1 00:00:06,048 --> 00:00:08,259 Anteriormente en Reacher... 2 00:00:11,220 --> 00:00:12,096 Recibín a mensaxe. 3 00:00:12,096 --> 00:00:14,348 110.a, 10-30. Chamada de socorro. 4 00:00:14,348 --> 00:00:15,725 Mataron a Calvin Franz. 5 00:00:15,725 --> 00:00:18,686 Se te chamou a ti, chamaría o resto da unidade. 6 00:00:18,686 --> 00:00:22,148 Chamei a O'Donnell, Dixon, Sanchez e Orozco. Non responden. 7 00:00:29,071 --> 00:00:30,239 Subornei o conserxe. 8 00:00:30,239 --> 00:00:31,741 Neagley rexistrouse... 9 00:00:31,741 --> 00:00:34,785 Ti vixía o hotel. E a eles. 10 00:00:34,785 --> 00:00:37,663 - Ninguén saberá quen es. - Pero vós si. 11 00:00:45,254 --> 00:00:47,590 - Ola, O'Donnell. - Ola, Neagley. 12 00:00:48,174 --> 00:00:50,968 Unha lista de nomes coas iniciais A. M. 13 00:00:50,968 --> 00:00:53,262 Eu teño páxinas con números. 14 00:00:53,262 --> 00:00:56,557 - Sen orde nin significado. Nada. - Para nós, por agora. 15 00:00:56,557 --> 00:00:57,600 Que pensas? 16 00:00:57,600 --> 00:01:01,353 Penso que queren acabar cos investigadores especiais. 17 00:01:01,353 --> 00:01:03,022 E que veñen por nós. 18 00:01:04,023 --> 00:01:04,982 Ben. 19 00:01:09,153 --> 00:01:12,948 Se perseguen os da 110.a, como é que a nós non nos atacaron? 20 00:01:12,948 --> 00:01:16,327 Ti estabas no monte, a min ninguén pode atoparme, 21 00:01:16,327 --> 00:01:18,579 e igual aínda non deron con Neagley. 22 00:01:18,579 --> 00:01:20,164 Estiveron no noso hotel. 23 00:01:20,164 --> 00:01:24,168 Igual querían matarnos e tiveron que liscar por algún motivo. 24 00:01:24,168 --> 00:01:26,420 Temos que avisar os outros. 25 00:01:26,420 --> 00:01:29,048 - Chamarei a Sanchez e Orozco. - Eu a Dixon. 26 00:01:29,048 --> 00:01:31,926 Hai un coche negro unhas casas máis alá, 27 00:01:31,926 --> 00:01:33,469 o mesmo de onte. 28 00:01:34,512 --> 00:01:37,097 Tiñas razón. Séguennos. 29 00:01:38,098 --> 00:01:39,433 Como o imos facer? 30 00:01:39,433 --> 00:01:41,310 Voume presentar. 31 00:01:49,985 --> 00:01:51,779 Mira esta marabilla. 32 00:01:54,532 --> 00:01:55,950 Que carallo pensa facer? 33 00:02:05,417 --> 00:02:07,086 O meu nariz, tío! 34 00:02:09,839 --> 00:02:10,673 Arma! 35 00:02:18,430 --> 00:02:20,599 Coma nos vellos tempos. 36 00:02:20,599 --> 00:02:24,520 Si, ti descansando e eu facendo o traballo. 37 00:02:25,354 --> 00:02:28,232 Rapaces, esta era a arma. 38 00:02:29,108 --> 00:02:30,317 NYPD? 39 00:02:30,776 --> 00:02:32,570 Chámase Gaitano Russo. 40 00:02:35,030 --> 00:02:37,658 A min non me mires. O traballo fixéchelo ti. 41 00:02:50,671 --> 00:02:53,757 A verdade, tío, vaia metedura de zoca. 42 00:02:54,758 --> 00:02:58,178 Cando Russo esperte, o NYPD vaite buscar. 43 00:02:58,178 --> 00:02:59,972 Por que lle deches tan forte? 44 00:02:59,972 --> 00:03:01,307 Non dou amodo. 45 00:03:02,308 --> 00:03:05,686 - Pasarás un tempo no cárcere. - Cabreoume o do can. 46 00:03:05,686 --> 00:03:08,480 Supuxen que estaba implicado no de Franzy e Swan. 47 00:03:08,480 --> 00:03:12,151 Que nos ensinaches? "Na investigación, as suposicións matan." 48 00:03:12,151 --> 00:03:14,570 "Na investigación, os detalles contan." 49 00:03:14,570 --> 00:03:18,282 Non o matei, só lle rompín o nariz. Estará ben cando esperte. 50 00:03:19,325 --> 00:03:22,453 Merda. Gaitano Russo. 51 00:03:22,453 --> 00:03:26,165 Guy Russo. É o que investigaba o homicidio de Franz. 52 00:03:26,165 --> 00:03:29,752 - Vino nos arquivos. - Como nos localizou? 53 00:03:29,752 --> 00:03:32,671 O NYPD viu que Franz te chamara, buscaron o nome, 54 00:03:32,671 --> 00:03:34,590 viron que mercaras os billetes, 55 00:03:34,590 --> 00:03:37,301 séguente desde que aterraches, pero por que? 56 00:03:37,301 --> 00:03:38,552 Pero onde? 57 00:03:38,552 --> 00:03:42,181 Onde agochas alguén de 2 m para que non remate no cárcere? 58 00:03:42,181 --> 00:03:44,642 Non marcho. O caso está aquí. 59 00:03:44,642 --> 00:03:46,185 Igual non. 60 00:03:46,185 --> 00:03:48,979 Sanchez e Orozco teñen a caixa de mensaxes chea. 61 00:03:48,979 --> 00:03:50,147 É un mal sinal. 62 00:03:50,147 --> 00:03:53,233 Igual non é bo momento para liscar, sobre todo 63 00:03:53,233 --> 00:03:55,653 porque o amigo mallou un policía. 64 00:03:55,778 --> 00:03:59,198 Ben. Iremos a Atlantic City, 65 00:03:59,323 --> 00:04:00,991 a ver se os atopamos. 66 00:04:00,991 --> 00:04:04,244 Primeiro deixamos o hotel e buscamos outro coche 67 00:04:04,244 --> 00:04:07,790 antes de que Russo esperte e emita unha orde de busca. 68 00:04:07,790 --> 00:04:09,625 O Range Rover é moi grande. 69 00:04:10,668 --> 00:04:12,962 Non podemos ter nada pola túa culpa. 70 00:04:30,688 --> 00:04:33,315 Espera, non o entendo. Tivo un accidente? 71 00:04:33,315 --> 00:04:35,234 Non. Só lle deu unha patada. 72 00:04:36,068 --> 00:04:39,363 Entón como carallo saltou o coxín de seguridade? 73 00:04:39,363 --> 00:04:40,698 Deulle ao coche, 74 00:04:40,698 --> 00:04:44,576 sacou o policía e deulle tan forte que caeu ao chan. 75 00:04:44,576 --> 00:04:46,328 É unha besta. 76 00:04:46,578 --> 00:04:48,789 Igual despois necesito reforzos. 77 00:04:49,373 --> 00:04:50,457 E teralos. 78 00:04:51,625 --> 00:04:55,713 De momento, vai detrás deles. E non a cagues. 79 00:04:56,422 --> 00:04:57,423 Entendido. 80 00:05:02,302 --> 00:05:05,139 Aparcamento temporal só na primeira planta. 81 00:05:06,807 --> 00:05:09,893 Aparcamento temporal só na primeira planta. 