1
00:00:00,042 --> 00:00:01,251
Anteriormente…
2
00:00:01,252 --> 00:00:03,086
Ninguén sabe que están aquí.
3
00:00:03,087 --> 00:00:05,380
Son combatentes inimigos
en solo americano.
4
00:00:05,381 --> 00:00:06,798
Faremos o que queiramos.
5
00:00:06,799 --> 00:00:09,885
Onde está a memoria
que lle deu Anna Merrick no tren?
6
00:00:15,641 --> 00:00:16,558
Subide!
7
00:00:16,559 --> 00:00:20,562
- Quen es ti?
- Russell Plum. Xornalista independente.
8
00:00:20,563 --> 00:00:21,521
Que é isto?
9
00:00:21,522 --> 00:00:24,315
O que pescudo.
Levo anos investigando a CIA.
10
00:00:24,316 --> 00:00:27,193
Nos 90, miña nai coñeceu
un soldado americano chamado John.
11
00:00:27,194 --> 00:00:29,571
O congresista John Sampson.
12
00:00:29,572 --> 00:00:32,449
Tiveron unha aventura.
Camiñas co resultado desa unión.
13
00:00:32,450 --> 00:00:34,617
Necesito un transplante de medula ósea.
14
00:00:34,618 --> 00:00:36,161
É difícil atopala compatible.
15
00:00:36,162 --> 00:00:38,371
Estaba no país cando foi concibida.
16
00:00:38,372 --> 00:00:39,581
Tiven unha aventura?
17
00:00:39,582 --> 00:00:42,710
Se o meu ADN é todo canto precisa
para que nos deixe en paz,
18
00:00:43,919 --> 00:00:44,754
aquí ten.
19
00:00:45,254 --> 00:00:47,214
Alguén estivo buscando a USB.
20
00:00:47,840 --> 00:00:49,132
O teu sobriño?
21
00:00:49,133 --> 00:00:50,842
A ver se me devolve as chamadas.
22
00:00:50,843 --> 00:00:52,427
Quen fala con Sampson?
23
00:00:52,428 --> 00:00:54,597
Nolan Cahill, o seu xefe de gabinete.
24
00:00:55,097 --> 00:00:57,098
Lembras que mencionei unha cuarta persoa
25
00:00:57,099 --> 00:00:59,018
cando Anna se suicidou? Era el.
26
00:01:17,703 --> 00:01:18,620
Volvestes!
27
00:01:18,621 --> 00:01:19,663
A furgo está abaixo.
28
00:01:20,706 --> 00:01:21,623
Toma.
29
00:01:21,624 --> 00:01:22,999
Que é isto?
30
00:01:23,000 --> 00:01:23,876
Un gato.
31
00:01:24,502 --> 00:01:27,170
Necesitamos información
sobre Nolan Cahill,
32
00:01:27,171 --> 00:01:28,797
o xefe de gabinete de Sampson.
33
00:01:28,798 --> 00:01:30,215
Por que? Que pasa?
34
00:01:30,216 --> 00:01:31,258
A miña irmá…
35
00:01:33,636 --> 00:01:34,845
Anna, ela…
36
00:01:35,638 --> 00:01:38,056
Aquela da que falaches na furgoneta?
37
00:01:38,057 --> 00:01:40,225
A do Pentágono coa memoria USB?
38
00:01:40,226 --> 00:01:43,938
Disparouse na cabeza
hai dúas noites no metro de Broad Street.
39
00:01:52,488 --> 00:01:53,447
Ten máis tacto.
40
00:01:55,991 --> 00:01:59,035
Cahill ía esa noite no tren.
Precisamos saber por que.
41
00:01:59,036 --> 00:02:01,788
Suicidouse no tren
onde ía o xefe de gabinete
42
00:02:01,789 --> 00:02:03,832
dun posible candidato presidencial?
43
00:02:03,833 --> 00:02:06,459
A CIA ponse a secuestrar xente por iso?
44
00:02:06,460 --> 00:02:10,840
É unha traxedia, claramente.
Por suposto, pero tamén unha reportaxe.
45
00:02:11,799 --> 00:02:13,675
A ver, buscarei nuns arquivos.
46
00:02:13,676 --> 00:02:15,468
Son Ben. Deixa unha mensaxe.
47
00:02:15,469 --> 00:02:18,346
Ou ven ao século XXI
e envíame unha mensaxe.
48
00:02:18,347 --> 00:02:21,307
O contestador está cheo e non…
49
00:02:21,308 --> 00:02:22,309
Merda!
50
00:02:29,108 --> 00:02:32,278
Xa está. Vale. Síntoo.
51
00:02:33,279 --> 00:02:36,739
É un lastre. Inexperto. Todo emocións.
52
00:02:36,740 --> 00:02:38,491
- É policía.
- De Mayberry.
53
00:02:38,492 --> 00:02:40,159
- Mayfield.
- Tanto ten.
54
00:02:40,160 --> 00:02:43,121
Non sabemos o que pasa.
Precisamos toda a axuda posible.
55
00:02:43,122 --> 00:02:44,789
- Non axuda.
- Ti que sabes?
56
00:02:44,790 --> 00:02:48,334
Morreuche algún irmán por merdas ilegais?
57
00:02:48,335 --> 00:02:49,919
- Si.
- O que?
58
00:02:49,920 --> 00:02:53,924
O caso é que, se non se controla,
deixareino tirado na estrada.
59
00:02:55,009 --> 00:02:56,217
A quen chamas?
60
00:02:56,218 --> 00:02:59,637
A Lila. Sampson foi sincero
ao dicir que non era o pai dela.
61
00:02:59,638 --> 00:03:01,639
Aproveitei para obter o seu ADN.
62
00:03:01,640 --> 00:03:04,142
A ver por que me mentiu
e o que sabe realmente.
63
00:03:04,143 --> 00:03:06,228
Moi ben. Atopei moita información.
64
00:03:07,938 --> 00:03:10,440
Cahill e Sampson
estaban xuntos na Forza Delta.
65
00:03:10,441 --> 00:03:12,525
Era o oficial ao mando de Sampson.
66
00:03:12,526 --> 00:03:15,612
Ten máis medallas cós Xogos Olímpicos.
Sabe moito.
67
00:03:15,613 --> 00:03:18,531
Xenial. E que facemos aquí?
Enfrontémonos a el.
68
00:03:18,532 --> 00:03:20,575
- Non falará.
- Farémolo falar.
69
00:03:20,576 --> 00:03:23,703
Non imos coller o xefe de gabinete
dun congresista e mallalo.
70
00:03:23,704 --> 00:03:27,874
Esnaquizaron esa rapaza.
E quero que volva o meu sobriño, hostia!
71
00:03:27,875 --> 00:03:30,252
Jacob, non é nada persoal. É só…
72
00:03:31,211 --> 00:03:32,129
Hai alguén fóra.
73
00:03:37,468 --> 00:03:39,469
O escuadrón de apoio da CIA do agocho.
74
00:03:39,470 --> 00:03:40,554
Como nos atoparon?
75
00:03:41,430 --> 00:03:43,139
Merda.
76
00:03:43,140 --> 00:03:44,058
Que fixeches?
