1 00:00:16,725 --> 00:00:18,685 Gozade das vacacións 2 00:00:18,685 --> 00:00:22,022 e parabéns a todos nós por un ano excepcional. 3 00:00:22,647 --> 00:00:25,525 Agence Grateau non sería nada sen o voso traballo 4 00:00:25,525 --> 00:00:27,610 e sen o voso xenio creativo. 5 00:00:28,486 --> 00:00:31,406 Brindemos por outro ano cheo de éxitos. 6 00:00:31,406 --> 00:00:34,868 - Saúde. - Saúde! 7 00:00:37,704 --> 00:00:40,832 Non sei se botarche flores ou culpas por este ano, 8 00:00:41,458 --> 00:00:43,793 pero non sería o mesmo sen ti. 9 00:00:43,793 --> 00:00:44,961 Grazas? 10 00:00:44,961 --> 00:00:47,630 Quería comentarche algo duns clientes... 11 00:00:47,630 --> 00:00:49,257 Non, non. Perdoa, Emily. 12 00:00:49,257 --> 00:00:52,093 Ó brindar comecei oficialmente as vacacións. 13 00:00:52,093 --> 00:00:53,470 Mándoche un correo. 14 00:00:53,470 --> 00:00:56,222 Nada de correos e moito menos de chamadas. 15 00:00:57,348 --> 00:00:58,349 Joyeux Noël, Emily. 16 00:00:58,349 --> 00:00:59,809 Joyeux Noël, Sylvie. 17 00:01:15,909 --> 00:01:17,786 {\an8}Luc, que calado o tiñas! 18 00:01:17,786 --> 00:01:19,329 {\an8}Por? Iso non foi nada. 19 00:01:20,205 --> 00:01:21,706 {\an8}Cando marchas a Chicago? 20 00:01:22,207 --> 00:01:23,958 {\an8}Mañá. Non podo cos nervios. 21 00:01:23,958 --> 00:01:25,043 {\an8}Ti vas a algures? 22 00:01:25,043 --> 00:01:28,922 {\an8}Non. O meu agasallo de Nadal chega de Barcelona nunhas horiñas. 23 00:01:28,922 --> 00:01:30,632 {\an8}Chámase Dominique. Mira. 24 00:01:32,133 --> 00:01:33,134 {\an8}Vaia tiarrón. 25 00:01:33,885 --> 00:01:36,054 {\an8}Visita a familia en París cada Nadal. 26 00:01:36,054 --> 00:01:38,640 {\an8}Así que tes un mozo de Nadal. 27 00:01:38,640 --> 00:01:40,391 {\an8}E vén reencher este pavo. 28 00:01:41,184 --> 00:01:43,937 {\an8}É o Apalpador, vén sobar nel unha vez ó ano. 29 00:01:43,937 --> 00:01:45,772 {\an8}Ou máis ben unhas cantas. 30 00:01:46,731 --> 00:01:48,274 {\an8}É bo e malo á vez. 31 00:01:48,274 --> 00:01:49,442 {\an8}Coma ti, Emily. 32 00:01:50,777 --> 00:01:53,154 {\an8}E falando de agasallos, aí vén o teu. 33 00:01:56,825 --> 00:01:58,159 {\an8}Bo Nadal, rapaces. 34 00:01:58,159 --> 00:02:00,245 {\an8}- Bo Nadal, Emily. - Bo Nadal. 35 00:02:04,249 --> 00:02:06,292 {\an8}É case perfecto. 36 00:02:06,292 --> 00:02:08,128 {\an8}Case? Que che falta? 37 00:02:08,878 --> 00:02:10,713 Non hai Nadal sen neve. 38 00:02:12,298 --> 00:02:15,593 Case nunca neva en París, pero cando neva, dá boa sorte. 39 00:02:17,178 --> 00:02:18,555 Non necesito sorte. 40 00:02:18,555 --> 00:02:23,226 Por fin volvo a Chicago e, ademais, polo Nadal. 41 00:02:24,269 --> 00:02:27,522 Oxalá puideses vir comigo. 42 00:02:28,356 --> 00:02:29,482 Oxalá. 43 00:02:30,483 --> 00:02:33,153 Non podo abandonar o restaurante tanto tempo. 44 00:02:38,408 --> 00:02:40,160 E como eran os teus Nadais? 45 00:02:41,286 --> 00:02:43,830 Non teño moita familia, 46 00:02:43,830 --> 00:02:47,750 así que as últimas vacacións sempre as pasei con Camille. 47 00:02:49,002 --> 00:02:50,420 Na casa de Megève. 48 00:02:51,588 --> 00:02:55,425 Comía ostras e ganso e pasaba o día de Nadal esquiando. 49 00:02:55,425 --> 00:02:57,093 Que francés soa todo. 50 00:03:01,055 --> 00:03:03,099 Impórtache que pase o Nadal con eles? 51 00:03:04,767 --> 00:03:05,852 Non, para nada. 52 00:03:07,020 --> 00:03:08,396 Ides ter un fillo. 53 00:03:09,314 --> 00:03:12,025 Son parte da túa vida. 54 00:03:13,026 --> 00:03:14,068 Das nosas vidas. 55 00:03:18,740 --> 00:03:21,618 Así a todo, encantaríame que viñeses a Chicago. 56 00:03:21,618 --> 00:03:24,662 Quero comezar a ter lembranzas de Nadal xunta ti. 57 00:03:28,583 --> 00:03:29,918 Esta é bastante boa. 58 00:03:51,105 --> 00:03:53,566 Queres sentar na maleta a ver se a pecho? 59 00:03:53,566 --> 00:03:56,653 Non, ho! Sairía catapultada pola ventá. 60 00:03:56,653 --> 00:03:58,446 Saca algo e listo. 61 00:03:58,446 --> 00:04:00,490 Que dis? Todo é imprescindible. 62 00:04:00,490 --> 00:04:03,409 Metiches catro xerseis de Nadal con luciñas, 63 00:04:03,409 --> 00:04:06,621 á parte de pixamas a xogo para todos e dos agasallos. 64 00:04:06,621 --> 00:04:08,373 A ver, ó mellor me pasei, 65 00:04:08,373 --> 00:04:11,334 pero os Nadais cos Cooper son así. Dámolo todo. 66 00:04:12,627 --> 00:04:16,089 E as mallas de correr para o 5000 no Navy Pier. 67 00:04:16,089 --> 00:04:18,299 Corredes o día de Nadal? 68 00:04:18,299 --> 00:04:19,217 Claro. 