1 00:00:06,465 --> 00:00:07,882 Anteriormente… 2 00:00:07,883 --> 00:00:10,510 Suicidouse no tren onde ía o xefe de gabinete 3 00:00:10,511 --> 00:00:12,178 dun candidato presidencial? 4 00:00:12,179 --> 00:00:14,181 A CIA ponse a secuestrar xente por iso? 5 00:00:15,224 --> 00:00:16,224 É unha reportaxe. 6 00:00:16,225 --> 00:00:19,310 Non sei onde está Ben. Pero coñecía a rapaza coa que marchou. 7 00:00:19,311 --> 00:00:22,523 - O seu nome real é Mary Ellen Daniels. - Tes un enderezo? 8 00:00:23,524 --> 00:00:25,483 Os autores non son afeccionados. 9 00:00:25,484 --> 00:00:27,235 Atopei o coche da suicida. 10 00:00:27,236 --> 00:00:29,696 Por que deixou un coche en perfecto estado 11 00:00:29,697 --> 00:00:30,573 e colleu o metro? 12 00:00:31,031 --> 00:00:32,199 Un carné do traballo. 13 00:00:33,909 --> 00:00:38,329 Nome: Anna Merrick. Centro de traballo e autorización nivel oito? 14 00:00:38,330 --> 00:00:40,249 Polo menos sabemos por onde seguir. 15 00:00:40,958 --> 00:00:42,376 Que demo facía Anna aquí? 16 00:00:43,294 --> 00:00:45,128 A Putra e os seus adestrounos 17 00:00:45,129 --> 00:00:47,881 - un experto da Forza Delta. - John Sampson. 18 00:00:47,882 --> 00:00:50,633 Na USB hai probas que conectan a Sampson con isto. 19 00:00:50,634 --> 00:00:53,928 Nunca torturei nin asasinei civís. 20 00:00:53,929 --> 00:00:56,014 - O xefe de gabinete? - Que pasa con el? 21 00:00:56,015 --> 00:00:59,184 Por que ía no metro con Anna Merrick cando se suicidou? 22 00:00:59,185 --> 00:01:00,102 Síntoo, John. 23 00:01:01,061 --> 00:01:03,606 - Nolan. Nolan! - Non! 24 00:01:26,045 --> 00:01:28,797 Amosara o señor Cahill signos de angustia? 25 00:01:28,798 --> 00:01:29,715 Non. 26 00:01:30,341 --> 00:01:34,761 Algo en particular que o preocupase? Algún problema amoroso ou económico? 27 00:01:34,762 --> 00:01:35,846 Non, que eu saiba. 28 00:01:36,514 --> 00:01:39,390 Deixou algunha nota? Unha mensaxe de texto? Un correo? 29 00:01:39,391 --> 00:01:41,935 Detective, agradézolle a súa meticulosidade. 30 00:01:41,936 --> 00:01:43,686 Pero non deixou nada. 31 00:01:43,687 --> 00:01:46,232 Nin amosaba sinais de alarma, e agora mesmo… 32 00:01:49,568 --> 00:01:52,779 Descúlpenos. Intento afrontar a perda dun amigo. 33 00:01:52,780 --> 00:01:56,991 Está ben. Se teño máis preguntas, poñereime en contacto coa súa oficina. 34 00:01:56,992 --> 00:01:58,077 Grazas. 35 00:01:59,161 --> 00:02:01,121 Como o localizo, señor Reacher? 36 00:02:01,664 --> 00:02:02,498 Non pode. 37 00:02:05,751 --> 00:02:09,003 A miña oficina pasaralle as súas consultas ao Sr. Reacher. 38 00:02:09,004 --> 00:02:12,842 De acordo. Iso váleme. O meu pésame. 39 00:02:15,344 --> 00:02:18,054 Chamaron da recepción. Están chegando periodistas. 40 00:02:18,055 --> 00:02:20,056 Temos que trasladalo. 41 00:02:20,057 --> 00:02:22,685 Non era ningún segredo que paraba no hotel. 42 00:02:23,227 --> 00:02:24,727 E que Nolan era un empregado. 43 00:02:24,728 --> 00:02:27,814 Dá mala imaxe que estea onde se produciu un suicidio. 44 00:02:27,815 --> 00:02:29,566 Non me fodas, Springfield. 45 00:02:29,567 --> 00:02:31,484 Servín 11 anos con ese home. 46 00:02:31,485 --> 00:02:34,612 Non o deixarei tirado nun aparcadoiro baixo unha lona. 47 00:02:34,613 --> 00:02:37,407 John, xa non podes facer nada por el. 48 00:02:37,408 --> 00:02:39,242 A prensa pedirá declaracións. 49 00:02:39,243 --> 00:02:41,369 Nolan sería o primeiro en dicirche 50 00:02:41,370 --> 00:02:44,163 que no teu estado non debes facelas. 51 00:02:44,164 --> 00:02:46,624 Isto seméllase ao adestramento militar. 52 00:02:46,625 --> 00:02:49,795 Ás veces hai que dar un paso atrás e reorganizarse. 53 00:02:56,135 --> 00:02:57,510 Apetéceme unha cervexa. 54 00:02:57,511 --> 00:02:59,178 Son as nove da mañá. 55 00:02:59,179 --> 00:03:00,472 Sei dun bar aberto. 56 00:03:18,240 --> 00:03:21,576 - Grazas. - Grazas. 57 00:03:21,577 --> 00:03:24,454 Non sabía con que o adozas, así que collín 58 00:03:24,455 --> 00:03:26,290 azucre, estevia e sacarina. 59 00:03:27,499 --> 00:03:28,666 Azucre, grazas. 60 00:03:28,667 --> 00:03:31,921 A partir de agora xa o sei. 61 00:03:33,714 --> 00:03:35,466 Merda, mirade o que atopei. 62 00:03:36,175 --> 00:03:39,427 O ano pasado, aprobouse un plan de redución do déficit. 63 00:03:39,428 --> 00:03:40,929 É como baleirar a culleradas 64 00:03:40,930 --> 00:03:43,264 o caldeiro xigante da débeda nacional. 65 00:03:43,265 --> 00:03:45,224 Unha medida baleira para facernos crer 66 00:03:45,225 --> 00:03:46,809 que os políticos fan algo. 67 00:03:46,810 --> 00:03:48,269 - Céntrate. - Xa, perdón. 68 00:03:48,270 --> 00:03:51,522 Unha das culleradas era que a administración prescindiría 69 00:03:51,523 --> 00:03:53,316 de caros almacéns de documentos. 