1 00:00:06,048 --> 00:00:07,466 Anteriormente... 2 00:00:07,466 --> 00:00:10,594 Little Wing pode destruír calquera cousa no ceo. 3 00:00:10,594 --> 00:00:12,430 - Azhari Mahmoud. - "A. M.". 4 00:00:12,430 --> 00:00:13,764 Os cartos son Deus. 5 00:00:13,764 --> 00:00:15,558 Ían pagar con bonos ao portador. 6 00:00:15,558 --> 00:00:18,144 Poderías levar moitos na maleta. 7 00:00:18,144 --> 00:00:19,311 Tony Swan está vivo. 8 00:00:19,311 --> 00:00:21,105 Swan autorizou a saída do envío. 9 00:00:21,105 --> 00:00:22,356 Impresión dactilar. 10 00:00:22,356 --> 00:00:23,899 Non asumirei que Swan é corrupto. 11 00:00:23,899 --> 00:00:25,651 As suposicións matan. 12 00:00:25,651 --> 00:00:26,652 Malcolm Lavoy. 13 00:00:26,652 --> 00:00:28,988 Se saben que estás metido, imputarante. 14 00:00:28,988 --> 00:00:30,573 Acabe cos malos e quedo libre. 15 00:00:30,573 --> 00:00:31,532 Así todos gañamos. 16 00:00:31,532 --> 00:00:34,243 Algún dos enxeñeiros manipulou a táboa 17 00:00:34,243 --> 00:00:36,787 para que marcase os chips como defectuosos. 18 00:00:36,787 --> 00:00:39,457 Os chips estarán listos para instalar nos mísiles 19 00:00:39,457 --> 00:00:41,208 - cando chegues aquí. - Perfecto. 20 00:00:41,208 --> 00:00:44,962 Temos que saber onde os levan para interceptalos. 21 00:00:46,672 --> 00:00:48,716 - Que queres? - Vide ti e a túa amiga. 22 00:00:48,716 --> 00:00:50,843 Chámase Neagley e está morta. 23 00:00:50,843 --> 00:00:52,970 Tes algún SEAL ou ranger? 24 00:00:52,970 --> 00:00:53,888 - Quéroos. - Feito. 25 00:00:53,888 --> 00:00:55,222 Ei! Liscade. 26 00:00:56,807 --> 00:00:58,267 O rapaz deume unha idea. 27 00:00:58,267 --> 00:00:59,602 Vas entrar aí? 28 00:00:59,602 --> 00:01:02,271 Tranquila. Non vou quedar quieto sen loitar. 29 00:01:03,230 --> 00:01:04,064 Arriba as mans. 30 00:01:25,461 --> 00:01:26,962 Para. 31 00:01:36,639 --> 00:01:37,515 Carallo. 32 00:01:38,599 --> 00:01:41,185 As fotos non che fan xustiza. 33 00:01:47,191 --> 00:01:50,653 Farás un bo burato cando caias ao chan. 34 00:01:53,781 --> 00:01:55,491 Un bo burato. 35 00:02:04,208 --> 00:02:05,042 Preparádeo. 36 00:02:06,710 --> 00:02:08,128 Que descubriches? 37 00:02:11,215 --> 00:02:12,049 Sube. 38 00:02:13,384 --> 00:02:14,218 Non. 39 00:02:17,638 --> 00:02:18,472 "Non"? 40 00:02:20,266 --> 00:02:21,100 Ti non mandas... 41 00:02:21,725 --> 00:02:22,643 Mamalón! 42 00:02:39,451 --> 00:02:40,286 Onde está ela? 43 00:02:41,537 --> 00:02:43,873 Seguro que te chamou un dos teus amigos. 44 00:02:43,873 --> 00:02:46,166 Só hai un corpo na oficina do forense 45 00:02:46,166 --> 00:02:48,586 e non é Neagley. Veña, onde está? 46 00:02:48,586 --> 00:02:50,337 Baixa a arma. 47 00:02:50,337 --> 00:02:53,507 Non podes dispararme ata que a atopes. 48 00:02:53,632 --> 00:02:55,259 É o teu último cabo solto. 49 00:02:57,845 --> 00:03:00,764 Tes razón. Non podo dispararche. 50 00:03:02,349 --> 00:03:03,183 Hostia. 51 00:03:06,854 --> 00:03:08,647 Senta. Imos falar. 52 00:03:15,821 --> 00:03:19,325 Non quero deixar nada para os de balística. Quítalle a bala. 53 00:03:19,450 --> 00:03:21,911 Témolos onde queremos, xefe. 54 00:04:05,037 --> 00:04:05,871 Un. 55 00:04:08,916 --> 00:04:09,750 Dous. 56 00:04:11,710 --> 00:04:12,544 Un. 57 00:04:13,963 --> 00:04:14,797 Dous. 58 00:04:16,006 --> 00:04:17,091 Un. 59 00:04:18,926 --> 00:04:20,052 Dous. 60 00:04:28,185 --> 00:04:30,646 Xa me encarguei dos gardas. Onde estades? 