69 00:04:19,217 --> 00:04:21,135 Encantaríache. É a nosa tradición. 70 00:04:21,135 --> 00:04:22,595 Sóacheme divertidísimo. 71 00:04:22,595 --> 00:04:24,347 En fin, tes o piso para ti. 72 00:04:24,347 --> 00:04:27,600 Non entendo como non vas con Nico e a familia a San Bartolomé. 73 00:04:27,600 --> 00:04:29,185 En serio? Nin de broma. 74 00:04:29,185 --> 00:04:33,147 Xa teño pasado Nadais entre guerras sucesorias. É un pesadelo. 75 00:04:33,147 --> 00:04:38,111 Quedarei aquí en París e celebrarei a miña típica festa de Nadal para orfos. 76 00:04:38,111 --> 00:04:39,570 Esa é a miña tradición. 77 00:04:39,570 --> 00:04:42,740 - Soa ben. E que facedes? - Tomar "pastis" a fartar. 78 00:04:42,740 --> 00:04:45,660 - Que? - Dixen que comer pasteis e cantar. 79 00:04:46,494 --> 00:04:48,997 Benoît e Étienne tocan panxoliñas para todos. 80 00:04:48,997 --> 00:04:52,709 Benoît? Falastes algo dende... 81 00:04:54,085 --> 00:04:57,338 - Dende que? - Dende que case vos bicades no Laurent G. 82 00:04:57,338 --> 00:04:59,257 Chámase actuar, Emily. 83 00:04:59,257 --> 00:05:04,470 Démoslle ó público o que quería, pero deixándoos con ganas de máis. 84 00:05:04,470 --> 00:05:06,389 Quen quedou con ganas de máis? 85 00:05:06,389 --> 00:05:07,890 Toco con Benoît. 86 00:05:07,890 --> 00:05:10,977 Saio con Nico. Punto. 87 00:05:10,977 --> 00:05:12,270 Vale logo. 88 00:05:12,270 --> 00:05:17,859 Pásao ben na festa con ese co que tocas. Iso si, non te achegues ó visgo. 89 00:05:19,277 --> 00:05:20,903 Os meus calcetíns de visgo! 90 00:05:27,910 --> 00:05:30,455 {\an8}AEROPORTO DE PARÍS CHARLES DE GAULLE 91 00:05:42,008 --> 00:05:44,594 Bonjour. 92 00:05:44,594 --> 00:05:46,596 Pasaporte e tarxeta de embarque. 93 00:05:47,555 --> 00:05:48,723 Feliz Noiteboa. 94 00:05:49,515 --> 00:05:54,437 Sei que me vou pasar do peso permitido, pero metín unha tote baleira por se acaso. 95 00:05:55,271 --> 00:05:58,941 Non lle fará falla. En preferente pode levar peso adicional. 96 00:05:58,941 --> 00:06:00,234 En preferente? 97 00:06:00,234 --> 00:06:03,237 Debe ser un erro. Eu voo en turista premium. 98 00:06:03,237 --> 00:06:04,530 Non hai erro ningún. 99 00:06:05,031 --> 00:06:06,991 Velaquí o seu novo embarque. 100 00:06:07,658 --> 00:06:09,327 Merci beaucoup. 101 00:06:11,037 --> 00:06:13,748 Importaríalle dicirme de onde sae a mellora? 102 00:06:13,748 --> 00:06:16,459 É para asegurarme de que se repita. 103 00:06:16,459 --> 00:06:18,461 Parece que foi un agasallo. 104 00:06:24,634 --> 00:06:27,678 Sylvie Grateau, que fixeches? 105 00:06:27,678 --> 00:06:30,598 Que parte de nada de chamadas non entendiches? 106 00:06:30,598 --> 00:06:32,100 Moitísimas grazas! 107 00:06:32,100 --> 00:06:35,103 Non embarquei, pero a sala VIP xa é todo elegancia. 108 00:06:35,103 --> 00:06:37,605 Ofrécenme champaña seguido. É moi cedo? 109 00:06:37,605 --> 00:06:39,982 Cedo é para preguntar parvadas. 110 00:06:39,982 --> 00:06:44,153 E é enorme! Aínda estou chegando á segunda planta. 111 00:06:44,153 --> 00:06:46,989 Sabías que ata teñen spa? 112 00:06:46,989 --> 00:06:51,202 Sabía, si. Por que non fas un tratamento facial e deixas o teléfono? 113 00:06:51,202 --> 00:06:54,956 Sabes quen leva Air France? Temos que conseguir unha reunión. 114 00:06:54,956 --> 00:06:57,542 Só con esta sala xa che vendo a aeroliña. 115 00:06:58,209 --> 00:07:00,503 "Luxo antes da engalaxe." 116 00:07:00,503 --> 00:07:04,882 A sala VIP, o spa e as vacacións 117 00:07:04,882 --> 00:07:08,428 son precisamente para relaxarse, desconectar e calar. 118 00:07:09,303 --> 00:07:10,680 Pero apunta o slogan ese. 119 00:07:10,680 --> 00:07:12,056 É bo, non si? 120 00:07:12,056 --> 00:07:15,143 Será bo o ano que vén. Allez, bon voyage! 121 00:07:28,156 --> 00:07:32,577 Aviso á pasaxe do voo de Air France 136 con destino a Chicago. 122 00:07:32,577 --> 00:07:36,873 Debido a inclemencias meteorolóxicas no aeroporto de O'Hare, cancélase o voo. 123 00:07:36,873 --> 00:07:40,460 Aprázanse tódolos voos a Chicago ata novo aviso. 124 00:07:54,015 --> 00:07:55,516 Déixame levar algo a min. 125 00:07:56,517 --> 00:07:58,436 Non, que algo xa levas. 126 00:08:01,230 --> 00:08:03,524 Esta fin de semana quero pasar tempo xuntos. 127 00:08:03,524 --> 00:08:04,609 Moi ben. 128 00:08:04,609 --> 00:08:06,527 - Unha cea tranquila? - Claro. 129 00:08:06,527 --> 00:08:08,779 Gabriel, temos que ir polo pedido. 130 00:08:09,822 --> 00:08:13,034 Que bo é vervos xuntos. 