70 00:03:53,317 --> 00:03:55,485 Gardan documentos de hai décadas. 71 00:03:55,486 --> 00:03:58,571 O arrendamento e o mantemento resultaban moi caros. 72 00:03:58,572 --> 00:04:02,742 Segundo esta lei, os documentos de máis de dez anos deben dixitalizarse, 73 00:04:02,743 --> 00:04:05,828 subirse a un servidor seguro e destruír a copia de papel. 74 00:04:05,829 --> 00:04:08,290 Teñen que estar a facelo nese sitio. 75 00:04:10,292 --> 00:04:11,417 Supós ou afirmas? 76 00:04:11,418 --> 00:04:13,836 O Goberno non publica os enderezos 77 00:04:13,837 --> 00:04:15,755 dos almacéns onde destrúen documentos, 78 00:04:15,756 --> 00:04:18,299 pero estudei abondo os edificios federais 79 00:04:18,300 --> 00:04:21,511 como para saber que esa cheminea é o ventilador 80 00:04:21,512 --> 00:04:23,346 dun incinerador industrial. 81 00:04:23,347 --> 00:04:26,474 Se queren que desapareza algo importante, quéimano. 82 00:04:26,475 --> 00:04:29,727 Por iso ninguén viu o informe orixinal da Comisión Warren. 83 00:04:29,728 --> 00:04:31,229 Por que non trituralo? 84 00:04:31,230 --> 00:04:34,440 Non viches Argo? Poderían pegar os anacos. 85 00:04:34,441 --> 00:04:37,610 Temos que entrar e ver a que tiña acceso Anna. 86 00:04:37,611 --> 00:04:38,611 E que roubou. 87 00:04:38,612 --> 00:04:40,238 Iso non o sabemos. 88 00:04:40,239 --> 00:04:42,824 Meu, non é por criticar a túa irmá, 89 00:04:42,825 --> 00:04:45,410 pero traballaba nun edificio de alto segredo 90 00:04:45,411 --> 00:04:47,537 e marchou cunha USB que todos queren. 91 00:04:47,538 --> 00:04:48,789 Que máis podía facer? 92 00:04:52,418 --> 00:04:54,294 EMPREGADO PERMISO DE APARCADOIRO 93 00:04:57,548 --> 00:05:01,217 Moitos destes coches teñen un pase de aparcadoiro coma o de Anna. 94 00:05:01,218 --> 00:05:04,345 Seguramente para aparcar aló. Se teñen o mesmo pase, 95 00:05:04,346 --> 00:05:06,807 han ter a mesma tarxeta de acceso ca ela. 96 00:05:08,017 --> 00:05:09,643 Xa sabes como entrar. 97 00:05:10,561 --> 00:05:14,147 Pódennos arrestar por intento de roubo da tarxeta de acceso. 98 00:05:14,148 --> 00:05:15,314 Están a buscarnos. 99 00:05:15,315 --> 00:05:16,775 Meteríannos na base policial. 100 00:05:18,402 --> 00:05:21,029 Temos que entrar. Non podemos usar a súa tarxeta. 101 00:05:21,030 --> 00:05:23,281 Unha morta na barreira de seguridade? 102 00:05:23,282 --> 00:05:24,158 Pillaríannos. 103 00:05:47,431 --> 00:05:50,850 - Deus! Mire por onde anda! - Canto llo sinto. 104 00:05:50,851 --> 00:05:52,685 Teña. 105 00:05:52,686 --> 00:05:55,938 - Síntoo moitísimo. - Mi madriña, merda. 106 00:05:55,939 --> 00:05:56,899 Por Deus. 107 00:06:01,653 --> 00:06:03,738 Teña as cousas. Síntollo moito. 108 00:06:03,739 --> 00:06:05,324 Tranquilo, xa está. 109 00:06:06,867 --> 00:06:09,744 Perdoe por poñerme así, é que estreo a camisa. 110 00:06:09,745 --> 00:06:12,705 Teña isto para a tinturaría. Insisto. 111 00:06:12,706 --> 00:06:15,501 Non fai falta. Vaia. 112 00:06:22,841 --> 00:06:24,384 - Dúas cervexas. - Grazas. 113 00:06:28,555 --> 00:06:29,598 Por Nolan Cahill. 114 00:06:31,266 --> 00:06:32,101 Manda carallo. 115 00:06:36,730 --> 00:06:39,774 Coñecino o primeiro día de adestramento na Delta. 116 00:06:39,775 --> 00:06:41,360 Aterrorizounos a todos. 117 00:06:43,362 --> 00:06:45,154 Nunca coñecín un cabrón igual. 118 00:06:45,155 --> 00:06:47,115 Por iso o nomeou xefe de gabinete? 119 00:06:47,116 --> 00:06:49,909 Porque ninguén o podería intimidar? 120 00:06:49,910 --> 00:06:51,953 Algo así non ten prezo. 121 00:06:51,954 --> 00:06:54,539 Sabía que non lle importaría traballar para alguén 122 00:06:54,540 --> 00:06:56,082 que tivo baixo o seu mando. 123 00:06:56,083 --> 00:06:57,667 Non tiña problemas de ego. 124 00:06:57,668 --> 00:06:59,837 A misión era o principal. 125 00:07:01,004 --> 00:07:04,549 Fíxome á súa imaxe. A todos nós. 126 00:07:04,550 --> 00:07:08,177 Se iso é así, que o faría tirarse dun tellado? 127 00:07:08,178 --> 00:07:09,387 Como di? 128 00:07:09,388 --> 00:07:11,348 Di que el o fixo á súa imaxe. 129 00:07:11,849 --> 00:07:14,684 Logo os seus principios e valores serán parecidos. 130 00:07:14,685 --> 00:07:18,729 Coa mesma información, e na mesma situación e circunstancias, 131 00:07:18,730 --> 00:07:22,066 vostede reaccionaría igual. El sabía algo que vostede non. 132 00:07:22,067 --> 00:07:25,194 Por iso lle pregunto que o faría saltar a vostede. 133 00:07:25,195 --> 00:07:27,238 Non teño nin idea. 134 00:07:27,239 --> 00:07:29,448 Non é como lle contou a súa fonte. 135 00:07:29,449 --> 00:07:32,034 Nunca torturamos ou matamos civís. 136 00:07:32,035 --> 00:07:34,120 Pero torturaron e mataron xente. 