00:16:51,720 --> 00:16:53,138 Bule, só cinco minutos! 307 00:16:53,221 --> 00:16:55,432 As influencers teñen que influenciar! 308 00:16:57,350 --> 00:16:58,602 Ola, Cooper. 309 00:16:58,685 --> 00:16:59,519 Ola. 310 00:17:00,020 --> 00:17:04,649 Quedou todo magnífico. Pídoche perdón polas queixas. 311 00:17:05,484 --> 00:17:07,819 Non captaches a miña sofisticación. 312 00:17:08,320 --> 00:17:10,655 Xusto, moito nivel para min. 313 00:17:11,823 --> 00:17:13,450 Nunca te vira en smóking. 314 00:17:14,159 --> 00:17:15,827 Pois cando me vexas bailar… 315 00:17:29,674 --> 00:17:31,468 Dáseche de perlas! 316 00:17:31,551 --> 00:17:35,514 Miña nai era fan dos programas de baile. Ós 12 anos xa ía con ela a clases. 317 00:17:35,597 --> 00:17:37,390 Que cuquiño. 318 00:17:38,058 --> 00:17:41,812 Creo que a fragrancia vai ser un éxito. Sabes que significa iso? 319 00:17:41,895 --> 00:17:46,942 - Estás obrigada a traballar comigo. - E ti estás obrigado a seguir en París. 320 00:17:47,692 --> 00:17:48,527 Seica si. 321 00:17:49,111 --> 00:17:52,030 Non está tan mal, pero boto en falla vivilo contigo. 322 00:17:53,657 --> 00:17:55,492 Disque non estás con Gabs. 323 00:17:56,535 --> 00:17:58,245 Supoñía que estarías con el. 324 00:17:58,328 --> 00:17:59,329 Non estamos, non. 325 00:17:59,412 --> 00:18:01,540 Perdoa por actuar así no tenis. 326 00:18:02,457 --> 00:18:04,960 Cría que me interpoñía entre vós. 327 00:18:05,043 --> 00:18:06,461 Enténdoo. Estabas doído. 328 00:18:08,213 --> 00:18:10,257 Tiña o corazón partido, Cooper. 329 00:18:11,758 --> 00:18:14,886 - Estou na festa axeitada. Unha dobre? - Dobre? 330 00:18:17,305 --> 00:18:18,265 Mi ma! 331 00:18:18,932 --> 00:18:21,810 Ei! Vistes a Antoine por aquí? 332 00:18:23,436 --> 00:18:26,857 Pois vai buscalo. As influencers están a impacientarse. 333 00:18:26,940 --> 00:18:28,859 Xa vou. Agora mesmiño. 334 00:18:33,071 --> 00:18:34,197 Bonsoir. 335 00:18:35,157 --> 00:18:36,867 Marchaches do restaurante? 336 00:18:36,950 --> 00:18:38,243 O restaurante? 337 00:18:38,326 --> 00:18:40,996 Que restaurante? Debe confundirme con outro. 338 00:18:41,621 --> 00:18:43,540 Alguén máis complicado ca min. 339 00:18:44,124 --> 00:18:45,834 Vaia, e logo quen es ti? 340 00:18:47,294 --> 00:18:49,379 Son… David… 341 00:18:50,755 --> 00:18:51,590 Guetta. 342 00:18:52,174 --> 00:18:53,091 O picadiscos? 343 00:18:53,175 --> 00:18:55,051 Outro David, pero dinmo moito. 344 00:18:55,594 --> 00:18:57,053 E vostede quen é? 345 00:18:58,346 --> 00:19:01,516 Anna O'Leary. Son profe de mates en primaria. 346 00:19:02,893 --> 00:19:04,644 Encantado, señorita O'Leary. 347 00:19:05,562 --> 00:19:07,731 É irlandesa? 348 00:19:09,399 --> 00:19:10,984 Son, claro. 349 00:19:11,067 --> 00:19:13,445 Non me fagas imitar o acento, por favor. 350 00:19:16,323 --> 00:19:20,202 Debes perdoarme, David, pero teño que atopar a Antoine. 351 00:19:20,285 --> 00:19:22,495 Espero volver vela, señorita O'Leary. 352 00:19:29,127 --> 00:19:32,047 Marianne! Non poden vernos xuntos. 353 00:19:32,589 --> 00:19:34,549 Co anteface si, 354 00:19:34,633 --> 00:19:36,676 pero métesme nun apuro. 355 00:19:36,760 --> 00:19:39,888 Non podo revelarlle a miña identidade ó chef Gabriel. 356 00:19:39,971 --> 00:19:41,765 Vai contra as normas Michelin. 357 00:19:41,848 --> 00:19:44,517 E non podo notificárllelo. Despediríanme. 358 00:19:44,601 --> 00:19:48,939 Só correría un risco así por alguén que me tome moi en serio. 