1 00:00:22,680 --> 00:00:26,960 Pódenlle pasar unha mensaxe ó inspector Fagbenle? 2 00:00:28,000 --> 00:00:29,560 Teño unha pista sobre Paige. 3 00:00:31,720 --> 00:00:34,680 Unha mensaxe do axente Burrows. Está no Marinduque. 4 00:00:35,280 --> 00:00:39,680 Rocco contoulle a Simon Greene que avistaron a súa filla hai unha semana. 5 00:00:39,760 --> 00:00:42,440 Colleu un autobús de Winport a Brackmere. 6 00:00:42,520 --> 00:00:45,520 O Refuxio Fulxente fica moi preto dunha das paradas. 7 00:00:47,400 --> 00:00:49,920 O recinto ten por nome o Refuxio Fulxente. 8 00:00:50,000 --> 00:00:52,880 Practican unha relixión chamada o Luceiro da Verdade Fulxente 9 00:00:52,960 --> 00:00:54,200 ou a Verdade Fulxente. 10 00:00:54,280 --> 00:00:57,600 Policía! Arriba as mans! Todos para o chan xa! 11 00:01:02,960 --> 00:01:06,920 Lembren, os seus membros escolleron vivir á marxe da sociedade. 12 00:01:07,000 --> 00:01:10,360 Son imprevisibles e poderían dispoñer de armas que descoñezamos. 13 00:01:14,120 --> 00:01:17,240 De xeonllos coas mans na caluga! Arriba as mans! 14 00:01:22,960 --> 00:01:26,840 Esta moza, Paige Greene, é unha desaparecida en estado vulnerable. 15 00:01:27,440 --> 00:01:31,920 Cremos que dispón de información vital respecto do asasinato de Aaron Corval. 16 00:01:32,840 --> 00:01:34,120 Estean moi atentos. 17 00:01:34,720 --> 00:01:36,760 Podería ter un aspecto distinto 18 00:01:36,840 --> 00:01:40,040 e seguramente teña outro nome, un posto pola seita. 19 00:01:42,400 --> 00:01:46,080 O principal implicado é Casper Vartage. 20 00:01:47,000 --> 00:01:47,960 Botádea abaixo! 21 00:01:49,880 --> 00:01:53,680 Está acusado de cargos por abuso continuado no Refuxio Fulxente, 22 00:01:53,760 --> 00:01:55,960 da desaparición de varios individuos 23 00:01:56,040 --> 00:02:00,640 e dos asasinatos de Kevin Gano, Damien Gorsch e Aaron Corval. 24 00:02:00,720 --> 00:02:01,760 Viñemos axudar. 25 00:02:04,080 --> 00:02:05,320 Non teñades medo. 26 00:02:05,400 --> 00:02:06,600 A VERDADE FULXENTE 27 00:02:15,400 --> 00:02:18,840 Non hai sinais de fuga. Sen actividade nas posibles saídas. 28 00:02:23,960 --> 00:02:24,960 Policía! 29 00:02:25,040 --> 00:02:26,680 - Abaixo! - Tiren as armas! 30 00:02:27,200 --> 00:02:29,600 Deixen as armas e quédense no chan! 31 00:02:29,680 --> 00:02:30,640 Despexado. 32 00:02:42,920 --> 00:02:43,800 Despexado! 33 00:02:51,240 --> 00:02:52,960 Non hai rastro do sospeitoso. 34 00:03:00,960 --> 00:03:03,480 Vartage non aparece. Rexistramos todos os cuartos. 35 00:03:03,560 --> 00:03:05,560 Debeu fuxir antes da nosa chegada. 36 00:03:07,480 --> 00:03:08,440 Recibido. 37 00:04:31,120 --> 00:04:34,560 {\an8}BASEADA NA NOVELA DE HARLAN COBEN 38 00:04:50,520 --> 00:04:55,240 {\an8}Casper Vartage, queda arrestado por asasinar presuntamente a Kevin Gano, 39 00:04:55,760 --> 00:04:58,160 {\an8}Damien Gorsch e Aaron Corval. 40 00:04:59,000 --> 00:05:01,480 {\an8}- Ten dereito ó silencio... - Aforre o discurso. 41 00:05:02,320 --> 00:05:05,000 {\an8}E eu afórrolle o traballo de me levar detido. 42 00:05:11,120 --> 00:05:13,480 Non quere o fastío que supón procesarme ante a lei. 43 00:05:13,560 --> 00:05:17,680 E eu non quero pasar nin un segundo nunha das vosas horrendas cárceres. 44 00:05:22,200 --> 00:05:24,000 Estou fodido, de todas formas. 45 00:05:25,320 --> 00:05:27,000 Sufro cancro de ósos. 46 00:05:27,080 --> 00:05:30,840 - Dígalles que non me atopou. - Sabe que non podo. 47 00:05:30,920 --> 00:05:35,560 Arrestarme vai ser en balde. Despois de todo isto? 48 00:05:35,640 --> 00:05:39,800 Levo máis de trinta anos sendo un deus para esta xente. 49 00:05:39,880 --> 00:05:43,560 Os grandes homes saben cando lles chegou a hora. 50 00:05:43,640 --> 00:05:44,840 Non se mova. 51 00:05:46,240 --> 00:05:48,480 - Como se chama? - Inspector... 52 00:05:48,560 --> 00:05:50,560 Como se chama, hostia? 