1 00:00:16,433 --> 00:00:19,144 Bonjour, son Emily, en París. 2 00:00:19,227 --> 00:00:22,230 Hoxe é o primeiro día do "diverparo". 3 00:00:22,313 --> 00:00:25,442 Quero que me digades que queredes ver. 4 00:00:25,525 --> 00:00:30,572 Son os vosos ollos e oídos nesta fermosa cidade. 5 00:00:31,823 --> 00:00:34,325 Xa sodes moitos. A ver. 6 00:00:34,409 --> 00:00:36,411 "Quero ver As ninfeas de Monet". 7 00:00:36,494 --> 00:00:37,704 Eu tamén. 8 00:00:37,787 --> 00:00:40,832 "Podes probar o chocolate quente de Angelina?" 9 00:00:40,915 --> 00:00:43,793 Non preciso escusas para iso, probareino. 10 00:00:44,377 --> 00:00:47,213 E "Volve a… Volve a Estados Unidos." 11 00:00:47,297 --> 00:00:49,424 Non, creo que rematamos. Por agora. 12 00:00:49,507 --> 00:00:52,552 Pero quero vervos nas mensaxes privadas. 13 00:00:53,678 --> 00:00:54,721 Merci! 14 00:01:01,394 --> 00:01:02,437 TÉ DE BURBULLAS 15 00:01:24,834 --> 00:01:27,629 Temos moitas ganas de presentarvos 16 00:01:27,712 --> 00:01:30,924 o concepto do filtro de mascotas de Edgard and Cooper. 17 00:01:32,634 --> 00:01:37,305 Decatámonos de que os donos adoitan semellarse ás mascotas. 18 00:01:38,056 --> 00:01:40,850 Non sabemos como pasa, pero pasa. 19 00:01:42,393 --> 00:01:44,771 A miña caniche de neno. Xoana de Arco. 20 00:01:45,355 --> 00:01:46,481 É cuspidiña. 21 00:01:46,564 --> 00:01:47,565 Asusta. 22 00:01:47,649 --> 00:01:48,691 Nesta campaña, 23 00:01:48,775 --> 00:01:53,029 deixamos que os donos se transformen co filtro de Edgard and Cooper. 24 00:01:56,116 --> 00:01:57,700 Ola, son Xoana de Arco. 25 00:01:58,284 --> 00:01:59,410 Encantada. 26 00:01:59,494 --> 00:02:04,624 Cremos que o elemento persoal do filtro aumentará a participación en redes. 27 00:02:05,291 --> 00:02:09,045 Si, e verás que é unha campaña en liña e global moi rendible. 28 00:02:09,879 --> 00:02:11,089 Direivos algo, 29 00:02:11,172 --> 00:02:13,800 non estaba moi segura desta axencia, 30 00:02:15,885 --> 00:02:17,637 pero quedei impresionada. 31 00:02:20,723 --> 00:02:23,226 Agence Grateau á súa disposición. 32 00:02:24,727 --> 00:02:26,729 Bravo! 33 00:02:26,813 --> 00:02:28,064 Ben xogado! 34 00:02:28,148 --> 00:02:28,982 Ben, a que si? 35 00:02:29,065 --> 00:02:32,902 Estaba preocupada, xa que non participei na parte creativa. 36 00:02:32,986 --> 00:02:34,487 Para ser sinceros… 37 00:02:35,530 --> 00:02:38,074 Ben, de feito, nós… 38 00:02:38,158 --> 00:02:42,370 Queriamos dicirche que non podemos levar todo o mérito da idea. 39 00:02:42,871 --> 00:02:48,001 Emily pasounos unha presentación de cando traballaba en Savoir. 40 00:02:48,084 --> 00:02:48,918 Perdoa? 41 00:02:49,002 --> 00:02:49,836 Sylvie… 42 00:02:50,712 --> 00:02:52,547 Non é tan sorprendente. 43 00:02:52,630 --> 00:02:54,799 A proposta ten o selo de Emily Cooper. 44 00:02:56,718 --> 00:02:57,677 Sinceramente. 45 00:02:59,053 --> 00:03:01,598 - Só rematamos o que comezou. - Iso é. 46 00:03:01,681 --> 00:03:03,266 Pois rematádeo. Sen ela. 47 00:03:03,933 --> 00:03:07,645 Non debedes confiar nas ideas de alguén que non traballa aquí. 48 00:03:07,729 --> 00:03:09,105 Debo estar soñando! 49 00:03:20,325 --> 00:03:22,619 Chegaron papeis do seguro de Traballo. 50 00:03:22,702 --> 00:03:24,454 E isto dos amigos de Facenda. 51 00:03:24,954 --> 00:03:26,080 Boa sorte. 52 00:03:34,005 --> 00:03:36,132 Encántame que esteas aquí. 53 00:03:36,216 --> 00:03:39,510 A galería nunca expuxo nada fóra dun lenzo. 54 00:03:40,136 --> 00:03:42,222 Es unha vitoria para min. 55 00:03:43,514 --> 00:03:44,682 Sen presións entón… 56 00:03:45,183 --> 00:03:47,894 Para nada. Só supliquei para que expuxeras. 57 00:03:49,103 --> 00:03:49,938 De verdade? 58 00:03:50,772 --> 00:03:52,815 Eu creo que sempre saes coa túa. 59 00:03:56,194 --> 00:03:57,028 Por certo, 60 00:03:58,404 --> 00:04:00,740 esta é a invitación da exposición, 61 00:04:00,823 --> 00:04:03,534 sacada da portada das Confesións de Rousseau. 