1 00:00:21,563 --> 00:00:22,814 Alfie! 2 00:00:22,897 --> 00:00:23,982 Cooper! 3 00:00:27,402 --> 00:00:28,820 Que fas aquí? 4 00:00:28,903 --> 00:00:32,157 Sei que me botas de menos e non quería terte agardando. 5 00:00:32,240 --> 00:00:34,284 Propio de ti. Sempre tan atenta. 6 00:00:35,076 --> 00:00:37,495 Que tal a viaxe? Pasouno ben túa nai? 7 00:00:37,579 --> 00:00:38,663 Estivo moi ben. 8 00:00:39,497 --> 00:00:43,293 Se fixéramos videochamada desexáballe bo aniversario á familia. 9 00:00:43,376 --> 00:00:46,212 En realidade non quero que os coñezas así. 10 00:00:47,756 --> 00:00:50,425 E que lles contaches sobre min? 11 00:00:51,301 --> 00:00:54,387 Só que… Xa sabes… 12 00:00:55,972 --> 00:00:58,641 Mi madriña! Non lles falaches de min? 13 00:00:58,725 --> 00:01:01,186 Aínda non, pero é normal en min. 14 00:01:01,895 --> 00:01:05,356 Non lle presento a ninguén á familia tan de súpeto. 15 00:01:05,440 --> 00:01:06,941 Mancáronme varias veces. 16 00:01:07,025 --> 00:01:09,736 Entón que dis? Que non te fías de min? 17 00:01:09,819 --> 00:01:13,615 Emily, prométoche que non é por ti. 18 00:01:13,698 --> 00:01:15,033 É por min. 19 00:01:16,451 --> 00:01:18,912 Escoita, teño reunión con Antoine. 20 00:01:18,995 --> 00:01:20,246 Falamos despois? 21 00:01:20,330 --> 00:01:22,957 Pois claro que falamos despois! 22 00:01:23,041 --> 00:01:24,501 E bicámonos agora? 23 00:01:28,671 --> 00:01:30,215 Non sexamos desas parellas 24 00:01:30,298 --> 00:01:33,259 que botan máis tempo analizando a relación que gozándoa. 25 00:01:33,343 --> 00:01:36,554 Vai de aí! Odio esa xente. Que repugnantes. 26 00:02:31,609 --> 00:02:34,529 PARA ANTOINE: VÉMONOS HOXE? É IMPORTANTE. 27 00:02:41,286 --> 00:02:44,122 Teño que ir indo xa a Orly, vou perder o voo. 28 00:02:44,205 --> 00:02:45,707 Acabas de chegar. 29 00:02:49,752 --> 00:02:52,630 Esta semana temos dous eventos enormes, vente. 30 00:02:54,716 --> 00:02:56,718 Vai ser unha festa espectacular. 31 00:02:57,677 --> 00:02:59,596 Teño negocios que atender. 32 00:03:00,221 --> 00:03:02,098 E ultimamente non son doados. 33 00:03:03,683 --> 00:03:05,185 Eu tamén teño negocios. 34 00:03:06,269 --> 00:03:09,898 Esperaba que viñeras mañá á noite de estrea na ópera. 35 00:03:13,109 --> 00:03:15,153 Sabes por que nos irá ben? 36 00:03:16,654 --> 00:03:19,574 Podemos estar xuntos, pero facendo o que queremos. 37 00:03:22,160 --> 00:03:24,329 Non tes por que vir a Saint-Tropez… 38 00:03:25,205 --> 00:03:27,248 E ti non tes por que vir á ópera. 39 00:03:28,791 --> 00:03:29,751 Exactamente. 40 00:03:32,879 --> 00:03:35,840 Hai que aproveitar a vida, cada intre. 41 00:03:37,717 --> 00:03:38,676 É curta. 42 00:03:41,846 --> 00:03:44,474 Pois arreando antes de perderes o avión. 43 00:03:56,361 --> 00:03:58,279 Temos que subir de nivel. 44 00:03:58,363 --> 00:03:59,697 E iso que significa? 45 00:03:59,781 --> 00:04:03,201 Mellorar a calidade de todo, incluídas as sobremesas. 46 00:04:03,743 --> 00:04:06,704 - Cun pasteleiro. - As sobremesas xa son excelentes. 47 00:04:07,288 --> 00:04:08,373 Non dabondo. 48 00:04:08,957 --> 00:04:12,293 - Os pasteleiros son caros. - É o prezo da estrela Michelin. 49 00:04:12,377 --> 00:04:14,796 Estrela Michelin? Ti soñas. 50 00:04:14,879 --> 00:04:16,881 Pois si, soño ó grande. 51 00:04:16,965 --> 00:04:21,010 - O restaurante xa é moi popular. - E agora quero que sexa excelente. 52 00:04:21,511 --> 00:04:24,889 E ademais… necesito un aumento. 53 00:04:26,140 --> 00:04:29,185 Un momento, só estamos comezando a cubrir os gastos. 54 00:04:29,269 --> 00:04:30,561 Non é o momento. 55 00:04:31,521 --> 00:04:34,691 Teño outra oferta. Máis diñeiro e oportunidades. 56 00:04:35,275 --> 00:04:37,485 É un paso atrás. Tes restaurante de teu. 57 00:04:37,568 --> 00:04:38,611 Máis ben de teu. 58 00:04:38,695 --> 00:04:40,697 Co nome da túa empresa, non o meu. 59 00:04:41,364 --> 00:04:44,367 Por que non fago números e vemos que se pode facer? 60 00:04:49,330 --> 00:04:50,290 Está ben. 61 00:04:50,957 --> 00:04:52,542 Pero non prometo nada. 62 00:04:53,376 --> 00:04:54,210 Perdoádeme. 63 00:04:59,299 --> 00:05:00,925 Vaia benvida me dás, meu. 64 00:05:01,009 --> 00:05:01,926 Perdoa. 65 00:05:02,927 --> 00:05:04,971 - Grazas pola axuda. - Claro. 66 00:05:05,847 --> 00:05:07,265 Agora marchou o xefe, 67 00:05:07,348 --> 00:05:10,768 queres dicirme a que vén todo isto de súpeto? 68 00:05:12,603 --> 00:05:13,521 Entre nós? 69 00:05:14,022 --> 00:05:15,315 Si, claro. 70 00:05:22,071 --> 00:05:24,240 Encántanos o voso traballo de moda 71 00:05:24,324 --> 00:05:27,035 e temos moitas ganas de ver que tedes para Ami. 72 00:05:27,118 --> 00:05:30,079 - Todos somos admiradores da marca. - Somos. 