1 00:00:06,048 --> 00:00:07,049 Anteriormente... 2 00:00:07,049 --> 00:00:08,175 Séguennos. 3 00:00:09,260 --> 00:00:10,094 NYPD? 4 00:00:10,094 --> 00:00:11,303 Gaitano Russo. 5 00:00:11,303 --> 00:00:13,597 É o que investigaba o homicidio de Franz. 6 00:00:13,597 --> 00:00:16,517 A Franz matárono por isto. Unha lista de nomes 7 00:00:16,517 --> 00:00:18,978 - coas iniciais A. M. - Son alias. 8 00:00:18,978 --> 00:00:20,980 Eu teño páxinas con números. 9 00:00:20,980 --> 00:00:24,525 Penso que queren acabar cos investigadores especiais. 10 00:00:24,525 --> 00:00:27,319 Van cara a Atlantic City. Irán buscar os amigos. 11 00:00:27,319 --> 00:00:30,573 Ben, todos xuntos no mesmo sitio. Acaba con eles. 12 00:00:33,534 --> 00:00:37,913 - Debimos deixar un vivo. - Non é certo. O aparcadoiro. 13 00:00:38,038 --> 00:00:39,582 "New Age Technologies." 14 00:00:39,582 --> 00:00:42,668 Sabes se Sanchez e Orozco falaron con Calvin Franz? 15 00:00:42,668 --> 00:00:44,295 Traballaban nun caso. 16 00:00:44,295 --> 00:00:45,296 Swan participaba? 17 00:00:45,296 --> 00:00:46,505 Escoitei o seu nome. 18 00:00:46,505 --> 00:00:49,675 E as armas? As 650 estarán no camión. 19 00:00:49,675 --> 00:00:52,970 Podes localizalo co GPS que conectei con isto. 20 00:00:52,970 --> 00:00:55,890 Atoparon outros dous corpos en Nova York, 21 00:00:55,890 --> 00:00:59,894 preto de onde apareceu o voso amigo. É fácil identificalo con iso. 22 00:00:59,894 --> 00:01:01,312 Necesitamos máis armas. 23 00:01:02,730 --> 00:01:07,318 DEZ DÍAS ANTES 24 00:01:17,828 --> 00:01:18,662 Abonda! 25 00:01:24,376 --> 00:01:28,088 Isto pode rematar agora, Calvin, se ti queres. 26 00:01:28,547 --> 00:01:32,051 Só dime que descubriches e quen máis o sabe. 27 00:01:34,762 --> 00:01:37,681 Xa sabemos o dos teus amigos de Atlantic City, 28 00:01:37,681 --> 00:01:40,976 así que non os vas salvar se non falas. 29 00:01:59,537 --> 00:02:00,371 Moi ben. 30 00:02:03,040 --> 00:02:04,625 Se non tes nada que dicir... 31 00:02:25,729 --> 00:02:27,022 Meu Deus! 32 00:02:40,911 --> 00:02:41,954 Preparádeo. 33 00:03:29,627 --> 00:03:31,587 Última oportunidade! 34 00:03:32,087 --> 00:03:36,592 Ou falas ou voas, mamalón. 35 00:03:41,472 --> 00:03:43,474 Por que te ris? 36 00:03:43,474 --> 00:03:44,683 Só pensaba 37 00:03:46,268 --> 00:03:48,771 no que che fará o mangallón. 38 00:04:12,169 --> 00:04:15,589 Mangallón? De quen raios falaba? 39 00:04:36,068 --> 00:04:39,321 Levo a 17, dúas do 19, a Beretta 40 00:04:39,321 --> 00:04:41,156 e tres de prepagamento. 41 00:04:42,700 --> 00:04:45,953 Ben, para que o saibas, 42 00:04:45,953 --> 00:04:47,621 cando quitas o permiso, 43 00:04:47,621 --> 00:04:51,917 tes que esperar sete días para poder mercar unha pistola. 44 00:04:51,917 --> 00:04:53,961 E só podes mercar unha en 30 días. 45 00:04:53,961 --> 00:04:55,421 Pero podo gardarchas. 46 00:04:56,005 --> 00:04:57,548 Cantos obstáculos. 47 00:04:57,548 --> 00:05:00,509 Si. Máis que nunha carreira con obstáculos. 48 00:05:00,509 --> 00:05:03,387 As normas din que llas podes deixar a un amigo 49 00:05:03,387 --> 00:05:05,681 que, como sabes, é unha das condicións 50 00:05:05,681 --> 00:05:08,726 de transferencia temporal na lei de Nova Jersey. 51 00:05:09,476 --> 00:05:11,937 Encantado, amigo. Son Joe Gordon. 52 00:05:13,731 --> 00:05:16,108 Frank Majeske. Encantado. 53 00:05:16,108 --> 00:05:20,070 E ti debes saber que unha transferencia temporal a un amigo 54 00:05:20,070 --> 00:05:21,947 só ten uso deportivo. 55 00:05:21,947 --> 00:05:25,617 Entón entendo que irás tirar ao albo 56 00:05:25,617 --> 00:05:27,828 ou cazar. 57 00:05:28,370 --> 00:05:29,788 Unha mestura das dúas. 58 00:05:29,788 --> 00:05:32,374 A lei tamén di que as armas se devolven 59 00:05:32,374 --> 00:05:34,251 nun período de oito horas. 60 00:05:34,251 --> 00:05:38,130 Tecnicamente, todo existe nun período de oito horas. 61 00:05:38,130 --> 00:05:40,674 Saberás que as armas que se transfiren 62 00:05:40,674 --> 00:05:44,178 só se poden usar coa supervisión e a presencia 63 00:05:44,178 --> 00:05:47,014 do dono, que sería eu. 64 00:05:51,060 --> 00:05:53,187 E se estás comigo en espírito, Frank? 65 00:06:02,071 --> 00:06:04,281 Se vale para Deus, para min tamén. 66 00:06:22,716 --> 00:06:26,470 Non sei. Gústame a miña Glock 17. 67 00:06:26,470 --> 00:06:27,721 É unha Glock 17. 68 00:06:27,721 --> 00:06:30,307 Dixen a miña, vale? Gústame o tacto. 69 00:06:33,310 --> 00:06:35,062 - Que foi iso? - Nada. 70 00:06:35,062 --> 00:06:38,148 Escoito un tirador mediocre falar da súa nova arma. 71 00:06:38,732 --> 00:06:39,942 Ei, son bo tirador. 72 00:06:39,942 --> 00:06:41,693 Do montón. 73 00:06:41,693 --> 00:06:43,028 O carallo. 74 00:06:43,028 --> 00:06:45,239 Dixon, axúdame. Daquela en Biloxi... 75 00:06:45,239 --> 00:06:47,491 - Tiveches moita sorte. - Grazas. 76 00:06:47,491 --> 00:06:49,952 Meu, non lle darías a un burro cun banxo. 