1 00:00:14,139 --> 00:00:15,765 Así, non te movas. 2 00:00:18,143 --> 00:00:19,269 Tes talento, tío. 3 00:00:19,352 --> 00:00:20,186 Un momento. 4 00:00:25,775 --> 00:00:26,651 Así mellor. 5 00:00:32,323 --> 00:00:33,283 Abonda! 6 00:00:33,783 --> 00:00:35,118 Non che gusta? 7 00:00:38,621 --> 00:00:39,456 Si. 8 00:00:40,957 --> 00:00:43,460 Veña, esa pose de empresarios. 9 00:00:43,960 --> 00:00:45,754 Moi ben. Encántame. 10 00:00:46,296 --> 00:00:48,548 Si, si, si. 11 00:00:49,424 --> 00:00:50,800 - Veña, xa está. - Vale. 12 00:00:50,884 --> 00:00:53,261 Moi ben, xa o temos. Grazas a todos. 13 00:00:55,430 --> 00:00:56,431 Bonjour, Luc. 14 00:00:57,015 --> 00:00:59,559 - Estades todos guapísimos. - Xa. 15 00:00:59,642 --> 00:01:00,727 Por que? 16 00:01:00,810 --> 00:01:02,604 Para a nota de prensa. 17 00:01:04,564 --> 00:01:06,649 Non debería saír eu tamén? 18 00:01:08,485 --> 00:01:10,236 Mellor pregúntalle a Sylvie. 19 00:01:11,237 --> 00:01:13,948 Verás, Emily, non es parte oficial da axencia 20 00:01:14,032 --> 00:01:15,658 ata teres o visado. 21 00:01:16,242 --> 00:01:20,663 Xa che cubrín montes de documentos e é o último que me apetece facer. 22 00:01:26,002 --> 00:01:28,046 Podo facer algo para axudar? 23 00:01:28,129 --> 00:01:31,007 Teño que xustificar por que traballas mellor 24 00:01:31,091 --> 00:01:33,134 - ca calquera francés. - Pois… 25 00:01:33,760 --> 00:01:37,764 Non digas a conta de Instagram. Así seguro que te deportan. 26 00:01:37,847 --> 00:01:41,726 Ata que che aproben o visado cobrarás un soldo base baixo 27 00:01:41,810 --> 00:01:44,145 e terás que gañar o resto en comisións. 28 00:01:44,229 --> 00:01:45,980 Coma unha vendedora de coches? 29 00:01:46,064 --> 00:01:48,817 Non, coma unha americana sen visado laboral. 30 00:01:49,442 --> 00:01:50,568 Comes o que cazas. 31 00:01:50,652 --> 00:01:52,278 Pero es moi espelida, 32 00:01:52,362 --> 00:01:54,364 seguro que te amañas ben. 33 00:01:54,447 --> 00:01:56,533 Todo o mundo, atención! 34 00:01:57,700 --> 00:01:58,576 Ola. 35 00:01:59,327 --> 00:02:02,247 Esas notas de prensa son para antigos clientes 36 00:02:02,330 --> 00:02:03,957 e para os que xa coñecemos. 37 00:02:04,791 --> 00:02:08,795 Pero a supervivencia da axencia depende de atraer novos clientes. 38 00:02:08,878 --> 00:02:10,046 Teño ideas para redes. 39 00:02:10,130 --> 00:02:11,381 Quero unha proposta. 40 00:02:11,464 --> 00:02:14,342 E o que quero de verdade é entrar en La Liste. 41 00:02:14,425 --> 00:02:16,761 Iso aumentaría a nosa visibilidade 42 00:02:16,845 --> 00:02:18,930 e lexitimaríame como directora. 43 00:02:19,013 --> 00:02:23,434 Así que a ver quen me consegue unha entrevista con Janine Dubois. 44 00:02:25,520 --> 00:02:28,231 Janine Dubois, sóame ese nome. 45 00:02:28,314 --> 00:02:29,149 Pois claro. 46 00:02:29,232 --> 00:02:32,360 Janine escribe unha columna mensual en Le Monde: 47 00:02:32,443 --> 00:02:34,445 "As dez caras que cambian París." 48 00:02:34,529 --> 00:02:35,738 Todo o mundo o le. 49 00:02:35,822 --> 00:02:40,994 Sempre intentamos que os clientes entren en La liste, é imposible. 50 00:02:41,077 --> 00:02:43,621 - É unha mala pécora. - Sabíao! Ségueme! 51 00:02:44,914 --> 00:02:45,790 Séguete? 52 00:02:46,291 --> 00:02:47,125 Séguea? 53 00:02:48,251 --> 00:02:50,086 Por que non me segues, Emily? 54 00:02:50,795 --> 00:02:52,297 @emilyinparis OLA, JANINE! 55 00:02:52,380 --> 00:02:54,799 GRAZAS POR SEGUIRME. 56 00:02:54,883 --> 00:03:00,054 TEÑO UNHA IDEA SOBRE ALGUÉN PERFECTO PARA LA LISTE. 57 00:03:06,853 --> 00:03:07,979 Si, grazas. 58 00:03:08,062 --> 00:03:10,481 A mesa debería estar nun par de minutos. 59 00:03:10,565 --> 00:03:12,025 Xenial, Mindy vén agora. 60 00:03:12,984 --> 00:03:14,944 Conteille o do teu novo piso 61 00:03:15,028 --> 00:03:18,907 e as dúas cremos que deberías inauguralo cunha festa o sábado. 62 00:03:18,990 --> 00:03:20,575 E desta volta vas vir? 63 00:03:21,576 --> 00:03:22,410 Prométocho. 64 00:03:22,493 --> 00:03:25,371 Hai que montala! Invitemos a todos os coñecidos. 65 00:03:25,455 --> 00:03:26,831 Oito persoas? 66 00:03:26,915 --> 00:03:30,835 Nunha boa festa a proporción é dun amigo por cada dez descoñecidos. 