61 00:04:30,646 --> 00:04:31,981 A tres minutos. 62 00:04:31,981 --> 00:04:32,898 Recibido. 63 00:04:37,444 --> 00:04:40,531 Meu Deus. Tiña todo isto planeado. 64 00:04:41,699 --> 00:04:42,950 Pagábannos, 65 00:04:42,950 --> 00:04:46,328 pasaba un tempo e despois retirabámonos. 66 00:04:47,413 --> 00:04:50,874 Pero o teu amigo Swan empezou a investigar. 67 00:04:50,874 --> 00:04:52,292 Involucrou os amigos 68 00:04:53,168 --> 00:04:56,588 e fodeu o meu plan perfecto 69 00:04:57,631 --> 00:05:01,218 coma se fose unha puta! 70 00:05:05,556 --> 00:05:08,684 Pero tanto ten porque agora usámolo para asinar. 71 00:05:08,684 --> 00:05:10,978 Se alguén se pon a investigar, 72 00:05:10,978 --> 00:05:13,564 parecerá que foi el o que fixo o trato 73 00:05:13,564 --> 00:05:15,983 e eu estarei na praia 74 00:05:15,983 --> 00:05:18,444 cunha morena no regazo. 75 00:05:18,444 --> 00:05:20,362 Pero ese plan tamén se fodeu 76 00:05:20,362 --> 00:05:24,074 porque unha das vosas anda solta por aí. 77 00:05:24,074 --> 00:05:25,034 Onde está? 78 00:05:29,496 --> 00:05:31,081 Pareces enfadado. 79 00:05:31,081 --> 00:05:34,126 Esa puta teimosía non che vai traer nada bo. 80 00:05:35,127 --> 00:05:36,837 Igual cós teus homes. 81 00:05:38,213 --> 00:05:40,257 Ofrecinlle a Swan que participase. 82 00:05:41,050 --> 00:05:43,218 - Onde está? - O teu amigo? 83 00:05:43,218 --> 00:05:44,428 Está aquí. 84 00:05:46,680 --> 00:05:47,598 Queres velo? 85 00:06:03,030 --> 00:06:05,407 Non o necesitaba enteiro para inculpalo. 86 00:06:07,326 --> 00:06:10,079 Só a impresión dactilar para o ordenador 87 00:06:11,121 --> 00:06:12,998 e para asinar documentos, 88 00:06:12,998 --> 00:06:16,168 e o seu iris para escanealo 89 00:06:16,168 --> 00:06:19,755 cando entrase ou saíse de certas partes do edificio, 90 00:06:20,589 --> 00:06:22,800 e unha casa limpa. 91 00:06:22,925 --> 00:06:25,844 Parecerá que colleu os cartos e liscou, 92 00:06:25,969 --> 00:06:28,305 ata abandonou o pobre can. 93 00:06:38,357 --> 00:06:40,192 Quixo ser un heroe. 94 00:06:40,317 --> 00:06:41,652 Ensináchesllo ti? 95 00:06:41,652 --> 00:06:43,403 É culpa túa? 96 00:06:49,368 --> 00:06:50,452 Acabouse a reunión. 97 00:06:50,452 --> 00:06:53,497 Quedei cun home que me vai dar 65 millóns. 98 00:06:54,164 --> 00:06:57,668 Metede eses dous no helicóptero e despois volvede por este. 99 00:07:09,054 --> 00:07:10,264 Faga o que che faga, 100 00:07:10,264 --> 00:07:12,224 non dirás onde está Neagley, non? 101 00:07:14,601 --> 00:07:17,855 Xa, cacho de merda! 102 00:07:39,293 --> 00:07:40,502 Cumpriches, Lavoy. 103 00:07:41,378 --> 00:07:42,546 Xenial. 104 00:07:55,017 --> 00:07:56,101 Merda. 105 00:08:10,324 --> 00:08:12,659 Non podemos deixar nada. Tira isto. 106 00:08:12,659 --> 00:08:17,164 Sabes o que? Cando teña os cartos, igual mando un dos meus homes 107 00:08:17,164 --> 00:08:19,291 buscar e recoller o pai de Neagley. 108 00:08:19,291 --> 00:08:21,585 Así sairá do seu acocho. Que opinas? 