77 00:06:49,952 --> 00:06:51,495 Que vos dean. 78 00:06:51,495 --> 00:06:55,165 O que quero dicir é que quero usar a miña arma, vale? 79 00:06:55,165 --> 00:06:58,377 só os malos se queixan das ferramentas. 80 00:06:58,377 --> 00:07:02,464 queres que te cachen cunha arma rexistrada co teu nome? 81 00:07:02,464 --> 00:07:04,591 Ben, pero non ten por que gustarme. 82 00:07:05,134 --> 00:07:06,802 A min gústame a miña. 83 00:07:06,802 --> 00:07:09,972 Beretta 92. Coma a que levaba Swan. 84 00:07:12,808 --> 00:07:15,185 Os tipos que seguimos deben ser bos 85 00:07:15,185 --> 00:07:18,689 - se liquidaron catro de nós. - Non sabemos se Swan morreu. 86 00:07:18,689 --> 00:07:20,524 Swan está morto coma o can. 87 00:07:21,358 --> 00:07:23,527 Que? Todos o sabemos. 88 00:07:23,527 --> 00:07:26,071 Se vos cabrea tanto coma a min, 89 00:07:27,072 --> 00:07:28,198 é bo sinal. 90 00:07:28,323 --> 00:07:29,741 Atopei o que precisamos. 91 00:07:29,741 --> 00:07:31,743 Motel Jade East, Belt Parkway. 92 00:07:31,743 --> 00:07:32,828 É perfecto. 93 00:07:32,828 --> 00:07:35,873 Un picadeiro preto do aeroporto, prostitución... 94 00:07:35,873 --> 00:07:38,792 Alí ninguén se meterá nos asuntos de ninguén. 95 00:07:38,792 --> 00:07:40,961 Bo sitio para agocharse. 96 00:07:40,961 --> 00:07:44,298 Non sei, Reacher. Non é un sitio moi luxoso? 97 00:07:47,092 --> 00:07:48,552 Debería parar? 98 00:07:49,761 --> 00:07:51,847 Acabemos con isto. 99 00:08:24,379 --> 00:08:26,506 Vós os catro, esperade aquí. 100 00:08:32,596 --> 00:08:34,973 Iso foi raro. 101 00:08:34,973 --> 00:08:37,434 Non ía tan rápido como para pararme. 102 00:08:37,434 --> 00:08:38,727 Seino. 103 00:08:38,852 --> 00:08:41,855 Atoparía alguén os nosos amigos de Atlantic City? 104 00:08:41,855 --> 00:08:44,399 Só se decidiron volver botar cemento. 105 00:08:44,399 --> 00:08:46,902 Igual o tipo da tenda avisou a policía. 106 00:08:46,902 --> 00:08:48,737 Queda cos cartos e as armas. 107 00:08:48,737 --> 00:08:51,281 É cómplice. Se nos arrestan, a el tamén. 108 00:08:52,449 --> 00:08:53,450 Gárdame a arma. 109 00:08:57,162 --> 00:08:58,789 Espértame se pasa algo. 110 00:08:59,456 --> 00:09:00,999 Vas durmir agora? 111 00:09:00,999 --> 00:09:04,586 Vanme arrestar, pero penso que van tardar un anaco. 112 00:09:04,586 --> 00:09:06,046 Así que, 113 00:09:06,046 --> 00:09:07,422 durme mentres podes. 114 00:09:32,614 --> 00:09:33,532 Ola, tío. 115 00:09:33,532 --> 00:09:34,449 Sae! 116 00:09:36,034 --> 00:09:37,995 Devolvereiche o da fianza. 117 00:09:37,995 --> 00:09:40,080 E o do hotel e o avión. 118 00:09:40,080 --> 00:09:42,124 A que esperas? Sae! 119 00:09:45,002 --> 00:09:47,212 As mans no teito, Paul Bunyan. 120 00:09:48,213 --> 00:09:49,256 Neagley, Dixon, 121 00:09:49,798 --> 00:09:51,508 mirade o do aparcadoiro. 122 00:09:51,508 --> 00:09:52,551 O'Donnell? 123 00:09:54,344 --> 00:09:55,345 Que podo facer? 124 00:09:55,345 --> 00:09:56,930 Estudaches dereito, non? 125 00:09:56,930 --> 00:09:58,348 Si, en Rutgers. 126 00:09:58,348 --> 00:09:59,599 Logo máis ou menos. 127 00:09:59,599 --> 00:10:00,892 Que che dean. 128 00:10:00,892 --> 00:10:02,894 - É o meu avogado. - Que sorte. 129 00:10:02,894 --> 00:10:04,604 Merda. 130 00:10:05,105 --> 00:10:08,900 Inspector, o meu cliente quere un avogado. 131 00:10:08,900 --> 00:10:12,029 Separarnos durante a viaxe crea un conflito 132 00:10:12,029 --> 00:10:14,281 que lle aseguro que gañarei 133 00:10:14,281 --> 00:10:16,950 se se produce algunha condena. 134 00:10:16,950 --> 00:10:18,452 Nada diso é exacto. 135 00:10:19,411 --> 00:10:21,079 Estamos de acordo. 136 00:10:21,079 --> 00:10:22,331 Rutgers. 137 00:10:26,752 --> 00:10:28,128 Sube, Dershowitz. 138 00:10:35,218 --> 00:10:36,803 Como nos atopaches? 139 00:10:36,803 --> 00:10:39,723 Buscaba un coche cun mamalón xigante dentro. 140 00:10:39,723 --> 00:10:41,433 Parece que te descubriu. 141 00:10:41,433 --> 00:10:42,601 Se vos interesa, 142 00:10:42,601 --> 00:10:46,063 sabía que vos agochariades despois de asaltarme. 143 00:10:46,063 --> 00:10:49,149 Entón busquei nas cámaras dos alugueiros de coches 144 00:10:49,149 --> 00:10:51,026 do aeroporto, reviseinas 145 00:10:51,026 --> 00:10:54,279 ata que te vin falando coa tipa do traxe. 146 00:10:54,279 --> 00:10:56,281 Busquei a placa do seu coche 147 00:10:56,281 --> 00:10:59,910 e emitín unha orde de busca para saber se volviades a Nova York. 148 00:10:59,910 --> 00:11:03,580 O policía viuvos, e aquí estamos, xenios. 149 00:11:08,085 --> 00:11:09,503 Por que tes xoguetes? 150 00:11:10,170 --> 00:11:11,380 Ei, deixa iso. 151 00:11:11,380 --> 00:11:14,007 Así rompes o xeo cos rapaces no parque? 152 00:11:14,007 --> 00:11:15,467 Non ten graza. 153 00:11:15,467 --> 00:11:16,885 Que é isto, Russo? 154 00:11:16,885 --> 00:11:19,346 É algo que non che importa. 155 00:11:19,346 --> 00:11:21,598 Así que remexe o que queiras, 156 00:11:21,598 --> 00:11:24,017 colle un puñadiño 157 00:11:24,017 --> 00:11:26,520 e méteo no cu. 158 00:11:27,104 --> 00:11:28,230 Bo sitio. 