137 00:07:34,121 --> 00:07:35,038 Nós marcharamos. 138 00:07:35,706 --> 00:07:38,125 Que fixo exactamente en Indonesia? 139 00:07:39,585 --> 00:07:41,919 Xa sei que non coñecía a Anna Merrick. 140 00:07:41,920 --> 00:07:43,964 A morte da muller é irreversible. 141 00:07:44,798 --> 00:07:46,424 Pero o fillo segue desaparecido. 142 00:07:46,425 --> 00:07:49,720 Ten 20 anos e estará con asasinos psicópatas. 143 00:07:51,013 --> 00:07:52,681 A verdade pódenos axudar. 144 00:07:54,600 --> 00:07:56,685 Señorita, un whisky. 145 00:07:58,437 --> 00:08:00,271 As conversas que precisan whisky… 146 00:08:00,272 --> 00:08:02,733 Son conversas que non deberían ter lugar. 147 00:08:03,525 --> 00:08:07,862 Pero se cre que hai algún xeito no que poida axudar, cóntolle o que sei. 148 00:08:07,863 --> 00:08:10,072 Mesmo se legalmente non pode falar? 149 00:08:10,073 --> 00:08:14,244 Contareille todo o que poida sen incumprir o meu xuramento. 150 00:08:15,329 --> 00:08:16,662 Válelle un Dewar's? 151 00:08:16,663 --> 00:08:17,915 Si, grazas. 152 00:08:32,930 --> 00:08:36,349 Enviaron o noso escuadrón a Indonesia cun equipo de científicos. 153 00:08:36,350 --> 00:08:39,810 Algo sobre plantas da selva tropical para atopar unha cura 154 00:08:39,811 --> 00:08:44,398 para novas cepas de malaria resistentes aos antibióticos, 155 00:08:44,399 --> 00:08:46,151 ou… xa non me acordo. 156 00:08:46,693 --> 00:08:49,904 O tío Sam mándate a Asia cun grupo de científicos, 157 00:08:49,905 --> 00:08:50,989 e ti vas. 158 00:08:53,867 --> 00:08:56,035 Debiamos protexer os científicos 159 00:08:56,036 --> 00:08:57,328 e garantir a cooperación 160 00:08:57,329 --> 00:08:59,498 do goberno local mentres estabamos alí. 161 00:08:59,998 --> 00:09:03,042 Cahill supervisou esa parte da operación. 162 00:09:03,043 --> 00:09:06,128 A cambio da hospitalidade de Indonesia, 163 00:09:06,129 --> 00:09:09,091 os EUA acordaron adestrar as súas forzas especiais militares, 164 00:09:10,300 --> 00:09:12,551 dirixidas polo xeneral Reza Putra. 165 00:09:12,552 --> 00:09:15,596 Eu supervisei esa parte da operación. 166 00:09:15,597 --> 00:09:20,518 Ensineilles de todo, dende adestramento con armas ata tácticas de guerrilla. 167 00:09:20,519 --> 00:09:23,021 Cando chega á parte sobre o masacre de disidentes? 168 00:09:26,608 --> 00:09:28,360 Ao volver aos Estados Unidos… 169 00:09:30,112 --> 00:09:31,405 Putra perseguiu xente. 170 00:09:32,114 --> 00:09:35,324 Calquera que se opoñía ao seu crecente poder. 171 00:09:35,325 --> 00:09:38,370 E no proceso, arrasou unha aldea enteira. 172 00:09:39,121 --> 00:09:42,499 Civís, nenos, anciáns. 173 00:09:43,583 --> 00:09:46,502 Xente inocente e boa. Foi indiscriminado. 174 00:09:46,503 --> 00:09:50,464 De súpeto, non era só un xeneral co que faciamos manobras na selva. 175 00:09:50,465 --> 00:09:51,717 Era un criminal de guerra. 176 00:09:52,426 --> 00:09:56,054 Dedicouse a cometer actos indescritíbeis. 177 00:09:56,596 --> 00:09:59,182 Saddam Hussein, Noriega. 178 00:10:00,100 --> 00:10:03,477 Fomos amigos de Bin Laden cando loitaba contra os rusos. 179 00:10:03,478 --> 00:10:05,604 Non sería a primeira vez que pasa. 180 00:10:05,605 --> 00:10:08,942 Aínda así, se o meu vínculo con Putra saíse á luz, 181 00:10:10,527 --> 00:10:13,195 arruinaría o meu labor e o do meu equipo 182 00:10:13,196 --> 00:10:15,614 de todos estes anos, entende? 183 00:10:15,615 --> 00:10:21,245 A súa fonte busca arquivos roubados que me relacionan cun monstro. 184 00:10:21,246 --> 00:10:22,955 Cre que vostede é o monstro. 185 00:10:22,956 --> 00:10:25,374 Pois dígalle que se equivoca de persoa, 186 00:10:25,375 --> 00:10:29,128 porque non teño nada que ver co que Putra lle fixo a esa xente. 187 00:10:29,129 --> 00:10:32,799 De feito, o Goberno americano mandou un equipo aló 188 00:10:33,508 --> 00:10:36,510 para falar con Putra en canto o souberon. 189 00:10:36,511 --> 00:10:38,971 Algo fixo a Cahill seguir a Anna Merrick 190 00:10:38,972 --> 00:10:42,184 ata aquel metro e algo o fixo saltar do tellado. 191 00:10:43,268 --> 00:10:45,394 Hei atopar a USB e descubrir o que. 192 00:10:45,395 --> 00:10:47,104 Pois oxalá o consiga. 193 00:10:47,105 --> 00:10:49,566 E cando a atope, faga o correcto. 194 00:10:52,861 --> 00:10:53,904 E devólvama. 195 00:10:56,490 --> 00:10:59,825 Parece desexala moito para non saber o que contén. 196 00:10:59,826 --> 00:11:01,452 Diría o mesmo de vostede. 197 00:11:01,453 --> 00:11:04,872 Tanto que mandou un equipo táctico de mercenarios por min. 198 00:11:04,873 --> 00:11:07,124 Eu non actúo á marxe da lei. 199 00:11:07,125 --> 00:11:09,960 Iso faino a CIA. Igual por orde súa. 200 00:11:09,961 --> 00:11:12,963 Xa lle dixen que non teño nada que ver coa CIA. 201 00:11:12,964 --> 00:11:16,676 O día que acepten ordes dun congresista, conxelarase o inferno. 