109 00:08:21,585 --> 00:08:24,004 Odio os cabos soltos. 110 00:08:42,064 --> 00:08:43,482 Volveron os rapaces eses? 111 00:08:45,317 --> 00:08:46,902 Vainos botar fóra. 112 00:08:46,902 --> 00:08:48,904 Non queremos testemuñas. 113 00:09:09,675 --> 00:09:10,926 Ei! 114 00:09:11,051 --> 00:09:14,388 Xa vos dixen que vos afastásedes de aquí. 115 00:09:22,646 --> 00:09:25,274 Direino só unha vez máis. Entrade no coche 116 00:09:25,274 --> 00:09:27,943 e liscade antes de que vos malle. 117 00:09:27,943 --> 00:09:30,862 Claro, xefe. Deixa que acabe a cervexa, si? 118 00:09:38,287 --> 00:09:40,998 Cando os teñas no helicóptero, 119 00:09:40,998 --> 00:09:44,293 vai ver por que a puta música segue soando. 120 00:09:56,930 --> 00:09:58,473 Que carallo pasa? 121 00:09:58,473 --> 00:09:59,391 Agora! 122 00:10:47,397 --> 00:10:51,276 Ei! Baixa a cabeza e queda aquí! 123 00:10:51,276 --> 00:10:53,111 - Lennox, alí! - Queda aquí! 124 00:11:23,183 --> 00:11:24,726 - Ola, xefe. - Neagley. 125 00:11:24,726 --> 00:11:26,186 Temos que liscar. 126 00:11:26,186 --> 00:11:28,563 Quedar co comprador, que nos pague 127 00:11:28,563 --> 00:11:32,359 e saír do país antes de que a policía e os federais aparezan. 128 00:11:34,736 --> 00:11:36,780 Jefferson Airplane? E logo Hendrix? 129 00:11:36,780 --> 00:11:39,366 Concordo con Swan. Está sobrevalorado. 130 00:11:41,118 --> 00:11:43,453 - E os outros? - Que lles dean. 131 00:11:57,801 --> 00:11:58,718 Langston escapa. 132 00:12:05,392 --> 00:12:06,768 Engala xa! 133 00:12:06,768 --> 00:12:09,104 Levaralle uns minutos ata que queza. 134 00:12:09,104 --> 00:12:11,398 Arrinca xa, fillo de puta! 135 00:12:11,398 --> 00:12:12,315 Está ben. 136 00:12:16,111 --> 00:12:17,279 Canta munición tes? 137 00:12:17,279 --> 00:12:20,157 Non a suficiente para cubrirte se pensas saír. 138 00:12:20,157 --> 00:12:21,366 Pois inténtao. 139 00:12:21,366 --> 00:12:22,451 Á de tres. 140 00:12:22,451 --> 00:12:25,328 Un, dous, tres. 141 00:12:42,053 --> 00:12:42,888 Alá imos. 142 00:12:54,024 --> 00:12:54,900 Merda! 143 00:13:10,665 --> 00:13:11,666 Abre as portas. 144 00:13:21,968 --> 00:13:23,261 Mulleres primeiro! 145 00:13:24,137 --> 00:13:25,639 Tócache, querida. 146 00:13:28,475 --> 00:13:30,560 Hora de voar. 147 00:13:35,774 --> 00:13:36,608 Merda! 148 00:13:57,921 --> 00:13:59,965 Merda! Vamos! 149 00:14:04,761 --> 00:14:06,429 Reacher! 150 00:14:25,657 --> 00:14:26,783 Non! 151 00:14:40,338 --> 00:14:42,132 Xesús, Reacher! 152 00:14:42,132 --> 00:14:45,010 Non sabes cando parar! 153 00:14:57,314 --> 00:14:59,941 Es un fillo de puta resistente, recoñézoo. 154 00:15:03,403 --> 00:15:04,696 Mátao. 155 00:15:08,783 --> 00:15:10,035 Este é o trato. 156 00:15:10,035 --> 00:15:13,079 Podo usar o puño do teu amigo 157 00:15:13,079 --> 00:15:15,665 e esmagarche o cranio, 158 00:15:15,665 --> 00:15:18,084 ou podes deixar que ela caia, 159 00:15:18,752 --> 00:15:19,878 terei compaixón 160 00:15:19,878 --> 00:15:22,005 e tirareite despois a ti. 161 00:15:40,273 --> 00:15:41,107 Non. 162 00:15:43,318 --> 00:15:44,152 Espera. 163 00:15:48,990 --> 00:15:50,450 Xa podes mantelo estable 164 00:15:50,450 --> 00:15:53,203 ou descubriremos polas malas se o podo aterrar. 