1 00:00:07,500 --> 00:00:08,500 QUEDA ATA O FINAL 2 00:00:09,950 --> 00:00:11,580 MATERIAL DESCLASIFICADO 3 00:00:16,410 --> 00:00:18,600 ANTERIORMENTE EN CITADEL 4 00:00:18,800 --> 00:00:20,730 Vasnos deixar aquí e ir con el? 5 00:00:20,930 --> 00:00:21,650 É a hora. 6 00:00:21,840 --> 00:00:23,310 Recuperamos a caixa 7 00:00:23,510 --> 00:00:26,410 e Hendrix e ti quedades a salvo. Só me importa iso. 8 00:00:27,660 --> 00:00:29,520 Alguén entrou e roubou a caixa. 9 00:00:29,720 --> 00:00:30,520 Foi Mason Kane. 10 00:00:30,720 --> 00:00:32,810 Traédeme a caixa. E a Kane. 11 00:00:33,010 --> 00:00:34,000 Estabiliza. 12 00:00:37,750 --> 00:00:39,520 Que ben que te repuxeses. 13 00:00:39,720 --> 00:00:44,230 Dáseme especialmente ben facerlles virar a chaqueta aos axentes de Citadel. 14 00:00:44,430 --> 00:00:46,060 Tiñas unha compañeira. 15 00:00:46,260 --> 00:00:47,400 Chamábase Nadia Sinh. 16 00:00:47,590 --> 00:00:48,850 Erades caralludos. 17 00:00:49,050 --> 00:00:50,000 Penso que morreu. 18 00:00:50,910 --> 00:00:52,370 Comezando salvagarda. 19 00:00:52,950 --> 00:00:56,230 Só pode axudarme unha persoa de Citadel e ten amnesia. 20 00:00:56,430 --> 00:00:57,150 Perdoe. 21 00:00:57,340 --> 00:00:58,060 Es Nadia. 22 00:00:58,260 --> 00:01:00,500 - Non. - Eras espía, coma min. 23 00:01:01,950 --> 00:01:03,370 {\an8}- Esa... - Es ti. 24 00:01:03,790 --> 00:01:05,850 Ves ese vial? Inxéctao no pescozo. 25 00:01:06,050 --> 00:01:07,310 Devolverache a memoria. 26 00:01:07,510 --> 00:01:08,540 Damas e cabaleiros... 27 00:01:10,500 --> 00:01:11,450 Nadia Sinh. 28 00:01:17,870 --> 00:01:19,370 Pensei que Mason morrera. 29 00:01:19,870 --> 00:01:20,790 Lémbralo? 30 00:01:21,370 --> 00:01:22,950 Lémbroo todo. 31 00:02:16,750 --> 00:02:17,950 Segundo prato? 32 00:03:44,370 --> 00:03:46,690 {\an8}CÁCERES, ESPAÑA 33 00:03:46,890 --> 00:03:48,830 {\an8}Había un rastrexador na caixa X. 34 00:03:49,160 --> 00:03:50,410 Desactiveino. 35 00:03:51,120 --> 00:03:52,540 Aquí non nos atopará. 36 00:03:53,750 --> 00:03:55,250 Onde estamos? 37 00:03:55,790 --> 00:03:56,950 Nun refuxio. 38 00:03:57,830 --> 00:03:59,790 Citadel tiña centos deles. 39 00:04:12,750 --> 00:04:14,120 Xa estiveramos aquí? 40 00:04:14,700 --> 00:04:15,700 Un par de veces. 41 00:04:16,830 --> 00:04:17,830 Eramos amigos? 42 00:04:18,910 --> 00:04:19,910 Non moito. 43 00:04:25,200 --> 00:04:26,330 Pódome fiar de ti? 44 00:04:29,660 --> 00:04:32,040 Non é a primeira vez que mo preguntas. 45 00:04:33,700 --> 00:04:34,540 Vamos. 46 00:04:40,080 --> 00:04:41,290 Morde isto. 47 00:04:45,580 --> 00:04:46,580 Vai doer. 48 00:04:54,660 --> 00:04:55,560 Irei amodo. 49 00:04:55,760 --> 00:04:58,200 - Coido que iso non é o teu. - Morde. 50 00:05:09,540 --> 00:05:10,450 Téñoa. 51 00:05:14,080 --> 00:05:14,950 Hostia! 52 00:05:29,910 --> 00:05:31,250 Fálame dela. 53 00:05:32,200 --> 00:05:33,040 De quen? 54 00:05:33,910 --> 00:05:34,750 Da túa muller. 55 00:05:36,040 --> 00:05:36,870 Abby. 56 00:05:38,790 --> 00:05:39,790 Canto levades? 57 00:05:40,370 --> 00:05:41,370 Oito anos. 58 00:05:42,950 --> 00:05:44,950 Vaia, non perdiches o tempo. 59 00:05:48,950 --> 00:05:50,830 Temos unha filla, Hendrix. 60 00:05:55,580 --> 00:05:56,450 Estás ben? 61 00:05:58,040 --> 00:05:58,870 Estou. 62 00:06:01,580 --> 00:06:02,410 Ben. 63 00:06:04,000 --> 00:06:05,080 Fálame del. 64 00:06:05,750 --> 00:06:06,580 De quen? 65 00:06:07,040 --> 00:06:08,060 Mason. Quen era? 66 00:06:08,260 --> 00:06:10,940 Non che sei dicir. Non nos coñeciamos tanto. 67 00:06:11,140 --> 00:06:12,980 Nunca fomos alén do profesional. 68 00:06:13,180 --> 00:06:14,120 Nunca? 69 00:06:14,790 --> 00:06:16,600 Porque non me lembro de nada. 70 00:06:16,800 --> 00:06:20,870 Nin do meu nome, da miña familia de onde era... de nada. 71 00:06:21,500 --> 00:06:22,540 Agás de ti. 72 00:06:25,660 --> 00:06:27,500 Disque deixo marca. 73 00:06:30,040 --> 00:06:31,120 Estabamos xuntos? 