359 00:19:49,022 --> 00:19:53,693 - Eu. Eu tómote en serio, Marianne. - Nin sequera vivimos xuntos. 360 00:19:54,277 --> 00:19:56,112 Daquela múdate ó barco comigo. 361 00:19:56,863 --> 00:19:58,823 - De verdade? - De verdade. 362 00:20:02,619 --> 00:20:04,287 Volvo agora. 363 00:20:04,371 --> 00:20:05,205 E iso? 364 00:20:06,665 --> 00:20:07,499 Chef! 365 00:20:09,000 --> 00:20:11,878 Estiven moitas veces no teu restaurante e é bo. 366 00:20:11,962 --> 00:20:17,342 Porén, para conseguir unha estrela, precisas un reposteiro de nivel. 367 00:20:17,926 --> 00:20:19,552 E eu non che dixen nada. 368 00:20:21,554 --> 00:20:23,765 Grazas, sexas quen sexas. 369 00:20:30,188 --> 00:20:31,940 - Ola! Chego tarde. - Ola. 370 00:20:32,023 --> 00:20:35,110 Custoume meterme soa neste vestido. Perdín algo? 371 00:20:35,777 --> 00:20:38,613 Cos antefaces, os sentimentos saen á luz. 372 00:20:39,781 --> 00:20:42,033 De quen falas? De Gabriel ou de Alfie? 373 00:20:42,117 --> 00:20:43,034 Dos dous. 374 00:20:43,118 --> 00:20:47,539 Pensei que podía esquecelos, pero cada un é importante ó seu xeito. 375 00:20:47,622 --> 00:20:48,748 E tócache elixir. 376 00:20:52,544 --> 00:20:54,796 Alguén se quentou de máis cos Bridgerton. 377 00:20:54,879 --> 00:20:55,880 Estamos de broma? 378 00:20:55,964 --> 00:20:57,382 É mellor volver dentro. 379 00:20:57,465 --> 00:20:59,467 Nicolas está de camiño, vou agora. 380 00:21:00,051 --> 00:21:04,222 E Em, sobre a túa elección, non lle deas tantas voltas. 381 00:21:16,860 --> 00:21:20,113 NOËLLE REGNIER: GRAZAS POR FALAR. AQUÍ VAI A PREVIA. 382 00:21:21,823 --> 00:21:24,868 LOUIS DE LEON: ACOSO ENTRE COSTURAS 383 00:21:29,914 --> 00:21:33,126 AS EMPREGADAS DE JVMA EVITAN O GARDARROUPA DA MARCA. 384 00:21:33,209 --> 00:21:37,339 SYLVIE GRATEAU DESVELA ASCENSOS EN TROCO DE FAVORES SEXUAIS. 385 00:21:41,968 --> 00:21:42,802 Mindy. 386 00:21:44,596 --> 00:21:45,430 Bonsoir. 387 00:21:46,389 --> 00:21:49,726 Quería agradecerche o que lle dixeches a Emily. 388 00:21:49,809 --> 00:21:54,022 Dígolle moitas cousas. Falas do sombreiro que levou á oficina? 389 00:21:54,105 --> 00:21:55,982 Perdón por intentar impedirllo. 390 00:21:56,066 --> 00:21:59,986 Non. Falo do gardarroupa. En JVMA. 391 00:22:01,571 --> 00:22:03,031 Contoucho? 392 00:22:03,114 --> 00:22:04,282 Contou. E fixo ben. 393 00:22:05,033 --> 00:22:09,037 Os homes como Louis de Leon deben pagar polas súas accións. 394 00:22:09,579 --> 00:22:10,413 Claro. 395 00:22:10,497 --> 00:22:14,000 NICOLAS: NON PODO IR. VÉS TI Á MIÑA CASA? É IMPORTANTE. 396 00:22:16,169 --> 00:22:17,545 Perdoa, debo marchar. 397 00:22:22,967 --> 00:22:25,970 Tranquilo, é auga. Abonda de Heartbreak na cara. 398 00:22:26,054 --> 00:22:26,888 Merci, Emily. 399 00:22:27,514 --> 00:22:29,724 Un segundiño… Xa está, perfecto. 400 00:22:30,892 --> 00:22:31,726 Allons-y. 401 00:22:33,311 --> 00:22:35,522 Grazas por arranxalo todo. 402 00:22:35,605 --> 00:22:38,024 Agora podemos relaxarnos e pasalo ben. 403 00:22:38,108 --> 00:22:40,026 Viñeches con alguén? 404 00:22:41,194 --> 00:22:42,153 Pois… 405 00:22:46,449 --> 00:22:47,909 Vin, si. 406 00:22:48,785 --> 00:22:50,787 Así me gusta. Pásao ben. 407 00:23:23,903 --> 00:23:24,737 Queres bailar? 408 00:23:27,157 --> 00:23:28,950 Xa non somos Anna e David? 409 00:23:32,871 --> 00:23:34,289 Podemos ser nós mesmos. 