202 00:11:18,136 --> 00:11:21,680 Todo canto fixen foi derivalo ao departamento de Defensa 203 00:11:21,681 --> 00:11:23,057 cando comezou a cismar. 204 00:11:23,058 --> 00:11:25,559 Aí traballan Xan, Perillán e Minguiño? 205 00:11:25,560 --> 00:11:27,019 Chámalles así? 206 00:11:27,020 --> 00:11:28,772 Non me dicían os seus nomes. 207 00:11:31,525 --> 00:11:32,984 A cuestión, Reacher, 208 00:11:34,027 --> 00:11:36,612 á marxe dos meus intereses persoais, 209 00:11:36,613 --> 00:11:41,033 é que o contido desa memoria é propiedade do Exército dos EUA. 210 00:11:41,034 --> 00:11:44,745 Eu só quero que volva ao Pentágono, onde debe estar. 211 00:11:44,746 --> 00:11:49,084 Hei atopar esa memoria. E cando vexa o que contén, 212 00:11:50,419 --> 00:11:52,295 decidirei o que facer con ela. 213 00:12:14,568 --> 00:12:16,820 - Vai tardar un anaco. - Está ben. 214 00:12:18,738 --> 00:12:22,658 John Sampson non beberá alcol barato mentres chora o seu amigo. 215 00:12:22,659 --> 00:12:24,494 Ao morto xa tanto lle ten. 216 00:12:28,457 --> 00:12:29,875 Sabe o que é un Xonás? 217 00:12:31,084 --> 00:12:33,752 Os mariñeiros chámanlle Xonás ao tripulante 218 00:12:33,753 --> 00:12:35,714 que só trae mala sorte. 219 00:12:36,506 --> 00:12:40,093 Cada vez que sobe ao barco, chega a mala sorte. 220 00:12:42,637 --> 00:12:44,139 Vostede é un Xonás, Reacher. 221 00:12:45,182 --> 00:12:46,266 Como dicía miña nai: 222 00:12:47,601 --> 00:12:49,310 os problemas perséguenme. 223 00:12:49,311 --> 00:12:51,395 Espero que John lle dese o que precisa. 224 00:12:51,396 --> 00:12:53,982 Porque preferiría que mañá non se achegue. 225 00:13:00,864 --> 00:13:02,781 Lévasme de volta ao hotel? 226 00:13:02,782 --> 00:13:03,783 Vaia á merda. 227 00:13:17,172 --> 00:13:18,756 Pouca xente vén andando. 228 00:13:18,757 --> 00:13:21,635 Teño o coche no taller. Deixáronme na cafetería. 229 00:13:27,057 --> 00:13:28,891 Por que mira para o chan? 230 00:13:28,892 --> 00:13:31,143 Para que as cámaras non lle capten a cara. 231 00:13:31,144 --> 00:13:32,521 Está tardando moito. 232 00:13:36,107 --> 00:13:39,027 - Seguro que a pillan. - Non a van pillar. 233 00:13:40,070 --> 00:13:42,781 - Algo non vai ben. - Déalle a volta. 234 00:13:43,907 --> 00:13:46,284 É o que pasa cando só lles queda descafeinado. 235 00:13:49,287 --> 00:13:50,121 Que pase bo día. 236 00:13:55,126 --> 00:13:56,043 Si. 237 00:13:56,044 --> 00:13:59,255 Non podes enviar un correo e esperar seguimento 238 00:13:59,256 --> 00:14:00,256 porque non o fan. 239 00:14:00,257 --> 00:14:03,927 Así que ponme en copia de todo a partir de agora, vale? 240 00:14:06,930 --> 00:14:09,223 Ola. Pode axudarme? 241 00:14:09,224 --> 00:14:12,810 Shannon Thomas. Perdinme. Trasladáronme dende o Pentágono. 242 00:14:12,811 --> 00:14:15,271 Veño substituír a Anna Merrick. 243 00:14:15,272 --> 00:14:18,608 Cheryl Brewster. Que horror o de Anna. Coñecíala? 244 00:14:19,276 --> 00:14:20,943 Non tiven o pracer. 245 00:14:20,944 --> 00:14:22,821 Ven, axúdoche a instalarte. 246 00:14:23,822 --> 00:14:25,115 Anna era un encanto. 247 00:14:25,782 --> 00:14:28,534 Pero nunca se sabe o que pasa polas cabezas. 248 00:14:28,535 --> 00:14:30,869 Non. Dáme vergoña dicilo, 249 00:14:30,870 --> 00:14:33,290 pero non sei que me mandan facer aquí. 250 00:14:34,583 --> 00:14:36,375 Reasignáronme no último momento. 251 00:14:36,376 --> 00:14:39,211 É fácil. Pasamos documentos en papel a dixital. 252 00:14:39,212 --> 00:14:41,880 Menos espazo, menos residuos. Escaneas documentos 253 00:14:41,881 --> 00:14:44,301 e sóbelos ao almacenamento dixital. 254 00:14:45,093 --> 00:14:47,929 É aburrido, pero págano como horas extra. 255 00:14:51,433 --> 00:14:53,851 Era o posto de traballo de Anna. 256 00:14:53,852 --> 00:14:55,352 Sei que non é agradable, 257 00:14:55,353 --> 00:14:58,606 pero o control de produtividade está ligado ao posto. 258 00:14:58,607 --> 00:15:01,358 En resumo: pedirei que retiren as cousas dela. 259 00:15:01,359 --> 00:15:02,611 Está ben. 260 00:15:04,487 --> 00:15:08,283 Inicia sesión co ID de Anna para continuar onde ela o deixou. 261 00:15:10,827 --> 00:15:13,455 Cambiareino ao teu nome ao final do día. 262 00:15:14,039 --> 00:15:15,707 Os ficheiros están numerados. 263 00:15:16,291 --> 00:15:18,667 Poslle ese nome logo de escanealo. 264 00:15:18,668 --> 00:15:22,379 Ao rematar os ficheiros da caixa, colócala co seu contido nun carro 265 00:15:22,380 --> 00:15:24,340 no corredor destinado a incineración. 