62 00:04:03,618 --> 00:04:04,619 Brillante. 63 00:04:05,119 --> 00:04:06,496 Pero semella solitario. 64 00:04:07,080 --> 00:04:09,540 Semella, é o que ten gardar segredos. 65 00:04:10,625 --> 00:04:14,462 Certo, pero confesalos fai que te sintas menos só. 66 00:04:15,421 --> 00:04:16,506 Voucho demostrar. 67 00:04:18,549 --> 00:04:19,592 Senta. 68 00:04:23,054 --> 00:04:23,888 Ola. 69 00:04:29,811 --> 00:04:33,940 Se queres confesar algo, este é o lugar. 70 00:04:35,817 --> 00:04:37,110 Non teño segredos. 71 00:04:39,737 --> 00:04:42,573 Nese caso podo prestarche algún se queres. 72 00:04:51,291 --> 00:04:52,625 - Perdoa. - Claro. 73 00:05:14,272 --> 00:05:16,065 Perdoa. 74 00:05:17,483 --> 00:05:19,444 Son todo teu. 75 00:05:20,236 --> 00:05:22,238 Non pasa nada, eu facía o mesmo. 76 00:05:22,739 --> 00:05:26,409 Atrapada nas garras corporativas, outro dente da engrenaxe. 77 00:05:26,909 --> 00:05:30,246 Vale, tranquila, canto levas no paro? 72 horas? 78 00:05:30,330 --> 00:05:32,665 Sempre falamos de conciliar traballo e vida, 79 00:05:32,749 --> 00:05:34,459 agora estou a cen coa vida. 80 00:05:34,542 --> 00:05:36,127 Onte camiñei 20 000 pasos. 81 00:05:36,210 --> 00:05:39,547 e fixen moitas actividades da miña lista de desempregada. 82 00:05:39,630 --> 00:05:40,715 Podo vela? 83 00:05:40,798 --> 00:05:41,799 Non me xulgues. 84 00:05:43,092 --> 00:05:46,429 Vale, temos as catacumbas, moi ben. 85 00:05:46,512 --> 00:05:48,890 Musée Carnavalet, interesante. 86 00:05:49,474 --> 00:05:51,267 A orangutana Theodora? 87 00:05:51,351 --> 00:05:52,769 Si, é moi famosa. 88 00:05:55,355 --> 00:05:57,690 Cooper, que pillabana estás feita! 89 00:05:58,941 --> 00:06:00,568 "F" durante o día? 90 00:06:01,527 --> 00:06:04,447 - Esa "F" é o que penso? - Si, filete con patacas. 91 00:06:05,031 --> 00:06:06,240 Encántame. 92 00:06:13,247 --> 00:06:14,999 - Tes que contestar? - Non. 93 00:06:22,006 --> 00:06:24,592 Estás de broma. E agora que fago? 94 00:06:25,093 --> 00:06:26,719 De acordo, ben, vale. 95 00:06:27,220 --> 00:06:31,099 Confirmei a clase de repostería de macaron para xoves 96 00:06:31,182 --> 00:06:33,017 e mañá vés á guía en patinete? 97 00:06:33,101 --> 00:06:34,811 É ás 08:00, había desconto. 98 00:06:34,894 --> 00:06:36,521 Non estás cansa? Eu moito. 99 00:06:37,188 --> 00:06:40,149 Aínda me doen as cachas de subir ó Arco do Triunfo. 100 00:06:40,233 --> 00:06:41,359 Pois si ó patinete. 101 00:06:41,442 --> 00:06:45,196 Emily, unha axenda apertada é a peor forma de vivir o paro. 102 00:06:47,448 --> 00:06:48,616 Ola. 103 00:06:48,699 --> 00:06:49,700 Vai todo ben? 104 00:06:49,784 --> 00:06:51,411 Morreu o avó dun camareiro. 105 00:06:51,494 --> 00:06:52,787 Vaia, síntoo. 106 00:06:52,870 --> 00:06:55,248 Eu non, este ano morreu tres veces. 107 00:06:55,331 --> 00:06:58,376 E a moza publicou que van de vacacións a Córsega. 108 00:06:59,961 --> 00:07:03,673 Díxenlle que non se amolase en volver e agora non teño persoal. 109 00:07:05,466 --> 00:07:08,302 Cúbroo eu. Fun camareira durante a uni. 110 00:07:08,386 --> 00:07:10,304 Ti? Nin de broma. 111 00:07:10,388 --> 00:07:13,057 Chef, dálle algo que facer, por favor. 112 00:07:13,141 --> 00:07:15,268 Fun empregada do mes en The Feedbag. 113 00:07:16,018 --> 00:07:16,978 Dúas veces. 114 00:07:18,187 --> 00:07:19,939 Quero xogar, adestrador. 115 00:07:20,022 --> 00:07:21,816 Nin sequera entendes o menú. 116 00:07:21,899 --> 00:07:24,735 Pardonnez-moi, pero o meu francés é très mellor. 117 00:07:25,486 --> 00:07:26,362 Dis-lui, Mindy. 118 00:07:27,697 --> 00:07:28,865 Non empeorou. 119 00:07:29,449 --> 00:07:31,492 Si, e teño formación. 120 00:07:31,576 --> 00:07:33,286 Onde tes os mandís? 121 00:07:38,583 --> 00:07:39,417 Desculpade. 