1 00:00:27,652 --> 00:00:32,866 {\an8}EMILY: PERDICHES OUTRO AMENCER NO SACRÉ-CŒUR. OXALÁ ESTIVESES AQUÍ! 2 00:00:36,745 --> 00:00:40,999 MARCELLO: BUONGIORNO. E OXALÁ ESTIVESES TI AQUÍ. 3 00:00:40,999 --> 00:00:43,543 EMILY: AI, NON. PERDOA POR ESPERTARTE. 4 00:00:43,543 --> 00:00:46,838 MARCELLO: PODÍASME ESPERTAR MÁIS A MIÚDO. 5 00:01:02,604 --> 00:01:03,563 {\an8}Ola, Genevieve. 6 00:01:03,563 --> 00:01:05,065 {\an8}Emily, ola! 7 00:01:05,065 --> 00:01:06,149 {\an8}Que pasa aquí? 8 00:01:06,149 --> 00:01:07,525 {\an8}Atopei piso. 9 00:01:07,525 --> 00:01:08,693 {\an8}Aquí? 10 00:01:08,693 --> 00:01:12,363 {\an8}Si, púxenme a esbardallar co tema na festa de Bavazza 11 00:01:12,363 --> 00:01:15,325 {\an8}e Gabriel díxome que aquí quedara un piso libre. 12 00:01:15,325 --> 00:01:16,951 {\an8}A súa ex vivía aquí? 13 00:01:16,951 --> 00:01:19,329 {\an8}Vivía, si. No piso debaixo do meu. 14 00:01:19,329 --> 00:01:22,165 {\an8}Pois aí me mudo. Que emoción! 15 00:01:22,165 --> 00:01:23,083 {\an8}Que ben! 16 00:01:23,083 --> 00:01:27,712 {\an8}Xa me darás algún consello sobre o barrio, onde comer e cousas así. 17 00:01:27,712 --> 00:01:31,674 {\an8}Si, claro, sen problema. Axúdoche con isto? 18 00:01:31,674 --> 00:01:34,010 {\an8}Non, xa veñen axudarme agora. 19 00:01:34,010 --> 00:01:36,429 {\an8}Moi ben. Deica. 20 00:01:36,429 --> 00:01:38,431 {\an8}Vémonos, veciña. 21 00:01:42,060 --> 00:01:44,854 {\an8}Traio novas interesantes. 22 00:01:44,854 --> 00:01:47,107 {\an8}Non han ser peores cás miñas. 23 00:01:47,732 --> 00:01:49,567 {\an8}Anunciáronnos no Paris Match. 24 00:01:49,567 --> 00:01:51,986 {\an8}Fanvos parecer a parella do momento. 25 00:01:51,986 --> 00:01:53,446 {\an8}Demasiado parella. 26 00:01:53,446 --> 00:01:57,200 {\an8}"Dicíase que Chen estaba co herdeiro de JVMA, Nicolas de Leon, 27 00:01:57,200 --> 00:02:01,037 {\an8}mais semella que volveu co seu compañeiro de banda e ex." 28 00:02:04,290 --> 00:02:07,836 Nicolas vaino entender. Son negocios. Simple publicidade. 29 00:02:08,503 --> 00:02:12,340 - A xente adora os dramas de parella. - Pero a propia parella non! 30 00:02:13,842 --> 00:02:14,843 Non contestas? 31 00:02:14,843 --> 00:02:17,971 Será Marcello. Creo que o espertei. 32 00:02:17,971 --> 00:02:21,141 Cando vas rematar co seu sufrimento e mercar un billete? 33 00:02:21,141 --> 00:02:25,937 É que é de tolos, vale? Apenas o coñezo e teño traballo. 34 00:02:26,604 --> 00:02:30,483 Sei que estás a todo dar co italiano en Duolingo. 35 00:02:30,483 --> 00:02:32,277 Iso é que che chista. 36 00:02:32,277 --> 00:02:38,700 Vale, si, é guapo e encantador, e tamén é moi tenro e aberto. 37 00:02:39,909 --> 00:02:41,578 E persistente. 38 00:02:41,578 --> 00:02:44,289 MARCELLO: VEN A ROMA. PAGO EU TODO. DI QUE SI. 39 00:02:44,289 --> 00:02:45,206 Vai a Roma. 40 00:02:45,206 --> 00:02:48,376 - Encántame a comida italiana. - Non vas ir por iso. 41 00:02:48,376 --> 00:02:50,837 Para comer, Francia. Para foder, Italia. 42 00:02:51,880 --> 00:02:55,049 Non vou pillar un avión para iso, vale? Non é o meu. 43 00:02:55,049 --> 00:02:57,969 Mi ma, tía, fai algo espontáneo por unha vez, 44 00:02:57,969 --> 00:03:00,763 algo temerario e anti-Emily. 45 00:03:00,763 --> 00:03:03,516 Colle vacacións. Vive unha aventura. 46 00:03:03,516 --> 00:03:05,810 - Chego tarde ó traballo. - Nunca chegas tarde. 47 00:03:05,810 --> 00:03:07,353 E nunca collo vacacións. 48 00:03:07,353 --> 00:03:09,397 Ou os usas ou os perdes. 49 00:03:13,359 --> 00:03:14,527 Esta é a última. 50 00:03:14,527 --> 00:03:16,112 Moitísimas grazas. 51 00:03:17,238 --> 00:03:18,489 Págoche cun almorzo? 