67 00:03:30,919 --> 00:03:33,880 Monsieur, veña á miña festa. Mudeime a París. 68 00:03:33,963 --> 00:03:35,590 Lisca de aquí, guiri. 69 00:03:35,673 --> 00:03:37,258 Vereite alí, meu. 70 00:03:37,759 --> 00:03:39,844 Guiri? Este seguro que vai. 71 00:03:39,928 --> 00:03:40,803 Boa conversa. 72 00:03:41,888 --> 00:03:44,891 Ese é Nicolas de Leon, un dos directores de JVMA. 73 00:03:44,974 --> 00:03:48,019 Coñecino na homenaxe a Pierre. Foi moi simpático. 74 00:03:48,102 --> 00:03:49,354 Moi simpático? 75 00:03:49,854 --> 00:03:51,564 Debería ter celos, Cooper? 76 00:03:51,648 --> 00:03:54,943 O interese que teño en Nicolas é só profesional. 77 00:03:55,026 --> 00:03:56,402 Perdoade, chego tarde. 78 00:03:56,486 --> 00:03:57,403 Ola! 79 00:03:58,780 --> 00:03:59,614 Veña, veña. 80 00:04:00,114 --> 00:04:00,990 Mi madriña! 81 00:04:02,200 --> 00:04:03,159 Nicolas? 82 00:04:04,994 --> 00:04:06,079 Mindy Chen? 83 00:04:06,162 --> 00:04:07,747 - Non pode ser. - Ola. 84 00:04:07,830 --> 00:04:10,625 Ola, isto é de tolos! 85 00:04:10,708 --> 00:04:13,378 Un momento, coñézote. De que vos coñecedes? 86 00:04:13,461 --> 00:04:14,504 Compartimos piso. 87 00:04:14,587 --> 00:04:15,964 E vós? 88 00:04:16,047 --> 00:04:19,342 Fomos ó mesmo internado en Suíza, a Le Rosey. 89 00:04:19,425 --> 00:04:23,346 Mindy era unha fedella, vendía herba no seu cuarto. 90 00:04:23,429 --> 00:04:25,682 - Como? O fedello eras ti. - Non, ti. 91 00:04:25,765 --> 00:04:28,226 - Que fedello! - Sabes que eras… 92 00:04:28,893 --> 00:04:31,187 Canto fedello hai por aquí. 93 00:04:31,271 --> 00:04:34,357 Perdoa, este é Alfie, o meu mozo. Alfie, Nicolas. 94 00:04:34,440 --> 00:04:36,150 - Encantado. - Igualmente, meu. 95 00:04:36,234 --> 00:04:38,903 Vou apuradísimo. Canto tempo quedas en París? 96 00:04:38,987 --> 00:04:40,280 Agora vivo aquí. 97 00:04:40,363 --> 00:04:42,407 - Non cho creo! - Pois si. 98 00:04:45,743 --> 00:04:48,329 Alfie fai unha festa o sábado, deberías vir. 99 00:04:48,413 --> 00:04:51,040 Si. Non. Non, si. Pero si, deberías vir. 100 00:04:51,541 --> 00:04:52,959 - Fala coa oficina. - Vale. 101 00:04:53,042 --> 00:04:55,253 - Mindy Chen. - Nicolas de Leon. 102 00:04:55,336 --> 00:04:56,921 - Encántame. - E a min. 103 00:04:57,005 --> 00:04:58,131 - Vale, abur. - Deica. 104 00:04:58,214 --> 00:05:01,801 A ver, literalmente non creo que coñezas a Nicolas. 105 00:05:01,884 --> 00:05:03,219 Nin eu que estea tan bo. 106 00:05:04,137 --> 00:05:06,806 Todas estaban toliñas por el. Eu incluída. 107 00:05:06,889 --> 00:05:09,100 Ademais, non era só herba. 108 00:05:09,767 --> 00:05:11,394 Cóntovolo noutro momento. 109 00:05:11,477 --> 00:05:13,563 Non preciso escoitar iso. 110 00:05:13,646 --> 00:05:15,690 - Si tal. - Non, en serio. 111 00:05:27,452 --> 00:05:29,454 JANINE DUBOIS @janine_laliste 112 00:05:34,167 --> 00:05:35,668 FRANCÉS DETECTADO 113 00:05:35,752 --> 00:05:36,961 TRADUCIÓN: 114 00:05:37,045 --> 00:05:40,173 Estou intrigada. E vou mal de tempo. A quen tes? 115 00:05:46,846 --> 00:05:48,139 Tes o almorzo libre? 116 00:05:48,222 --> 00:05:49,724 Contigo? Non. 117 00:05:50,224 --> 00:05:51,934 E con Janine Dubois? 118 00:05:54,395 --> 00:05:57,357 En serio? Como o conseguiches? 119 00:05:57,440 --> 00:05:59,942 - Por Instagram. - Janine Dubois séguete? 120 00:06:02,612 --> 00:06:05,740 Supoño que tanto selfie por fin pagou a pena. 121 00:06:07,116 --> 00:06:08,659 Entendo iso coma un "si". 122 00:06:14,332 --> 00:06:17,960 Janine é très influínte e decide quen está de moda. 123 00:06:18,044 --> 00:06:21,923 Pensei en traela para que te coñeza a ti e a Chez Lavaux. 124 00:06:22,006 --> 00:06:25,802 - Grazas, dareino todo para impresionala. - Merci. 125 00:06:25,885 --> 00:06:28,096 Parezo nerviosa? Estou nerviosa. 126 00:06:29,263 --> 00:06:31,599 Tranquila. Ti tamén es très influínte. 127 00:06:34,477 --> 00:06:35,311 Emily? 128 00:06:35,395 --> 00:06:37,772 Janine. Bonjour, enchantée. 129 00:06:37,855 --> 00:06:38,856 Que tal? 130 00:06:39,816 --> 00:06:41,901 Nunca estivera aquí, moi chulo. 131 00:06:42,693 --> 00:06:43,653 Non es francesa? 132 00:06:43,736 --> 00:06:44,821 Australiana. 