1 00:00:19,811 --> 00:00:20,854 Si! 2 00:00:29,362 --> 00:00:30,613 Dálle, Nico! 3 00:00:44,127 --> 00:00:46,046 Nico tocoulle o pau a ese tipo. 4 00:00:46,046 --> 00:00:48,465 Chámanlle taco. E iso é unha traba. 5 00:00:48,465 --> 00:00:50,258 Impediu que marcase un tanto. 6 00:00:50,258 --> 00:00:54,262 Mi ma. Así se fai, Nico! Dáselle moi ben. Creo. 7 00:00:54,262 --> 00:00:56,806 Non entendo nin papa, pero encántame. 8 00:00:58,683 --> 00:01:00,101 Arre demo. 9 00:01:00,101 --> 00:01:03,188 Serán os pantalóns axustados, as botas ou a sela, 10 00:01:03,188 --> 00:01:05,148 pero todo o mundo é sexy a cabalo. 11 00:01:05,148 --> 00:01:08,109 E que vas facer co do Crazy Horse mañá á noite? 12 00:01:08,985 --> 00:01:12,197 Pregravei as voces con Benoît. Problema resolto. 13 00:01:12,989 --> 00:01:17,202 Ninguén se vai decatar cando saque pasear a Hansel e Gretel. 14 00:01:17,202 --> 00:01:19,037 Chámaslles así? En serio? 15 00:01:19,037 --> 00:01:20,538 E como lles chamas ti? 16 00:01:26,628 --> 00:01:27,712 Gol! 17 00:01:28,922 --> 00:01:30,256 Aí está é o meu home! 18 00:01:30,256 --> 00:01:32,092 Tía, sodes lindísimos. 19 00:01:32,092 --> 00:01:35,512 Ti apóialo co polo, el apóiate cando vas coas tetas ó aire. 20 00:01:35,512 --> 00:01:38,139 Mañá non vai vir. Díxenlle eu que non. 21 00:01:38,139 --> 00:01:39,307 En serio? E logo? 22 00:01:39,307 --> 00:01:41,184 Quero manter o misterio 23 00:01:41,184 --> 00:01:44,145 e é difícil se hai outras 300 persoas no público. 24 00:01:44,145 --> 00:01:45,355 Xa, ten sentido. 25 00:01:45,355 --> 00:01:49,025 Pois como entre nós non hai misterio ningún, eu si que irei. 26 00:01:49,025 --> 00:01:52,904 E será un pracer ir a un sitio onde non me tope con Gabriel. 27 00:01:52,904 --> 00:01:56,449 Xa, sobre todo se está coa fillastra esa tan guapa de Sylvie. 28 00:01:56,449 --> 00:02:00,120 Non deixo de imaxinalos ós dous de leria no restaurante. 29 00:02:00,120 --> 00:02:03,957 - Que facía alí tan tarde? - Traballades xuntas. Pregúntalle. 30 00:02:03,957 --> 00:02:05,708 Xa non estou con Gabriel 31 00:02:05,708 --> 00:02:08,419 así que tecnicamente pode leriar con quen queira. 32 00:02:08,419 --> 00:02:09,587 E ti tamén. 33 00:02:09,587 --> 00:02:13,716 Ti viches a morea de tíos curriños que hai rumbando por aí? 34 00:02:13,716 --> 00:02:14,717 Toma, elixe un. 35 00:02:15,218 --> 00:02:17,053 Fin do segundo chukker. 36 00:02:17,053 --> 00:02:20,473 Un período intenso que deixa un Francia, 5-Italia, 4. 37 00:02:20,473 --> 00:02:22,100 O patrocinador de hoxe... 38 00:02:22,100 --> 00:02:23,726 Mi ma, el! 39 00:02:23,726 --> 00:02:25,311 Vaia, si que es decidida. 40 00:02:25,979 --> 00:02:28,356 - Non, digo que o coñezo. - Que? 41 00:02:28,356 --> 00:02:31,317 É o que me rescatou na montaña en Megève. 42 00:02:32,694 --> 00:02:36,281 O Semental Italiano? É Marcello. É amigo de Nico. 43 00:02:36,281 --> 00:02:37,323 En serio? 44 00:02:37,323 --> 00:02:40,076 O que é serio é o bo que está. Vaia ollo, tía. 45 00:02:40,702 --> 00:02:42,871 Nin me decatara co asustada que estaba. 46 00:02:58,636 --> 00:03:01,472 {\an8}Dende logo, non trouxen o calzado axeitado. 47 00:03:01,472 --> 00:03:04,225 {\an8}Achaiar terróns é parte da experiencia do polo. 48 00:03:04,225 --> 00:03:07,228 {\an8}Que posibilidades había de volver atopar a Marcello? 49 00:03:07,228 --> 00:03:09,480 {\an8}Que cho calcule ese corredor de apostas. 50 00:03:11,065 --> 00:03:13,234 {\an8}- Vaia golazo! - Grazas, ruliña. 51 00:03:15,278 --> 00:03:17,280 {\an8}Este case me tira do cabalo. 52 00:03:17,280 --> 00:03:19,324 {\an8}- Chámase defender. - Xa, claro. 53 00:03:20,158 --> 00:03:20,992 {\an8}Emily? 54 00:03:21,784 --> 00:03:22,660 {\an8}Ola de novo. 55 00:03:23,286 --> 00:03:24,287 {\an8}Coñecédesvos? 56 00:03:24,287 --> 00:03:25,205 {\an8}Abofé. 57 00:03:25,205 --> 00:03:26,956 {\an8}A estadounidense de Megève. 58 00:03:26,956 --> 00:03:31,252 {\an8}- Unha memoria impresionante. - Ti si que me deixaches impresionado. 