1
00:00:06,048 --> 00:00:07,049
Anteriormente...
2
00:00:07,133 --> 00:00:08,175
Séguennos.
3
00:00:09,260 --> 00:00:10,093
NYPD?
4
00:00:10,177 --> 00:00:11,303
Gaitano Russo.
5
00:00:11,387 --> 00:00:13,597
É o que investigaba o homicidio de Franz.
6
00:00:13,681 --> 00:00:16,516
A Franz matárono por isto.
Unha lista de nomes
7
00:00:16,600 --> 00:00:18,977
- coas iniciais A. M.
- Son alias.
8
00:00:19,061 --> 00:00:20,979
Eu teño páxinas con números.
9
00:00:21,063 --> 00:00:24,524
Penso que queren acabar
cos investigadores especiais.
10
00:00:24,608 --> 00:00:27,319
Van cara a Atlantic City.
Irán buscar os amigos.
11
00:00:27,403 --> 00:00:30,573
Ben, todos xuntos no mesmo sitio.
Acaba con eles.
12
00:00:33,534 --> 00:00:37,913
- Debimos deixar un vivo.
- Non é certo. O aparcadoiro.
13
00:00:38,038 --> 00:00:39,581
"New Age Technologies."
14
00:00:39,665 --> 00:00:42,668
Sabes se Sanchez e Orozco
falaron con Calvin Franz?
15
00:00:42,752 --> 00:00:44,294
Traballaban nun caso.
16
00:00:44,378 --> 00:00:45,295
Swan participaba?
17
00:00:45,379 --> 00:00:46,505
Escoitei o seu nome.
18
00:00:46,589 --> 00:00:49,675
E as armas? As 650 estarán no camión.
19
00:00:49,759 --> 00:00:52,969
Podes localizalo
co GPS que conectei con isto.
20
00:00:53,053 --> 00:00:55,889
Atoparon outros dous corpos en Nova York,
21
00:00:55,973 --> 00:00:59,893
preto de onde apareceu o voso amigo.
É fácil identificalo con iso.
22
00:00:59,977 --> 00:01:01,312
Necesitamos máis armas.
23
00:01:02,730 --> 00:01:07,318
DEZ DÍAS ANTES
24
00:01:17,828 --> 00:01:18,662
Abonda!
25
00:01:24,376 --> 00:01:28,088
Isto pode rematar agora,
Calvin, se ti queres.
26
00:01:28,547 --> 00:01:32,051
Só dime que descubriches
e quen máis o sabe.
27
00:01:34,762 --> 00:01:37,681
Xa sabemos
o dos teus amigos de Atlantic City,
28
00:01:37,765 --> 00:01:40,976
así que non os vas salvar se non falas.
29
00:01:59,537 --> 00:02:00,371
Moi ben.
30
00:02:03,040 --> 00:02:04,625
Se non tes nada que dicir...
31
00:02:25,729 --> 00:02:27,022
Meu Deus!
32
00:02:40,911 --> 00:02:41,954
Preparádeo.
33
00:03:29,627 --> 00:03:31,587
Última oportunidade!
34
00:03:32,087 --> 00:03:36,592
Ou falas ou voas, mamalón.
35
00:03:41,472 --> 00:03:43,473
Por que te ris?
36
00:03:43,557 --> 00:03:44,683
Só pensaba
37
00:03:46,268 --> 00:03:48,771
no que che fará o mangallón.
38
00:04:12,169 --> 00:04:15,589
Mangallón? De quen raios falaba?
39
00:04:36,068 --> 00:04:39,321
Levo a 17, dúas do 19, a Beretta
40
00:04:39,405 --> 00:04:41,156
e tres de prepagamento.
41
00:04:42,700 --> 00:04:45,952
Ben, para que o saibas,
42
00:04:46,036 --> 00:04:47,621
cando quitas o permiso,
43
00:04:47,705 --> 00:04:51,917
tes que esperar sete días
para poder mercar unha pistola.
44
00:04:52,001 --> 00:04:53,960
E só podes mercar unha en 30 días.
45
00:04:54,044 --> 00:04:55,421
Pero podo gardarchas.
46
00:04:56,005 --> 00:04:57,547
Cantos obstáculos.
47
00:04:57,631 --> 00:05:00,508
Si. Máis que nunha carreira
con obstáculos.
48
00:05:00,592 --> 00:05:03,386
As normas din
que llas podes deixar a un amigo
49
00:05:03,470 --> 00:05:05,680
que, como sabes, é unha das condicións
50
00:05:05,764 --> 00:05:08,726
de transferencia temporal
na lei de Nova Jersey.
51
00:05:09,476 --> 00:05:11,937
Encantado, amigo. Son Joe Gordon.
52
00:05:13,731 --> 00:05:16,107
Frank Majeske. Encantado.
53
00:05:16,191 --> 00:05:20,070
E ti debes saber
que unha transferencia temporal a un amigo
54
00:05:20,154 --> 00:05:21,947
só ten uso deportivo.
55
00:05:22,031 --> 00:05:25,617
Entón entendo que irás tirar ao albo
56
00:05:25,701 --> 00:05:27,828
ou cazar.
57
00:05:28,370 --> 00:05:29,788
Unha mestura das dúas.
58
00:05:29,872 --> 00:05:32,374
A lei tamén di que as armas se devolven
59
00:05:32,458 --> 00:05:34,250
nun período de oito horas.
60
00:05:34,334 --> 00:05:38,129
Tecnicamente, todo existe
nun período de oito horas.
61
00:05:38,213 --> 00:05:40,674
Saberás que as armas que se transfiren
62
00:05:40,758 --> 00:05:44,177
só se poden usar
coa supervisión e a presencia
63
00:05:44,261 --> 00:05:47,014
do dono, que sería eu.
64
00:05:51,060 --> 00:05:53,187
E se estás comigo en espírito, Frank?
65
00:06:02,071 --> 00:06:04,281
Se vale para Deus, para min tamén.
66
00:06:22,716 --> 00:06:26,469
Non sei. Gústame a miña Glock 17.
67
00:06:26,553 --> 00:06:27,721
É unha Glock 17.
68
00:06:27,805 --> 00:06:30,307
Dixen a miña, vale? Gústame o tacto.
69
00:06:33,310 --> 00:06:35,061
- Que foi iso?
- Nada.
70
00:06:35,145 --> 00:06:38,148
Escoito un tirador mediocre
falar da súa nova arma.
71
00:06:38,732 --> 00:06:39,941
Ei, son bo tirador.
72
00:06:40,025 --> 00:06:41,693
Do montón.
73
00:06:41,777 --> 00:06:43,028
O carallo.
74
00:06:43,112 --> 00:06:45,238
Dixon, axúdame. Daquela en Biloxi...
75
00:06:45,322 --> 00:06:47,490
- Tiveches moita sorte.
- Grazas.
76
00:06:47,574 --> 00:06:49,951
Meu, non lle darías a un burro cun banxo.
