1 00:00:13,765 --> 00:00:16,601 A humilde mazá é o orgullo da terra do noso chef, 2 00:00:16,684 --> 00:00:20,938 así que lle chamamos Sabor de Normandía. 3 00:00:21,898 --> 00:00:24,067 Co que che gusta a ti catar normandos! 4 00:00:24,150 --> 00:00:27,153 Porén, as aparencias enganan. 5 00:00:31,365 --> 00:00:33,201 Pensei que era de verdade. 6 00:00:33,284 --> 00:00:35,495 - É un trompe-l'oeil. - Excusez-moi? 7 00:00:35,578 --> 00:00:38,247 Significa enganar o ollo en francés. 8 00:00:38,331 --> 00:00:39,665 Unha ilusión óptica. 9 00:00:40,708 --> 00:00:42,001 Apetécevos un viño? 10 00:00:42,085 --> 00:00:43,252 Si, por favor. 11 00:00:44,003 --> 00:00:45,838 Deixádeme abrírvola. 12 00:00:48,466 --> 00:00:49,717 Que? 13 00:00:50,718 --> 00:00:51,928 É chocolate. 14 00:00:53,346 --> 00:00:54,806 Case prefería o viño. 15 00:00:54,889 --> 00:00:57,266 - Señoras, bon appétit. - Merci. 16 00:01:02,730 --> 00:01:05,942 Vólveme tolo. Perdoade o numeriño de maxia. 17 00:01:06,025 --> 00:01:07,777 E logo? Encantounos. 18 00:01:07,860 --> 00:01:10,488 Unha botella de chocolate? Quen vai comer iso? 19 00:01:11,489 --> 00:01:12,573 É demasiado. 20 00:01:12,657 --> 00:01:13,783 Non, estivo xenial. 21 00:01:13,866 --> 00:01:16,494 Deberías mandarlle unha á muller aquela. 22 00:01:17,662 --> 00:01:20,164 Lembras a moza de Luc, a inspectora de Michelin? 23 00:01:20,248 --> 00:01:22,208 Xa é a terceira vez que vén. 24 00:01:22,291 --> 00:01:23,918 - Iso é bo, non? - É. 25 00:01:24,001 --> 00:01:25,837 Non quero ilusionarme. 26 00:01:25,920 --> 00:01:28,923 Talvez co Sabor de Normandía teñas máis posibilidades. 27 00:01:29,715 --> 00:01:30,842 Mal non fará. 28 00:01:31,968 --> 00:01:35,930 Nunca paras, eh. Es coma un carlino acelerado. 29 00:01:36,013 --> 00:01:40,643 Os carlinos sonche algo vagos. Eu son un térrier. Vivimos para traballar. 30 00:01:40,726 --> 00:01:41,686 Abofé. 31 00:01:41,769 --> 00:01:44,897 Es coma a miña amiga Li. Vai vir agora tomar algo. 32 00:01:44,981 --> 00:01:49,402 Agora vive en Londres e está en plan emprendedora. 33 00:01:49,485 --> 00:01:51,070 Quero máis datos. 34 00:01:51,154 --> 00:01:52,488 Valos ter, dígocho eu. 35 00:01:54,198 --> 00:01:55,074 Non abras. 36 00:01:55,158 --> 00:01:57,034 Abecérrasme os suflés. 37 00:02:02,248 --> 00:02:04,167 - Boas! - Bonsoir. 38 00:02:04,792 --> 00:02:06,752 Ola. Encantada de volver verte. 39 00:02:06,836 --> 00:02:07,920 O mesmo digo. 40 00:02:08,004 --> 00:02:09,297 Pedímosche un viño. 41 00:02:09,881 --> 00:02:10,882 Ese non. 42 00:02:10,965 --> 00:02:12,258 - Que é… - Aí che vén. 43 00:02:13,050 --> 00:02:15,136 Non o creo! 44 00:02:15,219 --> 00:02:16,053 Bon appétit. 45 00:02:16,762 --> 00:02:18,931 Perdoade. Veño nun segundiño. 46 00:02:20,141 --> 00:02:20,975 Que tal? 47 00:02:21,684 --> 00:02:23,477 Tremendas sobremesas, non? 48 00:02:23,561 --> 00:02:24,979 Incribles. 49 00:02:25,730 --> 00:02:27,940 Gabriel vai polo bo camiño. 50 00:02:28,024 --> 00:02:29,400 Camiño da estrela? 51 00:02:30,026 --> 00:02:32,361 Iso depende dos deuses de Michelin. 52 00:02:33,571 --> 00:02:36,115 E xa está? Non podo facer nada? 53 00:02:37,074 --> 00:02:40,453 Unha cousiña si que podes facer. 54 00:02:43,789 --> 00:02:45,041 Invito eu. 55 00:02:45,124 --> 00:02:48,461 Ou Agence Grateau, se Sylvie mo conta como gastos. 56 00:02:48,544 --> 00:02:50,421 Boa sorte, vaiche facer falla. 57 00:02:55,927 --> 00:03:01,349 Nunca me saíra tan caro un saúdo. Odio as cousas fóra do meu control. 58 00:03:01,432 --> 00:03:05,478 Seica os teus dentiños de térrier precisan roer algo máis. 59 00:03:05,561 --> 00:03:06,729 - Li? - Verás, 60 00:03:07,230 --> 00:03:10,858 quero lanzar un produto de coidado da pel en París. 61 00:03:11,442 --> 00:03:15,613 Ata agora só vendo a clientes directos, pero apóianme varios inversores 62 00:03:15,696 --> 00:03:19,116 e podo permitirme unha axencia de publicidade francesa, 63 00:03:19,200 --> 00:03:21,118 talvez ata Agence Grateau. 64 00:03:22,828 --> 00:03:24,538 A copa era un trompe-l'oeil. 65 00:03:24,622 --> 00:03:26,332 - Un que? - Nada. 66 00:03:26,415 --> 00:03:29,710 Cando Em aprende algo novo en francés repíteo sen parar. 