73 00:05:30,913 --> 00:05:34,000 Queremos destacar o lado romántico de Ami Paris 74 00:05:34,083 --> 00:05:35,460 e da súa cidade. 75 00:05:35,543 --> 00:05:38,921 A campaña celebrará o amor ó estilo parisiense. 76 00:05:39,505 --> 00:05:42,300 Culminará coa pedida sorpresa dunha parella 77 00:05:42,383 --> 00:05:44,385 en directo no Instagram de Ami. 78 00:05:44,469 --> 00:05:46,012 Soa fantástico. 79 00:05:46,095 --> 00:05:47,847 E moi romántico. 80 00:05:47,930 --> 00:05:49,682 Cando teremos a parella? 81 00:05:49,766 --> 00:05:52,268 Podemos traballar co prazo que precisedes. 82 00:05:52,352 --> 00:05:55,438 Pero ademais de buscala, temos que indagar nela, 83 00:05:55,521 --> 00:05:57,023 serán a faciana da marca. 84 00:05:57,106 --> 00:05:59,901 E hai que garantir que estean na mesma onda. 85 00:05:59,984 --> 00:06:04,405 Un podería estar dentrísimo e o outro agochando a relación. 86 00:06:05,615 --> 00:06:07,617 Hai que telo en conta 87 00:06:07,700 --> 00:06:10,703 para que a campaña non nos estoupe nos fociños. 88 00:06:12,246 --> 00:06:14,207 Cousa que non pasará. Asegúrocho. 89 00:06:14,290 --> 00:06:18,169 Atoparemos a parella perfecta e faremos que sexa todo un éxito. 90 00:06:23,424 --> 00:06:27,762 Alfie non lle contou o noso á familia, non sabe se pode confiar en min. 91 00:06:27,845 --> 00:06:31,182 Co debido respecto, estiveches "que si que non" con el. 92 00:06:31,265 --> 00:06:32,725 Hai unha eternidade! 93 00:06:32,809 --> 00:06:34,060 Confiar leva tempo. 94 00:06:34,143 --> 00:06:36,521 Por unha vez, reláxate e sé paciente. 95 00:06:36,604 --> 00:06:37,688 Tes razón. 96 00:06:38,189 --> 00:06:40,191 Ódioo, pero tes razón. 97 00:06:41,234 --> 00:06:43,027 E ti que tal con Nicolas? 98 00:06:43,528 --> 00:06:46,656 Segue indo verte tódalas noites a La Trompette Bleue? 99 00:06:46,739 --> 00:06:48,032 Non despois de mañá. 100 00:06:49,409 --> 00:06:52,203 - Non vou seguir alí. - Que? Que pasou? 101 00:06:52,286 --> 00:06:55,206 Queren un teatro de variedades coma o Crazy Horse. 102 00:06:56,040 --> 00:06:57,166 En coiros. 103 00:06:57,250 --> 00:06:58,751 Vale… 104 00:06:58,835 --> 00:07:01,879 E xa me sinto en coiros actuando, así que paso. 105 00:07:01,963 --> 00:07:03,548 Recoiro, que mal. 106 00:07:03,631 --> 00:07:07,051 E déixasme choromicar así sobre Alfie? Non me dis nada? 107 00:07:07,135 --> 00:07:10,138 Non pasa nada, sóubeno onte e… 108 00:07:10,930 --> 00:07:12,849 xa o procesei con Nicolas. 109 00:07:13,641 --> 00:07:15,017 Está a portarse xenial. 110 00:07:18,187 --> 00:07:21,899 Agora que volveu Alfie, ó mellor podemos tomar algo os catro? 111 00:07:22,400 --> 00:07:23,443 Nico quererá? 112 00:07:23,526 --> 00:07:26,571 Non serei a súa persoa favorita despois do de Cadault. 113 00:07:26,654 --> 00:07:29,240 Si, esa noite pilláchelo por sorpresa. 114 00:07:30,783 --> 00:07:32,285 E a min. 115 00:07:32,994 --> 00:07:36,998 Emily, púxome nunha posición moi difícil 116 00:07:37,081 --> 00:07:39,667 porque a miña mellor amiga 117 00:07:40,418 --> 00:07:42,795 humillou o meu mozo en fronte do seu pai 118 00:07:42,879 --> 00:07:44,839 e sabes que sempre te apoio, 119 00:07:44,922 --> 00:07:48,259 pero creo que elixiches o traballo por riba de min. 120 00:07:48,843 --> 00:07:51,971 Enténdoo e síntoo moito. 121 00:07:52,054 --> 00:07:55,308 E tes razón outra vez, tiña que terte avisado, 122 00:07:55,391 --> 00:07:58,019 pero todo se desmandou rapidísimo. 123 00:07:58,102 --> 00:08:01,439 Si, Nicolas vaime facer mañá unha festa 124 00:08:01,522 --> 00:08:03,316 tras a miña última canción. 125 00:08:03,399 --> 00:08:06,360 Queres vir e vemos se o arranxamos todo? 126 00:08:06,444 --> 00:08:09,530 Claro, si. Conta comigo. E con Alfie. 127 00:08:09,614 --> 00:08:11,699 Aínda que se avergoñe de min. 128 00:08:11,782 --> 00:08:13,993 Mentres non vos avergoñedes na cama… 129 00:08:14,076 --> 00:08:15,077 Todo irá ben. 130 00:08:24,378 --> 00:08:27,548 ISABELLE: ADORO A ÓPERA, PERO MAÑÁ NON PODO. MERCI! 131 00:08:28,758 --> 00:08:31,010 GEORGES: NON ESTOU EN PARÍS, SÍNTOO. 132 00:08:31,093 --> 00:08:33,262 - Todo ben? - Si e non. 133 00:08:33,763 --> 00:08:36,349 Teño unha entrada extra para a ópera, pero… 134 00:08:36,432 --> 00:08:38,684 Vas mañá á estrea d'As vodas de Fígaro? 135 00:08:38,768 --> 00:08:40,853 É a miña ópera favorita! 136 00:08:40,937 --> 00:08:42,897 Que dramaturxia! Que arias! 137 00:08:44,482 --> 00:08:45,566 Queres vir comigo? 138 00:08:46,317 --> 00:08:48,611 Estás de broma? Será un pracer! 139 00:08:48,694 --> 00:08:50,821 Teño que probar o smóking, 140 00:08:50,905 --> 00:08:55,159 non o poño dende o enterro do meu pai, pero seguro que me entra. 