77
00:06:50,035 --> 00:06:51,494
Que vos dean.
78
00:06:51,578 --> 00:06:55,165
O que quero dicir
é que quero usar a miña arma, vale?
79
00:06:55,249 --> 00:06:58,376
Primeiro: só os malos
se queixan das ferramentas.
80
00:06:58,460 --> 00:07:02,464
Segundo: queres que te cachen
cunha arma rexistrada co teu nome?
81
00:07:02,548 --> 00:07:04,591
Ben, pero non ten por que gustarme.
82
00:07:05,134 --> 00:07:06,801
A min gústame a miña.
83
00:07:06,885 --> 00:07:09,972
Beretta 92. Coma a que levaba Swan.
84
00:07:12,808 --> 00:07:15,185
Os tipos que seguimos deben ser bos
85
00:07:15,269 --> 00:07:18,688
- se liquidaron catro de nós.
- Non sabemos se Swan morreu.
86
00:07:18,772 --> 00:07:20,524
Swan está morto coma o can.
87
00:07:21,358 --> 00:07:23,526
Que? Todos o sabemos.
88
00:07:23,610 --> 00:07:26,071
Se vos cabrea tanto coma a min,
89
00:07:27,072 --> 00:07:28,198
é bo sinal.
90
00:07:28,323 --> 00:07:29,741
Atopei o que precisamos.
91
00:07:29,825 --> 00:07:31,743
Motel Jade East, Belt Parkway.
92
00:07:31,827 --> 00:07:32,827
É perfecto.
93
00:07:32,911 --> 00:07:35,872
Un picadeiro
preto do aeroporto, prostitución...
94
00:07:35,956 --> 00:07:38,792
Alí ninguén se meterá
nos asuntos de ninguén.
95
00:07:38,876 --> 00:07:40,960
Bo sitio para agocharse.
96
00:07:41,044 --> 00:07:44,298
Non sei, Reacher.
Non é un sitio moi luxoso?
97
00:07:47,092 --> 00:07:48,552
Debería parar?
98
00:07:49,761 --> 00:07:51,847
Acabemos con isto.
99
00:08:24,379 --> 00:08:26,506
Vós os catro, esperade aquí.
100
00:08:32,596 --> 00:08:34,973
Iso foi raro.
101
00:08:35,057 --> 00:08:37,433
Non ía tan rápido como para pararme.
102
00:08:37,517 --> 00:08:38,727
Seino.
103
00:08:38,852 --> 00:08:41,855
Atoparía alguén
os nosos amigos de Atlantic City?
104
00:08:41,939 --> 00:08:44,399
Só se decidiron volver botar cemento.
105
00:08:44,483 --> 00:08:46,901
Igual o tipo da tenda avisou a policía.
106
00:08:46,985 --> 00:08:48,736
Queda cos cartos e as armas.
107
00:08:48,820 --> 00:08:51,281
É cómplice. Se nos arrestan, a el tamén.
108
00:08:52,449 --> 00:08:53,450
Gárdame a arma.
109
00:08:57,162 --> 00:08:58,789
Espértame se pasa algo.
110
00:08:59,456 --> 00:09:00,999
Vas durmir agora?
111
00:09:01,083 --> 00:09:04,586
Vanme arrestar,
pero penso que van tardar un anaco.
112
00:09:04,670 --> 00:09:06,045
Así que,
113
00:09:06,129 --> 00:09:07,422
durme mentres podes.
114
00:09:32,614 --> 00:09:33,531
Ola, tío.
115
00:09:33,615 --> 00:09:34,449
Sae!
116
00:09:36,034 --> 00:09:37,994
Devolvereiche o da fianza.
117
00:09:38,078 --> 00:09:40,079
E o do hotel e o avión.
118
00:09:40,163 --> 00:09:42,124
A que esperas? Sae!
119
00:09:45,002 --> 00:09:47,212
As mans no teito, Paul Bunyan.
120
00:09:48,213 --> 00:09:49,256
Neagley, Dixon,
121
00:09:49,798 --> 00:09:51,507
mirade o do aparcadoiro.
122
00:09:51,591 --> 00:09:52,551
O'Donnell?
123
00:09:54,344 --> 00:09:55,345
Que podo facer?
124
00:09:55,429 --> 00:09:56,930
Estudaches dereito, non?
125
00:09:57,014 --> 00:09:58,348
Si, en Rutgers.
126
00:09:58,432 --> 00:09:59,599
Logo máis ou menos.
127
00:09:59,683 --> 00:10:00,892
Que che dean.
128
00:10:00,976 --> 00:10:02,894
- É o meu avogado.
- Que sorte.
129
00:10:02,978 --> 00:10:04,604
Merda.
130
00:10:05,105 --> 00:10:08,900
Inspector, o meu cliente quere un avogado.
131
00:10:08,984 --> 00:10:12,028
Separarnos durante a viaxe
crea un conflito
132
00:10:12,112 --> 00:10:14,280
que lle aseguro que gañarei
133
00:10:14,364 --> 00:10:16,950
se se produce algunha condena.
134
00:10:17,034 --> 00:10:18,452
Nada diso é exacto.
135
00:10:19,411 --> 00:10:21,079
Estamos de acordo.
136
00:10:21,163 --> 00:10:22,331
Rutgers.
137
00:10:26,752 --> 00:10:28,128
Sube, Dershowitz.
138
00:10:35,218 --> 00:10:36,803
Como nos atopaches?
139
00:10:36,887 --> 00:10:39,722
Buscaba un coche
cun mamalón xigante dentro.
140
00:10:39,806 --> 00:10:41,432
Parece que te descubriu.
141
00:10:41,516 --> 00:10:42,600
Se vos interesa,
142
00:10:42,684 --> 00:10:46,062
sabía que vos agochariades
despois de asaltarme.
143
00:10:46,146 --> 00:10:49,148
Entón busquei nas cámaras
dos alugueiros de coches
144
00:10:49,232 --> 00:10:51,025
do aeroporto, reviseinas
145
00:10:51,109 --> 00:10:54,279
ata que te vin falando coa tipa do traxe.
146
00:10:54,363 --> 00:10:56,281
Busquei a placa do seu coche
147
00:10:56,365 --> 00:10:59,909
e emitín unha orde de busca
para saber se volviades a Nova York.
148
00:10:59,993 --> 00:11:03,580
O policía viuvos, e aquí estamos, xenios.
149
00:11:08,085 --> 00:11:09,503
Por que tes xoguetes?
150
00:11:10,170 --> 00:11:11,379
Ei, deixa iso.
151
00:11:11,463 --> 00:11:14,007
Así rompes o xeo cos rapaces no parque?
152
00:11:14,091 --> 00:11:15,466
Non ten graza.
153
00:11:15,550 --> 00:11:16,884
Que é isto, Russo?
154
00:11:16,968 --> 00:11:19,345
É algo que non che importa.