74 00:06:36,000 --> 00:06:37,980 Polo que lembro, tal semellaba. 75 00:06:38,180 --> 00:06:39,440 Foi falar o amnésico. 76 00:06:39,640 --> 00:06:40,500 Estabamos? 77 00:06:48,660 --> 00:06:51,250 Foi algo breve. Non foi nada. 78 00:06:52,500 --> 00:06:53,770 Coma un lóstrego? 79 00:06:53,970 --> 00:06:56,330 Coma un espellismo. 80 00:07:02,580 --> 00:07:05,410 {\an8}UTAH HAI 10 ANOS 81 00:07:06,000 --> 00:07:08,410 {\an8}ANTES DA CAÍDA DE CITADEL 82 00:07:21,080 --> 00:07:23,910 {\an8}CITADEL, BASE EUA 83 00:07:33,580 --> 00:07:35,310 Hai reunión, logo? 84 00:07:35,510 --> 00:07:38,080 - Chegan cinco minutos tarde. - Ai, si? 85 00:07:38,500 --> 00:07:39,330 Ei. 86 00:07:41,000 --> 00:07:41,830 Que? 87 00:07:42,330 --> 00:07:43,350 - A ver, ho. - Non. 88 00:07:43,550 --> 00:07:45,650 Grace odia que lle roube a exclusiva. 89 00:07:45,840 --> 00:07:46,900 - Cagainas. - A ver. 90 00:07:47,090 --> 00:07:49,850 Logo fai coma que o escoitas por primeira vez. 91 00:07:50,050 --> 00:07:51,770 - Non o fago sempre? - Case nunca. 92 00:07:51,970 --> 00:07:52,950 Sóltao. 93 00:07:54,410 --> 00:07:56,190 Hassan creou un novo virus. 94 00:07:56,390 --> 00:07:58,850 O seu grupo ceibarao nos EUA nuns días. 95 00:07:59,050 --> 00:08:01,400 É unha cepa do Ébola. Causará unha praga 96 00:08:01,590 --> 00:08:04,560 coma o mundo non viu dende a Idade Media. 97 00:08:04,760 --> 00:08:08,310 Ben. Chegou información de que o grupo de Hassan creou... 98 00:08:08,510 --> 00:08:10,900 Un novo virus que pretende ceibar nos EUA. 99 00:08:11,090 --> 00:08:13,270 Unha cepa do Ébola. Causará unha praga 100 00:08:13,470 --> 00:08:16,150 coma o mundo non viu dende a Idade Media. 101 00:08:16,340 --> 00:08:18,060 Díxomo Bernard hai 5 minutos. 102 00:08:18,260 --> 00:08:19,350 En serio, Bernard? 103 00:08:19,550 --> 00:08:21,560 Foi só para poñérmonos en situación. 104 00:08:21,760 --> 00:08:22,770 Serás trapalleiro. 105 00:08:22,970 --> 00:08:24,940 Confirmáronnos que o virus está 106 00:08:25,140 --> 00:08:27,560 nun centro de investigación en Alborz. 107 00:08:27,760 --> 00:08:31,270 Alborz? Por que nunca é en Acapulco, Belize ou Eivisa? 108 00:08:31,470 --> 00:08:32,980 Leva aquí dous segundos 109 00:08:33,180 --> 00:08:35,950 e estala a interromper coma Statler e Waldorf. 110 00:08:40,500 --> 00:08:43,020 Dos Teleñecos, sabedes? Os dous vellos. 111 00:08:43,220 --> 00:08:45,900 - Ti si que es un teleñeco vello. - Vale. 112 00:08:46,090 --> 00:08:49,190 En resumo, un inimigo imposible ten un virus impensable 113 00:08:49,390 --> 00:08:51,660 nun recinto impenetrable e vou roubalo. 114 00:08:52,160 --> 00:08:54,650 A nosa nova axente está infiltrada alí 115 00:08:54,840 --> 00:08:57,150 e deixou o virus listo para extraérmolo. 116 00:08:57,340 --> 00:08:59,940 A parte difícil non é entrar. É saír. 117 00:09:00,140 --> 00:09:03,650 Hai gardas armados, vixilancia e sistemas de mísiles. 118 00:09:03,840 --> 00:09:05,940 Por sorte, vas ter axuda. 119 00:09:06,140 --> 00:09:07,770 A nova axente axudarache. 120 00:09:07,970 --> 00:09:09,620 Vai axudarme unha novata? 121 00:09:10,540 --> 00:09:12,620 - Como saberei quen é? - Saberalo. 122 00:09:15,410 --> 00:09:19,660 {\an8}CORDILLEIRA DE ALBORZ, IRÁN 24 HORAS DESPOIS 123 00:09:31,000 --> 00:09:31,830 Si! 124 00:09:34,330 --> 00:09:35,440 Máxima puntuación. 125 00:09:35,640 --> 00:09:37,150 Alfa a 5 minutos da saída. 126 00:09:37,340 --> 00:09:39,230 - Duke, informa. - Apoio en camiño. 127 00:09:39,430 --> 00:09:40,200 Recibido. 128 00:09:46,450 --> 00:09:47,980 Mason, estaste adiantando. 129 00:09:48,180 --> 00:09:51,230 Paquete en camiño! Teño o virus. Saída leste! 130 00:09:51,430 --> 00:09:52,770 Está na saída leste. 131 00:09:52,970 --> 00:09:55,870 Mason, 3 km. A piques de chegar. Armas preparadas. 132 00:09:59,950 --> 00:10:01,660 Dous paracaidistas ás costas. 133 00:10:10,250 --> 00:10:12,750 ATV inimigos polo lado sur da montaña. 