82 00:05:11,854 --> 00:05:16,066 Venden un Accord 2019 en Tremont por debaixo do valor de mercado. 83 00:05:16,066 --> 00:05:17,359 Só efectivo. 84 00:05:17,359 --> 00:05:21,280 É un dos coches que máis rouban no Bronx e non quere papelame? 85 00:05:21,280 --> 00:05:23,365 Collémolo e estamos perdidos. 86 00:05:23,365 --> 00:05:27,161 Non nos queda outra. Temos unha alerta, non podemos alugar nada. 87 00:05:27,161 --> 00:05:31,165 Se conducimos un coche roubado, igual nos arrestan. 88 00:05:31,165 --> 00:05:32,666 Teño a solución. 89 00:05:45,220 --> 00:05:46,889 Que tal o traballo encuberto? 90 00:05:48,640 --> 00:05:49,558 Reacher. 91 00:05:52,102 --> 00:05:54,104 Como sabes que era encuberto? 92 00:05:54,104 --> 00:05:56,774 Dadas as circunstancias, virías axiña. 93 00:05:56,774 --> 00:06:00,027 Non viñeches, entón é que non recibiches a mensaxe. 94 00:06:00,027 --> 00:06:03,072 Se estiveses de vacacións, revisaríalas. 95 00:06:03,072 --> 00:06:06,200 Tiñas que ir encuberta, moi encuberta, 96 00:06:06,200 --> 00:06:08,494 onde non puideses revisalas. 97 00:06:08,494 --> 00:06:09,912 O Reacher de sempre. 98 00:06:11,288 --> 00:06:12,623 Malversación de fondos. 99 00:06:12,623 --> 00:06:13,832 Botei tanto en Texas 100 00:06:13,832 --> 00:06:17,044 que pensei que me gustaban as campeiras e o fútbol. 101 00:06:17,044 --> 00:06:18,670 Tes o DNI falso? 102 00:06:18,670 --> 00:06:20,255 - Si. - Ben. 103 00:06:20,380 --> 00:06:22,883 - Aluga o coche con el. - E tanto segredo? 104 00:06:22,883 --> 00:06:25,844 Neagley, O'Donnell e eu temos unha alerta. 105 00:06:25,844 --> 00:06:27,179 Mallei un policía. 106 00:06:28,764 --> 00:06:30,140 Como non. 107 00:06:34,812 --> 00:06:35,646 Entón, 108 00:06:37,231 --> 00:06:38,315 Franz... 109 00:06:38,565 --> 00:06:39,399 Si. 110 00:06:40,150 --> 00:06:41,819 E parece que Swan tamén. 111 00:06:42,778 --> 00:06:44,822 Sanchez e Orozco non aparecen. 112 00:06:48,492 --> 00:06:49,326 Vale. 113 00:06:52,538 --> 00:06:54,581 Ben, pois encargámonos nós. 114 00:06:55,624 --> 00:06:58,335 Ninguén se mete cos investigadores especiais. 115 00:07:01,088 --> 00:07:01,922 Seguinte. 116 00:07:06,176 --> 00:07:09,304 - Colle un... - SUV, seino. Necesitas espazo. 117 00:07:22,276 --> 00:07:24,820 Ben. Alégrame ver que estás aquí. 118 00:07:24,945 --> 00:07:26,613 Non vou marchar nunca. 119 00:07:26,613 --> 00:07:29,116 Se hai algún informe militar, 120 00:07:29,116 --> 00:07:32,661 sexa cal sexa a infracción, cópiannos a nós. 121 00:07:34,121 --> 00:07:35,831 Viches algo raro? 122 00:07:35,831 --> 00:07:38,917 Si, unha rata coma un cabalo hai uns 20 minutos. 123 00:07:38,917 --> 00:07:39,918 De verdade? 124 00:07:39,918 --> 00:07:41,670 Está por esas caixas. 125 00:07:41,670 --> 00:07:43,046 Que noxo. 126 00:07:43,046 --> 00:07:46,425 Pois falando de ratas, creo que atopei unha. 127 00:07:46,425 --> 00:07:50,971 Un comandante de Afganistán pensa que lle rouban combustible dos avións. 128 00:07:50,971 --> 00:07:54,099 Roubar combustible para revendelo? 129 00:07:54,099 --> 00:07:57,394 Non é a prioridade que busca o exército. 130 00:07:57,394 --> 00:08:00,814 Non creo que o rouben e o revendan. 131 00:08:00,814 --> 00:08:04,443 Mira estas cifras, sempre din algo. 132 00:08:04,443 --> 00:08:07,196 Vin que faltaba combustible na base 133 00:08:07,196 --> 00:08:09,656 sempre despois dun voo específico. 134 00:08:09,656 --> 00:08:12,826 Cando os C-17 Humvee volven aos Estados Unidos. 135 00:08:12,826 --> 00:08:17,247 É un detalle pequeno, pero na investigación, os detalles contan. 136 00:08:18,749 --> 00:08:20,542 Gústame. 137 00:08:20,542 --> 00:08:22,502 Vouno usar. 138 00:08:22,502 --> 00:08:24,087 Todo o meu é teu. 139 00:08:25,339 --> 00:08:26,173 Entón, 140 00:08:28,300 --> 00:08:29,384 tes unha teoría? 141 00:08:29,384 --> 00:08:32,304 Si. Non hai indicios de ventas ilegais 142 00:08:32,304 --> 00:08:34,306 en ningures nin preto da base. 143 00:08:34,306 --> 00:08:36,475 E como desaparece o combustible? 144 00:08:36,475 --> 00:08:38,602 O mellor é queimalo. 145 00:08:38,602 --> 00:08:41,021 Xusto. Neagley sabe sobre combustible 146 00:08:41,021 --> 00:08:45,359 e pensa que eses voos levan máis combustible a propósito. 147 00:08:45,359 --> 00:08:47,236 Pero cando aterran, 148 00:08:47,236 --> 00:08:50,364 a cantidade de combustible é xusto a que se espera 149 00:08:50,364 --> 00:08:52,282 e rexístrano no caderno. 150 00:08:52,282 --> 00:08:53,825 Como pasa iso? 151 00:08:53,825 --> 00:08:56,703 Ese exceso úsano para transportar máis peso 152 00:08:56,703 --> 00:08:59,456 - do que a xente pensa que hai. - Si. 153 00:08:59,581 --> 00:09:03,168 Transportan algo pesado e secreto. 154 00:09:03,168 --> 00:09:05,420 Xusto. Contrabando nos Humvee. 155 00:09:05,420 --> 00:09:08,674 Drogas, armas, cartos roubados, todo iso. 156 00:09:10,133 --> 00:09:12,094 Bo traballo, Dixon. 157 00:09:12,094 --> 00:09:14,471 Atopaches un caso que merece atención. 158 00:09:16,014 --> 00:09:19,977 Non sei ti, pero toda esta historia deume sede. 159 00:09:19,977 --> 00:09:21,895 Imos celebralo? 160 00:09:21,895 --> 00:09:23,855 Podes invitarme a unha copa. 161 00:09:27,276 --> 00:09:29,236 Teño que traballar nos informes. 162 00:09:31,571 --> 00:09:33,949 - Outro día. - Si. 163 00:09:34,074 --> 00:09:34,992 Pero iso, 164 00:09:36,285 --> 00:09:38,662 - bo traballo, Dixon. - Xa. 165 00:09:38,662 --> 00:09:41,790 De nada. As cifras sempre din algo. 166 00:10:10,360 --> 00:10:13,613 Ben, as cifras dinche algo? 167 00:10:16,116 --> 00:10:19,578 O mesmo ca unha película de David Lynch. É incomprensible. 