52 00:03:18,489 --> 00:03:21,075 Moi amable, pero teño que ir ó mercado. 53 00:03:21,075 --> 00:03:23,870 Vale, pero van vir uns amigos de Nova York 54 00:03:23,870 --> 00:03:26,748 e mañá celebro unha festiña de inauguración. 55 00:03:26,748 --> 00:03:27,957 Deberías vir. 56 00:03:28,458 --> 00:03:30,084 Traballo ata a medianoite. 57 00:03:30,084 --> 00:03:32,337 Perfecto. Estaremos arrincando. 58 00:03:33,213 --> 00:03:35,131 Será divertido. Di que virás. 59 00:03:35,798 --> 00:03:38,468 - Veña. Por que non? Vémonos. - Moi ben. 60 00:03:41,304 --> 00:03:43,598 Grazas. Ata mañá á noite. 61 00:03:43,598 --> 00:03:44,515 Vémonos. 62 00:04:01,407 --> 00:04:04,285 Bonjour, Camille. Non sabía que viñas hoxe. 63 00:04:04,285 --> 00:04:06,454 Tiña que asinar uns papeis. 64 00:04:06,454 --> 00:04:08,706 Ademais de Champère e Chamère, 65 00:04:08,706 --> 00:04:11,960 Agence Grateau representará o Premier Cru Domaine de Lalisse. 66 00:04:11,960 --> 00:04:13,211 En serio? 67 00:04:13,920 --> 00:04:15,129 Vaia, fascinante. 68 00:04:15,129 --> 00:04:19,092 Miña nai agradéceche todo o que fixeches medrar a empresa. 69 00:04:19,092 --> 00:04:22,428 Dixo que es unha bendición e unha maldición ó mesmo tempo. 70 00:04:22,428 --> 00:04:23,596 Típico dela. 71 00:04:24,597 --> 00:04:26,808 Enviámosche propostas para a semana. 72 00:04:26,808 --> 00:04:28,351 - Grazas. - Au revoir. 73 00:04:28,351 --> 00:04:29,269 Au revoir. 74 00:04:33,189 --> 00:04:34,190 - Pois... - Eu... 75 00:04:35,566 --> 00:04:36,526 Que tal estás? 76 00:04:36,526 --> 00:04:40,029 Estiveches desaparecida. 77 00:04:40,029 --> 00:04:41,864 Vexo que o tes por costume. 78 00:04:41,864 --> 00:04:43,658 Xa o sei. Perdoa. 79 00:04:44,701 --> 00:04:46,661 Precisaba escapar de todo. 80 00:04:47,870 --> 00:04:49,414 Atopei un piso novo 81 00:04:49,414 --> 00:04:52,417 cun estudio de arte e un segundo cuarto para... 82 00:04:53,459 --> 00:04:54,460 o bebé. 83 00:04:55,211 --> 00:04:57,297 - E iso? - Vou adoptar un bebé. 84 00:04:59,048 --> 00:05:02,302 Perdoa, non era a miña intención. É que... 85 00:05:03,886 --> 00:05:06,055 Todo o mundo reacciona dese xeito. 86 00:05:06,055 --> 00:05:08,308 É que despois de todo o que pasou, 87 00:05:08,308 --> 00:05:12,186 deime conta de que é o que quero. Un neno. 88 00:05:12,186 --> 00:05:16,607 Ás veces hai que esquecerse dos demais e facer o que te fai feliz a ti. 89 00:05:17,358 --> 00:05:19,902 Alguén mo dixo tras tirarme a un estanque. 90 00:05:21,404 --> 00:05:22,238 Tireite? Seguro? 91 00:05:23,573 --> 00:05:26,743 Se é o que te fai feliz, alédome por ti. De verdade. 92 00:05:28,036 --> 00:05:29,162 Parabéns. 93 00:05:29,787 --> 00:05:30,788 Grazas. 94 00:05:32,874 --> 00:05:33,875 Teño que marchar. 95 00:05:35,126 --> 00:05:36,544 Vémonos por aquí, si? 96 00:05:36,544 --> 00:05:37,462 Claro. 97 00:05:38,838 --> 00:05:40,089 - Deica. - Cóidate. 98 00:05:40,089 --> 00:05:41,007 Grazas. 99 00:05:41,632 --> 00:05:47,597 E, Emily, perdoa por toda a lea que montei con Gabriel. 100 00:05:48,890 --> 00:05:52,727 Todos... contribuímos a esa lea. 101 00:05:53,728 --> 00:05:55,563 É cousa do pasado. 102 00:05:56,189 --> 00:05:58,232 Cres que non hai volta de folla? 103 00:06:02,028 --> 00:06:03,863 Parece que xa o superou. 104 00:06:05,114 --> 00:06:05,948 E... 105 00:06:08,117 --> 00:06:09,744 Talvez... 106 00:06:10,411 --> 00:06:11,996 eu deba superalo tamén. 107 00:06:13,790 --> 00:06:16,376 Moi ben. Cóidate logo. 108 00:06:17,043 --> 00:06:17,877 Deica. 109 00:06:24,384 --> 00:06:25,259 Veña. 110 00:06:26,719 --> 00:06:27,970 Podemos falar un intre? 