67 00:03:29,794 --> 00:03:30,878 Culpable. 68 00:03:30,962 --> 00:03:33,089 - Cóntame máis do produto. - Xenial! 69 00:03:39,303 --> 00:03:41,138 Cada vez que abro o forno, 70 00:03:41,222 --> 00:03:45,184 dime a berros que lle vou abecerrar os seus marabillosos suflés moleculares. 71 00:03:47,353 --> 00:03:48,271 Día de mudanza? 72 00:03:48,354 --> 00:03:50,815 Si, polo menos non imos lonxe. 73 00:03:50,898 --> 00:03:52,149 Axúdovos. 74 00:03:53,025 --> 00:03:53,901 Merci. 75 00:03:57,863 --> 00:03:58,990 Ola. 76 00:04:01,409 --> 00:04:04,078 Este vai ser o cuarto do bebé. 77 00:04:05,579 --> 00:04:07,540 Ou o meu estudio de arte. 78 00:04:09,208 --> 00:04:10,876 Os bebés non precisan luz. 79 00:04:10,960 --> 00:04:13,754 O único que fan é durmir. Válelle un armario. 80 00:04:15,256 --> 00:04:17,508 E si, precisamos mobles. 81 00:04:17,591 --> 00:04:20,553 Por iso imos hoxe ó Marché aux Puces de Saint-Ouen. 82 00:04:20,636 --> 00:04:24,557 - Encántame esa feira. É enorme. - Non coma o piso este. 83 00:04:24,640 --> 00:04:27,310 - En fin, marcho traballar. - Moi ben. 84 00:04:28,019 --> 00:04:29,520 - Deica logo. - Deica. 85 00:04:30,646 --> 00:04:32,315 - Boa sorte na feira. - Grazas. 86 00:04:32,398 --> 00:04:34,150 Agarda, acompáñote, 87 00:04:34,233 --> 00:04:36,736 que aínda nos quedan cousas no de Gabriel. 88 00:04:37,570 --> 00:04:40,197 Atopei algo teu mentres desfacía as maletas. 89 00:04:44,910 --> 00:04:47,330 - Toma. - Non, quero que quedes con el. 90 00:04:48,080 --> 00:04:50,166 Era da túa avoa. É da túa familia. 91 00:04:50,249 --> 00:04:52,335 Imos ser unha familia, gárdao. 92 00:04:54,962 --> 00:04:55,796 Merci. 93 00:05:23,824 --> 00:05:24,700 Bonjour. 94 00:05:24,784 --> 00:05:26,160 Velaí o está! 95 00:05:26,243 --> 00:05:27,995 Alédanos moito que volvas. 96 00:05:28,079 --> 00:05:29,330 Eu tamén me aledo. 97 00:05:29,413 --> 00:05:31,832 Pero botarei de menos o despacho propio. 98 00:05:32,333 --> 00:05:33,751 Ou a miña mesa de antes. 99 00:05:36,420 --> 00:05:37,421 Claro. 100 00:05:38,047 --> 00:05:40,257 Foi bonito mentres durou. 101 00:05:41,926 --> 00:05:43,969 Sylvie, hoxe vén un cliente novo. 102 00:05:44,053 --> 00:05:46,347 Xa, recibín a túa invitación no calendario. 103 00:05:47,014 --> 00:05:48,432 Pero non a aceptaches. 104 00:05:48,516 --> 00:05:50,351 Veña logo… 105 00:05:51,477 --> 00:05:52,561 Aceptada. 106 00:05:52,645 --> 00:05:55,815 É un hidratante facial incrible, chámase Kadiance. 107 00:05:55,898 --> 00:05:57,316 Xa, acepteino, non si? 108 00:05:57,983 --> 00:05:59,777 - Luc. - Si? 109 00:05:59,860 --> 00:06:01,946 Falamos no meu despacho? 110 00:06:03,072 --> 00:06:05,116 - Os dous sós? - Oui! 111 00:06:05,199 --> 00:06:06,075 E para que? 112 00:06:10,204 --> 00:06:14,125 Laurent e eu estivemos ocupadísimos coa apertura do club 113 00:06:14,208 --> 00:06:16,377 e non lle celebramos o aniversario. 114 00:06:16,460 --> 00:06:19,588 Quero levalo cear a un sitio especial. 115 00:06:21,006 --> 00:06:23,092 De acordo. Queres recomendacións? 116 00:06:23,175 --> 00:06:27,721 Non, quero unha reserva nun sitio onde sexa imposible reservar. 117 00:06:30,724 --> 00:06:33,018 Preguntábame se a túa amiga Marianne… 118 00:06:34,019 --> 00:06:35,521 podería mover algún fío… 119 00:06:35,604 --> 00:06:37,314 Home, claro! Abofé! 120 00:06:38,482 --> 00:06:40,067 Encantado de axudar. 121 00:06:40,151 --> 00:06:40,985 Grazas. 122 00:06:43,195 --> 00:06:46,323 Pediuche un favor? Bo sinal. 123 00:06:46,949 --> 00:06:49,827 Tedes que levarvos mellor para pedirlle un aumento. 124 00:06:49,910 --> 00:06:51,871 Volveu contratar a Julien. 125 00:06:51,954 --> 00:06:55,374 Non che sei se é o mellor momento para pedir un aumento. 126 00:06:55,458 --> 00:06:56,625 E logo cando? 127 00:06:57,751 --> 00:06:58,961 Chamo a L'Ambroisie. 128 00:06:59,044 --> 00:07:02,256 Esta mesma noite recibirás o teu ben merecido aumento. 129 00:07:03,007 --> 00:07:03,841 Paréceche? 130 00:07:05,384 --> 00:07:07,094 Marianne? 131 00:07:13,976 --> 00:07:19,273 Kadiance suaviza as olleiras ó momento. 