122 00:07:42,003 --> 00:07:43,004 De nada. 123 00:07:44,922 --> 00:07:47,842 Tomarei a tenreira en salsa de pementa, ó punto, 124 00:07:47,925 --> 00:07:50,136 e ela quere o mesmo, pouco feita. 125 00:07:50,720 --> 00:07:52,638 Máis amodo, por favor? 126 00:07:52,722 --> 00:07:54,557 Eu tomarei a tenreira, 127 00:07:54,640 --> 00:07:56,601 con salsa de pementa, 128 00:07:56,684 --> 00:07:57,602 ó punto. 129 00:07:57,685 --> 00:07:58,686 E para ela, 130 00:07:58,769 --> 00:08:00,480 pouco feita, o mesmo prato. 131 00:08:00,563 --> 00:08:01,981 - Merci. - Merci. 132 00:08:05,943 --> 00:08:06,777 Vale. 133 00:08:12,408 --> 00:08:13,242 Merci. 134 00:08:15,119 --> 00:08:17,872 Moitas grazas, encantada de coñecervos. 135 00:08:17,955 --> 00:08:20,333 Coidádevos e traede os nenos a próxima. 136 00:08:20,917 --> 00:08:21,918 Deica. 137 00:08:22,001 --> 00:08:24,420 Unha camareira nata! Quen o pensaría? 138 00:08:24,921 --> 00:08:27,840 Oxalá traballar por propinas, os clientes adóranme. 139 00:08:27,924 --> 00:08:29,175 E non estou cansa. 140 00:08:29,258 --> 00:08:30,801 Teño a dopamina a todo dar 141 00:08:30,885 --> 00:08:33,387 porque cumprín moitas tarefas nunha noite. 142 00:08:33,471 --> 00:08:36,182 Creo que estás co subidón dos camareiros. 143 00:08:36,265 --> 00:08:39,310 É coma encher unha lista nun amén. Moi estimulante. 144 00:08:39,393 --> 00:08:41,437 Non estou de broma. Falo en serio. 145 00:08:41,521 --> 00:08:43,648 Ola, que pasa aquí? 146 00:08:43,731 --> 00:08:45,775 Por que levas un mandil? 147 00:08:46,275 --> 00:08:49,237 - Cubro un posto. - Claude está de vacacións permanentes. 148 00:08:49,904 --> 00:08:51,989 E que pasa co teu traballo real? 149 00:08:52,073 --> 00:08:53,324 Deixeino. 150 00:08:53,407 --> 00:08:55,535 Deixaches Savoir? Por que? 151 00:08:55,618 --> 00:08:58,162 Quedar en Savoir implicaba volver a Chicago 152 00:08:58,246 --> 00:09:00,414 e París encántame. 153 00:09:00,498 --> 00:09:03,876 A ver se pensas o mesmo despois de traballar unha semana. 154 00:09:18,182 --> 00:09:20,434 DEPARTAMENTO DE IMPOSTOS PARA EMPRESAS 155 00:09:30,861 --> 00:09:34,949 SYLVIE: PODERÍAS VIR A PARÍS UN PAR DE DÍAS? 156 00:09:35,658 --> 00:09:37,159 LAURENT: VAI TODO BEN? 157 00:09:37,243 --> 00:09:40,621 SYLVIE: AFOGO CON TANTO DOCUMENTO. 158 00:09:41,455 --> 00:09:44,375 LAURENT: QUE SEXY. 159 00:09:44,458 --> 00:09:47,753 SYLVIE: EN SERIO, NECESITO UNHA MAN. 160 00:09:48,337 --> 00:09:49,880 LAURENT: VOU CANTO ANTES. 161 00:09:57,555 --> 00:09:58,556 MENÚ DEGUSTACIÓN 162 00:09:58,639 --> 00:09:59,473 Canard. 163 00:10:00,600 --> 00:10:01,684 Connard. 164 00:10:01,767 --> 00:10:02,852 Canard. 165 00:10:02,935 --> 00:10:05,688 É o que acabo de dicir. Que diferenza hai? 166 00:10:05,771 --> 00:10:07,815 "Pato recheo" ou "imbécil". 167 00:10:09,317 --> 00:10:11,902 - Non ías a clases de francés? - E vou. 168 00:10:11,986 --> 00:10:14,488 Se precisas frases de aeroporto no menú, 169 00:10:14,572 --> 00:10:15,406 iso é o meu. 170 00:10:15,990 --> 00:10:17,700 Pero admitirás que mellorei. 171 00:10:17,783 --> 00:10:18,743 A verdade, si. 172 00:10:18,826 --> 00:10:22,121 Tes unha memoria incrible, pero a pronuncia é mellorable. 173 00:10:22,622 --> 00:10:25,124 - Falades moi rápido. - Nós falamos rápido? 174 00:10:26,459 --> 00:10:29,295 Teño guía en patinete. Practico logo. Aburiño. 175 00:10:29,378 --> 00:10:31,422 - À toute à l'heure. - Iso dixen! 176 00:10:38,179 --> 00:10:41,390 Temos exposición esta noite na galería. Deberiades vir. 177 00:10:41,474 --> 00:10:43,559 Oín cousas boas dela. Grazas. 178 00:10:44,060 --> 00:10:45,186 Onde está Emily? 179 00:10:45,269 --> 00:10:46,812 Leva a nosa conta, non? 180 00:10:47,480 --> 00:10:49,857 Sentímolo. Emily xa non traballa aquí. 181 00:10:49,940 --> 00:10:50,775 De verdade? 182 00:10:52,068 --> 00:10:52,902 Por que? 183 00:10:54,111 --> 00:10:56,364 Volveu coa súa antiga xefa a Chicago. 