410 00:23:50,722 --> 00:23:53,725 Ás veces gustaríame que non houbese ninguén máis. 411 00:23:53,808 --> 00:23:54,726 Só nós os dous. 412 00:23:57,103 --> 00:23:58,480 E non pode ser? 413 00:24:50,949 --> 00:24:54,285 Non quero estar contigo por obrigación, quérote e punto. 414 00:24:55,286 --> 00:24:58,748 Nunca debín deixarte, cometín un erro descomunal. 415 00:25:03,586 --> 00:25:05,588 Pois aquí non cometiches erro ningún. 416 00:25:05,672 --> 00:25:06,839 Un momento, non es… 417 00:25:08,383 --> 00:25:09,968 Confundíchesme con Emily. 418 00:25:15,223 --> 00:25:18,351 Xa dicía eu que as mascaradas son unha parvada. 419 00:25:19,394 --> 00:25:20,311 Boa noite. 420 00:25:28,945 --> 00:25:32,073 - Julien? Que fas aquí? - Levas un vestido divino. 421 00:25:32,865 --> 00:25:33,950 Permítesme? 422 00:25:34,033 --> 00:25:34,993 Adiante. 423 00:25:39,706 --> 00:25:43,042 Síntoo moito, Sylvie. Odio que esteamos así. 424 00:25:43,126 --> 00:25:46,713 - Sabes o agradecido que che estou… - Julien, déixao. 425 00:25:46,796 --> 00:25:48,590 Non pasa nada, sen rancores. 426 00:25:48,673 --> 00:25:50,049 - En serio? - En serio. 427 00:25:50,550 --> 00:25:53,011 Es da familia. Sempre tes a porta aberta. 428 00:25:53,886 --> 00:25:54,721 Grazas. 429 00:25:55,221 --> 00:25:56,598 Pero debo dicirche… 430 00:26:00,393 --> 00:26:03,021 …que non é o mellor momento para ires a JVMA. 431 00:26:03,104 --> 00:26:05,273 Mira moi ben con quen bailas. 432 00:26:13,781 --> 00:26:15,825 SYLVIE: MEU BEN, PERDÓAME. 433 00:26:17,076 --> 00:26:18,453 Acabo de ver o artigo. 434 00:26:21,039 --> 00:26:22,248 Fixeches o correcto. 435 00:26:24,500 --> 00:26:25,585 Xa veremos. 436 00:26:27,503 --> 00:26:28,796 Con permiso, Antoine. 437 00:26:57,992 --> 00:27:00,870 SYLVIE: MEU BEN, PERDÓAME. 438 00:27:00,953 --> 00:27:04,123 LOUIS DE LEON: ACOSO ENTRE COSTURAS 439 00:27:14,342 --> 00:27:16,761 Podes crer a merda que contan de meu pai? 440 00:27:16,844 --> 00:27:18,763 Semella irrefutable. 441 00:27:19,847 --> 00:27:21,182 Estás ben? 442 00:27:21,265 --> 00:27:23,976 Levan anos intentado acabar coa familia. 443 00:27:24,894 --> 00:27:25,853 Só son embustes. 444 00:27:25,937 --> 00:27:29,482 Sei que é difícil de aceptar, pero creo que é verdade. 445 00:27:30,274 --> 00:27:32,318 - Eu tamén oín cousas. - Ti? 446 00:27:33,152 --> 00:27:36,489 Síntocho, pero creo que el non é como ti pensas. 447 00:27:40,993 --> 00:27:42,495 Queres o teu pai. 448 00:27:43,746 --> 00:27:44,997 Eu tamén quero o meu, 449 00:27:45,081 --> 00:27:48,668 pero partiume o corazón máis veces das que podo lembrar. 450 00:27:51,754 --> 00:27:53,423 É espantoso, 451 00:27:55,383 --> 00:27:57,635 pero ás veces os pais decepciónannos. 452 00:28:00,888 --> 00:28:03,641 Isto vainos facer moito mal, Mindy. 453 00:28:03,725 --> 00:28:04,851 Seino. 454 00:28:04,934 --> 00:28:06,602 Voute necesitar ó meu lado. 455 00:28:07,186 --> 00:28:08,479 E aí estarei. 456 00:28:10,273 --> 00:28:12,150 Sempre que elixas o lado correcto. 457 00:28:26,789 --> 00:28:27,832 Que foi? 458 00:28:29,917 --> 00:28:32,003 Esta noite, a carruaxe… 459 00:28:33,838 --> 00:28:37,508 Semella unha fantasía. Demasiado bo para ser certo. 460 00:28:38,843 --> 00:28:40,178 E non pode ser? 461 00:28:41,053 --> 00:28:45,266 Mañá xa non seremos Anna e David. Volvemos á realidade. 462 00:28:49,061 --> 00:28:49,937 Por que non… 463 00:28:51,939 --> 00:28:53,941 esquecemos a realidade esta noite? 464 00:28:57,111 --> 00:28:58,488 Vivamos na fantasía. 465 00:29:00,573 --> 00:29:01,741 Encantaríame. 466 00:30:09,934 --> 00:30:14,939 Subtítulos: Abraham Díaz López