132 00:07:19,356 --> 00:07:21,400 Olleiras que non tiña, que conste. 133 00:07:21,484 --> 00:07:24,361 Temos un gran volume de vendas en liña, 134 00:07:24,445 --> 00:07:28,240 mais estanos custando gañar un lugar nas tendas físicas. 135 00:07:28,324 --> 00:07:29,950 Xa, hai moita competencia. 136 00:07:33,287 --> 00:07:34,413 Que pasa? 137 00:07:34,955 --> 00:07:37,374 Nada. É que brillas moito. 138 00:07:38,542 --> 00:07:40,377 Debería brillar tanto? 139 00:07:40,461 --> 00:07:41,337 Claro. 140 00:07:42,296 --> 00:07:45,508 Adeus ó mate. Ola ó húmido. 141 00:07:45,591 --> 00:07:48,969 É unha moda de beleza coreana, chámanlle "pel de cristal". 142 00:07:49,053 --> 00:07:51,180 Séguena tódalas influencers. 143 00:07:51,889 --> 00:07:55,476 Grazas ó ácido hialurónico, péptidos e antioxidantes, 144 00:07:55,559 --> 00:07:58,062 non só protexe e engade volume, 145 00:07:58,145 --> 00:08:02,358 senón que conserva a humidade para darlle ese aspecto totalmente vítreo. 146 00:08:03,067 --> 00:08:04,360 Ha ser o novo La Mer. 147 00:08:04,443 --> 00:08:08,531 Só temos que poñérllelo diante ás clientas de produtos similares 148 00:08:08,614 --> 00:08:09,740 para que o proben. 149 00:08:09,823 --> 00:08:12,368 Teño un contacto en Galeries Lafayette. 150 00:08:12,451 --> 00:08:14,995 Mi madriña! En serio? 151 00:08:15,079 --> 00:08:19,959 Porén, os eventos de proba son caros e non sempre funcionan. 152 00:08:20,751 --> 00:08:22,378 Entendo o risco. 153 00:08:24,296 --> 00:08:25,965 Moi ben, chamareina. 154 00:08:27,007 --> 00:08:28,092 Mi madriña! 155 00:08:28,175 --> 00:08:30,177 A ver, pero brillo moito? 156 00:08:30,261 --> 00:08:31,387 Moitísimo. 157 00:08:32,012 --> 00:08:32,846 Dende logo. 158 00:08:43,065 --> 00:08:44,817 Que? Que che parece? 159 00:08:44,900 --> 00:08:46,694 É infinito. 160 00:08:47,444 --> 00:08:48,696 Por onde comezamos? 161 00:08:50,573 --> 00:08:51,490 Por aquí. 162 00:08:53,200 --> 00:08:54,702 Mi madriña! 163 00:08:57,246 --> 00:08:59,164 Non é algo cedo para xoguetes 164 00:08:59,248 --> 00:09:02,418 cando aínda non temos nin mobles? 165 00:09:03,252 --> 00:09:04,336 Pero é lindísimo. 166 00:09:07,923 --> 00:09:09,675 Veña, sexamos prácticas. 167 00:09:15,264 --> 00:09:17,182 Mira que cabalete! 168 00:09:19,101 --> 00:09:19,935 Tócao. 169 00:09:21,395 --> 00:09:23,564 Carballo francés e ferro. 170 00:09:24,273 --> 00:09:28,027 Non quedaría impresionante na ventá que dá á praza? 171 00:09:28,944 --> 00:09:31,155 Non iamos ser prácticas? 172 00:09:31,238 --> 00:09:32,197 Estouno sendo. 173 00:09:32,990 --> 00:09:33,907 Eu usaríao. 174 00:09:39,413 --> 00:09:40,247 Que? 175 00:09:41,624 --> 00:09:43,709 Dixen que vai ser o cuarto do bebé. 176 00:09:43,792 --> 00:09:44,960 E serao. 177 00:09:45,753 --> 00:09:48,130 Cando naza o bebé. 178 00:09:48,213 --> 00:09:50,466 Falas coma se non quixeses o bebé. 179 00:09:50,549 --> 00:09:51,800 Non, Camille. 180 00:09:51,884 --> 00:09:54,094 Enténdoo. Arrastreite a isto. 181 00:09:54,178 --> 00:09:57,014 Pero ultimamente nótote algo negativa. 182 00:09:57,097 --> 00:09:59,892 Que foi iso de "válelle un armario para durmir"? 183 00:09:59,975 --> 00:10:01,977 - Era unha broma. - Era? Si? 184 00:10:03,646 --> 00:10:04,480 Pois claro. 185 00:10:07,441 --> 00:10:10,694 Deus! Compra o cabaliño ese se tanto significa para ti. 186 00:10:10,778 --> 00:10:11,654 Iso farei. 187 00:10:13,197 --> 00:10:14,031 Moi ben. 188 00:10:30,839 --> 00:10:31,674 En serio? 189 00:10:32,299 --> 00:10:34,093 Como conseguiches reservar? 190 00:10:34,176 --> 00:10:36,011 Gardo algún as na manga. 191 00:10:38,138 --> 00:10:38,972 Bonsoir. 192 00:10:39,056 --> 00:10:41,183 Boa noite. Benvidos a L'Ambroisie. 193 00:10:41,266 --> 00:10:42,476 Nome, por favor? 194 00:10:42,559 --> 00:10:43,977 Grateau. Mesa para dous. 195 00:10:46,563 --> 00:10:48,023 Temos catro persoas. 196 00:10:48,107 --> 00:10:49,858 - Catro? - Así é. 197 00:10:50,401 --> 00:10:52,236 Os demais xa chegaron. 