165 00:15:53,203 --> 00:15:54,120 Si, señora! 166 00:15:54,120 --> 00:15:56,665 Espera. 167 00:16:00,627 --> 00:16:01,670 Non! 168 00:16:01,670 --> 00:16:03,296 Aínda podes evitar 169 00:16:03,296 --> 00:16:05,465 que os terroristas collan os mísiles. 170 00:16:05,465 --> 00:16:07,008 Non! 171 00:16:07,008 --> 00:16:10,136 Non me mates e direiche onte atopar a Mahmoud! 172 00:16:10,136 --> 00:16:12,806 Supós que iso é o que quero, Langston. 173 00:16:14,140 --> 00:16:17,644 Pero na investigación, as suposicións matan. 174 00:16:17,644 --> 00:16:18,603 Non! 175 00:16:28,780 --> 00:16:30,824 Moi boa frase. 176 00:16:30,824 --> 00:16:33,993 Pero espero que saibas onde vai A. M. 177 00:16:33,993 --> 00:16:36,913 No o sei, pero el si. 178 00:16:37,038 --> 00:16:39,082 Que dis, rapaz? 179 00:16:39,082 --> 00:16:41,501 Quedaron na casa dun dos enxeñeiros 180 00:16:41,501 --> 00:16:45,213 para ensinarlle ao comprador como meter os chips nos mísiles. 181 00:16:45,338 --> 00:16:48,299 Teño as coordenadas. Por favor, non me matedes. 182 00:16:49,008 --> 00:16:49,843 Lévanos alí. 183 00:17:33,553 --> 00:17:35,722 Xenial. Langston xa chegou. 184 00:17:59,788 --> 00:18:00,830 Non es Langston. 185 00:18:02,415 --> 00:18:03,249 Non me digas. 186 00:18:06,961 --> 00:18:08,171 Entra. 187 00:18:18,431 --> 00:18:21,518 Ten que ser un erro. Eu non vos coñezo. 188 00:18:21,518 --> 00:18:23,311 Sentimos decepcionarte. 189 00:18:23,311 --> 00:18:25,897 O científico e o piloto están no cortello. 190 00:18:27,774 --> 00:18:29,150 Mataches os nosos amigos. 191 00:18:33,780 --> 00:18:35,031 Por isto. 192 00:18:40,245 --> 00:18:41,079 Matáchelos. 193 00:18:41,079 --> 00:18:44,499 Sei que estás anoxado, pero eu non matei os teus amigos. 194 00:18:44,499 --> 00:18:45,583 Nin os coñecía. 195 00:18:45,583 --> 00:18:46,709 Pero eu coñézote. 196 00:18:46,709 --> 00:18:50,505 Non che importa a xente que morra mentres recibas a túa parte. 197 00:18:50,505 --> 00:18:52,173 Arrestádeme dunha vez. 198 00:18:53,925 --> 00:18:58,429 Poderiamos facelo, pero seguro que un tipo coma ti 199 00:19:00,431 --> 00:19:03,560 ten un bo avogado xa preparado. 200 00:19:04,227 --> 00:19:07,689 Tes unha oportunidade. Dinos a quen lle vendes as armas. 201 00:19:08,273 --> 00:19:11,818 Síntoo. Iso arruinaría a miña reputación e o meu negocio. 202 00:19:11,818 --> 00:19:14,028 Non espero que o entendades. 203 00:19:14,028 --> 00:19:15,488 Sodes idealistas. 204 00:19:16,155 --> 00:19:18,366 E os vosos problemas non son comigo. 205 00:19:18,366 --> 00:19:20,326 Non uso as armas, son o mediador. 206 00:19:20,326 --> 00:19:21,786 Son negocios. 207 00:19:21,786 --> 00:19:23,329 Cres que iso é mellor? 208 00:19:23,329 --> 00:19:24,455 Si que o creo. 209 00:19:24,455 --> 00:19:28,334 Entre ser o vendedor e o que as usa, prefiro ser o vendedor. 210 00:19:28,334 --> 00:19:30,753 O pensamento que ten que ter alguén 211 00:19:30,753 --> 00:19:33,256 para disparar non é mellor ca... 212 00:20:13,421 --> 00:20:14,255 Toma. 213 00:20:28,102 --> 00:20:29,479 Polo ruído das balas 214 00:20:29,479 --> 00:20:31,856 entendo que non hai de que preocuparse. 215 00:20:31,856 --> 00:20:32,941 Afirmativo. 