1 00:00:20,980 --> 00:00:24,942 GABRIEL: DISTRÁESME 2 00:00:27,653 --> 00:00:34,368 EMILY: POIS BULE E REMATA XA 3 00:00:34,952 --> 00:00:40,124 GABRIEL: TES QUE IR A ALGURES? 4 00:00:47,507 --> 00:00:50,218 Á CAMA CONTIGO 5 00:01:01,854 --> 00:01:02,814 Parade! 6 00:01:02,897 --> 00:01:05,525 Perdón. Non lle quites os pantalóns aínda! 7 00:01:05,608 --> 00:01:07,110 Mi ma, Mindy. Ola. 8 00:01:07,193 --> 00:01:09,987 Non ías esta noite á casa de Nicolas? 9 00:01:10,071 --> 00:01:10,905 Xa, en fin… 10 00:01:12,198 --> 00:01:13,282 Estás ben? 11 00:01:13,366 --> 00:01:14,826 Estou, si. 12 00:01:14,909 --> 00:01:16,661 Vou chorar ó relanzo. 13 00:01:16,744 --> 00:01:18,121 Para, que pasou? 14 00:01:19,038 --> 00:01:21,457 Nico e eu discutimos coma nunca e… 15 00:01:22,917 --> 00:01:26,671 Déixovos falar, vale? Síntoo moito, Mindy. 16 00:01:28,131 --> 00:01:29,173 Grazas. 17 00:01:36,889 --> 00:01:38,057 E logo que pasou? 18 00:01:39,976 --> 00:01:42,895 Despois do artigo sobre o baboso do pai, 19 00:01:42,979 --> 00:01:45,231 a familia busca acalmar as augas. 20 00:01:45,314 --> 00:01:47,358 Quería que fose a un acto benéfico 21 00:01:47,441 --> 00:01:51,237 para saír nunhas fotos con eles e díxenlle se estaba tolo. 22 00:01:51,320 --> 00:01:55,533 Eu non quería ser cómplice e preguntoume se lle parecía que el o era. 23 00:01:55,616 --> 00:01:58,661 Díxenlle que unha foto co pai moito non axudaba. 24 00:01:58,744 --> 00:02:00,204 Xa. En fin… 25 00:02:01,205 --> 00:02:02,665 Tes toda a razón. 26 00:02:02,748 --> 00:02:04,876 A que si? Grazas. 27 00:02:07,170 --> 00:02:09,589 Perdoa por estragarche o foguete. 28 00:02:09,672 --> 00:02:12,508 E Camille e Sofia seguen a vivir con el? 29 00:02:13,092 --> 00:02:13,926 Seguen, si. 30 00:02:14,927 --> 00:02:16,304 E paréceche ben? 31 00:02:17,305 --> 00:02:22,602 Parece, a ver, o piso está algo ateigado, pero é temporal. 32 00:02:25,021 --> 00:02:27,940 Bisexuais, drama cunha nai solteira… 33 00:02:28,524 --> 00:02:30,693 Séntache ben ir de francesa, Em. 34 00:02:32,028 --> 00:02:33,029 De marabilla. 35 00:02:56,260 --> 00:02:58,221 - Bonjour. - Vivides tres aquí? 36 00:02:59,347 --> 00:03:01,098 O contrato non o permite. 37 00:03:01,182 --> 00:03:02,850 Non sei de que fala. 38 00:03:02,934 --> 00:03:04,685 Síntoo, debeu trabucarse. 39 00:03:06,395 --> 00:03:08,689 A esta véxoa moito ir e vir. 40 00:03:08,773 --> 00:03:09,690 Bonjour. 41 00:03:10,274 --> 00:03:14,820 Non, só é unha amiga! É de Grecia e está de visita. 42 00:03:14,904 --> 00:03:16,822 Unha moi boa amiga, si? 43 00:03:18,574 --> 00:03:20,493 Quere un pouco de quiche? 44 00:03:20,576 --> 00:03:22,453 Fíxoa Gabriel. Unha delicia. 45 00:03:23,454 --> 00:03:25,373 Deséxolle un moi bo día. 46 00:03:25,456 --> 00:03:26,374 Adeus. 47 00:03:32,922 --> 00:03:34,048 Nada, só iso. 48 00:03:34,131 --> 00:03:35,007 Deica. 49 00:03:40,263 --> 00:03:41,764 Xa está. Acabouse. 50 00:03:41,847 --> 00:03:44,183 JVMA retirou o investimento no club. 51 00:03:46,310 --> 00:03:49,772 Agora toca avisar a todos de que cancelamos a apertura. 52 00:03:51,232 --> 00:03:52,233 Síntoo, meu ben. 53 00:03:52,316 --> 00:03:53,234 Non o sintas. 54 00:03:55,111 --> 00:03:57,238 A cousa xa non comezou ben. 55 00:03:58,572 --> 00:04:00,616 Por que non me contaches o de Louis? 56 00:04:01,117 --> 00:04:03,369 Quería que o club saíse adiante. 57 00:04:03,452 --> 00:04:05,329 Non, antes. 58 00:04:05,413 --> 00:04:06,455 Son o teu marido. 59 00:04:08,332 --> 00:04:09,875 Pódesme contar o que sexa. 60 00:04:11,043 --> 00:04:14,839 Laurent, non son unha vítima. Traballei moito para chegar aquí. 61 00:04:15,464 --> 00:04:18,009 Quería a miña historia, non ser parte da súa. 62 00:04:19,427 --> 00:04:20,344 Enténdoo. 