53 00:05:52,280 --> 00:05:54,320 Inspector Fagbenle. 54 00:05:59,480 --> 00:06:01,040 Tiven unha vida magnífica. 55 00:06:02,920 --> 00:06:04,920 Vivín coma un rei. 56 00:06:07,800 --> 00:06:08,720 Acougue. 57 00:06:09,480 --> 00:06:15,720 Os reis non perecen coma mendigos, inspector Fagbenle. 58 00:06:17,400 --> 00:06:19,760 Non morren entre reixas. 59 00:06:19,840 --> 00:06:21,800 Vou baixar a arma. 60 00:06:30,200 --> 00:06:31,040 Reforzos! 61 00:06:31,120 --> 00:06:32,440 Aquí abaixo! 62 00:06:32,520 --> 00:06:34,840 Ten dereito ó silencio, mais, de non mencionar datos 63 00:06:34,920 --> 00:06:37,960 nos que se apoie no xuízo, podería prexudicar a súa defensa. 64 00:06:38,040 --> 00:06:40,040 Todo o que diga poderase usar como testemuña. 65 00:06:40,640 --> 00:06:42,880 - Non veñen axudar. - A onde nos levan? 66 00:06:43,480 --> 00:06:46,200 Que queren? Que queredes de nós? 67 00:06:48,280 --> 00:06:50,160 Teño dereito a estar aquí. 68 00:06:50,240 --> 00:06:53,560 - Xa están todos. Nin rastro de Paige. - Recibido. 69 00:06:56,560 --> 00:06:59,080 Alguén viu esta moza? 70 00:06:59,680 --> 00:07:01,600 Podería estar aquí, nalgures? 71 00:07:01,680 --> 00:07:05,080 Calquera cousa que saibades podería salvar vidas. 72 00:07:07,160 --> 00:07:09,240 A semana pasada chegou unha rapaza. 73 00:07:11,520 --> 00:07:14,080 Está no contedor. 74 00:07:15,160 --> 00:07:16,560 No contedor? 75 00:07:16,640 --> 00:07:17,760 Semella un almacén. 76 00:07:18,360 --> 00:07:20,600 É para o confinamento en solitario. 77 00:07:24,320 --> 00:07:25,880 Ola? Policía! 78 00:07:26,600 --> 00:07:27,640 Hai alguén aí? 79 00:07:29,680 --> 00:07:30,600 Paige? 80 00:07:44,440 --> 00:07:45,680 Viñemos axudarte. 81 00:07:47,240 --> 00:07:48,200 Vou entrar. 82 00:07:49,360 --> 00:07:50,840 Tranquila. Acouga. 83 00:07:51,680 --> 00:07:54,320 Non pasa nada. Tranquila. 84 00:07:57,080 --> 00:07:58,960 - Como te chamas? - Eve. 85 00:07:59,560 --> 00:08:00,560 Moi ben. 86 00:08:01,080 --> 00:08:03,560 E o teu nome real? O de nacemento? 87 00:08:04,760 --> 00:08:05,880 Zara. 88 00:08:07,440 --> 00:08:10,080 Tranquila, Zara. Estás a salvo. 89 00:08:22,280 --> 00:08:24,040 Sinto non atoparmos a Paige. 90 00:08:26,320 --> 00:08:27,440 Xa. 91 00:08:38,280 --> 00:08:39,640 Aaron naceu na seita. 92 00:08:41,120 --> 00:08:44,760 Adoptárono ilegalmente, coma a moitos outros rapaces. 93 00:08:44,840 --> 00:08:46,720 Todos veñen do mesmo pai: 94 00:08:47,680 --> 00:08:49,000 Casper Vartage. 95 00:08:51,880 --> 00:08:54,440 Hai pouco, varios fillos descubriron o parentesco. 96 00:08:54,520 --> 00:08:58,680 Xuraron mantelo en segredo ata que lograsen atopar o pai. 97 00:08:59,320 --> 00:09:02,160 Daquela, a seita... 98 00:09:03,240 --> 00:09:04,320 sabía... 99 00:09:05,400 --> 00:09:08,320 que os fillos se atoparan uns ós outros? 100 00:09:08,400 --> 00:09:09,960 Vartage contratou un sicario 101 00:09:10,040 --> 00:09:13,520 para matar os fillos non divinos e que a cousa non saíse á luz. 102 00:09:13,600 --> 00:09:16,720 Eran Ashley Davis e a súa cómplice, Dee Dee Lahoy. 103 00:09:17,640 --> 00:09:19,640 O dúo que os tentou matar. 104 00:09:20,760 --> 00:09:22,440 - Están mortos. - Entendo. 105 00:09:23,040 --> 00:09:25,720 Arrestamos a Vartage e os seus primoxénitos. 106 00:09:25,800 --> 00:09:27,520 Cremos que o organizaron eles. 107 00:09:27,600 --> 00:09:30,080 Declaráronse inocentes de todos os cargos. 108 00:09:30,160 --> 00:09:34,080 Teñen moi bos avogados, pero tranquilo. Non se van librar desta. 109 00:09:35,480 --> 00:09:37,560 En canto á muller da pasarela, 110 00:09:37,640 --> 00:09:39,200 - viuna dende entón? - Non. 111 00:09:42,360 --> 00:09:46,160 Aínda non a atopamos. Se vén velo, pódemo contar? 112 00:09:46,240 --> 00:09:47,200 Por suposto. 113 00:09:49,040 --> 00:09:50,880 Que foi de Elena? 