266 00:15:24,341 --> 00:15:26,926 E comezas coa seguinte caixa. Algunha pregunta? 267 00:15:27,552 --> 00:15:28,511 Non. 268 00:15:30,180 --> 00:15:31,306 Creo que o entendín. 269 00:15:36,436 --> 00:15:38,771 Esa é a muller á que lle roubaches o pase? 270 00:15:38,772 --> 00:15:41,399 Carallo. Que rápido come. 271 00:15:46,571 --> 00:15:49,240 SUBIDO INCINERADO 272 00:15:52,202 --> 00:15:54,536 Debín esquecer a tarxeta de acceso. 273 00:15:54,537 --> 00:15:55,621 Nome? 274 00:15:55,622 --> 00:15:56,539 Jacqueline Reed? 275 00:16:03,880 --> 00:16:04,963 ELIMINADO 276 00:16:04,964 --> 00:16:07,467 NON HAI ARQUIVOS 277 00:16:08,885 --> 00:16:11,805 Señora, entraron co seu pase hai dez minutos. 278 00:16:13,014 --> 00:16:14,473 - Si? - Sae de aí. 279 00:16:14,474 --> 00:16:15,684 Saben o do pase roubado. 280 00:16:18,478 --> 00:16:19,521 Merda. 281 00:16:20,021 --> 00:16:22,272 Desculpe, señora. Podo falar con vostede? 282 00:16:22,273 --> 00:16:23,858 Señora, ten que agardar. 283 00:16:24,818 --> 00:16:26,528 Si, véxoa. Está aquí mesmo. 284 00:16:27,028 --> 00:16:28,278 - Señora! - Quen era? 285 00:16:28,279 --> 00:16:30,031 Reforzos ao segundo andar. 286 00:16:56,474 --> 00:16:58,685 É bo que estea correndo? 287 00:17:04,983 --> 00:17:06,650 Alto aí! Pare! 288 00:17:06,651 --> 00:17:08,068 - Rápido! - Volva aquí! 289 00:17:08,069 --> 00:17:10,196 - Dálle! - Xa! Saia do coche! Merda! 290 00:17:35,638 --> 00:17:37,807 Esta vez imos polas boas, Reacher. 291 00:17:42,061 --> 00:17:42,896 Non. 292 00:17:43,688 --> 00:17:44,606 Carallo! 293 00:17:46,524 --> 00:17:47,484 Quéroo vivo! 294 00:18:11,674 --> 00:18:13,551 Separádevos. Dispersión táctica. 295 00:20:29,896 --> 00:20:30,855 Cal era o teu plan? 296 00:20:34,400 --> 00:20:37,904 Ferirte, meterte nunha furgoneta e facerche unhas preguntas. 297 00:20:49,374 --> 00:20:54,796 Non! Carallo! Por Deus! 298 00:21:00,551 --> 00:21:01,927 Cabrón! 299 00:21:01,928 --> 00:21:03,888 Tes sorte de que non te guindase tamén. 300 00:21:21,197 --> 00:21:28,162 {\an8}FILADELFIA I-95 301 00:21:28,997 --> 00:21:32,624 Era só un ficheiro. Anna escaneouno, borrouno e mandouno ó incinerador. 302 00:21:32,625 --> 00:21:34,501 Non o subiu ao servidor do Goberno. 303 00:21:34,502 --> 00:21:37,254 Descargaríao na memoria USB antes de borralo. 304 00:21:37,255 --> 00:21:38,505 Nós cremos o mesmo. 305 00:21:38,506 --> 00:21:42,175 O que contén esa memoria é a única copia que existe. 306 00:21:42,176 --> 00:21:43,343 Decidiuno miña irmá? 307 00:21:43,344 --> 00:21:45,387 Seguramente a persoa para quen os gravou. 308 00:21:45,388 --> 00:21:48,140 Se contén a única copia deses documentos, 309 00:21:48,141 --> 00:21:49,641 é moito máis valiosa. 310 00:21:49,642 --> 00:21:52,185 Igual quen lla pediu pretende vendela. 311 00:21:52,186 --> 00:21:55,313 Ou non quere que o vexamos para que non poidamos defendernos. 312 00:21:55,314 --> 00:21:56,565 É imposible sabelo. 313 00:21:56,566 --> 00:21:58,275 Oxalá o descubramos a tempo. 314 00:21:58,276 --> 00:21:59,484 Vémonos en Filadelfia. 315 00:21:59,485 --> 00:22:02,237 Estamos chegando. Hai atasco na entrada sur. 316 00:22:02,238 --> 00:22:04,197 Para que traballan na estrada á noite 317 00:22:04,198 --> 00:22:06,075 se deixan a maquinaria todo o día? 318 00:22:07,243 --> 00:22:08,785 Canto levades parados? 319 00:22:08,786 --> 00:22:09,870 Dúas saídas. 320 00:22:09,871 --> 00:22:11,997 Pero complícase neste colo de botella. 321 00:22:11,998 --> 00:22:13,499 Vedes a seguinte saída? 322 00:22:14,792 --> 00:22:15,876 Saída 20. 323 00:22:15,877 --> 00:22:18,045 "Avenida Columbus con Washington." 324 00:22:18,046 --> 00:22:21,048 Plum, busca a estación de metro máis próxima á saída 20. 325 00:22:21,049 --> 00:22:22,049 Agora mesmo. 326 00:22:22,050 --> 00:22:23,133 En que pensas? 327 00:22:23,134 --> 00:22:25,969 Creo saber por que Anna deixou o coche e colleu o metro. 328 00:22:25,970 --> 00:22:27,721 Estación Tasker-Morris. 329 00:22:27,722 --> 00:22:30,057 Anna comprou aí o abono de transporte. 330 00:22:30,058 --> 00:22:33,518 Pillaríaa o atoamento cando lle levaba a USB a Lila. 331 00:22:33,519 --> 00:22:36,104 Colleu a primeira saída despois do atasco, 332 00:22:36,105 --> 00:22:38,690 foi á estación máis próxima e subiu ao metro. 333 00:22:38,691 --> 00:22:40,192 Tiña que chegar a tempo. 334 00:22:40,193 --> 00:22:41,568 Puxéronlle un prazo. 335 00:22:41,569 --> 00:22:43,570 Podedes ir a esa estación de metro? 336 00:22:43,571 --> 00:22:45,405 Si, xa case saímos do atasco. 337 00:22:45,406 --> 00:22:47,533 Véxovos en Tasker-Morris en canto poida. 338 00:23:11,224 --> 00:23:12,225 Estás ben? 339 00:23:17,230 --> 00:23:19,357 Seguro que a Ben lle pasou algo, ou? 340 00:23:19,941 --> 00:23:21,316 Iso aínda non o sabemos. 