63 00:04:22,263 --> 00:04:24,765 Estou orgulloso de ti por pararlle os pés. 64 00:04:30,896 --> 00:04:33,941 Ademais, levo moito tempo lonxe de St. Tropez. 65 00:04:47,163 --> 00:04:48,748 Velaí vén a miña heroína! 66 00:04:48,831 --> 00:04:51,000 Nunca a calarán! 67 00:04:52,001 --> 00:04:55,338 Xa, pero o investimento de JVMA dependía do meu silencio, 68 00:04:55,421 --> 00:04:57,715 así que abur a Laurent G à Paris. 69 00:04:57,798 --> 00:04:58,632 Que? 70 00:04:59,467 --> 00:05:02,303 Abrimos esta finde. A xente ten voos reservados. 71 00:05:02,386 --> 00:05:05,181 Temos máis de 500 confirmacións. 72 00:05:05,264 --> 00:05:08,559 Dilles que non. Sen local, non hai festa. 73 00:05:08,642 --> 00:05:10,686 Non podemos rendernos tan fácil. 74 00:05:10,770 --> 00:05:12,730 Haberá outro local por aí que… 75 00:05:12,813 --> 00:05:14,231 Esquéceo, Emily. 76 00:05:27,620 --> 00:05:28,537 Ola, mamá. 77 00:05:29,246 --> 00:05:31,624 Podemos xantar xuntas hoxe? 78 00:05:52,395 --> 00:05:57,066 Malas novas. Canceláronse varias reunións desta semana. 79 00:05:57,149 --> 00:05:58,067 En serio? 80 00:05:58,651 --> 00:06:00,444 Agence Grateau é moi polémica. 81 00:06:00,528 --> 00:06:04,865 Os clientes non queren que saia a súa axencia na prensa. Queren saír eles. 82 00:06:04,949 --> 00:06:07,952 Non pasa nada, hoxe temos un cliente. 83 00:06:09,328 --> 00:06:10,746 Non han ser franceses. 84 00:06:15,167 --> 00:06:19,088 Como sabedes, Augustinus Bader, a lendaria liña de coidado da pel, 85 00:06:19,171 --> 00:06:23,717 é un segredo a voces entre famosas como Victoria Beckham ou Margot Robbie. 86 00:06:24,301 --> 00:06:27,054 Agora queremos revolucionar o mundo da beleza 87 00:06:27,138 --> 00:06:31,934 cun novo xampú especificamente formulado para mulleres de certa idade. 88 00:06:32,017 --> 00:06:35,104 Marabilloso. Como podemos axudarlle? 89 00:06:35,187 --> 00:06:38,858 Buscamos unha axencia que nos dea un xiro novo e… 90 00:06:38,941 --> 00:06:40,151 Pelo vello. 91 00:06:40,234 --> 00:06:42,278 Non, vello non. Maduro? 92 00:06:43,320 --> 00:06:45,739 Mentres vía o informe tiven unha idea. 93 00:06:46,824 --> 00:06:50,369 Cyndi Lauper. Amosa as túas cores. 94 00:06:50,453 --> 00:06:53,205 - Moi boa. - A quen non lle gusta "True Colors"? 95 00:06:53,289 --> 00:06:54,665 Voute parar aí. 96 00:06:54,748 --> 00:06:58,377 Encántame Cyndi, pero buscamos algo máis profundo 97 00:06:58,461 --> 00:07:00,296 que conecte coas nosas clientas. 98 00:07:00,379 --> 00:07:03,841 Son sofisticadas, de éxito, seguras de si mesmas. 99 00:07:03,924 --> 00:07:04,758 E ricas. 100 00:07:06,635 --> 00:07:11,807 Perfecto, déanos un par de días e presentarémoslle varias ideas. 101 00:07:12,850 --> 00:07:13,934 Espero impaciente. 102 00:07:19,440 --> 00:07:23,486 - Bonjour, madame. Axúdolle en algo? - Para empezar, fálame en francés. 103 00:07:24,028 --> 00:07:25,696 Veño ver a miña filla. 104 00:07:27,615 --> 00:07:29,658 Bonjour, Heloïse! Que tal está? 105 00:07:30,826 --> 00:07:33,204 Sabes quen é? A nai de Sylvie. 106 00:07:33,287 --> 00:07:34,580 La Reine de la Nuit. 107 00:07:35,789 --> 00:07:37,625 A Raíña da Noite? 108 00:07:37,708 --> 00:07:38,709 Exacto. 109 00:07:38,792 --> 00:07:42,296 Tiña unha das discotecas máis famosas de todo París. 110 00:07:42,838 --> 00:07:43,839 Mamá. 111 00:07:46,342 --> 00:07:47,593 Que fas aquí? 112 00:07:47,676 --> 00:07:49,261 Non quedamos no café? 113 00:07:49,345 --> 00:07:52,014 Chegas tarde e non ía agardar por ti na rúa. 114 00:07:53,224 --> 00:07:54,934 - Veña. - Allez. 115 00:07:55,017 --> 00:07:56,018 Oui. 116 00:08:00,439 --> 00:08:01,941 Esa é a nai de Sylvie? 117 00:08:02,024 --> 00:08:04,151 Nos 70 era quen cortaba o bacallau. 