141 00:08:55,243 --> 00:08:57,745 Grazas, Sylvie, grazas! 142 00:09:10,174 --> 00:09:11,634 Que tal estas parellas? 143 00:09:12,468 --> 00:09:14,762 É para unha firma de moda do traballo, 144 00:09:14,845 --> 00:09:17,974 queren facer unha pedida espontánea en directo, 145 00:09:18,057 --> 00:09:21,060 pero ten que ser unha sorpresa. 146 00:09:21,143 --> 00:09:22,436 Xa vexo. 147 00:09:22,937 --> 00:09:26,232 Pero que idiota querería expoñer así a súa vida persoal? 148 00:09:26,315 --> 00:09:28,484 Un que queira gañar moitos cartos. 149 00:09:28,568 --> 00:09:29,819 Un dos meus. 150 00:09:29,902 --> 00:09:34,448 Hai espazos de coworking en París mellor iluminados ca o meu bar. 151 00:09:34,532 --> 00:09:38,035 Estamos aquí tomando algo. É que estou nun apuro. 152 00:09:40,162 --> 00:09:43,583 Emily leva unha conta disposta a pagar moi ben 153 00:09:43,666 --> 00:09:45,668 a alguén que queira casar… 154 00:09:45,751 --> 00:09:47,545 Unha campaña de moda ou algo? 155 00:09:48,879 --> 00:09:51,173 Onde podería atopar unha parella así? 156 00:09:52,967 --> 00:09:55,303 Que pasa aquí? Que me ocultades? 157 00:09:55,386 --> 00:09:58,431 Non é nada, é algo entre Camille e eu. 158 00:09:58,514 --> 00:10:00,600 Pensaba que arranxarades as cousas. 159 00:10:00,683 --> 00:10:04,020 Así é. Voulle pedir matrimonio. 160 00:10:05,021 --> 00:10:06,105 Tachán! 161 00:10:07,690 --> 00:10:09,984 - Sabíalo? - Díxomo esta tarde. 162 00:10:13,112 --> 00:10:14,947 Así de súpeto… 163 00:10:16,240 --> 00:10:18,367 Parabéns! Alédome moito por ti! 164 00:10:18,451 --> 00:10:20,620 Camille aínda non sabe nada. 165 00:10:21,996 --> 00:10:23,831 Vaites coa sorpresa! 166 00:10:23,914 --> 00:10:25,416 Agardo que sexa boa. 167 00:10:25,499 --> 00:10:27,585 É a resposta ós vosos problemas. 168 00:10:27,668 --> 00:10:31,380 Ti buscas diñeiro e ti buscas unha parella espectacular. 169 00:10:33,799 --> 00:10:36,469 Por suposto, temos que ver se encaixades 170 00:10:36,552 --> 00:10:39,013 e Ami debe aprobar un sitio na cidade 171 00:10:39,096 --> 00:10:41,223 para celebrar a pedida en directo. 172 00:10:41,932 --> 00:10:43,893 Seguro que che parece ben? 173 00:10:44,477 --> 00:10:46,896 Basicamente, tes que contar cun "si". 174 00:10:47,855 --> 00:10:49,273 Teño que volver ó choio. 175 00:10:49,774 --> 00:10:50,775 Pénsao, meu. 176 00:10:51,817 --> 00:10:54,487 Por que non saltas de ledicia coa solución? 177 00:10:55,154 --> 00:10:58,574 Non pensas que teñen o je ne sais quoi para a campaña ou… 178 00:10:58,658 --> 00:11:01,661 Non, creo que son perfectos. É só que… 179 00:11:03,329 --> 00:11:06,707 Hai uns días, Gabriel díxome que estaban nun punto morto 180 00:11:06,791 --> 00:11:09,543 e non estaba seguro de seguiren xuntos. 181 00:11:09,627 --> 00:11:11,921 Toda parella chega a ese punto. 182 00:11:12,004 --> 00:11:15,466 Ó momento de romper ou comprometerse. 183 00:11:15,549 --> 00:11:16,967 Ou estás ou non estás. 184 00:11:18,761 --> 00:11:20,304 Supoño que é certo. 185 00:11:20,888 --> 00:11:22,598 Seguro que sabe o que fai. 186 00:11:24,642 --> 00:11:25,476 Vale… 187 00:11:39,990 --> 00:11:43,327 GABRIEL: ISTO DA PEDIDA Ó GRANDE ÉCHE MOI AMERICANO. 188 00:11:44,787 --> 00:11:47,581 POIS UNHA EMPRESA MOI FRANCESA PÁGANOS, E A TI TAMÉN, 189 00:11:47,665 --> 00:11:50,584 MOITOS CARTOS PARA ISO ;) PERO SEN PRESIÓN, EN SERIO 190 00:11:52,378 --> 00:11:58,217 TEREI QUE IR MIRANDO SITIOS PARA FACELO ENTÓN… 191 00:11:58,300 --> 00:12:01,804 ESTÁS LIBRE MAÑÁ POLA MAÑÁ? 192 00:12:06,058 --> 00:12:07,184 VALE 193 00:12:07,268 --> 00:12:09,228 E GRAZAS 194 00:12:09,311 --> 00:12:10,813 BOA NOITE 195 00:12:30,708 --> 00:12:33,335 Só é unha busca preliminar, de recoñecemento, 196 00:12:33,419 --> 00:12:34,837 podes deixalo se queres. 197 00:12:34,920 --> 00:12:35,963 Por que ía deixalo? 198 00:12:36,464 --> 00:12:37,840 Por nada. 199 00:12:37,923 --> 00:12:40,551 En fin, esta opción é a máis cinemática. 200 00:12:40,634 --> 00:12:43,012 Monumento clásico, vistas incribles. 201 00:12:43,095 --> 00:12:45,222 Creo que gravaremos dende arriba 202 00:12:45,306 --> 00:12:47,475 para ter toda a cidade de fondo. 203 00:12:48,142 --> 00:12:51,061 É un sitio fermoso, pero hai moito turista. 204 00:12:51,145 --> 00:12:53,355 Certo, porque é icónico. 205 00:12:53,439 --> 00:12:55,316 Controlaremos as aglomeracións. 206 00:12:55,399 --> 00:12:57,985 Pero non moito, queremos que sexa auténtico. 207 00:12:58,694 --> 00:13:00,946 Si, si quero! Si! 208 00:13:02,615 --> 00:13:04,825 Deus santo, casamos! 209 00:13:04,909 --> 00:13:06,202 Casamos! 