1 00:00:18,101 --> 00:00:20,437 Como tes fame despois do que fixeches? 2 00:00:21,938 --> 00:00:25,400 Marcello non me contesta as mensaxes e sáeme o contestador. 3 00:00:25,400 --> 00:00:27,861 Non quere verme nin en pintura. 4 00:00:27,861 --> 00:00:28,820 Por favor. 5 00:00:28,820 --> 00:00:30,989 Non precisan venderse a JVMA. 6 00:00:30,989 --> 00:00:33,158 Ti teslla xurada a JVMA, eu non. 7 00:00:33,950 --> 00:00:38,830 A min impórtame Marcello como persoa, non como marca á que hai que salvar. 8 00:00:39,581 --> 00:00:41,374 Pódenche importar as dúas. 9 00:00:41,374 --> 00:00:44,335 Non é a primeira vez que xuntas negocios e pracer 10 00:00:44,335 --> 00:00:46,504 e dáseche bastante ben, a verdade. 11 00:00:47,422 --> 00:00:51,301 Penso separalos como é debido, cousa que sempre me recomendaches. 12 00:00:51,801 --> 00:00:53,011 Ou cambiaches de idea? 13 00:00:55,555 --> 00:00:59,642 Quería levarme a Solitano, así que vou ver se o atopo alí. 14 00:01:00,393 --> 00:01:02,687 Só para convencelo de que a túa viaxe a Roma 15 00:01:02,687 --> 00:01:04,481 non tivo nada que ver comigo. 16 00:01:05,315 --> 00:01:07,317 Pois daquela buona giornata. 17 00:01:08,026 --> 00:01:09,903 Arrivederci. 18 00:01:24,459 --> 00:01:28,546 SYLVIE: CIAO, SON SYLVIE, ESTOU EN ROMA. 19 00:01:45,313 --> 00:01:48,191 @EmilyInParis COMO ME "CIPRESTA" ITALIA! 20 00:01:48,191 --> 00:01:49,400 MINDY MÓBIL 21 00:01:50,610 --> 00:01:51,861 Buongiorno, bella. 22 00:01:51,861 --> 00:01:54,072 {\an8}Perdoa, non estou para esas lerias. 23 00:01:54,906 --> 00:01:56,241 {\an8}Rompín con Nico. 24 00:01:56,241 --> 00:01:57,450 {\an8}Que? Que pasou? 25 00:01:57,450 --> 00:02:02,497 {\an8}Só lle importa ser presidente e quería controlarme. 26 00:02:02,497 --> 00:02:04,624 {\an8}É como revivir o de meu pai. 27 00:02:04,624 --> 00:02:06,709 {\an8}Síntoo moito, Min. 28 00:02:06,709 --> 00:02:08,128 {\an8}E iso non é o peor. 29 00:02:08,128 --> 00:02:11,798 {\an8}Grazas a Nico, descualificáronnos de Eurovisión. 30 00:02:11,798 --> 00:02:12,841 {\an8}Que? Como? 31 00:02:12,841 --> 00:02:14,926 {\an8}Usou "Mon soleil" para a crema de sol 32 00:02:14,926 --> 00:02:16,553 {\an8}e publicouno en liña. 33 00:02:16,553 --> 00:02:19,305 {\an8}E Eurovisión prohibe os usos comerciais. 34 00:02:20,807 --> 00:02:21,641 {\an8}Denúnciao. 35 00:02:21,641 --> 00:02:25,562 {\an8}Ós xuíces de Eurovisión dálles igual. Estamos fóra da competición. 36 00:02:25,562 --> 00:02:28,940 {\an8}Se Nico che fixo iso, Marcello tampouco pode confiar nel. 37 00:02:28,940 --> 00:02:30,650 {\an8}Ninguén pode confiar nel. 38 00:02:31,317 --> 00:02:34,404 {\an8}Estou farta de falar disto. Que tal a túa finde romántica? 39 00:02:35,238 --> 00:02:36,948 {\an8}É unha longa historia, 40 00:02:36,948 --> 00:02:40,326 {\an8}pero Sylvie uniuse á festa e volveuse moito menos romántica. 41 00:02:40,326 --> 00:02:43,163 {\an8}Quieta aí. Se se uniu Sylvie podo ir eu tamén? 42 00:02:43,163 --> 00:02:44,998 {\an8}Teño que saír de París. 43 00:02:44,998 --> 00:02:46,291 {\an8}Non creo que sexa... 44 00:02:46,291 --> 00:02:50,211 {\an8}Reservo agora o voo da tarde. Dime en que hotel estás. Quérote! 45 00:03:14,777 --> 00:03:15,612 Buongiorno. 46 00:03:16,321 --> 00:03:18,448 Sabe onde está a sede de Muratori? 47 00:03:18,448 --> 00:03:19,616 {\an8}Muratori que? 48 00:03:19,616 --> 00:03:21,075 As oficinas. 49 00:03:21,075 --> 00:03:22,327 A fábrica. 50 00:03:23,661 --> 00:03:24,621 Marcello Muratori. 51 00:03:25,288 --> 00:03:27,415 - Marcello Muratori. - Sì, Marcello Muratori. 52 00:03:27,415 --> 00:03:30,335 Póñase cómoda. Café, croissant, capuchino? 53 00:03:30,335 --> 00:03:31,419 Non, grazie. 54 00:03:31,419 --> 00:03:32,837 Sente, por favor. 55 00:03:51,272 --> 00:03:52,106 Emily? 56 00:03:52,106 --> 00:03:54,734 Oui. Quero dicir, sì. 57 00:03:54,734 --> 00:03:58,988 Marcello non volveu aínda de Roma e pensei que viñas con el. 58 00:03:58,988 --> 00:04:01,908 Ía vir con el, pero houbo un cambio de plans. 59 00:04:02,825 --> 00:04:04,285 Perdoe, quen é vostede? 60 00:04:04,786 --> 00:04:08,289 A súa nai, Antonia Muratori. Benvida. 61 00:04:08,289 --> 00:04:09,791 Encantada de coñecela. 62 00:04:10,541 --> 00:04:15,380 Tiña moitas ganas de coñecer a esa Emily da que Marcello tanto fala. 63 00:04:15,380 --> 00:04:18,841 - Si? Fala de min? - Dende que te coñeceu. 64 00:04:18,841 --> 00:04:20,802 Pero por que estás soa? 65 00:04:22,762 --> 00:04:25,598 Decidín darlle unha sorpresa. 66 00:04:25,598 --> 00:04:28,601 Pois daraslla ó xantar. É o aniversario de Maria. 67 00:04:28,601 --> 00:04:31,604 Marabilloso. Quen é Maria? 68 00:04:32,188 --> 00:04:35,900 Traballa para nós cortando teas. Leva anos na empresa. 69 00:04:35,900 --> 00:04:39,028 Vaia, que ben. É un aniversario especial? 70 00:04:39,028 --> 00:04:41,030 Non, a especial é ela. 71 00:04:41,030 --> 00:04:43,533 Igual ca tódolos traballadores. 72 00:04:44,284 --> 00:04:45,368 Son familia. 73 00:04:46,119 --> 00:04:47,287 Emily? 74 00:04:47,912 --> 00:04:49,122 Que fas aquí? 75 00:04:49,122 --> 00:04:50,415 Sorpresa. 76 00:04:50,415 --> 00:04:52,500 Íalle ensinar a vila a Emily. 77 00:04:53,126 --> 00:04:54,502 Moi ben. 78 00:04:56,379 --> 00:04:58,423 Grazas, mamá. Encárgome eu. 79 00:04:59,882 --> 00:05:00,717 Daquela... 80 00:05:02,927 --> 00:05:04,304 agora acósasme ou que? 81 00:05:05,221 --> 00:05:12,145 Non. Vin aquí porque non tiña nin idea de que a miña xefa ía acurralarme. 