118 00:08:04,235 --> 00:08:05,819 Os rumores din que estivo 119 00:08:05,903 --> 00:08:08,447 con Mick Jagger e Rod Stewart ó mesmo tempo. 120 00:08:09,615 --> 00:08:12,243 Ó mesmo tempo ou ó mesmo tempo? 121 00:08:13,077 --> 00:08:13,953 Iso. 122 00:08:18,290 --> 00:08:19,124 Vaia. 123 00:08:25,756 --> 00:08:26,966 Sabías que pasaría. 124 00:08:28,551 --> 00:08:30,594 Non debiches falar coa xornalista. 125 00:08:31,095 --> 00:08:32,972 Debiches falar comigo. 126 00:08:33,055 --> 00:08:36,600 Xa, ías ser un apoio de moito coidado ti. 127 00:08:36,684 --> 00:08:39,103 Que lle queres? Para ti nunca teño razón. 128 00:08:39,728 --> 00:08:43,440 Mamá, non quero falar de ti nin de min, senón de Laurent. 129 00:08:44,275 --> 00:08:45,526 Agora que foi? 130 00:08:46,360 --> 00:08:49,113 Quero salvar a inauguración do seu club 131 00:08:49,196 --> 00:08:52,449 e ti tes un espazo que leva aí 20 anos baleiro. 132 00:08:53,200 --> 00:08:55,786 Teño que salvar outra vez o teu marido? 133 00:08:55,869 --> 00:08:57,413 Nunca salvaches a Laurent. 134 00:08:57,913 --> 00:08:59,206 Deille diñeiro… 135 00:09:00,416 --> 00:09:01,875 para o de St. Tropez. 136 00:09:01,959 --> 00:09:04,503 E foi o mellor investimento da túa vida. 137 00:09:05,921 --> 00:09:09,842 Se non abre o club, non terá motivo para quedar en París. 138 00:09:11,927 --> 00:09:14,054 Mamá, queres axudarnos ou non? 139 00:09:14,763 --> 00:09:15,889 Abofé, cariño. 140 00:09:15,973 --> 00:09:18,809 Que nai sería se non lle axudase á miña filla. 141 00:09:19,810 --> 00:09:20,728 Grazas, mamá. 142 00:09:22,521 --> 00:09:23,397 Claro que… 143 00:09:25,316 --> 00:09:26,817 teño algunhas condicións. 144 00:09:36,827 --> 00:09:38,037 Benvidos. 145 00:09:38,537 --> 00:09:43,792 Preparádevos para presenciar a Gregory Dupree para Pierre Cadault. 146 00:09:43,876 --> 00:09:47,296 Nunca vistes unha alta costura así. 147 00:09:47,379 --> 00:09:48,213 Xenial. 148 00:09:50,090 --> 00:09:51,550 Máis lle vale que sexa bo. 149 00:10:31,465 --> 00:10:32,841 Que é iso? 150 00:10:34,051 --> 00:10:35,052 Iso… 151 00:10:35,886 --> 00:10:37,346 sonche carallos, Nick. 152 00:10:38,097 --> 00:10:41,433 Gregory reimaxina a indumentaria formal 153 00:10:41,517 --> 00:10:44,561 mediante unha visión do que agochan debaixo? 154 00:10:44,645 --> 00:10:45,688 Estás tolo? 155 00:10:46,355 --> 00:10:49,858 Tes idea do escrutinio ó que está sometido meu pai? 156 00:10:49,942 --> 00:10:51,527 Inspireime nel. 157 00:10:51,610 --> 00:10:54,029 Os homes non saben gardar a pirola. 158 00:10:54,113 --> 00:10:56,031 Para que finxir o contrario? 159 00:10:56,115 --> 00:10:59,076 Non imos sacar pantalóns con carallos colgando. 160 00:10:59,993 --> 00:11:02,788 - Aínda non viches a liña feminina. - Nin a verei. 161 00:11:03,747 --> 00:11:04,623 Cancélao. 162 00:11:05,624 --> 00:11:06,458 Todo! 163 00:11:13,716 --> 00:11:14,925 Dupree… 164 00:11:17,302 --> 00:11:20,973 Julien, cando volvas á oficina, meu pai quere falar contigo. 165 00:11:21,056 --> 00:11:23,350 Os "carallalóns" non foron idea miña. 166 00:11:23,434 --> 00:11:24,518 - Xúrocho. - Non. 167 00:11:24,601 --> 00:11:26,228 É pola túa anterior xefa. 168 00:11:40,576 --> 00:11:41,410 Emily. 169 00:11:41,493 --> 00:11:45,038 Mi ma! Alucino con túa nai. Pasei o xantar buscándoa en Google. 170 00:11:45,122 --> 00:11:47,207 ABBA case se separou pola súa culpa? 171 00:11:47,708 --> 00:11:49,918 - A dancing queen era ela? - Abonda. 172 00:11:50,002 --> 00:11:52,588 Libra a axenda e borra o historial de buscas. 173 00:11:52,671 --> 00:11:55,549 - Precísote. Volvemos con Laurent G. - Xenial. 174 00:11:55,632 --> 00:11:57,760 O tema é que xa quedei esta noite… 175 00:11:58,469 --> 00:12:00,429 pero terei que ir máis tarde. 176 00:12:00,512 --> 00:12:01,680 - Xusto. - Xusto. 