111 00:06:29,263 --> 00:06:30,306 Adiante. 112 00:06:31,891 --> 00:06:34,727 Sería posible coller un día libre esta semana? 113 00:06:34,727 --> 00:06:39,190 Só un día libre? Non vexo por que non. A onde vas? 114 00:06:39,774 --> 00:06:43,694 A ningún sitio especial. Quero pasar tempo soa e saír da cidade. 115 00:06:44,445 --> 00:06:46,531 E onde vas pasar ese tempo soa? 116 00:06:47,198 --> 00:06:48,032 En Roma? 117 00:06:48,866 --> 00:06:49,867 Por que o dis? 118 00:06:49,867 --> 00:06:51,619 Intuición. 119 00:06:51,619 --> 00:06:55,373 En tal caso, gustaríame ter unha reunión con Marcello Muratori. 120 00:06:55,373 --> 00:06:57,333 Non vou a Roma. 121 00:06:58,835 --> 00:07:00,044 Vou a... 122 00:07:01,421 --> 00:07:02,255 Cracovia. 123 00:07:02,255 --> 00:07:07,593 Cracovia? Quen vai a Cracovia? 124 00:07:07,593 --> 00:07:09,053 Emily, parece ser. 125 00:07:09,053 --> 00:07:11,889 A miña cidade favorita de Europa. 126 00:07:11,889 --> 00:07:13,850 A única que non bombardearon. 127 00:07:14,559 --> 00:07:15,393 É unha xoia. 128 00:07:15,393 --> 00:07:17,019 A que si? Unha xoia. 129 00:07:17,019 --> 00:07:19,272 Xa, comparada con Chicago. 130 00:07:20,356 --> 00:07:23,067 Colle un par de días. Pásao ben. 131 00:07:23,067 --> 00:07:26,571 Grazas. Pois daquela vémonos a semana que vén. 132 00:07:26,571 --> 00:07:30,616 Non podes perder o percorrido polas minas de sal de Wieliczka. 133 00:07:32,160 --> 00:07:33,244 Interesante. 134 00:07:33,244 --> 00:07:34,454 Ademais... 135 00:07:58,728 --> 00:07:59,896 Grazie, signore. 136 00:08:02,023 --> 00:08:02,940 Marcello! 137 00:08:03,733 --> 00:08:04,567 Emily. 138 00:08:08,237 --> 00:08:09,363 Buongiorno, Emily. 139 00:08:09,363 --> 00:08:10,907 Non perdes o tempo. 140 00:08:10,907 --> 00:08:13,284 Só estás uns días e hai moito que ver. 141 00:08:13,910 --> 00:08:15,161 Rexístrome decontado. 142 00:08:15,161 --> 00:08:17,497 - Agarda. Buongiorno. - Buongiorno. 143 00:08:17,497 --> 00:08:20,875 A Srta. Cooper vai con présa. Poden subirlle as maletas? 144 00:08:20,875 --> 00:08:22,335 - Claro, señor. - Moi amable. 145 00:08:22,335 --> 00:08:23,252 Grazie. 146 00:08:23,252 --> 00:08:25,129 Súbenche eles as maletas. 147 00:08:27,173 --> 00:08:28,382 Andiamo? 148 00:08:28,382 --> 00:08:29,592 Andiamo. 149 00:08:58,579 --> 00:09:02,291 - Mira cos ollos, non co móbil. - Veña, tes razón. 150 00:09:02,291 --> 00:09:03,834 Meu pai alucinaría. 151 00:09:03,834 --> 00:09:06,254 A súa peli favorita é Gladiator. 152 00:09:06,254 --> 00:09:08,297 Como pode seguir en pé? 153 00:09:08,297 --> 00:09:09,757 Facemos cousas que duren. 154 00:09:10,424 --> 00:09:11,259 Agárrate. 155 00:09:45,960 --> 00:09:46,836 Que foi iso? 156 00:09:46,836 --> 00:09:48,045 A alarma de Roma. 157 00:09:49,297 --> 00:09:52,633 Disparan un canón a mediodía dende hai case 200 anos. 158 00:09:53,426 --> 00:09:56,304 Era un sinal para tanguer as campás da cidade. 159 00:09:56,304 --> 00:09:58,014 Agora, só é un recordatorio 160 00:09:58,014 --> 00:10:00,933 de que tódolos reloxos da cidade van algo atrasados. 161 00:10:00,933 --> 00:10:02,560 E se arranxan os reloxos? 162 00:10:02,560 --> 00:10:06,063 Tampouco nos preocupa tanto ser puntuais. 163 00:10:07,273 --> 00:10:08,107 Entendo. 164 00:10:08,107 --> 00:10:09,066 Seguimos? 165 00:10:10,860 --> 00:10:11,986 Un minutiño máis. 166 00:10:24,415 --> 00:10:26,125 Esta cidade é fermosísima. 167 00:10:26,125 --> 00:10:28,669 Máis ca certa cidade europea? 168 00:10:29,295 --> 00:10:30,796 Son moi distintas. 