168 00:10:19,578 --> 00:10:22,622 Se son fraccións, fixeron unha chafallada. 169 00:10:22,622 --> 00:10:24,541 Algunhas non se reduciron. 170 00:10:24,541 --> 00:10:26,585 Eu tamén o vin. 171 00:10:26,585 --> 00:10:28,628 Igual son datos concretos. 172 00:10:28,628 --> 00:10:32,132 Igual "oito de dez", no canto de "catro quintos"? 173 00:10:32,257 --> 00:10:33,300 Igual si. 174 00:10:33,300 --> 00:10:37,220 Si, igual si. Ademais diso, hai dúas cousas. 175 00:10:37,220 --> 00:10:39,890 Ningún representa o 100 %, non hai 9/9 176 00:10:39,890 --> 00:10:44,019 nin 10/10, e nas primeiras catro páxinas hai 26 números, 177 00:10:44,019 --> 00:10:47,356 na quinta, 27, e nas dúas últimas, 26 outra vez. 178 00:10:47,356 --> 00:10:50,567 Puido ser un erro. Igual están así colocados e xa. 179 00:10:50,567 --> 00:10:53,028 Parece intencionado. Non están cheas. 180 00:10:53,028 --> 00:10:54,863 E a lista de nomes con A. M.? 181 00:10:54,863 --> 00:10:58,158 Non me di nada. Estou de acordo, serán alias. 182 00:10:58,158 --> 00:11:01,578 Pode ser alguén que lle teña rancor á 110.a? 183 00:11:01,578 --> 00:11:03,038 Arrestamos moita xente. 184 00:11:03,038 --> 00:11:05,415 E James Barr? 185 00:11:05,415 --> 00:11:07,709 Ten habilidades e está tolo. 186 00:11:07,709 --> 00:11:11,338 Barr é tirador. Non o vexo guindando a ninguén dun helicóptero. 187 00:11:11,338 --> 00:11:13,715 Ademais, vino en Indiana o ano pasado. 188 00:11:14,591 --> 00:11:15,759 Débeme unha. 189 00:11:18,553 --> 00:11:19,721 Non o quero saber. 190 00:11:23,892 --> 00:11:25,685 "Pine Barrens." 191 00:11:26,561 --> 00:11:28,480 Unha chea de terras solitarias. 192 00:11:29,523 --> 00:11:32,484 Igual que onde apareceu Franz en Nova York. 193 00:11:33,652 --> 00:11:36,154 Deixaron o corpo alí para que podrecese. 194 00:11:37,572 --> 00:11:39,574 E Swan igual tamén está por aí. 195 00:11:40,826 --> 00:11:43,620 E Sanchez e Orozco. 196 00:11:47,707 --> 00:11:49,000 Non hai nada de blues? 197 00:11:49,918 --> 00:11:51,878 Estamos en Nova Jersey. 198 00:11:51,878 --> 00:11:53,088 É do meu teléfono. 199 00:11:54,339 --> 00:11:57,968 Franz adoitaba poñer isto sempre cando ti non estabas. 200 00:12:00,178 --> 00:12:01,012 Déixaa. 201 00:12:15,277 --> 00:12:19,156 Alugaron un coche cun nome falso, pero é Karla Dixon. 202 00:12:20,282 --> 00:12:21,366 Está con eles. 203 00:12:21,366 --> 00:12:24,327 Van cara a Atlantic City, irán buscar os amigos. 204 00:12:24,953 --> 00:12:27,664 Ben, todos xuntos no mesmo sitio. 205 00:12:28,665 --> 00:12:30,792 Cando chegues alí, acaba con eles. 206 00:12:30,792 --> 00:12:31,877 Recibido. 207 00:12:31,877 --> 00:12:35,755 Acórdaste do que falamos dos reforzos? Coñezo alguén. 208 00:12:35,755 --> 00:12:38,467 Leva a quen necesites. 209 00:12:38,467 --> 00:12:39,968 Pagaremos nós todo. 210 00:12:40,969 --> 00:12:43,054 Quero que mañá estean mortos. 211 00:12:43,889 --> 00:12:46,975 Escóitasme? Mortos, hostia. 212 00:12:54,816 --> 00:13:00,780 {\an8}ATLANTIC CITY, NOVA JERSEY 213 00:13:13,960 --> 00:13:15,587 Coma na oficina de Franz. 214 00:13:15,587 --> 00:13:17,881 E nas habitacións do hotel. 215 00:13:18,006 --> 00:13:20,759 Dixeches que a casa de Swan estaba ben. 216 00:13:20,759 --> 00:13:22,886 - Si. - Engade iso nas cousas 217 00:13:22,886 --> 00:13:24,513 que igual significan algo. 218 00:13:29,392 --> 00:13:32,979 Sabedes onde iría Orozco sen o seu chisqueiro? 219 00:13:36,274 --> 00:13:37,359 Tempos mellores. 220 00:13:43,156 --> 00:13:45,367 Son eu o único que non ten esa foto? 221 00:13:45,367 --> 00:13:47,285 - Eu téñoa. - Eu téñoa. 222 00:13:47,452 --> 00:13:48,578 No meu estante. 223 00:13:49,538 --> 00:13:52,374 É difícil colgar unha foto se non tes paredes. 224 00:13:56,795 --> 00:13:58,380 Estamos perdendo o tempo. 225 00:13:58,380 --> 00:14:02,300 Certo. Temos o que queren os asasinos, e se había algo máis, 226 00:14:02,300 --> 00:14:03,885 xa o colleron. 227 00:14:04,010 --> 00:14:05,136 Onde imos logo? 228 00:14:06,388 --> 00:14:07,639 A un bar. 229 00:14:07,639 --> 00:14:10,433 Mirade as fotos de Sanchez con esta muller. 230 00:14:10,433 --> 00:14:13,520 - Quen con menos de 50 enmarca fotos? - Nós. 231 00:14:13,645 --> 00:14:16,356 Ademais da foto da 110.a, cantas fotos tes? 232 00:14:16,356 --> 00:14:19,568 - Non moitas. - Pero ela está aí, entón é importante. 233 00:14:21,027 --> 00:14:23,029 Vamos ao Lucky Lounge. 234 00:14:36,334 --> 00:14:39,296 Non, vós os dous quedade aquí. 235 00:14:39,296 --> 00:14:41,506 Parecedes policías. 236 00:14:41,631 --> 00:14:43,008 E vós que parecedes? 237 00:14:44,050 --> 00:14:45,176 A dama e o vagabundo. 238 00:15:08,825 --> 00:15:11,620 Ei, esta muller traballa hoxe? 239 00:15:12,579 --> 00:15:13,955 Vós quen sodes? 240 00:15:13,955 --> 00:15:15,332 Amigos de Sanchez. 241 00:15:18,126 --> 00:15:19,002 Ei, Dulls, 242 00:15:20,086 --> 00:15:23,298 son amigos de Sanchez e queren falar con Milena. 243 00:15:23,298 --> 00:15:25,467 Lévaos atrás, está coas contas. 244 00:15:44,694 --> 00:15:45,820 Milena. 245 00:15:50,659 --> 00:15:53,328 Colle isto e lisca de aquí, xa. 246 00:15:53,328 --> 00:15:54,954 Entendo que é diferente, 247 00:15:54,954 --> 00:15:58,041 pero o comandante merca calzóns usados? 248 00:16:02,379 --> 00:16:05,090 - Esa non é a da foto? - Merda! 