134 00:10:16,790 --> 00:10:19,310 Mísiles achegándose á túa posición. 135 00:10:19,510 --> 00:10:20,330 Bule, Alfa. 136 00:10:25,830 --> 00:10:27,150 Axente sen conexión. 137 00:10:27,340 --> 00:10:28,870 Intentando reconectar. 138 00:10:30,830 --> 00:10:32,520 Alfa, érguete. 139 00:10:32,720 --> 00:10:34,000 Conexión recuperada. 140 00:10:35,040 --> 00:10:38,120 ATV inimigos achegándose rápido. Téñente rodeado. 141 00:10:42,000 --> 00:10:42,810 Non tal. 142 00:10:43,010 --> 00:10:44,850 Non, non! Que carallo fas? 143 00:10:45,050 --> 00:10:45,950 Saír de aquí. 144 00:11:04,450 --> 00:11:06,370 Arrea, Mason. Inimigos no aire. 145 00:11:08,540 --> 00:11:09,910 Activar esquís. 146 00:11:11,450 --> 00:11:14,620 Pegasus, novo punto de extracción. No pé da montaña. 147 00:11:16,120 --> 00:11:17,700 Recibido. A 2 km. 148 00:11:40,000 --> 00:11:43,040 Máis emoción, Alfa. Dous vehículos na zona. 149 00:11:59,500 --> 00:12:00,870 Bo Nadal, Alfa. 150 00:12:04,750 --> 00:12:06,190 A liña de neve acábase. 151 00:12:06,390 --> 00:12:08,580 Repito. Acábaseche a neve. 152 00:12:14,660 --> 00:12:17,230 Mason, cinco ATV soben para aí. 153 00:12:17,430 --> 00:12:20,270 Tes tres costelas rotas e hemorraxia interna. 154 00:12:20,470 --> 00:12:21,660 Xa me amañarei. 155 00:12:28,700 --> 00:12:29,620 (Persa) Parade. 156 00:12:35,540 --> 00:12:38,250 É ela. A nosa nova axente. 157 00:12:51,410 --> 00:12:52,250 Sen balas. 158 00:13:03,040 --> 00:13:04,980 O pulmón esquerdo enchárcaseche, 159 00:13:05,180 --> 00:13:08,000 fáltache osíxeno e estás conmocionado. 160 00:13:08,330 --> 00:13:09,450 Eu aviso. 161 00:13:10,290 --> 00:13:11,120 Arma! 162 00:13:18,500 --> 00:13:20,480 Estalle baixando a tensión. 163 00:13:20,680 --> 00:13:23,480 Vai ao punto de extracción. 3 km ao sur. No claro. 164 00:13:23,680 --> 00:13:26,080 Recibido. Imos aló. Vamos. 165 00:13:33,750 --> 00:13:34,580 Aguanta. 166 00:13:42,450 --> 00:13:43,560 Ti... 167 00:13:43,760 --> 00:13:45,310 Aguanta aquí, si? 168 00:13:45,510 --> 00:13:46,500 Ben? 169 00:14:03,370 --> 00:14:04,480 Estou ocupado. 170 00:14:04,680 --> 00:14:07,830 Perdoa, non quería molestarte. Só quería presentarme. 171 00:14:08,870 --> 00:14:09,910 Nadia Sinh. 172 00:14:10,910 --> 00:14:11,810 Mason Kane. 173 00:14:12,010 --> 00:14:13,660 De nada, Mason Kane. 174 00:14:14,660 --> 00:14:15,440 Perdoa? 175 00:14:15,640 --> 00:14:17,730 Case estragas a misión toda. 176 00:14:17,930 --> 00:14:19,770 Os EUA xa estarían contaxiados. 177 00:14:19,970 --> 00:14:22,160 - Tíñao controlado. - Ti cres? 178 00:14:24,370 --> 00:14:25,850 Eu sonche así, novata, 179 00:14:26,050 --> 00:14:28,650 cando pensas que estou perdido, sorpréndote. 180 00:14:28,840 --> 00:14:29,830 Xa. 181 00:14:30,410 --> 00:14:32,730 E que che quede a hostia de claro: 182 00:14:32,930 --> 00:14:33,910 de novata, nada. 183 00:14:34,700 --> 00:14:36,540 De onde vés? Do MI6? 184 00:14:36,910 --> 00:14:38,480 - Do IB? - Son da casa. 185 00:14:38,680 --> 00:14:40,690 Nai de Citadel. Levo aquí 5 anos. 186 00:14:40,890 --> 00:14:42,100 Veño do equipo Bravo. 187 00:14:42,300 --> 00:14:44,900 Do Bravo? Que riquiña, que tenro. 188 00:14:45,090 --> 00:14:46,690 Sabes o que che é tenro? 189 00:14:46,890 --> 00:14:50,850 A túa directora pregándome que me unise a tempo para salvarche o cu. 190 00:14:51,050 --> 00:14:53,080 Iso si que é parte do meu encanto. 191 00:14:53,870 --> 00:14:56,150 Debeu ser difícil ter unha nai espía. 192 00:14:56,340 --> 00:14:58,660 Debeu ser difícil non ter nai. 193 00:15:01,790 --> 00:15:02,620 Síntoo. 194 00:15:03,200 --> 00:15:04,370 Líchesme a ficha. 195 00:15:05,370 --> 00:15:06,620 Logo es unha fan. 196 00:15:10,910 --> 00:15:14,660 Non adoito facer isto, pero podo darche un autógrafo 197 00:15:15,620 --> 00:15:16,700 ou unha foto. 198 00:15:20,450 --> 00:15:21,370 Vai ao carallo. 199 00:15:22,290 --> 00:15:23,700 Tíñao controlado. 