210 00:13:07,203 --> 00:13:09,830 Non es a primeira en ter a mesma idea. 211 00:13:09,914 --> 00:13:12,291 Non pasa nada, teño máis opcións. 212 00:13:16,253 --> 00:13:17,755 O Museo da Vida Romántica. 213 00:13:18,255 --> 00:13:20,382 Que tal? É lindo, non? 214 00:13:20,966 --> 00:13:24,094 Moi "instagrameable" e ten arte para a túa galerista. 215 00:13:24,178 --> 00:13:27,807 Certo, pero os gustos de Camille son algo máis vangardistas. 216 00:13:29,475 --> 00:13:31,519 Liches a George Sand? 217 00:13:31,602 --> 00:13:32,853 Oín falar del. 218 00:13:33,729 --> 00:13:34,980 Dela. 219 00:13:36,398 --> 00:13:37,942 Entón, non. 220 00:13:38,609 --> 00:13:41,445 Estudámola na escola. Era moi progresista, 221 00:13:41,529 --> 00:13:44,281 unha autora subversiva que vestía de home 222 00:13:44,365 --> 00:13:46,700 e ignoraba os protocolos femininos. 223 00:13:46,784 --> 00:13:50,788 Aquí di que deixou o marido por unha rebellion romantique. 224 00:13:50,871 --> 00:13:53,040 Disque moitas aventuras con homes. 225 00:13:53,958 --> 00:13:54,917 E con mulleres. 226 00:13:57,253 --> 00:14:00,005 Sabes que? Ó mellor non che é tan romántico. 227 00:14:00,089 --> 00:14:00,923 Por que non? 228 00:14:01,715 --> 00:14:03,509 As relacións son complicadas. 229 00:14:03,592 --> 00:14:06,595 A paixón intensa fai tolear a xente. 230 00:14:07,096 --> 00:14:10,307 Talvez non sexa o estilo correcto para a túa pedida. 231 00:14:10,808 --> 00:14:11,851 Non sei. 232 00:14:12,685 --> 00:14:15,855 Só os implicados saben o que son o un para o outro. 233 00:14:17,940 --> 00:14:20,025 Teño máis opcións, sabes? 234 00:14:29,326 --> 00:14:33,080 Creo que este é o meu favorito. O muro dos "quérote". 235 00:14:33,163 --> 00:14:37,668 Un calígrafo recolleu máis de 300 formas de dicir "quérote" nun caderno 236 00:14:37,751 --> 00:14:41,589 e traballou cun muralista para gravalos en rocha volcánica, 237 00:14:41,672 --> 00:14:43,299 aínda que non sei por que. 238 00:14:44,508 --> 00:14:45,634 Dura para sempre. 239 00:14:47,011 --> 00:14:48,095 É fermoso. 240 00:14:48,178 --> 00:14:51,473 Sinxelo, pero moi conmovedor. Creo que lle encantará. 241 00:14:55,102 --> 00:14:56,645 Podo preguntarche algo? 242 00:14:57,646 --> 00:15:00,357 Que pasou entre ti e Camille ó volver de Grecia 243 00:15:00,441 --> 00:15:02,693 que che fixo querer casar de súpeto? 244 00:15:04,153 --> 00:15:06,989 Abrímonos coma nunca. 245 00:15:08,240 --> 00:15:10,409 Lembras o restaurante na Provenza? 246 00:15:10,492 --> 00:15:11,744 O chef cos nenos. 247 00:15:12,328 --> 00:15:17,249 Pareceume ver o futuro diante dos ollos e quero comezar a construílo. 248 00:15:18,125 --> 00:15:19,043 É o momento. 249 00:15:19,126 --> 00:15:22,087 E o diñeiro da campaña axuda, dende logo. 250 00:15:23,547 --> 00:15:25,132 Pois imos facer que cases. 251 00:15:26,425 --> 00:15:27,259 Grazas. 252 00:15:28,510 --> 00:15:29,970 Por ser unha amiga. 253 00:15:30,054 --> 00:15:32,348 Todo o camiño, ida e volta. 254 00:15:34,058 --> 00:15:35,434 As mozas de ouro. 255 00:15:36,018 --> 00:15:37,269 As mozas de ouro? 256 00:15:38,395 --> 00:15:39,271 Dá igual. 257 00:15:40,481 --> 00:15:42,524 Non hai de que, amigo. 258 00:15:54,203 --> 00:15:55,245 Bo día a todos! 259 00:15:55,955 --> 00:15:56,872 Bo día, señor. 260 00:15:56,956 --> 00:16:00,042 Un entrecosto e unha ensalada, por favor. 261 00:16:00,125 --> 00:16:01,377 Que gracioso. 262 00:16:01,460 --> 00:16:03,963 Coñeces moitos camareiros con esta clase? 263 00:16:04,046 --> 00:16:06,674 Non é da túa incumbencia. 264 00:16:06,757 --> 00:16:09,343 E por que levas smóking ás dez da mañá? 265 00:16:09,426 --> 00:16:13,722 Verás, acompaño á señora Grateau a ver As vodas de Fígaro. 266 00:16:14,306 --> 00:16:17,184 Despois non me dá tempo a ir cambiarme á casa. 267 00:16:17,267 --> 00:16:20,354 Mira, a túa cita da ópera. Vaia noite vos agarda. 268 00:16:20,437 --> 00:16:21,730 Bo día, Sylvie. 269 00:16:22,231 --> 00:16:25,859 Agardo que esteas tan impaciente por esta noite coma min. 270 00:16:27,361 --> 00:16:28,696 Si, claro. 271 00:16:30,406 --> 00:16:33,367 Ben, estades todos. Atopei a parella Ami perfecta. 272 00:16:33,450 --> 00:16:35,536 Gabriel pediralle casar a Camille. 273 00:16:37,204 --> 00:16:38,872 Un chef guapísimo 274 00:16:38,956 --> 00:16:41,458 e unha beleza hipnótica das artes. 275 00:16:41,542 --> 00:16:43,544 Emily, volvíchelo conseguir. 276 00:16:43,627 --> 00:16:45,879 Si, unha vez máis. 277 00:16:45,963 --> 00:16:47,881 Prepároo nun par de horas 278 00:16:47,965 --> 00:16:50,092 e Georges pode volver hoxe. 279 00:16:50,175 --> 00:16:53,637 Si, claro. Canto antes o teñamos, mellor. 280 00:16:55,055 --> 00:16:56,015 Xenial. 281 00:16:57,307 --> 00:16:58,225 Sylvie. 