216 00:20:34,192 --> 00:20:36,027 Que queres facer con estes? 217 00:20:42,283 --> 00:20:44,452 Ei, tío, non matei a ninguén 218 00:20:44,452 --> 00:20:46,621 e non teño nada que ver cos mísiles. 219 00:20:46,621 --> 00:20:49,123 Só pilotaba o helicóptero, o meu traballo. 220 00:20:49,916 --> 00:20:50,959 E a túa excusa? 221 00:20:50,959 --> 00:20:53,294 Ensinaríalle como introducir os chips. 222 00:20:53,294 --> 00:20:56,214 Non sabía para que se ían usar. 223 00:20:56,214 --> 00:20:58,716 Por favor, só son un enxeñeiro. 224 00:21:03,763 --> 00:21:05,765 Liscade, os dous. 225 00:21:06,516 --> 00:21:08,059 - Ben, grazas. - Grazas. 226 00:21:37,964 --> 00:21:39,549 Non a acabes, O'Donnell. 227 00:21:39,549 --> 00:21:40,466 Xa. 228 00:21:50,685 --> 00:21:51,519 Noite fría. 229 00:21:52,520 --> 00:21:54,647 E vai ser máis fría aínda. 230 00:21:54,647 --> 00:21:55,565 Si. 231 00:21:58,276 --> 00:22:01,904 Deixa que pasen o río, despois da crista. 232 00:22:01,904 --> 00:22:03,197 Recibido. 233 00:22:15,585 --> 00:22:16,836 Xa podes, Neagley. 234 00:22:16,836 --> 00:22:18,129 Fogo! 235 00:22:26,888 --> 00:22:28,181 Esperade. 236 00:22:36,439 --> 00:22:38,024 Pois Little Wing funciona. 237 00:22:43,446 --> 00:22:45,448 Estades de broma. 238 00:22:45,448 --> 00:22:47,575 Síntoo, pero Lavoy deixouno claro. 239 00:22:47,575 --> 00:22:49,577 Ninguén pode saber o que pasou. 240 00:22:49,577 --> 00:22:51,662 Non podemos deixar que faledes. 241 00:22:51,662 --> 00:22:53,164 Subestimeivos, rapaces. 242 00:22:53,164 --> 00:22:54,791 Crías que non o fariamos? 243 00:22:54,791 --> 00:22:56,167 Tardastes en facelo. 244 00:22:56,167 --> 00:22:58,669 Cría que o fariades cando os deixei ir. 245 00:22:58,669 --> 00:22:59,962 Eu tamén. 246 00:22:59,962 --> 00:23:02,757 Igual só querían ver como lles disparaba. 247 00:23:02,757 --> 00:23:03,966 Foi xenial. 248 00:23:04,842 --> 00:23:07,887 Supuxen que Lavoy querería saír impune. 249 00:23:07,887 --> 00:23:09,931 Logo non só chamei a Lavoy, 250 00:23:09,931 --> 00:23:11,891 chamei tamén a Omar Karim. 251 00:23:13,142 --> 00:23:15,103 Creo que é el. 252 00:23:20,274 --> 00:23:21,275 Abaixo! 253 00:23:21,275 --> 00:23:23,653 As mans. Deixádeme ver as mans. Veña. 254 00:23:23,653 --> 00:23:25,154 Case non chegas. 255 00:23:25,154 --> 00:23:26,614 Non somos eficientes. 256 00:23:28,616 --> 00:23:31,410 - Lavoy? - O equipo espera as ordes. 257 00:23:31,536 --> 00:23:33,663 Pensei que igual querías facelo ti. 258 00:23:49,762 --> 00:23:50,888 Xa rematou? 259 00:23:50,888 --> 00:23:52,598 Case. 260 00:23:52,598 --> 00:23:55,518 Só queda un último cabo solto para rematalo. 261 00:23:55,518 --> 00:23:57,603 Creo que así gañamos todos. 262 00:24:01,190 --> 00:24:02,191 Tendes luz verde. 263 00:24:02,859 --> 00:24:04,819 Lavoy, Seguridade Nacional. 264 00:24:04,944 --> 00:24:07,113 Ao chan! Veña! 265 00:24:07,113 --> 00:24:09,407 Ensíname as mans. Móvete! 266 00:24:10,449 --> 00:24:12,326 Lavoy ten un mal día. 267 00:24:12,326 --> 00:24:13,494 Tiñamos un trato. 268 00:24:14,120 --> 00:24:15,288 Ide. Rematamos nós. 269 00:24:20,793 --> 00:24:21,752 Unha cousa. 270 00:24:21,752 --> 00:24:22,837 E os cartos? 271 00:24:25,131 --> 00:24:26,382 Que cartos? 