198 00:10:52,319 --> 00:10:53,237 Oui! 199 00:10:53,320 --> 00:10:54,530 Aquí. 200 00:10:56,031 --> 00:10:56,907 Ola. 201 00:10:56,990 --> 00:10:58,033 Mon dieu. 202 00:10:58,117 --> 00:11:00,828 - Mellor buscamos outro sitio. - Para nada. 203 00:11:00,911 --> 00:11:02,830 Xa que estamos, aproveitemos. 204 00:11:04,832 --> 00:11:05,666 Acompáñanme? 205 00:11:13,674 --> 00:11:15,259 Ola, Laurent. 206 00:11:15,801 --> 00:11:17,177 - Ça va? - Ça va bien. 207 00:11:17,261 --> 00:11:18,554 Boa noite. 208 00:11:18,637 --> 00:11:19,471 Sentade. 209 00:11:19,555 --> 00:11:22,141 Que considerado, Luc. 210 00:11:22,224 --> 00:11:26,270 - Que sorpresa tan inesperada. - Non é culpa de Luc. 211 00:11:26,353 --> 00:11:30,649 Lamentablemente, non podo reservar sen asistir persoalmente. 212 00:11:30,733 --> 00:11:31,650 Claro. 213 00:11:31,734 --> 00:11:35,028 Pero tranquilos, aquí cóidanme moi ben. 214 00:11:35,112 --> 00:11:38,866 Nunca esqueceredes esta cea. 215 00:11:39,867 --> 00:11:41,118 Seguro que non. 216 00:11:46,749 --> 00:11:47,916 Perdoa a espera. 217 00:11:48,000 --> 00:11:49,126 Non pasa nada. 218 00:11:49,209 --> 00:11:51,420 Non esperaba ter tantas mesas aínda. 219 00:11:51,503 --> 00:11:53,964 As novas sobremesas deben dar que falar. 220 00:11:55,799 --> 00:11:57,259 Falar éche moi lento. 221 00:11:57,342 --> 00:11:58,719 A mazá está glaseada, 222 00:11:59,470 --> 00:12:03,098 rematada cun rabo de chocolate e unha folliña de menta. 223 00:12:03,182 --> 00:12:04,016 Voilà. 224 00:12:05,434 --> 00:12:07,519 Totalmente perfecta. Coma min. 225 00:12:07,603 --> 00:12:08,437 Deica. 226 00:12:08,520 --> 00:12:11,064 Por iso estamos completos hoxe. 227 00:12:11,148 --> 00:12:12,649 Só fago o meu traballo. 228 00:12:12,733 --> 00:12:14,526 E creo que Fabien fai o meu. 229 00:12:14,610 --> 00:12:18,238 Apoderóuseme da cociña cos suflés e as botellas de chocolate. 230 00:12:18,322 --> 00:12:21,200 E son carísimas, perdo cartos cando as piden. 231 00:12:23,827 --> 00:12:25,746 Necesito unha copa. Saímos? 232 00:12:26,997 --> 00:12:29,333 Lévote ó meu sitio nocturno favorito. 233 00:12:29,416 --> 00:12:33,420 - Espero que non sexa a terraza. - Non. A menos que insistas. 234 00:12:37,132 --> 00:12:40,761 Un toque doce para rematar a degustación. 235 00:12:40,844 --> 00:12:41,678 Máis? 236 00:12:41,762 --> 00:12:44,473 - Vaia pintaza. - Non podo comer máis. 237 00:12:44,556 --> 00:12:46,016 E eu non podo evitalo. 238 00:12:46,517 --> 00:12:48,060 Foi do mellor que probei. 239 00:12:48,644 --> 00:12:51,355 Excelente comida en excelente compañía. 240 00:12:51,438 --> 00:12:52,981 O pracer foi noso. 241 00:12:53,065 --> 00:12:55,776 E a cea vai da nosa conta. 242 00:12:56,443 --> 00:12:57,778 Vaia, moi amables. 243 00:12:57,861 --> 00:12:59,822 Espero podermos devolver o favor. 244 00:12:59,905 --> 00:13:00,739 Abofé. 245 00:13:04,660 --> 00:13:06,286 Quero un aumento. 246 00:13:11,667 --> 00:13:15,921 O que Luc intenta dicir é que che foi leal, Sylvie. 247 00:13:16,004 --> 00:13:18,173 Moito máis ca Emily ou Julien. 248 00:13:18,257 --> 00:13:19,091 Iso. 249 00:13:19,174 --> 00:13:22,636 E estaría encantado de explorar novas oportunidades 250 00:13:22,719 --> 00:13:27,432 para expandir o seu rol e remuneración en Agence Grateau. 251 00:13:27,516 --> 00:13:28,350 Exactamente. 252 00:13:30,561 --> 00:13:31,395 Xa vexo. 253 00:13:32,688 --> 00:13:36,066 Porén, o aniversario do meu marido non é o lugar axeitado 254 00:13:36,149 --> 00:13:37,776 para manter esta conversa. 255 00:13:39,778 --> 00:13:42,114 Podemos falalo noutro momento. 256 00:13:42,906 --> 00:13:44,157 Podemos, claro. 257 00:13:44,992 --> 00:13:46,243 Aquí teñen a conta. 258 00:13:46,827 --> 00:13:48,954 Grazas por obsequiarnos coa cea. 259 00:13:49,037 --> 00:13:52,541 Non queremos que esas preciosas estrelas colapsen. 260 00:13:52,624 --> 00:13:53,750 Ou exploten. 261 00:14:01,758 --> 00:14:03,552 Tes moita cara, Marianne. 262 00:14:04,136 --> 00:14:06,013 Desculpe, coñézoo? 263 00:14:06,096 --> 00:14:07,973 Esta muller é unha fraude. 264 00:14:08,056 --> 00:14:09,224 Que? 265 00:14:10,350 --> 00:14:11,852 Non tal. 266 00:14:11,935 --> 00:14:13,770 É inspectora de Michelin. 