184 00:10:56,864 --> 00:10:58,908 Non, non está en Chicago. 185 00:11:00,868 --> 00:11:04,121 Non a segues en Instagram? Fai directos case a diario. 186 00:11:04,705 --> 00:11:05,748 Amósallo. Mira. 187 00:11:05,831 --> 00:11:06,666 Mira. 188 00:11:07,958 --> 00:11:10,961 E xusto detrás de min temos Notre-Dame. 189 00:11:11,045 --> 00:11:14,048 Ou como dicimos no medio oeste, Notre Dame. 190 00:11:14,131 --> 00:11:17,843 Rodeará Notre-Dame cando veña. 191 00:11:17,927 --> 00:11:18,761 Cando veña! 192 00:11:18,844 --> 00:11:20,930 Boa! Choca aí, tía! 193 00:11:21,013 --> 00:11:22,264 @emilyinparis DIRECTO 194 00:11:23,432 --> 00:11:26,477 Admitamos que con Emily nunca se aburre un. 195 00:11:27,395 --> 00:11:28,479 Apaga iso, anda. 196 00:11:28,562 --> 00:11:30,856 O tempo libre de Emily é cousa súa. 197 00:11:30,940 --> 00:11:32,400 Vaiamos ó importante. 198 00:11:32,900 --> 00:11:36,278 A nova etapa de Domaine de Lalisse con Agence Grateau. 199 00:11:37,113 --> 00:11:37,947 Parabéns. 200 00:11:40,324 --> 00:11:43,244 Sorprendeume que Emily xa non traballe con Sylvie. 201 00:11:43,327 --> 00:11:45,287 Que fai agora en París? 202 00:11:45,371 --> 00:11:47,039 Agora vive aquí. 203 00:11:47,123 --> 00:11:48,374 Ten amigos, mozo… 204 00:11:48,457 --> 00:11:49,291 - Mozo? - Si. 205 00:11:50,376 --> 00:11:51,669 Fantástico! 206 00:11:52,169 --> 00:11:54,088 Xa non hai problema con Gabriel. 207 00:11:54,880 --> 00:11:57,174 Ves? Díxenche que todo iría ben. 208 00:11:57,258 --> 00:11:58,300 Déixao xa. 209 00:11:58,384 --> 00:11:59,802 Aínda me arrepinto, 210 00:11:59,885 --> 00:12:03,097 o pacto con Emily foi un puñal nas costas. 211 00:12:03,180 --> 00:12:04,765 Que problema hai? 212 00:12:04,849 --> 00:12:07,601 Recuperaches o amor da túa vida. 213 00:12:08,310 --> 00:12:10,938 Por que non esquecemos iso e imos tomar algo? 214 00:12:11,439 --> 00:12:14,567 Seica hai un novo chef xenial en París. 215 00:12:15,776 --> 00:12:18,696 Ide sen min. Teño que preparar a inauguración. 216 00:12:18,779 --> 00:12:19,947 Véxovos na galería? 217 00:12:20,030 --> 00:12:21,824 De acordo. Ata agora, meu ben. 218 00:12:24,910 --> 00:12:25,786 Veña. 219 00:12:38,674 --> 00:12:40,301 Que ben que me escribistes. 220 00:12:40,384 --> 00:12:42,553 - Bótovos moito de menos. - Si? 221 00:12:42,636 --> 00:12:44,805 Pois vinte moi ocupada. 222 00:12:44,889 --> 00:12:47,183 Que? Pensei que traballabas de guía. 223 00:12:48,434 --> 00:12:50,311 Señores, señora. Xa decidiron? 224 00:12:50,394 --> 00:12:53,314 Si, unha volta de Kir Royales, por favor. 225 00:12:53,397 --> 00:12:54,398 Moi ben. 226 00:12:55,316 --> 00:12:57,234 Fago cousas para non tolear. 227 00:12:58,152 --> 00:12:59,653 Non sei parar quieta. 228 00:13:00,237 --> 00:13:03,657 Entón estás aberta a volver ó traballo? 229 00:13:03,741 --> 00:13:05,075 Existe esa opción? 230 00:13:05,659 --> 00:13:08,454 Non, só preguntaba. Non te fagas ilusións. 231 00:13:08,537 --> 00:13:11,957 O peor que podes facer é lembrarlle a Sylvie que existes. 232 00:13:12,041 --> 00:13:13,167 Manda truco. 233 00:13:13,876 --> 00:13:17,963 En Francia temos un dito: "reculer pour mieux sauter." 234 00:13:18,923 --> 00:13:20,883 Colle impulso para saltar mellor. 235 00:13:21,467 --> 00:13:24,678 Sylvie é coma unha gata, deixa que se achegue a ti. 236 00:13:24,762 --> 00:13:26,597 Vale, e que fago mentres tanto? 237 00:13:26,680 --> 00:13:27,640 Nada. 238 00:13:28,224 --> 00:13:30,476 Díxenvos que non se me dá ben. 239 00:13:32,102 --> 00:13:32,937 Et voilà. 240 00:13:33,020 --> 00:13:34,104 - Merci. - De nada. 241 00:13:35,481 --> 00:13:36,398 - Merci. - Saúde. 242 00:13:36,482 --> 00:13:37,316 Merci beaucoup. 243 00:13:37,399 --> 00:13:38,234 Santé. 244 00:13:38,317 --> 00:13:40,069 Santé! 245 00:13:40,152 --> 00:13:41,529 Polo paro de Emily. 246 00:13:46,826 --> 00:13:48,327 Está delicioso. Que é? 247 00:13:48,410 --> 00:13:50,037 Un Kir Royale. 