272 00:25:13,679 --> 00:25:14,972 Unha mala noite? 273 00:25:15,932 --> 00:25:17,016 Tivémolas peores. 274 00:25:17,016 --> 00:25:18,434 Que lles poño? 275 00:25:18,434 --> 00:25:20,102 Café, só. 276 00:25:21,229 --> 00:25:23,231 - O mesmo. - Trae a cafeteira. 277 00:25:24,065 --> 00:25:25,107 E para vostede? 278 00:25:25,107 --> 00:25:26,067 Cereais. 279 00:25:26,067 --> 00:25:29,070 Pops, Puffs ou Pebbles, nesa orde. 280 00:25:29,070 --> 00:25:30,571 E un batido de chocolate. 281 00:25:38,079 --> 00:25:38,913 Ben, 282 00:25:40,122 --> 00:25:42,541 que imos facer con 65 millóns de dólares? 283 00:25:43,084 --> 00:25:44,293 Son moitos cartos. 284 00:25:44,293 --> 00:25:47,588 Temos que compensar algúns dos danos que causaron. 285 00:25:47,588 --> 00:25:50,007 Xa, pero cal, concretamente? 286 00:25:51,717 --> 00:25:52,802 Grandes decisións. 287 00:25:52,802 --> 00:25:57,181 Ben, alégrame non ser o oficial sénior da unidade 288 00:25:57,181 --> 00:25:58,599 e non ter que decidir. 289 00:25:58,599 --> 00:26:00,184 A min non me mires. 290 00:26:00,184 --> 00:26:02,019 Que sorpresa. 291 00:26:02,019 --> 00:26:03,396 O que non ten hipoteca 292 00:26:03,396 --> 00:26:06,315 nin coche nin traballo non se responsabiliza. 293 00:26:06,315 --> 00:26:09,652 Non hai ninguén a quen lle importen tan pouco os cartos. 294 00:26:09,777 --> 00:26:12,488 Deberías encargarte. Ti podes, mangallón. 295 00:26:14,907 --> 00:26:15,741 Grazas. 296 00:26:15,741 --> 00:26:16,701 Última hora. 297 00:26:16,701 --> 00:26:18,744 A policía recuperou dous corpos 298 00:26:18,744 --> 00:26:20,204 dun helicóptero 299 00:26:20,204 --> 00:26:23,040 que caeu no río Hudson esta mañá. 300 00:26:23,040 --> 00:26:23,958 Terrible. 301 00:26:23,958 --> 00:26:25,960 - Presenciouno un pescador... - Si. 302 00:26:25,960 --> 00:26:28,004 - Vaia. - ...e dixo que había 303 00:26:28,004 --> 00:26:31,007 un rastro de fume e que houbo unha explosión. 304 00:26:31,007 --> 00:26:34,844 Os investigadores din que puido ser un erro do sistema 305 00:26:34,844 --> 00:26:36,637 ou igual do piloto. 306 00:26:36,637 --> 00:26:39,348 O de Seguridade Nacional teno todo controlado. 307 00:26:41,309 --> 00:26:42,310 Tes 50 centavos? 308 00:26:42,852 --> 00:26:45,271 Tes 65 millóns ao teu lado. 309 00:26:45,271 --> 00:26:47,398 A gramola non acepta bonos. 310 00:26:57,491 --> 00:26:58,617 Outra débeda máis. 311 00:27:33,069 --> 00:27:36,822 PARA TI E PARA MIKEY - OS INVESTIGADORES ESPECIAIS 312 00:27:42,787 --> 00:27:44,789 {\an8}BANCO ALLIED COMMONWEALTH AO NOME DE ANGELA FRANZ 313 00:27:47,625 --> 00:27:49,251 Non sabedes de onde veu? 314 00:27:49,251 --> 00:27:50,920 Sodes do banco. 315 00:27:51,045 --> 00:27:54,090 Si, son millóns de dólares para os meus fillos. 316 00:27:55,508 --> 00:27:57,927 Non pode ser meu irmán. 317 00:27:58,594 --> 00:27:59,762 Morreu hai pouco. 318 00:28:03,182 --> 00:28:04,141 Estrañareivos. 319 00:28:05,309 --> 00:28:06,519 Coidade ben isto. 320 00:28:06,519 --> 00:28:08,479 Claro. Envíanos unha postal. 321 00:28:10,022 --> 00:28:11,065 Cayo Hueso ou nada? 322 00:28:21,700 --> 00:28:23,494 NA MEMORIA DE TEU IRMÁN - A 110.a 323 00:28:36,799 --> 00:28:38,884 Ei, coñecemos un tal Swan? 324 00:28:38,884 --> 00:28:40,719 Ou un can chamado Maisi? 