200 00:15:46,910 --> 00:15:49,330 {\an8}PARÍS 2 SEMANAS DESPOIS 201 00:16:51,330 --> 00:16:52,410 Pódome fiar de ti? 202 00:16:54,120 --> 00:16:55,080 Por suposto. 203 00:16:58,000 --> 00:16:59,160 E eu de ti? 204 00:17:01,700 --> 00:17:02,620 Sempre. 205 00:17:08,660 --> 00:17:13,330 {\an8}REFUXIO DE CITADEL 10 ANOS DESPOIS 206 00:17:21,620 --> 00:17:23,060 Modo privado iniciado. 207 00:17:23,260 --> 00:17:25,370 ENTRANDO... 208 00:17:26,040 --> 00:17:27,580 ENVIAR MENSAXE SEGURA? 209 00:17:39,370 --> 00:17:42,910 COMO ANDA O TEMPO? 210 00:17:49,870 --> 00:17:52,160 SOLLEIRO 211 00:18:00,790 --> 00:18:03,290 ES TI DE VERDADE? 212 00:18:09,870 --> 00:18:12,580 SON 213 00:18:17,450 --> 00:18:20,190 COMO ESTÁ O PAQUETE? 214 00:18:20,390 --> 00:18:21,830 AGARDANDO POR TI 215 00:18:44,410 --> 00:18:45,850 {\an8}VALENCIA NON É SEGURA. 216 00:18:46,050 --> 00:18:48,160 {\an8}PREPÁRATE PARA IMPREVISTOS. CHEGAREI AXIÑA. 217 00:19:14,950 --> 00:19:16,400 Alégrame verte, Bernard. 218 00:19:16,590 --> 00:19:20,450 Pois a min dáme uns arrepíos de carallo verte, Dahlia. 219 00:19:21,790 --> 00:19:23,000 Non podía ser peor. 220 00:19:24,120 --> 00:19:27,440 Supoño que te impacta verme deste lado da mesa. 221 00:19:27,640 --> 00:19:31,040 Pois si. Pensaba que estarías chuchando sangue 222 00:19:31,830 --> 00:19:35,250 ou sacrificando animais no encontro semanal do aquelarre. 223 00:19:36,040 --> 00:19:39,350 Mesmo cando traballabamos xuntos hai anos na ONU, 224 00:19:39,550 --> 00:19:43,120 sempre tiveches un aquel sociopático. 225 00:19:44,790 --> 00:19:45,620 Amosádello. 226 00:19:46,450 --> 00:19:50,350 Mentres non recuperemos a caixa X, teremos que actuar co que temos. 227 00:19:50,550 --> 00:19:53,100 Asegurámonos de salvar a tecnoloxía de Citadel 228 00:19:53,300 --> 00:19:55,310 que non sabotaron os teus espías. 229 00:19:55,510 --> 00:19:59,150 Entre outros deleites, había un sistema de IA de Citadel 230 00:19:59,340 --> 00:20:02,150 que controlaba os niveis de uranio no mundo. 231 00:20:02,340 --> 00:20:07,730 O paradoiro en tempo real de todas as armas nucleares. 232 00:20:07,930 --> 00:20:11,770 A cousa éche que non podemos entrar. Levamos anos intentándoo. 233 00:20:11,970 --> 00:20:15,830 Porén, velaquí, coma un agasallo de Deus, 234 00:20:17,580 --> 00:20:20,310 está o home que o creou. 235 00:20:20,510 --> 00:20:21,900 Daquela, Bernard, 236 00:20:22,090 --> 00:20:27,200 tes que dicirme o contrasinal de 19 caracteres para acceder ao sistema. 237 00:20:33,450 --> 00:20:35,410 Vale, vale. 238 00:20:42,450 --> 00:20:43,870 O contrasinal é... 239 00:20:47,000 --> 00:20:47,830 "Que... 240 00:20:51,200 --> 00:20:54,330 che... 241 00:20:55,660 --> 00:20:57,040 dean polo nabo." 242 00:21:00,000 --> 00:21:02,020 Ai, non, agarda, iso sonche 18. 243 00:21:02,220 --> 00:21:03,310 Perdón, si, 19. 244 00:21:03,510 --> 00:21:05,520 Remata cunha exclamación, perdoa. 245 00:21:05,720 --> 00:21:08,330 "Que che dean polo nabo, exclamación." 246 00:21:09,080 --> 00:21:10,000 Pon aí. 247 00:21:11,660 --> 00:21:14,650 En serio pensas que non daría a vida para te deter? 248 00:21:14,840 --> 00:21:17,440 Talvez. Que me dis de túa muller e túa filla? 249 00:21:17,640 --> 00:21:20,600 - Están en Wyoming, non si? - Non sei de que me falas. 250 00:21:20,800 --> 00:21:23,520 Coa muller e a filla de Mason Kane, 251 00:21:23,720 --> 00:21:24,660 non si? 252 00:21:42,000 --> 00:21:44,500 Foi a primeira navalla que me deu miña nai. 253 00:21:46,290 --> 00:21:47,900 Se premes este botón, 254 00:21:48,090 --> 00:21:49,580 sae a folla. 255 00:21:52,200 --> 00:21:53,040 Total! 256 00:21:56,200 --> 00:21:57,910 Podes quedar con ela. 257 00:21:58,290 --> 00:21:59,950 Aprendereiche a usala. 258 00:22:09,250 --> 00:22:10,080 Ola! 259 00:22:11,000 --> 00:22:11,830 Ola. 260 00:22:13,540 --> 00:22:15,790 Como vos coñecestes o teu home e ti? 261 00:22:19,580 --> 00:22:24,020 Tiven un accidente grave de coche hai uns nove anos. 262 00:22:24,220 --> 00:22:25,080 Que horror. 