282 00:16:58,809 --> 00:17:00,519 - Que? - Podemos falar? 283 00:17:01,020 --> 00:17:02,646 Teño a mañá ocupada. 284 00:17:02,730 --> 00:17:04,648 Pode agardar ó xantar? 285 00:17:04,732 --> 00:17:06,859 Ben, será máis doado cun viño. 286 00:17:06,942 --> 00:17:10,571 Xenial, comemos xuntos! Onde imos? 287 00:17:11,363 --> 00:17:12,489 Que? 288 00:17:18,370 --> 00:17:19,955 Encántame este sitio! 289 00:17:20,456 --> 00:17:22,833 Subestímase a presentación. 290 00:17:22,916 --> 00:17:24,918 Falando de subestimado… 291 00:17:25,002 --> 00:17:27,046 Julien, tranquilo, por favor. 292 00:17:27,129 --> 00:17:29,840 Emily rouboume o cliente diante dos fociños, 293 00:17:29,923 --> 00:17:31,884 é coma un voitre con "crop top". 294 00:17:31,967 --> 00:17:33,594 E non é a primeira vez. 295 00:17:33,677 --> 00:17:35,471 Entendo o teu cabreo. 296 00:17:35,554 --> 00:17:39,433 - Pero non o compartes. - Non, se Emily gaña, a axencia gaña. 297 00:17:40,017 --> 00:17:43,771 Exacto, ten razón, somos un equipo. 298 00:17:43,854 --> 00:17:44,772 Pásasme o pan? 299 00:17:44,855 --> 00:17:47,107 Pois Emily non xoga en equipo. 300 00:17:47,191 --> 00:17:51,445 O equipo non funciona se unha xogadora chupa sempre o balón. 301 00:17:51,528 --> 00:17:55,074 Teño máis experiencia, antigüidade… E hostia, falo francés! 302 00:17:55,157 --> 00:17:57,117 Vale, Julien, falarei con ela. 303 00:17:57,201 --> 00:17:59,661 Non imos pasar o xantar a falar de Emily. 304 00:17:59,745 --> 00:18:01,663 Canto teño que aturar isto? 305 00:18:03,165 --> 00:18:04,291 Oh, non! 306 00:18:05,334 --> 00:18:07,669 Moi ben, teño cousas que facer. 307 00:18:07,753 --> 00:18:09,004 Síntoo. 308 00:18:09,088 --> 00:18:10,506 Non teño tempo. 309 00:18:10,589 --> 00:18:11,882 - Abur. - Sylvie… 310 00:18:11,965 --> 00:18:13,133 Mira que fixeches. 311 00:18:13,217 --> 00:18:14,051 Mira. 312 00:18:24,269 --> 00:18:25,145 Verás… 313 00:18:25,854 --> 00:18:29,149 Pensamos no aumento, pero Alfie ten unha proposta mellor. 314 00:18:29,233 --> 00:18:30,943 Participarás no restaurante. 315 00:18:31,026 --> 00:18:33,654 E iso que significa exactamente? 316 00:18:33,737 --> 00:18:37,616 Participarás nos beneficios e en máis decisións empresariais, 317 00:18:37,699 --> 00:18:39,701 xa que irán ligadas ó teu salario. 318 00:18:39,785 --> 00:18:43,122 Como contratar pasteleiros caros, por exemplo. 319 00:18:43,205 --> 00:18:45,374 Se o restaurante ten éxito, ti tamén. 320 00:18:45,958 --> 00:18:47,417 - Se non… - Fixo que si. 321 00:18:48,001 --> 00:18:50,379 E sei que dobrarás o lombo máis aínda. 322 00:18:50,462 --> 00:18:53,006 Sobre todo porque verás o teu nome na porta. 323 00:18:53,841 --> 00:18:54,967 De verdade? 324 00:18:55,676 --> 00:18:57,052 Podo cambiarlle o nome? 325 00:18:57,136 --> 00:18:58,512 Será o teu restaurante. 326 00:18:59,263 --> 00:19:00,722 E eu un socio silencioso. 327 00:19:02,141 --> 00:19:03,433 Ti, silencioso? 328 00:19:05,310 --> 00:19:06,478 Máis ou menos. 329 00:19:07,104 --> 00:19:08,230 Que che parece? 330 00:19:08,856 --> 00:19:12,109 Podes apostar por ti mesmo ou aceptar a outra oferta. 331 00:19:13,694 --> 00:19:14,736 Trato feito? 332 00:19:20,909 --> 00:19:23,162 Trato feito. Grazas, Antoine. 333 00:19:24,663 --> 00:19:28,167 Temos que volver ó despacho, pero enviarémosche os papeis. 334 00:19:29,543 --> 00:19:30,544 Saio agora. 335 00:19:32,921 --> 00:19:35,299 Vaia, vaia, o teu propio restaurante. 336 00:19:35,382 --> 00:19:37,968 Agora terás que rexeitar a outra oferta. 337 00:19:39,386 --> 00:19:41,680 Claro, iso foi… 338 00:19:41,763 --> 00:19:43,724 Unha invención para ter vantaxe? 339 00:19:43,807 --> 00:19:45,976 - Como o sabías? - Coñézote, meu. 340 00:19:46,059 --> 00:19:48,020 Non somos colegas ou que? 341 00:19:49,855 --> 00:19:51,356 Non o creo. 342 00:19:51,440 --> 00:19:53,567 Creo. E ponte a traballar. 343 00:19:55,611 --> 00:19:56,737 Au revoir, chef. 344 00:20:13,337 --> 00:20:16,423 GABRIEL: ESTÁS LIBRE ESTA TARDE? TEÑO BOAS NOVAS. 345 00:20:16,506 --> 00:20:19,509 CAMILLE: VOU Ó MUSEO DE ORSAY, VÉMONOS ALÍ? 346 00:20:19,593 --> 00:20:21,345 GABRIEL: PERFECTO. 347 00:20:26,099 --> 00:20:28,060 Non poder ser! Incrible! 348 00:20:28,143 --> 00:20:29,895 Eu tampouco o creo. 349 00:20:30,646 --> 00:20:33,899 Eu si que o creo. Levas moito traballando para isto. 350 00:20:43,659 --> 00:20:46,787 Lembras que aquí tivemos unha das primeiras citas? 351 00:20:47,371 --> 00:20:51,291 - Traballabas nunha cociña. - Aquel sitio horrible no Distrito 11! 352 00:20:51,375 --> 00:20:53,543 O chef era imbécil. 353 00:20:53,627 --> 00:20:55,003 O meu peor traballo. 354 00:20:55,087 --> 00:20:58,423 Pero estabas motivado. Tiñas moitos soños, lembras? 