177 00:12:10,147 --> 00:12:11,648 Et voilà. 178 00:12:12,357 --> 00:12:13,358 Que che parece? 179 00:12:14,151 --> 00:12:18,071 Paréceme un local que estaba de moda nos 70. 180 00:12:18,155 --> 00:12:19,782 O local non importa. 181 00:12:19,865 --> 00:12:21,074 Importa a xente. 182 00:12:21,575 --> 00:12:24,578 Será o rexurdir dos gloriosos días da música disco. 183 00:12:30,959 --> 00:12:32,628 Moi elegante, 184 00:12:34,129 --> 00:12:36,173 pero Laurent G é un club de praia. 185 00:12:37,341 --> 00:12:40,260 Xa, pero este tamén pode selo. 186 00:12:40,344 --> 00:12:43,680 Lembras o desfile de Chanel da colección primavera/verán 187 00:12:43,764 --> 00:12:44,848 de hai uns anos? 188 00:12:44,932 --> 00:12:48,477 Transformaron o Grand Palais na beira do mar de Chanel. 189 00:12:49,561 --> 00:12:50,854 Si, fora incrible. 190 00:12:51,814 --> 00:12:54,650 Temos area e casetas no sitio de antes. 191 00:12:54,733 --> 00:12:59,655 Proxectamos o océano nesta parede e unha pasarela lévanos á barra. 192 00:12:59,738 --> 00:13:03,158 E unha máquina de ondas será o toque final da ilusión. 193 00:13:03,242 --> 00:13:06,286 Será igualiño ó que tiñamos fóra, pero aquí. 194 00:13:07,538 --> 00:13:09,289 Podemos meter auga no local? 195 00:13:09,373 --> 00:13:10,749 E logo! 196 00:13:10,833 --> 00:13:15,212 Pouco máis e afóganos aquí Carla Bruni nunha festa da escuma nos 80. 197 00:13:25,305 --> 00:13:26,181 - Ola. - Ola. 198 00:13:26,890 --> 00:13:29,685 - Chego tarde, perdón. - Nada. Senta connosco. 199 00:13:31,854 --> 00:13:33,480 - Ola, rapazas. - Ola. 200 00:13:33,564 --> 00:13:35,482 Non sabía que viñades. 201 00:13:35,566 --> 00:13:36,859 Convidounos Gabriel. 202 00:13:38,485 --> 00:13:39,319 Imos alá. 203 00:13:40,279 --> 00:13:41,864 Necesito opinións. 204 00:13:41,947 --> 00:13:44,241 Con este reposteiro, a estrela é nosa. 205 00:13:45,367 --> 00:13:46,869 Haberá que probar. 206 00:13:47,744 --> 00:13:48,996 Xeado de trufa negra 207 00:13:49,079 --> 00:13:51,582 e galleta de chocolate con pemento de Espelette. 208 00:13:52,875 --> 00:13:53,876 Vaia. 209 00:14:01,341 --> 00:14:02,217 Si? 210 00:14:05,679 --> 00:14:07,764 E agora un clásico francés: 211 00:14:07,848 --> 00:14:10,392 Mont Blanc recheo de mousse de chocolate. 212 00:14:13,228 --> 00:14:14,062 Ó ataque. 213 00:14:19,026 --> 00:14:19,860 Incrible. 214 00:14:21,904 --> 00:14:22,738 Que tal? 215 00:14:24,364 --> 00:14:27,284 Camille, que dis? O Mont Blanc é o teu favorito. 216 00:14:27,367 --> 00:14:28,452 Non está mal. 217 00:14:29,369 --> 00:14:31,997 Témolos probado mellores. Lembras o de Megève? 218 00:14:32,080 --> 00:14:35,459 Lembro que a teu pai non lle tremía a man co viño quente 219 00:14:35,542 --> 00:14:36,877 e pillamos unha boa. 220 00:14:36,960 --> 00:14:39,046 - E ti seguíaslle o ritmo! - Certo. 221 00:14:42,799 --> 00:14:44,676 Non entendemos. Impórtavos? 222 00:14:45,344 --> 00:14:47,346 Perdoade, é que lembramos algo. 223 00:14:48,722 --> 00:14:51,099 O que? Así rimos todas. 224 00:14:53,018 --> 00:14:56,146 O pasado, pasado está. Vivamos o presente. En inglés. 225 00:14:57,731 --> 00:15:01,193 Non vos parece xenial? Encántame poder quedarmos os catro. 226 00:15:02,152 --> 00:15:03,862 Un auténtico ménage à quatre. 227 00:15:04,446 --> 00:15:06,531 Pasamos directamente do trois. 228 00:15:09,117 --> 00:15:11,453 Axúdasme con outra sobremesa na cociña? 229 00:15:12,329 --> 00:15:13,288 Claro. 230 00:15:13,372 --> 00:15:14,414 - Perdoade. - Vou. 231 00:15:21,964 --> 00:15:26,343 Perdoa, non te avisei de que viñan. Sei que ultimamente nunca estamos sós. 232 00:15:27,928 --> 00:15:29,388 Xa, xa o sei. 233 00:15:30,263 --> 00:15:32,224 Enténdoo. Que lle vas facer, non? 234 00:15:32,766 --> 00:15:34,643 Mindy no meu piso e elas no teu. 235 00:15:35,143 --> 00:15:38,313 Oxalá termos sitio para un ménage à deux. 236 00:15:38,397 --> 00:15:41,024 Xa, tárdame moito pasar outra noite contigo. 