325 00:28:40,719 --> 00:28:41,929 Creo que non. Por? 326 00:28:43,764 --> 00:28:45,141 REFUXIO DE ANIMAIS 327 00:28:45,141 --> 00:28:46,809 Recibimos unha donación. 328 00:28:59,155 --> 00:29:03,117 Señor Neagley, son Connie Bumbry de Chicago Home Health. 329 00:29:03,242 --> 00:29:05,035 Formo parte do equipo 330 00:29:05,035 --> 00:29:07,371 que lle proporcionará coidados médicos. 331 00:29:14,628 --> 00:29:15,838 Era meu pai. 332 00:29:18,466 --> 00:29:19,550 Que fixeches? 333 00:29:19,550 --> 00:29:22,887 Non che gustaría que metese os cartos na túa conta. 334 00:29:22,887 --> 00:29:27,391 Non llo quitarás a teu pai. Non terá problema o resto da súa vida. 335 00:29:27,391 --> 00:29:31,562 Todo o que necesite. E queda dabondo para ti. 336 00:29:36,400 --> 00:29:38,861 Díxenche que es bo amigo, Reacher? 337 00:29:40,154 --> 00:29:41,322 Non demasiado. 338 00:29:47,244 --> 00:29:48,287 E eu? 339 00:29:49,371 --> 00:29:52,958 Que me deixou debaixo da árbore o Papá Noel máis sinistro? 340 00:29:52,958 --> 00:29:54,627 A ti nin un centavo. 341 00:29:55,503 --> 00:29:57,046 Pero si aos teus fillos. 342 00:29:57,046 --> 00:29:59,465 Nun banco preto da túa casa. 343 00:30:00,841 --> 00:30:04,553 Podes pagar a escola privada, a universidade e a escola taller. 344 00:30:04,553 --> 00:30:07,681 Parece que os avogados necesitarano nalgún momento. 345 00:30:09,850 --> 00:30:12,686 Agora só collerás os traballos que queiras. 346 00:30:15,981 --> 00:30:17,858 Non teño palabras. 347 00:30:17,858 --> 00:30:18,984 Por primeira vez. 348 00:30:21,654 --> 00:30:24,532 Falando de traballos, podes deixar o teu. 349 00:30:24,532 --> 00:30:27,952 Creei Delaware S.L. co teu nome. Totalmente financiada. 350 00:30:27,952 --> 00:30:29,328 Empeza o negocio. 351 00:30:29,328 --> 00:30:31,705 Es lista e deberías traballar para ti. 352 00:30:35,793 --> 00:30:37,336 Pois... 353 00:30:42,049 --> 00:30:42,883 Grazas. 354 00:30:46,262 --> 00:30:47,555 E ti, mangallón? 355 00:30:48,681 --> 00:30:50,224 Que colliches para ti? 356 00:30:53,102 --> 00:30:54,436 Necesito un cepillo. 357 00:31:01,694 --> 00:31:02,861 Falas en serio. 358 00:31:07,658 --> 00:31:08,951 Sabes o que, Reacher? 359 00:31:08,951 --> 00:31:11,203 Cando souben que ti andabas 360 00:31:11,328 --> 00:31:15,040 polo mundo só co que podías levar nos petos, 361 00:31:15,749 --> 00:31:17,084 pensei que tolearas. 362 00:31:18,794 --> 00:31:20,629 Pero unha parte de min 363 00:31:21,839 --> 00:31:24,592 pensa que es o único que o ten todo claro. 364 00:31:30,306 --> 00:31:32,891 Non podo crer que o diga, pero boto en falta 365 00:31:32,891 --> 00:31:34,643 a guitarra de Swan. 366 00:31:40,899 --> 00:31:42,318 Polos que non están. 367 00:31:43,068 --> 00:31:44,987 Polos que non están. 368 00:31:51,368 --> 00:31:52,202 Pois... 369 00:31:54,163 --> 00:31:54,997 xa está. 370 00:31:57,750 --> 00:31:58,876 A nosa última noite. 371 00:32:05,424 --> 00:32:08,344 - Vamos tirar unha foto. - Si, deberiamos. 372 00:32:09,053 --> 00:32:10,095 Claro que si. 373 00:32:10,095 --> 00:32:12,306 Non me ides deixar quedar fóra, non? 374 00:32:12,306 --> 00:32:14,433 - Nin de broma, xefe. - Veña. 375 00:32:18,812 --> 00:32:19,647 Ben. 376 00:32:51,053 --> 00:32:52,388 Ben, estás esperto. 