82 00:05:13,479 --> 00:05:17,358 Só vin a Roma por un motivo: verte a ti. 83 00:05:17,984 --> 00:05:22,405 Se aínda queres, encantaríame ver a vila, como tiñamos planeado. 84 00:05:23,489 --> 00:05:24,449 Veña logo. 85 00:05:26,284 --> 00:05:27,118 Vamos alá. 86 00:05:30,455 --> 00:05:32,707 Así que lle falaches a túa nai de min. 87 00:05:34,584 --> 00:05:36,919 Mira, teño algo que confesarche. 88 00:05:38,004 --> 00:05:41,174 Aquel día en Megève maldicinme por non pedirche o número. 89 00:05:41,883 --> 00:05:45,595 Conteille a miña nai que coñecera a alguén especial 90 00:05:45,595 --> 00:05:47,472 e que a deixara escapar. 91 00:05:48,181 --> 00:05:53,102 E ela díxome que se o destino o quería, volveriamos atoparnos dalgún xeito. 92 00:05:53,770 --> 00:05:54,604 E atopámonos. 93 00:05:54,604 --> 00:05:57,315 Mi ma. Non me estás vacilando? 94 00:05:57,315 --> 00:06:00,068 É que miña nai é algo meiga. Sabe cousas. 95 00:06:01,194 --> 00:06:02,236 E teu pai? 96 00:06:02,236 --> 00:06:04,530 Morreu cando eu tiña dez anos. 97 00:06:05,281 --> 00:06:06,407 Era incrible. 98 00:06:06,407 --> 00:06:07,325 Síntoo. 99 00:06:07,325 --> 00:06:08,701 Nada, tranquila. 100 00:06:09,369 --> 00:06:10,870 Logrou moitas cousas. 101 00:06:10,870 --> 00:06:14,248 Medrou aquí e creou un negocio. Moi pequeno ó principio. 102 00:06:14,916 --> 00:06:19,879 Esta vila sempre foi coñecida polas súas cabras únicas e pola caxemira. 103 00:06:19,879 --> 00:06:21,672 Ó final si que eras cabreiro. 104 00:06:21,672 --> 00:06:23,049 Son, de certo xeito. 105 00:06:24,509 --> 00:06:29,514 Meu pai tiña a filosofía de que acadase o éxito que acadase, 106 00:06:29,514 --> 00:06:32,016 compartiríao con toda a vila. 107 00:06:32,016 --> 00:06:35,144 Por iso case tódolos veciños traballan en Muratori. 108 00:06:35,144 --> 00:06:37,313 Sentímonos responsables. 109 00:06:37,313 --> 00:06:41,109 Construímos unha escola xenial, unha biblioteca e ata un teatro. 110 00:06:41,109 --> 00:06:44,153 Queremos que tódolos traballadores sexan felices. 111 00:06:44,153 --> 00:06:47,657 Se non es feliz no traballo, non es feliz na vida. 112 00:06:47,657 --> 00:06:49,158 Totalmente de acordo, 113 00:06:49,659 --> 00:06:52,995 pero é a primeira vez que escoito a alguén dicilo así. 114 00:06:53,913 --> 00:06:58,042 E unha das cousas que máis feliz te fai é o estómago. 115 00:06:58,793 --> 00:07:01,170 Por iso, á unha en punto cravada, 116 00:07:01,170 --> 00:07:07,009 todos sentamos á mesa coma unha familia para gozar dun gorentoso xantar. 117 00:07:08,386 --> 00:07:10,930 Mi madriña. 118 00:07:17,520 --> 00:07:19,188 Salute, Maria! 119 00:07:19,772 --> 00:07:21,566 Salute, Maria! 120 00:07:29,115 --> 00:07:32,243 - Como se di "bo aniversario"? - Buon compleanno. 121 00:07:32,910 --> 00:07:35,121 Buon compleanno, Maria! 122 00:07:35,121 --> 00:07:36,456 Moitas grazas! 123 00:07:43,045 --> 00:07:47,091 Emily, podes sacar unha foto, pero non a publiques. 124 00:07:47,091 --> 00:07:50,428 Sobre todo da roupa. É a principal regra da empresa. 125 00:07:50,428 --> 00:07:53,014 É que é tan especial. Por que non compartilo? 126 00:07:53,014 --> 00:07:56,767 Esforzámonos por que sexa privado. Nada de anuncios nin redes. 127 00:07:56,767 --> 00:07:58,394 Os clientes veñen igual a nós. 128 00:07:59,145 --> 00:08:02,440 Perdoa a miña nai. Pode ser algo paranoica ás veces. 129 00:08:02,440 --> 00:08:04,775 Paranoica non. Protectora. 130 00:08:04,775 --> 00:08:07,028 Sobreprotectora, podería dicirse. 131 00:08:07,945 --> 00:08:09,322 Vaites co neniño de mamá! 132 00:08:13,659 --> 00:08:15,536 Grazas por ensinarme a túa casa. 133 00:08:15,536 --> 00:08:18,623 Non é a miña casa. Esa é a vindeira parada. 134 00:08:18,623 --> 00:08:21,000 Así que non rematou a visita. 135 00:08:21,667 --> 00:08:22,960 Despois do xantar. 136 00:08:28,883 --> 00:08:32,803 É incrible criarse nun sitio así. Como vai marchar un de aquí? 137 00:08:32,803 --> 00:08:35,556 Ese é o problema. Ninguén marcha. 138 00:08:39,977 --> 00:08:40,978 Este é meu pai. 139 00:08:42,855 --> 00:08:44,690 E este meu avó. 140 00:08:44,690 --> 00:08:47,360 O seu pai. As miñas irmás. 141 00:08:47,360 --> 00:08:50,279 Moitos curmáns. Non sei nin como se chaman todos. 142 00:08:50,988 --> 00:08:52,823 Canta historia. 143 00:08:52,823 --> 00:08:53,741 Sì. 144 00:08:56,452 --> 00:08:57,578 En que pensas? 145 00:08:59,080 --> 00:09:01,415 Non sei eu se vas querer oílo. 146 00:09:02,542 --> 00:09:04,669 Quero oír todo o que pensas. 147 00:09:14,470 --> 00:09:18,391 Agora que vin Solitano, ou que o sentín, 148 00:09:19,934 --> 00:09:21,602 pode que Sylvie teña razón. 149 00:09:22,270 --> 00:09:24,730 Sei que pensades vender a empresa a JVMA 150 00:09:24,730 --> 00:09:26,816 e creo que sería un erro brutal. 151 00:09:26,816 --> 00:09:28,776 Vale. E... 152 00:09:30,027 --> 00:09:31,404 Como sabes ti iso? 153 00:09:32,363 --> 00:09:33,364 Correuse a voz. 154 00:09:34,490 --> 00:09:37,410 Ata vir aquí, pensaba que non era asunto meu, 155 00:09:38,578 --> 00:09:42,873 pero este sitio e o que creou a túa familia é especial. 156 00:09:43,916 --> 00:09:45,668 Especial e ancorado no tempo. 157 00:09:47,461 --> 00:09:49,589 A miña nai non lle gustan os cambios, 158 00:09:50,548 --> 00:09:53,634 pero eu non quero que sexamos invisibles. 