131 00:08:13,034 --> 00:08:16,454 Despois da voda non sabía como ían saír as cousas, 132 00:08:16,454 --> 00:08:18,623 pero vexo que todo volve ó rego. 133 00:08:18,623 --> 00:08:21,250 De que falas? Gabriel está con Emily. 134 00:08:22,084 --> 00:08:25,838 Estará, pero ela vai en Chicago e el quedou aquí contigo. 135 00:08:25,838 --> 00:08:27,798 Cadaquén no seu sitio. 136 00:08:27,798 --> 00:08:31,719 Estas vacacións son para reafirmar os lazos familiares. 137 00:08:31,719 --> 00:08:34,388 No Nadal sempre se dan milagres. 138 00:08:35,264 --> 00:08:36,724 Non é tan doado. 139 00:08:36,724 --> 00:08:38,893 É que o amor nunca é doado. 140 00:08:42,271 --> 00:08:43,940 Non vai faltar de nada. 141 00:08:45,441 --> 00:08:47,944 Grazas por axudarme coa cea de Nadal. 142 00:08:47,944 --> 00:08:49,403 Non é nada. 143 00:08:49,403 --> 00:08:51,697 Axudarche? Ti só vas bebendo pola cociña. 144 00:08:51,697 --> 00:08:53,115 Que mentireira! 145 00:08:53,115 --> 00:08:54,700 Non, ela supervisa. 146 00:08:54,700 --> 00:08:56,911 Exactamente, superviso. 147 00:08:59,038 --> 00:08:59,872 Emily, ça va? 148 00:08:59,872 --> 00:09:01,123 Nada bien. 149 00:09:01,123 --> 00:09:02,500 Non vai nada bien. 150 00:09:02,500 --> 00:09:05,127 Cancelaron o voo e agardo pola maleta. 151 00:09:05,127 --> 00:09:07,046 Vaia, canto o sinto. 152 00:09:07,046 --> 00:09:08,923 {\an8}É Emily. Canceláronlle o voo. 153 00:09:10,091 --> 00:09:12,510 Non vou poder ir á casa polo Nadal. 154 00:09:12,510 --> 00:09:14,095 Se queres, volvo a París. 155 00:09:14,095 --> 00:09:15,054 Non. 156 00:09:15,054 --> 00:09:16,681 Non che vou pedir iso. 157 00:09:16,681 --> 00:09:18,558 Non pasa nada, entenderano. 158 00:09:18,558 --> 00:09:19,642 Que? 159 00:09:19,642 --> 00:09:24,689 Non podes marchar! Acabas de chegar e tesme que axudar coa cea. 160 00:09:25,982 --> 00:09:27,275 Pois que veña Emily. 161 00:09:28,442 --> 00:09:30,820 Pero ti que pensas? Non falas en serio. 162 00:09:30,820 --> 00:09:31,988 Falo moi en serio. 163 00:09:34,031 --> 00:09:38,869 Emily, son Gérard. Sería un pracer que veñas a Megève. 164 00:09:40,621 --> 00:09:42,582 Vaia, moi amable, pero... 165 00:09:42,582 --> 00:09:47,962 Gabriel dirache como chegar en tren e verémoste á cea co resto da familia. 166 00:09:47,962 --> 00:09:52,216 Je suis le Champère e non aceptarei un non por resposta. 167 00:09:56,679 --> 00:09:57,680 Magnifique. 168 00:09:58,264 --> 00:09:59,807 Atendede, dixo que vén. 169 00:09:59,807 --> 00:10:00,725 Ven, amor. 170 00:10:01,434 --> 00:10:04,020 Meu ben, vai ir todo ben. 171 00:10:08,649 --> 00:10:12,236 Se queres, podo ir eu con ela a París. 172 00:10:12,236 --> 00:10:13,529 Non pasa nada. 173 00:10:13,529 --> 00:10:14,739 Segura? 174 00:10:14,739 --> 00:10:15,948 - De verdade? - Si. 175 00:10:18,242 --> 00:10:20,870 Seica teremos que pospoñer esa cea íntima. 176 00:10:20,870 --> 00:10:22,747 Non, eu non marcho a ningures. 177 00:10:27,752 --> 00:10:31,422 Non creo que ese marido teu te teña preparando a cea 178 00:10:31,422 --> 00:10:33,507 para el e a súa filla ilexítima. 179 00:10:33,507 --> 00:10:36,010 Ese home tente controlada, Sylvie. 180 00:10:36,010 --> 00:10:37,970 Mamá, foi idea miña. 181 00:10:37,970 --> 00:10:40,931 E el nin sabía nin que existía ata que cumpriu os 17. 182 00:10:40,931 --> 00:10:43,601 Vive en Nova York, nunca pasaron o Nadal xuntos. 183 00:10:43,601 --> 00:10:45,603 Quere recuperar o tempo perdido. 184 00:10:45,603 --> 00:10:49,023 E por que non cociña el? Non terá máis cativos por aí? 185 00:10:49,023 --> 00:10:52,485 Só ten unha. Sábelo de sobra. Vas vir ou non? 186 00:10:52,485 --> 00:10:54,612 Non, ho. Universitaria de Nova York? 187 00:10:54,612 --> 00:10:57,323 Virá inzada de drogas. Revísalle as maletas. 188 00:10:57,323 --> 00:10:58,574 Por? Queres algo? 189 00:10:58,574 --> 00:11:00,117 Depende de que traia. 190 00:11:00,117 --> 00:11:02,370 E asegúrate de que queda aí o xusto. 191 00:11:02,912 --> 00:11:04,080 Bo Nadal, cariño. 192 00:11:36,487 --> 00:11:38,030 Cheguei, aínda non o creo. 193 00:11:38,030 --> 00:11:40,825 É fermosísimo. Síntome en Sorrisos e lágrimas. 194 00:11:40,825 --> 00:11:44,286 Xa vexo a Julie Andrews correndo outeiro abaixo. 195 00:11:44,286 --> 00:11:46,288 Era en Austria. Isto é Francia. 196 00:11:46,288 --> 00:11:48,374 - Déixame fantasiar. - Claro. 197 00:11:48,374 --> 00:11:50,084 É a miña película favorita. 198 00:11:50,084 --> 00:11:51,877 - Abofé. Claro. - De sempre. 199 00:11:54,588 --> 00:11:55,673 Ó chalé! 