237 00:15:41,525 --> 00:15:43,402 Podemos alugar un cuarto. 238 00:15:43,986 --> 00:15:45,946 Tranquila. Teño un plan. 239 00:15:46,947 --> 00:15:48,699 Véxote no teu piso nunha hora. 240 00:15:59,584 --> 00:16:01,503 Perdoa, quedou durmida. 241 00:16:02,921 --> 00:16:05,382 Mindy. Perdón, xa collo agora a maleta. 242 00:16:05,465 --> 00:16:07,050 Hoxe non che fai falla. 243 00:16:12,639 --> 00:16:14,599 Pasádeo ben, parelliña. 244 00:16:18,854 --> 00:16:19,938 Non baixamos. 245 00:16:21,982 --> 00:16:22,816 Subimos. 246 00:16:39,041 --> 00:16:40,751 Preparáchelo todo ti só? 247 00:16:42,210 --> 00:16:43,211 Impresionante! 248 00:16:46,048 --> 00:16:47,966 Es todo un romántico. 249 00:16:50,135 --> 00:16:51,928 Só quero estar contigo. 250 00:16:52,012 --> 00:16:53,805 Onde sexa, en todas as partes. 251 00:16:54,681 --> 00:16:57,017 Prométoche que a situación é temporal. 252 00:16:57,934 --> 00:17:00,145 Se te vas poñer así de creativo, 253 00:17:00,228 --> 00:17:03,356 creo que poderei aturalo unha miguiña máis. 254 00:17:04,900 --> 00:17:07,069 Non tes nin idea do creativo que son. 255 00:17:21,958 --> 00:17:23,335 Non pode ser! 256 00:17:24,127 --> 00:17:25,879 Novo fito sexual cumprido. 257 00:17:25,962 --> 00:17:29,174 Emily Jane Cooper, ti non es de foder polos tellados, 258 00:17:29,257 --> 00:17:32,761 ti es de foder na cama, coas luces apagadas e unha toalla. 259 00:17:32,844 --> 00:17:37,599 Pode que non che sexa tan cuadriculada. Talvez teña máis caras, sabes? 260 00:17:38,183 --> 00:17:40,977 Cantas caras? Queres que o falemos na ducha? 261 00:17:41,061 --> 00:17:42,521 Desmóntoche o farol? 262 00:17:42,604 --> 00:17:46,066 Quen é esta e que fixo con Emily? 263 00:17:46,650 --> 00:17:51,029 Alguén que vive a pregunta en lugar de buscar sempre a resposta. 264 00:17:51,113 --> 00:17:53,323 Líchelo nun cartel da azotea ou que? 265 00:17:54,950 --> 00:17:57,702 Non todo ten que ser sempre branco ou negro. 266 00:17:57,786 --> 00:18:01,873 Paréceme que levas unhas lentes coas que o ves todo cor de rosa. 267 00:18:04,960 --> 00:18:06,211 Ou gris. 268 00:18:10,132 --> 00:18:12,134 Preséntovos a nosa clienta ideal. 269 00:18:12,634 --> 00:18:15,929 Leva toda a vida co pelo tinguido do mesmo castaño. 270 00:18:16,555 --> 00:18:22,018 Porén, co brillo de Augustinus Bader pode decidir ser ela mesma. 271 00:18:23,353 --> 00:18:24,396 ÚNETE Á ZONA GRIS 272 00:18:24,479 --> 00:18:27,983 Esta campaña non vai de idade, vai de actitude. 273 00:18:28,692 --> 00:18:32,696 A xente é sexy pola súa apertura a novas experiencias, 274 00:18:32,779 --> 00:18:35,031 a novos tipos de relacións. 275 00:18:35,115 --> 00:18:38,910 O noso discurso vai de unirse á zona gris. 276 00:18:38,994 --> 00:18:40,829 O da zona gris é interesante. 277 00:18:41,580 --> 00:18:43,665 Como imos amosalo? 278 00:18:44,249 --> 00:18:47,460 Iso, Emily. Como vai ser o anuncio? 279 00:18:48,170 --> 00:18:50,463 Imaxine a nosa clienta ideal cun home. 280 00:18:51,339 --> 00:18:55,051 Pensará que é o seu marido, pero non. 281 00:18:55,135 --> 00:18:56,094 E quen é? 282 00:18:56,178 --> 00:18:59,139 El non importa. Importa ela. 283 00:18:59,222 --> 00:19:02,601 Está farta de tinguir o pelo. Quere amosar as súas cores. 284 00:19:03,101 --> 00:19:06,688 Leva o home misterioso á azotea do seu piso, 285 00:19:06,771 --> 00:19:10,233 o que non é para nada típico dela, debo engadir, 286 00:19:10,317 --> 00:19:13,612 e, xa sabedes, faille o amor xusto alí. 287 00:19:13,695 --> 00:19:15,113 E por que na azotea? 288 00:19:16,281 --> 00:19:19,534 Talvez haxa xente no seu piso. 289 00:19:19,618 --> 00:19:21,703 Ou talvez está nunha triella. 