248 00:13:50,579 --> 00:13:51,413 Repítemo. 249 00:13:52,164 --> 00:13:53,457 Kir Royale. 250 00:13:53,541 --> 00:13:54,667 Perfecto. 251 00:13:55,251 --> 00:13:58,504 Kir Royale. Crème de Cassis con champaña. 252 00:13:59,213 --> 00:14:03,467 A bebida perfecta para non facer nada mentres a nora xira. 253 00:14:05,302 --> 00:14:09,390 Cantos estarán botando un foguete nela neste mesmo intre? 254 00:14:10,516 --> 00:14:12,518 - Perdoa? - Todo o mundo o fai. 255 00:14:22,695 --> 00:14:25,030 A ver, onde está? 256 00:14:26,907 --> 00:14:29,034 Debería estar coas facturas de 2022. 257 00:14:29,660 --> 00:14:30,953 Aquí! Atopeina. 258 00:14:32,496 --> 00:14:33,998 Esta non é. 259 00:14:34,081 --> 00:14:36,667 Non pode ser, tanto papelame 260 00:14:36,750 --> 00:14:38,168 para levar unha empresa. 261 00:14:39,128 --> 00:14:40,754 Debín tercho dito. 262 00:14:40,838 --> 00:14:42,423 Faime perder moito tempo. 263 00:14:42,506 --> 00:14:46,010 Nada de creatividade por culpa desta leria administrativa. 264 00:14:48,262 --> 00:14:50,639 - Aquí tes. - Dálle. 265 00:14:51,473 --> 00:14:54,059 Benvida ó marabilloso mundo da empresa. 266 00:14:59,648 --> 00:15:00,482 Boas. 267 00:15:01,734 --> 00:15:02,943 -Bonsoir. -Bonsoir. 268 00:15:03,861 --> 00:15:05,988 Non sabía que viñeras, Laurent. 269 00:15:08,282 --> 00:15:10,743 Tranquilo, nin notarás que quedo aquí. 270 00:15:11,785 --> 00:15:13,954 Aquí? Vas quedar aquí? 271 00:15:14,455 --> 00:15:17,750 Só uns días, no sofá. Non te preocupes. 272 00:15:18,709 --> 00:15:19,543 Fantástico. 273 00:15:22,421 --> 00:15:26,091 Se queremos chegar á galería, haberá que ir indo. 274 00:15:28,469 --> 00:15:31,096 Deus, perdín a noción do tempo. Pardon. 275 00:15:32,139 --> 00:15:33,432 Voume vestir. 276 00:15:49,323 --> 00:15:50,282 Louise, Gérard. 277 00:15:56,705 --> 00:16:00,042 Escoitamos marabillas deste restaurante. 278 00:16:00,125 --> 00:16:02,544 Seica o chef é algo extraordinario. 279 00:16:02,628 --> 00:16:03,879 Viñestes por Camille? 280 00:16:03,963 --> 00:16:06,590 Si, seica a exposición é formidable. 281 00:16:06,674 --> 00:16:08,384 Pero non co estómago baleiro. 282 00:16:08,467 --> 00:16:11,387 Iso non é problema. Quería ir, pero estou desbordado. 283 00:16:11,470 --> 00:16:12,346 Vide comigo. 284 00:16:13,389 --> 00:16:14,682 Que tal? Boa noite. 285 00:16:14,765 --> 00:16:15,724 Non está mal. 286 00:16:15,808 --> 00:16:18,018 Sentade aquí, agora vos atenden. 287 00:16:18,102 --> 00:16:19,228 Moitas grazas. 288 00:16:21,814 --> 00:16:23,023 Isto está ateigado. 289 00:16:25,567 --> 00:16:26,568 Monillo. 290 00:16:26,652 --> 00:16:28,946 Si que gastou cartos no local. 291 00:16:30,114 --> 00:16:32,366 Bonsoir, familia Champère. 292 00:16:32,449 --> 00:16:34,785 Emily, que fas ti aquí? 293 00:16:34,868 --> 00:16:35,953 Só boto unha man. 294 00:16:36,036 --> 00:16:39,164 A Gabriel fáltalle persoal e a min sóbrame tempo. 295 00:16:39,248 --> 00:16:42,584 Entón traballas aquí? 296 00:16:42,668 --> 00:16:45,170 Temporalmente, o tempo que me necesite. 297 00:16:45,254 --> 00:16:46,505 Xa vexo. 298 00:16:46,588 --> 00:16:49,091 Tivemos unha reunión co teu antigo equipo. 299 00:16:49,174 --> 00:16:51,135 Notouse a túa ausencia. 300 00:16:51,844 --> 00:16:53,595 Éche unha mágoa. 301 00:16:54,138 --> 00:16:57,433 Tiña a impresión de que só estabamos comezando. 302 00:16:57,516 --> 00:16:58,684 Penso o mesmo. 303 00:16:59,226 --> 00:17:01,562 Pero se queredes consultar ideas, 304 00:17:01,645 --> 00:17:03,188 chamádeme cando queirades. 305 00:17:04,273 --> 00:17:06,942 De feito, hoxe tomei algo que sería perfecto, 306 00:17:07,026 --> 00:17:08,736 Kir Royale. Crème de Cassis… 307 00:17:08,819 --> 00:17:11,155 Con champaña, ben sei o que é. 308 00:17:12,698 --> 00:17:14,992 Non é moi sofisticado para Champère? 