159 00:11:29,231 --> 00:11:30,273 Si. 160 00:11:30,273 --> 00:11:32,859 Aquí podes facer unha carreira de coches. 161 00:11:34,611 --> 00:11:36,530 Frances Neagley? Karla Dixon? 162 00:11:37,614 --> 00:11:40,909 Son Marlo Burns, a directora de operacións de New Age. 163 00:11:41,034 --> 00:11:43,412 Non é o meu, pero encantada. 164 00:11:43,537 --> 00:11:44,371 Moi ben. 165 00:11:44,371 --> 00:11:48,542 Non adoitamos recibir visitas de investigadoras privadas. 166 00:11:48,542 --> 00:11:49,751 Vai todo ben? 167 00:11:49,751 --> 00:11:52,754 Investigamos tres asasinatos e un desaparecido, 168 00:11:52,754 --> 00:11:54,131 logo diría que non. 169 00:11:55,173 --> 00:11:58,718 Atopamos isto no coche dun dos posibles sospeitosos. 170 00:11:58,718 --> 00:12:01,680 Necesitamos información sobre o dono. 171 00:12:01,680 --> 00:12:06,226 Hai milleiros de empregados e moitas divisións en New Age. 172 00:12:06,226 --> 00:12:09,521 Recibimos centos de visitas todos os días 173 00:12:09,521 --> 00:12:13,233 sobre os proxectos que desenvolvemos. 174 00:12:13,358 --> 00:12:18,572 Entendémolo, pero agradeceriamos calquera información que nos poida dar. 175 00:12:18,572 --> 00:12:22,117 Non é un caso calquera no que traballamos. 176 00:12:22,242 --> 00:12:24,494 As vítimas son amigos nosos. 177 00:12:27,164 --> 00:12:28,290 Síntoo moito. 178 00:12:30,876 --> 00:12:32,752 Verei que podo facer. 179 00:12:32,752 --> 00:12:34,254 Grazas. 180 00:12:38,550 --> 00:12:39,634 Queredes sentar? 181 00:12:39,634 --> 00:12:42,053 - De que se trata? - Ademais dos golpes. 182 00:12:42,053 --> 00:12:43,972 Trátase dos golpes no ego. 183 00:12:43,972 --> 00:12:46,016 O golpe foi inesperado, vale? 184 00:12:46,016 --> 00:12:49,352 O coxín de seguridade golpeoute. Eu malleite. 185 00:12:49,352 --> 00:12:51,396 Nunha pelexa xusta, gañaría eu. 186 00:12:51,396 --> 00:12:54,065 E cando rematemos, pelexaremos outra vez 187 00:12:54,065 --> 00:12:55,901 e dareiche unha boa tunda. 188 00:12:55,901 --> 00:12:59,779 Quítalle as esposas, deixa o do arresto e amañádelo aquí agora. 189 00:12:59,779 --> 00:13:01,281 Que clase de avogado es? 190 00:13:01,281 --> 00:13:04,326 O mellor que puido saír da universidade número 91. 191 00:13:05,368 --> 00:13:06,203 Mira, Curly, 192 00:13:06,203 --> 00:13:09,873 disme por que estou aquí no canto de aí fóra? 193 00:13:11,583 --> 00:13:12,834 Teño malas novas. 194 00:13:12,834 --> 00:13:13,752 Vou adiviñar. 195 00:13:13,752 --> 00:13:15,962 Sanchez e Orozco están mortos. 196 00:13:15,962 --> 00:13:17,881 Secuestrados, atoparon os corpos. 197 00:13:17,881 --> 00:13:20,967 Dixéronmo os da polícia de Catskill. Como o sabedes? 198 00:13:20,967 --> 00:13:23,053 Imos por diante, Sipowicz. 199 00:13:23,053 --> 00:13:26,097 Non, non ides por diante se traballades neste caso. 200 00:13:26,097 --> 00:13:29,309 Estades dificultando a miña investigación. 201 00:13:29,309 --> 00:13:32,562 E se queres que te arreste e te meta nunha cela, podo, 202 00:13:32,562 --> 00:13:34,231 pero así non o resolvemos, 203 00:13:34,231 --> 00:13:38,568 e é a única cousa que os dous temos en común. 204 00:13:42,072 --> 00:13:42,948 Certo. 205 00:13:44,074 --> 00:13:47,953 Por que non empezas explicando por que nos seguías? 206 00:13:48,495 --> 00:13:49,746 Ben. 207 00:13:50,247 --> 00:13:51,706 Cando investiguei a 110.a, 208 00:13:52,457 --> 00:13:55,460 Calvin Franz chamárate varias veces a ti, 209 00:13:56,086 --> 00:13:59,464 a Tony Swan, Jorge Sanchez e Manuel Orozco. 210 00:13:59,589 --> 00:14:01,424 A ti non te chamara. 211 00:14:01,800 --> 00:14:02,634 Por que? 212 00:14:02,634 --> 00:14:04,386 Non teño teléfono. 213 00:14:07,847 --> 00:14:12,644 Estivestes anos na mesma unidade. E agora, mátanvos a todos. 214 00:14:13,603 --> 00:14:16,314 Aquí pasa algo e creo que vós sabedes cousas. 215 00:14:19,401 --> 00:14:22,279 Mira, eu só quero chegar ao fondo disto. 216 00:14:27,284 --> 00:14:29,494 Se che contamos o que sabemos, 217 00:14:29,494 --> 00:14:31,788 xa podes darnos ti algo tamén. 218 00:14:35,834 --> 00:14:37,627 Atopei algo. 219 00:14:38,545 --> 00:14:40,755 O rexistro mostra que o pase 6322 220 00:14:40,755 --> 00:14:43,633 se emitiu co nome de Trevor Saropian. 221 00:14:43,633 --> 00:14:46,261 Non é un empregado. Veu a unha entrevista. 222 00:14:46,261 --> 00:14:47,637 Entrevista para que? 223 00:14:47,637 --> 00:14:50,098 Parece que se dedica ao mantemento. 224 00:14:50,098 --> 00:14:52,892 Limpeza de ventás, encerado de portas e así. 225 00:14:52,892 --> 00:14:55,937 Non o contratamos. Non cubría as nosas necesidades, 226 00:14:55,937 --> 00:14:58,732 pero tiñamos o currículo no sistema. 227 00:14:58,732 --> 00:15:00,400 Cun enderezo. 228 00:15:05,697 --> 00:15:08,033 Moitas grazas, de verdade. 229 00:15:08,575 --> 00:15:11,161 De verdade veu un asasino a unha entrevista? 230 00:15:11,161 --> 00:15:13,246 Iso é o que imos descubrir. 