169 00:10:30,796 --> 00:10:35,051 París ten orde, estrutura. E aquí é en plan, non sei, 170 00:10:35,051 --> 00:10:38,304 de súpeto atopas unha estatua de mármore de 2000 anos. 171 00:10:38,304 --> 00:10:39,305 Ou unha fonte. 172 00:10:40,473 --> 00:10:43,601 Mi ma, a Fontana di Trevi! 173 00:10:44,769 --> 00:10:46,354 Espectacular. 174 00:10:46,354 --> 00:10:49,940 Dáche vergoña que tire unha moeda? 175 00:10:49,940 --> 00:10:53,027 Por? Es turista. Daríame vergoña que non a tirases. 176 00:10:54,111 --> 00:10:54,945 Moi ben. 177 00:10:59,659 --> 00:11:04,205 Vin tanto esta cidade en filmes que sinto que xa estiven aquí antes. 178 00:11:04,205 --> 00:11:06,123 Refíreste a La dolce vita? 179 00:11:06,123 --> 00:11:08,959 Pensaba máis ben en The Lizzie McGuire movie. 180 00:11:09,585 --> 00:11:10,711 Esa non a coñezo. 181 00:11:11,337 --> 00:11:13,506 Pois teremos que culturizarte. 182 00:11:14,548 --> 00:11:17,009 Tiro unha moeda, pido un desexo e listo? 183 00:11:17,009 --> 00:11:18,594 A cousa non vai así. 184 00:11:18,594 --> 00:11:20,012 Mira, dá a volta. 185 00:11:21,305 --> 00:11:25,559 Tíraa coa man dereita por riba do ombreiro esquerdo. 186 00:11:25,559 --> 00:11:28,896 Se tiras unha moeda, asegúraste de volver a Roma. 187 00:11:29,605 --> 00:11:30,606 Que cuquiño. 188 00:11:31,440 --> 00:11:32,274 Listo. 189 00:11:32,274 --> 00:11:33,901 Se tiras dúas moedas, 190 00:11:33,901 --> 00:11:38,239 significa que volverás e ademais cun novo amor. 191 00:11:39,824 --> 00:11:40,741 Interesante. 192 00:11:42,410 --> 00:11:44,537 E se tiro tres? 193 00:11:44,537 --> 00:11:49,750 Se tiras tres é que volves, namoras e casas. 194 00:11:55,047 --> 00:11:55,965 Depende de ti. 195 00:11:57,758 --> 00:11:59,593 Hai que aforrar para o xantar. 196 00:11:59,593 --> 00:12:00,678 Líchesme a mente. 197 00:12:14,233 --> 00:12:16,944 Recoiro! Limoncello! 198 00:12:18,154 --> 00:12:21,240 Mira quen temos aquí! Limoncello! 199 00:12:21,240 --> 00:12:24,160 Emily, un vello amigo, Gianni. 200 00:12:24,160 --> 00:12:26,829 Buongiorno, Emily, encantado. 201 00:12:26,829 --> 00:12:27,788 Igualmente. 202 00:12:28,497 --> 00:12:30,166 E iso de Limoncello? 203 00:12:30,166 --> 00:12:31,667 Rima co meu nome. Punto. 204 00:12:31,667 --> 00:12:32,793 Ten razón. 205 00:12:32,793 --> 00:12:34,253 Marcello, Limoncello... 206 00:12:34,253 --> 00:12:38,174 pero tamén é a bebida coa que colleu unha boa ós 15 anos. 207 00:12:38,174 --> 00:12:40,468 Vomitou por toda a cociña. 208 00:12:40,468 --> 00:12:43,512 Grazas a Deus que miña nai quéreo coma a un fillo, 209 00:12:43,512 --> 00:12:45,556 porque a outro calquera mataríao. 210 00:12:45,556 --> 00:12:48,017 Parece que vos coñecedes de sempre. 211 00:12:48,017 --> 00:12:50,853 Veño aquí con meus pais dende cativiño. 212 00:12:50,853 --> 00:12:52,688 Si, era dos meus avós. 213 00:12:53,397 --> 00:12:55,483 Os dous traballades coa familia. 214 00:12:55,483 --> 00:12:56,817 - Si! - Encántame. 215 00:12:56,817 --> 00:13:00,362 A nonna de Gianni facía a mellor amatriciana que probaches. 216 00:13:00,362 --> 00:13:02,615 Non sei que é iso, pero adiante. 217 00:13:02,615 --> 00:13:06,368 Pois veña, senta. Hoxe tratarémoste coma unha raíña. 218 00:13:06,368 --> 00:13:08,287 Grazie mille, Gianni. 219 00:13:08,287 --> 00:13:10,539 E, Madonna, que ben falas italiano! 220 00:13:10,539 --> 00:13:13,459 Que? Para nada, só sei catro palabriñas. 221 00:13:13,459 --> 00:13:16,670 E é guapísima. Guapísima. 222 00:13:16,670 --> 00:13:19,632 Elixiches ben. Bravo, Limoncello. 223 00:13:19,632 --> 00:13:20,800 Senta, por favor. 224 00:13:20,800 --> 00:13:23,010 - Grazas. - Agora vos traio de comer. 