59 00:03:32,086 --> 00:03:34,589 {\an8}E logo, que pasou en Megève? 60 00:03:34,589 --> 00:03:37,008 {\an8}Iso, Emily, que pasou en Megève? 61 00:03:38,134 --> 00:03:42,764 {\an8}Dáseme fatal esquiar. Ía dereitiña cara á morte e el salvoume. 62 00:03:43,348 --> 00:03:45,141 {\an8}Portouse coma todo un heroe. 63 00:03:45,141 --> 00:03:46,935 {\an8}Calquera faría o mesmo. 64 00:03:46,935 --> 00:03:48,770 {\an8}Calquera non. 65 00:03:50,146 --> 00:03:50,980 {\an8}Que bonito. 66 00:03:51,981 --> 00:03:54,234 {\an8}Mindy, quero que saúdes a alguén. 67 00:03:54,817 --> 00:03:55,652 {\an8}Desculpádenos. 68 00:03:56,486 --> 00:03:57,528 {\an8}Chao. 69 00:03:57,528 --> 00:04:01,616 {\an8}Cando che axudei no descenso non mencionaches que vivías en París. 70 00:04:01,616 --> 00:04:04,118 Estaba demasiado ocupada berrando. 71 00:04:05,662 --> 00:04:09,874 Son de Chicago, pero mudeime aquí por traballo. 72 00:04:09,874 --> 00:04:12,377 Son publicista en Agence Grateau. 73 00:04:13,253 --> 00:04:14,545 Ti tamén vives aquí? 74 00:04:14,545 --> 00:04:16,422 Vivo en Roma, estou de visita. 75 00:04:17,090 --> 00:04:20,426 Nunca fun a Italia, pero comín no Eataly. Iso conta? 76 00:04:20,426 --> 00:04:22,178 Non conta, para nada. 77 00:04:23,513 --> 00:04:27,809 Cando vaias, cousa que debes facer, tes que visitar Solitano, 78 00:04:27,809 --> 00:04:31,479 unha vila preto de Roma onde vive e traballa a miña familia. 79 00:04:31,479 --> 00:04:32,897 A que vos dedicades? 80 00:04:33,856 --> 00:04:34,691 Pois nós... 81 00:04:35,817 --> 00:04:37,151 Criamos cabras. 82 00:04:38,194 --> 00:04:39,946 - Es cabreiro? - Son. 83 00:04:39,946 --> 00:04:41,364 Por que non te creo? 84 00:04:41,364 --> 00:04:44,075 Será que non coñeciches antes a ningún. 85 00:04:45,034 --> 00:04:47,161 Ó final deches co teu mozo en Megève? 86 00:04:47,787 --> 00:04:50,164 Dei con el, si, e logo volvín perdelo. 87 00:04:50,164 --> 00:04:52,834 Xa non estamos xuntos. 88 00:04:53,793 --> 00:04:54,794 Vaia, que mágoa. 89 00:04:56,212 --> 00:04:57,714 A ver, mágoa non me dá. 90 00:04:58,464 --> 00:04:59,757 Non te merecía. 91 00:04:59,757 --> 00:05:01,175 Por que o dis? 92 00:05:01,175 --> 00:05:04,304 Se te merecese, non te abandonaría dese xeito. 93 00:05:05,805 --> 00:05:08,558 De tódolos xeitos, non quedarei moito en París. 94 00:05:10,268 --> 00:05:12,145 Vémonos antes de que marche? 95 00:05:12,145 --> 00:05:14,314 Claro, encantaríame. 96 00:05:15,565 --> 00:05:17,317 Prosegue o xogo. 97 00:05:18,609 --> 00:05:20,236 Teño que volver. 98 00:05:20,236 --> 00:05:21,612 Boa sorte. 99 00:05:23,865 --> 00:05:25,491 Vésevos moi ben xuntos. 100 00:05:25,491 --> 00:05:28,661 - Quere quedar comigo. - Volves empuñar as rendas. 101 00:05:36,085 --> 00:05:38,546 Bo día. Onde está Camille? 102 00:05:38,546 --> 00:05:41,049 E eu que sei! Ninguén me conta nada! 103 00:05:41,049 --> 00:05:44,177 Van e veñen, convidan amigos, mozos e mozas. 104 00:05:44,177 --> 00:05:47,138 Xa non sei quen está con quen nin o quero saber! 105 00:05:47,722 --> 00:05:48,806 Bonjour... 106 00:05:48,806 --> 00:05:49,891 Todo ben? 107 00:05:50,850 --> 00:05:53,102 Atópame outra inquilina e irá mellor! 108 00:05:53,102 --> 00:05:54,562 E dito isto, bo día. 109 00:05:56,898 --> 00:05:59,150 Camille mudouse? A onde foi? 110 00:05:59,984 --> 00:06:00,985 Non me dixo nada. 111 00:06:00,985 --> 00:06:03,613 Nin sequera puiden despedirme. 112 00:06:03,613 --> 00:06:07,533 Creo que precisaba comezar de novo. 113 00:06:09,744 --> 00:06:10,953 Pode que coma todos. 114 00:06:27,011 --> 00:06:29,305 Agora deuche por ir de camareiro? 115 00:06:29,305 --> 00:06:33,059 Hoxe veñen os de Bavazza e mandáronnos café de proba. 116 00:06:33,059 --> 00:06:35,895 Non hai nada mellor có expreso italiano. 117 00:06:35,895 --> 00:06:37,188 E o torrado francés? 118 00:06:39,023 --> 00:06:42,944 Teremos cafeterías moi bonitas, pero o noso café é unha merda. 119 00:06:42,944 --> 00:06:44,821 Non, é sutil. 