200 00:12:05,474 --> 00:12:07,727 Trío de reis! Toma! 201 00:12:07,727 --> 00:12:10,563 Non! Eu non xogo máis. 202 00:12:10,563 --> 00:12:11,647 Ola. 203 00:12:11,647 --> 00:12:14,734 Emily! Bo Nadal. 204 00:12:15,359 --> 00:12:16,527 Boas. 205 00:12:16,527 --> 00:12:17,737 Ça va? 206 00:12:18,904 --> 00:12:22,324 Emily, que pracer tan inesperado. 207 00:12:22,324 --> 00:12:26,328 Moitas grazas por acollerme. Espero non estar abusando. 208 00:12:26,328 --> 00:12:27,621 Claro que non. 209 00:12:27,621 --> 00:12:31,500 Se non podes estar coa túa familia, alédame que esteas coa nosa. 210 00:12:31,500 --> 00:12:33,627 Viches o meu TikTok da voda? 211 00:12:33,627 --> 00:12:35,463 Tivo moi boa acollida. 212 00:12:35,463 --> 00:12:38,090 Non é nada persoal. Só arte. 213 00:12:39,216 --> 00:12:41,844 Mira que nos trouxo Papá Noel! 214 00:12:43,429 --> 00:12:44,764 Gárdoche o abrigo? 215 00:12:45,431 --> 00:12:47,558 - Claro. Grazas. - Axúdoche con isto. 216 00:12:49,226 --> 00:12:51,395 Bo Nadal! 217 00:12:51,395 --> 00:12:52,772 Mon Dieu! 218 00:12:55,691 --> 00:12:57,610 É un xersei de Nadal feo. 219 00:12:57,610 --> 00:12:59,236 Xa, ben o vexo. 220 00:12:59,236 --> 00:13:05,326 Entón sabes que é feo pero aínda así gústache levalo? 221 00:13:05,326 --> 00:13:08,537 É unha parvada que fai a miña familia na casa. 222 00:13:08,537 --> 00:13:11,415 Teño máis na maleta por se alguén quere un. 223 00:13:17,922 --> 00:13:19,840 Vou ver como vai o asado. 224 00:13:20,549 --> 00:13:23,677 - Camille, amósaslle o seu cuarto? - Vou. 225 00:13:23,677 --> 00:13:26,472 E ti podes levarlle a maleta. Grazas. 226 00:13:29,517 --> 00:13:30,768 A min encántame. 227 00:13:41,695 --> 00:13:42,530 É ela. 228 00:13:42,530 --> 00:13:46,617 Espero que estea cómoda. Debín reservarlle un hotel. 229 00:13:46,617 --> 00:13:48,285 Debiches, si. 230 00:13:48,285 --> 00:13:51,121 Pero son só unhas noites, non? 231 00:13:51,121 --> 00:13:53,499 Son, ata que se instale aquí en París. 232 00:13:53,499 --> 00:13:56,168 Entrevístana para un traballo de moda. Díxencho. 233 00:13:56,168 --> 00:13:58,420 Entrevístana... Non mo dixeras, non. 234 00:13:59,129 --> 00:14:00,506 Non che ule a queimado? 235 00:14:01,173 --> 00:14:02,383 Merda, o pavo! 236 00:14:13,143 --> 00:14:13,978 Merda! 237 00:14:18,649 --> 00:14:19,733 Genevieve. 238 00:14:21,318 --> 00:14:24,446 Sylvie, encantada de verte. 239 00:14:27,199 --> 00:14:32,371 Moitas grazas por acollerme polo Nadal e deixarme quedar convosco. 240 00:14:32,371 --> 00:14:33,289 É un pracer. 241 00:14:33,289 --> 00:14:36,292 - Espero que esteas ben no sofá. - É cómodo. 242 00:14:36,292 --> 00:14:38,085 Dígocho por experiencia. 243 00:14:38,085 --> 00:14:42,423 Sinceramente, só con estar en París xa me sinto coma no ceo. 244 00:14:43,799 --> 00:14:45,384 Gárdoche o abrigo. 245 00:14:45,384 --> 00:14:48,220 Non te molestes. Imos cear fóra. 246 00:14:48,220 --> 00:14:51,348 Fóra? Pero non tiñas un pavo no forno? 247 00:14:51,348 --> 00:14:53,767 Téñoche pinta eu de facer pavo ó forno? 248 00:14:56,353 --> 00:14:57,271 Veña, andando. 249 00:15:06,113 --> 00:15:10,117 Emily, poderías apagar iso mentres ceamos? 250 00:15:10,117 --> 00:15:13,579 Si, claro. Así non malgasto as pilas. 251 00:15:13,579 --> 00:15:15,247 - Axúdoche? - Podo eu soa. 252 00:15:16,332 --> 00:15:19,209 Vin que non colgades calcetíns da cheminea. 253 00:15:19,209 --> 00:15:21,462 Non se fai en Francia? 254 00:15:21,462 --> 00:15:24,924 Aquí deixamos os zapatos cerca do lume para Saint-Nicolas. 255 00:15:25,925 --> 00:15:27,092 Que divertido. 256 00:15:27,092 --> 00:15:29,219 É divertido se te portaches ben, 257 00:15:29,219 --> 00:15:34,308 pero se te portaches mal, visítate Le Père Fouettard. 258 00:15:35,267 --> 00:15:36,602 Quen é ese? 259 00:15:36,602 --> 00:15:40,314 O axudante de Papá Noel. Vixíanos para que nos portemos ben. 260 00:15:40,314 --> 00:15:44,234 Coma un Elf on a Shelf á francesa. Que lindo! 261 00:15:44,234 --> 00:15:46,528 Lindo? Non, non, non. 262 00:15:46,528 --> 00:15:50,699 Le Père Fouettard é cruel e violento e acompaña a Saint-Nicolas. 263 00:15:50,699 --> 00:15:54,662 Os nenos bos levan agasallos, os malos levan malleiras. 264 00:15:54,662 --> 00:15:56,246 Malleiras? En serio? 265 00:15:56,246 --> 00:15:59,041 Ou péganlles cun pau, segundo a rexión. 266 00:15:59,041 --> 00:16:01,877 Perdoade. E é un personaxe de Nadal? 267 00:16:01,877 --> 00:16:05,798 Cun hóspede malvado, unha sempre está en garda. 268 00:16:06,632 --> 00:16:07,883 Ata nas vacacións. 