114 00:09:51,760 --> 00:09:54,280 Ravenscroft? Saben algo dela? 115 00:09:54,360 --> 00:09:58,640 Non, mais atopamos imaxes dos asasinos conducindo o seu coche. 116 00:09:59,240 --> 00:10:04,040 A nosa hipótese é que se lles enfrontou polo tema das adopcións e eles matárona. 117 00:10:04,120 --> 00:10:06,120 Ai, Deus santo. 118 00:10:08,120 --> 00:10:09,160 Elena. 119 00:10:13,000 --> 00:10:13,920 Entón, 120 00:10:14,640 --> 00:10:16,640 tamén asasinaron a Aaron? 121 00:10:16,720 --> 00:10:18,160 As probas apuntan a iso. 122 00:10:21,320 --> 00:10:23,960 Perdoe por acusalo a vostede. Equivoqueime. 123 00:10:24,040 --> 00:10:26,760 Non pasa nada. 124 00:10:28,120 --> 00:10:29,440 Atopen a Paige. 125 00:10:29,520 --> 00:10:32,720 É o único que quero, dende o comezo. 126 00:10:32,800 --> 00:10:35,200 - Faremos todo o posible. - Grazas. 127 00:10:45,280 --> 00:10:48,040 Eu creo na Verdade Fulxente, señor Greene. 128 00:10:49,080 --> 00:10:52,120 Entregueille a meirande parte da miña vida adulta. 129 00:10:53,360 --> 00:10:57,320 Din a luz un fillo e dixéronme que ía ser o próximo líder. 130 00:10:58,200 --> 00:11:00,200 Mais, cando tiven o segundo, 131 00:11:00,280 --> 00:11:03,840 Casper dixo que debía deixalo ir, mesmo se non o volvía ver. 132 00:11:04,440 --> 00:11:09,440 O ano pasado acudín a unha páxina de ADN para saber que fora del. 133 00:11:09,520 --> 00:11:11,360 - Nathan? - Como sabe o meu nome? 134 00:11:11,440 --> 00:11:14,440 O meu fillo chámase Nathan Braddrick. 135 00:11:14,520 --> 00:11:17,960 Medrou en Aldport, criado por dous mestres. 136 00:11:18,040 --> 00:11:21,240 Graduouse con honores, casou, ten tres fillos 137 00:11:21,840 --> 00:11:24,280 e, ata onde sei, é un bo home. 138 00:11:24,360 --> 00:11:25,840 Bastábame con iso. 139 00:11:25,920 --> 00:11:29,120 Tivera uns bos pais e levaba unha vida ditosa. 140 00:11:30,480 --> 00:11:32,720 Pero entón oín o do plan. 141 00:11:34,400 --> 00:11:38,080 Pagaron para matar a todos os irmáns máis novos. 142 00:11:39,440 --> 00:11:43,600 Non quería facerlle mal a ninguén, pero non tiven outra opción. 143 00:11:43,680 --> 00:11:46,120 Non podía deixar que matasen o meu fillo. 144 00:11:46,200 --> 00:11:47,320 Grazas por... 145 00:11:48,160 --> 00:11:49,680 salvarme a vida. 146 00:11:50,280 --> 00:11:51,400 Grazas a ti 147 00:11:52,120 --> 00:11:53,800 por dicirlles que ela caera. 148 00:11:57,400 --> 00:11:58,640 Agora debo volver. 149 00:11:58,720 --> 00:12:00,080 A onde? 150 00:12:01,000 --> 00:12:06,560 A policía desmantelou o Refuxio. Acabou a historia. 151 00:12:06,640 --> 00:12:07,720 Non. 152 00:12:08,360 --> 00:12:12,120 Imos reconstruír e comezar de novo. Esta vez vai ser distinto. 153 00:12:15,000 --> 00:12:16,880 A miña filla, Paige... 154 00:12:18,840 --> 00:12:21,560 moceaba cun dos fillos. 155 00:12:24,040 --> 00:12:25,000 Desapareceu. 156 00:12:25,080 --> 00:12:26,120 Seino. 157 00:12:29,560 --> 00:12:31,320 Está no Refuxio Fulxente? 158 00:12:33,640 --> 00:12:34,800 Non o sei. 159 00:12:35,840 --> 00:12:37,120 Hai moitas rapazas. 160 00:13:06,560 --> 00:13:07,840 Dálle unha volta. 161 00:13:07,920 --> 00:13:11,400 Luther non che apuntaba a ti, senón á túa muller. 162 00:13:15,600 --> 00:13:16,840 Ingrid? 163 00:13:16,920 --> 00:13:17,920 Ingrid! 164 00:13:18,440 --> 00:13:20,360 Veña, ti podes. Estou aquí. 165 00:13:20,440 --> 00:13:21,640 Estou aquí. 166 00:13:32,800 --> 00:13:35,360 - Desculpe, viu a esta moza? - Non. 167 00:13:37,680 --> 00:13:39,840 Perdoe, viu esta moza por algures? 168 00:13:41,520 --> 00:13:44,600 Desculpe, lembra ver esta moza, sexa onde for? 169 00:13:44,680 --> 00:13:46,040 Non, síntoo. 170 00:13:50,440 --> 00:13:54,320 Ola, desculpen. Algunha das dúas viu a esta moza? 171 00:13:54,840 --> 00:13:55,720 Non. 172 00:14:45,680 --> 00:14:46,640 É ela. 173 00:14:48,000 --> 00:14:49,760 Elena Ravenscroft. 174 00:15:13,400 --> 00:15:14,240 Diga? 175 00:15:22,000 --> 00:15:23,440 Grazas por me informar. 