355 00:20:58,507 --> 00:21:00,592 Lembro aquela cita, intimidábasme. 356 00:21:01,718 --> 00:21:02,552 Eu? 357 00:21:03,428 --> 00:21:04,263 Por que? 358 00:21:05,639 --> 00:21:07,891 Sabías todo de cada obra do museo. 359 00:21:07,975 --> 00:21:09,935 Non, é que ti non sabías nada. 360 00:21:11,895 --> 00:21:13,522 E agora vés tanto coma min. 361 00:21:48,140 --> 00:21:49,224 Que pasa? 362 00:21:50,976 --> 00:21:52,019 Camille. 363 00:21:55,564 --> 00:21:58,275 Tiña grandes soños a primeira vez que viñemos aquí. 364 00:22:00,360 --> 00:22:02,237 E agora son máis grandes aínda. 365 00:22:03,196 --> 00:22:05,407 Véxome pasando a vinda canda ti. 366 00:22:08,285 --> 00:22:09,328 Eu tamén. 367 00:22:12,331 --> 00:22:13,415 Casemos. 368 00:22:15,417 --> 00:22:17,377 Quitáchesme a palabra da boca. 369 00:22:19,171 --> 00:22:20,422 Iso é un si? 370 00:22:49,326 --> 00:22:51,995 Grazas por vir con tan pouca antelación. 371 00:22:52,079 --> 00:22:55,499 Estamos moi emocionados coa parella que atopamos. 372 00:22:55,582 --> 00:22:57,459 Moi chic, fabulosos. 373 00:22:58,251 --> 00:23:00,212 Xusto está a chamarme agora. 374 00:23:02,214 --> 00:23:03,465 Saio un momento. 375 00:23:06,802 --> 00:23:08,011 Vai todo ben? 376 00:23:08,762 --> 00:23:11,056 Grandes novas. Camille e eu casamos. 377 00:23:11,139 --> 00:23:12,766 Que? Que pasou? 378 00:23:13,266 --> 00:23:15,602 Pediumo ela e díxenlle que si. 379 00:23:16,520 --> 00:23:19,064 Síntoo, isto fastídiache as cousas? 380 00:23:19,147 --> 00:23:21,024 Non, non o sintas. 381 00:23:21,691 --> 00:23:23,443 Alédome moito por vós. 382 00:23:23,527 --> 00:23:25,821 Estou cun cliente, teño que deixarte. 383 00:23:25,904 --> 00:23:27,072 Vale, deica. 384 00:23:28,323 --> 00:23:32,494 O muro dos "quérote" é unha xoia oculta de París. 385 00:23:32,577 --> 00:23:33,912 Coma o voso logo, 386 00:23:33,995 --> 00:23:36,415 ben escondido, agás para os que o saben. 387 00:23:36,998 --> 00:23:39,793 Calquera que recoñeza esta bolboretiña 388 00:23:39,876 --> 00:23:41,628 está totalmente á moda. 389 00:23:41,711 --> 00:23:43,004 Non é unha bolboreta. 390 00:23:43,088 --> 00:23:44,214 Non? 391 00:23:45,465 --> 00:23:47,717 Xa o vexo, é un globo! 392 00:23:47,801 --> 00:23:49,386 En fin, como ía dicindo… 393 00:23:49,469 --> 00:23:51,847 Podo interromper? É sobre a parella. 394 00:23:51,930 --> 00:23:53,682 Como se me deixases opción. 395 00:23:54,641 --> 00:23:57,769 Están tan namorados que non puideron agardar 396 00:23:57,853 --> 00:24:00,313 e, en fin, xa se comprometeron. 397 00:24:00,397 --> 00:24:02,566 - Que? - E sacrificaron o diñeiro? 398 00:24:02,649 --> 00:24:05,569 Se estás namorado de verdade, o diñeiro non importa. 399 00:24:06,153 --> 00:24:10,824 Fíxome dubidar se este ángulo da pedida é tan romántico como pensabamos. 400 00:24:10,907 --> 00:24:14,744 Intentamos fabricar un momento que debería vir do corazón. 401 00:24:16,663 --> 00:24:17,581 Pode ser. 402 00:24:17,664 --> 00:24:20,000 Encantaríame propoñer outra dirección. 403 00:24:20,083 --> 00:24:23,128 - Emily, falemos en privado. - Non, quero oíla. 404 00:24:23,628 --> 00:24:24,463 Eu tamén. 405 00:24:26,423 --> 00:24:29,176 Centremos a atención na vosa marca. 406 00:24:29,259 --> 00:24:30,886 O logo xa semella un globo. 407 00:24:30,969 --> 00:24:33,388 E se o convertemos nun globo aerostático? 408 00:24:33,472 --> 00:24:34,723 Ou en varios. 409 00:24:34,806 --> 00:24:38,602 Flotando sobre a campiña francesa con parellas namoradas. 410 00:24:38,685 --> 00:24:40,645 Sería tan fermoso, coma un soño. 411 00:24:40,729 --> 00:24:43,773 "O amor está no aire." 412 00:24:43,857 --> 00:24:46,276 Ese podería ser o slogan. 413 00:24:46,359 --> 00:24:48,945 Gústame. Cando podemos telo preparado? 414 00:24:49,029 --> 00:24:51,323 Teremos que traballar axiña. 415 00:24:51,406 --> 00:24:52,616 Moi, moi axiña. 416 00:24:53,700 --> 00:24:55,619 Pero podemos conseguilo. 417 00:24:55,702 --> 00:24:56,620 Fantástico. 418 00:24:58,955 --> 00:25:00,123 O amor está no aire. 419 00:25:04,127 --> 00:25:05,670 Si, teño máis ideas. 420 00:25:08,006 --> 00:25:10,550 Pero a de "o amor está no aire" é xenial. 421 00:25:23,396 --> 00:25:24,272 Luc? 422 00:25:24,356 --> 00:25:25,774 Si? 423 00:25:25,857 --> 00:25:26,858 Que che pasa? 424 00:25:26,942 --> 00:25:27,901 Que foi? 425 00:25:27,984 --> 00:25:31,780 Teño a camisa a remollo dende o xantar 426 00:25:31,863 --> 00:25:33,532 e creo que vai mellorando. 427 00:25:34,032 --> 00:25:35,534 Pero non dabondo. 428 00:25:35,617 --> 00:25:36,451 Evidentemente… 429 00:25:36,535 --> 00:25:37,869 Doume conta. 