77
00:03:44,767 --> 00:03:47,518
Logo de vós marchar,
publiquei algo en 4Chan
78
00:03:47,519 --> 00:03:50,188
dicindo que atopara
unha USB no metro de Filadelfia
79
00:03:50,189 --> 00:03:54,192
con expedientes militares
e co nome de Anna Merrick no lateral.
80
00:03:54,193 --> 00:03:56,778
Pedín que contactasen se sabían algo.
81
00:03:56,779 --> 00:03:57,695
Non me fodas!
82
00:03:57,696 --> 00:03:59,739
Pasastes de min e roubástesme a furgo!
83
00:03:59,740 --> 00:04:01,616
Isto podía devolverme a carreira.
84
00:04:01,617 --> 00:04:03,993
Cría que podía descubrir
se alguén sabía algo.
85
00:04:03,994 --> 00:04:06,663
Usei unha VPN para que non o rastrexasen.
86
00:04:06,664 --> 00:04:08,123
Seica non funcionou.
87
00:04:08,749 --> 00:04:09,833
Quizais son dous.
88
00:04:11,001 --> 00:04:13,587
Si. Aí vén outro coche cheo de matóns.
89
00:04:14,338 --> 00:04:16,923
O da mazadura
estaba onte no hotel de Lila.
90
00:04:16,924 --> 00:04:18,091
Quen son estes?
91
00:04:18,092 --> 00:04:20,218
Non importa se son contratistas
92
00:04:20,219 --> 00:04:22,971
ou os Cincinnati Reds do 75.
Se están aquí, malo.
93
00:04:22,972 --> 00:04:25,348
Cres que fan operacións encubertas?
94
00:04:25,349 --> 00:04:26,517
É posible.
95
00:04:30,020 --> 00:04:32,481
- Non creo que colaboren.
- Van entrar.
96
00:04:33,941 --> 00:04:35,900
Merda. Cortaron a luz.
97
00:04:35,901 --> 00:04:39,487
Farán busca de protocolo,
subirán ata que nos atopen.
98
00:04:39,488 --> 00:04:41,406
Só hai unhas escaleiras. Verannos.
99
00:04:41,407 --> 00:04:43,324
Saída ao tellado? Escada de incendios?
100
00:04:43,325 --> 00:04:44,826
- Non!
- Tes coitelos?
101
00:04:44,827 --> 00:04:47,328
- Non. Pido a domicilio.
- Algunha arma?
102
00:04:47,329 --> 00:04:49,080
Latas de spray para avespas.
103
00:04:49,081 --> 00:04:50,623
- Por que?
- Hai avespas.
104
00:04:50,624 --> 00:04:52,793
Cólleas. Jacob, colle o extintor.
105
00:04:57,006 --> 00:04:57,840
Queda aquí.
106
00:04:58,841 --> 00:05:02,219
Cúbrenos con isto
para que Tamara poida disparar ao sinal.
107
00:05:03,721 --> 00:05:05,014
Cal é o sinal?
108
00:05:06,223 --> 00:05:07,099
Berrar.
109
00:05:30,998 --> 00:05:32,666
Veña, rápido. Xa veñen.
110
00:06:06,867 --> 00:06:07,701
Despexado.
111
00:06:15,042 --> 00:06:15,876
Despexado.
112
00:06:22,633 --> 00:06:23,591
Silencio!
113
00:06:23,592 --> 00:06:25,427
Non atopo o spray para avespas!
114
00:07:26,196 --> 00:07:27,030
Agora!
115
00:08:01,190 --> 00:08:03,192
Segues vivo? Ben.
116
00:08:14,786 --> 00:08:16,245
Para quen traballas?
117
00:08:16,246 --> 00:08:17,288
Un médico.
118
00:08:17,289 --> 00:08:19,415
Un médico? Dime quen te contratou.
119
00:08:19,416 --> 00:08:20,917
- Por favor.
- E Ben…?
120
00:08:20,918 --> 00:08:22,461
Ei! Sácao de aquí!
121
00:08:23,462 --> 00:08:25,087
Mantén a calma.
122
00:08:25,088 --> 00:08:26,964
Manter a calma? Sabe onde está Ben.
123
00:08:26,965 --> 00:08:29,300
Se o matas, non dirá unha merda.
124
00:08:29,301 --> 00:08:31,678
Necesitámolo vivo para obter información.
125
00:08:36,308 --> 00:08:37,517
Non vai ser posible.
126
00:08:39,478 --> 00:08:42,648
- Róubaslle?
- Debemos descubrir quen son estes tíos.
127
00:08:44,024 --> 00:08:46,359
As súas armas levan
ao axente morto da CIA.
128
00:08:46,360 --> 00:08:47,443
Merda.
129
00:08:47,444 --> 00:08:48,819
Que foi?
130
00:08:48,820 --> 00:08:52,949
Dous enderezos. Un é este lugar.
O outro espero que non sexa o que creo.
131
00:08:52,950 --> 00:08:54,576
Veña, temos que marchar.
132
00:08:56,370 --> 00:08:57,787
Lila, son Reacher.
133
00:08:57,788 --> 00:09:00,122
O teu amigo do hotel de onte volveu.
134
00:09:00,123 --> 00:09:01,415
Xa non é un problema,
135
00:09:01,416 --> 00:09:03,960
pero tiña o enderezo do hotel Rittenhouse.
136
00:09:03,961 --> 00:09:07,172
Se estades aí, marchade xa.
Xa vos atoparei.
137
00:09:16,848 --> 00:09:17,765
- Ei.
- Que?
138
00:09:17,766 --> 00:09:19,476
- Estás ben?
- Si, tío. É que…
139
00:09:20,227 --> 00:09:21,519
Debo deixar Washington.
140
00:09:21,520 --> 00:09:24,647
Non sabes como son
cando te teñen no punto de mira.
141
00:09:24,648 --> 00:09:27,149
Acabáronme coa carreira
e van acabar comigo.
142
00:09:27,150 --> 00:09:29,361
Podemos ir máis rápido, por favor?
143
00:09:30,320 --> 00:09:32,363
Primeiro temos que parar na cidade.
144
00:09:32,364 --> 00:09:35,366
- Estás de broma?
- Fuximos e precisamos diñeiro.
145
00:09:35,367 --> 00:09:37,451
Temos que ir a un caixeiro na cidade.
146
00:09:37,452 --> 00:09:38,828
Saben que estamos aquí.
147
00:09:38,829 --> 00:09:41,414
Cando dean co caixeiro,
levaremos tempo lonxe.
148
00:09:41,415 --> 00:09:42,957
Igual xa nos están seguindo.
149
00:09:42,958 --> 00:09:46,085
Antes de subiren
ao meu loft, viron a furgoneta.
150
00:09:46,086 --> 00:09:48,963
Informarían aos seus xefes.
A furgo é un problema.
151
00:09:48,964 --> 00:09:50,506
Tes xeito de camuflala?
152
00:09:50,507 --> 00:09:52,800
Saben marca e modelo. Cómpre outro coche!
153
00:09:52,801 --> 00:09:54,135
A CIA búscanos.
154
00:09:54,136 --> 00:09:56,722
Non podemos ir a Hertz
e darlles os carnés.