176 00:15:38,480 --> 00:15:39,480 Ola. 177 00:15:40,240 --> 00:15:41,840 - Ola, Simon. - Ola. 178 00:16:19,200 --> 00:16:20,240 Paige? 179 00:16:21,840 --> 00:16:22,880 Papá! 180 00:16:35,800 --> 00:16:38,360 - Síntoo moito. - Non. 181 00:16:42,800 --> 00:16:44,720 Onde te metiches? Ven comigo. 182 00:16:44,800 --> 00:16:46,280 Non, papá. 183 00:16:46,840 --> 00:16:48,000 Non podo quedar. 184 00:16:48,080 --> 00:16:49,080 Que dis? 185 00:16:50,640 --> 00:16:52,480 Levo case un mes. 186 00:16:53,440 --> 00:16:54,600 Un mes? 187 00:16:56,080 --> 00:16:57,680 - Limpa. - Ai, Paige! 188 00:16:57,760 --> 00:16:59,200 - Aínda me falta. - Está ben. 189 00:17:00,240 --> 00:17:01,720 Quizais nunca o estea. 190 00:17:02,880 --> 00:17:04,600 Pero prométoche que estou mellor. 191 00:17:07,560 --> 00:17:10,560 Daquela, todo este tempo... 192 00:17:11,240 --> 00:17:12,920 Non sabía nada disto. 193 00:17:13,000 --> 00:17:16,000 A orientadora do centro no que estou leu un artigo sobre mamá. 194 00:17:16,080 --> 00:17:18,120 - Vin decontado. - Claro. 195 00:17:18,920 --> 00:17:21,200 Non podo quedar aquí. 196 00:17:22,400 --> 00:17:23,920 Teño que volver, papá. 197 00:17:24,000 --> 00:17:25,800 - E rematar as seis semanas. - Xa. 198 00:17:25,880 --> 00:17:28,840 Só con estar aquí xa sinto o pulo, e cada vez máis forte. 199 00:17:28,920 --> 00:17:32,160 Mira, vas volver. Lévote eu mesmo. 200 00:17:37,040 --> 00:17:39,680 - É todo culpa miña. - Non. 201 00:17:39,760 --> 00:17:42,120 Paige, non podes pensar así. 202 00:17:42,800 --> 00:17:45,200 Non cargues con iso, non tes a culpa. 203 00:17:45,280 --> 00:17:48,440 - Teño! - Dígoche que non. 204 00:17:50,080 --> 00:17:51,840 Quéresme contar que pasou? 205 00:17:55,360 --> 00:17:59,920 Cando atopei morto a Aaron, non souben que facer. 206 00:18:01,560 --> 00:18:03,960 A policía ía sospeitar de min. 207 00:18:07,760 --> 00:18:11,320 Foi espantoso ver o que lle fixeran. 208 00:18:11,400 --> 00:18:13,480 Pero non ía volver. 209 00:18:13,560 --> 00:18:16,840 Por fin marchara. Unha parte de min sentiuse libre. 210 00:18:19,640 --> 00:18:21,200 Entón fuxín e agocheime. 211 00:18:23,680 --> 00:18:25,840 Logo fun ó centro de desintoxicación. 212 00:18:25,920 --> 00:18:29,400 É unha gran noticia, mais como o coñecías? 213 00:18:30,160 --> 00:18:31,640 Xa estivera nel. 214 00:18:33,440 --> 00:18:34,280 Cando? 215 00:18:35,680 --> 00:18:39,000 - Foi...? - Lembras cando nos vimos no parque? 216 00:18:39,080 --> 00:18:40,960 - Sóltame! - Paige, son papá! 217 00:18:41,680 --> 00:18:45,520 - Estivera pouco antes. - Si? E cando? Porque... 218 00:18:46,040 --> 00:18:47,280 non parecías sobria. 219 00:18:47,360 --> 00:18:49,600 Deixara as drogas, quería estar limpa. 220 00:18:50,840 --> 00:18:51,840 O que pasa 221 00:18:52,600 --> 00:18:55,080 é que Aaron me atopou, non sei como. 222 00:18:56,880 --> 00:18:58,240 Coouse no centro. 223 00:18:59,280 --> 00:19:01,480 E pinchoume cando eu durmía. 224 00:19:05,560 --> 00:19:07,280 Volvín con el o día seguinte. 225 00:19:09,320 --> 00:19:10,840 Sigo sen entendelo. 226 00:19:12,160 --> 00:19:14,480 Como sabías ti dese centro? 227 00:19:17,200 --> 00:19:18,440 Levoume mamá. 228 00:19:19,400 --> 00:19:24,080 Faloume dun centro no que estivera ela de nova e levoume alí. 229 00:19:24,160 --> 00:19:26,040 A túa nai estivo nun centro? 230 00:19:26,120 --> 00:19:27,560 Axudárona moito. 231 00:19:30,760 --> 00:19:31,760 Pero... 232 00:19:32,520 --> 00:19:35,240 por que non me contou que te estaba a axudar? 233 00:19:41,480 --> 00:19:42,560 Pedinllo eu. 234 00:19:42,640 --> 00:19:45,000 Por que non querías que o soubese? 235 00:19:46,480 --> 00:19:52,560 Sempre que te decepcionaba no pasado, víache o desengano escrito na cara. 236 00:19:57,720 --> 00:19:58,720 Non quería... 237 00:19:59,840 --> 00:20:02,160 Non quería volver decepcionarte. 