430 00:25:37,953 --> 00:25:41,331 Así que volverei cambiarme a fume de carozo na bici. 431 00:25:41,414 --> 00:25:43,917 Creo que volverei un pouco suado, 432 00:25:44,000 --> 00:25:47,462 pero non súo moito, sinceramente, e podo ducharme… 433 00:25:47,546 --> 00:25:50,632 - Sacrificareime pola arte lírica. - Luc. 434 00:25:50,715 --> 00:25:54,135 Foi un día esgotador, moi estresante. 435 00:25:54,886 --> 00:25:57,806 Non creo que poida ir, non quero ir. 436 00:25:58,390 --> 00:25:59,516 Oh, non! 437 00:26:02,894 --> 00:26:05,438 Tiña moitas ganas de ir á ópera. 438 00:26:05,522 --> 00:26:06,898 Eu tamén, Luc. 439 00:26:06,982 --> 00:26:09,442 - Sinceramente, eu… - Luc. 440 00:26:09,526 --> 00:26:11,486 Teño que collelo. Déixasme soa? 441 00:26:14,197 --> 00:26:16,366 Mamá? Estás ben? 442 00:26:16,449 --> 00:26:17,701 Si, miña filla. 443 00:26:17,784 --> 00:26:20,245 Só chamo para saber se estás ben ti. 444 00:26:20,328 --> 00:26:23,540 Sei que os días coma hoxe poden ser difíciles. 445 00:26:23,623 --> 00:26:24,916 Que pasa hoxe? 446 00:26:25,625 --> 00:26:27,127 Non lle mintas a túa nai. 447 00:26:27,836 --> 00:26:31,131 Os aniversarios de voda son complicados… 448 00:26:31,214 --> 00:26:34,092 Sobre todo cando o matrimonio non é un éxito. 449 00:26:34,759 --> 00:26:37,637 Mamá, Laurent e eu seguimos casados 450 00:26:37,721 --> 00:26:39,973 e ultimamente vémonos bastante. 451 00:26:40,599 --> 00:26:41,433 Magnífico. 452 00:26:42,267 --> 00:26:44,144 E que facedes esta noite? 453 00:26:44,227 --> 00:26:46,271 Está no seu club de Saint-Tropez. 454 00:26:46,771 --> 00:26:48,648 O día do voso aniversario. 455 00:26:50,275 --> 00:26:51,526 E acéptalo sen máis? 456 00:26:51,610 --> 00:26:53,737 Eu vou ir á ópera esta noite. 457 00:26:54,237 --> 00:26:56,573 Oxalá poder acompañarte. 458 00:26:58,033 --> 00:26:59,784 Grazas por chamar, mamá. 459 00:26:59,868 --> 00:27:01,036 Un bico moi grande. 460 00:27:02,370 --> 00:27:03,204 Abur. 461 00:27:30,357 --> 00:27:33,109 Boa noite, formo parte do círculo de mecenas 462 00:27:33,193 --> 00:27:35,487 e o meu invitado non puido vir. 463 00:27:35,570 --> 00:27:36,821 Poderíase regalar? 464 00:27:36,905 --> 00:27:40,575 Síntoo, é moi tarde para que a use outra persoa. 465 00:27:40,659 --> 00:27:42,160 Está segura diso? 466 00:27:46,206 --> 00:27:48,041 Que fas aquí? 467 00:27:48,124 --> 00:27:50,126 Cres que ía esquecer esta data? 468 00:27:50,210 --> 00:27:51,252 Si? 469 00:27:54,339 --> 00:27:55,340 Vale, esquecinme. 470 00:27:56,508 --> 00:27:58,885 Pero logo lembreime e collín un avión. 471 00:28:01,554 --> 00:28:04,265 Non quero obrigarte se non che apetece. 472 00:28:04,349 --> 00:28:05,684 Agradézocho. 473 00:28:07,018 --> 00:28:10,230 Pero esta noite quero que pasemos o aniversario xuntos. 474 00:28:12,941 --> 00:28:14,025 Mademoiselle. 475 00:28:18,238 --> 00:28:20,490 - Que pasen unha boa velada. - Grazas. 476 00:28:49,185 --> 00:28:50,937 Arrasaches! 477 00:28:51,020 --> 00:28:53,815 - Gardaches o mellor para o final. - Grazas. 478 00:28:53,898 --> 00:28:56,609 Merecían un último recordatorio do que perden. 479 00:28:56,693 --> 00:28:59,195 Mindy! Ciao! 480 00:28:59,279 --> 00:29:00,989 - Ola! - Estiveches fantástica! 481 00:29:01,573 --> 00:29:03,658 - Moitas grazas! - Ciao! 482 00:29:04,159 --> 00:29:06,327 Non teño nin idea de quen era. 483 00:29:07,078 --> 00:29:09,456 A Nico fóiselle coa lista de invitados. 484 00:29:09,539 --> 00:29:13,042 Facédesme un favor? Se alguén me pide que vos presente, 485 00:29:13,126 --> 00:29:14,919 facede que digan o seu nome. 486 00:29:15,003 --> 00:29:16,171 Feito. 487 00:29:16,755 --> 00:29:17,964 Grazas, quérovos. 488 00:29:18,047 --> 00:29:21,176 Terei que ir saudar o desfile de Miss Universo. 489 00:29:21,259 --> 00:29:23,344 - Véxovos agora. - A por elas. 490 00:29:25,180 --> 00:29:28,141 Impórtache irme por unha copa de rosé? 491 00:29:28,224 --> 00:29:29,350 Claro, ruliña. 492 00:29:31,227 --> 00:29:32,228 Nicolas. 493 00:29:33,605 --> 00:29:36,733 - Ola. - Emily, boa noite. 494 00:29:36,816 --> 00:29:40,695 Isto está xenial, grazas por organizalo. 495 00:29:40,779 --> 00:29:45,366 Mindy amolouse cando llo dixeron, pensei que unha festa a animaría. 496 00:29:45,450 --> 00:29:48,912 Creo que os dous queremos que sexa feliz. 497 00:29:49,788 --> 00:29:51,664 E a ela gústaslle moitísimo. 498 00:29:51,748 --> 00:29:55,001 Sei que non che caio moi ben agora mesmo, 499 00:29:55,877 --> 00:29:59,547 pero agardo poder solucionalo 500 00:29:59,631 --> 00:30:01,049 polo ben de Mindy. 501 00:30:01,132 --> 00:30:03,051 Para ti é moi doado dicilo. 502 00:30:03,676 --> 00:30:07,263 Non te humillaron publicamente en fronte á túa familia. 