120 00:06:45,905 --> 00:06:48,699 O café debe acompañar a comida, non avasalala. 121 00:06:48,699 --> 00:06:50,785 Emily, cal prefires ti? 122 00:06:50,785 --> 00:06:52,995 Eu sonvos de Starbucks, síntoo. 123 00:06:52,995 --> 00:06:54,163 Non! 124 00:06:55,331 --> 00:06:56,374 Por que? 125 00:06:56,374 --> 00:06:59,335 Xulgade canto queirades, pero un non vive ata probar 126 00:06:59,335 --> 00:07:02,004 un macchiato con crocante de mazá e caramelo. 127 00:07:02,004 --> 00:07:03,381 Sabe a outono. 128 00:07:03,381 --> 00:07:05,341 Ti no es de café, es de azucre. 129 00:07:05,341 --> 00:07:07,301 Gústame festexar as estacións. 130 00:07:11,848 --> 00:07:14,851 Ola, tráioche os deseños finais da lata de Chamère. 131 00:07:14,851 --> 00:07:16,185 Grazas. 132 00:07:16,185 --> 00:07:19,105 Como rematou a rodaxe no restaurante de Gabriel? 133 00:07:19,105 --> 00:07:21,607 Pois a verdade é que foi moi ben. 134 00:07:21,607 --> 00:07:23,234 Unha vez tranquilo, 135 00:07:23,234 --> 00:07:25,194 ten un don diante da cámara. 136 00:07:25,194 --> 00:07:26,195 É bo sabelo. 137 00:07:27,029 --> 00:07:28,239 E alongouse a noite? 138 00:07:29,115 --> 00:07:31,701 Non moito. Algúns quedamos e tomamos algo. 139 00:07:31,701 --> 00:07:35,830 Seguro que o pasastes xenial, pero é importante que lembres 140 00:07:35,830 --> 00:07:38,791 que debemos manter certos límites cos clientes. 141 00:07:40,084 --> 00:07:41,961 Emily, non foi así. 142 00:07:41,961 --> 00:07:43,504 Sei que estás doída, 143 00:07:43,504 --> 00:07:46,966 e gustaríame facer o que sexa para axudarvos. 144 00:07:47,800 --> 00:07:51,179 Seguro que dixo o que dixo porque sabía que non o entenderías. 145 00:07:51,179 --> 00:07:54,098 Non te preocupes. Perdoa por involucrarte. 146 00:07:54,098 --> 00:07:59,061 Por favor, só quero axudar. Se queres, serei a túa intérprete persoal. 147 00:07:59,061 --> 00:08:01,397 Perfecto. Grazas. 148 00:08:02,231 --> 00:08:03,441 Bonjour, Emily. 149 00:08:03,441 --> 00:08:04,525 Genevieve. 150 00:08:05,902 --> 00:08:07,278 Debina enfadar ou algo. 151 00:08:07,278 --> 00:08:10,114 Sylvie é sempre así. Xa te irás afacendo. 152 00:08:10,114 --> 00:08:13,784 Non, é que sigo na súa casa e meu pai nin sequera está. 153 00:08:13,784 --> 00:08:15,119 Vai en Saint-Tropez. 154 00:08:15,870 --> 00:08:17,663 Estou a abusar da acollida. 155 00:08:20,833 --> 00:08:22,919 Ti sabes dalgún cuarto libre? 156 00:08:23,711 --> 00:08:24,795 Pois a verdade... 157 00:08:28,341 --> 00:08:29,175 Non. 158 00:08:30,676 --> 00:08:33,429 Atopar piso en París é moi complicado. Síntoo. 159 00:08:33,429 --> 00:08:36,098 Pois se sabes de algo avísame, por favor. 160 00:08:46,651 --> 00:08:50,404 Vale, moi ben. Si. Perfecto. Veña. 161 00:08:50,404 --> 00:08:52,907 Representades a Francia en Eurovisión. 162 00:08:52,907 --> 00:08:54,742 Quero sorrisos vitoriosos. 163 00:09:00,122 --> 00:09:01,582 Aquí falta algo. 164 00:09:02,875 --> 00:09:06,212 "Mon soleil" é unha canción de amor, non? 165 00:09:06,212 --> 00:09:07,630 - É. - É, si. 166 00:09:07,630 --> 00:09:09,924 Pois nin vexo nin sinto ese amor. 167 00:09:09,924 --> 00:09:11,509 É que non estamos xuntos. 168 00:09:11,509 --> 00:09:12,802 Teño mozo. 169 00:09:14,095 --> 00:09:15,888 - E non é el. - Xa non. 170 00:09:15,888 --> 00:09:19,267 Mirade, levo metida nisto máis tempo do que me gustaría. 171 00:09:19,267 --> 00:09:23,479 Se queredes gañar, dádelles ós votantes unha historia. 172 00:09:25,314 --> 00:09:27,358 E pode ser ficticia, meus reis. 173 00:09:27,358 --> 00:09:30,570 Aí levas razón. Que facemos entón? 174 00:09:30,570 --> 00:09:31,904 Ti, alí. 175 00:09:31,904 --> 00:09:32,822 Veña. 176 00:09:35,199 --> 00:09:37,034 Un pasiño máis. Si. Aí. 177 00:09:37,034 --> 00:09:39,078 Algo máis. Sigue. Marabilloso. 178 00:09:39,078 --> 00:09:41,872 - Agora ti. Sofá, senta. - Vale. 179 00:09:41,872 --> 00:09:43,249 E ti, aí. 180 00:09:43,249 --> 00:09:45,626 Súbete. Achégatelle ben. Iso. 181 00:09:46,669 --> 00:09:47,920 Míraa. 