269 00:16:11,178 --> 00:16:12,346 Maman, pórtate ben. 270 00:16:12,346 --> 00:16:15,140 Estou a portarme ben. 271 00:16:15,140 --> 00:16:18,310 Non sei que catástrofe volverá causar. Iso é todo. 272 00:16:19,728 --> 00:16:20,688 Un viño? 273 00:16:23,565 --> 00:16:27,027 Teu pai díxome que acabas de graduarte na universidade 274 00:16:27,027 --> 00:16:29,363 e xa tes un traballo no mundo da moda? 275 00:16:29,363 --> 00:16:33,200 Non aínda, pero teño unha entrevista a semana que vén 276 00:16:33,200 --> 00:16:35,202 en París para un posto de axudante. 277 00:16:36,328 --> 00:16:38,247 Vaia, entendera mal. 278 00:16:38,247 --> 00:16:41,500 Si, sabes quen é Carine Roitfeld? 279 00:16:42,209 --> 00:16:43,627 Dirixía Vogue Paris. 280 00:16:43,627 --> 00:16:46,088 Tes unha entrevista con Carine? Si? 281 00:16:46,088 --> 00:16:48,424 A ver, é un postiño de axudante, 282 00:16:49,341 --> 00:16:52,261 pero supoño que lle chamaría a atención o meu CV. 283 00:16:52,261 --> 00:16:56,765 Coñezo a Carine dende hai anos. Falareille ben de ti. 284 00:16:56,765 --> 00:16:58,767 Mi madriña, grazas, Sylvie. 285 00:16:58,767 --> 00:17:04,523 O meu soño sempre foi vivir e traballar en París. 286 00:17:04,523 --> 00:17:08,986 Pois conseguirémosche o teu traballo e piso soñados canto antes. 287 00:17:08,986 --> 00:17:10,195 - Saúde. - Santé. 288 00:17:11,572 --> 00:17:12,406 Santé. 289 00:17:17,745 --> 00:17:19,872 Emily está en videochamada cos pais. 290 00:17:19,872 --> 00:17:21,248 Querías falar comigo? 291 00:17:22,499 --> 00:17:23,625 Non é o momento. 292 00:17:26,712 --> 00:17:28,297 Coñézote. Que pasa? 293 00:17:28,297 --> 00:17:29,548 Non é nada. É que... 294 00:17:30,674 --> 00:17:33,969 Facíame ilusión estarmos a soas este Nadal. Só iso. 295 00:17:35,929 --> 00:17:38,557 Perdoa, sabes onde hai boa cobertura? 296 00:17:38,557 --> 00:17:41,018 No piso de arriba case non hai. 297 00:17:41,018 --> 00:17:44,521 Lamentablemente, nas montañas é mala en todas as partes. Síntoo. 298 00:17:44,521 --> 00:17:45,814 Non pasa nada. 299 00:17:45,814 --> 00:17:49,735 Polo menos puidemos falar uns minutos antes de que se cortara. 300 00:17:50,861 --> 00:17:53,322 Aínda queres ir ver a vila de noite? 301 00:17:53,322 --> 00:17:55,991 Deberiades. A árbore de Nadal é preciosa. 302 00:17:55,991 --> 00:17:59,578 - Si, vou polo abrigo e as botas. - Xenial. 303 00:18:02,331 --> 00:18:03,290 Queres vir? 304 00:18:03,916 --> 00:18:06,877 Dar o mesmo paseo que faciamos xuntos? Non, grazas. 305 00:18:10,464 --> 00:18:11,298 Segura? 306 00:18:11,298 --> 00:18:12,674 Si, pasádeo ben. 307 00:18:18,764 --> 00:18:20,265 FELICES FESTAS 308 00:18:33,153 --> 00:18:34,530 Xa ordenará. Tranquila. 309 00:18:34,530 --> 00:18:37,157 Cando atope traballo e apartamento? 310 00:18:39,451 --> 00:18:44,206 Vou chamar a Carine para asegurarme de que a contrate. 311 00:18:44,206 --> 00:18:47,167 Xenial. Moi boa idea. Cres que che fará caso? 312 00:18:47,167 --> 00:18:50,254 Somos vellas amigas. Estache obsesionada comigo. 313 00:18:50,254 --> 00:18:54,466 Direille que me interesa contratala e fixo que intenta roubarma. 314 00:19:09,398 --> 00:19:10,607 Allô, Carine. 315 00:19:11,483 --> 00:19:13,902 Si, bo Nadal. Son Sylvie. 316 00:19:14,570 --> 00:19:16,947 Perdoa por amolarte nas vacacións, 317 00:19:16,947 --> 00:19:21,660 pero quería falarche dunha rapaciña que vas entrevistar para axudante. 318 00:19:31,336 --> 00:19:32,171 Que? 319 00:19:32,171 --> 00:19:33,172 Que che dixo? 320 00:19:34,464 --> 00:19:37,926 Díxome que se tanto me gusta, debería contratala eu. 321 00:19:54,276 --> 00:19:55,652 Bonjour, Emily! 322 00:19:55,652 --> 00:19:58,488 Asegúrate de estirar antes de esquiar. 323 00:19:59,281 --> 00:20:03,368 A flexibilidade é o mellor escudo para non romper unha perna. 324 00:20:03,869 --> 00:20:04,912 Ou algo peor... 325 00:20:06,038 --> 00:20:08,207 Eu non penso achegarme ás pistas. 326 00:20:16,506 --> 00:20:17,799 Onte chegaches tarde. 327 00:20:19,009 --> 00:20:21,303 Gabriel estivo ensinándome Megève. 328 00:20:22,596 --> 00:20:25,974 Querías tradicións de Nadal francesas? Viviches a máis antiga. 329 00:20:26,767 --> 00:20:30,729 - Saír tarde cunha amante. - Non son a súa amante, son a súa moza. 330 00:20:30,729 --> 00:20:31,855 Emily, por favor. 331 00:20:31,855 --> 00:20:34,483 Sempre tan positiva. Encántame iso de ti. 332 00:20:34,483 --> 00:20:38,403 Pensa unha cousa: está na túa casa para a cea de Nadal? 333 00:20:38,403 --> 00:20:39,446 Coa túa familia? 