159 00:09:53,634 --> 00:09:56,637 Temos que medrar e formar parte do mundo. 160 00:09:56,637 --> 00:10:00,766 Así que si, estamos a considerar a oferta de JVMA. 161 00:10:02,184 --> 00:10:04,353 Queren unha resposta esta semana. 162 00:10:04,353 --> 00:10:06,355 E eu sei que resposta quero dar. 163 00:10:06,355 --> 00:10:09,025 No mundo quedan poucas cousas coma esta. 164 00:10:09,025 --> 00:10:12,445 A túa empresa ten alma, noteino alí sentada á mesa. 165 00:10:12,445 --> 00:10:17,199 E noteino na calidade do que producides. Odiaría ver como o perdedes. 166 00:10:17,908 --> 00:10:19,410 Non quero perdelo. 167 00:10:20,286 --> 00:10:23,706 Quero ser unha marca de verdade, como Prada ou Gucci. 168 00:10:23,706 --> 00:10:26,042 E para iso precisamos cartos. 169 00:10:26,042 --> 00:10:29,003 Pero eu coñézoos, Marcello, non son de fiar. 170 00:10:32,757 --> 00:10:34,508 Non creo que vaia dicir isto. 171 00:10:35,718 --> 00:10:37,845 Considerarías reunirte connosco? 172 00:10:42,183 --> 00:10:43,434 Xa estamos. 173 00:10:44,477 --> 00:10:45,978 Volvemos ós negocios. 174 00:10:45,978 --> 00:10:49,065 Dígoo porque me importas e podemos axudarvos. 175 00:10:50,775 --> 00:10:52,193 Polo menos escóitanos. 176 00:10:53,653 --> 00:10:57,865 Rexeitamos tódalas firmas italianas. Por que iamos ir cunha francesa? 177 00:10:57,865 --> 00:10:59,033 Porque... 178 00:11:00,451 --> 00:11:02,912 coma vós, somos especiais. 179 00:11:09,543 --> 00:11:10,419 Emily... 180 00:11:12,755 --> 00:11:14,757 Creo que cometiches un erro ó vir. 181 00:11:15,925 --> 00:11:16,801 Síntoo. 182 00:11:17,885 --> 00:11:19,095 Son eu quen o sente. 183 00:11:20,137 --> 00:11:21,972 Non debín vir. Falei de máis. 184 00:11:21,972 --> 00:11:24,558 Ás veces non son quen de evitalo. 185 00:11:27,728 --> 00:11:30,398 Falarei con alguén para que te leve a Roma. 186 00:11:38,698 --> 00:11:40,825 {\an8}Anuncio de Renault 5, toma tres. 187 00:12:05,057 --> 00:12:06,475 Corten! 188 00:12:07,309 --> 00:12:08,811 Moi ben. Rodamos outra. 189 00:12:10,438 --> 00:12:12,606 Sylvie, que agradable sorpresa. 190 00:12:13,232 --> 00:12:14,442 Que te trae a Roma? 191 00:12:15,067 --> 00:12:16,861 Pois xa nin o sei. 192 00:12:17,653 --> 00:12:19,488 Sexa o que sexa, alédame verte. 193 00:12:20,990 --> 00:12:24,034 Quédanme un par de horas. Podes volver logo... 194 00:12:24,034 --> 00:12:25,327 Non, agardo aquí. 195 00:12:25,953 --> 00:12:28,247 Gústame ver traballar a outros para variar. 196 00:12:28,247 --> 00:12:29,832 Tráioche unha cadeira. 197 00:12:30,374 --> 00:12:32,418 Unha cadeira para a dona. 198 00:12:32,418 --> 00:12:34,503 As Vespas entraron tarde. 199 00:12:34,503 --> 00:12:36,046 Outra! 200 00:12:37,798 --> 00:12:40,384 Sempre hai algo que te trae de volta a Roma. 201 00:12:40,384 --> 00:12:42,052 Non é obvio? 202 00:12:42,845 --> 00:12:45,306 Quero pensar que son eu, pero non. 203 00:12:46,390 --> 00:12:47,933 Esta cidade atráete. 204 00:12:49,018 --> 00:12:51,437 Talvez representa quen queres ser. 205 00:12:52,229 --> 00:12:53,230 E quen quero ser? 206 00:12:53,230 --> 00:12:54,148 Unha artista. 207 00:12:54,148 --> 00:12:55,065 Non. 208 00:12:55,065 --> 00:12:56,025 Unha cineasta? 209 00:12:57,067 --> 00:13:00,613 Fun ás túas clases porque te admiraba a ti e os teus filmes. 210 00:13:01,447 --> 00:13:05,618 Quería aprender, pero só foi un soño, a crise dos 40. 211 00:13:07,244 --> 00:13:08,204 Xa vexo. 212 00:13:08,204 --> 00:13:12,458 A unhas dálles polo bótox e a outras por estudar cine en Roma. 213 00:13:13,334 --> 00:13:16,921 Sei o que se me dá ben e agora dirixo unha axencia. 214 00:13:17,630 --> 00:13:20,007 Hai cousas máis importantes có traballo. 215 00:13:21,133 --> 00:13:22,051 Xa o sei. 216 00:13:23,177 --> 00:13:26,555 Dalgún xeito, vir aquí sempre mo recorda. 217 00:13:26,555 --> 00:13:29,809 Hoxe díxenlle a unha traballadora estadounidense 218 00:13:29,809 --> 00:13:33,479 que sacrificase un amor pola miña ambición e estivo moi mal. 219 00:13:34,104 --> 00:13:35,272 E que fixo? 220 00:13:36,148 --> 00:13:38,484 Negouse, como debe ser. 221 00:13:39,693 --> 00:13:42,613 Dende que abrín a axencia, vivo para traballar. 222 00:13:42,613 --> 00:13:46,617 Ata montei un negocio co meu marido. Abriu un club en París. 223 00:13:46,617 --> 00:13:48,285 - Segues co teu marido? - Oui. 224 00:13:53,916 --> 00:13:57,294 Creo que es o único home do que sentiu celos. 225 00:14:00,172 --> 00:14:02,007 E onde nos deixa iso? 226 00:14:03,133 --> 00:14:04,552 O que pasa en Roma... 227 00:14:21,861 --> 00:14:25,155 Admito que o servizo de cuartos italiano é do melloriño. 228 00:14:26,073 --> 00:14:29,201 Que ben que viñeras! 229 00:14:29,910 --> 00:14:33,122 E que? Que pasou co Semental Italiano? 230 00:14:37,209 --> 00:14:39,461 Xa o mandaches pacer? 231 00:14:39,461 --> 00:14:41,338 Máis ben ó contrario. 232 00:14:43,257 --> 00:14:44,592 Imos dar unha volta. 233 00:14:51,599 --> 00:14:55,811 Non podo evitar pensar que a lea de Eurovisión foi culpa miña. 234 00:14:55,811 --> 00:14:58,606 Como dis iso despois da sabotaxe de Nico? 235 00:14:58,606 --> 00:15:02,610 É que cada vez que lle pedín que me elixise, el fíxoo. 236 00:15:03,736 --> 00:15:07,281 Debín darme conta do importante que é a imaxe para el. 237 00:15:07,281 --> 00:15:10,034 Non deberías adaptar a túa vida ou carreira 238 00:15:10,034 --> 00:15:11,869 para facer feliz a outro. 