263 00:22:25,580 --> 00:22:28,120 Non o lembro. Lesión cerebral traumática. 264 00:22:29,250 --> 00:22:32,480 En fin, había un bo hospital preto, 265 00:22:32,680 --> 00:22:36,500 comecei a ir a terapia e Kyle estaba... 266 00:22:38,870 --> 00:22:40,540 no mesmo programa. 267 00:22:43,410 --> 00:22:44,500 Así nos coñecemos. 268 00:22:48,500 --> 00:22:49,580 Vaia historia. 269 00:22:52,580 --> 00:22:55,190 Non están en Wyoming. Non sei onde van. 270 00:22:55,390 --> 00:22:57,230 Temos ollos en todas as partes. 271 00:22:57,430 --> 00:23:00,690 Temos acceso a todos os satélites e cámaras de seguridade. 272 00:23:00,890 --> 00:23:04,730 Conduciches ata a nosa base de Nova York, logo fomos cara a atrás. 273 00:23:04,930 --> 00:23:08,900 Usamos todas as cámaras para ir dar ao punto de partida. 274 00:23:09,090 --> 00:23:13,560 A imaxe do teu coche perdeuse por Cheyenne, logo é cuestión de tempo 275 00:23:13,760 --> 00:23:16,770 atopar a túa muller, Joe, e a túa filla, Val. 276 00:23:16,970 --> 00:23:18,620 Miña exmuller, por certo. 277 00:23:19,160 --> 00:23:20,660 E xa cho dixen. 278 00:23:21,290 --> 00:23:22,540 Vai que che dean. 279 00:23:24,500 --> 00:23:28,080 Pasastes un século pensando que crearades unha nova orde, 280 00:23:29,200 --> 00:23:31,100 pero os espías non son santos, 281 00:23:31,300 --> 00:23:34,750 e o voso código, lonxe de vos facer mellores, cegouvos. 282 00:23:35,660 --> 00:23:38,200 E non vedes o terror que Citadel impartiu. 283 00:23:39,410 --> 00:23:40,330 Engánaste. 284 00:23:41,200 --> 00:23:42,120 Ai, si? 285 00:23:47,910 --> 00:23:49,830 O teu colega pensaba o mesmo. 286 00:23:51,370 --> 00:23:55,620 Pero despois de collérmolo o ano pasado, quitámoslle a venda dos ollos. 287 00:23:57,410 --> 00:23:58,400 Carter Spence. 288 00:23:58,590 --> 00:24:02,000 - Carter? - Si, non estaba moi por cooperar 289 00:24:03,080 --> 00:24:04,330 ao principio. 290 00:24:05,540 --> 00:24:07,200 Resistiu canto puido. 291 00:24:07,660 --> 00:24:09,410 - Onde está? - Dr. Carvo. 292 00:24:16,910 --> 00:24:18,450 Que lle fixestes a Carter? 293 00:24:39,250 --> 00:24:43,250 Para ser un home faladeiro, quedaches ben calado, Bernard. 294 00:24:45,750 --> 00:24:46,620 Xa ves... 295 00:24:48,040 --> 00:24:49,700 Estou aprendendo a escoitar. 296 00:24:52,330 --> 00:24:54,580 Hai outro xeito de facer isto. 297 00:24:56,330 --> 00:24:57,830 Poderiamos... 298 00:24:59,500 --> 00:25:00,660 facerche un corte 299 00:25:01,540 --> 00:25:03,660 xusto no tronco do encéfalo 300 00:25:06,000 --> 00:25:07,730 e escavar os teus recordos. 301 00:25:07,930 --> 00:25:11,910 Éche un artefacto bastante práctico que creou Anders Silje. 302 00:25:14,450 --> 00:25:15,410 Cabaleiros. 303 00:25:21,500 --> 00:25:23,620 Listo para estreares xoguete? 304 00:25:24,330 --> 00:25:25,620 Si, señora. 305 00:25:26,830 --> 00:25:28,000 Non metas a zoca. 306 00:25:30,450 --> 00:25:31,910 Ti quen vés sendo? 307 00:25:33,290 --> 00:25:35,080 Mary-Kate ou Ashley? 308 00:25:36,000 --> 00:25:39,450 Mason Kane é amigo teu, non é? 309 00:25:39,950 --> 00:25:41,600 Eu non lle chamaría amigo. 310 00:25:41,800 --> 00:25:44,520 El había dicir que somos amigos. 311 00:25:44,720 --> 00:25:47,000 Se cadra que son o seu mellor amigo. 312 00:25:47,750 --> 00:25:50,540 Pero non ten moitos amigos. É bastante triste. 313 00:25:51,250 --> 00:25:53,400 Eu si que tiña amigos no traballo. 314 00:25:53,590 --> 00:25:55,950 Carl P. e Andrea. 315 00:25:56,450 --> 00:25:57,830 E Carl H. 316 00:25:58,790 --> 00:25:59,700 E Jim. 317 00:26:00,500 --> 00:26:02,410 Pero xa non están por aquí. 318 00:26:03,500 --> 00:26:05,830 Estudei todo o teu traballo, Orlick. 