133 00:06:44,904 --> 00:06:46,364 Ti tamén vés de fóra. 134 00:06:46,447 --> 00:06:49,367 Debería supoñelo, non me seguen moitos franceses. 135 00:06:49,450 --> 00:06:51,035 Peor para eles. Eu sígote 136 00:06:51,119 --> 00:06:53,955 dende que Brigitte Macron rechouchiou o da Vaga-Jeune. 137 00:06:54,038 --> 00:06:56,249 Pensei: "Esta é a miña alma xemelga." 138 00:06:56,332 --> 00:06:58,960 Eu pensei que me ían botar do país. 139 00:06:59,043 --> 00:07:01,254 Non, hai que devolvérllela. 140 00:07:01,337 --> 00:07:03,589 É a única forma de que te respecten. 141 00:07:03,673 --> 00:07:06,801 Agradézoche que saques tempo para falar de Sylvie. 142 00:07:06,884 --> 00:07:09,262 É o tipo de muller que aspiro ser. 143 00:07:09,345 --> 00:07:11,222 Creo que che vai ben sendo ti. 144 00:07:12,181 --> 00:07:13,599 Tes un visado laboral? 145 00:07:14,183 --> 00:07:16,269 En fin, é complicado. 146 00:07:16,352 --> 00:07:18,980 Como demostraches que eras mellor no traballo 147 00:07:19,063 --> 00:07:20,565 ca un francés? 148 00:07:21,315 --> 00:07:22,150 Non o fixen. 149 00:07:22,859 --> 00:07:24,569 En lugar diso, casei con un. 150 00:07:25,236 --> 00:07:26,946 É unha idea. 151 00:07:27,029 --> 00:07:28,489 Como recende isto! 152 00:07:29,073 --> 00:07:32,160 Si, tróuxente aquí porque a comida é extraordinaria. 153 00:07:35,163 --> 00:07:36,622 Son Gabriel, o chef. 154 00:07:36,706 --> 00:07:39,667 Janine Dubois. Encantada de coñecerte. 155 00:07:39,750 --> 00:07:42,170 Emily di que a comida é extraordinaria. 156 00:07:42,253 --> 00:07:43,838 Lista para marabillarme. 157 00:07:44,422 --> 00:07:46,090 Espero iso como mínimo. 158 00:07:46,174 --> 00:07:49,093 Propoño comezar cunha velouté de espárragos. 159 00:07:55,349 --> 00:07:56,851 Vaia, incrible. 160 00:07:56,934 --> 00:07:59,520 Non só está bo coma o pan, sabe cociñar. 161 00:07:59,604 --> 00:08:00,688 Así é. 162 00:08:00,771 --> 00:08:04,150 Creo que vin o teu paquete no Instagram de Emily. 163 00:08:06,194 --> 00:08:07,778 O paquete publicitario. 164 00:08:09,197 --> 00:08:12,074 Ves? Très influínte. É moi boa no seu. 165 00:08:12,158 --> 00:08:14,577 Para, anda, que me poño colorada. 166 00:08:14,660 --> 00:08:15,495 Que aproveite. 167 00:08:18,581 --> 00:08:21,292 Aí tes a resposta ó teu problema co visado. 168 00:08:23,586 --> 00:08:24,420 Janine. 169 00:08:24,962 --> 00:08:27,924 Sylvie Grateau. Perdón por facerte agardar. 170 00:08:28,007 --> 00:08:30,510 Non pasa nada. Alédame coñecerte. 171 00:08:30,593 --> 00:08:33,638 Non che importará que comezaramos sen ti? 172 00:08:34,222 --> 00:08:35,389 Para nada. 173 00:08:36,432 --> 00:08:38,392 - Es inglesa? - É de Australia. 174 00:08:39,727 --> 00:08:42,855 Para ser australiana, tes París controlado. 175 00:08:42,939 --> 00:08:45,608 Ás veces é máis doado mirar dende fóra. 176 00:08:45,691 --> 00:08:47,652 - Certo. - Eu só coñezo Australia 177 00:08:47,735 --> 00:08:49,070 polo Outback Steakhouse. 178 00:08:49,153 --> 00:08:51,572 Levábanme de nena nas ocasións especiais. 179 00:08:51,656 --> 00:08:54,992 Non sabes o que é bo ata probar a súa cebola con queixo. 180 00:08:56,118 --> 00:08:58,996 Emily non che contou historias de Chicago? 181 00:08:59,080 --> 00:09:00,748 Non aínda. 182 00:09:00,831 --> 00:09:04,001 Ben, por onde comezamos? 183 00:09:04,085 --> 00:09:07,630 Pois poderías falarme un pouco de como abriches a axencia. 184 00:09:08,464 --> 00:09:09,632 Que te inspirou? 185 00:09:20,393 --> 00:09:21,269 Perdón. 186 00:09:22,937 --> 00:09:23,771 Mi madriña! 187 00:09:33,739 --> 00:09:35,741 Aí estás. E toda esta xente? 188 00:09:36,325 --> 00:09:37,743 Invitei todo o edificio. 189 00:09:37,827 --> 00:09:39,704 Espero que haxa bebida dabondo. 190 00:09:39,787 --> 00:09:42,331 Tres barrís de birra, unha caixa de champaña 191 00:09:42,415 --> 00:09:45,084 e Grey Goose para os meus martinis especiais. 192 00:09:45,167 --> 00:09:47,420 É dabondo para dous edificios. 193 00:09:47,962 --> 00:09:48,879 Mi madriña! 194 00:09:49,422 --> 00:09:52,508 Ó final si que veu Nicolas de Leon! Un momento. 195 00:09:55,344 --> 00:09:56,762 Nicolas, viñeches. 196 00:09:56,846 --> 00:09:59,515 - Si, grazas por invitarme. - Pois claro. 