238 00:20:02,240 --> 00:20:06,640 Pensei que, se che vía iso na cara, podería chegar a facer algunha parvada. 239 00:20:10,160 --> 00:20:11,200 Miña rula. 240 00:20:14,600 --> 00:20:16,040 - Síntoo moito. - Non. 241 00:20:17,040 --> 00:20:19,160 Síntoo por facerte sentir así. 242 00:20:25,320 --> 00:20:26,240 Papá... 243 00:20:27,680 --> 00:20:29,360 - Queres volver? - Por favor. 244 00:20:29,440 --> 00:20:30,280 Está ben. 245 00:20:52,560 --> 00:20:54,120 Podes parar un anaco? 246 00:20:54,840 --> 00:20:55,720 Xaora. 247 00:20:59,680 --> 00:21:00,800 Estás ben? 248 00:21:03,000 --> 00:21:05,840 Oíches? Estás a facer o correcto. 249 00:21:08,040 --> 00:21:08,880 Xa o sei. 250 00:21:09,680 --> 00:21:11,320 Saímos un minutiño? 251 00:21:30,040 --> 00:21:31,720 Pódoche facer unha pregunta? 252 00:21:33,320 --> 00:21:34,920 Aaron mallaba en ti adoito? 253 00:21:38,240 --> 00:21:39,600 Só foi esa vez. 254 00:21:42,200 --> 00:21:44,800 Cando descubriu o dos medios irmáns. 255 00:21:45,320 --> 00:21:48,200 Falamos con Henry e quedaramos en vernos, mais... 256 00:21:50,360 --> 00:21:55,160 a Aaron comezaron a entrarlle celos e mudou de idea. 257 00:21:55,920 --> 00:21:58,960 Rematamos nunha pelexa gorda e marchei con Sam. 258 00:21:59,040 --> 00:22:01,360 - Estás ben? - Claro! 259 00:22:01,440 --> 00:22:03,120 Logo ti fuxiches. 260 00:22:04,000 --> 00:22:08,040 E despois, segundo a policía, matárono o sicario e a moza deste. 261 00:22:09,120 --> 00:22:10,120 Supoño. 262 00:22:13,040 --> 00:22:14,560 O problema é que... 263 00:22:15,560 --> 00:22:19,600 cando nos dispararon a Cornelius e a min, non viñan tras de nós. 264 00:22:20,760 --> 00:22:22,960 Eles xa estaban no Marinduque. 265 00:22:23,880 --> 00:22:24,720 Xa. 266 00:22:24,800 --> 00:22:28,120 A policía pensa que volveron ó escenario do crime. 267 00:22:29,240 --> 00:22:30,080 Xa. 268 00:22:30,600 --> 00:22:33,200 Mais eu coido que nunca estiveran alí. 269 00:22:36,000 --> 00:22:36,920 Paige, 270 00:22:38,200 --> 00:22:40,760 que pasou despois de que Aaron che pegase? 271 00:22:40,840 --> 00:22:41,880 Fuxín, xa cho dixen. 272 00:22:44,280 --> 00:22:45,200 Que pasou? 273 00:22:45,280 --> 00:22:48,000 Papá, déixao estar, por favor. 274 00:22:48,080 --> 00:22:49,920 Non ata non sabermos a verdade. 275 00:22:50,000 --> 00:22:53,160 E, Paige, a verdade non vai saír de aquí. 276 00:22:57,360 --> 00:22:58,800 Eu xa non podía máis. 277 00:23:01,240 --> 00:23:04,920 Sabía que se deixaba de consumir sería libre, mais Aaron debía... 278 00:23:08,200 --> 00:23:09,200 Morrer. 279 00:23:15,640 --> 00:23:18,000 Cornelius viute a noite do asasinato. 280 00:23:22,360 --> 00:23:23,520 Atopou o coitelo. 281 00:23:36,800 --> 00:23:37,920 Eu matei a Aaron. 282 00:23:50,360 --> 00:23:51,200 E fuxín. 283 00:23:59,280 --> 00:24:00,440 Es a miña filliña. 284 00:24:03,160 --> 00:24:05,600 Voute protexer sempre, pase o que pase. 285 00:24:11,480 --> 00:24:13,160 Pero non o mataches ti. 286 00:24:17,360 --> 00:24:20,200 Volvícheslle pedir axuda á túa nai? 287 00:24:20,960 --> 00:24:23,280 - Trala malladura? - Déixao estar, por favor. 288 00:24:23,360 --> 00:24:24,920 Acudiches a mamá? 289 00:24:29,520 --> 00:24:30,520 Paige? 290 00:24:40,720 --> 00:24:41,800 Acudín. 291 00:24:44,560 --> 00:24:48,560 Díxome que volvese ó centro, e iso pensaba facer. 292 00:24:53,080 --> 00:24:55,760 O día seguinte volvín ó piso e... 293 00:24:58,800 --> 00:25:00,000 atopeino alí. 294 00:25:02,240 --> 00:25:03,280 Morto. 295 00:25:07,720 --> 00:25:08,920 E fuxín. 296 00:25:11,520 --> 00:25:12,680 A onde fuches? 297 00:25:13,880 --> 00:25:16,480 Disque tes que tocar fondo antes de remontar. 298 00:25:17,480 --> 00:25:19,080 Fun á caravana de Aaron. 299 00:25:20,120 --> 00:25:21,200 Drogueime. 300 00:25:22,240 --> 00:25:23,800 Durmín durante días. 301 00:25:26,600 --> 00:25:27,920 Cando espertei, 302 00:25:28,680 --> 00:25:29,920 decateime da verdade. 