319 00:26:06,910 --> 00:26:09,370 Hei de admitir que son fan teu. 320 00:26:10,160 --> 00:26:13,000 Disque é mellor non coñecer os teus heroes, 321 00:26:13,830 --> 00:26:16,540 pero eu alégrome de coñecerte. Sabes por que? 322 00:26:17,370 --> 00:26:19,540 Porque me dá pracer 323 00:26:20,620 --> 00:26:21,620 facer isto... 324 00:26:25,290 --> 00:26:26,620 cun amigo de Kane. 325 00:26:30,580 --> 00:26:33,150 Vou conseguir o que quero, sexa como sexa. 326 00:26:33,340 --> 00:26:37,910 Esperemos non acabar coa brillante mente 327 00:26:39,410 --> 00:26:40,540 de Bernard Orlick. 328 00:26:41,660 --> 00:26:43,480 Brielle está viva. 329 00:26:43,680 --> 00:26:45,810 Como? Que dixeches? 330 00:26:46,010 --> 00:26:47,910 Dixen que Brielle está viva. 331 00:26:48,870 --> 00:26:51,830 A muller que queres, non é? Brielle? 332 00:26:54,080 --> 00:26:55,660 Citadel mentiuche. 333 00:27:00,660 --> 00:27:02,910 Se isto é outro truco, 334 00:27:04,450 --> 00:27:06,250 esnaquízote. 335 00:27:06,660 --> 00:27:07,810 Entendes? 336 00:27:08,010 --> 00:27:08,870 Xúroo. 337 00:27:10,200 --> 00:27:11,700 Xa podes ir demostrándoo. 338 00:27:12,700 --> 00:27:13,950 Tráeme o meu móbil 339 00:27:15,500 --> 00:27:16,660 e ensínocho. 340 00:27:21,750 --> 00:27:23,020 Como o levades? 341 00:27:23,220 --> 00:27:25,080 Que che vou contar? 342 00:27:26,660 --> 00:27:30,620 Alén das rabechas de Hendrix porque non pode usar TikTok no búnker, 343 00:27:31,830 --> 00:27:32,830 estamos ben. 344 00:27:34,950 --> 00:27:37,700 Atopeina. A espía de Citadel. 345 00:27:38,080 --> 00:27:39,520 Lémbrase de todo. 346 00:27:39,720 --> 00:27:40,520 É unha muller? 347 00:27:40,720 --> 00:27:41,660 É. 348 00:27:43,370 --> 00:27:44,450 Chámase Nadia. 349 00:27:46,450 --> 00:27:48,330 Ben, alégrome. 350 00:27:49,410 --> 00:27:51,870 Que che dixo de Mason? Que máis sabe? 351 00:27:53,910 --> 00:27:54,910 Pouca cousa. 352 00:27:58,160 --> 00:27:59,540 Non vos coñeciades? 353 00:28:03,160 --> 00:28:04,370 Coido que non moito. 354 00:28:10,290 --> 00:28:13,250 Imos solucionar isto e vou volver onda vós, si? 355 00:28:14,370 --> 00:28:15,290 Si. 356 00:28:16,870 --> 00:28:18,690 Soluciónao e volve. 357 00:28:18,890 --> 00:28:19,850 Fareino. 358 00:28:20,050 --> 00:28:21,770 Chama sempre que poidas. 359 00:28:21,970 --> 00:28:22,870 Fareino. 360 00:28:25,370 --> 00:28:26,450 Quérote, Kyle. 361 00:28:28,200 --> 00:28:29,250 E eu a ti. 362 00:28:43,370 --> 00:28:45,410 Vai ao aeroporto de Barajas. 363 00:28:47,120 --> 00:28:50,200 Colle un avión para os EUA. Velaquí tes cartos. 364 00:28:56,830 --> 00:28:58,080 Eu quedo contigo. 365 00:28:59,000 --> 00:29:01,650 Saben que estamos vivos e mataron a Bernard. 366 00:29:01,840 --> 00:29:03,650 Van vir por nós. 367 00:29:03,840 --> 00:29:05,810 Volve e protexe a túa familia. 368 00:29:06,010 --> 00:29:07,520 Se volvo, vanme atopar. 369 00:29:07,720 --> 00:29:09,400 Para protexelas, debo detelos. 370 00:29:09,590 --> 00:29:11,770 - Non me es útil. - Bernard discreparía. 371 00:29:11,970 --> 00:29:13,810 El era parvo e ti es un lastre. 372 00:29:14,010 --> 00:29:14,730 Apréndeme. 373 00:29:14,930 --> 00:29:16,060 - A que? - A ser Mason. 374 00:29:16,260 --> 00:29:17,850 - Que barallas? - Adéstrame. 375 00:29:18,050 --> 00:29:19,810 - Aprenderei. - Ti non es el. 376 00:29:20,010 --> 00:29:21,310 - Podo selo. - Non queres. 377 00:29:21,510 --> 00:29:23,950 Non hai ninguén máis. Estamos sós! 378 00:29:24,410 --> 00:29:26,910 Dúas luciñas brancas nun mar vermello. 379 00:29:38,330 --> 00:29:39,450 Que mar vermello? 380 00:29:40,660 --> 00:29:43,830 As luces vermellas son SOS. Busca misivas. 381 00:29:48,160 --> 00:29:50,870 Son mensaxes. Chamadas de axuda. 382 00:29:51,950 --> 00:29:53,910 Son o axente Carter Spence. 383 00:29:54,450 --> 00:29:55,520 Estou en Pequín. 384 00:29:55,720 --> 00:29:57,900 Se hai algún supervivente de Citadel, 385 00:29:58,090 --> 00:30:00,230 podes contactarme nun servidor seguro: 386 00:30:00,430 --> 00:30:03,200 delta, gamma, seis, catro, seis, dous, un. 387 00:30:05,250 --> 00:30:06,160 Carter. 