155
00:11:19,429 --> 00:11:21,597
Así que remexe o que queiras,
156
00:11:21,681 --> 00:11:24,017
colle un puñadiño
157
00:11:24,101 --> 00:11:26,520
e méteo no cu.
158
00:11:27,104 --> 00:11:28,230
Bo sitio.
159
00:11:29,231 --> 00:11:30,273
Si.
160
00:11:30,357 --> 00:11:32,859
Aquí podes facer unha carreira de coches.
161
00:11:34,611 --> 00:11:36,530
Frances Neagley? Karla Dixon?
162
00:11:37,614 --> 00:11:40,909
Son Marlo Burns,
a directora de operacións de New Age.
163
00:11:41,034 --> 00:11:43,412
Non é o meu, pero encantada.
164
00:11:43,537 --> 00:11:44,370
Moi ben.
165
00:11:44,454 --> 00:11:48,541
Non adoitamos recibir visitas
de investigadoras privadas.
166
00:11:48,625 --> 00:11:49,751
Vai todo ben?
167
00:11:49,835 --> 00:11:52,754
Investigamos tres asasinatos
e un desaparecido,
168
00:11:52,838 --> 00:11:54,131
logo diría que non.
169
00:11:55,173 --> 00:11:58,718
Atopamos isto no coche
dun dos posibles sospeitosos.
170
00:11:58,802 --> 00:12:01,679
Necesitamos información sobre o dono.
171
00:12:01,763 --> 00:12:06,225
Hai milleiros de empregados
e moitas divisións en New Age.
172
00:12:06,309 --> 00:12:09,520
Recibimos centos de visitas todos os días
173
00:12:09,604 --> 00:12:13,233
sobre os proxectos que desenvolvemos.
174
00:12:13,358 --> 00:12:18,571
Entendémolo, pero agradeceriamos
calquera información que nos poida dar.
175
00:12:18,655 --> 00:12:22,117
Non é un caso calquera no que traballamos.
176
00:12:22,242 --> 00:12:24,494
As vítimas son amigos nosos.
177
00:12:27,164 --> 00:12:28,290
Síntoo moito.
178
00:12:30,876 --> 00:12:32,752
Verei que podo facer.
179
00:12:32,836 --> 00:12:34,254
Grazas.
180
00:12:38,550 --> 00:12:39,634
Queredes sentar?
181
00:12:39,718 --> 00:12:42,053
- De que se trata?
- Ademais dos golpes.
182
00:12:42,137 --> 00:12:43,971
Trátase dos golpes no ego.
183
00:12:44,055 --> 00:12:46,015
O golpe foi inesperado, vale?
184
00:12:46,099 --> 00:12:49,352
O coxín de seguridade golpeoute.
Eu malleite.
185
00:12:49,436 --> 00:12:51,396
Nunha pelexa xusta, gañaría eu.
186
00:12:51,480 --> 00:12:54,065
E cando rematemos, pelexaremos outra vez
187
00:12:54,149 --> 00:12:55,900
e dareiche unha boa tunda.
188
00:12:55,984 --> 00:12:59,779
Quítalle as esposas, deixa o do arresto
e amañádelo aquí agora.
189
00:12:59,863 --> 00:13:01,280
Que clase de avogado es?
190
00:13:01,364 --> 00:13:04,326
O mellor que puido saír
da universidade número 91.
191
00:13:05,368 --> 00:13:06,202
Mira, Curly,
192
00:13:06,286 --> 00:13:09,873
disme por que estou aquí
no canto de aí fóra?
193
00:13:11,583 --> 00:13:12,834
Teño malas novas.
194
00:13:12,918 --> 00:13:13,751
Vou adiviñar.
195
00:13:13,835 --> 00:13:15,962
Sanchez e Orozco están mortos.
196
00:13:16,046 --> 00:13:17,880
Secuestrados, atoparon os corpos.
197
00:13:17,964 --> 00:13:20,967
Dixéronmo os da polícia de Catskill.
Como o sabedes?
198
00:13:21,051 --> 00:13:23,052
Imos por diante, Sipowicz.
199
00:13:23,136 --> 00:13:26,097
Non, non ides por diante
se traballades neste caso.
200
00:13:26,181 --> 00:13:29,308
Estades dificultando a miña investigación.
201
00:13:29,392 --> 00:13:32,562
E se queres que te arreste
e te meta nunha cela, podo,
202
00:13:32,646 --> 00:13:34,230
pero así non o resolvemos,
203
00:13:34,314 --> 00:13:38,568
e é a única cousa
que os dous temos en común.
204
00:13:42,072 --> 00:13:42,948
Certo.
205
00:13:44,074 --> 00:13:47,953
Por que non empezas explicando
por que nos seguías?
206
00:13:48,495 --> 00:13:49,746
Ben.
207
00:13:50,247 --> 00:13:51,706
Cando investiguei a 110.a,
208
00:13:52,457 --> 00:13:55,460
Calvin Franz chamárate varias veces a ti,
209
00:13:56,086 --> 00:13:59,464
a Tony Swan,
Jorge Sanchez e Manuel Orozco.
210
00:13:59,589 --> 00:14:01,424
A ti non te chamara.
211
00:14:01,800 --> 00:14:02,633
Por que?
212
00:14:02,717 --> 00:14:04,386
Non teño teléfono.
213
00:14:07,847 --> 00:14:12,644
Estivestes anos na mesma unidade.
E agora, mátanvos a todos.
214
00:14:13,603 --> 00:14:16,314
Aquí pasa algo
e creo que vós sabedes cousas.
215
00:14:19,401 --> 00:14:22,279
Mira, eu só quero chegar ao fondo disto.
216
00:14:27,284 --> 00:14:29,494
Se che contamos o que sabemos,
217
00:14:29,578 --> 00:14:31,788
xa podes darnos ti algo tamén.
218
00:14:35,834 --> 00:14:37,627
Atopei algo.
219
00:14:38,545 --> 00:14:40,755
O rexistro mostra que o pase 6322
220
00:14:40,839 --> 00:14:43,633
se emitiu co nome de Trevor Saropian.
221
00:14:43,717 --> 00:14:46,260
Non é un empregado. Veu a unha entrevista.
222
00:14:46,344 --> 00:14:47,637
Entrevista para que?
223
00:14:47,721 --> 00:14:50,097
Parece que se dedica ao mantemento.
224
00:14:50,181 --> 00:14:52,892
Limpeza de ventás,
encerado de portas e así.
225
00:14:52,976 --> 00:14:55,937
Non o contratamos.
Non cubría as nosas necesidades,
226
00:14:56,021 --> 00:14:58,731
pero tiñamos o currículo no sistema.
227
00:14:58,815 --> 00:15:00,400
Cun enderezo.
228
00:15:05,697 --> 00:15:08,033
Moitas grazas, de verdade.
229
00:15:08,575 --> 00:15:11,160
De verdade veu un asasino
a unha entrevista?