197 00:10:02,810 --> 00:10:03,644 Moi bo. 198 00:10:03,728 --> 00:10:05,605 É Domaine de Lalisse. 199 00:10:05,688 --> 00:10:07,940 Unha das marcas de Agence Grateau. 200 00:10:08,024 --> 00:10:10,651 Vin as redes de Champère. Moi enxeñoso. 201 00:10:11,152 --> 00:10:13,321 Non vexo a Mindy. Non chegou? 202 00:10:13,404 --> 00:10:14,989 Seguro que está de camiño. 203 00:10:15,781 --> 00:10:18,743 Por certo, parabéns por adquirir Pierre Cadault. 204 00:10:18,826 --> 00:10:20,369 Ten moito talento. 205 00:10:20,453 --> 00:10:23,039 Grazas. Está outra vez en voga. 206 00:10:23,122 --> 00:10:25,416 Está. E, como sabes, 207 00:10:25,499 --> 00:10:27,585 iso pasou grazas a Savoir. 208 00:10:27,668 --> 00:10:30,588 Si, adoita gabarte como inspiración. 209 00:10:30,671 --> 00:10:32,757 Entón aprecias o noso valor. 210 00:10:32,840 --> 00:10:36,218 Oxalá houbera unha forma de traballar xuntos con Pierre. 211 00:10:36,302 --> 00:10:38,262 Coma asesores externos, talvez. 212 00:10:38,346 --> 00:10:41,641 Sabes que en Francia non falamos de traballo nas festas? 213 00:10:42,266 --> 00:10:44,852 Este piso é tecnicamente solo británico. 214 00:10:44,935 --> 00:10:46,812 Desculpa, xa vin a Mindy. 215 00:10:52,526 --> 00:10:54,403 - Merci, Emily. - De rien. 216 00:10:56,906 --> 00:10:57,907 Ti es Emily? 217 00:10:58,491 --> 00:11:00,284 - Ola. - Ola, son Sofía. 218 00:11:00,368 --> 00:11:02,620 Son amiga de Camille, quedamos aquí. 219 00:11:02,703 --> 00:11:04,080 Si, ti es a artista. 220 00:11:04,163 --> 00:11:05,998 Oín marabillas da túa obra. 221 00:11:06,082 --> 00:11:08,834 Teño moitas ganas de vela. Canto tempo quedas? 222 00:11:08,918 --> 00:11:11,545 Outra semana e logo volvo a Grecia. 223 00:11:11,629 --> 00:11:14,590 Camille está sendo a miña conserxe e guía. 224 00:11:14,674 --> 00:11:17,093 Só a coñezo a ela, non se pode librar. 225 00:11:17,176 --> 00:11:18,678 Agora coñécesme a min. 226 00:11:20,680 --> 00:11:21,889 Aínda non chegou? 227 00:11:21,972 --> 00:11:23,724 Non sei, non a vin. 228 00:11:23,808 --> 00:11:25,976 Pero toma… 229 00:11:26,060 --> 00:11:28,187 saucisson en croûte. 230 00:11:28,688 --> 00:11:29,689 Que elegante. 231 00:11:29,772 --> 00:11:32,024 Son bolos preñados, pero ti caladiña. 232 00:11:32,650 --> 00:11:33,484 Deica. 233 00:11:34,568 --> 00:11:36,904 Non te dedicaches ó polo profesional? 234 00:11:37,488 --> 00:11:39,323 Non, dábaseche moi ben. 235 00:11:39,949 --> 00:11:41,367 Chamabámosche Nacho. 236 00:11:41,450 --> 00:11:42,576 - En serio? - Si. 237 00:11:43,077 --> 00:11:45,246 Creo que a meu pai non lle gustaría. 238 00:11:45,329 --> 00:11:47,873 Espera que os fillos traballemos na empresa. 239 00:11:48,457 --> 00:11:49,750 Pero ten vantaxes. 240 00:11:49,834 --> 00:11:52,253 Hai dúas semanas estivemos en Fidxi. 241 00:11:52,336 --> 00:11:55,131 Incrible. Hai dúas semanas eu tocaba no metro. 242 00:11:56,006 --> 00:11:59,135 Pero agora toco nun club de jazz, todo legal. 243 00:11:59,218 --> 00:12:01,303 Non creo que sexas legal nunca. 244 00:12:02,346 --> 00:12:03,514 Que queres dicir? 245 00:12:03,597 --> 00:12:05,599 Xa eras unha rebelde no internado. 246 00:12:05,683 --> 00:12:08,477 Xa, o malo de ser rebelde 247 00:12:08,561 --> 00:12:10,688 é que teus pais che pechan a billa. 248 00:12:13,649 --> 00:12:16,485 Xa estamos intensos e só vou pola primeira copa. 249 00:12:16,569 --> 00:12:17,403 Non pasa nada. 250 00:12:18,070 --> 00:12:20,865 Presta falar con alguén sen dar explicacións. 251 00:12:21,574 --> 00:12:22,575 Pois si. 252 00:12:25,119 --> 00:12:26,162 Ven aquí. 253 00:12:26,245 --> 00:12:27,788 Que alegría atoparte. 254 00:12:27,872 --> 00:12:29,915 Penso o mesmo. 255 00:12:29,999 --> 00:12:31,542 - Aquí estás. - Ola. 256 00:12:32,960 --> 00:12:35,129 Nicolas, este é o meu mozo, Benoît. 257 00:12:36,130 --> 00:12:38,090 - Encantado, Benoît. - Encantado. 258 00:12:38,174 --> 00:12:39,175 Tocamos xuntos 259 00:12:39,258 --> 00:12:42,678 e, de feito, tamén me acompañará no escenario esta semana 260 00:12:42,762 --> 00:12:44,430 en La Trompette Bleue. 261 00:12:44,513 --> 00:12:48,392 - De verdade? Dende cando? - Dende que insistín e dixeron que si. 262 00:12:49,518 --> 00:12:51,604 El é Nicolas. Un amigo do internado. 