290 00:19:22,412 --> 00:19:24,789 Ou un cuarteto poliamoroso, quen sabe? 291 00:19:24,873 --> 00:19:28,460 Pero só querían un intre para estaren a soas. 292 00:19:29,336 --> 00:19:31,963 Gústame esta muller cana. 293 00:19:33,924 --> 00:19:35,592 Luc. Continúa, Emily. 294 00:19:36,176 --> 00:19:38,470 Con todo isto só quero dicir 295 00:19:38,553 --> 00:19:41,973 que con Augustinus Bader deixar canas non é renderse. 296 00:19:42,766 --> 00:19:44,226 É brillar con luz propia. 297 00:19:44,726 --> 00:19:48,021 É maior, máis atrevida, 298 00:19:48,104 --> 00:19:51,483 vive nesa zona entre a intimidade e o exhibicionismo. 299 00:19:52,901 --> 00:19:55,528 Vive na zona gris. 300 00:19:56,112 --> 00:19:59,616 Creo que cravaches a nosa clienta. 301 00:19:59,699 --> 00:20:03,453 Creo que todos quererán cravarlla ás súas clientas 302 00:20:03,536 --> 00:20:04,996 tras ver esta campaña. 303 00:20:10,168 --> 00:20:11,753 Moi bo traballo, 304 00:20:11,836 --> 00:20:13,421 pero sorpréndesme. 305 00:20:13,505 --> 00:20:14,547 E logo? 306 00:20:14,631 --> 00:20:17,634 Os estadounidenses non podedes coa ambigüidade. 307 00:20:18,718 --> 00:20:22,722 Aquela rapaciña inxenua de Chicago nunca faría esta presentación. 308 00:20:24,307 --> 00:20:26,142 Vouno tomar coma un cumprido. 309 00:20:27,143 --> 00:20:29,938 Levo toda a vida vivindo na zona gris. 310 00:20:30,021 --> 00:20:33,775 Sinceramente, non te vía facendo o mesmo. 311 00:20:35,860 --> 00:20:36,736 Inténtoo. 312 00:20:38,405 --> 00:20:39,948 De verdade que o intento. 313 00:20:40,448 --> 00:20:45,412 Sabedes canta area están botando no soto do club? 314 00:20:45,495 --> 00:20:48,331 Teñen catro camións bloqueando a rúa Rivoli. 315 00:20:48,415 --> 00:20:52,168 Este club vai ser un éxito rotundo ou a fin do meu matrimonio. 316 00:20:52,252 --> 00:20:53,169 Ou ambas. 317 00:20:55,922 --> 00:20:58,091 Ou un areeiro xigante. 318 00:21:11,354 --> 00:21:12,439 Véxoo agora. 319 00:21:15,734 --> 00:21:16,568 Perdoe. 320 00:21:23,658 --> 00:21:24,576 Julien. 321 00:21:25,869 --> 00:21:27,412 Isto é impresionante. 322 00:21:28,204 --> 00:21:29,122 Grazas. 323 00:21:29,706 --> 00:21:31,541 Emily díxome que estarías aquí. 324 00:21:32,751 --> 00:21:35,003 Louis de Leon quere tomar represalias. 325 00:21:35,086 --> 00:21:37,672 Seino. Por iso montamos unha praia nun club. 326 00:21:37,756 --> 00:21:39,049 É bastante peor. 327 00:21:39,799 --> 00:21:41,426 Pediume trapos sucios teus. 328 00:21:45,472 --> 00:21:47,057 E que lle dixeches? 329 00:21:49,267 --> 00:21:50,143 "Dimito." 330 00:21:53,772 --> 00:21:56,024 - Daquela tes tempo. - Fago algo? 331 00:22:00,695 --> 00:22:02,405 Que tal se che dá padexar? 332 00:22:03,365 --> 00:22:06,868 Temos unha noite para darlle a París unha festa inesquecible. 333 00:22:06,951 --> 00:22:08,620 Eu… Si… Eu… 334 00:22:12,665 --> 00:22:16,086 Nicolas, meu ben. Temos que arranxalo. 335 00:22:16,711 --> 00:22:18,963 Ven á inauguración de Laurent. 336 00:22:19,047 --> 00:22:21,299 Mindy, sabes que non poden verme alí. 337 00:22:21,383 --> 00:22:24,636 E non podes actuar nun club ligado a Sylvie. 338 00:22:24,719 --> 00:22:26,763 Así parece que eliximos un bando. 339 00:22:27,472 --> 00:22:29,849 Agora mesmo debemos ser coma Suíza. 340 00:22:29,933 --> 00:22:34,396 Non che pido que elixas un bando, só che pido que me elixas a min. 341 00:22:47,200 --> 00:22:48,034 Ola, rapazas. 342 00:22:48,118 --> 00:22:49,994 - Ola. - Como foi o día? 343 00:22:50,078 --> 00:22:52,497 Longo. Estivemos a buscar piso. 344 00:22:53,331 --> 00:22:54,332 E que tal? 345 00:22:55,625 --> 00:22:58,461 Había algúns bastante aceptables, 346 00:22:58,545 --> 00:23:02,882 pero, lamentablemente, Camille púxolles tachas a todos. 