155
00:09:58,056 --> 00:10:01,143
Sei dun sitio.
Podemos chegar en menos de dúas horas.
156
00:10:07,566 --> 00:10:10,610
{\an8}FILADELFIA
157
00:10:13,196 --> 00:10:14,364
Ei, Cyrus!
158
00:10:19,369 --> 00:10:21,996
Vai á merda. Non.
159
00:10:21,997 --> 00:10:23,914
Docherty e eu fixemos un trato.
160
00:10:23,915 --> 00:10:27,460
Eu delato os de Norristown,
e vós deixádesme en paz.
161
00:10:27,461 --> 00:10:30,338
Iso é cousa de Docherty.
Eu non negocio con gánsteres.
162
00:10:30,339 --> 00:10:32,882
- Entón que fas aquí?
- Negocio cun gánster.
163
00:10:32,883 --> 00:10:34,051
Quen son os branquiños?
164
00:10:34,760 --> 00:10:37,679
Os meus bailaríns.
Cámbioche o Windstar polo Highlander.
165
00:10:39,681 --> 00:10:41,932
Iso é diñeiro. Iso é unha merda.
166
00:10:41,933 --> 00:10:43,643
Ambos sabemos que ese é roubado.
167
00:10:44,436 --> 00:10:47,646
Pero, se queres,
seguimos coa charla na comisaría
168
00:10:47,647 --> 00:10:51,275
e comprobo o bastidor.
Iso se aínda non denunciaron o roubo.
169
00:10:51,276 --> 00:10:54,071
Se nos foses deter, xa estariamos detidos.
170
00:10:55,030 --> 00:10:59,534
Aí levas razón. Haberá que atopar
algunha outra forma de negociar.
171
00:11:05,957 --> 00:11:07,125
Que estás facendo?
172
00:11:10,003 --> 00:11:12,381
Ei! Que iso vale 50 000! Pero que fas?
173
00:11:13,131 --> 00:11:14,132
Que está facendo?
174
00:11:14,925 --> 00:11:16,133
Chama a súa atención.
175
00:11:16,134 --> 00:11:17,051
A ver, tía…
176
00:11:17,052 --> 00:11:19,804
Volvemos empezar.
O meu Windstar polo teu Highlander.
177
00:11:19,805 --> 00:11:23,474
Porque nuns intres,
teremos que saír a fume de carozo.
178
00:11:23,475 --> 00:11:26,727
Merda. Está ben! Apaga iso. Apágao.
179
00:11:26,728 --> 00:11:30,690
E colócalle a matrícula
dun debidamente rexistrado. A dese Jetta?
180
00:11:31,817 --> 00:11:33,943
Non. Ese é o coche da miña irmá.
181
00:11:33,944 --> 00:11:36,862
Rayona vaime matar.
Sabes que está tola, non si?
182
00:11:36,863 --> 00:11:39,032
O trapo está ardendo bastante rápido.
183
00:11:42,702 --> 00:11:46,580
Vale, sabes o que?
Xa me apañarei con Ray Ray.
184
00:11:46,581 --> 00:11:49,084
Xa pensarei algo. Por favor, apágao xa!
185
00:11:59,261 --> 00:12:00,429
Vouche chamar Pancake.
186
00:12:12,107 --> 00:12:13,357
Gustábame ese gato.
187
00:12:13,358 --> 00:12:15,777
Ray Ray é boa tía.
O micho atopou un fogar.
188
00:12:22,659 --> 00:12:23,576
Lila.
189
00:12:23,577 --> 00:12:25,369
Ola. Recibín a túa mensaxe.
190
00:12:25,370 --> 00:12:28,247
Cambiei a miña familia
de hotel inmediatamente.
191
00:12:28,248 --> 00:12:30,791
Estamos acomodándonos, e algo asustados.
192
00:12:30,792 --> 00:12:33,128
Temos que falar. Onde podemos vemos?
193
00:12:33,795 --> 00:12:34,712
No mesmo parque?
194
00:12:34,713 --> 00:12:37,131
Nun sitio pechado onde os que nos buscan
195
00:12:37,132 --> 00:12:39,175
non nos vexan ao pasar co coche.
196
00:12:39,176 --> 00:12:41,552
Cheo de xente, pero tranquilo para falar.
197
00:12:41,553 --> 00:12:42,970
Nada de bares ruidosos.
198
00:12:42,971 --> 00:12:45,931
Pasamos por un salón de birlos
cando viñemos.
199
00:12:45,932 --> 00:12:47,641
Playtime Bowl, na segunda.
200
00:12:47,642 --> 00:12:50,227
Perfecto. Imos para aí. Ata pronto.
201
00:12:50,228 --> 00:12:51,062
Reacher?
202
00:12:53,815 --> 00:12:54,649
Grazas.
203
00:12:58,028 --> 00:13:00,529
Preciso o que saiba Lila
para falar con Cahill.
204
00:13:00,530 --> 00:13:03,115
É un tipo poderoso
con contactos en Washington.
205
00:13:03,116 --> 00:13:05,659
Non podo aparecer
sen nada para intimidalo.
206
00:13:05,660 --> 00:13:07,787
Onde queredes que vos deixe?
207
00:13:08,288 --> 00:13:12,416
Vas só? E se hai mercenarios
seguindo a Lila? Necesitarás reforzos.
208
00:13:12,417 --> 00:13:14,335
Non necesitei reforzos no hotel.
209
00:13:14,336 --> 00:13:16,670
- Estaba contigo.
- Desmaiado no corredor.
210
00:13:16,671 --> 00:13:19,965
É difícil atopar unha muller
tan rápido nesta cidade.
211
00:13:19,966 --> 00:13:21,885
Oxalá. Lila chama a atención.
212
00:13:22,928 --> 00:13:23,844
En que sentido?
213
00:13:23,845 --> 00:13:26,556
É o que os rapaces
de agora chaman "bombón".
214
00:13:27,682 --> 00:13:29,725
Por iso queres verte con ela a soas?
215
00:13:29,726 --> 00:13:30,936
Pilleina nunha mentira.
216
00:13:31,520 --> 00:13:34,188
Se aparezo con dous polis, non falará.
217
00:13:34,189 --> 00:13:35,398
Teño que ir só.
218
00:13:39,611 --> 00:13:43,155
Déixanos na comisaría.
Vou falar con Docherty,
219
00:13:43,156 --> 00:13:46,660
a ver que atopou,
mentres ti… investigas a Lila.
220
00:14:06,054 --> 00:14:11,100
Hostias, é o cometa Halley
que pasa unha vez cada cen anos.
221
00:14:11,101 --> 00:14:13,394
Cada 75, imbécil. E o caso Merrick?
222
00:14:13,395 --> 00:14:15,187
Vai á merda. Volviches desaparecer.
223
00:14:15,188 --> 00:14:17,064
Xa é un hábito. Non te axudo máis.
224
00:14:17,065 --> 00:14:19,441
Déixate de merdas. Estamos traballando.
225
00:14:19,442 --> 00:14:21,527
Ti e quen máis? O dúo dos fracasados?
226
00:14:21,528 --> 00:14:24,989
Os federais colleron o caso.