231 00:15:22,339 --> 00:15:24,341 Seiscentos cincuenta a 100 mil. 232 00:15:24,341 --> 00:15:27,385 Que carallo venden que vale 65 millóns? 233 00:15:27,385 --> 00:15:31,765 A venda é unha suposición. Nunha investigación, as suposicións matan. 234 00:15:31,765 --> 00:15:35,518 Podería ser unha transferencia, un encubrimento, 235 00:15:35,518 --> 00:15:38,021 un suborno de 65 millóns... 236 00:15:38,021 --> 00:15:41,691 Non sei no que andaban metidos, pero acabou con eles. 237 00:15:41,691 --> 00:15:44,152 Non me gusta que uses o de "metidos". 238 00:15:44,152 --> 00:15:47,614 Significa o que significa. Ti mírao como queiras. 239 00:15:47,614 --> 00:15:50,784 Creo que insunúas que os meus amigos eran criminais, 240 00:15:50,784 --> 00:15:54,371 e se é certo, ti e eu imos ter outro problema. 241 00:15:54,371 --> 00:15:57,165 Son inspector. Penso en todas as posibilidades, 242 00:15:57,165 --> 00:15:58,958 tamén nas que non vos gustan. 243 00:15:58,958 --> 00:16:01,795 Hai unha posibilidade que si me gusta. 244 00:16:01,795 --> 00:16:03,296 Que ti estás no medio. 245 00:16:03,296 --> 00:16:04,881 Non son corrupto. 246 00:16:04,881 --> 00:16:07,050 Seguíchesnos sen identificarte, 247 00:16:07,050 --> 00:16:09,969 queres información, pero non me arrestaches. 248 00:16:09,969 --> 00:16:12,222 Non queres que quede rexistro ningún. 249 00:16:12,222 --> 00:16:15,350 - Dío outra vez, a ver que pasa. - Estou esposado. 250 00:16:22,023 --> 00:16:24,150 A min ninguén me compra. Entendido? 251 00:16:26,820 --> 00:16:31,449 Señores, por que non respiramos, si? 252 00:16:31,449 --> 00:16:33,785 E que cada un vaia para o seu lado. 253 00:16:36,830 --> 00:16:40,709 Inspector, unha forma de demostrar a túa integridade 254 00:16:40,709 --> 00:16:44,212 sería compartir información que non saibamos xa. 255 00:16:49,801 --> 00:16:51,094 Temos un sospeitoso. 256 00:16:52,846 --> 00:16:53,930 Como o atopastes? 257 00:16:53,930 --> 00:16:55,473 Coa impresora de Franz. 258 00:16:55,473 --> 00:16:57,225 Nós tamén a rexistramos. 259 00:16:57,225 --> 00:16:59,936 Estaba esnaquizada, nada na bandexa. 260 00:16:59,936 --> 00:17:01,730 Pero si na tarxeta de memoria. 261 00:17:01,730 --> 00:17:05,775 Pedín que a revisasen. Había algo pendente para imprimir. 262 00:17:05,775 --> 00:17:07,986 Non se imprimiu por falta de tinta. 263 00:17:08,111 --> 00:17:11,823 Igual non es o único bo investigador aquí. 264 00:17:11,948 --> 00:17:13,825 {\an8}CONSPIRACIÓN PARA COMETER UN ACTO TERRORISTA 265 00:17:13,825 --> 00:17:15,410 "Azhari Mahmoud." 266 00:17:15,410 --> 00:17:19,122 Negocia con armas para organizacións terroristas. 267 00:17:19,122 --> 00:17:21,082 "Mahmoud pode ser quen buscamos. 268 00:17:21,499 --> 00:17:24,836 É un fantasma. Non hai fotos del. Sanchez." 269 00:17:25,628 --> 00:17:27,839 Sanchez e Orozco atopárono. 270 00:17:29,799 --> 00:17:32,135 A. M. As mesmas iniciais. 271 00:17:32,260 --> 00:17:33,720 As mesmas iniciais? 272 00:17:33,720 --> 00:17:37,974 Atopamos unha lista de alias nun lapis de memoria de Franz. 273 00:17:38,099 --> 00:17:41,311 Este tipo seguro que non se chama Azhari Mahmoud. 274 00:17:41,311 --> 00:17:42,937 Non mo iades dicir nunca? 275 00:17:42,937 --> 00:17:46,691 Que Seguridade Nacional busque todos os alias. 276 00:18:03,082 --> 00:18:06,085 Cres que se meteron en algo de terrorismo? 277 00:18:08,296 --> 00:18:09,631 Pode ser. 278 00:18:14,636 --> 00:18:17,847 Ben, sexa o que sexa, 279 00:18:17,847 --> 00:18:21,351 este caso volveuse moito máis grande do que pensabamos. 280 00:18:22,769 --> 00:18:23,853 Xa ten pasado. 281 00:18:28,858 --> 00:18:31,569 Os outros teñen que deixar o do incendio. 282 00:18:31,569 --> 00:18:35,657 Que? Veña, ho. Foi só unha pelexa que saíu mal. 283 00:18:35,657 --> 00:18:37,742 Igual tomou unhas copas de máis, 284 00:18:37,742 --> 00:18:40,620 meteuse coa moza dalgún, uns empurróns, 285 00:18:40,620 --> 00:18:42,163 "ven fóra" e pum, pum. 286 00:18:44,290 --> 00:18:47,293 Podería ser o selo do club, o que poñen cando saes, 287 00:18:48,002 --> 00:18:50,421 pero na palma da man. 288 00:18:50,421 --> 00:18:52,757 Xa, pero aquí non teñen selo. 289 00:18:52,757 --> 00:18:54,008 Preguntaches? 290 00:18:54,008 --> 00:18:56,678 - Non. Xa estiven aquí. - Que sabes? 291 00:18:56,678 --> 00:18:59,472 Ensinámoslles a foto de Simms aos empregados. 292 00:18:59,472 --> 00:19:01,099 Ninguén o recoñece. 293 00:19:01,099 --> 00:19:04,143 Igual non significa moito nun bar cheo e escuro, 294 00:19:04,143 --> 00:19:07,438 pero é seguro que non estivo en ningunha pelexa. 295 00:19:07,438 --> 00:19:08,356 Buscastes ben? 296 00:19:08,356 --> 00:19:10,191 Revisamos cada recuncho. 297 00:19:10,191 --> 00:19:13,778 E non foi sinxelo, porque as mulleres non me deixaban pasar. 298 00:19:13,778 --> 00:19:15,697 Saben que son bo bailarín. 299 00:19:15,697 --> 00:19:18,658 Si, e cando Baryshnikov evitou as fans, 300 00:19:18,658 --> 00:19:21,286 vimos que non houbo ningún altercado hoxe. 301 00:19:21,286 --> 00:19:23,746 Porque nunca estivo no bar. 302 00:19:23,746 --> 00:19:25,331 Ten os pantalóns mollados. 