249 00:16:07,634 --> 00:16:08,551 Ei! 250 00:16:10,887 --> 00:16:12,430 Só imos ata aquí. 251 00:16:18,228 --> 00:16:19,854 Que pasa, amigos? 252 00:16:19,854 --> 00:16:22,524 Deixade de vir e molestar os nosos amigos. 253 00:16:22,524 --> 00:16:24,901 Mira, tío, equivócaste... 254 00:16:27,320 --> 00:16:29,030 Non me toques! 255 00:16:44,629 --> 00:16:45,630 Espera! 256 00:16:50,093 --> 00:16:51,636 Move o cu. 257 00:16:51,803 --> 00:16:54,222 Para. Xa está. 258 00:16:54,347 --> 00:16:57,308 Menos mal que O'Donnell e eu non entramos. 259 00:16:57,434 --> 00:16:59,352 As cousas podían saír mal. 260 00:17:03,273 --> 00:17:05,024 Facendo amigos, mangallón? 261 00:17:06,818 --> 00:17:09,988 Síntoo. Non liscaría se soubese quen erades. 262 00:17:09,988 --> 00:17:13,116 Debín recoñecervos polas fotos de Jorge. 263 00:17:13,116 --> 00:17:16,035 Eles só coidaban de min. 264 00:17:16,035 --> 00:17:18,955 Un tipo preguntou por ela hai unha semana. 265 00:17:18,955 --> 00:17:22,250 Dixo que traballaba con Sanchez e Orozco en algo secreto. 266 00:17:22,250 --> 00:17:23,835 Bastante grande e calvo? 267 00:17:23,835 --> 00:17:25,920 Non, tiña pelo. 268 00:17:26,129 --> 00:17:27,797 E unha cicatriz na meixela. 269 00:17:27,797 --> 00:17:32,010 Quería saber se Sanchez me deixara algún almacenamento dixital. 270 00:17:32,010 --> 00:17:34,095 Non sabía de que me falaba. 271 00:17:34,095 --> 00:17:37,974 Cheiroume mal o asunto. Cando marchou, chamei a Jorge. 272 00:17:38,975 --> 00:17:40,018 Non respondeu. 273 00:17:41,102 --> 00:17:44,022 Desapareceran antes, cousas do traballo, pero... 274 00:17:44,856 --> 00:17:46,024 isto é diferente. 275 00:17:46,024 --> 00:17:47,734 Dis que coñeces a Sanchez, 276 00:17:47,734 --> 00:17:50,653 pero pareces dos que andan dando malleiras. 277 00:17:50,653 --> 00:17:53,031 Sen ofender. Non parecías de fiar. 278 00:17:53,907 --> 00:17:56,159 Sabes se Sanchez e Orozco falaron 279 00:17:56,159 --> 00:17:57,827 con Calvin Franz ou Tony Swan? 280 00:17:57,827 --> 00:18:02,207 Pois si, estivo aquí hai unhas semanas. Había moito que non se vían. 281 00:18:02,332 --> 00:18:03,917 Tireilles unha foto. 282 00:18:07,462 --> 00:18:08,713 Traballaban nun caso. 283 00:18:08,713 --> 00:18:10,632 - Díxocho Sanchez? - Si. 284 00:18:10,632 --> 00:18:12,133 Que clase de caso? 285 00:18:12,133 --> 00:18:13,676 Non deu detalles. 286 00:18:13,676 --> 00:18:15,011 Swan participaba? 287 00:18:16,012 --> 00:18:17,347 Non veu aquí. 288 00:18:18,264 --> 00:18:20,016 Pero escoitei o seu nome. 289 00:18:21,100 --> 00:18:22,769 Preguntásteslle a Franz? 290 00:18:22,769 --> 00:18:24,604 - Non podemos. - Por que? 291 00:18:24,604 --> 00:18:26,439 Tirárono dun helicóptero. 292 00:18:30,693 --> 00:18:31,820 Meu Deus. 293 00:18:34,989 --> 00:18:37,033 Credes que Jorge e Manuel morreron? 294 00:18:38,243 --> 00:18:39,994 Aínda non o sabemos. 295 00:18:39,994 --> 00:18:43,665 Se están vivos, atoparémolos, pero precisamos a túa axuda. 296 00:18:43,665 --> 00:18:47,418 Lembras algo máis que non nos contases? 297 00:18:50,338 --> 00:18:51,422 Non o sei. 298 00:18:52,966 --> 00:18:56,553 A última vez que vin a Jorge estaba aí sentado. 299 00:18:58,721 --> 00:19:01,474 Chamárono. Parecía importante. 300 00:19:01,474 --> 00:19:02,809 Dixo algo? 301 00:19:02,809 --> 00:19:06,729 Repetiu uns números, coma se se sorprendese ao escoitalos, 302 00:19:06,729 --> 00:19:09,440 ou igual se preocupou. 303 00:19:09,440 --> 00:19:11,985 Dixo que ía saír e non volveu. 304 00:19:11,985 --> 00:19:14,445 - Lembras os números? - Si. 305 00:19:16,364 --> 00:19:19,826 "650 a 100 mil cada un." Non sei que quería dicir. 306 00:19:19,826 --> 00:19:22,120 - Estás segura? - Segurísima. 307 00:19:22,120 --> 00:19:25,248 "650 a 100 mil cada un." 308 00:19:25,373 --> 00:19:28,710 Deume un bico na meixela e saíu correndo. 309 00:19:31,963 --> 00:19:34,591 Lembras as últimas palabras dos que queres. 310 00:19:44,976 --> 00:19:47,604 Temos os números e as matrículas de Nova York. 311 00:19:48,062 --> 00:19:50,982 Igual non é alguén que odie a 110.a. 312 00:19:50,982 --> 00:19:53,860 Se non, nós xa estariamos mortos. 313 00:19:53,860 --> 00:19:55,945 Franz veu hai unhas semanas. 314 00:19:55,945 --> 00:19:58,364 Se pensasen que estabamos en perigo, 315 00:19:58,364 --> 00:20:00,867 chamarían axiña, non semanas máis tarde. 316 00:20:00,867 --> 00:20:04,037 650 a 100 mil cada un. Son 65 millóns de dólares. 317 00:20:04,037 --> 00:20:05,538 Son moitas fichas negras. 318 00:20:05,538 --> 00:20:07,749 En moitos sitios si. Aquí non. 319 00:20:07,749 --> 00:20:10,501 Os de Atlantic City reciben moitos cartos. 320 00:20:10,501 --> 00:20:13,922 O total bruto será dun par de miles de millóns no ano. 321 00:20:13,922 --> 00:20:17,675 Sesenta e cinco millóns, se o fas con coidado, 322 00:20:17,800 --> 00:20:19,302 podería non notarse. 323 00:20:19,302 --> 00:20:23,014 Non por moito tempo. Os contables sempre están pendentes. 324 00:20:23,014 --> 00:20:25,767 Poderían os malos agochalo e liscar 325 00:20:25,767 --> 00:20:27,727 antes de que se decatasen? 326 00:20:27,727 --> 00:20:30,313 Eles traballaban na seguridade do casino. 327 00:20:30,313 --> 00:20:31,940 Igual empezou con eles. 328 00:20:31,940 --> 00:20:34,567 Atoparon algo grande e necesitaban axuda. 329 00:20:34,567 --> 00:20:37,570 Entón chamaron a Franz, e igual a Swan. 330 00:20:39,030 --> 00:20:40,782 Igual ten que ver co xogo. 331 00:20:40,782 --> 00:20:44,827 Son Ellie. Serei a vosa camareira. Que vos traio? 