239 00:15:11,869 --> 00:15:13,537 Xa, e odio o que fixo. 240 00:15:14,371 --> 00:15:18,083 Pero... sabes que é o que máis me doe? 241 00:15:18,083 --> 00:15:19,001 O que? 242 00:15:20,461 --> 00:15:21,629 Que aínda o quero. 243 00:15:23,005 --> 00:15:24,465 Sei que non ten xeito. 244 00:15:24,465 --> 00:15:26,050 Non ten que ter xeito. 245 00:15:26,717 --> 00:15:30,888 Pero ti mira isto. Non é impresionante? 246 00:15:32,306 --> 00:15:33,682 A verdade é que si. 247 00:15:33,682 --> 00:15:35,726 Penso nestes edificios e ruínas 248 00:15:35,726 --> 00:15:38,228 que seguen en pé tras miles de anos 249 00:15:38,228 --> 00:15:40,940 e imaxino a vida das persoas daquela. 250 00:15:42,358 --> 00:15:44,568 Faiche ver os problemas en perspectiva. 251 00:15:45,069 --> 00:15:46,695 Hai beleza nas ruínas. 252 00:15:46,695 --> 00:15:47,863 Exactamente. 253 00:15:48,447 --> 00:15:53,452 Esta cidade ten máis beleza e vida por mor de todo o que sufriu. 254 00:15:53,452 --> 00:15:55,412 Paréceme parte do seu encanto. 255 00:15:55,412 --> 00:15:56,330 Em, 256 00:15:57,790 --> 00:16:01,627 estou cunha canción para darlle sentido ó que sinto. 257 00:16:01,627 --> 00:16:02,586 Rematáchela? 258 00:16:02,586 --> 00:16:07,466 Case, pero faltábame algo apegadizo e acábasme de dar unha idea. 259 00:16:12,054 --> 00:16:13,180 Bule. Ven aquí. 260 00:16:13,847 --> 00:16:16,350 Grávame, así non esquezo a letra. 261 00:16:16,350 --> 00:16:17,393 Pero que fas? 262 00:16:18,227 --> 00:16:20,980 - Buona sera. - Buona sera. 263 00:16:20,980 --> 00:16:25,025 Podo roubarcho un intre? Déixoche quedar con todo o que me dean. 264 00:16:25,609 --> 00:16:26,694 De acordo. 265 00:16:33,951 --> 00:16:35,119 Imos alá. 266 00:16:51,176 --> 00:16:54,471 Eriximos esta cidade pedra a pedra. 267 00:16:54,471 --> 00:16:58,600 Ten a súa graza, a que si? 268 00:16:58,600 --> 00:17:03,147 Estivemos a piques de telo todo. 269 00:17:05,232 --> 00:17:08,610 Matámonos a traballar, 270 00:17:08,610 --> 00:17:12,239 erguemos un castelo ó par, 271 00:17:12,239 --> 00:17:17,703 mais logo vimos o reino colapsar. 272 00:17:23,042 --> 00:17:26,670 Son as bágoas as que nos lembran 273 00:17:26,670 --> 00:17:29,798 que seguimos vivos. 274 00:17:29,798 --> 00:17:33,510 Son as gretas as que deixan pasar a luz. 275 00:17:33,510 --> 00:17:38,849 Ás veces podo ver 276 00:17:38,849 --> 00:17:42,394 entre o po os diamantes. 277 00:17:42,394 --> 00:17:48,150 A beleza agóchase nas ruínas do que eramos antes. 278 00:17:50,235 --> 00:17:53,572 Meu ben, a cousa éche así. 279 00:17:53,572 --> 00:17:57,117 Cando se abre unha porta, péchase outra aquí. 280 00:17:57,117 --> 00:18:01,163 Ó final non é tan tráxico. 281 00:18:03,999 --> 00:18:07,419 Así que veña, despídete, 282 00:18:07,419 --> 00:18:10,672 porque hai un imperio na miña mente 283 00:18:10,672 --> 00:18:16,345 e podo reconstruílo novamente. 284 00:18:21,475 --> 00:18:25,145 Son as bágoas as que nos lembran 285 00:18:25,145 --> 00:18:28,398 que seguimos vivos. 286 00:18:28,398 --> 00:18:32,152 Son as gretas as que deixan pasar a luz. 287 00:18:32,152 --> 00:18:35,114 Ás veces 288 00:18:35,114 --> 00:18:40,828 podo ver entre o po os diamantes. 289 00:18:40,828 --> 00:18:46,041 A beleza agóchase nas ruínas do que eramos antes. 290 00:19:20,868 --> 00:19:21,994 Buongiorno. 291 00:19:21,994 --> 00:19:23,370 Buongiorno, Emily. 292 00:19:23,370 --> 00:19:24,705 Desexo concedido. 293 00:19:25,372 --> 00:19:27,124 Reunímonos mañá convosco. 294 00:19:28,125 --> 00:19:31,879 Mi ma! Xenial. Que che fixo cambiar de idea? 295 00:19:32,546 --> 00:19:37,009 Miña nai oíute trala porta e ten curiosidade por saber máis. 296 00:19:37,009 --> 00:19:41,096 Para min non ten xeito reunirse cunha axencia que nin ten oficina en Roma. 297 00:19:42,472 --> 00:19:43,765 Pero si que a temos. 298 00:19:43,765 --> 00:19:45,475 Temos unha oficina en Roma. 299 00:19:46,268 --> 00:19:48,353 Bavazza é cliente noso, lembras? 300 00:19:49,354 --> 00:19:51,648 Outra cousa que esqueciches mencionar. 301 00:19:51,648 --> 00:19:55,903 Pois envíame o enderezo e vémonos alí mañá ás 13:00. 302 00:19:57,321 --> 00:19:59,031 Incrible. Envíocho agora. 303 00:19:59,781 --> 00:20:03,869 Envíoche ese enderezo agora mesmiño. Grazie mille. 304 00:20:08,582 --> 00:20:10,500 Dime que non traballas hoxe. 305 00:20:12,002 --> 00:20:14,129 Cancelei todo o que tiña que facer. 306 00:20:15,047 --> 00:20:16,340 Perfecto. 307 00:20:17,758 --> 00:20:20,302 O único que me apetece é vagar pola cidade, 308 00:20:20,302 --> 00:20:22,638 comer pasta e facer o amor. 309 00:20:29,561 --> 00:20:32,689 Agora mando a esta ós biosbardos. Pronto, Emily. 310 00:20:32,689 --> 00:20:36,276 Conseguín a reunión. Non sei como, pero conseguina. 311 00:20:37,277 --> 00:20:38,362 Que? Fantástico! 312 00:20:38,987 --> 00:20:39,988 Cando e onde? 313 00:20:42,074 --> 00:20:44,618 Mañá ás 13:00 na nosa oficina de Roma. 314 00:20:46,245 --> 00:20:47,454 Perdoa? 315 00:20:47,454 --> 00:20:49,915 Non nos contratarán se non temos unha. 316 00:20:50,874 --> 00:20:52,042 Conseguirémola. 317 00:20:52,876 --> 00:20:54,002 Síntoo, cariño. 318 00:20:54,002 --> 00:20:57,881 Teño 24 horas para preparar unha presentación e unha oficina en Roma. 319 00:21:04,096 --> 00:21:04,930 Que foi? 320 00:21:06,181 --> 00:21:08,767 Perdería o home, pero conseguín a reunión. 