267 00:14:13,854 --> 00:14:14,771 Era. 268 00:14:16,064 --> 00:14:20,027 Despedírona o ano pasado por tráfico de información culinaria. 269 00:14:21,445 --> 00:14:23,614 Perdoe. E como o sabe vostede? 270 00:14:25,782 --> 00:14:28,076 Eu si que son un inspector Michelin. 271 00:14:28,702 --> 00:14:31,622 Debes manterte no anonimato. Voute denunciar. 272 00:14:32,456 --> 00:14:35,250 Adiante, por favor, denúnciame. 273 00:14:36,168 --> 00:14:37,336 Gustaríame velo. 274 00:14:38,045 --> 00:14:39,463 Que pasen unha boa noite. 275 00:14:44,635 --> 00:14:47,054 Non puidemos convidalos desta volta. 276 00:14:49,264 --> 00:14:50,891 Grazas por cear connosco. 277 00:14:53,769 --> 00:14:54,603 Luc. 278 00:15:01,234 --> 00:15:02,444 Mon dieu. 279 00:15:02,527 --> 00:15:04,404 Non podo pagalo. 280 00:15:04,488 --> 00:15:06,448 Polo menos, non sen un aumento. 281 00:15:13,080 --> 00:15:14,247 Encárgome eu. 282 00:15:15,207 --> 00:15:16,208 Merci. 283 00:15:18,085 --> 00:15:20,295 A nosa conversa terá que agardar. 284 00:15:21,922 --> 00:15:24,758 Igual cá estrela Michelin de Gabriel… 285 00:15:26,051 --> 00:15:27,219 supoño eu. 286 00:15:46,113 --> 00:15:46,947 Que pasa? 287 00:15:48,824 --> 00:15:52,369 Vin a París porque me tiñas preocupada. 288 00:15:53,704 --> 00:15:57,749 Non pensaba mudarme, e menos a un piso en fronte do teu ex. 289 00:16:01,420 --> 00:16:02,337 E xa está? 290 00:16:04,756 --> 00:16:05,590 Marchas? 291 00:16:07,718 --> 00:16:08,802 Si, volvo á casa. 292 00:16:10,470 --> 00:16:12,347 Sofia, agarda. Podemos falalo? 293 00:16:12,431 --> 00:16:17,019 Sabes que? Poderías vir comigo, se quixeses. 294 00:16:17,853 --> 00:16:18,812 A Atenas. 295 00:16:19,855 --> 00:16:22,649 Pódense criar nenos en máis sitios ca en París. 296 00:16:25,444 --> 00:16:26,695 Sabes que non podo. 297 00:16:27,571 --> 00:16:28,822 É por el. 298 00:16:30,240 --> 00:16:33,118 Non podes separarte nin dous bloques de Gabriel, 299 00:16:33,201 --> 00:16:34,578 imaxina a 3000 km. 300 00:16:34,661 --> 00:16:35,829 Non é xusto. 301 00:16:43,754 --> 00:16:47,090 Camille, es unha muller incrible. 302 00:16:49,509 --> 00:16:51,553 Pero eu tamén teño vida en Atenas. 303 00:16:52,179 --> 00:16:55,390 Avísame cando esteas lista para vivir alí comigo. 304 00:17:31,426 --> 00:17:32,886 Síntoo moito, Luc. 305 00:17:33,553 --> 00:17:34,971 Por que mentiches? 306 00:17:35,472 --> 00:17:39,851 Porque é o que ti querías. Impresionábate moito. 307 00:17:41,645 --> 00:17:44,815 Estaría igual contigo, o demais non importa. 308 00:17:47,234 --> 00:17:49,986 E se non traballas para Michelin, que fas? 309 00:17:50,737 --> 00:17:52,781 Cantas veces cho teño que dicir? 310 00:17:53,365 --> 00:17:55,325 Traballo na compañía telefónica. 311 00:17:58,745 --> 00:17:59,830 Estás tola. 312 00:17:59,913 --> 00:18:00,747 Seino. 313 00:18:00,831 --> 00:18:02,290 Si que o sabes, si. 314 00:18:14,136 --> 00:18:15,929 - O Bouillon Chartier? - Si. 315 00:18:16,012 --> 00:18:18,265 Non te imaxinaba nun sitio así. 316 00:18:18,348 --> 00:18:19,766 Sempre vexo cola fóra. 317 00:18:19,850 --> 00:18:20,976 A estas horas non. 318 00:18:21,059 --> 00:18:23,395 Desafogamos aquí tralas longas xeiras. 319 00:18:24,187 --> 00:18:26,022 - Boas! Ça va? - Ola! 320 00:18:26,898 --> 00:18:29,025 - Hugo! Guapetón! - Mira quen vén aí! 321 00:18:29,109 --> 00:18:31,111 Home! Todo ben? 322 00:18:31,194 --> 00:18:34,489 Emily, preséntoche a Hugo. Non lle creas nada. 323 00:18:34,573 --> 00:18:36,867 - Bonsoir. - Bonsoir. Enchanté. 324 00:18:37,951 --> 00:18:39,411 Permíteseme estar aquí? 325 00:18:39,494 --> 00:18:43,540 Ou violo algún código de conduta do club secreto dos chefs? 326 00:18:43,623 --> 00:18:45,792 Señora, rompe todas as regras. 327 00:18:45,876 --> 00:18:47,377 Faremos unha excepción, 328 00:18:47,460 --> 00:18:50,422 posto que Gabriel xa non pasa case nunca por aquí. 329 00:18:51,089 --> 00:18:52,507 Só mira as estrelas. 330 00:18:52,591 --> 00:18:54,342 Non sei de que falas. 331 00:18:54,426 --> 00:18:56,636 Veña, ho, Gabriel. Non me sexas así! 332 00:18:57,846 --> 00:19:01,266 L'Esprit de Gigi é un candidato e sábelo. 333 00:19:01,349 --> 00:19:04,060 Hai candidatos? Publicáronos en algures? 