332 00:20:44,827 --> 00:20:46,496 O director de seguridade. 333 00:20:48,206 --> 00:20:49,040 Agora. 334 00:20:51,000 --> 00:20:52,877 Así que sodes a 110.a. 335 00:20:52,877 --> 00:20:54,128 O que queda. 336 00:20:54,128 --> 00:20:57,382 Sanchez e Orozco falan de vós todo o tempo. 337 00:20:57,382 --> 00:20:58,383 Por favor. 338 00:20:58,383 --> 00:20:59,968 Coñecíaos ben? 339 00:21:00,093 --> 00:21:04,013 Si. Revisan os antecedentes en todos os casinos de por aquí. 340 00:21:04,931 --> 00:21:07,642 Espera. Dixeches "coñecíalos". 341 00:21:08,101 --> 00:21:09,602 En pasado. 342 00:21:09,602 --> 00:21:11,479 Cremos que igual están mortos. 343 00:21:12,230 --> 00:21:13,439 Hostia. 344 00:21:14,983 --> 00:21:20,947 Aínda os vin o mes pasado mentres collía a comida no White House Subs. 345 00:21:21,698 --> 00:21:24,450 - Podo axudar? - Sabe que significan os números? 346 00:21:25,076 --> 00:21:26,244 Non o sei. 347 00:21:26,244 --> 00:21:28,955 E a frase "650 a 100 mil cada un"? 348 00:21:29,539 --> 00:21:32,083 Non. Que é todo isto? 349 00:21:33,251 --> 00:21:35,294 É posible que investigasen 350 00:21:35,294 --> 00:21:38,172 unha estafa de xogo duns 65 millóns. 351 00:21:38,381 --> 00:21:39,382 Ben. 352 00:21:40,591 --> 00:21:46,014 Os "650" poderían ser máquinas comecartos ou partidas de póker amañadas, 353 00:21:46,014 --> 00:21:50,518 pero a 100 mil cada unha, sería moi arriscado. 354 00:21:50,518 --> 00:21:54,313 E xa vos digo que a nosa contabilidade está ben. 355 00:21:54,313 --> 00:21:56,065 Non nos falta nada. 356 00:21:56,065 --> 00:21:57,650 E os competidores? 357 00:21:58,526 --> 00:22:00,194 Podo preguntar, 358 00:22:00,194 --> 00:22:03,698 a ver se alguén sabía en que estaban traballando. 359 00:22:03,698 --> 00:22:07,035 - Igual iso axuda. - Poderías buscar estes nomes? 360 00:22:07,160 --> 00:22:09,537 Mira se están rexistrados nalgún hotel. 361 00:22:13,332 --> 00:22:17,587 Isto igual leva unhas horas. Onde vos aloxades? 362 00:22:18,671 --> 00:22:19,756 Non sabemos. 363 00:22:21,215 --> 00:22:22,842 Pois permitídeme. 364 00:22:22,842 --> 00:22:24,135 Non é necesario. 365 00:22:24,135 --> 00:22:26,763 Non, sodes amigos de Sanchez e Orozco. 366 00:22:28,139 --> 00:22:31,225 Pois parece que só temos dispoñible unha suite. 367 00:22:31,225 --> 00:22:32,894 Iso abondará. 368 00:22:33,895 --> 00:22:35,730 Veña, lévovos ata alí. 369 00:22:35,730 --> 00:22:38,149 - Quedaremos nun motel. - Reacher, 370 00:22:38,900 --> 00:22:42,445 se alguén che ofrece unha suite gratis, dis que si. 371 00:22:42,445 --> 00:22:44,989 Pediremos un banco do parque para ti. 372 00:22:44,989 --> 00:22:46,282 Estarás coma na casa. 373 00:23:00,838 --> 00:23:02,840 Que era iso do motel, Reacher? 374 00:23:05,593 --> 00:23:08,054 Seguro que hai spa. 375 00:23:08,179 --> 00:23:09,847 Voume dar un baño! 376 00:23:09,972 --> 00:23:11,724 Quero as vistas ao mar. 377 00:23:42,088 --> 00:23:44,882 O'Donnell e Neagley atoparon o bar. 378 00:23:44,882 --> 00:23:46,092 Está cheo. 379 00:23:46,926 --> 00:23:48,553 Non por moito. Remataches? 380 00:23:52,390 --> 00:23:53,224 Si. 381 00:24:01,774 --> 00:24:05,528 Había anos que non estaba nun hotel que non fose familiar. 382 00:24:05,528 --> 00:24:08,698 Non podo crer que David O'Donnell procrease. 383 00:24:08,698 --> 00:24:10,241 Querendo. 384 00:24:11,075 --> 00:24:14,620 Lembro aquel que dicía que só lle chamarían "papi" as mulleres 385 00:24:14,620 --> 00:24:16,122 coas que durmise. 386 00:24:16,122 --> 00:24:18,875 Aínda durmo con xente que me chama "papi". 387 00:24:18,875 --> 00:24:21,294 Ás veces con tres se hai tormenta. 388 00:24:21,961 --> 00:24:24,172 Xa o descubrirás, Dixon. 389 00:24:24,172 --> 00:24:25,965 - Estás embarazada? - Que? 390 00:24:26,340 --> 00:24:27,592 Non, raios, non. 391 00:24:27,592 --> 00:24:30,469 Está comprometida. Non o sabías? 392 00:24:30,469 --> 00:24:32,722 Alguén conquistou a nosa rapaza. 393 00:24:33,598 --> 00:24:34,807 Non. 394 00:24:34,932 --> 00:24:37,351 Non o sabía. 395 00:24:37,351 --> 00:24:41,397 Sobre iso, podedes esquecer a data. 396 00:24:41,647 --> 00:24:43,441 Hostia, en serio? 397 00:24:44,817 --> 00:24:48,529 Xa me coñecedes. Son de números, sempre cun plan de vida. 398 00:24:48,529 --> 00:24:52,450 Plans para casar a certa idade, nun ano concreto. 399 00:24:52,992 --> 00:24:55,953 E un día vin unha mensaxe no seu teléfono. 400 00:24:55,953 --> 00:24:58,372 "Ola, meu ben. Que ganas de verte. 401 00:24:58,372 --> 00:25:00,499 - Bótote de menos" e iso. - Non! 402 00:25:00,499 --> 00:25:02,001 Non se engana a Dixon. 403 00:25:02,001 --> 00:25:03,544 E el non o fixo. 404 00:25:03,544 --> 00:25:06,797 As mensaxes eran da sobriña que viña de visita. 405 00:25:07,173 --> 00:25:11,844 Pero deime conta de que cando pensaba que me enganaba, 406 00:25:12,637 --> 00:25:14,096 sentinme... 407 00:25:15,640 --> 00:25:16,807 aliviada. 408 00:25:17,558 --> 00:25:19,769 É dicir, é un bo home. Eu... 409 00:25:19,769 --> 00:25:21,604 Se vas pasar a vida con alguén, 410 00:25:21,604 --> 00:25:24,690 non deberías sentir algo máis ca comodidade? 411 00:25:24,690 --> 00:25:26,234 Se cadra emoción, 412 00:25:26,234 --> 00:25:30,446 sentir algo cando o ves? 413 00:25:32,406 --> 00:25:36,577 Por un momento pensei que sairía sen problemas e sen culpa. 