321 00:21:08,767 --> 00:21:10,602 Impresionante, Em. 322 00:21:10,602 --> 00:21:12,062 Así che é a miña vida. 323 00:21:13,355 --> 00:21:14,231 Mi ma, tía. 324 00:21:15,983 --> 00:21:18,068 - Mi madriña bendita! - Que pasa? 325 00:21:18,068 --> 00:21:20,862 O meu vídeo cantando na piazza fíxose viral. 326 00:21:20,862 --> 00:21:21,780 Na miña conta? 327 00:21:21,780 --> 00:21:24,741 Non, publicouno un turista en TikTok. 328 00:21:26,034 --> 00:21:27,536 - Non o vas crer. - Que? 329 00:21:27,536 --> 00:21:29,997 Escribíronme do Popstar Chinés. 330 00:21:29,997 --> 00:21:32,291 Queren que volva como xuíza 331 00:21:32,291 --> 00:21:35,544 e queren que toque esta canción. Aínda nin a titulei. 332 00:21:37,379 --> 00:21:39,172 Que tal "Beleza entre ruínas"? 333 00:21:39,172 --> 00:21:40,841 "Beleza entre ruínas"? 334 00:21:41,967 --> 00:21:46,388 É perfecto. Ai, Deus, isto é mellor aínda ca Eurovisión. 335 00:21:46,388 --> 00:21:48,765 Teño que voar a París decontado. 336 00:21:48,765 --> 00:21:50,726 Emily, rediminme. 337 00:21:57,274 --> 00:22:01,320 Estamos a deseñar o novo Hotel Bulgari, 338 00:22:01,320 --> 00:22:03,947 non o vestiario masculino do Yankee Stadium. 339 00:22:03,947 --> 00:22:06,908 A ver, xentiña! Hai que darlle ó miolo. 340 00:22:06,908 --> 00:22:10,454 Quero que os clientes queden abraiados ó entrar no vestíbulo! 341 00:22:12,122 --> 00:22:15,917 Abraiados pola beleza de todo. 342 00:22:15,917 --> 00:22:17,461 Aquí non vexo nada diso! 343 00:22:17,461 --> 00:22:19,379 Perdón, e eses aires? 344 00:22:20,047 --> 00:22:22,632 Pero se antes só compraba roupa usada. 345 00:22:23,300 --> 00:22:24,885 Sylvie Grateau. 346 00:22:26,595 --> 00:22:29,181 Non o creo. Estás guapísima. 347 00:22:29,181 --> 00:22:30,974 Estás radiante, ruliña. 348 00:22:30,974 --> 00:22:32,267 Ti tamén. 349 00:22:33,810 --> 00:22:35,687 Saúda o meu brillante equipo. 350 00:22:35,687 --> 00:22:37,564 O dream team. 351 00:22:38,357 --> 00:22:41,943 Esta é a última muller coa que me deitei. 352 00:22:43,236 --> 00:22:45,030 Antes de pasar ós homes. 353 00:22:45,614 --> 00:22:48,617 Veña, ho. Nunca sei se é un cumprido ou un insulto. 354 00:22:50,369 --> 00:22:51,578 Que ledicia verte! 355 00:22:51,578 --> 00:22:52,496 Igualmente. 356 00:22:52,496 --> 00:22:53,955 Que te trae a Roma? 357 00:22:53,955 --> 00:22:56,917 Vin por negocios e preciso un favor de nada. 358 00:22:56,917 --> 00:22:58,627 Oh, certo. O que queiras. 359 00:22:58,627 --> 00:23:02,589 Busco unha oficina bonita para mañá. É unha reunión importante. 360 00:23:02,589 --> 00:23:06,093 Será un pracer buscarche unha officci in questo palazzo. 361 00:23:06,093 --> 00:23:08,887 En realidade, esta mesma sería perfecta. 362 00:23:08,887 --> 00:23:10,013 A miña oficina? 363 00:23:10,597 --> 00:23:11,890 Sería só pola tarde. 364 00:23:11,890 --> 00:23:13,266 E outra cousiña, 365 00:23:13,266 --> 00:23:16,686 poderías sacar da porta o de Giorgio Barbieri Design? 366 00:23:16,686 --> 00:23:19,981 Suponse que isto é a sede en Roma de Agence Grateau. 367 00:23:19,981 --> 00:23:23,318 Non cambiaches nin un pelo, eh? 368 00:23:23,318 --> 00:23:26,029 Dende que te cambiei a ti, non. 369 00:23:32,202 --> 00:23:34,329 Saio xantar e creo que vou tardar, 370 00:23:34,329 --> 00:23:36,581 - pódesme responder as chamadas? - Claro. 371 00:23:36,581 --> 00:23:38,959 Cando marcha o gato, xoga o rato. 372 00:23:38,959 --> 00:23:40,460 Perdoa? 373 00:23:40,460 --> 00:23:41,586 Só é un dito. 374 00:23:41,586 --> 00:23:45,173 Reserva dous billetes a Roma decontado. 375 00:23:45,173 --> 00:23:46,133 Que pasa? 376 00:23:46,133 --> 00:23:50,137 Falei con Sylvie. Prepara a maleta. Imos a unha reunión a Roma. 377 00:23:50,137 --> 00:23:51,638 - Roma? Toma! - Si. 378 00:23:51,638 --> 00:23:53,765 Maletas? Xa mercarei todo alí. 379 00:23:53,765 --> 00:23:55,809 O malo é que compartimos cuarto. 380 00:23:55,809 --> 00:23:56,726 - Non. - Si. 381 00:23:56,726 --> 00:24:00,772 Dúas camas. E non me traias homes raros ó cuarto. 382 00:24:00,772 --> 00:24:02,023 Por quen me tomas? 383 00:24:02,023 --> 00:24:04,109 Tómote por quen es. 384 00:24:12,200 --> 00:24:14,870 Segue sen convencerme o slogan da campaña. 385 00:24:14,870 --> 00:24:17,831 "Os italianos fano mellor." É marabilloso. 386 00:24:17,831 --> 00:24:21,418 E é mellor ca nada, que é o único que tiñamos ó chegar. 387 00:24:21,418 --> 00:24:24,838 Deixémolo así por agora. Hoxe vendémonos nós. 388 00:24:25,464 --> 00:24:29,301 O meu soño. Por fin temos oficina en Roma. 389 00:24:29,301 --> 00:24:32,471 Só esta tarde. Non te me afagas. 390 00:24:41,146 --> 00:24:43,148 Moitísimas grazas por vir. 391 00:24:43,148 --> 00:24:46,359 É unha honra coñecela, signora Muratori. 392 00:24:46,359 --> 00:24:48,445 Unha honra enorme. 393 00:24:48,445 --> 00:24:51,406 Sodes moi amables, pero non nos deades aínda as grazas. 394 00:24:52,073 --> 00:24:55,494 Como lle dixen a Emily, nunca buscamos publicidade 395 00:24:55,494 --> 00:24:59,080 e non estou segura de estarmos listos para dar o paso. 396 00:24:59,080 --> 00:25:01,458 Eu creo que pode telo todo. 397 00:25:02,125 --> 00:25:05,170 Pode seguir a ter unha empresa pequena e independente, 398 00:25:05,170 --> 00:25:07,005 pero que o mundo os coñeza. 399 00:25:07,005 --> 00:25:10,550 E se nos anunciamos, por que facelo cunha axencia francesa? 