230
00:15:11,244 --> 00:15:13,246
Iso é o que imos descubrir.
231
00:15:22,339 --> 00:15:24,340
Seiscentos cincuenta a 100 mil.
232
00:15:24,424 --> 00:15:27,385
Que carallo venden que vale 65 millóns?
233
00:15:27,469 --> 00:15:31,764
A venda é unha suposición.
Nunha investigación, as suposicións matan.
234
00:15:31,848 --> 00:15:35,518
Podería ser unha transferencia,
un encubrimento,
235
00:15:35,602 --> 00:15:38,020
un suborno de 65 millóns...
236
00:15:38,104 --> 00:15:41,691
Non sei no que andaban metidos,
pero acabou con eles.
237
00:15:41,775 --> 00:15:44,151
Non me gusta que uses o de "metidos".
238
00:15:44,235 --> 00:15:47,613
Significa o que significa.
Ti mírao como queiras.
239
00:15:47,697 --> 00:15:50,783
Creo que insunúas
que os meus amigos eran criminais,
240
00:15:50,867 --> 00:15:54,370
e se é certo,
ti e eu imos ter outro problema.
241
00:15:54,454 --> 00:15:57,164
Son inspector.
Penso en todas as posibilidades,
242
00:15:57,248 --> 00:15:58,958
tamén nas que non vos gustan.
243
00:15:59,042 --> 00:16:01,794
Hai unha posibilidade que si me gusta.
244
00:16:01,878 --> 00:16:03,296
Que ti estás no medio.
245
00:16:03,380 --> 00:16:04,880
Non son corrupto.
246
00:16:04,964 --> 00:16:07,049
Seguíchesnos sen identificarte,
247
00:16:07,133 --> 00:16:09,969
queres información,
pero non me arrestaches.
248
00:16:10,053 --> 00:16:12,221
Non queres que quede rexistro ningún.
249
00:16:12,305 --> 00:16:15,350
- Dío outra vez, a ver que pasa.
- Estou esposado.
250
00:16:22,023 --> 00:16:24,150
A min ninguén me compra. Entendido?
251
00:16:26,820 --> 00:16:31,449
Señores, por que non respiramos, si?
252
00:16:31,533 --> 00:16:33,785
E que cada un vaia para o seu lado.
253
00:16:36,830 --> 00:16:40,708
Inspector, unha forma de demostrar
a túa integridade
254
00:16:40,792 --> 00:16:44,212
sería compartir información
que non saibamos xa.
255
00:16:49,801 --> 00:16:51,094
Temos un sospeitoso.
256
00:16:52,846 --> 00:16:53,929
Como o atopastes?
257
00:16:54,013 --> 00:16:55,473
Coa impresora de Franz.
258
00:16:55,557 --> 00:16:57,224
Nós tamén a rexistramos.
259
00:16:57,308 --> 00:16:59,935
Estaba esnaquizada, nada na bandexa.
260
00:17:00,019 --> 00:17:01,729
Pero si na tarxeta de memoria.
261
00:17:01,813 --> 00:17:05,775
Pedín que a revisasen.
Había algo pendente para imprimir.
262
00:17:05,859 --> 00:17:07,986
Non se imprimiu por falta de tinta.
263
00:17:08,111 --> 00:17:11,823
Igual non es o único bo investigador aquí.
264
00:17:11,948 --> 00:17:13,824
CONSPIRACIÓN PARA COMETER
UN ACTO TERRORISTA
265
00:17:13,908 --> 00:17:15,409
"Azhari Mahmoud."
266
00:17:15,493 --> 00:17:19,121
Negocia con armas
para organizacións terroristas.
267
00:17:19,205 --> 00:17:21,082
"Mahmoud pode ser quen buscamos.
268
00:17:21,499 --> 00:17:24,836
É un fantasma.
Non hai fotos del. Sanchez."
269
00:17:25,628 --> 00:17:27,839
Sanchez e Orozco atopárono.
270
00:17:29,799 --> 00:17:32,135
A. M. As mesmas iniciais.
271
00:17:32,260 --> 00:17:33,719
As mesmas iniciais?
272
00:17:33,803 --> 00:17:37,974
Atopamos unha lista de alias
nun lapis de memoria de Franz.
273
00:17:38,099 --> 00:17:41,310
Este tipo seguro
que non se chama Azhari Mahmoud.
274
00:17:41,394 --> 00:17:42,937
Non mo iades dicir nunca?
275
00:17:43,021 --> 00:17:46,691
Que Seguridade Nacional
busque todos os alias.
276
00:18:03,082 --> 00:18:06,085
Cres que se meteron en algo de terrorismo?
277
00:18:08,296 --> 00:18:09,631
Pode ser.
278
00:18:14,636 --> 00:18:17,847
Ben, sexa o que sexa,
279
00:18:17,931 --> 00:18:21,351
este caso volveuse
moito máis grande do que pensabamos.
280
00:18:22,769 --> 00:18:23,853
Xa ten pasado.
281
00:18:28,858 --> 00:18:31,569
Os outros teñen que deixar o do incendio.
282
00:18:31,653 --> 00:18:35,656
Que? Veña, ho.
Foi só unha pelexa que saíu mal.
283
00:18:35,740 --> 00:18:37,742
Igual tomou unhas copas de máis,
284
00:18:37,826 --> 00:18:40,619
meteuse coa moza dalgún, uns empurróns,
285
00:18:40,703 --> 00:18:42,163
"ven fóra" e pum, pum.
286
00:18:44,290 --> 00:18:47,293
Podería ser o selo do club,
o que poñen cando saes,
287
00:18:48,002 --> 00:18:50,421
pero na palma da man.
288
00:18:50,505 --> 00:18:52,757
Xa, pero aquí non teñen selo.
289
00:18:52,841 --> 00:18:54,008
Preguntaches?
290
00:18:54,092 --> 00:18:56,677
- Non. Xa estiven aquí.
- Que sabes?
291
00:18:56,761 --> 00:18:59,472
Ensinámoslles a foto de Simms
aos empregados.
292
00:18:59,556 --> 00:19:01,098
Ninguén o recoñece.
293
00:19:01,182 --> 00:19:04,143
Igual non significa moito
nun bar cheo e escuro,
294
00:19:04,227 --> 00:19:07,438
pero é seguro
que non estivo en ningunha pelexa.
295
00:19:07,522 --> 00:19:08,355
Buscastes ben?
296
00:19:08,439 --> 00:19:10,191
Revisamos cada recuncho.
297
00:19:10,275 --> 00:19:13,778
E non foi sinxelo,
porque as mulleres non me deixaban pasar.
298
00:19:13,862 --> 00:19:15,696
Saben que son bo bailarín.
299
00:19:15,780 --> 00:19:18,657
Si, e cando Baryshnikov evitou as fans,
300
00:19:18,741 --> 00:19:21,285
vimos que non houbo ningún altercado hoxe.