341 00:23:21,317 --> 00:23:22,819 Cres que está vivo? 342 00:23:23,986 --> 00:23:25,987 Veña, es unha policía da cidade. 343 00:23:25,988 --> 00:23:27,864 Tes traballado en casos difíciles. 344 00:23:27,865 --> 00:23:28,950 Usa a intuición. 345 00:23:30,701 --> 00:23:32,328 Está vivo o meu sobriño? 346 00:23:33,746 --> 00:23:36,165 Non vin probas de que Ben estea morto. 347 00:23:39,127 --> 00:23:44,214 Síntome coma se non tivese o control sobre nada do que pasa, 348 00:23:44,215 --> 00:23:46,134 e non podo facer nada para impedilo. 349 00:23:47,885 --> 00:23:49,512 Vou tolear, oíches? 350 00:23:50,680 --> 00:23:52,932 Ei, escóitame. 351 00:23:53,516 --> 00:23:55,351 Levo 15 anos sendo policía. 352 00:23:56,394 --> 00:23:58,646 Vin xente boa á que lle pasaron cousas malas. 353 00:24:01,023 --> 00:24:03,525 É fácil poñerse no peor. 354 00:24:03,526 --> 00:24:05,278 Pero non podemos darnos ese luxo. 355 00:24:06,028 --> 00:24:08,321 Temos enriba os mercenarios e o FBI 356 00:24:08,322 --> 00:24:10,448 e un caso que non ten sentido. 357 00:24:10,449 --> 00:24:15,120 Necesitámoste cos pés na terra e a cabeza despexada. 358 00:24:15,121 --> 00:24:17,372 Se te invaden os pensamentos negativos 359 00:24:17,373 --> 00:24:19,749 e sentes que vas perder o control, 360 00:24:19,750 --> 00:24:22,044 lembra que hai xente que se preocupa por ti. 361 00:24:23,504 --> 00:24:24,589 Eu incluída. 362 00:24:29,844 --> 00:24:30,761 Por certo. 363 00:24:33,055 --> 00:24:36,267 Collín isto no posto de Anna. Pensei que deberías telo. 364 00:24:41,689 --> 00:24:42,523 Grazas. 365 00:24:43,608 --> 00:24:46,527 Espero que vos guste o de pavo con queixo. 366 00:24:49,322 --> 00:24:50,698 Todo ben? 367 00:24:51,908 --> 00:24:52,742 Todo ben. 368 00:24:55,369 --> 00:24:56,287 Velaquí está. 369 00:25:00,625 --> 00:25:03,336 Merda. Non merquei bocadillo para el. 370 00:25:06,714 --> 00:25:07,673 Perdoa, meu. 371 00:25:08,382 --> 00:25:12,469 Daquela, aquí é onde veu Anna. Estaba desesperada. 372 00:25:12,470 --> 00:25:14,721 Dixeches que ía contra o reloxo, explícate. 373 00:25:14,722 --> 00:25:16,514 Imos supoñer que temos razón. 374 00:25:16,515 --> 00:25:18,975 Os asasinos da muller de OnlyFans, 375 00:25:18,976 --> 00:25:21,228 os mercenarios, secuestran a Ben 376 00:25:21,229 --> 00:25:24,356 para obrigar a Anna a que lles dea a memoria USB. 377 00:25:24,357 --> 00:25:27,234 "Tráenos a USB a tal hora ou matamos o teu fillo." 378 00:25:27,235 --> 00:25:29,236 Por iso non podía quedar no atasco. 379 00:25:29,237 --> 00:25:32,072 Colleu o metro para intentar salvar a Ben? 380 00:25:32,073 --> 00:25:34,116 Pero iso non ten sentido porque… 381 00:25:35,326 --> 00:25:36,410 Porque que? 382 00:25:37,119 --> 00:25:38,912 Non sei, meu. Nada. 383 00:25:38,913 --> 00:25:40,831 Creo que Plum intenta dicir 384 00:25:41,999 --> 00:25:44,000 que Anna non levaba a USB no tren. 385 00:25:44,001 --> 00:25:46,127 E que, sen iso, non podería salvar a Ben. 386 00:25:46,128 --> 00:25:49,798 Cando Anna subiu ao metro, xa sabía que o seu fillo morrera. 387 00:25:49,799 --> 00:25:54,135 Non. Iso non ten sentido. Por que matarían a súa moeda de cambio? 388 00:25:54,136 --> 00:25:57,597 Os secuestros son complicados. Xa é difícil controlar un neno, 389 00:25:57,598 --> 00:26:00,016 non digamos un deportista de 110 quilos. 390 00:26:00,017 --> 00:26:02,644 Daquela a cousa saíu mal e Ben acabou morto. 391 00:26:02,645 --> 00:26:04,562 Oxalá me equivoque, pero iso creo. 392 00:26:04,563 --> 00:26:06,147 Como sabía ela que Ben morrera? 393 00:26:06,148 --> 00:26:08,900 Probablemente mandábanlle probas de vida. 394 00:26:08,901 --> 00:26:11,194 Chamadas telefónicas, quizais un vídeo. 395 00:26:11,195 --> 00:26:15,156 Despois negáronse a facelo máis. A Anna pillouna o atasco. 396 00:26:15,157 --> 00:26:18,159 Non cumprir co prazo era malo para Ben. Entón ela chamou, 397 00:26:18,160 --> 00:26:22,414 insistiu en saber se aínda estaba ben. Non llo puxeron ao teléfono. 398 00:26:22,415 --> 00:26:26,626 Porque non o podían poñer ao teléfono. Así soubo que xa estaba morto. 399 00:26:26,627 --> 00:26:31,172 Se Anna non podía salvar a Ben, para que subiu ao metro? 400 00:26:31,173 --> 00:26:34,010 Non podía aturar quedar sen facer nada logo diso. 401 00:26:35,469 --> 00:26:37,930 Tiña que vingalo. Chegou á saída, 402 00:26:38,806 --> 00:26:39,973 e colleuna. 403 00:26:39,974 --> 00:26:41,224 Ten razón. 404 00:26:41,225 --> 00:26:44,686 Cando vin a Anna, era unha nai aflixida e angustiada cunha arma. 405 00:26:44,687 --> 00:26:46,313 Ela quería a súa vinganza. 406 00:26:46,314 --> 00:26:49,274 De mercenarios profesionais. Era unha funcionaria. 