334 00:19:04,144 --> 00:19:05,437 Son díxomes de chefs. 335 00:19:05,937 --> 00:19:10,233 É que somos unha comunidade diminuta e incestuosa. 336 00:19:10,317 --> 00:19:13,695 Non é que nos deitemos os uns cos outros, que tamén. 337 00:19:13,778 --> 00:19:14,613 Cala, ho. 338 00:19:15,363 --> 00:19:17,449 Estas para vós. 339 00:19:18,366 --> 00:19:24,122 E pillade ritmo, que imos xogar ó Biscuit. 340 00:19:24,206 --> 00:19:25,332 - Mi madriña. - Xa. 341 00:19:25,415 --> 00:19:26,249 Biscuit? 342 00:19:32,172 --> 00:19:34,216 Santé. 343 00:19:35,133 --> 00:19:35,967 Biscuit! 344 00:19:48,563 --> 00:19:49,522 Síntoo. 345 00:19:51,066 --> 00:19:54,027 Veña, don Michelin. Tócache. 346 00:19:58,907 --> 00:20:01,034 Quero aproveitar para dicir… 347 00:20:02,619 --> 00:20:07,707 Hai moitos rumores por aí, pero a min o que me importa 348 00:20:07,791 --> 00:20:10,210 é un restaurante de alta calidade 349 00:20:10,293 --> 00:20:14,631 ó que a xente queira volver moitas veces. Só iso. 350 00:20:14,714 --> 00:20:16,091 Home, claro. 351 00:20:16,174 --> 00:20:18,677 - É de tolos. - Si, claro. 352 00:20:19,302 --> 00:20:22,013 - E á estrela non lle torcería o fociño. - Amigo! 353 00:20:23,890 --> 00:20:28,353 Pois espero que a consigas, porque nese momento, amigos meus, 354 00:20:28,436 --> 00:20:31,356 a vida cámbiache completamente. 355 00:20:31,439 --> 00:20:33,441 - Cambia, si. - A miña xa cambiou. 356 00:20:36,319 --> 00:20:38,280 Calade, oh. Veña, calade. 357 00:20:39,030 --> 00:20:40,240 Cala ti. 358 00:20:40,323 --> 00:20:42,909 Non sabía que os chefs eran tan divertidos. 359 00:20:48,039 --> 00:20:49,624 Que fermoso. 360 00:20:55,463 --> 00:20:59,175 É curioso, Pont Neuf é "ponte nova", pero é a máis antiga da cidade. 361 00:21:00,343 --> 00:21:04,597 Música en directo e historia francesa? Vaia noite! 362 00:21:22,741 --> 00:21:24,409 Quero conxelar este momento. 363 00:21:25,785 --> 00:21:28,538 Aquí, contigo. 364 00:21:36,504 --> 00:21:37,714 Quérote, Emily. 365 00:21:39,966 --> 00:21:41,176 Sábelo, non? 366 00:21:43,845 --> 00:21:44,846 Agora si. 367 00:21:48,266 --> 00:21:50,185 Eu tamén te quero, Gabriel. 368 00:22:21,341 --> 00:22:22,884 Que? Non! 369 00:22:23,468 --> 00:22:25,178 Quedei bastante impresionada. 370 00:22:25,678 --> 00:22:26,930 Non che sei eu. 371 00:22:41,653 --> 00:22:44,697 Grazas de novo por esta noite. Paseino xenial. 372 00:22:46,032 --> 00:22:46,866 Eu tamén. 373 00:23:10,014 --> 00:23:13,101 Kadiance é perfecto para facer unha drenaxe linfática 374 00:23:13,184 --> 00:23:15,478 e suavizar as olleiras. 375 00:23:15,562 --> 00:23:16,980 Cousa que non teño. 376 00:23:19,023 --> 00:23:22,986 Non é habitual que unha marca descoñecida chame tanto a atención. 377 00:23:23,945 --> 00:23:25,822 Xa veremos como van as vendas. 378 00:23:27,907 --> 00:23:30,785 Normalmente non acepto referencias por amizade, 379 00:23:30,869 --> 00:23:33,705 pero fixeches ben en incluírme nisto. 380 00:23:33,788 --> 00:23:36,875 Merci. Alédame que o risco valera a pena. 381 00:23:36,958 --> 00:23:38,918 E vós xa probastes Kadiance? 382 00:23:39,752 --> 00:23:41,129 - Non. - Aínda non. 383 00:23:41,212 --> 00:23:45,675 Non podedes promovelo sen probar antes o brillo da pel de cristal. 384 00:23:47,010 --> 00:23:47,844 Veña. 385 00:23:57,353 --> 00:24:00,064 Seguro que o produto de Li é o que di? 386 00:24:00,815 --> 00:24:05,111 Lembroume algo. Fixen unhas pescudas e tedes que ver isto. 387 00:24:05,612 --> 00:24:07,197 Luc. Ven aquí. 388 00:24:08,323 --> 00:24:09,157 Que? 389 00:24:09,240 --> 00:24:11,910 Li estivo no Cubil dos raposos o ano pasado. 390 00:24:11,993 --> 00:24:15,747 - Que é o Cubil dos raposos? - Nos EUA chamádeslle Shark Tank. 391 00:24:16,372 --> 00:24:18,041 Apropiádesvos de todo. 392 00:24:18,124 --> 00:24:23,588 Grazas ó ácido hialurónico, péptidos e antioxidantes… 393 00:24:23,671 --> 00:24:24,797 Díxonos o mesmo. 394 00:24:24,881 --> 00:24:26,216 É o mesmo produto. 395 00:24:26,299 --> 00:24:27,425 Xa, vós esperade. 