301
00:19:21,369 --> 00:19:23,746
Porque nunca estivo no bar.
302
00:19:23,830 --> 00:19:25,331
Ten os pantalóns mollados.
303
00:19:25,415 --> 00:19:27,917
As pozas teñen auga da chuvia de onte.
304
00:19:28,001 --> 00:19:31,545
Estaba correndo, atravesou por aquí,
meteu o pé na poza,
305
00:19:31,629 --> 00:19:33,380
freouse e déronlle.
306
00:19:33,464 --> 00:19:35,884
- Morreu aquí.
- Si, e o selo?
307
00:19:37,051 --> 00:19:40,137
Estaba en algo
que agarraba mentres corría.
308
00:19:40,221 --> 00:19:41,556
A tinta está borrosa.
309
00:19:42,140 --> 00:19:43,724
Viña dun papel translúcido.
310
00:19:43,808 --> 00:19:45,643
Rouboulle a alguén a droga?
311
00:19:45,727 --> 00:19:48,271
Un papaventos, porque te leva ata o ceo.
312
00:19:53,860 --> 00:19:54,860
Tenente coronel.
313
00:19:54,944 --> 00:19:57,988
Déixao xa, Reacher.
Levo vaqueiros, por Deus.
314
00:19:58,072 --> 00:19:59,574
Recibido.
315
00:19:59,699 --> 00:20:01,116
Que fas aquí, Fields?
316
00:20:01,200 --> 00:20:04,161
Oín a chamada
mentres mercaba xeado e brézeles.
317
00:20:04,245 --> 00:20:05,246
De cantos meses?
318
00:20:05,330 --> 00:20:07,498
Oito e medio, quere salgado e doce.
319
00:20:07,957 --> 00:20:09,542
Estaba aquí preto no Wawa
320
00:20:09,626 --> 00:20:13,087
e vin antes de volver á casa
coa señora e con Hortense.
321
00:20:13,171 --> 00:20:14,422
Chamarase coma ti?
322
00:20:15,340 --> 00:20:17,634
En realidade, coma meu pai, pero si.
323
00:20:18,551 --> 00:20:19,844
É unha maldición.
324
00:20:21,137 --> 00:20:22,346
Ben, que temos aquí?
325
00:20:22,430 --> 00:20:25,808
A combinación gañadora
de alcohol, homes e armas?
326
00:20:25,892 --> 00:20:28,185
Cambia o alcohol por drogas.
327
00:20:28,269 --> 00:20:31,188
Seica o soldado Simms
roubou, liscou e collérono.
328
00:20:31,272 --> 00:20:33,732
Ti cres? Un dos nosos roubando drogas?
329
00:20:33,816 --> 00:20:38,696
Non quero supoñer. As suposicións matan.
Pero é o que me di o instinto.
330
00:20:40,615 --> 00:20:43,450
Por iso se creou a 110.a, non si?
331
00:20:43,534 --> 00:20:45,786
Abride un expediente e investigade.
332
00:20:45,870 --> 00:20:48,497
Avisádeme se podo axudar en algo.
333
00:20:48,581 --> 00:20:52,001
Pero agora derréteseme o xeado.
334
00:20:52,585 --> 00:20:53,461
Recibido.
335
00:20:56,798 --> 00:20:59,550
Swan, tiñas certa razón.
Non é só un papaventos,
336
00:21:00,259 --> 00:21:01,260
é un de combate.
337
00:21:02,303 --> 00:21:04,346
Vinos en Afganistán.
338
00:21:04,430 --> 00:21:06,265
Alí son populares.
339
00:21:07,725 --> 00:21:09,102
E tamén a heroína.
340
00:21:10,478 --> 00:21:11,312
Dixon?
341
00:21:11,896 --> 00:21:12,730
Xefe.
342
00:21:12,814 --> 00:21:15,107
O expediente do caso de combustible.
343
00:21:15,191 --> 00:21:18,653
Igual sei o que levaban eses avións.
344
00:21:22,657 --> 00:21:23,533
Estás calada.
345
00:21:24,033 --> 00:21:25,034
En que pensas?
346
00:21:27,954 --> 00:21:29,371
Penso que teño o nome
347
00:21:29,455 --> 00:21:31,874
de quen matou a mellor xente que coñezo.
348
00:21:32,834 --> 00:21:35,336
Penso que vas resolver o deses números,
349
00:21:35,420 --> 00:21:38,881
daremos cos cabróns
e saberán por que ninguén se mete
350
00:21:38,965 --> 00:21:40,633
cos investigadores especiais.
351
00:21:43,761 --> 00:21:46,556
Reacher sabía o que facía
cando nos xuntou.
352
00:21:47,432 --> 00:21:49,141
Ten bo instinto.
353
00:21:49,225 --> 00:21:51,728
Ten bo de todo.
354
00:21:53,062 --> 00:21:54,563
É un dicir.
355
00:21:54,647 --> 00:21:57,441
Nunca pensei que o descubriría.
356
00:21:57,525 --> 00:22:01,111
Veña, ho. Todo o mundo o viña vir,
coma o cometa Halley.
357
00:22:01,195 --> 00:22:02,029
Eu non.
358
00:22:02,113 --> 00:22:04,991
De verdade pensaba que non lle interesaba.
359
00:22:05,116 --> 00:22:07,284
Contigo non mantén a distancia.
360
00:22:07,368 --> 00:22:10,579
Porque non o presiono.
361
00:22:10,663 --> 00:22:12,206
Gústame como estamos.
362
00:22:12,331 --> 00:22:14,834
Estou a gusto coa distancia.
363
00:22:14,959 --> 00:22:17,419
Aínda así sodes os máis unidos da 110.a.
364
00:22:17,503 --> 00:22:18,963
Como pasou?
365
00:22:19,047 --> 00:22:21,632
En realidade, non o sei.
366
00:22:22,592 --> 00:22:25,177
Pero sei que aínda que pasen días, meses
367
00:22:25,261 --> 00:22:27,471
ou anos sen que falemos,
368
00:22:27,555 --> 00:22:30,265
Reacher estará
cando o necesite, sen preguntas.
369
00:22:30,349 --> 00:22:31,726
Meu Deus.
370
00:22:32,810 --> 00:22:34,645
Iso é.
371
00:22:34,729 --> 00:22:37,231
Son días e meses.
372
00:22:37,315 --> 00:22:38,357
O que?
373
00:22:38,441 --> 00:22:39,567
Esas páxinas?
374
00:22:41,736 --> 00:22:42,861
Sete páxinas, non?
375
00:22:42,945 --> 00:22:46,490
En cada unha hai
26 ou 27 tabulacións numéricas.
376
00:22:46,574 --> 00:22:47,825
Se ti o dis.
377
00:22:47,909 --> 00:22:50,744
Se as xuntas,
poderías meter todo nunha páxina,
378
00:22:50,828 --> 00:22:51,870
non en sete.
379
00:22:51,954 --> 00:22:54,832
Pero está claro que querían sete.