334 00:20:39,446 --> 00:20:40,864 Este ano non, pero... 335 00:20:40,864 --> 00:20:42,908 Será máis doado co bebé? 336 00:20:45,077 --> 00:20:48,789 É que es adorable. Por iso non podo enfadarme contigo. 337 00:20:53,335 --> 00:20:54,670 Mereces algo mellor, 338 00:20:55,671 --> 00:20:57,589 pero talvez sexa abondo para ti. 339 00:21:04,096 --> 00:21:05,597 Emily, non estás lista? 340 00:21:07,140 --> 00:21:08,558 Vas vir esquiar, non si? 341 00:21:09,810 --> 00:21:11,103 Non creo, non. 342 00:21:11,103 --> 00:21:12,396 Pero ti esquiabas. 343 00:21:12,396 --> 00:21:15,857 Xa, pero hai moitos anos e non quero servos un estorbo. 344 00:21:15,857 --> 00:21:19,736 Para nada, ti tranquila. Levo toda a vida esquiando aquí. 345 00:21:19,736 --> 00:21:24,157 - Nin sequera teño a roupa axeitada. - Non sexas parva, déixoche a miña. 346 00:21:24,157 --> 00:21:26,118 E non me despegarei de ti. 347 00:21:29,413 --> 00:21:30,622 Pois veña logo. 348 00:21:30,622 --> 00:21:31,832 - Si? - Si. 349 00:21:31,832 --> 00:21:33,917 Vouche por algo de roupa. 350 00:21:36,962 --> 00:21:37,796 Pásao ben. 351 00:21:54,896 --> 00:21:56,023 {\an8}OS ALPES ESTÁN VIVOS! 352 00:22:10,245 --> 00:22:13,623 - Esta é a pista dos coellos? - Non, aquí non hai coellos. 353 00:22:13,623 --> 00:22:14,833 Só cabras ás veces. 354 00:22:14,833 --> 00:22:17,210 Quero dicir se é a dos principiantes. 355 00:22:17,794 --> 00:22:19,796 É. É a baixada máis sinxela. 356 00:22:19,796 --> 00:22:22,841 Pero non te achegues á dereita. É para expertos. 357 00:22:23,925 --> 00:22:26,428 Grazas por avisar, pero nin vexo por onde vou. 358 00:22:26,428 --> 00:22:28,513 Baixaremos xuntos lentamente. 359 00:22:29,431 --> 00:22:32,976 - Coida de Emily. - Vai con ollo. Sodes dous esquiando. 360 00:22:34,394 --> 00:22:37,105 Queres que vaia lenta para que non che gañe. 361 00:22:37,105 --> 00:22:38,940 A esquiadora experta son eu. 362 00:22:38,940 --> 00:22:43,028 A ti éche mellor quedar na cociña. 363 00:22:43,028 --> 00:22:44,112 Así estás lista. 364 00:22:45,238 --> 00:22:46,573 A correa non está ben. 365 00:22:47,699 --> 00:22:49,159 Vémonos abaixo. 366 00:22:50,035 --> 00:22:51,078 Camille, agarda! 367 00:22:53,747 --> 00:22:54,790 Gabriel, agarda! 368 00:23:03,382 --> 00:23:05,759 Camille! Amodo! 369 00:23:17,646 --> 00:23:18,480 Veña. 370 00:23:26,947 --> 00:23:29,282 Non, non! 371 00:23:38,792 --> 00:23:39,626 Merde. 372 00:23:53,598 --> 00:23:55,350 Bonjour. Está ben? 373 00:23:59,396 --> 00:24:00,480 Ciao. Todo ben? 374 00:24:02,232 --> 00:24:03,400 Non sei. 375 00:24:04,067 --> 00:24:06,528 Ah, estadounidense. Eu italiano. 376 00:24:07,195 --> 00:24:08,405 Está ben, señorita...? 377 00:24:12,367 --> 00:24:14,035 - Emily. - Emily. 378 00:24:14,035 --> 00:24:17,205 Estou perfectamente. É que non sei esquiar moi ben. 379 00:24:17,873 --> 00:24:19,541 Entón que fas aquí? 380 00:24:19,541 --> 00:24:20,709 Boa pregunta. 381 00:24:21,543 --> 00:24:24,045 Tranquila, Emily. Axúdoche a baixar. 382 00:24:24,045 --> 00:24:25,714 Non tes por que facelo. 383 00:24:25,714 --> 00:24:29,259 Que home sería eu se deixase unha beleza así á súa sorte? 384 00:24:29,259 --> 00:24:32,137 Pois un home francés, parece ser. 385 00:24:32,762 --> 00:24:34,139 Podo? 386 00:24:37,517 --> 00:24:40,312 - Claro. - Moi devagar. 387 00:24:40,312 --> 00:24:43,815 Pensa en ir de lado a lado, non cara a abaixo. Vale? 388 00:24:43,815 --> 00:24:45,025 - Vamos alá. - Veña. 389 00:24:46,234 --> 00:24:47,068 Ai, mi ma. 390 00:24:48,111 --> 00:24:49,237 Ai, Deus. 391 00:24:56,244 --> 00:24:58,038 Moi ben. 392 00:24:59,915 --> 00:25:00,749 Chegamos. 393 00:25:01,458 --> 00:25:02,334 Outra vez? 394 00:25:03,710 --> 00:25:04,753 Moitas grazas. 395 00:25:05,629 --> 00:25:08,173 Salváchesme a vida e nin sei como te chamas. 396 00:25:09,549 --> 00:25:10,800 Marcello. 397 00:25:10,800 --> 00:25:13,637 Non sei que faría sen ti, Marcello. 398 00:25:13,637 --> 00:25:16,264 Baixarías cunha patrulla morta da vergoña. 399 00:25:17,015 --> 00:25:20,727 Sería máis rápido, pero así foi máis divertido. Creo. 400 00:25:28,026 --> 00:25:29,236 Ciao, Emily fermosa. 401 00:25:30,529 --> 00:25:31,363 Ciao. 402 00:25:43,708 --> 00:25:44,543 Bonjour! 403 00:25:45,502 --> 00:25:46,336 Emily! 404 00:25:46,336 --> 00:25:51,841 Ola, son eu! A persoa que deixastes a morrer no cume da montaña. 405 00:25:51,841 --> 00:25:54,219 - Chameite. - Caeume o teléfono. 406 00:25:54,219 --> 00:25:57,347 Perdoa, estaba preocupado por Camille e o bebé. 407 00:25:57,347 --> 00:25:59,891 Por Camille? Camille é adulta 408 00:25:59,891 --> 00:26:02,852 e, como ela mesma di, unha esquiadora experta. 