347 00:23:02,966 --> 00:23:05,218 A ti tampouco che gustaron todos. 348 00:23:05,301 --> 00:23:07,846 Gustábame o que tiña o estudio de arte. 349 00:23:07,929 --> 00:23:10,390 Xa, pero está a 45 minutos da cidade. 350 00:23:10,473 --> 00:23:12,976 Non quero vivir en París sen vivir en París. 351 00:23:13,059 --> 00:23:15,854 Tamén hai moi bos pisos en Atenas. 352 00:23:15,937 --> 00:23:16,980 Seguro que si. 353 00:23:17,605 --> 00:23:19,399 Nunca podería deixar París. 354 00:23:19,899 --> 00:23:21,234 A miña vida está aquí. 355 00:23:21,943 --> 00:23:23,027 Vémonos. 356 00:23:27,365 --> 00:23:29,409 En fin, tocará seguir buscando. 357 00:23:53,349 --> 00:23:55,059 É tarde. Que problema hai? 358 00:23:55,143 --> 00:23:57,437 Tres persoas! Nese piso! 359 00:23:58,062 --> 00:24:00,023 - Que dis? - A ver… 360 00:24:01,691 --> 00:24:04,652 No piso de Gabriel hai un ménage à trois. 361 00:24:04,736 --> 00:24:07,739 Hai moita xente. Demasiada. 362 00:24:07,822 --> 00:24:08,823 C'est trop! 363 00:24:10,241 --> 00:24:15,038 Tres persoas! Sabíao! Grazas, xa me encargo eu. 364 00:24:46,236 --> 00:24:47,070 Emily. 365 00:24:47,153 --> 00:24:50,740 París levaba moito tempo sen vivir algo así. 366 00:24:50,823 --> 00:24:51,908 Ben sei o que dis. 367 00:24:51,991 --> 00:24:54,661 Esas mulleres pensan que a praia é topless… 368 00:24:54,744 --> 00:24:57,497 - Non sinales, Emily. - Sinálanme elas a min! 369 00:24:57,580 --> 00:25:00,959 - Oxalá Laurent estea contento. - Túa nai, dende logo. 370 00:25:04,003 --> 00:25:07,423 Pois pinta mal a cousa. Nunca están contentos á vez. 371 00:25:07,507 --> 00:25:10,718 Sylvie! Tes que ver quen acaba de chegar. 372 00:25:20,478 --> 00:25:23,982 Acaba de chegar a festa das pirolas! 373 00:25:30,363 --> 00:25:31,614 Colocádevos ben. 374 00:25:31,698 --> 00:25:32,740 Fotógrafos! 375 00:25:37,287 --> 00:25:38,830 Pero iso que é? 376 00:25:38,913 --> 00:25:41,291 Iso? Gregory Dupree para Pierre Cadault. 377 00:25:44,252 --> 00:25:46,045 JVMA quería retiralo, 378 00:25:46,129 --> 00:25:49,549 pero agora terán as fotos en cada tabloide de París. 379 00:25:52,135 --> 00:25:54,637 Louis vai tolear. 380 00:25:56,014 --> 00:25:56,889 De nada. 381 00:26:12,864 --> 00:26:14,866 Non me partas o corazón. 382 00:26:16,326 --> 00:26:18,911 Non podería nin querendo. 383 00:26:20,455 --> 00:26:23,916 Meu ben, se me poño nerviosa… 384 00:26:24,000 --> 00:26:26,210 Ruliña, ti non es desas. 385 00:26:28,129 --> 00:26:29,964 Que boa parella fan. 386 00:26:31,049 --> 00:26:33,760 Espero que non lle parta o corazón. 387 00:26:34,385 --> 00:26:37,889 Nada, só actúan, en realidade non están xuntos. 388 00:26:38,765 --> 00:26:42,143 Ai, meu ben, cando me petas na porta. 389 00:26:42,226 --> 00:26:44,520 Deiche eu a chave. 390 00:26:46,022 --> 00:26:49,901 É imposible finxir unha química así no escenario. 391 00:26:52,236 --> 00:26:56,032 Dende o comezo, deiche o meu corazón. 392 00:26:56,115 --> 00:27:01,663 Oh, oh, deiche o meu corazón. 393 00:27:01,746 --> 00:27:03,998 Isto si que é o espírito Laurent G. 394 00:27:05,375 --> 00:27:09,671 - Así tes motivo para quedar en París. - Xa tiña outro motivo para quedar. 395 00:27:14,884 --> 00:27:16,844 Alédame vervos tan felices. 396 00:27:16,928 --> 00:27:20,264 E a nós alédanos ver a Raíña da Noite no lugar que lle pertence. 397 00:27:20,348 --> 00:27:21,557 Son inseparables. 398 00:27:21,641 --> 00:27:25,395 A Raíña da Noite retirouse hai 25 anos. 399 00:27:25,478 --> 00:27:28,981 Agora é a quenda de Laurent G à Paris. 400 00:27:29,565 --> 00:27:30,650 Se ti queres. 401 00:27:31,818 --> 00:27:33,486 É vostede moi xenerosa. 402 00:27:35,863 --> 00:27:37,615 Xa falaremos das condicións. 