380
00:22:55,750 --> 00:22:58,919
Entón, se cada páxina
ten datos específicos,
381
00:22:59,003 --> 00:23:00,254
é un dato importante
382
00:23:00,338 --> 00:23:03,007
que todas teñan 26, menos unha.
383
00:23:03,091 --> 00:23:05,593
Unha ten 27. Por que?
384
00:23:06,302 --> 00:23:08,804
Non entendín nada desde o de "meu Deus".
385
00:23:08,888 --> 00:23:10,305
Son días e meses.
386
00:23:10,389 --> 00:23:12,850
Vale? Cada páxina é un mes, hai sete.
387
00:23:12,934 --> 00:23:15,144
Os meses non teñen os mesmos días.
388
00:23:15,228 --> 00:23:20,357
Se traballas seis días á semana,
son uns 26 ou 27 días,
389
00:23:20,441 --> 00:23:24,111
dependendo de en que día
empece ou remate o mes.
390
00:23:24,195 --> 00:23:25,029
Ben.
391
00:23:25,113 --> 00:23:29,117
Pero fixándonos nos días laborables,
non son sete meses calquera.
392
00:23:29,242 --> 00:23:31,326
Son os últimos sete meses.
393
00:23:31,410 --> 00:23:33,663
Nos últimos sete meses,
394
00:23:33,788 --> 00:23:38,417
algo tiña que pasar nove, dez,
12 ou 13 veces ao día,
395
00:23:38,501 --> 00:23:41,170
de luns a sábado, pero non sempre pasaba.
396
00:23:41,254 --> 00:23:43,839
Non é só que non pasase.
397
00:23:43,923 --> 00:23:47,634
Eses números estaban
moi ben no primeiro mes
398
00:23:47,718 --> 00:23:49,387
e son pésimos no sétimo.
399
00:23:50,346 --> 00:23:51,722
Entón a pregunta é:
400
00:23:51,806 --> 00:23:54,100
que estaban a contar?
401
00:23:55,143 --> 00:23:57,562
Oes, tiñas que velo.
402
00:23:57,687 --> 00:24:01,273
A través do burato
de menos dun centímetro dunha cerca,
403
00:24:01,357 --> 00:24:04,485
por debaixo da varanda
e atinei xusto na fechadura.
404
00:24:04,569 --> 00:24:07,279
O xefe de policía nunca vira nada así.
405
00:24:07,363 --> 00:24:08,322
Estou de acordo.
406
00:24:08,406 --> 00:24:11,117
É coma cando un vello miope
dá coas escaleiras.
407
00:24:11,993 --> 00:24:12,910
Que che dean.
408
00:24:13,828 --> 00:24:14,787
Boas novas.
409
00:24:15,705 --> 00:24:19,666
Busquei os alias
e hai un movemento recente deste tipo.
410
00:24:19,750 --> 00:24:22,127
Con recente dis agora mesmo nos EUA?
411
00:24:22,211 --> 00:24:23,253
Si.
412
00:24:23,337 --> 00:24:26,215
E un dos nomes da lista,
Alexander Markopoulos,
413
00:24:26,299 --> 00:24:29,927
mercou un billete
de Denver a JFK que sae nunha hora.
414
00:24:30,011 --> 00:24:31,929
Cando A. M. facture, collerémolo.
415
00:25:30,154 --> 00:25:31,822
Síntoo moito.
416
00:25:36,202 --> 00:25:37,036
Ben.
417
00:25:40,289 --> 00:25:41,373
Si.
418
00:25:41,457 --> 00:25:42,708
Atrasáronme.
419
00:25:43,751 --> 00:25:45,544
Atrasáronte? Que queres dicir?
420
00:25:45,628 --> 00:25:47,838
Teño que explicarche o que significa?
421
00:25:47,922 --> 00:25:50,383
Estarei alí, pero un pouco máis tarde.
422
00:25:51,259 --> 00:25:53,219
Esperaban por min no aeroporto.
423
00:25:55,388 --> 00:25:56,597
Estás seguro?
424
00:25:56,681 --> 00:25:59,392
A xente non viaxa con maletas baleiras.
425
00:26:00,351 --> 00:26:01,644
Non podo usar os DNI.
426
00:26:02,687 --> 00:26:04,480
Canto cres que saben?
427
00:26:04,605 --> 00:26:05,772
Non preguntei.
428
00:26:05,856 --> 00:26:07,441
Se nos relacionasen,
429
00:26:07,525 --> 00:26:09,735
estarías falando co teu avogado.
430
00:26:09,819 --> 00:26:13,071
Ti es o experto e tiñamos un trato.
431
00:26:13,155 --> 00:26:16,617
E cumprireino, pero algo máis tarde.
432
00:26:16,701 --> 00:26:18,160
Iso pode estragalo todo.
433
00:26:18,244 --> 00:26:21,371
Cada minuto que pasa
estamos máis preto de expoñernos
434
00:26:21,455 --> 00:26:23,665
e de rematar nunha prisión federal.
435
00:26:23,749 --> 00:26:27,252
Señor Langston, teño unha pregunta:
436
00:26:27,336 --> 00:26:29,088
fixeras algún trato coma este
437
00:26:29,588 --> 00:26:32,800
onde o produto se merca
polo prezo ofrecido?
438
00:26:33,801 --> 00:26:34,676
Non.
439
00:26:34,760 --> 00:26:37,263
Eu si. Moitas veces.
440
00:26:39,140 --> 00:26:42,018
Como dicides vós:
"Non é o meu primeiro rodeo."
441
00:26:43,019 --> 00:26:45,438
Ben, seguiremos adiante pola nosa parte.
442
00:26:45,980 --> 00:26:49,400
Pero como vas chegar a Nova York sen DNI?
443
00:26:49,525 --> 00:26:53,529
CIRURXÍA COSMÉTICA!
CAMBIA O TEU ASPECTO, A TÚA VIDA!
444
00:26:54,530 --> 00:26:55,364
Xa o amaño eu.
445
00:27:02,121 --> 00:27:03,497
"Meses e días."
446
00:27:07,335 --> 00:27:08,753
Carallo, ten razón.
447
00:27:09,337 --> 00:27:11,255
Claro que a ten. Son números.
448
00:27:16,385 --> 00:27:17,428
Aquí está.
449
00:27:18,262 --> 00:27:20,138
A casa de Saropian.
450
00:27:20,222 --> 00:27:22,724
Podes buscar información da casa do lado?
451
00:27:22,808 --> 00:27:24,393
- Vou.
- Que sentido ten isto
452
00:27:24,477 --> 00:27:26,645
se collen a A. M. no aeroporto?
453
00:27:26,729 --> 00:27:29,273
Se non fala,
non saberemos con quen traballa,
454
00:27:29,357 --> 00:27:31,483
e todos os implicados libraranse.
455
00:27:31,567 --> 00:27:35,320
Barbara Gottelsman.