414 00:25:36,577 --> 00:25:38,704 Pero no canto diso, saín con... 415 00:25:38,704 --> 00:25:41,165 Moitos problemas e moita culpa. 416 00:25:41,916 --> 00:25:43,000 Bingo. 417 00:25:43,000 --> 00:25:44,752 Ben feito. 418 00:25:44,877 --> 00:25:46,504 Karla Dixon non se asenta. 419 00:25:47,171 --> 00:25:48,339 Grazas. 420 00:25:48,756 --> 00:25:50,841 Por iso aceptei o traballo. 421 00:25:50,841 --> 00:25:53,052 Para afastarme un pouco. 422 00:25:53,052 --> 00:25:56,806 Como se relacionan o traballo encuberto e a contabilidade? 423 00:25:56,806 --> 00:26:01,060 Un directivo malversaba millóns dunha empresa de Texas. 424 00:26:01,060 --> 00:26:04,605 Alí todos teñen armas. El usaría a súa se o acurralaban. 425 00:26:04,605 --> 00:26:08,442 Entón pareceume intrigante, e tamén o tema dos números. 426 00:26:08,734 --> 00:26:09,860 Moi ben. 427 00:26:09,860 --> 00:26:11,153 E ti, Neagley? 428 00:26:11,153 --> 00:26:13,990 Entro en LinkedIn e sempre estás ascendendo. 429 00:26:13,990 --> 00:26:15,574 Pásoo ben. 430 00:26:15,574 --> 00:26:17,994 Ando en casos grandes, levo un equipo. 431 00:26:18,119 --> 00:26:20,746 Quero traballar cunha empresa de software. 432 00:26:20,746 --> 00:26:23,708 Se o consigo, levarei unha parte. 433 00:26:23,708 --> 00:26:24,834 Que chovan cartos. 434 00:26:24,834 --> 00:26:28,212 Non teño opción. Quero alguén que coide de meu pai 435 00:26:28,212 --> 00:26:31,007 e alugarlle algo preto de min, e custa cartos. 436 00:26:31,007 --> 00:26:32,883 Por que alugar? Merca accións. 437 00:26:32,883 --> 00:26:36,846 Non, merca un piso. As cooperativas son repúblicas bananeiras. 438 00:26:36,846 --> 00:26:37,888 Si. 439 00:26:39,598 --> 00:26:42,810 E ti, mangallón? Estás moi calado. 440 00:26:44,770 --> 00:26:48,899 Ter unha casa é coma criar serpes ou coma as competicións de baile. 441 00:26:49,567 --> 00:26:51,777 Están ben se che gustan. 442 00:26:51,777 --> 00:26:54,989 - A min non me gustan. - E os traballos estables? 443 00:26:55,448 --> 00:26:57,658 O mundo corporativo é coma o exército. 444 00:26:57,658 --> 00:27:00,536 E sempre me sentín engaiolado. 445 00:27:00,536 --> 00:27:02,955 Non coñecía nada máis. 446 00:27:03,080 --> 00:27:05,624 Estaba nun bar e soaba Howlin' Wolf, 447 00:27:05,624 --> 00:27:08,586 que falaba de trens viaxando pola noite. 448 00:27:08,753 --> 00:27:10,588 Iso parecíame a liberdade. 449 00:27:10,588 --> 00:27:14,925 Vas de tren en tren coma Boxcar Willie? 450 00:27:14,925 --> 00:27:15,968 Ás veces. 451 00:27:17,011 --> 00:27:18,763 Adoito ir en bus ou a dedo. 452 00:27:19,305 --> 00:27:22,725 Quen recollería o vagabundo máis grande do mundo? 453 00:27:23,476 --> 00:27:25,686 - Son interesantes. - Onde comes? 454 00:27:25,686 --> 00:27:27,521 Roubo tortas das ventás. 455 00:27:28,022 --> 00:27:30,316 - Falo en serio. - Cafeterías. 456 00:27:31,108 --> 00:27:34,278 Ás veces a xente que me recolle comparte a comida. 457 00:27:34,278 --> 00:27:37,656 - Outras veces compártoa eu. - Onde dormes? 458 00:27:37,656 --> 00:27:39,200 En moteis baratos. 459 00:27:40,284 --> 00:27:41,660 E se non atopas un? 460 00:27:41,786 --> 00:27:44,413 Os barcos non vixiados están ben. 461 00:27:44,413 --> 00:27:46,040 As plataformas dos camións. 462 00:27:47,041 --> 00:27:50,086 Unha vez durmín moi ben nunha hamaca 463 00:27:50,086 --> 00:27:53,089 - ata que se activaron os aspersores. - Ceo santo. 464 00:27:53,089 --> 00:27:56,175 - Só necesitas pau e manta. - Demasiada equipaxe. 465 00:27:59,178 --> 00:28:00,846 Algunha pregunta máis? 466 00:28:00,971 --> 00:28:02,723 Si, só unha. 467 00:28:04,433 --> 00:28:05,768 Nunca te sentes só? 468 00:28:26,288 --> 00:28:28,290 COME TODO O QUE POIDAS 469 00:28:29,834 --> 00:28:32,294 Alguén tomou en serio o cartel. 470 00:28:32,294 --> 00:28:34,922 Doreen, isto é só o quecemento. 471 00:28:36,507 --> 00:28:40,594 Se che gustou a cea, asegúrate de probar o almorzo de Neptuno. 472 00:28:40,594 --> 00:28:42,847 Todos os días dende as 6:00. 473 00:28:43,722 --> 00:28:44,765 Grazas. 474 00:29:11,625 --> 00:29:13,836 Non son o único que non podía durmir. 475 00:29:13,836 --> 00:29:15,463 Os números reláxanme. 476 00:29:15,463 --> 00:29:18,841 Se ía calcular, podía gañar cartos mentres. Paro aquí. 477 00:29:18,841 --> 00:29:21,635 Ten dez e oito en dúas das súas mans. 478 00:29:21,635 --> 00:29:27,057 Certo. Podería dobrar a aposta e arriscar todo 479 00:29:27,057 --> 00:29:29,310 ou podo parar e gañar seguro 480 00:29:29,310 --> 00:29:31,729 porque a seguinte carta farate perder. 481 00:29:32,062 --> 00:29:34,773 Miña avoa dicía: "A avaricia rompe o saco." 482 00:29:34,773 --> 00:29:35,941 Non é avariciosa. 483 00:29:37,151 --> 00:29:38,611 Non o son. Entón, paro. 484 00:29:38,611 --> 00:29:40,112 Como queira. 485 00:29:40,112 --> 00:29:41,322 Quince. 486 00:29:42,239 --> 00:29:43,741 Demasiados. 487 00:29:44,074 --> 00:29:45,910 Parabéns, señora. 488 00:29:45,910 --> 00:29:47,453 Ten sorte esta noite. 489 00:29:47,453 --> 00:29:50,206 Igual quere celebralo cun concerto? 490 00:29:50,206 --> 00:29:52,041 - Grazas. - Mulleres dos 80. 491 00:29:52,041 --> 00:29:55,127 Cantarán Debbie Gibson, Tiffany e Taylor Dayne. 492 00:29:55,127 --> 00:29:56,879 Pode ir á segunda parte. 493 00:29:56,879 --> 00:29:58,339 Estouno pasando ben. 494 00:29:59,548 --> 00:30:01,258 Sabemos que conta as cartas. 495 00:30:01,258 --> 00:30:03,469 Non é ilegal se o fas na cabeza. 