Xa non é asunto noso, lista.
227
00:14:24,990 --> 00:14:27,449
Atoparon morta
a moza de OnlyFans en Filadelfia.
228
00:14:27,450 --> 00:14:29,702
Na nosa xurisdición. Que sabemos?
229
00:14:29,703 --> 00:14:32,580
Ou debo ignorar
os homicidios da miña cidade?
230
00:14:32,581 --> 00:14:35,166
- Non es detective de homicidios.
- Nin ti.
231
00:14:36,126 --> 00:14:38,003
De que te ris, pailán?
232
00:14:38,587 --> 00:14:41,088
Quen contratou esa moza, esa acompañante,
233
00:14:41,089 --> 00:14:44,800
non deixou rastro.
VPN, contas no estranxeiro… sen rastro.
234
00:14:44,801 --> 00:14:47,261
- E o forense?
- Vai tardar uns días.
235
00:14:47,262 --> 00:14:48,346
Metícheslle présa?
236
00:14:49,055 --> 00:14:49,972
Si.
237
00:14:49,973 --> 00:14:53,475
- E o tipo da biblioteca?
- A do aviso anónimo fuches ti?
238
00:14:53,476 --> 00:14:56,354
Tanto ten quen chamase.
Que temos contra el?
239
00:14:57,188 --> 00:15:00,065
As dixitais non coincidían
coas do cuarto da rapaza.
240
00:15:00,066 --> 00:15:01,650
E?
241
00:15:01,651 --> 00:15:04,278
Sabedes o que? Hai madalenas na cociña.
242
00:15:04,279 --> 00:15:05,446
Xenial. Teño fame.
243
00:15:05,447 --> 00:15:06,573
Eu non.
244
00:15:08,074 --> 00:15:10,452
Pois vai por un café. Eu ocúpome disto.
245
00:15:15,206 --> 00:15:16,875
Que diaños estás facendo?
246
00:15:17,542 --> 00:15:20,294
Arruinaches a túa carreira
e queres arruinar a miña?
247
00:15:20,295 --> 00:15:22,546
- Non ten que ver contigo.
- Ben sabes
248
00:15:22,547 --> 00:15:25,633
que a túa merda me salpica.
Axiña cobrarei a pensión.
249
00:15:25,634 --> 00:15:27,426
- Non ma vas estragar.
- D.
250
00:15:27,427 --> 00:15:29,386
Atopei o coche da suicida.
251
00:15:29,387 --> 00:15:30,888
Preto da parada de metro?
252
00:15:30,889 --> 00:15:33,223
Non. Merrick entrou por Tasker-Morris.
253
00:15:33,224 --> 00:15:35,434
Atoparon o coche entre a 6 e Carpenter.
254
00:15:35,435 --> 00:15:39,104
Vixíao unha patrulla.
Avisas os federais? Era o teu caso.
255
00:15:39,105 --> 00:15:40,774
Avísaos ti. Tanto me ten.
256
00:15:43,735 --> 00:15:44,569
De acordo.
257
00:15:50,867 --> 00:15:52,284
Xa non é o noso caso.
258
00:15:52,285 --> 00:15:53,577
Anna Merrick non.
259
00:15:53,578 --> 00:15:55,621
Pero podemos rexistrar un coche roubado.
260
00:15:55,622 --> 00:15:57,915
Igual é unha rede de coches roubados.
261
00:15:57,916 --> 00:15:59,500
Levas anos facendo o mínimo
262
00:15:59,501 --> 00:16:02,169
e, de súpeto,
queres ser policía outra vez?
263
00:16:02,170 --> 00:16:06,091
Lembras o que pasou a última vez
que non puideches esquecer un caso?
264
00:16:10,011 --> 00:16:11,221
Vou por madalenas.
265
00:16:14,140 --> 00:16:15,892
É coma unha dor de moas.
266
00:16:17,352 --> 00:16:18,311
Atopamos o coche.
267
00:16:34,119 --> 00:16:36,286
Reacher, grazas de novo por avisarnos.
268
00:16:36,287 --> 00:16:39,249
É o último que farei por vós
se non me dis a verdade.
269
00:16:40,375 --> 00:16:41,709
Mentes sobre Sampson.
270
00:16:41,710 --> 00:16:44,337
Non creo que sexa o teu pai. Ti tampouco.
271
00:16:50,760 --> 00:16:52,386
Polo menos sé sincera,
272
00:16:52,387 --> 00:16:55,682
dado que encarei
un congresista coas túas parvadas.
273
00:17:02,063 --> 00:17:02,939
Tes razón.
274
00:17:04,149 --> 00:17:05,525
Non fun totalmente sincera.
275
00:17:06,401 --> 00:17:10,905
Son xornalista. Amisha non é a miña nai,
e estes dous son seguridade privada.
276
00:17:11,823 --> 00:17:13,198
De que te protexen?
277
00:17:13,199 --> 00:17:16,285
Vin expoñer os segredos
do Goberno máis poderoso da Terra.
278
00:17:16,286 --> 00:17:17,536
E o do cancro?
279
00:17:17,537 --> 00:17:20,205
Fíxenme as mazaduras
para chegar a Sampson.
280
00:17:20,206 --> 00:17:21,790
Para mentirlle a el tamén?
281
00:17:21,791 --> 00:17:25,335
Mira… síntoo moito, de acordo?
282
00:17:25,336 --> 00:17:27,464
Pensei que podías ter información.
283
00:17:28,798 --> 00:17:32,927
E tiña medo. Morreu unha muller,
e uns homes viñeron por min.
284
00:17:33,595 --> 00:17:35,096
Cóntame a historia real.
285
00:17:40,143 --> 00:17:42,645
As patacas fritas son de todos. Sigue.
286
00:17:43,271 --> 00:17:46,607
Amisha e Sampson non se deitaron.
Pero están relacionados.
287
00:17:46,608 --> 00:17:49,860
Cando Amisha e o seu home
eran estudantes en Indonesia,
288
00:17:49,861 --> 00:17:52,488
preocupábaos a crecente
influencia do exército
289
00:17:52,489 --> 00:17:54,865
ao mando dun home chamado xeneral Putra.
290
00:17:54,866 --> 00:17:56,034
Fixeron manifestacións.
291
00:17:57,035 --> 00:17:59,912
Pouco despois,
o grupo foi encarcerado ilegalmente.
292
00:17:59,913 --> 00:18:02,122
Putra cometeu atrocidades.
293
00:18:02,123 --> 00:18:05,250
Amisha escoitou
como torturaban e mataban o seu home
294
00:18:05,251 --> 00:18:06,376
na cela do lado.
295
00:18:06,377 --> 00:18:08,837
A ela golpeárona ata case matala.
296
00:18:08,838 --> 00:18:13,258
A Putra e os seus soldados adestrounos
un experto da Forza Delta americana.
297
00:18:13,259 --> 00:18:14,259
John Sampson.
298
00:18:14,260 --> 00:18:16,678
Destinárono a Indonesia para iso.
299
00:18:16,679 --> 00:18:19,348
Ensinoulles tácticas militares
aos soldados de Putra.
300
00:18:19,349 --> 00:18:23,477
As mesmas tácticas usadas contra os civís
que Putra torturou e matou.