388 00:30:07,250 --> 00:30:08,850 Son o axente Carter Spence. 389 00:30:09,050 --> 00:30:10,480 Estou en Cidade de México. 390 00:30:10,680 --> 00:30:12,950 Por favor, se hai alguén aí... 391 00:30:14,370 --> 00:30:16,250 Isto é de hai só catro meses. 392 00:30:16,830 --> 00:30:19,580 Son o axente Carter Spence. 393 00:30:20,000 --> 00:30:21,560 Estou en Fez. 394 00:30:21,760 --> 00:30:24,150 Manticore está cada vez máis preto. 395 00:30:24,340 --> 00:30:28,190 Por favor, se estás vendo isto, pode que sexa a última transmisión. 396 00:30:28,390 --> 00:30:29,330 Hostia. 397 00:30:30,450 --> 00:30:31,580 Sei onde está. 398 00:30:36,750 --> 00:30:37,580 Aquí. 399 00:30:38,580 --> 00:30:40,200 A uns quilómetros de Fez. 400 00:30:40,830 --> 00:30:41,910 É unha prisión. 401 00:30:42,660 --> 00:30:43,600 Como o sabes? 402 00:30:43,800 --> 00:30:47,250 Torturáronme aí cando estiven de incógnito con Al-Shabab. 403 00:30:48,290 --> 00:30:51,830 A prisión lévaa un xefe criminal portugués, Balduino Basto. 404 00:30:52,830 --> 00:30:54,500 Seguro que a usa Manticore. 405 00:30:55,580 --> 00:30:58,480 Torturan aí a Carter polo paradoiro da caixa X. 406 00:30:58,680 --> 00:30:59,770 Teño que rescatalo. 407 00:30:59,970 --> 00:31:01,500 - Como? - Balduino. 408 00:31:02,450 --> 00:31:06,410 Teño que achegarme a el e roubarlle os códigos de acceso do móbil. 409 00:31:07,120 --> 00:31:09,060 Pero non lle caio moi ben. 410 00:31:09,260 --> 00:31:10,370 Por que? 411 00:31:10,790 --> 00:31:13,200 - Igual lle matei o irmán. - Igual? 412 00:31:15,500 --> 00:31:17,700 Eu non podo reunirme con Balduino, 413 00:31:20,120 --> 00:31:23,950 pero con Kane si que leiraba ben. 414 00:31:26,040 --> 00:31:27,950 Iso quere dicir que...? 415 00:31:30,000 --> 00:31:31,830 Listo para seres Mason Kane? 416 00:31:35,700 --> 00:31:38,700 {\an8}MARROCOS 417 00:31:44,450 --> 00:31:48,060 Recorda. Achégate a Balduino coas palmas descubertas. 418 00:31:48,260 --> 00:31:51,370 Amósalle que non es unha ameaza e hache ir ben. 419 00:32:04,750 --> 00:32:06,450 Un morto no meu restaurante. 420 00:32:07,160 --> 00:32:08,540 Canto tempo. 421 00:32:08,870 --> 00:32:10,480 O chisqueiro ten transmisor. 422 00:32:10,680 --> 00:32:14,310 Achégallo todo o que poidas mentres descargo os datos do móbil. 423 00:32:14,510 --> 00:32:16,560 Non te mataran hai oito anos? 424 00:32:16,760 --> 00:32:17,730 Non dubides. 425 00:32:17,930 --> 00:32:19,900 Es Mason Kane. Tes que crelo. 426 00:32:20,090 --> 00:32:23,410 E en todo este tempo non che medrou nin un pelo. 427 00:32:24,580 --> 00:32:25,830 Que queres? 428 00:32:27,250 --> 00:32:29,770 Pídelle algo grande. Subiralle o ego. 429 00:32:29,970 --> 00:32:33,250 Quero que me axudes a chegar ao xefe das Forzas Armadas. 430 00:32:36,870 --> 00:32:38,020 É o fillo de Baldy. 431 00:32:38,220 --> 00:32:39,940 Díxoche que tomes polo cu. 432 00:32:40,140 --> 00:32:42,600 Non hai un parque por aí para o teu neno? 433 00:32:42,800 --> 00:32:44,290 O xefe das Forzas Armadas? 434 00:32:45,160 --> 00:32:46,600 Tamén podías pedirme 435 00:32:46,800 --> 00:32:48,810 un ferrete coa duquesa de Cambridge. 436 00:32:49,010 --> 00:32:51,310 Sácoche a Manticore de enriba. 437 00:32:51,510 --> 00:32:53,480 Manticore é o noso mellor negocio. 438 00:32:53,680 --> 00:32:56,270 E coido que podo facerme de ouro se te entrego. 439 00:32:56,470 --> 00:32:59,200 Busca unha arma. Igual a precisas para saíres. 440 00:33:00,790 --> 00:33:02,560 O Balduino Basto que lembraba 441 00:33:02,760 --> 00:33:05,940 querería algo máis que lle lamber o cu a Manticore. 442 00:33:06,140 --> 00:33:07,790 Subido un 35 %. 443 00:33:09,660 --> 00:33:11,830 É o chisqueiro que che deu a moza? 444 00:33:13,750 --> 00:33:14,750 Nadia. 445 00:33:18,540 --> 00:33:20,620 Oín que estaba contigo en Italia. 446 00:33:21,200 --> 00:33:23,160 Que lle pasou? 447 00:33:24,120 --> 00:33:25,200 Morreu. 