263 00:12:51,687 --> 00:12:53,147 Internado? 264 00:12:53,230 --> 00:12:54,774 Le Rosey. En Suíza. 265 00:12:54,857 --> 00:12:57,401 Onde se non? Iades na mesma clase? 266 00:12:57,485 --> 00:12:59,487 Nacho ía uns cursos por diante. 267 00:13:00,446 --> 00:13:02,615 Non se chamaba Nicolas? 268 00:13:02,698 --> 00:13:05,868 Iso, Nicolas. Pero el nin sabía que eu existía. 269 00:13:06,452 --> 00:13:07,995 Sabía que existía, 270 00:13:08,078 --> 00:13:10,956 pero a esa idade tres anos é moita diferenza. 271 00:13:11,040 --> 00:13:14,043 Eu ía cumprir os 18 e ela era só unha nena. 272 00:13:14,919 --> 00:13:17,797 Pero agora tres anos non son nada, certo? 273 00:13:18,589 --> 00:13:19,507 Moi certo. 274 00:13:22,885 --> 00:13:24,970 Se me desculpades, teño que ir indo. 275 00:13:25,763 --> 00:13:27,848 - Foi xenial verte. - O mesmo digo. 276 00:13:27,932 --> 00:13:29,099 - Un pracer. - Si. 277 00:13:31,727 --> 00:13:33,729 La Trompette Bleue. 278 00:13:35,064 --> 00:13:36,857 Vinvos moi mecosos. 279 00:13:36,941 --> 00:13:38,651 Só somos vellos amigos. 280 00:13:42,321 --> 00:13:46,992 - Grazas por unha tarde xenial. - Non, grazas a ti por vir. 281 00:13:47,076 --> 00:13:49,036 Mañá JVMA patrocina un evento 282 00:13:49,119 --> 00:13:51,497 para unha crema solar no Hôtel Molitor. 283 00:13:51,580 --> 00:13:54,291 Téñovos hamacas na zona VIP. E que veña Mindy. 284 00:13:55,417 --> 00:13:58,796 Se temos hamacas na zona VIP, iremos fixo. 285 00:13:59,463 --> 00:14:00,673 Deica logo. 286 00:14:02,424 --> 00:14:07,638 Non me van moito as cidades, pero París é máxico. 287 00:14:09,014 --> 00:14:12,726 Eu vivo aquí e nunca canso do fermoso que é. 288 00:14:12,810 --> 00:14:14,353 A xente tamén é fermosa. 289 00:14:14,895 --> 00:14:17,398 Non tanto coma as visitas de Grecia. 290 00:14:18,983 --> 00:14:21,902 Atopei moito máis do que agardaba. 291 00:14:22,403 --> 00:14:24,488 Si, acolleron moi ben a exposición. 292 00:14:24,989 --> 00:14:26,365 Falaba de ti. 293 00:14:29,201 --> 00:14:31,495 Foi unha experiencia moi especial. 294 00:14:31,579 --> 00:14:33,789 Traballar contigo e coñecerte mellor. 295 00:14:36,375 --> 00:14:37,626 Non quero que acabe. 296 00:14:41,046 --> 00:14:42,047 E ti? 297 00:14:43,215 --> 00:14:44,049 Eu tampouco. 298 00:15:06,488 --> 00:15:07,698 Ola. 299 00:15:07,781 --> 00:15:08,866 Que boa pinta. 300 00:15:12,703 --> 00:15:16,415 Isto está un pouco ás cheas. Ensínasme a azotea? 301 00:15:21,879 --> 00:15:22,713 Por suposto. 302 00:15:37,353 --> 00:15:40,105 A verdade é que vai algo de vento e frío. 303 00:15:40,189 --> 00:15:42,858 Unha preciosidade, pero xa viremos outro día. 304 00:15:44,234 --> 00:15:45,069 Vale logo. 305 00:16:04,880 --> 00:16:06,006 Mindy, aquí! 306 00:16:08,676 --> 00:16:10,386 Como se porta Nicolas! 307 00:16:10,469 --> 00:16:12,304 Ademais, enviounos champaña. 308 00:16:12,388 --> 00:16:14,807 Por fin alguén que sabe o que necesito. 309 00:16:14,890 --> 00:16:16,100 Víchelo? 310 00:16:16,183 --> 00:16:17,810 Aínda non, xa nos atopará. 311 00:16:19,353 --> 00:16:22,356 Vin algo na festa que prefería non ter visto. 312 00:16:22,439 --> 00:16:23,857 pero non quero rexoubar. 313 00:16:23,941 --> 00:16:26,777 Encántanme as historias que comezan así. 314 00:16:26,860 --> 00:16:30,864 Estaba na azotea e vin a Camille e Sofia papando! 315 00:16:30,948 --> 00:16:33,826 Sexy. Nunca estou cando pasan cousas boas. 316 00:16:33,909 --> 00:16:35,786 Non é bo, é terrible. 317 00:16:35,869 --> 00:16:38,205 Ten unha aventura e Gabriel non o sabe. 318 00:16:38,288 --> 00:16:40,165 - Que fago eu agora? - Aventura? 319 00:16:40,249 --> 00:16:43,002 Viches dúas mozas bicándose, tes que saír máis. 320 00:16:43,085 --> 00:16:44,795 Pero vaites co bico! 321 00:16:45,295 --> 00:16:49,049 Emily Jane Cooper, occupe-toi de tes oignons. 322 00:16:49,800 --> 00:16:51,093 Que ocupe as cebolas? 323 00:16:51,176 --> 00:16:53,637 "Mira das túas cebolas." Atende ó teu. 324 00:16:53,721 --> 00:16:56,682 Camille e Gabriel xa romperon por ti unha vez. 325 00:16:56,765 --> 00:16:59,351 Por que non podían papar noutra azotea? 