225 00:13:52,832 --> 00:13:56,126 A ver, entón que cidade prefires agora, 226 00:13:56,961 --> 00:13:59,171 París ou Roma? 227 00:13:59,171 --> 00:14:02,007 As dúas son incribles, non me fagas escoller. 228 00:14:03,384 --> 00:14:06,720 Pero unha observación tras estar aquí só unhas horas 229 00:14:07,429 --> 00:14:08,931 é que sodes moi amables. 230 00:14:08,931 --> 00:14:10,516 Sabes que se di? 231 00:14:10,516 --> 00:14:13,352 Os franceses só son italianos de malas. 232 00:14:14,562 --> 00:14:16,647 Que, como estaba todo? 233 00:14:16,647 --> 00:14:19,608 Como se di "o mellor xantar da miña vida" en italiano? 234 00:14:19,608 --> 00:14:21,652 Gustouche? Tes que volver á cea. 235 00:14:21,652 --> 00:14:24,780 E ti trae tamén as belezas das túas irmás. 236 00:14:24,780 --> 00:14:26,991 Si, levo moito sen velas. 237 00:14:26,991 --> 00:14:29,493 Están ocupadas. Cos seus mozos. 238 00:14:29,493 --> 00:14:32,663 Xa o sei, pero aínda non casaron, así que... 239 00:14:33,414 --> 00:14:36,500 Senti, tráenos dous expresos, anda. 240 00:14:36,500 --> 00:14:38,419 Marchando. 241 00:14:38,419 --> 00:14:39,753 Mamma mia, oh. 242 00:14:40,588 --> 00:14:42,214 Así que irmás. Cantas? 243 00:14:42,214 --> 00:14:45,009 Dúas. Viven en Solitano coa nosa nai. 244 00:14:45,676 --> 00:14:49,847 Que ben soa iso. Unha gran familia feliz que vive xunta. 245 00:14:49,847 --> 00:14:51,599 É o meu sitio favorito. 246 00:14:53,851 --> 00:14:55,477 Queres vir velo comigo? 247 00:14:57,354 --> 00:14:58,439 Mañá se queres? 248 00:15:00,816 --> 00:15:01,942 Encantaríame. 249 00:15:08,991 --> 00:15:10,409 Non está mal, non? 250 00:15:11,076 --> 00:15:12,494 As vistas son perfectas. 251 00:15:14,955 --> 00:15:17,958 Grazas. Facíame moita falla. 252 00:15:18,667 --> 00:15:19,585 O que? 253 00:15:21,629 --> 00:15:25,841 Un descanso do traballo, de París, de todo. 254 00:15:26,425 --> 00:15:30,596 Levo demasiado tempo atrapada nos mesmos patróns e costumes, sabes? 255 00:15:31,388 --> 00:15:34,350 Reunións, correos, actos e volta a empezar. 256 00:15:35,351 --> 00:15:38,187 Xa nin lembro a última vez que pasei un día así. 257 00:15:38,812 --> 00:15:40,564 Nin sequera saquei fotos. 258 00:15:41,607 --> 00:15:42,775 Fanche falla fotos? 259 00:15:43,859 --> 00:15:46,028 Vaiche custar lembrar este día? 260 00:15:46,028 --> 00:15:48,906 - Non che me vai custar nadiña. - Non? 261 00:15:51,951 --> 00:15:53,702 Emily! 262 00:15:54,328 --> 00:15:57,498 - Xa me parecía que eras ti. Ciao! - Bianca. Ola. 263 00:15:57,498 --> 00:15:59,208 Que fas ti en Roma? 264 00:16:00,167 --> 00:16:02,461 - Unha escapadiña. - Marabilloso. 265 00:16:02,461 --> 00:16:05,839 Benvenuta. Con quen andas? 266 00:16:05,839 --> 00:16:10,052 Son Marcello. Estoulle ensinando a cidade. 267 00:16:10,052 --> 00:16:13,847 O meu primeiro guía érache un vello. Antes non eran tan guapos. 268 00:16:15,057 --> 00:16:16,475 E ti a que andas? 269 00:16:16,475 --> 00:16:18,435 Xa xantei e volvo á oficina. 270 00:16:19,144 --> 00:16:20,479 Dilles ciao a todos. 271 00:16:20,479 --> 00:16:23,857 Diréillelo. En Bavazza todos adoramos a Emily. 272 00:16:23,857 --> 00:16:26,193 Toda Roma quedou namorada dela. 273 00:16:26,193 --> 00:16:28,529 Necesito unha foto. Quero probas. 274 00:16:28,529 --> 00:16:29,947 - Sácoa eu. - Non, todos. 275 00:16:31,907 --> 00:16:34,159 Grazas, Emily. Pásao ben por aquí. 276 00:16:34,159 --> 00:16:35,077 Grazas. 277 00:16:35,077 --> 00:16:38,205 E dille ciao a Luc da miña parte. 278 00:16:38,205 --> 00:16:39,623 Direillo. 279 00:16:39,623 --> 00:16:40,874 - Ciao. - Ciao. 280 00:16:40,874 --> 00:16:43,293 Non me dixeches que eras famosa. 