303 00:25:30,520 --> 00:25:31,480 E cal é? 304 00:25:45,400 --> 00:25:47,080 Mamá matou a Aaron. 305 00:25:54,920 --> 00:25:57,400 Mamá matou a Aaron. 306 00:26:02,000 --> 00:26:05,560 Papá, non lle podes dicir que o sabemos. 307 00:26:10,120 --> 00:26:12,440 Fíxoo para protexerme. 308 00:26:13,600 --> 00:26:15,440 E teño que vivir con iso. 309 00:26:23,080 --> 00:26:24,400 Vai quedar entre nós. 310 00:26:35,040 --> 00:26:36,080 Tranquila. 311 00:26:37,800 --> 00:26:38,800 Vamos. 312 00:27:20,520 --> 00:27:23,360 "Coma ondas que avanzan cara a pedrenta ribeira, 313 00:27:24,520 --> 00:27:28,080 os nosos minutos apresuran o seu fin." 314 00:28:00,800 --> 00:28:05,120 "O torto eclipse á súa gloria oponse, 315 00:28:06,560 --> 00:28:07,840 e o tempo, 316 00:28:08,760 --> 00:28:10,160 antes magnánimo, 317 00:28:12,280 --> 00:28:14,600 inverte o seu galano." 318 00:29:41,040 --> 00:29:45,880 A última vez que pasaches por aquí convertícheste nunha estrela de Internet. 319 00:29:47,400 --> 00:29:49,360 Tentarei non zoscarlle a ninguén. 320 00:29:54,240 --> 00:29:55,720 - Estás ben? - Estou. 321 00:29:56,600 --> 00:29:58,640 Cánsome moito ás veces. 322 00:29:59,480 --> 00:30:00,560 Pois sentamos. 323 00:30:15,000 --> 00:30:16,440 Que ruína o de ser pai. 324 00:30:18,560 --> 00:30:20,360 Que vulnerables nos fan. 325 00:30:24,000 --> 00:30:25,360 Mataríamos por eles. 326 00:30:31,720 --> 00:30:32,920 Sábelo, non si? 327 00:30:34,800 --> 00:30:37,320 Planeáchelo ás miñas costas. 328 00:30:40,360 --> 00:30:43,640 Isto non se fai nunha arroutada, Ingrid. 329 00:30:45,320 --> 00:30:47,440 Hai que matinalo ben. 330 00:30:49,560 --> 00:30:53,720 - Dende cando o tiñas planeado? - Dende que souben que lle batera. 331 00:30:56,080 --> 00:30:57,760 Paige estaba a afogar. 332 00:30:58,720 --> 00:31:00,880 Cada vez que chegaba á superficie, 333 00:31:00,960 --> 00:31:03,680 ese merdeiro estaba aí para arrastrala ó fondo. 334 00:31:06,480 --> 00:31:08,000 Por que foi tan violento? 335 00:31:08,080 --> 00:31:11,200 Lin unha nova no xornal, dun asasinato entre bandas. 336 00:31:11,280 --> 00:31:13,480 Copieilles o de cortar tres dedos. 337 00:31:14,080 --> 00:31:17,000 Falamos de asasinato, Ingrid. 338 00:31:17,080 --> 00:31:20,360 Non o entendes? Todo apuntaba a un só final. 339 00:31:20,840 --> 00:31:24,120 Non ía ficar quieta e deixar que a matase. 340 00:31:24,200 --> 00:31:25,800 Ela estaba desesperada. 341 00:31:28,440 --> 00:31:29,600 E que sentiches? 342 00:31:30,560 --> 00:31:32,600 - Despois de facelo? - Alivio. 343 00:31:38,400 --> 00:31:42,200 - Por que non me dixeches o do centro? - Suplicoumo ela. 344 00:31:42,280 --> 00:31:45,400 Non ía aceptar doutro xeito. Eu quería contarcho. 345 00:31:45,480 --> 00:31:49,400 Botei todos estes meses buscándoa na rúa e en antros de drogas, 346 00:31:49,480 --> 00:31:50,920 e ela estaba nun centro. 347 00:31:52,720 --> 00:31:54,400 Debiches contarme a verdade. 348 00:31:56,720 --> 00:31:57,880 Eu non cho ocultaría. 349 00:31:57,960 --> 00:32:01,200 Non se trataba de ti nin de min, senón dela. 350 00:32:01,960 --> 00:32:02,920 Da nosa filla. 351 00:32:03,000 --> 00:32:07,360 De seguir vivo, el sempre ía conseguir dar con ela. 352 00:32:07,440 --> 00:32:09,040 Era un condenado parasito. 353 00:32:16,680 --> 00:32:18,200 Cóntame que pasou. 354 00:32:20,000 --> 00:32:22,000 Díxenlle que volvese ó centro. 355 00:32:23,320 --> 00:32:25,080 E que non se achegase ó piso. 356 00:32:27,320 --> 00:32:28,240 E entón 357 00:32:29,240 --> 00:32:31,960 ideei unha coartada con Jay no traballo. 358 00:32:32,560 --> 00:32:34,880 Sabes que era só unha coartada, non si? 359 00:32:35,680 --> 00:32:36,520 Seino. 360 00:32:37,040 --> 00:32:40,400 Dixo que me ía cubrir se alguén tiña preguntas. 361 00:32:41,120 --> 00:32:44,840 Entón fun ó restaurante mexicano e pedín o de sempre. 362 00:32:45,800 --> 00:32:47,920 Jay andaba preocupado e seguiume. 