Ten 79 anos, sé amable.
456
00:27:35,404 --> 00:27:36,822
Por que non o ía ser?
457
00:27:39,867 --> 00:27:41,035
Ola?
458
00:27:41,160 --> 00:27:44,121
Ola, é a señora Gottelsman
do 950 de Emerson Drive?
459
00:27:44,205 --> 00:27:45,038
Si.
460
00:27:45,122 --> 00:27:47,791
Atopei a carteira de Trevor Saropian.
461
00:27:47,875 --> 00:27:50,085
Pon que vive no 948 de Emerson,
462
00:27:50,169 --> 00:27:52,587
pero quería asegurarme antes de enviala
463
00:27:52,671 --> 00:27:55,257
xa que non responden no número que atopei.
464
00:27:55,341 --> 00:27:59,845
No DNI pon que mide 1,75 metros
e ten unha cicatriz na cara.
465
00:27:59,929 --> 00:28:02,056
Si, ese é Trevor.
466
00:28:02,640 --> 00:28:04,891
Ben. Desculpe as molestias.
467
00:28:04,975 --> 00:28:09,229
Sabe o que? Os seus colectores do lixo
levan días na beirarrúa.
468
00:28:09,313 --> 00:28:11,857
Ten que levalos para dentro.
469
00:28:11,941 --> 00:28:15,068
Se non, póñenlle unha multa
de 20 dólares por colector.
470
00:28:15,152 --> 00:28:18,531
Xa, non os vai volver meter dentro.
471
00:28:19,782 --> 00:28:22,951
Pois si que é a súa casa.
Imos ver que atopamos?
472
00:28:23,035 --> 00:28:25,496
Despois de parar na ferraxaría.
473
00:28:26,956 --> 00:28:30,292
FERRAXARÍA DE HART
474
00:29:00,030 --> 00:29:00,865
Agora.
475
00:32:25,402 --> 00:32:27,237
Burro, preséntoche a banxo.
476
00:32:29,531 --> 00:32:30,949
Putos chalecos antibalas.
477
00:32:45,881 --> 00:32:47,507
Todo despexado arriba?
478
00:32:47,591 --> 00:32:50,135
Ademais deste amigo morto,
479
00:32:50,219 --> 00:32:51,428
todo despexado.
480
00:33:11,740 --> 00:33:12,950
Merda!
481
00:33:34,888 --> 00:33:35,723
Reacher!
482
00:33:36,765 --> 00:33:37,683
Oeste!
483
00:34:08,797 --> 00:34:09,631
Hostia!
484
00:34:19,808 --> 00:34:21,059
Quen te envía?
485
00:34:22,060 --> 00:34:22,978
Quen te envía?
486
00:34:27,941 --> 00:34:30,694
"Brian Collins." Para quen traballas?
487
00:34:31,195 --> 00:34:34,531
New Age? Traballas para New Age?
488
00:34:35,574 --> 00:34:36,992
Estache dando un infarto?
489
00:34:40,412 --> 00:34:41,622
Estás de broma.
490
00:34:42,414 --> 00:34:43,540
Ei!
491
00:34:44,041 --> 00:34:46,126
Collins, quen leva a operación?
492
00:34:47,127 --> 00:34:47,961
Collins!
493
00:34:54,426 --> 00:34:55,302
De verdade?
494
00:34:58,889 --> 00:34:59,765
Mamalón.
495
00:35:05,896 --> 00:35:07,064
Ola, Sra. Gottelsman.
496
00:35:13,570 --> 00:35:16,448
Estás só? Non hai superviventes?
497
00:35:16,532 --> 00:35:17,657
Non.
498
00:35:17,741 --> 00:35:19,868
O tipo do coche era de New Age.
499
00:35:19,952 --> 00:35:21,035
A identificación.
500
00:35:21,119 --> 00:35:24,330
Polo menos atopaches algo.
Estes non teñen nada.
501
00:35:24,414 --> 00:35:25,331
Eran matóns.
502
00:35:25,415 --> 00:35:27,917
O tipo asegurábase
de que fixesen o traballo.
503
00:35:28,001 --> 00:35:29,002
E agora que?
504
00:35:29,086 --> 00:35:30,253
Liscamos de aquí.
505
00:35:30,337 --> 00:35:33,340
A Sra. Gottelsman
seguro que chamou a policía.
506
00:35:41,682 --> 00:35:44,100
Agora gustaríache cambiar a roupa, non?
507
00:35:44,184 --> 00:35:45,936
Uns pantalóns, Jack?
508
00:35:46,061 --> 00:35:47,854
Non te poñas cómodo.
509
00:35:47,938 --> 00:35:50,983
Creo que a noite aínda non rematou.
510
00:35:52,568 --> 00:35:53,401
Que dicías?
511
00:35:53,485 --> 00:35:56,905
Alguén calvo e enfadado acaba de chegar.
512
00:35:58,782 --> 00:36:00,576
- Ola, Russo.
- Pecha a porta.
513
00:36:01,118 --> 00:36:02,660
Unha bomba?
514
00:36:02,744 --> 00:36:04,537
No centro de Queens?
515
00:36:04,621 --> 00:36:07,665
- Quéixanse diso?
- Paréceche divertido?
516
00:36:07,749 --> 00:36:08,833
En que pensabades?
517
00:36:08,917 --> 00:36:11,085
Pensabamos que era unha trampa,
518
00:36:11,169 --> 00:36:13,296
e, como ves, tiñamos razón.
519
00:36:13,380 --> 00:36:14,422
Unha trampa?
520
00:36:14,506 --> 00:36:17,133
Intentaron matarnos en Atlantic City.
521
00:36:17,217 --> 00:36:20,637
Non o conseguiron,
pero tiñan un pase da empresa New Age.
522
00:36:20,721 --> 00:36:22,263
Non mo iades dicir?
523
00:36:22,347 --> 00:36:25,600
Mentres nos retiñas ilegalmente
a min e a O'Donnell,
524
00:36:25,684 --> 00:36:27,393
Neagley e Dixon foron alí,
525
00:36:27,477 --> 00:36:29,896
e a directora de operacións díxolles
526
00:36:29,980 --> 00:36:32,565
o enderezo da persoa que tiña o pase.
527
00:36:32,649 --> 00:36:34,275
O asasino deixou o enderezo?
528
00:36:34,359 --> 00:36:37,320
Iso nos preguntamos nós.
Había dúas posibilidades.
529
00:36:37,404 --> 00:36:39,989
Puido ir a New Age cun obxectivo,
530
00:36:40,073 --> 00:36:42,158
entón o enderezo sería falso,
531
00:36:42,242 --> 00:36:45,662
ou puido ir a New Age
porque traballa para eles,
532
00:36:45,746 --> 00:36:48,832
un asasino contratado para localizarnos,
533
00:36:48,916 --> 00:36:52,544
polo que o enderezo sería real
e alguén quería vernos alí.