281 00:16:43,293 --> 00:16:44,461 Pura casualidade. 282 00:16:44,461 --> 00:16:47,339 Non coñezo a ninguén en Roma, prométocho. 283 00:16:47,339 --> 00:16:49,091 Haberá que cambiar iso. 284 00:16:49,717 --> 00:16:52,136 Uns amigos celebran esta noite unha festa. 285 00:16:52,136 --> 00:16:53,512 Queres coñecelos? 286 00:16:54,471 --> 00:16:55,597 Sería incrible. 287 00:17:07,317 --> 00:17:09,778 Temos que aclarar o da xunta. 288 00:17:09,778 --> 00:17:12,156 A quen dos tres propomos como director? 289 00:17:12,156 --> 00:17:14,033 Romain e eu xa falamos. 290 00:17:14,033 --> 00:17:14,992 Con mamá. 291 00:17:15,784 --> 00:17:18,245 Son o maior. Loxicamente, debería ser eu. 292 00:17:18,245 --> 00:17:19,163 Está decidido. 293 00:17:19,163 --> 00:17:21,123 Como que está decidido? 294 00:17:21,123 --> 00:17:23,417 - Eu non opino? - Non é necesario. 295 00:17:23,417 --> 00:17:25,627 Esqueces que vou traer un cliente enorme. 296 00:17:25,627 --> 00:17:28,464 Muratori sería impresionante... se sae adiante. 297 00:17:29,131 --> 00:17:30,924 E tes outro problema. 298 00:17:30,924 --> 00:17:32,634 Como que se sae adiante? 299 00:17:32,634 --> 00:17:33,719 Sabes que sairá. 300 00:17:34,553 --> 00:17:35,512 E que problema? 301 00:17:36,555 --> 00:17:37,389 Ves isto? 302 00:17:38,098 --> 00:17:39,224 Non é a túa moza? 303 00:17:39,224 --> 00:17:40,184 Si, e que? 304 00:17:40,184 --> 00:17:41,435 Só é publicidade. 305 00:17:42,352 --> 00:17:44,313 No segundo parágrafo falan de ti. 306 00:17:45,022 --> 00:17:50,402 "Dicíase que Chen estaba co herdeiro de JVMA, Nicolas de Leon." 307 00:17:50,402 --> 00:17:54,448 A imaxe é esencial para un director, e a túa está polo chan. 308 00:17:54,448 --> 00:17:57,659 Son rumores. Non é nada. É a prensa rosa do carallo. 309 00:17:57,659 --> 00:17:59,870 E como deixas que te mencionen? 310 00:17:59,870 --> 00:18:02,164 Decidido. Isto quédache grande. 311 00:18:02,164 --> 00:18:05,584 Non lidas coa moza e vas lidar cunha empresa multimillonaria? 312 00:18:20,766 --> 00:18:22,684 Que fas? É o escritorio de Emily. 313 00:18:22,684 --> 00:18:25,229 Só lle quento o asento mentres está en Roma. 314 00:18:25,229 --> 00:18:28,565 En Roma? Non, está en Cracovia. 315 00:18:28,565 --> 00:18:31,443 Recomendeille unha morea de restaurantes. 316 00:18:31,443 --> 00:18:36,448 Fáiseme a boca auga só de pensar no repolo recheo de Trzy Rybki. 317 00:18:37,533 --> 00:18:39,493 Non. Está en Roma. 318 00:18:39,493 --> 00:18:40,828 Non. Está en Cracovia. 319 00:18:40,828 --> 00:18:44,665 Vina no Instagram de Bavazza na escalinata da praza de España. 320 00:18:44,665 --> 00:18:45,916 Como? 321 00:18:45,916 --> 00:18:46,959 Non vedes? 322 00:18:47,626 --> 00:18:49,378 E ese é Marcello Muratori? 323 00:18:49,378 --> 00:18:51,130 Que pasa con Marcello Muratori? 324 00:18:51,130 --> 00:18:53,674 - Emily vai en Roma con el. - Sabíao! 325 00:18:53,674 --> 00:18:55,592 - Sabíalo? - Sabía. 326 00:18:55,592 --> 00:18:56,844 Non en Cracovia? 327 00:18:56,844 --> 00:18:59,429 Perdín moito tempo co dos restaurantes! 328 00:18:59,429 --> 00:19:02,850 Devecía por traballar con Muratori cando estaba en JVMA. 329 00:19:02,850 --> 00:19:03,809 Que dis? 330 00:19:03,809 --> 00:19:08,814 Vin a Marcello e a outros da súa empresa reunirse con Nicolas de Leon. 331 00:19:08,814 --> 00:19:12,234 En JVMA están desesperados por adquirilos. 332 00:19:13,110 --> 00:19:14,903 Sería unha catástrofe. 333 00:19:14,903 --> 00:19:18,198 Tralo de Pierre, ben sabemos o que farán con Muratori. 334 00:19:18,198 --> 00:19:21,535 E Emily mentiume sabendo as ganas que teño de asinalos. 