303 00:19:25,331 --> 00:19:27,917 As pozas teñen auga da chuvia de onte. 304 00:19:27,917 --> 00:19:31,546 Estaba correndo, atravesou por aquí, meteu o pé na poza, 305 00:19:31,546 --> 00:19:33,381 freouse e déronlle. 306 00:19:33,381 --> 00:19:35,884 - Morreu aquí. - Si, e o selo? 307 00:19:37,051 --> 00:19:40,138 Estaba en algo que agarraba mentres corría. 308 00:19:40,138 --> 00:19:41,556 A tinta está borrosa. 309 00:19:42,140 --> 00:19:43,725 Viña dun papel translúcido. 310 00:19:43,725 --> 00:19:45,643 Rouboulle a alguén a droga? 311 00:19:45,643 --> 00:19:48,271 Un papaventos, porque te leva ata o ceo. 312 00:19:53,860 --> 00:19:54,861 Tenente coronel. 313 00:19:54,861 --> 00:19:57,989 Déixao xa, Reacher. Levo vaqueiros, por Deus. 314 00:19:57,989 --> 00:19:59,574 Recibido. 315 00:19:59,699 --> 00:20:01,117 Que fas aquí, Fields? 316 00:20:01,117 --> 00:20:04,162 Oín a chamada mentres mercaba xeado e brézeles. 317 00:20:04,162 --> 00:20:05,246 De cantos meses? 318 00:20:05,246 --> 00:20:07,498 Oito e medio, quere salgado e doce. 319 00:20:07,957 --> 00:20:09,542 Estaba aquí preto no Wawa 320 00:20:09,542 --> 00:20:13,087 e vin antes de volver á casa coa señora e con Hortense. 321 00:20:13,087 --> 00:20:14,422 Chamarase coma ti? 322 00:20:15,340 --> 00:20:17,634 En realidade, coma meu pai, pero si. 323 00:20:18,551 --> 00:20:19,844 É unha maldición. 324 00:20:21,137 --> 00:20:22,347 Ben, que temos aquí? 325 00:20:22,347 --> 00:20:25,808 A combinación gañadora de alcohol, homes e armas? 326 00:20:25,808 --> 00:20:28,186 Cambia o alcohol por drogas. 327 00:20:28,186 --> 00:20:31,189 Seica o soldado Simms roubou, liscou e collérono. 328 00:20:31,189 --> 00:20:33,733 Ti cres? Un dos nosos roubando drogas? 329 00:20:33,733 --> 00:20:38,696 Non quero supoñer. As suposicións matan. Pero é o que me di o instinto. 330 00:20:40,615 --> 00:20:43,451 Por iso se creou a 110.a, non si? 331 00:20:43,451 --> 00:20:45,787 Abride un expediente e investigade. 332 00:20:45,787 --> 00:20:48,498 Avisádeme se podo axudar en algo. 333 00:20:48,498 --> 00:20:52,001 Pero agora derréteseme o xeado. 334 00:20:52,585 --> 00:20:53,461 Recibido. 335 00:20:56,798 --> 00:20:59,550 Swan, tiñas certa razón. Non é só un papaventos, 336 00:21:00,259 --> 00:21:01,260 é un de combate. 337 00:21:02,303 --> 00:21:04,347 Vinos en Afganistán. 338 00:21:04,347 --> 00:21:06,265 Alí son populares. 339 00:21:07,725 --> 00:21:09,102 E tamén a heroína. 340 00:21:10,478 --> 00:21:11,312 Dixon? 341 00:21:11,896 --> 00:21:12,730 Xefe. 342 00:21:12,730 --> 00:21:15,108 O expediente do caso de combustible. 343 00:21:15,108 --> 00:21:18,653 Igual sei o que levaban eses avións. 344 00:21:22,657 --> 00:21:23,533 Estás calada. 345 00:21:24,033 --> 00:21:25,034 En que pensas? 346 00:21:27,954 --> 00:21:29,372 Penso que teño o nome 347 00:21:29,372 --> 00:21:31,874 de quen matou a mellor xente que coñezo. 348 00:21:32,834 --> 00:21:35,336 Penso que vas resolver o deses números, 349 00:21:35,336 --> 00:21:38,881 daremos cos cabróns e saberán por que ninguén se mete 350 00:21:38,881 --> 00:21:40,633 cos investigadores especiais. 351 00:21:43,761 --> 00:21:46,556 Reacher sabía o que facía cando nos xuntou. 352 00:21:47,432 --> 00:21:49,142 Ten bo instinto. 353 00:21:49,142 --> 00:21:51,728 Ten bo de todo. 354 00:21:53,062 --> 00:21:54,564 É un dicir. 355 00:21:54,564 --> 00:21:57,442 Nunca pensei que o descubriría. 356 00:21:57,442 --> 00:22:01,112 Veña, ho. Todo o mundo o viña vir, coma o cometa Halley. 357 00:22:01,112 --> 00:22:02,030 Eu non. 358 00:22:02,030 --> 00:22:04,991 De verdade pensaba que non lle interesaba. 359 00:22:05,116 --> 00:22:07,285 Contigo non mantén a distancia. 360 00:22:07,285 --> 00:22:10,580 Porque non o presiono. 361 00:22:10,580 --> 00:22:12,206 Gústame como estamos. 362 00:22:12,331 --> 00:22:14,834 Estou a gusto coa distancia. 363 00:22:14,959 --> 00:22:17,420 Aínda así sodes os máis unidos da 110.a. 364 00:22:17,420 --> 00:22:18,963 Como pasou? 365 00:22:18,963 --> 00:22:21,632 En realidade, non o sei. 366 00:22:22,592 --> 00:22:25,178 Pero sei que aínda que pasen días, meses 367 00:22:25,178 --> 00:22:27,472 ou anos sen que falemos, 368 00:22:27,472 --> 00:22:30,266 Reacher estará cando o necesite, sen preguntas. 369 00:22:30,266 --> 00:22:31,726 Meu Deus. 370 00:22:32,810 --> 00:22:34,645 Iso é. 371 00:22:34,645 --> 00:22:37,231 Son días e meses. 372 00:22:37,231 --> 00:22:38,357 O que? 373 00:22:38,357 --> 00:22:39,567 Esas páxinas? 374 00:22:41,736 --> 00:22:42,862 Sete páxinas, non? 375 00:22:42,862 --> 00:22:46,491 En cada unha hai 26 ou 27 tabulacións numéricas. 