396 00:24:28,384 --> 00:24:32,013 Protexe, engade volume e conserva a humidade 397 00:24:32,096 --> 00:24:36,059 para favorecer a estimulación sexual e o pracer mutuo. 398 00:24:36,142 --> 00:24:38,269 Tremenda crema facial. 399 00:24:38,353 --> 00:24:42,065 Probeino na casa co meu marido e encantounos. 400 00:24:42,148 --> 00:24:44,567 Pasamos a noite esvarando entre as sabas. 401 00:24:44,651 --> 00:24:45,693 Ai, Deus. 402 00:24:46,402 --> 00:24:49,113 Porén, a marxe de beneficios é moi escasa. 403 00:24:49,948 --> 00:24:52,951 Non vou ir a Harrods mercar lubricante íntimo. 404 00:24:53,576 --> 00:24:56,454 Kadiance é… lubricante. 405 00:24:56,538 --> 00:24:57,580 Lubricante facial. 406 00:24:58,248 --> 00:24:59,666 Pero eu preguntaríalles… 407 00:24:59,749 --> 00:25:01,292 Non sabía nada, xúrovolo! 408 00:25:01,376 --> 00:25:02,460 …para que usar… 409 00:25:02,544 --> 00:25:05,672 É moi difícil penetrar no mercado da beleza, 410 00:25:05,755 --> 00:25:08,049 pero este produto está a entrar con forza. 411 00:25:09,175 --> 00:25:12,011 E mirádeme a pel. Parezo unha bebé. 412 00:25:12,095 --> 00:25:14,138 Acabadiña de nacer. 413 00:25:15,098 --> 00:25:18,560 Margaux, témosche que dicir algo. 414 00:25:19,727 --> 00:25:21,104 Case mellor que sentes. 415 00:25:34,617 --> 00:25:36,536 Deberiamos subirlle o prezo. 416 00:25:36,619 --> 00:25:37,453 Si. 417 00:25:38,580 --> 00:25:40,623 Estaba a pensar o mesmo. 418 00:25:44,627 --> 00:25:48,256 Canta máis xente o queira, máis difícil debería ser conseguilo. 419 00:25:48,339 --> 00:25:49,173 Concordo. 420 00:25:49,257 --> 00:25:50,717 Non nos entra nada máis, 421 00:25:50,800 --> 00:25:53,636 pero malo será que non haxa un oco por aí atrás. 422 00:25:55,555 --> 00:25:57,223 Grazas por ser tan aberta. 423 00:26:03,062 --> 00:26:05,523 Aínda non creo que lla coaramos. 424 00:26:05,607 --> 00:26:07,859 Síntome fatal. 425 00:26:07,942 --> 00:26:09,777 Quéreslle dicir a verdade? 426 00:26:09,861 --> 00:26:10,987 Claro que non. 427 00:26:11,070 --> 00:26:14,490 Pero estasme a pegar os teus malos hábitos e non me gusta. 428 00:26:15,325 --> 00:26:19,495 Ai, Emily, debes pensar que todos intentan enganarte. 429 00:26:22,999 --> 00:26:25,043 Non. Por que o dis? 430 00:26:25,126 --> 00:26:26,252 Non llo contaches? 431 00:26:27,378 --> 00:26:29,589 Luc, esa lea é túa, non miña. 432 00:26:30,465 --> 00:26:33,134 Xa o falaremos mañá. 433 00:26:33,926 --> 00:26:34,844 Falar o que? 434 00:26:35,678 --> 00:26:38,890 Éche un pouco incómodo. 435 00:26:38,973 --> 00:26:40,767 Ou ó mellor ata ris. 436 00:26:42,185 --> 00:26:46,189 Resulta que Marianne xa non é inspectora de Michelin. 437 00:26:49,984 --> 00:26:51,319 Non entendo. Que? 438 00:26:51,402 --> 00:26:53,404 Estache dicindo que é unha fraude. 439 00:26:54,656 --> 00:26:55,698 E Gabriel? 440 00:26:55,782 --> 00:26:58,910 Significa que non vai recibir a estrela? 441 00:27:00,745 --> 00:27:04,207 - Pero… - Emily, tranquila, déixame explicarcho. 442 00:27:05,458 --> 00:27:08,836 Todo comezou cunha tórrida aventura. 443 00:27:09,379 --> 00:27:10,463 Foi… Que? 444 00:27:14,092 --> 00:27:16,302 Levo un tempo moi estresada. 445 00:27:18,054 --> 00:27:19,472 Case caso. 446 00:27:19,555 --> 00:27:20,723 Mudeime de piso. 447 00:27:21,599 --> 00:27:23,226 Atraveso unha ruptura. 448 00:27:23,309 --> 00:27:26,020 E esta mañá vin unhas manchiñas de sangue, 449 00:27:26,938 --> 00:27:29,857 así que estou preocupada polo bebé. 450 00:27:29,941 --> 00:27:31,442 Estás embarazada? 451 00:27:31,526 --> 00:27:32,652 Oui. 452 00:27:32,735 --> 00:27:34,570 Debín vir antes. 453 00:27:34,654 --> 00:27:36,155 Fixeches a proba na casa? 454 00:27:37,532 --> 00:27:39,242 Estou algo perdida. 455 00:27:39,325 --> 00:27:40,618 É comprensible. 456 00:27:41,285 --> 00:27:42,495 Botémoslle un ollo. 457 00:27:59,137 --> 00:28:01,639 Acabo de ver a xinecóloga e díxome que… 458 00:28:03,307 --> 00:28:04,642 Non estou embarazada. 459 00:28:04,726 --> 00:28:05,810 Oh, là là. 460 00:28:07,186 --> 00:28:08,062 Camille. 461 00:28:08,146 --> 00:28:10,523 Síntoo moito. Que pasou? 462 00:28:10,606 --> 00:28:13,234 Nada. Nunca estiven embarazada e punto. 