400 00:25:11,218 --> 00:25:14,095 Achegamos unha mirada fresca. 401 00:25:14,804 --> 00:25:17,432 Sabemos que os italianos o fan mellor. 402 00:25:19,726 --> 00:25:20,644 Moi ben. 403 00:25:22,354 --> 00:25:24,231 - Claro que si. - Iso. 404 00:25:24,231 --> 00:25:25,649 Non é obvio? 405 00:25:30,570 --> 00:25:32,697 "Os italianos fano mellor" non é o slogan. 406 00:25:32,697 --> 00:25:33,698 - Non. - Non. 407 00:25:33,698 --> 00:25:34,616 Non. 408 00:25:34,616 --> 00:25:37,619 Sei que Muratori nunca buscou anunciarse, 409 00:25:37,619 --> 00:25:41,081 pero teño unha idea para unha campaña sutil. 410 00:25:41,081 --> 00:25:43,083 Non ten que ver coa marca. 411 00:25:43,083 --> 00:25:48,672 Non promovades a roupa, promovede a vosa forma de vida. 412 00:25:48,672 --> 00:25:51,716 Familia, ledicia, comunidade. 413 00:25:52,342 --> 00:25:55,971 Na esquina inferior dereita dirá Umberto Muratori. 414 00:25:56,596 --> 00:26:00,350 Cunha letra tan cativiña que terás que achegarte para lela. 415 00:26:02,519 --> 00:26:06,898 En fin, todo isto é moi interesante, pero... 416 00:26:08,858 --> 00:26:13,363 non pretenderedes vir de París e darlle estopa por la a unha italiana. 417 00:26:13,989 --> 00:26:16,283 Non entendo a que se refire. 418 00:26:16,283 --> 00:26:19,619 Agence Grateau non ten oficina en Roma. 419 00:26:19,619 --> 00:26:22,205 Estamos na oficina de Giorgio Barbieri. 420 00:26:22,205 --> 00:26:23,415 Que? Perdoe? 421 00:26:25,208 --> 00:26:28,503 Perdoe, Giorgio que? Nunca oín falar del. 422 00:26:29,629 --> 00:26:32,507 Creo que se mudou a outra máis grande, si. 423 00:26:32,507 --> 00:26:34,217 Abonda, por favor. 424 00:26:34,718 --> 00:26:36,261 En Roma coñecémonos todos. 425 00:26:37,804 --> 00:26:38,805 De feito, 426 00:26:38,805 --> 00:26:42,976 eu fun a última muller coa que se deitou antes de deitarse con homes. 427 00:26:42,976 --> 00:26:44,728 Desculpe? 428 00:26:44,728 --> 00:26:48,523 En fin, teño lembranzas algo confusas ó respecto. 429 00:26:48,523 --> 00:26:53,445 Non me contaras que te ías reunir con Antonia Muratori. 430 00:26:54,988 --> 00:26:57,449 Diríache que estabas a perder o tempo. 431 00:27:01,036 --> 00:27:03,705 Espera, Antonia. Desculpe, signora Muratori, 432 00:27:04,497 --> 00:27:09,628 igual ca vostede, eu faría o que fose pola xente que me importa. 433 00:27:10,545 --> 00:27:14,257 Cando che importa, é amor, non é traballo. 434 00:27:15,467 --> 00:27:17,218 Daquela enténdesme. 435 00:27:17,218 --> 00:27:18,470 Enténdesnos. 436 00:27:20,221 --> 00:27:22,557 E eu entendo a Marcello. 437 00:27:22,557 --> 00:27:24,517 Quere conquistar o mundo. 438 00:27:24,517 --> 00:27:28,146 Non é a miña ambición, pero precisamos os cartos. 439 00:27:29,272 --> 00:27:34,986 E creo que xa non me podo permitir o luxo de poñerme melindrosa. 440 00:27:36,321 --> 00:27:37,530 Déanos seis meses. 441 00:27:54,798 --> 00:27:57,258 Levo seis anos sen pagar impostos, 442 00:27:58,218 --> 00:28:00,637 así que seis meses non é nada. 443 00:28:00,637 --> 00:28:05,392 Mamma, pode que en seis meses xa non teñamos a oferta de JVMA. 444 00:28:05,392 --> 00:28:08,186 Se nos queren de verdade, agardarán por nós. 445 00:28:08,186 --> 00:28:09,521 Tedes seis meses. 446 00:28:09,521 --> 00:28:13,525 Ai, Antonia, que emoción que vaiamos traballar xuntas. 447 00:28:15,819 --> 00:28:18,279 Esta noite celebrámolo cunha festa. 448 00:28:18,279 --> 00:28:21,533 As miñas dúas mulleres favoritas xuntas en Roma! 449 00:28:23,660 --> 00:28:24,786 Así que ó final, 450 00:28:25,829 --> 00:28:28,456 si que viñas por negocios, non por min. 451 00:28:29,374 --> 00:28:31,167 Díxenche que iso non é certo. 452 00:28:31,167 --> 00:28:34,003 Parabéns. Conseguiches o que querías. 453 00:28:37,549 --> 00:28:38,383 Marcello. 454 00:28:40,802 --> 00:28:41,720 Síntoo. 455 00:28:50,270 --> 00:28:51,229 Agence Grateau. 456 00:28:59,320 --> 00:29:00,447 Mi madriña! 457 00:29:01,531 --> 00:29:02,532 É incrible! 458 00:29:03,241 --> 00:29:04,409 Non, dígollo agora! 459 00:29:05,034 --> 00:29:06,953 Moitas grazas. 460 00:29:06,953 --> 00:29:08,288 Grazas. Adeus! 461 00:29:10,790 --> 00:29:11,624 Gabriel! 462 00:29:14,753 --> 00:29:18,131 Gabriel, traio grandes novas! 463 00:29:18,131 --> 00:29:21,926 Chamaron de Michelin. Esta noite anuncian as súas estrelas. 464 00:29:22,510 --> 00:29:23,595 E vanche dar unha! 465 00:29:24,971 --> 00:29:28,516 É mentira. Marianne era unha farsante. Tomáronche o pelo. 466 00:29:28,516 --> 00:29:30,977 Non, é certo. Prométocho. 467 00:29:30,977 --> 00:29:33,938 Falei eu mesma cun tal Régis Lombard. 468 00:29:34,564 --> 00:29:36,316 Traballa para Michelin. De verdade. 469 00:29:37,025 --> 00:29:39,319 E Emily? Debería contarmo ela. 470 00:29:39,319 --> 00:29:41,446 Foi a Roma quedar co tipo ese. 471 00:29:44,449 --> 00:29:46,409 Sei canto levas agardándoo. 472 00:29:47,243 --> 00:29:51,414 Merécelo máis ca ninguén. Temos que celebralo aquí esta noite. 473 00:29:53,124 --> 00:29:55,960 Sabes que? Tes razón. Claro que o celebraremos. 474 00:29:57,462 --> 00:29:59,339 Estou moi orgullosa de ti. 475 00:30:03,593 --> 00:30:05,762 Veña, vémonos esta noite. 476 00:30:05,762 --> 00:30:07,764 Teño o móbil que non dá abasto. 477 00:30:07,764 --> 00:30:09,098 Ata esta noite. 478 00:30:09,098 --> 00:30:11,392 Moi ben, à tout à l'heure. 479 00:30:20,527 --> 00:30:23,446 Perdón. Perdoade, xente! 