376 00:22:46,491 --> 00:22:47,825 Se ti o dis. 377 00:22:47,825 --> 00:22:50,745 Se as xuntas, poderías meter todo nunha páxina, 378 00:22:50,745 --> 00:22:51,871 non en sete. 379 00:22:51,871 --> 00:22:54,832 Pero está claro que querían sete. 380 00:22:55,750 --> 00:22:58,920 Entón, se cada páxina ten datos específicos, 381 00:22:58,920 --> 00:23:00,254 é un dato importante 382 00:23:00,254 --> 00:23:03,007 que todas teñan 26, menos unha. 383 00:23:03,007 --> 00:23:05,593 Unha ten 27. Por que? 384 00:23:06,302 --> 00:23:08,805 Non entendín nada desde o de "meu Deus". 385 00:23:08,805 --> 00:23:10,306 Son días e meses. 386 00:23:10,306 --> 00:23:12,850 Vale? Cada páxina é un mes, hai sete. 387 00:23:12,850 --> 00:23:15,144 Os meses non teñen os mesmos días. 388 00:23:15,144 --> 00:23:20,358 Se traballas seis días á semana, son uns 26 ou 27 días, 389 00:23:20,358 --> 00:23:24,112 dependendo de en que día empece ou remate o mes. 390 00:23:24,112 --> 00:23:25,029 Ben. 391 00:23:25,029 --> 00:23:29,117 Pero fixándonos nos días laborables, non son sete meses calquera. 392 00:23:29,242 --> 00:23:31,327 Son os últimos sete meses. 393 00:23:31,327 --> 00:23:33,663 Nos últimos sete meses, 394 00:23:33,788 --> 00:23:38,417 algo tiña que pasar nove, dez, 12 ou 13 veces ao día, 395 00:23:38,417 --> 00:23:41,170 de luns a sábado, pero non sempre pasaba. 396 00:23:41,170 --> 00:23:43,840 Non é só que non pasase. 397 00:23:43,840 --> 00:23:47,635 Eses números estaban moi ben no primeiro mes 398 00:23:47,635 --> 00:23:49,387 e son pésimos no sétimo. 399 00:23:50,346 --> 00:23:51,722 Entón a pregunta é: 400 00:23:51,722 --> 00:23:54,100 que estaban a contar? 401 00:23:55,143 --> 00:23:57,562 Oes, tiñas que velo. 402 00:23:57,687 --> 00:24:01,274 A través do burato de menos dun centímetro dunha cerca, 403 00:24:01,274 --> 00:24:04,485 por debaixo da varanda e atinei xusto na fechadura. 404 00:24:04,485 --> 00:24:07,280 O xefe de policía nunca vira nada así. 405 00:24:07,280 --> 00:24:08,322 Estou de acordo. 406 00:24:08,322 --> 00:24:11,117 É coma cando un vello miope dá coas escaleiras. 407 00:24:11,993 --> 00:24:12,910 Que che dean. 408 00:24:13,828 --> 00:24:14,787 Boas novas. 409 00:24:15,705 --> 00:24:19,667 Busquei os alias e hai un movemento recente deste tipo. 410 00:24:19,667 --> 00:24:22,128 Con recente dis agora mesmo nos EUA? 411 00:24:22,128 --> 00:24:23,254 Si. 412 00:24:23,254 --> 00:24:26,215 E un dos nomes da lista, Alexander Markopoulos, 413 00:24:26,215 --> 00:24:29,927 mercou un billete de Denver a JFK que sae nunha hora. 414 00:24:29,927 --> 00:24:31,929 Cando A. M. facture, collerémolo. 415 00:25:30,154 --> 00:25:31,822 Síntoo moito. 416 00:25:36,202 --> 00:25:37,036 Ben. 417 00:25:40,289 --> 00:25:41,374 Si. 418 00:25:41,374 --> 00:25:42,708 Atrasáronme. 419 00:25:43,751 --> 00:25:45,544 Atrasáronte? Que queres dicir? 420 00:25:45,544 --> 00:25:47,838 Teño que explicarche o que significa? 421 00:25:47,838 --> 00:25:50,383 Estarei alí, pero un pouco máis tarde. 422 00:25:51,259 --> 00:25:53,219 Esperaban por min no aeroporto. 423 00:25:55,388 --> 00:25:56,597 Estás seguro? 424 00:25:56,597 --> 00:25:59,392 A xente non viaxa con maletas baleiras. 425 00:26:00,351 --> 00:26:01,644 Non podo usar os DNI. 426 00:26:02,687 --> 00:26:04,480 Canto cres que saben? 427 00:26:04,605 --> 00:26:05,773 Non preguntei. 428 00:26:05,773 --> 00:26:07,441 Se nos relacionasen, 429 00:26:07,441 --> 00:26:09,735 estarías falando co teu avogado. 430 00:26:09,735 --> 00:26:13,072 Ti es o experto e tiñamos un trato. 431 00:26:13,072 --> 00:26:16,617 E cumprireino, pero algo máis tarde. 432 00:26:16,617 --> 00:26:18,160 Iso pode estragalo todo. 433 00:26:18,160 --> 00:26:21,372 Cada minuto que pasa estamos máis preto de expoñernos 434 00:26:21,372 --> 00:26:23,666 e de rematar nunha prisión federal. 435 00:26:23,666 --> 00:26:27,253 Señor Langston, teño unha pregunta: 436 00:26:27,253 --> 00:26:29,088 fixeras algún trato coma este 437 00:26:29,588 --> 00:26:32,800 onde o produto se merca polo prezo ofrecido? 438 00:26:33,801 --> 00:26:34,677 Non. 439 00:26:34,677 --> 00:26:37,263 Eu si. Moitas veces. 440 00:26:39,140 --> 00:26:42,018 Como dicides vós: "Non é o meu primeiro rodeo." 441 00:26:43,019 --> 00:26:45,438 Ben, seguiremos adiante pola nosa parte. 442 00:26:45,980 --> 00:26:49,400 Pero como vas chegar a Nova York sen DNI? 443 00:26:49,525 --> 00:26:53,529 CIRURXÍA COSMÉTICA! CAMBIA O TEU ASPECTO, A TÚA VIDA! 444 00:26:54,530 --> 00:26:55,364 Xa o amaño eu. 445 00:27:02,121 --> 00:27:03,497 "Meses e días." 446 00:27:07,335 --> 00:27:08,753 Carallo, ten razón. 447 00:27:09,337 --> 00:27:11,255 Claro que a ten. Son números. 448 00:27:16,385 --> 00:27:17,428 Aquí está. 449 00:27:18,262 --> 00:27:20,139 A casa de Saropian. 450 00:27:20,139 --> 00:27:22,725 Podes buscar información da casa do lado? 451 00:27:22,725 --> 00:27:24,393 - Vou. - Que sentido ten isto 452 00:27:24,393 --> 00:27:26,645 se collen a A. M. no aeroporto? 453 00:27:26,645 --> 00:27:29,273 Se non fala, non saberemos con quen traballa, 454 00:27:29,273 --> 00:27:31,484 e todos os implicados libraranse. 