409 00:26:02,852 --> 00:26:06,439 - Síntoo moito, fun eu... - Non ten nada que ver contigo. 410 00:26:06,439 --> 00:26:10,652 Algo ten que ver, pero é complicado. Vai ter o meu fillo. 411 00:26:10,652 --> 00:26:13,863 Xa. Quedoume ben clariño! Vale? 412 00:26:15,991 --> 00:26:17,951 Sempre a vas elixir a ela. 413 00:26:17,951 --> 00:26:19,619 E deberías. 414 00:26:20,245 --> 00:26:25,041 Eu non podo ser a persoa que te aparta constantemente da túa familia. 415 00:26:25,041 --> 00:26:27,961 Non es tal. Es a miña moza. 416 00:26:29,421 --> 00:26:30,255 Non. 417 00:26:31,756 --> 00:26:33,466 Non, son a túa amante, 418 00:26:33,466 --> 00:26:36,303 coa que escapas despois da cea de Nadal. 419 00:26:37,470 --> 00:26:39,389 E é o único que chegarei a ser. 420 00:26:40,348 --> 00:26:41,933 De que falas? 421 00:26:41,933 --> 00:26:42,851 Nós... 422 00:26:44,728 --> 00:26:46,563 Emperrámonos en que funcione, 423 00:26:47,314 --> 00:26:50,900 pero non vai funcionar. Entendes? 424 00:26:51,651 --> 00:26:54,446 É hora de que abramos os ollos! 425 00:26:55,780 --> 00:26:57,574 Emily, a onde vas? 426 00:27:02,245 --> 00:27:03,371 Volvo a París. 427 00:27:04,789 --> 00:27:06,374 Vir aquí foi un erro. 428 00:27:10,211 --> 00:27:11,880 Ou talvez non. 429 00:27:18,553 --> 00:27:21,765 Emily, de verdade queres marchar así? 430 00:27:40,867 --> 00:27:44,037 Mira, queríache dar unha cousiña. 431 00:27:44,037 --> 00:27:46,414 - Un agasallo de nada. - Falas francés! 432 00:27:47,165 --> 00:27:48,083 E nada mal. 433 00:27:48,083 --> 00:27:52,337 Levo moito practicando, pero dábame medo falar diante de ti. 434 00:27:53,338 --> 00:27:55,048 En fin, aquí tes. 435 00:27:56,841 --> 00:27:59,094 Estás chea de sorpresas. 436 00:28:02,972 --> 00:28:05,266 Meu pai díxome que eras fotógrafa, 437 00:28:05,266 --> 00:28:08,103 así que pensei que che gustaría. 438 00:28:09,145 --> 00:28:10,980 Que atenta! Grazas. 439 00:28:10,980 --> 00:28:14,442 Alédame que che guste. Estás a portarte moi ben comigo. 440 00:28:14,442 --> 00:28:18,613 Acollíchesme polo Nadal e chamaches a Carine Roitfeld. 441 00:28:18,613 --> 00:28:21,032 Estouche moi agradecida. 442 00:28:21,991 --> 00:28:23,868 Certo, chamei a Carine. 443 00:28:24,619 --> 00:28:26,746 E, en fin, parece ser... 444 00:28:29,290 --> 00:28:33,837 Eras unha entre moitas candidatas e creo que xa atopou outra persoa. 445 00:28:36,047 --> 00:28:37,132 Entendo. 446 00:28:37,132 --> 00:28:40,552 Que estúpida me sinto por ilusionarme así. 447 00:28:41,720 --> 00:28:43,138 Grazas por intentalo. 448 00:28:44,806 --> 00:28:49,018 E que che parecería traballar para min? En Agence Grateau? 449 00:28:49,018 --> 00:28:51,730 En serio? Estasme a ofrecer traballo? 450 00:28:51,730 --> 00:28:53,189 Interésache? 451 00:28:53,189 --> 00:28:54,941 Interesa, claro! 452 00:28:55,775 --> 00:28:57,736 Mi madriña, é incrible. 453 00:28:57,736 --> 00:29:00,196 - Si? - Mi ma! Grazas! 454 00:29:00,196 --> 00:29:01,322 Que pasa aquí? 455 00:29:01,990 --> 00:29:05,452 Sylvie ofreceume traballo. Aínda non o creo. 456 00:29:05,452 --> 00:29:07,078 Vou chamar a miña nai. 457 00:29:07,078 --> 00:29:09,706 Grazas! Ai, mi madriña! 458 00:29:13,543 --> 00:29:15,378 Ofrecícheslle traballo? 459 00:29:15,378 --> 00:29:16,296 Si, eu... 460 00:29:19,716 --> 00:29:21,926 Contaxieime do espírito do Nadal. 461 00:29:23,553 --> 00:29:27,056 Agora teño que pagarlle dabondo para que marche do meu sofá. 462 00:29:35,648 --> 00:29:36,816 Mindy! 463 00:29:36,816 --> 00:29:38,067 Bonsoir! 464 00:29:39,319 --> 00:29:42,280 É o teu mozo de Nadal? Emily faloume del. 465 00:29:42,280 --> 00:29:43,364 Dominique, enchanté. 466 00:29:43,364 --> 00:29:46,075 - Enchantée. - "Mozo de Nadal"? 467 00:29:46,075 --> 00:29:48,203 Andas contando iso por aí? 468 00:29:48,203 --> 00:29:49,412 Que lindo. 469 00:29:50,163 --> 00:29:52,290 - Vas por unhas copas? - Vou, claro. 470 00:29:53,041 --> 00:29:53,875 Chao. 471 00:29:54,793 --> 00:29:56,544 Non digas que somos mozos. 472 00:29:56,544 --> 00:30:00,840 Di que se vai mudar aquí e quere que o intentemos en serio. 473 00:30:00,840 --> 00:30:03,927 E paréceche mal? É guapísimo. 474 00:30:03,927 --> 00:30:07,055 Só leva aquí un día e xa quere xogar ás casiñas. 475 00:30:07,055 --> 00:30:09,557 Ata me pediu que fose á misa con el. 476 00:30:10,892 --> 00:30:15,230 Tranquilo, hai moitos rapaces que cho sacarían de enriba encantados. 