309 00:17:15,576 --> 00:17:18,620 Non para Champère, para Chamère. 310 00:17:19,705 --> 00:17:22,833 Cócteles en lata, son o máis entre os 18 e os 35. 311 00:17:25,878 --> 00:17:27,337 Perdón. O deber chámame. 312 00:17:28,047 --> 00:17:29,548 Só é unha idea, pensádeo. 313 00:17:30,215 --> 00:17:33,761 E se coñezo a Gabriel, estará cos vosos pratos favoritos, 314 00:17:33,844 --> 00:17:36,221 non tedes nin que pedir. Que aproveite. 315 00:17:39,475 --> 00:17:41,685 "Se coñezo a Gabriel". Que papo ten! 316 00:17:44,646 --> 00:17:46,190 - Merda. - Que pasa? 317 00:17:46,273 --> 00:17:48,108 Chamère. É unha boa idea. 318 00:17:48,192 --> 00:17:49,109 Xa. 319 00:17:49,193 --> 00:17:50,069 É boa. 320 00:17:50,152 --> 00:17:51,779 - É. - Moi boa. 321 00:17:56,784 --> 00:17:59,119 Gustaríame casar cunha muller rica. 322 00:17:59,203 --> 00:18:01,789 Namorei do meu profesor da universidade. 323 00:18:02,706 --> 00:18:05,667 Atropelei sen querer o gato do veciño. 324 00:18:07,461 --> 00:18:10,339 Non me dixeches que Emily traballa con Gabriel. 325 00:18:10,422 --> 00:18:11,381 Non pensei niso. 326 00:18:11,882 --> 00:18:12,883 E paréceche ben? 327 00:18:13,467 --> 00:18:15,052 Só está servindo mesas. 328 00:18:15,135 --> 00:18:16,637 Claro, así é como empeza. 329 00:18:17,221 --> 00:18:20,766 Pausas, estrés compartido… Todo leva a un reencontro. 330 00:18:20,849 --> 00:18:23,894 Anda con ollo antes de que che estrague traballo. 331 00:18:24,770 --> 00:18:26,313 O meu traballo é este. 332 00:18:26,396 --> 00:18:28,398 Seino e estou moi orgullosa, 333 00:18:28,482 --> 00:18:31,235 pero se non están aquí é que andan xuntos. 334 00:18:31,318 --> 00:18:32,361 Preocúpome por ti. 335 00:18:32,444 --> 00:18:35,739 Quero que desfrutes do teu éxito e da túa relación. 336 00:18:35,823 --> 00:18:38,283 Ti mesma o dis, é a miña relación. 337 00:18:38,367 --> 00:18:39,910 Si, boa sorte, cariño. 338 00:18:48,127 --> 00:18:51,839 Sofia, chamou a galería de Atenas. É urxente, síntoo. 339 00:18:52,381 --> 00:18:55,092 Debería collelo. Grazas por vir. 340 00:18:56,718 --> 00:18:59,263 - Vouche confesar algo. - No confesionario? 341 00:18:59,346 --> 00:19:00,597 Non era a galería. 342 00:19:01,431 --> 00:19:04,309 Semellaba que te había que rescatar dese tío. 343 00:19:05,185 --> 00:19:07,771 Grazas, estaba a poñerse amigable de máis. 344 00:19:07,855 --> 00:19:09,648 - E non é o meu tipo. - Non. 345 00:19:09,731 --> 00:19:14,862 Vanme moito máis as francesas intelixentes cun gusto exquisito. 346 00:19:17,531 --> 00:19:18,740 Falamos despois. 347 00:19:20,993 --> 00:19:23,287 Sylvie, que ledicia! 348 00:19:23,370 --> 00:19:25,539 Grazas por vir e apoiar a Camille. 349 00:19:25,622 --> 00:19:26,999 Un pracer. 350 00:19:27,082 --> 00:19:30,252 Sorprendeume moito o de Emily Cooper. 351 00:19:30,335 --> 00:19:32,629 Perdoa, debería terte informado. 352 00:19:32,713 --> 00:19:36,341 Sorprendeume ver que é camareira en Chez Lavaux. 353 00:19:37,467 --> 00:19:38,468 Non sabía nada. 354 00:19:38,552 --> 00:19:42,431 Deume algunha idea moi interesante, pese a no ser o seu traballo. 355 00:19:43,140 --> 00:19:44,683 Non entendo que fai alí. 356 00:19:44,766 --> 00:19:48,687 Xa sabes o que din, quen sementa ventos recolle tempestades. 357 00:19:50,606 --> 00:19:54,359 Temos moito en común, Sylvie. Somos mulleres de negocios. 358 00:19:54,443 --> 00:19:58,363 E odio admitilo, pero os nosos egos poden fodernos. 359 00:19:59,656 --> 00:20:00,824 Mándate Emily? 360 00:20:00,908 --> 00:20:02,868 Que "boa idea" che vendeu? 361 00:20:02,951 --> 00:20:05,537 Non teño motivos para facerlle favores. 362 00:20:05,621 --> 00:20:10,125 Pero sei unha cousa, é mellor ter os inimigos preto e vixiados. 363 00:20:11,793 --> 00:20:12,628 Chamère. 364 00:20:12,711 --> 00:20:13,712 Como dis? 365 00:20:13,795 --> 00:20:14,796 Chamère. 366 00:20:15,380 --> 00:20:17,883 Kir Royale embotellado. Idea de Emily. 