301
00:18:23,478 --> 00:18:24,812
E que hai de Nolan Cahill?
302
00:18:24,813 --> 00:18:28,273
Era o oficial ao mando
de Sampson en Indonesia. Por que?
303
00:18:28,274 --> 00:18:30,527
Estaba no tren a noite que morreu Anna.
304
00:18:35,865 --> 00:18:39,076
Debía estar para impedir
que Anna me entregase a USB.
305
00:18:39,077 --> 00:18:40,661
Que me dese a historia.
306
00:18:40,662 --> 00:18:42,955
América quere eliminar a súa implicación,
307
00:18:42,956 --> 00:18:44,582
pero o público merece sabelo.
308
00:18:45,583 --> 00:18:48,168
Despois de escoitar a historia de Amisha,
309
00:18:48,169 --> 00:18:51,588
mirándoa aos ollos, á cara,
e vendo o que Putra lle fixo,
310
00:18:51,589 --> 00:18:53,423
Anna Merrick accedeu a axudar.
311
00:18:53,424 --> 00:18:56,802
Por iso ía darme a USB.
Comprendía o que estaba en xogo.
312
00:18:56,803 --> 00:19:00,056
Sabía que roubar arquivos
do Goberno é un delito federal.
313
00:19:01,140 --> 00:19:04,601
Anna decidiu traballar
para o Pentágono porque é unha patriota.
314
00:19:04,602 --> 00:19:08,313
E ela, igual ca min,
cría que un home como Sampson,
315
00:19:08,314 --> 00:19:11,401
un home coa súa moral,
non debía chegar á Casa Branca.
316
00:19:12,652 --> 00:19:14,279
Debo sacar a historia á luz.
317
00:19:20,076 --> 00:19:23,204
Por favor. Necesito a túa axuda.
318
00:19:26,040 --> 00:19:28,667
Se non o fas por min, faino por Amisha,
319
00:19:28,668 --> 00:19:31,044
o seu home e todas as persoas asasinadas.
320
00:19:31,045 --> 00:19:31,963
Por Anna.
321
00:19:33,006 --> 00:19:35,925
A USB contén probas
que conectan a Sampson con isto.
322
00:19:38,553 --> 00:19:39,679
Atoparei esa USB.
323
00:19:40,597 --> 00:19:41,931
Cando vexa o que contén,
324
00:19:43,016 --> 00:19:44,601
decidirei que facer con ela.
325
00:19:45,977 --> 00:19:47,729
Non podo pedir máis. Grazas.
326
00:19:55,737 --> 00:19:58,780
Non me deas as grazas aínda.
Parece que nos atoparon.
327
00:19:58,781 --> 00:19:59,781
Como?
328
00:19:59,782 --> 00:20:02,827
Seguíronvos. Pensa en cambiar de escoltas.
329
00:20:03,536 --> 00:20:04,746
Que vas facer?
330
00:20:07,498 --> 00:20:09,125
Que se arrepintan de entrar.
331
00:20:10,460 --> 00:20:11,294
Talvez non.
332
00:20:14,714 --> 00:20:16,466
Armas enriba da mesa ou mátoa.
333
00:20:18,551 --> 00:20:19,677
Agora.
334
00:20:23,431 --> 00:20:24,891
Arriba. Vamos dar un paseo.
335
00:20:25,600 --> 00:20:28,478
Vamos. Senta. Ti, senta.
336
00:20:32,440 --> 00:20:36,693
É hora do Birlo Cósmico de Medianoite!
337
00:20:36,694 --> 00:20:39,112
Todos os plenos levan unha cervexa gratis,
338
00:20:39,113 --> 00:20:43,409
e temos unha oferta
de dous por un en aperitivos!
339
00:20:52,919 --> 00:20:54,086
Sacádeas de aquí.
340
00:20:54,087 --> 00:20:55,964
Vamos! Fóra!
341
00:21:39,382 --> 00:21:40,258
Merda!
342
00:22:09,203 --> 00:22:10,537
Díxenche que liscases.
343
00:22:10,538 --> 00:22:14,042
Os escoltas levaron a Amisha ao hotel.
Non te ía deixar atrás.
344
00:22:16,044 --> 00:22:17,045
Grazas.
345
00:22:22,925 --> 00:22:26,429
Temos que marchar.
Se me meten no sistema, a CIA atoparame.
346
00:22:27,221 --> 00:22:28,264
A CIA?
347
00:22:34,854 --> 00:22:35,730
Déixaos pasar!
348
00:22:57,335 --> 00:22:59,586
- É este?
- Si.
349
00:22:59,587 --> 00:23:02,840
Por que deixou un coche
en perfecto estado e colleu o metro?
350
00:23:03,883 --> 00:23:04,800
Quen o sabe?
351
00:23:04,801 --> 00:23:07,928
Quen o colleu sabía ben
o que estaba facendo.
352
00:23:07,929 --> 00:23:11,431
Levouno a un lugar apartado
e desfíxose del.
353
00:23:11,432 --> 00:23:14,268
Como a casa de Anna. A CIA outra vez?
354
00:23:14,936 --> 00:23:15,812
Quizais.
355
00:23:17,396 --> 00:23:20,107
Sabía que a policía local
buscaría o coche.
356
00:23:20,108 --> 00:23:22,735
Non quería que o pillasen
con el xunto ao metro.
357
00:23:23,402 --> 00:23:25,154
Carallo! Mirade que desfeita.
358
00:23:26,906 --> 00:23:30,952
Guanteira forzada,
asentos esnaquizados. Mirade as cartas.
359
00:23:34,038 --> 00:23:35,205
Oferta de tarxeta.
360
00:23:35,206 --> 00:23:37,707
"Decídete e recibe 5000 puntos extra."
361
00:23:37,708 --> 00:23:40,460
Se fose obra de rateiros,
habían levar a tarxeta.
362
00:23:40,461 --> 00:23:41,628
Para cometer fraude.
363
00:23:41,629 --> 00:23:43,713
Quen o fixo estaba buscando algo.
364
00:23:43,714 --> 00:23:45,466
- A memoria.
- Certo.
365
00:23:54,142 --> 00:23:55,518
O pase para Bear Creek.
366
00:23:57,145 --> 00:23:59,438
Non baleirou o maleteiro
dende o inverno pasado.
367
00:24:01,149 --> 00:24:03,191
Entón debería estar o abrigo de inverno.
368
00:24:03,192 --> 00:24:05,569
E non se che ocorre por que o levaría
369
00:24:05,570 --> 00:24:06,904
no metro coa calor que ía?
370
00:24:08,573 --> 00:24:09,407
Nin idea.
371
00:24:11,742 --> 00:24:15,120
Parece que por casualidade
aínda tiña estas cousas atrás.
372
00:24:15,121 --> 00:24:19,124
Se Anna saíu da casa sen abrigo,
levar un posto non era parte do plan.
373
00:24:19,125 --> 00:24:22,670
Converteuse en parte do plan
logo de que ela subise ao coche.
374
00:24:23,296 --> 00:24:24,630
Nada disto ten sentido.
375
00:24:33,723 --> 00:24:34,599
Estás ben?