335 00:19:21,535 --> 00:19:22,619 E a min. 336 00:19:22,619 --> 00:19:25,706 Síntoo, non quería meter a Emily en problemas. 337 00:19:25,706 --> 00:19:28,417 Non, Genevieve, alédame sabelo. 338 00:19:29,209 --> 00:19:30,627 Alédame sabelo. 339 00:19:32,212 --> 00:19:33,297 Se me desculpades... 340 00:19:38,385 --> 00:19:41,138 - Quentácheslle o asento dabondo. - Moi ben... 341 00:19:58,363 --> 00:19:59,198 Merda. 342 00:20:02,492 --> 00:20:04,161 Ola, Sylvie, bonjour, ça va? 343 00:20:04,161 --> 00:20:08,165 Ola, Emily. Como vai todo por Cracovia? 344 00:20:09,833 --> 00:20:11,668 Pois bastante ben. 345 00:20:12,961 --> 00:20:17,174 Algo lúgubre, pero moi bonita. 346 00:20:17,174 --> 00:20:19,676 Moi... barroca. 347 00:20:19,676 --> 00:20:21,803 Barroca? Interesante. 348 00:20:25,349 --> 00:20:28,977 Facemos videochamada? Encantaríame vela, aínda a distancia. 349 00:20:29,978 --> 00:20:32,773 Vale, pilláchesme. Estou en Roma, vale? 350 00:20:32,773 --> 00:20:34,691 Mándoche unha postal. Ciao. 351 00:20:34,691 --> 00:20:36,068 Agarda. 352 00:20:37,903 --> 00:20:39,988 - Onde quedas? - No Hotel Eden. 353 00:20:39,988 --> 00:20:42,908 Un dos meus favoritos, que ben que quedes aí. 354 00:20:42,908 --> 00:20:46,453 Precisamos unha reunión con Marcello Muratori decontado. 355 00:20:46,453 --> 00:20:47,955 Non viaxei por traballo. 356 00:20:47,955 --> 00:20:51,667 Xa, pero por iso es tan xenial. Ti sempre traballas. 357 00:20:53,252 --> 00:20:54,795 Non. Hoxe non. Vale? 358 00:20:54,795 --> 00:20:59,758 Hoxe sento nunha piazza e tomo un Aperol Spritz, non traballo. 359 00:20:59,758 --> 00:21:00,884 Ciao. 360 00:21:14,606 --> 00:21:15,524 Ola, meu ben. 361 00:21:18,110 --> 00:21:19,111 Vale. 362 00:21:20,779 --> 00:21:22,990 Xa viches o artigo do Paris Match. 363 00:21:25,033 --> 00:21:26,201 Non é de verdade. 364 00:21:26,994 --> 00:21:29,663 Non podía vir nun peor momento para min. 365 00:21:29,663 --> 00:21:31,373 Vou pechar un acordo enorme 366 00:21:31,373 --> 00:21:34,418 e loito por dirixir a empresa do meu pai, 367 00:21:34,418 --> 00:21:39,047 pero a xente só fala da miña moza e dun pailán no Paris Match. 368 00:21:39,047 --> 00:21:41,508 Ou de que cantas núa no Crazy Horse. 369 00:21:42,467 --> 00:21:45,304 Sabes que só o aceptei para pagar Eurovisión. 370 00:21:45,304 --> 00:21:47,472 E o artigo só é publicidade. 371 00:21:47,472 --> 00:21:49,266 Teñen que vender unha imaxe. 372 00:21:49,266 --> 00:21:52,519 Enténdoo, pero danan a imaxe que quero vender eu. 373 00:21:53,353 --> 00:21:56,231 E cando comece Eurovisión, vai empeorar todo. 374 00:22:01,069 --> 00:22:02,446 Quero que o deixes. 375 00:22:04,072 --> 00:22:04,990 Perdoa? 376 00:22:04,990 --> 00:22:06,158 Ben me oíches. 377 00:22:06,158 --> 00:22:09,494 Se queres unha carreira musical, teño amigos no sector. 378 00:22:09,494 --> 00:22:12,956 Podo presentarche produtores ou a quen sexa. 379 00:22:12,956 --> 00:22:17,377 Non deixan de pasar cousas na empresa e non podo aturar estas parvadas. 380 00:22:17,377 --> 00:22:19,421 Estamos por riba destas lerias. 381 00:22:23,175 --> 00:22:24,801 Soas igualiño a el. 382 00:22:24,801 --> 00:22:26,011 A quen? 383 00:22:26,011 --> 00:22:27,054 A meu pai. 384 00:22:29,848 --> 00:22:31,308 Non te poñas dramática. 385 00:22:31,308 --> 00:22:35,520 Importáballe unha merda o que quixese eu. Só importaba o seu. 386 00:22:35,520 --> 00:22:38,023 Vouche dicir o mesmo que lle dixen a el. 387 00:22:38,023 --> 00:22:39,941 Eu son así 388 00:22:40,567 --> 00:22:43,445 e isto é o que quero facer. 