534
00:36:52,628 --> 00:36:55,630
Entón vós os catro decidides ir a un lugar
535
00:36:55,714 --> 00:36:57,715
onde vos esperaban para matarvos?
536
00:36:57,799 --> 00:37:00,260
Na nosa defensa direi que estoupou antes.
537
00:37:00,344 --> 00:37:02,053
Non o podo crer.
538
00:37:02,137 --> 00:37:05,390
Confirmamos que ten relación con New Age.
539
00:37:05,515 --> 00:37:06,850
Atopei isto nun deles.
540
00:37:07,976 --> 00:37:11,062
E isto é do tipo que disparaches,
do que estoupaches
541
00:37:11,146 --> 00:37:12,981
ou do que morreu coa grella?
542
00:37:13,065 --> 00:37:14,899
A grella parouno.
543
00:37:14,983 --> 00:37:16,818
Morreu co colesterol.
544
00:37:18,070 --> 00:37:18,903
E o seu coche?
545
00:37:18,987 --> 00:37:20,780
Trouxémolo connosco.
546
00:37:20,864 --> 00:37:22,407
Cambiamos as matrículas,
547
00:37:22,491 --> 00:37:24,659
intentamos ocultar os danos.
548
00:37:24,743 --> 00:37:26,870
Non se sabe cando o necesitaremos.
549
00:37:26,954 --> 00:37:28,204
Mira,
550
00:37:28,288 --> 00:37:32,208
se nos imos axudar,
necesito saber cando ides actuar así,
551
00:37:32,292 --> 00:37:34,210
sobre todo con este contratempo.
552
00:37:34,294 --> 00:37:37,130
- Que contratempo?
- A. M. non foi ao aeroporto.
553
00:37:37,839 --> 00:37:39,465
Entón sabe que o vixían.
554
00:37:39,549 --> 00:37:42,218
A lista cos alias
xa non nos serve para nada.
555
00:37:42,302 --> 00:37:43,261
A el tampouco.
556
00:37:43,345 --> 00:37:47,140
Pero iso non quere dicir
que o seu plan non siga activo.
557
00:37:47,224 --> 00:37:48,516
Despois disto,
558
00:37:48,600 --> 00:37:51,477
será complicado traballar
coa policía detrás.
559
00:37:51,561 --> 00:37:54,147
Non virán.
Cando oín a descrición do autor,
560
00:37:54,231 --> 00:37:58,151
fun para alí e a señora Gottelsman
fixo unha declaración.
561
00:37:58,235 --> 00:37:59,987
Digamos que non apuntei ben
562
00:38:01,405 --> 00:38:03,657
as túas dimensións.
563
00:38:06,451 --> 00:38:07,661
Non me gusta facelo.
564
00:38:09,371 --> 00:38:11,790
Non me fagades facelo de novo.
565
00:38:12,833 --> 00:38:15,793
Usarei isto para pedir
unha orde contra New Age.
566
00:38:15,877 --> 00:38:17,295
É o máis lóxico.
567
00:38:17,379 --> 00:38:19,839
Alégrame que esteamos de acordo.
568
00:38:19,923 --> 00:38:22,216
Mentres tanto, necesito que vós
569
00:38:22,300 --> 00:38:24,969
quededes quietos ata que vos avise.
570
00:38:25,053 --> 00:38:28,056
Dareiche un número de teléfono
para que non veñas
571
00:38:28,140 --> 00:38:30,099
cando necesites falar.
572
00:38:30,183 --> 00:38:33,436
De prepagamento?
Crin que non tiñas teléfono.
573
00:38:33,520 --> 00:38:36,064
Non é meu. É dun que matei.
574
00:38:42,904 --> 00:38:43,739
Ben.
575
00:38:46,324 --> 00:38:47,242
Falo en serio.
576
00:38:48,660 --> 00:38:51,079
Deixádevos de leas.
577
00:39:01,840 --> 00:39:04,342
E que facemos agora, xefe?
578
00:39:05,177 --> 00:39:06,386
Preparádevos,
579
00:39:07,220 --> 00:39:09,973
imos meternos nalgunha lea máis.
580
00:39:20,275 --> 00:39:21,192
Onde aparcaches?
581
00:39:21,276 --> 00:39:23,236
A dous quilómetros á dereita.
582
00:39:23,320 --> 00:39:24,153
Tarefas.
583
00:39:24,237 --> 00:39:25,446
- Ordenadores.
- RR. HH.
584
00:39:25,530 --> 00:39:26,990
A oficina da directora.
585
00:39:27,074 --> 00:39:28,783
Eu encárgome do resto.
586
00:39:28,867 --> 00:39:30,743
Cando soe a alarma, cronometrade.
587
00:39:30,827 --> 00:39:34,706
A policía está a seis quilómetros.
A chamada pasa por unha central
588
00:39:34,790 --> 00:39:37,500
e non poden atender
máis de 60 nestas rúas.
589
00:39:37,584 --> 00:39:39,377
Demasiadas voltas para volver.
590
00:39:39,503 --> 00:39:41,379
Non máis de dous minutos
591
00:39:41,463 --> 00:39:43,882
para coller todo
e vernos no coche de Dixon.
592
00:39:44,007 --> 00:39:46,718
Se chego tarde, non esperedes.
593
00:39:48,303 --> 00:39:49,346
Si, comandante.
594
00:41:22,898 --> 00:41:23,940
Vedes a Reacher?
595
00:41:24,024 --> 00:41:26,484
Non, pero dixo que non esperásemos.
596
00:41:27,694 --> 00:41:29,112
- Merda.
- Hai que liscar.
597
00:41:29,196 --> 00:41:30,404
Non o deixo aquí.
598
00:41:30,488 --> 00:41:32,949
Eu non quero marchar, pero deu unha orde.
599
00:41:33,033 --> 00:41:35,160
Se di que vaiamos, imos.
600
00:41:35,619 --> 00:41:36,453
Merda.
601
00:41:41,041 --> 00:41:41,875
Ei!
602
00:41:42,751 --> 00:41:43,960
Para!
603
00:41:55,055 --> 00:41:57,390
Non podo crer que marchásedes sen min.
604
00:41:58,475 --> 00:41:59,976
Mamalón.
605
00:42:15,325 --> 00:42:16,367
- Dixon.
- Si?
606
00:42:16,451 --> 00:42:17,285
Lanterna.
607
00:42:20,372 --> 00:42:21,248
Que atopaches?
608
00:42:25,669 --> 00:42:27,587
Non pode ser.
609
00:42:28,838 --> 00:42:31,174
Hostia. É Swan.
610
00:42:31,258 --> 00:42:33,635
Traballaba en New Age
611
00:42:33,760 --> 00:42:36,012
cos que intentan matarnos.
612
00:44:24,871 --> 00:44:26,872
Subtítulos: Paula Maneiro Torreira
613
00:44:26,956 --> 00:44:28,958
Supervisora creativa
Estefanía Prol Lusquiños