448 00:33:31,750 --> 00:33:34,330 E por que segues a loitar? Por ela? 449 00:33:34,830 --> 00:33:35,770 A súa memoria? 450 00:33:35,970 --> 00:33:37,790 Isto case está. Vai acabando. 451 00:33:38,870 --> 00:33:42,520 Sorpréndeme, Kane, que ti en concreto suspires 452 00:33:42,720 --> 00:33:46,440 por unha muller que te vendeu, que dobregou Citadel. 453 00:33:46,640 --> 00:33:48,150 Transmisión lista. Sae. 454 00:33:48,340 --> 00:33:49,850 De que raio falas? 455 00:33:50,050 --> 00:33:52,200 Manticore tiña alguén dentro. 456 00:33:53,000 --> 00:33:54,200 A túa moza, Nadia. 457 00:33:55,040 --> 00:33:57,940 Ou iso éche o que din as malas linguas. 458 00:33:58,140 --> 00:33:59,700 Esa lurpia merecía morrer. 459 00:34:00,540 --> 00:34:01,900 Kyle, lisca xa. 460 00:34:02,090 --> 00:34:03,200 Merda! 461 00:34:04,040 --> 00:34:05,940 Enganoute unha mala pécora? 462 00:34:06,140 --> 00:34:09,040 Pensaba que Mason Kane era un home de verdade. 463 00:34:12,870 --> 00:34:15,790 E eu que teu pai puña o condón cando ía de putas. 464 00:34:17,290 --> 00:34:18,120 Kyle. 465 00:34:28,160 --> 00:34:29,980 Seica tes apuro por morrer. 466 00:34:30,180 --> 00:34:32,650 Hoxe non. Vou saír pola porta. 467 00:34:32,840 --> 00:34:33,850 Vai por Christiano. 468 00:34:34,050 --> 00:34:36,540 A Balduino impórtalle seu fillo máis ca el. 469 00:34:38,120 --> 00:34:39,850 Matádeo. A que agardades? 470 00:34:40,050 --> 00:34:41,370 Que baixen as armas. 471 00:34:42,040 --> 00:34:43,120 Primeiro ti. 472 00:34:47,790 --> 00:34:48,750 Disparádelle. 473 00:35:18,700 --> 00:35:20,500 Que carallo pasa? 474 00:35:22,200 --> 00:35:23,810 De que falaba? 475 00:35:24,010 --> 00:35:25,950 Parvadas. É un baltroteiro. 476 00:35:29,290 --> 00:35:31,230 Bernard dixo que alguén de dentro 477 00:35:31,430 --> 00:35:33,500 traizoara a Citadel, non sabía quen. 478 00:35:34,540 --> 00:35:35,500 Fuches ti? 479 00:35:37,620 --> 00:35:38,810 Pensa, Kyle. 480 00:35:39,010 --> 00:35:41,020 Se estivese con Manticore, 481 00:35:41,220 --> 00:35:43,850 por que ía rescatar un axente de Citadel? 482 00:35:44,050 --> 00:35:46,370 E por que cona ías seguir vivo? 483 00:35:47,330 --> 00:35:49,480 Quixeches sacarme cando falou de ti. 484 00:35:49,680 --> 00:35:50,730 Íate matar. 485 00:35:50,930 --> 00:35:53,370 Por que non me contaches o de Mason e ti? 486 00:35:57,200 --> 00:36:01,450 Porque o que pasou entre Mason e eu queda entre Mason e eu. 487 00:36:03,290 --> 00:36:04,690 Estás nun coche fuxindo 488 00:36:04,890 --> 00:36:07,790 mentres todos os axentes de Manticore te buscan. 489 00:36:08,500 --> 00:36:11,540 Logo podes facer isto comigo 490 00:36:12,160 --> 00:36:13,450 ou ir ao carallo. 491 00:36:28,040 --> 00:36:29,830 Moito ollo co que escribes. 492 00:36:38,580 --> 00:36:39,950 É Brielle, non é? 493 00:36:43,370 --> 00:36:44,330 Non. 494 00:36:50,620 --> 00:36:51,660 Está viva. 495 00:36:52,200 --> 00:36:53,410 Chámase Abby. 496 00:36:55,290 --> 00:36:56,950 Está casada con Mason Kane. 497 00:37:01,080 --> 00:37:02,410 Podo levarte onda ela. 498 00:37:14,580 --> 00:37:17,700 Se me sacas de aquí, cóntocho todo. 499 00:37:20,540 --> 00:37:23,660 Porque todo o que sabes é mentira. 500 00:37:33,620 --> 00:37:34,900 É a nova axente? 501 00:37:35,090 --> 00:37:36,560 Díxome que me encantarías. 502 00:37:36,760 --> 00:37:37,520 Non tal. 503 00:37:37,720 --> 00:37:39,520 PROXIMAMENTE EN CITADEL 504 00:37:39,720 --> 00:37:41,910 O xeito de que che crean a mentira 505 00:37:42,330 --> 00:37:43,540 é que a creas ti. 506 00:37:45,620 --> 00:37:47,980 Celeste non deu novas en tres meses. 507 00:37:48,180 --> 00:37:50,200 Sabes como son estas cousas. 508 00:37:50,700 --> 00:37:52,540 Ela é tan boa coma min. 509 00:37:53,330 --> 00:37:55,000 Iso éche o que me preocupa. 510 00:37:57,250 --> 00:37:59,040 Non debiches traerme aquí. 511 00:39:32,620 --> 00:39:34,560 Subtítulos: Lucía Doval 512 00:39:34,760 --> 00:39:36,700 Supervisora creativa: Natalia López Prieto