182 00:09:47,920 --> 00:09:48,963 Si, claro. 183 00:09:49,755 --> 00:09:52,300 Esa man. Xusto aí. Fantástico. Ben. 184 00:09:52,300 --> 00:09:54,385 Agora mirádevos ós ollos. 185 00:09:54,385 --> 00:09:56,470 Seguide así. 186 00:09:57,847 --> 00:10:00,099 Moi ben. Mellor. E agora... 187 00:10:00,099 --> 00:10:02,727 Movédevos coma se fósedes bicarvos. 188 00:10:06,647 --> 00:10:08,941 Iso é. Marabilloso. Aguantade. 189 00:10:11,527 --> 00:10:13,112 Aguantade así. 190 00:10:14,071 --> 00:10:15,156 Fantástico. 191 00:10:19,785 --> 00:10:22,955 Bavazza é sinónimo de luxo italiano 192 00:10:22,955 --> 00:10:27,668 e entusiásmanos presentalo no mercado francés. 193 00:10:27,668 --> 00:10:28,919 Incrible. 194 00:10:28,919 --> 00:10:31,589 Si, bravo. E tes un italiano perfecto. 195 00:10:31,589 --> 00:10:34,050 Luc agocha moitos talentos. 196 00:10:34,800 --> 00:10:37,720 - Todos falades varios idiomas? - Todos menos ti. 197 00:10:37,720 --> 00:10:41,682 - Que linguas falas ti? - Domino tódalas linguas onde importa. 198 00:10:41,682 --> 00:10:46,354 Por suposto, todos somos conscientes da eterna rivalidade 199 00:10:46,354 --> 00:10:49,440 entre franceses e italianos. 200 00:10:49,440 --> 00:10:53,319 - Quen ten os mellores viños? - Nós. 201 00:10:53,319 --> 00:10:55,946 - Os mellores equipos de fútbol? - Nós. 202 00:10:55,946 --> 00:10:58,282 Porén, hai un feito innegable. 203 00:10:58,282 --> 00:11:00,242 En Italia tedes o mellor café. 204 00:11:00,242 --> 00:11:03,621 Forte, profundo e cunha beleza complexa. 205 00:11:04,830 --> 00:11:07,541 - Igual cás súas mulleres. - Vaia galán. 206 00:11:09,085 --> 00:11:12,296 - Así non hai quen traballe. - Ímonos amañando. 207 00:11:12,296 --> 00:11:14,173 En prol da diplomacia, 208 00:11:14,173 --> 00:11:18,844 gustaríanos que en Bavazza unades as nosas marabillosas culturas 209 00:11:19,470 --> 00:11:23,683 e invitedes ós parisienses a apreciar o expreso italiano igual ca vós. 210 00:11:23,683 --> 00:11:27,353 Chamarémoslle "Como Bavazzas ti?". 211 00:11:27,353 --> 00:11:29,063 COMO BAVAZZAS TI? 212 00:11:29,063 --> 00:11:31,524 Xa sexa un latte no Louvre, 213 00:11:31,524 --> 00:11:36,487 un capuchino nas Catacumbas ou un café dobre no Sacré-Cœur. 214 00:11:37,113 --> 00:11:37,947 Non está mal. 215 00:11:38,698 --> 00:11:41,617 Sacaremos imaxes de aí para a festa de lanzamento? 216 00:11:41,617 --> 00:11:42,743 Magnífica idea. 217 00:11:43,327 --> 00:11:46,205 Guapa e intelixente. 218 00:11:48,582 --> 00:11:50,042 E que máis serviremos? 219 00:11:50,042 --> 00:11:53,671 Os italianos non bebemos capuchino despois das 11:00, sabedes? 220 00:11:53,671 --> 00:11:54,672 Iso mesmo. 221 00:11:54,672 --> 00:11:59,802 Que tal uns espresso martinis? Van ben a calquera hora. 222 00:11:59,802 --> 00:12:03,222 Iso é certo. As miñas amigas e eu estamos obsesionadas. 223 00:12:04,473 --> 00:12:09,145 Claro. Podemos chamarlles Bavazzatinis. 224 00:12:09,145 --> 00:12:10,438 Encántame. 225 00:12:10,438 --> 00:12:11,605 A nós tamén. 226 00:12:12,523 --> 00:12:15,025 E outra cousiña, non quero pasarme, 227 00:12:15,025 --> 00:12:18,070 pero representamos un chef novo e incrible, Gabriel. 228 00:12:18,070 --> 00:12:19,905 Emily, se che parece ben, 229 00:12:19,905 --> 00:12:23,909 podería ser divertido invitalo á festa e incluílo na campaña? 230 00:12:27,580 --> 00:12:28,539 Claro... 231 00:12:29,290 --> 00:12:30,291 Por que non? 232 00:12:30,291 --> 00:12:34,420 Sabemos que traballades con el, pero que ten de especial este chef? 233 00:12:35,129 --> 00:12:37,381 Está... bo. 234 00:12:38,966 --> 00:12:42,553 Velaquí o seu Instagram, xa veredes. 235 00:12:50,269 --> 00:12:51,103 Xa vexo. 236 00:12:55,274 --> 00:12:59,236 Gen, gustaríame que me comentes esas cousas antes de dicilas. 237 00:12:59,236 --> 00:13:03,032 Xa o sei. Saíume sen pensalo. Dígolles que o esquezan? 