363 00:32:49,000 --> 00:32:54,040 Escapei pola porta de atrás, despisteino e fun ó piso de Aaron. 364 00:33:23,800 --> 00:33:25,520 Iso quería contarme Luther. 365 00:33:26,360 --> 00:33:28,560 Viute marchar do edificio, 366 00:33:28,640 --> 00:33:31,560 e, cando te viu no soto de Rocco, 367 00:33:31,640 --> 00:33:35,320 asumiu que vías matar a máis persoas. 368 00:33:37,240 --> 00:33:38,680 Tiña medo de ti. 369 00:33:42,080 --> 00:33:43,400 - Que queren estes? - Agarda. 370 00:33:43,480 --> 00:33:45,040 - Que facedes aquí? - Non. 371 00:33:45,120 --> 00:33:46,480 Non sexas tolo! 372 00:33:48,680 --> 00:33:51,200 Por iso repetía que fora en defensa propia. 373 00:33:54,800 --> 00:33:59,360 - Por que non me pediches axuda? - Para que non mo quitases da cabeza. 374 00:34:00,800 --> 00:34:01,840 Porque te quero. 375 00:34:03,240 --> 00:34:04,640 E quería protexerte. 376 00:34:06,640 --> 00:34:10,400 E, se me cachaban, quedarías ti para coidar os nenos. 377 00:34:10,480 --> 00:34:11,840 Sempre tan práctica. 378 00:34:15,560 --> 00:34:16,920 Case te perdín. 379 00:34:21,040 --> 00:34:23,240 Pensei que tamén perdera a Paige. 380 00:34:27,440 --> 00:34:29,240 Non podo volver pasar por iso. 381 00:34:30,920 --> 00:34:32,360 Quero a nosa familia. 382 00:34:34,400 --> 00:34:36,400 A miña única intención foi protexela. 383 00:34:42,320 --> 00:34:43,400 O mesmo digo. 384 00:34:48,040 --> 00:34:49,280 Non máis segredos. 385 00:35:12,760 --> 00:35:16,720 Yvonne, lembras unhas fotos que nos ensinaras unha vez en Nadal? 386 00:35:16,800 --> 00:35:18,800 - De ti e Ingrid de nenas. - Que teñen? 387 00:35:18,880 --> 00:35:22,120 Había unhas dela facendo de modelo no estranxeiro, non? 388 00:35:22,880 --> 00:35:24,920 Deulle un ataque cando as viu. 389 00:35:25,000 --> 00:35:27,840 - Están no soto. - Teño que velas. 390 00:35:50,400 --> 00:35:52,920 Sabes que son ravos, non tomates, non si? 391 00:35:53,000 --> 00:35:54,240 Ravos. 392 00:35:54,320 --> 00:35:56,200 Ravos, ra... 393 00:35:56,280 --> 00:35:59,360 - Ha saber mellor que a pasta, non? - Estábache ben boa. 394 00:35:59,440 --> 00:36:02,040 - Contoumo papá. - Se queres máis queixo ca pasta. 395 00:36:02,120 --> 00:36:05,600 - Corta os tomates para facer a salsa. - Vale. 396 00:36:05,680 --> 00:36:06,520 Ola, meu amor. 397 00:36:37,560 --> 00:36:38,480 Sabes? 398 00:36:39,360 --> 00:36:42,240 Xamais entendín que lle viches a Aaron. 399 00:36:44,760 --> 00:36:47,680 Como podías sentirte atraída por un tipo tan ruín? 400 00:36:49,400 --> 00:36:51,360 E o que me pareceu máis raro? 401 00:36:52,600 --> 00:36:54,640 No voso piso do Marinduque 402 00:36:55,160 --> 00:36:57,840 había dous colchóns individuais, un a cada lado. 403 00:37:01,960 --> 00:37:04,120 Unha parella nova que non comparte cama? 404 00:37:04,200 --> 00:37:05,360 - Papá... - Agarda. 405 00:37:06,280 --> 00:37:07,280 Déixame seguir. 406 00:37:12,400 --> 00:37:14,920 Hoxe fun ver a Doug Mulzer. 407 00:37:15,840 --> 00:37:20,360 Ruliña, sinto moitísimo o que che fixo. 408 00:37:21,160 --> 00:37:22,840 Se non queres falar diso, enténdoo, 409 00:37:22,920 --> 00:37:25,600 pero vou estar aquí se algunha vez queres facelo. 410 00:37:26,480 --> 00:37:27,400 Síntoo. 411 00:37:29,280 --> 00:37:31,560 Contoume que o agrediran 412 00:37:33,240 --> 00:37:34,600 con moita saña. 413 00:37:34,680 --> 00:37:37,600 Dixo que fora un home cun pasamontañas. 414 00:37:38,840 --> 00:37:40,320 Foi Aaron, non si? 415 00:37:50,480 --> 00:37:53,520 Mulzer contoume que, 416 00:37:53,600 --> 00:37:55,760 cando Aaron andaba a mallar nel, 417 00:37:56,400 --> 00:37:58,840 berraba a mesma frase todo o tempo. 418 00:38:03,440 --> 00:38:06,080 "Non volvas tocar a miña irmá." 419 00:38:12,080 --> 00:38:14,120 Estabas nunha páxina de ADN. 420 00:38:15,160 --> 00:38:18,520 Viches que Aaron era o teu medio irmán... 