326 00:17:01,186 --> 00:17:02,104 - Bonjour. - Ola. 327 00:17:02,187 --> 00:17:05,691 Queren probar a nova crema de sol mineral Soleil De Paris? 328 00:17:05,774 --> 00:17:08,152 É transparente, non graxa 329 00:17:08,235 --> 00:17:09,945 e cun lixeiro aroma cítrico. 330 00:17:12,406 --> 00:17:14,700 Eu só quero unha, grazas. 331 00:17:15,826 --> 00:17:19,455 Que? Aínda que me criara rica, préstanme as mostras de balde. 332 00:17:19,538 --> 00:17:20,998 Soleil De Paris. 333 00:17:22,207 --> 00:17:25,085 Sabes que canción iría pintada para a campaña? 334 00:17:25,169 --> 00:17:28,172 Ceo Santo, por favor, descansa un minuto, Em. 335 00:17:28,255 --> 00:17:30,466 "Mon Soleil", o tema de Benoît para ti. 336 00:17:30,549 --> 00:17:33,010 Hai que convencer a Nicolas para que a use. 337 00:17:34,595 --> 00:17:36,221 Cres que lle interesaría? 338 00:17:36,305 --> 00:17:37,806 Por que non? É un temazo. 339 00:17:37,890 --> 00:17:40,809 A Benoît viríanlle moi ben os cartos. 340 00:17:41,727 --> 00:17:45,189 Ademais creo que lle quedou tocada a autoestima 341 00:17:45,272 --> 00:17:47,483 ó tocar sen el en La Trompette Bleue. 342 00:17:47,566 --> 00:17:50,402 Se vende a canción fixo que se anima. 343 00:17:50,903 --> 00:17:52,071 Que tal estás? 344 00:17:52,154 --> 00:17:55,074 Bonjour, Nicolas! Velaí estás! 345 00:17:55,157 --> 00:17:56,575 Ola, Nicolas. 346 00:17:57,159 --> 00:17:59,411 Ola, Emily. Ola, Mindy. 347 00:17:59,495 --> 00:18:01,246 Ola, isto é impresionante. 348 00:18:01,330 --> 00:18:03,582 Nacho, cumpriches o prometido. 349 00:18:05,125 --> 00:18:06,919 Emily, non me mires así. 350 00:18:07,002 --> 00:18:08,837 Reláxate. 351 00:18:08,921 --> 00:18:12,299 Non farei máis propostas insolentes… para min. 352 00:18:12,382 --> 00:18:13,675 Un amigo compuxo un tema 353 00:18:13,759 --> 00:18:16,470 perfecto para un anuncio de Soleil De Paris. 354 00:18:16,553 --> 00:18:17,930 Titúlase "Mon Soleil". 355 00:18:18,013 --> 00:18:19,973 Escribiuna Benoît, lémbraste? 356 00:18:20,057 --> 00:18:21,600 - O teu mozo, non? - Si. 357 00:18:21,683 --> 00:18:24,353 Deberías oíla. Mindy canta e está fantástica. 358 00:18:24,436 --> 00:18:25,646 Non, cala. 359 00:18:25,729 --> 00:18:29,066 Se canta Mindy, encantaríame oíla. 360 00:18:29,149 --> 00:18:30,359 En serio? 361 00:18:30,442 --> 00:18:32,152 Ponlle a versión remix. 362 00:18:32,236 --> 00:18:35,072 E como? Pégolle o móbil á orella tres minutos? 363 00:18:35,739 --> 00:18:37,616 - Mellor envíocha. - Non, dámo. 364 00:18:38,242 --> 00:18:40,536 - Dáme o móbil. - Para que? Non. 365 00:18:40,619 --> 00:18:43,455 - Agora volvo. - Emily, non fagas nada raro. 366 00:18:52,131 --> 00:18:52,965 Emily. 367 00:18:59,555 --> 00:19:01,849 Vaia, pois esta é a canción… 368 00:19:10,149 --> 00:19:10,983 Esa es ti? 369 00:19:11,066 --> 00:19:12,234 Son. 370 00:19:12,317 --> 00:19:13,610 Quedei abraiado. 371 00:19:15,320 --> 00:19:18,574 E que é moi boa. Dá boa vibra. Mira para a xente. 372 00:19:26,373 --> 00:19:27,583 Mira que es… 373 00:19:33,589 --> 00:19:34,423 Vale, xa vou. 374 00:19:35,674 --> 00:19:38,969 Perdoade, os de publicidade maréanme con cada detalle. 375 00:19:39,052 --> 00:19:41,847 Non sería o caso con Agence Grateau, pero… 376 00:19:41,930 --> 00:19:43,682 Non cansas, eh! 377 00:19:43,765 --> 00:19:46,018 - Non cansa, non. - Pois non. 378 00:19:46,101 --> 00:19:48,645 - Falaremos logo da canción. - Vale. 379 00:19:48,729 --> 00:19:51,356 - Gústame a idea. Abur. - Abur. 380 00:19:52,691 --> 00:19:56,153 Hostia, tía! Que ben se che dá isto! 381 00:19:56,236 --> 00:19:57,070 Seino. 382 00:19:58,071 --> 00:20:01,033 É unha oportunidade enorme para Benoît. 383 00:20:01,116 --> 00:20:02,951 Direillo esta noite ceando. 384 00:20:04,369 --> 00:20:06,872 Iso é! Máis alto! 385 00:20:17,424 --> 00:20:19,760 Encantoulle e non vas crer isto: 386 00:20:19,843 --> 00:20:23,055 quere comprar o tema para o anuncio de Soleil De Paris. 387 00:20:23,138 --> 00:20:25,474 - O que non era o teu mozo? - Non era. 388 00:20:26,266 --> 00:20:28,518 É unha oportunidade enorme, Benoît. 389 00:20:28,602 --> 00:20:31,230 Se lles gusta a canción poderían pedir outras 390 00:20:31,313 --> 00:20:33,565 e poderías gañar diñeiro compoñendo 391 00:20:33,649 --> 00:20:35,234 mentres segues coa banda. 