238 00:13:03,032 --> 00:13:04,909 Non, non foi unha mala idea, 239 00:13:04,909 --> 00:13:08,412 pero non podes andar vendéndolle marcas ó meu cliente. 240 00:13:08,412 --> 00:13:09,371 Perdoa. 241 00:13:10,039 --> 00:13:12,249 É que pensei que non vos falabades. 242 00:13:12,249 --> 00:13:15,044 Que ben te coaches aí, Genevieve. 243 00:13:15,044 --> 00:13:17,213 Vas aprendendo da mellor. 244 00:13:17,213 --> 00:13:18,130 Grazas. 245 00:13:28,849 --> 00:13:31,018 CANDO ESTÁS LIBRE? BICOS, MARCELLO 246 00:13:41,695 --> 00:13:43,405 Umberto Muratori. 247 00:13:44,406 --> 00:13:45,616 De onde o sacaches? 248 00:13:45,616 --> 00:13:47,993 Só é un agasallo dun amigo. 249 00:13:48,786 --> 00:13:50,412 Marcello Muratori? 250 00:13:51,330 --> 00:13:52,164 Coñécelo? 251 00:13:52,164 --> 00:13:53,541 Sei quen é. 252 00:13:56,043 --> 00:13:59,129 A iso se dedica a familia. Dixo que crían cabras. 253 00:13:59,129 --> 00:14:02,258 Crían. E delas sacan a mellor caxemira de Italia. 254 00:14:02,258 --> 00:14:03,801 De Europa, máis ben. 255 00:14:03,801 --> 00:14:05,719 É incrible o suave que é. 256 00:14:05,719 --> 00:14:07,680 A súa calidade é inigualable, 257 00:14:07,680 --> 00:14:09,723 pero funcionan a pequena escala. 258 00:14:09,723 --> 00:14:12,309 Crean edicións limitadas que se venden de contado. 259 00:14:12,309 --> 00:14:15,020 É imposible atopalas. Nin aquí en París. 260 00:14:15,020 --> 00:14:16,772 Nunca oíra falar deles. 261 00:14:16,772 --> 00:14:18,315 Non me sorprende. 262 00:14:18,899 --> 00:14:21,861 Non é a caxemira esa que atopas no H&M. 263 00:14:21,861 --> 00:14:23,571 Aquí falamos de luxo. 264 00:14:24,864 --> 00:14:28,242 Levar algo así é sinal dun gusto exquisito. 265 00:14:28,909 --> 00:14:31,453 Daquela, por que cho enviou a ti Marcello? 266 00:14:31,453 --> 00:14:34,665 Porque teño un gusto exquisito, obviamente. 267 00:14:34,665 --> 00:14:36,083 Agora si, polo menos. 268 00:14:56,687 --> 00:14:58,689 Nicolas, non sabía que viñas. 269 00:14:59,648 --> 00:15:00,858 Non ía vir, 270 00:15:00,858 --> 00:15:04,737 pero se é importante para Mindy, quero apoiala. 271 00:15:05,446 --> 00:15:07,656 Sei que o apreciará moito. 272 00:15:08,741 --> 00:15:11,994 MINDY: ONDE ESTÁS? PODES VIR ÓS CAMERINOS? 273 00:15:11,994 --> 00:15:13,913 Perdoa, descúlpame un momento. 274 00:15:17,833 --> 00:15:21,045 - Van abrir o pano. Sé rápida. - Sereino. Merci. Ola. 275 00:15:21,045 --> 00:15:22,838 Emily, estou fodida. 276 00:15:22,838 --> 00:15:26,884 Pregravamos as voces para cantar por riba mentres... 277 00:15:26,884 --> 00:15:31,055 - Sacas pasear a Hansel e Gretel. - Pero o arquivo de audio non vai. 278 00:15:32,431 --> 00:15:35,017 Vanme saír máis galos ca no Popstar Chinés. 279 00:15:35,017 --> 00:15:36,560 Que non! 280 00:15:36,560 --> 00:15:38,646 Ti imaxina o público espido. 281 00:15:38,646 --> 00:15:40,481 Xa estás. Que nunca funciona! 282 00:15:40,481 --> 00:15:42,524 Sobre todo se eu tamén estou espida. 283 00:15:42,524 --> 00:15:44,985 Señoras, primeira posición. Ti, fóra. 284 00:15:45,819 --> 00:15:46,654 Moita merda. 285 00:15:47,947 --> 00:15:49,239 Em, que vou facer? 286 00:15:51,075 --> 00:15:53,911 Non o deas todo de golpe. 287 00:15:53,911 --> 00:15:56,246 Que intúan, déixaos con ganas de máis. 288 00:15:56,246 --> 00:15:57,748 A miña máxima no insti. 289 00:15:57,748 --> 00:15:59,875 Eras unha quentabraguetas, como non. 290 00:15:59,875 --> 00:16:01,460 Non. Era unha romántica. 291 00:16:03,003 --> 00:16:06,090 Acabas de darme unha idea, pero vasme ter que axudar. 292 00:16:14,306 --> 00:16:16,517 Ai, si, si, si, si, si. 293 00:16:17,685 --> 00:16:20,104 Oh! Ai, si, si, si. 294 00:16:21,271 --> 00:16:23,983 Creo que o volvín facer, 295 00:16:23,983 --> 00:16:27,987 deixeime levar, co teu corazón xoguei. 296 00:16:27,987 --> 00:16:32,366 Oh, meu ben, meu ben. Ups, cres que namorei, 297 00:16:32,366 --> 00:16:35,285 que caín do ceo, que son un presente. 298 00:16:35,285 --> 00:16:38,205 Non son tan inocente. 