407 00:26:49,275 --> 00:26:51,860 Tanto lle tiña. Collería o abrigo do coche 408 00:26:51,861 --> 00:26:53,445 e tapou a súa camisa branca 409 00:26:53,446 --> 00:26:56,031 coa esperanza de dar cos asasinos de Ben. 410 00:26:56,032 --> 00:26:57,824 Collería a pistola para protexerse 411 00:26:57,825 --> 00:27:00,243 e protexer a Ben cando lles dese a USB, 412 00:27:00,244 --> 00:27:03,456 e poder saír de alí. Pero agora usaríaa para vingarse. 413 00:27:04,165 --> 00:27:07,877 Pero se tiña un plan, por que se suicidou? 414 00:27:13,341 --> 00:27:14,175 Que? 415 00:27:16,635 --> 00:27:17,928 Cando me acheguei a Anna, 416 00:27:19,513 --> 00:27:20,723 díxenlle que era policía. 417 00:27:21,891 --> 00:27:23,058 Ela era intelixente. 418 00:27:23,059 --> 00:27:25,853 Sabía que tería que arrestala e que non podería vingarse. 419 00:27:26,479 --> 00:27:28,646 Xa cría que lle fallara a Ben na vida. 420 00:27:28,647 --> 00:27:30,231 E estaba a fallarlle na morte. 421 00:27:30,232 --> 00:27:32,234 Foi superada pola culpa e a dor. 422 00:27:33,361 --> 00:27:36,113 Dixécheslle que eras policía? 423 00:27:36,781 --> 00:27:39,616 Quería que soubese que alguén tiña o control 424 00:27:39,617 --> 00:27:41,951 cando ela estaba claramente fóra de control. 425 00:27:41,952 --> 00:27:43,579 Cría que así rebaixaría a tensión. 426 00:27:44,330 --> 00:27:45,539 Quería axudala. 427 00:27:47,625 --> 00:27:48,459 E non o fixen. 428 00:27:50,252 --> 00:27:52,337 Tiña a USB cando veu a Filadelfia. 429 00:27:52,338 --> 00:27:55,340 Non permitiría que os asasinos de Ben se fixesen con ela. 430 00:27:55,341 --> 00:27:57,050 Así que desfíxose dela. 431 00:27:57,051 --> 00:28:00,970 Creo que sei onde a puxo. O correo que atopamos no coche de Anna. 432 00:28:00,971 --> 00:28:04,057 A única carta aberta era a oferta da tarxeta de crédito. 433 00:28:04,058 --> 00:28:07,227 Non vin o sobre de devolución. Deses que poñen 434 00:28:07,228 --> 00:28:09,729 "non necesita franqueo" nunha esquina. 435 00:28:09,730 --> 00:28:13,108 Enviou a USB por correo, e talvez o móbil, antes de subir ao metro. 436 00:28:13,109 --> 00:28:16,152 - A quen? - A Lila. Se Anna morreu vingándose, 437 00:28:16,153 --> 00:28:18,488 os asasinos de Ben serían expostos. 438 00:28:18,489 --> 00:28:21,574 O cuarto poder. A última liña de defensa contra a tiranía. 439 00:28:21,575 --> 00:28:24,994 O que estivemos buscando sempre estivo no hotel de Lila? 440 00:28:24,995 --> 00:28:26,913 No que se ía ver con Lila. 441 00:28:26,914 --> 00:28:28,832 Pero Lila marchou logo do ataque, 442 00:28:28,833 --> 00:28:30,084 antes de chegarlle a USB. 443 00:28:33,295 --> 00:28:34,212 Docherty. 444 00:28:34,213 --> 00:28:36,214 Décheslle o número do desbotable? 445 00:28:36,215 --> 00:28:37,133 Dime. 446 00:28:41,637 --> 00:28:42,638 De acordo. 447 00:28:46,100 --> 00:28:46,934 Grazas. 448 00:28:51,772 --> 00:28:52,690 Atoparon a Ben. 449 00:28:55,651 --> 00:28:56,861 Síntoo moito. 450 00:29:06,245 --> 00:29:08,455 Non quero que vaia só ao depósito. 451 00:29:08,456 --> 00:29:10,165 - Acompañámolo Plum e eu. - Vale. 452 00:29:10,166 --> 00:29:13,001 Queda con Lila no primeiro hotel e trae esa USB. 453 00:29:13,002 --> 00:29:14,003 Avísote cando a teña. 454 00:29:16,881 --> 00:29:18,756 Lila, son Reacher. 455 00:29:18,757 --> 00:29:19,841 APARCADOIRO 456 00:29:19,842 --> 00:29:22,093 - Pode mirar atrás? - Non hai nada. 457 00:29:22,094 --> 00:29:25,221 O correo vello e os obxectos perdidos están na recepción. 458 00:29:25,222 --> 00:29:26,806 Podo falar co encargado? 459 00:29:26,807 --> 00:29:29,517 Está nos Poconos toda a semana. Diralle o mesmo. 460 00:29:29,518 --> 00:29:30,686 Grazas pola axuda. 461 00:29:34,064 --> 00:29:36,274 A onde máis che puido mandar a USB? 462 00:29:36,275 --> 00:29:38,985 Só sabía deste sitio. Non creo que non estivese alí. 463 00:29:38,986 --> 00:29:41,571 - Teño que ir ao depósito. - Ao depósito? 464 00:29:41,572 --> 00:29:44,324 Asasinaron o fillo de Anna. Acaban de atopar o corpo. 465 00:29:44,325 --> 00:29:46,117 Meu Deus. Nai e fillo. 466 00:29:46,118 --> 00:29:48,369 Foi a mesma xente que nos persegue? 467 00:29:48,370 --> 00:29:50,747 É o máis probable. A miña teoría é 468 00:29:50,748 --> 00:29:53,291 que usaron a Ben para que Anna lles dese a USB. 469 00:29:53,292 --> 00:29:56,462 Son culpable da morte de Anna e do seu único fillo. 470 00:29:58,631 --> 00:30:00,507 - Que pasa? - Séguennos. 471 00:30:00,508 --> 00:30:03,426 Os que te atacaron debían estar vixiando o lugar 472 00:30:03,427 --> 00:30:04,845 por se volvías aparecer. 473 00:30:05,554 --> 00:30:06,721 Que facemos? 474 00:30:06,722 --> 00:30:09,974 Alguén ten cartos abondos para seguir mandando cabróns. 