496 00:30:04,053 --> 00:30:07,681 Pero como o seu xefe de seguridade nos deu unha suite, 497 00:30:07,681 --> 00:30:09,725 terei piedade. 498 00:30:09,850 --> 00:30:13,312 Por que non usas os músculos para levar isto ao portelo? 499 00:30:14,563 --> 00:30:17,566 Dálle as entradas ao da chaqueta de Members Only. 500 00:30:17,566 --> 00:30:20,069 Gustaralle o das mulleres dos 80. 501 00:30:45,553 --> 00:30:47,096 Grazas por vir. 502 00:30:47,096 --> 00:30:50,391 Pasear pola noite despéxame a cabeza, 503 00:30:50,391 --> 00:30:55,479 e despois da mensaxe de Neagley sobre o de Franz, teño a cabeza revolta. 504 00:30:55,479 --> 00:30:56,522 Xa. 505 00:30:57,022 --> 00:31:00,734 Sorpréndeme que poidas andar con todos os cartos do casino. 506 00:31:02,111 --> 00:31:05,489 Entendo que a contable o vai declarar nos impostos? 507 00:31:05,489 --> 00:31:07,116 Eses delincuentes? 508 00:31:07,241 --> 00:31:11,161 Se puidese auditar a alguén, sería o traballo dos meus soños. 509 00:31:11,161 --> 00:31:13,247 O teu traballo non che gusta? 510 00:31:13,247 --> 00:31:16,542 Non. Persigo millonarios que rouban a multimillonarios. 511 00:31:16,542 --> 00:31:20,254 O que quero é traballar na corrupción do goberno. 512 00:31:20,254 --> 00:31:22,381 Ti xa sabes do que falo. 513 00:31:22,381 --> 00:31:25,259 - Cagadeiros de 600 dólares. - Xusto. 514 00:31:25,259 --> 00:31:30,639 Se se usasen os impostos eficientemente, amañaríanse estradas, pontes 515 00:31:30,639 --> 00:31:33,684 e escolas. Poderiamos axudar xente que o necesita. 516 00:31:33,684 --> 00:31:35,603 Marcar a diferenza. 517 00:31:35,728 --> 00:31:36,979 Deberías facelo. 518 00:31:36,979 --> 00:31:38,022 Si. 519 00:31:38,022 --> 00:31:42,151 Busquei para crear unha organización sen ánimo de lucro, 520 00:31:42,985 --> 00:31:44,945 pero custaba demasiado. 521 00:31:46,155 --> 00:31:48,073 O primeiro paso é o difícil. 522 00:31:50,117 --> 00:31:51,076 Si. 523 00:31:52,911 --> 00:31:57,124 Por iso non pasou nada entre nós daquela? 524 00:31:57,124 --> 00:31:58,959 O primeiro paso era difícil? 525 00:32:01,795 --> 00:32:04,423 Canto bebiches no cuarto do hotel? 526 00:32:04,548 --> 00:32:06,467 O suficiente para preguntarcho. 527 00:32:07,468 --> 00:32:10,095 Veña, non é que non che dese pistas. 528 00:32:12,598 --> 00:32:14,433 Era o teu xefe. 529 00:32:14,433 --> 00:32:16,268 Non estaría ben. 530 00:32:22,358 --> 00:32:25,736 Levo anos esperando a resposta e é totalmente Reacher. 531 00:32:26,779 --> 00:32:29,365 Directa, honesta, ben pensada. 532 00:32:33,494 --> 00:32:35,621 Podo facerche outra pregunta entón? 533 00:32:37,665 --> 00:32:40,376 Que queres facer cos dous que nos seguen? 534 00:32:41,877 --> 00:32:44,755 - Cando os viches? - Cando saímos do casino. 535 00:32:44,755 --> 00:32:47,966 Pensei que nos verían cos cartos e querían roubarnos. 536 00:32:47,966 --> 00:32:49,510 Iso pensei eu. 537 00:32:49,510 --> 00:32:50,928 Ves ese coche 538 00:32:50,928 --> 00:32:53,347 - coa placa de Nova York? - Si. 539 00:32:53,347 --> 00:32:56,475 Viña detrás nosa na autopista camiño de aquí. 540 00:32:56,475 --> 00:32:59,937 Cando pasemos por el, sairá un tipo cunha arma. 541 00:32:59,937 --> 00:33:03,232 Cando nos xiremos para correr, estarán preto eses dous. 542 00:33:03,232 --> 00:33:04,817 Cal é o plan? 543 00:33:04,817 --> 00:33:06,777 Non imos pasar xunta o coche. 544 00:33:06,777 --> 00:33:08,612 Cando diga, salta o cerrado. 545 00:33:09,446 --> 00:33:10,280 Agora! 546 00:33:10,656 --> 00:33:11,490 Merda! 547 00:33:19,748 --> 00:33:20,916 Vamos! 548 00:33:24,002 --> 00:33:27,506 Ben, emitirían unha orde por lle pegares ao policía. 549 00:33:27,506 --> 00:33:31,051 Se disparamos aquí, chaman a policía e encérrante. 550 00:33:31,051 --> 00:33:32,511 Fagámolo sen armas. 551 00:33:33,721 --> 00:33:35,889 Creo que eles pensan o mesmo. 552 00:33:37,349 --> 00:33:38,976 Necesitas axuda? 553 00:33:39,101 --> 00:33:40,060 Apañareime. 554 00:36:32,941 --> 00:36:35,903 Cando eramos cativos, escribiamos aí o nome. 555 00:36:39,156 --> 00:36:41,617 É o da chaqueta de Members Only do casino. 556 00:36:43,035 --> 00:36:46,538 Merda. Se viñeron por nós, irán por Neagley e O'Donnell. 557 00:36:46,705 --> 00:36:50,667 Non. Esperaron a que saísemos do paseo para atacar. 558 00:36:50,667 --> 00:36:53,503 Non irán a un hotel concorrido con cámaras. 559 00:36:54,504 --> 00:36:55,589 Non ten DNI. 560 00:36:56,381 --> 00:36:58,133 Busquemos no seu coche. 561 00:37:11,980 --> 00:37:13,899 Parece que estaba preparado. 562 00:37:18,195 --> 00:37:19,071 Teléfono. 563 00:37:26,578 --> 00:37:27,621 Está feito? 564 00:37:27,621 --> 00:37:29,331 Non como esperabas. 565 00:37:34,962 --> 00:37:37,130 Méteste co tipo equivocado, Reacher. 566 00:37:37,130 --> 00:37:39,883 Isto non remata ben para ti. 567 00:37:39,883 --> 00:37:42,177 E entón por que es ti o que ten medo? 568 00:37:46,765 --> 00:37:50,018 - Teño a súa atención. - Rastrexamos o número? 569 00:37:50,352 --> 00:37:54,356 É de prepagamento. O outro tipo seguro que tamén ten un. 570 00:37:54,481 --> 00:37:58,151 A placa é falsa. Borraron o número de identificación. 571 00:37:58,151 --> 00:38:00,362 Non temos nada para identificalos. 572 00:38:00,362 --> 00:38:01,697 Eran profesionais. 573 00:38:02,864 --> 00:38:04,408 Debimos deixar un vivo. 574 00:38:04,408 --> 00:38:07,285 Xa. Non nos deron moitas opcións, non? 575 00:38:07,285 --> 00:38:09,746 Igual non. Agora non temos nada. 576 00:38:11,456 --> 00:38:12,874 Non é certo. 