421 00:38:27,800 --> 00:38:29,440 e que tiñades a mesma nai. 422 00:38:44,040 --> 00:38:44,960 Mamá. 423 00:38:45,040 --> 00:38:47,120 Mira o que ten detrás. 424 00:38:48,200 --> 00:38:51,000 Un símbolo da Verdade Fulxente. 425 00:38:56,320 --> 00:38:59,480 Mamá contoume que nunca fora modelo no estranxeiro, 426 00:39:00,000 --> 00:39:02,400 senón que entrou neste sitio, non sei como chamalo. 427 00:39:02,480 --> 00:39:03,840 Seita. 428 00:39:03,920 --> 00:39:05,480 Quedou embarazada, 429 00:39:06,000 --> 00:39:08,480 tivo un bebé e pensou que lle nacera morto. 430 00:39:09,080 --> 00:39:11,560 Rematou fuxindo e foi ó centro de desintoxicación. 431 00:39:12,400 --> 00:39:15,200 O mesmo centro ó que te levou. 432 00:39:21,520 --> 00:39:22,520 Oe, papá. 433 00:39:23,800 --> 00:39:26,160 Aaron estaba moi ferido. 434 00:39:27,040 --> 00:39:30,360 O pai abusaba del dende que era pequeno, 435 00:39:32,000 --> 00:39:34,080 e tes que recordar como estaba eu. 436 00:39:34,760 --> 00:39:36,640 Pasárame iso con Doug, 437 00:39:36,720 --> 00:39:40,760 logo fixen a proba de ADN e sentín que a miña vida era toda mentira. 438 00:39:41,880 --> 00:39:44,720 E de súpeto tiña un irmán máis vello... 439 00:39:45,240 --> 00:39:46,920 falamos durante horas. 440 00:39:47,440 --> 00:39:48,880 Conteille o de Doug. 441 00:39:50,560 --> 00:39:51,560 E el 442 00:39:52,600 --> 00:39:55,360 botou man no asunto e a cousa púxose fea. 443 00:39:56,080 --> 00:39:57,200 Pero eu sentinme... 444 00:39:59,200 --> 00:40:01,840 non sei, protexida, talvez? 445 00:40:04,280 --> 00:40:05,320 E, despois, 446 00:40:06,080 --> 00:40:07,520 ofreceume droga. 447 00:40:08,800 --> 00:40:10,560 Axudoume a escapar de todo. 448 00:40:14,480 --> 00:40:16,640 Coido que sabía o que facía. 449 00:40:18,280 --> 00:40:19,440 A que te refires? 450 00:40:20,200 --> 00:40:24,600 Encantáballe a idea de ter unha irmá e non me quería perder. 451 00:40:26,440 --> 00:40:29,920 Tiña que engancharme para que non o abandonase e, 452 00:40:30,640 --> 00:40:32,040 se cadra, 453 00:40:33,280 --> 00:40:36,080 talvez quería vingarse da súa nai biolóxica. 454 00:40:39,840 --> 00:40:42,520 Como el pensaba que ela o rexeitara, 455 00:40:42,600 --> 00:40:46,600 talvez quixese destruír a filla que si decidira criar. 456 00:40:47,200 --> 00:40:50,200 Non lle dixeches á túa nai que tiña outro fillo? 457 00:40:50,280 --> 00:40:53,400 Vin á casa e pregunteille se tivera un fillo antes ca min, 458 00:40:53,480 --> 00:40:54,520 mais dixo que non. 459 00:40:54,600 --> 00:40:56,960 A seita contáralle que nacera morto. 460 00:40:58,000 --> 00:40:59,760 Daquela eu non a escoitaba. 461 00:41:01,000 --> 00:41:02,040 Estaba... 462 00:41:03,000 --> 00:41:06,160 Estaba enganchada e só pensaba no seguinte xute. 463 00:41:07,880 --> 00:41:10,360 Roubeille as xoias e volvín con Aaron. 464 00:41:13,160 --> 00:41:17,200 É coma o que dixeches cando te volvín levar ó centro. 465 00:41:19,120 --> 00:41:20,280 Tocaches fondo. 466 00:41:22,240 --> 00:41:24,640 Fixen que a miña nai matase a alguén. 467 00:41:29,880 --> 00:41:32,760 Mais non matou a calquera, non é? 468 00:41:36,120 --> 00:41:37,640 Matou o seu propio fillo. 469 00:41:38,760 --> 00:41:40,240 Non llo podemos contar. 470 00:41:40,320 --> 00:41:42,640 - Non o pode saber. - Non máis segredos. 471 00:41:42,720 --> 00:41:45,600 - Papá. - Mesmo me confesou que o matara. 472 00:41:45,680 --> 00:41:47,360 Este segredo é distinto. 473 00:41:47,840 --> 00:41:49,560 Este vaina destruír. 474 00:41:51,160 --> 00:41:52,520 Non llo podemos contar. 475 00:41:53,120 --> 00:41:54,040 Xamais. 476 00:41:59,280 --> 00:42:00,480 Xa case está a cea. 477 00:42:04,200 --> 00:42:05,040 Papá. 478 00:42:16,880 --> 00:42:18,560 - Está bo? - Moito. 479 00:42:19,080 --> 00:42:22,280 - Un pouquiño cru, pero está ben. - Dinlle pouco tempo. 480 00:44:04,560 --> 00:44:08,480 Subtítulos: Aurora Grandal Vázquez