480 00:30:24,489 --> 00:30:26,074 Un momento, por favor. 481 00:30:26,074 --> 00:30:31,955 Quero brindar por dúas mulleres que vos son un portento. 482 00:30:32,580 --> 00:30:36,209 Mellor brindemos por tres portentos. 483 00:30:36,918 --> 00:30:38,962 Non estariamos aquí sen Emily. 484 00:30:38,962 --> 00:30:41,422 Tres mulleres que son un portento! 485 00:30:58,815 --> 00:31:01,526 Coñezo esa cara. Que che pasa? 486 00:31:02,193 --> 00:31:05,280 Non te darías conta, pero falta alguén. 487 00:31:06,322 --> 00:31:07,615 Marcello. 488 00:31:09,993 --> 00:31:13,955 Non pasa nada. Afortunada no traballo, desafortunada no amor. 489 00:31:16,082 --> 00:31:18,251 Emily, síntoo moito. Non pretendía... 490 00:31:18,251 --> 00:31:21,129 Si que pretendías e non che importou. 491 00:31:23,631 --> 00:31:25,341 Ó final, a decisión foi miña, 492 00:31:25,341 --> 00:31:27,927 pero non sei se foi a correcta. 493 00:31:35,018 --> 00:31:36,269 Pode que si. 494 00:31:49,782 --> 00:31:53,036 LAURENT: ESTOU EN PARÍS. E TI? 495 00:31:53,036 --> 00:31:55,371 SYLVIE: EN ROMA. 496 00:31:56,247 --> 00:31:58,416 LAURENT: VOLVE AXIÑA. BÓTOTE DE MENOS. 497 00:32:10,470 --> 00:32:14,641 SYLVIE: ESTOU PECHANDO UNS NEGOCIOS. NON TARDAREI, MEU BEN. 498 00:32:15,308 --> 00:32:17,644 - Ciao. - Ciao. 499 00:32:24,901 --> 00:32:29,113 Preocupábame que non viñeses por estares enfadado comigo. 500 00:32:30,156 --> 00:32:34,118 Miña nai contoume que pediches non levarnos como cliente. 501 00:32:35,870 --> 00:32:37,455 Vin preguntarche por que. 502 00:32:39,082 --> 00:32:41,668 Non quero traballar contigo, Marcello. 503 00:32:43,419 --> 00:32:44,963 Quero estar contigo. 504 00:32:47,924 --> 00:32:49,592 Mañá volvo a París. 505 00:32:52,220 --> 00:32:57,809 Daquela será mellor aproveitar a nosa última noite en Roma. 506 00:33:22,375 --> 00:33:23,209 Perdoa. 507 00:33:23,209 --> 00:33:24,335 Chef Gabriel, 508 00:33:24,335 --> 00:33:26,963 xa comín aquí tres veces 509 00:33:26,963 --> 00:33:30,633 e cada experiencia é mellor cá anterior. 510 00:33:30,633 --> 00:33:32,301 Perdón, coñézote? 511 00:33:32,301 --> 00:33:36,055 Só son un home que gusta dunha boa papatoria 512 00:33:37,306 --> 00:33:39,392 e non acepta tratos especiais. 513 00:33:41,144 --> 00:33:42,395 Parabéns, meu. 514 00:33:44,480 --> 00:33:47,692 Este nariz sempre cheirou que tiñas un aquel. 515 00:33:47,692 --> 00:33:50,486 Isto tamén é voso, socios meus. 516 00:33:51,195 --> 00:33:53,865 Non o lograría sen a fe que tiveches en min. 517 00:33:53,865 --> 00:33:55,700 Nin sen os cartos de Antoine. 518 00:33:56,993 --> 00:34:00,455 Seguimos en perdas, pero é o investimento que máis xogo me dá. 519 00:34:00,955 --> 00:34:03,499 E despois disto, seguro que cambia a cousa. 520 00:34:05,293 --> 00:34:08,421 Despois de tanto tempo non podo crer o da estrela. 521 00:34:09,922 --> 00:34:11,257 Emily debería estar aquí. 522 00:34:11,883 --> 00:34:13,551 Sen ela boto algo en falla. 523 00:34:14,510 --> 00:34:16,387 - Parabéns. - Grazas. 524 00:34:17,221 --> 00:34:21,476 Estou moi moi contenta por ti. Parécesme brillante. 525 00:34:22,894 --> 00:34:23,728 Grazas. 526 00:34:24,729 --> 00:34:25,855 Grazas. 527 00:34:25,855 --> 00:34:28,149 - Non vexo que bote nada en falla. - Non. 528 00:34:28,149 --> 00:34:30,026 Podemos falar un segundiño? 529 00:34:30,026 --> 00:34:31,277 Podemos, claro. 530 00:34:35,406 --> 00:34:38,701 Genevieve, escoita, non quero que leves a idea que non é. 531 00:34:39,744 --> 00:34:44,082 A outra noite volvémonos algo tolos, pero foi cousa do momento, nada máis. 532 00:34:45,583 --> 00:34:47,668 Es a miña veciña, amiga 533 00:34:49,128 --> 00:34:51,464 e agora alguén con que vou traballar. 534 00:34:52,173 --> 00:34:53,841 Deixémolo así, vale? 535 00:34:55,176 --> 00:34:56,844 Claro. Abofé. 536 00:34:58,554 --> 00:35:01,432 Moi ben. Alédame que o deixaramos claro. 537 00:35:04,102 --> 00:35:04,936 Perdoa. 538 00:35:15,822 --> 00:35:19,575 Bonjour, son Emily Cooper. Xa sabes que facer despois do sinal. 539 00:35:20,451 --> 00:35:22,495 Emily, son eu. 540 00:35:23,830 --> 00:35:26,916 Por fin pasou. Conseguín a estrela. 541 00:35:32,213 --> 00:35:33,631 Estouche moi agradecido. 542 00:35:37,301 --> 00:35:38,302 Por todo. 543 00:35:45,226 --> 00:35:48,020 Daquela cando volverei verte? 544 00:35:48,980 --> 00:35:51,983 Depende. Cando volves a París? 545 00:35:51,983 --> 00:35:55,695 Axiña, pero agora tes moitas boas escusas para vires a Roma. 546 00:35:55,695 --> 00:35:59,824 Sempre que só sexamos ti, eu e a pasta. 547 00:36:01,033 --> 00:36:02,034 Un trío. 548 00:36:02,702 --> 00:36:05,079 Non tiña nin idea de que che ía iso. 549 00:36:10,084 --> 00:36:11,210 Ciao, bella. 550 00:36:28,186 --> 00:36:30,021 Emily, son eu. 551 00:36:30,021 --> 00:36:32,899 Por fin pasou. Conseguín a estrela. 552 00:36:33,983 --> 00:36:36,027 Estouche moi agradecido. Por todo. 553 00:36:36,903 --> 00:36:37,737 Si! 554 00:36:40,364 --> 00:36:42,575 Chego tarde, pero traio boas novas. 555 00:36:42,575 --> 00:36:45,828 Gabriel conseguiu a estrela. Desta volta, de verdade. 556 00:36:45,828 --> 00:36:49,624 Aledámonos moitísimo por el, pero temos negocios entre mans. 557 00:36:50,875 --> 00:36:54,378 Agence Grateau abrirá oficialmente oficina en Roma 558 00:36:54,378 --> 00:36:56,088 e alguén terá que dirixila. 559 00:36:56,088 --> 00:36:57,006 Voluntario! 