299 00:16:38,205 --> 00:16:40,958 Mira, velaquí o meu problema: 300 00:16:40,958 --> 00:16:46,547 boto o día a soñar esperta desexando que os heroes existan de veras. 301 00:16:46,547 --> 00:16:49,383 Choro vendo pasar os días. 302 00:16:49,383 --> 00:16:54,346 Sonche máis parva do que pensarías. 303 00:16:54,346 --> 00:16:58,976 Porque perder a cabeza así 304 00:16:58,976 --> 00:17:01,937 é tan típico de min. 305 00:17:01,937 --> 00:17:06,025 Oh, meu ben, meu ben, volvino facer. 306 00:17:06,025 --> 00:17:10,696 Deixeime levar, co teu corazón xoguei. 307 00:17:10,696 --> 00:17:14,450 Oh, meu ben, meu ben. Ups, cres que namorei, 308 00:17:14,450 --> 00:17:18,078 que caín do ceo, que son un presente. 309 00:17:18,078 --> 00:17:24,460 Non son tan inocente. 310 00:17:38,098 --> 00:17:40,976 Ups, volvino facer. 311 00:17:40,976 --> 00:17:46,523 Deixeime levar, co teu corazón xoguei. Oh, meu ben. 312 00:17:46,523 --> 00:17:53,530 Ups, cres que caín do ceo, que son un presente. 313 00:17:54,281 --> 00:17:58,452 Non son tan inocente. 314 00:18:03,582 --> 00:18:05,375 - Bravo! - Bravo! 315 00:18:24,061 --> 00:18:26,605 - Estiveches impresionante! - Non estiven soa. 316 00:18:26,605 --> 00:18:28,482 Vaia equipazo facedes. 317 00:18:29,775 --> 00:18:31,860 Nico. Viñeches. 318 00:18:31,860 --> 00:18:32,861 Claro que si. 319 00:18:32,861 --> 00:18:34,947 Estou moi orgulloso de ti. 320 00:18:35,614 --> 00:18:37,199 Estabas moi sexy aí arriba. 321 00:18:37,199 --> 00:18:38,534 Grazas. 322 00:18:39,368 --> 00:18:40,661 E ti tamén viñeches. 323 00:18:41,203 --> 00:18:42,955 Vin, pero xa marchaba. 324 00:18:42,955 --> 00:18:44,414 Eu tamén. 325 00:18:44,414 --> 00:18:46,291 - Quérote. - Eu tamén te quero. 326 00:18:50,003 --> 00:18:53,382 Só veu axudarme coa voz pregravada por se facía falla. 327 00:18:53,382 --> 00:18:54,299 Non pasa nada. 328 00:18:54,299 --> 00:18:57,261 É que é algo raro que pase tanto tempo contigo. 329 00:19:02,099 --> 00:19:02,933 Estás ben? 330 00:19:04,101 --> 00:19:04,935 Pois non. 331 00:19:05,811 --> 00:19:09,064 Estaba cunha persoa xenial e deixeina escapar. 332 00:19:14,111 --> 00:19:18,240 EMILY: PODEMOS VERNOS? ESTA NOITE? 333 00:19:21,618 --> 00:19:26,540 E aí tes o celebérrimo lugar en que me caeu unha crêpe e chorei. 334 00:19:26,540 --> 00:19:28,083 Levaba unha boa chea. 335 00:19:28,083 --> 00:19:29,877 Faríaste de ouro como guía. 336 00:19:31,044 --> 00:19:32,796 Estou a aprender moito de ti. 337 00:19:32,796 --> 00:19:36,091 Eu hoxe tamén aprendín moito de ti, pastor solitario. 338 00:19:36,592 --> 00:19:40,012 A miña xefa faloume da empresa de caxemira da túa familia. 339 00:19:40,596 --> 00:19:43,307 Diso coñeces a Nicolas? Da industria da moda? 340 00:19:43,307 --> 00:19:47,644 Algo así. Estudamos xuntos na London School of Economics. 341 00:19:49,521 --> 00:19:52,524 - Como é Londres comparado con Roma? - Estiveches? 342 00:19:52,524 --> 00:19:53,942 Aínda non. 343 00:19:54,651 --> 00:19:57,112 Haberá que sacarte algo de París, Emily. 344 00:19:58,030 --> 00:19:59,907 Londres é incrible. 345 00:20:00,449 --> 00:20:03,285 Tiña un piso xenial, amigos xeniais, 346 00:20:03,285 --> 00:20:06,455 fun a moitas festas e tamén me caeron varias crêpes. 347 00:20:07,456 --> 00:20:10,626 Ata cheguei a pensar que viviría alí para sempre. 348 00:20:10,626 --> 00:20:11,543 E que cambiou? 349 00:20:12,419 --> 00:20:13,253 Deume morriña. 350 00:20:14,671 --> 00:20:19,468 Londres era mellor para a miña carreira, pero botaba de menos Solitano. 351 00:20:20,344 --> 00:20:22,221 Alí son todos coma da familia 352 00:20:22,721 --> 00:20:29,186 e supoño que tiven que marchar para darme conta de que é o meu sitio. 353 00:20:30,062 --> 00:20:31,480 E ti? 354 00:20:31,480 --> 00:20:32,940 Botas de menos Chicago? 355 00:20:33,857 --> 00:20:39,696 Boto, si. Pero agora mesmo, París é a miña cidade favorita do mundo. 356 00:20:40,322 --> 00:20:42,658 Iso é porque non fuches a Roma. 357 00:20:43,450 --> 00:20:44,326 Aínda. 