389 00:22:43,445 --> 00:22:47,407 E se te sentes ameazado ou enfadado, 390 00:22:48,825 --> 00:22:51,286 non mereces terme na túa vida. 391 00:22:52,245 --> 00:22:55,749 Que che importa máis? Un absurdo festival da canción ou eu? 392 00:23:35,872 --> 00:23:37,457 E a que se debe a festa? 393 00:23:37,999 --> 00:23:41,962 - Só é unha xuntanza de amigos. - Teño moitas ganas de coñecelos. 394 00:23:42,963 --> 00:23:43,797 Xa o sei. 395 00:23:44,631 --> 00:23:46,633 - Viñeches! - Como podería evitalo? 396 00:23:47,259 --> 00:23:48,218 Véxote despois. 397 00:23:49,344 --> 00:23:51,721 - Benvido. - Benvida ó edificio. 398 00:23:51,721 --> 00:23:54,850 Grazas. Invitei a Emily, pero marchou esta fin de semana. 399 00:23:56,518 --> 00:23:59,396 - Pasa e preséntoche os meus amigos. - Veña. 400 00:23:59,396 --> 00:24:00,772 Dálle! 401 00:24:13,660 --> 00:24:15,954 Só unha xuntanza de amigos? 402 00:24:15,954 --> 00:24:17,914 Correríase a voz. 403 00:24:17,914 --> 00:24:20,000 Boas! 404 00:24:25,547 --> 00:24:27,674 O dono, Aldo. Preséntoche a Emily. 405 00:24:29,926 --> 00:24:31,761 - Gabriel. - Gabriel. 406 00:24:31,761 --> 00:24:34,431 - O chef? - O chef. O mellor chef. 407 00:24:40,020 --> 00:24:42,022 - Andiamo. - Que foi? 408 00:24:43,440 --> 00:24:44,733 Toca bailar, Emily. 409 00:24:50,071 --> 00:24:51,615 Beer pong! 410 00:24:51,615 --> 00:24:53,200 Si, veña! 411 00:25:16,097 --> 00:25:17,766 Está borracho. Xa vas peido. 412 00:25:37,452 --> 00:25:38,578 Así... 413 00:25:38,578 --> 00:25:39,829 Así se fai. 414 00:25:39,829 --> 00:25:40,997 Ben cho sei. 415 00:25:44,376 --> 00:25:45,794 Veña... 416 00:26:01,851 --> 00:26:04,145 Así non vas chegar nunca ó hotel. 417 00:26:04,145 --> 00:26:06,398 Tampouco é que queira ir durmir. 418 00:26:06,398 --> 00:26:10,151 Se me meto na cama, este día perfecto rematará. 419 00:26:15,574 --> 00:26:17,367 Pero mañá será mellor aínda. 420 00:26:21,162 --> 00:26:22,163 Taxi. 421 00:26:25,166 --> 00:26:28,295 Recóllote mañá ben cedo para ir visitar a miña vila. 422 00:26:30,380 --> 00:26:31,715 Buonanotte, Emily. 423 00:26:54,571 --> 00:26:57,198 {\an8}GOZA DAS TÚAS VACACIÓNS EN ROMA À BIENTÔT, SYLVIE 424 00:27:30,315 --> 00:27:33,360 EMILY: VEN CON CALMA. AGARDO POR TI FÓRA. 425 00:27:40,575 --> 00:27:42,077 Buongiorno, Emily. 426 00:27:42,077 --> 00:27:43,453 Sylvie, que fas aquí? 427 00:27:43,453 --> 00:27:44,371 Emily. 428 00:27:46,915 --> 00:27:48,875 Ola. Coñecémonos en París, non? 429 00:27:48,875 --> 00:27:51,795 Coñecemos, si. Sylvie Grateau de Agence Grateau. 430 00:27:52,837 --> 00:27:55,131 Non sei que che contou Emily, 431 00:27:55,131 --> 00:27:58,259 pero encantaríame falar do que fariamos pola vosa empresa. 432 00:27:58,259 --> 00:27:59,594 Sylvie? 433 00:27:59,594 --> 00:28:02,889 Para iso viñeches a Roma? Querías unha reunión? 434 00:28:03,682 --> 00:28:07,143 Eu non teño nada que ver. Só vin aquí para verte. 435 00:28:07,936 --> 00:28:10,397 Por que non o falamos almorzando? 436 00:28:11,064 --> 00:28:14,526 Sei en que estades metidos e creo que ides cometer un erro atroz. 437 00:28:14,526 --> 00:28:16,695 Se me permites só uns minutos... 438 00:28:16,695 --> 00:28:18,405 Marcello, por favor. 439 00:28:18,405 --> 00:28:19,364 Agarda! 440 00:28:21,074 --> 00:28:22,283 Pero que fas? 441 00:28:22,992 --> 00:28:25,662 Como se che ocorre vir aquí e arruinarmo todo? 442 00:28:25,662 --> 00:28:27,664 Non é por ti, Emily. 443 00:28:27,664 --> 00:28:30,500 Temos que falar. Non sabes da misa a media. 444 00:28:30,500 --> 00:28:33,670 Se che importa Marcello, será mellor que me escoites. 445 00:29:27,640 --> 00:29:32,645 Subtítulos: Abraham Díaz López