560 00:36:58,674 --> 00:37:00,551 Teño que ser eu sen dúbida. 561 00:37:00,551 --> 00:37:04,513 O meu italiano é perfecto e son o máis veterano da mesa. 562 00:37:04,513 --> 00:37:06,724 Por iso mesmo te necesito en París. 563 00:37:06,724 --> 00:37:08,976 Entón eu. Roma é o meu soño 564 00:37:08,976 --> 00:37:10,770 dende que un verán trala uni 565 00:37:10,770 --> 00:37:13,481 fun bolseiro dunha cadeliña de Valentino, Margot. 566 00:37:13,481 --> 00:37:14,482 En serio? 567 00:37:14,482 --> 00:37:17,276 En serio. Tres meses de glamour nun soto. 568 00:37:17,276 --> 00:37:18,986 O mundo da moda en resumo. 569 00:37:18,986 --> 00:37:21,280 Non esquecedes a alguén moi importante? 570 00:37:23,616 --> 00:37:24,450 Eu. 571 00:37:25,409 --> 00:37:29,497 Eu tamén falo italiano e tiña a miña vida aquí montada. 572 00:37:31,040 --> 00:37:33,459 Pero teño que facer o mellor para o cliente. 573 00:37:34,710 --> 00:37:37,213 E, por ese motivo, gustaríame... 574 00:37:38,589 --> 00:37:41,550 que Emily quede en Roma e leve esta oficina. 575 00:37:42,385 --> 00:37:44,887 - Que? - Para aí. Eu. Por que? 576 00:37:44,887 --> 00:37:47,848 Antonia quedou impresionada contigo na reunión. 577 00:37:47,848 --> 00:37:51,727 Pechou o trato coa condición de que quedes e trates ti con eles. 578 00:37:51,727 --> 00:37:53,688 Díxoo ela? Ou o fillo? 579 00:37:53,688 --> 00:37:55,523 Emily nin fala italiano. 580 00:37:55,523 --> 00:37:57,316 Mamma mia! A tomar polo cu! 581 00:37:57,316 --> 00:38:00,861 Emily tampouco fala francés e non lle foi un impedimento. 582 00:38:00,861 --> 00:38:04,115 - Pero que implica isto? - Que quedas en Roma. 583 00:38:04,740 --> 00:38:06,701 Temos un piso que podes ir ver. 584 00:38:06,701 --> 00:38:09,203 Que che traian a roupa. Non hai tempo que perder. 585 00:38:10,454 --> 00:38:13,207 Parabéns, Emily. Roubáchesme o meu soño. 586 00:38:13,207 --> 00:38:14,250 E o meu. 587 00:38:20,298 --> 00:38:21,841 Que que? 588 00:38:21,841 --> 00:38:23,509 Non será para sempre. 589 00:38:23,509 --> 00:38:25,970 Vanme atopar un piso para unha tempada. 590 00:38:28,806 --> 00:38:30,766 Pois faime sitio, pendanga, 591 00:38:30,766 --> 00:38:33,769 en canto volva de Shanghai penso ir contigo a Roma. 592 00:38:33,769 --> 00:38:35,521 Prométemo. 593 00:38:35,521 --> 00:38:36,439 Prométocho. 594 00:38:37,148 --> 00:38:39,191 Quero máis selos no pasaporte. 595 00:38:39,900 --> 00:38:40,735 Ciao. 596 00:38:43,279 --> 00:38:45,281 Que facedes aquí tan cedo? 597 00:38:45,990 --> 00:38:49,160 Ou tan tarde. Levamos toda a noite de celebración. 598 00:38:50,286 --> 00:38:51,329 Non cho dixeron? 599 00:38:51,912 --> 00:38:53,789 Falas cunha estrela Michelin. 600 00:38:53,789 --> 00:38:55,458 - Parabéns! - Grazas. 601 00:38:55,458 --> 00:38:57,585 Xa estamos planeando a expansión. 602 00:38:58,502 --> 00:39:01,589 Estou a pensar en Gigi 2, Londres. 603 00:39:01,589 --> 00:39:02,506 Nova York. 604 00:39:02,506 --> 00:39:05,634 Que vos parece Roma? Así polo menos verías a Emily. 605 00:39:05,634 --> 00:39:06,844 E logo? 606 00:39:06,844 --> 00:39:10,348 Acabo de falar con ela. Múdase a Roma. 607 00:39:11,265 --> 00:39:12,475 Polo Marcello ese? 608 00:39:12,475 --> 00:39:16,395 Máis ben por traballo. Vai dirixir a oficina de Agence Grateau. 609 00:39:17,396 --> 00:39:19,857 Xa, París non vai ser o mesmo sen ela. 610 00:39:21,359 --> 00:39:22,193 Au revoir. 611 00:39:29,325 --> 00:39:30,534 Estás ben, meu? 612 00:39:33,454 --> 00:39:36,665 Estou. Só algo... sorprendido. 613 00:39:39,210 --> 00:39:40,419 Dígoche o que penso? 614 00:39:41,962 --> 00:39:45,883 Por orgullo e malentendidos vas deixar ir a mellor rapaza do mundo. 615 00:39:47,718 --> 00:39:48,803 Eu fixen o mesmo. 616 00:39:52,807 --> 00:39:53,641 Pode ser. 617 00:39:56,310 --> 00:39:57,269 Nunca pensara... 618 00:39:57,269 --> 00:40:00,064 Deixa de pensar e comeza a sentir. 619 00:40:01,816 --> 00:40:03,567 Aínda podes recuperala. 620 00:40:05,152 --> 00:40:06,821 Como? Agora está co outro. 621 00:40:07,321 --> 00:40:08,864 Só porque non está contigo. 622 00:40:20,835 --> 00:40:22,461 Dádesme un segundo? 623 00:40:26,549 --> 00:40:30,261 EMILY, MENSAXE DE VOZ 624 00:40:34,014 --> 00:40:36,308 Perdoa o meu francés, Gabriel. 625 00:40:37,143 --> 00:40:39,770 Só quería darche os meus parabéns. 626 00:40:40,604 --> 00:40:42,773 E dicirche que estou moi orgullosa. 627 00:40:43,357 --> 00:40:46,152 Mereces todo isto e máis. 628 00:40:54,785 --> 00:40:57,621 Como pode ver, é unha zona moi tranquila. 629 00:40:57,621 --> 00:40:59,748 Vostede primeiro. 630 00:41:03,544 --> 00:41:05,171 Aquí estamos. 631 00:41:06,338 --> 00:41:10,217 O piso é do século XVII. Formaba parte do palazzo dunha familia. 632 00:41:10,217 --> 00:41:11,427 Que fermosura. 633 00:41:12,386 --> 00:41:16,682 É algo pequecho, coma moitos en Roma, pero as vistas... 634 00:41:20,102 --> 00:41:21,312 Magnífico. 635 00:41:33,699 --> 00:41:36,785 Bene, déixolle a chave e a miña tarxeta na entrada. 636 00:41:36,785 --> 00:41:38,454 Grazie. 637 00:42:06,565 --> 00:42:08,025 Onde está exactamente? 638 00:42:08,817 --> 00:42:09,818 Lista? 639 00:42:09,818 --> 00:42:10,778 Un minuto. 640 00:42:15,366 --> 00:42:17,284 Creo que vas ser moi feliz aquí. 641 00:42:22,831 --> 00:42:24,124 Xa son feliz. 642 00:42:26,377 --> 00:42:27,211 Andiamo. 643 00:43:59,011 --> 00:44:04,016 Subtítulos: Abraham Díaz López