577 00:38:14,626 --> 00:38:15,711 O aparcadoiro. 578 00:38:16,878 --> 00:38:18,672 - "New Age Technologies." - Si. 579 00:38:18,672 --> 00:38:20,465 Selado onte pola mañá. 580 00:38:20,465 --> 00:38:22,259 Isto chámase pista. 581 00:38:24,803 --> 00:38:26,805 Que imos facer cos corpos? 582 00:38:28,306 --> 00:38:29,516 Teño unha idea. 583 00:38:43,113 --> 00:38:44,031 Teño sede. 584 00:38:45,115 --> 00:38:46,116 Unha cervexa? 585 00:39:03,967 --> 00:39:05,177 Algo sobre New Age? 586 00:39:05,844 --> 00:39:07,012 Si. 587 00:39:07,429 --> 00:39:10,182 Parece que é unha empresa aeroespacial. 588 00:39:10,182 --> 00:39:11,892 Relacionada con Atlantic City? 589 00:39:13,060 --> 00:39:16,271 Creo que non. A sede está en Nova York. 590 00:39:21,443 --> 00:39:26,198 Deume algo aquí. Non me dei de conta con toda a adrenalina. 591 00:39:26,198 --> 00:39:27,407 Só che rozou. 592 00:39:28,533 --> 00:39:29,367 Toma... 593 00:39:37,334 --> 00:39:38,251 Que fas? 594 00:39:39,628 --> 00:39:42,297 O que facía miña nai cando o alcohol proía. 595 00:39:44,216 --> 00:39:46,676 Seguro que estás botando xermes. 596 00:39:47,135 --> 00:39:49,971 Pode ser. Pero senta ben. 597 00:39:53,975 --> 00:39:54,810 Grazas. 598 00:39:58,105 --> 00:39:58,939 De nada. 599 00:40:09,074 --> 00:40:10,283 Sabes que, Reacher? 600 00:40:11,118 --> 00:40:13,662 É normal sentirse só ás veces. 601 00:40:15,539 --> 00:40:18,083 Quen vivise coma ti tamén o sentiría. 602 00:40:20,293 --> 00:40:22,129 Hoxe non tes que estar só. 603 00:40:25,841 --> 00:40:27,926 E xa non es o meu xefe. 604 00:40:58,748 --> 00:41:04,713 {\an8}A UNS 30 KM DE DENVER, COLORADO 605 00:41:29,946 --> 00:41:32,240 As 650 estarán no camión. 606 00:41:32,240 --> 00:41:35,702 Podes localizalo co GPS que conectei con isto. 607 00:41:35,702 --> 00:41:39,497 Hai dous puntos marcados para unha emboscada na ruta. 608 00:41:39,497 --> 00:41:40,498 Xenial. 609 00:41:41,333 --> 00:41:43,293 Os meus homes encargaranse. 610 00:41:44,044 --> 00:41:46,046 E as armas? 611 00:41:46,046 --> 00:41:48,548 Usaranse no estranxeiro? Ese era o trato. 612 00:41:48,548 --> 00:41:49,799 Claro que si. 613 00:41:50,508 --> 00:41:53,220 E non mancaredes o condutor do camión? 614 00:41:54,596 --> 00:41:55,430 Claro. 615 00:41:56,681 --> 00:41:58,767 Eu nunca mancaría a ninguén. 616 00:42:16,743 --> 00:42:19,621 - Bos días, Dixon. - Temos que falar do de onte. 617 00:42:19,621 --> 00:42:21,957 Todo o hotel oíu o que pasou onte. 618 00:42:21,957 --> 00:42:23,250 Es ruidoso. 619 00:42:23,959 --> 00:42:26,920 Isto estaba no coche que nos seguiu dende Nova York. 620 00:42:26,920 --> 00:42:28,463 E o condutor? 621 00:42:29,130 --> 00:42:30,924 Non nos volverá seguir. 622 00:42:30,924 --> 00:42:32,717 Nin os seus dous amigos. 623 00:42:33,927 --> 00:42:34,761 Carallo. 624 00:42:38,390 --> 00:42:40,350 - Quen é? - Wright. 625 00:42:43,019 --> 00:42:43,853 Despexado. 626 00:42:44,854 --> 00:42:45,689 Entra. 627 00:42:48,400 --> 00:42:51,069 Parecedes intranquilos. 628 00:42:51,069 --> 00:42:53,905 Non vos culpo, dadas as circunstancias. 629 00:42:53,905 --> 00:42:58,535 E sinto traer malas novas, pero cando estaba investigando, 630 00:42:58,535 --> 00:43:03,331 a policía de A. C. díxome que atoparan outros dous corpos en Nova York, 631 00:43:03,331 --> 00:43:05,709 preto de onde apareceu o voso amigo. 632 00:43:05,834 --> 00:43:09,170 Pola descomposición, parece que levaban tempo alí. 633 00:43:09,838 --> 00:43:11,381 Teño unha copia do informe. 634 00:43:16,720 --> 00:43:18,638 É fácil identificalo con iso. 635 00:43:32,068 --> 00:43:34,070 Cando entrou no exército, súa irmá 636 00:43:34,070 --> 00:43:36,364 tiña medo de que o desfigurasen. 637 00:43:37,157 --> 00:43:39,075 Nunca sabería que pasou. 638 00:43:39,576 --> 00:43:41,786 Quitaríanlle a identificación. 639 00:43:43,079 --> 00:43:47,042 Para calmala, tatuou o seu nome e número nas costas. 640 00:43:48,043 --> 00:43:49,127 Era ridículo. 641 00:43:50,545 --> 00:43:51,963 Non lle importaba. 642 00:43:52,088 --> 00:43:53,298 Quería a súa irmá. 643 00:43:54,674 --> 00:43:56,134 Terei que chamala. 644 00:43:57,427 --> 00:43:59,137 Eu direillo a Milena. 645 00:43:59,387 --> 00:44:01,556 As feridas son coma as de Franzy. 646 00:44:01,681 --> 00:44:04,559 Torturárono e tirárono dun helicóptero. 647 00:44:06,603 --> 00:44:07,854 Outra cousa, 648 00:44:09,481 --> 00:44:14,361 non hai niguén nos hoteis rexistrado cos nomes que me destes. 649 00:44:14,361 --> 00:44:17,280 E falei cos outros casinos. 650 00:44:17,739 --> 00:44:22,118 Orozco e Sanchez non traballaban para ningún deles. 651 00:44:22,243 --> 00:44:25,497 Cando lles dixen o dos 65 millóns de dólares, 652 00:44:25,497 --> 00:44:28,333 revisaron as contas. Eu tamén o fixen. 653 00:44:28,333 --> 00:44:32,712 Todo está dentro das marxes de perda aceptables. 654 00:44:32,837 --> 00:44:35,006 Non atacaron ningún casino. 655 00:44:35,006 --> 00:44:36,549 Non te preocupes. 656 00:44:36,549 --> 00:44:39,719 Os corpos estaban en Nova York, o coche era de alí. 657 00:44:39,886 --> 00:44:42,097 Matrícula e aparcadoiro de Nova York. 658 00:44:42,222 --> 00:44:44,015 O caso está en Nova York. 659 00:44:51,398 --> 00:44:52,857 Onde carallo vas? 660 00:44:55,443 --> 00:44:56,986 Necesitamos máis armas. 661 00:46:42,592 --> 00:46:44,594 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 662 00:46:44,594 --> 00:46:46,679 Supervisora creativa Estefanía Prol