392 00:20:36,235 --> 00:20:37,903 Non creo que me pidas isto. 393 00:20:38,695 --> 00:20:40,530 É unha canción de amor para ti. 394 00:20:42,074 --> 00:20:44,701 - Non significa nada? - Significa todo. 395 00:20:44,785 --> 00:20:46,620 Pero tes moito talento. 396 00:20:46,703 --> 00:20:49,164 Podes escribir cancións e gañar cartos. 397 00:20:49,248 --> 00:20:52,292 Na vida hai cousas máis importantes cós cartos. 398 00:20:52,376 --> 00:20:53,627 Seino. 399 00:20:53,710 --> 00:20:57,547 Pode que teña outras ideas á parte dun anuncio de crema de sol. 400 00:20:57,631 --> 00:20:58,465 Pois vale. 401 00:20:59,174 --> 00:21:01,468 Perdoa, emocioneime. Xa o pillo. 402 00:21:02,302 --> 00:21:04,179 Dígolle a Emily que non. 403 00:21:04,263 --> 00:21:06,098 - Grazas. - Sen problema. 404 00:21:07,557 --> 00:21:10,269 Podemos falar do que cantaremos mañá no club? 405 00:21:10,352 --> 00:21:12,479 - Iso si que me emociona. - Claro. 406 00:21:12,562 --> 00:21:13,397 Xenial. 407 00:21:20,404 --> 00:21:22,114 Nicolas, síntoo moito, 408 00:21:22,197 --> 00:21:24,741 pero resulta que Benoît non quere vendela. 409 00:21:24,825 --> 00:21:25,993 Intentáchelo. 410 00:21:26,785 --> 00:21:28,495 Os artistas son peculiares, 411 00:21:28,578 --> 00:21:30,998 pero quero probarte con Soleil De Paris. 412 00:21:31,707 --> 00:21:33,000 - De verdade? - Si. 413 00:21:33,083 --> 00:21:35,127 E non porque saias en La Liste, 414 00:21:35,210 --> 00:21:36,586 aínda que parabéns. 415 00:21:37,337 --> 00:21:40,215 Pensas diferente. E eu tamén debería. 416 00:21:42,050 --> 00:21:44,011 Como? Que saio en La Liste? 417 00:21:46,388 --> 00:21:48,682 A AMERICANA EXCEPCIONAL EMILY COOPER 418 00:21:48,765 --> 00:21:52,769 Perdoa, chámote logo, pero teño moitas ganas de traballar contigo. 419 00:21:52,853 --> 00:21:53,770 Vale, deica. 420 00:21:59,443 --> 00:22:00,736 Mi madriña. 421 00:22:03,488 --> 00:22:05,657 Vaites! Gabriel? 422 00:22:07,534 --> 00:22:10,787 Onde está Sylvie? Vaia desastre! 423 00:22:11,496 --> 00:22:14,708 - Señora, ten que pagar. - Un segundo. 424 00:22:14,791 --> 00:22:15,625 Diga? 425 00:22:15,709 --> 00:22:16,710 Víchelo? 426 00:22:16,793 --> 00:22:18,086 Acabo de velo. 427 00:22:18,170 --> 00:22:20,464 O número de reservas está que arde. 428 00:22:20,547 --> 00:22:22,716 Se segue así, temos para dous meses. 429 00:22:22,799 --> 00:22:24,843 Alédome moito, Gabriel, 430 00:22:24,926 --> 00:22:28,388 pero Sylvie non aparece e non sei que vai facer. 431 00:22:34,186 --> 00:22:35,729 A ver, que posto ocupo? 432 00:22:38,273 --> 00:22:39,107 Que? 433 00:22:40,609 --> 00:22:41,610 Non aparezo. 434 00:22:46,073 --> 00:22:46,907 Emily. 435 00:22:51,495 --> 00:22:54,081 Non son unha das caras que cambia París. 436 00:22:54,873 --> 00:22:58,085 Que lle dean a La Liste. Ademais, quen le en papel? 437 00:23:00,379 --> 00:23:02,422 A xente importante de París. 438 00:23:15,102 --> 00:23:16,269 Que tal está? 439 00:23:16,353 --> 00:23:17,229 Ti que pensas? 440 00:23:17,312 --> 00:23:20,148 Ti saes en La Liste e ela non. Como foi iso? 441 00:23:20,232 --> 00:23:21,108 Non sei. 442 00:23:21,191 --> 00:23:22,067 Emily. 443 00:23:22,150 --> 00:23:24,903 Sylvie quere verte no despacho agora mesmo. 444 00:23:24,986 --> 00:23:26,405 Está moi cabreada? 445 00:23:31,952 --> 00:23:33,370 Boa sorte. 446 00:23:45,549 --> 00:23:47,551 Sylvie, non tiña nin idea. 447 00:23:47,634 --> 00:23:51,596 Tiñas que promover a axencia, non a ti mesma e o teu chef. 448 00:23:52,639 --> 00:23:54,850 Sabes a presión á que estou sometida 449 00:23:54,933 --> 00:23:57,185 só para dar a coñecer Agence Grateau? 450 00:23:57,686 --> 00:23:59,813 Que saiban que estamos á altura. 451 00:23:59,896 --> 00:24:02,107 Só falei do incrible que es. 452 00:24:02,190 --> 00:24:05,277 Ti es americana, ela australiana, vaia contubernio. 453 00:24:05,360 --> 00:24:09,531 Entendo por que te sentes así, 454 00:24:09,614 --> 00:24:12,742 pero creme, é o último que quería. 455 00:24:12,826 --> 00:24:17,164 E cando oias as novas que che traio, seguro que o esqueces. 