367 00:20:17,966 --> 00:20:18,800 Xa falaremos. 368 00:20:23,013 --> 00:20:23,847 Aquí tes. 369 00:20:26,975 --> 00:20:28,101 Vai todo ben? 370 00:20:29,269 --> 00:20:30,103 Si. 371 00:20:31,563 --> 00:20:32,397 Xenial. 372 00:20:33,023 --> 00:20:33,857 Ben. 373 00:20:39,738 --> 00:20:40,572 Pasa algo? 374 00:20:41,990 --> 00:20:43,408 Amor, estás ben? 375 00:20:43,951 --> 00:20:44,910 Non. 376 00:20:44,993 --> 00:20:46,161 Agarda… 377 00:20:46,954 --> 00:20:47,788 Estás ben? 378 00:20:47,871 --> 00:20:48,705 Non, é… 379 00:20:48,789 --> 00:20:49,873 Un momento. 380 00:20:50,374 --> 00:20:51,333 Perdón, rapaza. 381 00:20:52,751 --> 00:20:55,420 Que levaban exactamente as xudías? 382 00:20:55,504 --> 00:21:00,968 Si, son xudías con salsa de "champipons". 383 00:21:01,051 --> 00:21:03,262 Dixo champiñóns? Champiñóns! 384 00:21:03,345 --> 00:21:04,346 Champiñóns! 385 00:21:04,429 --> 00:21:06,682 Díxenche que é alérxico ós champiñóns! 386 00:21:06,765 --> 00:21:10,936 É perigoso, non respira, está vermello! É alérxico, non entendes? 387 00:21:11,019 --> 00:21:11,895 Que pasa aquí? 388 00:21:12,854 --> 00:21:13,689 Está ben, señor? 389 00:21:13,772 --> 00:21:15,691 Ten unha reacción alérxica. 390 00:21:16,358 --> 00:21:19,444 Díxonos que non levaba champiñóns. E mira se leva! 391 00:21:19,528 --> 00:21:21,613 Dixeches que non levaba champiñóns? 392 00:21:21,697 --> 00:21:23,490 Pensei que falaba de champaña. 393 00:21:23,573 --> 00:21:26,702 Champiñóns, non champaña, Emily! 394 00:21:26,785 --> 00:21:28,620 Vaia sarillo! Eu que sei! 395 00:21:28,704 --> 00:21:29,663 Chama o 112. 396 00:21:29,746 --> 00:21:31,498 112? Coma o 911? 397 00:21:31,581 --> 00:21:32,624 Dáme o móbil! 398 00:21:32,708 --> 00:21:34,793 - Nada de móbiles, dixeches. - Deus! 399 00:21:34,876 --> 00:21:36,628 Despídea! Non ten nin idea! 400 00:21:40,257 --> 00:21:41,383 Pasárono ben? 401 00:21:41,466 --> 00:21:43,385 - Moito. - Foi marabilloso. 402 00:21:43,468 --> 00:21:44,886 - Xenial. - Boa noite. 403 00:21:44,970 --> 00:21:47,431 Grazas por vir. 404 00:21:48,098 --> 00:21:48,932 Adeus. 405 00:21:52,728 --> 00:21:53,895 Grazas pola noite. 406 00:21:54,896 --> 00:21:55,981 Foi un soño. 407 00:21:56,064 --> 00:21:57,858 Se ti estás contenta, eu tamén. 408 00:21:57,941 --> 00:22:00,485 Tiveches tempo de confesar algo? 409 00:22:01,236 --> 00:22:03,405 Xa che dixen que non teño segredos. 410 00:22:04,865 --> 00:22:05,699 E ti? 411 00:22:06,366 --> 00:22:08,285 A artista pode ser suxeito? 412 00:22:09,911 --> 00:22:11,246 Este é só para ti. 413 00:22:20,672 --> 00:22:21,506 Boa noite. 414 00:22:55,665 --> 00:22:56,666 Síntoo moito. 415 00:22:57,250 --> 00:22:59,753 Saltei as verduras nas clases de francés. 416 00:23:00,420 --> 00:23:02,297 Déixao, non pasa nada. 417 00:23:02,381 --> 00:23:03,757 Este non é o meu sitio. 418 00:23:03,840 --> 00:23:06,551 Non son camareira, son executiva de márketing. 419 00:23:06,635 --> 00:23:08,095 Que fago da miña vida? 420 00:23:08,178 --> 00:23:10,263 Non querías descansar un pouco? 421 00:23:10,347 --> 00:23:12,724 Intento aproveitar isto ó máximo, 422 00:23:12,808 --> 00:23:16,520 pero ata agora só recibín spam de bots en Instagram 423 00:23:16,603 --> 00:23:18,397 e case matei un cliente. 424 00:23:18,980 --> 00:23:20,565 Queres a miña opinión? 425 00:23:21,274 --> 00:23:22,109 Por favor. 426 00:23:25,821 --> 00:23:27,739 Baseas a vida no traballo. 427 00:23:28,615 --> 00:23:30,534 Non podo evitalo. 428 00:23:31,118 --> 00:23:35,205 Reláxate. Agora tes tempo, aprovéitao. Prends le temps de vivre. 429 00:23:36,206 --> 00:23:37,624 Saca tempo para vivir? 430 00:23:38,125 --> 00:23:39,251 Si. 431 00:23:39,334 --> 00:23:42,170 O teu francés mellora, pero o momento era antes. 432 00:23:42,963 --> 00:23:45,674 Dáme moito medo o que pasará cando saque tempo. 433 00:23:46,591 --> 00:23:48,135 Pois terás que descubrilo. 