376
00:24:38,811 --> 00:24:40,938
Quedara en ir con ela e con Ben…
377
00:24:42,023 --> 00:24:42,857
a Bear Creek.
378
00:24:44,233 --> 00:24:47,737
Pero canceleino a última hora para poder…
379
00:24:49,822 --> 00:24:52,450
volver illar o maldito garaxe.
380
00:24:55,661 --> 00:24:58,164
Nunca volverei facer nada con eles.
381
00:25:01,042 --> 00:25:04,252
Polo menos teño o garaxe quente, ou?
382
00:25:04,253 --> 00:25:08,673
Ei. Sabes que tipo de xente
non deixa de torturarse
383
00:25:08,674 --> 00:25:10,134
logo de perder un ser querido?
384
00:25:11,135 --> 00:25:13,638
"Debín, puiden, oxalá"?
385
00:25:17,475 --> 00:25:18,601
A boa xente.
386
00:25:20,478 --> 00:25:21,938
Pero iso non axuda.
387
00:25:24,315 --> 00:25:26,776
E non vai axudar
a atopar a quen fixo isto.
388
00:25:30,655 --> 00:25:31,948
Segues comigo?
389
00:25:33,407 --> 00:25:34,283
Centrado no caso?
390
00:25:42,166 --> 00:25:43,000
Moi ben.
391
00:25:43,626 --> 00:25:48,297
Non ten GPS. Ten soporte para o teléfono.
Usaría o seu móbil para orientarse.
392
00:25:49,924 --> 00:25:52,717
Non atoparon o móbil de Anna na estación.
393
00:25:52,718 --> 00:25:54,177
E tampouco no vagón.
394
00:25:54,178 --> 00:25:56,472
- Quen o buscou debeuno coller.
- Aparta.
395
00:26:01,727 --> 00:26:02,937
Un carné do traballo.
396
00:26:03,896 --> 00:26:06,106
Atopamos un carné na casa de Anna.
397
00:26:06,107 --> 00:26:09,234
Serven para manter a seguridade
nas propiedades federais.
398
00:26:09,235 --> 00:26:10,611
Non dan ningún de máis.
399
00:26:12,113 --> 00:26:15,115
Anna mencionou
un segundo traballo ou un novo?
400
00:26:15,116 --> 00:26:16,575
Non, nunca.
401
00:26:22,039 --> 00:26:23,916
Merda! Os federais. Liscamos.
402
00:26:26,669 --> 00:26:27,712
Que vas facer?
403
00:26:29,046 --> 00:26:31,756
Escoita! Ao meter
ese couso no peto, contaminas
404
00:26:31,757 --> 00:26:33,300
a cadea de custodia.
405
00:26:33,301 --> 00:26:36,011
Se o carné leva a algo,
non obterás unha condena.
406
00:26:36,012 --> 00:26:39,806
O Goberno federal asume
un caso de suicidio, a CIA secuéstranos,
407
00:26:39,807 --> 00:26:42,100
os mercenarios intentan matarnos.
408
00:26:42,101 --> 00:26:44,228
Que lle dean á cadea de custodia.
409
00:26:45,062 --> 00:26:47,189
Quero saber por que morreu miña irmá.
410
00:27:24,977 --> 00:27:28,898
Roupa nova. Un tipo vendíaa
diante do Waw-wa de en fronte.
411
00:27:30,649 --> 00:27:31,484
Wawa.
412
00:27:33,277 --> 00:27:34,862
Como está Amisha?
413
00:27:35,780 --> 00:27:39,867
Ela e os gardas están nun hotel.
Non houbo feridos. Deron escapado.
414
00:27:40,826 --> 00:27:43,537
Pero ela ten medo.
415
00:27:44,205 --> 00:27:48,084
Intentan facerlle dano de novo.
E tráelle un lote de malos recordos.
416
00:27:53,964 --> 00:27:54,882
Viaxo lixeiro.
417
00:27:59,053 --> 00:28:00,221
Estás moi malferido.
418
00:28:02,098 --> 00:28:03,099
Teño estado mellor,
419
00:28:04,517 --> 00:28:05,393
e tamén peor.
420
00:28:06,185 --> 00:28:09,188
Grazas por darme
unha segunda oportunidade.
421
00:28:11,607 --> 00:28:13,567
Perdón por mentirche, non quería.
422
00:28:14,693 --> 00:28:15,611
Querías tal.
423
00:28:17,196 --> 00:28:19,072
Por iso dixeches o que dixeches
424
00:28:19,073 --> 00:28:21,033
como o dixeches e cando o dixeches.
425
00:28:21,951 --> 00:28:23,119
Para mentir.
426
00:28:24,120 --> 00:28:25,954
Pero sempre perdoo os mentireiros
427
00:28:25,955 --> 00:28:28,207
que me salvan dun golpe nun canellón.
428
00:28:31,252 --> 00:28:32,211
Grazas.
429
00:28:34,088 --> 00:28:37,215
Pero non me gustou ter que enganarte.
430
00:28:37,216 --> 00:28:40,051
Descubrir a verdade
para sacar a historia á luz
431
00:28:40,052 --> 00:28:42,388
esixía que non contase a verdade.
432
00:28:44,181 --> 00:28:45,515
Ese foi o custo.
433
00:28:45,516 --> 00:28:47,016
Paga a pena o custo?
434
00:28:47,017 --> 00:28:51,438
Ben nos puideron matar
na sala de birlos ou no hotel.
435
00:28:51,439 --> 00:28:53,190
Non fuxo do perigo.
436
00:28:55,401 --> 00:28:56,818
Parece que ti tampouco.
437
00:28:56,819 --> 00:28:59,487
Son un exsoldado de 113 kg.
438
00:28:59,488 --> 00:29:02,782
Ti es unha reporteira de 55 kg
cun gardacostas normaliño.
439
00:29:02,783 --> 00:29:05,034
Quizais deberías marchar con Amisha.
440
00:29:05,035 --> 00:29:05,911
Diso nada.
441
00:29:06,620 --> 00:29:10,248
O que intentamos facer
vai máis aló de Amisha e de min.
442
00:29:10,249 --> 00:29:12,709
E ela pensa igual.
Viñemos buscar información,
443
00:29:12,710 --> 00:29:15,796
e a última persoa
que a tivo estaba nesta cidade.
444
00:29:16,755 --> 00:29:19,591
Así que non imos marchar.
445
00:29:19,592 --> 00:29:21,260
Mesmo se morres por isto?
446
00:29:21,760 --> 00:29:24,722
Xa che dixen que non son das que foxen.
447
00:29:26,390 --> 00:29:27,433
Que che pasou aí?
448
00:29:30,686 --> 00:29:32,813
Eu tampouco son dos que foxen.
449
00:29:37,693 --> 00:29:39,236
Por iso aínda estás aquí?
450
00:29:44,825 --> 00:29:47,411
Sénteste mal por non poder axudar a Anna?
451
00:29:48,454 --> 00:29:50,414
A pobre muller miroute aos ollos,
452
00:29:51,207 --> 00:29:53,334
confusa, petrificada,
453
00:29:54,585 --> 00:29:56,462
rota, e non puideches facer nada.