377 00:32:54,640 --> 00:32:55,808 Pensei que marcharas. 378 00:32:56,558 --> 00:32:57,518 Pois si. 379 00:32:59,603 --> 00:33:00,604 Teño un agasallo. 380 00:33:08,904 --> 00:33:12,157 Agora podes mercar algo para ti cos cartos. 381 00:33:13,742 --> 00:33:17,246 Veña, Reacher, merécelo. Faino por min. 382 00:33:19,331 --> 00:33:20,165 Vale. 383 00:33:23,168 --> 00:33:24,753 E poderías facer algo máis. 384 00:33:24,753 --> 00:33:25,754 Dime. 385 00:33:25,754 --> 00:33:29,800 Ven comigo. Quero que coñezas a meus pais. 386 00:33:34,638 --> 00:33:35,639 Estou de broma. 387 00:33:39,351 --> 00:33:40,519 Mira, 388 00:33:40,519 --> 00:33:44,690 non sei que pensas ti, pero eu vexo o que fixemos estes días 389 00:33:44,690 --> 00:33:49,111 non coma algo novo, 390 00:33:50,195 --> 00:33:52,239 senón coma un asunto pendente. 391 00:33:56,994 --> 00:34:00,205 Un asunto pendente que había que resolver. 392 00:34:00,330 --> 00:34:01,749 Había, si. 393 00:34:02,958 --> 00:34:06,044 E antes de rematar coa reunión, 394 00:34:07,004 --> 00:34:10,966 creo que temos que darlle unha voltiña máis ao asunto. 395 00:34:12,176 --> 00:34:13,719 Estou de acordo. 396 00:34:14,720 --> 00:34:17,890 Pero vin a O'Donnell e díxenlle que compartiría o taxi 397 00:34:17,890 --> 00:34:20,350 ata o aeroporto, así que temos un minuto. 398 00:34:21,685 --> 00:34:23,479 Igual nos leva algo máis. 399 00:34:25,481 --> 00:34:27,232 O'Donnell non pensa así. 400 00:34:37,159 --> 00:34:39,369 Isto foi o que mercaches? 401 00:34:39,495 --> 00:34:40,871 Un pase de bus? 402 00:34:40,871 --> 00:34:42,831 É un pase ilimitado. 403 00:34:42,831 --> 00:34:45,667 Podo usar o bus durante un ano. 404 00:34:45,667 --> 00:34:49,004 Son 1980 dólares de liberdade, Neagley. 405 00:34:49,004 --> 00:34:51,465 Ben, polo menos nos próximos 365 días 406 00:34:51,465 --> 00:34:54,927 non me preocuparei por se andas en trens de mercadorías. 407 00:34:56,512 --> 00:34:57,638 E para que o saibas, 408 00:35:00,432 --> 00:35:03,185 non me parece demasiado ben este acordo. 409 00:35:03,185 --> 00:35:06,146 Non vernos durante anos, non falar, 410 00:35:06,146 --> 00:35:08,565 só xuntándonos cando nos disparan... 411 00:35:10,651 --> 00:35:12,778 Mellora o de manter o contacto. 412 00:35:14,738 --> 00:35:15,739 Entendido? 413 00:35:16,615 --> 00:35:18,033 Si, sarxenta maior. 414 00:35:32,256 --> 00:35:33,257 Adeus, Neagley. 415 00:35:38,929 --> 00:35:39,888 Unha cousa máis. 416 00:35:41,306 --> 00:35:44,643 Sempre falas dos investigadores especiais coma o equipo, 417 00:35:44,643 --> 00:35:47,104 os teus soldados ou os teus amigos. 418 00:35:49,189 --> 00:35:51,066 Pero sabes que somos moito máis. 419 00:36:29,813 --> 00:36:31,440 De onde vés? 420 00:36:32,774 --> 00:36:33,817 De aquí. 421 00:36:34,318 --> 00:36:35,152 E que facías? 422 00:36:38,488 --> 00:36:39,615 Visitar a familia. 423 00:36:42,326 --> 00:36:43,201 Onde vas? 424 00:36:46,747 --> 00:36:47,706 Non o sei. 425 00:39:07,763 --> 00:39:09,765 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 426 00:39:09,765 --> 00:39:11,850 Supervisora creativa Estefanía Prol Lusquiños