455 00:27:31,484 --> 00:27:35,321 Barbara Gottelsman. Ten 79 anos, sé amable. 456 00:27:35,321 --> 00:27:36,822 Por que non o ía ser? 457 00:27:39,867 --> 00:27:41,035 Ola? 458 00:27:41,160 --> 00:27:44,121 Ola, é a señora Gottelsman do 950 de Emerson Drive? 459 00:27:44,121 --> 00:27:45,039 Si. 460 00:27:45,039 --> 00:27:47,792 Atopei a carteira de Trevor Saropian. 461 00:27:47,792 --> 00:27:50,086 Pon que vive no 948 de Emerson, 462 00:27:50,086 --> 00:27:52,588 pero quería asegurarme antes de enviala 463 00:27:52,588 --> 00:27:55,257 xa que non responden no número que atopei. 464 00:27:55,257 --> 00:27:59,845 No DNI pon que mide 1,75 metros e ten unha cicatriz na cara. 465 00:27:59,845 --> 00:28:02,056 Si, ese é Trevor. 466 00:28:02,640 --> 00:28:04,892 Ben. Desculpe as molestias. 467 00:28:04,892 --> 00:28:09,230 Sabe o que? Os seus colectores do lixo levan días na beirarrúa. 468 00:28:09,230 --> 00:28:11,857 Ten que levalos para dentro. 469 00:28:11,857 --> 00:28:15,069 Se non, póñenlle unha multa de 20 dólares por colector. 470 00:28:15,069 --> 00:28:18,531 Xa, non os vai volver meter dentro. 471 00:28:19,782 --> 00:28:22,952 Pois si que é a súa casa. Imos ver que atopamos? 472 00:28:22,952 --> 00:28:25,496 Despois de parar na ferraxaría. 473 00:28:26,956 --> 00:28:30,292 {\an8}FERRAXARÍA DE HART 474 00:29:00,030 --> 00:29:00,865 Agora. 475 00:32:25,402 --> 00:32:27,237 Burro, preséntoche a banxo. 476 00:32:29,531 --> 00:32:30,949 Putos chalecos antibalas. 477 00:32:45,881 --> 00:32:47,508 Todo despexado arriba? 478 00:32:47,508 --> 00:32:50,135 Ademais deste amigo morto, 479 00:32:50,135 --> 00:32:51,428 todo despexado. 480 00:33:11,740 --> 00:33:12,950 Merda! 481 00:33:34,888 --> 00:33:35,723 Reacher! 482 00:33:36,765 --> 00:33:37,683 Oeste! 483 00:34:08,797 --> 00:34:09,631 Hostia! 484 00:34:19,808 --> 00:34:21,059 Quen te envía? 485 00:34:22,060 --> 00:34:22,978 Quen te envía? 486 00:34:27,941 --> 00:34:30,694 "Brian Collins." Para quen traballas? 487 00:34:31,195 --> 00:34:34,531 New Age? Traballas para New Age? 488 00:34:35,574 --> 00:34:36,992 Estache dando un infarto? 489 00:34:40,412 --> 00:34:41,622 Estás de broma. 490 00:34:42,414 --> 00:34:43,540 Ei! 491 00:34:44,041 --> 00:34:46,126 Collins, quen leva a operación? 492 00:34:47,127 --> 00:34:47,961 Collins! 493 00:34:54,426 --> 00:34:55,302 De verdade? 494 00:34:58,889 --> 00:34:59,765 Mamalón. 495 00:35:05,896 --> 00:35:07,064 Ola, Sra. Gottelsman. 496 00:35:13,570 --> 00:35:16,448 Estás só? Non hai superviventes? 497 00:35:16,448 --> 00:35:17,658 Non. 498 00:35:17,658 --> 00:35:19,868 O tipo do coche era de New Age. 499 00:35:19,868 --> 00:35:21,036 A identificación. 500 00:35:21,036 --> 00:35:24,331 Polo menos atopaches algo. Estes non teñen nada. 501 00:35:24,331 --> 00:35:25,332 Eran matóns. 502 00:35:25,332 --> 00:35:27,918 O tipo asegurábase de que fixesen o traballo. 503 00:35:27,918 --> 00:35:29,002 E agora que? 504 00:35:29,002 --> 00:35:30,254 Liscamos de aquí. 505 00:35:30,254 --> 00:35:33,340 A Sra. Gottelsman seguro que chamou a policía. 506 00:35:41,682 --> 00:35:44,101 Agora gustaríache cambiar a roupa, non? 507 00:35:44,101 --> 00:35:45,936 Uns pantalóns, Jack? 508 00:35:46,061 --> 00:35:47,855 Non te poñas cómodo. 509 00:35:47,855 --> 00:35:50,983 Creo que a noite aínda non rematou. 510 00:35:52,568 --> 00:35:53,402 Que dicías? 511 00:35:53,402 --> 00:35:56,905 Alguén calvo e enfadado acaba de chegar. 512 00:35:58,782 --> 00:36:00,576 - Ola, Russo. - Pecha a porta. 513 00:36:01,118 --> 00:36:02,661 Unha bomba? 514 00:36:02,661 --> 00:36:04,538 No centro de Queens? 515 00:36:04,538 --> 00:36:07,666 - Quéixanse diso? - Paréceche divertido? 516 00:36:07,666 --> 00:36:08,834 En que pensabades? 517 00:36:08,834 --> 00:36:11,086 Pensabamos que era unha trampa, 518 00:36:11,086 --> 00:36:13,297 e, como ves, tiñamos razón. 519 00:36:13,297 --> 00:36:14,423 Unha trampa? 520 00:36:14,423 --> 00:36:17,134 Intentaron matarnos en Atlantic City. 521 00:36:17,134 --> 00:36:20,637 Non o conseguiron, pero tiñan un pase da empresa New Age. 522 00:36:20,637 --> 00:36:22,264 Non mo iades dicir? 523 00:36:22,264 --> 00:36:25,601 Mentres nos retiñas ilegalmente a min e a O'Donnell, 524 00:36:25,601 --> 00:36:27,394 Neagley e Dixon foron alí, 525 00:36:27,394 --> 00:36:29,897 e a directora de operacións díxolles 526 00:36:29,897 --> 00:36:32,566 o enderezo da persoa que tiña o pase. 527 00:36:32,566 --> 00:36:34,276 O asasino deixou o enderezo? 528 00:36:34,276 --> 00:36:37,321 Iso nos preguntamos nós. Había dúas posibilidades. 529 00:36:37,321 --> 00:36:39,990 Puido ir a New Age cun obxectivo, 530 00:36:39,990 --> 00:36:42,159 entón o enderezo sería falso, 531 00:36:42,159 --> 00:36:45,662 ou puido ir a New Age porque traballa para eles, 532 00:36:45,662 --> 00:36:48,832 un asasino contratado para localizarnos, 533 00:36:48,832 --> 00:36:52,544 polo que o enderezo sería real e alguén quería vernos alí. 534 00:36:52,544 --> 00:36:55,631 Entón vós os catro decidides ir a un lugar 535 00:36:55,631 --> 00:36:57,716 onde vos esperaban para matarvos? 