358 00:20:46,078 --> 00:20:49,998 A ver, guía turística, cal é a vindeira parada? 359 00:20:52,834 --> 00:20:55,671 Gústame correr pola Pont Alexandre ben cedo de mañá, 360 00:20:55,671 --> 00:20:57,214 cando é toda para min. 361 00:20:58,257 --> 00:21:00,467 Eu fago o mesmo na Ponte Garibaldi. 362 00:21:00,467 --> 00:21:04,513 Hai un sitio dende onde se ven a Ponte Sisto e a Capela Sixtina. 363 00:21:04,513 --> 00:21:06,348 Seguro que é lindísimo. 364 00:21:06,348 --> 00:21:08,684 Máis fermoso do que imaxinas. 365 00:21:10,560 --> 00:21:12,688 Mi ma! Xa case vai clarear! 366 00:21:14,398 --> 00:21:16,775 Quédache un sitio por ver. Ven. 367 00:21:27,953 --> 00:21:31,248 Sei que é un clixé de París, pero non puiden resistirme. 368 00:21:31,248 --> 00:21:34,668 Os clixés existen por algo. 369 00:21:35,794 --> 00:21:36,837 Que fermosura. 370 00:21:41,216 --> 00:21:42,634 Teño que volver á casa. 371 00:21:42,634 --> 00:21:45,679 Vou precisar unha chea de café para aguantar o día. 372 00:21:46,972 --> 00:21:51,184 Falando diso, a miña axencia celebra unha festa para Bavazza esta noite. 373 00:21:51,685 --> 00:21:54,104 Podes vir, sentiraste coma na casa. 374 00:21:54,104 --> 00:21:57,357 Encantaríame, pero xa estarei na miña casa de verdade. 375 00:21:57,941 --> 00:21:59,443 Hoxe collo un voo a Roma. 376 00:22:00,986 --> 00:22:04,197 - Oxalá tivésemos máis tempo. - Oxalá. 377 00:22:06,950 --> 00:22:10,329 En fin, sempre nos quedará París. 378 00:22:24,843 --> 00:22:26,970 Entón xa estiveches cun francés, 379 00:22:26,970 --> 00:22:30,432 cun británico, outra vez cun francés e agora cun italiano? 380 00:22:30,432 --> 00:22:32,517 Non che cabe tanto selo no pasaporte. 381 00:22:33,268 --> 00:22:35,103 Non houbo selo ningún, vale? 382 00:22:35,103 --> 00:22:39,566 Falamos, camiñamos e, xa sabes, corremos costa arriba. 383 00:22:40,734 --> 00:22:42,903 Soa á cita dos teus soños. 384 00:22:42,903 --> 00:22:46,740 A próxima deberiades suar a rego e correr unha media maratón. 385 00:22:46,740 --> 00:22:48,075 Cala, tía. 386 00:22:48,825 --> 00:22:50,160 E que tal a túa noite? 387 00:22:50,160 --> 00:22:52,913 Vin a Nicolas algo tenso despois da actuación. 388 00:22:52,913 --> 00:22:53,872 Estaba, si. 389 00:22:53,872 --> 00:22:55,832 Non lle gusta que quede co meu ex, 390 00:22:55,832 --> 00:23:00,128 pero díxenlle que Benoît vai estar aí, sobre todo co de Eurovisión. 391 00:23:00,128 --> 00:23:02,381 Non vai desaparecer sen máis. 392 00:23:02,381 --> 00:23:04,174 E como o tomou? 393 00:23:04,174 --> 00:23:07,677 Non moi ben, pero terá que afacerse. 394 00:23:08,387 --> 00:23:09,846 Quérolle ben a Benoît. 395 00:23:09,846 --> 00:23:13,100 Non estamos xuntos, pero quéroo na miña vida. 396 00:23:13,725 --> 00:23:16,353 Xa, eu sinto iso mesmo por Gabriel, 397 00:23:16,353 --> 00:23:19,356 pero segue a doerme cada vez que o vexo. 398 00:23:19,356 --> 00:23:21,149 Leva tempo, Em. 399 00:23:29,699 --> 00:23:31,785 Emily! Ola! 400 00:23:32,369 --> 00:23:34,079 Vaia festón, non? 401 00:23:34,079 --> 00:23:36,331 Estouno pasando de carallo. 402 00:23:36,331 --> 00:23:40,627 Probastes os Babazzatini? Deliciosos, meus! 403 00:23:40,627 --> 00:23:41,753 Cantos tomaches? 404 00:23:41,753 --> 00:23:44,131 Demasiados. Vai pasar a noite a cen. 405 00:23:44,131 --> 00:23:46,341 Estou a vivir la dolce vita. 406 00:23:47,134 --> 00:23:49,511 Grazas por esta festa espléndida. 407 00:23:49,511 --> 00:23:52,347 Se ti estás feliz, nós estamos felices. 408 00:23:52,347 --> 00:23:55,308 Que mágoa que non teñades oficina en Roma. 409 00:23:55,308 --> 00:23:56,268 Xa. 410 00:23:56,268 --> 00:23:58,645 Gustaríame continuar coa relación. 411 00:23:59,146 --> 00:24:00,313 Que? 412 00:24:01,273 --> 00:24:02,607 Que che dixo? 413 00:24:02,607 --> 00:24:04,568 Nada, cousas de negocios, 414 00:24:04,568 --> 00:24:06,820 pero non llo contes a Marianne. 415 00:24:06,820 --> 00:24:07,737 Bianca! 