456 00:24:17,247 --> 00:24:18,915 E agora que? 457 00:24:19,916 --> 00:24:23,712 Conseguín un novo cliente, un enorme. 458 00:24:25,130 --> 00:24:26,715 JVMA. 459 00:24:27,716 --> 00:24:28,842 Non, imposible. 460 00:24:29,718 --> 00:24:31,428 Vale, non todo JVMA, 461 00:24:31,511 --> 00:24:34,973 só unha marca coa que traballan. É un comezo, non? 462 00:24:35,474 --> 00:24:38,393 Agence Grateau representa agora Soleil De Paris. 463 00:24:40,312 --> 00:24:42,189 Iso si que son boas novas. 464 00:24:44,316 --> 00:24:49,237 E supoño que isto me aforrará a tortura de cubrir o teu visado. 465 00:24:50,238 --> 00:24:52,532 Entendo que ninguén se fíe da prensa. 466 00:24:56,203 --> 00:24:57,412 E o de JVMA… 467 00:24:58,914 --> 00:24:59,748 Bo traballo. 468 00:25:08,173 --> 00:25:11,593 Esta noite foi incrible. Nunca tiveramos tantos clientes. 469 00:25:11,676 --> 00:25:12,719 Polo número oito. 470 00:25:12,802 --> 00:25:14,179 Grazas, 471 00:25:14,262 --> 00:25:17,682 pero non estaría aquí hoxe se non fora pola número un. 472 00:25:18,725 --> 00:25:20,352 - Pola número un. - Pola número un. 473 00:25:20,852 --> 00:25:22,479 - Ola, rapaces! - Ola! 474 00:25:22,562 --> 00:25:24,397 - Onde está o meu oito? - Ola. 475 00:25:26,316 --> 00:25:28,318 Debes de ser Gabriel. Son Sofia. 476 00:25:28,401 --> 00:25:31,446 - Encantado, Sofia. - Claro, non vos coñeciades, 477 00:25:32,155 --> 00:25:34,449 Grazas por deixarme a moza esta semana. 478 00:25:35,033 --> 00:25:35,992 Un pracer. 479 00:25:36,868 --> 00:25:38,245 Que queredes tomar? 480 00:25:38,328 --> 00:25:40,038 - Un gin tonic? - Gin tonic. 481 00:25:44,543 --> 00:25:46,378 Despois do meu segundo tema 482 00:25:46,461 --> 00:25:47,879 entras ti coa guitarra 483 00:25:47,963 --> 00:25:51,299 e eu entro co piano, todo moi simple e elegante. 484 00:25:51,383 --> 00:25:53,927 Se lles gustamos, podería ser algo habitual. 485 00:25:54,010 --> 00:25:54,844 Oxalá. 486 00:25:56,221 --> 00:25:58,265 Para ti. Entras en cinco minutos. 487 00:25:59,266 --> 00:26:01,476 Son preciosas, grazas. 488 00:26:03,019 --> 00:26:04,396 Non son miñas. 489 00:26:05,146 --> 00:26:06,147 Que? Entón quen… 490 00:26:08,858 --> 00:26:10,402 Son del, a que si? 491 00:26:12,279 --> 00:26:13,738 Só son flores, Benoît. 492 00:26:14,531 --> 00:26:16,491 Non é só iso, de acordo? 493 00:26:17,659 --> 00:26:20,161 Vin como lle falabas na festa. 494 00:26:20,662 --> 00:26:21,955 Somos vellos amigos. 495 00:26:22,038 --> 00:26:26,876 Si, dun internado de relambidos nunha vida que nunca verei nin entenderei. 496 00:26:26,960 --> 00:26:27,794 Xa estás? 497 00:26:28,461 --> 00:26:29,838 En serio? Eu… 498 00:26:30,755 --> 00:26:33,383 Estou cansa de desculparme por quen son. 499 00:26:34,175 --> 00:26:36,303 Non podo cambiar o meu pasado. 500 00:26:36,386 --> 00:26:39,514 Se te vai amolar sempre, talvez non teñamos futuro. 501 00:26:43,810 --> 00:26:45,353 - Podo ver a tarxeta? - Ti… 502 00:26:52,193 --> 00:26:53,403 Véxote no escenario. 503 00:26:54,529 --> 00:26:55,614 Benoît, non… 504 00:26:59,534 --> 00:27:02,829 SE NON PODO MERCAR A CANCIÓN, PODO INVITARTE A CEAR? 505 00:27:03,955 --> 00:27:04,956 Ceo santo. 506 00:27:20,764 --> 00:27:23,808 Dime algo, rapaza. 507 00:27:25,477 --> 00:27:29,439 Es feliz neste mundo moderno 508 00:27:30,815 --> 00:27:34,110 ou precisas algo máis? 509 00:27:35,528 --> 00:27:39,783 Estás buscando algo diferente? 510 00:27:45,830 --> 00:27:49,459 Dime algo, rapaz. 511 00:27:50,710 --> 00:27:55,173 Non cansas de encher ese baleiro? 512 00:27:55,674 --> 00:27:59,260 Ou precisas algo máis? 513 00:28:00,887 --> 00:28:04,766 Non é difícil ir sempre de duro? 514 00:28:13,316 --> 00:28:15,735 JANINE: SINTO O DE LA LISTE, É PARA OS NOVOS. 515 00:28:15,819 --> 00:28:17,862 MIRA A SECCIÓN DE ESTILO DE LEMONDE.FR. 516 00:28:20,657 --> 00:28:24,494 SYLVIE GRATEAU: UN LUXO DE AXENCIA 517 00:28:44,931 --> 00:28:47,434 Estou á beira do precipicio. 518 00:28:47,517 --> 00:28:49,811 Mira como me mergullo. 519 00:28:49,894 --> 00:28:54,190 Nunca chegarei ó fondo. 520 00:28:54,899 --> 00:28:57,360 Atravesemos a superficie 521 00:28:57,444 --> 00:28:59,863 cara onde non poidan mancarnos. 522 00:30:36,918 --> 00:30:41,923 Subtítulos: Abraham Díaz López