536 00:36:57,716 --> 00:37:00,260 Na nosa defensa direi que estoupou antes. 537 00:37:00,260 --> 00:37:02,054 Non o podo crer. 538 00:37:02,054 --> 00:37:05,390 Confirmamos que ten relación con New Age. 539 00:37:05,515 --> 00:37:06,850 Atopei isto nun deles. 540 00:37:07,976 --> 00:37:11,063 E isto é do tipo que disparaches, do que estoupaches 541 00:37:11,063 --> 00:37:12,981 ou do que morreu coa grella? 542 00:37:12,981 --> 00:37:14,900 A grella parouno. 543 00:37:14,900 --> 00:37:16,818 Morreu co colesterol. 544 00:37:18,070 --> 00:37:18,904 E o seu coche? 545 00:37:18,904 --> 00:37:20,781 Trouxémolo connosco. 546 00:37:20,781 --> 00:37:22,407 Cambiamos as matrículas, 547 00:37:22,407 --> 00:37:24,660 intentamos ocultar os danos. 548 00:37:24,660 --> 00:37:26,870 Non se sabe cando o necesitaremos. 549 00:37:26,870 --> 00:37:28,205 Mira, 550 00:37:28,205 --> 00:37:32,209 se nos imos axudar, necesito saber cando ides actuar así, 551 00:37:32,209 --> 00:37:34,211 sobre todo con este contratempo. 552 00:37:34,211 --> 00:37:37,130 - Que contratempo? - A. M. non foi ao aeroporto. 553 00:37:37,839 --> 00:37:39,466 Entón sabe que o vixían. 554 00:37:39,466 --> 00:37:42,219 A lista cos alias xa non nos serve para nada. 555 00:37:42,219 --> 00:37:43,261 A el tampouco. 556 00:37:43,261 --> 00:37:47,140 Pero iso non quere dicir que o seu plan non siga activo. 557 00:37:47,140 --> 00:37:48,517 Despois disto, 558 00:37:48,517 --> 00:37:51,478 será complicado traballar coa policía detrás. 559 00:37:51,478 --> 00:37:54,147 Non virán. Cando oín a descrición do autor, 560 00:37:54,147 --> 00:37:58,151 fun para alí e a señora Gottelsman fixo unha declaración. 561 00:37:58,151 --> 00:37:59,987 Digamos que non apuntei ben 562 00:38:01,405 --> 00:38:03,657 as túas dimensións. 563 00:38:06,451 --> 00:38:07,661 Non me gusta facelo. 564 00:38:09,371 --> 00:38:11,790 Non me fagades facelo de novo. 565 00:38:12,833 --> 00:38:15,794 Usarei isto para pedir unha orde contra New Age. 566 00:38:15,794 --> 00:38:17,295 É o máis lóxico. 567 00:38:17,295 --> 00:38:19,840 Alégrame que esteamos de acordo. 568 00:38:19,840 --> 00:38:22,217 Mentres tanto, necesito que vós 569 00:38:22,217 --> 00:38:24,970 quededes quietos ata que vos avise. 570 00:38:24,970 --> 00:38:28,056 Dareiche un número de teléfono para que non veñas 571 00:38:28,056 --> 00:38:30,100 cando necesites falar. 572 00:38:30,100 --> 00:38:33,437 De prepagamento? Crin que non tiñas teléfono. 573 00:38:33,437 --> 00:38:36,064 Non é meu. É dun que matei. 574 00:38:42,904 --> 00:38:43,739 Ben. 575 00:38:46,324 --> 00:38:47,242 Falo en serio. 576 00:38:48,660 --> 00:38:51,079 Deixádevos de leas. 577 00:39:01,840 --> 00:39:04,342 E que facemos agora, xefe? 578 00:39:05,177 --> 00:39:06,386 Preparádevos, 579 00:39:07,220 --> 00:39:09,973 imos meternos nalgunha lea máis. 580 00:39:20,275 --> 00:39:21,193 Onde aparcaches? 581 00:39:21,193 --> 00:39:23,236 A dous quilómetros á dereita. 582 00:39:23,236 --> 00:39:24,154 Tarefas. 583 00:39:24,154 --> 00:39:25,447 - Ordenadores. - RR. HH. 584 00:39:25,447 --> 00:39:26,990 A oficina da directora. 585 00:39:26,990 --> 00:39:28,784 Eu encárgome do resto. 586 00:39:28,784 --> 00:39:30,744 Cando soe a alarma, cronometrade. 587 00:39:30,744 --> 00:39:34,706 A policía está a seis quilómetros. A chamada pasa por unha central 588 00:39:34,706 --> 00:39:37,501 e non poden atender máis de 60 nestas rúas. 589 00:39:37,501 --> 00:39:39,377 Demasiadas voltas para volver. 590 00:39:39,503 --> 00:39:41,379 Non máis de dous minutos 591 00:39:41,379 --> 00:39:43,882 para coller todo e vernos no coche de Dixon. 592 00:39:44,007 --> 00:39:46,718 Se chego tarde, non esperedes. 593 00:39:48,303 --> 00:39:49,346 Si, comandante. 594 00:41:22,898 --> 00:41:23,940 Vedes a Reacher? 595 00:41:23,940 --> 00:41:26,484 Non, pero dixo que non esperásemos. 596 00:41:27,694 --> 00:41:29,112 - Merda. - Hai que liscar. 597 00:41:29,112 --> 00:41:30,405 Non o deixo aquí. 598 00:41:30,405 --> 00:41:32,949 Eu non quero marchar, pero deu unha orde. 599 00:41:32,949 --> 00:41:35,160 Se di que vaiamos, imos. 600 00:41:35,619 --> 00:41:36,453 Merda. 601 00:41:41,041 --> 00:41:41,875 Ei! 602 00:41:42,751 --> 00:41:43,960 Para! 603 00:41:55,055 --> 00:41:57,390 Non podo crer que marchásedes sen min. 604 00:41:58,475 --> 00:41:59,976 Mamalón. 605 00:42:15,325 --> 00:42:16,368 - Dixon. - Si? 606 00:42:16,368 --> 00:42:17,285 Lanterna. 607 00:42:20,372 --> 00:42:21,248 Que atopaches? 608 00:42:25,669 --> 00:42:27,587 Non pode ser. 609 00:42:28,838 --> 00:42:31,174 Hostia. É Swan. 610 00:42:31,174 --> 00:42:33,635 Traballaba en New Age 611 00:42:33,760 --> 00:42:36,012 cos que intentan matarnos. 612 00:44:24,871 --> 00:44:26,873 Subtítulos: Paula Maneiro Torreira 613 00:44:26,873 --> 00:44:28,958 Supervisora creativa Estefanía Prol Lusquiños