434 00:23:49,302 --> 00:23:51,721 Emily, estás despedida. 435 00:23:56,059 --> 00:23:56,893 Grazas. 436 00:23:59,271 --> 00:24:00,480 Fóra de aquí. 437 00:24:11,366 --> 00:24:14,744 Esta mañá atopei a Laurent mexando coa porta aberta. 438 00:24:15,620 --> 00:24:17,914 E seguro que nos oíu onte á noite. 439 00:24:18,415 --> 00:24:20,167 Non sería a primeira vez. 440 00:24:20,750 --> 00:24:22,502 Debería sentirme mellor por iso? 441 00:24:23,545 --> 00:24:24,379 Erik, 442 00:24:24,963 --> 00:24:27,090 só veu para axudarme coa axencia. 443 00:24:27,174 --> 00:24:29,426 Non quedará para sempre, prométocho. 444 00:24:29,509 --> 00:24:30,343 Xenial. 445 00:24:31,011 --> 00:24:33,805 Porque non me gusta compartirte co teu exmarido. 446 00:24:33,889 --> 00:24:35,974 En realidade, non é o meu ex. 447 00:24:36,057 --> 00:24:37,392 Non mo recordes. 448 00:24:42,647 --> 00:24:43,690 Que queren tomar? 449 00:24:43,773 --> 00:24:44,941 Eu un Kir Royale. 450 00:24:45,901 --> 00:24:48,111 Eu o mesmo, outro Kir Royale. 451 00:24:50,155 --> 00:24:51,156 Mi madriña. 452 00:24:51,239 --> 00:24:52,073 Que? 453 00:24:53,825 --> 00:24:56,453 Creo que o universo me envía sinais. 454 00:25:15,096 --> 00:25:16,848 Imos por alá! 455 00:25:18,225 --> 00:25:20,227 @emilyinparis DIRECTO 456 00:25:34,616 --> 00:25:37,160 - Véxote no tren pantasma? - Vale. 457 00:25:48,129 --> 00:25:49,339 Como me atopaches? 458 00:25:50,465 --> 00:25:53,426 É o problema da vosa xeración Emily, 459 00:25:53,510 --> 00:25:55,262 non tedes misterio ningún. 460 00:25:55,345 --> 00:25:58,515 O mundo enteiro sabe onde estades en cada momento. 461 00:25:59,099 --> 00:26:02,143 Acéptocho, pero ti nunca ves as miñas historias. 462 00:26:02,227 --> 00:26:04,437 Pero sempre albergo a esperanza. 463 00:26:05,272 --> 00:26:08,149 A campaña de Edgard and Cooper foi cousa túa, seino. 464 00:26:09,192 --> 00:26:12,737 Crías que non me decataría? Ou era a túa intención? 465 00:26:12,821 --> 00:26:14,864 Non calculo tanto as cousas. 466 00:26:14,948 --> 00:26:17,742 Só quería axudar, vale? 467 00:26:17,826 --> 00:26:19,744 Xa tiña feita a presentación. 468 00:26:20,328 --> 00:26:21,496 E regalas as ideas. 469 00:26:22,539 --> 00:26:24,958 Que poderías gañar con iso? 470 00:26:25,458 --> 00:26:28,837 Sylvie, créalo ou non, non teño motivos ocultos. 471 00:26:28,920 --> 00:26:30,797 Non son Madeline. 472 00:26:30,880 --> 00:26:32,841 Quero que che vaia ben, en serio. 473 00:26:34,134 --> 00:26:35,594 Comigo ou sen min. 474 00:26:36,177 --> 00:26:38,763 Son moi orgullosa como para roubar ideas, 475 00:26:39,514 --> 00:26:42,684 así que teremos que arranxalo dalgunha maneira. 476 00:26:44,603 --> 00:26:49,941 Mi madriña! Si, claro, apúntome! 477 00:26:51,359 --> 00:26:53,695 Aínda non che preguntei nada. 478 00:26:56,823 --> 00:26:57,657 Perdoa. 479 00:26:59,743 --> 00:27:00,577 E ben? 480 00:27:02,537 --> 00:27:03,580 Queres volver? 481 00:27:04,831 --> 00:27:06,333 Sería unha honra. 482 00:27:06,416 --> 00:27:07,834 Véxote o luns. 483 00:27:08,543 --> 00:27:09,586 Non chegues cedo. 484 00:27:11,254 --> 00:27:12,088 Si! 485 00:27:28,772 --> 00:27:30,774 ENVIADO A ALFIE 486 00:27:36,696 --> 00:27:38,990 Teño unha reunión en 45 minutos. 487 00:27:39,074 --> 00:27:42,869 É o último que quero riscar da lista antes de volver ó traballo. 488 00:27:43,662 --> 00:27:45,622 - Ola, benvidos a La Roue. - Grazas. 489 00:27:46,665 --> 00:27:47,499 Après vou. 490 00:27:49,292 --> 00:27:50,126 Grazas. 491 00:27:52,462 --> 00:27:53,296 Merci. 492 00:27:56,341 --> 00:27:57,967 Apetéceche un filete? 493 00:27:58,885 --> 00:27:59,928 Contigo, Cooper? 494 00:28:00,637 --> 00:28:01,554 Totalmente. 495 00:28:01,638 --> 00:28:03,390 Só temos catro minutos. 496 00:28:04,182 --> 00:28:05,308 Intentareino. 497 00:29:15,378 --> 00:29:20,383 Subtítulos: Abraham Díaz López