477 00:30:17,732 --> 00:30:19,776 Por que non tomas algo 478 00:30:19,776 --> 00:30:23,029 e falas con el antes de que sexa o mozo doutro? 479 00:30:24,322 --> 00:30:25,323 Está ben. 480 00:30:25,323 --> 00:30:26,699 Veña. 481 00:30:28,076 --> 00:30:29,118 Ola. 482 00:30:29,118 --> 00:30:31,246 - Boas! Perdón, chego tarde. - Ola! 483 00:30:31,246 --> 00:30:33,373 - Tranquilo. - Joyeux Noël. 484 00:30:33,373 --> 00:30:37,043 - Bo Nadal. Un pracer volver a verte. - Xa, estiven ocupado. 485 00:30:37,043 --> 00:30:38,878 Hoxe estás guapísima. 486 00:30:40,421 --> 00:30:42,799 Grazas. Fíxeno eu. Non, era broma. 487 00:30:44,884 --> 00:30:46,219 Moi ben. 488 00:30:46,886 --> 00:30:49,848 O teu amigo Julien rouboume o home dos meus soños. 489 00:30:51,641 --> 00:30:55,103 Non teño a enerxía para finxir que non vos comedes cos ollos. 490 00:30:55,103 --> 00:30:56,688 - Que? Para nada. - Non. 491 00:30:56,688 --> 00:30:58,189 - Que dis? - Estás bébedo. 492 00:31:03,111 --> 00:31:05,905 Mira, deberiamos tocar unha canción. 493 00:31:05,905 --> 00:31:06,823 Si, claro. 494 00:31:17,250 --> 00:31:24,173 Goza ben deste Nadal. 495 00:31:25,466 --> 00:31:32,348 Víveo co corazón contento, 496 00:31:33,224 --> 00:31:38,521 pois o ano que vén tódolos nosos pesares 497 00:31:38,521 --> 00:31:43,526 marcharán voando co vento... 498 00:31:53,870 --> 00:31:54,704 Mira. 499 00:31:55,872 --> 00:31:57,832 Que che dixen? 500 00:31:57,832 --> 00:32:00,668 Un milagre de Nadal. 501 00:32:00,668 --> 00:32:02,295 Agora está libre. 502 00:32:02,295 --> 00:32:05,214 Non está con Emily, pero tampouco quere estar comigo. 503 00:32:05,214 --> 00:32:06,591 Abofé que si! 504 00:32:07,634 --> 00:32:10,887 Camille, non lle deas tantas voltas e vai falar con el. 505 00:32:13,348 --> 00:32:15,099 Precisaría un auténtico milagre. 506 00:32:23,900 --> 00:32:29,364 Ata entón teremos que apañarnos... 507 00:32:29,364 --> 00:32:30,949 Téñoche que contar algo. 508 00:32:33,117 --> 00:32:34,869 Do bebé. 509 00:32:38,998 --> 00:32:44,212 Así que goza ben 510 00:32:44,212 --> 00:32:49,884 do Nadal 511 00:32:50,718 --> 00:32:57,642 esta noite. 512 00:33:03,815 --> 00:33:04,649 Cooper? 513 00:33:08,987 --> 00:33:09,862 Alfie. 514 00:33:13,908 --> 00:33:17,453 Ola. Que fas ti aquí? 515 00:33:17,453 --> 00:33:19,205 Non, que fas ti aquí? 516 00:33:19,914 --> 00:33:21,749 Pensei que ías en Chicago. 517 00:33:22,667 --> 00:33:24,335 Canceláronme o voo. 518 00:33:24,335 --> 00:33:26,921 E logo acabei pasando a Noiteboa 519 00:33:26,921 --> 00:33:30,591 coa familia de Camille e é unha longa historia. 520 00:33:31,259 --> 00:33:32,093 Moi ben. 521 00:33:32,093 --> 00:33:36,556 O caso é que remata con Gabriel e eu rompendo. 522 00:33:38,558 --> 00:33:39,392 Síntoo. 523 00:33:40,226 --> 00:33:43,104 Estás ben? Que pasou? 524 00:33:43,104 --> 00:33:44,814 Pasou a realidade. 525 00:33:46,107 --> 00:33:51,320 Hai un motivo polo que nunca funcionou e por fin o admitín. 526 00:33:55,575 --> 00:33:56,659 Perdoa. Eu... 527 00:33:57,243 --> 00:33:59,495 Alédome moito de verte. 528 00:33:59,495 --> 00:34:00,830 Pasou bastante tempo. 529 00:34:01,873 --> 00:34:02,874 Que tal estás? 530 00:34:02,874 --> 00:34:04,083 Estou ben. 531 00:34:04,959 --> 00:34:08,004 Despois de todo, pensei que non o estaría. 532 00:34:08,796 --> 00:34:11,716 Decidín pasar un tempo a soas. Empecei de cero. 533 00:34:11,716 --> 00:34:16,471 E creo que por fin estou a namorar de París. 534 00:34:16,471 --> 00:34:18,264 Que dis? En serio? 535 00:34:21,601 --> 00:34:23,853 Si. Agora séntame ben. 536 00:34:26,898 --> 00:34:29,734 É de tolos coincidir aquí contigo. 537 00:34:32,236 --> 00:34:34,781 Mindy celebra unha festa esta noite. 538 00:34:36,199 --> 00:34:38,743 A non ser que vaias á igrexa. 539 00:34:40,661 --> 00:34:42,288 Pois si que vou, a verdade. 540 00:34:43,164 --> 00:34:45,541 Espéranme a miña moza e a súa familia. 541 00:34:46,793 --> 00:34:49,128 Imos pasar o Nadal coa súa familia 542 00:34:49,128 --> 00:34:51,798 e ela vai vir a Londres polo Boxing Day. 543 00:34:57,678 --> 00:34:59,472 Xa coñeces os seus pais. 544 00:34:59,472 --> 00:35:01,641 Daquela, vai en serio? 545 00:35:01,641 --> 00:35:02,934 Iso parece. 546 00:35:05,978 --> 00:35:08,689 Entón serache mellor entrar. 547 00:35:11,150 --> 00:35:12,318 Bo Nadal. 548 00:35:14,946 --> 00:35:17,156 Alédome moitísimo por ti. 549 00:35:19,158 --> 00:35:20,368 Bo Nadal, Cooper. 550 00:37:02,470 --> 00:37:07,475 Subtítulos: Abraham Díaz López