403 00:27:37,699 --> 00:27:39,867 Por agora, resérvame unha caseta. 404 00:27:39,951 --> 00:27:41,327 E parte dos beneficios. 405 00:27:41,411 --> 00:27:42,745 Xa se verá. 406 00:27:44,831 --> 00:27:45,998 - Chin. - Chin. 407 00:27:46,833 --> 00:27:50,545 Dende o comezo, deiche o meu corazón. 408 00:27:50,628 --> 00:27:56,718 Oh, oh, deiche o meu corazón. 409 00:27:58,386 --> 00:28:00,930 Non me partas o corazón. 410 00:28:01,806 --> 00:28:04,267 Non che partirei o corazón. 411 00:28:07,395 --> 00:28:14,277 - Non che partirei o corazón. - Non che partirei o corazón. 412 00:28:21,200 --> 00:28:22,910 - Bo traballo. - Si, ti tamén. 413 00:28:37,467 --> 00:28:38,384 Nico! 414 00:28:40,344 --> 00:28:42,305 Ó final viñeches! 415 00:28:42,388 --> 00:28:45,099 Quería verte actuar, pero seica chego tarde. 416 00:28:45,975 --> 00:28:46,893 Mellor así. 417 00:28:46,976 --> 00:28:51,773 É dicir, non estivemos moi afinados, pero o importante é que viñeches. 418 00:28:51,856 --> 00:28:53,816 Mindy, fíxenche caso. 419 00:28:53,900 --> 00:28:57,278 Díxenlle á xunta que mentres meu pai sexa presidente, 420 00:28:57,361 --> 00:28:58,863 non traballarei en JVMA. 421 00:28:59,447 --> 00:29:01,908 Ai, non. Daquela despedíronte? 422 00:29:01,991 --> 00:29:05,244 Non. Queren que meu pai resigne. 423 00:29:05,328 --> 00:29:07,914 Mi ma! E iso que significa? 424 00:29:07,997 --> 00:29:09,123 Non sei. 425 00:29:11,584 --> 00:29:12,960 Estou moi orgullosa. 426 00:29:21,928 --> 00:29:24,514 Déixate de terrazas, imos á praia! 427 00:29:24,597 --> 00:29:26,349 Que che parece aquela caseta? 428 00:29:26,849 --> 00:29:28,100 Podo serche sincera? 429 00:29:31,103 --> 00:29:33,231 Facelo na terraza foi algo puntual. 430 00:29:33,314 --> 00:29:34,148 Moi ben. 431 00:29:34,816 --> 00:29:37,276 Somos demasiados nesta relación. 432 00:29:37,902 --> 00:29:41,030 Pensei que podía vivir na zona gris, que me iría ben, 433 00:29:41,113 --> 00:29:44,408 ata creei unha campaña baseada no emocionante que é, 434 00:29:44,492 --> 00:29:46,202 pero canto máis o penso… 435 00:29:46,828 --> 00:29:48,621 Non é para min. 436 00:29:50,164 --> 00:29:51,791 Eu preciso límites. 437 00:29:52,458 --> 00:29:54,460 E orde. 438 00:29:54,544 --> 00:29:58,047 E un teito enriba da cama. 439 00:29:59,799 --> 00:30:03,719 En fin, que lle dixen á gardienne que hai tres persoas no teu piso. 440 00:30:04,554 --> 00:30:05,763 Eu tamén. 441 00:30:06,514 --> 00:30:07,515 Que? 442 00:30:08,224 --> 00:30:11,269 Non quero perderte nin a ti nin o meu piso por isto. 443 00:30:15,731 --> 00:30:17,733 Vou por unhas copas á barra. 444 00:30:22,446 --> 00:30:23,531 Emily, ola. 445 00:30:23,614 --> 00:30:24,532 Ola. 446 00:30:25,658 --> 00:30:28,452 Perdoa, chego tarde. A gardienne acurralounos. 447 00:30:28,536 --> 00:30:29,996 Seica alguén lle dixo 448 00:30:30,079 --> 00:30:34,208 que vivimos tres persoas no piso e temos que mudarnos mañá mesmo. 449 00:30:35,626 --> 00:30:36,752 Hai que ser… 450 00:30:36,836 --> 00:30:39,046 Sexa quen sexa, fíxonos un favor. 451 00:30:39,130 --> 00:30:42,758 Díxonos que hai un piso baleiro ó ladiño do de Gabriel. 452 00:30:43,301 --> 00:30:46,762 É de non crer. Tivémolo diante dos fociños todo o tempo. 453 00:30:48,389 --> 00:30:50,433 Voulle dar a boa nova a Gabriel. 454 00:30:55,354 --> 00:30:56,188 Gabriel. 455 00:30:56,272 --> 00:30:57,440 - Camille. - Ça va? 456 00:30:58,482 --> 00:31:00,651 Todo ben. Oíches as novas? 457 00:31:03,863 --> 00:31:06,616 Informáronte? Imos ser veciñas. 458 00:31:07,366 --> 00:31:10,912 Informáronme, si. Vaia coincidencia, eh. 459 00:31:12,788 --> 00:31:14,332 Van ter un fillo xuntos. 460 00:31:15,958 --> 00:31:19,045 De verdade crías que ía pasar del? 461 00:32:09,261 --> 00:32:14,266 Subtítulos: Abraham Díaz López