454
00:29:59,423 --> 00:30:00,382
Pero dime:
455
00:30:01,717 --> 00:30:03,552
quen cres que ten máis culpa?
456
00:30:05,137 --> 00:30:08,224
O home que lle dixo
unhas palabras a Anna nun metro…
457
00:30:10,184 --> 00:30:11,936
ou a reporteira que a levou alí?
458
00:30:18,025 --> 00:30:19,026
Axúdoche.
459
00:30:27,660 --> 00:30:31,330
A miña nai deume
esta pulseira cando tiña 16 anos.
460
00:30:34,708 --> 00:30:37,586
Era unha xornalista de verdade.
461
00:30:40,339 --> 00:30:42,049
Morreu en Indonesia traballando.
462
00:30:46,554 --> 00:30:48,055
Son reporteira por ela.
463
00:30:53,018 --> 00:30:54,562
Esta pulseira…
464
00:30:56,230 --> 00:30:57,690
é todo canto teño dela.
465
00:31:01,068 --> 00:31:04,363
Dúas sementes en cada elo.
466
00:31:05,614 --> 00:31:08,909
Suponse que somos ela e mais eu.
467
00:31:12,288 --> 00:31:13,247
Sempre xuntas.
468
00:31:17,001 --> 00:31:19,128
Cada elo é unha etapa das nosas vidas.
469
00:31:25,259 --> 00:31:28,095
Dígolle á xente
que é unha pulseira normal.
470
00:31:31,807 --> 00:31:32,933
Por algunha razón…
471
00:31:35,728 --> 00:31:37,688
non me parece correcto volver mentirche.
472
00:32:13,307 --> 00:32:15,768
Non me chista facer isto no meu portátil.
473
00:32:16,644 --> 00:32:18,102
Impórtame un carallo.
474
00:32:18,103 --> 00:32:19,438
Pois a min impórtame.
475
00:32:20,272 --> 00:32:23,900
Espío sitios da CIA,
uso desbotables, vivo desconectado.
476
00:32:23,901 --> 00:32:24,985
Pero iso é legal.
477
00:32:25,527 --> 00:32:27,487
Coller o carné da escena do crime
478
00:32:27,488 --> 00:32:29,198
é manipulación de probas.
479
00:32:30,699 --> 00:32:33,327
Pois marcha. Non tes por que estar aquí.
480
00:32:34,495 --> 00:32:36,830
Si, claro. Para ti é moi fácil dicilo.
481
00:32:39,375 --> 00:32:42,586
Sabes por que só escribo
en publicacións de Internet?
482
00:32:43,587 --> 00:32:46,756
Porque hai un ano traballei
nun escándalo da Reserva Federal
483
00:32:46,757 --> 00:32:49,300
que implicaba poderosos,
incluído o meu xornal,
484
00:32:49,301 --> 00:32:52,471
do cal descubrín
que levaba anos ocultando a historia.
485
00:32:53,764 --> 00:32:56,182
Cando os que vixían
traballan para os vixiados,
486
00:32:56,183 --> 00:32:57,935
non tes ningunha posibilidade.
487
00:32:58,811 --> 00:33:01,396
Non só me despediron,
tamén me desacreditaron,
488
00:33:01,397 --> 00:33:03,607
humilláronme, chamáronme tolo.
489
00:33:04,650 --> 00:33:07,485
Metéronme no portátil
teorías da conspiración,
490
00:33:07,486 --> 00:33:11,155
manipularon os meus informes
de gastos para que parecese que roubaba.
491
00:33:11,156 --> 00:33:12,950
Fixeron que meu pai dubidase de min.
492
00:33:15,411 --> 00:33:16,412
Así que si.
493
00:33:18,122 --> 00:33:19,081
Teño que estar aquí.
494
00:33:22,126 --> 00:33:23,961
Tiñamos un na sala de probas.
495
00:33:24,545 --> 00:33:28,047
Desarticularon unha rede
de falsificación de documentos.
496
00:33:28,048 --> 00:33:28,966
Vou probar.
497
00:33:30,843 --> 00:33:31,719
Listo.
498
00:33:39,768 --> 00:33:41,854
A ver que atopamos.
499
00:33:43,564 --> 00:33:46,858
Moi ben. Nome: Anna Merrick.
500
00:33:46,859 --> 00:33:51,488
Centro de traballo e permiso de acceso:
edificio 28, posto de traballo J12.
501
00:33:54,032 --> 00:33:58,202
Autorización de nivel oito?
Non traballaba en Recursos Humanos?
502
00:33:58,203 --> 00:34:00,372
Por que tiña autorización de nivel oito?
503
00:34:02,249 --> 00:34:04,001
Non teño nin idea.
504
00:34:04,668 --> 00:34:07,378
Polo menos sabemos
por onde debemos seguir.
505
00:34:07,379 --> 00:34:10,131
Dime que ese carné non estaba no coche.
506
00:34:10,132 --> 00:34:12,216
Esquece o que cres ver e marcha.
507
00:34:12,217 --> 00:34:14,219
Ben, vexo probas roubadas.
508
00:34:16,722 --> 00:34:18,140
Non tal.
509
00:34:19,808 --> 00:34:21,393
Vas intimidarme?
510
00:34:22,311 --> 00:34:24,229
Non te vou delatar, Green.
511
00:34:25,230 --> 00:34:26,522
Non son idiota.
512
00:34:26,523 --> 00:34:28,192
Este é un caso federal.
513
00:34:28,984 --> 00:34:33,030
Eu non son ti. Non me gustaría
arruinar a miña carreira por parvadas.
514
00:34:33,739 --> 00:34:35,699
Así que se veñen e me preguntan…
515
00:34:37,534 --> 00:34:39,244
voulles contar o que vin.
516
00:34:42,331 --> 00:34:43,749
Volve á túa mesa, Shaun.
517
00:34:50,380 --> 00:34:52,466
Collede as cousas. Temos que marchar.
518
00:34:56,053 --> 00:34:59,014
Es demasiado grande
para marchar sen facer ruído.
519
00:34:59,681 --> 00:35:00,973
Non quería espertarte.
520
00:35:00,974 --> 00:35:03,643
Non sempre saio
ás agachadas en plena noite,
521
00:35:03,644 --> 00:35:05,311
pero teño unha viaxe longa.
522
00:35:05,312 --> 00:35:06,230
A onde vas?
523
00:35:06,730 --> 00:35:07,773
A Baltimore.
524
00:35:08,398 --> 00:35:10,608
Quero chegar alí á primeira hora da mañá.
525
00:35:10,609 --> 00:35:12,444
Teño dúas horas e media, como máximo.
526
00:35:13,111 --> 00:35:14,028
Que hai alí?
527
00:35:14,029 --> 00:35:18,200
Sampson. Logo do que me dixeches,
temos máis cousas que discutir.
528
00:35:20,077 --> 00:35:21,829
Volve san e salvo, si?
529
00:35:25,207 --> 00:35:28,085
Non quero que ninguén máis saia malparado.
530
00:35:39,304 --> 00:35:41,640
23, INDUSTRIAL WAY
EDIFICIO 28, POSTO J12
531
00:35:46,061 --> 00:35:47,979
Que demo facía Anna aquí?