463 00:28:13,317 --> 00:28:14,193 Que che dixo? 464 00:28:15,903 --> 00:28:19,157 Que a proba debeu dar un falso positivo, 465 00:28:19,240 --> 00:28:20,867 que é raro, 466 00:28:20,950 --> 00:28:24,871 pero que puido deberse á medicación que tomo. 467 00:28:26,080 --> 00:28:29,584 E que non me baixaba a regra por mor do estrés. 468 00:28:29,667 --> 00:28:30,501 Oh, là là. 469 00:28:31,419 --> 00:28:33,296 Pasaches unha época complicada. 470 00:28:34,839 --> 00:28:35,715 Estás ben? 471 00:28:37,592 --> 00:28:41,012 Notaba o corpo distinto. Estaba segura de estar embarazada. 472 00:28:41,095 --> 00:28:42,096 Estaba segura. 473 00:28:42,180 --> 00:28:43,806 E algún día estaralo. 474 00:28:44,515 --> 00:28:45,558 Si? 475 00:28:47,602 --> 00:28:49,103 E como o tomou Gabriel? 476 00:28:53,357 --> 00:28:54,400 Camille. 477 00:28:54,484 --> 00:28:56,527 Aínda non llo contei porque… 478 00:28:57,278 --> 00:28:59,739 está tan contento, tan emocionado, 479 00:28:59,822 --> 00:29:01,365 foi tan comprensivo… 480 00:29:01,449 --> 00:29:04,160 O bebé mantívonos en contacto. 481 00:29:04,243 --> 00:29:06,496 - Que vai pasar agora? - Tranquila. 482 00:29:06,579 --> 00:29:09,540 Respira. Antes de nada, precisas tempo para ti. 483 00:29:09,624 --> 00:29:12,251 Cando esteas lista, xa llo dirás a Gabriel. 484 00:29:21,469 --> 00:29:23,429 Ola, que sorpresa tan agradable! 485 00:29:24,806 --> 00:29:26,182 Non che sei eu. 486 00:29:27,600 --> 00:29:28,810 Vai todo ben? 487 00:29:30,061 --> 00:29:31,270 A verdade é que non. 488 00:29:33,397 --> 00:29:36,234 A moza de Luc non é inspectora de Michelin. 489 00:29:36,901 --> 00:29:40,947 Despedírona hai un ano e estivo a finxir dende entón. 490 00:29:41,030 --> 00:29:42,657 E por que? 491 00:29:42,740 --> 00:29:44,575 Non sei. Por impresionar a Luc? 492 00:29:45,535 --> 00:29:48,079 Só sei que non vas recibir a estrela. 493 00:29:57,630 --> 00:30:00,842 Despois de investir tanto tempo e diñeiro. 494 00:30:01,509 --> 00:30:02,969 Xa o sei. Síntoo moito. 495 00:30:09,267 --> 00:30:10,601 Perdóasme un segundo? 496 00:30:10,685 --> 00:30:11,769 Que fas? 497 00:30:16,315 --> 00:30:17,567 Non! 498 00:30:17,650 --> 00:30:19,318 Abríchelo! 499 00:30:19,402 --> 00:30:20,695 Os meus suflés! 500 00:30:20,778 --> 00:30:22,655 Non, os meus suflés. 501 00:30:22,738 --> 00:30:24,031 No meu restaurante. 502 00:30:24,115 --> 00:30:26,826 Vai collendo os teus trebellos e lisca de aquí. 503 00:30:29,036 --> 00:30:29,996 Despedido. 504 00:30:32,123 --> 00:30:32,957 Allez! 505 00:30:42,508 --> 00:30:44,218 Sinceramente, é un alivio. 506 00:30:46,429 --> 00:30:47,972 A esta rolda invito eu! 507 00:30:48,055 --> 00:30:49,473 Veña! 508 00:30:51,017 --> 00:30:54,937 Nunca o vira tan contento. Debería perder estrelas máis a miúdo. 509 00:30:55,021 --> 00:30:58,983 Creo que se fai o duro. Mañá vaino asimilar todo de golpe. 510 00:30:59,525 --> 00:31:00,860 Vou ver que tal está. 511 00:31:12,747 --> 00:31:14,040 Vou por champaña. 512 00:31:16,250 --> 00:31:17,209 - Ola! - Bonsoir! 513 00:31:17,293 --> 00:31:19,503 Colle unha copa, estamos de festa. 514 00:31:19,587 --> 00:31:20,880 Prometéronse? 515 00:31:20,963 --> 00:31:24,216 Que? Non. Imaxinas? Mi madriña! 516 00:31:24,967 --> 00:31:26,636 - Que se celebra? - Camille! 517 00:31:27,386 --> 00:31:29,805 - Ola. - Non vou ter estrela Michelin. 518 00:31:31,182 --> 00:31:32,224 E iso é bo? 519 00:31:32,308 --> 00:31:34,936 É bo, si. Boísimo. 520 00:31:35,019 --> 00:31:38,689 Era demasiada presión. E despedín a Willy Wonka. Toca celebrar. 521 00:31:38,773 --> 00:31:43,319 E escoitade, sinceramente, teño todo o que necesito. 522 00:31:43,402 --> 00:31:45,363 Un restaurante fantástico, 523 00:31:45,446 --> 00:31:51,160 unha moza… intelixente e fermosa 524 00:31:52,036 --> 00:31:53,329 e un bebé en camiño. 525 00:31:54,956 --> 00:31:56,624 Máis afortunado non podo ser. 526 00:31:57,833 --> 00:31:58,668 Champaña. 527 00:31:59,961 --> 00:32:01,629 Non. Para min non. Grazas. 528 00:32:02,755 --> 00:32:03,589 O bebé. 529 00:32:04,632 --> 00:32:06,634 - Saúde. - Saúde! 530 00:32:49,260 --> 00:32:54,265 Subtítulos: Abraham Díaz López