416 00:24:14,077 --> 00:24:16,621 Ola. 417 00:24:16,621 --> 00:24:17,789 Grazas por vir. 418 00:24:18,415 --> 00:24:20,876 A ti pola cafeteira Bavazza para o restaurante. 419 00:24:20,876 --> 00:24:24,045 Non foi cousa miña. Foi idea de Genevieve. 420 00:24:25,672 --> 00:24:27,716 Mira, sei que está a ser incómodo, 421 00:24:27,716 --> 00:24:30,010 pero non quero que sexa así. 422 00:24:30,010 --> 00:24:32,637 Emily, sei que che gusta telo todo ordenado, 423 00:24:33,805 --> 00:24:36,349 pero pensas que vai ser tan doado? 424 00:24:38,477 --> 00:24:41,354 O mellor é que cada un teñamos o noso espazo. 425 00:24:43,064 --> 00:24:46,568 Pasar un tempo sós. Descubrir que queremos. 426 00:24:48,069 --> 00:24:48,945 Buona sera. 427 00:24:50,780 --> 00:24:55,410 - Marcello, non volvías hoxe a Roma? - Prefiro perder un voo ca unha festa. 428 00:24:58,705 --> 00:24:59,706 Puxeches a bufanda. 429 00:25:00,790 --> 00:25:01,625 Puxen. 430 00:25:01,625 --> 00:25:03,293 Estás guapísima. 431 00:25:03,293 --> 00:25:04,211 Grazie. 432 00:25:07,506 --> 00:25:10,759 Marcello, preséntoche a Gabriel. Gabriel, Marcello. 433 00:25:10,759 --> 00:25:12,302 - Encantado. - Un pracer. 434 00:25:12,302 --> 00:25:13,970 - Traballas en Bavazza? - Non. 435 00:25:13,970 --> 00:25:17,140 Coñezo a Emily de Megève. Unha historia moi divertida. 436 00:25:17,140 --> 00:25:19,267 Para min non foi tan divertida. 437 00:25:19,935 --> 00:25:23,355 O seu mozo abandonouna na montaña e ela non sabe esquiar. 438 00:25:23,355 --> 00:25:25,065 Tivo sorte de non mancarse. 439 00:25:25,899 --> 00:25:28,401 Pódelo crer? Vaia paspán. 440 00:25:30,362 --> 00:25:31,196 Xa... 441 00:25:31,196 --> 00:25:33,114 Estou totalmente de acordo. 442 00:25:35,408 --> 00:25:36,618 Pasade unha boa noite. 443 00:25:42,499 --> 00:25:43,708 Dásme un segundiño? 444 00:26:08,942 --> 00:26:13,822 Marcello Muratori. Sylvie Grateau, de Agence Grateau. 445 00:26:13,822 --> 00:26:15,115 Traballas con Emily. 446 00:26:15,115 --> 00:26:17,284 Ela traballa para min, pero si. 447 00:26:17,909 --> 00:26:21,580 Admiro a vosa marca familiar dende hai moito tempo. 448 00:26:21,580 --> 00:26:23,540 E obviamente, viviches en Italia. 449 00:26:23,540 --> 00:26:27,085 En Roma, hai anos. Foi amor a primeira vista. 450 00:26:27,877 --> 00:26:29,254 Hai moito que amar de Roma. 451 00:26:29,254 --> 00:26:34,426 Referíame a un xersei de Umberto Muratori con escote de ombreiro que merquei alí. 452 00:26:34,426 --> 00:26:36,011 Aínda o sigo poñendo. 453 00:26:36,011 --> 00:26:37,596 Moi amable. 454 00:26:37,596 --> 00:26:39,055 E que te trae a París? 455 00:26:39,973 --> 00:26:43,101 Xogar ó polo e explorar oportunidades de negocio. 456 00:26:44,686 --> 00:26:46,896 E se me permites, vou buscar a Emily. 457 00:26:48,064 --> 00:26:49,232 Claro. 458 00:26:49,232 --> 00:26:50,859 Encantado, Sylvie. 459 00:26:50,859 --> 00:26:52,110 Arrivederci. 460 00:26:58,241 --> 00:26:59,117 Aí estás. 461 00:27:02,037 --> 00:27:03,830 Perdoa, agora ía buscarte. 462 00:27:03,830 --> 00:27:05,498 En realidade xa marcho. 463 00:27:05,498 --> 00:27:09,252 Oxalá poder quedar máis, pero perdo o voo se non saio agora. 464 00:27:10,086 --> 00:27:11,463 Cando volves a París? 465 00:27:12,130 --> 00:27:15,717 Non estou seguro. Cando vés ti a Roma? 466 00:27:15,717 --> 00:27:17,677 Moito che gusta fantasear. 467 00:27:17,677 --> 00:27:18,595 Falo en serio. 468 00:27:19,679 --> 00:27:22,349 Ven esta fin de semana. Mándoche un billete. 469 00:27:22,349 --> 00:27:24,225 Que vas mandar! Estás tolo. 470 00:27:24,225 --> 00:27:26,019 Tócame a min facer de guía. 471 00:27:26,019 --> 00:27:29,230 Iremos ós mellores sitios e esqueceremos as crêpes. 472 00:27:29,731 --> 00:27:30,940 Comeremos pizza. 473 00:27:32,817 --> 00:27:34,069 Soa tentador. 474 00:27:36,363 --> 00:27:39,366 Dime que o pensarás. 475 00:27:47,499 --> 00:27:50,085 Pensareino. 476 00:27:53,755 --> 00:27:54,839 Vémonos axiña. 477 00:27:56,174 --> 00:27:57,092 En Roma. 478 00:28:42,846 --> 00:28:47,851 Subtítulos: Abraham Díaz López