532
00:35:47,980 --> 00:35:52,067
PROPIEDADE DO GOBERNO DOS EUA
533
00:36:02,077 --> 00:36:04,036
O cuarto del está fechado
534
00:36:04,037 --> 00:36:06,205
e non puidemos entrar rexistralo.
535
00:36:06,206 --> 00:36:08,250
- Se pode revisar…
- Springfield!
536
00:36:09,209 --> 00:36:10,460
Vamos aló.
537
00:36:15,173 --> 00:36:19,011
Reacher, o congresista Sampson
preguntábase cando o volvería ver.
538
00:36:20,053 --> 00:36:20,888
Sígame.
539
00:36:33,817 --> 00:36:34,734
Acompáñame?
540
00:36:34,735 --> 00:36:38,905
A última vez que me prometeu
ver a Sampson acabei falando cos federais.
541
00:36:38,906 --> 00:36:41,782
Como sei que non me enganará outra vez?
542
00:36:41,783 --> 00:36:43,493
Suba ao ascensor e saberao.
543
00:36:54,838 --> 00:36:57,674
Se non queres subir
polas paredes, ata a metade.
544
00:36:58,759 --> 00:36:59,843
Pois ata a metade.
545
00:37:02,971 --> 00:37:04,139
Pasa, Springfield.
546
00:37:05,140 --> 00:37:06,891
Non deixe a porta aberta.
547
00:37:06,892 --> 00:37:09,311
Chamaches dende o ascensor
hai 20 segundos.
548
00:37:10,354 --> 00:37:12,856
Reacher, alégrame velo de novo.
549
00:37:13,941 --> 00:37:15,192
Quere almorzar?
550
00:37:15,817 --> 00:37:17,069
Nunca rexeito comida.
551
00:37:17,945 --> 00:37:18,820
Pois sente.
552
00:37:20,781 --> 00:37:23,909
Hai un ovo escalfado e froita.
Non os toquei.
553
00:37:25,494 --> 00:37:26,411
Grazas.
554
00:37:28,372 --> 00:37:32,959
Debo asumir que veu ata aquí
porque quere certa información
555
00:37:32,960 --> 00:37:37,005
ou quere compartir certa información.
Cal das dúas opcións é?
556
00:37:38,131 --> 00:37:38,966
As dúas.
557
00:37:39,841 --> 00:37:40,676
Continúe.
558
00:37:44,554 --> 00:37:47,307
Xa lle dixen que non temos segredos.
559
00:37:50,352 --> 00:37:51,228
De acordo.
560
00:37:52,938 --> 00:37:55,982
Quero saber da súa relación
co xeneral Putra.
561
00:37:55,983 --> 00:37:59,736
Torturou e masacrou un lote
de disidentes políticos en Indonesia.
562
00:38:01,238 --> 00:38:02,154
E?
563
00:38:02,155 --> 00:38:05,575
A miña fonte di que o adestrou
unha unidade ao seu cargo.
564
00:38:06,952 --> 00:38:09,662
Reméxese no asento.
Creo que coñece o xeneral
565
00:38:09,663 --> 00:38:12,124
- e participou nas atrocidades.
- John.
566
00:38:12,791 --> 00:38:15,584
Poden acusalo de crimes de guerra
e non se inmuta.
567
00:38:15,585 --> 00:38:17,878
A súa fonte só lle contou unha parte.
568
00:38:17,879 --> 00:38:21,507
Estiven en Indonesia
coa Forza Delta en 1998.
569
00:38:21,508 --> 00:38:23,217
E coñecín a Putra.
570
00:38:23,218 --> 00:38:24,552
Non me gustaba.
571
00:38:24,553 --> 00:38:26,971
A nosa misión era e é alto segredo.
572
00:38:26,972 --> 00:38:31,727
Pero podo revelarlle
que nunca torturei nin asasinei civís.
573
00:38:32,894 --> 00:38:36,398
Eu nunca contribuín
á tortura ou ao asasinato de civís.
574
00:38:37,649 --> 00:38:40,735
Se pretende poñerme nervioso,
non o conseguirá.
575
00:38:40,736 --> 00:38:42,695
Porque estou dicindo a verdade.
576
00:38:42,696 --> 00:38:44,947
Por que non mo dixo da outra vez?
577
00:38:44,948 --> 00:38:49,035
Adoita dar detalles
de operacións militares de alto segredo
578
00:38:49,036 --> 00:38:50,120
aos estraños?
579
00:38:50,620 --> 00:38:51,455
Ten razón.
580
00:38:53,165 --> 00:38:55,291
Hai algo que non me estea contando?
581
00:38:55,292 --> 00:38:56,417
Nada.
582
00:38:56,418 --> 00:38:58,836
- E do xefe de gabinete?
- Cahill?
583
00:38:58,837 --> 00:38:59,754
Que pasa con el?
584
00:38:59,755 --> 00:39:02,256
Catro persoas viron o suicidio de Anna,
585
00:39:02,257 --> 00:39:04,717
pero a policía só interrogou tres.
586
00:39:04,718 --> 00:39:07,054
Unha delas fuxiu. Era Cahill.
587
00:39:09,931 --> 00:39:12,683
- Perdoe, pero mente.
- Vino cos meus ollos.
588
00:39:12,684 --> 00:39:14,894
Cahill non ía nese tren. Diríamo.
589
00:39:14,895 --> 00:39:17,772
Aquí a xente adoita excluír
detalles importantes
590
00:39:17,773 --> 00:39:19,190
nas conversas.
591
00:39:19,191 --> 00:39:20,524
Non Nolan Cahill.
592
00:39:20,525 --> 00:39:23,820
De verdade? Onde está?
Podemos ir xuntos e preguntarllo.
593
00:39:24,571 --> 00:39:26,907
Moi ben. Vamos aló.
594
00:39:32,204 --> 00:39:33,163
Nolan,
595
00:39:34,915 --> 00:39:35,832
temos que falar.
596
00:39:41,922 --> 00:39:43,757
Todo se acaba sabendo, non si?
597
00:39:44,508 --> 00:39:45,592
A que te refires?
598
00:39:46,343 --> 00:39:50,138
O Watergate, o Irán-Contra,
o maldito portátil de Hunter.
599
00:39:50,972 --> 00:39:53,557
Sexa o que sexa, sempre sae á luz.
600
00:39:53,558 --> 00:39:56,853
Por que ía no metro
con Anna Merrick cando se suicidou?
601
00:39:58,772 --> 00:40:00,565
Colleulle a memoria USB?
602
00:40:03,193 --> 00:40:04,861
Habías ser un bo presidente.
603
00:40:07,864 --> 00:40:08,865
Síntoo, John.
604
00:40:09,866 --> 00:40:10,867
Nolan. Nolan!
605
00:40:11,868 --> 00:40:12,828
Non!
606
00:40:16,540 --> 00:40:17,999
Vállame Deus.
607
00:40:19,084 --> 00:40:21,753
Son Springfield.
Acordoade e traede un médico.
608
00:42:18,370 --> 00:42:20,454
Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos
609
00:42:20,455 --> 00:42:22,457
Supervisora creativa:
Marina Rodríguez García