503 00:30:07,806 --> 00:30:09,849 Faste idea do que sentín? 504 00:30:11,017 --> 00:30:13,645 Non fago, non. 505 00:30:14,813 --> 00:30:17,023 Síntoo de veras. 506 00:30:19,234 --> 00:30:23,321 Creo que non estás listo para falalo e esta noite non debemos montala, 507 00:30:23,404 --> 00:30:26,032 así que podemos sentar o máis lonxe posible. 508 00:30:26,115 --> 00:30:29,369 Bonsoir, bébé. Estades a portarvos ben? 509 00:30:30,912 --> 00:30:33,498 Si, só lle estaba a dicir… 510 00:30:33,581 --> 00:30:35,750 Emily dicíame que non pode quedar. 511 00:30:36,459 --> 00:30:37,710 Non, que pasou? 512 00:30:43,216 --> 00:30:44,634 Nada, síntoo moito. 513 00:30:46,052 --> 00:30:48,847 Ía dicircho, Alfie ten unha cea de negocios. 514 00:30:48,930 --> 00:30:53,393 E como é de Maison Lavaux, eu tamén teño que ir. 515 00:30:54,477 --> 00:30:57,522 Si, trabucouse de data e xa imos tarde. 516 00:30:57,605 --> 00:31:00,108 Síntoo moito. 517 00:31:00,191 --> 00:31:02,235 Enténdoo, o traballo é importante. 518 00:31:02,735 --> 00:31:05,530 Pero celebrámolo outra vez en nada e invito eu. 519 00:31:05,613 --> 00:31:07,156 Si, claro, abofé. 520 00:31:08,032 --> 00:31:10,660 - Temos que ir indo á mesa, non? - Temos. 521 00:31:10,743 --> 00:31:12,203 Pasádeo ben, vale? 522 00:31:13,371 --> 00:31:14,414 Vale, vamos. Eu… 523 00:31:16,040 --> 00:31:17,208 Que pasou? 524 00:31:28,469 --> 00:31:30,471 Nicolas pode enfadarse comigo, 525 00:31:30,555 --> 00:31:33,641 pero non podo crer que lle estragara a noite a Mindy. 526 00:31:33,725 --> 00:31:36,227 O señoritingo tivo sorte de non acabar no lixo. 527 00:31:36,311 --> 00:31:38,771 - Pelexarías por min? - Por ti o que sexa. 528 00:31:38,855 --> 00:31:41,482 En fin, o que sexa tampouco… 529 00:31:43,568 --> 00:31:47,196 Segues cabreada por non falarlle de ti á familia. 530 00:31:47,280 --> 00:31:48,990 Non estou cabreada, é só que… 531 00:31:49,073 --> 00:31:50,909 Só quero entendelo. 532 00:31:50,992 --> 00:31:52,452 De que tes tanto medo? 533 00:31:53,828 --> 00:31:54,746 De acordo. 534 00:31:55,997 --> 00:31:58,166 A última moza que lles presentei 535 00:31:58,249 --> 00:32:01,127 dixo que iamos moi rápido e rompeu comigo. 536 00:32:01,878 --> 00:32:07,300 A anterior dixo que me quería… pero non era a súa media laranxa. 537 00:32:08,885 --> 00:32:11,930 - E a anterior… - Vale, síntoo. 538 00:32:12,472 --> 00:32:15,183 Sempre que penso que estou nunha relación seria 539 00:32:15,266 --> 00:32:18,895 e llo digo á miña familia, quedo na estacada. 540 00:32:20,146 --> 00:32:21,481 E nunca o vexo vir. 541 00:32:22,273 --> 00:32:23,733 Sabes o que se sente? 542 00:32:23,816 --> 00:32:24,651 Sei. 543 00:32:26,110 --> 00:32:27,236 Sei, si. 544 00:32:28,112 --> 00:32:29,614 O meu último mozo e eu, 545 00:32:29,697 --> 00:32:32,450 en Chicago, levabamos toda a vida xuntos. 546 00:32:33,242 --> 00:32:36,996 Pensei que iamos casar e agora paréceme de tolos! 547 00:32:37,497 --> 00:32:40,083 Nin colleu un avión para vir visitarme. 548 00:32:40,583 --> 00:32:42,085 Tivo que ser horrible. 549 00:32:42,877 --> 00:32:45,588 Si, foi devastador. 550 00:32:46,464 --> 00:32:52,011 Creo que máis do que quixen admitir. Centreime no traballo para esquecelo. 551 00:32:53,638 --> 00:32:57,558 Pero despois mudácheste a París para darnos unha oportunidade. 552 00:32:58,142 --> 00:32:59,519 Mudeime por traballo. 553 00:33:00,895 --> 00:33:02,522 E por ti. 554 00:33:03,523 --> 00:33:04,899 Pois cando o fixeches… 555 00:33:06,192 --> 00:33:07,235 significou moito. 556 00:33:07,735 --> 00:33:09,320 Un tío deu a cara por min. 557 00:33:10,113 --> 00:33:13,157 Así que non quero meterche presión, 558 00:33:13,241 --> 00:33:16,285 quero que llelo digas cando esteas listo, 559 00:33:16,369 --> 00:33:19,998 pero nalgún momento terás que facelo, porque non vou marchar. 560 00:33:23,251 --> 00:33:25,712 Estou listo. Facemos videochamada? 561 00:33:25,795 --> 00:33:28,131 - Que? - Ou chamada clásica? 562 00:33:28,214 --> 00:33:31,134 Non digo agora mesmo, fixo que está a durmir. 563 00:33:31,801 --> 00:33:33,219 - Aí tes razón. - Xa. 564 00:33:33,302 --> 00:33:36,514 E se o facemos oficial por Instagram? 565 00:33:37,056 --> 00:33:39,600 Aínda se leva iso? A xente segue a facelo? 566 00:33:44,564 --> 00:33:45,481 En realidade, 567 00:33:46,065 --> 00:33:48,317 creo que teño unha idea mellor. 568 00:33:56,367 --> 00:33:58,536 O mundo enteiro vai saber do noso. 569 00:34:00,079 --> 00:34:03,916 Isto dá máis medo do que contaba. 570 00:34:04,000 --> 00:34:05,293 Eu tamén teño medo. 571 00:34:06,461 --> 00:34:07,462 Pero paga a pena. 572 00:34:59,806 --> 00:35:04,811 Subtítulos: Abraham Díaz López