475 00:30:09,975 --> 00:30:11,727 Debo descubrir quen é. Veña. 476 00:30:29,828 --> 00:30:31,162 - Non! - Eu encárgome deles 477 00:30:31,163 --> 00:30:32,498 e vémonos no hotel! 478 00:30:42,007 --> 00:30:42,883 A memoria. 479 00:30:44,051 --> 00:30:45,218 Peto esquerdo. 480 00:30:45,219 --> 00:30:46,220 Pois cóllea. 481 00:30:49,181 --> 00:30:51,683 Sacado que queiras dispararme diante desta xente 482 00:30:51,684 --> 00:30:55,436 e arriscarte a ser arrestado o día que consegues o que buscabas, 483 00:30:55,437 --> 00:30:56,355 cóllea ti. 484 00:31:16,125 --> 00:31:17,417 Para quen traballas? 485 00:31:17,418 --> 00:31:18,335 Que che dean! 486 00:31:29,805 --> 00:31:30,764 Carallo! 487 00:31:35,686 --> 00:31:37,730 Responde ou rómpoche a outra. 488 00:31:48,532 --> 00:31:49,741 Merda. 489 00:31:49,742 --> 00:31:51,118 Aquí na plataforma. 490 00:31:57,708 --> 00:31:58,876 Mans arriba! 491 00:32:00,044 --> 00:32:00,961 A ver as mans. 492 00:32:04,506 --> 00:32:05,799 Vamos tras el. 493 00:32:20,439 --> 00:32:23,358 Mandade reforzos á plataforma Tasker-Morris. 494 00:32:23,359 --> 00:32:24,943 Vixiade as saídas xa! 495 00:32:51,970 --> 00:32:52,888 Ei. 496 00:32:53,764 --> 00:32:54,973 Unha axudiña? 497 00:33:01,522 --> 00:33:02,523 Non pasou por aquí. 498 00:33:03,524 --> 00:33:05,025 Eu leste e ti oeste. 499 00:33:12,324 --> 00:33:13,533 Grazas. 500 00:33:13,534 --> 00:33:16,453 Como se vai ao hotel Liberty Gardens por estes túneles? 501 00:33:23,460 --> 00:33:27,631 OFICINA FORENSE DE FILADELFIA 502 00:33:41,645 --> 00:33:42,938 Onde o atoparon? 503 00:33:43,564 --> 00:33:46,316 Preto da Nove con Callowhill. 504 00:33:50,237 --> 00:33:51,280 Quen deu o aviso? 505 00:33:56,827 --> 00:34:00,330 Un operario do lixo. Informou dun cheiro nun colector. 506 00:34:02,416 --> 00:34:03,625 Déixoos a soas. 507 00:34:14,553 --> 00:34:16,096 Anna enfrontouse a todo isto, 508 00:34:20,225 --> 00:34:21,769 e nunca me pediu axuda. 509 00:34:23,353 --> 00:34:25,147 Porque sabía que non son máis 510 00:34:26,982 --> 00:34:31,028 ca un garda de tráfico con placa. 511 00:34:33,697 --> 00:34:37,326 Un puto incompetente e inútil… 512 00:34:38,994 --> 00:34:39,995 garda de tráfico. 513 00:34:47,544 --> 00:34:49,213 Eu tampouco me pediría axuda. 514 00:35:05,938 --> 00:35:07,481 Quedei sen nada. 515 00:35:10,526 --> 00:35:13,987 Estou completamente só. 516 00:35:43,267 --> 00:35:44,350 Podes oírme? 517 00:35:44,351 --> 00:35:46,228 En Liberty Gardens canto antes. 518 00:35:47,229 --> 00:35:49,314 Bennet, recíbesme? 519 00:35:50,190 --> 00:35:51,400 Tyler? 520 00:35:53,193 --> 00:35:57,322 Vémonos en Liberty Gardens canto antes. Imos entrar na torre da Princesa. 521 00:36:01,743 --> 00:36:02,952 ERRO NA CHAMADA 522 00:36:02,953 --> 00:36:04,288 Veña, Lila. 523 00:36:06,123 --> 00:36:06,957 Merda! 524 00:36:37,237 --> 00:36:38,447 Por Deus. 525 00:36:40,991 --> 00:36:42,701 {\an8}Que susto. 526 00:36:45,329 --> 00:36:46,579 {\an8}Tes a USB? 527 00:36:46,580 --> 00:36:49,916 {\an8}Non. Pero Reacher segue moi comprometido con axudarnos. 528 00:36:49,917 --> 00:36:51,208 {\an8}Iso é bo. 529 00:36:51,209 --> 00:36:53,420 {\an8}- De acordo. - Que é todo isto? 530 00:36:54,129 --> 00:36:55,588 {\an8}Vou cociñar soto ayam. 531 00:36:55,589 --> 00:36:58,634 {\an8}Estou farta da comida americana. 532 00:36:59,843 --> 00:37:03,847 {\an8}Ao mellor hoxe non nos foi tan mal despois de todo. 533 00:37:07,017 --> 00:37:10,603 É a axente que deu aviso do asasinato de Mary Ellen Daniels? 534 00:37:10,604 --> 00:37:13,064 Si. Estaba con Ben Merrick cando morreu. 535 00:37:13,065 --> 00:37:14,690 É parte dunha investigación. 536 00:37:14,691 --> 00:37:18,194 Recibín unha análise de feridas que quizais lle interese. 537 00:37:18,195 --> 00:37:19,737 A Ben cortáronlle o pescozo 538 00:37:19,738 --> 00:37:22,115 coa mesma arma coa que mataron a Mary. 539 00:37:51,853 --> 00:37:54,356 Non se movan. E non griten. 540 00:37:58,193 --> 00:38:01,363 Se non queren acabar coma eles, dígannos onde está a USB. 541 00:38:06,785 --> 00:38:07,953 Coitelos. 542 00:38:10,330 --> 00:38:12,124 Así ninguén escoita o disparo. 543 00:38:15,168 --> 00:38:18,295 É un coitelo curvo. Chámase karambit. 544 00:38:18,296 --> 00:38:21,508 Úsano os practicantes de certas artes marciais en Indonesia. 545 00:38:24,678 --> 00:38:25,804 Indonesia? 546 00:39:20,192 --> 00:39:23,236 Policía de Filadelfia! Mans arriba! 547 00:39:26,364 --> 00:39:28,075 Non te movas, carallo. 548 00:41:20,103 --> 00:41:22,188 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 549 00:41:22,189 --> 00:41:24,191 Supervisora creativa: Marina Rodríguez García